6 minute read

UN OLLAR FRÁXIL. A FOTOGRAFÍA ESTENOPEICA

ROI CRUZ, MANUEL DOVAL, SOFÍA ESTÉVEZ, UXÍA FERNÁNDEZ, ÉRIKA GÓMEZ, NATALIA ARTUNDUAGA, MIRIAM MATOS, ALBA PEÑA, ALBA CHAN, LUCÍA SÁNCHEZ E PAULA VIRULEGIO, COORDINADOS POR MIGUEL ÁLVAREZ FERNÁNDEZ

Advertisement

FOTOGRAFÍA ESTENOPÉICA

TÉCNICA ANALÓXICA SOBRE

PAPEL FOTOSENSIBLE

PERFORAMOS PAPEL DE ALUMINIO CUN ALFINETE e, ao ollar ao través do burato, atopamos un mundo de soños: o primeiro proxecto do alumnado de fotografía mergullounos no onírico, e así foi como viaxamos polas súas fantasías, medos e recordos.

ACHEGÁMONOS AOS INICIOS DA FOTOGRAFÍA, Á “cámara escura”, onde a ausencia de lente obriga a movernos nun mundo fora de foco. Collemos unha limitación técnica e xogamos a convertela nunha vantaxe estética. Agora podedes ver unha mostra do que atopamos.

//IMAXES

/01-/04

Paula Virulejo

/05

Natalia González

/06

Alba Chan

/07

Roi Cruz

/08

Erika Gómez maixam@gmail.com

Isabel Santos Mart Nez

VIVIR ONDE NON HAI MAR FAI QUE O BOTE en falta. Espertar, abrir a ventá e non velo, o seu olor... É como se o necesitase, sen el afógome, fáltame o aire, e non podo estar moito sen velo, sen ulilo, sen sentilo, saber que está ahí.

ENTRAR NUN ESTADO DE ANSIEDADE QUE FAI QUE cando fotografo vexa o mar en calquera lugar, en cada árbore, no ceo, nunha botella ou nas luces dunha farola.

DENDE QUE NACÍN A RELACIÓN QUE TEÑO CO MAR É moi estreita. Son dun pobo pesqueiro, cun pai mariñeiro ao igual co meu avó, tíos ou veciños. As mareas, longos meses onde a espera sempre estaba presente.

O MAR ERA O NOSO PUNTO DE CONTACTO AÍNDA QUE estivese na outra punta do mundo. Co subir e baixar das ondas parece que podía escoitalo, como cando achegamos unha buguina á orella: pechas os ollos e escoitas o mar.

tamarfdezp@gmail.com

ANNA XORDE A PARTIR DA COLABORACIÓN COMERCIAL coa empresa Ana Mosquera S.L., que conta cunha tenda na zona vella da cidade de Ourense. Traballan con produtos de moda multimarca, e tamén coa súa propia marca: Anna Milittia. Este proxecto ten que ver coa campaña de roupa de festa para o Nadal.

O CLIENTE MOSTRABA GRAN INTERESE POR POTENCIAR as vendas e-commerce. Centrámonos pois en perfilar a imaxe que proxectaban na súa web, xa que non representaba adecuadamente os seus valores de marca. Para iso, buscaríamos un conxunto de fotografías que resultasen evocadoras, en lugar de meramente descritivas, resaltando o produto a través do contraste co escenario. Así,comezamos a dar forma ao que sería un primeiro paso cara á renovacióndo seu concepto de marca, achegándoo á exclusividade e calidade e distanciándoo de termos como cantidade e volatilidade.

“ARROMBAR O CUARTO”

NEREA FIUZA MOSQUERA RECOÑECÉNDOME. ”ARROMBAR O CUARTO” é un proxecto persoal que nace a partir da necesidade de rachar co silencio, co escurantismo que hai ao redor da saúde mental, para falar da evidente herdanza dos estados depresivos. O proxecto parte da depresión da miña nai, desde a miña perspectiva, e acaba por converterse nun bucle de revelacións que me fan ser consciente de como o seu día a día afecta ao meu, da realidade do meu estado mental, das miñas propias obsesións e das miñas posibilidades de existir na resistencia.

AS FOTOGRAFÍAS, O TEXTO, OS SONS, AS IMAXES en movemento únense para elaborar unha mensaxe, unha chamada de atención, unha alerta; para dar unha explicación do que está a acontecer no meu interior.

ESA MENSAXE VAI DIRIXIDA AO PÚBLICO EN XERAL, co gallo de intentar expresar a experiencia dunha persoa cuxa vida xira en torno a unha herdanza dunha saúde mental descoidada polo sistema. Aos seres queridos, a quen unha non se atreve a desvelarlle o seu segredo. A unha mesma, para alertala do que está a acontecer no seu interior e procurar as ferramentas necesarias para superar, sobrevivir, resistir. Vai dirixida á miña nai, para facela aínda máis consciente e para dicirlle que estamos xuntas combatendo o monstro.

É UNHA MENSAXE PARA PODER SER //IMAXES

/01-/04

Serie Reconhecéndome "Arrombar o cuarto" maider77@yahoo.es

Maider Pumari O Riguera

O PROXECTO DIGNIDADE NACE COMA UNHA homenaxe aos meus avós, finados, e á mestura de sentimentos que me transmitían ao compartir tempo con eles: o meu respecto, certo fondo de angustia e dor, o sacrificio, a dureza, a resignación, o silencio...

ASÍ, O PROXECTO CONVÍRTESE NUNHA HOMENAXE que se extende a toda unha xeración pola que sinto gran admiración e que considero que merece ser honrada.

SON AQUELES QUE MEDRARON NA ESCASEZA E AS dificultades, viviron a época da guerra e a posguerra desde os ollos dun neno ou nena, perderon a pais e irmáns, e criáronse entre a fame, a dor e o medo. Como adultos trataron de adaptarse ao sistema, mantendo a cabeza baixa e traballando duro, exemplo de resignación e sacrificio, e cadaquén saíndo adiante como puido. E agora, na recta final da súa vida sinto que son os máis olvidados, igual de silenciosos e igual de resignados, resistindo no seo dunha sociedade cada vez máis superficial. E por todo iso, para min é unha xeración esquecida e admirable.

DIGNIDADE É UNHA SERIE DE 10 RETRATOS DE anciáns da vila na que vivo. As circunstancias sanitarias provocadas pola aparición da COVID-19, e eles, como un dos sectores da poboación máis castigados durante a pandemia, fan que me decidira por elixir a usuarios da Residencia e Centro de Día “O teu Fogar” de Foz como os modelos para fotografar nesta homenaxe.

O PROXECTO ERGUEUSE EN TORNO A TRES EIXES, comúns para os retratados e retratadas, aspectos que simbolizan o que para min representa esta xeración e o que quero transmitir deles: o coñecemento do que importa de verdade, a aceptación da realidade e a súa pel como o mapa dun percorrido vital.

DIGNIDADE TEN UNHA FINALIDADE ARTÍSTICA E un único propósito: unha actuación en e para a comunidade. O obxectivo é darlle visibilidade e recoñecemento a 12 persoas concretas que simbolizan a unha xeración completa. Para levar a cabo este fin plantexo dúas fases sucesivas e complementarias, a través de dúas ferramentas.

A PRIMEIRA FERRAMENTA, MÁIS TRADICIONAL, É unha exposición conxunta das imaxes nunha sala de exposicións. Á carón de cada imaxe vai colocada unha cartela na que unhas liñas de texto dan conta de quen é esa persoa que aparece no retrato.

A SEGUNDA FERRAMENTA, PENSO QUE MÁIS conceptual e innovadora, é unha acción que consiste na mostra das mesmas imaxes en lugares de relevancia, os lugares que se gardan para os retratos oficiais en case calquera institución. Así, o lugar destinado noutrora á fotografía do Rei será agora ocupado durante un tempo polo retrato dunha persoa maior do pobo. O importante aquí é onde se coloca a imaxe e por qué, para convidar á reflexión.

Miguel Mosquera Conde

O PROXECTO FINAL DE MIGUEL MOSQUERA CONDE; O salto á natureza, para o Ciclo Formativo de Grao Superior de Fotografía, liga dun xeito fermoso o seu discurso coa necesidade xenuína, tal e como explica na memoria do proxecto, de cuestionar e sandar certas actitudes ou procesos laborais herdados do seu facer profesional, vital. Encrucilladas.

ADOITA ENTÓN FACER LONGAS CAMIÑADAS POLO bosque que promoven a reflexión. Un novo xeito de relacionarse co traballo que, co paso do tempo, deriva nun modus operandi no que atopa un sentido e realización máis preto de seu.

FROITO DESTE NOVO PENSAR É A PROPOSTA O SALTO á natureza, onde Mosquera aproveita a desculpa dun proxecto de fin de grao para razoar o taboleiro do xogo. Incorpora así mosqueracondemiguel@gmail.com

EN OCASIÓNS, OS PROCESOS ARTÍSTICOS nacen baixo a éxida, ou derivan cara o exercicio íntimo de poñer orde e facer limpeza. Demasiado ruído, demasiado concepto, marea, vida. Cousa adquirida, que enturba a comprensión dun mesmo.

Shitao. (Pintor de paisaxes chinés, s.XVIII) a ficción, na forma dunha nova editora de literatura (Glifo), que lle fai a encarga profesional de varias fotografías para as capas de cinco títulos que pretenden sacar ao mercado, en tradución ao galego e achegados ao xénero Nature Writing.

É PARTINDO DESTA MAGNÍFICA PREMISA LÚDICA, onde o proxecto acada unha dimensión de fondura pouco común. Comezando polas lecturas e conversas cos libros elixidos, as visitas frecuentes ao lugar de Tronceda, onde xorde quizais, a idea dos retratos fotográficos para daren nova vida ós títulos ou, nesa xunta que en todo momento fai con algúns artistas polos que sente unha querenza especial e, que Mosquera sitúa na esfera das “inspiracións / débedas visuais e conceptuais” e que son: Pierre Gonnord, Daniel Spoerri, Miguel Mosquera (seu pai), Hamish Fulton e, Gilbert Garcín.

//IMAXES

/01-/04

Fotografías para "O Libro da Madeira" /05

Código QR para acceder ao proxecto completo

A DIMENSIÓN DE FONDURA QUE COMENTARA ANTES, fornécese ao comprobar as trazas de riqueza de pensamento conceptual e formal que vai acadando o proxecto. As liñas de significados e implicacións do propio artista aparecen, nun palimpsesto onde o relato acolle, para min, o seu valor máis verdadeiro. Falo da meticulosidade e gusto á hora de soster o predio todo da ficción; a invención da editora, do nome e deseño da marca. A multiplicidade de funcións, sendo ao tempo fotógrafo, deseñador, editor, artista contratado, impresor ou, artesán da madeira, cando ofrece cara ao final do produto, ese estoxo magnífico de colección e pensado até o último detalle para conter os libros editados. O proxecto ven acompañado dunha deliciosa documentación que de novo, fuxe do marco da esixencia académica: ademais dos planos convencionais de estudo para cada fotografía, aparecen bosquexos e mapas conceptuais, itinerarios (con relación de quilómetros e custes), e unha sorte de detalles técnicos que Mosquera vai anoando xunto a relación que mantén cos modelos das fotografías, o feito de encargarlle a outro estas liñas ou, o acerto do detalle conceptual e fotografado que pecha os libros e, que a xeito de espello, crea unha relación de proximidade onde se dan o xogo, a ironía, o pensamento crítico e, abrindo de novo a partida para un outro relato dentro do relato.

E TODO XIRA!

//IMAXES

/07-/10

Fotografías para "A Sabiduría das Árbores"

/11-/14

Fotografías para "Dende esta Cima"

/15-/18

Fotografías para "Como ler a Auga"

This article is from: