a cidade dos barrios
De xeito simultáneo realiza un estudio estatístico para coñecer as opinións sobre a cidade, tanto a nivel xeral como de barrio. O proceso de documentación, análise e interpretación foi desenvolvido por un equipo de arquitectos, enxeñeiros, sociólogos, xeógrafos e fotógrafos que reflectiron as súas ideas sobre espazos esquecidos da cidade, revelando algunhas das contradicións na súa planificación. Por outra banda, varios colectivos de arquitectos aproximaron estas controversias até os cidadáns, ofrecéndolles a posibilidade de participar de xeito activo mentres propoñían -e realizaban- contribucións arquitectónicas de baixo custe que servían para activar ou estimular as relacións de veciñanza.
unha mirada complementaria da Coruña
A Cidade dos Barrios ofrece unha mirada complementaria da Coruña na procura de percepcións esquecidas ou non sempre suficientemente consideradas; un percorrido polos barrios da cidade que considera o seu xurdimento, evolución e situación actual. Con ese fin establece oito temáticas principais: “Lugares de bordo”, na que se avalían os procesos de transformación dos límites da cidade edificada e está centrada nas zonas de Feáns, Mesoiro, Birloque, Elviña e A Zapateira; “Espazos de relación”, onde se describen as opcións de desenvolvemento dos espazos intersticiais na cidade, considerando a área de Matogrande, Monelos e Barrio das Flores; “Construcción da pluralidade”, que se aproxima ás experiencias de convivencia múltiple, neste caso partindo de situacións existentes nos Mallos e a Sagrada Familia; “Estratexias de densidade”, plantexado sobre o entorno da Agra do Orzán, e que reflexiona sobre as contribucións e problemáticas da alta densidade urbana; “Xeitos de visibilización” afonda nas distintas repercusións mediáticas das partes da cidade, tomando como base a zona de Riazor, Visma e As Roseiras; “Estratexias de sociabilización” avalía os presentes e futuros xeitos de comunicación entre os veciños, centrándose na zona de Montealto; “Procesos de centralidade” densenvólvese na área da Pescadería e o Ensanche e reflexiona sobre o significado da cidade central na actualidade; e, por último, “Contribución da paisaxe”, apóiase na zona do bordo marítimo da ría, nos barrios dos Castros e As Xubias, para recuperar o interese polo territorio.
unha mirada complementaria da Coruña
a cidade dos barrios