EROSKI_DICIEMBRE_2024_GALLEGO

Page 1


AM R ETERNO

Menús e moitas ideas para aforrar

Revista para socios con Tarxeta Ouro EROSKI club

Unha ao mes por Tarxeta Ouro. Suxeito a dispoñibilidade en tenda.

A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.

www.eroski.es

04 Neste número

06 O máis top do mes

07 ... E en redes

10 Menú fácil e a bo prezo para triunfar sen gastar

14 A túa cea de Nadal en 10 minutos con EROSKI SELEQTIA

18 Menú gourmet: tres receitas deseñadas polo BCC

22 Os éxitos do Nadal para as túas celebracións

28 Panettones e roscóns, os doces que non poden faltar nestas festas

36 Beleza: agasallos para todos

40 As vantaxes de EROSKI club

42 Ser solidario

44 Viaxes: illa Mauricio

47 Vales aforro

50 Novas

QFelices FESTAS!

ue dis de facer deste Nadal unha celebración inesquecible, doada, deliciosa e sen gastar de máis? Neste último número do ano querémoste axudar a gozar ao máximo con receitas sinxelas, elaboradas con ingredientes de tempada e sempre a bos prezos. Propoñémosche pratos ricos e prácticos para que gastes menos sen renunciares ao sabor e á calidade. Tamén incluímos ideas para aproveitar as sobras desas comidas festivas. Todo pensado para che facermos a vida máis doada!

Para este Nadal especial, os nosos socios e compañeiros compartíronnos os seus produtos imprescindibles, eses que aseguran o éxito na mesa. Ademais, traémosche

EDITOR

EROSKI S. COOP.

dous clásicos irresistibles: o panettone e mais o roscón de Reis, feitos coa receita tradicional e sen graxa de palma, e con recheos para todos os gustos.

E para facer as túas compras aínda máis cómodas, podes reservar carnes, peixes, froitas, pan e ata táboas de queixos, ibéricos e patés personalizadas, sen colas nin sorpresas. Só tes que recollelo na túa tenda máis próxima o día e a hora que prefiras.

Ademais, se buscas un detalle especial para familiares ou amigos, non perdas as nosas cestas gourmet e lotes de perfumería e maquillaxe das mellores marcas.

Esperamos que todas estas ideas te axuden a pasar un Nadal feliz e fácil xunto á túa xente!

Barrio San Agustín s/n.

48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211

Directora: Ainhoa

Foto de portada: @virginiamartin_photo

REALIZACIÓN E EDICIÓN

Factoría Prisa Noticias, S. L. U. Valentín Beato, 44. 28037 Madrid

Tel. +34 915 386 104

Difusión: Controlada por OJD Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com

Síguenos

GOZA DA REVISTA NO SEU FORMATO DIXITAL en calquera intre do día dende o teu móbil

Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 85. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38

Depósito Legal: BI-222-2015

Prohibida a reproducción total ou parcial de textos ou fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.

O máis TOP deste MES

Encargas

2

Nadal 2024 4

Asesorámoste e preparamos gratis aves, carnes, entrantes, peixes, mariscos, queixos, ibéricos, patés, pratos preparados e sobremesas. E se es socio e fas a túa encarga entre o 13 de decembro e o 5 de xaneiro podes ter premio

Sorteamos

100 premios de 100 € que ingresaremos na túa tarxeta

EROSKI Club

1

Descubre todo o que podemos facer por ti no noso folleto de encargas. Sorprenderate

VERMELLO OFERTÓN

A COR DO NADAL

Este Nadal, a nosa cor é o vermello ofertón. Porque alén dos centos de produtos de cotío sempre a bo prezo, chegan os ofertóns para non che faltar de nada estas festas. Peixes, mariscos, año, froitas como a piña -tan destes días-, turróns... a prezos irresistibles.

E non esquezas que temos un carro por menos de 70 euros, agora a rebordar cos éxitos do Nadal.

A maxia das FESTAS

Xoguetes

Consulta o noso catálogo de xoguetes. Dispoñible ata o 6 de xaneiro

GOZA DAS NOVAS ROCHAS DE ABELÁ CON COBERTURA DE CHOCOLATE NEGRO DELICIOSAS E CON MENOS AZUCRE E GRAXAS SATURADAS CA OS DOCES TRADICIONAIS. PARA ACOMPAÑAR O CAVA E GOZAR DUN BO FINAL DE CEA.

3

Estes días, os nosos fogares ilumínanse coa maxia do Nadal. Árbores cheas de adornos, luces e a ilusión dos máis cativos. Sabías que por seres do Plan familias 0·12 tes un 10% de desconto en xoguetes? Só te tes que apuntar se tes fillos e fillas menores de 12 anos e recibirás descontos e vales aforro. A que agardas? Apuntarse é gratis!

4

...E EN REDES

Coñece todo o que se coce nas nosas redes sociais

O MELLOR do 2024

ABRIMOS TIKTOK!

OS NOSOS PRODUTORES LOCAIS O NOSO EQUIPO DE TRABALLADORES

Temos gañador do concurso ‘Amor eterno’

Andrés Cid, @parsifonides, viaxará a Roma como gañador do concurso Amor Eterno de EROSKI. O seu vídeo, declarando o seu amor desde Verín (Ourense) como un auténtico cabaleiro, encantounos. Parabéns!

UN BRINDE POLO QUE IMPORTA: AS PERSOAS

Benvido á intelixencia emocional de EROSKI.

Queres saber que é?

PONLLE MÚSICA AO

NADAL

¡Ay!, menudo festín, el calabacín / rellenito de gambas / y de postre pudín, que me hace tilín...

Queres saber como continúa e cantar connosco as panxoliñas máis divertidas destas festas? Descarga a nosa lista en Spotify.

Am r eterno AO NADAL

En EROSKI ofrecémosche todo o que cómpre para teres un Nadal cheo de éxitos, para que organizar os xantares e ceas sexa ben doado, con produtos de calidade e opcións para todos os gustos, aproveitando moitas ofertas e promocións. Así poderás dedicarlle tempo ao que realmente importa: compartir momentos únicos nestas festas cos teus.

Propoñémosche menús doados, cun toque de

creatividade e moito estilo, pensados para aforrares tempo e cartos. Un menú elegante e económico que non vos deixará indiferentes. Unha proposta gourmet deseñada polo Basque Culinary Center para unha cea memorable, con ingredientes sempre a bos prezos. E un menú delicioso e abraiante con produtos EROSKI SELEQTIA, que destaca polo seu sabor e pola súa altísima calidade, e que, ademais, este mes poderás atopar con promoción da segunda

unidade ao 30%. E sen cociñar!

Con estas ideas, poderás planificar as túas celebración e aproveitar os ofertóns que temos para ti. E tamén a ampla variedade de produtos sempre a bos prezos: peixes, ibéricos, carnes, queixos, froitas, aceites, bebidas, xaropes, conservas e doces de Nadal para un Nadal de éxito.

Descubre como facer destas festas un recordo inesquecible, aforrando e gozando ao máximo.

Bo Nadal!

Menú FÁCIL

e a bo prezo

Con ingredientes sinxelos e un toque de creatividade, é posible lograr unha mesa de festa que combine elegancia e sabor sen estirar o orzamento. Propoñémosche un sofisticado menú con produtos cotiáns e ao alcance como os mexillóns, a carne de porco ou o iogur. Deixa a túa xente abraiada con estes básicos e cunhas receitas que non deixarán a ninguén indiferente.

Bombóns de iogur con tomate seco e pistachos

15 uds. 24 h + 15’

• 375 ml de iogur grego

• ¼ de culleriña de sal

• 1 culleriña de allo en po

• 6 tomates secos en aceite

• 75 g de pistachos naturais picados finos

Poñer o iogur a desorar co sal e co allo en po nunha gasa dentro dun escorredoiro (colocar un prato debaixo que recollerá o soro), durante 24 horas no frigorífico, sen que a gasa toque o soro. Pasado ese tempo, partir os tomates secos en cachos ben pequenos e botalos no queixo de iogur. Facer boliñas co queixo e recubrir con pistachos picados.

Sempre bos prezos S Semp prezos os

CAVA BRUT ANNA DE CODORNÍU

A súa delicadeza e frescor tórnano un cava ideal para o aperitivo. Perfecto para acompañar mariscos e peixes de carne branca. Bo acompañante do sushi e de sashimis ou carpaccios pouco condimentados.

UNHA RACIÓN CONTÉN:

ALBARIÑO MARTÍN CÓDAX

Único, con identidade e definido polo lugar de orixe. Cada copa garda o celme do Atlántico, da marca, da súa historia e dos costumes desa terra única. Sempre bos prezos S Sep prezos

Crema de mexillóns ao curry

• 1 kg de mexillóns

• 1 vaso de auga

• 1 cullerada e media de AOVE

• 750 ml de caldo de peixe

• 1 ceboliña grande picada moi fina

• 2 culleradas de fariña

• 1 culleriña de curry

• Perexil picado

Cocer os mexillóns ao vapor cun vaso de auga. Retirar as cunchas e reservar a carne e a auga.

Nunha pota, rustrir a ceboliña con aceite a lume medio. Engadir a fariña e cociñar. Agregar o curry, o caldo do peixe e dos mexillóns e cocer 10 minutos.

Engadir os mexillóns cortados en anacos pequenos e triturar todo xunto ata acadar unha crema. Poñer ao punto de sal. Servir con perexil picado.

Conxela o caldo dos mexillóns para utilizalo en sopas, arroces, etc.

Conxela os mexillóns sobrantes ou consérvaos en escabeche.

Croûtons de mexillón?

Pica e doura nunha tixola mexillóns cocidos, pan relado e allo como tópping para sopas, ensaladas...

Raxo ao sal con salsa de laranxa

430’-90’

• 600 g de raxo de porco fresco

• Especias secas (pemento, ourego, tomiño, romeu, allo, cebola, pementa...)

• 2 kg de sal groso

Para a salsa de laranxa:

• Reladura dunha laranxa

• Zume de 2 laranxas

• Xenxibre

• 1 culleriña de mel

• 1 culleriña de maicena

• 1 chalota

Limpar de graxa a peza de raxo. Nunha fonte de forno, engadir unha capa de sal groso. Colocar o raxo e cubrir cunha mestura das especias. Humedecer o resto de sal groso lixeiramente e cubrir ben o raxo.

Se o cociñamos no microondas, cubrir con papel filme axeitado para este electrodoméstico e cociñar durante uns 12-15 minutos á potencia máxima ata que a codia de sal comece a agretarse.

Se o cociñamos no forno, prequentalo a 200 ºC, con calor por riba e por baixo, e cociñar durante 50 minutos.

Unha vez fóra, retirar a codia e o exceso de sal. Deixar repousar 15 minutos e torar.

Servir coa salsa de laranxa.

Salsa de laranxa:

Picar a chalota e rustrir nunha tixola co aceite.

Mesturar o zume de laranxa coa culleriña de maicena ata diluíla ben, engadir a reladura de laranxa, o xenxibre relado e a culleriña de mel e levar ao lume ata que espese lixeiramente.

Sempre prezos S Sep prezos os

UNHA RACIÓN

Maridaxe

MARQUÉS DE RISCAL RESERVA

D.O.Ca. RIOJA

Harmoniza ben co xamón, con queixos non moi curados, con legumes cocidos ou guisados, carnes á grella e asados.

...E se sobr

Córtao en toros finos e utilízao para preparar sándwichs fríos ou wraps con vexetais frescos. Bótao nunha ensalada morna con espinacas, queixo fresco e froitas como mazá ou pera e aliña cunha vinagreta de mel e mostaza.

Encargas gratis e con premio Dispós dun servizo de encargas gratuíto para reservares con antelación a carne que precisas e recollela cando queiras. Ademais, as túas encargas teñen premio. Sorteamos 100 premios valorados en 100 € (www.eroski.es/sorteencargos).

A TÚA CEA de

Nadal en 10 minutos

2ª unidade

Tamén en revolto: saltea os boletus cun pouco do seu propio aceite. Engade 4 ovos batidos e remove amodo. Cando estea listo, retira do lume. Podes engadir un chisco de escamas de sal. Acompáñao con minitostas.

Un delicioso xantar ou cea de Nadal non ten por que supoñer longas horas na cociña. É cuestión de asegurar a calidade. Por iso, eleva a túa mesa do Nadal con produtos EROSKI SELEQTIA preparando un menú sinxelo, rápido e cun toque gourmet. Con sabores e calidade testada por expertos catadores do Basque Culinary Center. Exquisitez para abrir, servir e gozar! *

100% boletus.

Colleitados no seu momento óptimo de maduración.

En aceite de oliva.

ESPÁRRAGOS DE NAVARRA CON IXP

De Navarra. Tenros.

Colleitados á man para garantir calidade e sabor.

Sabías que …?

Os cristais de flor de sal recóllense no verán nas salinas da Camargue (Francia) e deposítanse sobre unha superficie ata que se condensan en pezas crocantes e irregulares.

Válido ata o 3 de xaneiro do 2025.

VENTRECHA E BONITO DO NORTE MSC

IDEAS PARA CANAPÉS CON BONITO DO NORTE

Substancioso.

Ensalada rusa: corta patacas, cenorias e ovos cocidos. Engade chícharos, olivas e bonito do Norte en conserva e mestúrao todo con maionesa. Serve frío en copas individuais e decórao cun pouco de maionesa, ovas de salmón ou cun cachiño de pemento asado. Oda ao bonito: canapés de bonito con ceboliña cortada fina ou con tiras de pemento do piquillo DO Lodosa. Quedarás abraiado!

PEMENTO DO PIQUILLO DO LODOSA

BLOC DE FOIE DE PARRULO

Artesán.

Peixe a cana.

98% de fígado de parrulo.

Bo de untar.

Intenso.

Acompáñao con:

Fornacina clásica e de sésamo.

PUDIN DE PEIXE

Elaborado a partir de peixes frescos.

Sen conservadores nin colorantes. Cocción en forno de vapor.

De Lodosa. Carnosos.

Con notas doces.

SALMÓN AFUMADO

Noruegués.

Sen veta.

Suave e firme.

Próbao en canapés sobre crema de queixo (mellor se é de herbas) ou acompáñao de ceboliña, ovo cocido e cogombros novos ben picados sobre pan de cristal.

A
NUTRI-SCORE
A
NUTRI-SCORE

UN PRIMEIRO PRATO A ELIXIR

Pementos, chocos, bacallau e mesmo faceiras de tenreira, para quentar e listo.

PEMENTOS RECHEOS DE BACALLAU EN SALSA

Pementos do piquillo confeitados en aceite de oliva. Atoparalos recheos de bacallau, de carne, bechamel e salsa de fungos ou de carne de centola e boi de mar con salsa.

LURIÑAS NA SÚA TINTA

Quentar e servir

Luriñas de primeirísima calidade, recheas das súas propias patas, acompañados dunha salsa cociñada con verdura fresca, aceite de oliva e mais a tinta das luriñas.

TÁBOA DE QUEIXOS

Unha boa táboa de queixos é un éxito seguro. Elixe variedade e acompáñaos de ibéricos para servir como entrante, ou de froitas e froitos secos de preferires tomar a táboa como sobremesa.

BACALLAU AO PILPIL

Bacallau salvaxe desalgado e cociñado con aceite de oliva virxe extra ao estilo tradicional.

Maridaxe

TXAKOLI KATXIÑA

É un viño branco fresco, vibrante e afroitado, cunha intensidade aromática que se reparte moi ben, refrescando a boca e deixando un sabor agradable.

E DE SOBREMESA…

Velaí tes unha gran variedade de sabores en turróns, mazapáns e trenzas.

Renovamos a receita das trenzas

MENÚ GOURMET

Deixa a túa xente abraiada con pratos de restaurantes de primeiro nivel deseñados polo Basque Culinary Center e elaborados con produtos sempre a bos prezos como os allos porros, o peixe sapo e a piña.

Porros confeitados con burrata e crocante de porro

• 5 allos porros (1 para o crocante)

• 52 ml de AOVE

• 150 ml de caldo de verduras

• 1 limón

• 50 g de burrata

• 5 ml de aceite de trufa ou AOVE

• Sal

• Pementa negra

Limpar os allos porros e cortalos en anacos duns 10-12 cm.

Nunha tixola grande ou nun cazo, quentar 45 ml de AOVE a lume baixo. Engadir os porros e o caldo de verduras.

Cociñar a lume lento, tapando parcialmente a tixola, durante uns 20-25 minutos e xirando os porros ocasionalmente. Deben quedar tenros e suaves, sen se douraren. Unha vez listos, retiralos do lume e sazonar con sal, pementa e reladura de limón. Cortar a parte verde do porro en finas tiras á xuliana.

Quentar aceite de oliva. Fritir as tiras de porro en pequenas quendas ata que estean douradas e crocantes (1-2 minutos).

Colocar os crocantes sobre papel absorbente para eliminar o exceso de aceite. Cómpre facelos xusto antes de servir para que manteñan a súa textura.

Empratado

Colocar os porros confeitados no centro do prato. Cortar a burrata e poñer por riba. Decorar cos crocantes de porro por riba da burrata.

Engadir un fío de aceite de trufa para lle dar un toque gourmet e decorar con algúns brotes frescos se se desexa.

Sempre bos prezos S Sepos

VIÑO BRONTE BRANCO CHARDONNAY Achega frescura e aromas a froitas que equilibran a untuosidade da burrata e a dozura dos allos porros. O seu carácter suave permite gozar dunha maridaxe harmoniosa sen sobrecargar o padal.

UNHA RACIÓN CONTÉN:

Peixe sapo á prancha

con verduras asadas e salsa de améndoas

• 600 g de lombos de peixe sapo

• 35 ml de AOVE

• 1 limón

• 2 pementos vermellos

• 1 berenxena

• 1 cabaciña

• Tomiño

• 200 ml de caldo de verduras

• 50 g de améndoas crúas sen pel

• 1 dente de allo

• Sal e pementa

Sazonar os lombos de peixe sapo con sal, pementa e un pouco de zume de limón. Quentar unha tixola a lume medio-alto co aceite de oliva e cociñar os lombos de peixe sapo durante 3-4 minutos por cada lado, ata que estean dourados por fóra.

Prequentar o forno a 200 °C.

Lavar e cortar os pementos en tiras, a berenxena, en rodas finas, e a cabaciña, en rodas.

Colocar as verduras nunha bandexa de forno forrada con papel de enfornar. Botarlles un fío de aceite de oliva, salpementar ao gusto e esparexer un pouco de tomiño fresco.

Enfornar as verduras durante 20-25 minutos, virándoas á metade do tempo, ata que estean douradas e tenras.

Para a salsa de améndoas, nunha tixola pequena, torrar as améndoas a lume medio sen aceite durante uns minutos, removendo constantemente para non as queimar.

Nun procesador de alimentos ou batedor, engadir as améndoas torradas, o allo, o caldo de verduras, o aceite de oliva e o zume de limón. Triturar ata obter unha salsa suave. Se a salsa está demasiado espesa, podemos engadir un pouco máis de caldo.

Sazonar con sal e pementa ao gusto.

Empratado

Colocar o lombo de peixe sapo á prancha no centro do prato e dispoñer as verduras asadas a carón do peixe sapo.

Botar unha cullerada da salsa de améndoas sobre o peixe sapo ou a un lado para acompañar. Decorar cun chorriño de limón se se desexa.

Maridaxe

NON QUEDES SEN OS TEUS FRESCOS

Pescada, rodaballo, polbo ou peixe sapo son os peixes que máis gustan nestas festas. Achégate ás nosas peixerías pola frescura e calidade garantida, pero tamén pola nosa atención personalizada. Aconsellámoste sobre a mellor opción para a túa receita e preparamos ao teu gusto cada peixe. Contas cun servizo de encargas gratuíto para anticipares as túas compras. Podes pedir que che preparemos a carne como queiras e así podela conxelar se o necesitas aproveitando as ofertas.

VIÑO PROTOS BRANCO VERDEJO DO RUEDA Aromas cítricos, froita branca e herbáceos. A mellor representación do Verdejo de Rueda, con crianza sobre lías e coidada elaboración.

Carpaccio de piña natural con crema de queixo fresco

e noz moscada

420’ Sempre bos prezos S Sempos

• ¾ de piña fresca

• 2 limas

• 1 limón

• 200 g de queixo fresco 0% batido

• 5 g de mel

• 1 chisco de noz moscada relada

• 5 ml de esencia de vainilla

• 20 g de abelás

• 8-10 follas de menta fresca

Pelar e limpar a piña e, coa axuda dunha mandolina ou dun coitelo afiado, cortala en rodas ben finas (tipo carpaccio).

Colocar as rodas de piña nun prato grande e mollalas co zume de lima. Deixar repousar durante uns 10 minutos no frigorífico.

Para elaborar a crema de queixo, mesturar nun bol o queixo fresco batido coa reladura de limón, a noz moscada e a esencia de vainilla.

Adozar con mel e mesturar ben cunha vara ata obter unha crema suave e homoxénea.

Torrar as abelás nunha tixola e cortalas en cachiños.

Empratado

Colocar as rodas de piña mariñadas nun prato grande, estendéndoas coma se fose un carpaccio

Poñer unha cullerada de crema de queixo no centro ou distribuír pequenas porcións arredor da piña.

Decorar coas follas de menta fresca, reladura de limón e abelás torradas para engadir un toque crocante. Esparexer un chisquiño de noz moscada.

CAVA PERELADA BRUT RESERVA Gran carga froiteira que acompaña a parte cremosa da sobremesa cun equilibrio envolvente. O tempo de crianza proporciónalle ao cava complexidade e textura.

Agulla de Tenreira Galega en rosbif con ensalada de pataca e agróns

• 1,5 kg de centro de agulla de Tenreira Galega

• Aceite de oliva virxe extra

• Sal groso, pementa moída e tomiño fresco

• 3 dentes de allo pelados e prensados

• ½ vaso de brandy

• ½ vaso de viño branco Godello DO Monterrei

Para a ensalada

• 500 g de patacas pequenas cocidas IXP Pataca de Galicia

• 3 culleradas cheas de mostaza

• 50 g de cebola picada fina

• 50 g de cogombros novos picados finos

• 50 g de aceite de oliva virxe extra

• 50 g de agróns

• Sal e pementa

Atar a carne cun cordón de bridar para lle dar forma cilíndrica, pintar con aceite e salpementar. Engadir tomiño fresco picado e poñer nunha fonte para forno, colocando os allos debaixo da peza de carne.

Asar no forno, prequentado a 220 ºC, uns 10 minutos ata que se doure polo exterior. Baixar a temperatura a 160 ºC e asar outros 20-25 minutos ou ata que teña unha temperatura interna de 55 ºC. A media cocción, engadir o brandy e mais o viño branco para que se forme a salsa. Retirar e deixar arrefriar a temperatura ambiente.

Ensalada

Cortar a pataca en dados pequenos e aderezala cos demais ingredientes, mesturando ben e poñendo ao punto de sal. Engadir os agróns picados.

Presentación

Cortar a carne morna en lascas finas a máquina ou á man e aderezalas co zume do asado. Dispoñelas no centro do prato facendo un montón e acompañar coa ensalada.

7 ÉXITOS DESTE NADAL para unha mesa máis festiva

Para asegurármonos de que este Nadal sexa especial, pedímoslles aos nosos socios e compañeiros que nos revelen os seus produtos imprescindibles para estas datas. Descubre os seus favoritos, eses que saben que non poden faltar nunha boa mesa no Nadal.

*Consultar dispoñibilidade en tenda

ESTHER SALVADOR

Carnicera en EROSKI Center Zaragoza

Eu son de deixarlle sitio ao asado. Encántame o arrecendo que ceiba o forno antes do xantar. O año precisa o seu tempo e eu gozo cada minuto que pasa, agardando por ese dourado perfecto e por esa tenrura que se desfai ao primeiro bocado. Ás miñas clientas recoméndolles a perna e a pa de año de leite, que na casa preparamos con allo, romeu e un bo chorro de

viño. Sinxelo, pero espectacular. Un auténtico manxar que nunca falla. Amais do año de leite, que é o que máis nos encargan, contamos co año Eusko Label, de Gales, navarro, balear e co noso famoso año EROSKI Natur Ternasco de Aragón con selo IXP, alimentado con leite materno e cereais naturais. Lembra que a carne que vendemos en EROSKI conta con certificado en Benestar Animal e non dubides encargarnos o corte e a cantidade que precisas. Preparámoscho gratis para recollelo cando nos digas.

PATRICIA ZAPATA

Peixeira en Autoservizos

Familia en Culleredo (A Coruña)

Na miña mesa non poden faltar os gambóns e mais os lagostinos. Gústame mercalos crus, tanto no mostrador da peixería como envasados. Para cocelos, poño auga a quecer con sal e unha folla de loureiro. Así que comeza a ferver, engado os lagostinos e mantéñoos en ebulición durante 2-3 minutos; despois, arrefríoos en auga con xeo para quedaren firmes e tenros. E se non tes tempo, non te compliques, os cocidos están perfectos!

LAGOSTINOS OU GAMBÓNS?

A DIFERENZA ESTÁ NO TAMAÑO E NO SABOR. OS GAMBÓNS ADOITAN SER MÁIS GRANDES, DUN TON AVERMELLADO MÁIS ESCURO

E TEÑEN UN SABOR MÁIS INTENSO. O LAGOSTINO É MÁIS CLARO E A SÚA CARNE É ALGO MÁIS SUAVE AO PADAL.

SON OFERTÓNS NA TÚA PEIXERÍA

IDEAS PARA NON ENREDARES NA COCIÑA

Prepara as túas receitas con tempo e conxela ou opta por pratos preparados e saudables como os chocos e mais o bacallau ao pilpil EROSKI SELEQTIA.

Etiqueta os envases para saberes que hai en cada un.

Aproveita ingredientes precortados ou preparados: verduras listas para cociñar, rustridos conxelados ou bases de salsas pódenche aforrar tempo sen perderen o toque caseiro.

Opta por un asado grande, como pavo ou año, que se sirva como prato único, con gornicións doadas de quentar ou de servir frías, como ensaladas de cenorias ou patacas gratinadas.

Organiza aperitivos fríos: queixos, embutidos, patés, crudités...

Evita empratar cada sobremesa e elixe as que poidas servir nunha soa bandexa e cortar, como roscóns ou panettones, ou unha táboa de turróns que podes preparar dende primeira hora e servir divididos en porcións.

Elixe unha sobremesa que poidas facer na véspera: tortas frías, mousse ou flans.

Cos sobrantes de carnes, verduras ou pan podes preparar un brunch para o día seguinte. Pensa en sándwichs de pavo con salsa de arandos, unha frittata coas verduras asadas, ou mesmo torradas francesas co pan do día anterior.

María Bosch

Micaela García

Clienta de Biscaia

Ás miñas netas encántalles o polbo. Antes mercábao na peixería e cocíao eu mesma. Adoitaba encargalo, para non ter que agardar na cola, pero desde que descubrín o polbo cocido EROSKI, deixo a pota na lacena. Está xusto no punto que a min me gusta. Merco a cantidade que preciso e só teño que toralo, engádolle aceite de oliva virxe extra, un chisco de pemento doce e picante e sírvoo cun toque de sal groso. Encántalles!

Polbo cocido torado EROSKI SELEQTIA e Patas de polbo cocido EROSKI

Traballadora do EROSKI City de Ferreries (Menorca) e embaixadora de SOMOS

Encántame preparar con antelación a táboa de queixos. Nela nunca faltan queixos locais, como o semicurado DOP Mahón-Menorca da miña terra e en EROSKI sei que o vou atopar. Se ando mal de tempo, encargo

directamente a táboa cos meus queixos preferidos na chacinería. Dislles que queixos queres e eles prepáranche a táboa co corte axeitado para cada tipo de queixo, algo que ás veces nós non sabemos facer.

Natalia Asensio

Traballadora do hipermercado de Arrasate (Guipúscoa) e embaixadora de SOMOS

Para min, o champiñón é, sen dúbida ningunha, o meu imprescindible nestas festas. E éo pola súa versatilidade. Serve para acompañar pratos principais como o año, para lles dar un toque gourmet ás ensaladas, para facer un revolto sinxelo, pero delicioso, e servir en canapés ou para preparar uns deliciosos champiñóns recheos, como os da receita que che presentamos nesta páxina.

A

miña receita favorita

Champiñóns recheos de espinacas e xamón

• 12 champiñóns brancos

• ½ ceboliña

• 1 dente de allo

• 200 g de espinacas frescas

• 50 g de xamón curado

• 50 g de queixo ricotta 0%

• 24 g de pan relado

• 1 culleriña de allo en po

• Perexil

• 2 culleradas de aceite de oliva

• 1 g de sal e pementa negra

Retirar o pé dos champiñóns e picalos. Picar e refogar a ceboliña, o allo e o xamón e botalos nunha tixola con aceite de oliva.

Así que se comecen a dourar, engadir os pés dos champiñóns e as espinacas. Agregar sal e un pementa. Cando as espinacas perdan toda a auga, apartar do lume e deixar arrefriar.

Nun bol mesturar o refogado anterior xunto co queixo ricotta e encher os champiñóns coa mestura. Mesturar o pan relado co allo e o perexil picado noutro bol. Colocar os champiñóns recheos nunha bandexa cuberta con papel de forno e cubrilos coa mestura de pan relado. Enfornar a 190 ºC durante 15 minutos. O pan relado debe quedar dourado e crocante.

da Inxestion de Referencia (IR) para un adulto

A B D E C

A CAVA BRUT VALL D’LLUNA

Este cava realza os sabores terrosos e salgados dos champiñóns recheos, achegando frescura e un toque cítrico que equilibra a cremosidade do queixo e do xamón.

NUTRI-SCORE

Francisco Javier Olloqui

Cliente de Pamplona

Case antes de poñer o Belén na casa, a benvida ao Nadal dáa unha bandexa ben chea de turróns. Non podería dicir cal é o meu favorito; por iso, gústame vir a EROSKI, onde

atopo turrón de Xixona, de Alacante, de xema torrada, de chocolate, sen azucre, sen glute… a bos prezos. Encántame tamén a súa marca EROSKI SELEQTIA.

Silvia Remírez

Froiteira do EROSKI Center, Logroño

Nestas festas, con pratos tan contundentes, na casa non poden faltar a escarola e a lombarda. Eu son máis de preparar lombarda, pero ben sei que hai quen non perdoa unha boa ensalada de escarola con granada, allo picado e comiño. Engadirlles verduras aos nosos menús do Nadal non só achega un toque fresco e colorido, senón que che axuda a equilibrar esas comidas festivas tan copiosas. Un chisco de verde na mesa sempre se agradece! Cociño a lombarda cun chorriño de vinagre, logo sofrixo allo, xamón e mazá e mestúroo todo para integrar sabores antes de servir. Vaiche encantar!

4. Turrón de Xixona

5. Turrón de Alacante

OS ÚLTIMOS EN CHEGAR

Novos sabores e texturas máis cremosas

1. Praliné de crema de cacahuete e galleta negra

2. Turrón cremoso de améndoa

3. Turrón praliné de coco e chocolate.

Elaborados en Italia

Para os chocolateiros

Con pebidas de chocolate. Tamén en formato mini

Para os tradicionais

UNHA SOBREMESA DE ALTURA

O panettone xa ten un oco nas nosas mesas. Elegante e versátil, este esponxoso doce italiano con forma de cúpula está feito con masa de tipo bolo e recheo con pasas e froitas confeitadas, chocolate ou froitos secos. A orixe do panettone remóntase ao Milán do século XV. Logo de queimar a súa sobremesa do Nadal, un pasteleiro chamado Toni improvisou unha nova con fariña, ovos, manteiga, uvas e cítricos. O resultado, “pan de Toni”; hoxe en día, panettone

Para os máis selectos

Contén máis dun 25% de substanciosas uvas pasas sultás de primeira calidade e de tonas de laranxas e limóns confeitadas. Ingredientes que se suman á manteiga, aos ovos frescos e ao leite fresco do Piamonte. Ten máis de 60 horas de elaboración. E é que así

Para todos

Para os fans do café

Con pebidas de chocolate e unha deliciosa crema de tiramisú

que se enforna mediante un lento proceso, perde a súa temperatura de xeito natural ao estar máis de oito horas boca abaixo.

Para regalar

Bonitas latas para reutilizar

Dous minipanettone e un minipandoro Na túa panadería

Para os cativos

VALE desconto nesta revista

Minipanettone con chocolate e confeitos de cores

Elaborados aquí. De froita e de chocolate. Sen graxa de palma

O REI DO NADAL

A súa masa suave e esponxosa, a súa améndoa laminada, ese sabor a azar tan característico, a variedade de recheos e a emoción de atopar a figuriña agachada na masa fan do roscón de Reis EROSKI a sobremesa estrela no noso lar durante estas festas. Todos libres de graxa de palma, de fermentación lenta e moldeados á man.

Para encher

Para os máis larpeiros

Para os clásicos

Faino ti mesmo Receita do Basque Culinary Center

Para os indecisos

Para os máis selectos

Válido para socios EROSKI CLUB que merquen calquera roscón marca EROSKI entre o 15 de novembro e o 4 de xaneiro do 2025. Ingresaranse 11,95 € a cada tarxeta EROSKI club gañadora ao longo do mes de xaneiro. Consulta o resto de condicións en eros.ki/roscon

Sen recheo
De crema
De nata 100%
De crema e nata ou de trufa e nata
De nata ou de nata e cacao

Tips s ud bles

Usa fariña integral; proporcionarache hidratos de carbono complexos e mais toda a fibra, máis proteínas e máis vitaminas e minerais.

Apta para dietas ovolactovexetarianas.

Goza e aprende en familia #alimentaloquepiensas

CRUMBLE COOKIES SAUDABLES

DIFICULTADE: 2 / RACIÓNS: 10-12 / TEMPO: 30’

2 plátanos maduros

100 g de fariña de améndoa

200 g de fariña integral 1 ovo

15 ml de aceite

40 g de arandos

35 g de pebidas de chocolate negro

70-85 % de cacao

PARA DECORAR:

40 g de chocolate branco

40 g de manteiga de cacahuete

1. Prequentar o forno a 180 ºC.

2. Nun bol, engadir os plátanos, os dous tipos de fariña, o ovo e o aceite. Mesturar ben todos ingredientes cunha vara.

3. Dividir a masa en dúas partes. Engadirlle a unha metade as pebidas de chocolate e á outra, os arandos. Estender as masas cun rolo e formar as galletas cun cortapastas redondo.

4. Colocar as galletas nunha bandexa de forno con papel vexetal e enfornar durante 12-15 minutos. Deixar arrefriar.

5. Decorar as galletas de arandos cun fío de chocolate branco fundido e as galletas con pebidas de chocolate cun fío de manteiga de cacahuete.

O MELLOR AGASALLO É COMPARTIR

Sabías que as crumble cookies están pensadas para compartir? Unha calidade que debemos fomentar en familia cos máis pequechos. Aproveita estes días para cociñar en familia estas galletas! Son tendencia, extragrandes, teñen unha textura crocante por fóra e esponxosa por dentro e aceptan unha gran variedade de recheos.

MESTRES DENDE

o último

NOVAS ESPECIALIDADES DE NADAL

Unha experiencia doce máis ampla!

Este ano incorporamos tres deliciosos novos produtos á oferta de especialidades de Nadal: laranxas confeitadas cubertas de chocolate negro e barquillos recubertos de chocolate branco e chocolate negro.

Completa a túa táboa de doces de Nadal con turróns dunha chea de sabores, polvoróns, mazapáns, minitortas de améndoas, rochas de chocolate, panettones, roscóns...

Todo o que precisas para deixares os teus seres queridos abraiados ou para lles dar un toque único ás túas celebracións do Nadal!

fala Suchard para

O sabor de Suchard feito bombón

Chegan os novos bombóns de Suchard para lles dar un toque doce ás túas celebracións do Nadal! Son irresistibles e combinan a textura crocante que tanto nos gusta cun recheo cremoso de chocolate e abelá. E agora chegan nun formato perfecto para compartir en calquera ocasión. Descúbreos e goza “o sabor de Suchard feito bombón” este Nadal!

CALDO ANETO DE POLO ASADO

Un sabor máis intenso para os amantes das sopas

Coa mesma filosofía do produto fresco e natural, o novo Caldo Aneto de polo asado brinda un proceso de elaboración renovado, no que se asa a carne de polo de curral procedente de granxas certificadas co selo de benestar animal e se obtén unha intensidade superior de sabor. Ademais, incrementouse a porcentaxe de polo no proceso, o que ofrece non só unha receita inigualable pola frescura dos seus ingredientes, senón tamén pola gran versatilidade de pratos que se poden chegar a cociñar: dende unha sopa boísima con pasta e polo ata un bo cocido ou as croquetas máis saborosas.

Por outra banda, en Aneto están plenamente comprometidos co planeta e, por iso, o envase deste caldo de polo provén nun 87% de materias de orixe vexetal. Por todo isto, converteuse en todo un referente para o mundo do caldo líquido.

fala Grefusa para o último

Bombóns Nestlé

fala Nestlé para

Descubre as últimas novidades

Caja Roja Creations é unha nova xeración de bombóns con recheos moi cremosos e ingredientes delicadamente seleccionados. Cada bombón é unha creación única. Ademais, están elaborados con cacao de cultivo sostible e ingredientes e aromas 100% naturais.

Por outra banda, este ano Bestial Mix chega cun novo formato, unha imaxe renovada e un novo sabor -Extrafino Filipinos- para complementar a variedade de bombóns Jungly e Extrafino Dinosaurus.

La Cocina Del Norte

www.lacocinadelnorte.com

fala Cooper Vision para

SUPREMA DE IBÉRICO

Eleva o nivel dos teus aperitivos

Achégase a época máis bonita do ano e non hai mellor maneira de celebrala que pasando tempo coa túa xente arredor dunha boa mesa e tomando na casa de maneira rápida e cómoda un dos pinchos máis populares e exitosos nas barras de bar do País Vasco. A Suprema de Ibérico La Cocina del Norte está lista para comer en calquera parte e o seu sabor e a súa textura cremosa deixarante abraiado. Pódese utilizar en aperitivos, entrantes ou tapas, sobre

unha rebanda de pan en forma de pincho ou mesmo para preparar sándwichs ou bocadillos.

Acompáñaa dun bo pan e dun pouco de parmesano relado e acertarás seguro!

NOVAS LENTES DE CONTACTO DIARIAS MiSight® 1 day

A Actúúa c ceeddo o e frreea a miiooppíía doos s teuus fillloos*! !

Acompaña os teus fillos cunha solución para mellorar a súa visión. Aínda estades a tempo para controlar a progresión da súa miopía coas lentes de contacto desbotables diarias MiSight® 1 day: unha opción segura e cómoda para lograr unha visión nítida.

Pide unha cita na túa óptica EROSKI!

MiSight® 1 day reduce o aumento da miopía ao 50% de media* e axuda os teus fillos a comezaren o ano con todo o seu potencial. Este produto cumpre a normativa Máis información en: www.CooperVision.es/misight *Chamberlain et al

E TI TAMÉN

Deixa abraiada a túa xente co agasallo perfecto da nosa perfumería. Descubre as últimas novidades en maquillaxe e fragrancias, cestas exclusivas ou elaboradas cos produtos que ti elixas e packs para ilusionar e coidar a quen máis che importa. Só nas perfumerías de EROSKI.

Regalafragrancias

ADIDAS

Estoxo Ice Dive

O combo perfecto: eau de toilette e xel de ducha 3 en 1 para homes que viven coa emoción de se embarcar en novas aventuras.

Estoxo Red Rock

Eau de toilette e xel de baño cunha suxestiva fragrancia con especias cítricas e madeiras cálidas. Destacan a lima, o vetiver, a vainilla e mais a mirra.

Set Amorodo Nata

Inclúe colonia, crema de mans, lip-oil e un práctico estoxo. O seu aroma combina a tenrura dos amorodos con acordes de vainilla doce e caramelo. Hidratación e fragrancia irresistibles.

Estoxo Poisedon Sport

Elegante, masculina e atemporal, esta fragrancia vibrante evoca a enerxía e a paixón do deporte. Inclúe eau de toilette e loción aftershave

Set Flores mediterráneas

Viaxa ao Mediterráneo con este pack de perfume e loción, que evoca o aroma das flores de xardíns e fragas con vibrantes notas de verbena, acompañadas do aromático azar.

Victorio & Lucchino, Pacha Ibiza, United Colors of Benetton

ÁLVAREZ GÓMEZ E ADEMAIS…

Regalacestas exclusivas

Cesta exclusiva

Inclúe desodorizante, colonia, xel Dark Temptation, desodorizante mini e neceser.

Regala coidado

IDC INSTITUTE

Set de baño

Organic

Esta caixa reutilizable con produtos naturais será o agasallo perfecto para aqueles aos que lles gusta coidarse. Ideal para unha sesión de relax! AXE

Cesta exclusiva

Inclúe body milk, xel, crema corporal, desodorizante Orixinal Advance, pastilla de xabón Original, mostras e neceser.

Set de baño Natural Oil

Mergúllate nun oasis de relaxación con este set para o baño, cun deseño máis bonito para regalar.

* Consulta dispoñibilidade na túa tenda EROSKI.

Preparamos a cesta á túa medida cos produtos que elixas * la con e animal print, fantásti

Cesta exclusiva

Inclúe crema de mans de aloe, máscara de tecido Q10 Plus con vitamina C, crema facial, protector labial, crema corporal, neceser, mostras e caixa decorativa.

Regala maquillaxe

Carteira XL Pretty Girls

Descubre este soño feito realidade para amantes da maquillaxe. Con máis de 50 sombras de ollos e outros produtos para completar o look

Carteira Pink Safari

Saca o teu lado máis salvaxe con este neceser de cos esenciais máis fantásticos de maquillaxe do seu interior.

Regala sorpresas para cada día

MARTINELIA

Calendario Little Unicorn

Deixa que os peques da casa se sorprendan durante 24 días descubrindo sorpresas de produtos de beleza variados.

Regala ilusión

MARTINELIA

Set Piruleta Candy

A maquillaxe máis doce! Xoga sen parar con este set de maquillaxe con forma de piruleta, con todo o necesario para a tarde máis divertida.

E prácticos neceseres

IDC INSTITUTE

Calendario de Advento

A conta atrás para o Nadal que deixará a túa pel como nova. Descubre 24 sorpresas de cosmética superespeciais.

Set unllas e ‘tattoo’

A diversión está asegurada con este set de manicura e tatuaxes para os máis pequenos da casa.

Coma estes dous de Super Mario Bross e de Frozen. Inclúen colonia.

SI AO VERMELLO

Viste as túas mans coa colección exclusiva de lacas de unllas The Reds de belle&MAKE-UP que presenta unha oda á cor icónica do Nadal. O éxito para calquera look.

ACEITE LIMPADOR FACIAL

Fórmula ‘oil-to-milk’ que, ao contacto coa auga, se transforma nunha emulsión lixeira e fundente. Elimina eficazmente exceso de sebo e maquillaxe, incluído waterproof.

AMPOLAS FACIAIS VITAL+ Fórmula concentrada con vitamina C, niacinamida, betaína, ácido salicílico e extracto de regalicia que potencia a luminosidade, combate manchas e controla a produción de sebo.

VALE desconto nesta revista
VALE desconto nesta revista

GRAN SORTEO na ‘app’

Xa está aquí o gran sorteo de Nadal e, con el, a posibilidade de gañar dende unha impresionante viaxe a Xapón ata milleiros de agasallos Travel Club, pasando por escapadas de fin de semana por Europa. Non o perdas!

Escapadas de fin de semana tá í t d

COMO PARTICIPO?

1 Entra na app EROSKI

2 Accede ao apartado ‘’Descubre xogando’’.

SORTEO EXCLUSIVO NA ‘APP’

Gran viaxe a Xapón. Para dúas persoas, durante 12 días, con voos dende Madrid e un circuíto que inclúe visita a Kioto, aos templos ancestrais, un percorrido polo impresionante santuario Fushimi Inari, viaxe en teleférico para gozar dunha gran vista dos Alpes xaponeses e un minicruceiro polo lago Ashi, para divisar o Monte Fuji. Ademais, coñecerás Tokyo. Escapadas por Europa. Sorteamos seis escapadas de catro días a tres das capitais máis atractivas de Europa: París, Praga e Atenas. Inclúe voo e estadía para dúas persoas.

Milleiros de agasallos Travel Club. Poderás gañar dende unha frixideira Moulinex Easy Fry & Grill Dual Inox, valorada en 23.570 puntos, a un robot aspirador Cecotec Conga Animal X, valorado en 20.555 puntos, ou lotes de produtos.

3 Por cada compra superior a 30€ obterás unha participación para xogar e conseguir produtos EROSKI gratis e, automaticamente, asignaráseche unha participación para o gran sorteo de Nadal.

4 O xogo estará dispoñible ata o 3 de xaneiro

Aínda non tes a app?

Descárgaa por primeira vez e leva

* Aplicable aos primeiros 50.000 clientes que descarguen a app e se identifiquen por primeira vez ata o 03/01/2025. O cupón de 10€ aparecerá na app nun prazo máximo de 7 días. Para gozar dos 10 € cómpre activar o vale previamente na app e realizar unha compra mínima de 50€

VIAXE A XAPÓN

MILLEIROS DE PRODUTOS GRATIS

Para que estas festas non falte de nada na mesa

Presenta a túa tarxeta EROSKI club ao pasares por caixa.

Cada semana recibirás un cupón ao pasares por caixa no que poderás gañar milleiros de produtos EROSKI gratis. Se es dixital, o cupón chegarache á app.

Promoción válida ata o 3 de xaneiro do 2025

Elixe o teu agasallo ...e ademais, sorteo! Ata o 31 de decembro

1 Ser de EROSKI club

COMO CONSIGO O AGASALLO?

Velaquí algunhas das 60 marcas que chegan con PREMIO. Só por compralas podes conseguir UN REGALO e participar no SORTEO dunhas vacacións para toda a vida.

Coñece aquelas marcas que participan nesta promoción.

2 Apuntarte á promoción ao pasares por caixa.

3 Alcanzar un gasto de 50 € en máis de 60 marcas.

4 Recibirás un código. Introdúceo en travelclub.es/eroskiregalo/ e elixe o teu agasallo (1)

Por cada 5€ de compra nas marcas, consegues unha participación automática para o SORTEO dunhas VACACIÓNS PARA TODA A VIDA. Se gañas, conseguirás 3,6 millóns de puntos Travel Club para cambiar por viaxes gratis ou polo que queiras do catálogo.

(1) Promoción válida do 01/11/24 ao 31/12/24. Recibirás o código regalo por e-mail, SMS ou ao pasares por caixa antes do 15/01/25. Agasallo a elixir entre mochila, botella termo, calendario, auriculares ou entradas de cinema. Suxeitos a variación de catálogo Máis información en: eroski.es/sorteo-club/

solidariedade

Unidos pola SOLIDARIDADE

En EROSKI sempre pensamos que a solidariedade comeza na casa, e, en momentos como os que se viviron estes días por mor da DANA, esta tórnase no alicerce que terma de todos. Por iso, en EROSKI activamos decontado unha campaña solidaria de emerxencia nas nosas tendas para axudar ás persoas afectadas.

Unha vez máis, en emerxencias coma estas, colaboramos xunto coa Cruz Vermella, coa que traballamos desde hai máis dunha década. Durante este tempo, témolos acompañado noutras situacións de emerxencia tras a erupción do volcán da Palma, o terremoto de Marrocos ou as inundacións en Libia. Tamén, coas vosas doazóns, sacaron adiante proxectos de axuda a vítimas da violencia de xénero, a maiores e menores en situación de vulnerabilidade e forneceron de alimentos e de axuda psicosocial a familias en risco de exclusión, a través do noso Plan Solidario.

As causas deste plan foron elixidas pola votación de socios coma ti, para que as ONG poidan axudar a quen máis o precisa grazas ás doazóns ao pasar por caixa ou na nosa web e á achega que levaremos a cabo. Porque somos empresa, pero tamén somos persoas, familiares de persoas con discapacidades, veciños de maiores que viven sós ou amigos das vítimas da DANA. Co teu apoio

e mais a achega que levaremos a cabo desde EROSKI á campaña de emerxencia pola DANA, Cruz Vermella atenderá aos afectados e brindaralles refuxio, alimentos e apoio psicolóxico na súa recuperación.

Para Alejandro Martínez Berriochoa, director de Saúde, Sustentabilidade e Calidade de EROSKI, esta campaña “permitiunos xuntar os recursos e capacidades da Cruz Vermella coa solidariedade de EROSKI e dos nosos clientes para axudar a quen o precisa. Comprobamos, unha vez máis, como a solidariedade de todos se pon en marcha desde o minuto un para canalizar a axuda”.

L E AO SI

ESPAÑA TEN UNHA TAXA DE POBREZA INFANTIL DO 28%, UNHA DAS MAIORES DA UNIÓN EUROPEA. SE QUERES AXUDAR, DALLE AO SI.
DÁLL

viaxes

Sol, praias de area branca, augas cristalinas, arrecifes de cores, natureza salvaxe e unha rica herdanza cultural e gastronómica. Ese lugar idílico é illa Mauricio, un destino especial se buscas relaxarte nun resort de luxo, aventurarte na natureza salvaxe ou mergullarte na vibrante cultura local. E agora está moito máis preto, con voos directos dende Madrid con World2Fly, e acumulando aforro na túa tarxeta EROSKI club.

MAURICIO DESTINO

TROPICAL NA TÚA LISTA DO 2025

Praias idílicas

Esta illa volcánica está rodeada dunha barreira de arrecifes, que protexe as súas costas e crea tranquilas lagoas de cor turquesa que parecen sacadas dunha postal. Tamén será inesquecible pasear contemplando unha espectacular alborada na praia Belle Mare, practicar deportes acuáticos e gozar dunha vibrante vida nocturna en Flic en Flac, ou percorrer a península de Le Morne Brabant, dominada pola impresionante montaña do mesmo nome e declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco, onde ademais poderás practicar kitesurf e windsurf.

Natureza e aventura

A súa orixe volcánica deixou un legado impresionante, como o Parque Nacional Gorxas do Río Negro, un exuberante bosque tropical; a fervenza de Chamarel, de 100 metros de altura; a famosa Terra das Sete Cores, un escenario único

no mundo; ou o Xardín Botánico de Pamplemousses, con plantas exóticas e endémicas, como os famosos nenúfares xigantes e a árbore de té das Antillas.

Cultura e tradicións

A illa é un crisol de culturas africanas, europeas, indias e chinesas, que deu lugar a unha fusión única de tradicións, idiomas, relixións e gastronomía.

Gastronomía: unha festa de sabores A cociña é coñecida polo seu uso de especias exóticas e frescas. En case todos os menús poderás atopar lagostas, camaróns, luras e unha morea de peixes frescos.

Luxo e hospitalidade

Dende resorts de cinco estrelas ata vilas privadas e spas de clase mundial, a illa converteuse nun destino único para os que buscan o máximo confort e exclusividade.

Reembolso mbolso

%

á túa tarxeta EROSKI club

5% de reembolso á túa tarxeta EROSKI club para reservas realizadas do 1 ao 31 de decembro do 2024, nas viaxes seleccionadas. Aplicable en oficinas físicas.

En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e flexible

FACEMOS EROSKI

Despedimos 2024 recibindo dúas distincións que destacan o noso compromiso coa solidariedade e co apoio ao local, valores que forman parte do noso ADN

PREMIADOS A NIVEL INTERNACIONAL POR COMUNICAR A NOSA RIQUEZA LOCAL

Ser local non só se apoia, vívese”. Estas palabras de Eva Ugarte, directora de Márketing do Grupo EROSKI, salientan un dos alicerces que nos guía decote e que vén de ser recoñecido a nivel mundial con dous premios Gold nos prestixiosos MarCom Awards, nas categorías de Anuncios/Márketing e Comunicacións Estratéxicas. Organizado pola Association of Marketing and Communication Professionals (AMCP), este galardón pon en valor o noso Plan de Comunicación Local, unha estratexia que non só informa, senón que fortalece os vínculos co noso contorno, apoiando os produtores locais e amosando o agarimo que poñen no que elaboran. O Plan Local é moito máis ca unha estratexia de comunicación.

Segundo Eva Ugarte, “é o noso xeito de fortalecer

os vínculos co territorio, apoiando os produtores locais e fomentando unha cultura de proximidade e sustentabilidade”, que EROSKI promove dende os seus inicios. Ano tras ano, impulsamos iniciativas que buscan non só comercializar produtos, senón avalar as familias produtoras, axudándoas nos trámites administrativos e ofrecéndolles as nosas tendas para a venda. O noso labor comunicativo vai máis alá e hai un ano puxemos en marcha a campaña Alimenta o que pensas, que anima as familias a valorar o consumo de produtos locais e que lles dá visibilidade ás historias que hai detrás. Tamén levamos a cabo accións de comunicación en tenda e colaboramos co Basque Culinary Center para organizarmos eventos e obradoiros que conectan os clientes coa gastronomía local.

En EROSKI, apoiamos a produción local para protexer os produtos da nosa terra e coidar da nosa xente e do noso contorno.

Galardoados polo noso compromiso social en Navarra

José Antonio Yela (esq.), responsable de Relacións Institucionais de EROSKI, e Ana Isabel Zariquiegui (dta.), responsable rexional Vendas Hipermercados, na entrega de premios.

Adécima edición dos Premios Solidarios Onda Cero Navarra galardoou a EROSKI co Premio á Empresa e Responsabilidade Corporativa, un recoñecemento ao noso labor no ámbito social, ao compromiso coa solidariedade e ao desenvolvemento sostible. Este recoñecemento pon en valor o noso esforzo constante para transformar a sociedade a través de catro piares: solidariedade, medio natural, educación en consumo responsable e promoción de hábitos saudables na poboación. Entre as iniciativas valoradas, cómpre salientar a loita contra o desperdicio alimentario e as campañas de recollida de alimentos e colaboracións con ONG do noso Plan Solidario.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.