BRÉ TE MA2012
BRÉTEMA 2012 EDICIÓN DIXITAL TEXTOS
Eduardo Fresco Puri Ameixide Carlos Villanueva Nuria Álvarez Fabiana Villarroel Sheila López Arlindo e Maruxa Oliveira Grupo 1º ESO D Baldo Ramos SUPERVISIÓN E CORRECCIÓN Sonia Torreiro Sesé Rodríguez IMAXES Luis Lechuga Montse Vázquez Isabel Novoa Arquivo do IES de Tomiño COLABORACIÓNS Depto de Forestais Depto de Música Depto de Galego Depto de Matemáticas Depto de Francés Depto de Bioloxía e Xeoloxía
2
Un curso máis, Brétema sae á luz. A economía apreta, e isto fai que por segundo ano, unicamente saiamos en formato dixital. Agardamos que os contidos que vos ofrecemos sexan do voso agrado. A fin de contas esta revista está feita por vós e para vós. Equipo do EDLG do IES de Tomiño
EDLG IES de Tomiño
Contidos A VIDA COMO IMPOSTURA Eduardo Fresco LETRAS GALEGAS 12: VALENTÍN PAZ ANDRADE Puri Ameixide UN SOPLO Nuria Álvarez Penedo ARTE 1 ENTREVISTA CLAUDIA LÓPEZ ARTE2 A CIENCIA CERTA: PLANTAS MEDICINAIS COMO ACENDER UN IPOD Fabiana Villarroel VIVA O ENTROIDO! HISTORIA DA ACTIVIDADE DO CONTRABANDO Arlindo e Maruxa Oliveira ARTE 3 O TITANIC ONDE ESTABAS TI HAI CATORCE ANOS? ISTO XA NON É O QUE ERA Sheila López INTERCAMBIO 2012 4
A vida como impostura Ferdinand Waldo Demara pasa por ser un dos individuos máis peculiares do século XX. A súa axitada biografía lémbranos, entre o drama e a comedia, o delgado que é o fío que tece o pano da nosa identidade. Pois ese pano non está fiado polas nosas mans, senón case sempre polas mans dos outros, que deciden por nós quen somos e como somos. A vida de Ferdinand Waldo, verdadeiramente extraordinaria, estivo animada por unha enerxía misteriosa que saía dun carácter ingobernable que o levou a rebelarse contra a identidade humana, esa que figura no noso DNI: un nome, sempre o mesmo, uns apelidos, sempre os mesmos, un número invariable, un destino sempre o mesmo. Ferdinand non quixo iso. Porque Ferdinand Waldo Demara non quixo ser Ferdinand Waldo Demara.
Naceu en 1921 en Massachusetts e aos 17 escapou de casa para facerse monxe cisterciense. En 1941, con 20 anos, alistouse na marina americana e simulou o seu propio suicidio. Ao finxir a súa propia morte Ferdinand Waldo descubriu que o mundo se abría ante el, cheo de posibilidades infinitas. Mediante amaños e falsificacións, e grazas á súa prodixiosa intelixencia e a unha memoria pouco común, Ferdinand fíxose, sen ningún tipo de formación, psicólogo militar, adoptando o nome de Robert Linton.
Non contento con esa nova vida, Ferdinand exerceu como profesor na Universidade de Pennsylvania sen ter formación ningunha. ‘’Sei unha hora máis que os meus alumnos’’, declarou nun xuizo por suplantación.. Máis tarde, simulando unha nova identidade, fíxose padioleiro nun hospital, ingresando logo de novo nun mosteiro. Pouco despois, e suplantando a identidade dun médico chamado Joseph Cyr, exerceu a cirurxía nun buque militar canadense en plena guerra de Corea, onde chegou a facer operacións de urxencia a corazón aberto a varios feridos de bala, sobrevivindo todos eles. Ferdinand confesaría máis tarde que antes de cada intervención simplemente revisaba algúns libros de anatomía e logo guiábase polo sentido común.
Para a súa desgraza, as operacións feitas naquel buque militar valéronlle unha mención de honra na prensa canadense, o que precipitou o descubrimento da fraude. A xustiza canadiana nunca chegou a presentar cargos contra el, e Ferdinan voltou a Estados Unidos disposto a crearse un novo eu. A súa carreira suplantadora, animada por unha forza teatral sobrehumana, continuou imparable, mentres o FBI lle seguía as pegadas por fraude e suplantación. Entón fíxose pasar por monxe de novo, axudou a fundar unha universidade (que aínda existe co nome de Walsh University), exerceu de enxeñeiro civil sen ter a titulación, traballou como mestre sen estar habilitado, foi investigador nun laboratorio de investigación contra o cancro e incluso conseguiu facerse axudante do alcaide nunha prisión de máxima seguridade. Resulta evidente que o cárcere é o último lugar onde a policía buscaría a Demara. Mais foi nese lugar onde un preso o recoñeceu da súa época cirurxán no exército. Ferdinand Waldo non tiña estudos superiores, non desenvolveu unha carreira profesional estable, pero segundo todos os testemuños presentados nos xuizos que tivo que afrontar polo seu peculiar modo de vida, todos coincidían na eficiencia do seu traballo, no éxito das súas xestións e no afable do seu carácter. Na prisión onde se fixo pasar por axudante do alcaide desenvolveu un novidoso programa de rehabilitación para os presos. Os pais dos alumnos do colexio onde se fixo pasar por mestre o consideraban un docente excelente. Os fieis que asistían aos seus oficios estaban encantados co seu ministerio relixioso. Cirurxano e médico, enxeñeiro, monxe, mestre, militar, contable, psicólogo, profesor univer-
sitario, vixiante de prisións, investigador contra o cancro, estafador. ¿Cál era a identidade de Ferdinand Waldo Demara?
6
Tras ser atrapado polo FBI, e divulgarse a súa fotografía por toda a prensa norteamericana
(que o bautizou co alcume de ‘’O Gran Impostor’’) Ferdinand perdeu a posibilidade de seguir a delirante busca de si mesmo. E, talvez, descubriu o terrible segredo que todos nós agochamos baixo a nosa máscara diaria: que non somos ninguén en concreto, que a nosa vida son moitas vidas, todas elas inventadas e todas certas, todas falsas e todas posibles. Xa envolto na fama, Ferdinand traballou como actor nun filme (The Hypnotic Eye) onde
fixo o papel de Fred Demara, un cirurxián. Ironicamente, Ferdinand demostrou non ten ningún talento para a interpretación. Ferdinand, ou quen queira que fose, morreu en 1982 nun hospital de California onde lle
deixaron traballar como sacerdote. A dirección do hospital permitiulle vivir nunha das súas habitacións, onde viviu de xeito permanente durante un tempo antes de morrer por causa da diabetes.
Fontes: http://en.wikipedia.org/wiki/Ferdinand_Waldo_Demara Sarah Burton. Impostores. Alba Editorial. Ilustracións:Waldo Demara: o home, o médico, o militar, o sacerdote.
Eduardo Fresco Profesor de Filosofía
LETRAS GALEGAS 12 Valentín Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra) e morreu en Vigo o 19 de maio de 1987. Estudou Dereito en Santiago e axiña comezou a colaborar en revistas como Grial, Outeiro ou O Ensino, con artigos sobre temas de lingua e literatura, dedicándolle unha especial atención á figura de Castelao, a quen xa coñecía de tempo atrás. Xuntos participaron na Asemblea das Irmandades da Fala en 1919. Logo foi mobilizado polo Desastre de Annual e enviado a África, desde onde enviaba crónicas de guerra para o periódico coruñés El Noroeste; desta experiencia naceu tamén a súa única novela, Soldado da morte , que nunca chegou a publicar.
A partir de 1921 exerce de avogado en Vigo, onde fundará e dirixirá o xornal de ideoloxía galeguista e democrática Galicia (1922 - 1926); nel déronse a coñecer os grandes caricaturistas galegos (Castelao, Maside, Alvaro Cebreiro, Fernández Mazas...) e escribían Roberto Blanco Torres, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Antón Villar Ponte, Fermín Bouza Brey e outros autores ilustres. En 1924 pasa dous meses na cadea de Vigo, por dous artigos que publicara, e finalmente o xornal Galicia foi pechado pola ditadura de Primo de Rivera. Membro fundador do Partido Galeguista, en 1931 preséntase con Castelao e Cabanillas ás cortes constituíntes, non saíndo elixido por unha diferenza de poucos votos. En 1936 colabora na campaña polo Estatuto de Galicia. Tralo estourido da Guerra Civil Española, axudou a fuxir a diversos intelectuais galeguistas e defendeu a outros das condenas que lles eran impostas. Posteriormente, foi desterrado a Verín, Castro Caldelas e A Pobra de Trives, onde coñece a Pilar, con quen casa en 1939. Anos máis tarde regresa a Vigo, sen que ninguén lle comunicase o fin do seu desterro. En 1940 nace o seu fillo Alfonso. Mantén contactos cos republicanos e despois da morte de Castelao en 1950 relaciónase cos emigrantes e exiliados galegos en Arxentina e intensifica a súa relación co mundo da pesca e a súa colaboración coa FAO. En 1976 e 1977, despois da morte de Franco, representa a Galicia na “Comisión dos dez”, que negociou a transición co goberno español presidido por Adolfo Suárez, e nas eleccións democráticas que teñen lugar ese último ano foi elixido senador por Pontevedra dentro das listas da Candidatura Democrática Galega. 8
V P A Valentín Paz Andrade, xa desde moi cedo, demostrou unha viva preocupación pola problemática socioeconómica de Galicia. Impulsor de Pescanova, empresa da que foi vicepresidente, e técnico da FAO, foi o primeiro especialista español proposto por esta organización das Nacións Unidas para misións internacionais en Hispanoamérica. Como promotor que é dos estudios económicos en Galicia, publicou numerosas obras sobre o mundo da pesca e a actividade económica en Galicia.Tamén dirixiu a revista de economía e tecnoloxía Industrias pesqueras e é o autor do primeiro tratado sobre Principios de economía pesquera, editado pola FAO. Destaca tamén a súa faceta de conferenciante e participante en numerosos congresos internacionais da ONU sobre agricultura e alimentación. Iníciase na literatura en 1921 coa publicación da novela Soldado da morte. En 1955 aborda o eido da poesía con Pranto matricial, no que evoca a morte de Castelao. Continuará esa liña en Sementeira do vento (1968), libro no que canta á paisaxe, ás xentes, ó exilio e ós poetas galegos. Cen chaves de sombra (1979) e Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1986) son as súas últimas obras poéticas.
Membro da Real Academia Galega desde 1964, ademais de escribir poesía tamén é autor dos ensaios Galicia como tarea (1959), La anunciación de Valle-Inclán (1976), La marginación de Galicia (1970), A galeguidade na obra de Guimarães Rosa (1978) e Castelao na luz e na sombra (1982), unha das máis completas biografías do autor de Rianxo. Puri Ameixide
Coloca os bloques dentro deste cadro para poder descubrir o título dos catro libros de poemas que escribiu Valentín Paz Andrade. P R A
N
A T R I
C
T O
M
I
A
L
S E M E
R A
D O
N T E I
T O
V
E
N
C E N
E S
D E
C H A V
B R A
S
O
M
C A R T R A M O
D E E R O
A F N
A X E Y O
O M E E D R
N A
H P
O L O T
A
Valentín Paz Andrade foi un dos creadores de Pescanova, que é ... a) Unha cadea de supermercados b) Unha empresa de barcos de pesca conxeladores c) Unha editorial galega A ver se podes axudar a este barco a capturar a pesca de hoxe!
10
U
N SOPRO ESPANTOU AS FROUMAS DE PO QUE SE POUSARON AO LONGO DOS ANOS NA SÚA CUBERTA. CUN PEQUENO IMPULSO COLLINO, E LEVEI AS SÚAS HISTORIAS AO VELLO ESCRITORIO QUE SE ESCONDÍA TRAS DÚAS VELLAS LÁMPADAS NA ESQUINA DA BIBLIOTECA. CUNHA MAN PERCORRÍN O CONTORNO DAS SÚAS AMARELENTAS PÁXINAS, COA VISTA SEGUÍN OS DÍGRAFOS, PRODUTO DA TINTA DUNHA PLUMA, UNHA MAN FIRME E UNHA IMAXINACION CENTENARIA, E A MIÑA CONSCIENCIA SAÍUSE DO CORPO E O TEMPO, PARA INCORPORARSE ÁS SÚAS AVENTURAS. Nuria Álvarez Penedo 4º ESO C
arte 1
12
CLAUDIA LÓPEZ O curso pasado, Claudia cursaba 4º de ESO no noso centro. Rematado o curso decidiu acender motores e marchou a “facer as Américas”. Está cursando estudos nun centro de Siracusa, en Estados Unidos. Este curso botounos unha man en distintos traballos que emprendemos dende o Departamento de Normalización. Sempre contamos coa súa complicidade, co seu bo ánimo, co seus sorriso e co seu entusiasmo. Dentro de pouco remata curso e terémola por aquí contando a súa experiencia de viva voz, entre tanto, ela é a protagonista da entrevista deste número de Brétema.
En que ano deixaches o IES de Tomiño? No 2011. Con que título? Graduado de ESO. Resúmenos a túa actividade académica dende que saíches do Instituto ata hoxe. Conseguín una bols para estudar un ano nos Estados Unidos e levo todo este curso estudando 1º de Bacharelato en Syracuse High School, Utah. Cales son as maiores diferenzas que atopas entre Tomiño e Syracuse? A xente, o modo de divertirse, os horarios...? Empezamos o instituto todas as mañás ás 7:30 h. salvo os martes que empezamos ás 8:30 h. e que ben senta! Temos unha hora para comer, de 12 a 13:00 h. máis ou menos, e rematamos as clases ás 14:30 h. Despois das clases moita xente fai deportes, eu levo todo o ano correndo en Campo a Través, Sóftbol (é como béisbol
para rapazas) e Atletismo. A xente é distinta. Todo o mundo quere coñecerme porque dicen que teño un “cool accent” e fanme milleiros de preguntas sobre o meu país. A maioría da xente é moi simpática. Aquí cada un viste ao xeito que lle gusta e ninguén o xulga, o polo menos non tanto como en Tomiño... Pero son moi conservadores porque a maioría son mormóns. No instituto temos un regulamento sobre como ir vestidos e non podemos amosar os ombros, nin escote, nin vestir pantalóns curtos. Que tres cousas botas de menos de Galicia? Boto de menos o mar, a paisaxe verde (aquí todo é vermello) e falar e escoitar galego. Unha lembranza da túa estadía no IES. O intercambio cos rapaces do instituto de Carnota. Namoreime daquel lugar e da praia á que fomos. Unha lembranza, agora, para borrar. A tensión que pasei cada vez que tiña un exame de historia dos de Carmen!
Acábanos esta frase: Ai, se volvese hoxe ao Instituto… Non me preocuparía polas parvadas que me preocupaba. Que batalliña de alumna lle contarías aos teus netos? Un día nun cambio de clase o profe non veu, entón estabamos sós e comezamos a xogar. O taboleiro que está na parede do fondo da clase caeu ó chan e fixo moito ruído. Entre todos puxémolo na parede xusto antes de que outro profe chegase. Cando chegou non podiamos parar de rir!
Que dirías se algún ex compañeiro/a te chamase para montar unha “Asociación de antigos alumnos/as? Faríao encantada. Preguntaríalles a todos por fotos que tivesen deses anos no instituto e faría un vídeo con elas. Queres engadir algo máis? Cando estaba no IES de Tomiño non valoraba todas as cousas que alí tiña e sempre quixen rematar e marchar, pero agora bótoo de menos. Aquí as clases empezaron a finais de agosto e rematan a finais de maio, así que cando volva, vós seguiredes con clases e pasarei a facer unha visita. Graciñas, Claudia. 14
arte 2
A CIENCIA CERTA PRANTAS MEDICINAIS 1
16
COMO ACENDER UN IPOD. Antes de seguir lendo estas instrucións, consulte as VERDADEIRAS instrucións. Se lle dá o mesmo, siga lendo. Por favor, siga as instrucións ao pé da letra para o gozo máximo deste IPod. 1.- Ábrase a caixa que contén o IPod (ábraa amodo). 2.- Quítelle o plastiquiño e busque o interruptor de ON-OFF (acendido ou apagado). Se non o atopou, sígao buscando ata que rabee (se non o sabe, o interruptor está dentro do I-Pod, así que terá que abrirlle a carcasa a martelazos). 3.- Se segue sen atopalo, chame ó 701-447-813 para o servizo técnico. 4.- Se o atopa, púlseo. Non funcionará, pois está deseñado para iso, así que tíreo contra a parede. Se segue sen acender, tíreo tódalas veces que fagan falta (a empresa non se responsabiliza de danos materiais, morais ou sentimentais que lle poidamos provocar), ata que A) se acenda, B)rompa a parede (neste caso pase a outra), C) rompa a cabeza do seu pai/nai/veciño/veciña/sogra/todo membro da familia que estea presente na casa, D) rompa o I-Pod, neste caso deberá comprar un novo e repetir todo o proceso. 5.- Se (nalgunha remota posibilidade) conseguiu acendelo, aparecerá un menú principal con distintos apartados: música, vídeos, imaxes, cámara fotográfica, Internet, radio... que ten, na esquina superior dereita, un numeriño, que indica ás veces que o ten que tirar á parede para entrar nese apartado. Por exemplo, a música é a que menos golpes require (27 golpes), e a cámara fotográfica, a que máis (142 golpes ben fortes). Reiteramos que non nos facemos cargo das labazadas que lle dea seu pai/nai/veciño... Se conseguiu todo isto sen que rompa, un mecánico especializado irá persoalmente para rompelo e repetir todo o proceso. 18 FABIANA VILLARROEL RODRÍGUEZ 2º ESO A
VIVA O ENTROIDO!! Este ano a Festa do Entroido do noso Instituto tivo como tema central o Cine. Tratábase, pois de que os disfraces lembraran as miles de películas e personaxes que o cine lévanos regalado durante o seu algo máis de século de existencia.
Polos nosos corredores pasearon zombis, vampiros, vaqueiros, pitufos, policías, deportistas e toda unha caste de personaxes, algúns máis recoñecibles que outros.
O que máis éxito tivo foi o “photocall”, foro por onde todos os disfrazados pasaron para deixarse fotografar, deixando así unha proba indeleble para a posteridade.
“Alicia” de Ttim Burton
“V” de Vendetta, xerme do colectivo “Anonymous”
20 Heidi
HISTORIA DA ACTIVIDADE DO CONTRABANDO Se temos que falar de xeitos de gañar a vida, esta foi sen dubidalo unha actividade que nesta parroquia, Goián, achegou á súa poboación grandes recursos cos que subsistir. Era unha actividade corrente e aceptada polos veciños. Viña sendo a “industria”que máis traballadores precisaba, e que máis ingresos xeraba. Daquela, en Goián corría a prata, e as demais vilas do interior de Tomiño nos tiñan envexa.
AS PEZAS Os contrabandistas. Entre os anos 40 e 50 houbo moitos veciños se adicaban ao contrabando, tanto homes coma mulleres. Hai que dicir que do lado portugués tamén se adicaba moita xente a este oficio. Os mandos da garda civil. Nestes tempos había en Goián quince números da Garda Civil, tres mandos e 12 gardas. Os solteiros vivían no cuartel e os casados en casas de aluguer. Os gardas acostumaban colaborar, pero cando algún non quería facelo, había que realizarlle seguemento usando espías. Aínda que non era o normativo, algúns dos gardas casaron en Goián. Os chivatos.
Eran os que pasaban información aos gardas, había algúns que eran moi perigosos, e ás veces había que controlalos con espías. Os espías. Xogaban un papel moi importante no contrabando, xa que eran a póliza de seguro de todo o asunto. O seu papel era controlar aos mandos que non se vendían. Tiña que unir moitas cualidades, pois un fallo na súa conducta facía perder o valor da mercancía e manter a “fábrica” parada durante unha tempada, xa que por algún tempo empezaban a verse moitos mandos pola zona. Non podía beber nen fumar, e tamén tiña que evitar tusir e dormirse nas gardas. Os enlaces. O espía tiña un enlace en contacto con el e co punto onde se atopaba a mercancía e os cargadores para dar a orde de empezar a traballar ou estar quedos. Se o mando estaba fóra tiñamos que agardar, e se estaba dentro do cuartel, xa se podía empezar. Se decidía saír, o enlace tiña que ir coma un tiro para avisar. Contaba cunha pequena marxe de tempo para facelo, porque o mando ía dende o cuartel ata o muelle andando pola carretera e aínda lle levaba o seu tempo. Os barqueiros. Se hai algo que mencionar como verdadeiramente importante no tema do contrabando, era o papel que xogaban os barqueiros e os seus barcos. Sempre eran portugueses, moi valentes e habilidosos. As veces arriscábanse moito, traballando ata con temporal. Os barcos eran de cor negra para non ser vistos, e verdadeiramente o conseguían porque non os sentías ata que xa os tiñas na mesma beira. Cargaban entre 800 e 1000 kilos. cando traían un cha-
Os cargadores. O número de cargadores dependía da cantidade de material que tiñan que pasar. Unhas veces podían ser trinta e outras ata sesenta persoas. Uns días facíanse dúas viaxes e outros entre catro e seis, dependendo da cantidade de carga. Os puntos máis importantes de descarga eran a Pesqueira e o Carreiro. Os cargadores transportaban as mercancías ata as casas que se atopaban máis preto do río usando carros de bois. Algunhas mulleres tamén se ocupaban do transporte cargamentos de entre corenta e sesenta quilos. Por cada posta no río dábanlle un tícket para xustificar a carga. Os domingos formábanse colas de ata 100 persoas para cobrar o de toda a semana.
AS MERCANCÍAS As mercancías viñan de Vigo cara a Portugal, e as que se traían de Portugal ían tamén para Vigo. Estas mercancías depositábanse nas casas da Fontela pola súa proximidade ao río, xa que ían para Lanhelas e para Gondarem (en Portugal). Hai que dicir, porén, que o contrabando con Vilanova foi sempre menor, e en cantidades moito máis pequenas. Nos anos 40, as mercancías que se pasaban eran: O CAFÉ . Nunha noite podían ir de doce ata catorce mil kilos, o equivalente a un camión enteiro. O AZUCRE. Era outro dos produtos de alimentación cos que se comerciaba. O TABACO RUBIO O tabaco que chegaba ata aquí viña de Angola, e era unha mercancía moi valiosa e moi perseguida. A PESCADA. Pasábase para Portugal, e viña do Porto de Vigo, embalada en caixas de madeira e con xeo. Cada caixa traía 12 pescadas duns catro quilos cada unha.Estas caixas ían para Oporto e Lisboa. AS BICICLETAS. Do 45 ao 50 colleu máis forza a actividade do contrabando. Para Portugal ían moitas bicicletas en pezas, sobre todo da marca Orbea. 22
O WOLFRAMIO O wolframio era un mineral moi pesado, como unha area negra. Con el reforzábase o ferro e tamén se construían armas de fogo. Viña con facturas falsas e ademais, facíase acompañar por un comandante do exército, desta maneira, non paraba a mercancía en ningún control. Non hai que dicir que se xogaba o seu posto se o descubrían. O CHUMBO Viña en tubos que chegaban aos oitenta kilos. O ESTANO. Outro metal co que se comerciaba, que viña en lingotes. O COBRE Máis tarde comezou a vir o cobre, primeiro en rolos de arame e despois en lingotes. este material custaba moito facelo chegar a Vigo, así que se ideou o sistema dos “chalecos”: unhas prendas de vestir que levaban cosidos uns petos feitos á medida de cada chapa de 2 kilos cada unha. Xeralmente cada persoa levaba enriba catorce quilos ou máis. Logo trasladábase a Vigo nas liñas de autobuses: os Sarachos e Manuel García. Daquela, os autobuses levaban revisor, que tamén levaba chapa de cobre. Os chalecos levábanse a pelo, ademais lastimaban bastante, e por enriba poñíase outra prenda, abrigos ou chaquetas, dependendo da época do ano. Ás veces as mulleres alugaban un coche, e ían cargadas ata arriba de chapa de cobre. Se as paraba un control, unha dicía que estaba enferma, ou que tiña que ir ao notario, e así ía coando. A mercancía descargábase nuns bares determinados, no reservado, porque as mulleres case tiñan que espirse de todo. A maior parte do material ía para fundicións de Bilbao. Había outras mercancías que non tiñan tanta saída como a chapa, pero que tamén deixaban algo, como a améndoa, as uvas pasas, a goma para calzado. Nos anos 50 pasábanse moitas pezas de camíons e coches, ata se pasaba por pezas o camión enteiro.
Estas pezas viñan de Inglaterra para Portugal e logo pasábanse a España. As marcas dos camións eran Dodge Dar, Opel e Ford e normalmente tratábase de vehículos de segunda man. Nos 50 tamén se chegaron a pasar algunhas partidas
clandestinamente, agardando polos papeis. No ano 1959 fíxose a primeira partida de tabaco americano, uns dez mil cartóns. Empezaronse a cargar fardos ás doce da noite e continuamos ata ás oito da mañá. Este tabaco había que ir á boca da barra a buscalo. Chegaba nun barco de gran tonelaxe e ían unhas gamelas de Lanhelas e Seixas a buscar a mercancía. Viñan partidas de duascentas caixas, de Inglaterra ou de Holanda. O tabaco era unha mercancía moi perseguida polo seu gran valor e polo dano que se lle facía á Tabacalera e a Facenda, polo que había un gran control das estradas. Os contrabandistas contactaron entón con xente de Gondomar e Pinzás, que usaban os seus cabalos para transportar a mercancía monte a través. Cando descubriron este novo transporte, houbo que voltar ás estradas, con turismos de gran cilindrada que facían transportes pequenos, porque os camións estaban moi fichados. Estes turismos eran levados por condutores moi coñecedores das estradas e moi arriscados, que algunha vez foron perseguidos polas patrullas pero nunca os alcanzaban. Nos anos sesenta empezaron a vir as emisoras, que se colocaban nos coches, e tamén manuais que se levaban no bolso. Estes inventos viñeron a dar moitas facilidades e seguridade, posto que se podía falar cos barcos a corenta ou cincuenta millas de distancia. Nos anos setenta pasáronse moitas redes de pescar, como os trasmallos, para toda España e Xapón. Tamén se chegaron a pasar ata pedras de muíño en bruto, que podía pesar ata cincocentos quilos. Nesta época seguíase a pasar tabaco americano.
de diñeiro falso dende Portugal. Nos anos sesenta, pasáronse moitos traballadores portugueses clandestinamente para Francia. Este era un negocio redondo para os contrabandistas portugueses, pos cobraban sobre sesenta mil pesetas a cada un e a nós só nos daban dúas mil por sacalos do río e levalos á vila a agadar os coches de Francia e Irún. Ás veces tamén facían a viaxe en tren. Esta xente ía reclamada por veciños e aos poucos días xa estaban traballando
Tamén se poden citar mercancías como roupa interior e vaqueros que ían de España para Portugal. A partir de entón, a actividade do contrabando xa foi diminuindo.
Textos extraídos do Libro “Contos de Arlindo” de Arlindo Oliveira Colaboración de Maruxa Rodríguez Oliveira
arte 3
24
O Á
TI
TA N
IC
s 23:40, a 41°46’N , 50°14’W,o Titanic avanzaba a 22,5 nos (41,7 km/h).O vixía viu un iceberg diante a menos de 500 metros e cunha elevación duns 30 metros sobre o nivel da auga. Fixo soar a campá tres veces e telefonou inmediatamente. O sexto oficial, Moody, recibiu a chamada e remitiu inmediatamente a mensaxe ó primeiro oficial de garda William Murdoch. Este fixo virar o buque a babor (á esquerda), 37 segundos despois, a nave virou, aínda que colisionou contra o iceberg e abriuse unha vía de auga no casco por debaixo da liña de flotación. As portas estancas pecháronse inmediatamente por orde de Murdoch para evitar o aumento das inundacións. A pesar disto, a auga comezou a inundar os primeiros cinco compartimentos do Titanic., que só podía flotar con catro compartimentos cheos de auga. A proa do Titanic comezou a afundirse. Pasadas dúas horas e media o Titanic empezou a elevarse cada vez máis ata alcanzar un agulo de 23º . Nese momento o barco empezou a partir pola mitade , o dobre fondo co que foi construido acabou cedendo.Finalmente o barco partiu en dous e acabou no fondo do mar.
Das 2226 persoas que ian a bordo do buque morreron 1523 .
E
stímase que sobreviviron : 315 mulleres, 52 nenos, 126 homes e 210 membros da tripulación. Charles Lightoller foi o membro da tripulación de maior categoría que sobreviviu ao afundimento. Por outra banda, Millvina Dean (Elizabeth Gladys Dean), con 10 semanas no momento do desastre foi a persoa máis nova de todas as que embarcaron e a última falecida dos superviventes: morreu o domingo 31 de maio de 2009 en Inglaterra .
GRUPO DE 1º ESO D
O TITANIC A historia do Titanic foi levada ao cine en varias ocasións. Unha das versións máis celebres é a pelicula estadounidense dixirida,escrita e coproducida por James Cameron en 1997. Protagonizada principalmente por Leonardo DiCaprio e Kate Winslet cos papeis de Jack Dawson e Rose DeWitt Bukater, tamén participaron Billy Zane, Kathy Bates, Gloria Stuart y Bill Paxton. Comeza con imaxes dunha expedición aos restos do Titanic, en busca dunha xoia que pertencía a Luís XVI. Ao entrar nunha das cabinas de primeira clase, atopa nun cofre onde se supón que esta é a xoia, e ao abrir o cofre, atopan un vello ficheiro que contén o retrato dunha muller coa xoia. Dan noticias na televisión, e Rose, unha muller de 101 anos, recoñécese a ela mesma cando era nova e viaxou no Titanic. Rose comeza a contar a súa experiencia a bordo e confesa mentres que o seu verdadeiro nome é Rose DeWitt Bukater un dos pasaxeiros que se cría morto no naufraxio. A película rodouse en Rusia , na cidade canadense de Halifax, Nova Escocia, nos estudios da Fox , Baixa California, na Estatua da Liberdade, en Nova York, en California e en Vancouver, Canadá. Custou 11 millóns de dólares. Recadou 1800 millóns a nivel internacional. Con estos números, convertiuse na película con máis recadación a nivel mundial, título que retivo por máis dunha década ata ser desprazada por Avatar (tamén de Cameron), que recadou máis de 2700 millóns de dólares, pasando así o Titanic a ocupar o segundo lugar. CBS produciu en 1996 a miniserie para a televisión titulada “Titanic”, nela actúan Peter Gallagher, George C. Scott, Katherine Zeta Jhones e Eva Marie Saint, entre unha cincuentena de actores. Está escrita por Joyce Eliason e foi proposta para os premios EMI 1997 polo seu sobresaliente son. Uns meses antes da presentación do “Titanic” de James Cameron, Bigas Luna estreou “La camarera do Titanic”. Rodada en Italia, é a primeira película da época deste realizador español e relata a historia dun mozo obrero que gaña nun concurso un billete de ida e volta a Southampton para ver zarpar o ‘Titanic’. Protagonízana Aitana Sánchez Gijón e Olivier Martínez. O naufraxio do “Titanic” tamén foi obxeto de numerosos documentais, libros e artículos da prensa.
26
ONDE ESTABAS TI HAI CATORCE ANOS?
RECOÑECEDES A ALGÚN DELES? Unha das celebracións que sempre levamos a cabo no noso Instituto é a das Letras Galegas. O 15 de maio de 1998 os que daquela eran alumnos do centro traballaron arreo para a construción de maios, que foi un dos motivos da celebración daquel ano. Non hai tanto tempo, e se nos paramos a pensar, ningún destes alumnos e alumnas tiña móbil, non se conectaban a internet, non había tuenti, nin facebook, nin twitter, plasmas, ipods... Mirádelle as caras. Agora imaxinade as vosas se vos quitasen hoxe todo esto.
ISTO XA NON É O QUE ERA... Nun lugar da Mancha, de cuio nome non quero lembrarme, había un pobo chamado Talazinito. Todo o pobo estaba aterrado por un lobishome que roubaba ovellas e levábaas a unha cova que había na montaña, así que estaban quedando sen ovellas. O alcalde decidiu pedirlle axuda a un heroe chamado Don Quijote, pero o que non sabía era que Don Quijote era un drogadicto que se chutaba e esnifaba pegamento. Cando chegou ao pobo, decatouse de que quedara sen pegamento e ocorréuselle coller a la das ovellas para machacala e fumala. Despois de fumar a la de todas as ovellas, quedou sen la para fumar e empezou a poñerse histérico. Levaba dúas horas sen fumar cando entrou pola porta do cortello un lobishome cun pelo incrible e Don Quijote quedou abraiado, pois o lobishome gañara dous anos seguidos “Pelo Panten”. Don Quijote pensou que se tal podía cortarlle o pelo e fumalo, colleu unha maquinilla de afeitar, agarrouno cunha corda e cortoulle o pelo. Ao cortarlle o pelo deuse conta de que era un home moi guapo. O home, que quedara totalmente espido, marchou correndo. Entón todo o pobo quedou tranquilo, e para celebralo mercaron un televisor de plasma. De repente pola tele saiu o home que era antes un lobishome cantando en Eurovisión a canción do Chiqui-Chiqui! Sheila López Martínez, 2º ESO - B
28
INTERCAMBIO 2012
IES de Tomino/ Lycée Notre-Dame de la Tourtelière en Pouzauges. O centro co que fixemos o intercambio pertence á rexión Pays de la Loire, no oeste de Francia. A súa situacion estratéxica na rexión do Val do Loira permitiu achegarnos en pouco tempo a puntos de importante interese histórico e cultural como Nantes, os castelos medievais, La Rochelle, Poitiers (Futuroscope) e o gran parque de temática histórica Puy du Fou, entre outros.
Participaron trinta e dous alumnos e alumnas galegos e trinta e cinco alumnos e alumnas franceses.O grupo francés estivo en Tomiño do 24 ao 30 de marzo de 2012 e o grupo galego estivo en Francia do 20 ao 29 de abril.
Esta actividade, ten como obxectivo fundamental desenvolver os contidos comunicativos e socioculturais que se traballan na aula e contribuir á formación integral dos alumnos participantes, ofrecéndolles a oportunidade de convivir durante dez días cunha familia francesa. Nesta inmersión lingüística e cultural tamén participaron os alumnos do instituto francés que estiveron 8 días na nosa comunidade, dende o sábado 24 de marzo ata o venres 30 de marzo.
Os alumnos participantes foron acollidos en familias de Tomiño durante a súa estadía en Galicia. Así mesmo, os tomiñeses foron recibidos nos domicilios dos seus compañeiros franceses. A actividade foi acollida con moito entusiasmo por ambos centros e os alumnos conxeniaron perfectamente xa desde os primeiros contactos vía e-mail, facebook ou twiter. Xa aquí integráronse moi ben nas familias que os acolleron encantadas. O mesmo día que chegaron de Francia, despois de máis de 15 horas de autobús, os nosos alumnos recibíronos cunha festa que se prolongou ata as 3 ou 4 da mañá. O día seguinte visitamos todos xuntos Santiago de Compostela e tiveron a sorte de gozar dunha panorámica espectacular de toda a cidade dende as cubertas da Catedral. O luns 26 de marzo fomos a Baiona e á Guarda e quedaron abraiados coa vista dende o monte de Santa Tegra. Tiveron un tempo boísimo e bañáronse en todas as praias que visitamos: Baiona, Samil, A Lanzada...Fixeron un paseo en catamaran pola ria de Arousa e fartáronse de mexillóns. Tamén gozaron moito na visita de Vigo: no Museo das Palabras, o no museo de Arte Contemporáneo, no paseo polo centro da cidade... Pero o gran día foi o do descenso polo rio Miño facendo rafting todos xuntos, franceses e galegos. 70 rapaces equipados con cascos, chalecos e traxes de neopreno baixaron facendo rafting dende a zona de Arbo, nun percorrido de 3horas, para terminar cun suculento pic-nic á beira do rio. Quedaron entusiasmados coa hospitalidade e xenerosidade dos seus companeiros galegos e moitos xa pensan voltar no verán para revivir o que segundo eles foi “o mellor intercambio da súa vida”. Os nosos alumnos estaban ansiosos por reencontrarse cos seus compañeiros franceses. Marchamos o venres 20 de abril ás 7h da mana e fixemos noite en Burdeos. O sábado visitamos La Rochelle, un importante porto comercial, que é o segundo porto deportivo máis importante de Francia. O luns 23 de abril visitamos o castelo medieval de Pouzauges e os muíños de Terrier-Marteau. O martes 24 fomos a Nantes, a cidade máis grande do oeste de Francia, situada na beira do rio Loira e cun importante patrimonio arquitectónico: visitamos o castelo dos Duques de Bretaña, a Catedral gótica e o Pazo medieval. O 25 de abril, mércores, participamos nunha actividade lúdico-cultural no castelo de Saint-Mesmin. O xoves 26 de abril fomos o Puy du Fou. Puy-du-Fou é un xigantesco parque temático que combina o cultural e o lúdico, a diversión e a pedagoxía en escenarios espectaculares: un estadio galorromano de tamaño real con leóns e carros de gladiadores, un pobo vikingo de 10.000 m2 onde se representan as batallas, unha cidade medieval fortificada, unha vila do século XVIII, unha cidade de 1900 (Belle Epoque)e un dos espectáculos de cetrería máis prestixiosos do mundo (O Baile das Aves Fantasmas). O venres 27 de abril visitamos os muíños do Mont de Alouettes e participaron en actividades lúdicas na natureza (tirolinas) no parque Tépacap. Xa de volta paramos en Poitiers para pasar o día en Fururoscope. Futuroscope é un parque temático único en Europa, centrado nas últimas tecnoloxías do mundo audiovisual: proxeccións en formato Imax en relevo en pantallas hemisféricas xigantes, efectos sensoriais 4D e atraccións interactivas con contidos educativos en proxeccións panorámicas 3D. Fixemos noite en Burdeos e chegamos a Tomiño o domingo 29 sobre as 21h.
Departamento de Francés 2012
30
Ás veces fáltannos palabras e ás veces sóbrannos. Ás veces fáltanos o tempo de dicilas e ás veces pásanos o tempo de calalas. Ás veces precisamos o que xa temos e ás veces desbotamos o alleo como se fora noso. Ás veces mentimos inxustamente e ás veces facemos da lei unha verdade fedorenta. Ás veces temos boca para selar un segredo e ás veces fáltannos oídos para aceptar a evidencia. Ás veces un día ten 24 horas e ás veces unha hora agocha 24 días. Ás veces dígoche que te quero coa boca soterrada e ás veces a terra ignora os adverbios que nos afastan. Ás veces digo que si porque non son eu e ás veces non son quen de negarcho. Ás veces a choiva esvara polos meus versos ata dar cos teus ollos e ás veces as bágoas encoradas na memoria asolagan as terras ermas do que che escribo. Ás veces chámote co meu nome e ás veces contestas dende o silencio que me reclama. Ás veces es ti mesma e ás veces non sei quen son se ti me faltas. BALDO RAMOS
Postais no tempo dos whatsapp
32
arte 4
34