Ana MartĂnez
ALBARES
REVISTA ESCOLAR
CPI “Conde de fenosa”. ares
EDITORIAL
XUÑO 2015 Nº 4
N ESTE NÚM ER O A TO PA RÁ S:
Edi to rial
A CULTURA DA INMEDIATEZ
Apre nde mos a co nta r historias
Cando era pequena encantábanme eses contos nos que todo acababa ben e os conflitos se resolvían instantaneamente, un golpe de variña máxica, e zas!, de cincenta a princesa, de boneco de madeira a neno, de ra a príncipe... ou simplemente fregabas unha lámpada que che concedía tres desexos e che arranxaba a vida. Así de doado e de rápido.
Expl ícoche m ate máti cas 2 .0 E xa va n ca tro curs os! Proxe cto Me teoes colas 201 4-2 01 5 C o usiñas d os pe querre chos de 5 ano s A X o gos do m un do Na bei ra do ma r Visi ta á vila de Ares Hai un a rtis ta e n ti: Mail a Rt Ares
Podería ser este a orixe da cultura da inmediatez na que estamos sumidos?. A verdade é que sería un tanto ousado afirmalo rotundamente, pero non parece moi desatinado que influíse algo nesa tendencia ao instantáneo, ao inmediato, á imposibilidade de esperar, á necesidade de que todo se faga rápido e doado, a non termos paciencia cando queremos conseguir algo. Mesmo os que fan estudos e estatísticas de todo o imaxinable, realizaron unha sobre o promedio que teñen as persoas antes de se impacientar e, disque tardamos unha media de 8 minutos e 22 segundos!. Así que coidado a partir dese tempo... aínda que a algúns lles sobran ata os 8 minutos. Internet, o washap, o zapping, o “agora xa”, a eliminación do "non" na educación familiar... ata o crédito bancario que nos permitiu termos todo o que queremos antes de que nolo poidamos permitir, ou mesmo antes de que verdadeiramente o necesitaramos, volveunos moito máis impacientes que os nosos antepasados. Se ata os políticos de todas as cores se contaxiaron desta enfermidade e empeñáronse en implantar en cada mandato unha nova lei de educación. E así nos vai... agora xa coa LOMCE e sen coñecermos case a
Vila Soñ Ares: un li pd ub pa ra a i ncl usi ón Fi nalis tas do Festi val Oll o boi O ne no das visió ns L os zo m bies nos in va den O pro xecto Mete oescolas no En troido Le tras Gale gas 20 15 Proxe ctos de te cnol oxía Po r un ha li ngua ANPA de Ares Ecos m usi cais A Bi blio teca Ca ra bela A bruxa e a s úa che pa Que s upuxo o cam bio ... Eu s on Ros alía O in cri ble nen o de vora do r de li bros C om o nos gus ta can ta r A nosa plantaci ón de bul bos Pre mio C on curs o ONC E C ientífi cos po r un día T eatro en in glés C on tacon tos in tera cti vo O n oso xardín T apa, ta pi ña, ta pón Éxito da carrei ra quiló metros d e s olida rieda de
normativa que a vai regular.
Ata se mpre ...Natas ha
Mesmo cando miras cara a atrás, quedas contaxiado por esa fugacidade;
Pre mio s relato Co ca-Cola
O recunch o da le ctura
parece que foi onte cando entrou ese grupo de nenos e nenas no cole, asustados moitos, con dificultade para subir os chanzos da entrada, chorando porque non querían quedarse... e resulta que xa se nos van para o instituto.
III Con curso Rela to C urto “C oncello de Ares ” C on curs o Po rtada de li bro s Cel ebra mos o Día dos De rei tos da Infa ncia Unha n ova we b no nos o cen tro Mello ran do o talle r de tecnol oxía O n oso Mercad o Muni ci pal
Así que vivamos o presente e fagamos proxectos de futuro, que visto o visto, descóidaste e xa é pasado.
Pasate m pos De fini ci óns sin gulares
Edita: Equipo de Dinamización Lingüística
Boa sorte e felices vacacións!
do CPI Conde de Fenosa. Yolanda Castro. Coordinadora do EDLG
1
Colabora:
ALBARES
APRENDEMOS A CONTAR HISTORIAS!! Homer Simpson, nocilla, nave espacial, piollo, zombi. Como enfías todas esas ideas para artellar un relato?. Con esa suxerencia motivadora, o profesor e escritor Fernando Díaz-Castroverde, tentou
provocar
a
creatividade
literaria
no
imaxinario do alumnado da ESO. Ao longo da sesión
de
obradoiro
que
impartiu,
propuxo
diferentes métodos imaxinativos para rachar coa habitual obstrución que nos dificulta a creación literaria. Todo serve como material narrativo, todas as formas de presentalo son útiles para botar a contar. Perdemos o medo. A contar!!!
EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS 2.0 O alumnado de 4º ESO apoiado pola profesora de matemáticas, Mª del Rosario Segura Torres participou no Concurso "EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS 2.0", organizado pola Facultade de Matemáticas da USC en colaboración con EducaBarrié, a iniciativa da Fundación Barrié para a comunidade educativa. O obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático. O noso centro participou con 2 vídeos: un coa explicación do "Teorema de Thales" no cálculo da altura da igrexa de Ares e outro da "Regra de tres" no vídeo "Matemáticas na cociña". Parabéns aos rapaces e á profe.
Podedes velos nos seguintes códigos QR.
2
ALBARES
E XA VAN CATRO CURSOS! O presente curso escolar é o cuarto aniversario da Edición da Revista ALBARES coincidindo co cuarto aniversario desta Dirección. É hora de reflexionar e valorar o traballo desenvolvido. Entendo a Dirección como un servizo a todos os membros da Comunidade Educativa: profesores, alumnado, familias e persoal non docente co único fin que é EDUCAR. Como Directora, nestes anos, liderei, coordinei, organicei, dinamicei e consensuei vontades, para implicar a toda a comunidade educativa no noso proxecto común de ensinar, grazas ao apoio do meu equipo que se comprometeu neste proxecto e a todo o profesorado que participa dinamicamente no seu traballo e sempre se implica nos diferentes proxectos e dinamizacións que se levaron e se están levando a cabo. Nestes catro anos cumprimos os nosos principais obxectivos como:
Modificar os documentos de centro adaptándoos á nova lexislación para que sexan a guía do noso proceso educativo como: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO, NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO, PROXECTO LINGÜÍSTICO, PROXECTO LECTOR...
Mellorar as prácticas educativas.
Garantir o proceso de aprendizaxe de todo o alumnado incluso o de necesidades educativas especiais, baixo o lema: “Todo se pode aprender, todo se pode ensinar”.
Acadar unha mellora do ambiente escolar contando tamén coa contribución das institucións locais e implicación das familias.
Impulsar a arte (música, pintura...) como parte integrante e fundamental no proceso educativo.
Dinamizar as TIC coa formación do profesorado e alumnado no propio centro.
Impulsar a lectura dende a mellora da Biblioteca e a posta en marcha do Plan lector no centro.
A colaboración entre o profesorado e as dinamizacións que se levaron a cabo durante estes cursos, deron lugar á ampliación da oferta educativa:
Ofértanse Seccións Bilingües en lingua inglesa nos cursos 5º, 6º de Primaria na materia de Plástica; en 1º, 2º ESO na materia de Ciencias Naturais, en 3º ESO na materia de Bioloxía e Xeoloxía e
na
materia de Física e Química. Consideramos o incremento destas seccións cara o curso 2015-2016 nas materias de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química de 4º de ESO.
No
curso 2013-2014, a proposta do Concello, ofertouse un Programa de Cualificación Profesional
Inicial de Actividades Físicas e Deportivas, pertencente a un grupo da Comarca de Ferrolterra. No presente curso non o ofertamos xa que coa entrada da LOMCE desaparecen dando paso á FP Básica. Estas modificacións demostran o dinamismo que se vive neste centro, que estamos receptivos ante calquera proposta de modificación da oferta educativa para atender todas as demandas e necesidades adaptadas ao noso alumnado, sempre debatidas e aprobadas nas reunións do Claustro de profesorado e do Consello Escolar.
3
BREVE
REFERENCIA
Á
PROMOCIÓN,
PLANS,
PROXECTOS
E
ACTIVIDADES
DESENVOLVIDAS
NOS
DIFERENTES CURSOS. Nestes cursos académicos desenvolvéronse os proxectos nomeados e participouse nos seguintes Concursos:
Proxecto Abalar en 8 aulas: 5º e 6º EP e 1º e 2º ESO.
Proxecto lector en toda Primaria e na ESO.
Dinamización da Biblioteca: blog “Carabela de Ares”, e actualmente participando no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares). Coordinadora: Conchi Cambeiro.
Dinamización da nosa páxina web: http://www.edu.xunta.es/centros/cpicondefenosa/
Traballo coa Aula virtual o alumnado de ESO
Dinamización Lingüística, co desenvolvemento de diferentes e diversas actividades cómo “O Preguntón”, actividades solidarias, contacontos a cargo do noso alumnado... reflectidas no seu blog: “Tesmoitalingua”.
Revista escolar: “ALBARES”, maquetada e coordinada por Yolanda Castro, coordinadora do equipo de Dinamización Lingüística en colaboración co alumnado da ESO e de todo o profesorado; revista que está presente na nosa páxina web en formato dixital.
Creación dunha horta e xardín: Alumnado e profesorado de ESO – PDC.
Mantemento dun xardín na entrada do noso centro, grazas ao profesorado (Elisa Martínez) alumnado de infantil e primaria.
Participación nos Concursos Matemáticos apoiados polas profesoras Belén Morón e María Segura como: XX Edición do Canguro Matemático, XVII Olimpiada Matemática Galega, Semana Problemática realizada no noso centro, organizada polas profesoras e coa participación do alumnado da ESO, Concursos Educabarrié. Interactividade entre alumnado de ESO e Infantil e Primaria:
Representacións de teatro organizadas e musicadas polo profesorado de Plástica, L. Galega e Música da ESO (Teresa, Marisa e Luísa): “A Cincenta”, “O incrible neno devorador de libros”... así como contacontos organizados polo EDLG e o departamento de Reli: Na procura dun mundo marabilloso, A espada pacifista...
4
ALBARES
Explicación de funcionamento dos proxectos de Tecnoloxía elaborados polos maiores aos pequenos.
Celebracións diversas como: Entroido, Día da Paz, Día das Letras Galegas, Magosto....
Actividades solidarias:
Participación de todo o Carreira
alumnado do centro na
Quilómetros
colaborando acompañados
coa
ONG
pola
de “Save
atleta,
Solidariedade the
Children”,
ex-alumna,
Paula
Mayobre.
Operación Quilo: colaboramos na Recollida de alimentos
para
Cáritas
de
Ares
e
a
Cociña
Económica de Ferrol.
Concursos Escolares (ONCE, Clipmetraxes...). Onde cada ano no que participamos (ONCE), tivemos gañadores provinciais tanto da ESO, como neste curso os de 5º de primaria.
Actividades Deportivas en colaboración co Concello, (DUATLÓN, Orientación...) coordinadas polo profesorado de Educación Física (Bárbara e Amalia).
PLAN PROXECTA: METEOESCOLAS. Proxecto integral do centro, coordinado polo profesor Jorge Gutierrez, e no que levamos o curso pasado o 1º Premio.
5
DEBATE NO PARLAMENTO XOVE. Instaurado xa na ESO polo profesor Xoan Barrio.
PROXECTO “Mail Art: Hai un artista en ti”, que comezou o pasado curso cunha grande repercusión a nivel internacional, nacional e autonómica; grazas as profesoras Amelia Seoane-Chanes e Lara Valcuende, e que continúa no presente curso escolar.
Actividades fin de curso: Primaria e Secundaria, nas que se recoñecen os logros educativos e deportivos do noso alumnado, con exhibicións de parte deles: coreografías, ximnasia rítmica…, e despedida do alumnado de 4º ESO coa entrega da súa orla.
Estas son pequenas mostras de actividades que fixeron a vida do noso centro máis dinámica, e que nos fixeron sentirnos orgullosos do traballo realizado. Todo grazas :
á colaboración e implicación de todo o alumnado que sempre está receptivo e participativo. á coordinación entre o profesorado que levou a cabo, tanto a consecución dos obxectivos, como a creación dun bo clima de convivencia en xeral.
ao maior compromiso por parte de toda a comunidade educativa: profesorado, alumnado e familias, na consecución dun mesmo fin: A DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO.
Á vista de todo isto e, contando coa colaboración do meu equipo directivo, fundamental na organización, realización e consecución do proxecto, solicitei a prórroga para continuar nesta Dirección outros catro cursos.
É UN PRACER TRABALLAR NESTE CENTRO.
Blanca Cortizas Gómez. Directora
6
ALBARES
PROXECTO METEOESCOLAS 2014-2015 Un curso máis, o noso colexio segue co Proxecto Meteoescolas, impregnando a vida escolar. O alumnado de 3º e 4º de primaria diariamente recolle nos seus calendarios de aula, a temperatura que marca o termómetro en dous momentos da mañá (a primeira hora e despois do recreo), así coma o estado do ceo. Os alumnos/as de 4º posteriormente realizan unhas gráficas con esta información e o alumnado de 3º pásalla ao de 6º para que
as
elaboren
no
ordenador.
Tamén
controlamos
pluviómetro para levar conta da cantidade de chuvia.
Cos refráns meteorolóxicos os nenos das clases de terceiro A e B e os de 5 anos A realizaron uns estupendos vídeos nos cales explican o significado dos seus meteo-refráns. Nin Pemán nos seus mellores tempos o fixo mellor. En hora boa aos rapaciños/as e a súas profes. Para velos podedes acceder a través dos seguintes códigos QR.
E relacionado co anterior, na Semana das Letras Galegas, cada curso de Infantil e Primaria ilustrou un refrán meteorolóxico para colocar na porta da aula (as meteoportas) e facer despois unha exposición con todos eles.
7
un
COUSIÑAS DOS PEQUERRECHOS DE 5 ANOS A PALABRAS ENCADEADAS Na aula de infantil de 5 anos A, xogamos ás palabras encadeadas. É moi sinxelo. Primeiro escribimos unha chea de palabras, despois fixámonos por que letra comeza e por cal remata e, finalmente, imos formando a cadea. Bacallao-ollos-sacodir-rapaz-zampón-naris-soño-ollomol-lóstrego... e así ata formar unha cadea ben longa que agora decora a nosa aula.
Tamén fixemos un mural cun poema de Manuel María.
O arco da vella no ceo subido co seu colorín, co seu colorido. O arco da vella con sete colores que teñen, no ceo, beleza de flores.
O arco da vella é un arco triunfal con sete guerreiros que a ninguén fan mal. O arco da vella de luz feito é. ¡Resulta un milagre que siga de pé!
O arco da vella no ceo chantado co seu colorín, co seu colorado.
8
ALBARES
XOGOS DO MUNDO
Serías capaz de localizar no mapa a orixe dos seguintes XOGOS DO MUNDO?
Seba Tizra (Líbano)
Grizzly bear (Nativos Comanches)
Os xogadores divídense en dous equipos. Temos atacantes
Un xogador é o Grizzly bear (oso gris), outro xogador é a
e defensores. Apílanse sete tacos de madeira (ou ladrillos
nai que encabeza unha fila formada polo resto de xogadores. No interior dun círculo colócase un taco de
de plástico) a uns 7 pasos de distancia dunha liña trazada
madeira diferente para cada xogador da fila. O oso gris
no chan. O primeiro xogador do equipo atacante lanza a
intenta tocar o último xogador da fila e todos tratan de
pelota dende a liña tratando de derrubar polo menos
impedilo cortándolle o paso, a nai cos brazos abertos e o
unha pedra da torre. Se non o consegue lanza outro
resto da fila facéndoa ondular. Cando o oso gris toca ao
xogador do seu equipo e así sucesivamente ata que todos
último xogador, a fila rómpese e os xogadores tratan de recuperar cada un o seu taco. O oso gris trata de
erren, neste caso cambian pero se un xogador logra tirar
impedilo, pero ten que ter un pé na liña do círculo.
unha peza o xogo segue así:
Entre os xogadores capturados polo oso sortéase quen
-Os xogadores defensores van pasándose a pelota
fará de oso na segunda rolda, e o antigo oso pasa a ser a
tratando de darlle ao equipo contrario (non está
nai, pero, se todos os xogadores recuperan a súa pedra,
permitido avanzar coa pelota nin botala), si lle dan a
o oso panda outra vez.
alguén pasa a zona morta. -Os atacantes tratan de construír de novo a torre, se o conseguen o xogo se reinicia da mesma forma, pero se todos están na zona morta se intercambian os papeis.
9
O xogo da serpe (Zimbabwe) e o xogo do pano (Costa de Marfil).
Alla Frutta (Italia) Todos
forman
unha
roda,
agarrándose das mans, agás un que
En roda, uns
queda. Cada un dos que forman o
detrás doutros, van
círculo pensa o nome dunha froita.
avanzando, pouco a
Cando todos o teñen pensado o que
pouco, ao ritmo da
queda di: Á FROITA , Á FROITA....
música e cos brazos
( e o nome dunha froita). Se a
cara a arriba,
froita nomeada é a mesma que
mentres van pasando
pensou algún dos que forman a roda, o que a pensou grita: SON EU!
o pano ao
(Pode haber varias persoas que pensasen a mesma froita).
compañeiro/a de
Entón, o que queda tenta atrapar a calquera dos que se
atrás pousándoo no
identificaron, mentres que os que forman o roda tratan de impedirllo.
ombreiro. Cando para a música, o que ten o pano mailo seu compañeiro/a de atrás dispútanse o pano co xogo da serpe: colocan o pano no chan, a modo de serpe, e, mentres soa a música, móvense coas mans na cadeira, imitando a unha galiña. No momento que a música deixa de soar, tratan de facerse coa serpe tirando dela por un dos seus extremos. O que queda sen a serpe pasa a bailar no centro da roda na seguinte quenda. Continúase así ata que só quedan 3 na roda. Ao parar a música, un dos tres será o gañador, o que terá, do mesmo xeito que en Costa de Marfil, a honra de danzar con toda a orquesta de instrumentos de fondo. Rematamos cun forte aplauso e cun baile colectivo.
Se o consegue ambos xogadores intercámbianse os seus papeis, pero se a roda rompe, o que queda elixe a un dos dous xogadores cuxas mans se soltaron.
Atrapa a pedra (Grecia) Todos os xogadores, excepto un colócanse de pé detrás dunha liña trazada no chan coas mans xuntas e os pulgares cara arriba, pero deixando un pequeno oco entre as súas mans. O xogador pedra
libre,
cunha
pequena,
vai
pasando por diante do resto
finxindo
pór
a
pedra nas mans dalgún. A persoa que recibe a pedra ten como obxectivo tocar unha árbore situada fronte a el (pode botar a correr cando
Chak-ka-yer (Tailandia) equipos.
queira), antes de ser alcanzado por calquera dos outros. Se o consegue,
Colócanse aos lados dunha liña trazada no chan:
pasa a ser el o que deposite a pedra. Pero se é tocado por algún do
uns son os bos espíritos e outros os malos. Os dous
xogadores este é o que coloca a pedra.
Os
xogadores
divídense
en
dous
equipos, tirando das mans, tentan atraer ao seu rival ao seu campo. Os bos cooperan (ex.: formando unha cadea), os malos individualmente (non saben cooperar). O xogo finaliza cando todos os xogadores
Desafío (Arxentina)
forman parte do mesmo grupo.
Trázanse dúas liñas separadas uns metros e un equipo detrás de cada liña. Un xogador dun equipo chega ata o outro equipo onde esperan os
Gemo (Papua Nueva Guinea) Os xogadores divídense en dous equipos, cada un defende unha árbore. Un xogador dun equipo toca a árbore e convírtese “GEMO”
en
portador
(Espíritu)
e
do grita:
¡GEMO…! e intenta tocar a árbore do equipo contrario, pero, se un xogador contrario o toca, este pasa a ser o portador do xemo. O xemo pódese pasar entre os xogadores dun mesmo equi-
xogadores coa palma boca arriba. Canda queira bate a man bota
a
correr
cara
o
seu
equipo. O golpeado persegue e trata de collelo. Se chega o seu campo o perseguidor cambia de equipo e se o colle antes pasa o outro equipo. A quenda de palmear é alternativa. Non vale repetir o mesmo. Finaliza o xogo cando só queda un equipo.
po, tocándose. O obxectivo de ambos equipos é que o portador do xemo toque a árbore contraria.
10
doutro e
ALBARES
Este curso os nenos e nenas de 4 anos fixemos unha visita ao Museo de Belas Artes de A Coruña. Foi un percorrido guiado para “Descubrir o museo”. Unha das paradas foi na obra de Luís Seoane “As mariscadoras”. Na mesma sala estaba “Tres soles en Galicia” do mesmo autor.
Estas dúas obras foron o punto de partida para desenvolver na aula un pequeno proxecto, NA BEIRA DO MAR, co que pretendíamos achegarnos ao noso entorno co mar, a praia e o sol como elementos fundamentais. Todo xiraría arredor da confección dun mural. Aproveitamos as láminas das mariscadoras que nos deron no museo. En que consiste o seu oficio?. Recollemos cunchas na praia e aprendemos a diferencialas: ameixas, berberechos, mexillóns, lapas, minchas, zamburiñas, ostras, vieiras, navallas… Todo iso que vemos cada tarde de praia durante o verán, mirado doutro xeito. Continuamos a elaboración do mural colocando barquiñas de papel e paxariñas; o mar e o sol azul de Luís Seoane. Un intercambio constante entre a realidade máis próxima e a expresión plástica, poñendo en valor o que nos vén regalado: a nosa paisaxe. Esa paisaxe que condiciona a vida dun pobo, moldeando formas de vida, facendo de nós o que somos. Oficios, tradicións, cantigas, ...cultura que debemos coñecer, apreciar e divulgar. Para rematar o proxecto aprendemos unha cantiga e acompañámola co son das cunchas de vieira: “Na beira do mar”. Cada alumn@ levou o seu cadro elaborado con cunchas para continuar falando na casa. Seguro que nas súas familias saben moito do mar e da praia... E un anaquiño do seu patrimonio: unha cantiga sinxela e un par de cunchas de vieira para seren tocadas. Carmen Canedo (mestra de infantil)
11
Os nenos e nenas de 3º de E.P. fixemos un paseo pola vila de Ares para coñecer varios edificios do
concello
que nos
prestan servizos. Case todos os edificios que visitamos, antes estaban destinados a dar á vila outros servizos diferentes aos que nos dan hoxe. Así, por exemplo, a Casa da Mocidade era unha antiga escola,
o
mesmo
que
a
Biblioteca
Municipal; o Xulgado de Paz era o antigo polo
consistorio…
novo
Concello
Pasamos
tamén
e rematamos o
percorrido no Mercado Municipal. Vivimos nunha vila preciosa!!!
Na nosa vila tamén temos unhas praias fermosísimas. A ver se as atopas na seguinte sopa de letras
12
ALBARES
HAI UN ARTISTA EN TI: Mail aRt Ares No noso curso de 2º de
Mirade!, aquí vos deixamos unhas
primaria, fomos á Praia de Ares
imaxes da nosa recollida na praia;
e recollemos todo tipo de
en clase facendo os traballos e
residuos deixados polo mar:
enviándoos á oficina de correos.
redes, plásticos, botellas, sprais,
Por certo, Rosa, qué paciencia
algas, cunchas, madeiras....
tiveches con nós e qué ben nos
Despois o levamos á clase,
explicaches algunhas dúbidas que
lavámolo, deixámolo secar, o
te formulamos.
seleccionamos e con eles en
Moitas Grazas por colaborar!!
pequenos grupos ou Por segundo ano consecutivo no
individualmente, fixemos unha
colexio realizouse unha nova
morea de Artes Postais.
convocatoria de Arte Postal. O
Qué mágoa nos da que as praias
ano pasado foi todo un éxito.
e os bosques se ensucien tanto!!!
Este ano leva por lema : Hai un
Temos que concienciarnos deste
Artista en ti Mail aRt-Ares. Con
dano que ocasionamos á
R de Reciclaxe. A proposta este
natureza e a nós mesmos.
curso é realizar o Arte Correo, mail Art ou Arte Postal con obxectos encontrados nos nosos paseos, rutinas, na nosa entorna, poñer onde foron atopados e envialos coma sempre a través da oficina de Correos. A idea é facer reflexionar e tomar conciencia de todo o que o ser humano dana mediante as súas accións. A Natureza tamén nos envía as súas Artes Postais.
13
Amelia Seoane
VILA SOÑARES: UN LIPDUB PARA A INCLUSIÓN O proxecto de Vila SoñAres comezou cun obxectivo básico e fundamental, fomentar a inclusión, neste caso, das persoas xordas, desenvolvendo capacidades de empatía e cooperación coma inicio do camiño cara ao respecto e á fermosa diversidade. Todos necesitamos a comunicación e a lingua para construír o pensamento, organizar o mundo que nos rodea e interactuar. Para a gran maioría das persoas xordas a ferramenta para adquirir todo iso é a Lingua de Signos. Grazas a colaboración de todos os profesores e en especial do alumnado do CPI Conde de Fenosa, puidose comezar a SOÑAR nun mundo sen barreiras, tanto visibles como invisibles, as cales non nos deixan medrar, compartir e descubrirnos. Luísa Lombardero (Intérprete de signos do noso cole)
FINALISTAS DO FESTIVAL AUDIOVISUAL GALEGO OLLOBOI O noso centro co vídeo “Meteo-refráns”, realizado polas profes e o alumnado de 3º de primaria,
quedou
finalista no Festival Olloboi, considerado como os Oscar do audiovisual galego. Un total de 150 traballos e 60 centros educativos presentáronse ao concurso, que tivo a súa final o 30 de maio en Boiro. A gala, conducida polos actores Fede Pérez e Touriñán, foi todo un éxito tanto de público como de participación. Non acadamos o premio final pero xa somos uns gañadores por chegaren ata aquí. Parabéns tamén ao colectivo de Monferosolidario do CPI Virxe da Cela que resultou finalista na categoría “Peleóns”, categoría que premia aos audiovisuais coa temática máis reivindicativa e comprometida. Aquí podedes ver o noso vídeo finalista.
14
ALBARES
O NENO DAS VISIÓNS
Por Diego Fernández Sueiras.
O neno das visións é unha historia moi coñecida. É tan coñecida que ata os militares a contaban en plena guerra. IMOS COMEZAR!
Había
unha vez un neno coma calquera outro, cunha familia como a de
calquera neno, con moitos amigos … Mesmo o seu nome era moi habitual, Xoán. Pero no medio de tanta normalidade había unha cousa diferente que tiña este neno, que non era moi corrente. Eran os seus ollos. Eran moi especiais. Non tiña daltonismo nin tampouco necesitaba usar lentes. A súa característica tan particular era que todo o que miraba o vía ao revés. Para que o poidamos comprender, para el o chan era o ceo e o ceo era o chan... E así con todas as cousas. Todos os nenos se rían del porque sempre choraba por ser diferente aos demais. Un día aparecéuselle a Xoán unha fada chamada Manuela e vendo a tristura do rapaz díxolle que lle concedería un desexo. Xoán pediulle que os seus ollos deixasen de ser diferentes e que, para que os outros nenos soubesen o que era e que sentisen o mesmo ca el, tivesen por un tempo os mesmos ollos que el tivera ata ese momento. Ao día seguinte de pedir o seu desexo Xoán sentíase raro xa que a el parecíalle que estaba no teito do seu cuarto. Ao chegar ao colexio os nenos estaban como cegados, lles custaba andar, saltar, ... Xoán sentíase especial e os nenos sentíanse raros. Á mañá seguinte Xoán ía contento polo colexio ata que se atopou con algúns nenos que se rían del e Xoán non o podía entender. Non parou de pensar como era que continuaban a rir e entón, decatouse de que o raro seguía sendo el. Agora que todo o mundo vía ao revés e el vía ao dereito, o raro seguía a ser el, xa que volvía a ser o único no mundo. Volveu a sentirse moi desgraciado. El non quería ser diferente. Pasou o tempo e, despois de dous anos moi dolorosos para Xoán, a fada Manuela volveu a aparecer e el díxolle: - Xa estou farto! .Desexo que a xente poida ver normal e eu tamén. E a fada respondeu: - Vale, fareino. A partir dese momento todo volveu a ser normal, para todos, incluído o noso protagonista da historia, Xoán, que xa nunca máis se sentiu diferente ao resto dos demais nenos. E a fada pensou que para que Xoán aínda puidese ser máis feliz, decidiu engadir ao seu feitizo que o neno esquecese todo o acontecido no pasado.
FIN
15
Autora: Lucía Couceiro (6º B) Ilustradora: Sara Rivas (6ºB)
16
ALBARES
O PROXECTO METEOESCOLAS MANDOU NO ENTROIDO DESTE CURSO O tema do entroido deste ano foi o tempo atmosférico Jorge,
en agradecemento a
profesor de secundaria, e ao seu
traballo, por ter conseguido o primeiro premio Meteoescolas o ano pasado. E foi así como o celebramos por todo o alto!!!. A verdade é que hai que dar as grazas a todo o
profesorado
de
infantil,
primaria
e
secundaria e, por suposto ao alumnado, por todo o traballo e implicación nesta xornada. Non soamente se apreciaba toda unha labor de semanas na elaboración dos disfraces dos de infantil e primaria, senón tamén nas coreografías e representacións que os alumnos/as dos diferentes cursos da ESO levaron a cabo. E, aínda que o tempo non acompañou, non conseguiu sen embargo “augar a festa”. Na ESO comezamos as actividades coa I Carreira de disfraces “Dulcess Lessons”, carreira lúdico-deportiva encamiñada a recadar fondos para a construción dunha escola infantil en Iringa (Tanzania). A nosa compañeira e atleta Paula Mayobre patrocinou e acompañou ao alumnado nesta actividade, na que se repartiron premios aos corredores e ao mellor disfraz.
17
En Infantil e Primaria non puideron saír pola vila pero aínda así, desfilaron para todos polo patio cuberto, incluídos pais, nais e os centos de reporteiros gráficos que ata alí se achegaron. Non faltaron os lóstregos e nubarróns, as chuviscadas e as nubes, as pingas de auga e o arco da vella, o sol (que aínda que non nos acompañou na xornada, estivo moi ben representado polo noso secretario Juan).
No primeiro ciclo, como non, e facendo alusión ao tema da convocatoria de Arte Postal, realizaron os seus disfraces con elementos de reciclaxe, así que foron de residuos contaminantes é dicir de papel, plásticos e residuos orgánicos. Ademais elaboraron carteis con lemas para concienciar da posta en práctica das 3 R : Recicla, Reutiliza e Reduce. A verdade é que tod@s alumnos/as, profesores/as merecían un premio por colaborar para lograr un espectáculo de tanta talla. E logo do desfile degustaron doces típicos do entroido que amablemente prepararon as nais dos alumn@s. Foi unha xornada XENIAL!!!
18
ALBARES
A designación do homenaxeado no Día das Letras deste ano veu acompañada dunha agre polémica. As sombras políticas do personaxe anubraban a súa implicación nos proxectos de galeguidade. A colaboración coa Ditadura, representando a alcaldía da cidade de Pontevedra entre os anos 1959 ata 1968, permite cuestionar a integridade ética do seu dinamismo galeguizador. Rexistrando a súa participación en propostas creadoras e dinamizadoras da cultura galega, e sociais, podemos formalizar a biografía en tres campos: creación literaria, xestión cultural e dirección política. O ensaio cultural e divulgativo será o eido con maior proxección na súa obra. Propostas arredor da música (Cancionero Musical de Galicia), das súas cidades (Pontevedra no Camiño das Peregrinacións) e de persoeiros literario-culturais (Álvaro Cunqueiro) serán os campos recorrentes. Cóntanse por decenas as súas achegas con estudos detallados destas temáticas, a gran maioría en castelán. Con todo, tamén se introduce nos camiños creativos da narración breve como en O neno ou Quintana viva, obras que teñen estampas de nenos urbanos e rurais e nos que descobre unha profunda admiración por Irlanda. A morte circula polas veas poéticas da súa
En canto que xestor cultural, puxo en marcha proxectos dunha transcendente repercusión. O Seminario de Estudos Galegos creado en 1923 ao amparo das Irmandades da Fala e do grupo Nós, conta coa colaboración entusiasta dun estudante de Filosofía e Letras de dezasete anos, chamado Xosé Fernando Filgueira Valverde. Coa chegada da Ditadura, anúlase este Seminario e anos máis tarde, en 1943, funda e dirixe o Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”, claro está, cunha orientación exclusivamente culturalista. Cando, xa na democracia e con Estatuto de Autonomía, se xesta o Consello da Cultura Galega, el mesmo será o director entre os anos 1991 e 1996, ano da súa morte. O Museo de Pontevedra vai ser a meniña dos seus ollos. Nel investiu os seus maiores esforzos. Xunta a outros impulsores, como Losada Diéguez ou Castelao, crea un centro que recolle mostras de carácter arqueolóxico, histórico, artístico e etnográfico, ata completar unha colección de pezas que achegan unha visión panorámica da evolución das artes galegas desde a súa orixe ata a Idade Contemporánea. Como director, cargo que exerceu entre 1940 e 1986, executou a adquisición do legado de Castelao, evitando así a súa máis que probable dispersión en varias mans por parte das autoridades da Ditadura, que se incautaran dos bens do rianxeiro en Pontevedra. O seu perfil conservador e fondamente católico permitíronlle e garantíronlle unha vida acomodada nos tempos difíciles para os que tiveran unha significación no campo da galeguidade. Por iso accedeu á alcaldía da súa Pontevedra natal entre os anos 1959 e 1968 e logo representou a Consellería de Cultura no primeiro goberno da Xunta en 1982. A constancia, a paixón polo mundo da cultura xustifican os centos de textos, colaboracións e propostas que levan a súa sinatura.
19
Como complemento das actividades da Semana das Letras Galegas os alumnos e alumnas do 2º ciclo de primaria,
fixeron
este
mural
con
caricaturas
de
Filgueira Valverde e unha pequena escolma de palabras dos seus escritos. Traballaron tamén unha unidade didáctica para coñecer a súa biografía e algo da súa obra.
Tivemos bailes
tamén
unha
populares
acompañamento profe mañá
música,
xornada con cantigas e
moi
divertida
de
ao
Teresa, Elena, Teri e o
Simón,
tocando
grazas
que
e
amenizaron
a
cantando co alumnado
e profesorado do cen-
tro.
20
ALBARES
RESUMO DOS PROXECTOS DO CURSO 2014-2015 EN TECNOLOXÍA
21
22
ALBARES
POR UNHA LINGUA As persoas xordas, ao
Sinto unha gran
As linguas de signos en España
longo do tempo, incorporaron
pasaron dunha situación
curiosidade, por saber quen decide
de forma natural as linguas de
puramente doméstica e
que hai linguas máis válidas ca
signos como resposta creativa á
restrinxida a unha situación
outras. Por saber quen nos etiqueta
limitación sensorial da xordeira.
coma a actual, na que o seu uso
de capaces ou incapaces?. En
Son linguas naturais de carácter
transcende a tódolos ámbitos e
función de que?. De si escoitamos? .
visual, espacial, xestual e
contextos sociais.
De si se pode ver?. De si podemos
manual na que interveñen
Na actualidade conviven no
ser capaces de movernos pola nosa
factores históricos, culturais,
Estado Español dúas linguas de
conta? .Deberían os xordos oír, os
lingüísticos e sociais. As linguas
signos, a Lingua de Signos
cegos ver e as persoas con algún
de signos cumpren fielmente
Española (LSE) e a Lingua de
tipo de discapacidade motriz, ser
con tódalas características
Signos Catalá (LSC) na
capaces de facer desaparecer esas
formais da linguaxe humana;
Comunidade Autónoma de
limitacións?. Dende logo é unha
posúen unha gramática visual
Cataluña, tal e como recoñece a
curiosa maneira de delimitar as
rica e propia; son linguas de
Lei 27/2007, do 23 de outubro,
nosas capacidades. Podería ser que
cultura e dependen na súa
pola que se recoñecen as linguas
en lugar de empeñarnos no que
evolución e desenvolvemento da
de signos españolas e se regulan
non podemos facer, deberíamos
comunidade de persoas que a
os medios de apoio á
buscar e ensalzar as capacidades de
empregan, as persoas xordas,
comunicación oral das persoas
cada persoa, alabando así a
xordocegas e as súas familias.
xordas con discapacidade auditiva
fermosa e necesaria diversidade.
Non hai unha única lingua de signos en todo o
Oxalá podamos algún día
e xordocegas. A pesar de todo isto, son moitas
vivir nun mundo accesible para
mundo; cada país posúe unha
as ocasións nas que os alumnos
todos, onde tivésemos en conta a
ou varias, e non existe unha
xordos abandonan a ensinanza
necesidade de que desaparezan as
lingua de signos por cada lingua
por non ter os recursos que
barreiras visibles e invisibles, que só
oral, posto que as linguas de
necesitan, unha resposta
serven para illar e impiden así o
signos evolucionaron de forma
adecuada e adaptada; incluso a
crecemento, a necesidade de
natural no contacto entre
nivel estatal non poden ter acceso
compartir… A día de hoxe, seguen
persoas. De feito, hai varios
a un intérprete de Lingua de
enmudecendo ó xordo, impedindo
países que comparten o mesmo
Signos (ILSE) ou, simplemente,
que moitos o escoiten. Por certo,
idioma falado pero empregan
outras veces teñen que
aínda que en Galicia non aparece
diferentes linguas de signos.
compartilo con outros usuarios.
recollido, a nivel estatal, dende o
Quere dicir isto que non teñen
Real Decreto emitido en xaneiro do
minoritarias, a lingua de signos
dereito a educación, dereito
2015, a lingua de signos xa se
estivo moitos anos marxinada e
declarado universal?. Acaso poden
pode impartir nos centros de
relegada ó uso persoal pero a
eles elixir oÍr o galego ou o
primaria e secundaria que a
pesar de todas esas prohibicións
castelán?.
inclúan.
Como moitas linguas
e obstáculos, mantívose viva e a súa comunidade usuaria protexeuna e transmitiu o seu patrimonio lingüístico de xeración en xeración.
Luísa Lombardero Intérprete lingua de signos.
23
Estimados nais/país: Dende a directiva da ANPA Ramón Pimentel do C.P.I. Conde de Fenosa de Ares, queremos dirixirnos a todos vós nesta oportunidade que nos brinda a publicación da revista que todos os finais de curso tan ben elaboran os alumnos do noso cole. É un dos obxectivos desta ANPA poder ser parte activa da educación dos nosos fillos/as dentro do colexio, colaborando ca dirección do centro en diferentes celebracións, festas, excursións, así como organizando actividades extraescolares e complementarias que axudan na conciliación da vida familiar e na mellora do rendemento dos nosos fillos/as. Dependemos do apoio de todos os pais/nais para seguir crecendo e facer unha ANPA forte que poida apoiar as demandas e imprevistos que poidan afectar a calquera dos ámbitos da vida educativa do noso centro. Só deste xeito poderemos representar e pelexar polos intereses e dereitos de todos os nenos/as, xa que cremos que merece a pena implicarse na vida educativa para seguir mellorando entre todos a educación dos nosos fillos.
Felices vacacións e bo verán!!!
Na aula de música os alumnos e alumnas de primaria e infantil vibramos un pouquiño cada semana con cancións, bailes, instrumentos... É un pracer para nós compartir con todos vós o que facemos no noso espazo, por iso convidámosvos a coñecer o noso blog no que podedes mergullarvos nalgunhas das nosas argalladas. Estas toman forma en distintos vídeos e nun recompilatorio de temas gravados nas clases. Todos eles son ecos de momentos diferentes, de risos, cantos e interpretacións varias que esperamos que vos gusten.
aulademusicadeares.wordpress.com
24
ALBARES
Dende a biblioteca Carabela temos como obxectivo principal a implicación dos nenos e nenas na lectura. Ao longo deste curso propuxemos diversas actividades encamiñadas ao desenvolvemento deste obxectivo. Unha destas actividades que nos está parecendo moi enriquecedora é a sesión de contacontos dos venres. Consiste en que o alumnado voluntario de 3º ciclo escolle, prepara, conta e representa un conto. O primeiro deles foi “ Unha chea de familias”, de Xosé M. Neira Cruz, da editorial Galaxia.
Outro formato de contacontos é o dixital. Neste caso foron seis nenos e nenas de 5º de primaria os que traduciron ao galego e lle puxeron voz ao libro “ ¿Qué deseo pedirías de Violeta Monrreal, da editorial Anaya.
Tamén durante o curso tivemos a visita de diversos autores entre os que destacan: Manuel Solla:
Fixo unha sesión
de
animación a lectura cos nenos e nenas de 4º de primaria. Contounos o conto " A Princesa dos Labios de Fresa" e logo unha
representación
os rapaces/as, fixeron
deste
mesmo
conto.
A
verdade é que se divertiron moitísimo.
Rosa Huertas: Visitou aos alumnos de 5º de primaria para falarlles do seu libro " LA CAJA DE LOS TESOROS", baseado na historia real da súa infancia cando pasaba o verán coa súa familia e,
Anxo Moure: Autor de libros coma “O
como co paso do tempo, chegou a ter unha Caixa
Carballo con botas” e “ O paraugas dameaugas”
de tesouros chea de recordos.
inculcou valores para respectar o medioambiente, aos pequerrechos de infantil.
25
Iago López: Co seu libro “Augusta e os seus medos”, da editorial Anaya. Fíxonos gozar cunha historia de medos e inquedanzas para os máis pequenos.
José Leis Martínez: “ Un baúl lleno de dinosaurios” (Ed. Santillana). Fíxonos un pequeno resumo do seu libro e realizamos diversas actividades teatrais. Neste caso foi para os de 1º ciclo de primaria.
Lecturas compartidas : Este curso para conmemorar o día do libro fixemos unha sesión de lecturas continuadas nas que participou alumnado de todas as idades que se ían acercando pola biblioteca. Nesta ocasión limos a Federico García Lorca.
Contos en Língua de Signos Os alumnos e alumnas de 1º e 2º ciclo compartiron unha serie de actividades dentro da Campaña de Sensibilización que desenvolven polos colexios os membros da “Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia”. Contáronnos dous contos: "Olivia" e "El Lobo ha vuelto". Tamén vimos un corto: "El sueño de Pedro" e explicáronnos as dificultades e barreiras de comunicación que atopan os nenos e nenas xordas na súa vida cotiá. Mochilas e maleta viaxeiras: Como tódolos anos, poñemos a disposición das familias as mochilas viaxeiras dentro do marco de fomento da lectura. As mochilas levan libros de diversa temática, revistas ou DVDs. Ademais das mochilas, este curso chegou aos centros un cartel co lema BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!. É unha contribución da consellería á visibilización das múltiples posibilidades da biblioteca ao servizo do currículo e tamén, da súa potencialidade para espertar o gusto polas matemáticas. A nosa biblioteca recolleu esta idea e botou andar un proxecto anual ben interesante: as MALETAS VIAXEIRAS DE MATEMÁTICAS, que percorreron todas as aulas de primaria, permanecendo tres semanas en cada unha delas.
26
ALBARES
A BRUXA E A SÚA CHEPA
Por Antía Fernández Vidal. 5ºA Había unha vez unha bruxa que era unha aprendiz... Tiña sete anos cando comezou a estudar para bruxa e cando tiña cincuenta e seis anos chegou a ser unha bruxa experimentada. Ao longo deses anos
foi
curandeira...,
escritora,
costureira,
transformábase
nun
animal cando quería; mesmo chegou a ser a profesora e directora do colexio de bruxas. Pasou o tempo, moitos anos, séculos e aínda así non envellecía. Cando xa tiña mil anos só aparentaba ter uns trece anos. Un día decidiu ver mundo. Colleu a súa vasoira máxica e comezou a voar arredor de todo o mundo e, cando regresou á escola de bruxas atopouse con que estaba completamente baleira, sen vida, queimada… Aterrorizada ao ver tal desfeita dixo: -Pero, pero, pero...Non lle saían as palabras. Non o podía crer. Quedou parada e logo, sen saber o que sucedera na súa ausencia, veu sentada nun banquiño que estaba ao lado da escola a unha meniña pequena. Tería soamente uns catro ou cinco aniños. Estaba chorando desconsolada, soa no medio de aquel desastre. A bruxa sentiu moita tristura ao vela e, ao mesmo tempo tiña que frear as ganas de rir, xa que a nena tiña unha maneira moi estraña de chorar. Parecía un gorila e ao mesmo tempo facía sons coma un arroaz. A bruxa pensou en voz alta: -Vou ou non vou, ... río ou non río... – así estivo case un día enteiro desde pola mañanciña ata a noite. Entón decidiu deixar á nena que non paraba de chorar e a bruxa marchou. Volveu ao día seguinte e a nena xa non estaba, pero o sorprendente foi que todo estaba coma antes de que a bruxa marchara polo mundo. A escola estaba coma se a acabasen de construír, chea de aprendices de bruxas e profesoras bruxas. Todo, todo estaba no seu sitio. A subdirectora do colexio veu á bruxa e lle dixo: -Home! Colega! Canto tempo sen vernos! -Emmm... si... emmm...ola...colega?. Estás... máis... delgada? -Moitísimas grazas... pero... que che pasa? Estás moi rara.
27
ALBARES
E entón a bruxa pegou un berro e marchou na súa vasoira. Chegou á súa casa e atopouna toda chea de po, noxenta e desordenada. Todo revolto. A subdirectora marchou na súa busca e ao chegar á casa da bruxa contoulle un “segredo”: -Xa sei que pensas que son rara, pero teño que dicircho. Meu pai é un humano, por iso ves que non son coma ti. Que dis? Non pode ser! – dixo a bruxa moi estrañada co que estaba a escoitar. -“Lolilulyltirlelwiq”. Entón só me queda enviarche ao lume!– rematou a bruxa moi decidida. E entón, cando a bruxa ía botar á subdirectora ao lume, esta colleu un rodete e deulle na chepa que tiña a bruxa e estalou e comezou a soltar unha morea de pus, de graxa e carne, todo mesturado e pel reseca. Era noxento!!! E díxolle: -Non mereces ser a directora da nosa escola!! Es noxenta!! -E ti es medio humana, es unha farsante!! Faste pasar por unha bruxa e estás enganando a todos!! Daquela pararon a pelexa. A bruxa laiábase da dor, doíalle moito e choraba porque xa non tiña a súa chepa. Botábaa de menos. Pero se só era unha chepa noxenta!? A bruxa estivo sen chepa miles e miles de anos e, cando chegou a súa hora de morrer, todas as bruxas do colexio, mesmo a subdirectora medio humana, foron ao seu enterro... Ao cabo de moito tempo, cando xa o seu corpo desaparecera, a subdirectora foi ao cemiterio e abriu a tumba da bruxa e levou un susto tremendo: alí estaba a chepa da bruxa!! Tal foi o susto que levou, que morreu de súpeto e todas as bruxas que alí foron para ver o que pasara, tamén morreron, e a escola volveu a quedar baleira, sen bruxas para aprender o oficio. E agora xa non hai unha escola de bruxas, porque as bruxas están extinguidas... e non se sabe se volverán a existir algún dia. FIN
28
ALBARES O cambio de primaria a secundaria, para min, foi moi duro porque pasas de ter un profesor para cinco materias e catro distintos a ter un profesor por materia. Tamén ao ter as clases pola tarde, os luns son os días máis longos e máis cansos. Agora non aprobo con notables e sobresalientes como en primaria porque a ESO é máis difícil, pero os profesores son moi simpáticos e pásalo moi ben con eles.
Para min secundaria non foi un gran cambio, pero si que notei o cambio en como traballan os profesores porque agora hai un profesor para cada materia e cada un ten a súa forma de explicar e de poñer os exames. Andrea Picos Martínez (1º B)
Elizabeth Martínez de Lara (1ºB)
Ao principio cría que as cousas non ían ir igual que en primaria, ter que n e b acostumarme a todos os profesores, á organización dos estudos e demais... O que para deume sorpren ue q so o r a máis me costou foi organizarme cos exames e cos deberes, baixei as notas, pero u c Este n paso que é u is a á d m ín a segundo pasaba o curso fun volvendo ás miñas notas de sempre e subinas. Icía (hai porque, rse adapta ue q e ia u r q Bermúdez Fornos (1ºA) e t ma hai os máis oado s e dám e r so fe máis d o pr ltoume su e r ), aria ue eu e do q en prim n a r a t n ousa me co unha c do que ría alg a c a st é e a. D da que esperab que aín s, o e r c e tos. a, os r moi cur negativ ous, son d r e t ue odo enas q moi cóm os e n n e n s o que íalles a da ESO Eu dir én a 1 º v e u q s, ano anquilo pasan o eñan tr v e u q , bio, é asusten n cam non se ue é u q a d aín xa que ºB) cerse. fa rtínez (1 doado a uez Ma íg r d o R a Verónic
Cando rematou primaria todos estabamos preocupados xa que pensabamos que a ESO era máis difícil. Pasabamos de primaria, unha época na que o que había que facer era colorear de vez en cando, ir a moitas excursións..., á ESO, onde o que faciamos eran exames e máis exames. Por sorte non cambiamos de colexio, só de edificio. Os horarios son mellores, xa que, aínda que temos unha clase máis, faise máis
Para min o cambio de primaria a secundaria foi algo difícil ao principio, aínda que logo, durante o curso, funme afacendo. O máis difícil foron os exames,
eran
moito
tiñamos
unha
profesora
notas
non
foron
tan
malas
como
pensaba. É verdade que baixaron un pouco pero polo de agora todas aprobadas. Así que a nova experiencia non era tan mala. O peor din que é 3º da ESO, pero ata aí aínda queda. A sensación de medo quedou atrás.
en
primaria,
ademais
tes
recinto, fíxoseme
máis
doado
o cambio.
Aprendes
moito
que
máis
secundaria que en primaria. Aitana Feal Vilar (1º A)
para
cinco materias, isto era moi aburrido. As
doados
acostumarte ao xeito en que os fai cada profesor. Ao non cambiar de
curta a mañá. Temos máis profesores, en primaria
máis
O cambio de 6º de primaria a 1º da ESO, para min, foi moi grande, pasas máis tempo no colexio, tes clases pola tarde un día á semana. No meu caso foi un cambio un pouco máis grande xa que eu viña dun colexio distinto, pasei a ter compañeiros novos, profesores que non coñecía de nada e novos amigos. Tes que estudar moito máis do que estudabas en primaria, todos os días, pero con esforzo, conséguelo todo. Andrea Díaz Iglesias (1º A)
29
en
O cambio de primaria á ESO foi moi bo, gústame ter moitos profesores xa que cada profesor é mellor en cada materia. Tamén me gusta ter dous recreos separados
porque
podemos
aproveitar
máis
o
tempo. Eu, ao principio, pensei que podería ser máis
aburrida a ESO pero
estaba equivocado,
gústame máis porque está máis organizada con cada clase para cada materia diferente. Gústanme cando hai ciencias naturais porque se separan as clases en bilingües e non bilingües. Gustoume que nos recreos, durante un tempo, vendesen bocadillos porque estaban moi ricos. O que non me gusta é que na ESO temos máis tempo de
Para min o ca moi mbi com o de p l i c 6º d ado, porq e pr ue c o pe o r ima ada ria cada foi t un t a 1º e e r un un m n un da E ha f p and r dun ofes SO orm a os ha m o foi r a s po r eus de d anei m d Unh a r e r a a b teria , ad eres as c a co lases ema e ca usa is ca , ta da u que gust mén da u n fa teñ o an o i n s q o u h s e e orar xplic que e d x a i c mes ios d só d ir a a ao uran favo os r seu r da ecre dez x e i os, to. min ESO pero utos é qu . son e me moi curt Adr ián os x Fern a ánd ez F ilgue ira ( 1º A )
clase que en primaria. Miguel Vilaro (1º B)
O cambio á ESO foi bastante grande. Foi un cambio radical xa que cambiamos de profesores,
todos moi
bos
e
simpáticos,
aínda que algúns máis que outros. As notas baixaron como soe pasar, pero con moito esforzo pódense superar todos os obstáculos que hai na ESO. Houbo etapas moi boas como
facer
novos
amigos
que
viñeron
doutros centros, tamén fixemos actividades divertidas como o lipdub. Vanessa Carpente Martínez (1ª A)
O
cambio
foi
bastante
importante,
pouco foi un a min r a i o p ESO chegue aria á ando C im . r s p e ba maior bio de e esta n cos O cam difícil ase be e t s m o e u e o pe r ñecend parec difícil, fun co ESO, , o p á m ía mos u o te iro d estaba e o paso prime u d q n r u o g o se os p ra sa per pañeir s. Ago nervio colexio os com s o e r t s e para s dou ofesor n dou endo, o s pr hegaro aprend c e ir u s g pasalo rado a se tamén mestu a par d e a r s a o p n e eñen alum o u pr que v ores e xa est te aos r profes o s is á r r m sexa sos. coñece nervio ero de lles qu poñan e n s é n m (1º A) o a n llegue e que ben. T A e n t é v n o e Lara F ano qu para o
porque
aprendemos cousas importantes para o futuro das nosas vidas e tamén aprendemos a medrar. Pola parte complicada, o máis difícil son os exames, pero grazas a iso aprendemos a estudar. Os profesores son encantadores e explican moi ben. Ademais con calquera dú bida que temos cada un dos alunos, eles están
aí
en
calquera
momento
e
todos
nós
agradecémoslles o traballo que fan connosco. Se non fora por eles non estariamos aquí. Grazas a todos os profesores de 1º da ESO!. Iago Aneiros (1º A)
Eu pensaba que o cambio de primaria a secundaria ía ser maior e que ía baixar as notas, pero non foi así. Si que é verdade que baixei un pouco, pero non tanto como eu cría. Este é un curso máis, un paso máis difícil, iso si, pero imos tirando... En segundo vai pasar o mesmo, polo que eu creo, e, aínda que hai máis materias como tecnoloxía ou música, eu sei que imos poder con todo. Susana Tabeayo Beceiro (1º B)
30
ALBARES
O 24 de febreiro (data de nacemento de Rosalía) está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no seu Calendario do Libro e da Lectura. Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas, pois asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos. No noso centro, os alumnos e alumnas de Terceiro de Primaria e 1º da ESO, recórdannos a nosa poetisa recitando os seus poemas e facendo unha breve declaración co lema de “Eu son Rosalía..”, e así amosar as múltiples sensibilidades da autora.
Nos códigos QR tedes o seu traballo.
Os alumnos de 4º ESO con optativa de plástica e varios alumnos de 3º ESO, volvemos ensaiar o conto, xa representado o ano pasado a finais de curso para os alumnos de infantil: “O Incrible neno devorador de libros”. Nesta ocasión fíxose a representación para os nenos de 2º e 3º de primaria, unha actividade máis para conmemorar o día do libro. A actividade foi unha
colaboración dos departamentos de plástica,
música, lingua galega e o EDLG. Os alumnos de 4º encargáronse de crear e dar vida aos bonecos cos que representabamos a historia, e os alumnos de 3º fixéronse cargo da música e da narración da mesma. Unha actividade máis que nos axuda a comprender que o traballo en equipo sempre da bos resultados . Teresa Frieiro (Profesora de música da ESO)
31
Como somos tan festexeiros e festexeiras, o alumnado de 3º quixemos cantar unha peza de música tradicional galega: Xota de Calvos. Para iso, contamos coa colaboración do noso mestre de música e das nosas titoras que tamén son moi trouleiras. Deixamos a letra da canción por se alguén se atreve a cantala. Desexamos que vos guste! Tamén podedes escoitar a gravación que fixemos na páxina de Música, na dirección: https://aulademusicadeares.wordpress.com
Os pequerrechos de infantil de 4 anos A, fixemos o longo do curso varias plantacións de diferentes clases de bulbos e en distintos medios: auga, terra, pedras… Foi unha experiencia moi interesante!!!. Aquí podedes ver algunhas fotos.
32
ALBARES
O NOSO PREMIO DO CONCURSO ONCE Os alumnos de 5º B estamos emocionados co premio acadado no concurso da ONCE. Fixemos unha noticia sobre unha empresa de economía social. Visitamos en Santiago a lavandería ILUNIÓN ,onde todo foron atencións e explicacións a todo o que queríamos saber. Nesta empresa centrouse o noso traballo co lema : “PERSOAS QUE PENSAN EN PERSOAS”.
CIENTÍFICOS POR UN DÍA Tódolos rapaces do 3º ciclo sentímonos científicos por uns momentos, facendo experimentos nos laboratorios da CITIUS e CIQUS en Santiago.
Tamén visitamos o GAIÁS, onde vimos unha exposición do Camiño de Santiago.
33
TEATRO EN INGLÉS Durante este curso escolar o alumnado de 5º e 6º asistiu en Ferrol a unha obra en inglés, Spinderella, levada a cabo polo grupo `The blue mango´. No colexio fixemos unhas actividades previas, traballando estruturas, vocabulario
e
tódalas cancións. Cando rematou a función, os actores fixeron unhas preguntas aos nenos e nenas que contestaron moi ben. En xeral o alumnado entendeu e gozou desta magnífica obra.
CONTACONTOS INTERACTIVO Os nenos e nenas do primeiro nivel de primaria asistiron o día 3 de febreiro na sala de usos múltiples, a unha sesión de contacontos. Representouse unha versión do conto popular “Three little pigs” en galego, inglés e lingua de signos. Todos os nenos e nenas participaron durante a obra e, unha vez rematado o conto, tiveron a oportunidade de responder a diversas preguntas, unhas relativas aos animais do conto e outras sobre os valores que se reflectían nel. Os profesores/as
que levaron a termo o contacontos foron: Simón Paz (mestre de música), Mª Luísa
Lombardero (intérprete de lingua de signos) e Mª Elisa Martínez mestra de inglés).
Dous momentos da sesión
34
ALBARES
O NOSO XARDÍN Coa
colaboración
voluntaria
do
alumnado,
seguemos
mantendo o noso xardín. Preparamos a zona axardinada, podamos
os
diversos
arbustos
e
recollemos
o
material
sobrante. Tamén plantamos diversas especies de plantas aromáticas e medicinais na zona reservada para elas.
TAPA, TAPIÑA, TAPÓN E outro ano máis, a colaboración da comunidade educativa foi esencial para poder xuntar na escola tódalas bolsas de tapóns que, nenas e nenos, pediron a familiares e
amigos
coa finalidade de
axudar as meniñas e meniños que o precisan.
ÉXITO DA IV CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE A pesar do mal tempo que nos acompañou o xoves 18
de decembro, o milagre fíxose posible e os nos@s
corredores e corredoras solidarios, vencendo a choiva e o frío, correron a “IV Carreira Quilómetros de Solidariedade” que organizamos no cole. Foi unha xornada estupenda na que todos os alumnos e alumnas (infantil, primaria e secundaria), correron xuntos por un obxectivo común, “que todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades”. Dende aquí queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa, alumnado, familias e profesorado, polo voso apoio e solidariedade e a Paula Mayobre, que un ano máis, apoiou a carreira solidaria coa súa participación. Sodes moi GRANDES, con maiúsculas!!!. Mención tamén aos establecementos colaboradores: Floristería Real e a Froitería de Mari, ao Concello de Ares, Policía Local e Protección Civil. Froito da vosa solidariedade os 1.130,43 euros recadados axudarán a que os nenos e nenas de Malí teñan a oportunidade de ir á escola e gozar do DEREITO Á EDUCACIÓN.
35
ATA SEMPRE… NATASHA She is our language assistant. She´s from Vancouver Island, in Canada. She arrived here last year but this year she is going to go back home. Her parents live there and she wants to find a job, too. We learnt a lot about her country above all: situation, mountains, provinces, sports, food and culture. Moreover this year we wrote a letter to the children of a Canadian school and they sent several letters to us. They also speak another different language because many of them are aboriginal. Natasha, we are going to miss you. Thank you very much. We love you.
Os alumnos e alumnas da ESO tamén queremos desexarlle a Natasha moita sorte e unha boa viaxe de volta ao seu fogar. Grazas Natasha pola túa axuda e por aprendernos tantas cousas. Bicos
36
ALBARES
Emily the strange: Os días perdidos Autores: Rob Reger e Jessica Gruner Sinopse: Este é o primeiro libro da saga de Emily Strange. Nel Emily aparece nun banco en medio da vila de Blackrock e non recorda nada, non sabe como se chama nin onde está exactamente. Agora terá que ir descubrir quen é, que fai nesa vila e que a levou ata alí. Así que vai escribindo no seu diario as distintas pistas que pouco a pouco descubre para saber quen é ela en realidade, e faise chamar Tijereta de modo provisional. A medida que vai avanzando a novela, a protagonista vai atopando misteriosos segredos sobre o seu pasado.
Comentario: Este libro lévate a ver ás cousas dunha forma distinta. É a historia dun personaxe creado por un skater e mantén algo desa personalidade. Todo o que fai é sorprendente e nunca, por máis que o intentes, logras adiviñar o que pasará na seguinte páxina. É simplemente a historia de Emily, dunha rapaza que probablemente sexa a nena máis intelixente e estraña do mundo, aínda que para ela a súa vida non sexa moi interesante. Visto dende os nosos ollos é un portal a outra dimensión. Malloya Martínez Dragó. 3º ESO
Este curso, dous dos nosos alumnos, Marta Fernández Alcantud e Pablo Vascós López, participaron no VII Concurso Coca-Cola Novos Talentos. Premio de Relato Curto. A proba consistía na creación dun relato breve partindo dun estímulo; nesta edición “luz” foi ese estímulo e palabra inspiradora para ambos. Tanto Marta como Pablo recibiron sendos premios polas súas creacións, premios que recolleron o pasado día 22 de Maio nunha gala, que se realizou no Parador de Baiona e á que acudiron todos os gañadores. PARABÉNS PARA OS DOUS
37
O venres 15 de maio, nun acto celebrado na Alianza Aresán, a Concellería de Cultura de Ares entregou os premios do III Concurso de Relato Curto "Concello de Ares", no que participaron rapaces e rapazas da ESO. Tras unha longa deliberación do xurado integrado por Xosé Manuel Ramos Vázquez, Vanesa Sánchez Filgueira e Antonio Seijas Cruz, entregáronse os seguintes premios: Categoría 1º e 2º ESO
1º Premio a Verónica Rodríguez Martínez coa obra “Rutina”.
2º Premio a Lara Fonte Allegue, autora da narración “O golpe máxico”.
Categoría de 3º e 4º da ESO
1º Premio a Marta Rivera Beceiro pola obra “Só son”
2º Premio a Ana Martínez Fernández, autora da obra co título “Redes”.
Ademais, os integrantes do xurado decidiron facer unha mención aos traballos presentados por Malloya Martínez Dragó, pola obra“As cores da alma”, e Mercedes Sande Doce polo relato “Loita contra a luz”.
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, xunto co concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández Lago, e a edil de Comercio e Industria Alma Barrón, fixeron entrega dos premios. nun acto no que destacaron o número de obras que concorreron a este concurso e, o que é máis importante, o elevado nivel de todas elas, o que fixo traballar a reo ao xurado. PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES E EN ESPECIAL ÁS GAÑADORAS.
38
ALBARES
Este é o segundo ano no que realizamos o Concurso de Portada de Libros no noso cole. Esta actividade ten por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun libro que o alumno/a tivera lido. Con esta iniciativa o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca Carabela pretende fomentar a lectura e as capacidades creativas dos alumn@s e, a boa fe que o conseguiu. Presentáronse un total de preto de 70 obras nas que os alumnos/as de infantil, primaria e secundaria reflectiron a súas dotes creativas utilizando todo tipo de técnicas e materiais: témperas, collage, banda deseñada, composicións e distintas texturas puidéronse ver nesta fantástica exposición.
Os nenos e nenas de infantil de 3 anos foron ver a adaptación musical do libro " A nena e o Grilo", interpretada por Magín Blanco. Logo fixeron esta magnífica portada.
39
Para conmemorar o “Día Internacional dos Dereitos da Infancia” o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO estiveron preparando durante varias semanas unha actividade para os nenos e nenas de infantil e primaria. A actividade consistiu na maquetación e representación do conto “Na procura dun mundo marabilloso”, no que un grupiño de nenos e nenas liderados por Liberdade, embárcanse nunha viaxe por un camiño longo e verde na procura dun mundo mais humano e mellor. Os nosos contacontos foron en distintas sesións, Andrea e Begoña (4º ESO), Marta ,Fran, Fátima e Ana (2º ESO) e Ana Martínez, Antonio, Paola e Mayolla (3º ESO).
Ilustracións de Ana Martínez- 3º ESO
Todos e cada un deles mostráronnos as súas dotes interpretativas e o seu dominio á hora de contar historias. E non só iso, tamén nos demostraron, como veredes no vídeo pendurado no código QR que está máis abaixo, as súas capacidades musicais facendo unha pequena coreografía para bailar cos pequenos a “Canción dos Dereitos”. E como broche final todos os nenos/as foron agasallados cuns marcapáxinas feitos polos rapaces da ESO e que ilustran os dereitos que todos os nenos e nenas deben ter.
Parabéns a tod@s por facelo tan ben e demostrar as vosas capacidades creativas, e felicitar tamén de modo especial a Ana Martínez (3º ESO) que unha vez mais amosou as súas dotes de ilustradora creando e debuxando os personaxes do conto así como a portada da revista deste ano. En hora boa Ana, es unha artistaza!!!
40
ALBARES
UNHA NOVA WEB NO NOSO CENTRO
MELLORANDO O TALLER DE TECNOLOXÍA
41
O noso mercado municipal Dicía un escritor de viaxes que para coñecer ben unha cidade tes que visitar os seus mercados locais. Estes son o resultado dunha tradición histórica de séculos que evolucionaron dende as prazas extra-muros onde se celebraban feiras e intercambios de todo tipo, ata a consolidación de espazos comerciais. Nas últimas décadas os mercados municipais foron entrando en ciclos de decadencia que, en ocasións, provocaron a súa desaparición. Actualmente un bo número deles está a experimentar diferentes fórmulas de rexeneración. E para saber un pouco máis do noso mercado de Ares, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria achegáronse ata el para coñecelo máis de cerca. Os nenos e nenas de 3º fixeron un vídeo sobre as características arquitectónicas do edificio, ademais de propoñernos adiviñas e retos matemáticos relacionados coa visita. Os de 4º
visitaron o mercado para entrevistar a Uxía que ten un posto de alimentación, a
Manolo que rexenta unha froitaría e a Elena a peixeira. Dende aquí queremos dar as grazas a estes magníficos profesionais por atendernos tan ben, e animamos a toda a xente que pase polo mercado. Seguro que vos atenderán de marabilla. Nos deixedes de ver os vídeos aos que podedes acceder a través da web Patrimonio de Ares e os distintos blogues do centro, ou nos seguintes códigos QR.
42
ALBARES
SORRISOS MARIÑEIROS
Por Lucía Seijo Gómez (6º B) Un capitán pregúntalle ao mariñeiro:
O capitán ordena:
-Sabe vostede nadar?.
-Lanzade a áncora!!
-Si señor!,
E o grumete contéstalle:
-Onde aprendeu?
-Pero se é nova!
E o mariñeiro contéstalle: -Na auga señor!
A bordo dun barco ábrese unha vía de auga. Cando chega o capitán xa é demasiado tarde e o barco está afundíndose. O capitán bérralle ao grumete: -Grumete!. Cando viches que entraba auga tiñas que terme chamado, parvo!. E o grumete contéstalle, -Pero se eu son moi educado, nunca lle chamaría parvo, capitán.
ADIVIÑA, ADIVIÑANZA… A nosa artista e compañeira Ana Martínez (3º ESO) foi a creadora da fermosa portada da revista. Como vedes, nela hai moitos personaxes famosos. Vos propoñemos que pescudedes quen son e que materia representa cada un. Ademais hai dous lugares do centro reflectidos na portada. Cales son?
Para rirse un pouco!!!
Por Paola Toribio García (3º ESO)
Está o director falando con Manolito e pregúntalle: -Manolito, que vas ser de maior? -Carniceiro. -Por que? -Porque xa aprendín a facer chuletas na escola! Que lle dixo o pintor ao lenzo?
Meu tío ten unhas vacas tan fracas, tan
Sen ti, eu non pinto nada!
fracas, que non dan leite, dan lástima!
Que lle dixo o lenzo ao pintor? Sen ti, a miña vida está en branco!
Había un vello tan verde, tan verde, que as vacas comérono pensando que era herba!
43
DEFINICIÓNS SINGULARES! Algún exemplos das singulares definicións dos nosos alumn@s.
Teodosio: Foi unha persoa famosa.
Don Pelayo: Rei de Al-Andalus
Imprenta: Utilizábase para imprimir
Mestre Mateo: Un cura daquela época
Guerra do ópio: Foi unha guerra na que se loitou por uns territorios en Francia
Borrasca: Estado temporal forte
Bovino: Conxunto de porcos
Serás quen de facer este encrucillado relativo á nosa vila de Ares?
44
Clima: Temperatura do vento
Torque: Sistema de transporte de suministros ou tamén máquina de facer cerámica.
Nombra alguhna ONG que coñezas. Resposta: ONG Direct
ALBARES
45
46