1 minute read
Firmo Escariz
claudia silva
Plastic Love
Advertisement
IG: @itsclaudiasilva www.itsclaudiasilva.com claudiasilvaglez@gmail.com
Andrea e Xesús bícanse. Rodéanse dun veo branco, un branco puro, un veo que os une e os illa do exterior. O exterior, unha paisaxe, unha paisaxe natural, verde, inmensa.
É unha calorosa tarde de verán, cada vez fai máis calor. Andrea e Xesús senten como a súa respiración envolve os seus rostros. Cálida. Húmida. Vólvese atafegante.
Aquilo que pensaran que lles protexía, que dalgunha forma éralles útil, vólvese na súa contra. Máis e máis.
Pero agora xa non son capaces de saír do veo, volvéronse dependentes, non entenden a súa vida sen el, sen o seu abrazo, sen o seu tacto, sen a súa atmosfera.
Dá igual que todo o verde que os rodea póidalles dar o aire que ansían.
Son conscientes de que o veo vai brindarlles un final. Son conscientes de que é a súa elección reescribilo.
Pero Andrea e Xesús séguense a bicar.
firmo escariz
S/T
Plástico plástico microplastico plástico plástico microplastico plástico plástico microplastico plástico plástico microplastico plástico plástico plástico microplastico plástico plástico plástico microplastico plástico plástico plástico microplastico plástico plástico microplastico