3 minute read

AS FILLAS DA NOITE

Next Article
EN BUSCA DOS MEUS

EN BUSCA DOS MEUS

Alba Carreira G Mez

ESTE PROXECTO CONSISTE NA CREACIÓN dun libro ilustrado que simula un caderno de campo antigo, onde se conta a historia dun home galego, de nome descoñecido (John doe), que decide saír a percorrer Galicia en busca das famosas meigas, e recoller así,en forma de notas e bosquexos, todolos datos que vai recopilando.

Advertisement

AO DECIDIR CREAR ESTE PROXECTO OPTEI por mostrar unha parte de Galicia que me fascinou dende pequena e que sempre estivo moi presente,xa sexa en historias que nos contaban na escola, en contos que os meus avós repetían cando era pequena ou integradas no noso día a día de maneira sutil en forma de figuritas, beberaxes e mesmo castañas.

PARA ISO DECIDÍN ESCOLLER O SER DO noso folclore máis emblemático, a meiga galega, pois por todos é sabido que Galicia foi, é e será, terra meiga repleta de maxia.

NO MUNDO DO DESEÑO GRÁFICO, ter un percorrido cultural e de información fai que os teus deseños adquiran tanto significado como estética. O deseñador gráfico ten que estar en constante formación, ben con cursos en liña de melloras en ferramentas e software ou con libros.

A pesar de ser unha actuación obrigada para o actual deseñador, a gran maioría da información relativa á tipografía non está adaptada ás novas tecnoloxías; información técnica de fontes en textos sinxelos e seguidos ou, se hai algunha visualización de datos técnicos, é de determinadas fontes.

POR ISO É FUNDAMENTAL O USO de aplicacións e o coñecemento das tendencias para non quedar obsoletos no mercado. Así xurdiu o proxecto [fuente(s)], que é a creación dun deseño de interface para unha aplicación de organización, identificación e coñecemento de fontes que conte coa información que lle resulte útil ao deseñador actual no seu día a día. Complementado cunha proposta visual de identidade de marca, prototipado e publicidade en RRSS.

//IMAXES

/01-/02

Acreditacións

/03-/04

Imaxe Corporativa

/05

Layout prototipado App

/06

Prototipo App para móbil mikelruarodriguez@hotmail.com

TERRA É UN PROXECTO DUNHA serie de viños de autor de edición limitada. Esta pretende mostrar a calidade e exclusividade dos viños experimentais que elabora José Luis Mateo na bodega Quinta da Muradella.

O OBXETIVO FOI REALIZAR un deseño en consonancia co traballo artesanal e o entorno onde se realiza. Mediante o uso de recursos naturais, elaborouse papel artesanal mezclado coa terra da propia parcela dos viñedos.

O RESULTADO DO PROXECTO é unha síntese entre o producto e o entorno.

O PROXECTO INCLÚE UNHA tipografía personalizada, fotografías de producto e do entorno da bodega, un vídeo presentación e o redeseño de dúas series de etiquetas de viño.

KEYFRAME É UN XOGO DE MESA de cinema español que busca por en valor e visibilizar o lugar e a importancia do sector audiovisual, e a protección e movemento que este merece e necesita dentro e fóra do país.

COMPOSTO POR CINCO MAZOS de cincuenta cartas cada un, dous taboleiros, dous dados, e diferentes bonificacións busca mergullar ao xogador dentro da sétima arte guiándose por un percorrido dentro da historia do cinema, as producións máis relevantes, eventos históricos, etc., do mesmo xeito que dar a coñecer oficios invisibles e pequenos realizadores dentro do sector, dunha forma relaxada e lúdica, para deste xeito ampliar e afianzar os coñecementos do xogador dentro do sector audiovisual español, e fomentar o consumo do mesmo.

O PROXECTO BUSCA ADEMAIS achegar certo valor estético e diferenciador entre os demais xogos que se poden atopar no mercado, cunha liña e un packaging moi diferente ao convencional, e tendo moi presente o uso da cor e as constantes referencias ao cinema e os seus formatos.

66 Neura Victoria Feijoo Quintas

POEMARIO EXPERIMENTAL SUITE ADOBE + PACKAGING +SELLO + OUTRAS APLICACIÓNS

@petite_toria

NEURA É UN PROXECTO DE poemario experimental que se pretende elaborar a través dunha linguaxe gráfica. Sendo construído a través da tipografía experimental, fotografía e diversos elementos gráficos.

A LITERATURA PODE SER PARTE do concepto xerador no desenvolvemento dos proxectos de deseño gráfico que transcenden o ámbito editorial. E da mesma forma, pór ao deseño a servizo da poética e salientar o sentido das palabras. Neura aspira a ser un libro de poesía visual en galego que abra un campo novo na poética galega.

A IDEA PRINCIPAL É CREAR UN libro obxecto que implique ao seu público. Un cóctel de estímulos visuais que lle active os sentidos e así enfatizar as sensacións que producen os poemas.

AO SER UN XÉNERO INTERMEDIO entre as artes gráficas e literatura ademais de contar historias, incorpora a imaxinación ao proceso de percepción, invitando ao público a viaxar un pouco máis alá do “evidente”, a volver a vista. Un factor clave para interpretar un poema visual é a capacidade expresiva e representativa da imaxe en sí. Non son os ollos os que ven, senón o cerebro que interpreta.

//IMAXES

/01

Detalle da guarda

/02-/03

Detalles do Packaging

/04

Portada do poemario

/05

Detalle dunha lámina

/06

Detalle do poemario

This article is from: