1 minute read

A directiva de ACEBE CCA reúnese coas candidatas á alcaldía do PP e do BNG

Next Article
La receta del mes

La receta del mes

Proximamente manterá xuntanzas con PSOE e VOX. Os encontros, a petición dos grupos políticos, permiten achegar propostas relacionadas co sector comercial e empresarial

Advertisement

REDACCIÓN / Betanzos

A directiva de ACEBE CCA reuniuse no mes de marzo coas candidatas á alcaldía do BNG e do PP, Amelia Sánchez e Cecilia Vázquez, en senllos encontros nos que as responsables da asociación fixeron chegar as súas inquedanzas e preocupacións por diferentes cuestións que inciden no sector ao que representan.

As xuntanzas, ás que seguirán unha con VOX e outra co PSOE, foron solicitadas polos propios grupos políticos.

As principais preocupacións que amosaron dende a directiva de ACEBE CCA centráronse en cuestións como a limpeza das rúas, a situación de inseguridade que se percibe dende hai un tempo, en especial no que respecta a roubos en establecementos comerciais e ao consumo de sustancias ilegais en espazos públicos que están a afectar a negocios asociados á entidade, ademais de supoñer un problema de saúde pública e de mala imaxe para a cidade.

Tamén incidiron na necesidade de contar cunha resposta áxil do Concello ante as demandas do sector, unha das principais, a subvención municipal que supón un piar importante para o financiamento das actividades promocionais da entidade.

A este respecto mostraron a súa queixa polos retrasos na sinatura e abono dos convenios

This article is from: