3 minute read

P. D. I

“A auga, fonte de vida” é o proxecto que este curso nos ocupa a todos no centro. Naceu esta idea a partires dunha fermosa historia que Isabel (nai dunha alumna) ideou a finais do curso pasado e que non só pechou un proxecto senón que abriu outro novo. Traballamos a auga en moi diversos aspectos: a vida nos mares, nos ríos ou nas pozas; as fontes , as traídas ou as depuradoras; as augas medicinais e os seus beneficios para a saúde; o ciclo da auga, a neve e a choiva…, a música, lendas, a mitoloxía e as tradicións. Estes e moitos outros temas ocuparon e ocupan as aulas e a biblioteca do CEIP Plurilingüe San Marcos. Grazas á colaboración do concello e a pasar a formar parte do programa de Educación ambiental da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo puidemos desenvolver varias actividades dentro do programa de Educación Ambiental “Educando na Biosfera” e facer saídas moi interesantes nas que aprendemos unha chea de cousas. Dende os mais pequenos ata os mais grandes tivemos o noso espazo neste proxecto.

Advertisement

Para o día da paz fixemos un gran mar cheo de vida e de moi bos desexos e tamén cantamos unha versión da canción “Mensajes del agua” de Macaco.

Tamén no nadal tivemos presente o proxecto que formou parte do deseño das nosas postais

Polo entroido tamén fixemos gala do noso proxecto. Houbo nubes, pescadores, submarinistas, peixes, xanas, sereas, polbos, sardiñas, tabeiróns, medusas... Nesta actividade contamos coa colaboración das familias, sempre dispostas a traballar xunto a nós.

Ademais visitamos un lavadoiro que según nos contaron, era un lugar moi importante para a vida social de hai algún tempo. Aquí lavouse moita roupa porque antes nas casas non había lavadoras e as mulleres carretaban a roupa ata o río ou os lavadoiros (cando tiñan a sorte de telos) para levala de volta á casa limpa e seca. Este de Betanzos ata tiña gardería !! Neste pequeno espazo sempre había unha muller coidando dos fillos e fillas de todas as lavandeiras coa lareira acendida para ter a pota do caldo sempre quentiña. Tamén visitamos as depuradoras de Crendes e Cullergondo e aprendemos sobre o sistema de traída vecinal en Vizoño.

Por suposto, tamén fomos ao embalse de Beche que abastece de auga a moitas das nosas familias.

Todos os nenos e nenas de Educación Infantil fomos de visita ao Parque dos Veciño de Liáns e ao Castelo de Santa Cruz.

1º B

2º A e 2º B

This article is from: