Andaina
Alumnado 3º Ed. Primaria
Ola Andaina! Chegou ese momento que alguna vez ten que chegar. Levamos xuntos moitos anos, xuntos fomos quen de, coa colaboración de moitos mestres e nenos, saír cada Día das Letras Galegas do colexio rumbo aos fogares de Abegondo. Alí cada familia pasaba as túas páxinas, ollaba se atopaba o debuxo, as letras do seu fillo/a ou neto/a. Falo en pasado como si eso non pasara agora mesmo. É soamente nostalxia…. nostalxia daqueles tempos nos que non había os medios técnicos de agora, pero que, iso si, igual que agora existía una grande ilusión por amosar cada ano o resultado do traballo. Ese traballo que reflectía e reflicte o día a día dunha escola viva, unha escola que como di o seu nome, ou as pegadas que rodean cada páxina, camiña con paso firme e seguro na busca da excelencia, na busca do mellor para o seu alumnado, en resumo unha escola preocupada pola educación do seu alumnado. Agora, que toca ceder o testigo (é lei de vida) podo dicirche, tamén con ilusión e ledicia que quedas nas mellores mans, que che espera un futuro próspero, que como ata o de agora cada 17 de maio as familias esperarán recibirte nas súas casas coa mesma ilusión da túa primeira aparición. Grazas Andaina, grazas compañeiros que ano tras ano colaborastes na súa elaboración, grazas nenos e nenas que cos vosos traballos, debuxos, poesías, contos, entrevistas e tantas outras cousas, conseguimos que esta nosa revista fose crecendo ano tras ano. Cun extraño sentimento de ledicia e de tristura, despídome de ti cunha promesa: esperarei a reencontrarme contigo cada ano e ollarei nas túas páxinas ese sorriso que asomas cada vez que saes á luz. GRAZAS ANDAINA
Sumario Portada Sumario
01
Presentación
02
Xornada
03
Páx. da ANPA 04 Infantil
05
Primaria
11
L. Galegas
20
Entrevista
26
Club Ciencias 28
José Miguel Blanco Fernández (Director) Antón Fraguas, mestre, etnógrafo e historiador de Cotobade, traballou no estudo e análise das nosas tradicións. Non solo recolleu todas estas investigacións en libros, senón que intentou que se conservasen, sendo un dos principais impulsores da creación do Museo do Pobo Galego. Dende este equipo traballamos ao longo do curso con este obxectivo, dar a coñecer as tradicións da nosa contorna, aquelas que recibimos dos avós e avoas e nos identifican como pobo e cultura, intentar que non se perdan e reivindicar aquelas que estamos mudando por outras alleas.
C. Programa
29
Equipos
30
P. D. I.
42
Proxectas
50
Pasatempos
58
Esta revista pretende ser unha xanela aberta ás pequenas cousas que cada día facemos neste colexio, pequenas cousas con grandes ilusións. Son moitos días e moitos momentos os que compartimos e nos que intentamos aprender cousas novas e sobre todo gozar do que facemos tentando sempre de normalizar e dinamizar a nosa lingua e facela chegar a todos os recunchos posibles...
Despedida
59
Esperamos sexa do voso agrado.
Contraportada
Diego G. Agilda Pedreira (Coordinador EDLG)
1
Félix Asensio
2
Despois dun par de anos valorando a posibilidade de facer un cambio na xornada horaria deste centro educativo, este curso, por fin, decidimos iniciar os trámites para ver a viabilidade da nosa proposta e facer despois a correspondente sondaxe a todos vós, ás familias, que sodes os que tedes a última palabra. Decidimos comezar este proceso pensando que sería o mellor para facilitar a conciliación familiar de moitas familias e mellorar o rendemento académico dos rapaces e rapazas que, todos sabemos, diminúe considerablemente nas horas da sobremesa, cando o noso organismo está a facer a dixestión, por iso consideramos que sería máis axeitado concentrar as sesións de docencia no tempo de mañá para facer o propio coas actividades escolares da tarde. Aló polo mes de Novembro elaboramos un tríptico que se mandou aos fogares con esta proposta, coas vantaxes que viamos neste cambio e a oferta que iamos facer a transporte, que no senso administrativo, son os que teñen a última palabra neste tipo de negociación.
