t_lugares de bordo

Page 1


LUGARES DE BORDO MESOIRO - FEÁNS • San VICENTE E CASTRO DE ELVIÑA • BIRLOQUE - SAN CRISTOVO - SOMESO - MARTINETE • A ZAPATEIRA • NOVO MESOIRO


Mesoiro - Feáns A pesar das súas diferencias, debido ao baixo número de residentes e, posto que comparten unha serie de características comúns, na fase de recollida de datos estatísticos, Mesoiro (vello) foi considerado conxuntamente con Feáns. Trátase de dous núcleos históricos da cidade, incorporados á mesma tras a adhesión de Oza e que durante estes anos mantiveron moitos dos elementos configuradores da súa estrutura tradicional. Son barrios nos que ir ao centro da cidade segue a ser ir “á Coruña” pero esta situación vaise ver totalmente modificada coa presenza da terceira rolda ao adquirir unha centralidade ou expectativas descoñecidas até o

momento. Algunhas destas influencias xa se deixaron notar coa construción do barrio de Novo Mesoiro, que alterou por completo a percepción destes barrios. Outras cuestións, como o aumento do trafico rodado sen modificar as estruturas existentes, están a causar un notable impacto. No caso de Mesorio, a súa forma lineal, entre rotondas, e a proximidade ao polígono industrial está a condicionar o seu devenir, producíndose simplemente unha sustitución progresiva das vellas edificacións por pequenos edificios de vivenda colectiva. A situación de Feáns é probablemente máis complexa -será analizada no obradoiro, pero requerirá no futuro especial sensibilidade para activar o interior e conectar o contorno, evitando o seu illamento, ou incluso, o “pintoresquismo”.

67% 23%

o que máis lle gusta do barrio é a tranquilidade e a xente

é un dos barrios que máis establecen os seus límites a través da MEMORIA

63%

as persoas coas coas que máis se comunican por teléfono viven espalladas por toda a cidade

Superficie 76 Ha 1.97% cidade Densidade 2.80 hab/Ha

0 anos

45

+85

Poboación 213 hab 0.09% cidade

%

Lugares de bordo

066

11.5%


Punto de conexión entre barrios

|L|

|L||O|

|U| Esquema

de percep

cións

Servizos xeradores de movemento na conexión co Polígono |P|

|P| |N|

|I|

|P|

|N| |B|

Conexión transversal interrumpida por estrada

Esquema de percepcións |U| |L| |E| |O| |G|

Movem

Proxectos urbanísticos Definidor límite barrio Elemento configurador Espazos oportunidade Máis gusta do barrio

entos n

|3|

|N| Nodos confluencia |P| Espazo público | I | Influencia servizos no e.p.

|T| |A| |5||X| |X|

|M||1| |A|

|A|

Polos de

actividade

20

0m

Avenida Sexta

Rotonda gasolinera

Parada bus eq. comercial eq. sanitario eq. ensino eq. deportivo eq. cultural eq. administrativo eq. relixioso eq. benestar social eq. asistencial

Centro Cívico

|B| |1| |2| |3| |4| |5| |6| |7| |8| |9|

|T| |A|

Polos de actividade Núcleo de actividade Actividade temporal Lugares de compra Esp. actividades/cultural

público

Espazo común de actividade

Movementos no espazo público

|A| |T| |M| |X|

o espazo

067

A cidade dos barrios


San Vicente e Castro de Elviña Elviña é un dos asentamentos tradicionais da cidade con maior importancia ao longo da historia. Na actualidade, divídese nos núcleos de San Vicente -na zona da igrexa do século XII- e o Castro, na parte alta do barrio. Este último nome fai referencia ao antigo Castro de Elviña, que ten a súa orixe entre o século VI e III a.n.e., e que estaba ubicado no monte próximo. Esta importancia, sen embargo, non tipo repercusión nunha actuación salientable na planificación urbanística da zona. A forte idea de pertenza ao lugar dos seus veciños posibilitou o desenvolvemento harmónico dos dous núcleos até finais do século XX. A partires do plan do 1998 introduciuse a

vivenda colectiva no núcleo do Castro (moi próximo a Universidade), distorsionando as dimensións entre as rúas e o edificado. Actualmente, estase a producir un solape entre a Universidade e estes núcleos, que pode resultar beneficioso para ambos, xa que son varios os espazos catalizadores de actividade que poden servir de nexos entre o tradicional e a nova institución académica. O feito determinante será a construción da nova residencia universitaria, que duplicará os residentes na zona e vai asentarse nunha posición intermedia entre o Castro e San Vicente. Este feito debería permitir a conexión entre ambos e ser o inicio dun crecemento axeitado, que fomente a interrelación entre os veciños habituais e os novos e cambiantes residentes temporais.

60%

o que máis lles gusta do seu barrio é a tranquilidade e a convivencia cos veciños

50% 49%

pasa andando polo Obelisco 1 vez ao mes ou menos

o lugar onde pasa máis tempo é no propio barrio, sendo un 27% por motivos de lecer

Superficie 63 Ha 1.63% cidade Densidade 33.02 hab/Ha

0 anos

45

+85

Poboación 2.080 hab 0.85% cidade

%

Lugares de bordo

068

14%


|L|

Expansión da Universidade en detrimento do núcleo de Elviña |U| |E| |L|

|L|

Esquema de

|U| |G| |L|

percepcións

Movementos entre San Vicente e Castro. Chegada ao Campus por transporte público ou privado |I| |P| |N| |B|

Esquema de percepcións |U| |L| |E| |O| |G|

Movemen

tos no es

|B|

|I|

ico

|5|

|A|

Movementos no espazo público

|B| |P| |I| |P|

pazo públ

Proxectos urbanísticos Definidor límite barrio Elemento configurador Espazos oportunidade Máis gusta do barrio

|N| Nodos confluencia |P| Espazo público | I | Influencia servizos no e.p.

|I| |P|

|T| |4|

|X| |T| |3| |A|

|T| |3||A|

|A| |3|

Polos de ac

tividade

|P|

|X| |T| |A|

Concentración das actividades relixiosas, lecer, deportivas e culturais |A||7|

San Vicenzo de Elviña

Parada bus eq. comercial eq. sanitario eq. ensino eq. deportivo eq. cultural eq. administrativo eq. relixioso eq. benestar social eq. asistencial

A.VV.

|B| |1| |2| |3| |4| |5| |6| |7| |8| |9|

Campus de Elviña

Núcleo de actividade Actividade temporal Lugares de compra Esp. actividades/cultural

Castro Elviña

|A| |T| |M| |X|

Campus da Zapateira

Polos de actividade

200m

069

A cidade dos barrios


Birloque - San Cristovo Someso - Martinete Este conxunto de barrios agrupase, como noutros casos, polo forte peso das infraestruturas que os delimitan. Con todo, a súa orixe é claramente diferenciada e habería que distinguir entre as catro zonas. Birloque é orixinariamente parte do proxecto do polígono de Elviña e o único exemplo da cidade dunha tipoloxia de vivenda colectiva moi habitual nos anos sesenta e con mostras en todas as cidades do Estado. A partires do planeamento do 85, producese a súa ampliación cara a parte alta do barrio. San Cristovo, un dos antigos concellos anexionados á cidade no 1912, foi perdendo a súa identidade cun crecemento

incontrolado e desigual, apoiado na vía de saída da cidade cara a Mesoiro. Martinete e Someso son antigos asentamentos rurais na marxe do río Monelos, pero cun acceso complicado ao mesmo. Durante anos estiveron afastados da presión inmobiliaria e había unha clara separación entre os novos equipamentos, situados na marxe de Alfonso Molina e estes núcleos. Pero o aumento da capacidade das vías rodadas que os limitan, transformou por completo a sua situación até o punto de facerse irrecoñecible coa construción dun novo centro comercial e as torres de vivendas que o rodean. Este tipo de crecemento e, sobre todo, a constante presenza de vías de alta capacidade, están a crear situación de illamento e falta de relación entre os novos residentes quedando estas reducidas aos espazos de consumo existentes na zona.

83%

é o segundo barrio que máis merca en superficies comerciais, dos cales un 54% faino no barrio

38%

o que máis lles gusta do barrio son os centros comerciais, os polideportivos e que teñen todo o que precisan

7%

empregan o transporte público como medio de desprazamento

Superficie 106 Ha 2.75% cidade Densidade 42.26 ha/Ha

0 anos

45

+85

Poboación 4.480 hab 1.83% cidade

%

Lugares de bordo

070

10%


|U|

|U|

Solo Urbano e acceso a Parque de San Cristóbal

|G| |U|

|L| Esquema

|L|

|G|

de percep

cións

|P| |N| |B|

|N| |P|

|N| Movemen

tos no es

Esquema de percepcións |U| |L| |E| |O| |G|

pazo públ

|P| |B| |I|

|N|

|B|

ico

Prazas comunitarias e relacións con equipamentos

Proxectos urbanísticos Definidor límite barrio Elemento configurador Espazos oportunidade Máis gusta do barrio |M|

Movementos no espazo público

Equipamentos de cidade na creación dun centro periférico.

|N| Nodos confluencia |P| Espazo público | I | Influencia servizos no e.p.

Polos d

Actividades e servizos de barrio concentrados

|T| |3|

|1| |M||5|

|T| |T||5|

|A| |X|

|M| |T| |A|

|T||4|

e activid

A.VV.

Parada bus eq. comercial eq. sanitario eq. ensino eq. deportivo eq. cultural eq. administrativo eq. relixioso eq. benestar social eq. asistencial

Campo de Elviña

|B| |1| |2| |3| |4| |5| |6| |7| |8| |9|

Recinto Ferial

Núcleo de actividade Actividade temporal Lugares de compra Esp. actividades/cultural

Centro Comercial e Coliseum

|A| |T| |M| |X|

ade

Centro Comercial

Polos de actividade

200m

071

A cidade dos barrios


A Zapateira Na actualidade trátase máis dunha zona que dun barrio no sentido de cohesión que observamos noutras partes da cidade. Empezou como unha venda de parcelas sobre solo rústico durante a década dos anos setenta até que o Plan Xeral de 1985 outorga a clasificación de urbano para as faldas do solo monte, deixando como non urbanizable o resto da zona, polo que, segundo as leis en vigor daquela, se podía edificar con tipoloxía de vivenda unifamiliar. Á chegada do Plan Xeral de 1998, practicamente estaban edificadas todas as vivendas. Este Plan prevía a realización dun Plan Especial de Infraestruturas para adecuar os servizos urbanísticos ao barrio que non se chegou a

realizar. Estes feitos mostran hoxe un tecido edificado no que apenas existen espazos de relacións entre os veciños e nos que a dependencia do automóbil é completa. As inmellorables vistas desde a ladeira norte e as boas comunicacións de entrada e saída da cidade motivaron o alto prezo do solo nestes últimos anos, o que levou consigo a construción de vivendas de significativas dimensións e grandes orzamentos, reforzando deste xeito as proteccións visuais das fincas e a ausencia de espazos de relación veciñal. O desenvolvemento definitivo da Universidade na parte baixa da ladeira e a permisividade dos concellos limítrofes, levou á construción de residencias e servizos asociados á mesma, incrementando notablemente a poboación da zona e a frecuencia das comunicacións do transporte público co centro da cidade.

52%

é o barrio que máis se queixa da falta de servizos, non hai cafetarías nin bares, e o 35% quéixase das malas comunicacións e os accesos á autoestrada

87%

é o que máis emprega o coche ou moto como medio de transporte

35%

pasa menos dunha hora no espazo público, o barrio que menos tempo pasa cunha media de 1h.23 min.

90%

prefiren no seu barrio beirarrúas máis anchas e arboradas en vez de aparcadoiros

Superficie 117 Ha 3.03% cidade Densidade 17.15 ha/Ha

0 anos

45

+85

Poboación 2.007 hab 0.82% cidade

%

Lugares de bordo

072

27%


cións

Esquema de percep

Configuración residencial unifamiliar illada.

|L|

Ausencia espazo libre colectivo

lico

espazo púb Movementos no

|B|

Percorridos peonís ata parada de bus

|P| |P|

|B| |B|

Esquema de percepcións Proxectos urbanísticos Definidor límite barrio Elemento configurador Espazos oportunidade Máis gusta do barrio

Polos de actividade

|T|

|2|

Movementos no espazo público |N| Nodos confluencia |P| Espazo público | I | Influencia servizos no e.p.

|3||T|

|2| |T|

|B| |1| |2| |3| |4| |5| |6| |7| |8| |9|

Parada bus eq. comercial eq. sanitario eq. ensino eq. deportivo eq. cultural eq. administrativo eq. relixioso eq. benestar social eq. asistencial

Hospital Policlínico

Núcleo de actividade Actividade temporal Lugares de compra Esp. actividades/cultural Begano

Polos de actividade |A| |T| |M| |X|

|T||9|

Dotacións na contorna, artelladas pola estrada |4||T|

|T||3|

|3||T| Escola infantil

|U| |L| |E| |O| |G|

|B|

200m

073

A cidade dos barrios


Novo Mesoiro Ao amparo das novas vías de circunvalación da cidade, xurdiron varias propostas urbanísticas, das cales a máis significativa é a de Novo Mesoiro. No plan xeral de 1985 tiña xa consideración de solo urbanizable con tipoloxía de vivenda unifamiliar, e probablemente como complemento aos barrios de Feáns e Mesoiro,ao igual que outras urbanizacións próximas. Pero dentro do seguinte planeamento, en 1998, obtén a nova calificación, e finalmente o plan preséntase nos primeiros anos do seculo XXI e constrúese apenas nos últimos cinco anos. O proxecto presenta todas a caracteristicas “numéricas” esixibles para un novo desenvolvemento urbano, aínda que o

sobredimensionamento das edificacións é máis que evidente desde a proximidade e, sobre todo, desde a distancia. Este feito queda enfatizado pola baixa calidade estética de moitos dos edificios e pola descomunal presenza das partes traseiras dos mesmos nos nucleos tradicionais do seu redor. A estrutura lineal do barrio reduce as posibilidades de convivencia veciñal, un feito que é enfatizado pola inadecuada ubicación de moitas das zonas verdes nunha zona de grande complexidade topográfica. A pesar de tratarse dun barrio cunha pobación razoablemente homoxénea, non se produciron as suficientes sinerxias para crear unha unidade veciñal a través dos espazos públicos. Tan só certos temores sociais e a utilización das novas tecnoloxías están a favor da creación de grupos de actuación conxunta dentro do barrio.

20%

barrio no que máis lles gusta a súa estrutura, por mor do seu crecemento e que é novo, ainda que lles disgusta que non haxa vida de barrio

70%

son os que máis tempo pasan noutros barrios (non lindeiros), sendo o 49% por lecer e un 17% por traballo

13%

un dos barrios que menos elixe camiñar como medio de transporte. Teñen a media de distancia máxima percorrida máis baixa: 809 m.

Superficie 27 Ha 0.70% cidade Densidade 124.22 hab/Ha

0 anos

45

+85

Poboación 3.354 hab 1.37% cidade

%

Lugares de bordo

074

29%


Acondicionamento do solo para áreas recreativas

|U|

|L|

|U| |O|

Esque

ma de

percep

cións

|I|

Espazos para o lecer cotiá, infantil e paseo |P|

|U| |L| |E| |O| |G|

|P|

Move

ment

Esquema de percepcións

os no

Proxectos urbanísticos Definidor límite barrio Elemento configurador Espazos oportunidade Máis gusta do barrio

espaz

|N|

|P| |B| |P|

|P|

o púb

lico

|A||9|

|1||M|

|A|

Movementos no espazo público

|A|

|N| Nodos confluencia |P| Espazo público | I | Influencia servizos no e.p.

Polos

|A|

de acti

vidade

|B| |1| |2| |3| |4| |5| |6| |7| |8| |9|

Parada bus eq. comercial eq. sanitario eq. ensino eq. deportivo eq. cultural eq. administrativo eq. relixioso eq. benestar social eq. asistencial

075

Av Novo Mesoiro

Núcleo de actividade Actividade temporal Lugares de compra Esp. actividades/cultural

Traseiras edificación

|A| |T| |M| |X|

Cancha deportiva

Polos de actividade

200m

A cidade dos barrios


Lugares de bordo 0

Polígono de Elviña durante os anos sesenta, pero estase a transformar por completo na actualidade coa construción de novas estruturas dotacionais no acceso da cidade. Por último, o barrio da Zapateira considerouse como agrupación de vivendas unifamiliares illadas próximas a saída da cidade, aínda que nos últimos anos estanse a construir novas urbanizacións de grandes dimensións noutras zonas do outeiro. Son espazos urbanos sometidos a un proceso de transformación de grande envergadura nunha marxe temporal acotada e recente. O progresivo desprazamento dos centros de negocios cara ás periferias residenciais e a intrusión de novos equipamentos comerciais dunha notable dimensión, apoiándose no contacto coas vías de alta capacidade, alterou notablemente a vida deste conxunto de barrios.

esq inf esq: x=0 y=30

Trátase dunha área de grande heteroxeneidade que ten en común a súa ubicación xeográfica no bordo da cidade, polo que se reproducen síntomas semellantes, pero en localizacións diferenciadas. A maioría destes núcleos foron, durante anos, asentamentos rurais que pola súa topografía e proximidade ao río Monelos 10 servían 0 de áreas de abastecemento agrícola da cidade 5 central. 0 Esta situación é especialmente visible no caso de Mesoiro e Feáns, nos que a súa distancia ao centro permitiulles manter un tipo de vida afastado dos hábitos urbanos, aínda contando con servizos propios da cidade. O caso de Elviña non é moi diferente, pero está condicionado, primeiro, pola construción do novo acceso á cidade nos anos cincuenta e, recentemente, pola ubicación da maioría de servizos da Universidade. A zona do Birloque foi o remate das actuacións no

0

5

85

Zapateira Lugares de bordo

Interésannos desta situación as dualidades constantes dos espazos de bordo. A presenza de múltiples contradicións enriquece estes lugares con características singulares que resultan esenciais para a cidade. A miúdo son reducidos no seu significado para ser utilizados como áreas de oportunidade e repetir modelos da trama urbana consolidada, neste caso, cunha maior comodidade de acceso. A alteración extrema e homoxeneización que producen as “edge cities” (1) ao trasladar importantes áreas de negocio aos espazos 076

Equipamentos 42 15.39 m�/hab Zonas verdes 26.5 Ha 19.52 m�/hab Superficie 1.137 Ha 29.46% cidade Densidade 11.94 hab/Ha Poboación 13.576 hab 5.47% cidade +85

Esta zona de análise comprende os núcleos tradicionais de Feáns e Mesoiro, o barrio de nova creación de Novo Mesoiro, o antigo concello de Elviña, dividido en San Vicente e o Castro, a área formada por outro anti0.5-1 go concello, San Cristobal das Viñas, os asentamentos tradicionais de Someso e Martinete máis o barrio do Birloque, e a zona residencial da Zapateira, na ladeira 0 do mesmo nome. Tamén forman parte desta zona o 0-40 antigo asentamento de Vío, hoxe rodeado de polígonos industriais, e o das Rañas, que mestura diferentes tipoloxías edificatorias.

45

25

0 anos

0

%

17.4%

(1) Garreau, Joel. Edge City. Life on the new frontier. New York: Doubleday. 1991


No gráfico represéntase a zona de estudo superpoñendo as novas e determinantes vías de alta capacidade de acceso á cidade. O seu carón xurden múltiples instalacións residenciais, comerciais, industriais e educacionais deixando importantes bolsas de indefinición urbana no contacto coa cidade construída.

Lonzas

San Cristovo

IKEA

Birloque As Rañas

EXPOCoruña Coliseum Someso

Carrefour

San Vicente

polígono mayorista

Univ Campus Elviña

Mesoiro Vio

Espacio Coruña

Castro de Elviña

POCOMACO

Univ Campus Zapateira polígono residencial

Novo Mesoiro Zapateira Feáns

CESUGA

Breogán

Lugares de borde

Valaire

1/30.000 barrio elemento destacado

equipamentos terceira rolda derivacións límite de barrio 077

A cidade dos barrios


Lugares onde pasa máis tempo lecer mercar traballo máxima distancia camiñando destino 1km

de bordo contrasta coa intensidade e pluralidade das actividades menores, dos negocios non regulados, da convivencia sen ordenanzas, etc., que posúen estes lugares. A irrupción de novas vías altera por completo -e xeralmente de modo imprevisible- estas paisaxes, xerando así mesmo novas partes “traseiras” do urbano. Son espazos de indefinición e desinterese que acaban concentrando usos non programados, pero desexados dos que podemos obter importantes leccións. Os novos complexos de negocios, tanto de oficinas como comerciais ou “servizos”, resólvense cara ao interior das súas arquitecturas negando por completo toda relación co lugar no que se asentan. No caso analizado conflúen ademais a existencia dun polígono loxístico e a presenza de dous campus universitarios non vinculados. Neste contexto, e apoiándose aínda nos vellos camiños de acceso á cidade, agora pavimentados, sitúanse algo mais de dez mil habitantes residindo en seis barrios distintos. Polo xeral, os espazos de bordo, en especial ao estar en contacto coas vías de comunicación, son exemplos de indefinición programática. O xeógrafo portugués Álvaro Domingues (2) incide na ausencia de regulación dos lugares de bordo, que os converte en extraordinarios mostrarios dos desexos dos cidadáns Lugares de bordo

e reflexos da permanente capacidade de reconfiguración. Igualmente, Loukaitou-Sideris e Ehrenfeucht (3) céntranse no interese destes espazos como áreas de negociación e conflito do espazo público, en especial en partes de cidade nas que outros elementos urbanos -prazas, parques,..- non existen ou son claramente secundarios. En ambos casos trátase de reflexións sobre o espazo visible, aínda que na actual planificación das cidades é 078

(2) Domingues, Álvaro. A Rua da Estrada. Ed. Dafne Editora. 2009
 (3) Loukaitou-Sideris, Anastasia & Ehrenfeucht, Renia. Sidewalks. Ed. The MIT Press, 2009


1 km

0 km

079

A cidade dos barrios


necesario ampliar a mirada cara aos espazos agochados tras estas fachadas nos que se atopan exemplos máis reais dos desexos dos cidadáns.

Birloque_barrio residencial en altura en situación periférica respecto á cidade, cambia a sua condición de contorno ao ser absorbido pola nova urbanización de Someso.

Durante anos o antagonismo entre o campo e a cidade era o eixo das disputas económicas (4); na actualidade, cando menos no bordo urbano, esa fronteira desapareceu. Ocasionalmente mantéñense os xeitos de vida usuais nunha estrutura rural pero a imparable aparición de novas construcións descontextualizadas tende a anular as tradicionais relacións entre o territorio, a arquitectura e a sociedade.

Novo Centro_nova urbanización de Someso formada por torres de vivendas e oficinas vinculadas aos tres grandes equipamentos do barrio. Posue unha situación estratéxica en canto accesos rodados e dotacións de servizos a nivel comarcal, polo que constiue un foco urbano como novo centro da cidade.

A deslocalización dos servizos Segundo algúns autores (5), o mellor indicador da conciencia social é o Index Of Consumer Sentiment, xa que reflexa o optimismo acerca da situación mundial en función das gañas de gastar. Se este fose un indicador válido podería servir para exemplarizar os desexos consumistas da cidade da Coruña, xa que é unha das cidades con maior Superficie Bruta Alquilable (SBA) en centros comerciais de todo o país. As cifras varían sustancialmente entre as “pequenas” dimensións dos espazos comerciais de Catro Camiños (14.900 m2) e El Puerto de Ocio (11.500 m2) ou as superficies “medianas” de Los Rosales (30.000 m2), Espacio Coruña (41.000 m2) até o Centro Dolce Lugares de bordo

Vita, con 63.000 metros cuadrados, que xa ten unha extensión significativa. A próxima inauguración de Marineda City, con 191.000 m2, incrementará estes números dun xeito desproporcionado até converter a cidade na primeira en número de metros cadrados de superficie comercial por habitante. Posteriormente avaliaremos estas cuestións en relación á súa influencia no pequeno comercio da cidade, pero neste apartado interésanos valorar a súa disposición na periferia da cidade alterando os movementos dos residentes e enfatizando a miúdo a dependencia do automóbil. 080

(4) Harvey, David. Urbanismo y desigual social. Ed. Siglo XXI. (5) Aportación de William Leiss citada por Margaret Crawford na introdución do libro Variaciones sobre un parque temático. Ed. GG.


(6) Pódese consultar en http:// www.portaldelcomerciante.com/

Obviamente, os centros comerciais, dependendo da súa dimensión, teñen un mercado potencial diferente (6). Aínda que nas proximidades desta área da cidade concéntranse a maioría das superficies comerciais referidas con anterioridade, imos centrarnos no conxunto formado polo antigo centro comercial Carrefour, o novo Espacio Coruña, o Coliseum e o Recinto Feiral da cidade. Segundo a clasificación citada con anterioridade, o Carrefour estaría pensado para unha área de influencia de 40.000 habitantes e unha distancia en automóbil de entre 10 e 20 minutos. Porén, o novo Espacio Coruña permite e xustifica desprazamentos de até media hora e unha área de influencia de 100.000 habitantes ao incorporar ademais unha oferta de ocio e restauración. Deste xeito, estas áreas comerciais convértense en novos polos de actividade ou rótulas dinámicas na cidade que, en contraposición aos espazos centrais de convivencia, basean o seu funcionamento na dependencia dos vehículos. Este é un fenómeno que está a suceder en todas as grandes urbes desde hai anos, e con especial incidencia na cultura anglosaxona. Nas cidades medias como A Coruña é un proceso relativamente recente, pero con grande fortaleza. 081

Voltando a este punto concreto, a conxunción doutros espazos de pretensións supramunicipais -como o recinto feiral ou o Coliseum- parece presentarse como unha nova centralidade repetindo o proceso que anos atrás se viviu en Catro Camiños. A diferenza e probablemente causa de problemas futuros, é a inexistencia de espazos urbanos nesta área e a súa total dependencia do automóbil. Os novos lugares créanse desde a óptica periférica, pero a súa posición na cidade e a incorporación de áreas residencias ao seu redor poderíalles conferir unha maior calidade urbana se se contemplasen como lugares híbridos, capaces de responder a unha e outra situación de A cidade dos barrios


A Zapateira

Ultreya Mansosol

A Coruña 6.5 Km

A Coruña 6.5 Km

24

Breogán A Coruña 7.2 Km

30´ 23

Aguas Mansas

23A

50´

50´

O Carón A Coruña 8 Km

Ultreya

A Coruña 6.7 Km

Valaire

A Coruña 6.5 Km

A Coruña 6.8 Km 24

Edificación 24 Urbanización A Coruña Urbanización Culleredo

30´

Equipamento 30´ Recorrido bus

24

30´

Coche como medio de transporte que máis usa

Liña de bus urbano e frecuencia

24

30´

Montegolf A Coruña 9.1 Km

Distancia a Catro Camiños Dispón de vehículo propio Servizos para a comunidade Zona común

Ten que desplazarse para traballar

Parque infantil Pista deportiva Piscina

Lugares de bordo

082


xeito simultáneo. Ao priorizar a chegada de vehículos e as comunicacións, estanse a anular as posibles relacións peonís, descoidando o tratamento dos espazos intersticiais que nesta parte da cidade, coa presenza da Universidade, poderían ser especialmente activos. Vidas en comunidade

(7) Artigo Tiempo Variable en Arquitectura Viva nº112. (8) Ferrás, Carlos en http://www. ub.es/geocrit/sn-69-68.htm

Consecuencia desta nova “centralidade” é a aparición de agrupacións de vivendas unifamiliares nos bordos das cidades. No caso da Coruña, novamente, o fenómeno existe, aínda que dun xeito proporcional, polo que non crea grandes extensións urbanizadas como noutras cidades de maior dimensión. Esta opción residencial, que tamén afecta aos municipios limítrofes como receptores máis flexibles destes proxectos extensivos, conleva graves alteracións no territorio. Hai poucos anos Richard Ingersoll escribía que “o consumismo ten desatado unha oleada de despilfarro de recursos e danos ambientais que deixou un rastro de entropía acelerada”(7). Estas accións irreversibles sobre o territorio, a pesar do progresivo aumento dos estudos previos e informes pertinentes, supoñen un considerable custo para os cidadáns, tanto no eido económico como no social ou no medioambiental. 083

As enquisas deste traballo mostran como unha considerable parte da poboación da cidade (20%) preferiría vivir fóra da mesma. É posible que parte desas causas sexan consecuencia dos desenvolvementos excesivos nalgunhas partes da cidade, pero outra parte demanda unha vida non urbana como estratexia de convivencia e relacións de veciñanza. Probablemente parte da poboación xa non perciba a cidade actual como ese espazo de diálogo no que son posibles as relacións casuais, na que se fomentan as actividades colectivas e a heteroxeneidade é un valor positivo. Esa parte da poboación apóiase nas discutibles centralidades de consumo dos bordos da cidade, crea comunidades illadas e espazos de convivencia homoxéneos a imaxe dos representados na televisión como testemuña do sprawl norteamericano. Tal vez co paso dos anos e o emprego das tecnoloxías o incremento destas zonas residenciais en contacto coa natureza ou incluso a volta o rural vaian tomando forza. A contraurbanización (8), o proceso de migración cara ao rural, poderá aumentar nos vindeiros anos, pero temos que ser conscientes de que non pode facelo esixindo os mesmos servizos urbanos e que a baixa densidade, se ben pode aportar vantaxes particulares, ten un alto custo colectivo. A cidade dos barrios


Estratexias de conexión Son varios os autores que describen estes espazos de bordo -residenciais, comerciais ou industriais- como arquipélagos no territorio (9). Fan referencia, obviamente, a realidades illadas, con baleiros circundantes, “agrupacións” feitas por retais e que, no mellor dos casos, tratan de integrar cada un dos anacos a posteriori. Noutras ocasións, incluso se trata de continuos construídos e son os equipamentos ou os espazos públicos os xeradores deses arquipélagos. Nós, polo xeral, entendemos que non é posible -e sobre todo, desexable- describir a cidade contemporánea como unha suma de feitos illados; a forma urbana é unha parte máis da cidade, e como tal, non pode ser considerada de xeito independente. En calquera caso, esta interpretación inicial ten un sentido global na programación da cidade se ben, como dixemos, para chegar a aproximarnos ao coñecemento da mesma, temos que “inventar” progresivas agrupacións ou capas que nos permitan entender cada unha das partes do todo. Dous dos datos illados que estudamos foron as relacións dos barrios co centro da cidade tradicional e o grao de satisfacción co barrio no que habitan o grupo de cidadáns enquisados. Para iso definimos o contorno do Obelisco como centro da cidade por ser a zona de paso con máis actividade. Este punto é articulador de moitas das actividades convivenciais da cidade peonil, polo que a cuestión centrouse nas veces que os veciños pasan camiñando por esa zona, o que nos servirá para coñecer a dependencia, vinculación e uso dos servizos da cidade central. Os resultados acadados mostran unha porcentaxe similar de paso por este punto da cidade, aínda que varían desde o promedio de 3.13 visitas ao mes dos barrios de Feáns e Mesoiro até as 2,31 visitas de Elviña ou as 2,71 de Novo Mesoiro. Trátase dunhas Lugares de bordo

100% 75% 50% 25%

Frecuencia andando preto do obelisco

0%

Novo Mesoiro

Feáns Mesoiro

1/semana

S. Vicente e Castro Elviña

1/15 días 1/mes ou menos

porcentaxes elevadas até o punto de que os veciños de Elviña son os que menos pasan por preto do Obelisco de entre todos os barrios da cidade. Algunhas das razóns que apuntan son as escasas conexións de transporte público, a non existencia de carril bici ou sendas peonís que conecten estes barrios co centro da cidade e eviten a fronteira psicolóxica que supoñen as vias de alta capacidade. Aínda así, A Coruña é unha cidade cunha grande vinculación co centro, xa que incluso os barrios, como estes que teñen unha difícil comunicación cos espazos centrais, conservan unha importante dependencia dos 084

(9) Grande, Nuno. Los nuevos mapas de la ciudad contemporánea en Habitares. Ed. Andar Quatro. 2009.


[NOVO MESOIRO]

+

-

5% (monte, espazo) 20% (novas construcións) 2% (bares) 55% (a tranquilidade e a xente) 10% (está afastado da cidade)

-

[%] séntese a gusto no barrio + o que máis lle gusta do barrio - o que menos lle gusta do barrio

-

085

[82% a gusto]

9% (monte, natureza) 6% (a tipoloxía de vivendas) 3% (tes preto o necesario) 67% (a tranquilidade e a xente)

Feáns

29% (as urbanizacións de arredor) 18% (as malas comunicacións) 20% (falta de servizos e as frecuencias do bus) 15% (as expropiacións) 6% (está afastado)

[S.VICENTE E CASTRO ELVIÑA]

+

Novo Mesoiro

15% (faltan zonas verdes e hai poucos lugares para estar) 5% (falta mantemento e hai pouca iluminación) 12% (falta aparcadoiro, hai malas comunicacións e infraestruturas) 38% (falta transporte público) 5% (non hai vida de barrio) 6% (está afastado de todo)

[FEÁNS - MESOIRO]

+

[62% a gusto]

[87% a gusto]

5% (a natureza) 5% (a igrexa e as cafetarías) 60% (a tranquilidade e a xente) 7% (é un pobo preto da cidade)

Elviña

2% (non hai zonas para nenos) 12% (o abandono, as beirarrúas) 13% (falta aparcadoiro, as malas comunicacións) 30% (falta transporte público e a universidade) 15% (as expropiacións, a falta de vida e algunha xente) 3% (a estrada)

A cidade dos barrios


mesmos. Probablemente a nosa condición de ser seres sociais, a necesidade de relacionarse co outro, traspasa os inconvenientes descritos. A procura de cambio de escenarios, de nutrirse de novas relacións, intensidades, cores, olores, texturas… independentemente de se a interacción co barrio é satisfactoria ou non, fai que non renunciemos aos espazos que a sociedade -dun momento determinado- clasifica como “centro” dunha cidade nun momento determinado.

50%

40%

30%

20%

Como se poderá ver nas enquisas, o grao de satisfacción co barrio é moi elevado, pero nestas zonas a demanda de novos servizos tende a identificarse cun maior grao de urbanidade, probablemente consecuencia desta dificultade de conexión co centro da cidade.

10%

0 anos

30-44 anos

+65 anos

Os graos de identificación

Lugares de bordo

dad

e

62%

8%

Zona

Fóra da cidade

arte

da c i

Novo Mesoiro

30%

ra p

No barrio

Nou t

De xeito complementario, tratamos de valorar o grao de identificación dos veciños co seu barrio. Para avaliar especificamente esta situación imos profundizar na área residencial de Novo Mesoiro, como dixemos, un dos últimos barrios en incorporarse á realidade urbana da Coruña. Ubicado entre o núcleo rural de Feáns e o polígono industrial de Pocomaco, destaca, entre outros aspectos, polas súas voluminosas edificacións de vivendas, ben identificables xa a distancia, e resultando excesivas, incluso, para os que chegan á cidade en tren, xa que tras múltiples túneles xurden

086

Cidade Arriba: Poboación por grupos de idade Abaixo: ¿Preferiria vivir noutra zona da cidade ou fora dela?


aliñadas unha serie de “fichas de dominó” ou “caixas de mistos”, dándolle ao viaxeiro unha primeira imaxe da Coruña nun contexto confuso no que se mezcla o rural, o industrial e o residencial de alta densidade. Desde o interior dos bloques, o perfil demográfico do barrio mostra un contraste entre os seus ocupantes que lle confire certa heteroxeneidade -pola procedencia dos residentes- equilibrada cun patrón de idades bastante semellante. Incluso, a pesar de asentarse como un extrano nun contorno netamente rural, hai algúns lazos de parentesco cos barrios de Feáns e Mesoiro -onde é máis complicado acceder a unha vivenda- que están a servir de pontes entre ambas realidades. Isto, aínda que só sexa de xeito superficial, recubre o barrio dunhas señas de identidade e pertenza a un colectivo, que son máis propias do mundo rural o dalgúns barrios “consolidados” que funcionan como pequenos pobos. Nesta área residencial, con tan pouco tempo desde a súa construción, cómpre que o “fermento humano” permita levedar e conformar unha conxuntura propicia para que agromen certas relacións sociais que vertebren un sentimento comunitario e identitario aínda por construír. Paradoxicamente, as manifestacións públicas de certas demandas para o barrio están xogando un papel aglutinante nas relacións veciñais, con independencia da causa que defendan. 087

En Novo Mesoiro teñen un gran peso estatístico os grupos de idades comprendidas entre os 30 e os 44 anos, de feito, o seu volume porcentual é claramente superior ao dos restantantes ámbitos, destacando tamén a alta presenza de residentes aínda máis novos, con idades que van desde os 15 até os 29 anos. En contraposición, sitúanse as menores cifras porcentuais -as máis baixas- de individuos cunha idade superior aos 45 anos. Isto levará implícito un incremento dos nenos de aquí a poucos anos, polo que aínda resulta máis alarmante a escasísima calidade do espazo público proxectado. Voltando ao progresivo das relacións de veciñanza, se aceptamos a premisa de que a maior tempo residindo nun lugar, maior é tamén o arraigo e os vínculos que xurden entre esa zona e os seus moradores, e por extensión entre ditos residentes, resultaría facilmente comprensible a pouca satisfacción amosada polos veciños e veciñas de Novo Mesoiro á hora de vivir no seu barrio. Un nivel de agrado claramente inferior á media deste estudo na cidade. Da relación existente entre o perfil demográfico dos habitantes -baseándonos novamente nas súas idades-, e o grao de satisfacción que amosan, vemos que se trata dun tipo de residentes marcados por atoparse na súa meirande parte, en plena idade laboral, sendo unha minoría tanto as persoas en idade próxima á A cidade dos barrios


xubilación como, especialmente, os xa xubilados. Non parece complicado concluír que nunha meirande parte está vivindo en Novo Mesorio porque foron “desprazados” dos lugares nos que lles gustaría vivir e que, cando menos mentalmente, este tempo de residencia enténdeno como transitorio. Moi probablemente, iso será un reto cara ao futuro, xa que se definitivamente o mercado inmobiliario reposiciona os prezos das vivendas, o compromiso hipotecatorio superará vontades e desexos. A construción da cidade Outro dos aspectos considerados neste traballo e que paga a pena que sexa avaliado nesta zona, é a percepción sobre as obras necesarias e innecesarias na cidade. Deste xeito, ademais da resposta en si, valorabamos se se trataba de apreciacións sobre o propio barrio ou a cidade. Considerando de novo este conxunto de barrios, vemos como en Feáns e Elviña, tanto na demanda de obras como nas críticas ás realizadas, hai unha maior referencia ao barrio, mentres en Novo Mesoiro a pregunta enténdese en clave urbana. Nos desexos de obras necesarias en Mesoiro e Feáns destacan, como dixemos, as peticións de centros de sociabilización e convivencia. O carácter disperso da residencia e a dificultade de utilizar os espazos de Lugares de bordo

transición como lugares de convivencia potencian a demanda de centros sociais e espazos de lecer. No caso de Elviña, as peticións vincúlanse cos problemas de mobilidade peonil, tanto na relación deste barrio co resto da cidade como nas comunicacións entre San Vicente e o Castro. O máis destacado destes resultados son as consideracións sobre a obra incecesaria. No caso dos núcleos tradicionais de Feáns e Mesoiro destacan as críticas á urbanización de Novo Mesoiro. É probable que nesta resposta homoxénea existan causas heteroxéneas e que aparezan mesturados os que teñen queixas desta obra polo seu impacto no territorio e na vida destes barrios xunto con outros que simplemente non comprenden as razóns que levan a permitir estas novas edificacións en altura cando eles non poden realizar vivendas unifamiliares nas súas terras. Ambas posicións teñen argumentos dabondo para considerar innecesaria e sobredimensionada esta nova urbanización. Os factores económicos tamén se agochan nas queixas dos veciños de Elviña sobre o desenvolvemento da Universidade. Neste caso sería necesario por parte da institución académica dar mostras dos pequenos cambios positivos que pode supoñer para estes núcleos o contacto coa Universidade. É probable que a escala da 088

Obra veciña innecesaria Intervencións en proceso Polígono Novas urbanizacións Ben Interese Cultural Núcleo tradicional Que obra considera innecesaria? barrio cidade

Cal é a obra máis necesaria? barrio cidade


N煤cleos tradicionais

Ben de Interese Cultural

Novas urbanizaci贸ns

Pol铆gonos (POCOMACO e UDC)

Equipamentos

Futuras e actuais intervenci贸ns

Futuras infraestruturas

089

A cidade dos barrios


operación urbana e a proximidade de desenvolvementos urbanísticos excesivos, como o de Someso, estean a xerar desconfianza nos veciños da zona, ocultando a verdadeira potencialidade que podería ter un núcleo como Elviña co incremento da actividade educativa. Os límites difusos Nos bordos das cidades, a programación das mesmas tende a desaparecer. Entre outros, Ignasi Solà-Morales (10) referíase a estes espazos como “terrain-vague”. A indefinición dos mesmos foi progresivamente atraendo a atención dos arquitectos e dos xeoógrafos, que atopamos neles atractivas “partes traseiras” da cidade. Lugares de bordo

A liberdade coa que os cidadans actuamos nas partes menos visibles das cidades revela moitos dos desexos “reais” fronte á apariencia da fachada. Cando coinciden dúas partes traseiras, nelas créase un túnel de verdades sobre as vidas dos que alí viven ou traballan. Deste xeito, o contraste entre o que vemos -definido por alineacións e, ás veces, normas estéticas- e que ocultamos -normalmente alterado segundo as necesidades- mostra as dúas caras dunha mesma realidade. Voltaremos sobre este tema máis adiante para reflexionar sobre os xeitos nos que é posible percibir unha mesma realidade. (10) Solà-Morales, Ignasi. Territorios. Ed. GG. 2002. 090


091

A cidade dos barrios


A avenida 6 é o único punto de conexión decididamente aberto entre Pocomaco e Mesorio/Novo Mesoiro. Nel, dous polígonos, un cun uso residencial, e outro adicado ao comercio maiorista, amósanse coa súa característica morfoloxía pechada, onde as relacións xorden como meras anécdotas. O uso, o cotián, rompe moitas veces os límites marcados “a priori” para amosarnos complementariedades e intercambios, debuxando espazos difusos, tanto no uso como no tempo. Deste xeito, esta avenida convértese en rúa peonil, o río canalizado e as hortas en parque “verde”, o aparcadorio en pista de xogos e o bar en centro social .

Condensadores sociais

FRECUENCIA DE PASO POLO OBELISCO

35% 1/semana ou máis

Estes feitos contribuen á re-apreciación doutros condensadores urbanos cunha menor planificación, pero xeradores sociais dunha potencia extraordinaria. Un deses condensadores é o centro social “O Relámpago” que desde hai anos serve de punto de conexión entre o mundo da Universidade e o núcleo “rural” de San Vicente de Elviña. Ningún dos veciños do barrio olvida que foi unha construción feita entre todos eles -tras unha doazón particular no 1975- e probablemente este feito déalle unha maior identificación cos residentes, pero para as

Son espazos intersticiais nos que con moi pouco sería posible acadar unhas óptimas condicións de uso. A existencia de elementos básicos facilita o seu uso colectivo, aínda que a masiva publicidade institucional parece asociar, como xa mencionamos, o ultraplanificado e o aséptico co espazo público ao presentar estes espazos como “situacións temporais” -neste caso acentuado coa presenza dunha caseta de obra facendo as veces de centro social-. Esta situación está a levar a que parte da sociedade asuma con naturalidade as constantes obras de “mellora parcial” na pavimentación dalgunhas rúas ou prazas, sempre cun orzamento desorbitado, cando é posible atender moitas outras necesidades máis urxentes cun custo colectivo moito menor. Lugares de bordo

50% 1/mes ou menos

COMPRAS

54% compra en gran centro comercial 6% compra en tendas do seu propio barrio

MÁXIMA DISTANCIA CAMIÑANDO

45% ata 1000m

LUGAR ONDE PASA MÁIS TEMPO

41% no barrio

14% no barrio, por motivos de lecer

ámbito de máxima relación coa cidade

092


pequeno comercio panadería lavadoiro gasolineira cemiterio centro de estudo centro social igrexa praza praza arborada

nosas consideracións o significativo deste lugar é a súa capacidade integradora e de condensación de actividades. É esencialmente un atractor que sobrepasa o servizo de barrio e que recolle, polo tanto, múltiples inquedanzas dos veciños de toda a cidade. Un centro social pode ser só un centro ocupacional, o que, sen negar as súas contribucións, quédase nun lugar de mínimos. Neste caso, a creativade e a identidade -que abordaremos en detalle noutros capítulos- serven para crear un poso de afinante entre os residentes que se traslada de inmediato aos visitantes. A proximidade da sala de estudos Xoana Capdevielle 093

-inaugurada no ano 2006- completou a pluralidade dos seus usuarios que, ante a carencia dunha cafetería propia, utilizan este centro social como punto de encontro. Afortunadamente, nos últimos anos a sensibilidade na mistura do contorno rural definido por Elviña (en San Vicente e no Castro) e a cidade “estacionaria” da Universidade semella ir por bo camiño. As tensións derivadas dos procesos de expropiación teñen, polo xeral, máis relación co proceso de información que coa estrutura final do territorio. Como xa mencionamos existen múltiples experiencias de integración A cidade dos barrios


de campus universitarios con núcleos urbanos de diferente dimensión e, na maioría, ambos lugares saen beneficiados. Neste caso voltamos a pór o acento na necesidade de aproveitar a contribución de ambos mundos sen que iso implique a dominación dunha actividade sobre a outra, ou a excesiva temporalidade nos usos, ou a segregación completa deses usos. Como xa se mencionou con anterioride o traballo esencial é poder resolver con habilidade os puntos de contacto. Cando falamos de condensadores estamos a referirnos principalmente aos edificios, pero estes estenden a súa influencia ao contorno inmediato co cal, ao referirnos aos puntos de encontro, estes son, polo xeral, áreas envolventes, capaces de conter unha suma de actividades que concentren a diferentes persoas. No caso que tomamos como referencia, a praza arbolada, o sendeiro, a pista e as gradas, conforman unha complementariedade necesaria co centro social, diluíndo os criterios de propiedade até formar parte do conxunto. Lugares de bordo

A memoria do antigo lavadoiro existente no lugar segue a servir como excusa de reunión, mentres novos usos -como a festa- acaban por conectar aos veciños cos lugares que lles foron expropiados. O tratamento arquitectónico desde espazo, a capacidade para saber que non é necesario elaborar grandes construcións, senón estimular os usos flexibles e temporais do mesmo, é esencial para facilitar a conexión entre a Universidade e San Vicente de Elviña. Polo tanto, ser capaces de aproveitar os recursos que cada quen pode ofrecer, confiar nas estratexias arquitectónicas ou urbanísticas de baixo impacto e coser unhas partes da cidade con outras, semella ser un razoable punto de partida. Sobre estas bases formulouse o obradoiro participativo desta zona baixo o título de “Hortas na cidade dos barrios”.

094



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.