ALBARES REVISTA ESCOLAR XUÑO 2018 Nº 7
Edita: Equipo de Dinamización Lingüística do CPI As Mirandas
EDITORIAL
Neste número atoparás Editorial
Un ano máis chega xuño e, aínda que todos estamos a tope de tarefas para rematar o curso, facemos un esforciño para que a revista do noso cole siga a visitarnos e chegue de novo ás mans de todos. O día a día do curso encheo unha boa parte das nosas vidas, temos a posibilidade de volver a vista atrás e reflexionar, opinar, ata soñar…, e contarvos desde a revista Albares as nosas experiencias máis salientables, a través das que compartimos, ilusionámonos, emocionámonos e, sobre todo, medramos. Detrás do relato destas páxinas voan as experiencias que racharon a monotonía da vida do cole, e que, sen dúbida, son as que gardamos con máis agarimo no noso armario persoal. Así que nela atoparedes algo de todo: relatos, viaxes, creacións persoais.... Se abres as páxinas de Albares verás que foron moitas as experiencias dignas de lembrar, como moito foi tamén o que medramos. Estimado lector, estás aí? Porén, viaxa por estas páxinas para que Albares siga voando e verás como tamén te emocionas! Comezamos!
Carta aberta da directora
Do Conde de Fenosa ao CPI As Mirandas
34 Concurso Escolar ONCE
Historia dunha amizade
Lembrando a Rosalía
Día escolar da Paz
II Feira “Dende Ares cara ao Mar”
Proxecto “Desafío Emprende” Visita ao Parlamento de Galicia A vespa asiática invasora. Obradoiros Comezamos a primavera en Santa Catalina I Concurso de fotografía “Concello de Ares” Acto na rúa no “Dïa da Muller” O audiovisual nas nosas aulas Un entroido moi mariñeiro Visita ao museo de Caldoval en Mugardos Conmemoramos os Dereitos dos Nen@s Cousiñas dos pequerrechos e infantil London 2017 Gañadores do 2º Concurso ComunicaTedu Fálame da Emigración Quen dixo que as matemáticas non eran divertidas? Matemáticas na raia 2018 Concursos no cole I Pemio “Ciencia, arte e literatura. As emocións entroncadas” A nosa benvida ao alumnado de primaria Actividades da biblioteca 2017/2018 Valores de futuro entra nas aulas Conferencia de Ernesto Sánchez Pombo
CONSELLO DE REDACCIÓN Edita: Equipo de Dinamización Lingüística do CPI As Mirandas Redacción e colaboracións: Yolanda Castro López, Blanca Cortizas, Anxo X. Rajó, Mª Luisa Corredoira,Chus Mourazos, Mª Belén Mourón, María Segura, Mencha Blanca Liaño, Rocío Pena, Daniel Cabal de Celis, Eva Chans, Victor Rodríguez Saavedra, Maru Cuíña, Valentín Marcos, Conchi Cambeiro, Lucía Paz, Fifí Seijo, Nacho Rodríguez, Carmen Regueira, Ana Arnoso, Marina Sánchez, Noelia Varela, Mohamed Boussouf, Antía Marcos, Aroa Vidal, Lara Fonte, Yasmina Martínez, Susana Tabeayo, Carmen Martínez Dragó, Verónica Rodríguez, e o alumnado de 1º e 2º de ESO e 5º e 6º de EP. Maquetación: Yolanda Castro López Deseño Portada: Victor Rodríguez Saavedra
Cantareir@s polo mar A nosa carreira solidaria Entrevistas aos profes do cole Textos instructivos dos de 2º da ESO Traballos de E.P.V.A Quelques femmes célèbres... Marea de mulleres Nas aulas de 5º e 6º Pasatempos E aquí vai a despedida 2
Albares nº 7 xuño 2018
CARTA ABERTA DA DIRECTORA Neste 2018, en que recordamos a Mª Victoria Moreno coa celebración das Letras Galegas, este centro educativo séntese identificado con ela, xa que escribiu o seu primeiro libro en galego, Mar adiante, coma un impulso, sen planificación, porque o soñou... Nel narra como unha mestra traslada a súa escola a un barco (Arroás), unha escola diferente, en contacto coa natureza, a favor dunha relación de respecto e agarimo co alumnado, escola en que se aprende ollando a súa contorna e gozando dela. Coa mesma filosofía, metodoloxía e entusiasmo, pretendemos neste centro dar continuidade aos proxectos xa instaurados (Meteoescolas, Dende Ares cara ao mar, PFPP, Erasmus+, contratos-programa....), e calquera outro que poida xurdir durante o curso escolar. Apostamos por manter como liña prioritaria o cambio de metodoloxía do desenvolvemento profesional docente a través da observación, investigación, planificación, formación no marco de competencias profesionais docentes que mellore o noso traballo e transmita un entusiasmo cara á aprendizaxe ao noso alumnado. Celebramos a segunda Feira, que amosou os diferentes traballos, actividades e materiais elaborados polo noso alumnado, grazas ao gran traballo realizado polo conxunto do profesorado, apoiado polas familias e moitas persoas anónimas que achegaron toda a información para Dende Ares cara ao mar, do que cómpre destacar: ● O documental Marea de mulleres levado a cabo polo alumnado de 4° de ESO. ● O mapa-guía interpretativo dos recursos etnográficos, históricos e naturais de Ares, elaborado polo alumnado de 4° de ESO na materia de Economía. ● O xogo da Oca, co traballo do alumnado de 2° de ESO sobre a emigración, realizado a través do obradoiro “Fálame da emigración: Diálogo interxeneracional cos nosos maiores”. ● Os traballos do alumnado de Infantil: habitantes do mar, ciclo da auga, e diferentes xogos coordinados por todo o profesorado. ● O alumnado de 1° e 2° de Primaria polo seu proxecto Amares, co que aprenderon a importancia da conservación do medio ambiente, os recursos mariños, con obradoiros de pintura e cunchas, a flotación, a Torre de Hércules e a Rosa dos Ventos... ● O alumnado de 3° e 4° de Primaria, co seu proxecto Amar a Mares, que inclúe contos sobre lendas de sereas, papiroflexia (barcos), o seu cantar... ● O alumnado de 5° e 6° de Primaria, que elaboraron receitas típicas mariñeiras, un obradoiro de reciclaxe, a exposición de libros sobre o mar e un contacontos dramatizado. ● A Globalmuiñeira de todo o alumnado e persoal do centro coordinado pola mestra de música Lara Valcuende. Pero no presente curso escolar tamén houbo premios, nominacións…, dos que queremos salientar: ● 1º Premio no Concurso ComunicaTedu que fomenta a interdisciplinariedade nas aprendizaxes do noso alumnado, e baixo o tema Quen nos di como alimentarnos?, Uxía Mesías, Sergio Pena e Sofía Cao, alumnos de 3º ESO expuxeron, argumentaron e defenderon ante un público de 200 persoas na Cidade da Cultura o que favoreceu a mellora da súa competencia linguística oral, pero tamén escrita. ● Finalistas no Festival Audiovisual Olloboi en dúas categorías: ○ Ao mellor guión pola curtametraxe creada, gravada e editada polo alumnado de 2º ESO-A baixo o título "Katherin Johnson, a muller que levou ao home á lúa". ○ Na categoría PEQUES co traballo "O Pergamiño Vindel volve ao lar", realizado polo alumnado de 4º de Primaria. Finalmente, dende a Dirección queremos agradecer a dedicación, esforzo e gran traballo realizado durante este curso escolar tanto polo alumnado como polo profesorado, así como a implicación das familias, o persoal non docente que, coordinado e, co seu traballo colaborativo e cooperativo, transmiten dinamismo, emoción e unha forma de aprender lúdica mellorando á súa vez a convivencia no centro.
Blanca Cortizas (Directora do CPI As Mirandas) 3
Albares nº 7 xuño 2018
DO CONDE DE FENOSA AO CPI AS MIRANDAS Fun alumno de EXB no Conde de Fenosa e agora son mestre do CPI As Mirandas, que cousas!
Que é e para que serve? Agora cóntovolo: son un axente esencial para a atención á diversidade do alumnado en todas as etapas educativas que se imparten no centro, realizo funcións tanto didácticas coma organizativas, a escala de centro, na aula e individualmente, que garante unha resposta adecuada ás necesidades do todo o alumnado, atendendo as necesidades específicas de apoio educativo e diferentes problemáticas que poida presentar o alumnado, dentro e fóra da aula, para que acaden o máximo desenvolvemento das súas capacidades e competencias.
A primeira impresión que tiven cando entrei en setembro foi a cantidade de recordos e lembranzas da miña época de nenez, visitei a que fora a miña aula, os corredores, o comedor, a casa do conserxe (que para min será a casa de Gelucho e non o chalé). É, precisamente nunha das habitacións, onde eu teño a miña clase. Como compañeira teño a unha profesora que viñera facer prácticas cando eu estivera en 6º de EXB… Xa vedes!!!
As miñas funcións están recollidas na Orde do 24 de xullo do 1998. Un pracer ser mestre deste centro no curso 2016/2017 e tamén neste 2017/2018 Beeeeeeen! No próximo curso xa non estarei porque xa me deron destino definitivo, cerquiña…, en Ferrol.
Exteriormente segue todo igual, pero no interior está todo diferente… Non hai Don nin Dona, agora somos nomeados polos nosos nomes. Unha forma de entender a educación diferente, dun modo máis innovador, cunha metodoloxía baseada en proxectos onde os alumnos/as son artífices da súa aprendizaxe e o mestre/a un guía. Como dixen antes son mestre, concretamente o mestre de pedagoxía terapéutica.
Un saúdo de Valentín
4
Albares nº 7 xuño 2018
REINVENTEMOS XUNT@S UNHA ESCOLA PARA TOD@S. 34 CONCURSO ESCOLAR ONCE Baixo o lema “Reinventemos xunt@s unha escola para tod@s” os alumnos e alumnas do CPI As Mirandas de Ares e do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, uniron esforzos para elaborar e realizar unha serie de vídeos para o Concurso Escolar Once. Con esta proposta a Fundación ONCE pretende sensibilizar aos alumnos/as, pais e nais, profesores e profesoras, e a todo o resto da sociedade sobre a importancia de crear unha escola na que todo o mundo teña un oco e un lugar, dunha forma dinámica e en equipo, unindo as nosas forzas e ideas para construila xuntos. Parabéns aos rapaces e rapazas dos dous centros polos guións que realizaron.
5
Albares nº 7 xuño 2018
Somos os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Educación Primaria do CPI As Mirandas de Ares. Somos moi curiosos e sempre estamos abertos a novas experiencias e ideas. Hai un tempo a nosa mestra de Plástica comentounos que estaba a preparar un proxecto a escala europea con mestres/as doutros países e que unha delas, Joanna, a profesora de Polonia, e ela, pensaron que xa que estabamos a poucos días da Semana Santa, podería facerse algo en conxunto. Así que idearon… que mellor que facer un intercambio de postais!! e, a partir de aí comezar unha boa amizade entre uns e outros, os nenos e nenas de Polonia cos nenos e nenas de Ares. Joanna é profesora de inglés en dúas escolas de Polonia, situadas na provincia de Rzeszów, ao sueste do país, e nós, como non, xa sabedes onde estamos, ao noroeste do territorio español, na Comunidade Autónoma de Galicia, provincia da Coruña, en Ares, un dos lugares máis bonitiños da Terra. As nosas mestras presentáronnos a súa idea e gustounos moito, e como non, puxémonos mans á obra.
Nas postais tivemos que describirnos e falar un pouco das nosas afeccións... E alá marcharon as nosas postais, rumbo a Polonia!!
Cada día preguntabamos á nosa mestra cando chegarían as postais dos nosos novos amigos e un día,... por fin chegaron!!
Foi estupendo!! Chegaron postais preciosas con fotos e enderezos para poder continuar comunicándonos. Agora as nosas mestras déixannos libres e xa podemos escribirnos uns con outros. Temos que facelo en inglés, xa que nós polaco non sabemos, e eles español... pois tampouco, aínda que o tradutor de Google podería facer trampa, pero non, non… facémolo en inglés. A verdade é que resulta moi divertido ter novos amigos!!! Encantaríanos visitalos na súa escola e así coñecer Polonia, que seguro que merece a pena. E,...quen sabe!! No futuro pode que cheguemos a encontrarnos de verdade!! Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria do CPI As Mirandas, de Ares.
6
Albares nº 7 xuño 2018
Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela. Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos.
O 24 de febreiro lembramos a figura da nosa poeta máis universal, Rosalía de Castro. Por iso, para expandir o poder da súa palabra, o alumnado de 3º de ESO, vencellando lectura e competencia dixital, realizou un pequeno vídeo coa lectura dun texto de Ledicia Costas no que reivindica a Rosalía como a muller que, adiantada ao seu tempo, mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal, esa muller que fala tamén para a mocidade do século XXI transmitíndonos a través da súa obra a rebeldía dos seus versos desde o presente. Unha homenaxe que pretende mostrar á muller, á escritora, á irredutible, á voz que fascina coa súa luz por onde pasa e que moitas veces está aínda por descubrir.
No Día escolar da Paz e a Non Violencia recordamos no noso centro educativo que a paz non é soamente a ausencia de guerra. A paz resulta da xustiza e da participación activa de todos os cidadáns e cidadás. Nesta xornada lembramos que a paz se basea no principio de que todos –sen distinción de raza, ideoloxía, nacionalidade, lingua ou relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en consecuencia estamos e sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir a non-violencia e a traballar pola paz. E para expresar ese desexo, os nenos e nenas de diferentes cursos, en representación de todos, amosaron o seu compromiso pola paz coa lectura de diversos poemas. Para finalizar o acto, Uxía, de 3º de ESO, en representación de toda a comunidade educativa, leu o manifesto pola paz do noso cole. Rematamos cantando xuntos “Color Esperanza”, que foi interpretada tamén en lingua de signos polas nenas e nenos do cole. 7
Albares nº 7 xuño 2018
Non podemos estar máis que satisfeitos da xornada en que se reflectiu o traballo colaborativo realizado no noso centro durante este curso e que deu como resultado a II Feira “Dende Ares cara ao mar”. Dende a redacción de Albares queremos transmitir os nosos parabéns a toda a comunidade educativa: profes de infantil, primaria e secundaria; alumnado do centro, dende os máis pequerrechos ata os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha gran labor en cada un dos stands representados; e aos alumn@s da materia de Economía pola edición dese estupendo mapa guía de Ares e polos roteiros que nos permitiron coñecer a nosa vila dende un punto de vista moi distinto ao habitual. De feito, durante os percorridos puidemos descubrir a importancia do humidal da xunqueira; que a Alianza Aresana foi a primeira institución educativa pagada por emigrantes que se instalou na Galiza; que antigamente todo o paseo marítimo de Ares estaba inzado de fábricas de salgadura; ou que a ponte da Ciscada é de orixe medieval e que uniu, en tempos, Ares co resto da comarca. Sen dúbida unha forma lúdica e divertida de coñecer a nosa historia, o noso pasado e os valores que nos fan singulares e diferentes á vez.
8
Albares nº 7 xuño 2018
E non debemos esquecer os múltiples obradoiros e mostras que nos ofreceu o alumnado de Primaria, que nos permitiu coñecer ao detalle todos os aspectos que, relacionados co mar, foron traballando ao longo deste curso. Ou mesmo o xigantesco Xogo da Oca, ideado pola profe Rocío e confeccionado con ducias de paneis e cartolinas relacionados coa temática da emigración. E que dicir do photocall deseñado polos profes Víctor e Vanessa, e polo que pasou medio Ares...
9
Albares nº 7 xuño 2018
Tamén queremos agradecerlle o esforzo do grupo de músicos que nos acompañou durante toda a xornada; a Tino Fernández e os seus alumnos do CIFP Ferrolterra por eses obradoiros de robótica- unha delicia para os nenos e nenas, e que ben o pasaron-, ás asociacións deportivas de Ares (club de remo, Asociación cultural e deportiva SCUBA, Windsuf zona norte); á Concellería de Turismo, a Manolo Caínzos por ensinarnos a facer nós mariñeiros e coser rede; a Suso Fariña polas fermosas fotografías da exposición; aos nosos amigos de Ares por deixarnos a Rizona, ese barquiño tan chulo que centralizou a nosa peculiar muiñeira global; a Dani Magariños por esa mostra de aparellos mariñeiros; aos que organizaron o stand de “Unha cura para Adri” e a todos os comercios locais que colaboraron desinteresadamente achegando o seu gran de area para o sorteo dos premios.
10
Albares nº 7 xuño 2018
Nesta xornada tan especial tamén contamos coas autoridades que nos acompañaron, tanto na inauguración da feira, como ao longo da xornada: o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, en representación do Conselleiro de Educación; o inspector de Educación, Manuel Trigás; o representante do CFR de Ferrol, José Antonio Sordo; o noso alcalde, Julio Iglesias; e o resto de concelleiros da nosa vila. Grazas tamén, pola súa presenza, aos representantes da ANPA e da Asociación Amigos do Mosteiro de Santa Catalina. Neste número de Albares adiantámosvos algunhas das fotos da xornada, pero contade con que en breve poderedes ver na páxina web do centro o vídeo que resume a II Feira “Dende Ares cara ao mar”.
11
Albares nº 7 xuño 2018
Alumnado de 4º de ESO do CPI As Mirandas, de Ares, participou na quinta edición do Premio Desafío Emprende promovido pola Fundación La Caixa co obxectivo de fomentar a actitude emprendedora da mocidade a través de propostas que potencien o desenvolvemento da súa creatividade, iniciativa, motivación e capacidade para traballar en equipo. Baixo a coordinación do profesor do centro Anxo X. Rajó e a través da creación de catro consultoras, estiveron a traballar nun proxecto para a posta en valor dos principais elementos etnográficos, naturais e históricos do concello de Ares. A súa proposta pretende cubrir un servizo de información básica dirixido, en primeiro lugar, aos habitantes de Ares -ao redor de 5.300- e, en segundo lugar, aos milleiros de visitantes que recibe anualmente a vila en períodos vacacionais, principalmente durante a Semana Santa e o verán. “Ares posúe unha extraordinaria riqueza en canto aos valores relacionados coa súa historia, o seu patrimonio, natureza e cultura. Esta proposta está orientada a todo tipo de usuarios, de calquera idade, e principalmente ás familias”, explica o coordinador, engadindo que “para o potencial usuario ten un valor informativo incalculable e o conecta con esa esencia de Ares, unha vila de pasado mariñeiro e moi relacionado coa industria da salgadura que trouxeron e impulsaron en Galicia moitas familias catalás. Así mesmo, aos seus habitantes máis novos axudaralles a coñecer mellor as súas orixes e a súa historia”. O proxecto baséase na creación dun equipo de traballo que segue o modelo dunha pequena empresa consultora, conformada por cinco membros, na que cada un ten o seu propio rol, “aínda que todos participan en certa medida do traballo dos demais: xerencia, deseño e creatividade, redacción, ideas e emprendemento, publicidade e difusión”, explica o coordinador do traballo.
Redacción dun mapa guía Ademais do proceso de investigación dos principais puntos de interese, o alumnado redactou un mapa guía editado en papel e en soporte electrónico e que servirá para dar a coñecer a proposta do centro, ademais de ser unha ferramenta de traballo. Inicialmente, os usuarios serán os propios alumnos de 5º e 6º de Primaria, así como as autoridades locais -alcalde e concelleiros- e autonómicas -responsables de Educación, xornalistas e pais e nais do alumnado implicado. Toda a información, o mapa guía en PDF e os percorridos aparecen na Aula Virtual do CPI. Neste senso, a proposta garantirá, a través da Aula Virtual do CPI As Mirandas o acceso a esta información seleccionada e a posibilidade de descargar as rutas propostas para realizar sendeiros autoguiados. Así, prevese no futuro proxecto de 2019 gravar unha audioguía e dotalo da sinaléctica axeitada. « Esta proposta enmárcase no modelo de ensino por proxectos, que permite avaliar tarefas prácticas e motivar ao alumnado, que ve como todo o que estuda e aprende o pode poñer en práctica de forma organizada e coherente, acadando un alto beneficio para a sociedade », explica Blanca Cortizas, directora do centro. A proposta didáctica e educativa do CPI As Mirandas poderá servir como exemplo para o emprendemento e a aparición de novas empresas no sector turístico e para dinamizar a economía turística, «moi presente en Ares». Para iso, os participantes botarán man da frase característica en Galicia « E ti, de quen vés sendo?», empregada a cotío para saber a orixe da xente.
12
Albares nº 7 xuño 2018
O que máis me chamou a atención da excursión foi o debate entre os distintos partidos políticos, que tivo lugar na cámara do Parlamento. No Gaiás descubrimos que a estrutura en forma de montaña dos edificios débese á intención do arquitecto de integralos na natureza do contorno. E no Parlamento aprendemos como se desenvolven os debates entre os voceiros dos diferentes partidos. A xornada fíxose moi entretida e amena, xa que aprendemos moitas cousas interesantes e tamén tivemos un tempo libre, no que puidemos coñecer e gozar da cidade de Santiago. O momento máis divertido foi no Parlamento, cando fixemos unha pequena e breve representación dun hipotético debate entre nós. Na miña opinión, poderíase prolongar o tempo de chegada, para aproveitar máis a visita de pola tarde ao Parlamento. Carmen (4º ESO)
13
O pasado mércores, día 22 de novembro, os alumnos e alumnas de 4 de ESO tivemos a sorte de viaxar ata Santiago para visitar o Gaiás (Cidade da Cultura) e o Parlamento Galego. Na Cidade da Cultura descubrimos a riqueza cultural galega que, por desgraza, segue a ser moi descoñecida e desaproveitada. Alí vimos o museo do Gaiás, con exposicións temporais; a arquitectura e os diversos compoñentes do complexo; a Biblioteca e o Arquivo Galego, con máis de 2.000.000 libros, e o Centro de Emprendemento. Neste último, se cadra o que máis gozamos, chamounos a atención o gran traballo que fan dende a Cidade da Cultura para impulsar as innovacións e as pequenas empresas. Sen dúbida, todo un complexo de inigualable valor cultural e arquitectónico!. No parlamento galego tivemos a sorte de asistir a unha sesión de pleno, na que se discutía a situación actual dos montes de Galiza. Esta foi unha experiencia nova para tod@s. Ademais, realizamos unha visita guiada por todas as estancias do edificio. Sen dúbida, as que máis nos gustaron foron as salas de reunión dos distintos partidos políticos. Tamén realizamos prácticas de debate, e mesmo descubrimos que podemos participar directamente no goberno! Foi unha xornada xenial que repetiríamos sen dúbida. Verónica (4º ESO)
Albares nº 7 xuño 2018
Hoxe imos aprender un pouco máis sobre a vespa asiática. A vespa asiática é unha especie que pertence aos invertebrados artrópodos. O seu nome científico e Vespa velutina. É moi agresiva e mata as abellas das nosas colmeas. Sen as nosas abellas as plantas non se polinizan e non temos cereais cos que facer pan, millo ou arroz. Por iso temos que loitar contra esta especie invasora. Como a podemos diferenciar?
Debuxamos a vespa asiática para aprender a distinguila da vespa autóctona.
E aprendemos a cazalas con trampas para podelas eliminar. Se atopamos un niño chamamos ao 112 para que o veñan quitar. As raíñas son do peor e temos que evitar que constrúan outro niño.
14
Albares nº 7 xuño 2018
O persoal da brigada municipal do noso concello, encargada do control e eliminación dos niños das vespas velutinas, deu un obradoiro no noso cole para o alumnado de 1º ESO e 5º e 6º de Primaria. Neste obradoiro tentaron concienciar ao alumnado sobre as consecuencias da invasión da velutina e como axudar a evitar a propagación da especie. Puidemos ver algunhas velutinas (mortas, por suposto!), e os seus niños, así como descubrir o impacto que ten a súa actuación sobre a poboación: os seus enormes niños conteñen gran cantidade de vespas que representan un enorme risco para calquera que interactúe con elas. Ademais do grave impacto que provocan no medio ambiente, sobre todo nas abellas, presas favoritas delas, xa que ao matalas impiden o labor de polinización que estas practican, imprescindible na natureza. Logo da charla, os alumnos/as elaboraron cada súa trampa e recibiron orientacións para súa localización e o seu seguimento. Algunhas das trampas que fixemos foron colocadas na contorna do mosteiro de Santa Catalina de Montefaro e nas árbores que hai na praza da Igrexa. Grazas a Agustín e Carlos por todo o que nos ensinaron!
15
Albares nº 7 xuño 2018
O mércores día 21 de marzo, comezo da primavera, conmemoramos o Día da Árbore. E que mellor xeito de recibila que repoboando con buxo os xardíns do mosteiro de Santa Catalina de Montefaro. Así, os nenos e nenas de 1º de Primaria coas súas profes Meli e Pamen, achegáronse ata Montefaro onde os estaban a esperar Celsa e os seus compañeiros da AAMSC para continuar o labor emprendido hai xa tres anos en que nos comprometemos a coidar e manter os xardíns de Santa Catalina. Este ano propoñémonos facer un estudo do seu crecemento ao longo do curso escolar e para iso faremos unha sinxela experiencia: nun lugar plantaranse esgallos, noutro esgallos en terra fertilizada e noutro lugar plantas con raíces. Esperamos que a próxima vez que nos acerquemos ao mosteiro vexamos como medraron as nosas plantiñas de buxo. A AAMSC quere agradecer ao CPI As Mirandas de Ares, a súa contribución coa realización desta actividade, á difusión do coñecemento e mantemento do BIC (Ben de Interese Cultural) do mosteiro de Santa Catalina, principal obxectivo da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina.
16
Albares nº 7 xuño 2018
Este ano participamos no I Concurso de fotografía xuvenil que a
Concella-
ría de Cultura organizou e do que saíron as seis fotografías que se incorporaron
ao
calendario
municipal de 2018 que se distribúe entre toda a veciñanza e comarca. O obxectivo deste concurso tiña como fin convidar á xuventude a utilizar a nosa contorna como contexto onde recoñecer a súa herdanza a través das imaxes, espertando a capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequenas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento como memoria colectiva da nosa vila. En concreto, invitouse a fotografar espazos, lugares, obxectos, actos e situacións da nosa contorna que considerasen parte da súa identidade. As fotografías dos rapaces e rapazas gañadores son as que ilustran o calendario do Concello deste ano 2018, e que foi presentado nun acto que serviu tamén para agasallar aos participantes. Desde o CPI As Mirandas queremos dar a noraboa aos rapaces e rapazas que presentaron as súas instantáneas ao concurso, fotografías que podemos ver todos no calendario deste ano.
O CPI As Mirandas, xunto co Concello de Ares e a través do Centro de Información á Muller (CIM) e a Concellaría de Muller, organizamos
diversas activi-
dades co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. A primeira delas tivo lugar a través dunha mobilibización polas rúas da vila como concienciación e visibilización das enormes diferenzas que existen aínda nos dereitos de mulleres e homes. Na marcha participaron os estudantes do CPI As Mirandas xunto cos seus profesores e directora, así como as asociacións de mulleres do municipio e os representantes das distintas concellarías, nas que se encontraban representantes do CIM, da Concellaría da Muller e de Cultura, e mais o alcalde. A marcha rematou na praza da Constitución coa lectura dun manifesto que redactaron os alumn@s do CPI As Mirandas e finalizamos coa canción de SES, “Tempestades de sal”.
17
Albares nº 7 xuño 2018
Como ben sabedes, desde xa hai tempo, practicamente todos os proxectos que realizamos nos diferentes niveis tiveron como produto final un vídeo educativo. As potencialidades que iso nos ofrece repercuten na creación de novas contornas, tipos e facilidades para a aprendizaxe; aspectos que van desde a modificación da interacción comunicativa unidireccional entre profesor-alumno, ata a reforma física-espacial-temporal dos escenarios de aprendizaxe, sen esquecer as posibilidades que poden ofrecer para a autoaprendizaxe e aprendizaxe cooperativa entre os alumnos/as de diferentes contextos físicos e culturais. A práctica de facer vídeos educativos percibímola xa non como meros transmisores de información, senón que recoñecemos as posibilidades que teñen como elementos de expresión e aprendizaxe. Así, no noso cole, intentamos utilizar este recurso de forma interdisciplinar en todas as materias. Este curso achegámonos ao coñecemento da cultura trobadoresca a través do certame Vindevideos coa produción de 4º de Primaria “O pergamiño Vindel volve ao lar”, co que quedamos finalistas na categoría Peques do Festival Audiovisual Olloboi.
Aprendemos lingua de signos coas magníficas producións realizadas pola nosa intérprete Luisa Lombardero coas quedamos gañadores o curso pasado no I Concurso "Cantamos con las manos" convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG).
Percorremos a literatura galega a ritmo de RAP cos vídeos realizados polo alumnado de 5º e 6º de Primaria para o IV Concurso “Galicia, auga, literatura e rap” do programa Prensa-Escola.
18
Albares nº 7 xuño 2018
Coñecemos a vida de mulleres relevantes na historia coa realización dos mini documentais titulados “Mulleres que fixeron historia”, a partir dos cales os alumn@s investigaron a vida e obra de mulleres que despuntaron en múltiples disciplinas e que en moitos casos o seu traballo nunca tivo o recoñecemento que se merecía. Chegamos cunha destas producións, realizada integramente polo alumnado de 2º ESO-A, a quedar finalistas na categoría de mellor guión nos premios Olloboi 2018.
Tamén grazas ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte que convocou o I Concurso de Proxectos Audiovisuais Vidas mariñeiras, o alumnado de 4º da ESO coñeceu e aprendeu sobre a historia do cinema, ao tempo que desenvolveu todos os procesos necesarios para organizar, rodar e editar os seus filmes, desde a escaleta de produción até os axustes finais de posprodución e masterización, aprendizaxe que deu como resultado o documental Marea de Mulleres. Nel, os rapaces e rapazas quixeron facer un retrato da vida das mulleres que se dedicaban ao mar: peixeiras, mariscadoras ou traballadoras das fábricas de salgadura da vila mariñeira de Ares. Unha necesaria homenaxe ao papel da muller traballadora no século XX enmarcada nunha vila que vivía, case enteiramente, da pesca e do mar. Destacado foi tamén o acto de presentación do documental o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, na Alianza Aresana. Coa presenza das protagonistas da curta, o alumnado de 4º rendeu unha emotiva homenaxe a todas as mulleres que co seu traballo loitaron polos nosos dereitos e liberdades.
Estrea do documental nos cines Dúplex de Ferrol
19
Albares nº 7 xuño 2018
UN ENTROIDO MOI MARIÑEIRO
O Entroido invade a nosa escola como unha onda de cor, alegría, humor, gargalladas, música e baile. A diversión está garantida, e moito máis nesta ocasión na que a creatividade e o enxeño inundou a temática deste ano, o proxecto de centro “Dende Ares cara ao mar”, que foi o fío condutor en todas as súas vertentes e posibilidades. Así na variedade de disfraces que percorreron as rúas da vila non faltaron peixes de todas clases e cores, polbiños, medusas, baleas, ricos percebes, mariñeiros e peixeiras,as temidas cicloxénesesque fan co mar semelle un monstro mariño-, náufragos e piratas, Neptuno e ata a mesmísima “Serea das Mirandas” acompañada do seu séquito de sereíñas. E... aínda que o tempo non era o mellor para saír polas rúas, sorteamos as súas inclemencias e puidemos rematar o percorrido pola vila. Logo os nenos e nenas de infantil e primaria degustaron, ao son da música, as ricas lambetadas de Entroido. Pola súa banda, os de secundaria, remataron cunha lúdica sesión de karaoke onde amosaron as súas dotes interpretativas. Grazas a tod@s polo voso esforzo á hora de preparar esta xornada de Entroido que é máis que unha simple xornada, son días de preparativos fora incluso das horas lectivas para confeccionar os disfraces e todo o que rodea o Entroido.
20
VISITA AO MUSEO DE CALDOVAL EN MUGARDOS
Albares nº 7 xuño 2018
O pasado día 27 de abril, os rapaces de terceiro de EP do CPI As Mirandas de Ares visitamos o Centro de Interpretación de Caldoval en Mugardos. Alí puidemos ver en primeira persoa como eran realmente unhas termas romanas auténticas. As encargadas do museo, Rocío e Patricia, explicáronnos moi ben as diferentes salas nas que os romanos se relaxaban tras as súas viaxes ou tras os días de duro traballo. Os lugares eran catro principalmente:
A palestra: un patio ao aire libre onde facían exercicio e xogos ximnásticos para suar antes de entrar ás termas.
O tepidarium: piscina de auga morna, onde poñían unhas chanclas de madeira.
O caldarium: piscina de auga quente.
O frigidarium: piscina de auga fría, onde remataban a súa visita ás instalacións das augas relaxantes.
Tamén vimos o hipocausto, que é o lugar onde os escravos e serventes facían grandes fogueiras para quentar o aire e a auga. Vimos unha representación en 3D das termas nas que unha “pantasma” chamada Cornelio nos foi amosando nunha maqueta como se desenvolvía o día a día dun usuario destas augas termais. Alén diso, levamos a cabo un obradoiro de opus tesselatum, facendo mosaicos decorativos ao estilo romano e grego. Foi unha visita moi divertida na que aprendimos moitísimo e pasámolo moi ben.
CONMEMORAMOS O DÍA DOS DEREITOS DOS NEN@S. Para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, os alumnos e alumnas de 1º e 3º de ESO realizaron unha actividade de contacontos para o alumnado de Primaria. A través do conto “Antón, o neno que non quería ir á escola”, ilustrado pola nosa ex-alumna Ana Martínez Fernández, descubrimos á importancia da educación; o que supón non saber ler nin escribir, e a sorte que temos de poder ter uns mestres e mestras que nos ensinan tantas cousas. Ao final da actividade os rapaces e rapazas de ESO agasallaron a cada unha das aulas cunha pequena semente que simboliza a Educación, e explicáronlles aos nenos/as que esta semente, despois de coidala e fertilizala, dará o seu froito, como o fará a educación que recibamos cada un de nós.
21
Albares nº 7 xuño 2018
OS PROXECTOS DOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS Neste curso estivemos a investigar sobre a PREHISTORIA. Aprendemos como vivían nesa época, de que se alimentaban, como vestían, que ferramentas empregaban, e coñecimos algunhas das súas producións artísticas. Ademais, construímos a nosa propia cova prehistórica, modelamos con barro, fixemos colares… Outro dos nosos proxectos tratou sobre A AUGA. Descubrimos os lugares do noso planeta nos que podemos atopar auga, como podemos almacenala e a importancia do seu aforro. Coñecemos ademais os cambios de estado e o ciclo da auga. Fixemos experimentos e receitas con auga. E, por suposto, participamos no proxecto de centro DENDE ARES CARA AO MAR. Traballamos sobre os “habitantes do mar”, coñecendo curiosidades sobre algunhas especies. Tamén confeccionamos un gran mural para a aula.
AS NOSAS SAÍDAS EXTRAESCOLARES No mes de outubro fomos ao Pazo da cultura de Narón a gozar do espectáculo “Contacreques”. No mes de febreiro visitamos en Ferrol a Fundación Abanca para ver o espectáculo de Magín Blanco “A nena e o grilo nun barquiño”. No mes de abril visitamos A Coruña en dúas ocasións: para visitar o Acuarium, e o Pazo da Ópera coa obra “Pequeno circo ambulante”
22
Albares nº 7 xuño 2018
COUSIÑAS DOS NEN@S DE 3 ANOS Os nenos de 3 anos son bos lanzadores, así que fixemos esta Super Diana, que foi un dos xogos estrela na feira “Dende Ares cara ao mar”. Pasámolo moi ben entrenando e acumulando puntos.
Tamén recreamos, nun pequeno Aquarium, un anaco do noso mar: medusas, polbos, cangrexos… Quedou superchulo na feira do cole!!!
E fixemos tamén crebacabezas de peixes mariños.
E na biblioteca carabela os nenos e nenas de 6º de Primaria convertéronse nos nosos padriños e madriñas, dentro da actividade de apadriñamentos lectores, e léronnos contos. Foi xenial! Quedamos con gañas de repetir a experiencia!!!
E se queredes saber máis do que fixemos neste curso non deixedes de visitar o noso blog “Pequerrechos de Ares”.
Aquí tedes o código QR
23
Albares nº 7 xuño 2018
24
Albares nº 7 xuño 2018
25
Albares nº 7 xuño 2018
Gañamos na 2ª edición do concurso ComunicaTedu!!! Este ano o noso centro participou por primeira vez no concurso ComunicaTedu ao ser seleccionado o noso proxecto. O grupo de 3º ESO gañou o primeiro premio! Este concurso pretende afondar na competencia en comunicación lingüística, en concreto, na competencia oral activa a través do discurso oral. A iniciativa propón chegar á competencia desde metodoloxías innovadoras e desde unha perspectiva ética e crítica a través de temáticas que poidan espertar o interese do alumnado. Ademais pretende que se consiga esta competencia desde unha abordaxe que integre as metodoloxías activas e o traballo por proxectos, para conseguir a competencia en contextos comunicativos reais. O tema desta edición foi "A alimentación como hábito de vida saudable". O que fixeron todos os rapaces de 3º e os de 4º de Bioloxía e Xeoloxía foi elaborar un ensaio expositivo argumentativo, memorizalo e posteriormente gravalo en toma única. A nosa compañeira Yoli prestou os seus medios e presenza para a gravación. Todos os rapaces foron avaliados de dous xeitos: os textos avaliáronse coa rúbrica conxunta dos departamentos de Lingua Galega e de Bioloxía-Xeoloxía, presentada ao concurso, mentres que a exposición oral avaliouse coa rúbrica cedida pola Consellería. O proxecto desenvolveuse en catro semanas durante 19 sesións nas materias de Lingua Galega, Bioloxía e Xeoloxía, e coa cesión de catro sesións de Titoría nos niveis de 3º e 4º da ESO, coa participación de todo o alumnado matriculado nestes dous niveis. Os profesores participantes foron: Mª Jesús Mourazos, coordinadora, profesora de Bioloxía-Xeoloxía e Mª Luísa Corredoira, profesora de Lingua Galega de 3º ESO. Tamén tivo unha pequena parte de colaboración Anxo X. Rajó, profesor de Lingua Galega de 4º da ESO. As titoras Mª do Rocío Pena, Mª Jesús Mourazos, Vicenta de la Fuente e Eva Chans, e o resto dos compañeiros participaron á hora de ceder as súas horas lectivas. Preséntáronse tres grupos: un de 3º de ESO, coa participación de dúas rapazas e un rapaz, e dous de 4º de ESO, coa participación en cada grupo de dúas rapazas e un rapaz. A continuación móstranse os rapaces participantes, os títulos dos seus traballos e o código QR dos mesmos. Grupo 1 - Uxía Mesías, Sergio Pena e Sofía Cao (3º E.S.O.) TÍTULO - A alimentación saudable: é posible? Grupo 2 - Icía Bermúdez, Verónica Rodríguez e Álvaro Freire (4º E.S.O.) TÍTULO - O acceso á alimentación non é aínda universal Grupo 3 - Yasmina Martínez, Vera Candal e Borja Díaz (4º E.S.O.) TÍTULO - A alimentación é un negocio
26
Equipo gañador
Albares nº 7 xuño 2018
Fálame da emigración Díalogo interxeracional cos noso maiores Durante este curso, nos dous grupos de 2º da ESO tratamos o tema da emigración. Comezamos cunha pregunta: cantos de vós tedes emigrantes na familia? A esta pregunta contestaron afirmativamente, en cada unha das dúas aulas, cinco ou seis nenos e nenas. Encargueilles que preguntaran na casa se había emigrantes entre os seus achegados e, nas seguintes clases, case todos os rapaces e rapazas comentaron que: Profe!!, resulta que si que temos familiares que emigraron!! A maioría atoparan entre os seus familiares bisavós que marcharan hai cen anos a Cuba, ou avós e tíos que viaxaron a Suíza ou Barcelona nos anos sesenta. Tamén algúns descubrían, entre os seus, a valentes defensores da liberdade que tiveron que exilarse despois da Guerra Civil. Como vimos facendo nos últimos anos, as nenas e nenos investigaron e fixeron un relato sobre a emigración destas persoas. As fotografías e información pasaron a formar parte dun arquivo sobre fotografía familiar que se recompila dende hai case 20 anos na Biblioteca de Pontedeume e onde se realizará, con esas fotos, unha exposición na primeira quincena de xuño.
A segunda parte da actividade fixémola en colaboración con Afundación dentro do seu programa “Fálame da emigración”. Trátase dunha actividade interxeneracional que busca a comunicación entre persoas maiores e rapaces. Neste caso, e por terceiro ano consecutivo, tres avós, que no seu día emprenderon o camiño da emigración, contáronnos como foi a súa vivencia. Este ano viñeron Carmen, Ezequiel e Carmiña. Na primeira visita os tres contaron con moito humor e tamén sentimento os avatares da súa experiencia migratoria. Gustounos escoitalos e fixémoslles preguntas moi interesantes. Na segunda visita foron os nenos e nenas os que lles contaron aos maiores as historias de emigración que investigaran na súa contorna.
27
Foi unha experiencia moi enriquecedora, tanto polos novos coñecementos acadados, como pola valoración e achegamento ás persoas de máis idade, non só aos que nos visitaron senón tamén aos avós dos alumn@s que foron, na maioría dos casos, os que narraron aos seus net@s as historias de emigrantes das súas familias. Cando pensamos en preparar algunha actividade para a feira Dende Ares cara ó mar pareceunos que o mellor sería algo relacionado coa emigración, así que fixemos un xogo parecido ao da Oca pero que tiña barcos en lugar de ocas, e nos seus recadros narraba as diferentes etapas da emigración galega. Os nenos e nenas investigaron sobre a emigración a América, o destino dos exiliados como os tripulantes do Bou Ramón ou os máis recentes emigrantes a países europeos. Todos os nen@s participaron investigando, redactando e debuxando, e fixérono moi ben.
Albares nº 7 xuño 2018
MULL3R35 M473M471C45 QU3 F1X3R0N H1570R14 (MULLERES MATEMÁTICÁS QUE FIXERON HISTORIA) Para conmemorar o Día Internacional da Muller, o departamento de Matemáticas propuxo ao seu alumnado un traballo de investigación para afondar no coñecemento dalgunhas das mellores especialistas en “ciencia exacta” da historia. Reflectiron nas súas creacións os problemas cos que se atoparon estas mulleres para poder saír da marxinación e da invisibilidade que sufriron polo simple feito de ser mulleres. As rapazas e rapaces responderon moi ben á actividade e fixeron traballos moi destacables en distintos soportes (papel, presentacións dixitais, vídeos...). Todas e todos achegaron o seu gran de area para coñecer algo máis sobre Hipatia de Alexandría, Sophie Germain, María Gaetana Agnesi, Sofía Kovalesvkaya, Emmy Noether, Julia Robinson, Mary Cartwright, María Wonenburger, Maryan Mirzakhani, Emma Castelnuovo, Sofía Yanóvskaya, Ada Lovelace, Katherine Johnson e demais “calculadoras” da Nasa... Foi Katherine e a ilusión coa que o grupo de 2ºESO-A tomou este traballo, os que nos levaron a un festival de cinema. Montaron unha película que sería a envexa de calquera cineasta de Hollywood: guión, vestiario, efectos especiais, localizacións, actrices, actores... Grazas á axuda de Yoli, Vanesa e demais profesoras e profesores que colaboraron, a película foi finalista ao mellor guión no Festival Audiovisual Olloboi 2018, e alá que nos fomos a Boiro o día 11 de maio a participar nunha xornada inesquecible á beira dos grandes do audiovisual galego. Tivemos a sorte de contar durante toda a xornada co director Alfonso Zarauza que, como bo cómplice motivou aos rapaces/as a facer nada menos que cinco vídeos coa súa correspondente edición en menos de tres horas... uns cracks!!. Non gañaron o premio pero de seguro que todo o que aprenderon lles vai ser de gran axuda para o Olloboi 2019… ¡¡¡¡atención, son, cámara e acción!!!!
28
Albares nº 7 xuño 2018
70L34ND0 C045 M473M471C45 N0 CP1 45 M1R4ND45 (TOLEANDO COAS MATEMÁTICAS NO CPI AS MIRANDAS) X1X 0L1MP14D4 M473M471C4 G4L364 D3 2º D4 350 (XIX OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA DE 2º DA ESO) Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas, AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) organiza unha nova edición da Olimpíada Matemática Galega para o alumnado de 2º da ESO. Un ano máis o noso centro tomou parte nesta actividade coa participación de dúas alumnas e dous alumnos: Yaiza Pereira Pena (2ºB), Jaime Sánchez Muíños (2ºB), Martín Fernández Hermida (2ºA) e Jéssica Criado Guinaldo (2ºA). A fase local tivo lugar o día 26 de abril no IES Canido (Ferrol) e desta fase saíron os corenta seleccionados de toda Galicia para participar na Fase Final Galega, que se celebrará o día 24 de maio na cidade de Lugo. Este ano formará parte deses corenta seleccionados o noso alumno Martín Fernández Hermida, e ata Lugo vai ir pasar unha xornada de probas matemáticas individuais e grupais, e onde AGAPEMA obsequia tamén cun xantar para os clasificados e acompañantes. Moitas grazas aos alumnos e alumnas, e ás súas familias por animarse a formar parte desta actividade, e tamén grazas ao IES Canido por tratarnos tan ben e por facerse cargo da organización da fase local. Non queremos esquecernos de felicitar e agradecer a AGAPEMA todo o labor que fai pola divulgación das matemáticas. Grazas e mil grazas!!!
MATEMÁTICAS NA RAIA 2018 Tamén o alumnado de Matemáticas Académicas de 3º de ESO participou o pasado xoves 19 de abril no concurso "Matemáticas na raia", que organizan cada ano a Asociación Galega de Profesores de Matemáticas (AGAPEMA) e a Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal (APM). Malia ser en horario de tarde, os nosos alumnos e alumnas animáronse a vir para resolver entre todos cinco problemas de matemáticas en hora e media baixo a supervisión dunha persoa allea ao centro. Esta actividade matemática fomenta o traballo en equipo, ademais de practicar a resolución de problemas bastante orixinais. Moitas grazas aos rapaces polo voso interese e esforzo! 29
Albares nº 7 xuño 2018
VII SEMANA PROBLEMÁTICA Neste curso, a VII Semana Problemática realizouse entre o 7 e o 11 de maio. Este concurso, que leva xa varios anos acompañándonos, ten moito éxito entre o noso alumnado, que non desaproveita momento algún para pensar na solución do problema do día. A Semana Problemática pretende que os alumnos se desenvolvan, de forma lúdica, na resolución de problemas de matemáticas. Para iso preséntanse cinco problemas (un por día), que pretenden ser motivadores e amenos para eles. Coma todos os anos, a participación foi elevada e eses días atopabamos a alumnos pensando no problema por calquera sitio do centro e en calquera momento. Durante esa semana, resolver problemas de matemáticas foi un divertimento para eles e unha satisfacción para nós. Grazas pola vosa participación, e ata o ano que vén!
VII EDICIÓN DE "O PREGUNTÓN" Este ano o noso concurso estrela “O Preguntón” acadou a VII edición cunha temática superchula relacionada co Proxecto Meteoescolas, isto quere dicir que as preguntas, adiviñas e enigmas que propuxemos estiveron ligadas e relacionadas coa meteoroloxía e todo o que a rodea. E falando da temática, aquí vos presentamos a nosa mascota, un polbiño moi galego a quen lle puxemos nome a través dun concurso en que os nenos e nenas, despois de propoñer unha morea de incribles solucións, votaron o que máis lles gustou que, neste caso, foi Federico Paraugas. Pois, coa mirada atenta do noso polbiño, o alumnado de Primaria e de ESO estiveron respondendo durante tres semanas a un montón de preguntas. A verdade é que a participación foi moi alta e a motivación impresionante. Xa sabedes, para o ano… máis e mellor!!! 30
Albares nº 7 xuño 2018
I PREMIO CIENCIA, ARTE E LITERATURA AS EMOCIÓNS ENTRONCADAS Con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galego, o departamento de Bioloxía-Xeoloxía, o departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística propuxeron un proxecto para achegar a ciencia ao mundo da arte a través das letras, no que o alumnado xoga un papel protagonista. O proxecto desenvolveuse en tres fases: Na primeira fase, o departamento de Bioloxía-Xeoloxía proporcionoulle ao seu alumnado 33 fotografías das presentadas aos VII premios de fotografía da ciencia 2016, Wildlife 2017, Stunning science 2017, Best microscope photo of the year 2017, sen título nin autor, xunto cun formulario para que o alumnado de cada grupo seleccionase as sete fotografías que máis lles gustasen.
Na segunda fase, os alumnos/as dos grupos achegaron un fragmento dun texto literario en prosa ou en verso, seleccionado da Biblioteca Virtual de Galicia, para poñer voz ás fotografías máis votadas da súa aula, tendo en conta o criterio: “Que emocións, sentimentos che producen estas fotografías”. Cada texto seleccionado ía cunha xustificación de porqué se seleccionou ese texto.
Por último, na derradeira fase, na semana da ciencia en galego, realizouse a exposiciónconcurso Ciencia, Arte e Literatura: as emocións entroncadas. Expuxéronse as 20 fotografías seleccionadas, co pé de foto que indica o autor/a, título orixinal, premio fotográfico, texto literario escollido e autores da selección. O xurado do concurso premiou á mellor asociación de foto-texto seguindo os criterios das bases do concurso.
O noso centro, en colaboración co concello de Ares, montou e coordinou a exposición fotográfica que estivo aberta ao público na Casa da Xuventude e na entrada do edificio administrativo do CPI As Mirandas. Na inauguración estiveron presentes, ademais de alumnos e profesores, a directora do CPI As Mirandas, Blanca Cortizas, e a concelleira de Cultura, Alma Barrón, que foron as que entregaron o premio ás gañadoras do concurso: as alumnas Icía Bermúdez e Yasmina Martínez.
31
Albares nº 7 xuño 2018
Ares, 10-05-2018 Ola, futuro compañeiro ou compañeira! Vouche falar un pouco do que te vas atopar na ESO o ano que vén, dos profesores e profesoras e dos trucos que eu utilicei para aprobar o curso. Seguramente esteas moi nervioso ou nerviosa porque a ESO é diferente a primaria, porque vas ter un profesor para cada materia, porque vas ter materias novas, porque vas ter profesores novos… Eu estaba así o ano pasado pero non te preocupes, un acostúmase e ao final é divertido. Os profesores: María: É a profesora de matemáticas, é moi boa pero moi esixente, así que eu aconsélloche que fagas os deberes e estudes. Delia: É a profesora de lingua castelá e as súas clases son moi divertidas. Lingua castelá é a materia en que menos cambio notei eu , entre primaria e secundaria, en canto á dificultade. Chus: É a profesora de Bioloxía. É moi estrita pero con ela apréndese moitísimo. Nesta materia vas aprender moitas palabras novas como: claves dicotómicas, rúbrica, diagrama de fluxo… E vas acabar facendo boas “migas” co seu cronómetro. Victor: A min Victor deume OINARES, plástica e xeografía. As súas clases son moi dinámicas. En xeografía é doado sacar boa nota pero en plástica é máis esixente porque é a súa materia. Eva: É boísima e explica moi ben. Se atendes e estudas non che vai custar incorporar o francés. Pilar: É moi boa. A súa materia, inglés, é moi doada e non vas notar a diferenza entre primaria e a ESO. Vicen: É a outra profesora de inglés, e é boa tamén. Yoli: É a profesora de relixión. É moi divertida e as súas clases son moi diferentes ás de primaria, non temos libro, facemos proxectos, vemos pelis e é moi fácil ter un sobresaliente na súa materia. Luísa: É moi esixente e xusta, é a máis empática de todos os profesores, as súas clases son moi divertidas e non te asustes se de súpeto solta un: SOCORRO!. Lingua galega é moi diferente na ESO, vas ter que estudar moito e non vale “chapar”. Amalia: É moi esixente e berra se non che sae algo, tes que levarlle o caderno ben presentado e os bailes teñen que saírche ben, pero tranquilo e tranquila, é moi agradable. Consellos para aprobar: Estuda: non serve estudar o día antes do exame, eu recoméndoche que fagas resumes mentres vaias dando a materia, así antes do exame só tes que repasar. Fai os deberes: conta moito para a nota final. Pregunta as dúbidas: que non che dea corte. Agardo que a carta che sirva de algo. Ata setembro. Noa Montenegro (1ºA)
32
Albares nº 7 xuño 2018
Ares, 10-05-2018 Querido futuro compañeiro ou compañeira! Seguramente, a día de hoxe, estarás un pouco temeroso pensando no curso que che espera despois do verán. Pero non te preocupes, ao principio todos estabamos na mesma situación ca ti. Isto é porque os maiores gozan meténdonos medo e advertíndonos de que non imos aprobar e que as faltas de orde nos van caer do ceo. A continuación dareiche uns consellos para afrontar 1º ESO sen problema ningún: Non che vou dicir o típico: que estudes todos os días e non fales na clase. Iso non é a realidade, e quero ser completamente transparente e sincera contigo. Por esa razón, vouche contar o que eu fago. Si que é verdade que na clase é bastante importante atender, porque así entenderás todo á primeira. E recorda que se quedas con algunha que outra dúbida, non dubides en preguntar!. Os profesores axudaranche a solucionar esas dúbidas! Na aula podes falar, pero sempre na materia axeitada e, sobre todo, no momento axeitado. Pode axudarche o de levar a materia ao día, aínda que as horas que utilices para estudar, dependerán das túas capacidades. Eu penso que con dous días á semana, chegarache de sobra. Creo que non é necesario falar dos profesores porque estarás farto de que che falen deles. Asegúroche que son mellores do que se escoita por aí. Por último, vouche contar un pouco como foi o meu primeiro curso: A min, resúltame bastante sinxelo, aínda que o cambio de primaria á ESO é evidente. O nivel de dificultade aumenta un pouco, e hai que hai que comezar a pensar dende outro punto de vista. Tamén hai que traballar máis e participar moito na clase. Non te esquezas nunca dos deberes nin participación, ¡son importantes! Afrontarás outros moitos cambios como o número de profesores, xa que contarás con un para cada materia. E os recreos, que son dous, e son moi curtos. Pero tranquilo, tranquila; recorda que con esforzo, todo se consegue. A continuación vouche poñer algunhas oracións que, seguramente, escoitarás varias veces durante o curso: -A ver se va al cine -Nada enriba da mesa! -Organizade o pensamento! -0,2 menos -Boli, lapis e goma! -Nada debaixo da mesa -Ay dio´mío! -Yo no soy detective. -Socorooooo! -Lechugas …. Rétote a adiviñar os profesores e profesoras que mencionan estas oracións. Deséxoche moita sorte e vémonos o curso que vén! Jimena Roade (1º A)
33
Albares nº 7 xuño 2018
Ao longo deste curso escolar participamos activamente no desenvolvemento do currículo escolar con diversas actividades. Participamos no PFPP de robótica, na elaboración da programación e na memoria. Este curso, seguimos apostando pola formación en centros que levamos facendo dende hai un tempo a través do PFPP, que este ano adicamos a " Introducción á robótica en E.P. " Ao longo deste curso recibimos formación en construcción e programación de robots MBOT. Tino Fernández Cueto, mestre do CIPF Ferrolterra encargouse de formarnos.
Asistimos a cursos de formación en materia de Bibliotecas: Plan de mellora de bibliotecas escolares VIII Xornadas de bibliotecas Escolares de Galicia
Participamos na II Feira Dende Ares cara o Mar con diversas actividades: Exposición de libros do mar, proxecto no que traballamos todo o curso. Exposición de libros de María Victoria Moreno, con motivo das Letras Galegas. Concurso de preguntas sobre o mar. Habilitamos dous espazos para achegar a robótica aos máis pequenos cos robots DOC. Formación ao alumnado voluntario de 5º e 6º. Todos os cursos formamos aos nosos colaboradores no funcionamento da biblioteca para que eles fagan os préstamos, devolucións, colocación dos exemplares e participación en actividades desenvolvidas no curso.
O 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, deseñamos unha actividade literaria: “Son poeta porque me peta”, consistente na elaboración colaborativa dun conto en verso onde quedou plasmada a inventiva de cada un.
34
Albares nº 7 xuño 2018
Elaboramos publicacións anuais de recomendacións lectoras en decembro e xuño. Contamos coa visita de Miguel López Pérez, un veciño de Ares que é “o último baleeiro”. Contounos moitas cousas interesantes, por exemplo como pescaban as baleas, como as transportaban; diferenzas entre un cachalote e unha balea, que comen… A verdade é que foi un pracer escoitalo e os alumnos e alumnas de 1º E.P. quedaron abraiados. Tivemos con nós a Aída, da Asociación Cultural Apelón Educación, que nos estivo narrando o conto de "Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de reis", de Chema Heras e Kiko Dasilva.
Na semana das Letras Galegas, visitáronnos dous amigos da editorial Kalandraka, Sara e Álex, para achegarnos a maxia dos contos. Contáronnos "O coelliño Branco", "Un Máis" “A Horta de Simón" e "Animais de Compañía" amenizado en todo momento polo acordeón de Álex.
Visitáronnos dous traballadores do Nautico Ría de Ares, Natalia e David, que son monitora e encargado de mariñeiría respectivamente. Trouxéronnos un Optimist para achegarrnos ao mundo da navegación. O Optimist é un pequeno barco de vela para que os nenos e nenas ata os 15 anos poidan aprender a navegar. Natalia explicounos a importancia do vento (que é o combustible), as distintas partes: botavara, cabos, orza…, e algo moi importante, que nos concienciemos por manter limpas as nosas augas. Ao final, ensináronnos un vídeo de como saen ao mar os que están aprendendo a navegar. Moitas grazas Natalia polas túas explicacións, e a David por facer posible esta actividade .
Visitounos a escritora María Canosa, gañadora do último premio Merlín co seu libro Muriel e Genma Pardo “Gemola“ da editorial Santillana. Alegrounos o día a todos os alumnos de E.I. coas súas cancións e xogos. Escola de Xadrez. O curso pasado, en colaboración con Bárbara, a mestra de E.F. de Primaria puxemos en marcha un torneo de xadrez no que participaron alumnos e alumnas de Primaria, tras o éxito conseguido este curso propuxemos facer unha escola de xadrez para que os nenos e nenas que non saben xogar teñan a oportunidade de aprender.
Apadriñamentos lectores: O alumnado de 6º presentouse voluntario para apadriñar aos pequerrechos de 6º de E.I. Cada neno maior tiña un afillado ao que lle tiña que contar un conto. Cada padriño tiña un carné co nome do seu afillado. A actividade resultou xenial!!! Tanto os grandes coma os pequerrechos marcharon con ganas de volver. Sen dúbida, repetiremos a experiencia. 35
Albares nº 7 xuño 2018
VALORES DE FUTURO ENTRA NAS AULAS Segundo nos informan á nosa redacción de Albares, ao londo de dúas divertidas xornadas, o alumnado de 4º de ESO-Economía puido aprender diversas técnicas coa celebración de dous obradoiros prácticos impartidos polo economista Lorenzo Pita, xestor de banca privada de BBVA en Ferrol e profesor do programa “Valores de Futuro” desa entidade financeira. O primeiro deles, titulado “A clase abre unha conta bancaria”, permitiulles aos alumnos e alumnas distinguir entre as tarxetas de crédito e de débito, e entre as contas de aforro e as contas correntes dunha forma dinámica, establecendo un paralelismo coas operacións que se fan na vida real. No segundo dos obradoiros analizáronse as situacións de risco ás que nos vemos sometidos diariamente e valorouse a importancia de ter “seguridade” por mor das consecuencias que veñen derivadas desas situacións arriscadas, como nos supostos de conducir sen carné, practicar deportes de risco, beber en exceso ou navegar pola rede Internet.
O xornalista e colaborador de La Voz de Galicia, Ernesto Sánchez Pombo, imparte unha conferencia centrada nos valores da comunicación e do xornalismo. O alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de participar na charla que impartiu o xornalista e colaborador do Grupo Voz, Ernesto Sánchez Pombo, na mañá do xoves 22 de marzo. Co título «O mellor oficio do mundo», frase empregada no seu día polo escritor colombiano Gabriel García Márquez, e mediante o emprego de imaxes impactantes extraídas dos medios de comunicación, nomeadamente xornais e revistas, o xornalista foi narrando ao alumnado a evolución e os cambios acontecidos no mundo da comunicación e do xornalismo ao longo da historia. Durante a súa intervención centrouse principalmente no que vén acontecendo no último século en España. Ademais explicoulles aos alumnos o papel da censura na época da Ditadura, así como a que moitas veces aparece nos medios de comunicación modernos, «en ocasións por presións dos gobernos de todo o mundo que pretenden impoñer o seu criterio por riba da obxectividade que queremos ofrecer os xornalistas», remarcou Ernesto S. Pombo, que tamén engadiu que «a obxectividade pola que loitamos os xornalistas é sinónimo de democracia». Tamén sinalou as dificultades que teñen os xornalistas para desenvolver o seu labor, así como outras opcións que escollen os máis novos para informarse, principalmente as redes sociais, que están «cheas de novas falsas e sen fundamento». A conferencia rematou cun coloquio final co alumnado e coa proxección de cabeceiras e titulares que contiñan erros lingüísticos e de contido que provocaron numerosos risos e gargalladas.
36
Albares nº 7 xuño 2018
CANTAREIR@S POLO MAR “Con tambores de mar e voz de terra...” Así nos gusta ao alumnado de 4º levar a música polo mundo adiante. Para o festival de Nadal este ano eliximos un tema da cantante galega Sés titulado: “Con tambores de mar”. Gustounos moito tanto pola letra, que fala dunha nena, como polo ritmo. Tamén foi interpretado en lingua de signos por moitos alumnos e alumnas do centro, dirixidos pola intérprete Luisa. Como no centro se levou a cabo o proxecto “Dende Ares cara ao mar”, que mellor ocasión que botar man de novo da música tradicional galega e cantar cos nenos e nenas de 3º e 4º o tema “Catro vellos mariñeiros”, coñecido por todos os galegos. Estivemos acompañados por pandeiretas, unha gaita e un tamboril, tocados por alumnado de varios niveis de EP e ESO. Animamos a todos a cantar o Ailalelo Ailalalelo e coa música sempre cara adiante!!!!!
A NOSA CARREIRA SOLIDARIA. Un ano máis volvemos saír a rúa coa xa mítica Carreira Quilómetros de Solidariedade. Con esta xa van sete edicións, sete anos poñendo o noso gran de area para que os nenos e nenas dos países menos desenvolvidos poidan ir á escola, reciban vacinas para paliar enfermidades que aquí curariamos cun simple xarope, ou axudar a moitos pequen@s a erradicar a desnutrición infantil. Este ano a choiva deunos unha tregua e puidemos saír sen mollarnos, sempre coa inestimable colaboración da nosa atleta aresá Paula Mayobre. Desde o noso centro seguiremos loitando para axudar á infancia máis desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
37
Albares nº 7 xuño 2018
Este curso decidimos entrevistar a algúns profes que levan anos traballando no centro e que por cambio de destino ou xubilación vanse do noso centro. Os alumnos de Primaria entrevistaron ás profes Meli e Lara para coñecer as súas impresións sobre o ensino e a súa experiencia persoal. Mentres que o alumnado de ESO fixo o propio con Amalia, Delia e María. Agardamos que estas entrevistas sexan unha homenaxe ao seu bo facer como profes e compañeiras.
Entrevista a Lara, profe de música, feita por Noelia Varela Fuciños e Mohamed Boussouf. Noelia : Onde naciches? Lara : Eu nacín en Valladolid. Mohamed : Que estudaches? Lara : Eu empecei estudando Educación Física, porque facía moitísimo deporte, pero tamén tocaba o piano. Eu recibía clases de música e unha vez que rematei Educación Física, quixen seguir estudando música e fixen unha carreira que se chama “Historia de ciencia da música” e despois aquí en Santiago estudei maxisterio de Música. N : Traballaches antes noutros colexios? L : Si, buf! Si, a carreira de mestra é pasar por moitos coles. E de feito aprendín moitísimo de todos. Traballei nas catro provincias de Galicia: estiven en Pontevedra, Vigo, na Mezquita, Ourense, Vilalba, Ponteceso, Malpica, Guitiriz, Narón e Ares. M : Cantos anos levas traballando neste cole? L : Pois..., este é o meu sexto ano, si. Noelia acórdase ben, era moi pequeniña. M : Cal é o teu mellor recordo deste cole? L : Deste cole? Buf! Lévome tantos recordos, Mohamed, tantos, tantos, que... é difícil quedarse con un. Pero por lembrar algún, o ano pasado cando cantamos con Guadi Galego en Navantia; tamén foi moi emocionante a estrea da Ópera cos nenos que estaban en segundo o ano pasado. Teño a sorte de dar unha materia que é marabillosa, a música. Entón, todas as clases son moi emocionantes tamén, quédome con cada unha das vosas caras: cando tocades a frauta, cando bailades, cando escoitades con moita atención, cando conseguides algo no que traballastes moito. Esas caras quédanme gravadas. N: Que fas no teu tempo libre? L: No meu tempo libre teño horas adicadas a min e outras á miña filla . Fago teatro nun grupo que se chama ”Farandoleiros”, canto nun coro que se chama “El acorde secreto” na Coruña e canto tamén con Meli, a profe de 1º de Primaria. Gústame tamén o ximnasio para estar en forma porque no cole tamén hai que estar a tope de enerxía e gústame moito ler e pasar tempo cos meus amigos, aínda que agora coa nena é máis complicado. N: A que colexio irás a partir de agora? L: Vou ir a un cole que está en Culleredo, nun concello moi preto da Coruña, e quédame moi cerquiña da miña casa, por iso marcho, se non, non marchaba, quedaba en Ares xa que estou moi contenta. E agora que vos coñezo mellor dáme máis pena deixar o cole pero ben…, volverei comezar noutro coñecendo novos nenos e novos compis. M: Vas con Meli? L: Non, Meli vai a un cole da Coruña. Así é a vida rapaces, cada un escolle o seu camiño e ten que facelo de forma responsable, e con moita enerxía tamén. Porque ao fin e ao cabo hai que ser teimudos como a muiñeira. Pois moita sorte Lara no teu novo destino. Non te esqueceremos. Pois nada moitas grazas. Que guai rapaces!
38
Albares nº 7 xuño 2018
Entrevista á profe Meli realizada por Antía Marcos Martínez e Aroa Vidal Antón. Antía: De onde es? Meli: Eu son de Vigo, pero vivo na Coruña. Aroa: Cando eras pequena, que querías ser de maior? Meli: Pois cando era pequena, o que máis me apetecía era dedicarme a cousas artísticas. Antía: Estudaches algo á parte de mestra? Meli: Si, estudei música, fixen cursos para ensinar aos nenos a mellorar a linguaxe cando teñen problemas e fixen moitas actividades relacionadas coa artística. Antía: Que tipo de música estudaches? Meli: Estudei no conservatorio de Vigo. Orfeón, piano, coro… Estudaba música clásica case sempre. Antía: Por que decidiches ser mestra? Meli: Porque sempre me gustou ensinar a rapaces, ademais na miña casa a miña nai era mestra. Aroa: Que cursos deches? Meli: Dei sempre primeiro e segundo de Primaria. Antía: Que prefires dar, Infantil, Primaria ou ESO? Meli: Dei todas as etapas e a que máis me gusta é na que estou agora, primeiro e segundo. Antía: Traballaches noutros coles? Meli: Si, traballei en tres coles concertados antes de empezar na pública, e na pública levo outros tres coles. Aroa: E neste cole, canto tempo levas? Meli: Neste levo sete anos. Antía: Cal é o teu mellor recordo deste cole? Meli: Eu penso que o mellor recordo do cole son os nenos porque aquí descubrín nenos diferentes, moi cariñosos, moi agradecidos, e os meus compañeiros de ensinanza son moi acolledores, e iso agradécese moito. Sentinme sempre afortunada de poder estar con vós. Antía: Onde vas traballar o próximo curso? Meli: O próximo curso vou para Coruña, relativamente cerca de onde vivo. Así serei máis ecoloxista xa que non sacarei o coche para non contaminar. Aroa: A que dedicas o teu tempo libre? Meli: Mira, gústame moitísimo facer roteiros polo monte, a música, a pintura, reunirme con amigos... Aroa: Dentro da pintura, que tipos de cadros che gusta pintar? Meli: Depende moito do momento. Ás veces abstractos, pero outras intento adaptar a realidade que vexo á miña forma de pensar. Aroa: Cal foi o primeio cadro que pintaches? Meli: Foi un moi grande, dun peixe moi raro. Antía: Cantas exposicións fixeches? Meli: Fixen moitas colectivas con outros artistas. Antía: Aínda quedas coa túa mellor amiga de cando eras pequena? Meli: Si, teño a fortuna de conservar a amiga que fixen cando tiñamos cinco anos. Moitas grazas Meli pola entrevista. Desexámosche o mellor nesta nova etapa que comezas. Nunca te esqueceremos. Sorte e ata sempre!!!
39
Albares nº 7 xuño 2018
Entrevista a María, profe de Matemáticas. Por Lara, Yasmina e Susana. Ola María! Sabemos que este curso marchas, aínda que non moi lonxe de aquí, non si? Se non nos trabucamos, a Pontedeume? Por que? Ola! Estades no certo, a partir do curso que vén exercerei de profesora en Pontedeume. E voume alí porque así estarei máis preto dos meus fillos e poderei comer con eles cada día, que é algo moi importante para a pequena, que non lle gusta que chegue tarde a casa. E xa saberedes, co tempo, que polos fillos se fai case calquera cousa. Cantos anos estiveches neste centro? Estiven 11 anos. Cando o digo sóame a moito tempo, pero paréceme que foi o outro día cando busquei en Internet como chegar a Ares. Sabemos que es andaluza, pero como Mª Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano nas letras galegas, Galicia forma parte do teu corazón, non si? Por suposto, síntome moi ben en Galicia. Gústame o idioma, as súas xentes, o clima (en verán, jeje)… Considero aos galegos xente moi amable e servicial. E por suposto que aquí xa pasei unha parte importante da miña vida. Os meus fillos son galegos e iso vai callando en min. Podes contarnos algunha anécdota da túa experiencia persoal no paso polo centro? No primeiro curso que dei clase aquí tiven que facelo en galego, porque así o esixía a lexislación dese ano (e eu encantada, que para iso estudei dende Almería o galego normativizado, jeje), e ademais sentíame ben nas clases falando galego, pero pasábame algo curioso: eu empregaba palabras que lles tiña que traducir porque non as coñecían (achar, xe,…). E un día díxome un alumno (que non me lembro quen): “Por que non falas o mesmo galego ca nós?” Quedei petrificada e deume a risa, jeje. Que botarás máis de menos? Sen dubidalo, as persoas que me acompañaron no centro estes anos, e en especial á miña compañeira de departamento, Belén. Tamén botarei de menos aos alumnos, facédesvos querer e lembrareime moito de todos. Ah! Esquecíame dicir que botarei moito de menos a comida do comedor. Realmente cómese de marabilla. Tedes sorte por contar cun comedor coma este. Queres engadir/dicir algo máis agora que te vas definitivamente? Creo que xa o dixen todo, só me resta dar as grazas a toda a comunidade educativa e dicir que gocei do meu paso por este colexio. E aos alumnos pídolles que gocen aprendendo, que merece a pena un pouquiño de esforzo para ser o que queiran na vida… Grazas María por compartir estes minutos connosco, moita sorte e ata sempre, esperamos que volvas algún día a facernos unha visitiña. Grazas a vós, teño que dicirvos que me encantou a entrevista, fixéstesme pensar moito e case arrepentirme de marchar, jeje… Sorte a vós tamén! E por suposto, claro que nos veremos, estamos moi preto!
40
Albares nº 7 xuño 2018
Entrevista a Delia, profe de Lingua Castelá. Por Lara, Yasmina e Susana. -Ola Delia, seguro que nestes intres están a pasar un montón de imaxes pola túa cabeza despois de tantos anos neste centro. Agora que marchas, que recordos ou momentos especiais subliñarías. Gústame moito cando volven os que marcharon a dar unha visita. -Cantos anos estiveches neste centro? Foi o teu primeiro centro? Neste centro estiven 18 anos. Este foi o 7º ou 8º. O 1º ano estiven a facer substitucións en 3 centros distintos. Logo estiven cada ano nun centro diferente ata que cheguei aquí. -Algunha vez pensaches en dedicarte a outra cousa que non fora o ensino? Cando os alumnos portábanse mal si que o pensaba pero como o enfado duraba pouco non me daba tempo a pensar en que adicarme. -Como cambiou o ensino dende que empezaches ata agora? Cambiou moito, antes estaba o BUP e COU que era o que facías antes da universidade. Os rapaces menos estudosos xa non o tiñan que facer, se non querían, non era obrigatorio como a ESO. -Poderíanos dicir a que centro marchas e porque? Marcho ao IES María Casares, en Oleiros. Eu quería un centro preto da miña casa e por eso marcho, por comodidade.
Entrevista a Amalia, profe de E.F. Polos alumn@s de 2º ESO-B -Ola Amalia, sabemos que marchas. Por qué?
-Porque me xubilo -Como te atopaches neste centro? -En xeral, fenomenal. -Pódesnos contar algunha anécdota na túa experiencia e paso por este centro educativo? -Todos os anos que organicei a Carreira Solidaria con Yoli nos choveu (a pesares de ter días previos con sol). E sempre que fumos de roteiros perdémosnos, podédelo crer? -Qué botarás de menos?.
-Nada - A qué te vas dedicar a partir de agora? -A viaxar, disfrutar da vida sen horarios establecidos. -Queres comentarnos algo máis ou adicarnos algunhas verbas? Deséxovos que sigades tal como sodes, alumnado excepcional, e que sigades crecendo como esas boas persoas que sodes xa. -Grazas Amalia por compartir este tempo con nós e moita sorte na nova etapa que vas comezar. 41
Albares nº 7 xuño 2018
TEXTOS INSTRUCTIVOS DE LOS DE 2º DE ESO INSTRUCCIONES PARA HACER QUE SE HACEN LOS DEBERES
INSTRUCCIONES PARA HABLAR EN CLASE SIN QUE EL PROFESOR SE ENTERE
Todas las personas que estudian o estudiaron, habrán ido a clase alguna vez sin los deberes, ya sea porque se les olvida la libreta en casa, porque no se enteraron de la tarea, porque no les dio tiempo o simplemente porque no quisieron. Para evitar el negativo, te dejo una serie de instrucciones con las que conseguirás que tu profesor o profesora crea que los hiciste. Si te enteras en el recreo de que te faltan los deberes, estás a tiempo de solucionarlo. Primero pon la fecha del día anterior, luego contesta a los ejercicios sin copiar los enunciados. En caso de quedarte bloqueado/a en alguno de ellos, contesta lo primero que se te ocurra para que, por lo menos, vean que lo has intentando. (AVISO: Solo vale para evitar el negativo. Puedes quedar en ridículo si lo corriges tú, a no ser que lo hayas copiado por alguien). Por último, y en caso de que te dé tiempo, copia los enunciados. Escribir a la velocidad de la luz y hacer letra de médico puede resultarte de gran ayuda si eres de los que no hacen una estupenda caligrafía, ya que en el caso contrario, se notará demasiado. En el peor de los casos, no dispondrás ni de 10 minutos para hacerlos. Siempre puedes intentarlo cambiando los números de los ejercicios del día anterior, ya que muchos profesores no se fijan en el contenido del ejercicio. Por último, si eres una de esas personas vagas, puedes pedirle la libreta a un compañero de la otra clase, pero este método te traerá muchos problemas, sobre todo si tu profesor ya te conoce. Yo recomiendo utilizarlo solo al principio del curso. Espero haberte resultado de ayuda y recuerda que aunque los trucos te funcionen, no debes abusar de ellos. Martín Fernández Hermida. 2º ESO A
¡Quién no ha querido decirle algo a alguien en clase mientras el profesor explica!, ya sea en historia, matemáticas o inglés. Para ello te voy a explicar unos sencillos pasos sobre la mejor manera de hacerlo, pero advierto, si te castigan, no es mi problema. Lo primero es asegurarte de que tu compañero está cerca, de lo contrario, tendrás que comunicarte por gestos o sino con una nota. Yo recomiendo escribirla en una libreta y luego ir pidiéndole a la gente que la vaya pasando hasta que el destinatario la reciba. Si está cerca, lo mejor será que tosas disimuladamente o le des un ligero golpe a la mesa, ¡ojo!, no hagas un concierto. A continuación, habla muy muy bajo y gesticulando mucho, no lo debe escuchar el profesor, así que aprovecha cuando esté lejos. Una vez dado el recado, cotilleo o pregunta, tienes dos opciones: arriesgarte a que te pillen y escuchar la respuesta de tu compañero o colocarte recto e intentar no poner cara de circunstancia. Sea cual sea tu decisión, la clave es disimular bien. Isabel Terradillos Molina. 2º ESO B
INSTRUCCIONES PARA ERUCTAR A PROPÓSITO
Todos hemos eructado alguna vez, y en muchas ocasiones sin querer, delante de la familia, amigos, en clase...En este caso, os voy a explicar cómo hacerlo a propósito, es decir, planeado. Esta técnica os la explico pero ¡ojo!, ya que no me hago responsable de los problemas que produzca en la situación en la que la utilicéis. Ahora que ya lo sabéis, os diré como hacerlo: Lo primero de todo es tragar aire, de forma que almacenarás en tu interior el gas estomacal que se libera en el eructo. Para ayudarte debes beber bebidas carbonatadas. Se debe repetir este proceso hasta sentir la presión del aire en la garganta. Si te cuesta tragar aire, te ayudará taparte la nariz manteniendo la espalda recta. Una vez acabado, deberás soltar el aire en forma de eructo. Al principio te costará conseguirlo y tendrás que tragar mucho aire, pero poco a poco irás perfeccionando la técnica. Finalmente, cuando finalices tu eructo, el siguiente paso es reírte delante de tus amigos... “Se recuerda que esta información debe usarse correctamente y solo cuando es debido” Iker Beceiro Torres. 2ºESO B 42
Albares nº 7 xuño 2018
INSTRUCCIONES PARA PEINARSE
A todo el mundo le ha pasado lo mítico de que al levantarse parece que le han atacado cuarenta gatos en la cabeza, o simplemente que no sabe ni lo que es un peine. Esto es fácil de arreglar. Si en tu casa tienes esa especie de palo, con pelos duros que puede ser redondo o plano, cógelo, acércatelo a la cabeza cuidadosamente y deslízalo de arriba a abajo varias veces. Puede que al hacer esto te hayas dado cuenta de que tu pelo está aún peor, eso es porque eres tan inteligente que te has cardado el pelo y has quedado como un caniche. Yo te aconsejaría que volvieras a empezar. Este aparato conocido como peine o cepillo es fácil de conseguir, para ello, uno va a cualquier tienda, comercio o mercado, se dirige a una de estas personas que van vestidas todas iguales y le pregunta por ese palo que te he descrito antes. Cuando consigas uno, repite los pasos que te he dictado antes y ya estaría. María Cagide León 2º ESO A
INSTRUCCIONES PARA DORMIR
Aunque no lo parezca, dormir es una acción complicada en algunos casos. Para poder dormir solo hace falta una cama o sofá, una almohada o cojín y sueño. Lo primero que hay que hacer para realizar esta complicada acción es tumbarse en una cama de forma cómoda. Lo segundo es cerrar los ojos, ya que dormir con los ojos abiertos te costará aún más. Lo tercero es relajarte tú y todas las partes de tu cuerpo, y sí, TODAS LAS PARTES. Lo cuarto es pensar en cosas agradables como ‘Dora la exploradora’ o ‘Bob Esponja’, eso sí, nunca deberás pensar en ‘Peppa Pig’, porque te hará sufrir pesadillas extremas y te despertarás con las sábanas de tu cama mojadas.... El quinto y último paso es dormirse. En el caso de que no tengas sueño, puedes contar ovejas o vacas, lo que tú prefieras. De este modo, te aburrirás y preferirás dormirte. En fin, te deseo suerte en esta dura hazaña, que sueñes con los angelitos, no con que entren a tu casa a robar y te secuestren, con que te muerda algún vampiro, con que salga un monstruo de debajo de tu cama o con que resuciten los muertos y te maten. QUE DUERMAS BIEEN.... Clara Montero Martínez 2º ESO A
INSTRUCCIONES PARA SER UN ALUMNO BRILLANTE
INSTRUCCIONES PARA HACER CHULETAS SIN QUE TE PILLEN
Si deseas ser un buen alumno, sigue correctamente estos pasos. Lo primero que debes llevar a cabo es algo tan sencillo como querer. Todos podemos sacar nuestra mejor cara en algunas ocasiones, lo complicado es ser constante: estar pendiente día tras día de tener la mochila con todos los libros de las asignaturas correspondientes, hacer los deberes, no hacer tonterías… Son granitos de arena que van formando una montaña, pero no te agobies, te ayudaré a escalarla. Ten en cuenta que debes dirigirte al profesor con un tono firme y no burlón, pensando dos veces lo que dices. Especial atención al cuaderno, impoluto, al día y sin faltas de ortografía. Cuidado cuando salgas a la pizarra, sé serio y transmite seguridad. Estudia cada materia y presta atención a todas y cada una de las explicaciones, por muy aburridas que resulten, créeme que a la larga compensa. Recuerda no meterte en líos porque eso llevará a faltas de orden. No olvides ninguno de estos consejos que yo, amablemente, te he dado. Va dirigido a todos los alumnos que estudian (o por lo menos lo intentan) en este maravilloso centro escolar. Si tienes alguna duda, estoy en 2ºB, no dudes en consultarme. María Veiga Garrote 2ºB
Os resultará muy absurdo este texto instructivo ya que parece muy fácil pero no lo es. CHULETA es una palabra polisémica (palabra con varios significados): 1.- costilla de cerdo o de ternera 2.- entre estudiantes, papelitos que se usan para apuntar notas en los exámenes 3.- chulo Hace falta mucha capacidad intelectual ya que es muy fácil que te pillen. Bueno, lo imprescindible es un boli ya que puedes escribir las chuletas en cualquier parte. Lo típico es coger un papel pequeño y apuntar ahí nuestros apuntes pero de esta manera hay más posibilidades de que te pillen. Hay que ser astutos y en dos o tres líneas apuntar medio tema. El mejor lugar donde las puedes escribir es en la suela del zapato ya que solo con levantar el pie las puedes leer, o pegar un papelito por la parte interior de la camiseta y las lees solo con mirarlas de reojo. Si las tienes en el bolsillo, sácalas cuando el profesor no esté mirando, porque es muy típico ver a los profesores dando vueltas por el aula (lo peor es que nunca se cansan); pero el MEJOR momento es cuando un alumno le está preguntado su duda al profesor. Hacer chuletas es de listos (si no te pillan). Espero que te sirviera de algo este texto. SUERTE :) Irune Fornos Fonte 2° ESO A 43
Albares nº 7 xuño 2018
TEXTOS INSTRUCTIVOS DE LOS DE 2º DE ESO INSTRUCCIONES PARA REALIZAR UN TRABAJO EN GRUPO Ante la idea de tener que realizar un trabajo en grupo existen dos tipos de indicaciones bien diferenciadas dependiendo de las intenciones de sus miembros: Instrucciones para aquellos con alergia al trabajo. La rapidez es la pieza clave en estos casos, porque conseguir entrar a formar parte del grupo de los ”empollones” es fundamental para aprobar la asignatura sin dar palo al agua e incluso obtener una buena nota. Esto último será “la bomba”, porque si se da el caso de que el trabajo hiciera media con la nota del examen y se llegara a calificar con un 10 solo con tener en el examen un trabajado 4, ya obtendrá un ¡¡Notable!! El mayor peligro con el que se encuentran estos individuos/as es que su capacidad de esfuerzo es conocida por el resto que tratarán de rehuir de su compañía. Por eso, si la cosa pinta mal, hay que pasar rápidamente al plan B e insinuar al profesor/a que debería elaborar los grupos equitativamente para que no haya ningún tipo de discriminación. ¡Esto último no falla nunca! La igualdad y no discriminación son piezas clave para tocar el corazoncito del docente que por nada del mundo querría ser cómplice de tal cosa. De este modo… ¡Objetivo conseguido! Trabajará uno y el resto se puede dedicar a charlar y a molestar al que trabaja (que por la cuenta que le tiene ya lo acabará aunque sea en su casa).
Instrucciones para los alumnos/as interesados en sacar buenas notas y labrarse un futuro. En este caso solo el hecho de escuchar “trabajo en grupo” los paraliza y los hace perder la capacidad de reacción ante lo que le espera, momento que aprovecharán adecuadamente los del lado oscuro. Así que las instrucciones en este caso son claras: deben ponerse a trabajar de inmediato, porque el trabajo ha de ser lo suficientemente bueno para que refleje el trabajo de 4 o 5 personas que no van a hacer nada y que se van a dedicar a molestarle.
INSTRUCCIONES PARA HACER QUE EN CLASE NO SE DÉ CLASE Si estás leyendo esto, significa que el título te llamó la atención, que te interesa el tema del que voy a tratar en este texto, que quieres aprender algunos trucos para hacer de una clase una fiesta, o un infierno, según desde el punto de vista que lo miremos. Así es que yo, muy amablemente, te voy a mostrar pequeños consejos que podrías poner en práctica. Si en clase quieres, por algún motivo, que no se dé clase, deben estar tus compañeros enterados y, por supuesto, dispuestos a echarte una mano. Una vez que el primer paso ha sido realizado, el resto es pan comido. Hay un par de cosas a las que tienes que prestar especial atención: ser serio/a e intentar que el profesor no se dé cuenta de vuestra intención de pasar una “hora sabática”. Si consigues dominar esto, luego solo tenéis que proceder. Haced preguntas, muchas preguntas del tema que estáis tratando, de un ejercicio, de una explicación que no entiendes. Para que salga a la perfección debéis añadir el “y si… ” acompañado de ese movimiento vertical con el brazo terminado en la elevación de nuestro dedo índice al que tan bien estamos acostumbrados y que tanto agrada a nuestros profesores. Si observáis que el profesor no está por la labor de contestar a vuestras inocentes preguntas, lo mejor es dejarle seguir dando materia durante unos minutos. Cuando veáis que se está empezando a emocionar y está diciendo demasiadas cosas, paradlo y decir el típico: “Cómo, cómo, no entiendo…”, de esta manera, lo mantendréis entretenido resolviendo, a sus maravillosos y atentos alumnos, todas sus cuestiones. Esto te puede ayudar mucho, sobre todo en esos días en los que no te apetece hacer nada, pero ten en cuenta que los profesores no son tontos y si abusáis de esto os acabarán pillando el truco. Es mejor que lo hagáis muy de vez en cuando y solo en situaciones de extrema pereza, más que nada por vuestro bien y el de vuestro expediente académico. Espero que estas pequeñas instrucciones te hayan servido de ayuda, pero recuerda este refrán que me acabo de inventar: “Más vale hacerlo bien una vez que veintisiete mal”.
