INSERCIÓN DE ESPAZOS DE CONVIVENCIA Obradoiro participativo Grupo Dodó [Os Mallos] Parque de Vioño
177
A cidade dos barrios
Estación FF.CC
Estación Buses
SITUACIÓN E CONTEXTO Palabras clave: Movilidade, Heteroxeneidade, PXOM, Espazo Público, Cooperación. A área obxeto deste traballo recolle aos barrios de Sagrada Familia, Os Mallos, Sardiñeira, Falperrra, o parque de Santa Margarida e o novo crecemento de Vioño. A maior parte do barrio correspóndese co distrito 4, ten unha superficie de 127,4 Ha cunha poboación total duns 40.000 hab. Resultando unha densidade de 310 habitantes por hectárea o que supón preto do 16 % da población total do Concello da Coruña. Obradoiro: Inserción de espazos de convivencia
Nunha primeira aproximación, pódese comprobar como o trazado do viario vai conformando un primeiro límite entre os diferentes barrios que conforman a área de estudo. As dúas Rondas en sentido lonxitudinal e a Avenida de Arteixo, Fisterra, e Alfonso Molina no transversal, son as vías que conforman a principal rede arterial de conexión da cidade. Todo isto, engadido aos grandes espazos de movilidade como a estación de autobuses e a do ferrocarril, compoñen unha peza, onde as oportunidades de conexión a diferencian doutras partes da cidade. Esta condición maniféstase na preocupación do PXOM por darlle resposta a esta peza, onde se está a 178
Plano de situación. A rede arterial das principais avenidas da cidade vai definindo claramente os límites dos diferentes barrios da zona de estudo. A posición tanxencial das estacións de tren e bus dotan á zona dunha boa oportunidade en canto a movilidade. Este feito, xunto coas rendas baixas e a súa cómoda posición fan que sexa escollida como lugar de redisencia de habitantes temporais ou que chegan por primeira vez á cidade.
proxectar unha das transformacións màis ambiciosas para cambiar o modelo de transporte actual cara á intermodalidade, cun proxecto de centralización destas activiades na estación de San Cristóbal. Aínda que a zona mantén a súa estrutura social primitiva estáse a levar a cabo un proceso de cambio neste senso. A condición de “movilidade”, as rendas baixas ou a súa vinculación coa universidade a través da liña de bus, fai que a zona sexa escollida por un amplo espectro de poboación, composta principalmente por estudantes universitarios e inmigrantes; isto engadido á poboación xa envellecida e aos procesos de sustitución no tecido por novas edificacións que atraen a novos residentes, deu lugar a unha heteroxeneidade que non se traduce posteriormente nun redeseño tanto dos espazos públicos coma dos privados. A condición de temporalidade dos novos usuarios que se achegan ao barrio, provoca moitas das veces a diminución na capacidade de intervención nos procesos de participación do barrio, anulando a oportunidade de desenrrolar novas relacións entre os veciños, que ainda sendo temporais, poden dar resposta a cada unha das necesidades particulares en base a relacións de complementariedade e cooperación. Intentar, dalgunha maneira dar unha resposta será o obxeto do noso traballo, na procura de “inserción de espazos de convivencia”.
BUSCANDO “ESPAZOS DE CONVIVENCIA” Intentando coñecer máis de preto a condición de heteroxeneidade, decidimos poñermos en contacto nun primeiro intre con distintos axentes e represantantes do barrio. Neste senso a zona ofrecía a oportunidade de poder contactar cun amplo abano de asociacións, tanto oficiais como non regladas, o que dábanos, nunha primeira aproximación, a idea da capacidade organizativa e programática dos diferentes barrios da zona. Entre todas elas, e debido á nosa capacidade para realizar os achegamentos necesarios, fixemos unha elección entre distintas asociacións que puidesen represantar as inquedanzas e problemáticas da zona. Decidiuse contactar coas AA.VV, Asociación de comerciantes, axentes de cooperación ou ONX’s, asociacións culturais non regladas, representación na rede por parte do blogue oficial do barrio e distintos colexios da zona. A continuación enumeraremos os obxetivos e as distintas conclusións que sacamos para cada un deles. AA.VV: O primeiro grupo de contactos estableceuse coas asociacións de veciños correspondentes á nosa zona. As AA.VV. conforman un primeiro chanzo nas inquedanzas e problemáticas do barrio, con valor contrastado na súa larga traxectoria ao servizo dos veciños. Aínda que a zona establecía, nun primeiro termo, unha soa asociación veciñal para a representación do conxunto de Os Mallos, Sardiñeira, Sagrada Familia e Estación, a realidade non se axustaba a esta distribución. A Sagrada Familia, incluida nesta asociación, resultou ter unha estrutura diferenciada, non entrando da mesma maneira ca anterior asociación nas canles de desenvolvemento e subvencionado. Tamén contactouse coa asociación de propietarios lugar de Vioño en proceso de creación, pero a imposibilidade de manter o contacto por causas alleas non deu resultado.
Situación dos distintos axentes contactados no barrio. 179
A cidade dos barrios
ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DISTRITO MALLOS: Esta asociación leva moito tempo traballando na zona e foi promovendo diferentes actuacións e propostas que non teñen que ver exclusivamente co sector ao que representa, buscando dar un servizo máis de preto aos veciños. A súa condición outórgalle unha posición de forza na capacidade de demanda de diferentes actuacións e ata a levar á concreción de proxectos no espazo público, como pode ser a peatonalización de Ánxel Senra ou a que demandan enérxicamente na avenida de Os Mallos.
filiosofía, facía do mesmo, un axente do que non podíamos permitirnos deixalo fóra da toma de contactos. Estes tres axentes diferenciados foron convocados nunha reunión conxunta onde o obxetivo estaba claro para esta primeira toma de contacto. Por unha banda achegarnos aos usos, problemáticas, virtudes, proxectos ou propostas da zona, desenvolvendo un traballo conxunto de análise, por outra, ofrecer esta iniciativa como unha nova ferramenta de traballo establecendo un punto de encontro entre todos eles. A reunión realizouse na sede do COAG e estableceuse un formato de traballo que mediante cartografía e unha serie de preguntas aos asistentes, nos proporcionara unha imaxe desde o punto de vista dos represantes “oficiais” do barrio. A proposta foi moi ben acollida por parte dos participantes e incluso tivo unha gran repercusión, como puidemos ver os diferentes artigos que se colgaron no propio blogue, onde facíase fincapé no feito de ser a primeira vez que se podía ver a estas asociacións nunha mesma mesa. Entre as teimas a destacar, apareceron a preocupación na eficiencia da movilidade, o tráfico e o aparcamento, os novos proxectos do PXOM, na medida de como podían afectar ao barrio, propostas e proxectos veciñais e o novo crecemento de Vioño,
BLOGUE OFICIAL DO BARRIO (MALLOS.ES): Segundo o propio blogue; “Blog Barrio dos Mallos non é ningunha asociación de veciños nin representa a ninguén, únicamente son veciños que colocaron as ferramentas necesarias para que o Barrio da Sagrada Familia, Sardiñeira, Vioño, Os Mallos e Estación teña un rincón na rede de información e utilidade para os demáis veciños.” A capacidade desta ferramenta, na difusión e libre participación nos acontecementos do barrio, fíxonos doado moito do noso traballo e non deixaba máis que sorprendernos. A súa condición de canle de comunicación e aporte de información, ademais da súa constante actualización e a súa Obradoiro: Inserción de espazos de convivencia
Reunión coas asociacións de veciños e comerciantes na que tentamos coñecer as demandas e opinións dos veciños dos barrios traballando sobre unha cartografía da zona, estratexia que tivo moito éxito. Gracias ao apoio do web master do blogue Mallos.es poidemos ter unha continua difusión das actividades no barrio. 180
que aínda que visto con bos ollos e sinalado como o gran espacio de relación entre os diferentes barrios, xurdían voces en canto as deficencias programáticas e actividades deste novo espazo, que non colmaba as necesidades reais dos veciños. Aínda que este tipo de representación é a marcada como oficial, e en teoria ¿é tomada en conta na redacción dos Plans Xerais?, non sempre mostran a realidade moito máis complexa, así que tomouse a decisión de contactar con outros axentes, na procura dunha realidade moito máis acorde coa vida do barrio.
Os Gaiteiros do Pedroso, asociación de música tradicional que se reúne para os seus ensaios en diferentes locais da zona da Sardiñeira. Reunión coa Asociación cultural Manicómicos, que naceu na zona da Sardiñeira e actualmente é unha das asociacións máis activas da cidade da Coruña
ONX’s, COOPERACIÓN E OUTRAS ASOCIACIÓNS: Nesta segunda toma de contactos escollimos outros dous axentes diferentes para completar esa realidade do barrio moito máis ampla. Puxémonos en contacto mediante correspondencia, onde nos presentábamos efacendo o propio coa iniciativa, e máis tarde mantendo diferentes encontros, . ONX’S E COOPERACIÓN: A zona acolle moitas das asociacións que operan neste senso. Os traballos que realizan son diferentes e á súa vez complementarios, pero cun obxetivo común, que é dar resposta ás necesidades e problemas cos que se enfrontan aos que chegan á cidade. A súa presenza non é tan só testimonial senón moi activa, pero moitas veces 181
portas adentro, o que provoca que moitas das relacións entre os que chegan e os que xa están non se produzan. O seu traballo encomiable engadido ao coñecemento do tema, fíxonos tomalos como guías para poder recoñecer oportunidades de operar na procura de puntos de encontro; aproveitando a súa experiencia programática, intentaríamos provocar novas relacións de cooperación entre “novos veciños” que teñan presenza nun espazo máis amplo de relación na cidade. OUTRAS ASOCIACIÓNS: Neste apartado puxémonos en contacto con diferentes agrupacións que nacían da espontaneidade dos cidadáns e que daban resposta a actividades alternativas as convencionais. O noso interés polo seu carácter subersivo e participativo, engadiDoDó á súa condición de activación programática no barrio, tiña que ser tomada en conta para a composición desta realidade tan complexa. Unha das conclusións despois destes contactos foi como poder levar toda esa actividade que se xeraba no barrio a un espazo de relación moito máis amplo, reforzando a idea de convivencia, relación e cooperación da veciñanza.
A cidade dos barrios
Presentación do obradoiro “Os nenos na cidade dos barrios”. A idea principal consistiu en facer conscentes aos nenos das posibilidades de actuación no espazo público en comparación cun espazo para eles máis recoñecible como podía ser unha casa.
“OS NENOS NA CIDADE DOS BARRIOS” O derradeiro contacto tomado para a composición desa realidade heteroxénea do barrio, foron os colexios. Os colexios dábanos a oportunidade de coñecer máis de petro a estrutura social, en canto ás familias que tiñán unha condición de temporalidade no paso polo barrio, e se estas afianzábanse, e tiñan certa continuidade na vida do mesmo. Cremos que a capacidade de participación cidadán na creación da cidade é unha responsabilidade que pasa polo coñecemento e a educación neste senso. Os cidadáns do futuro, sen ter calquera dos nosos perxuizos, teñen o dereito e a obriga de tomar decisións na cidade. A súa capacidade imaxinativa poden outorgar novas ideas, para ser plasmadas ou reivindicadas, dos que pensamos son, os usuarios máis comprometidos, activos e participativos do espazo público. Consideramos tamén aos espazos públicos como provocadores de aprendizaxe de nenos e mozos. A relación entre as persoas, a que se establece entre éstas e os obxetos, a variedade de estímulos, o carácter social do lugar, a luz, o son etc... afectan á experiencia do aprendizaxe. En ocasións a planificación destes espazos tende a excluir a preocupación non só polos nenos senón en favor do cidadán promedio adulto coa perda que isto significa, propoñendo esta actividade. A idea foi moi ben acollida desde a dirección dos colexios, e estruturouse da seguinte maneira. En primeiro lugar, fixemos contacto con catro Obradoiro: Inserción de espazos de convivencia
Presentación do obradoiro no CEIP Karbo Máis xogos, canóns, auga espazos cubertos e monstros como ideas de parques ideais
Nenos do CEIP Sagrada Familia en pleno obradoiro Debuxo “Monstruos ao teu servizo”
Dereita: Os resultados do obradoiro foron ben diferentes e creativos. Os traballos servirían para ser expostos o día da acción e para levar a cabo algunhas ideas en eles representadas, na procura de concretalas físicamente reforzando a idea dunha participación máis activa e creativa no espazo público. 182
colexios da zona, quedándonos ao final con dous dos primeiros, para a realización da actividade completa, e os outros dous para informarlles da actividade, invitándolles á participación o día da acción. A idade de participación foi convenida coa propia dirección quedando establecida no intervalo 5-6 anos. En segundo termo preparouse un taller que constaba de dúas partes, unha explicativa mediante unha proxección no centro, onde se facía a comparación de espazos da cidade cos dunha casa, e outra máis activa, invitando aos nenos á expresar a través dun debuxo o que eles pensaban podería ser o seu parque ideal. Estes debuxos serían expostos posteriormente e tomaríase algunha das súas ideas, no compromiso de levalas a cabo “in situ” o día da acción. Todo isto foi acompañado por un segundo requerimento que lles fixemos de traer materiais de residuos doméstico para a súa reciclaxe nun obxeto no espazo público, na procura de que eles mesmos puidesen executar as súas propias ideas. Por último entregouse unha carta informativa a cada un dos centros, para que a repartira entre os pais dos nenos e onde se lles e invitaba á participación de todos os membros da familia. Desta iniciativa sacamos diversas conclusións, sendo a que máis nos axudou, a capacidade de proposta dos nenos, en canto ao uso do espazo público, que como todos sabemos, vaise ou vannos reducindo e coartando a medida que nos facemos maiores. 183
A cidade dos barrios
Ecodesarroio Gaia
A.VV Paternidad Sagrada Familia
ACCEM
A.VV Mallos, Sagrada Familia, Estación CEIP Sagrada Familia Asoc. comerciantes Distrito Mallos Ecos do Sur
Nesta páxina: As asociacións contactadas na área de traballo. Gaiteiros do Pedroso
Dereita: Esquema da actividade programática desenvolvida por distintos axentes do barrio. En puntos vermellos localizacións dos espazos públicos, capaces de absorber a actividade que se realiza portas adentro no barrio, na procura dunha rutura coa homoxeneidade constatada no análise anterior. Na malla vermella capacidade de aportar actividade de cada punto. A participación e o traslado ao espazo público de novo programa como cambio e na procura de “espazos de convivencia” moito máis pretos á cidadanía e cunha idea de complementariedade entre eles. Pequenos espazos de innovación e de fomento de relacións
Sala do Trinke
CEIP Karbo
CEIP José Cornide
Obradoiro: Inserción de espazos de convivencia
184
portas afora que den resposta a unha actividade no espazo público moito máis acorde coa realidade actual do barrio. Distintas actividades desenvoltas anteriormente no espazo público e que se foron trasladando a outros ámbitos xa sexa no ámbito privado como estratexia comercial ou na rede. A contínua renovación nestes “outros espazos” contraposto ao mutismo e estancamento nas posibilidades de renovación programática do espazo público. Os diferentes tipos de actividades diagnosticadas no espazo público actualmente
ACTIVIDADE PROGRAMÁTICA vs ESPAZO PÚBLICO Despois de toda a toma de contactos na procura de facernos cunha imaxe axeitada da realidade do barrio, decidimos realizar unha análise da actividade que se desenrrolaba normalmente en distintos espazos públicos da zona de estudo. A capacidade de insertar estos novos espazos de convivencia, entendidos como espazos de cooperación-conflictoinnovación, pasaba por descubrir se toda a actividade programática xeradora de relacións dos distintos axentes contactados, mantiña consecuencias máis aló dos seus límites físicos.participación, e a capacidade 185
de operar dos cidadáns en novos espazos de encontro, vaise perdendo en favor de espazos moito máis controlados, xa sexa no ámbito público ou privado, tendo como consecuencias a perda de relacións e na capacidade de poder intervir na construción da cidade. Neste senso, a análise foi descubrindo a homoxeneidade en canto aos usos dos distintos espazos públicos, en contraposición coa oferta e as xinerxias xeradas portas adentro, coas consecuencias de perda de relacións e participación anteriormente sinaladas. A capacidade de redeseño dos distintos espazos públicos, pasaba pola toma de decisións en canto a posibilitar unha reprogramación adecuada do espazo, que dese resposta por unha A cidade dos barrios
Cartaces utilizados na campaña publicitaria que se colocou por toda a zona de estudo. As diferentes preguntas hipotéticas pretendían facer reflexionar á xente sobre os usos que se poden dar no espazo público e fomentar o debate.
banda ás necesidades concretas do barrio e que favorecesen o intercambio, a participación como experiencia contínua e a innovación con novos usos. Neste punto do traballo quedaba a concreción das nosas investigacións a través da acción, quedando por escoller o espazo axeitado para o seu desenvolvemento e á maneira de poder dar resposta ás necesidades transmitidas ao longo dos contactos na procura dunha participación real activa e contínua facendo entendible o modelo proposto. ACTIVACIÓN: ¿QUE PASARÍA SE...? Nunha primeira aproximación vimos axeitado establecer un punto de contacto entre nós e os veciños do barrio. Para isto levamos a cabo unha campaña de publicidade a modo de SPAM, cunha pegada de cartaces en distintos puntos dos barrios. Esta campaña pretendía establecer un primeiro espazo de reflexión no barrio, lanzando unha serie de cuestións suxerindo novas relacións ou usos no espazo público animando ao debate en torno á capacidade de participación e intervención na cidade. Ademais buscábase crear unha canle de comunicación entre os veciños e esta iniciativa a través do enlace á páxina web de “A Cidade dos Barrios”.
Obradoiro: Inserción de espazos de convivencia
186
sombras cociña wifi escenario
exposición
hortas libros
¿POR QUÉ VIOÑO? ou URBANISMO DE TÁBULA “RASA”.
Planos de Vioño antes e despois da intervención. Con respecto ao resto dos barrios ten unha posición neutral, o que fixo que fora un punto de encontro idóneo para o desenvolvemento da acción. Na dereita márcanse varios exemplos de actividades propostas para a accion no espazo público de maneira que éste se fose enchendo dun programa de actividades.
A importancia de escoller o lugar, onde poder levar a cabo o noso traballo, pasaba pola elección dun espazo que cumprise con certas condicións de partida. Aínda que a nosa intervención podería ser válida en calquera dos espazos da zona, o feito de realizar contactos con diferentes axentes dos barrios, pedía nunha primeira condición, a elección dun lugar que non tivese unha forte vinculación, procurando que isto non xogase un papel en contra ou en favor de ningún deles. Por outra banda, tamén contabamos cunha cuestión desprendida da análise, de que ningún dos espazos analizados mantiña un carácter distintivo en canto 187
á dotación de novos usos no espazo público. Por último, tiñamos a oportunidade de poñer a proba un espazo de nova creación, con novos residentes que chegaban ao barrio, e que podería ser tomado coma un novo punto de encontro. Neste momento o parque de Vioño cumpría con todas estas condicións e por iso foi escollido para a realización da acción. Vioño xurdiu como un novo crecemento que remataría un dos puntos de penetración á cidade coa edificación das beirarrúas que aínda quedaban sen edificar na Ronda de Outeiro e máis na Avenida de Arteixo. Anteriormente nesta zona atopábase o núcleo rural de Vioño sendo esta unha das bolsas de terreo máis “apetecible” para o desenrolo da cidade. O resultado foi un plan parcial onde se distribuían e cumprían A cidade dos barrios
escrupulosamente os estándares urbanísticos sen prestar a atención necesaria do que podería significar este espazo para o desenvolvemento dos barrios. Á marxe do que se construiu, a concreción do espazo público na forma dun parque, onde o único que se mantivo foi o nome e algún “resto arqueolóxico” en forma de pozo ou hórreo, foi o resultado dun urbanismo que denominamos de “tábula rasa”. Todo isto supuxo ao noso xuízo, unha oportunidade perdida para poder experimentar cun novo modelo de habitar na cidade. A homoxeneidade, tanto na tipoloxía edificatoría coma na formalización do espazo público engadido ao seu ensimismamento, facía que a posibilidade de inserción e de compromiso Obradoiro: Inserción de espazos de convivencia
cos outros barrios quedase completamente anulada. Aínda que nas reunións mantidas coas AA.VV foi tomado como o gran espazo común para todos os barrios, a posibilidade de poñer a proba esta idea de partida parecíanos suxerente. O obxetivo por tanto, xiraba na capacidade de trasladar certa actividade programática, desplazada cada vez máis do espazo público, na procura deses espazos de convivencia cun carácter moito máis innovador_activo_participativo, aproveitando as capacidades dos axentes contactados do barrio e suxerindo usos alternativos, intentando crear vínculos e relacións de cooperación entre os veciños, tanto dos novos que chegaban, como dos que alí sempre viviron. 188
Vista do Parque de Vioño coas novas construcións ao fondo. A homoxeneidade dun espazo meramente contemplativo cara a unha dotación de actividade na procura da “inserción de espazos de convivencia”. Concreción a partir de pequenas estruturas a base de tubos e diferentes enganches entre elas, capaces de agruparse e posibilitar o seu fácil manexo e montaxe. Espazos cubertos, sombras diferentes materiais reciclados do propio polígono da Grela. Oportunidades de colonizar o espazo público coma as pequenas construcións das cabanas dos nenos. Distintas configuracións e introdución de diferentes actividades acordes coas necesidades eventuais dos veciños e dos que temporalmente habitan a zona.
A CONCRECIÓN DA ACCIÓN. Os nosos obxetivos para esta acción eran por tanto os seguintes: 1. Establecer os vínculos necesarios entre os veciños na procura de relacións de cooperación e complementariedade. 2. Dotar ao espazo público dunha actividade programática máis innovadora e acorde coa realidade dos barrios derivada das súas propias iniciativas. 3. Fomentar o debate cara á oportunidade de participación e construción do espazo público. 4. Difundir os distintos traballos que se levaron e levaban a cabo na zona. Exposición “Os nenos na cidade dos barrios”, “construción de molinillos de vento”... 5. Proporcionar de estruturas autoconstruibles na procura dunha participación máis activa e a colonización e reconfiguración do espazo público. 6. Insertar espazos para o uso libre e común dos veciños que non teñen cabida nos marcos habituais. O proceso da acción concentrouse nunha xornada onde se realizaron diferentes actividades. A acción foi publicitada mediante a pegada de cartaces por todo o barrio e a través do blogue oficial e da nosa web. A participación contou coa presenza de varios dos axentes contactados, cos nenos dos colexios e veciños que se achegaron ao parque por iniciativa propia pese o mal tempo. Ao día seguinte da acción todo voltou á ¿normalidade?.
189
A cidade dos barrios
Obradoiro: Inserci贸n de espazos de convivencia
190
191
A cidade dos barrios
CONCLUSIÓNS E OUTRAS CUESTIÓNS Máis que conclusións xurdíronnos novas preguntas a cerca do papel que xoga o espazo público na cidade, e se este segue a manter a súa condición de espazo de convivencia real ou ficticio. ¿Poderíase chegar a tecer unha rede de cooperación entre axentes activos e veciños dos barrios, para aproveitar os seus recursos e dotalo de programas máis activos e participativos?, ¿segue sendo o espazo público o lugar onde se manteñen as relacións de veciñanza?, ¿están dotados estes espazos cun programa axeitado e atractivo para os tempos nos que nos atopamos?, ¿necesitan dunha maior atención, en canto á sua reprogramación e actividade, máis alo da súa execución?, ¿convertéronse en meros espazos contemplativos onde nada novo ocurre?, ¿son estes, espazos de convivencia-confrontación-cambioinnovación, ou por contra inmutables-controlableshomoxéneos?, ¿necesitan de estímulos na procura de fomentar a participación, ou anulouse esta condición? Sen ter claras a respostas o noso traballo intentou centrarse na procura de todas elas. AGRADECEMENTOS Agradecer ás asociacións de veciños e comerciantes, ao blogue pola súa disposición para axudarnos e aos colexios; ao gran labor de Cris e Tere (Manicómicos) cos nenos, así como ao resto da asociación polo seu apoio; aos Gaiteiros do Pedroso pola súa dispoñibilidade e motivación a pesar das inclemencias do tempo; a Román polo bon facer coa parrilla e a Silvia pola súa paciencia. A Cristina e Iria pola súa axuda permanente, así como a todo o resto de voluntarios e amigos que por ali se pasaron a botar unha man. Sen vós non sería posible.
Algúns dos diferentes usos propostos para a utilización do espazo público: desde sombras feitas a partir de estruturas sinxelas de tubos de polipropileno ata un banco monstruo feito cos materiais reciclados do polígono da Grela. Diferentes momentos da realización dos obradoiros. A acción rematou cunha merenda feita no propio parque e amenizada coa música dos Gaiteiros do Pedroso.
Grupo DoDó.
Obradoiro: Inserción de espazos de convivencia
192