1 minute read
MENTES GARABATEADORAS, CADERNOS RUBIO DO DESEÑO
ROBIN HANNON
ESTE PROXECTO BASEOUSE en crear un conxunto de cadernos Rubio sobre estilos visuais do deseño gráfico, educando, a través de distintas actividades, sobre o deseño e todos os ámbitos que engloba, como a tipografía, a fotografía, as ilustracións...
Advertisement
CADA CADERNO SEGUE UN ESTILO visual e para este proxecto leváronse a cabo dous: un caderno que se basea no deseño de estilo punk e outro de estilo Bauhaus, coa idea de que posteriormente se desenvolvería unha colección que abarque máis estilos.
AS ACTIVIDADES QUE COMPOÑEN os cadernos céntranse na estética principal, por exemplo, incluíronse actividades de como facer unha tipografía de estilo punk, ou como facer unha correcta composición de elementos nun póster Bauhaus...
O CONCEPTO XIRA AO REDOR dos produtos de Rubio xa existentes. Con este proxecto buscamos combinar valores e características das publicacións da editorial co deseño gráfico, e ampliar a sección de iniciación ao deseño (de lettering, tipografía e ilustración) que recentemente desenvolveron.
O CONXUNTO DE CADERNOS QUE se fixeron, que comporía a nova colección da editorial chámase “Cuadernos para mentes Garabateadoras”.
CADERNOS RUBIO SUITE ADOBE CADERNOS GRAMPADOS
//IMAXES
/01
Caderno Rubio Bauhaus
/02
Caderno Rubio Punk
/03-/05
Conxunto Rubio Bauhaus
/06
Interior Caderno Rubio Punk
72 MALA TINTA (MERCADILLO DE ARTE E DESEÑO)
POR: COLECTIVO MALA TINTA
MALA TINTA NACE ENTRE CONVERSAS E CAFÉS DUN GRUPO DE COMPAÑEIRAS de 2ºde Deseño Gráfico (Sara G, Génesis, Sara T, Uxía, Marta, Antía, Cristina e David) que, cansas do baleiro artístico que había na cidade, decidimos poñernos a traballar e comezar o cambio por onde máis preto nos toca, a nosa Escola.
CUN AFÁN DE ACHEGAR A ARTE Á XENTE DA CIDADE E DE IMPLICARNOS de primeira man nos movementos culturais locais, creamos un mercadillo no que o resto dos nosos compañeiros da escola tiveran a oportunidade de mostrar a súa obra ou vender os seus produtos relacionados ca arte, o deseño ou a artesanía e así darse a coñecer. Este mercadillo tivo lugar o 21 e 22 de maio de 2022 en Ourense, no Café Cultural El Pueblo e tivo unha enorme acollida para ser tan só a súa 1ª edición.
ADEMÁIS, COMO RESULTADO DO TRABALLO DE DESEÑO PARA A IDENTIDADE do mercadillo, atopamos en Mala Tinta unha marca cos seus propios produtos (totebags, camisetas, pegatinas...)
DENDE A ORGANIZACIÓN QUEREMOS AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE TODOS os alumnos, ao Café Cultural El Pueblo polas facilidades que ofreceron para traballar con eles e especialmente aos profesores Cosme Fdz e Yellice Rdgz pola súa gran axuda durante todo o proceso.
//IMAXES
/01
Mala,mascota do mercadillo
/02
Logotipo do Mala Tinta
/03
Mercadillo no Café Cultural El Pueblo
/04 - /05
Merchandising "Mala Tinta"