
1 minute read
Unha vintena de comercios súmase ao servizo de envíos gratuítos para vendas en liña
ACEBE CCA ofrece aos comercios asociados esta nova prestación subvencionada pola Dirección Xeral de Comercio
REDACCIÓN / Betanzos
Advertisement
Un total de 18 comercios asociados a ACEBE CCA sumáronse ao novo servizo de envíos gratuítos para as vendas en liña que a asociación ofrece aos seus socios e socias.
Trátase dunha nova prestación exclusiva para comercios mediante a que a asociación busca "impulsar a competitividade do comercio local no mercado global de Internet", tal e como explicou a presidenta de ACEBE CCA, María Luisa Pérez Iglesias. "Ademais, fomentamos as vantaxes do asociacionismo para que os comercios tomen conciencia da necesidade de formar parte das asociacións de comercio que lles ofrecen beneficios directos a través de accións como esta", subliñou a presidenta do colectivo.
40 Euros Mensuais
o que supón para a entidade un perxuizo. Ambas as dúas candidatas amosáronse receptivas ante as problemáticas formuladas dende o colectivo.
Cada comercio inscrito no novo servizo disporá dun saldo de ata 40 euros mensuais para sufragar os gastos de envío das compras que os seus clientes realicen nos seus negocios a través das súas páxinas web ou das redes sociais. Esta contía poderá ser revisable e mesmo incrementarse segundo o volume de vendas ou a demanda dos negocios inscritos. Os envíos realizaranse a través da sucursal de MRW de Betanzos que xa contactou cos diferentes comercios apuntados para explicar as condicións da prestación.
O servizo estará subvencionado pola Xunta de Galicia a través das Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, e estará activo ata o vindeiro mes de outubro ou ata que se esgote o crédito concedido pola Consellería.
Os comercios asociados a ACEBE CCA que desexen inscribirse poden facelo enviando un correo electrónico a: acebe@comerciodebetanzos.com ou comunicándose coa asociación no teléfono 981774574 de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas.

