3 minute read

80 TUTILIMUNDI

POR: FERNANDO GARCÍA GONZÁLEZ

SEMPRE ME ADIQUEI AO AUDIOVISUAL. A MIÑA VIDA LABORAL, ATA QUE comecei na Escola Antonio Faílde transcorrera cunha cámara na man. Un dos encargos máis recorrentes que tiñamos na produtora, era gravar as representacións de marionetas que facían Viravolta Títeres, unha compañía de teatro con máis de 40 anos ás súas costas.Tanto tempo xuntos, achegoume aos monicreques dunha forma máis persoal e tamén aos titiriteros. O que me atrapou deste oficio é a capacidade destas compañías de fabricar as súas propias marionetas, decorados e textos, un traballo moi artesanal, que garda moita relación co da ebanistería.

Advertisement

O TEATRO DE TÍTERES É UNHA ARTE UNIVERSAL, E TENTAR ATOPAR A SÚA orixe é tarefa imposible. Desde as primeiras civilizacións, da India a Exipto, e de Grecia a Roma, pasando polas culturas amerindias, monicreques e bonecos animados están presentes nos ritos relixiosos.No territorio galego a expresión da cultura popular que nos conecta con outras tradicións europeas de monicreques, vén da man de Barriga Verde, “monifate” co que a familia Silvent moveuse polas feiras e festas do século pasado.

DURANTE MOITOS ANOS A BARRACA DE BARRIGA VERDE FOI A ATRACCIÓN principal das numerosas feiras e romarías ao longo da xeografía galega. Estes espazos efémeros funcionaban como centro de intercambio e relación, sendo unha xanela ao mundo para a poboación rural. Nelas Silvent e Barriga Verde representaban o seu espectáculo, cheo de humor e entretemento, e tamén funcionaba como crítica e desafogo fronte aos poderes establecidos.O teatro de marionetas nunca puido ligarse a un espazo concreto, a súa natureza está unida á itinerancia. Por iso a importancia de crear un soporte versátil e cómodo, que permita viaxar e tamén aposentarse.

//IMAXES

/01

Cómicos na Rúa /02

Imaxe de Arquivo:

Espectáculo da compañía

Viravolta Títeres /03

Teatrillo de Barriga Verde /04 - /05

Imaxes de Arquivo:

Diferentes espectáculos de Monicreques

TUTILIMUNDI (DO ITALIANO TUTTI LI MONDO – TODOS OS mundos-) Espectáculo ambulante de orixe italiana que consistía nun artefacto onde se albergaban unhas pequenas figuras, e mediante un efecto óptico estas figuras parecían entrar en movemento.Esta peza propón algo similar a estes antigos espectáculos ambulantes, crear un espazo onde un artista poida representar “tutti li mondo”, calquera espectáculo de monicreques que teña no seu repertorio e que conte con ferramentas para que poida darlle vida a todo tipo de mundos.

TUTILIMUNDI PARTE DUNHA “CAIXA”, QUE UNHA VEZ MONTADA transfórmase nun teatro en miniatura, co seu fondo e o seu escenario, con espazos e ferramentas de maneira que a obra para representar conte coa súa escenografía, o público teña un escenario para concentrar a atención, e o artista ese espazo físico para a localización da súa historia, en definitiva, un teatrillo que se pode colgar do ombreiro. Un teatro con todas as súas virtudes e funcións, en escala. O deseño afástase da estética “titiritesca” tradicional, barroca e cargada mostrando unha peza que respira simpleza e ebanistería. As xeometrías simples como o círculo e o rectángulo son as protagonistas e a propia madeira é a encargada de achegar personalidade ao moble. Ao tratarse dunha peza portátil, o seu volume está pensado para que sexa ergonómico á hora de moverse con ela. Unha correa de coiro situada nos laterais do moble facilita o transporte, dando a opción de levala cruzada ou sobre un ombreiro. A tapa dispón de dúas perforacións que dan acceso a un lateral do caixón, este alberga uns “vermes”para que podamos colgar a correa. Deste xeito será o caixón quen soporte o peso.

O MOVEMENTO E A MONTAXE DO TEATRILLO DEPENDEN ÚNICAMENTE DUN par de guías en cola de milano, realizadas en madeira. Ao retirar a tapa en forma de “U”, un simple xiro desta permítenos montar o teatrillo. Deste xeito eliminamos bisagras e elementos metálicos do noso deseño.

A NOGUEIRA E O FREIXO ELIXIDOS PARA A SÚA CONSTRUCIÓN ERAN madeiras con moita personalidade, traballalas e situalas dentro do moble, foi unha das partes máis importantes da construción de TUTILIMUNDI e un proceso que gocei moito.

COA CREACIÓN DE TUTILIMUNDI PRETENDÍN RECOLLER O ESPÍRITO DOS Titiriteiros, poñendo en valor, unha tradición artística milenaria, que sobreviviu a censuras e precariedades, e que tamén levou noticias dun lado a outro, cando o xeito de facelo era andando os camiños que separaban.

ACTUALMENTE O TEATRO DE MONICREQUES É UN EXERCICIO DE resistencia, un exercicio de resistencia como o que se realiza dende a escola, que pon en valor a artesanía, o deseño e unha profesión, apostando por unha forma de ensinar que se afasta das masificacións ou do consumo inmediato, pero que segue sendo capaz de manter a súa vixencia. E iso ten que ser garantía para a súa permanencia.

//IMAXES

/01-/07

Vistas de TUTILIMUNDI, peza en Nogueira e Freixo

This article is from: