NA GRANXA
María Castro e Abel Carballo
Historias paralelas cun mesmo fin: a produción de leite María Castro e Abel Carballo son futuro garantido para as súas dúas explotacións familiares, Portalousa e A Lagoa Serabel. As súas vidas gardan moito en común: son de Xermade, teñen 20 anos, decidiron xa dedicarse á produción de leite e estanse formando todo e máis para perfeccionar as súas ganderías. Coñecemos a súa traxectoria e, nas seguintes páxinas, as súas granxas.
“D
esde que decidín incorporarme e quedar na granxa, vin conveniente prepararme todo o que puidese no sector”, así comezou María Castro a falarnos do seu presente como estudante, unha idea que tamén nos transmitiu Abel Carballo. Ambos, con
20 anos, xa teñen decidido que o seu futuro profesional vai estar nas explotacións familiares que teñen no seu Xermade natal, pero antes quixeron formarse o mellor posible. Tras cursar e superar o Grao Medio de Produción Agropecuaria no Centro de Promoción Rural-EFA
Fonteboa, os dous decidiron que querían continuar pola mesma rama e decantáronse por facer o Grao Superior de Gandería e Asistencia en Produción Animal do mesmo centro. Abel comenta: “O grao medio gustoume moito e animeime a facer o superior porque está moi relacionado coa gandería”. Desde que rematen o ciclo superior, tanto Abel coma María pensan en continuar ampliando os seus coñecementos e son varias as opcións que barallan. “Cando acabe –explica Abel– vou traballar na miña granxa e, a maiores, tamén me gustaría seguir estudando algún máster en alimentación ou xenética, porque é o que máis me gusta”. Neste mesmo senso, María conta que “a idea é seguir formándome, ben sexa co Máster en Produción de Leite, ben optando por titulacións como Enxeñería Agrónoma ou Veterinaria”.
52 | Vaca Pinta n.º 24 | 05.2021
vp024_naGranxa_PortalousaSerabel_galego_SABE.indd 52
27/5/21 11:06