Había unha vez un planeta, o Planeta do Egoísmo, que estaba formado por moitos países nos que mandaban os maiores e só lles importaba o diñeiro e o poder. Olvidábanse das persoas máis pobres e dos nenos e as nenas.
Por iso algĂşns nenos e nenas deses paĂses, cansos de tantas inxustizas, decidiron marchar por un camiĂąo longo e verde en busca dun mundo mellor.
Ola, o meu nome é Liberdade
A primeira en saír foi unha nena chamada Liberdade. No seu país todos os nenos e nenas ían ao colexio e non lles faltaba de nada pero os seus pais e nais estaban todo o día traballando e non tiñan tempo para estar con eles, así que pasaba todo o día soa. Por iso, un día colleu a súa mochila e púxose a camiñar.
No camiño atopou outra nena soa e abandonada, xa que os pais lle morreran porque o seu país estaba sempre en guerra. Chamábase Soidade e xuntas continuaron a viaxe.
Seguiron e seguiron camiñando ata que ao lonxe viron un neno enfermo que apenas podía camiñar. Chamábase Socorro e contou que no seu país non había hospitais nin médicos, nin menciñas e, por iso, non se podía curar. As dúas nenas axudárono a camiñar e levárono con elas.
Polo camiĂąo encontraron a outro neno chamado Don que uniuse a eles. Estaba farto de que os demais se risen del polo seu aspecto e a sĂşa forma de falar.
Ao pouco tempo atopáronse cun rapaciño chamado Curro. No seu país era obrigado a traballar decote nunhas condicións inhumanas. Curro uniuse a eles e proseguiron xuntos o camiño.
Despois, encontráronse cun neno que choraba porque tiña moita fame. O seu nome era Ambrosio. No seu país non tiñan nada para comer. A súa familia morrera de fame e só quedaba el. Así que acollérono con cariño e levárono con eles.
Outra nena chamounos ao lonxe. Era Angustia. Ti単a sinais por todo o corpo porque fora maltratada. O grupo de cativos e cativas acubillouna con cari単o e seguiron o cami単o xuntos.
Cami単aron sen parar ata que atoparon un sitio marabilloso para descansar e montar un campamento.
De súpeto, fixáronse nun neno que estaba sentado nunha pedra mirando as estrelas. Liberdade preguntoulle que quen era, e el contestoulle que non o sabía porque non tiña nome nin país. O seu país era aquel lugar marabilloso pero estaba abandonado.
AsĂ que os nosos amigos montaron un campamento e, pouco a pouco, foron chegando nenos e nenas de todos os paĂses, ata haber cento noventa e tres. ContĂĄronse os seus problemas e entre todos redactaron os dereitos que deberan ter todos os pequenos do mundo.
Mentres tanto, os pa铆ses foron quedando sen cativos. Os adultos, moi preocupados, decidiron formar unha organizaci贸n (ONU) e, no ano 1959, chamaron a Liberdade e os seus amigos e asinaron os dereitos dos nenos e das nenas e prometeron cumprilos.
Todos se puxeron moi contentos agradecendo o interese dos adultos.
Pero non en todos os países cumpriron o prometido e, aínda hoxe, Liberdade e os seus amigos e amigas seguen camiñando polo camiño verde, buscando máis soños e cores para chegaren a ser todos felices algún día.
Por un mundo mais humano
NA PROCURA DUN MUNDO MARABILLOSO Tradución do conto Alumnado de 4º ESO
Creación e ilustración dos personaxes Ana Martínez Fernández (3º ESO)
Maquetación Yolanda Castro López
Interpretación Alumnado de 2º, 3º e 4º ESO CPI «Conde de Fenosa». Ares
Novembro 2014