A nosa proposta era unha xornada lectiva que comezase ás 9.30 e rematase ás 14.30. A esta hora os nenos e nenas irían ao comedor e serían atendidos no centro ata as 16.00 en que o transporte os levaría ás súas casas ou momento no que se poderían unir ás actividades extraescolares. Pese a todos as xestións que fixemos, entre as que temos que falar tamén das conversas mantidas co equipo directivo do IES de Viós que, xunto co claustro, en todo momento mostraron a súa vontade de axuda (incluso modificando o seu horario para facilitar o transporte dos estudantes, motivo polo que lles damos as nosas mais sinceras grazas) a nosa proposta non foi aceptada por transporte. Dende a consellería aceptaban o cambio de xornada sempre e cando a nosa hora de entrada ao centro fose a mesma que temos a día de hoxe, as 9.45. Este foi o motivo polo que decidimos non seguir adiante co proceso. Entrar no centro ás 9.45 suporía que algúns alumnos terían que entrar a comer ás 15.15 e isto non nos parecía axeitado para o noso alumnado. Aínda facendo dous recreos ao longo da mañá nos que poderían merendar, consideramos que entrar cada día a comer ás 15.15 e saír ás 15.45 non é a mellor proposta para nenos e nenas de primaria. Fixemos reunións para as familias na primeira semana de maio pero queriamos facervos chegar a todos e a todas esta información porque consideramos que sodes os primeiros que debedes de saber como se desenvolveron as xestións. Moitas grazas e veremos se noutra ocasión as cousas poden ou interesan doutro xeito.
3
ANPA DO CEIP SAN MARCOS Ola familias! Somos Laura, Vanessa, María, Marga e Yolanda; a nova Xunta Directiva da ANPA. Este é o noso primeiro curso ao fronte da asociación, comezamos con incerteza, medo e inquietudes, pero sobre todo cargadas de ilusións e novos proxectos. Os inicios foron duros, pero temos que agradecer a axuda da anterior Xunta Directiva, Colexio e Concello, que nos axudaron e axudan nesta aventura na que nos mergullamos. Aquí vos deixamos una pequena mostra das actividades que realizamos ata agora.
Festa do Entroido
Belén Vivente
Festa do Día do Libro
Estas actividades son as máis visibles, pero non podemos deixar de mencionar o traballo que realizamos no Banco de Libros, coa administración, ( subvencións, axudas, etc) e máis actividades que realizamos en colaboración co colexio, como a axuda das excursións, e a reportaxe fotográfica entre outras. E sobre todo, que estamos a vosa disposición para ser o nexo de unión entre o colexio e as familias. E non podemos esquecernos dun proxecto que comezamos con especial ilusión, e que tanto o profesorado como nós tiñamos moitas ganas de levar a cabo: “Escola de Familias”.
Qué é? Un espazo de formación a través de cursos, obradoiros, charlas , coloquios, que buscan fomentar a participación das familias e profesorado, ofrecendocoñecemento e ferramentas necesarias. Favorecendo a interacción entre todo os axentes implicados na formación e educación da infancia.
Obradoiro de Primeiros Auxilios
FUTUROS PROXECTOS: - Excursión de fin de curso. - Banco de mandilóns. - Charla: “Redes Sociais e novas tecnoloxías”. - Charla “Drogas Legais”. Comunicación das familias. Normas e límites
4
Aula laranxa
5
SARA LUANA
BREIXO
JACOBO IVÁN
HUGO
NEIZAN
CLAUDIA DANIEL M. DANIEL B.
ALDARA
MIA
PABLO SOFÍA
ELOY
AULA AZUL
6
VALERIA
IAGO
MARTÍN
AURORA LOGAN NAHIARA XOEL
ENZO
VICTORIA
AARON
EDUARDO LEO
XENXO
ALEJANDRO
MATÍAS NOA
AULA VERDE
CANDELA
7
Aula amarela
8
Aula lila
9
10
E. Primaria 1º A
11
3º B
12
Lucía Giménez - Claudia de Marco
3º A
13
14
15
E. Primaria 4º A
11111 17 16 11111
17
5º B
18
19
20
E. Primaria 6º A e 6º B
21
Alba 6º A
22
23
24
6º A e 6º B
25
Despois de máis de corenta anos de servizo e 20 neste centro, o noso director ten ben merecido un descanso. E dado que se xubila unha das figuras máis representativas do noso centro non podiamos deixalo marchar sen facerlle unha entrevista para Andaina. Foi precisamente el quen comezou con esta revista no centro, “Premio ás Revistas Escolares” en 2005 e quen con moito esforzo e paciencia foi compoñendo ano tras ano as súas páxinas. A historia desta revista é a historia do noso centro, os recordos dos que por aquí pasaron e dos que aquí estamos. E entre eses recordos sempre aparece o de Miguel, o noso director, mestre, amigo e apoio. Deixamos aquí recollida a visión educativa deste galego-leonés cuxa paixón sempre foi e segue sendo a escola, pero non unha escola calquera, senón a escola da felicidade, do sorriso, da amizade, do compañeirismo, do respecto, e da colaboración. Paixón coa que o centro deu un xiro cara a modernidade, introducíndonos en múltiples proxectos de innovación educativa e sendo recoñecido con diferentes premios ao longo destes anos.
De pequeno que querías ser cando foses maior? En realidade nunca pensei noutra profesión que non fose a de mestre, non tiña dúbida de que era a miña vocación. Que estudos realizaches? Rematado o Bacharelato realicei os estudios de Maxisterio na Escola de A Coruña.
A que idade e en que colexio comezaches a traballar? Tiña 21 anos cando comecei a dar clase e foi no CEIP Alborada da Coruña. En que outros colexios traballaches? Aparte de A Coruña, estiven un curso en Vimianzo, e logo dezanove anos en Muros. Como te sentiches cando chegaches a este colexio? Este colexio era moito máis pequeno e polo tanto máis familiar, sentinme moi apoiado polos meus novos compañeiros e polo tanto moi cómodo e contento, ademais podía vivir na miña casa de A Coruña.
Cantos anos levas traballando aquí? Empecei o un de setembro de 1.999. Este ano fai 20 anos que traballo no CEIP Plurilingüe “San Marcos”. Fuches director noutros colexios? Si, durante cinco cursos no CEIP Ramón de Artaza e Malvárez de Muros. Tamén durante o tempo que estiven nese colexio tiven a oportunidade de ser secretario e xefe de estudos. Que che gusta mais, ser director ou ser mestre?
Ser mestre e estar en contacto cos alumnos sempre foi o que más me gustou. Pero axiña solicitarónme que fose secretario do colexio de Muros para traballar nun equipo directivo novo. Ao final e dentro do meu interese de axudar e colaborar na vida do colexio levoume a seguir durante moitos anos (ata que vin a Abegondo) como secretario, director e xefe de estudios.
26
Cando estudabas xa te imaxinabas como director? Non, para nada. Soamente me imaxinaba na aula cos nenos. O de ser director gustoume mais tarde. Por que e cando se che ocorreu facer esta revista? Estando no cole de Muros xa compartía a idea de que os rapaces e rapazas mostraran os seus traballos cada trimestre nunha revista. Cando marchei de alí iamos no nº 41. No CEIP San Marcos foi no ano 2003 cando contribuín á saído do nº 3 desta revista. É moi difícil ser director na túa carreira? Cando che gusta a túa labor, todo é máis doado. Debo dicir que é un traballo complicado e á vez gratificante cando contas como eu con moitos compañeiros que facilitan a túa labor. Cal foi o colexio que máis che gustou? A miña vida profesional divídese entre Muros e Abegondo e non podería facer distinción entre os dous. De Muros gardarei sempre un gran recordo porque foi onde empecei de verdade a ser mestre. Cal foi o colexio que tiña máis nenos/as? O de Muros, que case tiña mil. Naquela época daba matemáticas a nenos de 12, 13 e 14 anos en sexto, séptimo ou oitavo cursos. Por que non puxeche nada máis nos patios? Porque non podemos poñer o que nos queiramos, dependemos do diñeiro que dispoñemos e outros estamentos poden dicidir. Cando chegaches ao colexio que foi o primeiro que fixeche? Intentei adaptarme ao colexio, a como estaba organizado e dirixido, moi ben dirixido por certo. Non me foi difícil porque xa coñecía algún compañeiro que traballara comigo no colexio de Muros. É moi difícil o teu traballo? Non, non é difícil; o importante é querer facelo. É difícil contentar a todo o mundo, pero eu estou moi contento co conseguido e calquera dificultade queda esquecida. Gústanche os nenos deste colexio?
Si. Penso que a miña vocación naceu porque de sempre gustáronme moito os nenos. Eu sempre digo que son mestre e que non me gusta o que pon o meu título: Profesor de E.X.B. especialidade de ciencias físico-matemáticas. Mestre é unha palabra preciosa que identifica o que sempre pretendín ser: aquel que ensina.
4º Ed. Primaria
27
Baixo o lema #algomaisqueciencia durante os dous últimos anos, un grupo de nenos e nenas e baixo a supervisión dun grupo de mestr@s fóra do horario lectivo e de xeito voluntario traballamos principalmente por:
Visibilizar a muller no eido científico e tecnolóxico.
Fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas no alumnado.
Coñecer e disfrutar de actividades e experimentos relacionados con diferentes contidos científicos.
Coñecer entidades e científic@s que traballan en Abegondo.
28
Ao inicio deste curso, plantexouse que debiamos como centro dar un paso máis cara a mellora da nosa actividade docente, e que repercute directamente no alumnado. Para isto decidimos presentar a nosa solicitude ás diferentes liñas de traballo dos contratos programa. Esta liña de traballo da Consellería pretende:
Adaptar diferentes liñas de traballo.
Potenciar de forma prioritaria o desenvolvemento das competencias clave.
Mellorar a convivencia nos centros, a prevención das desigualdades entre mulleres e homes e o logro da excelencia educativa.
Lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver ao máximo posible as súas potencialidades e, en definitiva, contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia.
Para lograr estes obxectivos propóñense diferentes liñas de traballo das que o centro seleccionou
Mellora das competencias clave.
Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.
Para acadar os obxectivos propostos, a Consellería pon á disposición dos centros, despois de presentar un proxecto de traballo, os recursos necesarios para o seu desenvolvemento. Para isto, o centro invertiu eses recursos en formación e recursos materiais que posibiliten novas formas de traballar e a búsqueda de vías para a mellora da actividade docente, co que, pretendemos, mellorar os resultados do alumnado, adaptarnos da mellora forma posible ás necesidades específicas do alumnado e afrontar os retos da educación e da sociedade actual. Ademais cabe salientar que parte das actividades que se desenvolven relacionadas coa participación do centro neste proxecto, realízanse fóra do horario lectivo contanto coa participación voluntaria do alumnado e co esforzo do profesorado participante na actividade.
29
Que cambio! Aínda lembro cando a biblioteca era.... iso... un lugar cheo de libros, uns máis interesantes que outros, con máis ou menos debuxos, con mais ou menos follas, pero libros. Os mestres do equipo traballabamos para ter máis exemplares, decorámola para que fose atractiva e organizamos presentacións para animar ao alumnado a visitala e facer dela algo máis que so un lugar onde se prestaban libros. Pasou un tempo e aproveitamos a hora de ler para converter este espazo nun lugar de convivencia, un lugar onde uns alumnos recitaban poemas para outros, contaban contos, compartían experiencias, facían pequenas representacións e incluso amosaban a través dos medios dixitais que fomos incorporando o froito dos traballos que facían na súa aula. Neste momento a biblioteca xa lideraba un Proxecto Documental Integrado (PDI). O noso pasado celta, o camiño inglés ou a auga como fonte de vida, son ou foron obxecto de moitas actividades feitas na propia biblioteca ou ben dirixidas desde ela.
Espazo biblioteca creativa
E queda o último gran paso, ese que este curso fomos capaces de acadar despois dun proxecto desenvolvido con ilusión: unha biblioteca creativa e inclusiva. Pouco a pouco e a base de moito cavilar e buscar ocos onde case non os había, logramos que agora mesmo cos libros de toda a vida, convivan os medios dixitais, unha impresora 3D os escornabots e os M bots. O meu agradecemento como coordinador a todos os que colaboraron e creron que podía ser posible.
E agora toca facer un pouquiño de historia deste curso no que a auga é a protagonista do proxecto documental integrado. Alumnos de sexto ensinaron a o resto de compañeiros a mitoloxía, falando de xanas, xacias, e outros seres que habitan nese medio.
Alumnado de 6º nivel explicando o seu traballo sobre seres mitolóxicos
30
Tamén, como é natural, tentamos de atender as diferentes celebracións e conmemoracións. Por iso a biblioteca encheuse de cabazas e monstros para celebrar conxuntamente Samaín e Halloween e albergará tamén a exposición do equipo de dinamización da lingua galega.
Presentando a Biblioteca
Samaín e Halloween
Ao longo do curso recibimos escritores, debuxantes e ilustradores que aportaron coñecementos ao alumnado e tamén formación de robótica algúns alumnos co encargo de transmitilo aos demais compañeiros.
Iván Suárez
Dedicamos o mes de abril ao libro infantil e á celebración do día 23 de abril e remataremos esta homenaxe aos libros o día das letras galegas. E así pouco a pouco, como se escribe a historia, remataremos un curso no que ao meu parecer, este equipo, coa importante colaboración doutros (EDLG, TICs) colocou a Marquiños diante dun futuro ilusionante e cheo de posibilidades.
Os amigos de Infantil e sexto
José Miguel Blanco
31
Dende a biblioteca escolar e o comedor queremos dar a coñecer a existencia de libros que están ao voso alcance para que sexades vós os que poñades as mans na masa. Son varias as razón polas que podedes probar, é divertido, sabes o que comes, vai saber mellor a comida porque a fixeches ti, si che gusta podes chegar a ser un gran gastrónomo e tedes liberdade para comer o que vos guste pero sempre tendo en conta que o noso corpo necesita hidratos de carbono, proteínas, lípidos, vitaminas e minerais. Ao cociñar sempre é importante que un adulto este ao voso lado porque poden producirse lesións, así que moito ollo. Algúns dos libros que están a vosa disposición na biblioteca son os seguintes:
E se vos preocupa a vosa saúde tamén hai algún libro relacionado coa vida sa.
Esperamos que este artigo sexa de interese. Bo proveito!
Olalla Otero Vázquez
32
MAGOSTO Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto.
Non chas que, non chas quero, que me cheiran ao chamosco.
SAMAÍN. Cabazas, calacús, noite en que as portas do Alén se abren. Coidado se petan na túa porta... Grazas familias pola colaboración ano tras ano.
SEMANA DO PEÓN. Polo San Martiño, peóns ao camiño.
VISITA DO APALPADOR Vaite logo meu neniño, vaite logo para a camiña que vai vir o apalpador apalparche a barriguiña DÍA DA CANDELORIA. Pola Candeloria, metade do inverno vai fóra.
33
DÍA DE ROSALÍA Que si mo pediron que si mo mandaron que cante que cante na lingua que eu falo.
Que si mo pediron na beira do mar ao pé das ondiñas que veñen e van. DÍA DAS ARTES GALEGAS Enchendo o centro de LUÍS SEOANE.
AQUÍ BÁILASE!
34
AQUÍ TÓCASE E CÁNTASE Canta que te canta, mentres os corazóns tristes choran. Isto e aínda máis, eu quixera dicir con lingua graciosa; mais onde a gracia me falta o sentimento me sobra. CANTOS DE REIS De lonxe viñemos os que aquí chegamos se nos dan licenza os Reises cantamos.
SE PAN DE MILLO VAS MERENDAR, MIRA O TRABALLO QUE HAI DETRÁS
ESFOLLAR
DEBULLAR
MOER
PENEIRAR
MITOLOXÍA GALEGA
FLORA E FAUNA AUTÓCTONA
DIEGO G. AGILDA
35
no Concello de Paderne, recentemente recuperado.
ENTROIDO DE SAMEDE,
Nos últimos anos estanse recuperando moitas formas do Entroido tradicional. Dende o EDLG queremos apoiar e participar nesta recuperación.
A nosa compañeira Maika, TROTEIRA de BANDE.
CHOQUEIRA
Mural representativo de Entroidos tradicionais Obradoiro de Construcción de Máscaras do FELO DE MACEDA,
Sardiña.
36
GALEGA
DINAMIZACIÓN DA LINGUA
Este ano incorporamos a “Queima do Meco”, ou o Enterro da
EQUIPO DE
Ourense.
Empezamos coas seccións bilingües coa plástica nun sexto. A promoción que está agora a cursar o segundo curso de carreira… Xa pasaron cousas dende entón. Foi a mesma promoción que participou nun programa de inmersión lingüística en Aldeaduero onde conviviron durante unha semana con alumnos e alumnas dun centro de Barcelona aos que fomos visitar en xuño. Foi o principio dunha viaxe que xa non tivo marcha atrás. Chegamos a ser un centro Plurilingüe e só nos faltaba o Plurilingüismo en infantil , que foi a novidade deste ano. Como podedes ver nas seguintes páxinas Cristina traballou moito cos máis pequenos do cole para que gozasen desta nova aventura do inglés como lingua vehicular. As clases de psicomotricidade foron moi proveitosas e divertidas. Tamén houbo algunha novidade en primaria. Tivemos a sorte de ter con nós a Diego, mestre de E. F. que viña de pasar tres anos en U.S.A. traballando nun centro bilingüe e co que tivemos máis dunha video conferencia en cursos pasados. Como traía o inglés tan fresquiño aproveitamos a ocasión e tivemos a área de E.F. en inglés para o alumnado de 1º e 2º e resultou ser unha experiencia moi enriquecedora. Contamos ademais este curso cunha auxiliar de conversa neoiorquina que é nada mais e nada menos que cinto negro de karate e que tivo ganas e ilusión de compartir o seu arte con nós. Tamén aprendemos moito con ela facendo traballos de investigación, exposicións orais e algunha que outra decoración. Aprendemos sobre minorías asoballadas ou sobre grandes mulleres do arte que non coñeciamos. Sempre é gratificante ter xente que aporta novas visións e nos ensina tanto do mundo que nos rodea.
Gloria Rodríguez Doel
37
38
Cristina González
39
Recoñemento á formación no centro A Consellería de Educación premia ao centro pola súa actualización e formación interna O colexio recibiu un premio por parte da Consellería de Educación polo seu plantexamento á hora de planificar e implementar a formación interna. Esta formación permitiu ao profesorado do centro actualizarse en aspectos de robótica, programación, traballo por proxectos,… e este ano ademáis inclúese a formación en linguas estranxeiras.
A innovación como sinal de identidade Visita ao centro do delegado territorial da Xunta de Galicia e do alcalde de Abegondo Durante o mes de abril, contamos coa visita do Delegado Teritorial da Xunta Ovidio Rodeiro, o alcalde do Concello de Abegondo José Antonio Santiso Miramontes e representantes do Concello, visitaron o centro para comprobar de primeira man algún dos traballos que se realizaban no centro relacionados coa robótica, a programación e a construcción en 3D entre outros. Puideron ver como se está a acondicionar a biblioteca co novo recuncho tecnolóxico, o novo material e algún dos traballos que están a realizar os nenos e nenas con aspectos coma os escornabot, a programación, a construción ou a impresión 3D.
Semana STEM Galicia 25 nenos e nenas do centro participan nun campamento relacionado coa temática STEM Durante unha semana do mes de outubro, 25 nenos e nenas do colexio participaron na semana STEM organizada pola Consellería de Educación. Durante esta semana o alumnado participou nun campamento no que tentaban chegar a Marte. Aspectos coma a convivencia, a autonomía, o traballo en equipo,… foron algúns dos aspectos máis salientables.
40
Renovación de material O centro amplía a súa dotación de material e recursos tecnolóxicos Durante este curso e gracias á participación do centro en diferentes programas de innovación da Consellería de Educación e doutras institucións a nivel estatal puido mellorar a súa dotación tecnolóxica. Ademais do aumento de recursos produciuse unha reorganización do material que vai facilitar o seu uso por parte de todo o profesorado e alumnado do centro, ao formar parte dun recuncho da nosa biblioteca.
Novos robots (escornabot) pola participación na #bibliotecareativa
Mellora da aula de informática coa colaboración de AMTEGA e o proxecto
Xogos de construción e máquinas Novas tablets e apps
Abegondo Smart_Ctiy O proxecto deste curso pretende converter Abegondo nunha pequena SmartCity Para este curso plantexouse como proxecto integrar diferentes aspectos traballados na aula e enmarcados no proxecto xeral do centro. Pretendemos realizar unha pequena maqueta de como podería ser unha pequena SmartCity co que supón a nivel medioambiental, aforro enerxético, aproveitamento da auga,… e para iso empregando elementos de construción programación e impresión 3D.
Jose L. Fariña
41
“A auga, fonte de vida” é o proxecto que este curso nos ocupa a todos no centro. Naceu esta idea a partires dunha fermosa historia que Isabel (nai dunha alumna) ideou a finais do curso pasado e que non só pechou un proxecto senón que abriu outro novo. Traballamos a auga en moi diversos aspectos: a vida nos mares, nos ríos ou nas pozas; as fontes , as traídas ou as depuradoras; as augas medicinais e os seus beneficios para a saúde; o ciclo da auga, a neve e a choiva…, a música, lendas, a mitoloxía e as tradicións. Estes e moitos outros temas ocuparon e ocupan as aulas e a biblioteca do CEIP Plurilingüe San Marcos. Grazas á colaboración do concello e a pasar a formar parte do programa de Educación ambiental da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo puidemos desenvolver varias actividades dentro do programa de Educación Ambiental “Educando na Biosfera” e facer saídas moi interesantes nas que aprendemos unha chea de cousas. Dende os mais pequenos ata os mais grandes tivemos o noso espazo neste proxecto. Para o día da paz fixemos un gran mar cheo de vida e de moi bos desexos e tamén cantamos unha versión da canción “Mensajes del agua” de Macaco.
Tamén no nadal tivemos presente o proxecto que formou parte do deseño das nosas postais
42
Polo entroido tamén fixemos gala do noso proxecto. Houbo nubes, pescadores, submarinistas, peixes, xanas, sereas, polbos, sardiñas, tabeiróns, medusas... Nesta actividade contamos coa colaboración das familias, sempre dispostas a traballar xunto a nós.
Todos os nenos e nenas de Educación Infantil fomos de visita ao Parque dos Veciño de Liáns e ao Castelo de Santa Cruz. Ademais visitamos un lavadoiro que según nos contaron, era un lugar moi importante para a vida social de hai algún tempo. Aquí lavouse moita roupa porque antes nas casas non había lavadoras e as mulleres carretaban a roupa ata o río ou os lavadoiros (cando tiñan a sorte de telos) para levala de volta á casa limpa e seca. Este de Betanzos ata tiña gardería !! Neste pequeno espazo sempre había unha muller coidando dos fillos e fillas de todas as lavandeiras coa lareira acendida para ter a pota do caldo sempre quentiña. Tamén visitamos as depuradoras de Crendes e Cullergondo e aprendemos sobre o sistema de traída vecinal en Vizoño. Por suposto, tamén fomos ao embalse de Beche que abastece de auga a moitas das nosas familias.
43
44
1º B
45
46
2º A e 2º B
47
48
49
DIVERSIDADE FUNCIONAL
SE ENSINAMOS A NON EXCLUIR NON SERÁ NECESARIO FALAR DE INCLUSIÓN
Videoconferencias con Down Lugo
ELABORACIÓN DE MATERIAIS EN BRAILLE EN COLABORACIÓN COA
CREAMOS
VOLUNTARIADO ECOLÓXICO
XOGUETES DE REFUGALLO PARA O PATIO
VISITA DE ANXO MOURE CO SEU
“PAZTINETE”
PLANTAMOS CARBALLOS PARA A REFORESTACIÓN CON ÁRBORES AUTÓCTONAS
50
VOLUNTARIADO SOCIAL XORNADA COA ESCOLA INFANTIL PASIÑOS
DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS
COMPARTINDO APRENDIZAXES NOSAS MAIORES, FONTE DE SABIDURÍA
OBRADOIRO CON CRUZ VERMELLA BETANZOS
INSPIRADORES DE VOLUNTARIADO
XORNADA CON CANS TERAPIA XORNADA COAS AVOAS DO OBRADOIRO DE MEMORIA
#marquiñosviaxeiro Diego G. Agilda
51
52
Programa educativo realizado en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, incluido dentro do Plan Proxecta. O obxectivo deste programa é a realización dun proxecto que permita reflexionar de xeito consciente, crítico e solidario, sobre distintos aspectos do consumo responsable mediante a participación nun xogo pedagóxico virtual e nun concurso escolar a nivel estatal. A temática deste curso é a seguridad dos produtos: “Consumópolis 14. Pola túa seguridade: Sabes o que consumes?”
TRABALLO PREVIO
Organizámonos en equipos
Deseñamos o noso avatar
Lemos as fichas con información
Comenzamos!
Etiquetado e consumo responsable
Superamos as probas da primeira fase: traballo en equipo, colaboración, búsqueda de información
E ti, sabes o que consumes?
53
54
Diego García Herias
55
O curso pasado iniciamos o camiño co noso amigo e este curso seguimos en marcha. É o proxecto que desenvolvemos os nenos e nenas de 6º de primaria cos das aulas verde, azul e amarela e que se inclúe dentro do programa Mobilidade sostible e segura.
Os nosos principais obxectivos nesta aventura son os de aprender a movernos polo entorno con seguridade e responsabilidade establecendo vínculos entre o alumnado de diferentes idades con todo o que conleva.
Este curso tivemos a sorte de contar coa visita da DGT que viñeron ao centro para explicar aos maiores certas medidas básicas de seguridade víal, e os maiores, á súa vez, transmitiron eses coñecementos aos mais pequenos axudados tamén por algún conto dos Bolechas cos que nos agasallaron. Tamén nos trouxeron chalecos reflectantes para cando facemos as nosas saídas, tanto paseando pola contorna como por Betanzos ou A Coruña. Outra tarefa na que estamos mergullados é na decoración dun teatriño que coloreamos entre todos e que os mais grandes representarán con monicreques para os máis pequenos. Trátase da historia de Carapuchiña e o lobo veloz.
56
Como non todo ía ser contar contos acerca de como ir no bus...fixemos algunha que outra viaxe!! Os nenos e nenas de 6º cos nosos amigos e amigas de infantil fomos a Betanzos e non nos soltaron e ningún moAprendemos que sempre hai que ir da man, mento. cruzar polo paso de peóns se non hai semáforo e comoprobamos a seguridade que dá levar os chalecos postos. Como tamén temos amigos e amigas na Coruña, álá fomos de visita. Recibíronnos no CEIP Emilia Pardo Bazán e ensináronnos o seu colexio .Despois fomos camiñando ata o monte de San Pedro onde gozamos dunhas fermosas vistas, unha copiosa merenda e divertidos momentos de xogo. GRAZAS! Volveremos o curso que vén.
Fixemos moitas actividades e aínda nos queda algunha pendente, a mais atractiva será a visita de membros do club ciclista Betanzos. Contaremos coa visita dalgún membro da directiva, algún monitor e, como non, algún dos nenos e nenas integrantes do club. Virán para darnos unhas charlas sobre a seguridade encima dunha bici, para contarnos a súa experiencia e para que poidamos preguntar todo o que queiramos. E o mais interesante... prepararán unha gynkana para nós !!! GRAZAS DE ANTEMÁN
Gloria Rodríguez Doel
57
Yago Ríos Liz
58
Gabriela: Parece mentira que despois de nove anos sexa o final do cole. Ímolo extrañar anque moitas veces diciamos: “Oxalá que non existise o colexio” pero cando estás en 6º, parece que o tempo pasou voando. E sabes que non vas volver a esta etapa da túa vida. Cando era pequena sempre pensaba: “Aínda falta moito tempo para marchar” e agora mesmo non me creo que marchemos. Sei que o vou botar moito de menos e tamén aos profesores. E quero agradecer a toda a miña clase e aos todos meus mestres por estar aí, porque sen eles nada disto podería ser posible, non sei que dicir ao respecto porque non teño palabras para describir todo o que sinto, só sei que teño un “batiburrillo” de emocións: alegría, mágoa, morriña... Pero... GRAZAS, GRAZAS POR ESTES MARABILLOSOS NOVE ANOS. Mestres, compañeiros, colexio... Nunca vos vou esquecer.
Sara: Os rapaces de 6°A, están a irse deste 2º fogar, cheos de moitos recordos, os bos, como as risas, as saídas e as bromas quedarán dentro de nós como algo especial. No que todo o mundo estará de acordo é en que non será fácil esquecelo. Tamén os hai malos, e todos lembrarán os enfados cando che mandan estudar ou facer un traballo que non che apetece. E logo tamén está ese recordo angustioso, coma o dos exames, ou o momento dunha presentación no que todo o mundo está nervioso …Todos eses recordos e moitos mais, son os que estes nenos pasaron, e seguirán pasando, pero xa noutro lugar, no que terán esta mesma sensación de tristeza e á súa vez, de querer seguir adiante, dunha morriña que ata que xa pase un tempo non esquecerán. Pensarán nese momento que en 3° (ou noutro curso calquera) dicían que querían que o colexio desaparecera para non ter que ir e sen embargo agora, neste mesmo momento en 6°, o que queren é estar un pouco mais cos profesores, os compañeiros, os nenos e nenas do cole, pensarán que non foi suficiente o tempo, que este ano foi mais curto, que lles faltaron recordos por gardar, saídas e recreos, comidas... tantas cousas! Esta despedida non é permanente, so é temporal, volverémonos a ver… ¡¡¡ATA A PRÓXIMA!!!
59
Empezamos en infantil,
para comer os ovos de pascua.
diversión mil
Ademais do verán,
con moito recreo
para ir a praia e disfrutar ou
e estudos cero.
para ir a piscina municipal
Ás veces faciamos ioga
para xuntarnos e refrescar.
pero sempre na “sinagoga”
Pero agora xa chegou sexto,
Ensinábannos música e inglés,
os mestres e os alumnos
no instituto ensinarannos francés,
xuntámonos e facemos
que lío nos van facer!
unha gran festa
En primeiro e en segundo
para nunca olvidar esas menestras .
sumar e restar
e o comedor cos mestres
pero en terceiro,
sempre vixiando
xa multiplicar.
que comamos ben
en cuarto e en quinto,
para así poder crecer.
fraccións e divisións
E agora xa nos vamos, ben alimenta-
pero nós sempre pensando nos balóns. dos.
Esto todo con descansos,
Adeus colexio,
como o Nadal, rir e festexar,
sempre te botaremos
ou a Semana Santa
de menos!
60
E.D.L.G. - MAIO 2019