15 minute read

Streptococcus uberis, a mastite

Streptococcus uberis, a mastite clínica frustrante

No seguinte estudo poñemos o foco neste patóxeno, un dos que máis problemas causan en mastite, tanto pola súa prevalencia coma polo elevado número de mastites clínicas e de células que provoca, así como polos problemas de curación que ten.

Advertisement

Juan Miguel Echeverria

echerazenea@gmail.com

INTRODUCIÓN

Ademais de pola súa prevalencia e pola súa dificultade de erradicar, os puntos de control de mamite clásicos non acaban de controlar as mamites por Streptococcus uberis. Todo isto fai que sexa unha causa desta enfermidade cada vez máis frecuente nas granxas e motivo de frustración para os gandeiros.

Desde sempre clasificámolo como un patóxeno ambiental, pero dentro desta catalogación, temos unha gran variedade de cepas; algunhas, poucas, autocuran, outras actúan como contaxiosas e outras como patóxenos ambientais reais.

FISIOPATOLOXÍA E VIRULENCIA

É un coco gram+, catalasa negativo, esculina positivo é a súa principal característica e crece ben en medios de agar sangue en aerobiose.

A diferenza do resto dos ambientais, dispón de mecanismos para resistir dentro da glándula mamaria e persistir, polo que é frecuente que dea lugar a mastites crónicas. Un factor de virulencia é a formación de ácido hialurónico, que fai que os neutrófilos non o poidan fagocitar. Esta capacidade de formación de cápsulas de biofilm fai que as defensas do animal non poidan eliminalas.

Ten capacidade para formar hialuronidasa, que destrúe o ácido hialurónico en oligosacáridos que favorecen a colonización de células epiteliais e mellora a distribución do patóxeno nos tecidos.

A plasmina é outra encima que favorece a penetración de Uberis nos tecidos e a súa colonización.

Tamén a súa unión ás lactoferrinas que bloquean o ferro no ubre da vaca no seu período seco fai que obteñan este mineral necesario para a supervivencia das bacterias e que outras como os gram- non son capaces de conseguilo.

STREPTOCOCCUS UBERIS É UNHA CAUSA DE MASTITES CADA VEZ MÁIS FRECUENTE E UN MOTIVO DE FRUSTRACIÓN PARA O GANDEIRO

A bacteria entra pola canle do teto e multiplícase dentro do ubre para producir a infección intramamaria

Hai algunhas cepas que son CAMP+, é dicir, completan a hemólise que producen cepas de Staphylococcus aureus e este factor tamén é un dato de aumento de patoxenicidade da bacteria.

EPIDEMIOLOXÍA

A bacteria entra pola canle do teto e multiplícase dentro do ubre para producir a infección intramamaria. O contaxio normalmente ocorre ao comezo do muxido na posta de tetoeiras e cando a vaca está en repouso; ao comezo do muxido, porque os tetos están colonizados por esta bacteria e na colocación de tetoeiras ocorren impactos que transportan as bacterias ao interior do ubre, de

DOS POSIBILIDADES EN HIGIENE DE PEZONES UN MISMO PRINCIPIO ACTIVO: DIÓXIDO DE CLORO

Lactox

· Calidad cosmética asegurada por sus altas concentraciones de dermoprotectores sumados a la acción del ALOE VERA · Alto rendimiento, menor consumo · Acción ahuyentadora de moscas · Disponible en envases fáciles de mezclar y manejar (16+4, 8+2, 4+1) · La mezcla permanece activa tres semanas

Oxilact

Alta eficacia a un coste óptimo. Máxima eficacia debido a la más alta concentración de principios activos.

Higiene integrada respetuosa con el medio ambiente

www.proquideza.com

34/24C alecraP 0002 nílaL .dnI .loP 36500 Lalín (Pontevedra) España · Telf. (+34) 986 787 537 info@proquideza.com

O contaxio normalmente ocorre ao comezo do muxido na posta de tetoeiras e cando a vaca está en repouso

A DIFRENZA DO RESTO DOS PATÓXENOS AMBIENTAIS, DISPÓN DE MECANISMOS PARA RESISTIR DENTRO DA GLÁNDULA MAMARIA E PERSISTIR, POLO QUE É FRECUENTE QUE DEA LUGAR A MASTITES CRÓNICAS

aí a importancia da desinfección dos tetos antes do muxido. A bacteria atópase fundamentalmente nas camas de palla, pero illouse na vaxina, nas tonsilas e en calquera parte do corpo da vaca. Tamén está nos pastos, sobre todo nas aglomeracións de animais debaixo das árbores ou outras zonas de confinamento. Áchase nas fecais das vacas e no tracto dixestivo e de aí pode diseminarse por todo o medio ambiente onde se move a vaca, desde as camas cando están estabuladas á terra ata os pastos onde comen.

O 56 % das infeccións que se producen ocorren no período seco. Como xa vimos, son capaces de sortear a protección das lactoferrinas que teñen os ubres neste momento.

Por outra banda, demostrouse a vertente contaxiosa da bacteria. O feito de que haxa cepas con capacidade de producir biofilm e que colonicen tecido mamario fai que teñamos vacas crónicas, que son a fonte de contaminación e infección para outras vacas.

Como se atopa na boca das vacas, tamén é posible que a transmisión se poida dar en xovencas que chupan as súas compañeiras.

A pesar de curar, as vacas que tiveron episodios de mastites teñen máis risco de infectarse, aínda que estivesen infectadas por outro patóxeno distinto de Streptococcus ube-

A bacteria atópase fundamentalmente nas camas de palla, pero illouse na vaxina, nas tonsilas e en calquera parte do corpo da vaca

ris. As que estiveron infectadas por C. bovis teñen unha especial sensibilidade a infectarse por Streptococcus uberis.

SINTOMATOLOXÍA

Preto do 50 % das mamites por este patóxeno maniféstase de forma subclínica. Existe moita variación dependendo dos estudos da súa presentación como clínica ou subclínica, pero raramente se mostra como unha mastite hiperaguda con signos xerais na vaca como depresión, febre e anorexia, aínda que pode facelo nun 10 % dos casos. Moitas das mamites subclínicas evolucionan a clínicas con secrecións pastosas amareladas e esaxeradas elevacións do reconto celular. A duración das infeccións tamén é variable. Hai algunhas que teñen autocuracións e outras quedan como crónicas durante toda a lactación, pero logran boas curacións no período seco. As mamites que se presentan despois do tratamento do secado en porcentaxe alta son por Streptococcus uberis porque, como xa se explicou, é a única bacteria que pode multiplicarse no ambiente que hai no ubre nese momento cun nivel

Vacuna de subunidades frente a la mastítis clínica causada por Strep. uberis

TOMA EL CONTROL DEL STREP. UBERIS

UBAC®, emulsión inyectable para bovino. COMPOSICIÓN POR DOSIS: Ácido lipoteicoico (LTA) procedente del Componente de Adhesión del Biofilm (BAC) de Streptococcus uberis, cepa 5616 ≥ 1 UPR. Montanide ISA 907,1mg. Monofosforil lípido A (MPLA). INDICACIONES: Para la inmunización activa de vacas y novillas sanas con el fin de reducir la incidencia de infecciones clínicas intramamarias causadas por Streptococcus uberis, reducir el recuento de células somáticas en muestras de leche de cuarterones positivos de Streptococcus uberis y reducir las pérdidas de producción de leche causadas por las infecciones intramamarias por Streptococcus uberis. VIA DE ADMINISTRACIÓN: Intramuscular. Dejar que la vacuna alcance una temperatura entre +15 °C y +25 °C antes de su administración. Agitar antes de usar. POSOLOGÍA: Administrar una dosis (2 ml) mediante inyección intramuscular profunda en los músculos del cuello de acuerdo con el siguiente programa de vacunación. Primera dosis aproximadamente 60 días antes de la fecha de parto prevista. Segunda dosis al menos 21 días antes de la fecha de parto prevista. Debe administrarse una tercera dosis unos 15 días después del parto. El programa de inmunización completo debe repetirse en cada gestación. EFECTOS SECUNDARIOS Y CONTRAINDICACIONES: La inflamación local de más de 5 cm de diámetro en el lugar de inyección es una reacción muy frecuente después de la administración de la vacuna. Esta inflamación desaparecerá o su tamaño se reducirá notablemente en el plazo de 17 días después de la vacunación. No obstante, en algunos casos la inflamación puede durar hasta 4 semanas. Se puede producir un aumento transitorio de la temperatura rectal (aumento medio de 1 ºC pero puede aumentar hasta 2 ºC en animales individuales) muy frecuentemente en las 24 horas posteriores a la inyección. TIEMPO DE ESPERA: Cero días. PRECAUCIONES ESPECIALES: Vacunar únicamente animales sanos. Puede utilizarse durante la gestación y la lactancia. Conservar y transportar refrigerado (entre 2 ºC y 8 ºC) y protegido de la luz. No congelar. Este medicamento veterinario contiene aceite mineral. Su inyección accidental/autoinyección puede provocar dolor agudo e inflamación, en particular si se inyecta en una articulación o en un dedo, y en casos excepcionales podría provocar la pérdida del dedo afectado si no se proporciona atención médica urgente. En caso de inyectarse accidentalmente con este medicamento veterinario consulte urgentemente con un médico, incluso si solo se ha inyectado una cantidad muy pequeña, y lleve el prospecto consigo. Si el dolor persiste más de 12 horas después del examen médico, diríjase de nuevo a un facultativo. PRESENTACIÓN: Caja de cartón con 20 viales de vidrio de 1 dosis (2 ml). Caja de cartón con 1 vial de PET de 5 dosis (10 ml). Caja de cartón con 1 vial de PET de 25 dosis (50 ml). Caja de cartón con 1 vial de PET de 50 dosis (100 ml). NÚM. DE REGISTRO, TITULAR: LABORATORIOS HIPRA, S.A. Avda. la Selva, 135 17170- AMER (Girona) España Tel +34 972 430660. EU/2/18/227/001-004. Prescripción veterinaria. Use los medicamentos responsablemente

Porcentaxes

Corinebacterias: 17 Outros: 2

Enterobacterias: 13

Outros Strep: 21 Strep uberis: 12 Staf aureus: 15

Strep agalactiae: 4

SCN: 16 Strep uberis Staf aureus Strep agalactiae SCN Outros Strep Enterobacterias Corinebacterias Outros É UNHA MASTITE AMBIENTAL, PERO HAI DETERMINADAS CEPAS QUE SE COMPORTAN COMO CONTAXIOSAS

As camas de palla son predispoñentes a este tipo de infección, mentres que as de materia inorgánica, como a area, son as que menos risco teñen

alto de lactoferrinas.

PREVALENCIA

A prevalencia na zona norte de España pódese observar no gráfico superior; está ao redor do 12 % e a maior parte dos estudos tamén o refire nas mesmas cifras.

CONTROL

O plan de control de mastite clásico dos 5 puntos desenvolvido por Bramley e Dodd non ten os efectos positivos que tivo na mamite contaxiosa para o control de Streptococcus uberis.

É fundamental o control do ambiente. Sabemos que as camas de palla son predispoñentes a este tipo de infección, mentres que as de materia inorgánica como a area son as que menos risco teñen.

Débese vixiar fundamentalmente a cama do preparto, que é onde se produce o 50 % das novas infeccións, así que nesas zonas se debe engadir carbonato cálcico ou superfosfato a diario para atallar o crecemento desta bacteria.

Nas camas en lactación a compostaxe axuda moito a controlar este tipo de mastites. A compostaxe realízase removendo diariamente toda a cama de palla cun rotavator ou unha grade.

Nos cubículos tamén se debe engadir carbonato cálcico ou superfosfato e sacar a humidade para mantelos secos e limpos.

Cando as vacas pastan, tamén se producen brotes deste tipo de mastites, porque se amontoan en determinados puntos buscando sombra, por exemplo debaixo de árbores ou buscando aire, e hai que evitar estas aglomeracións cercando os puntos críticos.

Na sala de muxido tamén se producen moitas novas infeccións, sobre todo na posta de tetoeiras polos impactos de aire que producimos ao colocalos. Para controlar este fenómeno realízase a desinfección dos tetos antes do muxido cun desinfectante de iodo, clorhexidina ou dióxido de cloro. Canto menos aire metamos na posta de tetoeiras, menos risco hai de producirse este tipo de mastites.

Como xa vimos, tamén existe un problema de contaxio, xa que hai cepas que así se comportan, así que, o separar as vacas de mamites a un lote de vacas enfermas, axudaranos a controlar a enfermidade.

O uso de seladores internos no secado é unha boa arma de control de Streptococcus uberis.

CÓMPRE INCORPORAR NOVAS FERRAMENTAS PARA UN CONTROL AXEITADO DESTE PATÓXENO

Na sala de muxido tamén se producen moitas novas infeccións, sobre todo na posta de tetoeiras polos impactos do aire que producimos ao colocalas

Cando as vacas pastan tamén se producen brotes deste tipo de mastites

TERAPIA

Polos motivos expostos antes, cada día é máis complicado o éxito no tratamento desta mamite. Hai moitas vacas que recidivan despois da súa aplicación. Os estudos e a práctica de campo suxiren que as recomendacións do prospecto non son suficientes e se deberían alongar os tratamentos por riba dos cinco días mesmo ata oito e quizais aínda así non obteñamos moi bos resultados.

CONCLUSIÓNS

• Streptococcus uberis é un patóxeno prevalente que produce tanto mamite subclínica como clínica con recontos celulares moi altos. As súas cada vez máis baixas taxas de curación fan que sexa considerado unha mastite clínica frustrante. • É unha mamite ambiental, pero hai determinadas cepas que se comportan como contaxiosas. • Os plans tradicionais que tiveron éxito no control da mamite contaxiosa para o control de Streptococcus uberis non funcionan ben. É necesario incorporar novas ferramentas para un control adecuado deste patóxeno.

A granxa catalá Mas El Bruguer, de Sant Julià de Vilatorta (Barcelona), decidiu hai cinco anos implantar un sistema de tratamento do xurro para conseguir unha xestión máis rendible e eficiente dos residuos das súas 420 vacas de leite e os seus 2.800 porcos.

Nome da explotación: Mas El Bruguer Localización: Sant Julià de Vilatorta (Barcelona) Animais en total: 420 vacas e 2.800 porcos Vacas en produción: 360 Xurro a procesar: 14.000 m3/ano Custo: 1,20 €/m3

Josep Masramón: “Procuramos sacar unha fracción líquida limpa, aínda que nos custe un pouco máis, pero aforramos problemas en tubaxes de irrigación”

“Muximos unhas 360 vacas, temos unhas 300 porcas nais e preto de 2.500 porcos de engorde”, explica o seu propietario, Josep Masramón.

Tras intentar mellorar este aspecto do seu negocio con diferentes sistemas que finalmente non funcionaron como esperaba, decidiu apostar por GEA: “Hai cinco anos montamos un sistema de separación e centrifugación do xurro cru e funciona ben, ademais os custos están dentro do que a rendibilidade da granxa pode asimilar”.

Mas El Bruguer necesita procesar 14.000 m3 de xurro cada ano e o obxectivo é obter dúas fraccións separadas: a parte líquida, que utiliza para fertirrigar os seus campos de cultivo, e a parte sólida, que vende a unha planta de biogás francesa para compostaxe.

Josep Masramón

CUSTO OPERATIVO

O conxunto de toda a instalación permite, simplemente cun principio de separación mecánico sen grande achega doutros sistemas de intercambio químico, conseguir un resultado formidable cun custo operativo de entre un euro e un euro e medio.

No caso de Mas El Bruguer, Josep Masramón indica que “nos aproximamos a un custo operativo de 1,20 €/m3, pois co tempo vas corrixindo aspectos e mellorando o sistema. Procuramos sacar unha fracción líquida limpa, aínda que nos custe un pouco máis de diñeiro, pero aforramos problemas en tubaxes de irrigación”.

Rafael García: “Recuperamos os nutrientes que pode ter o xurro e aplicámolos onde son considerados un valor”

O SISTEMA, PASO A PASO

A orixe de todo o sistema está nos corredores das naves de produción, onde Josep Masramón ten instaladas arrobadeiras GEA para a limpeza das dexeccións dos animais. “Son simplemente unhas guías que percorren os corredores, acumulan todo o xurro cru e arrástrano cara ao primeiro depósito, desde onde é bombeado á primeira das balsas”, resume Rafael García, responsable da división de Medio Ambiente de GEA Separator para toda España e Portugal.

O xurro cru bombéase desde a balsa ata a primeira etapa de separación, que consiste “nun parafuso prensa –explica– que recibe o xurro e elimina en primeira instancia os sólidos grosos, a parte líquida almacénase nun tanque. Seguidamente, a centrífuga recolle deste tanque o líquido a través dunha bomba e separa os sólidos finos que hai no líquido. O sólido sae por gravidade e distribúese nunha cinta desprazadora cara a unha parte de almacenaxe. O líquido envíase directamente á balsa de xurro tratado”.

A carga sólida e orgánica utilízase para compostaxe e a parte líquida, para fertirrigar os campos. O sistema cumpre co concepto de separación rendible, pois segundo detalla Rafael García, “sinxelamente recuperamos os nutrientes que pode ter o xurro e aplicámolos onde son considerados un valor”.

UNHA CUESTIÓN LEGAL

A porcentaxe de redución de fósforo no xurro xa clarificado é aproximadamente do 90 % e de nitróxeno, do 60 %. “En concreto nesta instalación conséguese unha redución de nitróxeno de ata o 60 %, é dicir, estamos a falar de que o nitróxeno amoniacal que pode conter o xurro clarificado xa está por debaixo do 40 %, o cal é un rendemento sinxelamente formidable”, subliña García.

O xurro é tratado, non só por unha cuestión de xestión máis eficiente, senón porque, ademais, existe un imperativo legal que así o esixe. O responsable da división de Medio Ambiente de GEA asegura que “hai unha normativa europea, trasposta na lexislación española, que esixe que o nitróxeno por hectárea e ano dosificado nas zonas consideradas normais sexa de 210 quilos, mentres que nas zonas nomeadas como sensibles sexa, como máximo, de 170 quilos de nitróxeno por hectárea e ano. Esa é a razón pola que realmente se fai necesaria esta redución do nitróxeno no xurro, para que poida ser dosificado en terra ou que a terra estea en consonancia coa cantidade de cabezas de gando que se ten”.

División de Medio Ambiente de GEA Separator Tel.: +34 619 77 81 60 rafael.garcia@gea.com Rafael García

Orixe do proceso

Planta de clarificación e deshidratación de xurro

Balsa receptora da parte líquida que fertirrigará os campos

This article is from: