Andaina 19

Page 27

Despois de máis de corenta anos de servizo e 20 neste centro, o noso director ten ben merecido un descanso. E dado que se xubila unha das figuras máis representativas do noso centro non podiamos deixalo marchar sen facerlle unha entrevista para Andaina. Foi precisamente el quen comezou con esta revista no centro, “Premio ás Revistas Escolares” en 2005 e quen con moito esforzo e paciencia foi compoñendo ano tras ano as súas páxinas. A historia desta revista é a historia do noso centro, os recordos dos que por aquí pasaron e dos que aquí estamos. E entre eses recordos sempre aparece o de Miguel, o noso director, mestre, amigo e apoio. Deixamos aquí recollida a visión educativa deste galego-leonés cuxa paixón sempre foi e segue sendo a escola, pero non unha escola calquera, senón a escola da felicidade, do sorriso, da amizade, do compañeirismo, do respecto, e da colaboración. Paixón coa que o centro deu un xiro cara a modernidade, introducíndonos en múltiples proxectos de innovación educativa e sendo recoñecido con diferentes premios ao longo destes anos.

De pequeno que querías ser cando foses maior? En realidade nunca pensei noutra profesión que non fose a de mestre, non tiña dúbida de que era a miña vocación. Que estudos realizaches? Rematado o Bacharelato realicei os estudios de Maxisterio na Escola de A Coruña.

A que idade e en que colexio comezaches a traballar? Tiña 21 anos cando comecei a dar clase e foi no CEIP Alborada da Coruña. En que outros colexios traballaches? Aparte de A Coruña, estiven un curso en Vimianzo, e logo dezanove anos en Muros. Como te sentiches cando chegaches a este colexio? Este colexio era moito máis pequeno e polo tanto máis familiar, sentinme moi apoiado polos meus novos compañeiros e polo tanto moi cómodo e contento, ademais podía vivir na miña casa de A Coruña.

Cantos anos levas traballando aquí? Empecei o un de setembro de 1.999. Este ano fai 20 anos que traballo no CEIP Plurilingüe “San Marcos”. Fuches director noutros colexios? Si, durante cinco cursos no CEIP Ramón de Artaza e Malvárez de Muros. Tamén durante o tempo que estiven nese colexio tiven a oportunidade de ser secretario e xefe de estudos. Que che gusta mais, ser director ou ser mestre?

Ser mestre e estar en contacto cos alumnos sempre foi o que más me gustou. Pero axiña solicitarónme que fose secretario do colexio de Muros para traballar nun equipo directivo novo. Ao final e dentro do meu interese de axudar e colaborar na vida do colexio levoume a seguir durante moitos anos (ata que vin a Abegondo) como secretario, director e xefe de estudios.

26


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.