33 minute read

NA GRANXA

María Castro e Abel Carballo

Historias paralelas cun mesmo fin: a produción de leite

María Castro e Abel Carballo son futuro garantido para as súas dúas explotacións familiares, Portalousa e A Lagoa Serabel. As súas vidas gardan moito en común: son de Xermade, teñen 20 anos, decidiron xa dedicarse á produción de leite e estanse formando todo e máis para perfeccionar as súas ganderías. Coñecemos a súa traxectoria e, nas seguintes páxinas, as súas granxas.

“Desde que decidín incorporarme e quedar na granxa, vin conveniente prepararme todo o que puidese no sector”, así comezou María Castro a falarnos do seu presente como estudante, unha idea que tamén nos transmitiu Abel Carballo. Ambos, con 20 anos, xa teñen decidido que o seu futuro profesional vai estar nas explotacións familiares que teñen no seu Xermade natal, pero antes quixeron formarse o mellor posible.

Tras cursar e superar o Grao Medio de Produción Agropecuaria no Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa, os dous decidiron que querían continuar pola mesma rama e decantáronse por facer o Grao Superior de Gandería e Asistencia en Produción Animal do mesmo centro. Abel comenta: “O grao medio gustoume moito e animeime a facer o superior porque está moi relacionado coa gandería”.

Desde que rematen o ciclo superior, tanto Abel coma María pensan en continuar ampliando os seus coñecementos e son varias as opcións que barallan. “Cando acabe –explica Abel– vou traballar na miña granxa e, a maiores, tamén me gustaría seguir estudando algún máster en alimentación ou xenética, porque é o que máis me gusta”. Neste mesmo senso, María conta que “a idea é seguir formándome, ben sexa co Máster en Produción de Leite, ben optando por titulacións como Enxeñería Agrónoma ou Veterinaria”.

O presente destes dous rapaces aseméllase moito, dúas historias paralelas que, cunha soa diferenza, pois María xa se incorporou á explotación en xaneiro de 2020 e Abel conta poder facelo este ano ou o que vén, miran xa cara a un mesmo futuro. “Véxome –remata María– vivindo aquí no rural como ata o de agora”, case a mesma frase que nos dixo Abel: “Véxome aquí; para xente que queira traballar no rural, hai traballo de sobra”.

MARÍA CASTRO: “DESDE QUE DECIDÍN QUEDAR NA GRANXA, VIN CONVENIENTE PREPARARME TODO O QUE PUIDESE” ABEL CARBALLO: “VÉXOME AQUÍ; PARA XENTE QUE QUEIRA TRABALLAR NO RURAL, HAI TRABALLO DE SOBRA”

Genera tu propia energía

Hasta un 70% de ahorro en tu factura de luz desde el primer día

Instalamos proyectos de autocosumo llave en mano

Borja Reguera 654 11 66 61

Gestor Especializado Sector Primario

Más de 5.000 MW en cartera de proyectos

en Europa y La,noamérica

Ges:onamos ayudas, permisos y legalizaciones

en toda la península

Descuento del 10%

para los lectores de la revista

Conseguimos ayudas de hasta el 65% del total del proyecto

PORTALOUSA SC

En Vaca.tv

Localización: Xermade (Lugo) Propietarios: Álvaro Castro, Ana López e María Castro N.º total de animais: 235 Vacas en muxidura: 120 Media de produción: 34 kg/vaca/día Porcentaxe de graxa: 4,10 % Porcentaxe de proteína: 3,50 % RCS: < 200.000 cél./ml Cualificación morfolóxica: 82,4 puntos Superficie agrícola: 50 ha Venda do leite: Entrepinares

Aorixe da gandería Portalousa SC remóntase a principios dos anos 70 cando os avós paternos de María Castro, José Castro e Nieves Fernández, deciden botar a andar unha granxa de vacas de leite. Polo ano 1990 incorpórase á gandería, moito máis pequena do que é a día de hoxe, o fillo destes e pai de María, Álvaro Castro, que empeza a ampliar as instalacións e pouco a pouco o número de cabezas de gando. En 1995 súmase ao proxecto a nai de María, Ana López, coa que segue o crecemento da explotación ata o día de hoxe.

“Desde pequena sempre estiven no medio das vacas e pouco a pouco funme dando conta de que era isto o que quería para o meu futuro”, subliña María Castro. Tanto é así que mentres remataba o bacharelato comezou a estudar xa o Grao Medio de Produción Agropecuaria no Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa e, tras obter este título, decantouse por continuar formándose co Grao

María Castro, xunto aos seus pais, Álvaro Castro e Ana López

Apostar polo rural e o legado familiar

O destino desta gandería está asegurado e nas mellores mans. Álvaro, Ana e a súa filla María, incorporada hai tan só un ano, saben que o éxito pasa por profesionalizarse ao máximo, contar coas novas tecnoloxías e apoiarse nos mellores profesionais. O primeiro dos seus pasos para conseguir ese obxectivo foi a robotización do muxido nos últimos meses.

Superior de Gandería e Asistencia en Produción Animal.

Aínda sen rematar os seus estudos, pois, segundo afirma, o seu plan “é seguir estudando para formarme como profesional e teño tres ideas na mente: Veterinaria, Enxeñería Agrónoma ou o Máster en Produción de Leite”, xa se incorporou á sociedade empresarial en xaneiro de 2020 e é socia, xunto aos seus pais, de Portalousa SC.

Contan con 235 cabezas frisonas, das cales 120 son vacas en muxidura, ao redor de 25 están en período de secado e unhas 90 son xatas e xovencas. Entre os tres socios e unha persoa empregada distribúen todas as tarefas da explotación e María encárgase de varios asuntos: “Da parte máis informática dos robots, meter vacas, poñerlles ou quitarlles penso e revisar os datos que ofrece; de temas reprodutivos, como inseminacións das vacas, e tamén dalgún asunto de clínica. Ademais, fago papeis administrativos, como dar becerros de alta, baixas das vacas que morren, facturas etc.”.

PRODUCIÓN ROBOTIZADA

As vacas de Portalousa producen unha media de 34 kg de leite por vaca e día, cunhas porcentaxes de graxa e proteína de 4,10 % e 3,50 %, respectivamente. O reconto de células somáticas é inferior ás 200.000 e a bacterioloxía está por debaixo das 10.000.

A granxa está en pleno proceso de cambio, pois levan uns dous meses con muxido robotizado. “Os motivos de decantarnos polos robots foron tres: falta de man de obra, mellor

DISTRIBUIDORES PARA ESPAÑA Y PORTUGAL

María encárgase da parte máis informática: revisión de datos e xestións administrativas

“DESDE PEQUENA ESTIVEN NO MEDIO DAS VACAS E POUCO A POUCO FUNME DANDO CONTA DE QUE ERA ISTO O QUE QUERÍA PARA O MEU FUTURO”

Alta Calidad Alemana Asegurada!

calidade de vida para nós e maior benestar para as vacas”, asegura María.

Recordan os primeiros días con certas dificultades, pero “menos do que pensabamos. As vacas –di– estanse adaptando”.

Cando nos achegamos a Portalousa o número medio de muxidos por día era de 2,4, non obstante lograr os tres está entre os obxectivos da robotización: “Esperamos chegar aos tres muxidos e incrementar un pouco a produción”.

Véndenlle o leite á industria queixeira Entrepinares e son socios desde hai 25 anos da actual CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas). “Unímonos a Irmandiños, o que é agora CLUN, porque eran pioneiros no tema de proporcionarlle servizos ao gandeiro, como veterinaria, maquinaria, mesturas etc., e para conseguir unha mellor rendibilidade. Actualmente ofrécennos profesionais moi cualificados de reprodución, alimentación, ADSG, certificación…”, sinala.

GRUPOS DE ANIMAIS E INSTALACIÓNS

Na nave principal da explotación manteñen as vacas en lactación e as secas, e nunha nave contigua están as xatas menores de seis meses. María Castro explica que “na nave de produción hai uns 190 cubículos, os cales están formados por colchoneta e unha capa de carbonato e serradura. Encamamos unha vez á semana e tres veces ao día temos coidado de que as camas estean limpas e acondicionadas”.

NOVEDAD

CAZO DISTRIBUIDOR FORRAJE NOVEDADCAZO UNIFEED

Tel. (+34) 985 634 238 Comercial: info@fondrigomaquinaria.com Recambios-Asistencia: servicio@fondrigomaquinaria.com www.fondrigomaquinaria.com

José Antonio González

Técnico de Alimentación de CLUN e asesor en Portalousa SC

“Temos claro que o animal non se vai muxir por necesidades fisiolóxicas, senón por ganas de comer. Intentamos mellorar o número de muxidos e que haxa moitos menos atrasos cando esta xente se levanta pola mañá ou vén á noite. O obxectivo co robot é lograr ter a maior eficiencia de man de obra”.

Ensilan a produción de herba e tamén o millo que cultivan máis o que compran Boxes individuais para as xatas desde o nacemento ata os tres meses

Entre o grupo de animais en produción diferencian dous lotes: “Dentro dun están as vacas de primeiro e segundo parto –especifica María– e no outro, agrupamos do segundo parto en diante. A maiores, está o lote de secas e próximas ao parto”.

A RECRÍA, COMPARTIDA

As xatas que nacen en Portalousa permanecen na granxa ata os seis meses e cando chega este momento séguense criando en SAT Xercas, unha sociedade creada en 1992 por catro ganderías veciñas: SAT Cavadas, Ganadería Pernas, Casa Gil e Portalousa SC. “Esta sociedade creouse no seu día porque nas explotacións non había sitio para manter a tanta recría. Agora cambiou todo, pero mantemos o sistema por manexo e man de obra. Ao ser catro socios, o traballo dividímolo por semanas”, aclara María Castro.

No momento de nacer instalan as becerras en boxes individuais ata os tres meses, dos tres aos seis pasan a un corral colectivo e aos seis marchan para o centro de recría. “Volven á granxa –segundo María– cando xa están próximas ao parto”.

EFICIENCIA ALIMENTARIA

En canto á alimentación, María Castro apunta que “nas seis primeiras horas de vida intentamos ofrecerlles o costro da nai. Os 60 primeiros días dámoslles dúas tomas de dous litros de leite en cada unha delas e 15 días antes da desteta baixamos a unha toma soa de dous litros. Teñen tamén auga e penso a libre disposición”.

As vacas en secado dispoñen de pacas especiais para secas, rolos de estamos facendo é reducir o concentrado no presebe para que a vaca acceda ao robot, pois temos claro que o animal non se vai muxir por necesidades fisiolóxicas, senón por ganas de comer”, asegura González.

“Así –agrega o técnico de CLUN– intentamos mellorar o número de muxidos e que haxa moitos menos atrasos cando esta xente se levanta pola mañá ou vén á noite. O obxectivo co robot é lograr ter a maior eficiencia de man de obra”.

En Portalousa cultivan 50 hectáreas de terreo con herba e están volvendo pouco a pouco á rotación con millo, xa que “anos atrás tivemos problemas co xabaril e obrigounos a deixar de sementalo. Este ano botaremos sobre 20 ha de millo”, comenta María.

Están adaptando a ración para incentivar as visitas aos robots

“OS MOTIVOS DE DECANTARNOS POLOS ROBOTS FORON TRES: FALTA DE MAN DE OBRA, MELLOR CALIDADE DE VIDA PARA NÓS E MAIOR BENESTAR PARA AS VACAS”

herba, palla e dun comedeiro que lles proporciona dous quilos de penso ao día.

Os animais en produción, en pleno proceso de adaptación ao robot, están comendo unha ración composta por 28 kg de silo de herba, 17 kg de silo de millo, 9,5 kg de penso e 0,5 kg de melaza. “O robot ofrécelles a maiores entre 3 e 10 kg de penso segundo a súa produción e os seus días en leite”, engade.

Como socios de CLUN, contan co asesoramento de José Antonio González, técnico de Alimentación da Cooperativa, quen está traballando con eles non só en temas nutricionais senón tamén en asuntos reprodutivos e de manexo, entre outros. “Os inicios con robot son complicados e o que

Portalousa, a vista de paxaro

Utilizan uns seis touros por campaña, sempre xenómicos Grupos colectivos desde os tres ata os seis meses

Preparan ensilados de herba coa súa propia produción e ensilan o millo que producen e o que compran. Neste apartado tamén están buscando maior eficiencia, segundo José Antonio González: “Esta é unha zona alta onde facer herba de calidade e presecar é difícil. Queremos mellorar a calidade das forraxes e dos ensilados e tamén a cantidade de millo por hectárea para incrementar os rendementos forraxeiros da explotación”.

Para a repartición diaria da comida teñen o servizo dun dos carros mesturadores de CLUN, que lles elabora a ración cada día ás 9 da mañá.

SELECCIÓN XENÉTICA

O destino do leite, unha queixería, e a robotización do muxido marcan os parámetros que priman na selección xenética. “Á hora de escoller os touros, no que máis nos fixamos é nas patas, no ubre, na produción, nas calidades e na colocación dos tetos”, revela a gandeira. O intervalo entre partos é duns 410 días, a idade á primeira inseminación aproxímase aos trece meses e teñen unha media de 1,5 inseminacións por preñez en xovencas, e de 2,5, en vacas adultas.

Apostan sempre pola xenómica, utilizan uns seis touros por campaña e déixanse asesorar nesta parte do negocio por Fernando Rego, técnico de apareamentos de Africor Lugo. Na última cualificación morfolóxica obtiveron unha media de 82,4 puntos.

PRÓXIMOS PLANS

Os plans de María Castro a curto prazo pasan por ampliar os seus coñecementos cuns anos máis de formación. En pouco tempo vese “vivindo no rural como ata o de agora e construíndo unhas instalacións novas para mellorar tanto o benestar dos animais como o das persoas que traballan na granxa”. “Á HORA DE ESCOLLER OS TOUROS, NO QUE MÁIS NOS FIXAMOS É NAS PATAS, NO UBRE, NA PRODUCIÓN, NAS CALIDADES E NA COLOCACIÓN DOS TETOS”

Coas obras dos dous robots recentemente instalados xa deixaron todo pensado para a chegada dunha terceira máquina e en breve comezarán a traballar cunha amamantadora para os animais máis pequenos.

O seu pai, Álvaro Castro, xa imaxina como será ese futuro: “Unha gandería sostible, modernizada ao máximo posible, na que ela estivera feliz coa súa familia e eu o poida ver, claro”.

“Contratar un asesor enerxético para as explotacións axuda a reducir o custo da factura eléctrica”

A Asesoría Enerxética Terra Chá (Vilalba, Lugo) está especializada no campo da eficiencia enerxética. O seu equipo técnico ten por obxectivo ofrecerlles aos seus clientes unha asesoría técnica a través de estudos, diagnósticos, auditorías e servizos orientados á xestión e á eficiencia enerxética. A CEO da empresa, Pilar Novo, explica en que consiste o seu traballo e fala sobre a importancia de contar cos seus servizos nas granxas.

En vídeo

Cal é o consumo enerxético medio dunha gandería de vacún de leite?

O consumo medio dunha gandería depende do tamaño da explotación, das maquinarias utilizadas nela e das cabezas que poida ter en muxido. Baseándonos nas explotacións nas que traballamos, con ao redor de 200 cabezas en muxido, podiamos falar duns 70.000 kW anuais que, traducidos a un importe en euros, oscilaría sobre os 14.000 euros ao ano.

É posible negociar coas comercializadoras as tarifas aplicadas ou o importe final da factura?

Por suposto. Niso consiste precisamente o traballo dun asesor enerxético. Realizamos un estudo adaptado ás necesidades de cada cliente, negociando, por tanto, as tarifas, así como o importe da factura de electricidade, ademais de poñernos a disposición de calquera tipo de consulta, dúbida ou aclaración que puidese xurdir coa factura da electricidade. Cun punto moi importante, que é saber o que vende a competencia para poder apertar un pouco ás comercializadoras e poder darlles os mellores prezos aos nosos clientes.

Pode interesar adaptar o muxido aos horarios das tarifas eléctricas?

Economicamente sempre é rendible adaptar os consumos eléctricos ás horas de menor custo. Outra cousa é que sexa operativo, xa que non todas as actividades se poden encaixar nesa franxa horaria.

Que elementos podemos incorporar ás granxas para reducir o consumo eléctrico?

Se buscamos reducir o importe da factura da electricidade, poderiamos falar de iluminación LED, da corrección de enerxía reactiva instalando baterías automáticas de condensadores e, por suposto, da instalación de placas solares para autoconsumo.

É rendible instalar sistemas de enerxías alternativas nas explotacións?

Si, sempre deberiamos realizar un estudo para instalar sistemas de enerxía alternativos.

Cales recomendaría e por que?

Sen ningún tipo de dúbida, a enerxía solar fotovoltaica, xa que reduciría de forma moi importante os consumos que demanda a rede eléctrica exterior.

É rendible para as ganderías incluír un asesor enerxético?

Si. Evidentemente, tanto en ganderías como a gran maioría das empresas contratan asesores fiscais, laborais, contables... e, no caso das explotacións, nutrólogos, pero poucos caen na conta de contratar un asesor enerxético que, co gasto tan importante que representa a facturación da electricidade, lles axudaría. Nós estamos para tratar de reducir ese custo e para axudar a que sexa un pouco máis fácil interpretar a factura da electricidade.

Como se pode acceder a estes servizos?

Nós estamos situados na praza da Constitución de Vilalba (Lugo), pero, como traballamos para todo o territorio nacional, poderían contactar connosco a través do noso correo electrónico, info@enerxiaterracha.es, ou no teléfono 982 512 233.

A LAGOA SERABEL SC

En Vaca.tv

Localización: Xermade (Lugo) Propietarios: José Luis Carballo, Rocío Pena e Sergio Carballo N.º total de animais: 145 Vacas en muxidura: 60 Holstein e 15 Jersey Media de produción das Holstein: 37 l/vaca/día Porcentaxe de graxa das Holstein: 3,60 % Porcentaxe de proteína das Holstein: 3,40 % RCS das Holstein: 120.000 cél./ml Media de produción das Jersey: 26 l/vaca/día Porcentaxe de graxa das Jersey: 5,60 % Porcentaxe de proteína das Jersey: 4,60 % RCS das Jersey: 110.000 cél./ml Cualificación morfolóxica: 82 puntos Superficie agrícola: 80 ha Venda do leite: Entrepinares

Asemente do que é hoxe a gandería A Lagoa Serabel foi plantada polos avós de Abel Carballo polo ano 1985 ao volver dunha etapa de traballo en Suíza. Esa primeira granxa, á que chamaron Casa Adonis, estaba a 300 metros da actual nave de produción e naceu con tan só cinco vacas. Foi medrando co paso do tempo e, cando o rabaño estaba nunhas 30 cabezas, os avós pasáronllela aos pais de Abel, José Luis Carballo e Rocío Pena, quen seguiron crecendo ata os 45 animais en produción.

Tras coñecer o interese dos seus dous fillos, Sergio e Abel, por continuar traballando na granxa, decidiron crear, hai tan só dous anos, unha sociedade civil á que chamaron A Lagoa Serabel, en referencia ao lugar onde está localizada a empresa e aos nomes dos dous rapaces.

Abel Carballo e a súa nai, Rocío Pena

Ser gandeiro, unha decisión tomada desde ben pequeno

Abel Carballo tívoo claro desde sempre: o seu futuro pasaba por continuar e facer medrar a gandería dos seus pais, unha tarefa na que xa está inmerso. Teñen unha nave de produción recentemente construída, que pensan en dobrar nos vindeiros anos, e están en pleno proceso de aumento do seu rabaño de vacas Holstein e Jersey.

“Gustoulles sempre moito –refírese Rocío aos seus fillos–. Sergio estudou un ciclo de mecánica e tíralle máis a maquinaria. A Abel este mundo sempre lle gustou, creo que se non facemos isto, sería a maior decepción da súa vida e estaría traballando noutra granxa. Ían ter moita sorte en telo de empregado, porque é unha marabilla. Os dous fan un equipo xenial e lévanse moi ben, nunca oes unha palabra máis alta que outra”.

Sergio Carballo está incorporado xa á explotación, pero Abel de momento non, está acabando os estudos do Grao Superior de Gandería e Asistencia en Produción Animal no Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa e conta incorporarse durante este ano ou o que vén. Segundo manifesta: “Toda a vida me gustou isto, desde pequeno, pero máis aínda cando comecei a facer as primeiras escolas de preparación de vacas de concurso con 10 anos. Ao ir a concursos, empezoume a gustar moito máis e ata hoxe en día, que me encanta”.

RABAÑO FRISÓN E JERSEY

A maioría das vacas da Lagoa Serabel pertence á raza Holstein e un 15 % aproximadamente son animais Jersey. “Cando decidimos construír a nave –di Abel– estabámoslle entregando o leite a Danone e comuni-

counos que ía deixar parte da recollida en Galicia. Na busca doutra empresa, chamamos a Entrepinares, gustoulles o noso proxecto e decidimos firmar contrato con eles. Entrepinares é unha queixería e busca leite con moi boas calidades. Foi o momento no que tomamos a decisión de empezar a traballar tamén con vacas Jersey, polas calidades que dan”.

Entre o lote de produción, cada unha das 60 vacas frisonas produce unha media de 37 litros por día, cunhas medias de 3,60 % de graxa e 3,40 % de proteína, mentres que as 15 vacas Jersey logran uns 26 litros por día cun 5,60 % de graxa e un 4,60 % de proteína. O reconto de células somáticas nas primeiras está nas 120.000 e nas segundas, nas 110.000.

Manteñen tamén unhas 10 vacas secas e entre 50 e 60 xatas e xovencas.

Moxen dúas veces ao día, ás seis e cuarto da mañá e ás seis e cuarto da tarde, nunha sala con 12 puntos de muxido traseiro. “TODA A VIDA ME GUSTOU ISTO, PERO MÁIS AÍNDA CANDO EMPECEI A FACER AS PRIMEIRAS ESCOLAS DE PREPARACIÓN DE VACAS DE CONCURSO”

MANEXO EN DÚAS NAVES

O rabaño está dividido en dúas naves. Na máis nova, a principal, están as vacas de produción, as vacas próximas ao parto e as xatas ata a desteta. Abel Carballo explica que “aquí hai 68 cubículos con cama de serradura e carbonato. Facemos nós esa mestura e botámoslla cada 4 días. As vacas que van parir, a zona de enfermería e as vacas en celo están en boxes de cama quente con palla. Á parte temos as xatas pequenas, que están en cama quente de palla”.

Asesoría xenética

O novo servizo de Embriovet para o coidado da xenética do vacún de leite

www.embriomarket.com

Parcela 8, Polígono de Piadela, 15300 Betanzos (A Coruña) Tfno/Fax: +34 981 791 843 - 649 239 488 A asesoría xenética de Embriovet nace da necesidade de coidar a xenética do vacún de leite

Este novo servizo comprende a análise da xenética da granxa, un plan xenético estratéxico e un programa xenético orientado a obxectivos

Servizos incluídos:

1. Auditoría xenética de partida

2. Definición de obxectivos

3. Deseño do programa xenético e reprodutivo

4. Xestión dos datos xenómicos

5. Selección do seme a empregar

6. Acoplamentos

Sala 6x2 onde moxen dúas veces ao día

“ENTREPINARES É UNHA QUEIXERÍA E BUSCA LEITE CON MOI BOAS CALIDADES. FOI O MOMENTO NO QUE TOMAMOS A DECISIÓN DE EMPEZAR CON VACAS JERSEY”

Na outra instalación están os lotes de xovencas desde os catro meses e as vacas secas. “Desde os catro meses ata os oito –especifica Abel– teñen cama quente de palla e desde os oito ata os catorce meses contan con 2 ha de terreo de pasto máis unha explanada con serradura e cornadizas para comer. Cando están preñadas, sobre os 14-15 meses, pasan para outra zona na que teñen 10 ha para estar por fóra e sobre 39 cubículos de colchoneta”.

En ambas as naves diferencian dous grandes lotes: Holstein e Jersey, pois estas últimas son moito máis pequenas en tamaño e necesitan espazos adaptados para elas; por exemplo, os cubículos son máis reducidos que os das frisonas.

RACIÓNS E MAQUINARIA

Todas as vacas en produción, tanto frisonas como Jersey, comen a mesma ración unifeed composta por 31 kg de silo de herba, 24 kg de silo de millo, 11 kg de bagazo, 10,5 kg de concentrado e 0,5 kg de palla. As secas, en cambio, están con 4 kg de penso e un silo seco que fan no verán, segundo indica Abel: “En lugar de facer herba seca, deixámola sobre dous ou tres días ao sol, estendémola e despois enrolámola e encintámola, é como unha herba seca húmida”.

En canto a alimentación da recría, o proceso desde o seu nacemento é o seguinte: “Nada máis nacer –expón Abel– dámoslles por sistema 4 litros de costro, ben mamando ou ben a través de sonda. Os tres primeiros días proporcionámoslles leite da nai e a partir de aí empezamos con leite en po, un penso starter que lles dura ata o tempo da desteta, auga a libre disposición desde o primeiro día e, de forraxe, comen palla ou herba seca”.

Tras a desteta, sobre os 80 días máis ou menos, cambian a un penso de xovencas “especificado para a nosa granxa”, confirma Abel. Danlle tamén desde este momento ata os oito meses herba seca húmida e desde os oito meses en diante comen a mesma ración que as vacas de leite. “Desde os 14 meses ata o parto levan a ración das secas”, agrega.

A alimentación é unha das áreas nas que máis interesado está Abel e para seguir mellorando neste aspecto conta co asesoramento de Ana Rama, enxeñeira agrónoma no Servizo de Alimentación de Seragro SCG. A técnica conta que “o que fago é asesoralos en temas de nutrición, en aspectos agrícolas como fertilizacións ou ensilados, e tamén noutros aspectos da granxa como a saúde, o manexo ou a reprodución. Ao final, a produción de leite non só depende da comida senón tamén das condicións nas que están os animais”.

Neste momento un dos obxectivos que se teñen marcado é conseguir calidades altas no leite, pois “véndenllo a unha industria que valora bastante as calidades. Primamos que estas sexan altas e para iso os animais deben atoparse ben e estar reprodutivamente á altura”, engade Ana Rama.

Na Lagoa Serabel traballan unhas 80 ha de terreo, das cales cultivan 50 ha con raigrás inglés e outras 30 ha con millo. Da parte dos cultivos e dos traballos agrícolas encárgase máis ben o irmán de Abel, Sergio, quen conta cun parque amplo de maquinaria: tractor, cisterna, segadora, fileirador para a herba, rozadora de prados, grade de discos e batedor do xurro, para unha balsa de tres millóns de litros.

Na época da sementeira e da recollida de forraxes botan man dos servizos de empresas externas e o carro mesturador téñenllo contratado a CLUN, da que son socios desde hai sete anos. “Nós ensilamos as nosas forraxes e á parte facemos os rolos secos para as vacas secas e as xovencas. O carro vén, colle os silos e o penso, fai a mestura e reparte todos os días sobre as dúas e media da tarde”, revela Abel.

EN CRECEMENTO

“Todas as crías que nacen son para nós, porque estamos aumentando o rabaño e fainos falta a recría. Temos vacas boas en xenética, pero tampouco é tan boa de momento como para dedicarnos á venda”, recoñece o gandeiro.

A reprodución e a xenética son outros dos asuntos da granxa que máis lle gustan e nos que está máis centrado. A idade para a primeira inseminación está ao redor dos 14 meses, o intervalo entre partos é de 395 días e a media de inseminacións por preñez cambia entre as xovencas, 1,5, e as vacas, 2,1.

A media de número de partos da explotación é de 3,2, pero cabe destacar as diferenzas destes datos con respecto ás vacas Jersey. Abel Carballo apunta que “a maioría das Jersey superan os 5 partos e a súa media de inseminacións por preñez está entre 1,5 e 1,7. Hai que dicir que con estas utilizamos sempre seme sexado”.

“IMOS TER QUE SER MOI PROFESIONAIS, PORQUE CADA DETALLE VAI CONTAR MÁIS. QUIZAIS VAI SER TODO MÁIS XUSTO, PERO VAI SER POSIBLE”

As xatas son destetadas polos 80 días Seleccionan os touros con base en tres parámetros: tipo, ubre e calidades Ana Rama

Enxeñeira agrónoma do Servizo de Alimentación de Seragro SCG e asesora na Lagoa Serabel SC

“Asesorar no ámbito da nutrición non só implica o apartado da comida, senón que hai que fixarse en moitos outros aspectos da granxa, como a saúde, o manexo ou a reprodución, as condicións nas que están os animais. Véndenlle o leite a unha industria que valora bastante as calidades, entón primamos que estas sexan altas”.

