1 minute read

EN COMMODORE

NINO SATURNINO, É UN HÍBRIDO ENTRE novela e cómic. Isto funciona cunha lectura acompañada de texto e viñetas que acompañan a historia. Deste modo, necesitas ler tanto o texto como as viñetas para entender o 100% do contido, posto que se complementan. Está dirixido a un público de 8 ou 9 anos en diante, mais é disfrutable por todas as idades. Presenta acción, intriga, traxedia e sobre todo comedia. A nivel técnico, foi un proxecto moi complicado de levar a cabo, posto que escribín a novela en pouco máis de dúas semanas e media, reescribín todo e fixen o storyboard e bocetos nun mes e case toda a parte de cómic noutro mes. En total foron 136 páxinas, dentro das cales, arredor de 30 son de cómic. Sinopse:

NINO, UN TAXISTA INTERDIMESIONAL, sufre un altercado cun malvado alieníxena misterioso. A causa disto, caen os dous nun planeta, Commodore, o cal está habitado por robots. Nino descubre que o antagonista lle roubou a peza do taxi a cal lle permite viaxar entre dimensións. Unindo forzas con outros 3 cidadáns de Commodore,intentarán recuperala e parar os misteriosos e malvados plans do antagonista, mais unha serie de problemas e traxedias farán da vida de Nino unha tortura.

Advertisement

Manuel Gonz Lez Meijide

AP 6, 1-8 É UN PROXECTO NO QUE SE representa ós catro xinetes do Apocalipsis cá intención de referenciar aos Beatos, así como de recuperar un tema bíblico pouco tratado ao largo de toda a historia da arte.

O PROXECTO TAMÉN NACE DA FASCINACIÓN pola simboloxía cristiá,sendo o libro do Apocalipsis o que máis cargado está de imaxes simbólicas.

HOUBO DUÁS ETAPAS CLARAS DENTRO DO proceso, unha de investigación e outra de execución da idea. Na primeira etapa se fixo unha lectura e análise do capítulo e versículos aos que fai referencia, o que máis tarde convertiriase no título do proxecto. Nesta etapa analizáronse tanto as cores como os atributos de cada xinete, sendo os elementos narrativos clave da obra. Tamén se fixeron bocetos dos xinetes e máis tarde a disposición deles como conxunto.

A SEGUNDA ETAPA DEDICOUSE Á PINTURA exclusivamente, nela os catro lenzos foron pintados a un mesmo tempo para que non houbera unha desconexión estética entre eles. A técnica utilizada foi o óleo porque é versátil e ten unha marxe de erro maior que outras, tamén porque é na que podía desenvolver mellor o resultado da idea. O resultado final consta de catro lenzos de 120x80cm en formato vertical aínda que a obra é concevida como conxunto, unha obra única.

AP 6, 1-8 AÍNDA QUE NON É UN PROXECTO de ilustración como tal, foi un bo remate para o ciclo e un bo comezo para o grao en Belas Artes, asi como unha reafirmación na pintura que é ao que realmente me quero adicar.

This article is from: