Imos realizar unha viaxe ao pasado a través da arquitectura do espírito e da paisaxe natural que a envolve, trazando unha liña recta que nos obrigue a atravesar vales e ríos; e a ascender os montes de Monfero, Aranga, Sobrado e Toques. Son lugares tan fermosos como ocultos. Están entre o misterio da néboa, das lendas e do silencio roto pola canción das árbores onde se pousan os paxaros cantores.
PRIMEIRO MILAGRE: MONFERO. A APARICIÓN DA VIRXE
O Mosteiro de Monfero é un dos grandes monumentos relixiosos de Galicia. Para empezar, posúe unha igrexa con fachada barroca, que rematou de construírse no ano 1656. A fachada é única polo axedrezado dos seus sillares, nos que se alterna a lousa e o granito. Catro enormes columnas e dúas pilastras con capiteis corintios elévanse ata a cornisa superior. Os muros laterais están adornados tamén con pilastras que sustentan unha cornisa que percorre toda a igrexa.
No encontro da nave principal coa do cruceiro álzase unha gran bóveda octogonal de gran perfección de estilo e trazado. No fondo do brazo norte do cruceiro está o retablo pétreo da Virxe.
Segundo as tradicións populares, apareceuse a Virxe da Cela nun monte próximo, onde xermolou unha fonte.
SEGUNDO MILAGRE: ARANGA. A FONTE MILAGROSA
Seguindo o curso do Mandeo, río arriba, chégase a ponte Aranga, de onde toma nome este pequeno concello, onde sucede o segundo Milagre,
Cando
vinculado
é
Maio,
de
á
auga
domingo
dunha
a
fonte.
domingo,
primeiro e segundo do mes, concorren en
Aranga dúas romaxes: A Santa Cruz Grande
e a Santa Cruz Pequena. Isto é o tradicional dende hai máis de tres séculos e todo xira en
torno á auga da fonte da Milagrosa Santa
Cruz. A fonte pode verse xunto á estrada que conduce a ponte Aranga, pouco antes de
chegar a esta parroquia.
E a súa auga, é rica e saudable, como toda a que nace na Serra que chaman dá Loba. Din deste auga que é milagrosa porque ten estraños poderes que serven para escorrentar os insectos e as alimañas; poderes que tamén son protectores fronte ás enfermidades do gando e ás pragas que sofren aos campos... Esa é a razón pola que, cada Maio, cando é a Santa Cruz Grande ou a Santa Cruz Pequena, se verte auga da Fonte Milagrosa en todos os campos e prados de Aranga.
Ponte Aranga
TERCEIRO MILAGRE: CAAVEIRO. O ANEL DE SAN ROSENDO E chegamos Eume arriba, buscando a fermosura da paisaxe. Escóndense aquí, tras as pedras, nas que están escritas as pegadas deste vello mosteiro, almas
de néboa e sombra que nos confunden entre a lenda e o espírito de San Rosendo que presiden todo este territorio, ao que chegou polo Eume.
O de Caaveiro foi un dos primeiros mosteiros de Galicia de cóengos regulares.
As súas edificacións adaptábanse ás desigualdades do terreo e á falta de espazo, con dependencias subterráneas e muros de contención.
O conxunto contaba con dúas igrexas románicas dunha planta e de ábsida semicircular,
dúas
portarías,
unha
casa do forno, seis celas, un cabido e
outras dependencias comúns. Fóra do recinto estaban as casas dos criados, as cortes e o muíño.
Conta a lenda que a
San Rosendo o río
devolveulle o seu anel no estómago dunha
troita.
Disque
nun
momento
de
gran
desespero, lanzouno á auga porque se sentía un mortal pecador, pedíndolle a Cristo que
llo devolvese cando os seus pecados lle fosen perdoados. Sete anos máis tarde foi cando
San Rosendo se sentiu feliz ao achar o anel no ventre da troita e partiu entón a predicar San Rosendo
o evanxeo e a fundar outros mosteiros.
CUARTO MILAGRE: SOBRADO DOS MONXES O Mosteiro de Sobrado dos Monxes é a principal sinal de identidade deste lugar. Por fóra é fermosa a fachada medieval da Igrexa na que destaca a capela de San Juan. Por dentro, o mosteiro ten espazos moi singulares, como a sala capitular e a cociña, ou a sancristía de Juan de Herrera ou o claustro dos peregrinos. Toda unha xoia que ofrece albergue ao camiñante e que a pesar das súas necesarias reconstrucións, conserva algúns dos elementos iniciais, do século XII, como a capela da Madalena. Aquí sucede o Cuarto Milagre do noso traxecto: A Madalena é quen cicatriza as feridas do peregrino a Compostela, para o que simplemente terá que rezar ante o seu pequeno retablo a máis sinxela oración que coñeza. Deseguida verá como desaparecen a dor e as súas feridas.
QUINTO MILAGRE: TOQUES. A CHUVIA DE CRAVOS En San Antoniño, da vella igrexa non se sabe a súa idade, nin se recorda cando formou parte do cenobio beneditino; pero está escrito que foi o rei de Galicia, Alfonso VII, o que concede todos os poderes ao seu abade, alá polo século XII. Foi pois cenobio poderoso, con dereito a nomear xuíz e a cobrar impostos. Ademais de pagar os tributos habituais, os veciños desta xurisdición estaban obrigados a plantar cada ano dous carballos na carballeira da Capela. E a esta iniciativa debemos hoxe un dos máis fermosos bosques autóctonos da Galicia natural.
O antigo mosteiro e detrás a carballeira
O cenobio foi quedándose só no medio desta ensoñadora paisaxe e xa no século XVIII, San Antoniño estaba habitado tan só por un monxe e catro criados. Coa Desamortización, chega a decadencia e o Quinto Milagre: O convento fora adquirido para instalar unha fábrica de cravos, cuxos restos aínda se aprecian xunto ao río. Contan que o dono da fábrica non cumpría o cristián precepto dominical e molestaba cos seus ruídos ás celebracións relixiosas da igrexa. Un domingo, a fábrica enteira saltou polo aire tras unha inexplicable explosión e produciuse unha chuvia de cravos. Daquel cenobio consérvase hoxe, unicamente, a igrexa, cuxa orixe prerrománica nótase nos muros que a rodean. É especialmente interesante o arco triunfal que dá acceso á ábsida. Sobre el podemos apreciar un talle románico dun calvario coas imaxes de Cristo, a Virxe Dolorosa e San Juan, unha peza de gran valor escultórico, do século XIII...
Despois desta pequena viaxe a unha parte do pasado milagreiro
dá nosa contorna, voltamos á realidade para comprender que ás
lendas, os mitos, os contos... son tamén unha pista da nosa cultura,
das
nosas
tradicións.
Nelas
descubrimos
paisaxes,
montañas, vales...emprendemos unha viaxe que nos perde no tempo para encontrarnos cos nosos antepasados, con deuses case
esquecidos, con santos, heroes, ritos sorprendentes, narracións dignas de ser oídas.
A nosa tradición é a nosa historia, e a nosa historia é parte importante de nós. Todos os pobos parten nos seus inicios, dunha
historia que é mais lenda que verdadeira testemuña fiel, pero non por iso esta deixa de ser menos valida, mais ben todo o contrario,
en canto un pobo toma como propio un mito ou unha lenda, pasa a integrar a súa realidade e configurar parte da súa historia.
TRABALLO REALIZADO NA MATERIA DE RELIXIÓN
EN 1º DA ESO
CPI “VIRXE DA CELA” CURSO 2014-2015