o_urbanismo con básicos de jardín

Page 1

URBANISMO CON BÁSICOS DE XARDÍN Obradoiro participativo Ergosfera [Matogrande]

139

A cidade dos barrios


Dez Matogrande(s) a priori. 1) Matogrande é un triángulo situado nun límite urbano, habitado por unh@s 5.000 veciñ@s, bordeado por unha vía do tren e 2 vías principais (cruzadas, eso sí, por pasarelas brancas…) e formalizado a través dun trazado regular (¿o que queda do urbanismo?). O barrio conta con varios equipamentos de escala urbana e unha ocupación comercial dos baixos cercana ao 100%, o que xunto á instalación de hoteis, oficinas e unha treintena de bares, entre eles moitos “de deseño”, convertírono no principal nó de distribución na cidade da revista GO! (para xente nova, urbana e de poder adquisitivo medio-alto...). 2) Matogrande é un barrio cunha única asociación non empresarial, a asociación de veciñ@s, que: a) Non ten local social, físico; ten un blog. b) Emprega o blog principalmente coma plataforma para compartir información “escollida” sobre o barrio e para a reclamación do “¿que hai do meu?” ás administracións públicas locais. c) Asimesmo, o blog mantén un ton pesimista sobre o barrio, sobre a cidade e sobre o Estado, destacando reiteradamente todo tipo de sucesos negativos e facendo chamamentos directos ao medo ao futuro económico e á necesidade dunha maior seguridade e control policial sobre o barrio, chegando a ter unha parte adicada a enumera-los delitos cometidos no mesmo, outra pedindo que a xente chame á policía (e que saque fotografías e videos para envialas ao blog) e outra pedindo o cambio da lei do menor (lembrandonos cunha foto que a próxima Sandra Palo podería ser a nosa filla). d) Unha boa parte d@s veciñ@s non coñece da súa existencia ou, se o fai, pensa que é persoal demais e “explícita” políticamente. e) Desvencellouse completamente destas actividades no barrio por entender que non tiñamo-los permisos municipais pertinentes. No seu blog nunca apareceu comentario algún ao respecto das mesmas. Obradoiro: Urbanismo con básicos de xardín

3) Matogrande é dos poucos produtos urbanísticos construidos na cidade que, a pesar de estar planificado completamente desde as súas orixes, conseguiu desvencellarse das ideas asociadas aos habitantes “poligoneiros”. Ainda así, ¿chama a atención? o desfase existente entre as ideas asociadas ao mesmo por unha parte da cidadanía (luxo = exclusividade, modernidade = alineacións, potencial = centro de negocios, funcionalidade = Alfonso Molina, etc.) e a realidade dos seus espazos públicos, caracterizados pola inexistencia de imaxinación aplicada, a falla de diversidade conceptual, o recuamento cidadán cara aos espazos privados de uso público (¿os bares de sempre, pero en formato vinoteca/”american bar”?), a inexistencia de equipamentos sociais, ou a tendencia ao deseño baseado no control e a seguridade (cultura do medo aderezada polo discurso dunha parte d@s veciñ@s). 4) Matogrande é unha illa rodeada completamente polas grandes infraestruturas de comunicación, quedando conectado peonilmente ao mundo exterior a través de dúas pasarelas de última xeración (pintura branca, cables tensados, luces no nadal, etc.) e de dous pasos de peóns situados de tal xeito que a metade d@s cidadáns que entran e saen do barrio non os empregan nunca. Todo o referido ao movemento (peonil, en 140

Baixo estas liñas: # fotografía da fachada de Matogrande cara ao Barrio das Flores. Na páxina seguinte: á esquerda, # pantallazo do blog da Asociación de Veciñ@s de Matogrande e # unha breve análise das temáticas do mesmo. http://matogrande.blogspot.com/ + Ergosfera Enriba: ## definicións que dan do barrio a Wikipedia e a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Matogrande. http://es.wikipedia.org/ http://www.matogrande.org/ index.html Á dereita: # número de locais nos que se distribúe a Guía GO! e # características do seu público obxectivo. Guía GO! + Ergosfera


transporte público ou en automóbil privado) e ás súas consecuencias (ruidos, contaminación, falla de liñas de bus, mala situación das paradas, dobre fila, etc.) é constantemente un debate entre @s veciñ@s. Polo de agora, o coche domina e protagoniza a vida no barrio. 5) Matogrande é unha zona que en pouco tempo se convertiu en recoñecible para moit@s outr@s cidadáns que non residen nela, principalmente por albergar unha gran cantidade de locais de hostelería caracterizados por una sensible ¿homoxeneidade?, e convertidos nun punto de encontro para cidadáns cun determinado “poder adquisitivo”, capacidade de mobilidade e unhas preferencias estéticas e ambientais singulares. Este proceso, xunto cos novos edificios para hoteis e oficinas -que achegaron ao barrio aos traballadores traxeados do mercado global-, ou a presenza de dous residencias para maiores e dun colexio, contribuiron a producir unha paisaxe humana moito máis heteroxénea co que a pirámide de poboación do censo oficial reflexa no barrio, e á que parece dar resposta a realidade limitante do seu espazo público. 141

A cidade dos barrios


Sobre estas liñas: # Plan Parcial Matogrande (1986). Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Delegación de A Coruña. Á esquerda, arriba: Plan General de Ordenación Urbana (1985) / Equipo Técnico Municipal; # Clasificación del suelo. Subclasificación del suelo urbano. # Calificación del suelo. Usos pormenorizados. http://www. planeamentourbanistico.xunta.es/ Á esquerda, abaixo: Plan General de Ordenación Municipal (1998) / Prointec S.A. Ingenieros Consultores. #### Clasificación, Calificación y Regulación del Suelo y la Edificación en Suelo Urbano y de Núcleo Rural. Red Viaria y Alineaciones. http://www. planeamentourbanistico.xunta.es/

Obradoiro: Urbanismo con básicos de xardín

142


Á dereita: # Barrio das Flores [1967-1970]. # Matogrande [1993-1994]. Universidade da Coruña + http:// www.lopezcao.com/ Abaixo: Fotografías aéreas de Matogrande (# 2000, # 2004, # 2008) http://www.coruna.es/guiaLocal/

6) Matogrande é un territorio que, en termos urbanísticos, poderíase dicir que o tivo todo: ordeado de forma ortodoxa desde o comezo (con diferentes fases de planificación, xa comezadas en 1972, definidas por primeira vez no Plan Xeral de 1985 e rematadas co Plan Parcial do barrio de 1986), marcado polas dúbidas posteriores sobre as posibles irregularidades no papel do alcalde e das empresas vencelladas á súa familia e amigos na xestión da venda do solo do polígono; desenvolvido cumprindo os canons urbanísticos avalados polo sistema de construción de polígonos residenciais: parcelación, urbanización e edificación nunha misma unidade temporal acoutada (o 100% do tecido residencial construiuse entre 1994 e 2003); cunha situación coma peza urbana que o dotaba dunha inmellorable conexión á rede viaria principal da cidade; cun referente clave, o colexio Liceo La Paz, que aportou movemento e vitalidade desde o primeiro día gracias aos seus 2.000 alumnos; e beneficiado cunhas importantes inversións públicas e privadas no desenvolvemento de grandes equipamentos e edificios terciarios no barrio. 7) Matogrande é unha peza urbana caracterizada, entre outras cousas, pola súa densidade (uns 250 hab/ha). A densidade demográfica e arquitectónica como forma de urbanismo asegura por si mesma certas condicións de partida en moitos dos planos do social importantes

143

para a vida urbana, sempre e cando se complemente cunha diversidade pública que asegure a tod@ veciñ@ a presenza de espazos dalgun xeito apropiables, xa sexan recoñecibles ou non pol@s outr@s, no barrio. A excesiva simplicidade dos espazos públicos de Matogrande lévanos a pensar que a densidade proposta para o barrio non era parte dunha estratexia urbanística apegada ao común ou á mistura de usos, senon ao contexto inmobiliario do momento. 8) Matogrande é un barrio que evoluciona por un camiño definido de forma rotunda hai máis de 20 anos. As imaxes do proceso de urbanización e edificación do barrio seméllanse de maís ás de tempos moi anteriores (e xa vividos nesta zona da cidade, que medra desde fai décadas a través de polígonos residenciais máis ou menos autónomos). No ano 2000, so quedaba unha parcela adicada a tecido residencial sen construir. A partir de aquí, comézanse a enche-los ocos que o Plan Parcial do 86 e o novo Plan Xeral do 98 reservaban para equipamentos e outro tipo de edificacións: o centro de saúde, un novo centro residencial, dous grandes hoteis, un edificio de oficinas, a sede da Dirección provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social, o novo aparcamento... Cando se remate o polideportivo proxectado enriba do aparcamento recentemente inaugurado -e xa posto en venta por falla de rendabilidade-, o barrio estará ¿rematado?

A cidade dos barrios


Á esquerda: ### fotos do espazo público de Matogrande (ver localización na páxina seguinte). Ergosfera

9) Matogrande é un barrio no que, unha boa parte d@s veciñ@s, se declaran conscientes de que mercaron unha vivienda nun barrio de luxo que semellaba garantirlles unha certa calidade de vida, un mellor lugar para vivir, e agora viven nun luxo que practicamente comeza e remata no cartón-pedra das súas fachadas e nos Mercedes aparcados en dobre fila nas súas rúas.

Abaixo: # Plano do urbanismo do barrio de Matogrande, cos límites, os anos de construción dos edificios residenciais, a grella regular e os equipamentos e edificios de actividades terciarias. *.dwg + Ergosfera

10) Matogrande é unha idea de cidade onde a arquitectura residencial é 100% urbanismo. O Plan Parcial definiu completamente a realidade construida do barrio, facendo un exercicio de simplificación duns valores considerados óptimos e obviando toda reflexión sobre a diversidade desde ningún punto de vista: a arquitectura non necesita ser diferente, nin pola súa situación (só Alfonso Molina é quen de cambiar mínimamente a forma do construido), nin para acoller unha maior diversidade social (a través das diferencias económicas, formais ou materiais), nin polas diferentes condicións ambientais (orientación, ruidos do tráfico rodado, etc.), nin polo simple feito de posibilitar certa experimentación, máis aló dos soportais xa propostos no Plan, co límite vivenda-rúa. * Matogrande é un lugar no que o peche prematuro e planificado de tódalas súas posibilidades de cambio futuro fainos pensar no espazo baleiro (neste caso, sinónimo de espazo público) como o lugar para plantexar ampliacións da liberdade e das posibilidades do común a través da introdución dunha maior diversidade nas súas condicións de urbanidade. O espazo público que produciu o urbanismo. Os espazos públicos de Matogrande son unha mostra bastante definitoria dunha maneira de facer urbanismo que, coma si se tratase dun programa informático, reduce a construción do común a parámetros cuantitativos que pouco interfiren nas resposabilidades das empresas construtoras e d@s arquitect@s que lle darán a súa forma e cualidades reais. As diferentes Obradoiro: Urbanismo con básicos de xardín

144


escalas do urbanismo que interviron no desenvolvemento de Matogrande (Leis do Solo, Plans Xerais, Plan Parcial, etc.) fixeron o traballo de proxectar espazos sempre-en-sombra na trama residencial, espazoscolchón para protexerse das vías principais que o rodean, espazos baleiros-e-sen-uso nos intersticios da retícula, e ata un espazo-rotonda como núcleo central do barrio. Nun momento no que xa se estaba a fraguar o último boom inmobiliario, @s arquitect@s, @s construtor@s e @s promotor@s traduciron estas ideas baixo o denominador común do aforro e a extrema sensibilidade co territorio, é dicir, facendo o mínimo posible: plantando céspede con catro arbustos (ás veces), escatimando (material e conceptualmente) co mobiliario urbano, e pouco máis.

Á dereita destas liñas: # esquema ca localización dos espazos públicos e de comunicación en Matogrande: [1] Espazo-rotonda central. [2] Vía do tren, parte traseira do colexio [2a], pasarela [2b] e acceso/saída peonil [2c] [3, 4, 5, 6] Espazos-sempre-ensombra, con distintos pavimentos, desde o case todo brando ao completamente duro. [7, 8] Espazo-colchón coma protección de Alfonso Molina [9, 10, 11, 12, 13] Espazos baleiros-e-sen-uso nos intersticios da grella. [14, 15, 16] Ampliacións do espazo público, vencelladas a novos equipamentos. [17, 18, 19] Puntos de comunicación co exterior. [20] Soportais. [B] Paradas de bus [T] Parada de taxi. Ergosfera

Nos quince anos que ten o barrio, o espazo público ampliouse a través da construción de dous novos equipamentos: unha pequena franxa lineal e un espazo de xogos infantís a carón do centro de saúde e unha praza dura derriba do novo aparcamento; e modificouse en varias ocasións, sempre relacionadas co tráfico rodado: ampliando o número de prazas de aparcamento regladas, evitando aquelas ilegais mediante medianas ou bolardos, protexéndose dos ruidos mediante unha cutre pantalla vexetal, etc. O sistema que construiu o espazo público de Matogrande é o mesmo que define que só os preguiceiros (e polo tanto, pobres), os nenos ou os vellos deben utilizalo. E inda así, os espazos para estes cidadáns son escasos ou non existen no barrio. Mentres as administracións adican o seu tempo a soluciona-los conflitos derivados do uso masivo do automóbil privado, o mercado ofrécelles cafeterías e bares á xeración que se supón que habita o barrio en exclusividade. O resto d@s veciñ@s non son un target nin para o sector privado (ao que non lle poden ofrecer rendabilidades aseguradas) nin para o sector público (ao que non lle poden ofrecer moitos votos).

Arriba e abaixo: ## #### ##### algunhas fotos dos anteriores espazos. Ergosfera

145

A cidade dos barrios


O caso da rotonda central do barrio. Unha praza que inda non puido ser. Imaxinemos un lugar soleado a meirande parte do día, cunha vexetación diferencial -con setos rotondeiros pero tamén con importantes árbores-, rodeado de locais comerciais, unha parada de autobús e unha de taxis, e atravesada por fluxos peonís, continuos, dada a súa situación no centro dun denso tecido residencial, e puntuais, debido aos percorridos que xera un importante colexio cercano. O Plan Parcial de Matogrande definiu este lugar coma “praza circular entre as mazás nº 1-2-3-4”, dentro do apartado “zonas verdes de carácter público” (únicamente xunto co espazo a carón da avenida do Alcalde Alfonso Molina), e chegando mesmo a definir unha ordenanza estética especial para as fachadas que dan cara a este espazo. O novo Plan Xeral, recentemente posto a información pública, singulariza de novo este espazo, definíndoo como “parque ou espazo libre con interés”, remarcando as fachadas que o rodean como “fachadas con vistas a parque”, e incluíndoo como punto singular dentro da nova rede de corredores verdes proxectada a escala urbana, que constitue un dos símbolos máis importantes e publicitados do novo plan. Obradoiro: Urbanismo con básicos de xardín

146

Arriba e á esquerda: ## fotos da rotonda de Matogrande e # ortofoto. Ergosfera + http://maps.google.es/ Na páxina seguinte: á esquerda, ## A rotonda como “Plaza circular” no Plan Parcial Matogrande (1986) Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Delegación de A Coruña. Revisión do PXOM. Documento para a aprobación inicial (2008): # Estrutura dos Espazos Libres. Corredores verdes; # Valores Ambientais. Detalle por sectores. http://www.coruna.es/ # A rotonda como “Plaza circular” na web do Ministerio de Economía y Hacienda. https://ovc.catastro.meh.es/ # A rotonda como parte da rede de “Plazas y jardines” na web do Concello da Coruña. http://www.coruna.es/

Á dereita, solicitude -denegadafeita ao Concello da Coruña para realiza-las actividades na rotonda. http://www.coruna.es/ + Ergosfera


Pola súa banda, o Ministerio de Economía e Facenda, define este espazo no catastro novamente como “praza circular”. E o Concello da Coruña, indo un pouco máis aló, sitúao, con foto incluida na web municipal, dentro da rede de “prazas e xardíns” da cidade (unha desas listas que rematan contabilizándose para retratar estatísticamente a cidade coma o paraiso dos espazos verdes). Inda que todos os documentos técnicos e legais semellen contempla-lo uso público desta “praza circular”, a realidade é que o espazo é unha rotonda na que o seu uso non só é compricado pola falla de condicións de urbanidade elementais (mobiliario, proteccións do tráfico rodado, etc.), senon que está directamente prohibido. Desde o comezo, construir aquí o lugar de reunión c@s veciñ@s (dado que o barrio carece de centros sociais) e, á súa vez, visibiliza-las posibilidades que conlevaría recuperar para o uso público este lugar, era un dos principais obxectivos destas actividades en Matogrande, xa que suporía poñer en crise a coherencia dun dos produtos da modernidade máis extendidos, a rotonda, e dar sentido ás oportunidades que producen os baleiros urbanos como revulsivos da escala local 147

Pero o Concello, a través dos responsables policiais e de seguridade cidadá, non permitiu o uso deste espazo excusándose uns a outros entre diferentes administracións e subapartados institucionais, aludindo a temas de seguridade moi vencellados á cultura do medo que o contamina todo, e non mostrando interese ningún en soluciona-los mínimos problemas que suporía sinalizar uns pasos para peóns cara a un lugar tan importante e estratéxico para o barrio coma este. Que o centro dun barrio sexa unha zona exclusiva para o tráfico rodado e que ninguén semelle sorprenderse é unha cuestión que nos causa moitas dúbidas. Aos técnicos -enxeñeiros, arquitectos e urbanistas- que o proxectaron, ás empresas construtoras e promotoras que o desenvolveron, ás administracións públicas que o inauguraron, e a boa parte d@s cidadáns que o ven día a día non lles semella nada raro. ¿Será que a visión do verde purificado e a liberdade que representa o automóbil é abondo para construi-lo centro dun barrio? ¿Será este espazo parte desa carreira encuberta co municipio de Oleiros polo premio á rotonda máis fermosa do ano? ¿Será que no urbanismo e na arquitectura que facemos -desde as técnicas económicas e as normas municipais-, as persoas estragamos a composición das fotografías cando queremos que semellen produtos culturais? A cidade dos barrios


6 microEXPERIMENTOS. Traballar nun barrio de forma máis ou menos vencellada ás institucións públicas pero camiñando cara a formas de relación c@s cidadáns fóra das súas perspectivas actuais (cara a un modelo no que a participación cidadá sexa algo posible e relevante), semella, como mínimo, unha oportunidade para avanzar cara a novas experiencias de coexistencia cidadáns-institucións-técnicos. Pero a participación cidadá nos asuntos urbanísticos non pode ser reducida ás iniciativas que xurdan desde as institucións que nos asisten (a tod@s, coma cidadáns, e a nós, coma técnic@s…), e menos, en dúas únicas xornadas de actividades.

nunha praza, pinta-las fachadas como nos pareza, etc.), como á de expresar públicamente opinións, desexos e críticas de xeito autónomo. A maneira de encarar este traballo, que para nós mesmos e para a organización tiña un caracter experimental, foi tentar levar a termo seis microexperimentos de contacto c@s veciñ@s de Matogrande, cos que poder afondar, tanto na visibilización das ideas d@s habitantes do barrio, como nas posibilidades de avanzar pouco a pouco cara a certas cotas de autoxestión veciñal, ou no estudo desde dentro dos habitares que se superpoñen sobre o produto do urbanismo convencional máis valorado da cidade.

@s representantes dos partidos políticos consideran que o opaco e gris sistema de alegacións aos planeamentos urbanísticos municipais xa é a forma máis elevada posible de participación democrática no urbanismo, dado que identifican directamente a falla de proposicións e reclamacións máis aló de intereses individuais ca falla de vontade social, e non cas metodolóxicas de participación usadas ata o de agora. Por isto, fomenta-la participación cidadá debería implica-lo recoñecemento da dignidade das iniciativas independentes que xa están en marcha nas cidades, así coma a ampliación das liberdades d@s cidadáns á hora, tanto de producir cidade materialmente (sacar unha cadeira á rúa, facer unha parrillada e comer Obradoiro: Urbanismo con básicos de xardín

148

Arriba: ## fotos da instalacióncampamento. Debaixo: # foto dos marcadores todos xuntos baixo un dos ceadores, e ## fotos daqueles distribuidos nos locais do barrio.


Á dereita e abaixo: #### #### fotos das conversas c@s veciñ@s, dos momentos nos que expresaban as súas opinións nos paneis, etc.

microEXPERIMENTO 1>>> Poñer en marcha un sistema de publicidade que permita unha certa manipulación e, polo tanto, xa forme parte das propias actividades de debate sobre o barrio. Dispuxéronse polos locais comerciais e hosteleiros do barrio 18 marcadores cunha afirmación máis ou menos “polémica” sobre o urbanismo do mesmo. Ademais de recolle-los panfletos ca información das actividades, @s veciñ@s podían reflecti-lo seu acordo ou desacordo co escrito. Os obxectos sorprenderon e foron do que máis chamou a atención d@s veciñ@s, sobre todo unha vez colocados todos xuntos na instalacióncampamento. microEXPERIMENTO 2>>> Construir un lugar para as reunións e actividades no espazo público, de tal xeito que, por unha banda, se palíe a falla dun local social no barrio, e por outra, se visibilicen as posibilidades das zonas verdes sen uso como espazos desexables para a cidade. Trala imposibilidade legal do uso da rotonda, a instalación (8 ceadores de xardín, 8 mesas e 40 cadeiras rodeadas por unha verxa de obra coma protección do tráfico) dispúxose nun dos espazos verdes baleiros na entrada ao barrio. Un lugar máis accesible inda que menos visible, e cunhas condicións ambientais (ruido, sombra continua, etc.) moito peores. 149

microEXPERIMENTO 3>>> Celebrar unha reunión no barrio na que, por unha parte, @s cidadáns-técnic@s podamos empaparnos do coñecemento directo d@s cidadáns-veciñ@s (cousa que nunca ten cabida nos proxectos e planeamentos urbanísticos convencionais), e por outra, aportemos o que esté nas nosas máns en canto ás posibles estratexias de emancipación civil que coñecemos a través da investigación urbanística. Debido a unha serie de contratempos e erros o primeiro día (aparición da policía, falla de publicidade, etc.) non se chegou a producir unha reunión conxunta con moit@s veciñ@s. Principalmente, as reunións foron entre nós e as persoas que pasaban pola instalación, inda que en moitos momentos se produciron debates e conversacións entre vari@s veciñ@s. microEXPERIMENTO 4>>> Idear e poñer en práctica algunha forma de xestión veciñal dun orzamento mínimo (300€), para realizar algunha pequena intervención no barrio que demostre a capacidade d@s cidadáns de intervir nos procesos de construción e mellora dos seus contornos urbanos de xeito independente. A falla dunha mellor explicación do proxecto pola nosa banda e dunha reunión xeral na que poder falar entre tod@s, esta actividade non se puido levar a termo.

A cidade dos barrios


microEXPERIMENTO 5>>> Probar diferentes formatos gráficos para visibilizar todo tipo de opinións, desexos e críticas d@s veciñ@s sobre o seu barrio, facendo o posible por incluir a tódalas persoas que teñan algún tipo de desexo sobre os lugares que habitan a cotío; e isto inclúe @s nen@s, novos, adultos e anciáns; a quen viven no barrio, a quen “só” traballan nel, a quen o visitan asiduamente, etc. Como maneira de achegamento ás inquedanzas veciñais sobre Matogrande, instaláronse unha serie de paneis onde @s veciñ@s puideron expresa-las súas opinións, críticas, desexos, etc. de maneira pública. O formato panel pareceunos interesante no sentido de que visibiliza instantáneamente unhas opinións que poderían ser rebatidas ou complementadas por outr@s. Os paneis funcionaron moi ben durante os tres días que estiveron instalados baixo os ceadores. Moita da xente que pasaba pola rúa parábase a mirálos, a comenta-las impresións xa escritas e a deixar constancia das súas. Agás no panel das fotografías, no que aparecían retratados lugares específicos do barrio sobre os que parecía sinxelo ter unha opinión fundada polo seu uso ou desuso cotián, no resto de paneis a xente prefería contar o que lle apetecía (normalmente o que máis lle amolaba da vida no barrio) e non respostar a cuestións específicas. En relativamente pouco tempo (2 días e medio) recabáronse unha grande cantidade de opinións sobre o barrio. A impresión xeral d@s veciñ@s ía máis aló da curiosidade, véndoa como unha iniciativa moi necesaria. Non se entende que as súas opinións -de primeira man- sobre a vida no barrio non se teñan en conta á hora de planifica-los cambios no mesmo ou nos proxectos urbanos que lles afectan no día a día. Obradoiro: Urbanismo con básicos de xardín

150

Á esquerda: fotografías dos paneis ao rematar os tres días que permanecimos no lugar.


Á dereita: arriba, # Esquema dos lugares concretos aos que fan referencia os comentarios dos paneis [a gradación responde ao número de comentario]. Abaixo: # Esquema sobre cuestións xerais que afectan ao barrio, tamén recollidas nos paneis.

151

A cidade dos barrios


microEXPERIMENTO 6>>> Idear e poñer en práctica algunha forma de xestión común para os obxectos dos que se compoñía a instalación-campamento (os básicos de xardín: 8 ceadores, 8 mesas e 40 cadeiras), de maneira que @s veciñ@s participen directamente na construción temporal do espazo público do barrio e as actividades non finalicen en canto nós marchemos. Coma o panel adicado a esta tarfea non tivo moito éxito (a iniciativa non se explicou de forma sinxela e @s veciñ@s non a entenderon coma posible ou relevante) decidiuse apostar por poñer en marcha un sistema de xestión plenamente autónomo e xenérico: a iniciativa Obxectos Procomúns, baseada nos debates sobre este concepto de procomún que xa levan tempo xurdindo principalmente nos campos vencellados á produción cultural e á tecnoloxía de internet.

Enriba: # deseño da etiqueta recortable [versión en galego] para obxectos procomúns; en Matogrande usouse para mesas e cadeiras. Ergosfera

A acción consistiu -básicamente- en etiquetar (cunha nota informativa sobre as posibilidades de uso e transformación que soportaban) unha parte destes obxectos (34 cadeiras e 6 mesas), agrupa-los nunha zona da instalación, ofrecer unha parte deles @s veciñ@s que pasaban por alí para que os colocaran no lugar que desexaran do barrio, e traslada-lo resto aos lugares onde á xente xa se reune pero que carecen de espazos para sentarse ou xoga-la partida.

Á esquerda: ## fotos das etiquetas xa impresas (en papeis de cores) formando parte das pezas de mobiliario. Ergosfera

As persoas maiores e @s moz@s, que sí habitan o espazo público a cotío, que non teñen vergoña para usar obxectos de materiais “precarios”, e para @s que é toda unha sorpresa que alguén faga algo por el@s, agradeceron e participaron especialmente nesta actividade. O derradeiro dos obxectos foi visto por última vez aos catro días da súa colocación. Obxectos Procomúns. 1) Obxectos Procomúns é una iniciativa para crear unha rede de obxectos de uso público que a sociedade civil xestionemos dun xeito independente das institucións públicas e privadas que nos asisten. Calquer Obradoiro: Urbanismo con básicos de xardín

152


persoa ou institución pode pór en circulación novos obxectos en calquer momento ou lugar. 2) Obxectos Procomúns xurde do entendemento de que as iniciativas cidadás autónomas e dirixidas ao ben común non deben ser reprimidas a priori polas administracións públicas, e que as personas e as institucións que así o desexen deberían poder compartir obxectos utilizables libremente polo resto d@s cidadáns nos espazos públicos. 3) A etiqueta que define e fixa as condicións de uso e transformación de cada Obxecto Procomún

é un elemento explicativo para normalizar unha situación que se entende autorregulable. As catro condicións iniciais cas que comeza este experimento son recombinables, transformables e eliminables. É preciso que se debata sobre a súa pertinencia, as súas condicións no contexto da legalidade e a xestión das responsabilidades derivadas. 4) Obxectos Procomúns non é nada novo. Se nos tempos do hiperconsumo e a reciclaxe xa non resulta alleo habitar espazos amoblados con “agasallos da rúa”, ¿por que non ía sucede-lo mesmo cos espazos públicos?

Á dereita: #### fotografías dos obxectos procomúns distribuidos polo barrio, alí onde @s veciñ@s botaban en falla máis e/ou mellor mobiliario. Ergosfera

153

A cidade dos barrios


singular: o “límite”, unha liña recta que nos permite imaxina-la, agora imposible, diferenciación entre o que é cidade e o que é outra cousa.

Á esquerda: # o seguinte polígono que aparecerá nesta zona da cidade, o inminente Parque Ofimático.

Ese límite, un espazo anexo á vía do tren, é un lugar tomado pol@s rapaces e por tod@s aquel@s que gustan dos espazos ambiguos e certamente sublimes nas cidades. Sin ser nada nomeable en termos urbanísticos convencionais, as súas cualidades paixasísticas, ambientais e sociais -que xa o fan singular a escala urbana- son moito máis co que nos propoñen unha vez máis @s representantes do urbanismo decimonónico e inmobiliario.

Abaixo: ######### fotografías do contorno da vía do tren tanxente ao barrio.

O tema da periferia é unha cuestión sempre presente nos debates urbanísticos. Despois de décadas definindo as súas cualidades e problemáticas -casi sempre para intervir sobre ela e non para entede-la coma campo de referencias-, resulta que, por unha banda, algúns dos seus produtos que narramos coma parte das cidades en multitude de formatos culturais, comezan a desaparecer no magma do urbano; e por outra banda, a periferia descubriuse coma unha condición urbana que xa se espallou pola cidade, demostrando que os tempos nos que semellaba ligada a unhas determinadas condicións topolóxicas eran só unha fase, moi percibible nos momentos de aceleración na medra das cidades, dunha condición que semella máis ben inherente ao feito urbano: apegada a unha serie de valores, positivos e negativos, pero sempre preto dalgunha clase de descontrol ou precariedade “usable” socialmente. Os límites son tanto produtos como consecuencias do devir periférico dun territorio. Si ben é certo que Matogrande pode facerse máis barrio a través dos seus múltiples espazos baleiros interiores, entendemos que o espazo no que se xoga boa parte das súas posibilidades de futuro é precisamente ao único ao que lle deu as costas. O único que non foi codificado ca urbanización municipal ou cas limitacións propietarias percibibles. O único, agora xa falando a escala urbana, que conserva as cualidades dunha tipoloxía urbana Obradoiro: Urbanismo con básicos de xardín

154


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.