BRÉTEMA
BRÉTEMA 15/16 EDLG do IES de Tomiño
O CEO DENDE O IES DE TOMIÑO...
BRÉTEMA 15/16 Voltamos. Se tes unha ventá preto de ti, deixa un momento o ordenador, a tablet ou o móbil e mira o ceo. Aínda que sexa xuño, hai moitas posibilidades de que teña un aspecto semellante ao que se ve nas fotos da páxina. De cando en vez convén mirar o ceo, para lembrar que cada día é igual e distinto. E fermoso. Sae á rúa e camiña, empápate do ceo. Agardamos que che guste a Brétema deste curso, empezamos.
BRÉTEMA 15/16 ÍNDICE DENDE FÓRA 4 ENCÁNTAME, QUÉROO 6 VERBAS QUE FALAN DE MIN (E DE NÓS) 7 O PRACER DE ESCOITAR 9 O PRACER DE ESCRIBIR 11 PRENSAMENTOS 15 RECREANDO A EMILY DICKINSON 17 CADÁVER EXQUISITO 18 EXPERIENCIAS VANGARDISTAS EN 4º B 19 TOLEMIA 23 HISTORIAS PEQUENAS EN 2º DE ESO 24 XOGANDO COA LINGUA 30 EDUCACIÓN EMOCIONAL 31 FALTAN E SOBRAN QUILOS 33 O MONTE TETÓN 36 BOLBORETAS E LIBÉLUAS GALEGA 38 DÍA DO LIBRO 42 MAGOSTO 43 DEORTE ESCOLAR 44 MUSHING 46 VIAXE COMPOSTELA 48 VIAXE CELANOVA 53 ENTROIDO 54 ACTO DE GRADUACIÓN 55 LETRAS GALEGAS 56 VIAXE ILLAS CÍES 58 ARTE COLLAGE 59 ARTE REALIDADE TRANSFORMADA 60 BLOG ERASMUS 61 BANDA DESEÑADA 64 AMIZADE NUN CARBALLO 68 COUSAS QUE PASAN 69 COUSAS QUE PODEN PASAR 71 COUSAS QUE QUEREMOS SABER 73
3
Dende fóra HOMENAXE A EDWARD SNOWDEN, ESCRITO CON TINTA NEGRA Un chiste que circulaba na época da antigua Unión Soviética conta a historia dun obreiro que conseguía traballo en Siberia e que, consciente de que as súas cartas serían lidas polas autoridades da dictadura comunista, acordou cos seus amigos e familiares o seguinte código: se enviaba una carta escrita con tinta negra o contido sería verdade; se enviaba una carta escrita con tinta azul, o contido sería mentira. Un mes despois chegou a primeira carta, escrita con tinta negra. Dicía o seguinte: aquí todo é marabilloso, as tendas están cheas, a comida é abundante, as vivendas son grandes e con boa calefacción, os cines proxectan boas películas occidentais e hai moitas mulleres fermosas; o único que non se pode atopar é tinta azul.
Os nados hai xa varias xeracións conservamos moitos recordos máis ou menos inconscientes da Unión Soviética, a dictadura comunista onde os disidentes políticos eran perseguidos e castigados con longas estancias no cárcere, e onde por un simple chiste que o goberno considerara inadecuado podías ser sancionado con un severo castigo. A poboación soviética, decíannos, vivía baixo un réxime que controlaba e manipulaba a información, e os sufridos soviéticos, decíannos, eran espiados de xeito rutinario e total polas autoridades. A contraparte do inferno socialista era o mundo libre, o noso mundo, o capitalista, defendido e liderado polos Estados Unidos de América e os seus valores de liberdade política, liberdade de expresión, liberdade de información e dereito á privacidade. Mais tarde aquel pesadelo comunista desapareceu. Foi en 1989. O mundo foi liberado ao fin. A democracia gaña sempre, por moito que tarde en facelo. Non porque sexa máis forte, non porque sexa máis lista, senon porque conta con mecanismos políticos e económicos que permiten resolver os seus problemas e neutralizar as súas contradiccións. A xustiza sempre vence á inxustiza. Os bos sempre gañan, e o crime sempre paga. Pasou o tempo. Sucedéronse algunhas xeracións, e o monstro do comunismo foi esquecido. Pero o mal nunca descansa. A democracia é unha delicada flor sempre en perigo, sempre ameazada. O monstro comunista foi sustutuído por outros monstros: o terrorismo internacional, o fundamentalismo islámico, o que cadrara. É necesario defenderse de novo. Agora o perigo xa non está lonxe, confinado tras un muro de aceiro. Agora o perigo está por todas partes, globalizado e deslocalizado, como mandan os tempos. Edward Snowden, antigo técnico da Axencia de Seguridade Nacional (NSA), filtrou en 2013 varios documentos dos servicios secretos dos Estados Unidos que probaban a existencia dun sistema global de interceptación das comunicacións telefónicas y de internet adicado ao espionaxe de gobiernos e políticos de todo o mundo, a organizacións de defensa dos dereitos humanos e a millóns de particulares. O sistema, chamado PRISM, accede, mediante software espía, a datos de usuarios de programas e aparellos como Yahoo, Hotmail, Gmail, Outlook, Facebook, Angry Birds, Google Maps, iPhone, BlackBerry e Android. Snowden demostrou que a NSA intercepta, vixía e almacena miles de millóns de chamadas e rexistros 4
telefónicos, datos de millóns de transaccións financieiras, contactos, fotografías, xeolocalizacións, mensaxes e datos. Mostrou tamén cómo a NSA rompe a seguridade dos sistemas operativos violando cifrados e infectando con software espía centos de miles de redes informáticas. Todo o que estea en liña (a cámara da Xbox e do portátil, o datáfono de proximidade da tarxeta de crédito, o interfono wifi para escoitar os ronquidos do bebé, o radar por tramos, as cámaras de seguridade da rúa) é susceptible de ser coidadosamente copiado, almacenado e, tal cez, esculcado. Como na novela de 1984, non é posible saber cando te están espiando, pero é seguro que poden facelo. O goberno dos Estados Unidos non desmentiu que estaba espiando a millóns de persoas de todo o mundo. Pero acusou a Edward Snowden de roubo de propiedade gubernamental, comunicación non autorizada de información sobre a defensa nacional e comunicación a terceiros de información clasificada. Se fose procesado e declarado culpable podería ser condenado a dez anos de cárcere por cada unha desas acusacións. Snowden vive actualmente exiliado en Moscú, antiga capital do Imperio Soviético, a pesares de ser cidadán dos Estados Unidos de América, a terra dos valores democráticos, como a liberdade política, a liberdade de expresión, a liberdade de información e o dereito á privacidade, onde o réxime non controla e manipula a información e onde os cidadáns non son espiados de xeito rutinario e total polas autoridades, Hai outro chiste que circula agora polos países da antigua Unión Soviética. Un ruso fala con outro: ¿por que estás tan triste?, pregunta, e o outro responde: porque todo o que nos dicían do comunismo era mentira!, ao que o outro respóndelle: pero eso non é o peor, o peor é que todo o que nos contaron do capitalismo era verdade. E a verdade é que vivimos nun mundo libre, onde os disidentes políticos non son perseguidos e castigados con longas estancias no cárcere, onde por un simple chiste que o goberno considere inadecuado non podes ser sancionado con un severo castigo, onde todo é marabilloso, as tendas están cheas, a comida é abundante, as vivendas son grandes e con boa calefacción, os cines proxectan boas películas occidentais e hai moitas mulleres fermosas. Onde o único que non se pode atopar é tinta azul.
Eduardo Fresco Barbeito. Corresponsal no estranxeiro para a Revista Brétema. Cádiz, 2016. Nota: o chiste inicial está tirado do libro Mis chistes, mi filosofía, do pensador esloveno Slavoj Žižek; o resto está tirado da vida mesma.
5
ENCÁNTAME, QUÉROO Non podemos saber como será o futuro. O único modo de prepararse para el é sacar o máximo proveito de nós mesmos, na convicción de que o facelo seremos todo o flexibles e produtivos que podamos chegar a ser. Sir Ken Robinson
Todos deberiamos coñecer aquilo que se nos dá especialmente ben, aquilo no que somos realmente bos e que sempre quixemos facer porque cando estamos realizando unha actividade das que nos gustan o tempo pasa sen darnos conta. Sir Ken Robinson chámao estar no teu elemento. Algunhas persoas teñen sorte e descubriron o seu elemento pronto, potenciárono e parte do seu tempo transcorre nel, fixeron da súa paixón unha forma de vida. Outros descubrírono máis tarde pero isto non o invalida xa que nunca é tarde para acadar aquilo que te encanta e que queres. As veces custa atopalo pero se tes a gran sorte de coñecelo, lánzate á aventura, loita polo teu desexo e incorpórao na túa vida. As veces necesitamos parar e reflexionar, tomar un respiro e saber se estamos facendo aquilo que sempre desexamos, se non é así non tes que continuar correndo na dirección que seguías, nin na que marcan os demais, podes elixir outros camiños para dirixirte cara ao lugar onde sempre quixeches estar.
"Vivir é atreverse, é arriscar" As persoas triunfadoras non son as máis ricas, nin as máis guapas, nin as que teñen máis títulos, son as que lle botan a partida á vida e xogan. As veces perden, pero moitas outras gañan, non se depcionan con facilidade, teñen confianza en si mesmas, son perseverantes, optimistas, disciplinadas e cunha chisca de ambición por ser o mellor que elas poden ser.
"Perde o medo a equivocarte, os erros significan que o intentaches" Pode ser que teñas varios elementos e que a túa vida vaia dun a outro, danzando e enriquecendo os teus días, cargándote de momentos satisfactorios e máxicos. Probablemente no camiño te atopes persoas coma ti, tamén apaixoadas, elas configurarán contigo a túa tribu. Elas acompañarante ao lugar onde realmente podes acadar o teu máximo potencial. Todos somos superdotados en algo, podes ter facilidade para a música, para o deporte, como escritor, como comunicador, nas matemáticas, como organizador, nas manualidades ou incluso como conversador.....aquí non hai regras nin currículos avaliables, aquí trátase de ilusión, do que emana de forma innata de ti, no que poderías investir horas e non cansarte.
"Vive a vida que sempre desexaches ter" Día a día estamos rodeados de persoas que están traballando no seu elemento, están acadando satisfaccións e tamén derrotas, pero se atreven, seguen xogando porque saben que a vida é dos que toman acción, dos que aman e se apaixonan, dos que non se conforman. Atrévete coma eles, descubre o teu elemento e loita por potencialo e incorporalo a túa vida, sal do sofá, ponte en acción e te esperarán experiencias marabillosas. Non te acomodes, sal a ganarte a vida, o premio será unha vida de aventura. Iria G.R. 6
VERBAS QUE FALAN DE MIN ( E DE NÓS )
Onde nacín había un río. Un río que me ía marcando o meu camiño (aínda sen sabelo) como doce arrolo. Ese río era o Miño, que se volta paraíso nestas ribeiras do Baixo Miño e escoito a súa melodía disfrazada de andoriñas, merlos ou xílgaros. Alá polo ano 91, unha mestra preñada de ilusións (que por certo nunca desapareceron) chegou a esta terra miñota cunha ecuación de segundo grao para descifrar con incógnitas as que era incapaz de atoparlles solución. As incógnitas voltaron a aparecer no curso 97-98 mutándose en medos e incertezas.Meu deus! O IES de Tomiño! Alí estaba, plantado no val, erguido como guía de camiños.O día da despedida as palabras ficaron mudas, contidas, agochadas no meu corazón pero hoxe quero sacalas do escondedoiro para para compartilas con todos vós. Busco na memoria do presente pero tamén do pasado e atópome con aquela sementeira de medos que o presidían todo e que agromaron tecendo ilusións compartidas. Uff! Lembranzas do xurásico pero que parecen de onte ou antonte. A equipaxe non é lixeira e as estrelas, a lúa ou o sol acompañaranme sempre. As penas non pesan no corazón e non preciso buscar outro lugar onde o sol brile máis. As pedras do camino volatilizábanse acotío. Como escribía Machado o meu camino leva as pegadas vividas e compartidas. Fixen a travesía mirando cara adiante e cara atrás. Disfruto voltandoa vista ao pasado e non fire o corazón. Se pecho os ollos as vivenzas que garda o meu universo sentimental neste instituto forman parte das cores dunha fermosa paisaxe persoal: contén formas, fórmulas,ecuacións, polinomios, estadísticas e probabilidades pero tamén arumes, sabores,emocións, sentimentos, sorrisos… en definitiva, PENSAMENTOS QUE SENTEN E EMOCIÓNS QUE PENSAN.
7
Neste espazo medrei coma docente máis tamén como ser humano. Un mundo pluridimensional se ía abrindo cada mañán: -os ollos abesullóns de alumnas e alumnos -as gargalladas ruidosas nos patios de recreo -as verbas sempre cómplices de compañeiras e compañeiros -os retos impostos cada curso -as reformulacións de programacións e as avaliacións -as estratexias metadolóxicas para mellorar -faladoiros improvisados nos corredores -os cafés…e algo máis na sala de profesores,…. Agora co repouso que dan os meses de ausencia reflexiono e me pregunto ¿fun moi esixente? ¿fun moi rigurosa? Quizáis! Pero solo para facer alumnas e alumnos responsables, perseverantes, creativos, autónomos….en definitiva, máis competentes. Nesta andaina educativa aprendín a multiplicar o valor da amizade, a elevar ao cadrado o valor do traballo en equipo ou a facer estadística e probabilidade co valor de compartir vivenzas. As experiencias vividas e sentidas increméntanse no maxín elevándoas ao infinito e apreixoas con ledicia para facer o meu cobertor soñado. Cando o remate xa chega as grazas deben presidilo todo: -Grazas familias, alumnado e compañeiros por estar ao meu carón sempre. -Grazas por ser amigas e amigos. -Grazas por facer posible o imposible. -Grazas por ser tamén as miñas palabras. -Grazas por axudarme a construir sentimentos. -Grazas por artellar novos horizontes. -Grazas a todas as persoas que fixeron posible a miña despedida desta maneira.
Luisa Blanco Vázquez Tomiño, 20 de maio de 2016 8
O pracer de escoitar
NON ENTENDO NADA A Cada Canto é un grupo de folk galego formado por catro intérpretes da música contemporánea galega con diferentes carreiras artísticas que se xuntaron para formae este grupo Neste concerto presentaron a súa canción “Teu nome por mar e terra”, incluida no primeiro disco no que colaboran os catro músicos. Os membros deste grupo son Xabier Díaz, Xosé Lois Romeu, Guadi Galego e Guillermo Fernández. Tocando a guitarra e o acordeón, atopábanse Guillermo Fernández e Xosé Lois Romeu. As miñas felicitacións para ambos músicos, porque facían posible que o público se transportase a outra época. Polo contrario a posta en escena non era moi orixinal, dado que os músicos atopábanse sentados no centro do escenario, polo que non transmitían nada a través da súa linguaxe corporal. Á tan talentosa Guadi Galego (unha das mellores voces de folk europeo) non se lle entendía o que cantaba, polo que perdías o tempo pensando no que dixera. Doutra banda o seu compañeiro (co que participou anteriormente noutras obras) Xabier Díaz acariñábate coa súa voz facendo que te meteses de cheo na canción. Todo isto transcorría nun monasterio, un lugar moi acertado polo rebote da voz contra as vidrieras, facendo que o son chegara ao público con paixón e delicadeza, dado que a poesía da letra deixa os sentimentos a flor de pel. O público mostrouse en todo momento atento a cada nota dada por este grupo. Malia a pouca vocalización da cantante e a pouca posta en escena, no momento no que rematou o concerto o público levantouse para darlles a súa ovación con forma de aplausos, ao que os músicos responderon da mesma maneira Bethelhem Prieto Durán
9
With My Hands. puro rock Influenciado por bandas míticas como Pixies ou Nirvana, o grupo galego asombra a calquera que os escoite. “With My Hands” é o primeiro videoclip oficial de Run, primeiro disco de Furious Monkey House, unha banda de Pontevedra formada por cinco rapaces de entre once e trece anos e un mono furioso (o seu profesor de música), que coas súas cancións fannos regresar ao rock dos 90. O comezo do videoclip é moi potente, con sons fortes e limpos das guitarras e a batería, que se manteñen impecables durante toda a canción. Desde o principio pódese observar a personalidade de todos os membros, moi particular e rockeira. Chama moito a atención a mestura entre un estilo musical tal que o rock e uns músicos tan novos. A voz de Mariña ten un toque moi persoal e ás veces un pouco pop, sobre todo no estribillo. O mono crea controversia desde o primeiro momento, xa que non se desvela a súa identidade en ningún momento; iso é un dos puntos máis interesantes do videoclip.
A estética do vídeo paréceme que está correcta, e os decorados e os movementos de cámara están traballados, aínda que hai momentos un pouco máis simples e sen tanta edición. Pero tampouco se lles pode esixir a calidade dun grupo coñecido, xa que non dispoñen dos mesmos medios. A letra da canción trata de atrapar algo que supoñemos que son as súas metas e soños, e no vídeo hai momentos nos que se ve reflectido isto cos movementos do mono coas garras como tentando atrapar algo. O grupo realizou un gran traballo e é gratificante para os amantes do rock ver como rapaces tan novos penétranse neste mundo e xa con tanta calidade. Esperemos que continúen. Alba Quinteiro 2016
10
O pracer de escribir Un novo todo -¡Mamááá! Onde puxeches os meus pendentes? -Bos días a ti tamén, Ev. Que é o que estás buscando? - Pregúntame a miña nai con voz somnolienta. -Bos días, bos días - dígolle de pasada. - Busco os meus pendentes novos, os que deixei onte no baño. -E non che valen outros? Caéronse por algún lado. Ao chegar a casa os buscas. Vaiche xa á parada de autobús ou chegarás tarde, e eu non irei levarche ao instituto. Hoxe non. Hoxe non vou faltar a clase porque vén un mozo novo. Non sabemos si vai ser guapo ou non, pero hai que estar previndas/previdas. Decídome por poñerme outros, mellor uns que non sexan tan bonitos a non levar nada. A verdade é que xa se fixo tarde, terei que correr si non quero perder o bus. Riiiiiiiiinnn! Un desagradable e chirriante son interrompe as conversacións ás portas das clases para informar do inicio da xornada escolar. -Cada día que pasa odio máis este son, non sei se será porque nos envía cara a un aburrimento seguro ou porque se che mete no cerebro e asasina 100 neuronas de vez. -Que esaxerada es Dan - contéstolle. Dayna, Dan para os amigos, é a miña mellor amiga. Fómolo desde que eramos prácticamente fetos e aínda que estivemos nalgunhas épocas algo enfadadas, nunca deixamos de ser BF’s. En canto entramos en clase xa vimos ao mozo novo. Estaba apoiado na fiestra. Era moi guapo. Tiña o pelo louro, curto, pero un pouco caído pola fronte. Tiña os ollos cor mel e os beizos moi definidos. Xa non estaba só. Tiña á maior parte das mozas á súa ao redor preguntándolle cosas tipo “Cantos anos tes?” e cousas menos sutís como “Tes noiva?”. A verdade é que era un pouco patético. Logo dun longo e agradable camiño con Shawn Mendes, entre outros, chego á biblioteca, que hora será? Dylan aínda non está aquí. Collo o móbil e poño o contrasinal. 2 mensaxes de WhatsApp de Dan. Dan: “Sabes que ti es moi importante para min, verdade?” Dan: “Como che faga algo pártolle a cara” Eu: “Dígoche que non me gusta, de verdade” Eu: “Nin sequera me fixei no guapo que é” Eu: “Bo, iso un pouco igual si, pero nada máis” Eu: “De verdade” E é verdade. Non vou negar que Dylan non sexa un bomboncito, pero a verdade é que o vexo máis como amigo que como calquera outro tipo de relación interpersonal. E creo que a el lle pasa o mesmo comigo. Non creo que me vexa como máis que unha amiga. Onte falamos por WhatsApp e foi unha conversa normal. Bo, en realidade tampouco falamos tanto. Vou revisar a conversa: Dylan: “Entón quedamos ás 17:00, non?” Eu: “Claro?”
11
Visto ás 15:36 Eu: “Non me falles mañá, eh? Que non creo que poida facelo sen a túa axuda” Dylan: “Tan grande é a túa familia?” Dylan: “Non te preocupes por min” Dylan: “Preocúpate de ti se chegas tarde” Eu: “Non o farei” Eu: “Boas noites” Dylan: “Boas noites, Sosa?” Eu: “Non sabía que che gustasen as mostras de agarimo” Eu: “?” Visto ás 23:35 Gardo o móbil outra vez no peto, pero doume conta de que non vin a hora. En canto o vou coller, empeza a vibrar. Unha chamada entrante: Mamá está chamándome. Descolgo. -Que pasou, mamá? -Nada, o meu amor - pero a súa voz non soa tranquilizadora. Está inqueda, e nótollo. -Mamá, coñézote, cóntame por que me chamas. -Filla, non quero que fagas a árbore xenealóxica. Nin eu nin o teu pai queremos. -Daste conta de que ao dicirme isto terei máis ganas de facelo, verdade? -Faime caso, non vas descubrir nada bo. É mellor non remover o pasado. - Estaba preocupada de verdade. Non o dicía, pero estábame suplicando que non investigase nada sobre o pasado. -Non pode ser tan malo, mamá. Ademais, é un traballo que conta para nota. Non quero ter un 0. -Pois invéntate a información. Faime caso e deixa todo como está. Devandito isto, oio o pitido que indica que a persoa que está alén acaba de colgar. Agora non sé que facer. Aínda que non me gusta desobedecer as ordes dos meus pais, tampouco me gusta deixar un traballo como non presentado... Como que non hai nada? -Bos días, quería que me dese información antiga sobre os meus pais, é iso posible? - Pregúntolle á moza que está no mostrador da biblioteca. -Por suposto. Xa viñeron varias persoas preguntando por información dos seus pais e avós, é algún tipo de traballo? -Por desgraza si. -E como se chaman as persoas que quere buscar? - di a moza de detrás do mostrador logo dunha breve gargallada. - Tes que dicirme polo menos un apelido, e sempre cabe a posibilidade de que non sexa esa a persoa. Xa sabes, erros informáticos. -Dá igual, teño tempo - contéstolle cun sorriso. - O meu pai chámase Antonio Rodríguez e a miña nai Verónica Pérez. Si atopas algo dos seus pais tamén sería de axuda. -Moi ben... - di, mentres teclea os nomes no ordenador. -Os teus pais están casados? -Si, por que? -Porque cando dúas persoas casan, os seus arquivos deixan de estar en caixas cos seus pais para introducirse nunha xuntos. -Así é máis fácil localizalos. E menos traballoso para os seus fillos cando teñan que facer un traballo como este - ríome e ela tamén o fai. -Canto tempo levan casados? -Pois... Creo que un ano máis que eu, é dicir, 17 anos. -Ben, busquemos familia Rodríguez casados fai 17 anos. Algo me colle o brazo e apártame daquel mostrador. É a man de Dylan. -Seguro que queres facer isto? Non te arrepentirás? Relato de Ana Dorado 1ºBacharelato Ilustración de Alejandro Cordobés 4ºPDC Se queres coñecer a historia completa, entra en Wattpad, usuario “nueces con miel”
12
O pracer de escribir
Ao longo do 2º trimestre do curso, o alumnado de 1º ESO participou nunha actividade de creación literaria: partindo dun comezo dado pola profesora, eles tiñan que propor un pequeno texto de entre 35 e 50 palabras para continuar o relato,. Cada luns escollíase mediante votación do alumnado a mellor proposta. Esta é unha das narracións resultantes.
UXÍA Uxía se sentó fatigada en una roca junto al camino. Sabía que no era buena idea detenerse, pero le faltaba el aire y las piernas apenas la sostenían. Tomó aliento un momento y reanudó su desesperada huida a través del bosque. Lejos, entre la maleza, había un roble lo suficientemente grueso como para esconderse y no ser vista desde la senda. Se desvió del camino, pero su decisión no fue la más acertada; las zarzas que allí había se le clavaban en las piernas causándole un agudo dolor. Pero tenía que esconderse. Entonces fue cuando descubrió que en el medio de las zarzas había una llave, que despertó su curiosidad. Mientras corría para llegar al roble, vio una casa muy extraña. En la puerta había un candado de bronce. Metió la llave, la giró hacia la derecha y la puerta se abrió. Estaba muy oscuro. Estaba tocando la pared para ver si encontraba un interruptor, cuando alguien la agarró por un brazo. De pronto se encendieron las luces y vio a una pequeña niña llena de heridas. Pero no era una niña, sino una muñeca hecha de trapo y porcelana, que se parecía mucho a ella. Uxía no estaba segura de si era ella o no, hasta que se fijó en que justo donde la muñeca tenía la tela rasgada, ella tenía un corte producido por las zarzas. Pensó que sería una muñeca de vudú. Uxía, cuidadosamente, la cogió y comenzó a mirarla. Era preciosa, pero un tanto extraña. Levantó la vista para ver si había alguien observándola; sabía que la muñeca no había llegado hasta allí sola… Miró a un lado y al otro, pero no veía a nadie. Ahora tenía muchas dudas que resolver, pero estaba más tranquila: tenía la muñeca y estaba segura de que si la protegía se protegería a sí misma. 13
No podía quedarse allí. ¿Y si esa casa era del que la perseguía? De pronto vio a un hombre. Uxía estaba aterrada. El hombre la cogió, la sentó en una silla y la ató con una cuerda. Luego el hombre cogió una pistola y le disparó en la cabeza. Uxía murió, el hombre se escapó y el cadáver de Uxía quedó en esa casa. Un cazador próximo a la casa donde yacía Uxía oyó el disparo. Rápidamente se dirigió hacia el lugar de donde procedían los disparos. Abrió la puerta, llamó a emergencias y salió a por el hombre que había matado a Uxía. Entonces vio una sombra correr hacia el bosque. Apuntó y disparó. El hombre cayó al suelo con un grito de dolor. Era un día lluvioso. En el cementerio, se despedían de Uxía Olalla Vizoso González Claudia Rocha Fernández Rosalía Fernández Ferreira Xoel Bouzada Gómez Paula Leyenda Costoya Silvia Rivas Rodríguez Aroa Fernández Vicente Rubén Sousa Ribeiro 14
PRENSAMENTOS
AMAYA FERNÁNDEZ
ANDREA CONDE
EVA FERNÁNDEZ
JOVI BROGIN 15
LUCÍA NÚÑEZ
MARIA GONZÁLEZ
LOS ALUMNOS DE LITERATURA UNIVERSAL DEL IES DE TOMIÑO son un grupo de estudiantes de 1º de Bachillerato interesados por la literatura que ponen un gran entusiasmo en todo lo que hacen. Estos prensamientos son una muestra de su talento poético. SERGIO FERNÁNDEZ
16
Recreando a Emily Dickinson Poema 2134 Mejor hubiera sido – ser Arena – que ser Mar – mejor ser Relámpago – Fugaz – y no Tierra Eternamente – Había dicho que se había acabado pero no grité lo Suficiente – condenada a seguir caminando simplemente – Resistí – Y sigo Esperando – por Ti– no lo decidiré – Yo – sino – Tú – mientras – con Pies Descalzos – continúo – Decidida – hasta el Final del Camino – AMAYA DICKINSON [Amaya Fernández Vicente]
Poema 2314 Descubrí la funesta Soledad – abrí los ojos – como quien encuentra en un cajón una lejana carta olvidada. MARÍA DICKINSON [María González López]
Poema 1699 Todo se va en un momento – El mar se lo lleva – Te empuja la corriente – Sin poder hacer nada El agua te envuelve – te vas hundiendo poco a poco – Recuerdas tu vida – Sin poder hacer nada. SERGIO DICKINSON [Sergio Fernández Vázquez]
Poema 2431 Se fue sin decir Nada – Dejó la cena enfriar – No se despidió – de Nadie – La vida le jugó una Mala pasada – Lo buscan por todas Partes pero nunca volvieron a saber de Él nunca quiso volver, la cuerda se tensó – y nunca quiso pedir Perdón – LUCÍA DICKINSON [Lucía Núñez Puentes]
17
Un cadáver exquisito: “Lo efímero” El sueño de la libertad es como un pájaro volando, la vida que pasa, pasa y se aleja, se desvanece el humo exhalado y el tiempo se volvió efímero. Y cuando abrí los ojos ya no estaba, como los cigarrillos de Ikea, volando tan veloz que ni en el espejo se reflejaba. ALUMNADO DE 1º BACH. A. CURSO 2015/16
18
EXPERIENCIAS VANGARDISTAS EN 4ºB CADÁVER EXQUISITO Tiña uns ollos verdes que parecían campos de xirasoles. Eses ollos amarelentos como augardente de herbas, como unha vella narcotraficante gorda e cheirenta. Busco amante galego falante como un pescador as sardiñas. O sol era amarelo, coma a flor do toxo. Os seus ollos de vidro parecían dúas ventás de charón. Díxome que non sabía nadar entón como un músico afinando a guitarra botou a camiñar por riba da auga... Diego Alén Bruno Teo Manuel Alberto Rodrigo 19
DEATH A morte aséxanos, like a lion a súa presa. Morte escura e tenebrosa like a panther fermosa. A morte é o lamento que cura o sufrimento. A morte, vida sen fin, death, good life. Se a vida é fatal, a morte é o final.
Requiescat im pace
Alba Diego Penín Luís Miguel Marcos Dani P. Laura
20
TECNOLOXÍAS Cando comentei unha imaxe no Instagram dei para comentar no Telegram. Deille ao Gústame nunha foto do Instagram... Esa emoticona de mirada picaresca, tal como miramos as rapazas de festa... Que dicir do marabilloso coltán, (que non é metal, senón mineral). O lifi ao wifi nada que envexar A intensidade non importa, senón a velocidade. As redes sociais só serven para fardar ...e mais para ligar...
Manuel Felipe Samuel C. Antonio Fabián Samuel
21
FESTA NUNHA CABEZA DE MOZO Onte fun de festa co Federico, fun mexar e perdín o periquito. Este mozo é amigo do Marquitos e esta noite durmimos nun camiño. Tomei un chupito con Peter Longuilo o meu amigo (de toda a vida...) Mentres facían un kalimotxo co meu primo Moncho... Fomos na busca de nenas pero nestas terras hai moitas feas... Sergio Nerea David Paula Daniel Adrián
22
TOLEMIA Déixame saír sabes que estou aquí, contigo, encadenado Á túa inmunda existencia, rodeado de sombras e tebras, soportando esta tormenta que me afoga. Déixame saír, desata a túa tolemia. Non te conteñas, deséxalo, sé libre, comigo non hai problemas. Non dubides, limpa a túa cabeza de toda tebra. Non temas, o teu corpo deséxame. Déixame saír, rompe as miñas cadeas E abre a gaiola da tolemia. Gózame sen temor, teño o que necesitas. Son a túa alegría, a túa paz, o teu ben. Son a tolemia que abordela a túa mente cando non o esperas Déixame saír, non temas. Necesítasme como o aire que respiras.
Eu son ti, aquel esquecido que vive nos teus recordos. Son a tolemia coa que naciches. Déixame saír, teño fame. As cadeas impídenme vivir, arrástranme todo o máis profundo do teu corazón. onde non hai luz, nin seguridade, nin amor. Só existimos o odio, as sombras e eu, a túa tolemia perdida. Déixame saír, por favor, non aguanto máis. Mórrome, oprímenme os teus medos a ser posuído, a ser ti de novo, aquel tolo que non temía á vida. Déixame saír, eu son ti. Déixame saír, necesítasme. Déixame saír, deséxalo. Déixame saír, estoume morrendo. Por favor, déixame saír. Bruno Baz Álvarez
23
HISTORIAS PEQUENAS EN 2º de ESO O CIRURXIÁN E OS LOBOS Isto é unha historia que me contou o meu avó. Tratase dun médico, chamábanlle o Cirurxián do pobo de Barrantes. No ano 1885 o Cirurxián tivo que ir visitar a un enfermo á outra punta do pobo. O Cirurxián preparou o cabalo, o maletín e o seu bastón de estoque, e alá foi. O camiño máis curto era atravesar o monte, ía de camiño a casa do enfermo, o cabalo escoitou algo, porque notábaselle revolto,”nervioso”, inquedo. O Cirurxián decatouse que o seguían unhas feras. Acendeu un candil e alumeou arredor del. Viu que coa luz reflexábanse uns puntos vedes. As feras acercábanse cada vez máis, o Cirurxián estaba asustado, tiña moito medo.
De pronto unha das feras atacou ao seu cabalo e viu entón que eran lobos. O cabalo reacionou bruscamente, e tirou ao Cirurxián. O Cirurxián, ferido pola caída, para protexerse sacou o estoque do seu bastón, e empezou a loitar cos lobos para que non o comesen, nese mesmo intre o cabalo ergueuse de patas e os lobos fuxiron, o Cirurxián aproveitando a ocasión montou no cabalo e puido chegar o seu destino. Ainhoa Rodríguez 2ºB
AURELIO O LEÓN Por David Rodriguez 2ºA
24
AURELIO, O LEÓN El era o mais forte e o mais alto da sabana.Pero por desgraza non era moi listo en todo caso era o mais tonto de toda a sabana, el era Aurelio o león. Vivía no interior de un gran baobap nun hoco dentro de unha arbore o cal estaba oco igual ca sua cabeza. Un dia Aurelio foi a dar un paseo para buscar algo de comer pero durante ese paseo encontrou o que el pensaba que era a súa media laranxa. Era grande potente rápida e forte. Era una auto caravana catro por catro nada mais vela correu acia ela toda velocidade ao chegar diante dela esperou a que ela se acercara a el a toda velocidade a tal punto que o atropelou .Por iso din que o amor doe. David Rodriguez 2ºA
O VASO MÁXICO Tobías tiña cinco anos cando un día xogando no parque se decatou dun brillo misterioso detrás dunha árbore e decidiu acercarse. Era un vaso, era precioso, tiña unha decoración marabillosa, como se fose de colección.
Tobías tiña moita imaxinación e pensou que o vaso pertencía a un gran bruxo.
Cando chegou a casa decidiu limpala para quitarlle toda a suciedade que tiña cun pano. Cando xa estaba limpa viu que tiña un brillo especial. Decidiu que ía a utilizar o vaso para colocar papeis nos que él escribira desexos. Ao día seguinte, volveu ao parque e viu que debaixo da árbore estaban case todos os desexos que pedira, menos un. Normalmente ía coa súa nai ao parque pero hoxe foi co avó. A súa nai ía ao médico regularmente porque segundo ella ''tiña unha gripe moi mala''pero el sabía que non era gripe, el tivo moitas gripes pero non lle caía o pelo. Cando el non estaba diante, chamabanllo cancro.
Cando o avó mais él chegaron a casa, a súa nai estaba no sofá cos ollos vidriosos. 25
-Ola filla, como che vai a gripe?- a voz do avó notábase rara. -Mamá, por que choras? Foi polo xarrón que rompín? -Non nenió, choro de alegría, a gripe, maxicamente, curou.-murmurou a nai de Tobías. Non faltou dicir nada, a aperta díxoo todo. Marta Tiago 2ºA
A NENA E O LOBO Cada 27 de setembro, ocorría unha catástrofe na casa numero 32, todo isto era provocado por uns lobos moi vellos da aldea. Cada verán viña unha familia diferente a pasar as vacacións nesa casa, era unha casa de alquiler para o verán, na que o que viña, non repetía. Os lobos habitaban alí todo o inverno para andar quentiños, pero cando chegaba o verán ían cazar. Os veciños desa aldea non sabían nada diso, non entraban nunca, xa que os aquillados que ían a pasar o verán saian aterrados. Menos unha nena, unha nena que vivía na aldea na casa de alado. Saia de casa todas as noites para ir a casa 32. Alí estaba cu lobo que ao principio pareceulle manso, pero non era así. Un dia, cando a nena chegou a casa o lobo apareceu ca súa manada, tiñan pinta de ter fame. A manada intentou atacar a nena, pero o lobo que ela coñecía, intentou defender a nena. Os demais lobos non se botaron cara atrás, todo o contrario, cada vez acercábanse mais. O lobo indicoulle a nena co fociño que se fora para a casa, que non volvera por esa casa, pero a nena negouno, díxolle ao lobo que se fora con ela, que faría da súa mascota. O lobo marchou con ela e viviron felices. O lobo marchaba unha vez a semana para visitar a súa manada, que aínda que nunca vivira cun humano a súa manada aceptabano. Noemí González. 2ºA
26
NUN PARQUE
Estou sentado nun parque. A xente pasea cans sen cans, outros xogan ao futbol sen balón, outros corren sen pernas e os vellos dánlle pan ás pombas sen pombas. Entón a min que me falta, o cu ou o banco? Estarei tolo? Pablo Vicente 2ºA
ANTIBULLING Era un luns pola tarde, como de costume había clase. Pero o problema era eu, a nova alumna do centro. Ao principio parecía que a clase na que me asignaran ía ser bastante simpática, pero a verdade e que me equivoquei. Nada mais chegar, todos empezaron a murmurar co compañeiro que tiñan ao lado sobre min, facendo comentarios desagradables. Como ninguén quería senta con migo, decidín poñerme no pupitre que había ao final da clase. Nada mais sentarme empezou a clase de matemáticas, e o profesor non se deu conta da miña chegada ao instituto, polo menos así aforreime as explicación. Ao rematar a clase, xa era o recreo e como non coñecía a ninguén decidín sentarme nas escaleiras da entrada e comer tranquila o bocadillo de chourizo que me preparara a miña nai, ao terminalo decateime de que había unhas rapazas detrás de min, semellaban simpáticas ata que empezaron a insultarme. Eu como era nova, decidín calar a boca e finxir que non pasara nada. Ao día seguinte decidín sentarme outra vez no mesmo pupitre, pero cando chegou o noso titor mandoume sentar ao lado dunha das rapazas que me insultara o día anterior. Ao principio todo ía ben, pero cando o profesor marchou todos empezaron a collerme as cousas e a tiralas por toda a clase, cando tocou o timbre para o recreo recollín todas as miñas cousas. Ao dirixirme ao patio encontreime cas mesmas rapazas do outro día, intentei pasar delas, pero arrastráranme ata o baño onde me empezaron a bater en min. Todos os días eran así, chegar a clase e aguantar insultos e abusos. Xa non podía seguir así e non sabía que facer, era nova no colexio e non quería causar problemas os primeiros días de clase. Ese día ao volver a casa, tiña medo de ver a miña cara chea de negróns, parecía un zombi, pasei toda a tarde chorando ata que me quedei durmida Pola mañá, non sabía se ir a clase, non quería que aquelas rapazas volveran bater en min, intentei finxir que me doía a barriga pero a miña nai deuse conta de que estaba ben e mandoume ir a escola. De camiño a clase encontreime un coitelo na beira da estrada e collino, pensei en darllo a unha muller que estaba alí pero tiña unha idea mellor, levalo para casa. Antes de entrar a clase encontreime de novo con aquelas rapazas e antes de que empezaran a bater en min as ameacei co coitelo e acabei cortándolle un dedo, co pánico botei a 27
correr e ao baixar polas escaleiras esvarei e ao caer craveime o coitelo nun pulmón... Ao anoitecer espertei nun hospital onde explicáronme que me habían operado o pulmón, a verdade e que me doía bastante, pero era normal acabábanme de operar. Sentía que xa non debería estar alí, xa sufrira demasiado e non quería seguir vivindo así e chamei a unha enfermeira para que me trouxera un bolígrafo e un papel. Empecei escribindo que sentía moito facer isto, pero era a única forma de acabar co sufrimento, que a pesar de todo quero moito aos meus país e os amigos que tiñan no anterior colexio. Ao acabar puxen a carta enriba da cama e abrín a fiestra coa intención de tirarme a conta de tres; un, dous, tres... Tres días mais tarde, o director do colexio soubo o que sucedera comigo e con aquelas rapazas e decidiu expulsalas e denuncialas por haber abusado de min, e para despedirse de min fixeron unha festa no meu honor que decidiron chamarlle; A festa do antibulling. A carta que fixen para despedirme foi colgada no colexio para que cada vez que a miraran recordasen que o abuso a outras persoas e algo moi serio e as veces consegue chegar á morte. Desiré Pereira 2ºA
TEBRAS
Sempre hai tebras ao meu redor. Xa non me lembro do cantar dos paxaros, no mes de agosto. Nin das rosas florecidas. Xa non queda nada que oír nas noites de verán, aínda que sexan frías. O tempo corre para atrás como todas as noites e volve a parar na mesma hora, cando oio o ladrido do meu can e saio correndo a ver que pasa, e volvo a encontrarme soa. Xa non hai nada; nin plantas, nin animais, nada. E volvo para a cama, pecho os ollos e desexo que sexa un soño. Pero volvo a oír petar na porta, que se abre soa, e volvo a ver as tebras ao meu redor. Uxía Otero Penedo 2ºB
28
A avoa
- Neniña, axúdasme a facer a comida? - Sí, claro, avoa. -Veña, métete no forno.
Carla Lorenzo Pardo Historias Ridículas
CÍCLOPE Estou escapando dun xigantesco cíclope. Chego ao centro do laberinto e vexo unha clepsidra. Intento chegar antes que o cíclope para beber a súa auga, pero o cíclope chegou antes. Bebeu ata a última gota e, nese intre,como por arte de máxia, o cíclope desapareceu. Agora eu son o monstruo do laberinto. Uxía Álvarez 2ºB
COLGATE
Hoxe pola mañá o meu can colleume a pasta de dentes e comezou a lamber. Despois escapou á rúa. Non o demos atopado por ningures. E se lle pasara algo e non podía volver? Ou alguén o collera? Ó día seguinte fomos comer a un restaurante exótico. Pedimos para todos a especialidade da casa. Cando comezamos a saborear todos puxemos a mesma cara. Sabía a pasta de dentes . Anahi Alvarez 2 B
ACCIDENTE
Aquel día pola mañá eu estaba lendo o periódico e vin unha noticia que me sobresaltou. ”Accidente de coche tremendo”. Era a mesma marca e modelo que o meu coche. Fun ensinarllo a miña irmá, que vivía na casa do lado pero non encontrei a noticia no seu periódico. Fun comprar café e nese instante un coche igual que o da noticia choca co meu Juan Vicente 2ºB 29
xogando coa lingua TEXTOS MONOSILÁBICOS Que ben! Que mal…Eu e ti. Vou e ti vas. O a, o be; e o a, o ben! O non, o mal! El vai, eu vou, ti vas? Meu mal, teu ben, seu ben ou seu mal? Quen vai ir? O meu si, o teu non, o seu si e o seu non. Vas ver? Ven por min. El é bo. Ti non. Quen es ti, quen son eu e quen é el? Vou ir. Non vas ir. El vai ir. Quen é el sen min? Quen é el? Quen son eu sen el? Quen son eu? Que fas? Fas o mal! Non fas ben en min! Non fas ben nel. Non fas ben! O mal e o ben son dous, non un. Ti es o mal e el o ben, quen hei de ser eu? Marta Álvarez Rodríguez, 1º ESO E
O pé de rei Se tes que rir, vai ver ó que ten un pé de rei que non llo ve nin can nin ra, mais el cre o ten moi san e moi ben e o que si ten é un pé do que non van máis ca rir. Olalla Vizoso González, 1º ESO C
Vou ir ver a Lis a Tui. Ten un can, Zeus, dun mes e é moi bo. Dá a man ó ver pan e mel. Seu pai, Mou, é da cor do sol. Mar, a mai, é da cor do sal. Dou fe de que son tres cans moi bos e de moi bo ver. Brais Riveiro Bóveda, 1º ESO D
A flor de lis ten a luz do sol e a paz do mar. Non ten pés nin ten mans e por ter, non ten ás. É flor do ben, non é flor do mal. É un ser de paz ó son do chan. María González Martínez, 1º ESO E
El viu o ben e viu o mal. Mais o que viu foi o sol no mar do ben e o do mal. Diego Alonso Campo, 1º ESO D
30
Obradoiro de Educación emocional Una maneira de conectar co noso interior
Pedagoxía Terapéutica do IES de Tomiño
31
32
reportaxe
FALTAN E SOBRAN QUILOS En Ámbito Científico de 4º de PDC, aproveitando os datos proporcionados polo departamento de educación Física sobre pesos e tallas do noso alumnado de secundaria entre os cursos 14-15 e 15-16, fixemos un traballo estatístico chegando aos seguintes resultados:
33
Análise dos datos.
Diferencia significativa na media de peso entre mulleres e homes en 1º ESO (case 15 kg ) e 4º ESO ( 10 kg). A causa está nos extremos dos pesos: en 1º ESO varía entre 29 kg e 105 kg, e en 4º ESO entre 44 kg e 107 kg. En 1º e 2º ESO perto da mitade das persoas non teñen o peso normal. As persoas con baixo peso van diminuíndo de 1º ESO ( nº alto ) a 4º ESO. En 1º hai máis mulleres que homes por debaixo do peso normal e en 4º ao revés.
O nº de persoas con peso normal vai aumentando de 1º a 4º ESO.
A obesidade aumenta de 1º a 4º, coa excepción de 2º ESO.
O peso que máis se repite en 1º (41kg) comparado co de 2º (52kg) dá unha diferencia de 11 kg. Moita menos diferencia hai entre 2º( 52kg) e 3º ( 54kg) e volve a ser notable de 3º (54kg) a 4º (61kg). A diferencia de altura entre homes e mulleres vaise acurtando de 1º a 4º. De 8 cm en 1º a 2 cm en 4º.
Nas medias poden reflexarse os abandonos de alumnado de 2º a 3º e de 3º a 4º.
34
35
reportaxe O MONTE TETÓN, UN PARAÍSO ARQUEOLÓXICO Galicia alberga uns dos conxuntos máis importantes de arte rupestre primitivo ó aire libre da Península Ibérica. Un bo exemplo deste feito son os petróglifos do Monte Tetón, na parroquia tomiñesa de Tebra. Xa que estes petróglifos están feitos en duro granito a súa conservación chegou ata os nosos días. Para facelos utilizáronse instrumentos de pedra probablemente mediante percusión indirecta. A exposición aos axentes erosivos naturais confírelles o seu aspecto actual. Dependendo da luminosidade poderemos velos mellor ou peor; a primeira hora da mañá e a última da tarde son os mellores momentos para observalos.
Data dun momento situado entre 3.000 e o 2.000 a.C. e son a representación dun mundo simbólico de difícil traducción onde a caza e a guerra son relevantes e reflexan unha sociedade xerarquizada.
36
Para poder disfrutar moitos anos máis deste patrimonio común debemos seguir unha serie de recomendacións: non pisar sobre a rocha, camiñar polas sendas previstas e non marcar, alterar ou pintar os gravados. Os primeiros que atopamos son os petróglifos de “Portaxes”, que están situados nunha costa moi inclinada por onde a fauna da zona pasea libremente, e así podemos atopar cabalos salvaxes no medio das pedras porque as vallas que protexen o lugar están en penosas condicións.
Máis arriba atoparemos os de “Real Seco” desde os que hai unha vista espectacular de toda a zona do Baixo Miño. Alí está a composición circular máis grande de Europa. Respecto á sinalización do lugar, pode levar a equivocacións porque as sinais se contradicen e dan datos erróneos. Algunhas están tiradas e en mal estado. Aínda así merece a pena ir a velos, pero pedímoslle ao concello que revise o estado deste lugar. Carla Casals Martínez Olalla Vizoso González Óscar Luis Fernández
37
exposición fotográfica BOLBORETAS E LIBÉLULAS GALEGAS A finais do 2º trimestre, ao rematar os contidos sobre os seres vivos na clase de Ciencias naturais, tivemos a oportunidade de visitar unha exposición de fotografías de bolboretas e libélulas feitas pola profesora de Lingua castelá Laura Lago. Todas as fotos foron tomadas en Galicia, e moitas delas, no Baixo Miño. Laura e Manoli leváronnos á antiga cafetería do centro, onde, ademais de gozar da beleza das imaxes, puidemos recordar aspectos xerais sobre a clasificación, morfoloxía, ciclo vital, alimentación e costumes destes insectos. A mesma exposición foi visitada por todos os grupos de 1º de ESO e algún de 3º. A propia Laura deunos unha charla sobre bolboretas e libélulas, na que incluíu moitas curiosidades que ela ten observado nas súas saídas ao campo. Sabías que...? • As escamas que recobren as ás das bolboretas forman debuxos que lles proporcionan protección: algunhas mimetízanse co entorno e pasan desapercibidas, outras semellan ter grandes ollos que asustan aos depredadores.
38
• As ás das bolboretas actúan coma paneis solares que elas orientan para absorber o mellor posible a enerxía do sol. • As eirugas de moitas especies, unha vez que realizan a muda, comen a pel vella, que lles proporciona proteínas.
• As bolboretas teñen o sentido do gusto nas patas, e o do olfacto, nas antenas. • A espiritrompa das bolboretas, coma unha palliña, só lles permite alimentarse de líquidos, como o néctar das flores. • Con frecuencia as bolboretas séntense atraídas pola suor, da que obteñen sales necesarias na súa dieta.
• As libélulas en cópula forman a imaxe dun corazón. Porén, o seu comportamento sexual é bastante agresivo.
• Durante a cópula, os machos de libélula agarran as femias pola cabeza ou o tórax cun gancho que teñen ao final do abdome. En moitas especies, seguen agarrándoas ata que fan a posta. • As femias fan a posta na auga, onde se desenvolverán as larvas. Ás veces somérxense totalmente para poñer os ovos.
As libélulas están deseñadas como perfectas cazadoras dotadas de potentes mandíbulas, xa que son carnívoras: aliméntanse doutros insectos, e mesmo doutras libélulas.
A principal ameaza para estes seres é a progresiva perda dos seus hábitats, motivada principalmente pola acción humana: estradas, urbanizacións, desecación de humedais, monocultivos, uso de pesticidas, incendios forestais...
COMENTADA POLO ALUMNADO DE 2º ESO
41
día do libro Celebración del Día del libro.
400 Aniversario de la muerte de Cervantes y Shakespeare "En un lugar de la Mancha de cuyo nombre no quiero acordarme" es, probablemente, el comienzo más conocido de toda la narrativa europea. El destino, que a veces nos regala besos, hizo coincidir la muerte del autor español más universal con la del maestro inglés que impregna de su esencia infinitas obras contemporáneas y que nos ha hecho disfrutar tanto identificando nuestras miserias con las de sus magistrales personajes. Lo celebramos cada año, cada 23 de abril, y cada vez que comenzamos un libro nuevo. Pero especialmente este 2016, porque 400 años se cumplen solo una vez. Y lo hemos disfrutado mucho. Ana Lois Paz
42
magosto 15 concurso fotográfico
Lucas Núñez
Sofía Areal
Laura Vaquero
Noemí González
Laura Vaquero
deporte escolar Este curso o noso centro participou moi activamente en todas as competicións de Deporte Escolar. Comezaron os compañeiros de 1º ESO, en Volei, enfrontándose a varios combinados de outros coles e acadando un pleno de vitorias. A seguinte cita foi co Campo a Través, onde todos fixeron un moi bo papel, sobre todo o equipo cadete feminino que acadou un 2º posto por equipos e clasificouse para o Provincial, o mesmo que Rodrigo Álvarez. Despois chegou o Bádminton, onde os nosos alumnos puideron gozar dunha competición moi disputada cos compañeiros doutros coles e tamén do Club Bádminton Tui. Esta competición permitiulles clasificarse para participar na fase previa ao Provincial de Bádminton formando parte da selección de Agrudebam. Ademais, Andrea Piñeiro e Iria Muñoz tamén foron disputar o Campionato Provincial por equipos. Seguindo con deportes de raqueta chegoulle a quenda ao Tenis de mesa, onde a participación do noso centro foi ampla e de calidade. E xusto cando pensábamos que xa non nos quedaba máis que o fútbol sala, soubemos que había Duatlón Provincial en Redondela, Lucas Núñez defendeu os colores do noso centro. Un par de semanas despois, tanto Lucas como Rodrigo, participaron no Duatlón de Baiona facendo moi bo papel. E para rematar a as actividades deportivas chegou o fútbol sala, onde cadetes e infantís puxéronllo moi difícil ao equipo das escolas deportivas de Salceda. Actualizamos a información , porque nas últimas datas as alumnasIria Muñoz de 1º ESO e Andrea de 2º ESO proclamáronse campioas provinciais de bádminton por equipos. Parabéns a todos os alumnos que participaron nestas competicións
COMPETICIÓN FÚTBOL SALA
COMPETICIÓN TENIS DE MESA
PREVIA AO PROVINCIAL DE BÁDMINTON
FINAL INFANTIL TENIS DE MESA
IRIA
COMPETICIÓN DE VOLEY
IRIA MUÑOZ. PREVIA AO PROVINCIAL DE BÁDMINTON
FINAL FÚTBOL SALA
DUATLON EN BAIONA
PARTIDO DA COMPETICIÓN DE VOLEY
ZONAL CAMPO A TRAVÉS
Mushing
Un luxo deportivo, o pasado mes de Marzo tivemos unha visita moi especial, a nosa compañeira Ledicia, Anxo Martínez , Óscar Piñeiro e os seus cans Kira, Lara, Roni, Hally, Tella e Thai estiveron no noso IES para falar de deporte e de cariño para cos animais: Canicross e bikejoring, entre outras, son as disciplinas das que nos falaron, nas que o papel dos cans e a súa compenetración cos seus compañeiros humanos é fundamental. Tamén nos deron algúns consellos para empezar a practicar este deporte e mesmo algún de nós puido probar a sensación de correr tirado por un can! ÓSCAR PIÑEIRO PÉREZ 4 Campionatos galegos 3 Copas de España e un 2º. 2 Campionatos de España e 3 Subcampionatos 1 Campionato de España en Neve e 2 Subcampionatos 4º, 6º e 10º no Campionato de Europa en diferentes edicións. ANXO MARTÍNEZ RODRÍGUEZ 2º Liga Galega Veteranos 50 Subcampión Galego Veteranos 50 3º Campionato de España en Neve Veteranos 50 4º Copa de España Veteranos 50 LEDICIA SEOANE NÚÑEZ 3ª en Copa de España Bikejoring 2 veces 5ª no Campionato de España e unha vez sexta en bikejoring. 21ª no Campionato de Europa Bikejoring Moitas grazas pola visita.
viaxe.
compostela
viaxe.
celanova
Un curso máis o Departamento de Historia, da man do profesor Luis Pérez Román, levou aos alumnos e alumnas de 2º de ESO a coñecer a vila de Celanova, en Ourense, coas paradas obrigatorias no mosteiro e na casa-museo de Curros Enríquez. Este ano tamén formaron parte da saída os alumnos de 1º de Formación Profesional Básica. Unha agradable xornada de viaxe e descubrimento.
entroido
acto de graduaciรณn
letras galegas
l
viaxe.
illas cĂes
PanorĂĄmicas do encontro co IES Pedro Floriani de Redondela
arte.
collage
Interpretación de varios cadros famosos usando a técnica collage realizados polos alumnos e alumnas de 1º de ESO. A ver se sodes quen de distinguir o orixinal e a versión. American Gothic. Grant Wood Os Xirasoles Vincent van Gogh O grito. Edvard Munch A Gioconda. Leonardo da Vinci Juan, Zutoia, Marta e Aroa (1º ESO)
arte.
a realidade transformada
A imaxinación dos nosos alumnos e alumnas de 1º da
ESO altera os obxectos cotiáns, e aparecen animais, monstros, bailarinas..
A imaxinación é unha arma poderosa.
blog.
ERASMUS + Mémoire(s)
La semaine du lundi 4 au vendredi 8 avril 2016, nous avons séjourné dans un petit village appelé Tomiño, dans la région de Galice, en Espagne. Nous étions 11 élèves étrangers venus de différents pays avec le même projet en tête et beaucoup d'enthousiasme. Chaque pays était représenté par deux élèves "euro-délégués": la France était représentée par Constance Dominique et Amaya Echanove, l'Italie par Claudia Sorbillo et Rachele Scotto di Minico, l'Allemagne par Philip Schneider et Jona Nägerl tandis que la Grèce était représentée par Alexandra Lagani Sekeri et Mihaelis Bilalas. Enfin trois Portugais ont rejoint l'aventure: André Machado, Gabriela Ribeiro et Rafaela Coelho. L'Espagne quant à elle était représentée par ses deux euro-délégués, Sophia Areal et Nerea Besada. Le but de ce projet appelé "Mémoire(s)", était de découvrir différentes langues, traditions et cultures. La mémoire, considérée comme notre aptitude à conserver, restituer des choses, des actions passées, permet aujourd'hui et depuis toujours, de retracer l'histoire par divers témoignages. Ce projet a pu être réalisé grâce à la bonne volonté d'élèves investis, de professeurs de l'IES de Tomiño et des familles d'accueil dévouées. Nous tenons donc à remercier toute l'équipe pédagogique de l'établissement ainsi que tous les professeurs qui ont pris soin d'organiser ce projet.
Lundi 4 avril
Le lendemain, toute l'équipe pédagogique nous a souhaité la bienvenue au lycée de Tomiño. Par la suite, nous avons appris à nous connaître en tant que "visitant", nous avons pu échanger, les barrières de la langue ne se sont pas avérées gênantes. Très vite, nous avons constitué "une valise de mots incontournable" pour pouvoir se débrouiller durant cette semaine. Après cette première activité, nous avons été joyeusement accueillis à la mairie de Tomiño. Passons maintenant aux choses sérieuses: un déjeuner façon espagnole avec toutes les "tapas" possibles et imaginables.
61
Dans l'après-midi, nous avons visité une vieille école, "La Fundación Peirópolis" a Estás. Sur les traces de nos grands-parents, nous avons tiré profit de ce petit voyage dans le temps ! Puis, visite du Musée del Porvenir à Piñeiro.
Mardi 5 Avril
Pour cette deuxième journée, nous sommes partis tous ensemble avec nos correspondants respectifs à Saint-Jacques de Compostelle où nous avons enchainé la visite du Musée du Pèlerinage. Nous avons pu apprendre beaucoup de choses sur Saint-Jacques, son pèlerinage, mais aussi sur de nombreux autres pèlerinages qui ont lieu aujourd'hui dans le monde entier ! Visite du Musée du Peuple Galicien : expérience qui nous a permis d'en savoir davantage sur cette région et notamment ses traditions. Après une longue pause déjeunée, nous avons visité la célèbre cathédrale de Saint Jacques. Nous avons tous été impressionnés par la grandeur et le prestige de cette église romane. Un jeu de piste organisé tous ensemble nous a permis de découvrir la ville, ses ruelles et ses monuments historiques.
62
Mercredi 6 avril
Nous, les élèves "visitants" accompagnés de nos correspondants respectifs , avons travaillé sur un carnet de voyage retraçant notre journée à Saint Jacques de Compostelle. Amaya et Anna ont ensuite présenté celui-ci devant les classes de 3ème A et B. L'après-midi, nous avons visité les moulins Hydrauliques du Folon et découvert le fonctionnement d'un moulin. Après nous avons fait une "petite randonnée" comme pourraient dire les grands sportifs, qui nous a permis de passer un très bon moment ensemble et de découvrir de superbes paysages de Galice.
Vendredi et Samedi
Le vendredi, nous avons vu Le dictateur de Charlie Chaplin qui nous a beaucoup touché. Pour la plupart, ce fut une belle découverte. Ensuite le directeur et les élèves de l'ISE nous ont dit au revoir: expérience difficile. on l'avoue, on ne voulait pas du tout partir !! Mais bon, ils nous ont dit qu'ils nous attendaient les bras ouverts l'année prochaine ! Merci pour ce magnifique voyage qui, on peut le dire, restera dans nos mémoires. 63
banda deseñada
Comic de María Da Costa, profesora de Lingua Galega, feito cando tiña dezasete anos.
banda deseñada Traballo realizado polos alumnos e alumnas de PROA: Raúl Domínguez, Elías Pazos. Diego Alonso, Noelia Gómez, Mateo Matos, Brais Riveiro, Yessica Martínez de 1º de ESO, David Ruzo de 2º ESO e Alejandro González, Alba González, Marcos Fernandes. Alba Fernández, Adrián Ferreira, Daniel Iglesias e Antonio Vieira de 3º da ESO, dirixidos polo seu proffesor Adrián Blanco Aragunde.
intercambio.
amizade debaixo do carballo
cousas que pasan
ESPELLIÑO ESPELLIÑO
QUERES SER O MEU AMIGO?
CARACOL, COL COL
DO DESPACHO DO DIRE, NON NOS MOVERÁN
MIMETISMO
COMPOSTELA, PATAS ARRIBA
NON SEI SE ACERTEI CO LOOK DE PRAIA
PREPARADOS PARA A GUERRA...
DEIXARME SO QUE EU PODO
NON DIS NADA?
...PERO SEN FACERSE DANO
cousas que poden pasar Ao preguntar aos alumnos si coñecen o nome dalgún faraón, a resposta é sempre a mesma, Tutankamón! Pero, por que este “faraón neno” é máis coñecido que calquera outro? En realidade, non foi un faraón salientable. Non tivo tempo de levar a cabo importantes fazañas, nin de realizar grandes cambios políticos. Accedeu ao trono aos 12 anos, morreu aos 19 e coñecese moi pouco do seu reinado. A importancia que ten adquiriuna a partir do achado da súa tumba, polo equipo do arqueólogo inglés Howard Carter, en 1922. A tumba atopouse en excelentes condicións de conservación, ofrecendo incomparable información sobre os aspectos da vida no Antigo Exipto, pero ademais, arredor deste achado, foi medrando o misterio e a lenda da maldición da tumba profanada, tras morrer, en estrañas circunstancias, algunha das persoas que, dun xeito ou outro, participaron no seu descubrimento. Esta “maldición” popularizada no cine e na literatura ten, sen embargo, un aspecto positivo,… o de interesar ao alumnado polo mundo dos faraóns e a historia do Antigo Exipto
TUTANKAMÓN en 1ºA Abril 2016… Instituto de Tomiño… Clase de Sociais… A profe fala do Antigo Exipto… Así comezan os sucesos que imos contar. Estabamos a falar dos faraóns e a profe puxo un vídeo na pantalla. No vídeo explicábase como foi o achado da tumba de Tutankamón e a historia da maldición que acompaña o seu nome. Os de 1ºA pensamos que só era unha peli e, en canto tocou o timbre, xa nos esquecemos de todo. Ao día seguinte, faltaron a clase Noé, e Evelyn, que nunca faltaba.Todos pensamos que podía ser unha gripe calquera, pero,… e se era a maldición de Tutankamón que lle atacou ao corazón? Evelyn non podía coa súa alma, e quedou na cama. Despois faltou Cristian… sería unha coincidencia? Nooon! Ingresárono no hospital cunha pulmonía e pasou alí a noite, esperando melloría!
Pero, isto non parou aí! Laura empezou a pórse vermella, desde os dedos ata a cabeza. Será dermatite!, dicía a profe, pero xa ninguén o admite! Máis cousas raras pasan…. Daniel non paraba de falar!. Lucas estaba moi calado! A Alex rompéuselle a punta do lapis! e Lorena… Lorena tiña pena!... Estendeuse o medo, quen ía ser o seguinte? E a seguinte foi a profe Cruz! Estabamos esperándoa, pero non chegaba. Chamamos ao profesor de garda. Ninguén sabía que pasaba! Entón Nerea quixo ir ao baño, pero asustouse moito porque, no corredor, viu papel hixiénico, duro, desgastado, de moitos anos… Nerea marchou correndo a clase, coa esperanza de que xa estivera alí a profe, pero coas presas, tropezou, caeu, manchouse de sangue, enredouse no papel e, con esas pintas, apareceu diante de todos. Os compañeiros gritaban “Tutankamón!” e ela dícia “Non,non, non!”.
Non aguantamos máis co medo. Chamamos á Policía para que investigara. A Policía non dá crédito! Os rapaces de 1º A temos medo e non sabemos onde meternos!
Marcha de aquí, Tutankamon!
Nerea Romero Evelyn Pintos 72
cousas que queremos saber Por que os profes se fixeron profes? (Lucas Núñez 1ºA) IRIA. Cando rematei a carreira contemplei dúas salidas, ben dedicarme á investigación, moi estimulante a nivel intelectual, motivadora e con moita repercusión pero moi sacrificado ou ben a docencia, tamén motivadora, interesante e pensaba que nun principio máis monótona pero con máis tempo libre. Gañou o tempo libre e non é nada monótona. NATI. Para poder ter alumnos/as con preguntas tan ocurrentes como estas e outras ainda mais. LAURA L. Eu, por unha parte, non me imaxinaba facendo nada distinto do que levaba a facer toda a vida: ir a clase. Por outro lado, estudei Filoloxía, que tampouco é que tivera moitas máis saídas profesionais que a docencia. MARGA. Eu fíxenme profe porque me gusta moito esta profesión; gústame ensinar.
O profe Fran ten algún familiar que se chame Obdulia? Está ou estivo namorado dalgunha Obdulia? (Ariadna 1ºA) FRAN. Tiven ou teño familiares, amigos e coñecidos cercanos con nomes como Arquímedes, Petronila, Otilia, Argentina, Dionisia, Ulpiano, Basilisa, Arminda ou Joaquín Florencio, pero creo que non coñezo ningunha Obdulia. Non obstante, non é un nome tan raro. De feito, mentres os seus compañeiros sorrían pola suposta estrañeza do nome, unha alumna díxome o ano pasado que unha tía súa se chama así. Aprendín Filosofía acompañado dun elefante chamado Romualdo, que o meu profesor debuxaba e citaba para ilustrar as diferentes teorías filosóficas ao longo da historia. E non poderán aprender os meus alumnos sintaxe con Obdulia? Non son máis fermosos os Suxeitos e os Complementos Indirectos cando Obdulia lle dá un bico a Onofre que cando María lle dá unha labazada a José? Así se pode evitar, ademais, que ninguén se dea por aludido de forma accidental: é moi probable que na clase haxa Josés e Marías, pero non tanto que haxa Obdulias e Onofres. Pero non pretenderedes que vos conte toda a verdade, non? Ai, ai, Obdulia…! Algún profesor foi a un colexio de monxas? (Alberto Ferreira 1ºA) RAQUEL. Yo estudié la EGB en un colegio de monjas, la Compañía de María de Ferrol, donde sólo éramos chicas. IRIA. Si, fun ao “Amor de Dios” e Vigo. Cursei ata 8º de EXB, despois díxenlle aos meus pais que quería ir ao instituto público. Non me puxeron ningún problema e nos dous paseino moi ben. NATI. Eu só fun a coles públicos. PATRICIA M. Eu! pero non tod@s @s profes eran monxas, a maioría eran persoas normais e correntes. As monxas ocupábanse de infantil, que en aquela época chamabase "parvulitos". LAURA. Eu fun a cole de monxas xesuitinas. Teño moi bo recordo do cole; paseino moi ben, a cantar todo o día... “María, túúúú que velas junto a mííííí...” Curiosamen-
73
te, agora son atea. CARLOS. Eu fun a un colexio de curas, que é o mesmo, pero sen cofia. MONTSE. Sempre fun a colexios públicos. MARGA. Eu fun a un cole de monxas en Vigo. Á Compañía de María. Os profesores, de pequenos, eran os máis listos da clase? (Nerea Romero 1ºA) RAQUEL. Yo no sé si era la más lista, pero desde luego de la más trabajadoras, seguro. Conseguí que me dieran Matrícula de Honor al finalizar el instituto. IRIA. Tiña fama de ser unha das listas de clase pero non a máis lista. Todos sabiamos facer cousas, algunhas mellores e outras peores. PATRICIA M. Non!! nin moito menos, polo menos no meu caso, uns nacen listos e outros só temos que esforzarnos un pouco máis para conseguir os mesmos resultados. LAURA. Eu lista, sí; pero vaga, tamén. Tiña boas notas, pero non as mellores. Cando máis tarde tiven que estudar en serio, costoume moito adquirir os hábitos que me faltaban. MARGA. Eu era normaliña. Aprobaba todo, pero os había que sacaban mellores notas. Canto mide o profesor Santi (de matemáticas)? (Lucas Costa 1ºA) SANTI. Mido 1,94. Cando tiña 14 anos todo o mundo me poñía motes e tiña algo de complexo (xirafa, xigante verde...) tanto que tiven algo de complexo de ser taa alto...ata que descubrín o baloncesto: o que parecía un defecto converteuse nunha vantaxe!!! dende entón desfrutei de ser tan alto e gozar dos meus 194 cms. É o que vos digo...disfrutade de ser como sodes e non desexedes cambiar pois sodes únicos e o que hoxe vos parece un defecto ou un problema pode darvos moitas satisfaccións máis adiante. Porque Ledicia é corredora de Canicross? (Raúl 1ºA) LEDICIA. Hago canicross porque mi perra Kira no hacía más que tirar de mí en los paseos porque quería ir más rápido, así que a base de ir apurando el paso, apurando el paso... terminé corriendo! Hai algunha parella entre os profes dentro do Instituto? (Alba 1ºB) LUZ. Se a hai, lévano con moita discreción. IRIA. Que eu saiba non, neste momento xa que no centro si houbo parellas. Os profes quedan para tomar un café despois das clases? (Debora 1ºB) LUZ. Claro! Igual que vos sucede a vós, para intimar cos compañeiros e compañeiras, preferimos ambientes fóra do lugar de traballo. Se non quedásemos para cafés, estariamos perdendo de coñecer xente marabillosa que podería pasar desapercibida doutro xeito. RAQUEL. Raquel e Iria no quedan para tomar cafés, pero sí para bailar.
IRIA. Café, algunha cervexa ou viño e incluso algúns de nós vamos de viaxe xuntos. PATRICIA M. Pois sí! cuando as nosas obrigas o permiten, o fin e o cabo somos compañeiros e compartimos moitos tempo xuntos. Por que os profes acumulan os exames ao final do trimestre? (Hugo 1ºB) LUZ. Porque sabemos que se facemos os exames antes de explicar e traballar a materia sería moi complicado avaliarvos. Iso si, teriamos que organizarnos doutro xeito, coincido con vós, unhas materias avaliadas con exames nun trimestre, outras noutro, ou algunha fórmula máis óptima para todos. Pero tamén levar ao día a materia evita que percibades como que todo queda para o final, non é? IRIA. Porque somos como todo o mundo, deixamos todo para o final. LAURA. O lóxico é que queiramos examinarvos de toda a materia que demos, e iso só pode ser ao final do trimestre. Os profesores gañan moito? (Hugo 1ºB) LUZ. Isto creo que xa o falamos na clase. O noso é un salario coma o que ten calquera outro traballador cualificado. No meu caso, gaño 1800 euros, iso si, teño o traballo a moitos quilómetros da miña casa. Non son rica (de diñeiro) nin me vou facer rica (de diñeiro) como profe, iso seguro. IRIA. Menos do que nos gustaría, pero esto é o que dice todo o mundo, non? PATRICIA M. Noooon! quen dixo tal? A que idade se xubilan os profes? (Aroa 1ºB) LUZ. Á mesma ca o resto de traballadores, 65, e tamén teñen a mesma casuística ca o resto da sociedade en canto a prexubilacións ou a traballar un pouco máis alá dos 65 polas súas circunstancias laborais persoais. IRIA. Algúns poden xubilarse aos 60, outros o fan os 65 e se te sintes con forza e enerxíapoderiamos dar clase ata os 70 anos. Que idade ten o profe maior e o menor do Instituto? (Elias 1ºB) CARLOS. 59 e 32 respectivamente. Lembremos que o aspecto físico ou o carácter enganan moito á hora de xulgar a idade de unha persoa. Maior pode querer dicir máis sabio, con máis experiencia e paciencia, ou todo o contrario. Algún profe traballou de profesor fóra do país? (Lara 1ºB) MAR. Sí, trabajé en Brasil, en el estado de Río Grande do Sul, en la Universidad de Pelotas. Cuando hacía el doctorado impartí un semestre de Fonética y Morfología del Español en “Pelotas”. Pues sí, se puede decir que di clase en “Pelotas” Como é capaz de vivir sen tele, Laura Lago? (Lois 1ºB) LAURA. Corrixo exames (330 por trimestre) e traballos, preparo clases, fago as tare-
fas da casa, leo, ando polo monte, fago fotos, participo en webs de fotografía de natureza, canto nun coro, aprendo a tocar a pandeireta, ganchillo, fago mermeladas, quedo cos amigos, visito á familia... Cando tiña tele, quedaba parva diante dela e non tiña tempo para tantas cousas. E a verdade é que hoxe en día, tendo internet, pódese ver calquera cousa sen necesidade de ter televisor. NATI. Por que ten ordenador, moito que correxir e unha pandereta. Cal é o profe que leva máis tempo no IES? (Ariadna 1ºB) MONCHO. O instituto inaugurouse no curso 1994-1995. Eramos 15 profes (5 homes e 10 mulleres) e 159 alumnos e alumnas (unha verdadeira familia). Había 3 cursos de 3º ESO e 3 cursos de 4º ESO. Os tres cursos de 4º fixeran 3º, no colexio de Goián, o curso anterior 1993-94 (foron os primeiros de Galicia en implantar a ESO) Eu elixín este centro xa que era o mais próximo a Tui, que é onde vivo. De eses 15 profes que inauguramos o IES, a día de hoxe, quedamos 4: Puri Ameixide, Carmen Villanueva, Teresa Pérez e eu. Levamos 21 anos no instituto! Que opinan os profes de nós ? (Aroa 1ºB) LUZ. pois non vos vemos coma unha masa (afortunadamente), así que non temos unha opinión xeneralizada. Temos opinións diferentes de cada un de vós como persoas únicas que sodes e tamén varía en cada un de nós, que ten unha opinión formada pola súa propia experiencia, pola relación que establezades con el ou ela na aula, pola súa percepción persoal… A miña opinión en xeral, que é a que podo dar, así a grandes trazos, é que sodes moi boa xente pero que valorades pouco o esforzo que custan as cousas, así que moitas veces esperades que con moi pouco saian grandes resultados e iso frústravos e enfádavos sen razón. Como fai o profesor de plástica (Fernando) para subir e baixar tan rápido as escaleiras? (Manuel 1ºB) NATI. Por que ten un motorcillo nos zapatos que non se pode ver. Como conseguen os profes ter tanta paciencia? (Aroa 1ºB) LUZ. eu tamén mo pregunto a diario. Ás veces conto ata cinco mentalmente. Outras acórdome de cando eu tamén era alumna e non paraba de levar notas para a casa por non parar de molestar na aula e daquela énchome de paciencia. IRIA. Porque facemos o que nos gusta e entendemos que os alumnos están aprendendo e poden cometer erros, pero as veces é moi canso estar chamando continuamente a atención. PATRICIA M. Moi boa pregunta... eu aínda non sei a resposta.... LAURA. Tamén eu me pregunto iso... CARLOS. Pois ás veces recorrendo a técnicas de relaxación ancestrais, como onicofaxia, queratofaxia ou tricotilomanía. Que querían ser os docentes de pequenos? (Juan Barreiro 1ºE) RAQUEL. Desde que vi Indiana Jones soñaba con ser una arqueóloga aventurera. IRIA. No meu caso pasei por varias etapas, dende profesora de ciencias, ata astrofísica (quería ser astronauta, con 10 anos) e despois tamén quixen ser médico.
Dende logo acertei coa profesión, encántame! PATRICA M. Eu quería ser pediatra LAURA. Eu quería ser veterinaria, ata que caín na conta de que igual tiña que sacrificar animais enfermos... Algún profesor sufriu acoso escolar na súa infancia? (Sarah 1ºE) LECHUGA. Ningún profe comentou nunca ter sufrido un episodio de acoso. Se o houbo, que pode ser, ninguén o fixo público. No teu pasado, tiveches algunha anécdota, moi, moi vergonzosa que che cambiara a vida? (Ana Álvarez 1ºE) LAURA. Que pregunta máis rara! Anécdotas vergoñentas terei moitas, supoño, mais procuro non pensar nelas. En calquera caso, non creo que ningunha me cambiara a vida. Por contar algo, tiven sarna, tiña, carrachos e pulgas (non todo a vez, claro), pero nada diso fixo que deixara de xogar con cans e gatos. A Nati… gústanlle as natillas? (Iria Muñoz e Candela Magán 1ºE) NATI. Gustanme as natillas, pero non son o meu postre favorito. E non sei facelas. Todos os profes se levan ben ou xorden algúns roces? (Jessica Martínez 1ºE) LUZ. o normal, levámonos ben, xorden roces, solucionámolos… Coma en calquera grupo sempre hai diversidade de opinións e de visións. O importante é chegar a sermos capaces de falalo, razoalo e conseguir unha relación cordial. Igual que vos digo a vós que non tedes que ser todos amigos, pero si compañeiros, a nós acontécenos o mesmo, somos compañeiros e compañeiras por riba dos roces que poidamos ter nun momento. IRIA. Cando hai convivencia xorden roces, son inevitables pero todos poñemos da nosa parte para que a convivencia sexa cordial e agradable. LAURA. Algún roce sempre pode haber, porque somos moitos e moi diferentes; pero, como somos xente civilizada, todo se soluciona. Loxicamente, non nos levamos igual de ben con todos, pero si temos un trato cordial. MONTSE. Pois é coma a vida mesma, con uns lévaste mellor que con outros, aínda que á hora de traballar é diferente hai que tratar de colaborar e crear un bo ambiente de traballo con todos, porque así é máis fácil sacar proxectos adiante. Os profesores, todos os días, escollen a súa roupa para causar boa impresión ao alumnado? (Aisa e María 1ºE) IRIA. Pois non, cando elixo a roupa fágoo coa intención de atoparme a gusto e cómoda comigo mesma. LECHUGA. Por suposto que si, eu cada día elixo que camiseta negra poño. LEDI. Yo, evidentemente, no. LAURA. Eu non, eu poño calquera cousa. Pero seguro que outras profes escollen o seu vestuario con moito máis esmero; non hai máis que ver a Nati, a Mónica ou a
Mariló. Os profesores critican aos seus alumnos? (Laura e Brais 1ºE) LUZ. non vos criticamos. Falamos moito de vós, iso si, porque entra dentro do noso labor, e si, dicimos o que facedes ben e tamén o que non facedes tan ben. Pero non é unha crítica destrutiva, nin falar por falar, senón coa finalidade de darvos un consello ou unha guía, de axudarvos a corrixir unha conduta que non é axeitada ou de darvos os parabéns ou felicitarvos cando ten que ser. Non é certa esa idea que tedes de nós reuníndonos para criticarvos! Bufff!!! Coa de tarefas que xa temos acotío, como para engadir esa que non conduce a ningures!! RAQUEL. Cuando eres alumna crees que algunos profes son unos amargados, que sólo piensan en fastidiar a los alumnos, o en poner deberes. Yo cuando salgo del instituto hago tantas cosas tan diferentes y tan divertidas que no tengo tiempo de pensar en los alumnos o el trabajo. LAURA. Home, claro! E logo vós non criticades aos vosos profesores?
Algún profesor estivo traballando noutra cousa diferente de ser profesor? (David 1ºE) LUZ. Traballei de tantas cousas que xa perdín a conta. Vendín peixe cos meus avós, traballei nunha tenda de roupa, envolvín agasallos nun centro comercial, fun camareira, animadora no Luar, monitora de tempo libre, lingüista no Instituto da Lingua, bibliotecaria, tradutora freelance, editora e correctora de materiais educativos, dei cursos de linguaxe administrativa e xurídica e aulas particulares a calquera que as precisase. Esa idea de persoa que estuda para profe e enseguida traballa non é tal, normalmente requírense anos de estudo e de preparación para superar unhas oposicións e sempre hai que facer algo de todo polo camiño. RAQUEL. Mientras estudié la carrera y durante mis primeros años como profesora trabajé en un programa de televisión.También fui entrenadora de Patinaje, de Gimnasia Rítmica y de Aeróbic. NATI. Antes de ser profe traballei en tres empresas levando a xestión ( todo o papeleo) e fun arbitro de voleibol nacional MONTSE. Estiven traballando en empresas de xardinería, no deseño e execución de xardíns. Tamén na consellería de agricultura na divulgación e control de cultivos ecolóxicos. Traballei de autónoma facendo estudos de xardíns para un estudo de arquitectura. Para poder pagarme os estudos universitarios estiven traballando de camareira. CARLOS. eu fun músico en orquestras de festas. Os profesores sabían que era o bullying cando eles eran pequenos?(David 1ºE) IRIA. Pois non, eu non era consciente. PATRICIA M. Exactamente non... esa verba chegou despois, na miña época había unha figura a que nos lle chamabamos "abusón" que sería o que máis se parece, aínda que entón non había redes sociais polo que o acoso non era tan agresivo nin contínuo.
LAURA. Saber sabiamos, só que non lle chamabamos así. Que opina o profesor Lechuga do seu apelido? (Paula Casals 1ºBach) LECHUGA. Fai un tempo descubrín con certa tristura que o Lechuga que máis entradas tiña en internet era un militar, o comandante Lechuga (dato real), debemos ser de cepas distintas, pero supoño que o comandante Lechuga (parece o nome dun superheroe: o comandante Lechuga contra os homes-centolo) estará tan orguloso do seu apelido coma min. Agora si, casi prefiro que os meus fillos non busquen parellas con apelidos tipo “Del campo” ou “Verde”, porque os futuros netos poden ter un certo trauma. Canto tardan os profesores en corrixir os exames? (Ana Dorado 1ºBach) LUZ. eu normalmente vou a 3/4 por hora nos de cursos altos. Iso se estou ben concentrada. Depende moito da materia, claro, non é o mesmo corrixir comentarios ou preguntas de desenvolver que gramática e ortografía. IRIA. Pois depende do nivel, a medida que se avanza de curso a corrección faixe máis complexa. Tamén depende do número de alumnos e do tipo de exame. Hai exames que pode levar media hora cada un!!!! PATRICIA M. Moito, moito, moitisísimo tempo... LAURA. Eu, que son lenta pero só dou clase en 1º e 2º da ESO (exames máis doados de corrixir), vou a unha media de cinco exames por hora. Ser profe é igual que como volo imaxinabades cando estabades estudando? (Patricia 3ºA) IRIA. A verdade que non, sempre pensei que pdía ser sinxelo, que se sabías a túa materia podía resultar fácil, pero ensinar é unha actividade máis complexa que implica motivar, escoitar, axudar aos alumnos, ser innovador, buscar novas formas para aprender...... NATI. Non , é moito mais dificil, sobre todo por as notas. PATRICIA M. Non! cando estás estudando os teus profes poñen deberes, exames, non ten deixan falar na clase... non molan nada. Agora que estás do outro lado ves que os profes son divertidos, comprensivos, que intentan buscar o mellor para os seus alumnos, que se sinten orgullos dos logros das súas clases..., pero non son os nosos colegas, simplemente teñen que cumplir a súa función, gústenos ou non. LAURA. NOOOOON!!! Cando eu era alumna, isto de ser profe parecíame moito máis doado do que realmente é. CARLOS. Na miña opinión, máis duro pero máis bonito. MONTSE. Teño máis traballo do que pensaba; pero é moi gratificante cando hai alumnado que ten ganas e interese por aprender
BRÉTEMA 2015 Edición realizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, coa colaboración co Claustro de Profesores do IES de Tomiño e dos Departamentos de Historia, Bioloxía e Xeoloxía, Forestais, Electrónica,Plástica, Música, Inglés, Lingua Castelá, Lingua Galega e Pedagoxía Terapéutica. Textos: Eduardo Fresco, Luisa Blanco, Iria Giráldez. Araceli Ozores, Cruz Garrido, Ledicia Seoane, Ana Lois, alumnado do IES de Tomiño. Imaxes: Cruz Garrido, Luis Lechuga, Laura Lago, Ledicia Seoane, Mª José Presa, alumnado do IES Maquetación: Luis Lechuga Esta revista foi rematada de editar en Xuño do ano 2016 no IES de Tomiño EDLG IES de Tomiño Curso 2014/2015
BRÉTEMA 15/16 EDLG do IES de Tomiño
Díxome que non sabía nadar, entón, como un músico afinando a guitarra, botou a camiñar por riba da auga...