neste número
Namórate do aforro
Itxaso Cuesta
Responsable de EROSKI club
En momentos coma o actual, o compromiso social das empresas é máis necesario ca nunca. En EROSKI forma parte do noso ADN e, por iso, somos a primeira cadea de distribución en poñer en marcha unha cesta para facilitar o aforro das familias.
Esta cesta ten todo o necesario para unha alimentación completa e equilibrada. Poderás elixir entre máis de 1.000 produtos para encher a túa despensa e a túa neveira. Atoparás ao mellor prezo o arroz, o polo, os plátanos de Canarias, o café, os
iogures e ata o papel hixiénico. Para que sexa sinxelo atopalos, están sinalizados cun corazón e a un prezo que che permitirá aforrar tanto que acabarás namorado.
Tamén temos prezos que namoran na froita raíña da primavera, o amorodo, para que a goces no seu mellor momento e ao mellor prezo. Se prefi res salgado, amosámosche a nosa rica gama de conservas en vinagre e olivas e todo o que tes que saber para mercar produtos ibéricos. Atoparalos ata o 13 de abril ao 25% no mostrador das nosas carnicerías e envasados en tenda.
Porque todo suma e querémoscho poñer doado, neste número tamén che amosamos como coidares o teu cabelo coa nosa gama de xampús belle, de calidade garantida ao mellor prezo.
Ademais, dámosche as grazas. Xuntos doamos máis de 300.000 € en tan só 15 días para axudar nos terremotos de Turquía e Siria. Este mes, tamén podes seguir a colaborar co noso programa Céntimos Solidarios, no que axudaremos ás persoas con minusvalidez.
EDITOR
EROSKI S. COOP.
Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211
REALIZACIÓN EDICIÓN
Valentín Beato, 44. 28037 Madrid
Tel. +34 915 386 104
Difusión: Controlada por OJD
Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913
antoniogarcia@publimagazine.com
Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 16 - 1ª planta. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38
Depósito Legal: BI-222-2015
Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.
Dende o comezo, en EROSKI cremos que a tenda é o lugar dende onde podemos impulsar unha boa alimentación e un consumo máis responsable.
Hoxe, esta convicción recóllese en 10 compromisos pola saúde e a sustentabilidade que nos marcan o camiño a seguir. Dende sempre e para sempre, avanzamos no que de verdade che importa.
2 5 4
Implicarnos coa seguridade alimentaria
Neste número
Promover unha alimentación equilibrada
Previr a obesidade infantil
Atender as necesidades nutricionais específicas dos clientes
Favorecer o consumo responsable
Ofrecer máis produtos locais
Neste número Neste número
Facilitar comer ben a bo prezo
7 10
Actuar con claridade e transparencia
1 3 6 8 9
Coidarnos como traballadores
Impulsar un estilo de vida máis saudable
este mes
A cesta que namora está xa en EROSKI
Queremos gañar o teu amor. Enchemos unha cesta con máis de 1.000 produtos top do mercado, cos que poderás levar unha alimentación completa, variada e sostible para o teu benestar e o da túa xente. Para que aforres tanto que acabes namorado.
Este ano acabarás perdidamente namorado de EROSKI. Porque ao aforrares, o teu corazón latexa con máis forza, sénteste ledo e fas felices a todos os que che arrodean.
Nas nosas tendas sentirás esas cóxegas de novo. En cada un dos nosos corredores, das nosas seccións e baldas, na zona de conxelados ou na froitería, entre os embutidos e os produtos de limpeza atoparás o amor en forma de corazón que latexa polo seu bo prezo.
Ofrecémosche máis de 1.000 produtos cos que encher unha cesta que conteña todo o que cómpre para unha alimentación completa variada e sostible e mais os produtos de referencia para manteres limpo o teu fogar e o teu corpo ou coidares do teu bebé ou da túa mascota sen renunciar ao aforro.
A grellada, mellor para dous
UNHA COMPRA COMPLETA
Esta cesta que namora é o froito do noso empeño por che axudar a aforrar. É un paso máis da cesta que elaboramos para ti o pasado ano con 800 produtos ao mellor prezo ou dos 40 produtos do Nadal con prezos do 2021 dos que gozaches o ano pasado, entre os que se incluían o peixe sapo, os lagostinos, o año, os turróns ou as uvas.
Agora, a cesta compóñena máis de 1.000 produtos, dos cales máis da metade forman parte da túa compra cotiá ou semanal. Falamos de lácteos, verduras, froitas, aceite, arroz, pasta, legumes, froitos secos ou peixe. A estes súmanse produtos de limpeza e de hixiene persoal, cueiros e alimentos para o teu bebé ou para as túas mascotas. Co mellor das nosas marcas propias e con produtos líderes do mercado.
Tesme o corazón fritido
SUMAMOS AFORRO CONTIGO
Sabemos o importante que é aforrar. E con esta cesta e as vantaxes que che ofrecemos valo dar feito. Porque en EROSKI todo suma.
A vida é mellor contigo ao meu carón
BUSCA O CORAZÓN
a fé m o í do n a t u ra
Café moído natural EROSKI basic, 250 g
Ao teu lado, todo claro
Aos máis de 1.000 produtos que namoran da nosa cesta, súmalles as máis de 50.000 promocións e ofertas anuais, as máis de 5.700 ofertas en produtos locais, as vantaxes por seres socio, por pagares coa nosa tarxeta EROSKI ou por te adherires ao plan para familias con fillos menores de 12 anos. É máis, o aforro achegámoscho ata o prato cunha recompilación de receitas saudables por 1€.
Promesas de amor, sélanse con arroz
Poñémoscho fácil para que non se che escape ningún produto. Abonda con buscar un corazón vermello xunto aos prezos. Esa é a chamada para identifi cares dunha ollada os produtos desta cesta que namora.
POR 1 E 2 €!
Máis da metade dos produtos da nosa cesta non superan os 2 €. A estes súmanse outros 200 alimentos e artigos por menos de 1 €.
Máis de 1.000 PRODUTOS T P para todos
Acesta que namora contén produtos baseados nos tres grandes piares da túa compra habitual: alimentación, hixiene persoal e limpeza do fogar.
Na túa neveira
ELIXE OS TEUS FAVORITOS +140
FROITAS E VERDURAS
Atoparás o corazón do aforro nos plátanos de Canarias, nas laranxas, nas mazás, nos kiwis ou no melón e en verduras como o brócoli, a cabaciña, as acelgas, as cenorias ou as patacas. Porque sabemos que che encantan e son bos para ti.
Poderás encher a túa neveira con frescos e conxelados, almacenar na despensa conservas e produtos de limpeza do fogar, sumar aforro ao mercares artigos da túa hixiene
persoal e da do teu bebé e alimentar e coidar a bo prezo as túas mascotas. Ofrecémosche máis de 1.000 produtos top do mercado a prezos irresistibles. Toma nota, a lista é longa!
+50 LÁCTEOS +80
Poderás aforrar na compra de leite e de bebidas de soia, de avea, de arroz ou de améndoas e na de iogures e sobremesas lácteas. Atoparás etiquetas co corazón no leite enteiro ou sen lactosa, no kéfi r, nos iogures gregos, etc.
+30
CONXELADOS
Ofrecémosche máis dunha trintena de produtos conxelados con aforro, como as espinacas, as luras, os lagostinos, as pizzas ou as croquetas. Para que non se derreta o noso amor.
PEIXES E CARNES
Desde mexillóns ou peixes, como douradas e pescadas, ata chourizo de Pamplona, peituga de polo, entrecosto ou lombo adubado. Na túa cesta non faltarán os frescos máis desexados.
Na túa despensa
TIPOS DE PASTA
Ofrecémosche máis de 50 variedades de pasta para cociñares as túas receitas con aforro e tamén salsas.
E ademais...
Queixos. Máis de 30 variedades e formatos con aforro.
Almorzos. Avea, cereais, salvado, tortiñas... Preto de 40 produtos para comezares a mañá.
Pans. Ofrecémosche prezos que namoran no pan tradicional, de molde, picatostes, pans de hamburguesas e de hot dog.
Bebidas. Máis dun cento de refrescos, batidos, zumes e auga.
Aperitivos saudables. Máis dunha trintena de froitos secos, olivas e conservas en vinagre con corazón.
Purés, caldos e cremas. Temos todo tipo de produtos con aforro para unha cea rápida.
Outros: Tamén aforrarás en manteigas, natas, azucre ou sal.
ACEITES E VINAGRES
Na nosa cesta que namora incluímos máis dunha vintena de aceites de diferentes marcas e intensidade e mais tamén distintos tipos de vinagres.
LEGUMES +60
CONSERVAS
Imprescindibles como o tomate, o atún, as sardiñas, os pementos ou o paté, agora con máis aforro.
Para a túa mascota
Sabemos que non podes vivir sen elas e ofrecémosche ao mellor prezo unha vintena de produtos alimentarios para coidares a túa mascota.
Arroz, garavanzos, fabas ou lentellas con aforro. Inclúeos na túa cesta, porque son saudables e sabemos que che gustan.
Hixiene
PRODUTOS PARA TI, PARA O TEU BEBÉ E PARA A TÚA CASA
Busca o corazón nos xampús, desodorizantes, xeles, hixiene íntima e bucal. Ademais, na cesta que namora atoparás toalliñas, cueiros e bolsas de froitas para os máis cativos. Aos máis de 130 produtos para ti e para o teu bebé, súmase outro cento de artigos para manteres limpo o teu fogar.
O TEU AFORRO
En EROSKI todo suma para garantir que aforres todos os días na túa compra. Prezos, descontos, consellos e vantaxes por seres socio. Contámoscho para que non se che escape nada.
Máis de 1.000 produtos do mercado
AFORRA CON PRODUTOS DA TÚA CONTORNA
T P
PREZOS QUE NAMORAN
Os máis de 1.000 produtos cos que aforrarás tanto que acabarás namorado que agora che ofrecemos irán en aumento ao longo do ano. Con eles poderás encher a túa neveira e despensa a prezos irresistibles. Atoparalos sinalizados cun corazón nas etiquetas.
En EROSKI queremos que sumes aforro cunha cesta sostible. Convencidos de que consumir produto de preto é mellor para todos, este ano contarás con máis de 5.700 ofertas en produtos locais. É bo que sexa de aquí!
é a nosa prioridade 1 2
3
Ofertas
DESCONTOS E OFERTAS
Cada quincena contarás con novas ofertas e descontos nas nosas tendas: produtos sinalizados con 3×2, segunda unidade ao 70%, días sen IVE, etc. Promocións que irán cambiando para que sempre enchas a túa cesta aforrando.
VANTAXES POR SERES SOCIO
Goza de máis aforro coas vantaxes que che ofrece ser socio de EROSKI club, grazas ás ofertas, descontos e promocións que poñemos ao teu alcance todos os meses. A través da nosa app poderás acceder aos teus vales aforro, activalos para trocalos automaticamente ao mercares coa túa tarxeta EROSKI club ou gozar de ofertas personalizadas nos teus produtos favoritos. Ademais, poderás participar en sorteos, consultar os nosos folletos, crear as túas listas da compra, etc.
RECEITAS POR 1€
Unha alimentación equilibrada sen renunciares ao aforro é posible. Ofrecémosche un receitario con pratos por menos de 1 € a ración e con Nutri-Score
A e B para poderes elixir opcións saudables e deliciosas, gozar na cociña e tamén aforrar.
PLAN FAMILIAS 0·12
4% de aforro garantid
Se tes fillos pequenos e pertences ao Plan Familias 0·12 devolvémosche o 2% de todo o que merques. Nunha estimación de gasto de 450 euros mensuais, unha familia pode aforrar ata uns 110 euros ao ano. Anímate, é gratis!
TARXETA OURO
Coa tarxeta Ouro EROSKI club aforras o 4% das túas compras en alimentación, electrodomésticos, óptica, gasolina, viaxes, etc. Compénsache con só gastares 30 € á semana.
TARXETA DE PAGAMENTO
A nosa tarxeta de pagamento é gratis para sempre. Non ten cota de emisión nin de mantemento e devólveche o 1% das túas compras fóra de EROSKI. Ademais, tes a opción de dispoñer de cartos en efectivo nas caixas dos nosos hipermercados e supermercados, e podes solicitar ata 300€ diarios contra o teu límite dispoñible, sen comisión e na túa modalidade de pagamento habitual.
Taco de corvina adubada
• 8 tortillas de trigo
• 500 g de corvina
• 25 g de pan relado crocante
• ½ culleradiña de comiño
• ¼ de culleradiña de caiena moída
• ½ culleradiña de allo en po
• ½ culleradiña de pementa negra moída
• Sal
• 1 culleradiña de aceite de oliva virxe extra (AOVE)
Para o acompañamento
• ½ lombarda
• 1 cebola vermella e 1 aguacate
• Zume de 1 lima
• 1 cullerada de vinagre de sidra
• ½ culleradiña de mel
• ½ cullerada de AOVE
• ½ feixe de coandro fresco
• Sal e pementa
Para a salsa tzatziki
• 125 ml de iogur
• ½ cogombro
• Zume de medio limón
• Sal
• Aneto ou menta
ELABORACIÓN. Cortar o lombo da corvina en tiras dun dedo de grosor.
Facer o adobo do peixe mesturando o comiño, a caiena, o allo, a pementa, un chisco de sal e o AOVE. Espallar sobre as tiras de corvina e deixalas repousar na neveira cun filme por riba durante unha hora.
Pelar o cogombro, retirar as sementes e relalo. Poñer un chisco de sal e deixar repousar nun coador para que solte a auga durante 15 minutos. Escorrer e mesturar co iogur, o zume de limón, o sal e mais a menta picada fina. Levar á neveira.
Preparar a vinagreta emulsionando ben o AOVE, o zume de media lima, o vinagre, o mel, o sal e a pementa. Cortar en tiras a lombarda e a cebola vermella. Mesturar coa vinagreta. Reservar.
Pelar o aguacate e cortalo en tiras. Bañar lixeiramente cun zume de media lima. Reservar.
Cubrir as tiras de corvina con pan relado e cociñar nunha tixola uns dous minutos cun fío de aceite ata que o pan estea dourado por todos os seus lados.
Torrar as tortillas e montar o taco cunha base de ensalada crocante, unhas tiras de corvina, unha lámina de aguacate e unha cullerada de salsa de iogur con coandro picado por riba.
Racións: 4
DificultadeElaboración
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
COMENTARIO DIETÉTICO
Os tacos son unha preparación que dá moito xogo variando os recheos. Son doados de preparar e poden ser moi saudables, coma neste caso. Propiedades nutricionais. A corvina é un peixe branco semigraxo, alto en ácidos graxos omega 3, fósforo, selenio e vitaminas B3, B6, B12 e D. A ensalada é orixinal en sabor, textura e cor por mor da lombarda e da cebola vermella, que achegan unha boa cantidade de antocianinas, pigmentos con acción antioxidante, que son responsables da súa cor morada.
Receitas que nunca fallanKCAL SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA
O aperitivo estrela ESTÁ NA NOSA CESTA
Olivas e conservas en vinagre están entre os aperitivos con máis tradición da nosa gastronomía. Agora, gózaos en EROSKI ao mellor prezo.
Elixidos porque son a combinación perfecta entre o apetecible e o saudable, as olivas e conservas en vinagre teñen ademais un alto contido en antioxidantes, vitamina E e C, calcio e fibra e non achegan graxas saturadas nin azucres. Sabías que unha manchea de cogombriños a penas alcanza as 80 calorías? Búscaos nas nosas tendas, porque incluímolos dentro da nosa cesta que namora para que aforres ao levárelos para a casa.
CHÍCHAROS DE RAPOSO Alimento con alto valor proteico e gran aliado para o corazón. EL FARO
OLIVAS RECHEAS DE ANCHOA 90 anos producindo a mellor oliva rechea do mundo.
RECETA DEL CORTIJO
HECHIZOS DEL SUR
Oliva verdial aderezada con receita tradicional a base de especias aromáticas. Para acadar o máximo sabor, envásanse durante a súa recolección.
Oliva verdial aderezada con receita tradicional andaluza de sabor intenso.
CÓCTEL
ORIXINAL
Mix de olivas negras e verdes, ceboliña e cogombriño. Ideal para compartir en petiscos e aperitivos.
FRAGATA
OLIVAS RECHEAS DE ANCHOA
Oliva manzanilla verde con saboroso recheo de anchoa.
LA ESPAÑOLA
RECHEAS DE ANCHOA
A mellor oliva, saudable, natural e parte importante da dieta mediterránea.
OLIVAS RECHEAS DE ANCHOA CLÁSICAS
As olivas de sempre. As mellores recheas de anchoa.
OLIVAS RECHEAS DE JALAPEÑO PÍCARAS
Se buscas algo diferente, proba estas olivas recheas de anaquiños de jalapeño.
ANCHOA SUAVES
Unha opción de olivas recheas cun 30% menos de sal para os que buscan coidarse.
EROSKI
Busca o corazón nas etiquetas calidade en oliva negra
OLIVA GORDAL CON COGOMBRIÑO, GASPACHA, SABOR ANCHOA E BANDERILLAS PICANTES
A ampla variedade de olivas e conservas en vinagre EROSKI, con receitas tradicionais e sabores auténticos de calidade ao mellor prezo, permitirache variar os teus refrixerios e darlles un toque especial ás túas ensaladas e receitas.
LETS GO! PAPRIKA
Un sabor diferente, unha forma diferente, unha oliva diferente.
SERPIS
LETS GO! MIX
A combinación perfecta entre olivas verdes e negras kalamata cun toque de especias e tomate seco.
MAESTROS ACEITUNEROS
LA RECETA DE LOS EMBRUJOS
Oliva natural macerada na recolección cun toque de aceite. De sabor e textura inigualable.
EROSKI
OLIVAS BIO
LET’S GO! MAZÁ, LIMÓN E ALBÁFEGA
Unha nova maneira de comer olivas, SerpisLetsGo, en calquera momento, en calquera lugar.
RECETA DEL MAESTRO ANDALUZ
Receita das mellores olivas aderezadas con mestría nun aderezo tradicional andaluz.
LA RECETA DE LOS EMBRUJOS
En tarro de cristal e especialmente seleccionada para gozar aínda máis deste manxar.
e che utu uturo do
Sabemos que che preocupa o futuro do noso planeta. O selo de agricultura ecolóxica da Unión Europea garante que as olivas EROSKI BIO aprobaron estritos controis que certifican que o seu cultivo e elaboración respectou o medio natural.
Sabías que as olivas pertencen ao mesmo grupo de alimentos ca os aguacates?
As olivas forman parte do grupo das froitas oleaxinosas, no que tamén está o aguacate. As olivas verdes conteñen un 12% de graxa, mentres que as negras teñen un 30%.
As máis destas graxas son insaturadas. As conservas en vinagre vexetais, pola súa banda, son baixas en graxa. Pero ollo co sal! Recoméndase moderar o seu consumo.
Da horta AO PRATO
Cando mercas un bote de piparras IBARLUR levas para a casa unha porción de tradición. Estas conservas están elaboradas con materias primas de máxima calidade producidas por labregos locais, o que fai que estean amparadas polo selo Eusko Label. IBARLUR ofréceche piparras seleccionadas unha a unha cun sabor suave, carne tenra e fi na pel. Pódelas gozar nas tradicionais xildas -nas súas distintas variantes-, cun bo aperitivo, en ensaladas, acompañando un prato de legumes ou en receitas máis elaboradas.
Cogombros
novos que marcan a diferenza
Kühne é a marca de cogombros novos número 1 en Alemaña*. Conteñen unha base de vinagre, herbas aromáticas e un
toque doce. Isto, unido a unha textura fi rme e crocante, confírelles o seu característico sabor.
Colléitanse á man e envásanse frescos e, antes de chegaren á mesa, teñen que superar un esixente control de calidade.
Sen conservantes e sen potenciador do sabor, son o acompañamento e o snack perfecto para calquera ocasión.
* Fonte IRI, setembro do 2022O corazón máis doce DA PRIMAVERA
Na nosa cesta que namora non podían faltar os amorodos. Están entre as froitas máis desexadas da primavera e non terás que renunciar a elas grazas ao seu bo prezo.
Sabías que existen máis de mil variedades de amorodos?
Aínda que apenas se comercializan unha vintena, o seu específico calendario de maduración permítenos gozar durante máis tempo desta delicia.
Nas tendas EROSKI atoparalas no seu punto óptimo de maduración, ao mellor prezo e en numerosos formatos. Listas para o seu consumo en terrina refrixeradas, conxeladas ou frescas e en caixas de quilo ou medio quilo.
Proba a incluílas en deliciosas receitas ou gózaas como sobremesa en familia. Só tes que metelas na túa cesta da compra!
Ricas en antioxidantes
Amais de amorodos, en EROSKI atoparás unha gran variedade de froitos do bosque frescos e conxelados, como arandos e framboesas. Estas últimas conteñen un alto índice de ácido fólico. Tomade nota, futuras mamás!
Como elixir unha boa peza
Fíxate no seu aroma: cando están no seu punto óptimo os amorodos desprenden un perfume inconfundible. Ten en conta tamén que as pezas sexan grosas, brillantes e de aparencia fresca.
68 froitas con corazón agardan por ti
O rei vermello é EROSKI Natur
Os amorodos EROSKI Natur son un produto prémium que garante a orixe e o sabor. Poderalos atopar nas nosas tendas só cando están no seu mellor momento, normalmente entre marzo e abril. Son moi apreciados pola súa cor brillante, o seu bo sabor, a súa fi rmeza e a súa uniformidade de tamaño e forma. Ademais, son moi resistentes, polo que precisan poucos tratamentos durante o seu cultivo, o que os torna tamén máis sostibles. Fragrantes e moi substanciosos, teñen a súa orixe en Huelva, o referente mundial no que a este cultivo se refi re.
Abrir e listo para o tomares
Unha diferenza de tamaño
En EROSKI atoparás unha variada selección de terrinas con amorodos e froitas do bosque, combinados con piña, kiwi ou melón para gozares dunha alimentación saudable de maneira sinxela e cómoda. Non requiren de manipulación ningunha e están á temperatura idónea para consumir. Non tes escusas!
p arás unha variad a id
Distinguir amorodos grandes e amorodos é ben sinxelo. Os primeiros son grandes, vermellos por dentro e por fóra e moi doces cando están no seu punto óptimo de maduración. Pola contra, os amorodos son pequenos, como unha moeda de 2 euros, por dentro teñen un ton esbrancuxado e o seu sabor é máis aromático e fragrante.
este mes
Lavar e secar os amorodos, retirándolles o rabiño. Picar e poñer a macerar xunto coa vinagreta.
Extraer a carne do aguacate e cortala en láminas.
• 12 amorodos
• 8 queixos mozzarella mini
• 1 aguacate
• 3 mancheas de espinacas
• 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra (AOVE)
• 1 cullerada de vinagre de Módena
• Sal e pementa fresca
• Sésamo torrado
• Alfábega
ELABORACIÓN. Nunha cunca, mesturar o vinagre de Módena co aceite de oliva virxe extra, o sal, a pementa acabada de moer, un par de follas de alfábega e emulsionar ata que se integre todo. Reservar a mestura.
Na fonte de servir, colocar unha cama de espinacas, poñer no centro os amorodos macerados e escorridos, as láminas de aguacate arredor, repartir bóliñas de mozzarella, cubrir coa vinagreta e esparexer por riba o sésamo torrado.
COMENTARIO DIETÉTICO
É importante incluír decote ensaladas na nosa dieta e que sexan variadas, polo que esta pode ser unha opción diferente. Ademais, pode servir de gornición ou de primeiro prato, pero tamén de base para acadar un prato completo. Para iso, só cumprirá engadir un cereal integral, pataca ou legume.
Difi
cultadeElaboración
KCAL SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA
Receitas que nunca fallan
1,09 € POR RACIÓN
Ensalada de amorodos, aguacate e mozzarella con sésamo e alfábega
NOVA IMAXE
Máis ‘premium’, máis ‘gourmet’
Ensalandia presenta a súa nova imaxe de marca, que supón non soamente un salto cualitativo cara a unha liña de produto máis premium e máis gourmet, senón que tamén pon en valor os produtos de alta calidade da marca. Elabóranse con ingredientes 100% naturais procedentes da horta de Navarra e contan con exquisitas receitas para que os consumidores teñan unha gran variedade de produtos que che están ben bos!
Ademais, son produtos frescos e naturais. Porque o mestre gastronómico de Ensalandia elaborounos tendo en mente un único obxectivo: que os clientes os degusten no seu día a día na casa coma se llelos servisen
nun restaurante. Así de sinxelo, o mellor bo facer e os mellores ingredientes e receitas para que todos gocen de xantares e ceas boísimas con produtos que saben a gloria, e todo iso de xeito rápido, simple e cómodo!
A nova imaxe tamén lle traslada ao consumidor o compromiso da marca coa sustentabilidade e o medio ambiente, xa que os envases son 100% sostibles e reciclables.
Goza das exquisitas Ensaladas rusas, da Ensalada rusa de caranguexo e do Pincho del Norte. Están todas boísimas!
COMENTARIO DIETÉTICO
As empanadillas admiten moitas preparacións, case tantas como a imaxinación dos pequenos. Deixa que elixan o recheo e que participen na elaboración.
Empanadillas ao forno
DE PEIXE E VERDURAS
4 PORCIÓNS (12 unidades) / DIFICULTADE 1 / 35 MIN.
400 g de peixe sen pel
1 cebola
1 cabaciña
200 g de tomate triturado
2 culleradas de aceite de oliva
Sal Pementa
12 obleas
1 ovo para pincelar
Prequentar o forno a 180 ºC. Cortar a cabaciña en dados. Reservar. Pelar e cortar a cebola en dados. Reservar. Botar nunha tixola o aceite de oliva e refogar a cebola ata que estea translúcida.
Incorporar a cabaciña e cociñar ata que comece a tomar cor.
Engadir o tomate triturado e cociñar durante 10 minutos. Esmiuzar o peixe e botalo na tixola. Cociñar durante 5 minutos.
Estender a masa das obleas e engadir unha cullerada de recheo no centro. Pincelar o bordo co ovo batido e pechar os dous extremos da masa. Pincelar todas as empanadillas e enfornar durante 12 minutos ou ata que estean douradas.
1,13 €
POR RACIÓN
Receitas que nunca fallan
Berenxenas á grella con salsa tahini
• 2 berenxenas
• 1 cebola
• 30 ml de aceite de oliva virxe extra
• Menta e perexil frescos
• 20 g de piñóns torrados
• Sal e pementa
Para a salsa:
• 80 g de tahini
• 1 cullerada de xarope de agave
• 1 cullerada de salsa de soia
Preparar a salsa mesturando o tahini co xarope de agave e a salsa de soia.
Servir a berenxena nun prato chairo e colocar por riba o rustrido de cebola, a salsa e mais os piñóns. Acabar coas herbas frescas.
COMENTARIO DIETÉTICO
Racións: 4
DificultadeElaboración
UNHA RACIÓN CONTÉN:
ELABORACIÓN.
Cortar a cebola á xuliana e rustrir cun chorriño de aceite e sal nunha tixola a lume lento ata que estea totalmente dourada.
Cortar a berenxena coa mandolina en láminas finas. Salpementar e cociñar á grella cun chorriño de aceite de oliva.
Esta preparación podería ser un primeiro prato ou unha gornición para peixes, carnes ou ovos. Ademais, é adecuada para incluíla nun menú á grella. Propiedades nutricionais. A berenxena contén arredor dun 92% de auga e o resto son sobre todo hidratos de carbono e fibra. Case a metade das calorías da receita achégaas a pasta de sésamo en tan só 20 gramos por porción, pero isto non é malo, senón que, pola contra, o seu contido nutricional é moi interesante: proteínas, graxas boas, fibra, vitamina E, ácido fólico, calcio, ferro, magnesio, fósforo ou cinc.
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
Sabías que...? Os pigmentos responsables da cor de froitas e verduras son ademais substancias con acción antioxidante. Neste caso, os pigmentos responsables da cor morada da berenxena atópanse na pel, así que é recomendable non a eliminar ou deixar unha parte. Receita apta para dietas veganas.
Meiga con verduras e salsa de chícharos
• 650 g de meiga en filetes
• 200 g de espárragos verdes
• 200 g de cabaciña
• 200 g de cenoria
• 200 g de pemento vermello
• 200 g de pemento verde
• 15 ml de aceite de oliva virxe extra, AOVE
• Sal e pementa
Puré de chícharos
• 200 g de chícharos
• 150 g de cebola
• 150 g de allo porro
• 15 ml de AOVE
• Sal e pementa
• 250 ml de auga
ELABORACIÓN. Limpar e cortar as verduras en bastóns.
Saltear as verduras durante 5-10 minutos a lume medio cun chisco de sal e pementa ata que comecen a amolecer. Retirar e reservar nun prato.
Salpementar os lombos de meiga, colocar as verduras e enrolar. Atar cunha corda ou suxeitar cun escarvadentes.
Colocar nunha bandexa de forno e enfornar a 180 ºC durante 5 minutos.
Para a salsa de chícharos, cortar a cebola e o allo porro en brunoise. Nun cazo cun pouco de aceite sofritir a cebola e o allo porro ata que se comecen a dourar. Engadir os chícharos e a auga e deixar cocendo durante 5 minutos. Triturar e sazonar. Reservar nunha cunca.
2,28 € POR RACIÓN
COMENTARIO DIETÉTICO
Propiedades nutricionais. É un prato moi completo e lixeiro. O rapante é un peixe branco, contén proteínas de alta calidade e moi pouca graxa. Os chícharos son legumes e achegan máis proteínas, hidratos de carbono, fibra, e tamén pouca graxa. A receita contén unha boa cantidade de verduras que engaden fibra, vitaminas e minerais. A maioría das graxas achégaas o aceite de oliva e son de moi boa calidade.
Racións: 4
DificultadeElaboración
NUTRI-SCORE A
1h B D E C
KCAL SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
25
IBÉRICOS O mellor sabor do mundo
Son parte do noso patrimonio gastronómico. Os ibéricos son un petisco sobresaínte pola súa calidade e sabor, e agora tamén polo prezo. Ata o 13 de abril poderás atopar todos os ibéricos cun 25% de desconto no mostrador das nosas chacinerías. Valo perder?
Falar de ibéricos é facelo de tradición, patrimonio gastronómico e sustentabilidade. A finura do seu sabor, a súa textura e a chea de matices da súa carne son o seu sinal de identidade. Tras esta exquisitez descansan séculos de tradición na crianza e método de curación. Os ibéricos son un deleite para o padal, que ademais achegan un saudable contido de proteínas e ácidos graxos monosaturados, ácido oleico, vitaminas e minerais. Son a mellor opción para gozar en calquera momento, por mor das súas calidades cardiosaudables e da súa tenrura, aroma e sabor intenso.
Nas nosas tendas contamos cunha ampla selección de ibéricos de calidade extra, elaborados seguindo as técnicas tradicionais de curación.
Tes a opción de mercar xamón, pa, lombo, chourizo, salchichón e morcón, cortados en mostrador polos nosos chacineiros especializados e nalgunhas tendas poderás solicitar o corte tradicional a coitelo dos xamóns.
A súa calidade permitirache conquistar aos que máis queres e o seu prezo namorarate, porque ata o 13 de abril ofrecémosche un desconto do 25% na compra de Ibéricos no mostrador de chacinería, incluíndo os embutidos cortados a coitelo e nos envasados ao baleiro polos nosos profesionais.
SALCHICHÓN
A carne magra condiméntase con distintas especias.
CHOURIZO
A carne magra engádeselle sal, allo, especias e pemento natural.
LOMBO
É unha peza de carne embuchada, é dicir, cúrase sen ser picada antes.
PA
Ten un sabor máis intenso ca o xamón por mor da proximidade ao óso da carne.
Temperatura
Os ibéricos débense consumir a uns 22 graos. Se están por baixo, proba a quentar o prato antes de colocar as lascas. Lembra que se os mercas envasados cómpre sacalos da neveira 20 minutos antes e abrir o envase para que amorne.
CLASIFICACIÓN POR ALIMENTACIÓN
LANDRA
Criado en liberdade, nos seus últimos meses de engorde foi alimentado de pastos naturais e landras. Gozou como mínimo de 60 días na devesa.
LANDRA Criado en liberdade, nos seus últimos meses de engorde foi alimentado de pastos naturais e landras. Gozou como mínimo de 60 días na devesa.
CEBA DE CAMPO
Alimentado a base de pastos naturais e pensos. Criado ceibo. Gozou como mínimo 60 días no campo.
CEA Porcos alimentados a base de pensos naturais en granxas.
MORCÓN
A súa elaboración é similar á do chourizo. Non obstante, embútese no intestino groso do porco, no canto de no delgado; de aí as súas dimensións.
XAMÓN
É rico en vitaminas (B1, B2 e B12) e minerais como ferro, cinc, calcio, magnesio, selenio e fósforo. E, ademais, contén un 50% máis de proteínas ca as carnes frescas. Catro lascas de xamón ibérico achéganche unhas 150 calorías.
Claves para elixir ben
Fíxate na súa etiquetaxe. Será negra, vermella, verde ou branca en función da pureza da raza e do tipo de crianza ou alimentación que tivera o animal.
este mes
Arroz ao forno con ovo
• 240 g de arroz
• 1 dente de allo
• 150 g de tomate triturado
• 500 ml de caldo de verduras ou de polo
• 4 ovos
• 4 lascas de xamón curado
• 20 ml de aceite de oliva
ELABORACIÓN. Sofritir o dente de allo cun chorriño de aceite de oliva nun recipiente apto para o forno, engadir o tomate e cociñar un bo cacho ata que se reduza á metade.
Engadir o arroz e refogar. Engadir o caldo e cociñar dez minutos.
Facer buratos por riba do arroz cunha culler e colocar nese oco cadanseu ovo.
Enfornar cinco minutos a 190 ºC.
Cortar as lascas de xamón en 3-4 anacos e colocalas por riba do arroz que se acaba de sacar do forno.
COMENTARIO DIETÉTICO
Unha versión diferente do típico arroz con tomate e ovo frito, enfornando o ovo á parte. Acompañado dun prato de verduras e de froita de sobremesa conseguimos un menú completo.
Propiedades nutricionais. O arroz branco achega hidratos de carbono e co ovo e mais o xamón engadimos proteínas de boa calidade e graxas. Sumando verduras completamos con fibra e outras substancias beneficiosas (vitaminas, minerais, fitoquímicos…).
1,29 €
POR RACIÓN
Sabías que…? O arroz integral achega máis do dobre de proteínas, graxas saudables e dalgunhas vitaminas e minerais ca o branco. A isto engade a fibra e os seus beneficios, e ademais resulta máis farturento.
Truco. Os caldos adoitan conter bastante sal; proba con opcións baixas ou reducidas en sal.
Receitas que nunca fallan
Racións: 4
DificultadeElaboración
A B D E C
NUTRI-SCORE B
UNHA RACIÓN CONTÉN:
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
1,92 € POR RACIÓN
Tosta de xamón, espárragos e ovo
• 8 rebandas grandes de pan
• 8 lascas de xamón
• 8 ovos
• 24 espárragos verdes
• 40 g de queixo parmesano
• Brotes de leituga
• Aceite de oliva
• Sal e pementa
ELABORACIÓN. Tostar unhas rebandas de pan e reservar.
Engadir aceite a unha tixola e saltear os espárragos un par de minutos. Engadir auga a un cazo e, así que ferva, introducir oito ovos e cocelos durante seis minutos.
Colocar cada torrada no prato, dispoñer por riba os espárragos, o xamón e o ovo e cubrir con queixo relado. Salpementar e servir acompañada con brotes de leituga.
COMENTARIO DIETÉTICO
Unha tosta ben completa que podemos gozar nunha comida de petisqueo, no almorzo ou como parte dunha cea.
Propiedades nutricionais. Contén cereal, proteínas e verdura. A maior parte das graxas achéganas o ovo e mais o aceite de oliva, así que non teñen efecto prexudicial, e as do xamón son moi poucas, pois tan só se toma unha rebanda por porción.
Truco: Escollendo un xamón e un pan reducidos en sal e pasando polo chorro de auga os espárragos, a cantidade de sal redúcese notablemente.
Receitas que nunca fallan
Racións: 8
Difi cultadeElaboración
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
2,77 €
RACIÓN
30
• 1 l de caldo de peixe
• 200 g de abadexo ou corvina
• 150 g de choco limpo
• 12 colas de gambas
• 1 dente de allo
• 1 cebola picada fina
• 1 pemento vermello picado fino
• 100 g de tomate triturado
• Pemento doce
• Sal
• 1 ½ culleradas de aceite de oliva virxe extra, AOVE
• 2 culleradas de salsa alioli
ELABORACIÓN. Picamos o peixe en anacos pequenos.
Poñemos unha paelleira ao lume con media cullerada de AOVE e refogamos o peixe 1-2 minutos. Reservamos.
Engadimos media cullerada de AOVE. Salteamos o allo e a cebola e agregamos o pemento. Incorporamos o tomate, deixamos evaporar a auga e, a continuación, botamos o pemento e refogamos, vixiando que non se queime. Engadimos media cullerada de AOVE e mais os fideos. Salteamos para que se absorban os sabores do sofrito.
Incorporamos o peixe e o caldo quente e deixámolo cociñar ata que o líquido se absorba.
Decoramos cunhas pingas de alioli ou poñemos a salsa a carón para que cada un se sirva.
COMENTARIO DIETÉTICO
Receitas que nunca fallan
podemos ter un menú completo só cun acompañamento de verduras.
Propiedades nutricionais. A pasta achega hidratos de carbono e algo de proteína e fibra. É recomendable consumila integral, que non só aumenta o contido de fibra, senón que ademais contén máis proteína, máis graxa saudable, máis vitaminas e minerais, e ademais, ten un maior efecto de fartura. O prato tamén contén boa cantidade de proteínas de alta calidade do peixe e as graxas do aceite e o alioli.
Racións: 4
DificultadeElaboración
A B D E C
UNHA RACIÓN CONTÉN:
KCAL SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA
35’ 33% 658 46% 2,78g 9% 8,28g 15% 3,05g 26% 18,18g
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
Ensalada morna de bacallau e espinacas
• 200 g de espinacas
• 320 g de migas de bacallau en salgadura ou desalgado
• 40 g de noces peladas
• 1 laranxa pelada e en cuarteiróns sen a parte branca
• 16 olivas negras sen carabuña
• 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra (AOVE)
• 1 cullerada de zume de laranxa
• 1 cullerada de vinagre de mazá
• Reladura de laranxa
• Sal
ELABORACIÓN. Se optamos por migas salgadas, hai que desalgalas en auga fría, mudando a auga cada oito horas durante 24 horas.
Nunha tixola, cun fío de aceite de oliva virxe extra, saltear as migas de bacallau durante 30 segundos e no último intre engadir as noces picadas finas, agás unhas pouquiñas que reservaremos para decorar no momento de servir. Reservar.
Preparar a vinagreta, mesturando o AOVE, o zume, a reladura de laranxa, o vinagre e o sal. Emulsionar e reservar.
Na fonte ou prato onde se vaia servir a ensalada, colocar unha cama de espinacas frescas.
Engadir as olivas, a laranxa en cuarteiróns, o bacallau morno con noces e salsear coa vinagreta.
Esparexer por riba o resto das noces picadas e servir decontado.
Consellos: Ter en conta o punto de sal do bacallau á hora de engadir o sal da vinagreta.
COMENTARIO DIETÉTICO
As ensaladas son unha moi boa opción para combinar hortalizas con outros alimentos saudables. O consumo de hortalizas en cru permítenos aproveitar todos os seus beneficios, e optar polas de tempada é un acerto xa que gozaremos de máis variedade.
1,46 €
Propiedades nutricionais. As espinacas achegan fibra, vitamina A, ácido fólico, vitamina C, calcio, ferro e potasio. O bacallau é fonte de proteínas de alta calidade. Ao ser un peixe branco, achega pouca graxa e engade fósforo, iodo e vitamina B12, que non están presentes nos alimentos de orixe vexetal. As graxas da receita son moi saudables, xa que proveñen do aceite de oliva virxe, as olivas e as noces.
Receitas que nunca fallan
Racións: 4
DificultadeElaboración 5’
NUTRI-SCORE
A B D E C A
POR RACIÓNUnha doce tentación para ESTAS FESTAS
Con pasas, noces, laranxa, chocolate, pistachos...
Se hai unha sobremesa que sempre está á altura de calquera celebración é, sen dúbida ningunha, a trenza EROSKI SELEQTIA.
Arica gama de sabores das nosas trenzas EROSKI SELEQTIA conquista a todos. Con esta sobremesa acertarás seguro tanto se es dos que non poden vivir sen chocolate, dos que á hora da sobremesa dubidan entre tomar queixo ou algo doce, dos máis clásicos ou dos que buscan algo diferente para ese último bocado. Á marxe do ingrediente co que se encha, esta sobremesa mantense fiel á receita orixinal. Trátase dun bolo trenzado, tenro e con sabor a manteiga. De textura interior substanciosa e cun exterior azucrado e máis crocante. Unha receita sinxela que se converteu nun imprescindible na mesa. O motivo é a exquisita calidade dos seus ingredientes, xunto ao seu prezo, ao alcance de todos os petos.
CALIDADE AVALADA POLO BCC
Esta delicia, de coidada elaboración, conta co selo de calidade do Basque Culinary Center (BCC). Expertos e chefs de prestixio garanten que as trenzas se elaboraron con produtos de alta calidade, cunha clara superioridade dos seus atributos aromáticos e de sabor e que contan cunha coidada presentación diferencial.
E se xa coñeces a experiencia de degustar esta deliciosa sobremesa, saberás que, malia ás distintas variedades, soubemos manter o característico sabor de manteiga e a textura da masa de follado. Isto débese a que está elaborada con ingredientes de máxima calidade e non contén graxa de palma.
TRUCO PARA TRIUNFAR NA MESA
Atemperar no forno ou no microondas antes da súa degustación. A trenza quedará máis substanciosa e o azucre glaseado que descansa sobre a masa derreterase.
DOCE DE LEITE E PISTACHOS
Os máis larpeiros non se van poder resistir á cremosidade do doce de leite. As labras de pistacho esparexidas pola súa superfi cie achegan un contraste crocante irresistible.
e mic g DOC Os m pod po pi p s c
LARANXA E CHOCOLATE
A feliz parella que forman a laranxa e o chocolate fan desta trenza unha sobremesa irresistible. Na súa masa de follado combínanse dados de laranxa, crema pasteleira e manteiga fresca sobre unha base
de d cho ch c col o ol ate e cr c oca oc nte e
MIN ITR ENZ A DE N OCES
E PASAS SABOR CHOCOLATE
Este luxo para o padal chéganos en pequeno formato. Trátase dunha deliciosa combinación de masa de follado con noces, pasas e manteiga francesa sobre unha base de chocolate crocante. O resultado fi nal é unha mestura sorprendente de sabores e texturas coa que tes asegurado o éxito. Para conservar o crocante do chocolate, recoméndase manter a base afastada de fontes de calor.
QU EIXO E C EREIX A Q
Á masa de follado das trenzas engádeselle unha suave crema de queixo e cereixas Oblacinska, orixinarias dos Balcáns e apreciadas polo seu característico sabor amargo.
NOCES E PASAS
Trátase dunha deliciosa combinación de masa de follado con substancioso recheo a base de xema e froitos secos. Un bocado cheo de contrastes e de diferentes sensacións para o padal que se caracteriza polo seu grande aroma, sabor e textura.
Máis de 20 tenros corazóns na nosa panadería
Presume de pelo LIMPO E SAN
Elixir un xampú acorde ao teu tipo de cabelo e coidalo cos produtos axeitados é clave para que luza nutrido, suave e luminoso.
Acalidade e o bo prezo da nosa marca belle fará que en EROSKI atopes sempre o xampú ou a máscara perfecta. Namorarás deles.
Na nosa sección de perfumería tes todo o que cómpre para coidares o teu pelo da raíz ás puntas. Poderás elixir entre as distintas gamas de xampús para cabelos secos, graxos, rizados, tinguidos, para un tratamento intensivo ou para uso cotián. Produtos adaptados a cada necesidade e tipo de cabelo para que sempre luza a súa mellor versión. Aínda non os probaches?
Xampú clásico e 2 en 1 Formulados para o coidado de todo tipo de cabelos, o xampú Coidado Clásico e a súa variante 2 en 1 –xampú e acondicionador–limpan con suavidade e respectan o equilibrio natural do teu pelo. Conteñen pantenol, que hidrata, fortalece o cabelo e dálle brillo, e mais sementes de cassia, que achegan suavidade. A queratina e as proteínas de seda actúan sobre a fibra capilar facilitando o peiteado e evitando o encrespamento.
Liso e Luminoso
Máis de 40 corazóns en cosmética capilar
Xampú e máscara
Ofrecen un tratamento intensivo que nutre e protexe o cabelo deixándoo liso e brillante durante máis tempo. Conteñen queratina e proteínas de seda, que actúan sobre a fibra capilar facilitando o peiteado e evitando o encrespamento. Para completar o tratamento contas tamén co acondicionador Liso e Luminoso.
O LAVADO EN 8
1Cepilla. As porcas do cepillo estimulan a circulación sanguínea e exfolian o teu coiro cabeludo.
Reparación intensiva
Xampú e máscara
Esta gama de belle coida o teu cabelo reestruturándoo e nutríndoo da raíz ás puntas. Está formulada cun complexo rico en ceramidas similares ás do pelo, que lle confiren propiedades reparadoras. Contén aceite de argán, de alto contido en ácidos graxos esenciais, que hidratan e rexeneran.
2
Humedece con auga morna. A auga demasiado quente irrita o coiro cabeludo e se está demasiado fría non retira a graxa.
3Aplica o xampú. Bota un pouco de produto –o tamaño dunha noz– nas mans e espalla a escuma por toda a cabeza.
4Masaxea. Fai movementos circulares por todo o coiro cabeludo.
5
S
Aclara con abundante auga morna. Un último aclarado con auga fría deixará a túa melena máis brillante.
6
Protexe e nutre. Aplica un acondicionador ou máscara dúas ou tres veces por semana. Reparte o produto desde as puntas e deixa actuar entre dous e tres minutos. Logo aclara con abundante auga morna.
7
on
Elimina a humidade cunha toalla. Con suavidade e sen refregar.
PASOS o a con ilar,
Seca o cabelo. O secado débese facer con aire quente en movementos circulares e co secador a certa distancia. Finaliza con aire frío para pechar a fibra capilar, fixar o peiteado e dar volume.
8
Cor radiante
Xampú e máscara Perfectos para cabelos tinguidos ou con mechas. O xampú limpa, protexe e axuda a manter unha cor luminosa e intensa. Ambos os produtos conteñen extracto de salvado de trigo e aceites de camelia e trigo, que proporcionan un extra de hidratación, suavidade e brillo.
Xampús naturais
belle conta cunha gama de xampús cun 91% de ingredientes de orixe natural que incorporan extractos vexetais con propiedades específicas para o coidado de cada tipo de cabelo e que ademais non conteñen siliconas.
Peonía
Suaviza e alivia
Camomila
Brillo e luminosidade Con extracto de camomila e mimosa está indicado para todo tipo de cabelo e especialmente para melenas louras, xa que realza a cor clara. Proporciona unha limpeza extrasuave acentuando o seu brillo natural. É apto para toda a familia.
Para coiro cabeludo sensible. Con extracto de peonia e camomila, que lle achegan unha sensación de alivio e relaxación ao coiro cabeludo. Pódese utilizar para unha limpeza cotiá ou en adultos para alternalo con tratamentos específicos como os xampús anticaspa belle. É hipoalerxénico e está especialmente formulado para a limpeza delicada do cabelo de nenos e adultos.
Romeu
Pomelo
Hidratante e revitalizante Proporciónalle vitalidade e suavidade ao cabelo. A súa fórmula, con extracto de pomelo, de propiedades hidratantes e purificantes, hidrata e ilumina a fibra capilar sen amazocala, mantendo a súa lixeireza. Apto para nenos e adultos e especialmente apropiado para melenas longas de cabelos naturais sen tinguir.
Especial para cabelo graxo Limpa o cabelo e déixao lixeiro por máis tempo. Contén extracto de romeu, que axuda a regular a secreción sebácea, e provitamina B5, que mellora o brillo e a aparencia do pelo. Ademais, ao eliminar a graxa do coiro cabeludo, axuda a dar volume.
Un xampú para cada necesidade
Ultrasuave
A súa fórmula é ideal para limpar con delicadeza cabelos tinguidos e castigados, xa que conta con axentes limpadores ultrasuaves para un acabado máis natural. Respecta a fibra capilar e nutre intensamente o cabelo deixándoo suave e sedoso.
Anticaspa
A súa fórmula é ideal para limpar con delicadeza cabelos tinguidos e castigados, xa que conta con axentes limpadores ultrasuaves para un acabado máis natural. Respecta a fibra capilar e nutre intensamente o cabelo deixándoo suave e sedoso.
Brancos e platinos
Anticaída
MEN by belle
Prevén a caída do cabelo e asemade proporciónalle tonicidade, forza e vigor. Con xerminado de soia e trigo, que actúa directamente no folículo piloso, proporcionando a enerxía necesaria para o crecemento capilar.
g Rf f t l it d t
Refrescante, con aloe vera e aceite de menta piperita. Deixa o teu cabelo limpo e fresco.
Xampús sólidos
A opción máis sostible para teres o teu cabelo limpo e coidado e sumar aforro. Ten un delicioso perfume e a súa fórmula é apta para persoas veganas. Co seu uso contribuirás a preservar o medio natural, xa que para a súa fabricación emprégase unha menor cantidade de auga e o seu envase de cartón evita que se xeren residuos plásticos.
Hidratante
Para todo tipo de cabelo. Contén extracto de laranxa e papaia, que deixa o teu cabelo limpo e hidratado.
Infantís
Elimina os tons amarelados dos cabelos brancos. Está enriquecido con extracto de iris, coñecido polas súas propiedades purificantes, e ten un complexo proveniente do gran de arroz que protexe a cor fronte á radiación solar e repara a fibra capilar.
os d sdos
Cabelo e corpo e Caléndula e camomila
Para os máis pequenos contamos con fórmulas extrasuaves, hipoalerxénicas e dermatoloxicamente testadas que manteñen o seu cabelo limpo e brillante. Ademais, non conteñen ingredientes de orixe animal.
Colaboramos coas PERSOAS
CON DISCAPACIDADE
Máis de catro millóns de persoas en España, é dicir, case unha de cada dez, padece algún tipo de discapacidade intelectual ou motora. En EROSKI pensamos que non podemos ollar cara a outro lado e, por iso, en abril colaboramos con máis dunha decena de asociacións para contribuírmos a mellorar a súa calidade de vida.
Centrámonos, coma sempre, no teu contorno. A través do noso programa Céntimos Solidarios poderás contribuír a que as asociacións que traballan con estas persoas na túa comunidade melloren a
ARAGÓN
Xunto á asociación de pais de nenos xordos de Zaragoza, Aspansor, queremos fomentar a autonomía das persoas con discapacidade auditiva potenciando o desenvolvemento das súas habilidades comunicativas, favorecendo a adquisición da linguaxe oral e paliando as consecuencias derivadas da discapacidade auditiva a nivel cognitivo, lingüístico, psicolóxico e social.
calidade de vida de familiares, veciños ou coñecidos que teñen mobilidade reducida, diversidade funcional intelectual, discapacidade auditiva ou visual ou trastorno do espectro autista. Persoas que che importan e para as que o día a día é unha carreira de fondo chea de barreiras que superar. En abril contribuiremos a que esas persoas ás que lles puxeches rostro e voz reciban unha atención especializada e integral a través dos seus programas de lecer, deporte, inclusión laboral e social, fisioterapia, terapias lingüísticas e obradoiros para fomentar a autonomía.
GALICIA
O noso apoio irá destinado á Asociación Amicos, que lles presta servizo a persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise e dano cerebral e mais ás súas familias. Ademais, tamén colaboraremos coa Fundación Abrente, que traballa con menores con diversidade funcional. A nosa axuda servirá para mercar carros de running que lles permitan aos rapaces practicar deporte e gozar do ocio ao aire libre.
NAVARRA
No eido da axuda ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento colaboramos en Navarra coa asociación Anfas, que leva máis de seis décadas traballando para mellorar a calidade de vida destas persoas con apoio económico e servizos. A nosa achega tamén se dirixirá a Atena, que fomenta o desenvolvemento integral das persoas con discapacidade intelectual a través da arte. Esta entidade conta cun proxecto de Saúde integral que lles proporciona as ferramentas necesarias para melloraren a súa saúde, benestar e autonomía e para adquiriren habilidades que favorezan a súa inclusión social.
BALEARES
O programa Céntimos Solidarios investirá en equipamento para que a ONG Rehacer lles poida ofrecer unha mellor atención ás persoas afectadas por dano cerebral adquirido e ás súas familias. Tamén apoiaremos, da man de Mallorca Integra, a persoas con diversidade funcional intelectual para organizar adestramentos, torneos e xornadas deportivas. Estas actividades permitiranlles coñecer a novas persoas, gozar do seu tempo libre e manterse activos.
NAS OUTRAS COMUNIDADES
As doazóns chegarán ao proxecto de inclusión laboral de DYA. O obxectivo desta entidade é facilitarlles as vítimas de accidentes que sufriron diversidade funcional as ferramentas necesarias para que a inclusión laboral e social sexa real.
PAÍS VASCO
A través do programa Gizartean, da asociación Gautena, levaranse a cabo en Guipúscoa obradoiros para lles ofrecer ás persoas con trastorno do espectro autista un adestramento de habilidades de interacción social. En Álava, xunto con Apdema, contribuiremos a financiar un tratamento complementario nas sesións de fi sioterapia de nenos e nenas de entre un e seis anos que sofren espiña bífi da, enfermidades neuromusculares ou trastornos xenéticos que cursan con signos neuromotores. Por último, xunto a Fekoor, entidade que suma as 18 principais asociacións de persoas con discapacidade física e/ou orgánica de Biscaia, organizaremos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro), co obxectivo de sensibilizar sobre a igualdade de oportunidades e a non discriminación deste colectivo.
Solidariedade
Mulleres e infancia vítimas de violencia de xénero
Solidaridad
Mujeres e infancia víctimas de violencia de género
GRAZAS
ás vosas achegas e ás de EROSKI, en marzo doámoslle máis de 120.000 € a esta causa
Máis vantaxes por
Consegue o
sacarrollas eléctrico
de Martín Berasategui cun 60% de desconto
Este mes agardan por ti moitas sorpresas con EROSKI club. Só por seres socio podes levar o sacarrollas de Martín Berasategui cun 60% de desconto por só 999 puntos Travel Club (1)
Trátase dun sacarrollas eléctrico inarámico profesional. É automático e conta con abridor, cortador de papel, vertedor e tapón de silicona ao baleiro, que permite conservar o viño durante máis tempo. Hai centos de produtos cos que ir sumando puntos para lograr o teu agasallo. Atoparalos nos folletos e tendas EROSKI. E lembra que cantos máis produtos con Puntos Extra merques, máis puntos conseguirás e terás antes o teu agasallo.
Ser dixital en EROSKI ten premio
Lévao antes cos Puntos Extra en centos de produtos sinalizados
Como participar?
Visita a nosa app ou eroski.es e activa calquera vale aforro dispoñible. Entrarás de xeito automático no sorteo. Así de doado! (2) Pasa
Libros
Faite
(1) Promoción válida do 30/03/23 ao 26/04/23 para socios EROSKI club. Máximo unha referencia igual por socio. Produto suxeito a var iación do Catálogo. Máximo 2.500 socios benefi ciados. Condicións da promoción en eros.ki/regalo-travel
O teu agasallo por so puntos 999
seres socio
Aforra o dobre con Máis Promocións
Goza de todo o que che ofrece a nosa
plataforma Máis Promocións na web de EROSKI club e na app EROSKI cun aforro adicional en máis de 80 marcas de moda, electrónica, ocio, carburante...
Descubre todas as posibilidades para aforrar a través de Máis Promocións
Coñeces todo o que che ofrece a tarxeta de pagamento EROSKI club?
Atarxeta de pagamento EROSKI club ofréceche vantaxes e aforros. É gratis para sempre. Non ten cota de emisión nin de mantemento e devólveche o 1% das túas compras fóra de EROSKI (1). Ademais, tes a
opción de dispoñer de cartos en efectivo nas caixas dos nosos hipermercados e supermercados, onde podes solicitar ata 300 € diarios contra o teu límite dispoñible, sen comisión e na túa forma de pagamento habitual.
Ti elixes como pagar as túas compras en EROSKI
Dispós de fi nanciamento en todos os nosos establecementos
Fracciona en cómodas cotas as túas compras de electrónica, bazar, téxtil e Viaxes EROSKI, ata en 48 meses
Precisas efectivo para as túas compras?
Transfi re o teu diñeiro do límite de crédito da tarxeta á túa conta bancaria nun prazo de 48 horas E utiliza a extracción en caixeiros automáticos para dispoñeres de cartos en efectivo
Aínda non a tes?
Faite con ela e leva 10 € nun vale aforro (2)
Apraza o pagamento das túas compras xa realizadas
Accede ao espazo online de consultas e xestións da túa tarxeta e elixe o prazo que prefiras Podes fraccionar as compras realizadas en calquera establecemento que aboases coa túa tarxeta de pagamento EROSKI club e superen os 100€.
(1) Consulta condicións en www.eroski.es/tarjeta-de-credito-eroski/ahorros-y-ventajas/
(2) 10€ nun vale aforro para cambiar nos dous meses seguintes á recepción nunha compra mínima de 10 € en establecementos EROSKI. Tarxeta emitida por Santander Consumer Finance S.A.
Máis vantaxes por seres socio
Pásate a Virgin telco
Pásate a Virgin telco e ingresarémosche todos os meses na túa tarxeta EROSKI club o 4% do importe da túa factura de Virgin telco (1) .
E aforra na túa factura TODOS os meses
Ademais, agora regalámosche: 4% 5€
extra
Como podo comezar a aforrar?
Accede a Promoción telefonía dentro do apartado EROSKI club da web eroski.es: www.eroski.es/eroski-club/promocion-telefonia/
Preme en Quéroo.
E remata a contratación online ou deixa o teu teléfono para que se poñan en contacto contigo.
(1) Ingresarémosche na túa tarxeta EROSKI club o 4% da túa factura mensual sen IVE de Virgin telco. Consulta condicións en: www.eroski.es/eroski-club/promocióntelefonía. Por te dares de alta agora na promoción, recibirás 5 € na túa tarxeta EROSKI club tras o primeiro ingreso mensual do 4% da promoción. Máximo 5 € por alta.
Publicidade
Apúntate e comeza a aforrar carburante
Aínda non te decataches de como podes aforrar en carburante por seres de EROSKI club? Poderás gozar de ata un 4% (2) ao pagares a repostaxe coa tarxeta de pagamento EROSKI club nas estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor.
Se consomes entre 50 e 100 litros de carburante ao mes obterás un 2%.
Se superas os 100 litros de carburante ao mes aforrarás un 3%.
Ademais, acada un 1% extra pagando coa túa tarxeta de
pagamento EROSKI club, e aforra así un 4%. Para conseguir o aforro, abonda con vincular a túa tarxeta EROSKI club cunha tarxeta Repsol Máis e lembrar pagar as túas repostaxes coa tarxeta de pagamento EROSKI club.
Aforra un % en
Apúntate GRATIS
no 944 943 444 ou eroski.es/promocion-carburante/
(2) Para conseguir o aforro cómpre vincular a túa tarxeta EROSKI club cunha tarxeta Repsol Máis e aboar o carburante coa tarxeta de pagamento EROSKI club, emitida por Santander Consumer Finance S.A. Vantaxe exclusiva para repostaxes en estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor. O ingreso sumarase a comezos do mes seguinte na tarxeta EROSKI club asociada. Consulta todas as condicións en: www.eroski.es/promocion-carburante
ALBANIA A xoia agachada DO MEDITERRÁNEO
Non cómpre saír de Europa para descubrir destinos máxicos como Albania. Boa temperatura, calas virxes co azul característico do Mediterráneo, fragas enmeigadas e cidades cargadas de historia. Viaxes EROSKI achégache esta experiencia para gozares ao máximo das túas vacacións mentres acumulas aforro na túa tarxeta moedeiro.
Albania preséntase como un destino atractivo para todos os gustos, sen aglomeracións e que non deixa indiferente. Esta xoia agachada do Mediterráneo ofrécelle ao viaxeiro a opción de gozar dun país cunha gran riqueza paisaxística e histórica, ideal para desconectar de calquera rutina. Situada nos Balcáns, Albania ábrelle as súas portas ao mundo amosando unha beleza que ata agora permaneceu oculta.
As súas espectaculares praias de augas cristalinas, tanto as calas rochosas virxes do mar Xónico como as longas praias de area do Mar Adriático, son un dos seus grandes atractivos. Xunto a elas, atoparás cidades costeiras de beleza incomparable como Dürres. Bañada polo Adriático, nesta localidade poderás visitar o anfi teatro romano máis grande da Península dos Balcáns, o seu castelo ou o seu museo arqueolóxico e tamén gozar da súa coñecida praia, a máis grande de todo o país, que está equipada con todo tipo de servizos.
PAISAXES E ARQUITECTURA SEN
IGUAL. No interior de Albania quereraste perder nun percorrido polos seus lagos e lagoas, no que poderás combinar natureza e deporte. O lago Komani, nos Alpes, é un lugar idóneo para gozar da natureza en estado puro nun ambiente relaxado e para practicar sendeirismo nunha xornada repleta de aventura.
Ademais, Albania conta cun patrimonio cultural e arquitectónico de enorme valor. Os seus edifi cios e rúas zumegan historia. É o caso de Berat, unha vila recoñecida como Patrimonio da Humanidade pola Unesco, na que te trasladarás á época do imperio otomano nun viravira.
En Viaxes EROSKI ofrecémosche voos directos dende Bilbao e Madrid a Tirana, a capital de Albania, para descubrires esta xoia do Mediterráneo.
Agarda por ti!
HISTORIA E OCIO. A capital albanesa, Tirana, é unha cidade repleta de recunchos de gran beleza que convida a perderse nela. Un lugar que che abre as portas á historia do país grazas aos seus museos e a edifi cacións como a pirámide de Tirana, o Teatro Nacional da Ópera, a catedral da Resurrección de Cristo ou a mesquita Et’hem Bey. Ademais, a cidade ten unha animada vida nocturna e diferentes opcións de ocio, bares e clubs.
Tampouco che defraudará a súa gastronomía, con pratos de inspiración mediterránea e outros de claras infl uencias musulmás. Todo iso con produtos frescos de tempada e a prezos económicos.
5 % Reembolso
á túa tarxeta EROSKI club (1)
e flexible
(1) 5% de desconto para reservas efectuadas do 1 ao 30 de abril para viaxar de xuño a setembro; segundo operativa aérea.
Lago KomaniVegalsa-EROSKI
Comprometidos cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da OMS
Dende a Cátedra VegalsaEROSKI da Universidade da Coruña e a Editorial UOC comprometémonos cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Organización Mundial da Saúde (OMS). Queremos que aprendas dos mellores expertos os pormenores desta folla de ruta, que abrangue asuntos como a xustiza, a educación, a sanidade, a acción climática, etc. Por iso, creamos a colección Comunicación 2030, na que a través de 17 libros trataremos cada un destes obxectivos con rigor científi co.
A fi nalidade da colección é “animar á análise e á acción
en relación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e co papel que xoga a comunicación para lograr melloras”, explica Carmen Costa, directora da Cátedra Vegalsa-EROSKI UDC Compromiso Social, Comunicación e Reputación corporativa. A colección non só incentivará a refl exión social, senón que lles permitirá aos lectores atopar traballos relacionados con ese ámbito de especialización.
A garantía da calidade científi ca e divulgativa vén dada por un comité de expertos de acreditada traxectoria. “A orixinalidade, a innovación ou a análise serán calidades, polo tanto, moi valoradas
Representantes da Cátedra de Vegalsa-EROSKI, da Universidade da Coruña e da Editorial UOC durante a presentación da colección ‘Comunicación 2030’.
en cada un dos títulos propostos e publicados”, asegura Costa.
Para Gabriela González, directora de Sustentabilidade e Comunicación Corporativa de Vegalsa-EROSKI, “a comunicación debe ser sensible e próxima aos problemas sociais para contribuír a construír unha sociedade máis comprometida, sobre todo cos fi ns comúns, como son os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”.
IGUALDADE E EMPODERAMENTO
O primeiro título da colección será O papel da comunicación no ODS 5: cara á igualdade de xénero e o empoderamento feminino. Contará con expertos de España e Latinoamérica e estará coordinado pola doutora Inmaculada Postigo Gómez, decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Málaga.
Para Gabriela González, a colección “chega nun momento moi oportuno. Estamos a falar de transición ecolóxica e dixital, de novos modelos de consumo e de relación cos ecosistemas. O mercado editorial non debe manterse á marxe das necesidades e retos da sociedade”, conclúe.
NOVO
PRUÉBALO
PRÓBAO
Torra e goza da codia crocante e aereada miga do novo pan de cristal.
TORRADO