REVISTA BIMENSUAL GRATUITA - AÑO VI - 2013 -MARZO/ABRIL- N64
LOLA DOPICO A exposición “Camiños” que terá itinerancia como apertura de camiños, entre Galiza e Portugal, está comisariada pola directora de Esdemga.
SILVIA PENAS Gañadora da primeira edición do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, convocado pola A.V. O Cruceiro da Laxe e o Concello de Fornelos de Montes
CAÍNO Cronista de Baiona a través dos seus lenzos e das facianas dos nenos silenciosos que miran de onte
EDITA - Masque2 Administración Río Umia 22-7º C - A Caeira POIO (Pontevedra Contactar 698 173 669 bahiasur@mundo-r.com web.:www.bahiadixital.com Dirección C.C. Montero Deseño e maquetación Carmen Carreiro Corrección de textos Antía Pereira Redacción Inés Cid Publicidade Alexandre Novoa Colaboracións Vicente Montejano Francisco Álvarez Koki Xosé Lois Vilar Amândio Rodrigues Gloria Pérez Antonio Avión Garrido Armando Requeixo Pedro Villamarín Victoria Monasteiro Carlos A. Alonso Carlos de la Peña Alejandro Pereira
Depósito legal VG - 813 - 2007
NON NOS FACEMOS RESPONSABLES DE CALQUERA OPINION OU ENTREVISTA DOS NOSOS COLABORADORES. 2
PAX4/5/6/7/8/9.:Lola Dopico PAX10/12/13:Cinema PAX14/15/:Takeshi Kitano PAX18/19/20.:Victorio & Lucchino PAX22/23:Audrey Hepburn PAX24:Sala PM8 PAX26/27:Leiro PAX28/29:Caíno PAX30.:Silvia Penas PAX32.: Carlos Cambas PAX33.: Música PAX34/35.: Petroglífos PAX6.:Viaxes literarias PAX37.:Contos Máxicos PAX38.:Entidades de crédito
PAX40/41.:Saude PAX42.: Nutrición PAX44.: Canela e mel PAX46/47.: Decoración PAX48/49.: Provar Portugal PAX50.: Predro Villamarín PAX52.: Concurso fotografía PAX53.: Axend/arte PAX54.: Reloxo de area
3
LOLA DOPICO A exposición “Camiños” que terá itinerancia entre Galiza e Portugal, está comisariada pola directora de Esdemga.
4
O PROXECTO XURDE A TRAVÉS DA ASOCIACIÓN DO CAMIÑO PORTUGUÉS QUENES ME PROPUXERON TRABALLAR ARREDOR DO DESEÑO COMO APERTURA DE CAMIÑOS.
Como nace “Camiños no deseño, a terra na orixe" e cal é a túa implicación? O proxecto xorde a través da Asociación do Camiño Portugués que ten sede en Pontevedra, que foron quen me propuxeron traballar arredor do deseño como apertura de camiños. Entón buscamos un pouco a idea dentro dun proxecto de investigación no cal estamos a traballar nos últimos anos coa investigación centrada naqueles elementos tradicionais que persisten no deseño contemporáneo, sobre todo nos tecidos constructivos que están a persistir no deseño actual e esta exposición ten que ver co iso. Están, por exemplo, os traballos de Sara Colemna que é unha deseñadora moi inovadora e puxante e que dentro do que é o seu traballo pon unha ollada no/a artesán/á. Como pode verse na exposición buscou esa mirada sobre as técnicas de cestería de trenzados hai algúns propios de aquí e outros procedentes de outras culturas. Utiliza o xunco que vén precisamente da ribeira portuguesa, entrando nunha serie de cuestións e linguaxes que teñen que ver ao mesmo tempo co tradicional por unha liña moi contemporánea. Hai outra deseñadora como é o caso de Sarai Fernández cunha producción que vén da fábrica de Sargadelos, de artesanía das fábricas artesáns e que na Galiza tiveron moita relevancia nunha xeración moi nova que aprenden moitísimo sobre cerámica nese contexto.Tamén están os traballos como os de Xabier Lorenzo e incluso de Silvia García que é moi expiremental, ela é unha artista que se enclava nese camiño un pouco no límite.
5
A CONEXIÓN COS ELEMENTOS TRADICONAIS É O Q UE FUMOS BUSCANDO NALGÚNS CASOS SON MOI CLAROS COMO NA REVISIÓN DO PELIQUEIRO QUE FAI MASTACHE
Neste caso créase unha fusión perfecta coas pezas de Sargadelos e do Castro. Sí, coas pezas sin cocer incluso co refugallo. É por tanto esa idea de repensar sobre a historia e eses puntos de conexión son os que buscamos. Está tamén o caso de Basato que traballa con todas estas técnicas aínda que ela faino máis ben con estruturas orgánicas da da paisaxe. Na mostra fixo unha colaboración co fotógrafo Fernando Suárez vinculando a paisaxe ao deseño. Temos tamén na exposición un obxecto que está claramente de moda como é o traballo en punto de DDue que aínda que é moi contemporáneo e que ademais estase a traballar moito cunha liña para Xapón que utiliza nos seus traballos o deseño gráfico e as texturas dos tecidos. Aquí o traballo remítenos aos antigos sacos de azucre ou café que traían marcas e selos das fábricas envasadoras, non é? Sí, si, é esa conexión cos elementos tradicionais o que fumos buscando que nalgúns casos son moi claros como na revisión do peliqueiro que fai Mastache ou por exemplo Mercedes García que ten unhas mans extraordinarias e que elaborou a chaqueta que estamos a ver nun tecido que ela mesma construiu trenza a trenza. No caso de Mastache ademais do peliqueiro hai unha referencia clara aos antigos cobertores das avoas. E que é así totalmente, ela une a identidade do peliqueiro e os tezidos dos cobertores e tamén de materiais indús como consecuencia dunha experiencia que viviu alí. A familia de Isabel está vencellada ao téxtil das primeiras mantas e cobertores e ela utilizou todo esta información para facer un traballo de xastrería con estes materiais. Son eses camiños abertos do deseño que ás veces conectan co artesán e outras co artístico puramente pero sobre todo parten de esa investigación de ver como formas de traballo ou materiais que son tradicionais aquí na Galiza son reconceptualizados nunha nova linguaxe. Estamos, por tanto, ante creacións que evolucionan a partir da tradición e da artesanía para mostrar novos conceptos de deseño? Exactamente. Por exemplo Sarai que estudou comigo, que é unha artista que xa leva tempo circulando por aí, estivo facendo
6
traballos de investigación no taller de Sargadelos para facer esta colección que é realmente extraordinaria e que ten que ver coas fábricas de cerámica que na Galiza tiveron unha grande importancia. Non hai que esquecer as fábricas de Álvarez de Pontesampaio e Vigo. Mastache é xa un referente importante a ter en conta no mundo do deseño non só na Galiza senón tamén no exterior. Dende logo.Ten unha proxección considerable en distintos ámbitos. Por exemplo moitos dos seus deseños foron usados nun videoclip do grupo musical Rem, por tanto é unha deseñadora que está moi recoñecida. Brasil está a destacar no mundo da moda, na pasarela (São Paulo Fashion Week, Fashion Rio) mais tamén nos fiados e tecidos. Pode “Camiños” crear unha canle de conexión para @s deseñador@s galeg@s? Está a ser moi potente, xa nos gustaría ter máis conexión da que temos. Eu penso que eles si que están sendo quen de
7
recuperar o interesante da tradición e ao mesmo tempo teñen unha visión moi actual no sentido da reutilización. Para min alguén que é un referente no ámbito do deseño a nivel internacionalmente agora mesmo son os irmáns Humberto e Fernando Campana. O seu traballo é un pouco isto. Eles collen elementos tradicionais e transfórmanos nun taller en proxectos de deseño cunha mirada moi de deseño, moi internacional, pero tamén ao mesmo tempo con procesos que son moi artesáns porque traballan nun taller moi pequeno. Paréceme moi interesante o que están a facer. Nun momento en que Europa se debate na crise, sería unha boa oportunidade para @s deseñador@s galeg@s mirar cara ao mundo lusófono e en especial a Brasil? Eu penso que é un territorio moi interesante para un/ha deseñador/a novo/a, onde ir traballar pero tamén para acadar unha visión máis desprexuiciada e onde as cousas agora mesmo están como moi puxantes. É tamén un lugar acolledor no sentido de lingua e de proximidade cultural. Nesta mostra as artes e a linguaxe enlázanse. Debe o/a artista atopar camiños de comunicación co público ou pola contra ha de crear sen pensar na persoa destinataria? A min gustóume moito nesta exposición, tanto no día da inauguración e noutros días que coincidín aquí, como asistía un público que era moi variado. Porén o ambiente era espléndido, quero dicir que, ás veces, hai como moita máis distancia entre o obxeto de arte que se expón e o público que está na sala
8
mais houbo moitísimo interese, achegábanse a ver como estaban feitas as cousas e a tratar de entender o proceso. Tal vez teña que ver esa conexión artesá da que parte a exposición. E que eu penso que hai un punto entre o deseño e a artesanía que conecta ás veces con facilidade. Aínda que esta non é precisamente unha exposición fácil no sentido de moda, houbo moito interese e incluso se achegaron a preguntar cousas, que iso sempre é moi gustoso porque comprobas que realmente a xente está interesada. Os traballos da exposición son de xente de Esdemga? Non. No caso de Isabel si pero por exemplo D-Due ten o seu propio proxecto empresarial, Silvia García é profesora pero no ámbito da arte. Non é tanto unha exposición da escola senón uns conceptos nos que estamos a traballar. Aínda que hai vari@s deseñador@s que proceden da Escola, como é o caso de Jessica, tamén de Mercedes García, de Sarai que acabou xa hai anos, son traballos de xente de diferentes xeracións que realmente están a crear cousas moi interesantes. En Esdemga o concepto e o proxecto educativo vai moi por aquí, traballando dende o deseño, dende a experimentación, non queremos quedar só no concepto moda se non irmos un pouquiño mais alá, con esta vontade experimental pero tamén artesanal. O que se percibe de Esdemga é que hai un equipo de traballo do alumnado co profesorado que transmite ilusión e implicación. Todo se contaxia. O que se fai é construir un ambiente de traballo e se todas as persoas estamos poñendo o mellor e estamos igualmente comprometidas os resultados non van ser excelentes en todos o alumnado, pero si que vai haber un estímulo e as persoas que se sumen a ese nivel de implicación van dar o millor de si mesmas. Debemos considerar a moda como arte? A moda é moda, é un sistema non artístico pero si que é certo
que hai proxectos de moda que beben nas fontes do artístico. Hai proxectos que incluso son referente de moda e investigacións de carácter artístico pero son territorios diferentes. Eu si que penso que hai un camiño paralelo, que son estes ámbitos de experimentación, pero non son a mesma linguaxe, aínda que cando visitas mostras como estas sabes que estás a contemplar unha obra que ten que ver coa moda, pero que non é moda. Estás inmersa nalgún novo proxecto? Ademais da dirección da Escola son persoa de universidade entón o que intento tamén é promover temas de investigación, así que hai unha semana estiven defendendo unha tese doutoral que eu dirixía sobre a ilustración da moda en España, que foi un proxecto moi académico pero ao mesmo tempo moi ilusionante. Temos un par de proxectos, un vencellado ao Museo do Pobo Galego, que vai ter unha visión máis antropolóxica, con modelos sociais, como a viuvez na Galiza, os encaixes...en fin, mostrar como persisten eses códigos de vestiario.
Estamos nos trámites para facer unha exposición entre o tradicional e o contemporáneo. Tamén hai outro proxecto a un ano vista que é o deseño de moda contemporáneo coa ilustración, coa parte máis gráfica e máis de construcción de prenda. A idea é non só traballar na Escola senón tamén crear un entorno como xa dixen de experimentación de moitas cousas novas e a idea e amosar o que se está a facer noutros centros para que se coñeza a obra noutros contextos construíndo un territorio rico para todo o mundo. A Exposición vai ser intinerante? Si, vai estar ata o tres de febreiro en Pontevedra e logo ten itinerancia en Portugal , primeiro en Ponte de Lima donde se inaugurará o 12 de febreiro e posteriormente para abril en Tomar preto de Lisboa. Carmen Carreiro
9
CINEMA A ESTRAÑA VIDA DE TIMOTHY GREEN Peter Hedges (Dan na vida real; A quen ama Gilbert Grape?), director e guionista nominado aos premios Oscar, trae o encanto á pantalla grande con esta historia máxica e inspiradora acerca dunha parella felizmente casada, Cindy e Jim Green (Jennifer Garner e Joel Edgerton) que non ve a hora de formar unha familia e vive soñando como sería o seu fillo. Cando, subitamente, o mozo Timothy (CJ Adams) aparece na porta da súa casa durante unha noite de tormenta, Cindy, Jim e o pequeno pobo de Stanleyville descobren que ás veces o inesperado pode brindar algún dos mellores regalos da vida. Título Orixinal: The Odd Life of Timothy Green. Xénero: Comedia dramática. Repartición: Jennifer Garner, Joel Edgerton, CJ Adams, Ron Livingston, Dianne Wiest, Odeya Rush, Rosemarie DeWitt, Lin-Manuel Miranda, M. Emmet Walsh, Lois Smith. Produtores: Ahmet Zappa, Scott Sanders, Jim Whitaker. Produtores executivos: John Cameron, Mara Jacobs. Baseada nunha historia de Ahmet Zappa.. OZ, UN MUNDO DE FANTASÍA Rachel Weisz, Mila Kunis e Michelle Williams encarnan as tres bruxas de "Oz, Un mundo de fantasía": Evanora,Theodora e Glinda. As tres teñen poderes especiais que emanan de elementos naturais. O poder de Evanora permítelle crear lóstregos, Theodora fai xurdir bólas de lume da nada e Glinda ten poder sobre a auga. A rodaxe de "Oz, Un mundo de fantasía" tivo lugar en sete estudos do complexo cinematográfico Michigan Motion Pictures Studios en Pontiac, Michigan. Todos os estudios da película se construíron no interior das instalacións e todos os fotogramas se gravaron dentro dos estudos. Como novidade, utilizouse unha marioneta para crear unha referencia para un personaxe xerado por ordenador. O marionetista Philip Huber creou unha figura de 45 centímetros para o personaxe de China Girl. China Girl, á que pon voz Joey King, está feita de porcelana, como todo o que hai en China Town, cousas e persoas. A fráxil pero resistente China Girl inicia unha amizade con Oz. Howard Berger, creador de efectos especiais de maquillaxe (serie de "As crónicas de Narnia"), gañador dun
10
ESPECIALIDADES: PASTA FRESCA y PIZZA. Además en breve ofreceremos a nuestros clientes, PASTAS RELLENAS, ENTRECOT, LOMITOS RELLENOS, así como variedad de pescados, como BACALAO, PEZ ESPADA, ETC. SUGERENCIAS: SPAGHETTI NERO DI SEPIA CON VIEIRAS Y RULO DE CABRA RISOTTO FUNGHI RISOTTO FRUTTI DI MARE. POSTRES CASEROS MENÚ DEL DÍA: Incluyendo bebida, postre y café 8,50€ COMIDA PARA LLEVAR Realice el encargo y retírelo en nuestro local. HORARIO: Horario cafetería: 9:00 a 12:30 16:00 a 21:00 Horario cocina o restaurante: Lunes a jueves 12:30 a 15:30 21:00 a 23:30 Viernes - Sábado - Domingo 12:30 a 16:00 21:00 a 00:00 MARTES CERRADO POR DESCANSO
11
Oscar da Academia®, e o seu socio Greg Nicotero, deseñaron os looks dos habitantes do País de Oz, entre os que se atopan criaturas como os Whimsies, os Tinkers e os Winkies. Nos cinco meses que durou a rodaxe, Berger calcula que el e o seu equipo maquillaron máis de 2.500 personaxes. O attrezzista Russell Bobbitt estaba moi orgulloso da bolsa de Oz que deseño baseándose en ilustracións. Era unha bolsa marabillosa, parecida a unha antiga carteira de médico, con tres compartimentos. Cando rematou de facer o bolso ensinoullo ao director Sam Raimi. Gustoulle pero decidiu que tiñan que quedar co vello bolso co que ensaiaran. Como só tiñan un, Bobbitt e o seu equipo tiveron que buscar e recrear máis bolsos antigos. O estudio dos Bosques de Whimsie está repleto de fauna así que recrealo no interior dun estudo foi un auténtico reto. Pero Dan Gillooly, responsable da xardinaría, axudou a Stromberg a facer realidade a súa visión do idílico bosque encantado. Para compensar as grandes flores de seda que se utilizaban no estudio, Gillooly trouxo un enorme cargamento de plantas tropicais con follas moi grandes. O estudio resultou tan natural que creou o seu propio mini ecosistema. O País de Oz non estaría completo sen Munchkins, así que os directores dos extras da película buscaron 36 persoas pequenas na zona de Detroit. A súa altura media, 1,07 metros, contrastaba moito cos 48 Winkies, os gardas armados de pazo, de 2 metros de altura. De feito, algúns deles superaban os 2,13 metros. CORIOLANUS Thriller político sobre o poder, a corrupción e os conflitos entre as diferentes clases sociais atrapadas en metade dunha guerra. No centro deste inferno, o nobre e complexo Illote Marcio, o Coriolanus que dá título ao filme, debátese entre a honra, a valentía e a moral. Os mesmos trazos que lle proporcionaron grande éxito como líder militar, serán tamén a causa da súa destrución. A súa rabia ante as presións para que abandone os seus principios levaranlle á traxedia. A batalla política e persoal así como o convulso estado da sociedade son tan relevantes na actualidade como no momento en que viviu Plutarco, episodio que recolle a obra orixinal escrita por Shakespeare e na cal se inspira a película. Baseado no clásico de Shakespeare, Coriolanus mostra o regreso dun líder militar á súa patria como gran triunfador. Non obstante, as súas impopulares políticas acabarano condenando ao exilio. Movido pola rabia, Coriolanus únese aos seus rivais enfrontándose ao dilema de resarcir o seu orgullo ou atacar a súa terra natal. HIJO DE CAÍN Rodada maioritariamente en Tarragona, e cun presuposto de máis de 2 millóns de euros Hijo de Caín intérnanos no duelo entre Nico Albert (David Solans), un inquietante adolescente obsesionado co xadrez, e o seu pai Carlos (Jose Coronado), un executivo de éxito a quen parece só lle importar o benestar da súa familia, xunto con Coral (María Molins), preocupados pola estraña actitude do seu fillo, deciden contratar ao psicólogo infantil Julio Beltrán (Xullo Manrique). A través da terapia e da afección común ao xadrez, Xullo internarase no inquietante mundo de Nico e nas complexas relacións desta familia modélica. Descubrir a verdade a tempo será a única opción para evitar que a esencia do mal acabe dominando as súas vidas. Producida por Life&Pictures en coprodución con Salto de Eixe PC e Fosca Films, Fillo de Caín é a ópera prima do premiado cortometrajista tarraconense, Jesús Monllaó.
12
LA TRAMA exemplifica perfectamente o impresionante currículo profesional de Hughes. El e o seu irmán Albert, coñecidos no mundo como «os Hughes Brothers», son valorados polas súas películas cruas e arriscadas, nas que poñen uns personaxes moi dinámicos en situacións extremadamente arduas, por non dicir imposibles. Algunhas das súas películas son Menace II Society, Diñeiro para queimar (Dead Presidents) e Desde o inferno (From Hell). Allen, inspirado polo guión de Brian Tucker, estaba entusiasmado coa idea de converter A TRAMA no seu novo proxecto. «En última instancia, A TRAMA é unha historia de redención», sinala. «Billy está disposto a calquera cousa para que se faga xustiza con algo que leva tempo atormentándoo.» A Hughes sorprendeulle que o creador daqueles personaxes tan intensos e matizados fose moi distinto a como o imaxinara. Quedeime alucinado cando Brian, aquel flacucho de 25 anos, apareceu pola porta. Non podía crer que aquel rapaz, que apenas aparentaba 19 anos, tería escrito unha historia tan sofisticada, complexa e convincente.» O produtor Randall Emmett comparte a paixón dos actores e de Hughes pola historia e os seus personaxes. «Sempre me gustaron as películas nas que o perdedor se enfronta ao sistema», di Emmett, socio de George Furla (un dos produtores executivos da TRAMA) na prolífica produtora Emmett/Furla Films. Gustábame o feito de que nunca sabes onde che vai levar a historia.» Hughes recoñece que, ao ler o guión, pensou instantaneamente en Mark Wahlberg para o papel de Billy. «Así que me puxen en contacto con Mark, e entón nos reunimos e nos embarcamos «no proceso de creación da TRAMA», explica o director. «Allen envioume o guión e díxome: "Eu imaxínote neste papel; apúntaste? "», recorda Wahlberg. E non só iso: o actor sentiu tal conexión co personaxe e co material que decidiu participar no proxecto como produtor, colaborando estreitamente con Hughes para levalo a termo. «Unha cousa que me encanta de Mark como actor é que sabe encarnar á perfección o espírito de perdedor», comenta Hughes. «Ten algo entrañable, e cando sorrí ilumina toda a sala. Mark nunca fixera algo así, e iso tamén me resultou interesante. Ten unha habilidade innata para sorprender o público, e iso é xusto o que requiría o seu papel na TRAMA.» Encántame o feito de que Billy non recoñeza obstáculos, di Wahlberg. «É capaz de calquera cousa con tal de emendar o erro que cometeu hai anos.A través da súa axencia de detectives privados de Brooklyn, decátase do que pasa na cidade, ve a vida que tiña antes e bótaa de menos. Investigar á muller do alcalde
non só ofrécelle unha paga substanciosa, senón a posibilidade de recuperar a vida que antes tiña.» Pero Billy non tarda en descubrir que o alcalde oculta unhas intencións moito máis sinistras, que farán que o detective teña que botar man duns recursos internos que levaba sen usar dende os seus tempos de policía. Finalmente, el e o alcalde enfrontaranse nunha loita que poñerá a Billy proba. Hughes sabía que unha confrontación entre Wahlberg e Crowe na pantalla sería electrizante. Durante a súa primeira reunión con Crowe, o director pensou que o actor neozelandés podería acaparar a atención nunha cea con este carisma que un político veterano. «É un narrador extraordinario, e para min foi unha gran sorpresa, porque é unha faceta de Russell que non se coñece moito.» Para a súa interpretación, Crowe non se inspirou en ningunha figura en concreto, senón que estudou as vidas de varias personalidades da cidade Nova York. «Repasei os últimos cincuenta anos e fixeime nos seus estudos, de que ámbito proviñan e como conectaban coa xente. O alcalde Hostetler da TRAMA ten algo de Queens e algo de Wall Street. É un populista cun estilo de vida elitista que valora moito pero que tamén dá por sentado. Todos coñecemos o vello tópico de que o poder corrompe, pero é máis interesante cando a persoa causante desa corrupción pensa que é unha corrupción benigna, que obedece a un ben maior.» Mais Crowe non só achegou ao papel os seus impresionantes dotes interpretativos, senón tamén a súa impoñente personalidade. «Russell é un dos mellores actores que existen, e ademais ten moito encanto», afirma Wahlberg. «Durante a rodaxe, convertíase no alcalde. Sen dúbida, marabilla o meu personaxe, a Billy, pero cando este se decata de que está corrupto, sente deber de facelo caer. Non se me ocorre un adversario máis temible que Russell, e a película céntrase realmente nesta confrontación.» O catalizador da dinámica entre Billy e Hostetler é a esposa deste último, Cathleen, interpretada por Catherine ZetaJones. A TRAMA rodouse en Nova York e, por cuestións loxísticas, en Nova Orleans, que serviu para recrear a Gran Mazá. «A TRAMA é unha película neoiorquina no sentido de que se rodou na súa maioría en exteriores de Nova York», explica Hughes. «O noso deseñador de produción, Tom Duffield, esforzouse por manter unha coherencia visual entre Nova York e Nova Orleans, e fíxoo realmente ben.» V.Montejano
13
Por CARLOS ALBERTO ALONSO
Takeshi Kitano CREADOR COMPLETO E INFATIGABLE: GUIONISTA E MONTADOR, SHOWMAN DO STAR SYSTEM XAPONÉS, CULTIVADOR DA PINTURA E A NOVELA ESCRITA. O público occidental e sobre todo o europeo, onde é moi ben recibido o seu traballo, coñece a Takeshi Kitano pola súa dobre faceta de actor e director, pero estas son só dúas das caras dun creador completo e infatigable: guionista e montador da maior parte das películas que dirixe, un verdadeiro showman do star system televisivo xaponés que incluso cultivou a pintura e a novela escrita. Kitano naceu o 18 de xaneiro de 1947 no barrio proletario de Senju en Tokyo, foi o máis pequeno de catro irmáns e creceu entre a pobreza e as necesidades dos tempos da posguerra. Apoiado pola súa nai empezou a estudar enxeñería na Universidade Meiji, unha das máis importantes de Xapón. Kitano tiña pouco interese nos estudios e pronto deixou a universidade para instalarse, cheo de curiosidade, no barrio máis bohemio de Tokyo, Asakusa, especie de "Greenwich Village" xaponés, inmortalizado no seu momento polo escritor Yasunari Kawabata: "Quería impregnarme do que por aquel entón ulía a última moda: hippismo, psicodelia, Happenings, Anfetaminas, Hachís. Pasaba o día enteiro no café Fugetsudo, no medio dos que se proclamaban escritores, poetas errantes ou autores dramáticos; en medio de existencialistas que falaban sobre Jean Paul Sartre, cineastas de vangarda, deseñadores e publicistas". Durante esa época, estivo desempeñando varios postos (camareiro nun club de jazz, mozo de equipaxes nun aeroporto, condutor de taxi) ata que se converteu en ascensorista do France-Za, un teatro de variedades no que atopou a súa vocación. En 1973 pedíuselle que substituíra ó compañeiro dun cómico chamado Kiyoshi Kaneko, có que finalmente formaría Two Beats, dúo de “Manzai” (un estilo de improvisación cómica a dúo, caracterizado pola rapidez e o sarcasmo na súa execución) e que acadou fama por todo o país, debutando finalmente na TV de Tokyo en 1974. Máis tarde foi intérprete de telenovelas, moderador de debates, comentarista deportivo, presentador de concursos e, ante todo, un cómico dos de maior éxito do seu país. Moitos de nós podemos recordalo no 14
delirante programa emitido en España durante os 90, nos comezos da Tele 5 das Mama Chicho, Humor amarillo, cuxo nome orixinal era O Castelo de Takeshi, do que era director e presentador. Como actor vímolo por primeira vez xunto a David Bowie nesa marabilla que é Feliz Nadal Mr. Lawrence dirixido por Nagisha Oshima, con quen volveu a traballar fai uns anos, e tratando temas coincidentes en Gohatto. A infumable produción norteamericana Johnny Mnemomic ou máis a chocante Battle Royale se aproveitaban tamén da súa intervención. Ademais se adxudica o papel protagonista na maioría dos seus filmes, como no seu particular ciclo sobre yakuzas modernos (Violent Cop, Sonatine, Hana-Bi y Brother), onde Kitano dá vida a ese matón individualista máis imperturbable que o mesmísimo Charles Bronson, pero capaz de sacrificar a súa vida pola amizade ou o amor. Personaxes románticos conscientes de que teñen os días contados e de que lles queda pouco tempo para deixar algún legado digno, e dar así certo sentido a súa morte. El mesmo ó falar do seu traballo, insiste en distinguir claramente a súa faceta como autor e creador na que firma co seu propio nome, Takeshi Kitano, mentres que na súa carreira de actor e showman faino como Beat Takeshi. Contemplativo e poético o primeiro, e provocador, falto de prexuízos e populista o segundo, e ó parecer, aínda que pareza estraño, sen contradicirse. Dando camiño ás inquietudes da súa primeira personalidade, narrou as desventuras dun bo número de personaxes perturbados: adolescentes xordos (A scene at the sea), mozos marxinados (Boiling Point), rebeldes sen causa (Kids return), “polis” metidos a delincuentes (Hana-Bi), desvergonzado sen escrúpulos (El verano de Kikujiro) ou yakuzas desterrados a outro país (Brother), nuns momentos nos que a figura do heroe clásico parecía condenada ó esquecemento. A súa carreira como realizador comeza no 1989 cando Kitano dirixe a súa primeira película: Violent Cop. Chamárano para interpretar ó gángster protagonista, pero o director contratado, Kinji Fukasaku, abandonou o proxecto e substituírono por Kitano a pesar de no ter este ningunha experiencia previa como director. Na película, o actor interpreta a un policía individualista e vingador que parece saído da maxistral Centauros del desierto, e bebe das fontes interpretativas de John Wayne ou Clint Eastwood, e sobre todo do desencanto crepuscular que este último como director (ou anteriormente Sam Peckinpah ou Sergio Leone; cada un a súa maneira claro está) gusta de imprimir ós seus westerns.
A súa segunda incursión na dirección é Boiling Point (1990) onde dá vida a un mafioso incongruente e con tendencias suicidas e combina o humor desatado que caracterizaba os seus experimentos e emisións televisivas cunha melancolía inesperada; a continuación roda A scene at the sea (1992) no que deixa constancia da súa particular fascinación polo mar, e Sonatine (1993), filme que Tarantino recomendou á Miramax para a súa distribución en EE.UU, e polo que empeza a ser coñecido entre os seus colegas ianquis (Scorsese manifestase como un gran admirador seu). Tras realizar estes tres dramas, cada cal máis interesante, Kitano filma a súa primeira comedia, Getting any? (1995) que ademais é o traballo que máis lle acerca a súa faceta de showman catódico. Pouco despois xógase a vida da maneira máis torpe. Tras unha noite de copas, monta na súa motocicleta levando o casco mal axustado e medio durmido choca contra un poste de teléfonos. Pasa catro meses ingresado no Tokyo Medical College Hospital, con numerosas fracturas (especialmente na cabeza), que lle deixan severas cicatrices e unha afasia (perdida total ou parcial da fala e/ou de comprender a linguaxe) que lle dá o toque definitivo para interpretar ó terrorífico e doce yakuza que cría ver no seu pai. Kitano coméntao co seu peculiar humor: “No accidente golpeeime o costado dereito da cabeza. Parece que este costado está relacionado co potencial artístico. Así que había dúas posibilidades: ou me convertía nun xenio inigualable ou me transformaba nun completo imbécil... Obviamente, preferín tentar ser un xenio. E púxenme a ler montóns de libros e a ver moitas películas para alimentar a miña creatividade”. "Takeshi ferido", titularon a raíz do accidente os principais diarios de Xapón. Días despois Kitano daba unha conferencia de prensa co rostro case desfigurado. Levoulle un bo tempo reeducar o uso dos músculos faciais. Poucos meses máis tarde, bastante recuperado, quixo regresar á TV pero xa non foi o mesmo. O seu humor antes repleto de enerxía resultaba agora entristecido. Kitano virou máis para o cine e comezou a pintar, escribir e ó estudio da ciencia. Deixou a bebida. O clima que atravesa Hana-bi resume aqueles anos posteriores ó accidente. O público xaponés creu que estaba acabado, que endexamais o volverían a ver nun espectáculo ou dirixindo unha das súas obras. Equivocábanse. O seu seguinte traballo, Kids Return(1996) é a súa obra máis optimista e autobiográfica (o filme está baseado case nun cincuenta por cento en lembranzas persoais), Hana-bi(1997), coa que logrou chegar á cúspide do seu prestixio in15
ternacional gañando o León de Ouro no Festival de Venecia e o Gran Premio Félix da Academia Europea, é cruel e marabillosa en moitos aspectos, pero sobre todo é un poema de amor escrito en sangue, unha historia de fantasmas interpretada por personaxes que xa non coñecen máis límites que os que eles se queiran impor, e que unha vez aceptado o sufrimento, non existe tanta diferencia entre estar vivo ou morto., El verano de Kikujir (1999) unha “road movie” de atmosfera chaplinesca onde a amargura do abandono infantil aparece no seo dunha comedia sorprendente e surrealista, Brother(2000) un atípico e moi recomendable capítulo made in USA da súa saga yakuza, Dolls (2002) onde nos deixa claro que é compatriota de Yasujiro Ozu, e o ritmo repousado e unha posta en escena mínima se apoderan incluso da violencia ou a acción, ou Zatoichi (2003), premio á mellor película en Sitges’03, novamente nos deixa claro cal é a súa forma de ver a linguaxe cinematográfica, onde o auténtico cine consiste en narrar a través de imaxes. As palabras son secundarias. Mantendo o seu estilo de equilibrados contrastes entre quietude e violencia extrema, e aproveitando o potencial (do que poucos fan uso) do son. Takeshi Kitano reinterpreta o xénero de samurais usando os efectos dixitais como ferramenta para aumentar a espectacularidade, sen caer no efectismo ou o ridículo. Conta unha historia fascinante de forma sobria, intelixente e entretida. Respectando ós clásicos, á vez que introduce o sentido do humor, e incluso uns inesperados números musicais. Dous anos despois Kitano reaparece con Takeshis’ (2005), seu moi particular 8 ½ de Fellini, unha terapia total contra si mesmo, contra o encasillamento . Un experimento máis apto a fin de contas para o propio cineasta que para o espectador. O mesmo acontece co seu seguinte traballo, Kantoku Banzai! (Oda al cineasta, 2007), pero esta vez en forma de enorme chiste, comedia bufa e á vez desconcertante reflexión sobre a súa figura, sobre o endeusamento e a mitomanía. Un puro cachondeo que algúns definiron como a súa sentencia de morte coma cineasta. Sen dúbida, podería figurar entre os seus peores traballos. Máis sorprendente (se cabe) aínda resulta Aquiles y la tortuga (2008), onde Kitano interpreta a un artista de escaso talento pero motivado e apaixonado, que conta có apoio da súa sufrida esposa, á que da vida Kanako Higuchi. Según Kitano: "Este é un filme sobre a complexidade do mundo do arte (...) Incluso as persoas sen talento deberían vivir para todo aquelo para o que creen valer, afrontando así a súa realidade". Consciente do rexeitamento dos seus fans a estes tres traballos rupturistas e voluntariamente antipáticos, o director optou por darlle de novo ao público o que pedía: un retorno ao cinema que máis premios, aplausos, taquilla e adeptos lle deparou, o xénero de yakuzas. Pero si un sabe mirar entre liñas, non tarda en identificar de novo ao desencantado director dos tres anteriores traballos (triloxía que foi bautizada como a do “suicidio artístico de Kitano”), agora, iso si, ao servizo da audiencia pero con moita retranca, porque Outrage (2010), 16
aparte de confirmar unha nova predilección por un cinema formalmente máis desaliñado, tamén se descubre coma un exercicio de rexeitamento pola raza humana en forma dunha profunda aversión a todos e cada unha das personaxes que forman parte da trama e que nos invita a supoñer que Kitano estase vingando dos seus fans e admiradores, desa audiencia que non puido ou non quixo entender o seu berro de socorro artístico, e faino con esta especie de vómito cinematográfico no que descarga a súa ira contra o xénero. Non hai historias de amor, dilemas morais, honor, camaradería… só chusma. Kitano cuspe así á cara da súa audiencia, e a resposta aínda que non tan cálida como en anteriores ocasións resulta tan exitosa que lle obriga a rodar a primeira secuela da súa filmografía. 2012 é o ano de produción da -ate a data- última película de Takeshi Kitano, ofrecendo aquí unha das súas obras máis simples pero tamén das máis fascinantes, na que nos narra unha sinxela historia de vinganza e honor no máis puro estilo que el mesmo contribuíu a renovar nos anos 90, este argumento tórnase algo máis complexo si analizamos o filme no conxunto da súa obra e moi especialmente si coñecemos que este “Outrage beyond” é a segunda parte dunha triloxía que ven xusto despois do arriscado e suicida tríptico anterior. Como secuela de Autoreiji (Outrage, 2010), a película funciona en tódolos seus aspectos, non sendo tan redonda como a primeira, aínda así esta segunda “Outrage” é unha película moito máis sobria, pausada e menos espectacular que a anterior. Si na primeira os asasinatos eran moi creativos e explícitos, nesta segunda, salvo algunha pequena excepción, móstranse fora de campo, sendo igualmente crus pero moito menos espectaculares. A historia volta a profundar nos temas do honor, a lealdade e a moral de maneira similar a como se facía na primeira entrega, a pesares de que esta vez -seguindo o curso dos tempos- tamén estende as súas críticas á corrupta clase política. A día de hoxe e aparte da súa carreira cinematográfica, Takeshi Kitano participa constantemente en televisión, chegando a ter un canal propio na plataforma dixital nipona onde se emitiu un “telegrama” de éxito sobre a súa vida; ademais de escribir regularmente en periódicos e revistas e ter publicados varios libros. Sinte que se converteu a un tempo en dous personaxes ben distintos: un portas para dentro, en Xapón, e outro no resto do mundo, sobre todo en Europa. "Cando viaxo a Europa recíbenme como director de cine. No meu país, en cambio, case ninguén me toma en serio como cineasta". Mentres, o seu cine, continúa sorprendendo e fascinando a partes iguais, as súas películas buscan ante todo transmitir ao espectador sensacións enérxicas e extremas, e provocar a súa máxima implicación ante unha obra honesta e humilde en formulacións pero -e quizais por iso mesmo- ríquisima en acertos. Carlos Alberto Alonso http://www.facebook.com/c.a.alonso.iglesias
Mi intención no es la de desacreditar o menospreciar a nadie, sino la de invitar a la reflexión. Seguramente para la mayoría ser profesor de danza sólo es una cuestión de llevar unos años bailando o tomando clases de danza, bailar bien o, simplemente, poseer un titulo que te acredita como bailarín. Para mi es mucho, muchísimo más, sobre todo significa tener un profundo respeto por esos alumnos que se entregan y depositan su dinero, su formación, su evolución, su confianza y sus sueños en ti, como su profesor. Ser profesor no es una forma fácil de ganar dinero. No se puede juzgar el hecho de que alguien pueda hacerse cargo de unos alumnos porque baile bien. Ni siquiera se trata sólo de montar y enseñar coreografías. Lo más importante es la vocación de enseñar, sentir la necesidad de transmitir lo que sabes, compartirlo con los demás. Pienso que un buen maestro de danza no deja de aprender, de formarse, de buscar nuevas formas de ayudar a sus alumnos a mejorar y no usa una clase como un escaparate para buscar notoriedad o el reconocimiento de sus alumnos contando batallitas o hablando de su curriculum.
Profesor de Danza
Como maestra mi objetivo es que mis alumnos sean cada vez mejores, que sigan adelante. Me emociona observar su evolución, por eso considero muy importante motivarlos a trabajar duro, a conseguir cada día de clase “un poquito más”. Lo que intentamos es trabajar e invertir nuestros esfuerzos en convertir a nuestros alumnos en artistas mucho mejores que nosotros. Ese es el mayor logro de un maestro. También creo que las escuelas y estudios de danza debemos tener la responsabilidad de utilizar criterios correctos a la hora de contratar profesores de danza. Creo que debemos darle oportunidad a nuevos profesores, por supuesto, pero asegurándonos que su vocación es la de enseñar y enseñar bien y con responsabilidad Yo como maestra tengo que hacer que el niño ame la danza, la música, que ame el arte. Si una persona no ha sufrido el dolor físico de unas agujetas, la frustración después de una clase no tan buena como esperabas, la ansiedad por conseguir que ese paso que tienes atravesado por fin salga, la satisfacción de terminar una clase mejor que la anterior. Si esa persona no ha subido al escenario, no se ha maquillado, no ha llorado, no se ha emocionado con los aplausos, difícilmente podrá transmitir la pasión que requiere la danza. Sólo podría transmitir una técnica, dar información sobre ella, enseñar unos pasos y una coreografía. En la danza, desde mi punto de vista, la enseñanza no puede o no debiera funcionar así. Informar no es enseñar. Del mismo modo, ejecutar unos pasos no es interpretar Por ello, para enseñar a interpretar o a bailar hay que haberlo hecho antes y desear de todo corazón que esos alumnos que ahora están en tus manos lleguen a ser mucho mejores que tu. Mi pregunta es para todos esos jóvenes que quieren “hacerse” profes de danza. Realmente estas dispuesto a todo esto?
Victorio & Lucchino AS SÚAS CREACIÓNS NON SÓ SE COÑECEN EN ESPAÑA SENÓN QUE SE ESTENDEN POR TODO O MUNDO
Ao longo de estos anos, Victorio & Lucchino convertiuse nun referente de gran importancia no panorama da moda española. Sempre atentos as innovacions que surden no sector, os deseñadores sevillanos non abandonaron, porén a esencia da tradición e a filosofía que define o seu particular estilo. Victorio -José Victor Rodríguez Caro- e Luchino José Luis Medina del Corral- souberon imprimir nas súas creacións un estilo rigixinal de indiscutible personalidade andaluza. Recentemente iniciáronse no deseño de xoias. Ademáis, o seu amor a arte e a cultura levoulles a colaborar en produccións teatrais e cinematográficas, como as obras Yema o A Celestina e a película El Guardaespaldas. A súas creacións non soio se coñecen en España, senón que se extenden por todo o mundo en países como Xapón,Alemania, Italia, Francia, Holanda ou Estados Unidos. 18
Chaqueta:V&L Mini:V&L Bolso: Guess
Lugar: Plaza de la Verdura Alex Vargas vestida de Fíbula Chaqueta:V&L Bolso:Versace Jeans Brazaleta:V&L Anillo: Luxenter
Vestido:V&L Zapatos:V&L Chaqueta:V&L
Lugar: Paza Méndez Núñez Capa:V&L Falda:V&L Blusa: Saias Ledas Pendientes: Jorge Revilla
19
Lugar: Farmacia Eiras Vestido:V&L Pulsera:V&L Anillo: Luxenter Bolso:Versace Jeans
A Farmacia Eiras Puig, é a mais antiga de Pontevedra. Mantén a estética dende que se fundou no ano 1872. Nada cambiou, mantén as estanterías, os mostradores de mármol, as antigas balanzas, os tarros de porcelana e o instrumental do boticario. Cando se entra nesta botica tense a sensación de estar a facer unha viaxe no tempo.
20
Antigamente, na botica Eiras, facíanse os remedios, era un laboratorio onde o boticario producía remedios e pócimas, armado co seu microscopio, seu morteiro e o seu vello instrumental. Obxetos que hoxe son adornos nos estantes e nas mesas de mármol que presiden o centro do local.
Lugar: Farmacia Eiras Vestido:V&L Pendentes:V&L Colar:V&L Reloxo: Cacharel Anei: Luxenter
Créditos e agradecementos: Vesturiario: Fibula Boutique Deseño Vestuario: Victorio & Lucchino Fotografía: DFotografía Modelo: Alex Vargas Maquillaxes e Perruquería: Tocado Petit Medame Localización especial: Farmaca Eiras Puig
En Internet: http://www.fibula.es http:/www.victorioylucchino.com/ http://d-fotografia.tk/ http://www.limind.com/alexvargas http://petitmadametocados.blogspot.com.es/ c/San Román 26 - Pza. da Verdura.
21
Audrey Hepburn
Por VICTORIA MONASTERIO
Oito da tarde. Luns. Acendo unha canle de televisión e vexo a imaxe dun belo rostro de perfil. É Audrey Hepburn protagonizando o filme Vacacións en Roma (Billy Wilder), película na que interpreta unha princesa que se escapa de pazo. Valeulle o seu único Oscar e lanzouna ao éxito. Audrey Hepburn, actriz británico-belga de familia e porte aristocrático, viviu en primeira persoa as penurias provocadas durante a Segunda Guerra Mundial, feito que a levou a dedicar gran parte da súa vida aos máis necesitados, involucrándose en labores humanitarios como Embaixadora de Boa Vontade de UNICEF ata o fin dos seus días. Estilo Audrey Hepburn sempre se caracterizou polo seu bo gusto e elegancia en vestir. A súa figura era esvelta e delicada. Dende moi temperá
22
idade tomou clases de ballet, pois o seu sono de xuventude era ser bailarina. Finalmente tivo que renunciar xa que era demasiado alta para a época, aínda que chegou a bailar xunto a Fred Astaire no filme musical Una cara con anxo. Hepburn puxo de moda o zapato plano tipo bailarinas, as gabardinas, os pantalóns cigarro, os pantalóns capri ou os xerseis de colo cisne. As súas cores favoritas eran os neutros, como o branco ou o negro e lle encantaba levar sombreiros, luvas ou lentes de sol XXL. Fuxía das cores rechamantes ou os brillos. Givenchy ou deseñador preferido foi Hubert de Givenchy, co que mantivo unha amizade moi forte. Audrey foi a súa musa e chegou a crear un perfume inspirado nela, L'Interdit. Deseñou vestidos exclusivos como o famoso vestiario da película Sabrina, no que destacan o vestido de cóctel negro con colo recto que deu lugar ao chamado escote Sabrina, ou o elegante vestido palabra de honra en branco e negra que luciu nesta película.Aínda Que sen dúbida o meu preferido é aquel elegante e sofisticado vestido de satén negro ou little black dress que loce en Almorzo con Diamantes, fronte ao escaparate de Tiffany, tamén deseñado por Givenchy. Este vestido foi subhastado no ano 2006 en Christie's por 700.500 euros, e a recadación foi destinada a obras benéficas. Audrey non foi unha actriz ao uso, unha diva no sentido estrito da palabra, chegando a levar unha vida sinxela, fuxindo de toda clase de luxo e ostentación. Rexeitou ser imaxe de moitas marcas, entre elas Tiffany. Cun encanto e dozura especiais e unha beleza inigualable, ademais de divertida, gañou o aprecio do público e dos seus compañeiros de profesión. Aínda que Audrey nunca se viu a se mesma como unha icona, o certo é que a súa imaxe é unha das máis imitadas e recordadas de todos os tempos. " Porqué cambiar? Cada un ten o seu propio estilo. Unha vez que o encontraches debes aferrarte a el. " Audrey Hepburn
23
(the)everyday NA GALERÍA - PM8 DE VIGO ATA O 30-04 2013
(the)everyday pretende estender un diálogo crítico que traspase o albor físico da galería, presentando unha proposta articulada entorno ao cotián e invitando ao espectador a reflexionar sobre situacións, circunstancias ou elementos que definen a rutina de cada día. Observar máis alá da realidade, ver o que non é posible ver, sentir o que está aí presente pero que necesita dunha activación externa para aflorar, dar visibilidade ao que permanece invisible, pero que en realidade non o é. A sociedade na súa dinámica cotiá anestesía o noso día día, incapacítanos para sentir ou mesmo comprender o significado real do que facemos e dalgún modo impídenos ser conscientes da importancia das nosas accións. A rutina cega, dificulta ver cara a onde nos encamiñamos, e a aqueles que caeron nunha espiral de repetición sen sentido os fai aínda máis difícil decatarse da importancia dos seus actos. Dor, morte, amor...palabras que parecen perder o seu significado ocultas polo veo da cotianidade. Acostumamos a iso: habituámonos a ver as miserias e marabillas do mundo a noso arredor, sen máis. Somos os espectadores dunha ficción que nos prevén dos sentimentos; daquilo que importa, intentamos, sempre, fuxir. Os medios de comunicación, ubicuos, exercen un efecto narcótico sobre o impacto do real; vivimos a través das vidas alleas, a través dos desexos e tamén das ansiedades dos outros: a nosa vontade reséntese e debilita e a nosa vida; mentres tanto, vaise. Evitamos o que nos desagrada, o que nos fai sentir incómodos, aquilo que nos fai pensar nas consecuencias do noso comportamento; fuximos das responsabilidades, ao 24
igual que nos refuxiamos do vento xeado nun día de inverno, buscando desesperadamente un lugar máis cálido e confortable. O medo paraliza; baixo a súa tutela constrúense estruturas que nos abeiran, nas que nos instalamos comodamente, xa sen ganas de saír ao exterior. Illados, avanzamos na vida seguindo un programa deseñado para encaixar nesta sociedade, unha sociedade, que previamente decidiu cal é "o destino último da nosa viaxe". Simplemente seguimos a norma, todo o mundo o fai, polo tanto para que abandonar esta "cadeira tan confortable"? É curioso, nun período de estabilidade social e económica todos os problemas parecen ocultos, latentes. É agora en un momento de crise profunda cando a xente reacciona e comeza a ver a realidade que unha vez foi invisible. Pregúntome por que algunhas veces é difícil apreciar a beleza que existe no noso ámbito máis inmediato, por que existe esa frustración coa vida e por que parecemos incapaces de valorar os pequenos detalles que poboan a existencia e que quizais nos axuden a aceptar a realidade tal cal é. É doado encontrarse esperando o extraordinario, ansiar o inesperado que ilumine as nosas vidas, cando, o habitual, onormal, é que ese "extraordinario" se encontre no inapreciable, no pequeno situado xusto diante dos nosos ollos. (the)everyday foi articulada entorno ao traballo de cinco artistas: Loreto Martínez Troncoso (Vigo, 1978), Fina Miralles (Sabadell, Barcelona, 1950), Jesús Pedraza Villalba (Córdoba, 1978), Kiko Pérez (Vigo, 1982) e Adán Vallecillo (Danlí, honduras, 1977).
SEMANA SANTA 2013 - 29 AO 31 DE MARZO 2013 A MAIOR MESA DE SEMANA SANTA ESTÁ EN VILA PRAIA DE ÂNCORA O SÁBADO 30 MARZO DE 10:00 A 19:00 Cheo de entretenemento E DOCES
e O PROGRAMA INCLUE Aloxamento en Habitación Dobre - 2 noites Bebida de Benvida Cea de Venres e Sábado (Serviço Flavours) Almorzo Buffet - Late check-out hasta las 15:00
e Prezo programa na habitación dobre standard/por persoa - 90,00€ Prezo programa na habitación dobre prestige/por persoa - 110,00€ Suplemiento para habitación Individual 40,00€ 3ª persona: 20% desconto Nenos 0 - 4: grátis-Nenos 5 -10: 40% descuento
SOLO ALOJAMIENTO/DESAYUNO POR HABITACIÓN Y NOCHE Habitación Doble Standard 75,00€ Habitación Individual Standard 65,00€ Habitación Doble Prestige 95,00€ Habitación Single Prestige 80,00€ 3ª Persona: 20% Descuento Niños0-4: Grátis Niños 5-10: 40% Descuento
HOTEL MEIRA —Rua 5 de Outubro, 56 4910-386 Vila Praia de Âncora (a 20 minutos de Tui—España, sin peaje en la N13) Tel: +351 258911111 Fax: +351 258911489 reservas@hotelmeira.com www.hotelmeira.com
25
FRANCISCO LEIRO HUMAN RESOURCES Nova York Marlborough Gallery 40 West 57 Street
Francisco Leiro Cambados 1957. Dende a sứa pertinencia o grupo Foga, ala polos anos setenta, Leiro fai unha viaxe, un longo percorrido no eido da escultura, atravesando formas ideas e mares.Tal vez dende aquel tempo en que se deu a coñecer xunto con Menchu Lamas, Antón Lamazares e outros artistas de entón, sexa hoxe un dos escultores mais recoñecidos no exterior. En Human Resources, preséntanos unhas 25 pezas de distinto formato en Madeira de castaño e pino roxo. Según me comenta o escultor nesta tarde ben fría de inverno en Nova York, non ten preferencia polos materiales, a usar na creación das súas obras, inda que a mayoría e en madeira.Tamén me confesa o autor: Que dende aqueles primeiros anos na cidade dos rañaceos até hoxe, houbo sempre unha evolución, pero que as veces hai un regreso sen que sepa por que. Tampouco sinte grandes influencias, pero as formas voluminosas dos seus personaxes e dos obxectos que reflite na sứa escultura, son como un mazazo de vida nos recunchos urbanos da metrópole. 26
Hoxe cando crucei as portas da Marlborough gallery, sentín un arrecendo, un remexer de oficios que enchen espazos valeiros. Sentín nunha palabra a galeguidade das raíces, tal vez por que as raíces están nos pes nas mans e no corazón do seu pai, que era canteiro. Raíces que con intención ou sen intención voavan polos espazos uniformes da galería. Non ollei bagoas nos seus ollos, pero sentín o orballo nos pes descalzos dos meus paisanos que co corazón de madeira reivindicaban a vida que lles pertencía. Falarían estes homes e mulleres dos vellos oficios as súas linguas de defensa?. Aquí que se falan todas as linguas do mundo. Falarían eles para que nos non entenderamos as xergas dos canteiros ou a dos telleiros (Daorde pariña o buxa). Sentir emoción nunha exposición solo e posible si esta te convence. Francisco, Paco Leiro e xa un clásico da escultura da Galiza, de España e alén mar. El xa domina o xogo do equilibrio. Nova York Francisco Álvarez Koki
27
CAÍNO cronista de Baiona EXPÓN A SÚA OBRA NA CASA DE GALICIA EN MADRID DO 2 AO 26 DE ABRIL Por CARLOS DE LA PEÑA
Vai e vén Caíno por Baiona adiante.As mans nas costas, unha mirada inquisitiva, curiosa, de home que medita e sinte. Caíno expresa os seus sentimentos, o seu xeito de entender o mundo , con toda franqueza, con toda sinceridade. Situado máis alá das convencións e os lugares comúns, desafía o acomodamento nun mundo sen conviccións. Nesta loita, Caíno Vasconcellos ten gañado un espazo propio que fai de el un home ceibe. Non é pouca cousa. No seu entorno humano, vital, Caíno gañou o respeto polo difícil equilibrio de tres facetas da súa personalidade e da súa arte. En primeiro lugar, polo seu arriscado xeito de ser baionés; despois, pola súa pacente labor de reconstrución da orde perdida e, en última instancia e definitiva, por crear unha obra pictórica que transloce o subconsciente colectivo do seu pobo. Pola primeira destas facetas Caíno exerce de baionés a tempo completo, sen concesións. É dun xeito afinado, un punto dramático e desgarrado, fatalista e desesperado, pero ao tempo, tocado polo sentido do humor, un sorriso 28
amistoso e unha mirada doce e cálida. A acelerada indignación sucede unha sorte de inmediato distanciamento, unha prudencia lograda no derradeiro intre, antes da destrución definitiva das ligazóns segredas e sagradas que manteñen unida a comunidade. Con iso Caíno nin xoga nin tranxise. A Cualidade de home ceibe de Caíno maniféstase sobre todo no seu modo de observar e reconstruír o mundo. Pode parecer un paxaro solitario que mira ao seu entorno, a paisaxe e os destrozos produto da barbarie. Alleo ás modas a actualidade chega a el coma os restos dun naufraxio as praias. Caíno vai recollendo unha noticia nalgún lado, da política por exemplo, e a pon en relación co medio ambiente,
ou a fame no mundo, ata lograr recompoñer unha lóxica tocada polo humanismo, e a tolerancia.Caíno é unha voz xorda. Quizais impotente, que se alza indignada ante a dor e a descomposición das relacións humanas, da economía, da natureza e da historia como fío condutor dunhas vidas que foron máis sinxelas e austeras. Por último, a persoalísima presenza do pintor en Baiona e no mundo, fixeron de el un estraño médium do subconsciente colectivo local, Para varias xeracións de baioneses a expresión das caras dos nenos que Caíno pinta de fronte en silenciosa presenza colectiva, representan unha pregunta para a que aínda agardan resposta. A pregunta ven determinada pola sensación de vivir un pasado arrebatado e un presente que non lles pertence, un presente alleo que se vive con perplexidade e desacougo. Ao meu xuízo, esta disfunción ten que ver coa perda dos oficios ancestrais. Dende sempre o baionés viviu do mar nunha comuñón ao límite da súa resistencia, ata conseguir apenas convivir con el, nunca dominalo. Nesa sempre imprevisible e leal concesión, que o mar fixo aos baioneses residían as claves do ser individual e colectivo da vila. Pero hoxe o mar perdeuse, déuselle de costas por un traballo na Citröen, na industria, na construción e o turismo. En poucos anos desapareceron moitas das actividades que explicaban o modo de estar no mundo dos baioneses, e con elas, a memoria a que estaban ligadas. Caíno pinta os rostros de quen foron nenos nos anos cin-
cuenta e sesenta do pasado século. Eles son os homes e mulleres valentes que deixaron atrás un pasado terrible de penalidades e que mudaron Baiona para sempre, abrindo novos horizontes para os seus fillos, tamén incertezas. Os nenos silenciosos que miran de fronte, os mercados populares dos santos Cosme e Daimán, as noites de fogos da Virxe do Carme e da Anunciada, cando toda Baiona soña e canta, son as ideas que Caíno plasma nas súas telas e a través das cales converteuse no cronista dun tempo e unhas xentes, o seu tempo e o mesmo.
29
SILVIA PENAS ESTÉVEZ 30
A POETA SILVIA PENAS, RESULTOU GAÑADORA DA PRIMEIRA EDICIÓN DO PREMIO DE POESÍA MANUEL LUEIRO REY O xurado do I Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía, composto por Mercedes Queixas Zas, Luis Cohcón Touriño e Armando Requeixo Cuba, decidiu premiar, tras unha longa deliberación, o poemario presentado baixo o título “As uñas crecen” e o pseudónimo “Rosa María Paramés”, que obtuvo o galardón por maioría de votos. Aberta a plica, resultou ser gañadora dona Silvia Penas Estévez, natural de Vigo e poeta con diversa obra xa editada. O xurado decidiu premiar esta obra por considerar que propón “ un discurso de fondo cuestionamento do eu lírico radicado nunha coordenada espazo-temporal ben próxima e identificable, onde a función social da escrita e as vivencias e pulsións sentimentais da voz poética se complementan acaidamente. Con anterioridade, Silvia Penas resultou gañadora do Premo de Poesía da Universidade de Vigo en 2005 co poema “Neste bosque” e do Certame Galego de Creadores Novos Gzcrea con “A tiranía do nes”. Con Elvira Riveiro, as dúas petencentes ás Redes Escarlata, escribiu “Biografía da multitude”, Premio de Poesía Victoriano Taibo en 2009. Así mesmo -e de acordo co establecido nas bases do concurso-, xurado decidiu distinguir cun accésit o poemario presentado baixo o título “Sobol” e o pseudónimo “Difraccións”, recomendando á Editorial Sotelo Blanco esta obra para a súa publicación. O xurado tamén destacou a alta participación e calidade dos poetas. O Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, é unha iniciativa da Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe, o Concello de Fornelos de Montes e a Editorial Sotelo Blanco, para homenaxear e lembrar ao poeta, escritor e articulista que nacido nesa Vila. O escritor Lueiro Rey conta con dous premios literarios asociados ao seu nome, o de novela curta do Concello do Grove do que se fallou a súa XIX edición e o primeiro de edición de poesía que vén de dar a coñecer o resultado desde Fornelos de Montes.Tendo en conta que no 2016 celebrarase o centenario do nacimento do escritor non estaría de mais pensar na posiblidade de adicarlle unhas Letras Galegas para rescatar e dar a coñecer a súa obra.
31
Juan Carlos Cambas O PIANISTA ARXENTINO PARTICIPOU NA XLIII EDICIÓN DO FESTIVAL FOLK DE COSQUÍN O MÁIS IMPORTANTE DE LATINOAMÉRIA
O pianista arxentino, radicado en Galicia Juan Carlos Cambas, realizou en xaneiro un concerto no Festival de Folclore de Cosquín 2013. Este festival arxentino, é o máis importante de folk de Latinoamérica, alí presentou: "Mestres & Referentes", un concerto dedicado a todos eses ARTISTAS ARXENTINOS E SUDAMERICANOS que son íconos da cultura, eses que souberon traducir o Home e a Paisaxe, en Poesía, Música e Arte: Eduardo Falú, Suma Paz e Raúl Carnota foron os tres personaxes homenaxeados, e un último tema dedicado a LATINOAMERICA como contenedora de toda esa cultura ancestral, dese crisol de razas. Como convidados especiais contou coa presenza de mozos cantores: Mónica Abraham (Mendoza), María Lombas (Bela Vista), Joaquín López (Jujuy), José Ceña (Bos Aires), Carlos Mancinelli (A Prata), Juan Iñaki (Córdoba), tamén o grande actor Alfredo Urquiza (Xeral Villegas), o pianista Mariano Fernández (Salto) e o Ballet Martín Fierro (Santa Fé) dirixido por Ariel Sosa. Acompañárono os prestixiosos músicos: Cristian Capurelli (Guitarra) e Ariel Sánchez (Percusión). O concerto completo pode verse en: www.youtube.com/juancarloscambas Información e contacto Webs: www.juancarloscambas.com.ar www.myspace.com/juancarloscambas www.facebook.com/juancarloscambas www.youtube.com/juancarloscambas Mail: juancarloscambas@yahoo.es
32
NEUMAN Neuman estrea novo traballo, un Ep edición limitada que se edita en vinilo e no que contaron con Ken Stringfellow (The Posies, REM, Big Star) como un quinto Neuman e que servirá como adianto o seu próximo longo. Neuman converteuse nos dous últimos anos un dos grupos de culto máis importantes do país, "Plastic Heaven" (2010) e o seu gabado segundo disco "The Family Plot" (2011). Volven cun novo traballo sen apenas ter descansado despois de facer mais 120 concertos cos seus dous primeiros discos, volven cunha xoia que marcase un antes e un despois na súa carreira, pois Neuman e Ken gravaron un gran traballo, un traballo deses que nunca se esquecen, un disco que engloba a mais grande das sensibilidades que caracterizan a Neuman ata o vendaval sonoro que nos teñen afeito nos seus directos, gravado no nadal de 2012 no Auditorio de Cox no que montaron un campamento sonoro,…. Neuman gravou o seu mellor disco e terás a oportunidade de conseguir unha das exclusivas copias que se van editar en vinilo a partir de Marzo.
A nena e o grilo nun barquiño NENA E O GRILO lévannos río abaixo nunha aventura apaixoante. En trece capítulos, coas correspondentes cancións, continuan achegándo se ao mundo dende a óptica mesma dos nenos, sinxela e xenerosa. Nesta nova entrega as historias teñen unha dimensión maís próxima a narrativa, sendo nas letras das cancións onde se mantén a intención máis poética. Coa edición preténdese estimular a curiosidade e a creatividade dos nenos, deixando para eles un lugar propio, onde poidan expresarse e interpretar os contidos dende a súa propia perspectiva. A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO Presentación editorial SALON DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA Sala de Exposicións do Pazo da Cultura Venres 8 de Marzo 19:00 horas Estarán na presentación: Magin Blanco (Autor) , Leandro Lamas (ilustrador) , Nando Luaces (editor)
33
Petroglífos
Durante os últimos 40.000 anos os homes e mulleres que habitaron a Terra pintaron e gravaron en covas e abrigueiros e ó aire libre, un reflexo do seu mundo material e espiritual. Dos últimos cinco mil anos ficou unha boa pegada en Galicia e Portugal. Entre a ría de Vigo e a bacía do Lima repítense unhas características parellas: a existencia de animais moi esquemáticos, a gravación de reticulados e a convivencia da arte rupestre con muíños naviculares de soporte fixo. Nas fregresías de Baíña e Santa Cristina da Ramallosa no concello de Baiona, a trescentos metros ó leste do canceleiro da presa de auga de Baíña, atopamos o xacemento arqueolóxico do Outeiro dos Lameiros descuberto para o mundo científico e o público xeral en febreiro de 1984. Alí temos máis de trinta superficies con gravados de tema variados que abranguen unha enorme concentración de reticulados, combinacións circulares, coviñas e o maior panel de arte esquemática da Península Ibérica que se atopa na área musealizada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa Cristina da Ramallosa que ofrece ós visitantes o percorrido autoguiado polos petróglifos máis destacados habilitados con camiños, plataformas, escaleiras e carteis explicativos.
34
Por XOSÉ LOIS VILAR
O panel do Outeiro dos Lameiros é moito petróglifo. Por emprazamento, por tamaño e por número e calidade das figuras representadas. Está situado nunha parede vertical do propio outeiro na cota dos 190 metros de altura presidindo A Chan da Devesa do Rei con dominio visual sobre a zona, sendo visible dende centos de metros ó redor. Un sitio non escollido ó chou. A superficie insculturada mide 15 metros ó longo e máis de cinco metros de anchura e acolle a gravación de máis de setenta figuras zoomorfas executadas de xeito esquemático. Unha liña define a longa cola, a liña cérvico-dorsal, cabeza e fuciño. Desta liña baixan catro longos apéndices que configuran as patas e dous pequenos na testa para sinalar as orellas. Todos os zoomorfos, agás un, circulan de esquerda a dereita e hai varios montados, dous deles, na parte esquerda con especial interese en salientar a presenza do xinete en posición case acrobática. Unha das figuras de equitación é a de maior tamaño do panel logo da figura central que o público deu en chamar peixe ou rodaballo pero que realmente é unha figura abstracta oval co interior dividido e con catro coviñas gravadas á vez que ten un longo apéndice na “barriga” e outro menor nun lateral. Destacan tamén unha figura escaleiriforme que semella un valado e máis a presenza dunha figura humana feita coa técnica do baixorrelevo, marcadas pernas, pés, cabeza e brazos, un deles armado. Animádevos a visitar esta posible escena de caza na parte máis setentrional da Serra da Groba que garda unha grande riqueza cultural e natural.
35
Viaxes Literarias Por ARMANDO REQUEIXO
Hai dende vello unha íntima unión entre viaxes e literatura. Parece como se o escritor, privilexiado espectador dos territorios que percorre, experimentase a imperiosa necesidade de deixar fluír a través da palabra toda a fervenza de sensacións que alimenta a súa vivencia das paisaxes, das xentes e as historias que, dalgunha maneira, acaban por se converter nunha parte da súa propia esencia, pois, como ten lembrado nalgunha ocasión Bernardo Soares, as viaxes son os viaxeiros e o que vemos non é simplemente a nosa contemplación, senón o que propiamente somos. Convencido do anterior, vanme permitir que lles recomende uns cantos títulos aparecidos nos últimos tempos —e, sobre todo, aínda doadamente atopables nos andeis das librerías— nos que as viaxes e a escrita maridan en feliz casoiro, convidando tanto a atravesar as nosas terras para contemplalas con ollada renovada como invitan tamén a se achegar a alleas nacións e descubrilas tras as reflexións dos escritores viaxeiros. Para os amantes do Camiño de Santiago seguro que resultará de interese As rutas de Compostela (2011, Toxosoutos), volume no que un viaxeiro francés de primeiros do pasado século deixaba anotadas as súas impresións da peregrinación realizada á cidade do Apóstolo e que dá unha visión particular das vilas e cidades que visita e das persoas coas que vai cruzando. Aqueloutros que desexen percorrer de norte a sur o territorio estatal poden animarse á lectura da novela Cando partín unha mañá de verán (Trifolium, 2011), do escritor británico Laurie Lee, quen meses antes do estourido da Guerra Civil cruza a Península dende Vigo ata Granada, sobrevivindo como músico ambulante e experimentando mil e unha peripecias verdadeiramente sorprendentes, que nos regalan unha España insólita na percepción de quen provén doutra cultura. Os que ousen abeirar máis lonxe, propóñolles que visiten a incomparable cidade flotante da man de Paul Morand e as súas Venecias (Hugin e Munin, 2012), urbe líquida, santuario da beleza para a que agora pode servirnos de guieiro este libro felizmente traducido ao galego, no que desprega todo un mapa sentimental da descuberta dos seus mil e un recantos. Tamén si, e nesta mesma liña, hai nada chegou ás librerías Breizh (Toxosoutos, 2012), poemario haikiano no que o País dos Armiños, a sempre cativadora Bretaña, serve de inspiración ao verso evocador de Miro Villar, quen nos traslada nas súas composicións a un espazo no que os mitos, as lendas e os símbolos deste historiado territorio cobran nova e feraz vida. Agora ben, existe igualmente a posibilidade de redescubrir a nosa vella Terra sabendo dela polos ollos de moitos outros, dos que vindo dos máis arredados lugares nos visitaron dende sempre e deixaron as súas impresións do que tal lles pareceron paisaxes e paisanaxes. Non hai mellor atlas para esa aventura que o libro de Xan Arias Viaxeiros por Galicia (Trifolium, 2011), polo que desfilan millenta xenuínos e irrepetibles visitantes. Por remate, se se prefire unha viaxe a esa decote fascinante Terra do Solpor nosa, a miña recomendación pasa por Cita en Fisterra (Xerais, 2011), probablemente o mellor libro que se teña escrito nunca sobre a Costa da Morte, un dietario do camiñante que amece a memoria dun pobo coas súas propias cicatrices e vellas ledicias de conterráneo para ir reconstruíndo, por medio de episodios tanto reais como imaxinados, todo un continente humano e natural. Blog Criticalia http://armandorequeixo.blogaliza.org/
36
Contos máxicos
Ilustración PAULA PEREIRA
A VACA QUE PUXO UN OVO - Ilustrador RUSSEL AYTO - Texto : Andy Cytbill / A TOUPIÑA E A PRIMAVERA - Ilustración e texto:Zdeněk Miler / O CAMALEÓN AZUL - Ilustración e textos:: EMILY GRAVETT Todos os libros son de Editorial PATAS DE PEIXE.
37
Entidades de crédito FÁBULA DE FEDRO E A XUSTA REPARACIÓN DO DANO CAUSADO POLAS ENTIDADES FINANCEIRAS Por ALEJANDRO PEREIRA BUGARÍN
entre outras entidades NovaGalicia Banco- por outros títulos: accións dunha banca cuxo burato financeiro se cifra en miles de millóns de euros. Papel por papel, e 'promesas que non valen nada' -como dicían 'Os Piratas', os outros, que ironíapara calmar tanta furia contida de aforradores fartos de clamar xustiza pacificamente. A mala práctica bancaria e a súa impunidade é un feito notorio e como tal non resulta necesario deternos nas probas: Swaps, cláusulas abusivas, instrumentos híbridos cuxa natureza xurídica serve para que prestixiosos mercantilistas elucubren e maten as tardes, intereses de demora que deberían ser nulos por usurarios, etc. Concepto este, o da usura, que o lexislador parece non se ter atrevido a volver nomear dende a época na que Alfonso XIII promulgou a vetusta -pero vixente- Lei préstamos de 1908. Un Memorando para salvar as Entidades de Crédito e atar os aforradores nas tebras. A fábula de Fedro e a xusta reparación do dano causado polas Entidades Financeiras. Aos titulares de instrumentos híbridos de capital de entidades intervidas vénselles enriba un inminente troco que formula demasiadas incertezas sobre o futuro dos seus aforros.
A Fábula de Fedro, preside cada contrato de adhesión. O león queda coa presa -por algo é o máis forte- e ao cidadán, que nunca foi cazador, non lle queda máis que resignarse e recordar o día que, confuso por tanta información indescifrable, dixo aquilo de "onde hai" que "asinar". A mala praxe é un feito que ata admitiu a somnolenta Comisión Nacional do Mercado de Valores, iso si, coa boca pequena e cunha demora que supoñería o embargo de todos os seus bens se a débeda en vez de coa cidadanía a tivese cunha entidade financeira.
Especúlase sobre o como e o cando terá lugar a devandita operación. A chamada Troika e a banca alemá -acredora privilexiada da nosa banca-, impoñen que o devandito troco se realice con prontitude, esixindo que os titulares asuman perdas, e que os malditos papeis que instrumentan activos híbridos se cambien por accións de entidades quebradas. Prontitude, obrigatoriedade, perdas e troco non monetario. Estas son as regras do xogo que impuxo Europa no seu Memorando 'estival' e que as nosas Cortes se apresuraron en converter en norma de rango legal.
A vía da reparación do dano, de dar "a cada cual o que lle pertence" mediante a auctoritas dos Tribunais de Xustiza, preséntaselle ao afectado como unha senda demasiado arriscada por custos e dilacións. Unha aventura para a cal non se ve preparado. Ao igual que non era a súa xesta converterse en titular de "instrumentos híbridos de capital".
O trato é cambiar títulos cuxo valor "non" se aparta significativamente de cero", -en palabras de PWC, a auditora que se encargou de medir o tamaño do burato negro das contas de
Alejandro Pereira Bugarín. Licenciado en Derecho por la Universidad de Santiago de Compostela.Asesor Jurídico en Temis Asesoría.
38
39
Gripe e antibióticos OS MÉDICOS DE FAMILIA LEMBRAN QUE OS ANTIBIÓTICOS NON SON EFECTIVOS ANTE ESTE VIRUS
Estes medicamentos están indicados para as infeccións bacterianas e non víricas como a gripe. Medidas de hixiene básicas como taparse a boca ao tusir, utilizar panos dun só uso e lavarse as mans axudan a diminuír a transmisión do virus. A vacinación anual é o mellor xeito de previr a gripe Durante o inverno a gripe é un dos principais problemas de saúde e nos últimos días a súa alta incidencia xa alcanzou o nivel de epidemia en varias comunidades autónomas. Ante este cadro clínico, caracterizado por febre alta, tose seca e dores musculares xeneralizadas, os médicos de familia recordan que o uso de antibióticos non é efectivo. "Estes medicamentos están indicados para as infeccións bacterianas e non víricas, como é o caso da gripe. Polo tanto, a crenza de que tomar antibióticos cura a gripe é errónea. A única opción é aliviar os síntomas mediante o tratamento con analxésicos (paracetamol), o repouso e a inxestión de líquidos," advirte o doutor Josep María Cots, coordinador do Grupo de Enfermidades Infecciosas da Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (semFYC). Pola súa rapidez de propagación a gripe é considerada como unha enfermidade cun importante impacto sanitario. Ninguén está exento de padecela, se ben os nenos, anciáns, mulleres embarazadas ou persoas con outras patoloxías crónicas son máis susceptibles de contaxiarse. "En calquera caso, salvo en persoas con outras patoloxías 40
crónicas, nos que a gripe pode complicar o seu cadro clínico e causar a morte, é un proceso benigno que non dura máis dunha semana e se cura só," sinala o doutor Cots. Gripe ou arrefiado? A gripe e o arrefriado teñen en común que son unha patoloxía producida por un virus, sen ben en cada caso a súa orixe é distinta. Así, os seus síntomas tamén son diferentes e mentres a gripe provoca dor xeneralizada, febre alta entre 3 e 5 días e apenas hai síntomas nasais e de garganta, o arrefriado común causa dor de garganta, obstrución nasal, goteo nasal, febrícula, pouco malestar xeral e adoita durar 2-3 días. "En calquera caso, e malia que son procesos parecidos, ao vacinarnos da gripe temos protección fronte a este virus pero non fronte ao virus do arrefriado común", aclara o doutor Josep María Cots. Así mesmo, continúa, "mentres cun arrefriado se pode ir a traballar coa gripe o repouso e "quedar en cama é case obrigatorio". Como engade o doutor Cots, "na maioría dos casos, tanto en caso de gripe coma de arrefriado, non é necesario acudir ao médico familia, pois a infección non é grave en pacientes sans e curará sen necesidade de aplicar ningún tratamento específico. Non obstante, débese acudir ao médico de familia se transcorridos 4-5 días os síntomas de gripe ou arrefriado persisten manténdose a febre elevada (máis de 38º) ou en calquera momento se
os síntomas empeoran progresivamente: preséntase respiración e/ou latexo cardíaco rápidos, dificultade para respirar, cor da pel morada, dor intensa no peito ou abdome, vómito intenso ou persistente, mareo, confusión, desorientación ou rexeitamento da alimentación en nenos". Ademais, nestas datas tamén son frecuentes cadros víricos intestinais que se presentan con gastroenterite, vómitos ou diarreas, pero que non responden a unha gripe e cuxos síntomas só persisten dous ou tres días. "Se tras este tempo se segue con malestar xeral, cansazo, debilidade, febre ou "sensación de afogo se recomenda dirixirse ao centro de saúde", indica o doutor Cots Máis vale previr As medidas preventivas son fundamentais para facer fronte a este proceso patolóxico. Neste sentido, existen determinadas medidas elementais de autocoidado e hixiene persoal como son lavarse as mans frecuentemente, utilizar panos desbotables e taparse o nariz e a boca ao espirrar ou manter o cuarto do enfermo separado da estanza dos outros membros da familia e ben ventiladas. En definitiva, pautas todas elas que contribúen a evitar a propagación da enfermidade, fundamentalmente no ámbito familiar e laboral. "Non obstante, previla non é doado", asegura o doutor Cots, "xa que pasamos moito tempo en lugares pechados onde conflúen os virus e o contacto e contaxio é máis doado e rápido, como nos colexios, centros de saúde ou servizos de urxencias,". Por este motivo, a vacina antigripal é fundamental. "Se durante a campaña de vacinación contra a gripe logramos unhas elevadas taxas de inmunización, conseguiremos o que se coñece como 'inmunidade de grupo', é dicir, a protección fronte á gripe de persoas que non se vacinaron ou que por padecer unha determinada enfermidade non produciron defensas ao vacinarse, indica o doutor. Segundo sinala este experto, "non" hai que esquecer que os principais beneficiarios da vacina son os maiores de 60 anos e os enfermos crónicos, co fin de evitar a mortalidade e ingresos hospitalarios a causa das complicacións asociadas á gripe como son a pneumonía ou o agravamento das patoloxías crónicas. Pero tamén se debe facer fincapé na vacinación daqueles que poden transmitir a gripe a persoas de risco, entre os que se encontran os profesionais sanitarios, os familiares e coidadores que lles atenden no seu domicilio para evitar o contaxio e previr a aparición de brotes".
41
Nutrición sana Por GLORIA PÉREZ
Ola corazóns, seguimos con este marabilloso método de alimentación da Doutora Kousmine, espero que sexa do voso proveito As tres comidas principais O almorzo de reis: a crema Budwig Ingredientes para unha porción - Unha cullerada de sementes oleosas cruas recén moídas (xirasol, sésamo, liño, noces, abelás, améndoas... - Unha cullerada de cereais integrais crus, biolóxicos: arroz, trigo sarraceno, avea, paínzo, cebada mondada, quinoa ou amaranto. - Algunhas proteínas, dúas culleradas de queixo branco magro (0 gramos de graxa) ou tofu ou iogur magro biolóxico ou requeixo magro ou unha xema de ovo. - Unha cullerada de aceite de liño biolóxico e prensado en frío ou unha cullerada de sementes de liño moídas xunto cos cereais. - Un plátano pequeno ou 2 culleriñas de mel ou unha culleriña de azucre integral - O zume de medio limón - Froita fresca de tempada. Xusto despois de espertar, antes de almorzar, ten que tomar un vaso de auga a temperatura ambiente, mellor temperada. A comida de príncipes - É conveniente empezar a comida con verdura crua.Tamén é mellor tomar a froita antes da comida, polo menos un cuarto de hora antes. - Verduras cocidas, preferiblemente ao vapor e durante o menor tempo posible. - Cereais integrais biolóxicos. - Verduras ou cereais (aínda que tamén as leguminosas e a carne) teñen de aliñarse con aceite de xirasol biolóxico ou aceite de oliva extra-virxe, prensados en frío, con sal mariño (ou algas, se o prefire) e limón ou vinagre de mazá.
42
Pode engadir especias (tomiño, curry, cebola, allo, chile), tamari ou shoiu (salsas naturais de soia), gomasio. - Os legumes cocidos a pouco lume (lentellas, garavanzos, xudías, fabas, chícharos, soia), peixe ou ovos (só a xema crua ou ben enteiro e pasado por auga, evitando freir) ou algo de queixo branco moi magro, requeixo magro (con menos do 8% de graxa) ou carne en pequenas cantidades (mellor pavo, polo, coello, avestruz, cabalo, cabrito ou cordeiro). Ao principio é mellor tomar só un tipo de proteínas en cada comida para comprobar a súa tolerancia. - Auga mineral (ou aromatizada con zume fresco de froita); infusións, té verde. Unha comida e unha cea equilibradas Comida: - Un cuarto: cereais - Un cuarto: verduras cruas - Un cuarto verduras cocidas - Un cuarto proteínas: legumes e/ou peixe e/ou carne e/ou ovo Cea: - Un cuarto escaso: raíces, almidonáceas (patacas, charouvía...) ou cereais - Un cuarto abundante: verduras cruas - Un cuarto: verduras cocidas - Un cuarto proteínas: legumes e/ou ovo e/ou iogur A cea de pobres A cea a de ser menos abundante que a comida, con verdura crua e sopa de cereais cocidos ou crus, ou ben con cereais triturados en frío e engadidos a minestras de verdura e legumes; ou ben froita fresca cun iogur magro ou unha macedonia de froita fresca con sementes oleosas (noces, abelás, améndoas) e cereais recén moídos. Cear polo menos tres horas antes de deitarse. Gloria Pérez - Naturópata e especialista en Dietética e nutrición
A Asociación Española Yuan Tao é unha Escola dedicada dende o año1995 a dar a coñecer as artes tradicionais chinesas de orixe taoísta en toda a península ibérica e canarias. A súa Sede central encóntrase situada na cidade de Pontevedra e nela impártense actividades como Tai Chi Chuan e Chi Kung, artes xa coñecidas que cada vez están a ter máis aceptación social posto que moitos profesionais da saúde as recomendan como complemento á medicina polos seus testados beneficios, o célebre Kung Fu ou outras disciplinas como o Pakua Chang e Tao In Kaimen aínda descoñecidas para a gran maioría pero cheas de gran beleza e múltiples efectos positivos. Nela tamén se realizan Sesións de Chi Ming Fa, Masaxe Metamórfica e Masaxe An Mo. O seu núcleo central é o Sistema de Meditación Yuan Tao Pai, Arte Taoísta De La Salud, La Sabiduría e La Consciencia. É un método práctico que garda e transmite técnicas moi antigas que nos establecen na nosa verdadeira natureza e nos axudan a vivir máis no agora. É un Sistema de traballo interno (Nei Kung) orientado cara á cultivación da saúde, o desenvolvemento da enerxía e o espertar da
Consciencia. Algúns dos beneficios que nos achegan os seus diferentes niveis de prácticas son: - Relaxación a nivel físico, emocional mental, aportando serenidade e calma. - Aumento da vitalidade e despertar de un mesmo. - Soño mais reparador, profundo e relaxante. Convencida dous profundos beneficios destas magnificas disciplinas tanto a nivel físico como emocional a A.E. Iuan Tao invita a todas aquelas persoas interesadas, sexa cal sexa a súa idade, a visitala para descubrir e gozar persoalmente das devanditas Artes. Así mesmo realiza talleres, retiros de práctica, conferencias e seminarios en distintas cidades tanto da península como fóra dela: especialmente en Pontevedra, Tenerife, Barcelona, Madrid ademais do Porto, Lisboa e Londres. Se estás interesado nalgunha destas opcións ou queres que algún dos nosos profesores autorizados chas mostre de forma práctica no teu centro ponte en contacto connosco: 646.290.966 / 676.649.055 wuchitaopai@hotmail.com // yuantaopai.com C/Italia nº 11 Sótano 3 Monteporreiro Pontevedra
43
CANELA E MEL
A canela e o mel son as únicas substancias limenticias no planeta que non se botan a perder nin que se podrecen. Polo menos o mel encontrado nas tumbas dos faraóns do antigo Exipto conserva intactas as súas virtudes. A solidificación do produto é mostra da súa pureza e retorna ao estado fluído inicial ao quentala ao "baño María". O mel posúe actividade antibiótica natural grazas a unhas substancias chamadas inhibinas.Tal é a súa eficacia, que os microbios non sobreviven máis dunhas poucas horas en mel. Os seus efectos antibióticos poden variar lixeiramente en función das flores visitadas polas abellas. Onde si se aprecian maiores diferenzas é entre os meles recollidos de xeito artesanal e as destinadas á venda por xunto, pois neste último caso sacrifican propiedades medicinais e nutritivas en busca dunha presenza máis fluída. As propiedades antisépticas e antibióticas do mel aprovéitanse tanto polo seu uso local, polas súas virtudes cicatrizantes, como polo consumo habitual. Recoméndase o seu uso en todo tipo de chagas, incluíndo as da mamila e as aftas bucais (neste caso emprégase mel rosado). Entre os beneficios do mel máis coñecidos está a de aliviar infeccións de farinxe polo seu efecto demulcente. As propiedades expectorantes do mel completan a súa actividade medicinal en todo tipo de afeccións respiratorias tanto infeccioso ou irritativo. Polas súas encimas, que a fan un alimento dixestivo, e o seu elevado contido en azucres de diversa velocidade de absorción re-
44
sulta un alimento moi indicado en caso de fatiga física ou para deportistas. Entre as propiedades nutritivas do mel está a súa capacidade remineralizante do organismo así como a súa achega de vitaminas do grupo B. Só deberán ter coidado co seu consumo os diabéticos. Considérase que tanto a canela coma o mel poden aliviar algunhas enfermidades, como por exemplo a artrite. Nun estudo feito na Universidade de Copenhagen, os doutores deron aos seus pacientes a diario, antes do almorzo: unha cullerada de mel e 1/2 de canela en po. Nunha semana, de 200 pacientes seguindo o tratamento, 75 deixaron de ter dor totalmente. Un mes máis tarde case todos os pacientes estaban libres de dor, aínda aqueles que case non podían camiñar xa. A revista "Weekly World New" de Canadá, publicou xa hai tempo unha lista das enfermidades que segundo indican anguns estudosos, poderían curarse co mel mesturado con canela: Picaduras de insectos, perda de cabelo, colesterol, sinusite, tose crónica, arrefriados. A mestura tamén alivia o gas no estómago, fortifica o Sistema de Inmunización e alivia a dixestión. E si o que se quere é ter unha pel suave, fresca e restar os signos da vellez, a receita parece ben doada e inofensiva; mesturar catro culleradas de mel, unha de canela e tres cuncas de auga. Ferver a auga para facer un té con estes ingredientes e beber dunha a catro cuncas ao día. Haberá que probar.
45
Comendo na cociña
A Cociña e o comedor un mesmo espazo. Como deseñar un espazo mais calido onde o comer e o cociñar se integren nos nosos fogares. É unha demanda cada día máis habitual. Á hora de realizalo dispoñemos de varias solucións: *Una integración total dentro do espazo nos mesmos materiais, o cal nos encontraremos con elementos que seguen a liña en idénticos acabado coa mesma estética. Que na maioría o veremos en prolongacións dos mesados de traballo á mesma altura. Tendo a posibilidade en cociñas mais amplas as mesas e as cadeiras nunha estética parecida ao moble. *Como segunda opción. Dotalo dun protagonismo diferenciado para que adquira personalidade dentro do espazo. Neste caso, recorreremos a materiais diferenciados ao amoblamento da cociña. Percorrendo a mesas e cadeiras de deseño con formas e complementos diversos e non desprezar unha iluminación diferenciada.
46
47
Provar Portugal AMANDIO RESTAURANTE LIBRARIA Rúa Direita 129 Caminha Tf.: 00351 258921177 amandio-rodrigues@sapo.pt 48
A maior mesa de Páscoa do País É já no dia 30 de Março que Vila Praia de Âncora irá receber, uma vez mais, a “maior mesa de Páscoa do País”. Com grande entusiasmo se fazem os preparativos para que este seja novamente um evento de sucesso. É fascinante ver o empenho e força das gentes da terra que se organizaram num Movimento para levar este cantinho minhoto às “bocas do mundo”. Um povo humilde e dedicado que admiro e respeito. E é entre as dez e as dezoito horas de sábado que se estenderão as tolhas bordadas sobre os 500 metros de mesa e sobre ela desfilarão os deliciosos doces tradicionais, os enchidos, a broa, as compotas, os folares, o artesanato local, os néctares dos deuses, enfim, um infindável rol de verdadeiras maravilhas para alegrar e adornar a época festiva. Quem sabe se não poderá encontrar até um corte de fato para depois ser trabalhado pelas mãos habilidosas e resistentes do alfaiate Sousa. Por isso, o convite fica lançado. Não deixe de rumar até este cantinho à beira-mar plantado e encante-se com os cheiros, texturas e sabores que por cá pairam. Vinho do Porto LBV Que grande Porto! Falar de LBV (Late Bottled Vintage) é falar de um vinho do Porto que apresenta a melhor relação qualidade-preço, sendo a sua produção idêntica à do Vinho do Porto da categoria Vintage. É um companheiro de excelência
para horas de conversa e combina na perfeição com Queijo da Serra, considerado um dos melhores queijos do mundo. Também com uma fatia de Tarte à Amândio o casamento é perfeito! A degustar, sem dúvida! O sável do rio Minho A lampreia ainda refastela muitos convivas, mas a época é, também, de outra maravilha gastronómica. O sável é uma das ricas iguarias que pode ser pescada no rio Minho, entre os meses de Abril e Junho. Trata-se de uma espécie migratória que antigamente existia com grande abundância mas que se tende a tornar um maná em vias de extinção nos tempos atuais. Nasce no rio e, nas primeiras águas invernais, desce até ao mar, onde se desenvolve, cresce e completa o ciclo reprodutor. Geralmente em Março regressa ao rio, em cardumes gigantescos, para, durante a noite, desovar nos bancos de areia. É durante esta viagem fluvial que ocorre a captura, rumando ao prato dos inúmeros apreciadores. No passado esta espécie era uma reconhecida fonte de subsistência, não só pela abundância, mas, igualmente, pela capacidade de conservação. Tanto servia para venda como diretamente alimentava a comunidade piscatória. Hoje, é considerado um pitéu de excelência, raro e caro, digno de festivais, um pouco por todo o País. Afirma-se como um dos símbolos do rio Minho (tal como a lampreia) assumindo um interessante valor socioeconómico e, inevitavelmente, histórico. São várias as formas de cozinhar o dito espécimen. Pode ser fumado e servido como entrada, pode ser salgado e depois cozido com batatas e couves, pode, até, ser assado na brasa, mas a forma mais comum de o servir é fritá-lo, depois de cortado em postas fininhas para atraiçoar as muitas espinhas. Para mim, o debulho de sável é a forma mais deliciosa de o confecionar. A receita deste apaixonante prato remonta a tempos bem antigos, altura em que as varinas tinham a responsabilidade de vender o sável cortado em postas, de porta em porta. As freguesas preferiam as postas maiores e quando a venda findava, na canastra, restavam as partes ditas “menos nobres”: a cabeça, as ovas, o fígado, o degoladouro (ou gola – posta junto à cabeça), o rabo e as postas mais pequenas junto ao rabo. A forma encontrada
para aproveitar as tais partes “menos nobres” do animal, as “sobras”, foi a de elaborar um prato que lhes desse utilidade. Adicionado o sangue do peixe (também ele aproveitado) à calda e com mais umas etapas pelo meio estará pronto a degustar um fabuloso arroz, o debulho de sável. Só falta dizer: bom apetite! A Essência do Vinho O Palácio da Bolsa, no Porto, recebeu por mais um ano milhares de visitantes na 10ª edição da Essência do Vinho. Foram milhares os vinhos em prova e centenas os produtores presentes. Mais uma vez se dignificaram os vinhos portugueses e se reconheceu o seu enorme valor. Portugal produz, cada vez mais, vinhos de qualidade crescente, a qual vem sendo reconhecida internacionalmente e são eventos como a “Essência do Vinho” que desempenham um valioso papel na divulgação dos néctares nacionais dentro e fora de fronteiras. Não posso deixar de partilhar convosco, com grande satisfação, que no “TOP 10 Vinhos Portugueses”, o Soalheiro Alvarinho Primeiras Vinhas 2011 ocupou o primeiro lugar na categoria de vinhos brancos. Parabéns! E depois do Porto segue-se o Rio de Janeiro. Pois é, a Essência do Vinho desloca-se até ao Brasil. Que na bagagem leve os bons vinhos portugueses e traga um rol generoso de novos apreciadores. Uma revista de culinária Num destes dias a mãe do amigo Mário Garrido fez-me chegar às mãos uma revista de culinária, imagine-se, dos anos 70. Devorei-a avidamente e fiquei maravilhado. O papel, as ilustrações, as receitas… enfim, como é bom recordar e reviver tempos idos e felizes. E depois de folhear as páginas desta fantástica relíquia pude desfrutar de umas longas horas de conversa com o artista e grande amigo Mário Garrido. Mais uma vez a cultura marcou presença entre néctares e petiscos portugueses. Já sabe: rume até ao Minho verdejante e apaixone-se! Até breve!
49
Uvas estranxeiras Por PEDRO VILLAMARÍN
España é un dos países máis importantes do mundo en elaborar viños de calidade. Pero durante moitos anos non se cría nas variedades autóctonas de cada zona, polo que se importaron e se aclimataron variedades fóraneas que posteriormente foron aceptadas polos consellos reguladores. Esa sensación de inferioridade vinícola inicial, produciuse por non realizar un estudo a fondo dos propio. Pero a partir da década dos 80, empézase a crer na tipicidade da "terra" e a imbuír personalidade nos viños a partir do desenvolvemento e coñecemento das raíces. Algunhas destas variedades traídas de Francia, Italia ou EUA, explicámolas a continuación. A Cabernet Franc, ten a súa orixe en Francia, destaca polo súa frutosidade e elegantes notas suaves na boca. Dise que podería estar emparentada coa mencía galega e berziana.
A Riesling Branca, procede de Alsacia, Mosela e Rin. A uva é pequena e amarelenta, de produción limitada. Os seus viños son secos, afrutados, frescos e moi florais. Cultívase en Cataluña. A Gewürztaminer branca, procede tamén de Alsacia e Alemaña; ofrece notas especiadas e almizcladas. Cultívase en Somontano e Penedés. A Cabernet Sauvignon é a variedade máis utilizada nos afamados viños de Burdeos. Soporta moi ben a crianza, de intensa cor, é un viño potente en aromas e sabores. Elabórase en case todas as zonas de España. A Pinot Noir, utilizada na Borgoña e Champagne, é de froito pequeno e pel escura. Non ten bo envellecemento polo que o seu consumo deberá ser inmediato ao do seu embotellado.
A Chardonnay, ten a súa orixe na borgoña francesa, é a uva máis coñecida e solicitada en todo o mundo. Ofrécenos en nariz elegantes toques afumados, soportan moi ben o pase por madeira e o envellecemento. Cultívanse principalmente na parte oriental de España, penedés, navarra, somontano, costers do segre...
A Sauvignon Blanc, é unha variedade branca de froitos pequenos e elegante cor dourada. Cultívase en Burdeos e no val do Loira. En Sudamérica cultívase bastante polo clima cálido dos seus países. En España a maior parte está plantado en Roda.
A Merlot Tinta, tamén de orixe francesa, é de orixe escura e azulada, e cunha pel moi grosa. É a uva estranxeira máis aceptada en España, por ser moi doce e froiteira. Cultívase principalmente en Cataluña e Sueste de España.
A Syrah Tinta é a cepa por excelencia de Ródano e Australia, as uvas son ovoides e pequenas e de sabor agradable en boca. Os seus viños teñen un aroma característico a violeta e froitos negros moi maduros. Cultívase principalmente en Jumilla.
A Petit Verdot tinta, orixinaria de Burdeos, é das últimas en chegar a España, a súa presenza é minoritaria. Un dos viños máis famosos elaborados con esta variedade fainos o Marqués de Griñon.
A Viognier Blanca, é a raíña do Ródano, aclimátase en España na zona mediterránea. Envellece moi ben, é floral, froiteira e complexa con lixeiras notas herbáceas. Gocen do Viño.
50
MIRADOR RÍA DE BAYONA es un complejo vacacional de dos edificios que le ofrece apartamentos de distintas capacidades según su necesidad totalmente equipados y acondicionados, pensados para que usted disfrute de una grata estancia en amplios apartamentos amueblados y decorados con excelente gusto emplenado un mobiliario moderno de cálidos colores, baños completos con bañera y duchas, apartamentos acondicionados para minusválidos, cocinas con todos los electrodomésticos, salones con televisor de pantalla plana de 29” y mando a distancia, ascensor, calefacción plazas de garaje.. Para completar esta propuesta de relax cuenta con exclusivas terrazas con vistas al mar que harán de su estancia una experiencia inolvidable. Los apartamentos están situados a la entrada de la villa de Baiona, justo enfrente de las playas de Santa Marta y Playa Ladeira, a 5 minutos andando del casco histórico baionés, a 20 km del centro de Vigo y 15 mn. en coche del aeropuerto. Permitamos ser su anfitrión en su próxima visita a Baiona; sabemos que luego de conocernos querrá repetir la visita.
Apartamentos Mirador Ría de Bayona C/Santa Marta 32 36308 BAIONA - PONTEVEDRA Tf.: 986 355 245 - 667 647 923 - Fax: 986 360 799 www.riadebayona.com / info@riadebayona.com 51
RESTUAURANTE LOS ABETOS Concurso fotogrรกfico 30 aniversario GAร ADORA DO PREMIO en MARZO HELENA VILLAR
52
Anxo Rial
Anxo Rial, expón Luces do mundo no Museo do Mar de Galicia (Vigo) Nesta mostra, que forma parte do programa de exposicións itinerantes do Museo de Pontevedra, o xornalista e fotógrafo vigués Anxo Rial invítanos participar da súa paixón a viaxe a través das fotografías Anxo Rial é asiduo colaborador de numerosas publicacións de tirada nacional, como Viajes-National Geographic, Geo, Desnivel, Casanovafoto, Grandes espacios, Escalar,Turismo rural, Descubrir, Caminar, Paisajes desde el tren, Campo base ou El mundo de los Pirineos. Museo do Mar de Galicia, Avda. Atlántida, 160, Vigo, Ata o 14 de abril, de 10:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h. martas a domingo
OS CARTONISTAS PODEN PARTICIPAR ATÉ O 12 DE MARÇO Até 12 março, os cartoonistas que quiserem participar no 15.º PortoCartoon, devem enviar as candidaturas para o Museu Nacional da Imprensa. A edição deste ano tem o tema "Liberdade, Igualdade e Fraternidade". O tema, desta vez, intitula-se "Liberdade, Igualdade, Fraternidade", porque, segundo a organização, "o velho mundo está em crise e os chamados 'países emergentes' escondem muita miséria e falta de liberdade real. Apesar de alguns aparentes 'oásis', o individualismo aumenta e, por tudo isso, vale a pena empunhar, de novo e sempre, os ideais que mudaram Á margem dos trabalhos dedicados ao tema geral, vão ser promovidos dois prémios especiais, na vertente de caricatura. "Um para celebrar os 104 anos do realizador Manoel De Oliveira, o mais velho cineasta do mundo no ativo", "outro, para evocar José Saramago, Prémio Nobel da literatura, que teria 90 anos, se fosse vivo". As obras devem ser enviadas, até 12 de março, juntamente com a ficha de inscrição presente no regulamento abaixo referido, para a sede do Museu Nacional da Imprensa. O PortoCartoon tem três prémios principais para distribuir: o 1.º de 7.000, o 2º de 2.000 euros e o 3.º de 1500 euros. O júri deste PortoCartoon vai voltar a ser Georges Wolinski, cartoonista francês de renome. http://www.cartoonvirtualmuseum.org/eventos/pc/xv/xvportocartoon_regul.pdf
Axend/arte
Ata o 18 de marzo MUSEO DE PONTEVEDRA (sexto edifico) BRIALLOS PARADISO - CELSO VARELA
Ata o 10 de marzo NOVACAIXAGALICIA - C.CUNTURAL SANTIAGO LEOPOLDO NÓVOA - MAS ALLÁ DEL TIEMPO Ata o 2 de abril CENTRO TORRENTE BALLESTE - FERROL DIURNES - PABLO PICCASO 31 de Marzo de 2013 MARCO - VIGO A BALEA NEGRA ARTISTAS: Alexander Apóstol, Marcela Armas, Bernadette Corporation, Ursula Biemann, Andrea Bowers, CLUI 31 de Marzo de 2013 SEDE FUNDACIÓN BARRIÉ DE LA MAZA - VIGO JESSICA STOCKHOLDER 53
Reloxo de area
Non pasa día que en calquera lugar, ou situación encontres algún mozo ou neno co seu Smartphone. Deixo que a miña mente retorne a un pasado afastado, épocas case borradas polo tempo aqueles xogos de nenez. Os nenos con xogos de dureza, e ás veces improvisados por falta de diñeiro para materiais. Sabres de madeira, tirapedras, aros feitos de fitas de barril....pero o mais común era xogar ás chapas ou ás bólas iso si sempre de xeonllos, así rompiamos os pantalóns e remataban sendo pantalóns curtos. Os mais adorabamos xogar coa auga e terra. Os xoguetes que facían mais ilusión eran aqueles de corda marca Paya, unha serie de rodas dentadas que unidas entre se movíanse forzadas por un espiral de aceiro, hoxe faime graza recordar, dábaslle corda e duraba un minutiño de movemento. Aquela colección de cromos, sempre cambiando os repetidos e aínda así nunca conseguías completar o álbum pero facías amigos. Todo transcorría á hora da merenda ou no recreo. As nenas xogaban cos seus bonecos, casiñas, cociñas, era como un ensaio do seu futuro. Co seu vestido e o lazo no pelo xogaban á goma mentres cantaban cancións como; Don Melitón tiña tres gatos / que os facía bailar en tres pratos E polas noites dáballes turrón. / Vivan os gatos de don Melitón.¡ Don Melitón como era tan chato / e chamábanlle narices de gato e polas noites dáballes turrón. / Vivan os gatos de don Melitón¡ Quen non recorda ás nenas cantando mentres tocaban as palmas en coñecido "ANTON PIRULERO" Cando neste tempo presente acudimos a exposicións nas que se os xoguetes que se poden considerar os da nosa infancia, podemos observar emocionados e nostálxicos estes obxectos, (os nenos, agora saciados de todo tipo de xoguetes, nin se dignan a
54
observar esas reliquias e menos a facer calquera comentario aos seus avós). Nestas exposicións cando a nostalxia, que non a tristura, nos domina ao evocar a nosa infancia e comprobar en vivo a gran cantidade de xoguetes que había e os poucos que os posuiamos. Para a maior parte dos nenos de entón que nunca puidemos ter un tren eléctrico, unha bicicleta ou un coche de pedais (aquilo era inalcanzable!). Cando os viamos nalgún escaparate, co noso nariz pegado ao cristal, imaxinabámonos o marabilloso que sería gozar dalgún destes tesouros, pero non pasabamos de aí, nin tristura nin depresión, a nosa imaxinación suplía de sobra a súa falta e os poucos minutos deste sono gozabamos cos modestos entretementos que tiñamos ao noso alcance e coa fantasía e ilusión de pedir estes tesouros aos Reis Magos cando chegase a ocasión, claro que chegado o momento as Suas Maxestades esquecíanse sempre de tales pedidos e deixábannos outros moito máis modestos pero que a nós nos parecían extraordinarios e nos facían esquecer o noso pedido orixinal. Nos descampados soñabamos cos heroes de papel, con accións bélicas para os nenos dos cales os heroes máis destacados eran "O Guerreiro do Anteface" Roberto Alcázar e Pedrín, sen esquecer o Capitan Trueno ou o Jabato. A evocación nostálxica daqueles felices anos da infancia, na cal non fomos conformistas pero que non tivemos outra opción que a dura realidade, enchenos dun sosego sublime, dun estado de nirvana ao sentirnos nenos de novo e recordar situacións nas que a nosa única preocupación era gozar o presente coas mínimas necesidades cubertas. José Antonio Avión
A lingua latexa...
Foto: dos sete equipos do Club de Debate en Pontevedra: colexio Salvador Moreno, IES A Xunqueira 1, IES de Ponte Caldelas, IES de Poio, IES Luís Seoane, IES Torrente Ballester e IES Sánchez Cantón.
A lingua latexa.... dinamizar e mostrar a vitalidade da lingua Cando viaxamos constatamos que as linguas definen a idiosincrasia dos pobos. Se a lingua galega é unha das máis selectas marcas de identidade de Galiza, as administracións públicas son un dos axentes encargados de pular por devolverlle a normalidade do seu uso en todos os ámbitos. Consonte isto, o Concello de Pontevedra desenvolve un intenso traballo a prol da normalización da lingua desde as diversas áreas de goberno. A Concellaría de Normalización Lingüística é a encargada de identificar e traballar cos sectores sobranceiros para estender o uso do galego na sociedade. Entre os eixos de traballo para dinamizar o uso da lingua en Pontevedra destacan o comercio e a pequena empresa, a toponimia e a mocidade. Cada unha destas liñas de traballo corresponde a un ámbito ben definido, mais os tres sectores comparten espazo e, polo tanto, o resultado das accións. Os comercios e as pequenas empresas implicadas na campaña Proba en Galego asumen activamente doce compromisos para o 2013. Ao longo do ano tamén irán debullando as súas experiencias no blog http://probaengalego.blogaliza.org/
A recuperación dos chamadeiros é unha tarefa urxente. En Pontevedra non só se está a recoller a toponimia nas parroquias, tamén se atesoura nunha base de datos propia xeorreferenciada que vai permitir un extenso aproveitamento dos topónimos en distintos ámbitos. Pódense consultar os datos en www.pontevedra.eu/snl/datostoponimia e www.pontevedra.eu/snl/toponimia A mocidade é o futuro da lingua. Para traballar con este colectivo o Servizo de NL do Concello colabora cos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino. Unha das actividades máis interesantes é o Club de Debate, polo proceso de traballo, a participación que consegue e os magníficos resultados. Este ano dez concellos suman esforzos para organizaren tamén a fase galega (con perfil no Facebook), na que participará o equipo gañador en cada localidade ou comarca. Porén, a vitalidade e o futuro da lingua están nas mans da sociedade.
55