o_o xenérico e máis aló

Page 1

O XENÉRICO E MÁIS ALÓ Obradoiro participativo Ergosfera [As Atochas] [Montealto]

305

A cidade dos barrios


As Atochas - Monte Alto. Últimos urbanismos. Nas últimas décadas, o mercado inmobiliario, as administracións públicas e as institucións e gabinetes técnicos vencellados á arquitectura e ao urbanismo usaron nas Atochas - Monte Alto un sistema urbanístico de varias fases: 1) construción dun paseo marítimo que, ademais de acoller o tranvía turístico, funciona como barreira entre o barrio e a auga; 2) instalación de museos e outros equipamentos “culturais” de gran escala (mediática) no borde exterior do barrio; 3) edificación masiva e sen ningunha pretensión experimental nos ocos da trama urbana; e 4) novas promocións residenciais exclusivas nos baleiros ao borde do barrio e nos novos espazos interiores producidos polos cambios nos usos urbanos. Todo isto culminouse cunha guinda de película: 5) o premio “Patrimonio da Humanidade” para a Torre de Hércules. Mentres, desenvólvense novas fases da operación, tamén vellas coñecidas para os urbanistas: 6) especulación xeral, tanto dos cidadáns (agora propietarios dun activo ou inversores...) coma das inmobiliarias, as promotoras, as entidades financieiras, etc.; e 7) eliminación paulatina dos “tapóns urbanísticos”, para reducir a incontrolable complexidade e esponxar o tecido urbano a través da introducción de espazos públicos normalizados. Obradoiro: O xenérico e máis aló

Inda que estas medidas urbanas estaban encamiñadas a converti-lo barrio nunha zona unívocamente moderna, agradable, apetecible para o negocio inmobiliario, desconflitivizada, etc., a realidade é que levan anos xurdindo discursos críticos (tanto de “autor”, coma de barra de bar, ou desde os movementos sociais) sobre as consecuencias do desarrollismo inmobiliario máis extendido nos últimos anos no barrio. Estes pensamentos críticos responden a unha multiplicidade de “causas” que van desde o pasado anarquista e obreiro do barrio, á vida cotiá d@s veciñ@s (nuns determinados tipos de espazos, escalas, etc.), o sensible artellamento arredor do asociacionismo (A.VV. Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules, Asociación Faro de Monte Alto, Coro Cantabile, Club Deportivo Marte, etc.), ou a continua emerxencia -desde fai anos- de novos espazos sociais vencellados á actividade política e cultural con distintos grados de autonomía (C.S. Atreu!, C.S.O. Casa das Atochas, C.S. Gomes Gaioso, etc.). Esta densa realidade social das Atochas – Monte Alto semella un punto de partida plenamente aberto para encarar cuestións urbanísticas máis ¿determinantes? ou ¿avanzadas?, que as reclamacións maioritarias -e tamén necesarias, por suposto- que sí se fan públicas a través dos medios masivos e que unha parte das administracións públicas xa contemplan. 306

Na páxina seguinte: Esquema de varios temas e comentarios sobre Monte Alto feitos públicos en entrevistas, artígos, posts, etc., que representan algunhas das ideas presentes no imaxinario colectivo d@s veciñ@s do barrio.


Intentar ir máis aló do xenérico é simplemente unha afirmación de que os papeis políticos ou culturais do espazo público na vida cotiá do barrio, o significado das súas novas arquitecturas alén das cuestións estéticas, os temas referidos á propiedade do solo ou á xestión dos espazos comúns, por citar algúns exemplos, son asuntos dos que tamén se pode e débese falar desde o coñecemento directo d@s veciñ@s sobre o seu barrio. As Atochas - Monte Alto. A cuestión da(s) identidade(s). 1) Si hai algo que caracterice ao barrio no imaxinario colectivo d@s propi@s veciñ@s é probablemente esa incómoda palabra para os arquitectos e urbanistas: a identidade. Unha “identidade” que, neste caso, semella caracterizarse coma un forte sentimento de pertenza ao lugar dunh@s veciñ@s que recoñecen no barrio unha serie de cualidades diferenciais respecto ao resto da cidade. 2) Si os intentos de simular e potenciar unha determinada identidade presuposta tenden casi sempre ao fracaso ou á espectacularización, ¿por que non tomar á propia produción de identidades ou subxectividades compartidas (e non só aos seus produtos) coma un dos motores para cualifica-la cidade?, é dicir, ¿por 307

que non nos fixamos no paso previo á identidade e comezamos a importar referencias dos lugares onde éstas se producen? 3) Inda que é evidente que os novos bares da zona estanlle aportando un anovado e importante grao de diversidade, As Atochas - Monte Alto non pode acabar sendo únicamente o flamante “Soho coruñés”. As experiencias neste sentido tenden a rematar cas iniciativas ¿de base?, ¿independentes?, ¿alternativas?, a cambio dunha especie de posicionamiento global, que produce, ou ben unha reestruturación traumática dos habitantes do barrio (xentrificación), ou ben unha cidade más débil ante calquer tipo de cambio ou crise pola homoxeneización das súas actividades. 4) A cuestión é supera-las pretensións minimalistas de conformar unha imaxe corporativa, unha marca, para o barrio, e afondar nas posibilidades que xa representa a súa capacidade para producir imaxinarios diversos e conflitivos. Que o urbanismo xurda (tamén) das subxectividades que cohabitan nos barrios é un dos requerimentos para achegar á disciplina realidades máis complexas que as únicamente económicas ou sostibles.

A cidade dos barrios


A cidade non pode medrar cara ao mar; isto convirte ás Atochas - Monte Alto nun espazo para sempre, e simultaneamente, periférico e central. Hoxe en día, o mercado e as administracións públicas entenden a densidade soamente en termos de colmatación de arquitectura; potencialidade de negocio para unh@s, exceso de formigón para outr@s... entón, ¿quen se ocupa da densidade de cidade?

Monte Alto sempre foi cidade. Lugar estratéxico para as infraestruturas marítimas (Torre de Hércules). Zona inhóspita reservada aos equipamentos indesexables ou inasumibles pola trama urbana (cárcere, cuartel militar, cemiterio, fábricas, etc.). Barrio ¿obreiro? de estrutura urbana complexa. Foco ¿tradicional? de procesos sociais autónomos (anarquismo, sindicalismo, centros sociais autoxestionados, okupación, etc.). Nó principal da máquina inmobiliaria e os seus procesos asociados (especulación, mobbing, etc.). A historia desta península é a historia da colmatación de urbanidade.

De arriba a abaixo, e de esquerda a dereita: # Atlas de Pedro Texeira (1694) [http://www.celtiberia.net] # A Coruña. Plano histórico del Ministerio del Ejército (18721884). [http://www.coruna.es] # A Coruña. Plano de Fermín Gutierrez (1931). [http://www.coruna.es] # Evolución histórica do plano da cidade da Coruña (ata 1947). PRECEDO LEDO, Andrés; La Coruña, metrópoli regional. Caixa Galicia, A Coruña, 1990. # Vista aérea da cidade (setembro 2008) [http://www.coruna.es]

Obradoiro: O xenérico e máis aló

308


Á dereita: Algunhas das intervencións vencelladas ao paseo marítimo da Coruña que responden a cuestións máis relacionadas co mercado do turismo global que cas propias vidas cotiás dos barrios onde se atopan.

O paseo marítimo coma modelo urbanístico da cidade-espectáculo. O paseo marítimo da Coruña construiuse, polo de agora, en catro fases, entre 1990 e 2004. Durante estes anos foi unha das principais inversións do Concello e doutras administracións públicas de maior escala, ata chegar aos 10 km de lonxitude, e converterse no paseo costeiro “máis grande de Europa”. Actualmente, existen plans para expandir esta infraestrutura cara a ámbalas dúas bandas do borde marítimo da cidade. Á marxe dos debates estilísticos sobre a materialidade da barandilla ou as farolas “de deseño”, entendemos que o relevante desta intervención é a súa condición de estratexia urbanística a gran escala, a través dun modelo de desenvolvemento de tipo capitalista convencional, baseado no cambio dos usos e dos valores do solo e na construción de grandes contedores e infraestruturas “culturais”, atractores de turismo e inversións, pero que pouco aportan á vida dos barrios nos que se ubican. A súa capacidade coma espazo experimental resúmese na arquitectura do Club del mar de San Amaro (que hibridou parte das súas instalacións ca propia infraestrutura) e nun viaducto (que polo menos aumentou 309

o ridículo número de espazos públicos cubertos na cidade). Mais a súa construción implicou a destrución de moitas zonas de sensible valor ecolóxico e social, e de núcleos de poboación que, coma San Roque, aportaban esa diversidade formal e social que as cidades contemporáneas non parecen ser quen de comprender en termos de potencialidade (sen caer no folclorismo pailán). As repercusións nas Atochas, Monte Alto ou Adormideiras dos grandes proxectos e inversións urbanas vencelladas ao paseo marítimo (a Casa do Home, a Casa dos Peixes, o Hotel Meliá María Pita, o tranvía turístico ou o premio Patrimonio da Humanidade para a Torre de Hércules), redúcense practicamente ao incremento dos valores do sólo e á reprodución dos procesos especulativos que dominan o mercado da vivenda. A posibilidade de percorrer todo o borde marítimo da cidade a pé ou en bicicleta é unha situación urbana chea de posibilidades para as persoas; pero posibilitar este tipo de accesibilidade ¿total? á costa non xustifica, nin estas consecuencias socioeconómicas, nin a insensible (e nin se quera experimental) barreira de separaración co mar que supón a nova infraestrutura para o barrio, nin a destrución de boa parte da complexidade espacial e social do seu borde marítimo. A cidade dos barrios


Os produtos urbanísticos do século XXI.

Á esquerda: ######## Edificios residenciais construidos nos últimos anos no barrio das Atochas - Monte Alto. Ergosfera. Á esquerda, abaixo: # Edificacións residenciais do século XXI (2000-2008) [•] na trama urbana existente. [•] en ampliacións da trama urbana. [•] en novos ocos na trama urbana. Google Maps e Ergosfera. Na páxina seguinte, á esquerda: ###### 1ª e 2ª derivas contra a especulación en Monte Alto, convocadas pol@s invisíbeis en marzo e maio de 2007. Á dereita, arriba: ###### Unha nova paisaxe urbana: edificación existente vs. novas construcións. Ergosfera. Á dereita, abaixo: ### Proxecto de Galescola/Centro de día. http://barriomontealto.blogaliza.org/ http://www.lavozdegalicia.com/ http://www.adn.es/

Obradoiro: O xenérico e máis aló

310


Nega-la paisaxe urbana que queda trala era inmobiliaria tampouco serve para nada. ¿Cando imos pensar na nova diversidade vertical coma a posibilidade, por exemplo, de azoteas protexidas e utilizables ou de medianeiras manipulables polas expresións veciñais? Os grandes proxectos públicos fican nas máns da Arquitectura, e ésta fica entretida cos pixels, os degradados de cor e a produción de imaxes de cidadáns sempre felices. ¿A orquesta debe seguir tocando ata o final? A modernidade desexaba un espazo público apolítico (por neutral); o consenso contemporáneo quere un espazo público apolítico (por municipal). ¿Onde quedaron o conflito, a cultura, as subxectividades...? As incongruencias e as limitacións do urbanismo fanse públicas, entre outras maneiras, a través do problema da vivenda. ¿Xente sen casa, casas sen xente…? Si representamos as edificacións residenciais do século XXI, o plano das Atochas - Monte Alto semella unha especie de laboratorio urbano. ¿Arquitectura? Teleconcursos de madrugada. 311

A cidade dos barrios


Á esquerda, arriba: Cinco puntos de aplicación do concepto nas Atochas, onde @s veciñ@s, os centros sociais e a complexidade urbana non contan para o urbanismo.

A persecución dos chamados “tapóns urbanísticos”. As Atochas é un dos principais campos de experimentación na cidade sobre a eliminación dos chamados (e denostados) “tapóns urbanísticos”. Os criterios racionalistas nos que se basean estas intervencións, moi ligados o concepto de “limpeza”, concrétanse en: 1) reordena-la trama viaria de xeito que se garantice a completa accesibilidade da zona (en automóbil privado) e se consiga o efecto de orde que nos proporcionan as alineacións da edificación; 2) xerar un novo espazo libre como maneira de esponxar un tecido urbano que se considera excesivamente densificado; e 3) promover a construción de novas e “mellores” vivendas.

Á esquerda, abaixo: No caso concreto do “tapón urbanístico” das rúas Pintor Román Navarro e Atocha Alta, tanto o polígono H4.05, do Plan Xeral inda vixente (1998), coma o polígono Q18, documentado no novo Plan Xeral (xa aprobado incialmente no Concello), propoñen a destrucción dunha gran cantidade de vivendas que se poderían rehabilitar e dunha trama urbana complexa difícil de atopar noutras partes da cidade. Ademais, tampouco ten en conta a presenza na área de intervención dun centro social okupado, o C.S.O. Casa das Atochas que, por unha banda, leva un ano e medio producindo todo tipo de actividades sociais, culturais e políticas (desde a autonomía e desde a crítica ás institucións e aos mecanismos de xestión do espazo urbano na actualidade); e por outra banda, e inda máis relevante, acollendo outras formas de vida á marxe das posibles baixo as normas de xogo legais e económicas cas que organizamos a vida nas cidades.

Este tipo de actuacións, que minusvaloran as cualidades reais das tramas urbanas menos ortodoxas, véñense producindo desde fai séculos, valéndose de teorías urbanísticas pouco ambiciosas e normalmente vencelladas (inda que os discursos oficiais subliñen sempre coma prioritario a construción de novos e modernos espazos públicos) tanto aos mecanismos de control social gubernamentais, como ás derivas especuladoras que promove a máquina do sector da construción (entidades financieiras, promotores inmobiliarios, propietarios do solo, gabinetes técnicos, especuladores “de a pé”, etc.). Si buscamos “tapón urbanístico” no buscador Google, devólvenos tan só 992 entradas. Das 10 primeiras, 6 refírense a A Coruña, e das 50 primeiras, 22. ¿Teremos algo que ver ca invención deste concepto? ¿Estaremos a capitanea-la cruzada contra esta plaga urbana?

Obradoiro: O xenérico e máis aló

312


Arriba á esquerda: ## Ruinas abertas, utilizadas para realizar actividades á marxe da legalidade. O lixo como factor determinante da accesibilidade e uso [Rúa do Tren, As Atochas]. Arriba, á dereita: ## Solar baleiro, pechado e cheo de lixo [Rúa da Torre, As Atochas]. Abaixo: ## A intervención nun espazo baleiro como posibilitadora de novos usos e como provocadora de novas actuacións. O estado conceptual do lugar como espazo manipulable e resignificable non se perdeu trala intervención. [ChiringoPlaza, Monte Alto; proxecto colectivo convocado por Proxecto Zero e Ergosfera en xuño de 2009].

Intersticios, ocos, fisuras, baleiros… chámalle x. Posibilidades. A procura desmedida da racionalidade no trazado e cumprimento das alineacións e demáis estándares urbanísticos convencionais, produce un tipo de espazo urbano marcado por uns determinados ideais de “progreso” e “modernidade”. Que xa coñecemos e que sabemos que non son quen de acoller boa parte das subxectividades que cohabitan nas cidades. Quizais sexa a complexidade das tramas urbanas existentes (incluidos os ocos producidos polos procesos socioeconómicos que definen e fan cambiar cada fragmento da cidade) a que represente os papeis vencellados aos espazos para o cambio, á posibilidade da crítica, á creatividade e á experimentación en múltiples planos do social. E isto é interesante en tódalas escalas urbanas. O tema do uso dos solares baleiros, por exemplo, é unha reclamación cidadá histórica. Pero non é a ultimísima reclamación. Estes desexos de uso son coma dicir: “ei!, paremos un momento” e, mentres analizamos e debatimos o que podería ser a cidade (un debate que nunca deixará de ser necesario), deixemos que ésta atope ocos onde participar na discusión; a través da acción, que é a súa forma de expresarse. Por isto non 313

entendemos como único camiño o da rehabilitación (reconstrución) dos lugares que semellan baleiros ou en estado de ruina. 1) É posible que os espazos públicos que estamos a construir na actualidade teñan unha carga política excesiva, que os vencella de forma difícilmente evitable á estabilidade dos sistemas de organización social hexemónicos (xerarquías inamovibles, opacidades administrativas, delegación sempre nos de enriba, etc.); 2) Os usos que xa se producen cando o espazo público se expande e complexiza de maneira autónoma non poden seguir sendo un motivo de alarma sen máis; 3) Os solares baleiros ou as ruinas abertas son unha oportunidade, xa presente nas cidades, para experimentar con outras ampliacións do espazo público non codificadas de forma absoluta.

A cidade dos barrios


Esquema [incompleto] do ecosistema sociopolítico das Atochas e as súas actividades e “servizos” no barrio. É preciso subliñar algunhas cuestións: 1) Os tres centros sociais representados teñen unha escala metropolitana, xa que funcionan como nodos sociais, políticos e culturais nun plano moito maior que o do propio barrio; 2) Os diferentes grados de autoxestión de cada un deles permítenlles convertírense en plataformas críticas quen de introducir, na area pública, cuestións sobre o xénero, o tecnoloxía, o territorio, as migracións, o poder, etc., que nin a política oficial nin os medios de comunicación masivos acertan a entender coma pertinentes; e 3) Si ben é compricado -e de seguro inútil- tentar describir desde fóra a situación de cada un deles no contexto dos movementos sociais, sí se podería falar de varias cuestións comúns, entre elas, un posicionamento crítico respecto ao urbanismo convencional e un entendemento do espazo público como espazo plenamente político.

Ideas e propostas desde o común.

> O novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Durante as actividades de A cidade dos barrios nas Atochas - Monte Alto, e máis aló das conversacións puntuais con cada veciñ@ que participou nelas, producíronse catro encontros singulares: tres deles formulados como reunións de traballo previas nalgúns dos centros sociais das Atochas, e un debate final convocado como reunión aberta a tod@s no local da asociación de veciñ@s. Estes son algúns dos temas e das ideas que xurdiron neses encontros:

Inda que tralas reunións previas se acordou plantexalo debate final das actividades sobre como encarar o tema da autoxestión do barrio, a inminencia neses días da aprobación inicial do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), fixo que a conversación xirase principalmente en torno a este tema.

Obradoiro: O xenérico e máis aló

O novo PXOM, recentemente aprobado no Concello, e dirixido polo urbanista Joan Busquets, non convence a casi ninguén. As cualidades máis difundidas do plan (reducción da edificabilidade, corredores verdes, 314


transporte público, etc.) poden ser conquistas razoables pero non son abondo. Mentres o tráfico é detectado e definido coma problema urbano prioritario, moitos outros, coma o insultante prezo da vivenda, a falta de espazos de expresión cidadá, a práctica inexistencia de espazos públicos cubertos ou a importancia das tramas urbanas complexas, non entran no plan nin a nivel de análise. E ademais, ¿como é que un Plan, que foi publicitado como enormemente participativo, deixa a capacidade de intervir no devir da cidade relegada exclusivamente ao momento -gris- das alegacións?

Reunións previas = > C.S. Atreu! / luns 9 de novembro (20:30-23:30) (nas ## fotos de enriba) > A.V.V. Atochas - Monte Alto Torre de Hércules / martes 10 de novembro (17:30-19:30) > C.S.O. Casa das Atochas / luns 9 de novembro (20:30-23:00) Debate fin de festa = > Local da A.V.V. Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules / sábado 14 de novembro (20:30-23:00)

Ante esta situación, acordouse afronta-lo tema das alegacións ao novo PXOM de maneira conxunta entre os diferentes procesos cidadáns que xa están en marcha na cidade, e que manteñen unha postura crítica cos modos de facer urbanismo na actualidade. Para comezar a tece-las redes que fomenten apoios mutuos entre os suxeitos activos e críticos, proponse tanto reactiva-los vencellos cos colectivos e procesos xa coñecidos, coma tentar cartografia-las outras actividades cidadás que tamén son críticas co urbanismo, pero que non o fan explícito de forma directa (coma, por exemplo, os skaters e outros “manipuladores” do espazo público, os novos colectivos que non atopan espazo para organiza-las súas actividades, @s cidadáns para @s que a era inmobiliaria supuxo a inxusta expulsión da súa vivenda, @s usuari@s do espazo público que non contan para os seus diseñadores -a xuventude, @s vell@s, @s discapacitad@s-, etc.).

financieiro que produce a cidade de hoxe) despertan unha importante desconfianza nos participantes destas reunións. Neste contexto, propúxose pór en marcha novos tipos de relacións tranversais cas institucións, que permitan, por unha banda, a experimentación sobre as posibilidades da participación e da autonomía cidadá máis aló dos tópicos cos que nos manexamos tod@s, e, por outra, a posibilidade de analiza-las institucións desde a experiencia directa, co que se poderían plantexar dúbidas a través de “casos prácticos” de resolución de conflitos nos que nin as institucións públicas nin o mercado sexan, de maneira algunha, o administrador ideal. > A autoxestión veciñal. O debate subxacente que marcou estes días de actividades foi a necesidade de idear institucións que, desde abaixo, poidan encara-lo tema da autoxestión veciñal dun barrio, sendo conscientes en todo momento de que: 1) ésta é unha posibilidade complexa e longa no tempo, e que non se pode plantexar en ningún caso desde o espectáculo ou a captura dentro dos modos de facer urbanismo convencionais; e 2) a día de hoxe, o propio concepto de barrio xera algunhas dúbidas: si pensamos no tipo de relacións que se dan nos tempos de hoxe neles, case parece un mito inexistente; si pensamos en que poder definir a súa identidade é poder controlala, semella un concepto impertinente.

> O papel das institucións. O urbanismo e as institucións que xiran ao seu redor, entre eles, as entidades promotoras de A cidade dos barrios (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e arquitectos en xeral, aos que se relaciona con mirar para o ceo mentres a festa do ladrillo semellaba non ter fin), ou as institucións patrocinadoras (Concello da Coruña e Caixa Galicia, aos que se relaciona cos sitemas de control social e co modelo inmobiliario e 315

En calquer caso, a cuestión é poder decidir, desde o propio barrio e a través dunhas outras institucións sociais, tanto a colocación dun enchufe no espazo público coma o desaloxo dunha vivenda. ¿Cara a onde imos polo camiño das prohibicións e as normas cívicas baseadas sempre no medo? ¿En serio só podemos convivir nas cidades a través da prevención e das políticas securitarias? Non. A cidade necesita que manipula-lo espazo público sexa algo plenamente lexítimo. A cidade dos barrios


Non só opinións. Como xeito recaba-las opinións d@s veciñ@s sobre o barrio e o seu urbanismo, dispuxéronse unha serie de paneis onde calquer persoa podía expresarse sobre os temas do seu interese ou sobre unha serie de cuestións específicas que os paneis propoñían. A instalación funcionou a primeira tarde, mentres a climatoloxía permitiu as actividades nos ceadores de xardín que se instalaron na rúa da Torre. Un forte temporal e a nosa inoperatividade para atraer á xente ao local da Asociación de Veciñ@s reduciron enormemente a participación veciñal nos dous días seguintes. Quedámonos con tres cuestións: 1) As aportacións individuais ao debate sobre o barrio. @s cidadáns temos opinións formadas (e completamente expertas) sobre os espazos que vivimos a cotío. E gústanos expresalas. 2) A apertura d@s veciñ@s ante algunhas das cuestións que se formulaban nos paneis e nas conversas informais. @s cidadáns estamos abertos a escoitar outras formas de entende-lo urbanismo, incluidas opinións moi críticas ca realidade actual e alonxadas dos discursos máis mediáticos sobre a cidade e a súa xestión. 3) A elaboración e profundidade dos documentos aportados polas asociacións e centros sociais cos que mantivemos reunións previas. A autonomía e a cooperación colectiva posibilitan a introducción de desexos, modos de vida e subxectividades non convencionais no pensamento urbanístico. É moi sinxelo. Esta experiencia, como moitas outras, fixo pública a capacidade d@s cidadáns para compoñer discursos, tanto críticos coma propositivos, moito máis avanzados que os que reflicte o actual sistema -xerarquizado e centralizado- co que se toman as decisións urbanísticas que afectan aos barrios. Obradoiro: O xenérico e máis aló

316

Enriba e á esquerda: fotografías dalgúns dos paneis e da instalación na rúa da Torre, e que recollían os desexos, inquedanzas, queixas e propostas d@s veciñ@s.


Á dereita: Esquema das reflexións veciñais referidas a lugares concretos do barrio. Abaixo: Esquema das reflexións veciñais de caracter xeral.

317

A cidade dos barrios


Á esquerda: # Esquema do chirimbolo, cas súas partes e con algunhas das posibilidades de uso que podería acoller. Na páxina seguinte, á esquerda: vinilo autoadhesivo colocado no taboleiro explicando algunha das características do novo espazo; abaixo e á dereita: varias fotografías dos primeiros días do chirimbolo.

O chirimbolo. A última das actividades que se desenvolveron durante estes días, foi a construción dun pequeno espazo de comunicación cidadá inaugurado o sábado 14 de novembro no Campo da Leña. Esta nova peza urbana conta cun panel onde os centros sociais, as asociacións e @s veciñ@s en xeral poden expresa-las súas inquidanzas ou anuncialas súas actividades públicas nun punto central a escala urbana, de tal xeito que a realidade social das Atochas - Monte Alto, como barrio caracterizado por Obradoiro: O xenérico e máis aló

un ecosistema sociopolítico diverso e activo, se faga presente no espazo urbano. Ademais de ser unha iniciativa complementaria ao abuso (dentro da legalidade…) que, a través da publicidade no espazo público, fan tanto Mercado coma Administracións Públicas, este novo lugar pretende chegar a ser un punto ¿singular? para as iniciativas sociais do barrio, ofrecendo, ademais do citado espazo para a pegada de todo tipo de cartelería -non comercial nin electoral-, un lugar para a colocación 318


de panfletos e outros documentos, unha estrutura onde fixar pancartas ou algún tipo de cuberta, seis cadeiras de plástico e unha mesa desprazable en ocasións especiais ou para xoga-la partida no día a día da praza. Deseñado e construido máis aló de pretensións efímeras, a súa intención de permanecer no lugar si @s veciñ@s así o desexan, pon derriba da mesa do Concello a suxerencia de comezar a asumir con naturalidade que @s cidadáns tamén podemos construi-los nosos espazos sociais sin necesidade de mediacións comerciais ou burocracias limitantes. 319

A cidade dos barrios


Tod@s sabemos xa que o social non xurde principalmente nas arquitecturas e urbanismos cas que ordenamo-las cidades e sobre as que discutimos nos foros “culturais”. E isto é unha cuestión moi incómoda para @s arquitect@s/urbanistas. Podemos renunciar a interferir na emerxencia do social e continuar a construir a cidade como ata agora. Poderíamos centrarnos entón na mellora das nosas capacidades gráficas para producir imaxes de obxectos e xente feliz, ou na procura e recollida compulsiva de datos cos que xustifica-la trascendencia do noso traballo. Como a sección emerxente do social seguirá xurdindo nos ocos, nas periferias, nos bares, nos espazos autónomos, etc., a nosa misión neste sentido reduciríase a conservar e promover espazos sen arquitectura/urbanismo nos que o social poida comezar de cero. Si, polo contrario, preferimos adicarnos a producir e complexizar ditas emerxencias do social, é preciso superar dunha vez por todas tanto a nosa tendencia ao abandono da arquitectura como o achegamento -xa non sempre experimental- cara ao efímero. Necesitamos novas referencias para a disciplina, complementarias ás dos libros e ás das escolas e que den conta das cualidades arquitectónicas que xa son Obradoiro: O xenérico e máis aló

quen de produci-la diferencia na cidade sen recurrir ao parámetro económico ou aos papeis que xustifican a nosa cidadanía. As Atochas - Monte Alto, ca súa complexidade urbana na que cohabitan e se enfrontan procesos sociais de todo tipo (en rede, indiferentes, antagónicos, etc.) é, sen medo a caer no tópico romántico e acrítico, un dos laboratorios onde se están a xestar e experimenta-las novas formas de entende-lo urbano. As grúas e as promotoras, as ruinas territorializadas por ionquis, os novos bares de moda, a okupación de edificios abandoados para construir novos centros sociais autoxestionados, a memoria histórica dos rebeldes, o sentimento de vivir “nun pobo dentro da cidade” ou de “poder baixar de casa sen cartos”, ou os espazos dos frikis e dos “bohemios”, son todas cuestións que poñen en marcha sistemas arquitectónicos ben definidos e que se están a superpoñer nesta parte da cidade. Hoxe. Ningunha publicación especializada ten por ben estudar estes fenómenos da normalidade. E aqui (ou o que é o mesmo, en todas partes) é onde se están cocendo boa parte dos ingredientes da cidade conflitiva e eterna. 320

Agradacemos os consellos de Carlos Pita e o bon facer de Suso e o seu equipo de Veiras Metal na construción da estrutura.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.