Consejo: No trate de dividir el trabajo en apartados porque el único que irá bien será el suyo, y podría obtener un aprobado justo o un suspenso. Esto al resto del grupo le dará igual, pero a usted le ocasionará un fuerte disgusto y no podrá alegar nada porque el profesor/a no le hará el menor caso. Tampoco trate de convencer al profesorado de que no quiere estar en ese grupo porque será tratado de insolidario/a y mal compañero/a y por tanto mal visto. Lo dicho: trabaje y no pierda el tiempo.
Miguel Martínez García 2º ESO B
“Dedicado a esa asignatura que me gustaba tanto, pero que resultó ser infernal debido a los trabajos en grupo que contaban lo mismo que los exámenes”.
Jéssica Criado Guinaldo 2ºA 44
Albares nº 7 xuño 2018
45
Albares nº 7 xuño 2018
Elle est née le 19 août 1883 à Saumur et elle est morte le 10 janvier 1971 à Paris. Elle a été une grande couturière française. Elle a créé des vêtements simples et pratiques. Les premiers pantalons, la petite robe noire, le chapeau cloche et le tailleur lui sont a b attribués. (1) Elle est née le 9 juin 1930 à Paris et elle est morte le 24 novembre 1997 dans les Hauts-de-Seine. C’était une compositrice et chanteuse française. Elle a chanté Dis, a quand reviendras-tu? et L’aigle noir.(2)
e
Elle est née le 29 octobre 1930 dans les Hauts-de Seine et elle est morte en Californie le 21 mai 2002. C’était une sculptrice et peintre française. Elle a réalisé les Nanas a et la fontaine Strawinsky à Paris. (3)
e
c
Elle est née le 13 juillet 1927 à Nice dans une famille juive. À l ’âge de 16 ans, elle est déportée à Auschwitz-Birkenau. Elle a fait des études de droit et de science politique. En 1974, elle est devenue ministre de la santé et elle a fait adopter la loi qui dépanalise l ’avortement en France. Avocate et femme politique, elle a été la première presidente du b Parlement européen. Elle est décédée à Paris le 30 juin 2017. (4)
Elle est née le 9 janvier 1908 et elle est morte le 14avril 1986 à Paris. C’était une philosophe française qui a participé aux mouved ments de libération de la femme des années 70. Elle a écrit Le deuxième sexe. (5) 46
c
Albares nº 7 xuño 2018
Elle est née le 8 décembre 1864 à Fère-en-Tardenois et elle est morte dans le Vaucluse le 19 octobre 1943. Elle fut sculptrice et artiste peintre. Muse du sculpteur Auguste Rodin et soeur du poète Paul Claudel, elle passera les trente dernières années de sa vie internée dans un établissement psychiatrique. (6)
h
g
i
f Solutions: 1b. Coco Chanel, 2d. Barbara, 3e. Niki de Saint Phalle, 4a. Simone Veil, 5c. Simone de Bauvoir, 6g. Camille Claudel, 7f. Jeannie Longo, 8h. Edith Pial, 9i Jeanne Moreau,
Elle est née le 31 octobre 1958 à An- i necy. Elle commence sa carrière sportive en ski alpin mais c’est comme cycliste qu’elle remporte de nombreuses médailles: championne de France et du monde sur route et un titre olympique. (7) C’est une chanteuse française née le 19 décembre 1915 à Paris et morte le 10 octobre 1963 à Grasse. Ella a eu de nombreux succès comme La vie en rose, Hymne à l ’amour ou encore Non, je ne regrette rien. Elle est enterrée au cimetière du Père-Lachaise à Paris. (8)
f
Actrice et chanteuse française, elle est g née le 23 janvier 1928 et est décédée le 31 juillet 2017 à Paris. Elle a joué sous la direction de grands réalisateurs comme Luis Buñuel, François Truffaut ou Louis Malle. En 1962, elle joue dans le film Jules et Jim où elle interprète la chanson Le tourbillon de h la vie. (9) Biographies réalisées par les élèves de seconde A et B.
47
Albares nº 7 xuño 2018
O pasado venres 9 de marzo, ás 20.00 horas da tarde, tivo lugar, no Auditorio da Alianza Aresana (Biblioteca Municipal), o acto de homenaxe ás mulleres do mar organizado polos alumnos e as alumnas do CPI As Mirandas e o Concello de Ares, un acto que formou parte da programación municipal de conmemoración do 8 de marzo, Día da Muller. O acto de homenaxe, en que tiveron un protagonismo moi destacado as alumnas de 4º de ESO do CPI As Mirandas, incluíu a proxección da curtametraxe titulada “Marea de Mulleres”, que foi filmada polas propias alumnas e alumnos co asesoramento da produtora Numax, nomeadamente cos realizadores Xacio Baño e Marcos Flórez. A realización deste filme, que tivo lugar entre novembro e decembro de 2017, inclúese dentro do proxecto “Vidas Mariñeiras”, financiado no ano 2017 con fondos do Programa FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca), que xestiona neste territorio o GALP Golfo Ártabro Norte.
Por outra banda, no mesmo acto entregáronse oito galardóns a diversas mulleres que traballaron na salgadura, no marisqueo, no cosido de redes, etc, como Fina, a “nosa muller da limpeza número un”. Todas elas en representación das miles de mulleres que durante moitos anos traballaron e traballan aproveitando os recursos que nos ofrecen os nosos mares. No acto interviron, ademais das alumnas de 4º de ESO, o alcalde da localidade, Julio Iglesias, e a presidenta do GALP Golfo Ártabro Norte, Mª José Crespo Fraga.
48
Albares nº 7 xuño 2018
Todo o protocolo do evento estivo dirixido polas propias alumnas de 4º de ESO: Judith e Paula López encargáronse da presentación; Paula Mesías de ler o emotivo discurso co que homenaxearon a estas mulleres tan loitadoras; Vera, Julia e Adrián de gravar absolutamente todo; Aitana, Iago, Vanesa e Yasmina amenizaron a gala cos seus instrumentos musicais; e as demais: Isabel, Sofía, Susana, Ndeye Ata, Uxía, Andrea Díaz, Lara, Lorena e Andrea Riveiro acompañaron a todas as homenaxeadas neste momento tan especial. E como non, houbo un recordo tamén para os compañeiros e compañeiras que estaban de curso en Croacia e que non puideron asistir ao evento malia o seu interese: Verónica, Icía, Sara, Álvaro e Borja. Sen dúbida, unha xornada entrañable, chea de emocións e de lembranzas, e que serviu, entre outras cousas, para restaurar o valor que todas estas mulleres achegaron á nosa vila, ofrecendo o mellor de si mesmas nun traballo extraordinariamente duro, tal e como amosan no documental. Todos nos sentimos contaxiados dese esforzo e lembramos as palabras que a nosa compañeira Verónica Rodríguez escribiu como remate do vídeo:
“Intemporais, como as ondas do mar que se moven coas mareas; en silencio, mais sen perder forza; sen descanso e sen queixa, constantes, inesgotables e experimentadas, agochando unha chea de ventos e correntes, as súas historias. Moito cambiou dende que botaron a andar, pero o delas segue a ser o noso ronsel, un camiño das mulleres e da terra, un camiño noso, no mar”.
Ao final desta xornada que adicamos a crear beleza e construír pontes entre as diversas xeracións todos rematamos “mollando a palabra” cuns petiscos que nos ofreceu o Concello de Ares.
49
Albares nº 7 xuño 2018
Visita de María Canosa O xoves visitounos a escritora María Canosa gañadora do último premio Merlin co seu libro MURIEL. Despois de que léramos o libro, e grazas a editorial Xerais, tivemos uns momentos de lecer coa escritora. Gustounos moito todo o que nos dixo. Como nos seus libros, tamén somos partícipes deles xa que cada un de nós vivimos de xeito diferente as historias.
Visitamos o Parque de Educación Viaria e o Museo do Humor O luns 7 de maio os alumnos e alumnas de 6º tivemos unha xornada no parque de educación viaria e unha visita guiada ao Museo de Humor de Fene. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas normas. No museo divertímonos moito na zona dos espellos.
Visita ao Museo de Caldoval Os alumnos e alumnas de 5º e 6º visitamos o museo de Caldoval en Mugardos. Fixemos unha visita guiada ao xacemento romano que conta con dous conxuntos diferenciados.Por unha banda un canal escavado en rocha e unha serie de estancias orientadas á costa que podería estar vinculado ao comercio e, por outra, un balneario rural doméstico que conta cunha palestra para a práctica de deporte.Tamén fixemos un taller de perfume. Grazas a Patricia e a Rocío por tantas explicacións!
Entroido Este ano no entroido disfrazámonos de medusas. O tema xeral era o mar debido ao proxecto deste curso “Dende Ares cara ao mar” . Quedáronnos moi vistosos, a pena foi que se mollaron pois o tempo non nos axudou e choveu un pouquiño.
50
Albares nº 7 xuño 2018
E aquí vai a despedida... Desde a dirección queremos agradecer e dar a despedida: Ao todo o alumnado de 4° de ESO. Gran traballo co seu documental Marea de mulleres, é o Mapa-guía interpretativo dos recursos etnográficos, históricos e naturais do Concello de Ares, elaborado na materia de economía, así como nos proxectos As Emocións Entroncadas e concurso ComunicaTedu levados a termo nas materias de Bioloxía e Lingua Galega. Tamén cinco dos nosos alumn@s de 4º ESO, Álvaro, Verónica, Borja, Sara e Icía tiveron a sorte de viaxar 10 días a Croacia con Romy, a nosa auxiliar de conversa. Unha viaxe na que puideron ademais de mellorar o seu inglés, compartir experiencias con xóvenes de outros países para desenvolver un proxecto de intercambio de xente nova co nome “Let Me Think About It” LMTAI . Todo o alumnado de 4º que remata a súa etapa educativa obrigatoria no noso centro demostrou, co seu excelente traballo e compromiso, que adquiriron todas as competencias precisas para tomar as decisións sobre o seu futuro, que de seguro será cumprir os seus soños. Deséxamos de todo corazón que así sexa. Ao profesorado que pasa a unha nova etapa de tempo libre: Celia Galego, mestra de infantil, Luís Casás titor de Primaria, Amalia Bascuñana profesora de Educación Física, Chicha Vales e Carme Bascompte titoras de Primaria. Tod@s compartiron con nós unha boa parte da súa vida profesional facendo un excelente traballo. De seguro que serán recompensados cunha nova etapa chea de vida e sen horarios. Parabéns compañeiros, desexámosvos o mellor. Ao profesorado definitivo que abandona o centro por cambio de destino, máis pretiño da súa casa: Lara Valcuende mestra de Música, Meli Seoane titora de Primaria, Delia Pérez profesora de Lingua Castelá e María Segura profesora de Matemáticas. A todas elas desexámoslles que no novo destino sigan a amosar as súas extraordinarias competencias profesionais e artísticas: Meli e Lara impulsoras no centro de proxectos innovadores como LÓVA ou o Certame de Arte Postal, María coas matemáticas, participando e gañando premios co alumnado de 3° ESO nos Rallyes Matemáticos (Matemáticas na raia), organizando o Concurso Semana Problemática con gran participación do alumnado e competindo nas Olimpiadas Matemáticas. Ao profesorado non definitivo, Natalia Dopazo titora de Primaria moi implicada nos proxectos do centro, coordinadora tanto de Meteoescolas como do PFPP; Valentín Marcos mestre de PT, sempre cunha enorme preocupación pola atención á diversidade favorecendo a inclusión do alumnado; Alberto Díaz e Nacho Rodríguez excelentes titores de primaria; Anxo X. Rajó profesor de Lingua Galega, moi implicado nos proxectos do centro como na gravación do documental Vidas Mariñeiras e impulsor da elaboración do mapa guía de Ares. Ao profesorado substituto que sempre estivo disposto a seguir co dinamismo deste centro.
En definitiva, un grupo humano que será moi difícil de esquecer e que quedará sempre na nosa memoria. A todos eles desexámoslles moita sorte e un futuro prometedor.
Grazas por compartir con nós todo este tempo e o voso bo facer!!! 51
52