“A auga, fonte de vida” é o proxecto que este curso nos ocupa a todos no centro. Naceu esta idea a partires dunha fermosa historia que Isabel (nai dunha alumna) ideou a finais do curso pasado e que non só pechou un proxecto senón que abriu outro novo. Traballamos a auga en moi diversos aspectos: a vida nos mares, nos ríos ou nas pozas; as fontes , as traídas ou as depuradoras; as augas medicinais e os seus beneficios para a saúde; o ciclo da auga, a neve e a choiva…, a música, lendas, a mitoloxía e as tradicións. Estes e moitos outros temas ocuparon e ocupan as aulas e a biblioteca do CEIP Plurilingüe San Marcos. Grazas á colaboración do concello e a pasar a formar parte do programa de Educación ambiental da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo puidemos desenvolver varias actividades dentro do programa de Educación Ambiental “Educando na Biosfera” e facer saídas moi interesantes nas que aprendemos unha chea de cousas. Dende os mais pequenos ata os mais grandes tivemos o noso espazo neste proxecto. Para o día da paz fixemos un gran mar cheo de vida e de moi bos desexos e tamén cantamos unha versión da canción “Mensajes del agua” de Macaco.
Tamén no nadal tivemos presente o proxecto que formou parte do deseño das nosas postais
42