LENDAS DE ARES
Cristina Fernández. Elisabeth Domínguez. Noelia Calvo. Shelenia Martínez.
A LENDA DAS MIRANDAS Había unha serea moi inqueda e faladora que lle daba por falar coas gaivotas e corvos mariños.As veces xogaba no medio dun banco
de peixes ou con golfiños que visitaban a ría.Logo quedaba soa e pensativa tomando o
sol nas praias.Pero sempre se mergullaba no mar cando chegaban persoas.Frecuentaba as
illas das Mirandas e ía tomar o sol polas praias de Perbes e de Centroña e polas do oeste de Ares. As Illas Miranda están na ría de Ares. Son dous illotes, Pequena e Grande, nos que vive unha serea que ás veces vai tomar o sol ás praias de Perbes, Centroña ou ás dos arredores de Ares.
Pero...¿ por que asustaba á xente ? ¿ Non podería ser ela unha moza normal ?.
Un día foi sorprendida na praia por un fidalgo dos máis poderosos de Galicia,que quedou totalmente
namorado dela con só mirala. Casouse en segredo con ela e levouna para a casa.Co paso do tempo e lonxe do mar, caéronlle as escamas e a pel da cola e puido por fin ter fillos. Nunca máis se sentiu soa a serea das Mirandas.
Esta lenda pertence ó libro: "De lenda en lenda: camiños máxicos polo noroeste de Galicia"
A Cova dos Mouros de Cervás cóntase que foi un lugar de refuxio,de encantos e de misterios. Dise que en tempos medievais un servidor dos Andrade,
de nome Fortún,casou cunha fermosísima moza chamada Maruxa e puxeron a súa casa en Ares.Un parente dos Andrade,o fidalgo Fernán Pérez ,namorouse da moza e non reparou en gastos nin en agasallos para conquistala mentres Fortún andaba na compaña do seu señor nas cacerías. Cando Fortún descubriu a relación matou ao fidalgo e á súa
muller, e lo go tirou os seus corpos na Cova dos Mouros de Cervás. E botouse ao monte, e como bandoleiro viviu ata que,perseguido polas xentes do señor de Andrade,decidiu quitarse a vida no profundo da Cova dos Mouros.
Preto do castro, baixando cara á costa había unha
cova onde vivía un trasno que podía conventerse en galo, burro ou cabalo.Cando o trasno se convertía en galo, avisaba das invasións viquingas. Según unha versión, ao que se acercaba á cova afogábao. Outra versión di que a xente que pasaba por riba da cova e escoitaba ruído,se miraba para atrás,saía o trasno e pechábao
dentro. Por último, había outra versión que dicía que o trasno non estaba nunha cova,senón que era
unha rocha de forma estrana que se convertía no trasno.
A FONTE DA VIRXE Unha noite uns pescadores que estaban a faenar viron unha misteriosa luz na terra,desembarcaron e foron cara a ela.Cando chegaron onda ela resultou ser unha imaxe da Virxe que estaba a carón dunha
fonte.Máis tarde nese lugar fíxose unha ermida e á forte chamóuselle a Fonte da Virxe
Chanteiro (Cervás, Ares)
A LENDA DA FONFRÍA Na Fonfría había un encanto que consistía nunha serpe
que saía polo cano da fonte e, se picaba a alguén, esa persoa morría despois de que lle ocorreran unha morea de desgrazas. Sen embargo se algunha persoa tocaba a serpe e esta non lle picaba, a serpe convertíase en ouro,e esa persoa sería agraciada para toda a súa vida.
A CIDADE ASOLAGADA NAS BALSAS A vila de Ares está agora nun lugar de nova fundación,pero
a vila antiga estaba situada noutro sitio que foi asolagado e os seus habitantes volveron a construír un novo pobo.
A maior parte das versións insisten en que o antigo pobo estaba no lugar da Xunqueira. Outros apuntan a que a orixe esta en Besoxo,onde había
unha ermida adicada a San Andrés. Finalmente dise que estaba antes de ser asolagada, no lugar das balsas. O que teñen en común os tres lugares citados é que están situados cara ó norte da Vila, son zonas de gran humidade
e soen ter auga empantanada. O mesmo microtopónimo `Xunqueira’ presupón que é un lugar onde medran as plantas que precisan solos encharcados.