
1 minute read
Páx. da ANPA
Ola familias!
Somos Laura, Vanessa, María, Marga e Yolanda; a nova Xunta Directiva da ANPA. Este é o noso primeiro curso ao fronte da asociación, comezamos con incerteza, medo e inquietudes, pero sobre todo cargadas de ilusións e novos proxectos. Os inicios foron duros, pero temos que agradecer a axuda da anterior Xunta Directiva, Colexio e Concello, que nos axudaron e axudan nesta aventura na que nos mergullamos.
Advertisement
Aquí vos deixamos una pequena mostra das actividades que realizamos ata agora.
ANPA DO CEIP SAN MARCOS
Festa do Entroido Belén Vivente Festa do Día do Libro


Estas actividades son as máis visibles, pero non podemos deixar de mencionar o traballo que realizamos no Banco de Libros, coa administración, ( subvencións, axudas, etc) e máis actividades que realizamos en colaboración co colexio, como a axuda das excursións, e a reportaxe fotográfica entre outras. E sobre todo, que estamos a vosa disposición para ser o nexo de unión entre o colexio e as familias.
E non podemos esquecernos dun proxecto que comezamos con especial ilusión, e que tanto o profesorado como nós tiñamos moitas ganas de levar a cabo: “Escola de Familias”.

Qué é?
Un espazo de formación a través de cursos, obradoiros, charlas , coloquios, que buscan fomentar a participación das familias e profesorado, ofrecendocoñecemento e ferramentas necesarias. Favorecendo a interacción entre todo os axentes implicados na formación e educación da infancia.



Comunicación das familias. Normas e límites Obradoiro de

Primeiros Auxilios
FUTUROS PROXECTOS:
- Excursión de fin de curso.
- Banco de mandilóns.
- Charla: “Redes Sociais e novas tecnoloxías”. - Charla “Drogas Legais”.