5 minute read

32 TAEUBER

Antonio L Pez

SOPHIE TAEUBER FOI UNHA DAS MÁIS IMPORTANTES FIGURAS dos movementos artísticos de vangarda da primeira metade do século XX. Como deseñadora polifacética, o seu traballo ofrécenos unha linguaxe visual moi forte.

Advertisement

TAEUBER É UNHA MESA AUXILIAR COMPOSTA POR UNHA estrutura de cedro de Brasil. Elixido pola súa cor e lixeireza, acompaña a sinxeleza visual da súa forma. O mesado ou sobre, realizouse mediante unha combinación xeométrica a base de 7 tipos de madeira diferentes, aproveitando así a gama cromática que esta nos ofrece. A mesa foi deseñada inspirándose nas composicións xeométricas de Sophie que, xunto coa súa expresiva utilización da cor, deunos pé a experimentar cos tons da madeira, dando como resultado un interesante catálogo visual.

DOUTRA BANDA, COMBINANDO O TRABALLO ARTESÁN REALIZADO en madeira e a nosa fonte de arte moderna, achegamos unha peza dunha sinxeleza estética que non esconde a complexidade técnica do conxunto.

MESA AUXILIAR

CEDRO BRASILEIRO, NOCEIRA, FREIXO, SAPELLY, CARBALLO, CASTIÑEIRO E FAIA

//IMAXES

/01-/02

Vistas do motivo xeométrico

/03

Vista frontal da peza

/04

Vista xeral Fotografías de Raúl

QUEDARNOS MIRANDO AO MAR FOI UNHA COSTUME HUMANO dende o principio dos tempos. Pode ser porque a nosa orixe atópase nel ou simplemente pola relaxación que nos ofrece esa superficie cambiante e ondulante.

ALBATROS É UN COLGADOIRO DE PAREDE QUE NOS PRESTA as súas ondas para colgar as nosas pezas de vestir. Nos colgadoiros, realizados en madeira de arce contrachapada, podemos apreciar as siluetas dos albatros colocados sobre unha superficie ondulante, esta vez en madeira de freixo. Coa flexión exercida sobre as láminas desta resistente madeira, conseguimos as súas suaves curvas. Esta banda fluctuante pode ser empregada realizando composicións de varias pezas, creando unha sensación de dinamismo e adaptándose ao espazo no que se atopen con diferentes lonxitudes dispoñibles.

TRÁTASE DUN ESCRITORIO PARA TRABALLAR E ALMACENAR, que pode encaixar en distintas estancias. O deseño deste moble mestura calidez e funcionalidade. A prevalencia das liñas curvas e formas redondeadas enlaza co auxe do deseño orgánico e ergonómico. As formas curvas resultan moito máis amables tanto ao ollo como ao tacto e achegan delicadeza e elegancia, creando un ambiente acolledor. As pezas curvas realízanse no torno nunha peza única que logo dividimos en 4 pezas iguais.

O EMPREGO DE DISTINTAS MADEIRAS, CARBALLO E nogueira, achéganos unha mestura de cores. O moble elévase a través das súas patas inclinadas creando un espazo aberto. A potencia das súas patas, á súa vez, outorga un certo aire de sofisticación e elegancia atemporal.

ESCRITORIO CARBALLO, NOCEIRA E TABLERO CONTRACHAPADO DE CARBALLO escola.arte.antonio.failde@edu.xunta.gal

PÓLA, "RAMA" EN GALEGO, É UN COLGADOIRO DE parede cunha clara inspiración na natureza. É unha peza que conxuga un carácter escultórico e funcional.

INFLUENCIADA POLO MOVEMENTO ORGANICISTA, AS súas curvas suavizadas e as súas formas irregulares tentan imitar o crecemento dunha árbore, dunha das súas ramas. O resultado é unha forma cargada de dinamismo e continuidade que vén dada polo predominio da liña curva.

O COLGADOIRO CONSTRÚESE A PARTIR DE CINCO LÁMINAS dechapa de okume, que son moldeadas con axuda dunhas cuñas fabricadas con madeira maciza. Grazas a estas pezas e ao estudo da curvatura conseguimos definir a súa forma. Dividido en dúas partes: o encabezado con forma de folla é un elemento que imprime carácter ao deseño e por outra banda, está o corpo, onde aparecen os colgadoiros.

PÓLA É UNHA PEZA VISUAL, CUN MARCADO CARÁCTER escultórico que pretende achegar un pedazo da natureza ao noso fogar.

“EN CADA PASEO POLA NATUREZA, UN RECIBE MOITO MÁIS DO QUE ESTÁ A BUSCAR”

John Muir

COLGADOIRO DE PAREDE CHAPA DE OKUME E NOCEIRA escola.arte.antonio.failde@edu.xunta.gal

//IMAXES

/01 e /03

Detalles do colgadorio

/02

Vista xeral da peza

Fotografías de Ofelia Cardo

NA NOSA PARTICULAR COCTELEIRA INTRODUCIMOS FORMAS xeométricas e angulosas, algo de Punk, un chisco de iconicidade, humor e o toque art-decó ofrecido polos seus espellos e luces…

CON TODO ISO CONCIBIMOS PUNK, UN MOBLE BAR QUE non pasa desapercibido. PUNK é un moble bar diferente, rechamante e co seu punto rebelde. Está formado por dous corpos tronco piramidais, invertido un respecto ao outro e lacados en branco.

O SEU CORPO INFERIOR ACHEGA UN ESPAZO PARA botellas e no corpo superior bríndanos un aloxamento para copas e vasos.

AS SÚAS DÚAS PORTAS SUPERIORES PODEN ESTAR APOIADAS sobre guías para crear un pequeno mostrador que xera o ambiente óptimo para pousar a nosa copa.

AS GUÍAS ESTÁN REALIZADAS EN CARBALLO E CANDO NON son usadas intégranse na parte central, entre os dous corpos.

TODO O CONXUNTO APÓIASE SOBRE CATRO ROBUSTAS patas de carballo en estípite invertida, dando contraste sobre o lacado branco.

OS PINCHOS DE CARBALLO, NA PARTE SUPERIOR, SON OS que lle dan o carácter Punk ao moble

DESAFÍAN A QUE OS TOQUEDES…

//IMAXES /01

Vista frontal /02

Detalle dos Pinchos /03-/04

Vistas xerais da peza aberta

Fotografías de Fernando García

Cristina Castro Romero

UN DÍA UNHA AMIGA REFERIUSE NUNHA conversa a este proxecto como "ese da lata de sardiñas con cousas de Massó dentro" e o que a ela, que o dixo sen pensar, lle pareceu que fora unha maneira un tanto pobre de referise a el, a min pareceume marabilloso. Pois, en esencia, iso foi o que quixen facer; gardar en conserva certos aspectos da historia do complexo arquitectónico de Massó, sito en Cangas do Morrazo. Os edificios abandonados sempre espertaron a miña curiosidade, facendo que me pregunte en que momento deixou de usarse e o porqué, quen son os propietarios ou os responsables do seu abandono, a maneira na que podería recuperarse, etc... E non foi diferente despois de visitar por primeira vez a conserveira de Massó. Neste caso, tras investigar sobre o tema, foi precisamente a historia posterior ao cese do seu uso e abandono a que me interesou contar. Especialmente a historia de loita social que aí descubrín, merecedora de todo o meu respecto e admiración.

A TRAVÉS DA ILUSTRACIÓN, QUIXEN contar sobre o pasado do edificio, sobre o seu estado, e sobre a loita que a veciñanza librou contra a especulación inmobiliaria que, dende que quedou en desuso, ameazou o futuro deste complexo e da vila de Cangas en xeral. As ilustracións que fixen mesturan cousas tal e como as podemos ver hoxe en día con outras que toman como referencia información e fotografías antigas para representar como poderían atoparse agora os edificios de non ser abandonados, ou mesmo se foran rehabilitados. Centreime en representar elementos como cubertas, portas ou fiestras, que poden ser determinantes na conservación dun edificio. Tamén algunhas das frases que lembran á protesta veciñal e están aínda presentes no complexo en forma de pintadas. Ademais, quixen representar como contrasta coa ruína a vida que a veciñanza lle dá ao lugar, incluíndo algunhas escenas clave.

O QUE FIXEN FOI UNHA SORTE DE fanzine ou proxecto de autoedición esperimental enteiramente de ilustración. Principalmente combinei debuxo a liña con partes que quixen destacar a través da cor, con máis detalle, para as que empreguei acrílicos. A orde das ilustracións que seleccionei responde ás distintas paradas que na realidade se poden facer nun paseo circular polo complexo. Para os primeiros prototipos impresos deste proxecto empreguei cartulina, papel canson de esbozo e papel vexetal. O fanzine vai dentro dunha especie de funda que leva impresa, mediante un selo, unha lata de coserva. Dentro, unha faixa de sardiñas envolve o fanzine cosido á man. Á fin, como acertou a dicir a miña amiga, non é máis unha lata de sardiñas con cousas de Massó dentro.

dominguezmendezcarla@gmail.com

SOÑOS NACE DO MEU RETO PERSOAL DE facer unha animación e ao mesmo tempo o desexo ou necesidade de abandonar o convencional. Isto deu lugar a que o meu proxecto final de ilustración fora unha animación experimental.

PARA REALIZALA MESTUREI TÉCNICAS tradicionais e dixitais, usei gouache, lápices de cor e recortes de papel para os primeiros bocetos, storyboard e as ilustracións finais e, por outro lado, as probas de movemento, montaxe e animación final realiceinas usando Photoshop e Openshot.

AO SER A MIÑA PRIMEIRA ANIMACIÓN tiven moitos momentos de desesperación e ,ao final, o traballo consistíu en ir probando e fallando ata acadar algo satisfactorio. Este proceso xa de por si é bastante experimental pero a maiores engadín algunhas esceas que fixen coa técnica cut-out, un método coñecido no mundo da animación deste estilo.

A HISTORIA, POR OUTRO LADO, PARTE dun soño que tiven no cal estiven cavilando máis dun ano e este proxecto serviume para sacarmo da cabeza. Aínda así non quería plasmar a miña historia directamente, preferín manterme na liña experimental e facer que a ambigüedade da narrativa dera lugar a interpretacións variadas e únicas.

This article is from: