
4 minute read
Volve o Máster en Produción de Leite ao Campus Terra da USC
As circunstancias sobrevidas da pandemia pola COVID-19 provocaron que a dirección destes estudos tomase a decisión de suspender o curso 2020-2021, pero foi convocada unha nova edición de cara a 2021-2022.
Asituación de incerteza de cara ao curso académico, as altas probabilidades de que os estudos se desenvolvesen total ou parcialmente con docencia a distancia e a compoñente práctica elevada que ten este Máster Propio en Produción de Leite facían complicado poder garantir hai un ano a viabilidade de gran parte das actividades programadas. Por todo iso, a dirección decidía suspender a edición do curso 2020-2021 sempre coa firme vontade de manter a oferta académica no futuro e máis concretamente para o curso 2021-2022.
Advertisement
Así foi, pois a dirección anunciou a nova convocatoria do Máster Propio en Produción de Leite, que dará comezo no mes de setembro no Campus Terra de Lugo.
Estes estudos xorden nun contexto de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal) e coa participación de profesionais, cooperativas e empresas innovadoras no sector como resposta formativa á demanda de expertos en servizos técnicos especializados e de asesoría das explotacións gandeiras, as cooperativas agrarias, as industrias, as institucións e as empresas de servizos.
É unha ferramenta de formación continua e reciclaxe profesional para aqueles que xa están a desenvolver o seu traballo no sector ou queren incrementar a súa especialización. A actualización de coñecementos e a posta en común con técnicos de diferentes ámbitos permiten crear sinerxías e potenciar o coñecemento, imprescindible para o sector.
O PROGRAMA
A formación agrúpase nun total de sete módulos: morfoloxía, fisioloxía e manexo sanitario, calidade do produto, instalacións gandeiras, produción de forraxes, alimentación na produción de leite, economía da produción de leite e actividades prácticas.
Son un total de sete áreas de estudo que suman 350 horas de clase presencial, cun enfoque práctico e aplicado, que os alumnos porán sobre o terreo durante as 312 horas de prácticas en empresas. Existe a posibilidade de recoñecer as prácticas en empresas para aqueles alumnos que xa desempeñen a súa experiencia profesional no sector.
Ademais, esixirase a presentación dun traballo fin de máster.
CALENDARIO ACADÉMICO
Para obter esta titulación, hai dous itinerarios posibles, ambos de carácter presencial. A primeira opción, a intensiva, levarase a cabo nun curso lectivo habitual, de setembro de 2021 a xullo de 2022, e está pensada para aquelas persoas que dispoñen do tempo suficiente para compatibilizar os labores docentes do curso e, ao mesmo tempo, facer as prácticas e o traballo fin de máster.
O CURSO DARÁ COMEZO NO MES DE SETEMBRO
Por outra banda, o itinerario ordinario desenvolverase nun prazo maior de tempo, de setembro de 2021 a xaneiro de 2023, para os matriculados con menor dispoñibilidade, por traballo ou outros compromisos. Con esta alternativa, contan con seis meses adicionais para realizar as prácticas en empresas e o traballo fin de máster.
As clases expositivas serán os venres de 16:00 h a 21:00 h e os sábados de 9:00 h a 14:00 h.
REQUISITOS DE ACCESO
Para acceder ao máster é preciso estar en posesión dunha titulación universitaria (grao, máster, licenciatura ou diplomatura), preferentemente relacionada co sector agrogandeiro, ou finalizando calquera destes estudos, sempre que só falte cursar un máximo de 30 créditos ECTS para
N.º de prazas Custo total da matrícula N.º de créditos ECTS Clases presenciais Prácticas en empresas
Traballo fin de máster
Posibilidade de horario adaptado para traballadores Lugar 12 2.280 euros 60 setembro 2021-xuño 2022 outubro 2021-decembro 2022 tres convocatorias: xullo 2022, novembro 2022 e xaneiro 2023 Si Ligal (Abegondo) e Campus de Lugo
obter a titulación requirida. Iso si, para acadar o título do máster será imprescindible acreditar a titulación de acceso antes de rematar o curso.
CURSOS DE FORMACIÓN
A maiores, tamén se oferta a posibilidade de cursar dous módulos formativos do máster de maneira independente. Un deles sería o Curso Básico de Alimentación na Produción de Leite e o outro, o Curso Básico de Economía da Produción de Leite. Para esta opción ofértanse tres prazas.
PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo para presentar as inscricións abrirase do 1 ao 15 de xuño de 2021.
Máis información e preinscricións na súa páxina web: www.masterenproduciondeleite.es
* Pendente de ratificación por parte do
Consello de Goberno da Universidade de
Santiago de Compostela


CISTERNAS

¡CONSÚLTENOS PRECIO Y DISPONIBILIDAD! COMERCIAL VEIRAS, S.A.
AVD. SAN MARCOS 65 15890 SANTIAGO DE COMPOSTELA A CORUÑA - Tel.: 981 587 722 www.comercialveiras.com mail: cveiras@comercialveiras.com
RECAMBIOS ORIGINALES SAME, DEUTZ-FAHR, LAMBORGHINI Y HURLIMANN
CARRo mEzClAdoR AuTopRopulSAdo
• TRACCIóN A LAS CUATRO RUEDAS • FRESA DE 1,50 • REvISADO Y FUNCIONANDO • SEMINUEvO

