ENTRE O MOVEMENTO Obradoiro participativo Grupo Dod贸 [As Xubias]
393
A cidade dos barrios
Presentación. Área de estudo Neste obradoiro da Cidade dos Barrios, intervimos na zona que comprende o barrio dos Castros, Oza e as Xubias. O tema a desenrolar foi A RELACIÓN QUE SE ESTABLECE CO ESPAZO DA AUGA, tomando como punto de partida o análise do núcleo de As Xubias para amplialo posteriormente a toda a cidade, no referente ao seu borde marítimo. A fraxilidade e potencialidade dun espazo como a lámina de auga e a súa liña de contacto coa terra, requería dun estudo máis amplo que o establecido nunha primeira aproximación local. A primeira destas aproximacións centrouse no núcleo de As Xubias, onde a relación co mar como xeito Obradoiro: Entre o movemento
de vida foi a idea de proxecto que marcou a súa concreción e desenrolo. A segunda delas tivo por obxeto a líña de costa da cidade e a ría. A xestión do espazo ocupado pola auga, non recae nun só concello e as relacións que poida xerar reclaman dun estudo máis amplo, que nos permita interpretar cuestións que xurden neste límite, facendo referencia ás posibilidades deste espazo como xerador de relacións na Rexión urbana. Sen dúbida o estudo da liña de costa desde esta perspectiva, podería facer dela un espazo con opotunidades de proxecto máis acordes co seu propio carácter e especifidade. 394
O Golfo Ártabro. O espazo da auga como oportunidade de acadar novas relacións cunha dimensión máis global desde actuacións locais, acordes coa sua fraxilidade. O espazo único e irrepetible onde a complexidade a diferentes niveis deberá ser entendida como lóxica de proxecto na procura dun contacto real co espazo da auga.
Que podemos aprender das Xubias? Foi unha das primeiras preguntas que xurdiu. Un espazo sen unha planificación reglada que vai resistindo o paso do tempo e das necesidades da cidade sen que a relación que mantén co borde marítimo se vexa diminuida. As Xubias naceu como un núcleo de pescadores onde os seus habitantes mantiñan unha íntima relación co medio no que vivían. O espazo da auga seguía a ser utilizado por todos eles, tanto para a práctica da súa actividade como para o seu lecer e disfrute. A costrucción de diversas infraestruturas para dar servizo á cidade, como o ferrocarril ou a autovía, provocou o encorsetamento deste espazo entre límites moi definidos, pero que non provocaron a perda do forte vínculo que mantén a localización no seu contacto coa auga. Os cambios máis salientables non son tan físicos polo de agora, senon que afectan máis ao uso que antes se facía deste espazo. A actividade que vinculaba aos veciños co mar, e que provocaba que este espazo xogase un papel cunha forte presenza activa foise perdendo, puidendo comprobar como este proceso facíase extensible ao resto da cidade. A pesar de todo, o espazo en contacto co mar segue a resultar atractivo como área de oportunidade, pero deberá ser tratado con criterios máis acordes coa súa especificidade e fraxilidade, poñendo de manifesto a súa condición de espazo irrepetible. O vencello da cidade co mar pódese constatar nunha ollada crítica a través de antigas fotografías, onde obsérvase o uso colectivo que se lle dá ao espazo da auga, tratado coma outro espazo público de valor engandido, con distintos tipos de relacións, tanto de carácter persoal, cultural ou de potencialidade económica.
Plano de situación zona de actuación. Nesta segunda fase de “A Cidade dos Barrios” analizouse a zona que comprende os barrio de Os Castros, Oza e As Xubias na procura da relación que se manteñe co borde marítimo.
Seguimos a manter as cualidades deste espazo “ENTRE O MOVEMENTO” na cidade contemporánea?
Fotografías antigas de espazos vencellados á auga. O vencello historico e lexitimo polo uso cordial, amable e respetuoso. 395
A cidade dos barrios
Transformación do borde marítimo da Coruña Realizouse un percorrido polas transformacións que se levaron a cabo no borde litoral da Coruña, co obxeto de descubrir o modelo establecido na cidade en canto ás relacións co mar e o uso do espazo da auga. Evolución do porto Os espazos portuarios foron evolucionando cara ao sur ao encontro coa ria. A realización de distintos recheos para dar resposta a distintas necesidades foi privando paulatinamente do contacto da cidade co mar. Poderíamos falar de dúas dimensións neste proceso. Unha primeira que ten que ver coa concreción física destes espazos, que ían aumentando de escala para dar resposta ás novas necesidades portuarias, como era o calado das embarcacións ou as súas novas dimensións. O contacto moitas das veces de forma natural entre terra e mar foi dando paso a unha liña artificial de difícil contacto para os cidadáns. A segunda foi a transformación dos usos do porto. Ás actividades industrias e de carga e descarga, foron desprazando á actividade pesqueira cara ás zonas máis alonxadas. Os peiraos fóronse transformando, así como as súas
Esquerda: Evolución cronóloxica dos distintos recheos do porto da Coruña. Distintos recheos no borde litoral. Dereita: Liñas entre o movemento. Diferentes liñas de penetración á cidade, que pola súa dureza engadida á xeografía característica da Coruña dificultan moitas das veces o contacto entre a cidade e o borde litoral. Actividades do espazo da auga. actividades competitivas como pode ser o marisqueo, a sua rexeneración, ou como espazo de relación limpo e atractivo. A homoxeneización dun espazo tan complexo non pode ser a resposta para o que consideramos podería facer da Coruña unha cidade máis competitiva (a súa riqueza faina única).
Obradoiro: Entre o movemento
396
actividades. Isto provocou unha reducion de antigos espazos de relacion social e abertos. Pequenos peiraos, rampas, praias ou calas, puntos de contacto co mar que mantiñan unha doble condición de actividade e de lecer mantida ata fai ben pouco tempo. O porto actual Na actualidade a construción do porto de punta Langosteira trasladará a actividade portuaria liberando os terreos do peirao de San Diego. Trátase dunha intervencion megalítica que aposta por reducir ata o mínimo a actividade portuaria na cidade. Esta intervención, de dubidoso éxito como dársena de gran capacidade, provocou a oportunidade de reformular os espazos portuarios en contacto direto coa cidade. A oportunidade de replantexar relacións de uso co espazo singular da auga deberá establecer un modelo axeitado ás súas características. O proceso de desenrolo que se seguiu nos terreos portuarios estáse invertindo. A cidade é a que se prevé que creza cara á praia de Oza, ocupando os terreos antes utilizados polo porto. O modelo de crecemento e de relación co mar debe ser cuestionado en tanto ao resultado da cidade que queremos en contacto co espacio de maior identidade e especificidade que esta posúe. O plan desenrolado polo equipo Busquets senta moitas das bases en canto ás relacións entre os dous medios, o que non supón poder debatir e intentar enriquecer o bó traballo ata o de agora realizado, na procura dunha maior participación cos aportes dos cidadáns. Relacións e usos do espazo da auga A Coruña pasou dos 37 Qm. de liña de costa no seu estado natural, aos actuais 51 Qm. dos que casi un 40% correspóndense co porto. A súa xeografia, engadida á linealidade de moitas das súas infraestruturas, provocan un estreitamento que faise máis acusado nos bordes. A maior parte dos espazos en contacto coa auga quedan encorsetados entre límites moi marcados, xa sexan artificias ou naturais. 397
A cidade dos barrios
Esta condición provoca o continuo conflicto nas posibilidades de relación entre a cidade e o mar. O contacto realízase puntualmente e poucas veces existe unha transición suavizada entre o espazo natural do mar e a cidade construida. A homoxeneidade en moitas das intervencións, como pode ser o paseo marítimo, non resolveu este tipo de “encontros” de gran importancia, en canto ás posibilidades dunha relación máis específica, dando resposta ás características do lugar onde se producen e da creación de espazo público en contacto co mar. En canto aos usos do espazo da auga decidimos interpretalo desde a perspectiva do tratamento que se lle daba a este espazo. A fraxilidade deste medio e as suas posibilidades pasan polo entendemento da súa especificidade e pola búsqueda das leis que poidan configuralo como espazo de valor engadido na cidade. O compromiso por parte das distintas administracións e de todos nós deberá pasar por dotar a este espazo do proxecto axeitado, co contido innovador e respetuoso ao servizo de todos os cidadáns. Mentres non exista a conciencia no tocante á importancia de ter un espazo limpo e saneado, as intervencións que se poidan facer nel, non darán máis que respostas de escasa relación con este medio. Este tema tivo unha grande importancia no noso traballo. A lámina de auga é por tanto un espazo cunha grande riqueza de actividade, tanto cultural, paisaxística ou económica. Un espazo irreproducible, onde a súa especificidade fai única a nosa cidade e que de por sí xa é competitivo e sostible. A apertura deste espazo á cidade deberá pasar por repensalo desde á auga, desde o valor do marisqueo, da limpeza deste espazo maltratado, da xestión e da garantía de acceso, de que conforme un espazo igualitario e público, de ser un espazo de aprendixaze, innovación e experimentación. O vínculo real dunha cidade co mar ten que pasar polo desenrolo destas e doutras actividades e non só polo seu achegamento físico; que cada intervención provoque unha toma de conciencia por parte de todos nós, facéndoo moito máis activo e participativo.
Obradoiro: Entre o movemento
Equipamentos e edificacións. Podemos observar como a maior parte dos edificios en desuso en contacto direto co borde Equipamentos e edificacións. litoral concéntranse na zona de A parte dos edificios en Asmaior xubias. A maior parte destas desuso en contacto direto co edificacións mantiñan un vínculo borde litoral concéntranse na coa actividade no mar. As novas zona de intervención As xubias. Asegrandes grandes equipaintervencións e equipamentos mentos concéntranse no paseo concéntranse no paseo marítimoesmarítimo reforzando o modelo reforzando modelo tablecido e ocon poucaestablecido vinculación eóscon poucabarrios vinculación aos que distintos e cidadáns distintos barrios e cidadáns que en eles habitan. en eles habitan.
Puntos de acceso. Os espazos portuarios e a homoxeneización do borde litoral da cidade a partir de intervencións como o paseo marítimo marcan unha relacion co mar controlada. Agás nas praias e aerais da cidade son os pequenos espazos en contacto coa auga e vinculados a Puntos ámbitosde de acceso. barrio os que rompen Agás nas praias e aeraisaportanda cidade co modelo establecido son os pequenos espazos enA do complexidade e riqueza. contacto coa activa auga eevinculados participación relación doa ámbitos de espazo barrio os que rompen cidadán co marítimo pasa co establecido aportando pormodelo pequenas intervencións nun complexidade e riqueza. proxecto global. PodemosPodemos obserobservar este de tipo de puntos en var este tipo puntos en espazos espazos como SandePedro como San Pedro VismadeouVisma As ou As Xubias o vínculo Xubias onde oonde vínculo co espazo co da auga marca a destes da espazo auga marca a identidade identidade destes barrios. barrios. 398
“O que non se ve”.* Nesta cartografía queremos por de manifesto o estado deste espazo singular. Como o crecemento sen pensar nas suas consecuencias sobre o soporte, pode chegar a destruir moitos dos valores dun espazo tan importante. A súa condición de invisibilidade fai que poñamos o acento sobre a xestión que facemos dos residuos na nosa cidade. A fraxilidade deste espazo e a súa condición de ciclo natural fai que calquera intervención teña resultados nefastos neste ámbito. As inversións nos sitemas de saneamento e depuración ainda hoxe non son unha realidade. * Plano realizado a partir do traballo da Confraría de Pescadores da Coruña no seu Inventario de puntos de Verquido na Ría de O Burgo e da base de datos da EIEL da Deputación da Coruña.
O modelo utilizado O modelo ata de agora utilizado, non está a ter en conta a especificidade do medio no que interven. Crecementos desmesurados da edificación ou contínuos recheos no porto ou na ría, non poden continuar sendo as intervencións axeitadas nun espazo de tanta fraxilidade, se queremos manter unha verdadeira relación da cidade co mar. Asumir as leis de xogo neste espazo deberá ser primordial na procura do modelo axeitado. Por outra banda está o modelo que se veu propoñendo, que toma como escusa a oportunidade que supón o traslado do 399
porto para crear cidade pero, ¿a quen van dirixidas estas intervencións?. Parece que a meirande parte destas teñen un destinatario predefinido que é o turista ou visitante e só fai falla botar unha ollada ao que se ven facendo nos últimos anos na cidade. Aos modelos anteriores de paseo maritimo, Palexco e Porto Centro de Ocio, Portos Deportivos, Domus, ascensor de San Pedro, Milenium, Aquarium, ou o recente noemamento da torre de Hércules como patrimonio da humanidade, estan a seguir os proxectos do Porto de San Diego, o complexo do Parrote, urbanizacións no Portiño e na Rolda de Montealto e as torres Percebeiras. Podemos observar A cidade dos barrios
como estes modelos buscan alcanzar a notoriedade mediante actuacións urbanísticas e arquitectónicas novedosas, competindo por alcanzar unha posición ventaxosa no mundo globalizado como sinónimo de “competitividade urbana” e non como modelo de cidade acorde coa nosa especificidade. Todo isto cae en fórmulas que se repiten unha e outra vez, buscando unha lóxica moito máis parecida á da apertura dunha cafetería Starbucks, un McDonald´s ou un parque Disney. Estratexias que buscan a reducción de riscos, empleando fórmulas xa probadas e que dan como resultado a homoxeneización destes espazos, por diferentes que sexan tanto cultural como Obradoiro: Entre o movemento
xeográficamente. “O modelo de espazos de consumo e turismo, “ocio e negocio” repetido en varios portos do mundo que non repara na continuidade e historia da cidade nos que cada actuación procura ser un monumento en sí mesmo, pretendendo unha exclusividade que non fai máis que redundar na monotonía” . Desta forma conséguese tamén unha mala educación arquitectónica e urbanística; a poboación espera o más difícil todavía, facendo decaer o interés e o respeto por outros sectores que, aínda carecendo de elementos singulares, son de gran importancia patrimonial e contribuen a conformar a identidade urbana. 400
O modelo utilizado. Distintos puntos e proxectos no borde litoral da Coruña. *La destrucción del paisaje urbano en el casco histórico da Coruña. Román Sanz Freire Investigador IDEGA-USC
Vista de As Xubias desde o mar. Que modelo de barrio pode manter a sua relacion directa co mar? De qué xeito poderiase reforzar a identidade dun barrio vencellado á auga? Xurden as pregunta tras ver cómo lugares dentro da cidade perden a presencia do mar.
APRENDENDO DAS XUBIAS Plano de situación. A liña de ferro e a avenida da pasaxe influiron na evolucion do barrio. Servidumbres de cidade que atravesan o barrio sen que sexa productivo para él. Analogamente as dotacions de caracter hospitalar agrupanse neste barrio, o materno infantil, o chuac, o san rafael, o sanatorio de oza, e tanatorio. Provoca actividade e movemento de usuarios puntuais da cidade. Por contra, os rueiros propios do lugar esvanecéronse e os locais con actividade no barrio redúcense a dous, un bar e unha farmacia.
A especificidade deste enclave, pasa por ser un dos poucos lugares na cidade que segue a manter unha relación natural co espazo da auga. Esta condición outórgalle un valor engadido, que deberá ser conservado e reforzado coas actuacións necesarias, procurando a integración a partir das potencialidades deste espazo único. A zona quedou claramente definida entre límites moi marcados. As infraestruturas de penetración á cidade, unha marcada topografía ou o derradeiro crecemento do
401
porto foron provocando o encorsetamento deste espazo. Aínda así, seguiu a manter a súa relación co mar, nun tramo de liña de costa, onde a riqueza e variedade de puntos de contacto coa auga é evidente. Moitos destes espazos ou edificacións foron caendo en desuso. Os usos vinculados ao traballo ou relacionados co mar foron desaparecendo ou trasladándose a outros lugares, polo que xurde a oportunidade de dotalos de novos contidos que den resposta ás novas necesidades e a realidade actual do barrio. A actividade e o movemento derivados dos distintos equipamentos, tanto o hospitalario
A cidade dos barrios
Complexo hospitalario
Confraría de Mariscadores Poboado chabolista Naves industriais
Complexo universitario de Oza
As Xubias de Abaixo Colexio
Estaleiros Valiña
Equipamentos e edificacións en desuso. O barrio está rodeado pola maioria dos grandes equipamentos sanitarios ademais dos edificios do Campus de Oza e outros equipamentos docentes. Na súa contorna obsérvase un gran numero de edificacions abandonadas e en desuso. Esquema. As liñas de movemento no nucleo de As Xubias, relacións usos e movementos. A direccionalidade lonxitudinal do nucleo na sua formación refórzase coas liñas de ferro e tráfico de acceso á cidade. Estos fluxos densos provocan que os movementos transversais de comunicacion ou conexión quedaran reducidos, deteriorados ou eliminados. Horas de uso. Existe unha actividade permanente no contorno polos servizos de cidade. Non tanto no barrio, onde o espazo aberto 24 horas é o mar. Obradoiro: Entre o movemento
402
O recente plan xeral e API da ría do Burgo ordena os solares de estos edificios para que se poda edificar. Establece edificacions residenciais de ata sete pisos. Entre os equipamentos da cidade situado na costa, podese ver que a maioria dos que estan en desuso atopanse nas xubias, e que non se interviu recentemente. Ademais estas edificacións normalmete mantiñan un apego moi forte coa actividade marítima, a sociedade de remo, unha depuradora de mariscos ou o equipamento propio do barrio como é a asociación de veciños. 403
A cidade dos barrios
coma universitario ou a posibilidade de conexión por ferrocarril, terán que ser aproveitadas para dotar ao núcleo de novas relacións, tendo en conta a súa condición de espazo natural vencellado ao mar. O mantemento deste espazo pasa por reforzar a súa especificidade e carácter e non por intervencións alleas á súa realidade que o delimiten e o traten como un mero resto arqueolóxico ou unha anécdota na cidade. Unha resposta para o que xa hai e para os que alí viven a partir dos moitos valores que temos, na procura dun modelo máis innovador e integrador.
intentaba dar unha resposta. O lugar escollido para a escala máis local foron os antigos astaleiros Valiña, que tiñan moitas das cualidades do que podería significar unha intervención neste tipo de espazos vencellados á auga. Os astaleiros deixaron de ter un uso industrial para pasar a ser un espazo de oportunidade en contacto direto coa auga. Situado nun punto límite, onde as infraestruturas portuarias deixaban paso o espazo natural de As Xubias, a súa capacidade de relación e de uso está ainda por resolver. A súa pegada maniféstase a través
A CONCRECIÓN DA ACCIÓN A acción que tiñamos que desenrolar debía cumplir dúas condicións de partida. Ademais de intervir nun lugar concreto en contacto coa auga, debía manifestar a doble escala que viñamos maxendo na análise, apoiando e reforzando a idea de fraxilidade e a capacidade de relación a diferentes niveis que ten este espazo. A crenza nesta doble condición, podería establecer encontros entre os que alí habitan e o resto de cidadáns, na procura dunha exemplificación e visibilización das accións que alí se podan desenrolar. O debate respecto da súa intervención debe ser trasladado á cidadanía nunha idea máis global e co obxeto de proporcionar máis ferramentas para a súa capacidade de elección, relación e participación na cidade, á vez que se
Esquerda: A primeira parte da acción desenvolveuse nos antigos asteleiros Valiña. Nese espazo pegado ao mar colocouse unha zona de exposición e outra de proxección onde se puido ver o documental grabado cos veciños da zona e que tentaba dar voz as opinións dos mesmos. Á dereita, imaxes das entrevistas grabadas para o documental e a zona de proxección a carón do Club de Remo.
Dereita: Distintos momentos no roteiro en barco polo porto da Coruña e a boca de A Ría do Burgo. Montaxe da zona de Valiña preparando a exposición e acollida. Obradoiro: Entre o movemento
404
dunha rampa que da como resultado un espazo artificial pero integrado, cunha doada relación coa auga, cambiando na parte superior cunha marcada topografía, que o dota dunha gran singularidade sendo un dos poucos espazos naturais en contacto coa costa que se manteñen na cidade. Na actualidade é un espazo limitado por un cercado de obra, e no contacto máis próximo á auga trasladáronse de forma provisional o clube de remo As Xubias e a escola municipal de vela. O acceso queda por tanto restrinxido á espera dunha resposta nun estado de semi-consciencia. Estas cualidades outorgábanlle a capacidade de ser o espazo máis axeitado para a nosa acción, sendo un punto cheo de incógnitas para veciños e usuarios como así o manifestaron. A elección de non intervir no propio núcleo pasaba por unha idea de conexión-relación desde a óptica dos habitantes-usuarios nun dos espazos que afectará ao desenrolo e futuro do mesmo, como así o entendían os veciños. A segunda parte da acción centrábase en ofrecer unha idea máis global do espazo da auga na cidade, o que suporía o complemento para reforzar o traballo, na visibilización dos espazos portuarios e na oportunidade de ter unha perspectiva pouco habitual da cidade e do seu significado. Un roteiro en barco que sairía do peirao de Oza e onde xerar o debate en torno o traballo exposto nos astaleiros Valiña, e da proxección dun vídeo onde se recollía diverso material a partir de entrevistas aos veciños, usuarios, confraría de pescadores ou representantes veciñais. O roteiro pensouse para sair desde o porto pesqueiro de Oza pola súa cercanía aos estaleiros, pero a negación por parte das Autoridades Portuarias de sair desde ese punto, desbaratou a posibilidade de realizar a acción nunha única xornada. Esta interferencia tamén serviunos para comprobar a capacidade de uso dos espazos portuarios, onde as restriccións de utilización para actividades complementarias fixéronse plausibles. Finalmente o roteiro realizouse desde o peirao da Mariña onde puidemos aproveitar a presenza de José Mª Ezquiaga e representantes veciñais. 405
A cidade dos barrios
Obradoiro: Entre o movemento
406
407
A cidade dos barrios
Conclusións e traballos futuros Máis alá de conclusións pechadas xurdiron cuestións en torno ao modelo e as relacións que mantemos na nosa cidade co espazo de maior entidade que posue. Un espazo non recoñecido, pasivo e tratado con indiferencia fronte a súa capacidade de relación, riqueza e cheo de posibilidades. ¿É realmente tratado como un espazo recoñecido na cidade?, ¿segue a manter as súas cualidades de innovación cultural, motor económico e espazo natural?, ¿que suporía repensar a cidade desde o mar como espazo integrador?, ¿temos conciencia do soporte onde nos encontramos?, Facendo unha mirada crítica parece que a cidade actual non deu resposta a este espazo, con intervencións que poderían estar tanto no borde como no interior e que homoxeinizan e seguen facendo restrinxible o acceso co borde marítimo. Agradecementos A todos os veciños de As Xubias pola súa colaboración na grabación do documental; a Manuel Cao, patrón maior da Confraría de Pescadores da Coruña pola súa inestimable axuda, tempo e compromiso; a Marga, presidenta da asociación de veciños de Oza_Gaiteira_ Os Castros, ao club de vela de Oza e aos rapaces do Club de Remo pola súa participación e asistencia técnica de último minuto, a Román e Lucas polo seu apoio constante. E coma sempre, a todos os amigos que están sempre para botarnos unha man e apoiarnos. Moitas grazas.
Na páxina anterior: Esquema final da acción e o traballo final e futuro cos veciños e axentes contactados. Roteiro en barco que saiu desde O Parrote e foi percorrendo toda a liña de costa ata as Xubias. Obradoiro: Entre o movemento
408