2 minute read

CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA FESTA DO PULPO

TERESA RODRÍGUEZ VEIGA

A IDEA XORDE de darlle a unha construción industrial obsoleta, banal e fría a priori un motivo para seguir existindo. Como combinar a súa existencia cun uso real que lle dea vida de novo e impida a súa desaparición. Con esta premisa xurdiu a idea dedarlle o uso de “Centro de Interpretación da Festa do Pulpo”, festa de Interese Turístico Internacional que se celebra anualmente na vila do Carballiño.

Advertisement

DESTE XEITO, ademais de poñer en valor un ben inmaterial como é este evento, amosarase o conxunto de bens físicos relacionados con ela (dispersos pero homoxéneos) ao tempo que terá a función de preparar, dende o punto de vista organizativo, as visitas turísticas.

O OBXECTIVO É CREAR un espazo onde os asistentes poidan informarse en profundidade sobre a festa; pero non só iso, o futuro “Centro de Interpretación da Festa do Pulpo” concíbese como algo máis dinámico, algo que, como a propia festa, inclúan ese movemento continuo de persoas e casa de reunións.

ASÍ, NO SEU interior, grazas a un uso racional do espazo dispoñible e do seu mobiliario, crearase unha zona polivalente na que o uso expositivo se converta nun centro de encontro da asociación de pulpeiros/as, nunha sala de charlas, proxeccións ou eventos análogos.

O EDIFICIO NON SE entende coma un elemento pechado e simplemente expositivo, senón que, un espazo de relación coa súa contorna, participando na pequena carballeira situada na parcela ao tempo que ofrece o servizo de cafetería.

EN TODO CASO, o deseño proposto permite disociar este último para poder utilizarse en horarios diferentes á zona expositiva, o que permite organizar outros eventos como concertos nocturnos.

TRÁTASE DE CREAR unha experiencia completa, unha pequena festa popular sen data prefixada, aproveitando todo o que ofrece a trama, dende a edificación ata as árbores, eses elementos naturais milenarios sosegados que a acompañan durante tantos anos.

Jaime V Zquez Carnero

A CONSTRUCIÓN DA MESA "ODESSA" PARTE DA PREMISA DE elaborar unha mesa auxiliar de gran tamaño, na que predomine a polivalencia de usos. O seu nome fai referencia á cidade de nacemento de Vasili Kandinsky, pintor abstracto cuxa obra inspira a composición figurativa do mesado. Figuras xeométricas básicas, desordeadas anárquicamente, achegando dinamismo e sinxeleza ao deseño.

AS PATAS INCLINADAS EN ESTÍPITE, ASÍ COMO O SUAVE biselado do taboleiro, dan lixeireza á peza a pesar do seu tamaño.

CONCIBIDA PARA SER USADA DE FORMA ACTIVA, A SÚA forma sinxela permite ser empregada como mesa de escritura, ou mesmo para comer.

A COMBINACIÓN DE MADEIRAS DE FREIXO E CERDEIRA, CON tonalidades contrastadas, axústase a remarcar o seu estilo moderno e á vez atemporal.

escola.arte.antonio.failde@edu.xunta.gal

//IMAXES

/01

Composición xeométrica

/02 e /04

Detalles da Mesa Odessa

/03

Vista xeral da mesa

Fotografías de Belén Guitian e Miguel Bello

Fernando Garc A Gonz Lez

OLEA É UNHA MESA DE CENTRO CONCIBIDA DESDE A cultura do deseño e construída mediante técnicas artesanais.

INFLUENCIADA POLO MOVEMENTO MODERNO, PRESENTA lixeireza na súa estrutura, e xeometrías simples nas súas formas. Éstas, contrastan perfectamente con elementos tan tradicionais como os seus ensambles, que están realizados manualmente e a taracea, que se estende por todo o taboleiro, chegando tamén aos seus cantos. O traveseiro da parte baixa da mesa, funciona como un reflexo da liña que cruza o taboleiro, con este detalle créase un xogo visual que achega valor ao seu deseño.

A SIMBIOSE ENTRE DESEÑO E ARTESANÍA NON É A ÚNICA que existe en Olea. Os seus materiais combinan de forma natural, creando un contraste suave e harmónico. A súa estrutura está construída integramente con cerdeira, mentres que para o taboleiro a madeira seleccionada foi o freixo.

OLEA É UNHA PEZA QUE CONXUGA VERSATILIDADE E deseño, o que a converte nunha mesa que tería cabida en calquera espazo.

//IMAXES

/01

Detalle da ensamblaxe

-Fotografías de Patricia Pérez

/02-/03

Vistas de estructura e motivo

-Fotografías de Ofelia Cardo

/04

Vista xeral

-Fotografías de Monserrat Martínez /01

This article is from: