2 minute read

POLICROMÍA DO PÓRTICO DO PARAISO

POR: VANIA LOPEZ ARIAS / DIRECTORA DO CENTRO DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN

SAN MARTÍN / CATEDRAL DE OURENSE

Advertisement

SOBRE A POLICROMÍA DO PÓRTICO DO PARAÍSO PODEMOS FALAR, POR UNHA banda, de cores lisas realizadas en óleo nas carnacións, vestimentas e fondos e por outra, da aplicación de ouro e prata en diferentes relevos, adornos e tallas co fin de resaltar ditos elementos.

AS ZONAS DE COR SIMPLEMENTE SE COMPÓN DUN SÓ ESTRATO, É DICIR, non existe aparello ningún que pula ou alise esa superficie rugosa da pedra que actúa de soporte. Pola contra, as zonas acabadas en ouro e prata posúen unha pintura por baixo que farán de cama para que non rompan as láminas metálicas no momento da súa aplicación. Esa capa será un ton pardo-avermellado que tamén se atopou como base nalgunhas columnas e nas carnacións dos capiteis historiados da arcada esquerda.

AS ZONAS DE OURO PODEN DIFERENCIARSE FACILMENTE POLO SEU BRILLO e luminosidade: ornamentos vexetais que coroan a arcada central, molduras, broches das túnicas, cenefas das vestimentas. Así, non será tan fácil distinguir as zonas acabadas en prata, xa que a súa conservación non foi tan boa e oxidáronse na súa maioría, adquirindo unha cor parda con certo brillo. Nestas zonas podemos ver algunhas pinceladas claras, as máis rechamantes no organistrum, estas son froito de ocultar as unións entre as diferentes láminas, que para que non se visen zonas do soporte igualábanse con óleo dunha cor similar ao metal. Este tratamento repítese en todo o conxunto.

ZONAS ONDE PODEMOS ATOPAR ESTAS APLICACIÓNS SON: algúns instrumentos dos anciáns, no tímpano; tanto nos nervos dos calados como no nicho que alberga a San Martín, capitel central das tentacións, nimbos dos profetas e evanxelistas, así como nalgúns elementos que forman parte da súa iconografía.

POSIBLEMENTE ESTÁ REALIZADO POR DIFERENTES MANS XA QUE SE aprecia diferenzas entre as distintas arcadas e grupos de figuras que compoñen o conxunto pétreo.

TÉCNICAMENTE NON SE TRATA DUNHA PRÁCTICA DEPURADA NIN MOI minuciosa, xa que podemos ver que se usaron pinturas demasiado líquidas o que provocou grandes chorretóns mesmo en zonas visibles: Exemplos delo son os grupos de anxos, onde arrincan os arcos, nas almas e mesmo nas figuras e capiteis máis próximos. As carnacións de moitas das figuras carecen de expresividade, con algunhas pincelas bastas creando os diferentes trazos.

//IMAXES

/01

Proceso de restauración dos Apóstolos

/02

Restauración da Virxe no parteluz

/03

Detalle da faciana de San Martiño

/04

Profetas do Antigo Testamento /05

Anciáns do Apocalipse

/06

Capitel coas Tentacióna de Cristo

AS ROUPAXES ESTÁN ELABORADOS CON CORES LISAS E NALGÚNS CASOS diferenciando as luces e sombras. As zonas máis lisas que funcionan como fondo resólvense cunha especie de marmoreado, nalgunhas zonas as vetas mellor pintadas que noutras.

CHAMAN A ATENCIÓN AS ZONAS DOURADAS, QUE SE REMATARON DE FORMA pouco coidada xa que poden verse as unións das láminas, en sitios a modo de pequenos cadrados o que provoca certas interrupcións á hora de ler os volumes.

COMO CAPA DE PROTECCIÓN SÓ SE ATOPOU UNHA ESPECIE DE LACA amarela sobre os dourados e unha especie de verniz verde encima das vestimentas de cor verde que se tería botado nalgún momento para refrescar esas zonas. Esas capas escurecían e volvían opacas a capa pictórica orixinal.

This article is from: