encuestas ciudad

Page 1

a percepci贸n dA CIDADE


A CIDADE Como preámbulo aos seguintes capítulos de descrición pormenorizada dos barrios da Coruña, reflíctense os datos da enquisa realizada a nivel de cidade e que trata de indagar nalgúns dos rasgos principais da mesma, partindo das opinións dos cidadáns e a súa visión da realidade. Esta investigación non aspira a establecer verdades absolutas para describir a cidade -se é que fose posible- senón establecer posibles solucións de mellora tendo en conta as percepcións dos veciños da Coruña sobre os espazos que habitan. Neste proceso de traballo vai ser habitual atopar contradicións nas respostas, xa que a miúdo os desexos e os xeitos de vida dos cidadáns non son coincidentes. As “opinións encontradas” forman parte da esencia mesma da cidade, polo que debemos ser conscientes da súa existencia e aproveitalas na planificación urbana. Como se explicou na introdución fíxose unha enquisa a nivel de cidade –con case catrocentas entrevistas- e outra a nivel de barrio –con case mil seiscentas-. A continuación, amósase o resultado da primeira delas, realizada sobre un total de 393 enquisados, cunha distribución proporcional en toda a cidade segundo rangos de xénero e idade. Desenvolveuse fundamentalmente entre outubro de 2009 e febreiro de 2010, con entrevistas aleatorias a pé de rúa que, na medida A percepción da cidade

do posible, foron distribuídas en diferentes momentos do día e da semana. As nove cuestións formuladas esbozan unha descrición tanto da forma da cidade como dos desexos dos cidadáns. Unha última pregunta afonda na complexidade da toma de decisións na planificación urbanística, nun intento de reflexión sobre a dificultade de consensuar as estratexias de crecemento e mellora da cidade existente, avalando a necesidade de implementar novos sistemas de participación, nos que as opinións e percepcións dos cidadáns estean máis presentes. Para describir a forma de cidade, formulamos un conxunto de catro preguntas sobre os lugares recomendados, os lugares preferidos, os lugares menos interesantes e sobre a aceptación dos centros comerciais nos barrios. Cada unha destas cuestións pode ser valorada por si mesma, pero ten un maior interese cando se comparan entre elas ou con outras das preguntas realizadas nas enquisas nos barrios –, como sucede cos resultados dos hábitos de compra. As tres preguntas referidas aos “lugares” da cidade foron formuladas coa obriga de ofrecer dúas respostas a cada unha delas. Deste xeito, aínda que a primeira resposta podía estar condicionada por estereotipos, 038


a segunda amosaba resultados máis persoais e inesperados. No caso das recomendacións de visita, a influencia dos convencionalismos do turismo están moi presentes até o punto de crear unha cidade dual, na que a miúdo non coinciden os lugares nos que se esta máis a gusto e os que se mostran ao visitante. En todo caso, a práctica totalidade dos enquisados menciona dous destes catro lugares: A Torre, o monte San Pedro, o Paseo Marítimo ou a Cidade Vella. Sorprendentemente, este barrio é tamén un dos mencionados entre os dous lugares menos interesantes da cidade. Nesta cuestión, as respostas, en xeral, semellan amplamente condicionadas por estigmatizacións e ideas preconcebidas sobre cada un dos barrios. No referente ao outro conxunto de preguntas da enquisa, foron formuladas para afondar nos desexos individuais. Propóñense dous pares de preguntas vinculadas entre elas. Por unha banda, a consideración sobre obras necesarias e innecesarias na cidade coa pretensión de coñecer as construcións en si mesmas, pero tamén de saber se as respostas fan referencia ao propio barrio ou á cidade en xeral. En canto ás dúas preguntas restantes, reflicten a inquedanza sobre os espazos de convivencia das urbes contemporáneas. Deste xeito, revélase o desencanto cara ás prazas da cidade e as preferencias, en xeral, de espazos abertos. 039

percepción sobre os espazos que habitar cuestións a forma da cidade ¿que lugares recomendaría? ¿que lugares da cidade prefire? ¿que lugares son menos interesantes? No teu barrio, ¿prefires centros comerciais ou pequeno comercio?

os desexos dos cidadáns ¿que dúas obras da cidade son necesarias? ¿que dúas obras considera innecesarias? ¿onde se sinte máis a gusto? ¿como complementarías o espazo público? ¿quen debe determinar a forma da cidade?

De xeito complementario, para averiguar como se poderían mellorar, fundamentalmente, as prazas e rúas da cidade, ofrécense catro opcións de complemento sobre o existente. Na presentación das páxinas seguintes aparecerá a pregunta tal e como foi formulada e na páxina impar o resultados xerais acadados, para completar a información na páxina par cunha valoración dos mesmos e algunhas aclaracións particulares. A cidade dos barrios


¿Que duas partes recomendaría visitar a un amigo?

Durante o estudo Habitares este foi un dos datos máis reveladores xa que plasmaba as contradicións entre os lugares a visitar, o que non recomendaría e nos que se sinte máis cómodo. Tamén é salientable indicar que neste caso vanse obter duas respostas por enquisado polo que o primeiro resutado pode estar condicionado polo subconsciente pero o segundo indaga nos desexos individuais dos cidadáns. Os datos non deparan grandes sorpresas xa que un 56% recomendaría a visita á Torre de Hércules e os espazos do Monte de San Pedro, Paseo Marítimo e Cidade Vella son os seguintes lugares na consideración dos coruñeses. Hai, sen embargo, dous datos que son salientables. Por unha banda, as respostas fan referencia a lugares concretos e non a áreas da cidade -mostra da dificultade de considerar grandes áreas agás no caso da cidade vella. Nesa mesma liña observase unha concentración destes puntos na zona central da Coruña. Pola outra, tan so un pouco máis do 6% dos cidadáns incluiría as Galerías da Mariña como un dos dous lugares a visitar. Probablemente, a pesar da súa representatividade na cidade, a falla de coidado do contorno e a masiva presenza de vehículos, impiden unha maior consideración por parte dos veciños.

56%

Dos lugares recomendados os cidadáns contestan:

TORRE DE HÉRCULES

36%

EQUIPAMENTOS CULTURAIS, TURÍSTICOS E DEPORTIVOS

26%

monte de san pedro

28%

PARQUES, PRAZAS E PRAIAS

22%

19% 12% 5%

paseo marítimo

BARRIOS

20%

PASEOS E RÚAS

cidade vella

OUTROS A percepción da cidade

040


56 %

TORRE DE HÉRCULES

26%

MONTE DE SAN PEDRO

Aquarium

22%

PASEO MARÍTIMO

Praias

Praza Mª Pita

20%

CIDADE VELLA A Marina

Centro-Orzán Castelo de San Antón Cantón/Méndez Núñez

Santa Margarida

Número de respostas de cada lugar recomendado e situación no plano 041

A cidade dos barrios


¿Que duas partes nas que estivo cree que son menos interesantes? Esta pregunta foi tamén realizada durante o estudo Habitares pero nesta ocasión engadimoslle a condición de ter visitado a zona. A pesar diso, a barrio de Penamoa foi unha vez máis a resposta maioritaria. Do conxunto das respostas entendemos que é conveniente salientar tres aspectos. En primeiro lugar o 64% das opinións fan referencia a barrios mentres a mesma pregunta sobre sitios interesantes corespondense maioritariamente con lugares concretos. Este feito revela a estigmatización de algún barrios e a uniformidade coa que se perciben as zonas descoñecidas da cidade. O segundo dos aspectos salientable é que os barrios sinalados como de menor interés responden esencialmente a desenvolvementos edificatorios dos anos setenta, formando unha coroa ao redor da cidade central. Tamén debemos mencionar as contradicións sobre o barrio de Montealto ou incluso a Cidade Vella, na que un importante numero de residentes defenden o seu interese pero hai unha porcentaxe elevada de cidadáns, veciños doutras partes da cidade, que mostran desinterese por estas duas zonas. Por último, entre aqueles que non citan barrios da cidade, hai un 7% do total dos cidadáns que menciona como lugares de pouco interés algunhas ruas destacando a Rua Barcelona e a Rua Orzán, ambalas dúas peatonalizadas.

A percepción da cidade

entre os que contestan RÚAS

31%

20%

Rúa Barcelona

Ronda de Outeiro

Das partes menos interesantes da cidade os cidadáns contestan:

13 %

64% 18%

Rúa Orzán

BARRIOS

entre os que contestan PRAZAS

33%

Praza das Conchiñas

OUTROS LUGARES Dos que contestan

OUTROS LUGARES:

entre os que contestan ELEMENTOS CONCRETOS

44%

Obelisco Millenium

38% 36% 15% 11% RÚAS

19% Ascensor Monte de San Pedro

EQUIPAMENTOS

entre os que contestan EQUIPAMENTOS

57%

Centros comerciais

PARQUES E PRAZAS 14 % Refinería

ELEMENTOS CONCRETOS 042


Adormideras

Montealto Labañou O Portiño

Atochas

Zalaeta

As Roseira

Maestranza Orzan

A Mariña Cidade Vella Pescadería Os Cantons

Riazor

San Pedro de Visma Peruleiro

Ensanche Agra do Orzan Penamoa

Bens

Santa Lucía Falperra Sagrada Familia

Ventorrillo

A Silva Cances

Vioño

Pol. A Grela - Bens

Os Maios Os Castros

Sardiñeira

Monte das Moas Castrillon

Nostian Elviña Lonzas

Monelos Barrio das Flores

San Cristobo das Viñas O Birloque As Rañas

Oza As Xubias

Eiris Matogrande

Someso Monte Mero

Mesoiro

A Pasaxe

San Vicente de Elviña Santa Xema

Vio Poligono Pocomaco

Palavea Zapateira

Novo Mesoiro - interesante

Feans

043

A cidade dos barrios


¿En que dous lugares se sinte máis cómodo?

Pechando o conxunto de preguntas sobre a súa relación coa cidade e a percepción de comodidade e interese na cidade, esta mostra serve para observar sobre o plano a concentración das respostas no contorno da cidade central e nos espazos abertos. Se ben hai un numero importante de cidadáns que afirman sentirse significativamente a gusto no seu barrio -en especial no agra e catro camiños- a maioría das respostas concéntranse no contorno da Torre de Hércules, o mirador de San Pedro e, sobre todo, a zona da Rua Real. Unha vez máis os espazos menos construidos na cidade son o lugares de maior aceptación polos cidadáns, ratificando os resultados das preguntas anteriores que denotan a dificultade de utilización da cidade actual e a procura permanente dos espazos abertos e non planificados.

Os lugares da cidade onde os cidadáns síntense máis cómodos:

A concentración de actividades e a constume dos paseos no contorno do obelisco segue permitindo que a zona sexa considerada como o espazo onde os cidadáns se sinten máis cómodos. En contraste con algúns dos datos anteriores, a Cidade Vella é para moitos dos veciños o espazo máis acolledor da Coruña. Tamén na contorna de Riazor e a Praza de Pontevedra faise visible unha maior actividade, igual que en todo o perímetro da cidade existe unha maior acumulación de respostas.

26%

A percepción da cidade

46% 39% BARRIOS

ESPAZOS ABERTOS Entre os que contestan ESPAZOS ABERTOS:

46%

PARQUES E XARDÍNS

PASEO MARÍTIMO

18% PRAZAS

10% PRAIAS

044


045

A cidade dos barrios


No seu barrio, ¿prefire un gran centro comercial ou pequeno comercio? Esta pregunta parte da base das contradiccións entre os usos habituais dos cidadáns e os seus desexos na configuración da cidade. É habitual recurrir aos grandes centros comerciais para moitas das compras a pesar de preferir ter un contorno próximo de pequeno comercio. Neste caso os resultados son elocuentes xa que mentras o 75% dos residentes afirman preferir que no seu barrio predomine o pequeno comercio, só un 17% merca en tendas pequenas como se pode observar nas preguntas realizadas nos barrios (incluidas ao final do libro). Incluso considerando os supermercados como pequeno comercio, algo difícil debido as devastadoras consecuencias que teñen para as tendas tradicionais de alimentación ou droguerias, a cantidade de usuarios só chegaría ao 60% o que supón que dous de cada cinco personas utilizan con maior frecuencia os centros comerciais a pesar de non desexar a súa implatación no barrio no que residen.

As franxas de idades que máis contestan PEQUENO COMERCIO son:

54-64 anos

83% 81% 25-34 anos

e a franxa de idade que máis contesta GRAN CENTRO COMERCIAL é:

15-24 anos

41.7%

O segundo dos datos que podemos extraer desta cuestión é a distribucción das respostas no mapa da cidade. Obsérvase un reparto uniforme das respostas no territorio ainda que existe un lixeiro incremento das preferencias nos barrios limítrofes das grandes superficies existentes.

A percepción da cidade

046


24%

prefire ter no seu barrio un

GRAN CENTRO COMERCIAL

76%

prefire ter no seu barrio

PEQUENO COMERCIO

Centros comerciais da cidade

047

A cidade dos barrios


¿Cal cree que é a obra máis necesaria na cidade?

Neste caso a pregunta deixa liberdade total na resposta o que fai que algunhas das respostas estean condicionadas por situacións particulares ou temporais. Comprobamos como as demandas maioritarias atinxen a mellora do espazo público máis alo das edificacións concretas. Finalmente un de cada catro coruñeses solicita novos espazos de lecer ou de actividade co que, unha vez mais, as futuras actuacións no porto, nos baleiros da cidade existente ou nos seús bordos, van ser fundamentais para responder as demandas dos veciños. O segundo grupo de respostas fai referencia as infraestruturas pero con especial incidencia na mellora dos transportes alternativos -bicicletas, trens,...- mentres un pequeno número se referiu aos accesos rodados. Por último, neste grupo de respostas sobre o espazo público, un 13% referiuse as melloras do existente con especial recurrencia as actuacións de peatonilización de ruas e mellora de beirarúas. Das respostas restantes, que fan referencia a edificiacións concretas, compre sinalar a alta demanda de centros deportivos e centros cívicos -un 4% dos cidadáns reclama cada un deles. Tendo en conta que a cidade ten un ratio neste eido é posible que sexa necesario buscar novos mecanismos para a optimización destes recursos e que sexan máis coñecidos polos cidadáns.

NON CONTESTA ESPAZO PÚBLICO

DEPORTIVOS

máis necesarios, destacan:

Piscinas

33% 50%

32%

60%

Polideportivos

8%

Os CENTROS MÉDICOS máis demandados son de carácter xeral, con un:

DATOS % DE XENTE QUE

CONTESTA EQUIPAMENTOS centros docentes centros médicos centros para maiores

80%

6% 12%

As franxas de idades que non demandan centros médicos son as de 15-24 e a de máis de 65 anos.

14%

centros deportivos

22%

centros sociais-cívicos-biblio

23%

outros

23%

EQUIPAMENTOS

A percepción da cidade

Dos CENTROS

DATOS % DE XENTE QUE

VIVENDAS SOCIAIS / MELLORA DE EXISTENTES

OUTROS

048

A que máis demanda é a de 55-64 anos, con un:

50%


tranvía metro aparcad oiros carril bus acce s os me tr o lixe aca iro ap bar a arc ter ca cei ad oir ra vía rril ron o b sg s d ici da rat e u ac íto ce s so

ESPAZO PÚBLICO

infrae str

22% ut u

s ra

37% 63% mo bil iario

ef

os

ax

nc

par

ba

e le cer lug

are

sd

049

as ní

as

d saí

d

s

íto

tu gra

os rca se ce ceso áne r r e icis d ac bte eb n u s s s e e n s tr llor peó iro ara me rcado p de as apa cida utur a r h t s n u frae s in úas boa r as r a x o pobo n arra odado a r o s e c o ac limitar e beirarrúas arranxar rúas peonalización das rúas mellorar as beira rrúas asfaltad o e pavim entación elimin de rúas ar esc a arra leiras nxar ben má is o po rto e con peon a l abri s izac tru zo lo a i í ón rp na o pú raz sv zo blico a n e s r a zo de s na s pa s d ra c e xo ans go pa ra ne no se m ai or es

13%

s no ne s ra ozo ís pa am on as par pe bert u as cos sc rú bli pú na zo azos de n esp ín gra d s xar rque s pa mái des r os ve espaz infantil parque un gran zonas cubertas

26%

ár bo re o nte s ent s en má is p ova raza zona s s se lece r parqu es máis pa rques e prazas prazas cubrir a rúa Real

2%

o paz novo es

c acondi ionamen to

OUTROS

e

ad

id ac

A cidade dos barrios


¿Que obra non tería sido necesaria na cidade?

Como complemento á pregunta anterior era importante coñecer cales son as obras coas que os cidadáns están máis disconformes. Neste caso as respostas son especialmente concretas e concentranse en tres grandes grupos. Por un lado, as referidas a tres elementos concretos -obelisco, ascensor e tranvía-, polo outro o rexeite a algunhas obras de acondicionamento dos últimos anos e por último a oposición á excesiva construción de centros comerciais. Cada un deles (excepto o tranvía) supón ao redor do 20% das respostas.

Das obras innecesarias non referentes ao espazo público os cidadáns contestan:

CENTROS COMERCIAIS

75%

As críticas ao obelisco e ao ascensor -como se analizará detalladamente nun dos capítulos- describen o rexeite dos cidadáns ás operacions fundamentalmente estéticas. Probablemente responden á sensación de que este tipo de inversións van en detrimento das necesidades concretas dos veciños e non aportan un valor engadido á cidade. Un caso similar de incompresión refirese ás obras de acondicionamento realizadas recentemente. Trátase probablemente dun dos datos máis reveladores do estudo xa que pon de manifesto a inutilidade de operacións de estética superficial e a conveniencia de actuar con obxetivos concretos que creen espazos convivenciais. No referente a os centros comerciais destacan as críticas hacía o Porto de Ocio.

A percepción da cidade

050


aparcadoiros terceira ronda beirarrú as os rec heos tant as o bras me tr o lixe as iro b rec eirar r o ú ns as o t do ar rech ruír pla ra alg eo nE nx u d n as ar ha sr pr pr aia úa az s s as ce nt ro

2%

18%

1 2

31%

í nv tra

2% 1%

19%

46%

be

a

a

lon

e arc

a ión úa B pañ c s a E a pli do R a de edr am alta raz tev n P f o as biar aP raz cam rma P as arrú refo as beir ov o as n arítim m o e as o pas beirarrú s a n s o rd os bola

69% 5

10%

p

m

Mil lenn ium

OUTROS

3 4

o

e as

lis co

ESPAZO PÚBLICO

do

o

im

ít ar

o

17% asce nsor M dro e P n a . de S

ESPAZO PÚBLICO 1. Infraestruturas 2. Acondicionamento 3. Novo espazo 4. Mobiliario 5. Elementos turísticos 051

A cidade dos barrios


Polo xeral acostuma sentirse máis a gusto...

Os límites do espazo público cada vez son máis difusos e as imaxes que os cidadáns temos dos lugares nos que nos sentimos máis a gusto non sempre se corresponden coa realidade. Nesta pregunta situamos nun mesmo plano respostas de moi diferentes caracteristicas: desde o espazo semiprivado dos bares ou centros sociais ata o feito de sair da cidade, pasando por prazas e parques da urbe. Mais da metade das respostas afirman sentirse a gusto nun parque ou en zonas abertas o que nos serve de indicador da dificultade de construir espazos axeitados para o disfrute dos cidades. Especialmente salientable é a baixa porcentaxe de cidadáns que afirmán sentirse máis a gusto nunha praza.

15-24

Cunhas porcentaxes moi similares:

25-34

19%

12%

22%

9%

as mulleres

síntesen máis cómodas en... 36% 33%

35-44 18%

22%

PRAZAS E PARQUES

47%

en tanto os

45-54

3%

18%

12%

15%

18% 61%

Ao redor do 20% dos cidadáns afirman sentirse máis cómodos nos bares ou centros sociais e case unha porcentaxe similar fóra da cidade. No referente ao primeiro dato, a porcentaxe alcanza o 33% na franxa de idade ata os 24 anos polo que é evidente que estamos a cometer erros na planificación do espazo público. No caso das respostas de fóra da cidade son significativos os lugares de residencia xa que unha porcentaxe elevada está xa a residir nos bordos da cidade mantendo, probablemente, fortes vinculos con as súas vilas ou parroquias de procedencia.

55%

55-64

+ 64 15%

9%

17%

15%

10% 17% 51%

66%

RESPOSTAS POR IDADE PARQUE

A percepción da cidade

BAR-CENTRO SOCIAL

FÓRA DA CIDADE

homes en...

BARES, CENTROS SOCIAIS E FÓRA DA CIDADE

PRAZA

052


53% 53%

acostuma acostumasentirse sentirsemá máis is cómodo

NUN NUN PAR PARQUE QUE

19 % %

acostuma acostumasen sentirse tirse máis cómodo

NUN NUN BAR BAR OU OU CENTR CENTROO SOCIAL SOCIAL

1188% %

acostum acostumaa sentirse máis cómodo

FÓR FÓRAA DA DA CIDADE CIDADE

10 10% %

ac acostuma ostuma sentirse máis cómodo

N NUNHA UNHA PRAZA PRAZA 053

A cidade dos barrios


¿Que dous elementos non habituais che gustarían no espazo público? O obxetivo desta pregunta, mais aló dos resultados, e facer pensar os cidadáns pola escasez de estes catro elementos no espazo público. Como xa quedou dito, partimos da consideración de definilo como as áreas nas que as decisións non son individuais, polo que ademais de parques e prazas, consideramos tamén ruas, baleiros urbanos ou outros lugares indefinidos da cidade. A resposta maioritaria nas enquisas é a introducción de máis vexetación e é ademais a primeira opción para a maioria dos enquisados. O segundo dos elementos sinalados son as zonas cubertas. Durante anos, estas desapareceron por cuestións económicas e apoiandose en cuestións de seguridade. Na actualidade, en especial para aqueles que pasan máis tempo no espazo público -maiores e pais con nenos- estas zonas son unha demanda habitual. As outras duas opcións -zonas para comer e zonas wifi- que tiveron unha notable aceptación entre os máis novos foron formuladas para dotar de máis actividade o espazo público. No caso dos lugares engadidos para comer e beber son a opción maioritaría entre os cidadáns entre 15 e 24 anos. A introducción de zonas wifi -como existen en varias cidades- é tamén mais suxerida polos mais novos e decrece nas seguintes franxas de idade.

15-24

25,3 % 28,9 % 16,9 % 28,9 %

25-34

19 % 21,4 % 24,4 % 35,2 %

35-44

19 % 13,6 % 34,7 % 32,7 %

45-54

12,4 % 21,5 % 30,6 % 35,5 %

55-64

6,9 % 19 % 34,5 % 39,6 %

+ 64

4,5 % 18,7 % 38 % 38,8 %

RESPOSTAS POR IDADE máis vexetación

A percepción da cidade

zonas cubertas

comer-beber

wifi

054


ZONAS CUBERTAS

MÁIS VEXETACIÓN

35 %

31%

ZONAS COMER-BEBER sen custo

20 %

ZONAS WIFI

14 % 055

A cidade dos barrios


¿Quen cree que debe tomar as decisións na planificación da cidade? ¿cal debe ser determinante? Un dos obxetivos prioritarios desta investigación é reflexionar sobre a gobernanza da cidade. Esta pregunta plantexouse con catro respostas posibles -cidadáns, técnicos, políticos e entre todos- pero no caso de contestar esta última, volviamos a preguntar cal dos tres primeiros debería ser determinante nas decisións tomadas en conxunto. Os resultados acadados mostran unha preferencia cara as decisión tomadas entre todos ou polos cidadáns ata chegar case a un 80% do total. O preguntar cal debe ser determinante nas decisións tomadas entre todos, un 41% dos enquisados entende que lles corresponde os técnicos ter a capacidade para dirimir posibles faltas de consenso no conxunto da cidadania. Os datos, polo tanto, son unha chamada de atención para os técnicos xa que o grao de desconfianza dos cidadáns na nosa actividade é significativamente elevado. Tal vez en vindeiras enquisas cabería preguntar quen cree que finalmente toma as decisións da planificación na cidade. Nunha porcentaxe moi elevada aparecerian os distintos poderes económicos como responsables da forma da cidade. Nos, conscientemente, decidimos deixalos fora dos posibles axentes na planificación da mesma nesta primeira consulta para tratar de fomentar a reflexion sobre uns espazos urbanos nos que primen os desexos sociais colectivos sobre os intereses económicos particulares. A percepción da cidade

2ª CONSULTA: Cal debe ser determinante? det. POLÍTICOS 20%

41%

det. TÉCNICOS

39%

det. CIDADÁNS

RESPOSTAS TOTAIS

primeira+segunda consultas

41% CIDADÁNS

78+81

36% TÉCNICOS

62+80

15% POLÍTICOS 8% NON CONTESTA

24+42 12+17

TOTAIS: cidadáns[159] técnicos[142] políticos[66] n.c. [29]

056


POLÍTICOS

ENTRE TODOS

TÉCNICOS

entre todos »

6%

15-24: 63,9 % 25-34: 51,8 % 35-44: 59,5 % 45-54: 62,3 % 55-64: 55 % +64: 54,4 %

16%

57%

CIDADÁNS » 15-24: 27,8 % 25-34: 25,9 % 35-44: 20,3 % 45-54: 24,6 % 55-64: 11,7 % +64: 14,7 %

21%

TÉCNICOS » 5,5 % 15,3 % 16,2 % 13,1 % 23,3 % 19,1 %

Po Téc lítico Cid nicos s Ent adáns re t odo s

15-24: 25-34: 35-44: 45-54: 55-64: +64:

má is 55 -6

POLÍTICOS »

CIDADÁNS

35 -4 4

45 -5 4

4

4

4 -2 15

2,8 % 7 % 4 % 0 % 10 % 11,8 %

-3 25

15-24: 25-34: 35-44: 45-54: 55-64: +64:

65

1ª CONSULTA: Porcentaxes totais e por idade 057

A cidade dos barrios


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.