1 minute read

EN BUSCA DOS MEUS

ELENA ANDRÉS RODRÍGUEZ.

MAE ESPERTA NA CIDADE DOS ROBOTS, mais non lembra como chegou ata alí. Atópaa Aroth, un arrogante buscavidas, que a leva xunto a súa compañeira Vreti, unha desconfiada robot que detesta saír da rutina na súa monótona vida. Mae deberá gañarse a confianza deste peculiar par se quere que a axuden. Xuntos vivirán numerosas aventuras onde coñecerán personaxes a cada un máis estrafalario. Conseguirán saír da cidade e atopar á nai de Mae sen ser descubertos polos gardas e Mamá Roxanne? Un momento... non era que os humanos estaban extinguidos?

Advertisement

DISTO TRATA EN BUSCA DOS MEUS, o primeiro libro desta serie homónima de banda deseñada. Para este proxecto creouse a historia do primeiro libro e as primeiras páxinas deste no transcurso de tres meses, combinando a técnica tradicional de tinta china para a liña e a técnica dixital en Photoshop para a cor.

Itziar Couce Rodr Guez

"CARMILLA. LA CONDESA DE KARNSTEIN" é unha adaptación libre e ilustrada do clásico conto de terror “Carmilla” escrito polo autor Joseph Sheridan Lefanu no ano 1872.

CARMILLA É COÑECIDO NO IMAXINARIO literario por ser o primeiro relato de vampiros que se escribiu na historia. Foi un conto tanto controvertido como innovador xa que máis aló de ser un conto con tódalas características típicas da novela gótica, tamén é unha historia sobre dúas mozas que se namoran no medio dunha morea de sucesos estraños.

O FORMATO FINAL ESCOLLIDO PARA o proxecto foi o de álbum ilustrado, dando como resultado un libro de 20x30 cm (aberto) composto por 14 pliegos máis as cubertas.

PARA AS ILUSTRACIÓNS BUSCÓUSE un estilo realista e figurativo, inspirado no traballo de ilustradores como Santiago Caruso e Ana Juan, dando como resultado composicións oscuras, sinistras e cheas de detalles.

EN CANTO Á TÉCNICA, TÓDALAS ilustracións fixéronse de forma tradicional a tinta china negra nun papel especial para grabado 100% algodón, cun proceso posterior de postproducción e retoque dixital para corrixir luces e sombras,engadir o texto e algún detalles e facer todo o deseño gráfico e a maquetación.

This article is from: