1 minute read

EN VACA TV

Dez anos do primeiro A4 instalado na península

O equipo de Lely volveu aos Seminarios Online de Vaca TV o luns 26 de abril para facer un repaso pola primeira década de traballo co Lely Astronaut A4 na península ibérica.

Advertisement

Ata a gandería cántabra Beranjo SC (Tezanos, Villacarriedo) viaxamos para coñecer a experiencia desta explotación tras dez anos empregando unha das primeiras unidades do Lely Astronaut A4 de España.

Na emisión interviñeron Alberto Sánchez e Yolanda Trillo, de Lely; Ángel Azpiazu, propietario de Beranjo, e Carlos de la Fuente, veterinario de reprodución da explotación. Abordaron, entre outros temas, a experiencia de Azpiazu con este sistema, os datos de produción, capacidade e fiabilidade do robot obtidos neste tempo e a organización actual da granxa.

concesionario oFiciaL neW HoLLanD para LuGo, asturias, cantabria y La coMarca DeL DeZa

A EFA Fonteboa ofreceu un webinario sobre o futuro profesional no rural

O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa organizou o mércores 28 de abril un seminario online de presentación dos seus ciclos medios e superiores retransmitido por Vaca TV.

O profesor Constante Lorenzo foi o encargado de introducir as particularidades do Ciclo Medio de Produción Agropecuaria, tras o cal se presentou o testemuño dun dos estudantes do curso, Iván García. Seguiuno a docente Sara Chaves, que abordou o Ciclo Superior de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal, sobre o que falou tamén a alumna Nerea Aneiros. Para concluír, Juan Antonio Santos, profesor do Ciclo Superior Paisaxismo e Medio Rural, e Adrián Castro, alumno deste, describiron as características do curso.

A persoa responsable de dirixir as roldas de preguntas que se ofreceron en relación a cada un dos graos foi o tamén profesor de Fonteboa Amancio Lavandeira.

DistribuiDores soLÁ para GaLicia, asturias y cantabria

Manto Maquinaria SLU Crta. N-640, km 87,5 27192 La Campiña - Lugo Tel. 982 315 756 - Fax 982 303 203 www.mantomaquinaria.com | info@mantomaquinaria.com

This article is from: