Bretema13/14

Page 1

EDLG

do

IES DE TOMIテ前

curso

2013/14

Brテゥtema EDLG IES DE TOMIテ前

2013/14



BRÉTEMA 13/14 EDLG IES DE TOMIÑO



Brétema

Maio de 2014. Outro curso que remata e nós estamos aquí de novo, tentando facer un percorrido polas cousas e cousiñas interesantes que foron sucedendo na nosa casa, e algunha que sucederon tamén por fóra. Na páxina anterior, a modo de resumo, tedes unha mostra visual do contido desta revista, que agardamos que vos paredes a ler, e que vos guste. Este ano, como pasa todos os cursos, hai xente que marcha (alumnos e alumnas que rematan ou que proban sorte noutros centros, profes que buscan outros destinos e

outras ocupacións) e xente que chega... despedidas e benvidas, a escola cambia continuamente. Aos que chegan e aos que se van, toda a sorte do mundo. Este ano a portada de Brétema non é negra (podería selo), trátase dunha obra orixinal de Fernando Ortíz, profesor de Plásrica do noso centro, experimentando cunha tablet. Compañeira Belén, como non podía ser doutra maneira, esta revista é para ti. Imos....


Entrevista

Ignacio Garrido, tempos de cambio. Ignacio Garrido ven sendo profesor do IES de Tomiño dende o curso 2008¬-2009. Durante estes seis últimos anos, impartiu, no centro, diferentes materias, entre as que destaca a de Formación e Orientación Laboral nos Ciclos Formativos. Profesor que destaca pola súa implicación no día a día do centro, inicia agora un novo proxecto vital; tras superar un difícil concurso oposición, vai enfrontar unha nova etapa, cambiando de traballo, de cidade, en fin, de vida.


En qué consiste a túa nova ocupación? Vai consistir en traducir textos de tipo xurídico, económico, e dicir, de dereito e economía, do inglés e o alemán ao español, no Ministerio de Asuntos Exteriores, en Madrid. De onde proceden eses documentos? Son textos normativos, como normas da U.E., Tratados Internacionais dos que forma parte España e calquera outro tipo de documento, do ámbito xurídico e económico que teña que traducir o Ministerio de Asuntos Exteriores e tamén, textos doutros Ministerios, xa que Asuntos Exteriores préstalle o seu servizo de tradución a outros Ministerios que non contan cun servizo de tradución propio. Que te levou a tomar a decisión de cambiar de traballo? Sendo xa profesor, fixen a carreira de Tradución e, anteriormente, xa tiña a formación en Dereito e Economía. Sempre me gustaron moito os idiomas e, como xa sabedes, vivín fóra, concretamente, en Suíza. Tiña a formación necesaria e a oportunidade de combinar esa formación nun ámbito que me gusta moito que é a tradución de linguas. Chamoume a atención esta oposición e decidín presentarme.

Foi un proceso complicado conseguir este novo posto? Foi complicado, sobre todo pola tensión que se acumula neste tipo de proceso máis que polo traballo, porque gran parte da formación necesaria xa estaba adquirida anteriormente. Sen esa vantaxe, tería sido imposible. Que idiomas entraron? A primeira lingua era Inglés e despois había que indicar unha segunda lingua a elección, eu escollín o alemán que é, probablemente, a lingua na que me sinto máis forte dentro das miñas tres linguas estranxeiras. Tes familia alemá? Non. Eu vivín en Suíza pero por cuestións familiares. Os meus pais trasladáronse alí e cadroume xusto na idade de escolarización que é cando máis facilmente se aprenden as linguas, tiven esa tremenda sorte de poder aprender así. Supuxo un grande esforzo porque eu non nacín alí, pero unha vez que fas ese esforzo inicial, a escolaridade axúdache a falar con moita fluidez.


Que lle recomendarías a alguén que estivese interesado nun traballo das características do que ti vas desenvolver? Primeiro que sexa consciente do pouco frecuente deste traballo. Esta oposición convocouse, a última vez, no 2008, pero dende entón no volverá a convocarse. De feito, nunca a tiven en mente como obxectivo, porque non sabía se volverían a convocala ou non, pero cando, este ano, saíu a convocatoria, quixen intentalo. Así que, primeiro, hai que ter en conta que é unha oposición que non sae todos os anos. E segundo, que os idiomas telos que ter moi ben preparados xa de antes porque senón é practicamente imposible superar o proceso de selección. Levouche moito tempo preparar os exames? O último foron meses preparando os temas non tanto polo contido, xa que eran dun nivel xeral de dereito, pero eran tres temas moi amplos a desenvolver por escrito en tres horas. A dificultade foi ter que sintetizar a materia. E con respecto aos idiomas, fun repasando textos para os exames de tradución. Como pensas que vai ser o teu primeiro día de traballo e o teu proceso de adaptación? Espero que todo vaia ben. Non sei exactamente, como vai ser o traballo, sei que será na oficina de Interpretación de Linguas no Ministerio de Asuntos Exteriores e tamén, que van a estar traballando comigo unhas 15 ou 20 persoas. Con algúns deles xa falei para tramitar documentación e parecen xente amable, pero descoñezo como vai desenvolverse o día a día. Sendo un traballo de tradución nun ámbito que me gusta, espero que todo vaia ben, e senón sempre poderei volver a darvos a lata. Que é o que che fai máis ilusión nesta nova etapa da túa vida? O reto do cambio e o feito de poder traducir sobre dereito e economía. Gústame a idea de ir a Madrid, pero non me gusta ter que deixar Vigo. En Madrid, como cidade grande e cosmopolita, ábrense moitas posibilidades, pero non me gusta ter que renunciar á parte da miña vida que fun construíndo nos últimos anos en Vigo. Hai algo que che inqueda no teu novo traballo? Sempre tes a incerteza de cómo será, se me adaptarei ou non. Suponse que unha vez que superaches o proceso de selección, estás preparado para o posto, pero sempre pensas, como será, en que condicións, como serán os compañeiros, unha nova cidade, onde vou vivir,… Todo isto aínda non o teño concretado.


Con que te quedas da tu vida como profesor, aquí en Tomiño, tanto no aspecto positivo que sempre recordarás como no negativo. Sempre intento quedarme co positivo. E o positivo é a xente, as vivencias con todo o mundo, cos profesores, os compañeiros, estiven moi a gusto con eles e creo que eles tamén comigo, e cos alumnos que, a verdade é que son xente nobre, aínda que sempre hai algunha excepción. Intento que as clases sexan o máis amenas e distendidas posibles, e que vos divirtades, a pesar de que son clases e de que hai exames. O ambiente de cordialidade e traballo entre persoas que teñen unha certa confianza, gústame moito. Pódese aprender de todo, eu intento aprender sempre do que observo, e aprendín moito dos meus compañeiros e dos meus alumnos. Que levarías para Madrid? É difícil. Todas as cousas teñen que estar no seu contexto, se levo aos amigos, aos compañeiros, aos alumnos, non sería o mesmo. O que me levo é o recordo e esa boa relación que espero que perdure no tempo. Aínda que son consciente de que as cousas van cambiar, espero que non cambien no sentido de que haxa un distanciamento coa xente coa que me levo ben Agora, móllate Ignacio, quen acada mellores resultados na túa materia, os de Forestais ou os de Electrónica? Algúns anos un grupo é mellor que outro, pero, en xeral, os resultados non se poden comparar. Cada clase é un mundo, e a pesar de que estás dando a mesma materia, sempre acaba evolucionando de maneira distinta. Non é comparable un ciclo co outro, en todo caso, eu estou moi contento e é un pracer dar clase en ambos ciclos. E como ves o noso futuro, pensas que imos a ser bos traballadores? Creo que si. O maior factor de motivación é ver o mundo laboral cerca. A materia de FOL tería que estar no segundo curso do Ciclo, porque o mundo laboral xa está máis cerca, e creo que, cando os alumnos teñen a motivación de incorporarse ao mundo de traballo, loitar e esforzase, van conseguilo. De feito, estou convencido de que a maior parte dos meus alumnos, se se esforzan, van ter un futuro prometedor. En España ou fora? Non o sei, pero anímovos a que, se non é aquí, o intentedes fora que, tamén se está moi ben. Aínda que en principio non estea entre as vosas expectativas facer as prácticas no estranxeiro, é unha experiencia enriquecedora e incomparable desde o punto de vista persoal porque son experiencias vitais que te axudan a desenvolverte no mundo. Loxicamente a barreira do idioma está, pero é cuestión de proporse salvala. Moitas grazas por respondernos, desexamos que todo che vaia moi ben, esperamos que veñas a visitarnos de vez en cando, e que, se imos a Madrid, nos fagas unha visita guiada e tomemos xuntos un “relaxing cup of café con leite”

Eric Barceló e Claudia Montes (Forestais) Pedro Carrera, Adrián Ferreira e Miguel Lemos (Electrónica)


Reportaxe BIOINVASIÓN NO BAIXO MIÑO Na nosa bisbarra, e polo tanto en Tomiño, estamos rodeados de especies bioinvasoras. Son especies introducidas, lonxe dos seus lugares de orixe, naturalizándose , sobrevivindo, criando e formando poboacións que provocan danos ou extincións de certas especies autóctonas. As vías de entrada poden ser: o comercio de mascotas e plantas ornamentais, augas de lastre ou incrustados nos barcos, granxas e criadeiros como o visón americano, actividades como agricultura, silvicultura , acuicultura, caza, pesca... Nestes momentos, existen en Galicia máis de sesenta e cinco variedades deste tipo, segundo datos da Consellería de Medio Ambiente. A introducción destas especies está causando importantes danos económicos en sectores de especial relevancia para a comunidade galega como son a agricultura, a pesca ou o sector forestal. Entre elas atópanse plantas tan extendidas en Galicia como a mimosa ou a campaniña, algúns animais como o mexillón tigre, que se introduce pegado aos cascos dos barcos, ou algúns tipos de tartarugas que se crían como mascotas nas casas e acaban reproducíndose en libertade. Vexamos alguns exemplos da súa presencia no Baixo Miño:

Caranguexo americano (Procamburus clarkii)

É un dos invasores mais perigosos de Galicia. Procede do Norte de México e Sur dos EEUU. No Baixo Miño parece ser que chegaron por unha solta que afeccionados á pesca fixeron no río Louro. Provoca a desaparición de certa vexetación acuática e de anfibios xa que come as súas larvas. É unha ameaza para o caranguexo autóctono dos nosos ríos por transmitirlle unha enfermidade fúnxica.

Visón americano (Mustela vison)


É un dos mamíferos invasores máis extendidos. Está causando a desaparición de especies autóctonas nos nosos ríos e regatos como son a rata de auga, o merlo acuático e incluso a troita común..

Picos de coral (Estrilda astrild)

Ave pequena cun chamativo pico vermello e nativo de toda Africa ao sur do Sáhara. Foi liberado en Portugal e extendeuse cara o Norte ata chegar ao Esteiro do Miño na Guarda e todo o Baixo Miño. Pode causar danos en cultivos

- Catas (Myopsita monachus) Loro autócotono de sudamérica que cría en parques ou alamedas como a de A Guarda causando danos en cultivos de millo e froiteiras.


Sapoconcho de Florida

(Trachemys scripta)

Tartaruga de auga doce orixinaria de América tropical. Crece mais rápido e é maior que os de aqui. A mancha vermella trás dos ollos e as limas amatelas do pescozofainas inconfundibles. No baixo Miño son moi frecuentes nos humedais preto da costa e mesmo chegan a reproducirse. Considérase unha ameaza para a supervivencia do noso sapoconcho común ( Emys orbicularis)

FLORA INVASORA Cortaderia selloana

Herba da Pampa, carrizo da Pampa.

Inconfundible polos plumeiros de ata 4 m. Pode formar ata un millón de sementes por planta. Forma matas espesas que impiden o crecemento doutras espécies. É unha das especies invasoras que presenta un maior grao de adaptación ao bioclima galego e que causa maiores problemas no noso ecosistema. Esta especie é orixinaria de América do Sur. A súa introducción foi como planta ornamental e pronto o seu uso como barreira visual nos xardíns e nas autopistas favoreceu a súa rápida expansión. A súa presenza é cada vez máis frecuente na zona da costa, abarcando desde Tui ata Ribadeo.

Tradescantia fluminensis

Orella de gato ou herba da fortuna. Nativa de Sudamérica. Moi extendida polo Baixo Miño. Invade bosques de ribeira e bosques húmidos. Forma tapices baixo as árbores non deixando pasar a luz para que se desenvolvan as plantas de aqui.

Azolla filiculoides

Plantas acuáticas invasoras como o fento de auga Azolla filiculoides impiden o rego por obturación das conduccións de auga e alteran enormemente canais e pantanos, así como estacións de tratamento, limitando a disponibilidade de auga. Outras especies poden resultar tóxicas para o gando, chegando a imposibilitar o pastoreo.


Carpobrotus edulis

Uña de gato, Herba do coitelo.Nativa d Sudáfrica. Forma tapices que impiden que creza outro tipo de vexetación. Está por todo o litoral.

Conyza canadensis

Eixerón . É unha mala herba cada vez máis común. Pode crecer na máis mínima rachadura do terreo. Invade fincas e camiños

Stenotaphrum secundatum

Gramón.Gramínea tropical-Moi habitual nos céspedes. Forma tapices que impiden crecimento do resto da vexetación autóctona.

Varias especies de acacias entre as que se atopa a mimosa. Todas de procedencia australiana, como o eucalipto, favorecen os incendios e dominan a vegetación das zonas que invade co que eliminan case que toda a flora autóctona. Os nosos montes están cheos delas, o mesmo que o espazo natural do Monte Aloia

Que podes facer ti para impedir que se propaguen entre nós? RECOMENDACIÓNS: nunca tirar partes das plantas invasoras na natureza. Os restos deben tirarse a colectores ou ben compostarse ou queimarse. Os animais invasores non deben terse como mascotas nin regalalos a terceiras persoas. E nunca deben liberarse á natureza, senón poñerse en contacto con medioambiente da Xunta de Galicia.


Concerto

Narf Chegou Narf a Tomiño e levounos de viaxe a outras terras,nas que te sentes como na casa, e díxonos que a once mil quilómetros falas galego e enténdente, e demostrou que a música non ten fronteiras, e que podes empezar unha canción en galego, seguila en portugués, continuala en inglés e rematala en africano e ninguén che pide o pasaporte, nen pon un muro para que non pases. Chegou Narf, cercano, amable, sensible e atento, e con el a súa música: Todo un espectáculo. Tomiño, 23 de Abril de 2014 (Día do Libro)


Concerto

Roi Casal O músico e compositor Roi Casal pasou polo IES de Tomiño para ofrecerlle aos alumnos e ás alumnas de 2º de Eso unha pequena parte do seu repertorio. Roi atópase facendo promoción do seu último traballo discografico, e ofrecendo unha serie de concertos por distintos concellos de Galicia. Ao noso centro veu acompañado pola vocalista Silvia Ferre, asturiana de nacemento pero afincada en Galicia dende hai quince anos , onde alterna facetas como artista plástica e cantante de formacións como a orquestra Gran Parada, e dende hai un tempo tos.

colaborando co músico galego nos seus discos e direc-


MARÍA LADO

Visita

LUCÍA ALDAO O 13 de Maio estiveron con nós Lucía Aldao e María Lado, compartindo cos alumnos e alumnas de 4º ESO E 1º de Bacharelato a súa múscia e a súa poesía. Lucía Aldao iníciase na poesía durante a adolescencia, e o seu éxito levouna a estender as súas actividades, levando unha carreira paralela como cantante e guitarrista mutante, guionista e animadora cultural.Desde o ano 1998, viaxa polo país ofrecendo recitais de poesía. En 2005, xúntase coa tamén poeta María Lado para darlle forma ó espectáculo poético denominado Onde estea un cubata que se quite un soneto. En 2006 chegaría Poeta de mierda, xunto coa actriz Pepa Yáñez. Na actualidade continúan experimentando coa poesía ó vivo baixo o nome Moita poesía, pouca diversión, e en recitais colectivos como A hostia en verso, Merendacea, ou Vendo a miña alma (poxa de poetas). Colaborou xunto co actor Carlos Blanco no espectáculo Dillei, e no programa da TVG Somos unha potenzia, ambos dirixidos por este. Exerceu de presentadora para as galas Acústico feminino e Poesía e ciencia. Forma parte do proxecto musical alDDao, xunto co artista e músico Diego Delgado, que comezou coa gravación dunha versión do She's Lost Control, de Joy Division. Foi asidua colaboradora das performances de Maribolheras precárias. Coordinou os certames literarios Curtis treme, Curtis mon amour e Happy Curtis para o concello de Curtis. Participa tamén cunha colaboración poética cada domingo no programa Tres peixes voando, da Radio Galega. María Lado comezou a escribir no núcleo do Batallón Literario da Costa da Morte, onde publicou os seus primeiros textos en tres libros colectivos, Nós, Mar por medio e Rumbo ás illas. Ten participado en máis volumes colectivos e antoloxías poéticas, e colaborado tamén en prensa co xornal dixital Vieiros, coa revista Dorna e coa revista portuguesa Comentário, entre outras; así coma en diversas publicacións galegas e peninsulares. Traduciu ó galego varios libros de literatura infantil publicados por Edicións do Cumio, editorial na que traballo durante cinco anos. Ademais de poeta, María Lado é narradora. Varios dos seus relatos pódense atopar en revistas e colaboracións. Colabora no disco Finais dos 70s, comezos dos 80s, de Fanny + Alexander, recitando o poema Berlín, da súa creación. Tamén se dedica ao teatro e realiza traballos profesionais como actriz. No 2012 participou na obra Oeste solitario de Martin McDonagh.


O pracer de escribir

MARILIKA Estaba moi nerviosa,quería saber se o meu xeonllo se ía curar. De repente unha muller, un pouco maior, achegouse a min e díxome: -Non vaias ao médico,ven á miña consulta que eu che direi o que tes. Deume unha tarxeta: MARILIKA, PAZOS 22 TOMIÑO. Eu collina,metina no meu bolso preferido e marchei. De noite,decidín ir. Petei na porta,e díxome que esperase cinco minutos. Ao cabo de catro minutos mandoume entrar. Abrín a porta e … Tiña un gorro de bruxa,uns zapatos grandísimos e un vestido todo negro! Eu estaba moi asustada, pero aínda así entrei. Miroume o xeonllo durante tres minutos e díxome: -O que ti necesitas é un home que te queira. De repente petaron na porta e Marilika mandouno entrar. Entrou un rapaz de 20 anos, era un ano maior ca min. Ela díxome que era o seu fillo e que se chamaba Víctor. Xuntos fomos tomar un café. De repente deime conta de que xa non me doía o xeonllo. Ao cabo dun ano casamos, tivemos un neno e unha nena e puxémoslles Laura e Víctor, coma nós. LAURA MARTÍNEZ PEREIRA, 2º ESO C


O CAZADOR CAZADO Esta é a historia dun cazador que camiñaba polo bosque conseguindo comida para a súa familia. Era moi bo no seu oficio e sempre encontraba algo pero ese día non parecía ter sorte. Fíxose de noite. Viu unha luz ao lonxe e pensou que sería unha casa. Ao chegar descubriu que estaba totalmente baleira, salvo por unha cama e uns cadros horripilantes de criaturas deformes, Deitouse na cama e intentou durmir aínda que lle custou moito tempo. Tiña medo, e el nunca estivera asustado antes. Ao espertar pola mañá viu que non había cadros na casa: eran ventás.

DIEGO ALÉN JORGE, 2º ESO D


Rutina Chove mansiño e sen parar, chove sen ganas pero cunha infinita paciencia, como toda a vida1. Cincuenta anos chovendo. Iago, no corredor, outra vez expulsado da aula. A súa profesora explícame a súa conduta disruptiva. "Profe, é inxusto! ". Non lle rifo. Recórdolle o ben que debuxa. "Vas ser un gran ilustrador, ou un creador de videoxogos. Tes que rematar a ESO Podías pedir perdón á túa profesora e aos compañeiros que molestaches". Entra na clase, descúlpase. Con seriedade, con cariño é outra vez acollido por todos. En cada canto do instituto chove mansiño e sen parar, chove sen ganas pero cunha infinita paciencia, como cando era mestra a miña nai, como ensinaba a miña avoa, como toda a vida. 1 Mazurca para dos muertos, Camilo José Cela

Tomiño, 27 de febreiro de 2014


Opracer de ler DIVERGENT

The author is called Veronica Roth. She is a famous American writer who is only 25 years old. She writes since 2011. Divergent is her first novel and a part of a trilogy. There are two main characters, Beatrice and Four. Beatrice is a thin and unsafe teen who fights against the government. Four is a handsome man who trains Beatrice and they fall in love.

choose their faction with a test and inform their choice at the Choosing Ceremony.

The story is set in Chicago and talks about a post-apocalyptic society where people are divided in five factions: abnegation (selfless), amity (peaceful), candor (truthful), erudite (intelligent) and dauntless (brave).

Beatrice chooses dauntless and she has to pass the initiation. She discovers that the government wants kill them and Beatrice and Four (who is Divergent too) try to finish the war and the deaths. They do a Divergent army and they try to end with the violence.

When children are 16 years old, they have to

Beatrice, the heroine, takes the test and it shows attributes of several factions, meaning she is Divergent. Tori, the woman who does the test, records her result as Abnegation and tells her to keep the true result secret because the government kills the Divergent.

Marta AlĂŠn- AarĂłn Vicente 1Âş Bac B


Tecnoloxía A REDE EN GALEGO

Este sitio é basicamente tres cousas: un servizo público, un experimento utilizando Google Coop. para limitar as buscas á referencias galegas, e unha páxina para chamar a atención e por en liña dous fenómenos manifestos como son a gheada e o seseo no territorio galego. É o mesmo buscador de Google, salientando os resultados galegos.

http://www.jujel.es/

A Galipedia é a versión en galego da Wikipedia. Este é un proxecto internacional feito por voluntarios, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais. http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada

PINTAR COS DEDOS

RIBEIRA Fernando Ortiz

MAR Luis Lechuga

As novas tecnoloxías permítennos voltar tamén ás tecnicas máis basicas da ilustración. Aplicacións como PAPER (IOS, gratuita na súa versión máis simple) proporciónannos as ferramentas para realizar bosquexos, apuntes, debuxos, etc, da forma máis sinxela. A fórmula : paleta de cores, distintas ferramentas para o trazo, sistema de borrado intuitivo e os teus dedos xa son lápices, rotuladores, pinceis, gomas de borrar...


A man

MITOS


Dúas visións BIOCONSTRUCIÓNS A bioconstrucción é un sistema de construción e mantemento no que o importante é non danar o medioambiente e no que a casa funcione de xeito ecolóxico. Uns exemplos de casas ecolóxicas son os iglús, yurtas e as pagodas. Todas estas casas son típicas de lugares con moi diferentes climas, moi fríos, cálidos ou temperados, respectivamente.

IGLÚ Algún día os recursos naturais, como petróleo e gas natural, acabaranse e será cando as casas terán que comezar a funcionar con enerxía renovable, como o vento e o sol. Un exemplo de bioconstrución contemporánea que aproveita enerxeticamente un material natural perfeccionado tecnolóxicamente é a casa con cuberta vexetal(4). Deixando atrás a realidade e tendo en conta o quentamento global do planeta que nos levaría a un aumento do nivel do mar, podemos imaxinar unhas casas submarinas(5) que sexan ecolóxicas 100%. Estas casas poderían estar dotadas dun sistema de inmersión-emersión, xa que no futuro os recursos sairán posiblemente do mar.

CUBERTA VEXETAL

PAGODA

CASA SUBMARIÑA Sabela Puentes Vega Eva González


Bioconstruccións As bioconstruccións son construcións levadas a cabo con materiais cun baixo impacto ambiental, ecolóxicos ou reciclados. Desde ou principio dous tempos ou ser humano empregou, para a construción dás súas casas, materiais que se atopaban na súa contorna por exemplo: iglús (feitas con xeo, non Polo norte), tipis (con peles de animais, América) e castros (palla, pedra e barro, Occidente). Con todo actualmente xa non utilízanse lestes materiais con baixo impacto, ou que provoca problemas como a escaseza de recursos, a contaminación, etc. Polo tanto estase fomentando á idea de usar de novo materiais ecolóxicos e con menor custo.

IGLÚ

TIPI

Tras un estudo, alumnos de secundaria propuxeron unha casa (Dome house ou casa cúpula) con forma de cúpula. Esta, está feita de cristal e recubierta por unha capa vegetal (céspede) para respectar o retorno ás bioconstruccións. Presenta múltiples vantaxes, non só ambientais, como: a súa estrutura e a utilización de cristal que permite a entrada de luz e calor a toda a casa e o céspede mantén a calor nos meses frios e mantén fresca a casa nos cálidos, etc.

CASTRO

DOME HOUSE

Andrés Suárez Hermida e Ana Lomba Fernández. 3ºESO B


Viaxe

Casti単eiras


Este curso, o intecambio epistolar e posterior encontro realizámolo co IES Monte da Vila de O Grove. Os niveis que participaron na actividade foron Primeiro e Terceiro da ESO. Despois de manter o contacto por carta durante todo o curso, o pasado 5 de Maio atopámonos con eles en Cotorredondo, no entorno natural do Lago de Castiñeiras. Rematamos a xornada cunha visita á Vila de Pontevedra. Aínda que estiveron pouco tempo xuntos, os rapaces disfrutaron das novas amizades e moitos deles e delas continúan tendo contacto a través das redes sociais.

ENCONTRO CO IES MONTE DA VILA


Viaxe Granxa Kiriko Este curso, os alumnos e alumnas de 1º de ESO foron pasar un día en contacto coa natureza e os animais á Granxa Kiriko O Centro EL KIRIKO atópase en Soutosico, Fornelos de Montes (Pontevedra). Está ubicado nun espazo natural de grandes zonas de bosque autóctono (carballeiras, bosque de ribeira…), ao pé do embalse de Eiras, a carón do río Oitavén, nun lugar eminentemente agrícola. estas son algunhas das instantáneas que recollemos ese día.


Festa

Día da árbore

28 DE MARZO DE 2014 O ALUMNADO DE 1º DE ESO E DO CICLO DE FORESTAIS COMPARTIRON ESTA XORNADA UN ANO MÁIS, EN CONTACTO COA NATUREZA E TRABALLANDO POLA CONSERVACIÓN DAS NOSAS ESPECIES VEXETAIS.


Festa

Entroido


Letras Galegas


Graduaci贸n Bacharelato e Ciclos


Opinión

Aprendamos a cambiar o conto A resposta social é un elemento esencial na loita para erradicar a violencia de xénero. A experiencia audiovisual realizada por Marta Piñeiro, directora da serie Padre Casares da TVG, no IES de Tomiño, un exemplo. 21 mulleres asasinadas en 2014 ata a primeira semana de abril. 66 mulleres asasinadas en España en 2013. Non vale xa o asombro. Non cabe o desconcerto. E é só a punta do iceberg. Baixo a liña de flotación cantas mulleres viven perdendo día a día a súa autoestima? Con medo, cun erróneo sentimento de culpabilidade. E cantas nas augas frías da ansiedade, a depresión, a dificultade para establecer novas relacións. Expertos como Francisca Expósito, profesora de Psicoloxía aplicada na Universidade de Granada, describen así a síndrome de estrés post-traumático dunha muller maltratada. Non vale xa o asombro. Non cabe o desconcerto. Por que? Os expertos téñeno claro: “non” existe “un perfil único de maltratador. Tampouco se trata de homes agresivos nin de psicópatas”. Aínda está lexitimada por anos e anos de valores culturais a crenza da posición superior do varón. Son múltiples os casos de micromachismo, termo acuñado polo psiquiatra Luis Bonino, na nosa sociedade. Dende todos os ámbitos sociais débese abordar a verdadeira causa desta eiva: a súa natureza ideolóxica. Iniciativas como a do concello de Tomiño (Pontevedra), que co alumnado do instituto, e dirixido por Marta PIñeiro, propiciou a creación dunha curtametraxe, a participación en talleres, a reflexión; son respostas para desfacer o iceberg, para evitar a frialdade social, para alterar, modificar ou eliminar esa bagaxe cultural que, ás veces de modo inconsciente, trasladamos de xeración en xeración. Aprendamos a cambiar o conto. Mª José Presa Tomé (Profesora 1º CM Actividades forestais e conservación do medio natural)

http://vimeo.com/88919556


Opinión A importancia dos seráns para conservar parte da nosa cultura O xeito máis antigo de manter viva a música e baile tradicional galego. "O que non canta nin baila que vén facer ao serán, oír catro mentiras, para ir contar mañá". Xa o dicía o refrán. Tradicionalmente aos seráns íase tocar ou bailar, estaba socialmente establecido así. Acontecían ao atardecer, polo serán, de aí o nome. Era un moi bo xeito de relación dos mozos coas mozas, sobre todo en inverno, cando non había verbenas, romerías nin outro xeito de relacionarse socialmente. Comezábase polo solto, con xotas e muiñeiras, para logo pasar aos agarrados como a rumba, pasodobres e valses. Na actualidade a xente vai ós seráns a cantar, tocar e bailar. Adoita organizalos un grupo tradicional ou de cantareiras da zona, e é o mellor sitio onde aprender de xeito máis natural, xa que todo aquel que queira pode participar. Polo xeral comezan os grupos tocando un a un e finalizan tocando e cantando todos xuntos. Neles non falta de beber nin de comer, o máis popular son os viños da zona e o licor café; e antes do remate para recuperar forzas, os organizadores adoitan repartir rosca a todos os asistentes. Existen seráns moi importantes e coñecidos. Na zona suroeste de Galiza o de Toutón, Avión, Cabral, Marcón etc. Noutras partes de Galiza reciben outros nomes como o de foliadas. Aínda non estiveches en ningún serán? Acude aos "pandareteiros e festeiros da beira atlántica de Galicia", no seu blog "malmequer" podes atopar a informacion das próximas citas. E non esperes máis! Xa que non se coñece ata o momento a ninguén que non o pasara ben e non quixese repetir porque... o que non canta nin baila... Deste xeito conservamos parte da nosa fermosa cultura, bailes, pezas e cantigas moi antigas. https://www.youtube.com/results?search_query=YOUTUBE%23pt0qHz82U1k%23+ https://www.youtube.com/watch?v=5h_fd9esXdY Rubén Darío Romero Acuña

Imaxe: http://guillade.blogia.com/


Opinión

Pouco ruido e moitas noces

Os deportes minoritarios merecen un espazo nos medios de comunicación Non todos nos dedicamos no noso tempo libre a xogar a videoxogos e a festa, o deporte tamén é compatible no noso día a día. Moitos practicamos e competimos a alto nivel en deportes que moitas veces non son televisados, e cando o son, os medios rebaixan a súa importancia, xa sexa poñéndoos a horas de pouca audiencia ou simplemente sen mencionar os éxitos. Todos os anos realízanse diferentes campionatos de modalidades como: judo, baloncesto feminino, pádel, frontón, taekwondo, bádminton, etc. Sen ir máis lonxe nunha clase dun instituto do Baixo Miño, podemos atopar: un judoca tres veces 5º de España e 5º nas copas de Europa disputadas en Coimbra e Fuengirola, un xogador de bádminton campión galego, unha baloncestista campiona de Galicia tres anos consecutivos, pescadores deportivos; e, como non, xogadores de futbol sala, balonmanistas finalistas da copa Galicia e futbolistas. Estes mozos reivindican a súa imaxe entre os demais deportes. Eric Barceló Rodriguez


Opinión A realidade política en España Un paseo pola corrupción no noso país

Dende o caso Gurtel ata o día de hoxe, en España apareceron centos de casos de personaxes políticos corruptos. Hai máis de 500 imputados por causas abertas neste ámbito en España. Branqueo de diñeiro, malversación de fondos, corrupción urbanística, suborno, falsificación de documentos, blanqueo de capital, tráfico de influencias e administración desleal son algúns dos casos máis frecuentes. Atravesando España de norte a sur todas as comunidades autónomas están salpicadas pola corrupción. A continuación presentámosche un mapa no que situamos os diferentes casos nos que os grupos políticos máis representativos do país (PP: cor azul e PSOE: cor vermella) víronse involucrados ao longo da xeografía española no ano 2011.

Desde o ano 2011 ata a actualidade os casos de corrupción na clase política continuaron crecendo. O pasado ano o Consello Xeral do Poder Xudicial cifrou en 1661 os casos abertos por delito de corrupción. Ismael Rodriguez Rodriguez Claudia Montes Enríquez Valentín Pereira Mouriño


Entrevista

PAULA COBIÁN

“A os dez anos volvín á danza para non deixalo nunca” O 29 de abril celébrase o día internacional da danza. Falamos conPaula Cobián. Hai 10 anos que abriu a súa Escola de danza en Tui, nos que chegou a crear unha compañía de danza non profesional,SINE DIE. “Foi un proxecto que estaba na miña mente dende había xa tempo, pero para iso necesitabamos o material humano axeitado”

Paula conseguiches crear a túa propia escola de danza. Supoñemos que antes de poder chegar a iso hai que estar a bailar moitos anos. Empecei a bailar cando tiña tres anos na escola da miña tía enVigo, tiven un parón entre os oito anos e os dez, pero logo volvín para non o deixar nunca”. Supoñemos que a idea de formar unha escola de danza non xorde dun día para outro. “Daba clases extraescolares en distintos colexios, e dalgúns íanme chamando para substitucións, posto que son mestra de primaria, pero nada estable, así que decidín montar a miña propia escola de danza. E Tui pareceuche o lugar axeitado para facelo? Si, pois vivo en Tomiño e xa que no Baixo Miño non existía ningunha escola de danza, pareceume boa idea facelo nun lugar céntrico. Ademais Tui parecíame un lugar con moita cultura”. Imaxinámonos que cando un bailarín monta a súa propia escola soña con que teña o éxito que agora mesmo pode ter a escola dePaula Cobián. Por suposto que unha soña e traballa para que as cousas saian ben, con todas as dificultades que ten abrir un novo negocio nun sitio que non coñeces moi ben, nin te coñecen. O primeiro ano o número de alumnos superou as nosas expectativas, e despois de dez anos séguese incrementando.


Todos os bailarins din que o mundo do baile é moi difícil e sacrificado, por suposto é moi difícil vivir unicamente de bailar, páganche por función, por iso case todos os bailarins e coreógrafos adoitan dar clases de danza para poder ter un soldo fixo e estable. Para poder dar clases de danza ás novas xeracións un debe de ter unha boa experiencia bailando en espectáculos,eu bailei como bailarina de danza contemporánea nas compañías Dovrexirodanza eDisque Danza, ademais de colaborar en montaxes teatrais como bailarina. Empecei a dar clases aos 18 anos así que compaxinei as miñas propias clases coas que eu impartía.

Supoñemos que será difícil tantas horas de traballo e ensaio co día a día da vida privada. Eu creo que a persoa que comparte a vida cun bailarín ou unha bailarina ten que comprender este mundo moi ben ou pertencerlle. É complicado cando tes espectáculos case todas as fins de semana, ensaios a horas imposibles e preparación de clases na casa. Ao final a túa parella involúcrase porque se non é imposible a convivencia; é un traballo ao que practicamente lle dedicas todas as túas horas, non só o tempo que pasas na escola. Son horas de preparar clases, escoitar musicais para coreografías, estudar vestiarios, debuxar... dibujar...cosas que loxicamente che quitan tempo para a túa casa, a túa familia, a túa parella... “. Que máis lle pode quedar por facer a Paula Cobián respecto á danza, despois de alcanzar as súas metas? Nunca chegas a alcanzar todas as túas metas en nada ou case nada na vida. O meu soño sería que algún dos meus alumnos/ as chegase a bailar nunha compañía profesional de danza, supoño que esa será unha das miñas metas son muí esixente así que non creo que lograse nada especial, simplemente teño a sorte en traballar no que me gusta, e iso é un privilexio que moi poucas persoas teñen, esa meta se a logrei polo menos. Por último gustaríanos que nos falases da pequena compañía de danza Sine Die e do único espectáculo Shoah. Foi un proxecto que estaba na miña mente dende había xa tempo, en concreto ese espectáculo, pero para iso necesitabamos o material humano axeitado. Quero dicir que, levar a cabo un proxecto como unha compañía de danza, a nivel profesional, con alumnas da escola, era moi ambicioso e necesitabamos que elas se implicasen co compromiso dun traballo serio, e a verdade fixérono e de xeito moi moi profesional sen selo. Que vos levou a dar un paso máis? Pois é moi sinxelo, observar nas clases que a este grupo de alumnas, non lles chegaban as funcións de fin de curso e actuacións que realizamos ao longo do ano, senón que demandaban dar un pasiño máis na súa formación. Implicábanse nas clases, nas diferentes coreografías de forma moi creativa...en fin, factores que nos levaron a tomar a decisión de dar ese paso. Por que non tivo continuidade? É moi sinxelo. A maioría das alumnas que formaban parte da compañía remataron bacharelato e foronuse estudar fóra, polo que resultaba inviable continuar co proxecto, xa non só pola imposibilidade de coordinar ensaios, senón que era imposible o compromiso de actuacións posto que a súa dispoñibilidade non era total, así que decidimos abandonar o proxecto ata volver reunir as condicións que tivemos cando o levamos a cabo. Hai algo que me gustaría deixar claro, Paula Cobián é unha escola de danza, é dicir, unha fábrica de futuros bailarins e bailarinas. O noso obxectivo é que algún dos nosos alumnos chegue a bailar de xeito profesional nalgunha compañía de danza. O proxecto Sine Diese levo a cabo para que estes alumnos tivesen a oportunidade de coñecer as interioridades da danza escénica, da danza profesional, digamos que foi un paso máis dentro da súa formación que é, dende o noso punto de vista, o traballo das Escolas de Danza.

O 29 de abril, día internacional da danza, en Tui houbo un grupo de alumnos formándose na Escola de danza de Paula Cobián. Grazas Paula. https://www.youtube.com/watch?v=5lx4fJYPdEA Antía Moroño Sánchez

PAULA COBIÁN


A praga das palmeiras chega a Galicia Unha praga de coleópteros achada en Gondomar produce a morte de palmeiras O alumnado de Aproveitamentos e Conservacion do IES de Tomiño investiga unha nova praga que ataca ás palmeiras. Trátase dun coleóptero orixinario de Asia tropical que se foi expandindo polo transporte antrópico dende África, Europa e América ata chegar a Galicia, sendo o Concello de Gondomar o primeiro lugar onde se detectou, e onde son xa moitos os casos de palmeiras atacadas dende a súa aparición en xaneiro de 2013. Este insecto chamado "Picudo vermello" (Rhynopherenchusferrugineus) pode producir estragos en toda a poboación de palmeiras xa que é sumamente daniño. O parasito, determinado xa como praga, séntese atraído polas palmeiras danadas ou podadas. As súas larvas, depositadas na planta, perforan galerías interiores de máis dun metro de lonxitude para alimentarse do tecido interior, ata chegar a producir a morte da planta hospedante. En moitos lugares de España, dende a administración, estanse a facer grandes esforzos por salvar as súas palmeiras. Tal é o caso de Elche, cuxo palmeiral foi declarado Patrimonio da Humanidade no ano 2000 e dende 2005 se enfronta a esta praga; ou o de Canarias, cuxa palmeira (Phoenix canariensis) é o símbolo vexetal da comunidade autónoma. Recoméndaselles aos propietarios de palmeiras con síntomas tales como o ápice seco ou danado e follas do gromo secas consultar o plan de acción proposto pola Xunta de Galicia. Pedro Ollero Albán e Jorge Romao Denís (1º CM Aproveitamentos forestais e conservación do medio natural)


Especies foráneas no embalse que abastece a Vigo Tres especies introducidas no embalse de Eiras desprazan a nosa fauna: o caranguexo de río, o escalo e o “black bass” Hai 40 anos o río Oitavén atravesaba o concello de Fornelos de Montes (Pontevedra) e nel había especies como o salmón e a anguía. Foi no ano 1977 cando decidiron construír o encoro de Eiras para prover de auga a Vigo, porque o encoro de Zamáns quedaba pequeno. Non se realizaron escalas para subir as especies anádromas, as que veñen ao río a desovar, e iso provocou a desaparición das anteriores especies, quedando só a troita. Dende hai dez anos aproximadamente, fóronse introducindo especies alóctonas sen fin xustificado. O primeiro o escalo (Leuciscuscephalus L.), que, ao crecer a súa poboación tanto e tan rápido nun período curto de tempo, se intentou contrarrestar introducindo o black bass (Micropterus salmoides); e tamén apareceu por sorpresa o cangrexo americano (Proclambarus clarkii). Ninguén as coñecía no encoro de Eiras. Hoxe, o pescador habitual da zona desespérase, o cebo natural non chega ao fondo, os escalos pican de inmediato; e se chega será o cangrexo americano o que o devore. Ao probar sorte con cebo artificial, será o blackbass o que aparece. A troita común ou fario é desprazado polas especies de escalo, cangrexo americano e black bass. Xa que estas especies compiten polo seu alimento natural e ademais algúns deles comen as súas crías, producindo a perda dunha gran cantidade de troitas que á fin e ao cabo non poderán poñer os seus ovos nun futuro próximo. Non só a troita se ve afectada, senón que os anfibios tambien sofren unha depredación maior do normal.

Cangrexo de río

O dano económico e ecolóxico que produciron estas especies é algo probablemente irreparable. Pedro Ollero Albán y Jaime Pallas Lage (1º CM Aproveitamentos forestais e conservación do medio natural)

Black bass (os grandes) e escalos (os pequenos).


PASADO E FUTURO DA MINERÍA EN TOMIÑO Espléndidas minas romanas dan paso ás actuais ruínas, que volverán a ser explotadas por unha compañía canadense.

No pasado, afloraron na zona do Baixo Miño numerosas explotacións mineiras, cunha baixa concentración se as comparamos con explotacións máis arriba do río, na busca de ouro. A máis destacada é a mina do Niño do Corvo, situada na serra de Urgal, que se caracteriza por presentar mineralizacións de pirita e ouro. A 300 metros de altitude abríronse galerías e trincheiras que hoxe está practicamente desaparecidas ou alteradas polos mineiros contemporáneos. En Vilachán do Monte, pódense atopar tres escavacións que o ITGE (Insitituto Tecnolóxico Xeomineiro de España) denunciou como minería antiga, probablemente romana. Nestes xacementos extraíase, probablemente, cuarzo e ouro. Este conxunto de minas de Tomiño está formado por catro excavacións (ver mapa), aínda que a última non está totalmente confirmada. A primeira é a maior de todas, pero hoxe en día na súa boca atópase construído un pozo. Máis ao norte do Niño do Corvo, ao este da Serra da Grova, no “Alto das Pozas”, atópase a mina máis interesante da zona, o Burato dos Mouros, que se sitúa sobre o dique de Urgal. Esta é unha mina de tamaño medio (pero grande para o que hai nesta zona). Posúe uns 500 metros de largo e de 60 a 80 metros de longo, e as zanxas mineiras esténdense aínda 700 metros, pero por desgraza, a maioría foron destruídas por reforestacións e camiños. Por último, existen explotacións antigas en “As Chans” de Tebra e no monte Tetón, pero son de menos importancia. O método utilizado polos romanos para detectar o ouro era coller area na desembocadura dos ríos para analizar se tiña ouro. Se era así ascendían río arriba ata dar cos filóns orixinais e proceder a súa explotación combinando o traballo manual e o hidráulico. Na actualidade, unha empresa canadense aspira a reexplotar estas antigas minas dos montes tomiñeses na procura do ouro que puidera quedar. A compañía completou a solicitude e pagou os permisos. O proxecto abarca 79 km2, pero a Xunta e o Concello tomiñés afirman non ter concedido esa autorización. O ouro do subsolo da parroquia de Pinzás explotado inicialmente polos romanos, atrae agora o interese da empresa Medgold Resource Corp., de Vancouver (Canadá), que anunciaba recentemente na súa páxina web ter completado o proceso de solicitude dos permisos para a actuación en Galicia, co seu “proxecto Pinzás de ouro” (nome que lle deu a empresa a súa investigación). Agora mesmo, atópase pendente de que se expidan os permisos neste ano. A subdirectora xeral de recursos mineiros da Xunta informou ao concello de Tomiño que “o que existe é unha solicitude de exploración ante a Xunta, pero en ningún caso está autorizada”. Os concellos afectados por este proxecto son o de Baiona, O Rosal, Oia, Tui e Tomiño. Que estes permisos sexan expedidos depende dos informes de Medio Ambiente, da Dirección Xeral de Patrimonio e dos informes dos concellos. Pero, que repercusións tería a reexplotación destes recursos para a nosa terra? En primeiro lugar, de ser explotadas de novo, a maquinaria moderna estragaría os bosques colindantes e, ademais, contaminaría a atmosfera, os ríos, as augas subterráneas e modificaría o ecosistema. Tamén correríamos o risco de acabar coas probas da existencia destas antigas e importantes minas romanas. Aínda non se sabe se lles concederán a autorización para comezar o proxecto, pero de ser así poderían pasar dúas cousas: que as antigas minas sexan eliminadas totalmente ou que se conserven parte destas minas despois da súa explotación e se lle de traballo á xente da vila. Marta Alén e Iria González 1º BB BLIBLIOGRAFÍA: http://dekodakacanon.blogspot.com.es/2009/06/vilachan-do-monte-tomino.html http://masquepetroglifos.blogspot.com.es/2012/10/la-mineria-romana-del-valle-del-rosal.html http://blog.aterrageo.com/?p=259 http://www.academia.edu/1962775/Mineria_romana_y_poblamiento_en_la_cuenca_del_Baixo Mino


Primeiro día de pesca nos ríos galegos Desde Eiras e Zamáns, tres mariñeiros cóntannos a súa primeira xornada troiteira Este é o momento ansiado polos pescadores de troita. Levan todo o ano esperando ese instante no que poder coller as canas e ir probar sorte a ríos e embalses. Esta tempada, no primeiro día de pesca as condicións meteorolóxicas foron favorables, non como en anos anteriores nos que o tempo non acompañaba e o caudal era moi inferior ao normal provocando unha mala xornada de pesca. Antes de romper o sol os tres mariñeiros xa tiñan o anzol e peixes artificiais no auga. Pasadas as primeiras horas, a tensión inicial deu paso ao nerviosismo das primeiras picadas. En Eiras xa se conseguiu a primeira captura dunha fermosa troita fario. Mentres en Zamáns eran máis numerosas as capturas, pero de menor tamaño, provocando a devolución á auga; preciso e precioso instante que recolleron en video. https://www.youtube.com/ watch?v=c8gGXDoqX9I Co transcurso da xornada os tres mariñeiros, nos seus respectivos lugares, foron conseguindo máis pezas e de maior tamaño. Á noitiña, neste primeiro día de pesca, ninguén se foi co cesto baleiro. Con orgullo os dous pescadores fotografaron as súas pezas, tanto en Eiras (primeira foto) como en Zamáns (segunda foto). Autores: Ricardo Muiños Amil, Diego Pallas Lage, Pedro Ollero Albán


Un mundo próximo, pero descoñecido para case todos. As chamadas malas herbas son a comida que pisamos, a caixa de primeiros auxilios que ignoramos Unhas persoas pasean polo campo. Ana,

plantas. sete anos, chega desconsolada cunha peque- A chantaxe (Plantago lanceolata) era a herba que utilizou o noso particular Bear na ferida na perna. A súa nai colle unhas Grylls. Frea o fluxo de sangue, acelera a follas, machúcaas, lávaas na fonte, e faille reparación do tecido danado; e o extracto unha vendaxe. feito coas súas follas ten propiedades antiNon é o guión dun programa de "O último bacterianas. Un mundo próximo, pero descoñecido para sobrevivente". Só son un grupo de amia maioría. gos paseando polo campo que temos máis preto. Para empezar recomendámosche esta páxina web, elaborada por primeiro de forestais, As chamadas malas herbas na agricultura que empezan a coñecelas. tradicional son grandes descoñecidas para o público xeral. Na terra hai aproximaE especialmente o apartado cóntannos", no damente un cuarto de millón de especies que recollen usos e tradicións en Galicia vexetais, das que 7.500 son herbas. O seu uso en medicina é moi antigo. A https://sites.google.com/site/deherbasemeigas/home medicina tradicional de China e da India baséase no emprego de plantas medicinais. Aínda hoxe en día a medicina "oficial" emprega moitos compoñentes extraídos destas plantas. Quizais o exemplo máis emblemático é a aspirina. A codia do salgueiro branco (Salix alba) xa era utilizada en China hai máis de 2.500 anos para baixar a febre e aliviar a dor.Hipócrates aconséllaa cos mesmos fins. Dióscorides engade o seu uso para tratamentos artríticos. En 1835, un médico alemán, descobre que outra planta produce os mesmos efectos: a raíña dos prados (Spiraea ulmaria) porque tiña un compoñente en común co salgueiro: o ácido salicílico. En 1893 sintetízase por primeira vez nun laboratorio. Ata entón "a aspirina" obtíñase das


PALABRAS SEN TRADUCIÓN

Todas as linguas son únicas, tesouros que hai que coidar, fundamentos da nosa identidade, organismos vivos que nacen, que crecen, e que morren se non se cuidan, se non se usan, se non se fan medrar co tempo. As linguas que non se moven acaban sendo pezas de museo. E como tesouros que son, encerran pequenas xoias, palabras sen tradución, que ás veces só serven no enclave xeográfico onde a lingua se move. Estes son algúns exemplos:

Alemán: Waldeinsamkeit Un sentimento de soidade, de estar no bosque, conectado coa natureza.

Italiano: Culaccino A marca que deixa un vaso frío nunha mesa.

Esquimal: Iktsuarpok Sensación de anticipación que te empurra a saír fóra e ver se vén alguén.


Xaponés: Komorebi Palabra que os xaponeses usan cando os raios de sol se filtran a través das árbores.

Ruso: Pochemuchka Alguén que pregunta moito. De feito, probablemente demasiadas preguntas.

España: Sobremesa Tempo despois da comida na que se conversa.

Indonesia: Jayus Palabra coloquial que describe a alguén que conta un chiste tan mal que no puedes evitar rirte a gargalladas.

Hawaiano: Pana Poʻo Úsase cando non te lembras de algo e rascas la cabeza

porque dalgunha forma parece que che axuda a lembrar.


Francés: Dépaysement O sentimento que se ten cando un non está no seu país.

Urdu: Goya Urdu é a lingua oficial de Pakistán, pero tamén é a

lingua oficial de cinco dos estados da India. Este vocablo en concreto expresa o momento en que se deixa de lado a distancia e se percibe o ficticio como se fose real.

Sueco: Mångata

É a palabra para o camiño luminoso que crea a lúa sobre a auga.

E en galego? Non podemos escoller unha, non tes máis que poñerte a buscar. Aí van unhas poucas…. MORRIÑA Sentemento que provoca o desexo de algo que xa non se ten, sobre todo pola terra cando se está lonxe. LUAR Resplandor da lúa. MEIGA Persoa con poderes máxicos que pode pactar co demo" As meigas también son coñecidas como curandeiras e videntes, e a xente acode a elas para ser curada cos seus ensalmos e conxuros. LUSCOFUSCO Entre o día e a noite, momento no que a luz está a piques de apagarse e as cousas percíbense como sombras ENXEBRE De profundas raíces, auténtico, puro.


Cen anos despois Na primavera de 1916, cando a Guerra que se desenvolvía en Europa estaba na súa máxima crueza, o ilustrador alemán Willibald Krain, antimilitarista e crítico social, publica, a partir das súas experiencias, un folleto, cunha pequena introdución e sete ilustracións. Na portada, sobre unha representación da “Besta”, o título di “Guerra. 7 Folios dedicados a todos os pobos”. No interior, as láminas reflicten as atrocidades que se estaban a cometer. O autor pretendía despoxar á guerra das súas múltiples máscaras e mostrar o seu espantoso rostro, o que posúe por igual para todos os países e pobos. A súa obra non serviu para frear a terrible destrución que xa estaba en marcha. Neste 2014 cúmprense 100 anos do inicio dun dos conflitos máis sanguentos da historia da humanidade. Europa iniciou o século XX nun clima de múltiples tensións entre os seus principais Estados. A ambición imperialista das potencias do momento, no seu afán de controlar diferentes puntos estratéxicos do planeta, foi provocando unha serie de incidentes que involucraron rapidamente a varios estados nunha escala de tensións e de acumulación de armamento que desencadeou na que foi coñecida como a Gran Guerra ata que chegou a Segunda Guerra Mundial, aínda máis grande e destrutiva. Nos anos anteriores ao conflito, o clima prebélico preparaba coidadosamente unha guerra anunciada que só necesitou das dúas balas que se dispararon o 28 de xuño de 1914, na zona máis convulsa da Europa do momento, os Balcáns, contra o herdeiro ao trono austro-húngaro. O seu asasinato desencadeou a secuencia de feitos que cambiarían o mundo. Durante os catro anos que durou a conflagración, as principais potencias militares enroláronse nunha contenda dunha atrocidade sen precedentes. Die Kabinette/Os gabinetes de Goberno


O sistema de alianzas xerado durante “a paz armada”, anterior ao conflito, preparou un escenario no que o choque entre dúas potencias arrastraría ao resto a unha guerra total. Na Triple Entente alienábanse Francia, Gran Bretaña e Rusia. Serbia e Bélxica incorporáronse tralo ataque austríaco contra Serbia --que desencadeou o inicio das hostilidades- e o ataque de Alemaña contra Bélxica. Noutro bando, á Triple Alianza, inicialmente integrada polos imperios alemán e austrohúngaro, uníronse Italia e o imperio otomán. Italia cambiaríase de bando en 1915. A Intervención de potencias coloniais en defensa dos seus intereses económicos, políticos e territoriais, así como a participación de potencias extraeuropeas como Xapón e EE UU, convertía o que, en principio ía ser un pequeno conflito europeo entre Austria e Serbia, na Primeira Guerra Mundial, o catastrófico conflito bélico que cambiaría a Europa e ao Mundo para sempre. A guerra comezou o 28 de xullo de 1914 e rematou o 11 de novembro de 1918. Finalmente, involucrou a 32 nacións. O balance humano foi de máis de 10 millóns de mortos e preto de 30 mi-llóns de feridos. A catástrofe supuxo que os países que interviñeron na contenda tiveran, nas súas pirámides demográficas, fortes estrangulamentos na zona de idade dos 20 aos 40 anos. O descenso da natalidade e o envellecemento da poboación foron evidentes en toda Europa. Viúvas, orfos e mutilados de guerra contáronse por millóns.

Gerüchte/Rumores

As perdas económicas directas foron importantísimas. Fíxose necesario crear unha economía de guerra e un sistema produtivo que servise aos intereses bélicos dos países na contenda. A I Guerra Mundial caracterizouse polas grandes matanzas. Novas armas, cada vez máis temibles endureceron os combates. Xurdiron os lanzachamas, os cepelíns, os bombardeos aéreos, as armas químicas...Desenvolvéronse os tanques, o submarino e a aviación de combate. Os ataques producíanse en todos os escenarios posibles: terra, mar e aire

Gebet um Sieg/Pregaria pola vitoria Blutdürstigkeit/Sede de sangue


As trincheiras, esa longa cicatriz negra que percorría quilómetros e quilómetros de terreo, eran pozos con arames onde feridos, ilesos e mortos mesturábanse afundidos no lodo. O número de enfermos crecía de forma alarmante porque o aire era irrespirable e o lodo estaba infectado polas ratas. Os movementos dos frontes tras cada ofensiva forzaron a participación de millóns de civís. Tralo fin do conflito, a modificación das fronteiras e as represalias da posguerra saldáronse con exilios e desprazamentos masivos que afectaron a 8 millóns de persoas.

Die Frauen /As mulleres

Die Fahnen/As bandeiras

A violencia estendida fixo que foran comúns as violacións, os saqueos e as execucións de civís. Xeneralizouse a espionaxe que era especialmente activa nos países neutrais, como era o caso de España. As agresivas campañas de propaganda exaxeraban as atrocidades do inimigo co fin de lexitimar as propias e xustificar as prácticas extremas, que se atribuíron, sobre todo, ao exercito alemán. Tras catro anos de crueis enfrontamentos, os países da Entente conseguen impoñerse. A rendición non se produce por unha inferioridade no armamento ou pola debilidade dos apoios, é a falta de alimentos provocada polo bloqueo marítimo británico o que debilita definitivamente á poboación civil. A Alemaña derrotada e humillada asina un tratado de paz que lle impón fortísimas indemnizacións de guerra. Quedan modificadas as fronteiras europeas. O Tratado de Versalles remata o conflito oficialmente pero as súas condicións desestabilizan Europa e marcan as bases para que se desenvolvera un novo conflito de maior transcendencia. As frustracións e a sede de vinganza, sumadas aos profundos problemas sociais e económicos, foron destruíndo as fráxiles democracias dalgúns países europeos e facendo emerxer réximes totalitarios de extrema dereita como o fascismo italiano e o nazismo alemán. A guerra que ia terminar con todas as guerras non serviu, nin sequera, para que a humanidade aprendera dos seus erros. A historia volvería a repetirse, entre 1939 e 1945, na Segunda Guerra Mundial, onde o ser humano amosou todo o seu potencial de crueldade.

Sieg /Vitoria


No ano 2014, cen anos despois do inicio da Primeira Guerra Mundial e con Europa inmersa nunha grave crise económica, as portadas dos periódicos falan do conflito entre Rusia e Ucraína, da posición dos EEUU e das negociacións da Unión Europea. Rusia e Occidente atópanse, unha vez máis, ás portas da solución armada, no que poderían ser os pasos previos a un conflito de proporcións internacionais. A posibilidade de que se involucren máis potencias mundiais abriría o camiño cara á III Guerra Mundial. Ademais, este non é o único motivo de alarma. O mundo parece estar repetindo as decisións e os erros que hai 100 anos conduciron á destrución. A carreira armamentista podería comezar se Irán leva a cabo o proxecto de desenvolver unha bomba nuclear, os nacionalismos islámicos; o terrorismo ; o aumento do poder de China que ameaza a hexemonía dos EEUU e o auxe das ideoloxías de dereita en diversas partes do planeta, lévannos a 1914. No mundo actual faise necesario e urxente, aprender do pasado.

Cruz Garrido (Xeografía e Historia) Agradecementos a Xabier Gil Vidal


PARECIDOS…RAZOABLES?

Quen son eses personaxes que entran nas clases e falan?.. ou eses outros que, simplemente, se cruzan con nós, polos corredores? Foi un traballo duro, pero tras unha minuciosa investigación, conseguimos descubrir quen se agocha realmente, detrás desas caras aparentemente tan ”humanas”. Non están todos os que son, pero son todos os que están.

Raquel - Mérida (Brave)

lourés - al (toy story 2)

cRuz - rapunzel (enred.)

Miguel - buzz (toy story)

luisa - edna (los increibles)

cheli - Meg griffin (p. de fam.)

nacho - buddy (toy story)

fernando - tarzán (tarzán)

Raimundo - carl F. (up)


Mar - lucy (gru)

nati - anastasia (anast.)

ana - campanilla (peterpan)

ana B. - bella (la bella...)

lechuga- flynn rider (enr.)

santi - hércules (hércules)

cristina - mafalda

Mariló - burbuja (supern.)

MÓNICA - VIDIA (CAMP.)

DELFÍN - GRU

fran - milo

PURI - WILMA (SCOOBY DOO)

TACH (ATLANTIS)

CARLOS - BOB PARR (LOS INC.)

Con respecto e afecto aos profes do IES Tomiño. Equipo de Investigación: Aida, Clara, Iria, Gaby e Teo (3ºA), Eva (3ºB) e Rodrigo (3ºD)


COUSAS QUE PASAN

Unha visita moi especial

Cesto, poemas e mans de todas as las cores

Os de PCPI recollen as notas a cabalo

Medra unha pirámide

Falando na radio

Os de Electrónica andan en Chimpín


Os de forestais gabean polas árbores

Unha experiencia inesquecible

Franceses cantando no IES “Profe, os franceses non nos deixan o micro, e ademais… cantan moi raro

Por que as confunden?…, Se non se parecen en nada!

Percebes, medusas,… na sala de profesores, e,… un “sereo na biblioteca


Profes e alumnos polo chan. Isto é esgotador, así que... ata o curso que vén!!

BRÉTEMA 2014

Edición realizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, coa colaboración dos Departamentos de Historia, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Forestais, Galego, Español, Plástica, Música, Inglés. Textos: Cruz Garrido, María José Presa, Luis Lechuga, Araceli Ozores Imaxes:Daniel Almeida, Cruz Garrido, Luis Lechuga. Maquetación: Luis Lechuga Correción: Sonia Torreiro Esta revista foi rematada de editar en Xuño do ano 2014 no IES de Tomiño EDLG IES de Tomiño Curso 2013/2014


IES DE TOMIÑO

IES DE TOMIÑO

2º BACHARELATO

CICLO DE TELECOMUNICACIÓNS

CURSO 2013/14 IES DE TOMIÑO

CURSO 2013/14

CICLO DE FORESTAIS

BRÉTEMA

CURSO 2013/14


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.