TANTAS IMAXES #03 - NO CTRL+Z

Page 24

claudia silva Plastic Love

> IG: @itsclaudiasilva > www.itsclaudiasilva.com > claudiasilvaglez@gmail.com

Andrea e Xesús bícanse. Rodéanse dun veo branco, un branco puro, un veo que os une e os illa do exterior. O exterior, unha paisaxe, unha paisaxe natural, verde, inmensa. É unha calorosa tarde de verán, cada vez fai máis calor. Andrea e Xesús senten como a súa respiración envolve os seus rostros. Cálida. Húmida. Vólvese atafegante. Aquilo que pensaran que lles protexía, que dalgunha forma éralles útil, vólvese na súa contra. Máis e máis. Pero agora xa non son capaces de saír do veo, volvéronse dependentes, non entenden a súa vida sen el, sen o seu abrazo, sen o seu tacto, sen a súa atmosfera. Dá igual que todo o verde que os rodea póidalles dar o aire que ansían. Son conscientes de que o veo vai brindarlles un final. Son conscientes de que é a súa elección reescribilo. Pero Andrea e Xesús séguense a bicar. 24


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.