Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre o movemento obreiro en España desde as súas orixes ata a Restauración. Estruturando libremente a túa composición á luz dos documentos, e tendo en conta a súa contextualización, debes atender cando menos aos seguintes aspectos: situación da clase obreira, causas desta situación, reivindicacións obreiras, etapas na formación do movemento obreiro formas de organización e loita, e caracterización ideolóxica das principais organizacións obreiras. Non esquezas a normas xerais que debes seguir nun exercicio deste tipo.
Recorda os pasos para facer unha composición. Suliña nos documentos o que consideres máis relevante para usar ou citar na túa composición. Despois de facer unha primeira lectura debes anotar nos textos os asuntos que consideras importantes para telos en conta no momento de facer o esquema da composición. Aquí tes un exemplo.
Doc. 1 Parte do xeneral Pastor sobre o incendio na fábrica Bonaplata (Barcelona 1835). Foi quemada a fábrica de tecidos e fundición de ferro dos señores bonaplata e Cía. As autoridades (…) enviaron toda a forza da que se podía dispor, co fin de atallar o incendio; máis foi inutil, xa que estaban determinados a facelo, convencidos de que os teares movidos por máquinas diminuían a producción do traballo manual. (…) resultaron da refriega varios mortos e feridos.
Movemento obreiro na etapa isabelina Ludismo: explicar en que consiste, por que se produce, cando, onde Por que en Barcelona?: primeira zona na que se introducen máquinas.
Doc. 2. Exposición presentada por 33.000 obreros ás Cortes, 1855. Señores deputados das Cortes Constituíntes: Hai anos que a nosa clase vai camiñando a súa ruína. Os salarios diminúen. O prezo dos comestibles e das habitacións e máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que reducir cada día o círculo das nosas necesidades, mandar ó taller ás nosas esposas (…), sacrificar (…) ós nosos fillos a un traballo prematuro. O mal é gravísimo, urxe remedio, e esperámolo de vos. (…) Pedímosvos unicamente o libre exercicio dun dereito: o dereito a asociarnos. Hoxe só o temos para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta de traballo; concédasenos en diante para poder opoñernos ás desmedidas exisencias dos donos dos talleres, establecer, de acordo con eles, tarifas de salarios (…).
Movemento obreiro na etapa Isabelina o Referencia a Bienio Progresista: nova constitución en proxecto, petición para que se recoñeza dereito de asociación Citar o documento para explicar a situación da clase obreira: xornada, salario, traballo infantol e feminino… o Explicar causas desta situación: man de obra abundante, propiedade en mans burguesía, busca do máximo beneficio, prohibición asociacións obreiras (citar doc), sistema fabril. FU DAME TAL Primeiras organizacións obriras ba etapa Isabelina. o Sociedades de socorro Mutuo (citar doc) o Primeiros Sindicatos. Explicar que son , que pedían, etc o Folga como medio de loita (citar documento 3