Lotes no exterior de secas e xovencas preñadas

As vacas en produción, tanto Jersey coma Holstein, comen a mesma ración

Ademais de usar sexado para todas as Jersey, tamén llelo aplican a todas as xovencas frisonas e ás vacas Holstein do seu interese, “ben sexa por produción, ben por xenética. Poñemos seme sexado ás dúas primeiras inseminacións e á terceira xa imos a Limousine. O resto dos animais que non son da nosa conveniencia son inseminados con Limousine de primeiras e toda esta recría de cruzamento vendémola con 15 días”, asegura.

GUSTO POLA XENÉTICA DE TIPO

A xenética xoga un papel moi destacado na Lagoa Serabel. “Para min é o principal dunha explotación, xa que a través dela podes ter moitos resultados, ben sexa en produción, vacas de tipo, de índices… o que a cada un lle guste. A min as que me gustan son as vacas de tipo e inseminamos todo con touros mellorantes a tipo”, afirma este gandeiro apaixonado das vacas de concurso e asiduo participante, dunha ou doutra maneira, nos certames máis coñecidos do sector.

Para as Holstein escollen os touros con base en tres parámetros: tipo, ubre e calidades. Para as Jersey, ademais de ser todo sexado, vanse a touros de tipo canadense, porque “son un pouco máis grandes, dan un pouco máis de leite e manteñen as calidades que queremos”, asevera Abel.

Utilizan cada ano uns cinco touros e actualmente o 80 % deles son xenómicos, pois considera que “a xenómica supón un grande avance e cada vez é máis fiable”. A día de hoxe contan cunha media morfolóxica de 82 puntos.

VISIÓN DO FUTURO

“Imos ter que ser moi profesionais, porque cada detalle vai contar máis, en produción, no cálculo dos prezos… Quizais vai ser todo máis xusto, pero vai ser posible. Creo que isto ten futuro. Se che gusta, é un traballo coma outro, que é recompensado”, así resalta Abel a súa visión do futuro do sector, tan positiva como a idea que engadiu a súa nai: “Vexo a Sergio e mais a Abel moi ben, non se han de enfadar. Con robots, e fan ben, pois hai que buscar calidade de vida e non hai tanta xente con experiencia coma teñen eles. Espero velos xa mozos e con nenos por aí correndo”.

Incrementar o número de animais de ambas as razas, mellorar a xenética e participar en concursos e dobrar o establo actual para aumentar a produción e facer unha estabulación para secas e xovencas son os retos que se marca Abel para os vindeiros anos.

Máis liberdade, máis produción e máis control

Fieis a GEA, pola garantía dos seus produtos e o servizo técnico prestado, en Ganadería A Costa (Lalín, Pontevedra) decidiron robotizar o seu muxido coa instalación dun DairyRobot R9500.

Álvaro Pérez Fernández e os seus pais, José e Emilia, comezaron o proceso de cambio en outubro do ano pasado co traspaso dos animais para unha nave nova de vacas en produción e a instalación do robot, os colares CowScout, un novo tanque TCool e o arrimador de comida FRone.

A día de hoxe moxen un total de 60 vacas, cunha produción de 39 litros por vaca e día e unha media de número de muxidos que varía entre os 2,9 e os 3.

Cinco meses despois do cambio, xa lograron os seus dous obxectivos: chegar aos tres muxidos e ter máis tempo libre. Aumentaron a produción uns 5 litros por vaca e día, reduciron á metade o reconto de células somáticas e anticípanse moito máis na detección de celos e enfermidades.

Nome da explotación: Ganadería A Costa Localización: Lalín (Pontevedra) Animais en total: 110 Vacas en produción: 60 Media de produción: 39 litros/vaca/día Media de número de muxidos: 2,9 Porcentaxe de graxa: 3,80 % Porcentaxe de proteína: 3,45 % RCS: 120.000 cél./ml

Robot con sala de espera e porta preselectora

“O que máis nos gustou deste robot foi o foso, a separación por cuartos e a colocación manual”

Cal foi o motivo polo que se decidiron a robotizar o muxido?

Antes de instalar o robot tiñamos unha sala en espiña de peixe 5x2 e tomamos esta decisión para intentar que a granxa dependese unicamente dunha persoa en días festivos, fins de semana e vacacións, para non ter que estar dúas persoas aquí sempre.

Se os meus pais non estaban, había un problema, porque se dependía dunha segunda persoa, e se marchaba eu, quedaban eles moi cargados de traballo. Ese foi un pouco o maior punto de inflexión, ademais de buscar os tres muxidos.

Por que optaron por GEA?

O que máis nos gustou deste robot desde o primeiro día que o vimos foi o foso, xa que axuda moito para tratamentos e secados; a separación por cuartos, que creo que é moi importante, e a colocación manual, se unha vaca ten algún problema, podes colocar a man e non tes que estar cunha muxidora á parte.

Como foi o proceso de cambio?

Foi bastante máis fácil do que esperabamos. O verán pasado construímos a nave e ao mesmo tempo instalamos o robot. O 6 de outubro de 2020 empezamos a meter as vacas a comer penso e estiveron así 28 días. Logo, comezamos a muxir e foi bastante máis sinxelo do que inicialmente pensabamos.

Os animais simplemente hai que velos, nótase moitísima máis tranquilidade. Creo que foi un grande avance.

Para nós, o cambio foi grande. Non hai que estar aquí á mañá tan cedo, nin marchar tan tarde. A sala de muxido faiche madrugar moito máis e saír máis tarde á noite porque os muxidos hai que facelos cunhas horas de diferenza e hai moitas horas mortas polo día que fan que as xornadas de traballo se estendan moito máis.

Que beneficios lles achegou?

Estamos agora nunha media de entre 2,9 e 3 muxidos. Co terceiro muxido notamos que as camas están máis secas, pérdese moito menos leite e as mamites reducíronse case na súa totalidade.

Antes, na sala de muxido, empezabamos a muxir ás 7 da mañá e acababamos de facer todo sobre as 10 e, pola tarde, empezabamos ás 7 e non lograbamos nunca rematar antes

“Permíteche que este traballo se pareza o máximo posible aos outros traballos da sociedade en canto a horarios e a ter días libres, fins de semana e vacacións”

das 21:30. Agora, chegamos sobre as 8:30 da mañá e marchamos sobre as 8 da tarde; a fin de semana facemos servizos mínimos e estamos un par de horas pola mañá e unha hora pola tarde. Desta forma, unha soa persoa pode levar a granxa no día a día, o que che permite que este traballo se pareza o máximo posible aos outros traballos da sociedade en canto a horarios e a ter días libres, fins de semana e vacacións.

Nas épocas de campaña de ensilado de millo e de herba, podo combinar moito mellor o traballo na granxa con facer servizos externos. Antes, supoñía un esforzo moi grande que tiñan que realizar os meus pais. Lévase doutra forma, moito máis calmado.

En canto a produción, cando empezamos estabamos nunha media de 32-33 litros/vaca/día, hoxe estamos ao redor de 38-39 litros. Espero que, cando pase un ano e todas as vacas teñan parido de novo, poidamos incrementar outros dous ou tres litros. Ademais, o reconto de células somáticas estaba entre 200.000-250.000 cél./ml e baixamos ás 120.000130.000. A verdade é que é sorprendente, non pensabamos que iamos chegar a isto.

Levamos só cinco meses e creo que son uns datos bastante óptimos.

Que sistemas GEA incorporaron no proxecto?

O robot conta cunha zona de preselección. Os animais pasan por unha porta que lles deixa entrar á sala de espera, se teñen permiso de muxido, ou que lles fai continuar recto cara ao corredor de alimentación, no caso de que non o teñan. Así, evítanse moitos tempos mortos no robot e os rexeitamentos, xa que todas as vacas que entran van ser sempre muxidas.

Cando decidimos apostar polo muxido robotizado, tamén puxemos os colares CowScout e son unha grande axuda. É agora cando nos damos conta de que se estarían perdendo ao redor do 30 % dos celos, xa que hai moitos que se producen de noite e non os ves. Ademais, este sistema axuda moito a previr enfermidades, porque simplemente con chegar pola mañá e mirar o ordenador xa ves se un animal non comeu, se botou moitas horas tirado, se non rumia... Á hora de detectar un problema, anticípaste moito.

Co proxecto tamén incorporamos un tanque TCool 6.000 sincronizado totalmente co robot, un arrimador FRone e un arrefriador de placas.

De cara ao futuro, cales son os seus plans?

Despois de cinco meses a valoración é de dez, o cambio foi moi grande. Ao principio sempre hai moito medo, quizais a parte máis negativa fose durante os primeiros días, para meter as vacas ao penso; pero ben, nada doutro mundo. Logo, empezar a muxir foi moi sinxelo porque as vacas estaban practicamente todas adaptadas a entrar a comer o penso e non se notou o cambio.

A curto prazo imos preparar unha nave contigua que temos para as xovencas máis pequenas e a medio-longo prazo xa está en mente colocar un segundo robot, pero esperaremos un pouco a ver que pasa con este momento de incerteza en canto á nova PAC e a esta pandemia.

ENTREVISTA En vídEo

José Pérez

“Decidímonos por GEA porque a sala anterior era tamén de GEA e non deu nin un só problema. Ademais, teñen un servizo inmellorable, sexa a hora que sexa. Por iso optamos por seguir cos mesmos. O cambio non é fácil de explicar, é moi grande. Eu engordei 10 kg, a algo se debe, e non quere dicir iso que non teñas que traballar, pero é completamente distinto. Unha persoa soa pódese arranxar sen ningún inconveniente. Notamos máis tempo libre e podes librar moito máis. Ademais, tes toda a información no móbil; se estás lonxe, podes igualmente mirar os avisos que che envía”.

This article is from: