#54 Febreiro’20
www.eroski.es
Local
Marmeladas e meles elaborados preto de ti
Arroces
Unha variedade EROSKI á medida de cada peto
Beleza
Xabóns e xeles para o coidado da túa pel
POLO, PORCO E TERNASCO EROSKI NATUR
O seu benestar, un dereito
Revista para socios con Tarxeta Ouro EROSKI club Unha ao mes por Tarxeta Ouro. Suxeito a dispoñibilidade en tenda.
EROSKI 52 URKABE.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
20/11/19
11:19
sumario febreiro’2020
www.eroski.es
20 Mango
A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.
08 Benestar animal
22 Plátanos e bananas
30 Panadería 04 Neste número. 06 O último nas nosas tendas.
30 Pans EROSKI Natur, integrais e reducidos en sal.
08 Benestar animal.
32 Tortillas preparadas.
12 Polo, porco Duroc e Ternasco de
34 Arroces EROSKI.
Aragón EROSKI Natur. 20 Mango EROSKI. 22 Plátano, banana e plátano macho. 24 Ovos campeiros
42 Xeles e xabóns
34 Arroces
EROSKI Natur. 26 Hortalizas de tempada.
38 Marmeladas e meles de orixe local. 42 Xeles e xabóns belle. 46 Viaxes: Costa Rica. 48 As vantaxes de EROSKI club. 51 Vales aforro. 54 Citruspack.
3
003 SUMARIO GAL.indd 3
17/1/20 14:04
neste número Con todas as garantías Itxaso Cuesta Responsable de EROSKI club
C
omo consumidor e cliente interésaste non só pola orixe ou a calidade dos ingredientes dos alimentos que mercas, senón tamén polo seu impacto no medio natural ou polo trato que se lles dá aos animais dos que obtemos a carne. En EROSKI traballamos para que a produción dos alimentos frescos das nosas marcas sexa máis responsable e vele polo benestar animal. Exemplo dese compromiso é o selo Welfair, que garante unha produción ética, xusta e responsable e co que será máis doado identifi cares os produtos que cumpren cos requisitos de benestar animal, como a carne de polo, o porco Duroc e o Ternasco de Aragón EROSKI Natur. Estamos convencidos de que consumir alimentos da contorna máis próxima é mellor e este mes tampouco esquecemos o noso compromiso co produto local cunha pequena mostra da grande oferta de meles e marmeladas que podes atopar nas nosas tendas. Están elaborados por pequenos produtores das rexións nas que estamos presentes. Ademais, neste número atoparás os mellores produtos de tempada, como hortalizas e froitas típicas de febreiro, as últimas novidades e lanzamentos en pans, arroces, tortillas listas para comer e xeles e xabóns para a túa hixiene diaria, e outras vantaxes como vales desconto, consellos nutricionais e, por suposto, receitas.
EDITOR EROSKI S. COOP. Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211
Difusión: Controlada por OJD
REALIZACIÓN EDICIÓN
Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com
Valentín Beato, 44. 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104
Imprenta: MCC Graphics. Pol. Ind. Txirrita Maleo, Pab. 11. 20100 Errenteria (Gipuzkoa). Tel. +34 943 344 614
Depósito Legal: BI-222-2015 Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora. A revista EROSKI club non se fai responsable das opinións dos seus colaboradores nin das mensaxes publicitarias de empresas públicas ou privadas.
4
004 EDITORIAL GAL.indd 4
16/1/20 17:40
EROSKI 54 DANONE.indd 1
17/01/20 16:28
o último NOVAS MARMELADAS EROSKI SELEQTIA
A combinación perfecta Con EROSKI SELEQTIA achegámosche produtos gourmet cos que transformares os teus pratos en algo extraordinario, elaborados cos mellores ingredientes e avalados por expertos do Basque Culinary Center. Agora, lanzamos tres novas marmeladas e dous packs de maridaxe para que goces da mellor marmelada soa ou acompañada.
NUTRI-SCORE
A B C D E
NUTRI-SCORE
NUTRI-SCORE
A B CD E
A B C D E
Packs para maridar CON QUEIXOS. A marmelada é un dos produtos máis interesantes para maridar con queixo. Este pack tráeche tres propostas únicas que combinan con queixos tan distintos como o crema, feta, azul e Camembert. A mandarina do Mediterráneo con cardamomo pode ser
perfecta para unha torta de queixo crema e feta. Os queixos fortes, como o de cabra ou o azul, maridan mellor coa marmelada de figo, mentres que a de pexego e maracuxá combina con queixos suaves e brandos como brie ou Camembert. CON CARNES. Para acompañar carnes de porco, como o solombo
Mazá Granny Smith e canela de Ceylán A mazá Granny Smith caracterízase por un sabor lixeiramente acedo que combina perfectamente coa dozura da marmelada. Elaborada cun 65% de froita, como toque final engádeselle canela de Ceylán, a variedade máis apreciada polo seu delicado e doce aroma. Mandarinas do Mediterráneo e cardamomo Elaborada con mandarinas cultivadas na zona mediterránea, esta marmelada SELEQTIA
incorpora cardamomo, unha especia que combina á perfección cos cítricos, xa que comparte con eles a presenza do limón e incrementa o sabor afroitado do produto. Pexego do Val do Ebro e maracuxá O pexego desta marmelada procede dos cultivos do val do Ebro, unha das principais zonas hortofrutícolas de España xunto coa horta murciana. Elaborada cun 65% de froita, ofrece a dozura do pexego e a acidez e o intenso sabor do maracuxá.
ou o segredo ibérico, propoñémosche a marmelada de pemento do piquillo, elaborada cun 65% de pementos do piquillo asados. E para un lombo de porco ao allo, a marmelada de amorodo, con froita procedente de Huelva. Se o que queres é gozar duns zanquiños de polo asados, acompáñaos coa marmelada de mazá Granny Smith.
6
006-007 LO ULTIMO GAL.indd 6
16/1/20 17:40
Fala granini para EROSKI club
Novo granini Froita&Fibra: para completar o almorzo A gama Froita&Fibra de granini ofrece o mellor da froita e a súa fibra, xa que é fonte de vitaminas A, C e E e achega fibra natural. Está dispoñible en tres deliciosas combinacións de froitas, en envases de 0,75 l e 0,25 l.
g
ranini, marca líder en zumes, néctares e bebidas de froita en España, presenta a súa nova gama Froita&Fibra, composta por tres combinacións que che permitirán completar o almorzo, de xeito 100% natural, co mellor da froita e a súa fibra. O mix laranxa ten laranxa, mazá, uva e cenoria; o mix amarelo leva pera, piña e mazá, e o mix vermello está elaborado con mazá, uva, amorodo e cenoria.
MINIS, PERO IGUAL DE BOAS Nun mundo como o das galletas, onde parece que todo está inventado, traémosche tres galletas en tamaño mini e en bolsiñas para que as poidas levar a canda ti e gozalas en calquera parte: as cookies EROSKI e as galletas sen azucres engadidos de quinoa e de espelta EROSKI. Están boísimas!
Estas variedades son as máis completas da marca, xa que achegan vitaminas A, C e E e fi bra. Por iso, a súa achega nutricional é a máis semellante á da froita enteira. Ademais, a gama é 100% natural e non ten colorantes, conservantes, nin azucres engadidos. Para adaptarse a todo tipo de perfís, granini Froita&Fibra está dispoñible en dous formatos: de 0,75 l, ideal para consumir na casa; e de 0,25 l, perfecto para levar a calquera lugar.
NUTRI-SCORE
NUTRI-SCORE
NUTRI-SCORE
A B C D E
A B C D E
A B CD E
UNHA ALTERNATIVA BAIXA EN SODIO O sal de sodio é o condimento máis empregado na cociña, pero un consumo excesivo pode provocar hipertensión e problemas cardiovasculares, entre outros. A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda reducir a súa inxestión a un máximo de 5 g diarios malia a que, segundo diversos estudos, de media consumimos o dobre. Por iso, cómpre buscar alternativas na compra e na cociña. Se non queres renunciar ao sabor nos teus pratos, lanzamos o Substituto do sal con moi baixo contido en sodio EROSKI. Comercialízase nun cómodo formato saleiro de 125 g para facilitar a súa correcta dosificación, o que facilita, ademais, que non se prense. Este sal é tamén coñecido como sal de potasio ou cloruro potásico, que se disolve doadamente en auga e ten un sabor similar ao sal de sodio que se consume decote.
7
006-007 LO ULTIMO GAL.indd 7
20/1/20 12:39
este mes
O seu benestar, un dereito Seguindo o noso compromiso a prol dunha alimentación máis sostible e responsable, en EROSKI promovemos produtos procedentes de procesos máis respectuosos co medio natural e que cumpren cos estándares máis altos de benestar animal homologados. Por iso, toda a carne de polo, porco e ternasco EROSKI Natur provén de animais criados en condicións de benestar animal, tal e como avala o selo Welfair, que garante unha produción ética, xusta e responsable.
C
omo consumidor cada vez estás máis concienciado sobre o xeito en que se producen os alimentos que consumes no teu día a día e por iso esixes produtos provenientes
de animais que se criaron en condicións de benestar. Na etiquetaxe buscas a orixe da carne e as súas propiedades nutricionais, pero tamén che interesa coñecer as condicións de crianza
do animal ao longo da súa vida. É aí onde o selo de benestar animal Welfair ofrece todas as garantías de que o produto que chega á túa mesa se criou de xeito ético e responsable.
QUE É O BENESTAR ANIMAL? “Un animal goza de boas condicións se está san, cómodo, ben alimentado, se sente seguro, pode expresar formas innatas de comportamento e non padece sensacións desagradables de dor, medo ou desasosego”. Así define a Organización Mundial de Saúde Animal (OMS) o benestar animal nas explotacións gandeiras. As condicións nas que se atopa o animal no seu ámbito engloban moitos aspectos, entre outros a alimentación, o descanso, a temperatura do lugar, unha boa saúde e un comportamento axeitado. Tradicionalmente, todos estes apartados avaliáranse a partir da análise das instalacións nas que se atopan os animais -granxas e matadoiros-. O proxecto Animal Welfair Quality, impulsado por
diferentes institucións -entre as que se atopa a Unión Europea-, cambiou este paradigma, desprazando a avaliación das instalacións e o manexo directamente ás condicións do animal e o seu comportamento. Como explican os expertos de Neiker-Tecnalia e do Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentaria (IRTA), centros de investigación e membros da Welfair Quality Network e a AWIN Network respectivamente, o contorno e as instalacións condicionan o xeito no que os animais se manexan, pero o que pode amosar e dar información real sobre o estado no que se atopa é o propio animal. Deste cambio de paradigma nace, a finais do 2019, o selo Welfair, a primeira certificación de benestar animal que se centra na avaliación do
estado e comportamento dos animais. Créase tras testar os protocolos de benestar animal desenvolvidos polo proxecto Animal Welfair Quality en diferentes especies, un traballo desenvolvido por máis de 400 científicos durante máis de 15 anos. Un selo que responde aos nosos principios, ao interese da sociedade, dos consumidores, das grandes distribuidoras e dos produtores por ter unha maneira de avaliar o benestar animal, e que a ti como consumidor che ofrece a garantía de que o produto que chega á túa mesa cumpre con todos os requisitos. Atoparalo no polo, porco e ternasco EROSKI Natur e noutros moitos produtos elaborados de polo. A nosa intención é introducilo progresivamente en todos os produtos cárnicos frescos.
8
008-011 BIENESTAR ANIMAL GAL.indd 8
17/1/20 14:05
9
008-011 BIENESTAR ANIMAL GAL.indd 9
16/1/20 17:40
este mes
W
elfair identifica as mellores medidas para comprobar o estado de cada animal e traballa principalmente sobre elas, complementando o seu exame só con aquelas características de instalacións ou manexo imprescindibles. Isto faise sobre a base de catro principios e doce criterios que cobren todos os factores que poden afectar o animal.
QUE SIGNIFICA O SELO WELFAIR? Neiker-Tecnalia e o Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentaria (IRTA), como centros de investigación e membros da Welfair Quality Network e a AWIN Network, outorgan o selo Welfair a aqueles produtos que proveñen de animais criados en granxas que cumpren os criterios de benestar. Nestas, amais das condicións de manexo, aloxamento ou alimentación, avalíase o propio animal. A razón está en que, aínda que un animal se atope nas mellores condicións, pode acontecer que o seu manexo non sexa adecuado e que, xa que logo, se contribúa ao seu sufrimento. Só o animal, co seu comportamento e estado físico, pode dar información viable e obxectiva de como se atopa.
ALOXAMENTO • Confort na zona de descanso: espazo para deitarse, tempo para facelo, estado e calidade da cama. • Confort térmico: contrólase que a temperatura sexa a axeitada para os animais.
10
008-011 BIENESTAR ANIMAL GAL.indd 10
16/1/20 17:40
• Limpeza. • Facilidade de movemento.
ESTADO SANITARIO • Ausencia de lesións: coxeiras, manchas, feridas, erosións, zonas sen pelo... • Ausencia de enfermidade: tose, mucosidades, doenzas oculares, respiración normal ou acelerada, abdome inchado, taxa de mortalidade na granxa... • Ausencia de dor causada por prácticas de manexo.
ALIMENTACIÓN • Ausencia de fame: avalíase a condición corporal dos animais
e se se lles garante o acceso a comida abonda. • Ausencia de sede prolongada: dispoñibilidade continua de auga, estado desta, distribución e estado dos bebedoiros.
eles son os auténticos garantes das devanditas condicións de benestar. • Estado emocional positivo: o animal amósase activo, relaxado, cómodo, frustrado, aburrido, etc.
COMPORTAMENTO • Expresión dun comportamento social axeitado do animal a través de condutas positivas (lambido, xogo, exploración, acicalamento mutuo...). • Expresión axeitada doutras condutas propias da súa especie. • Relación humano-animal positiva, sen medos. Para iso, resulta imprescindible a formación dos gandeiros no manexo dos animais, xa que
Aos animais realízanselles varias probas para comprobar que os indicadores de benestar animal se cumpren. Para levar a cabo estas comprobacións, os animais examínanse durante un tempo determinado. As análises esténdense entre catro e sete horas no caso do porcino, e entre dúas e catro horas no do polo. As probas realízaas sempre persoal formado polas entidades certifi cadoras, o Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentaria ou Neiker-Tecnalia.
11
008-011 BIENESTAR ANIMAL GAL.indd 11
16/1/20 17:40
este mes
As mellores carnes con selo de benestar animal O polo, porco Duroc e Ternasco de Aragón EROSKI Natur destacan polo seu sabor, froito dunha selección de razas que ofrecen unha carne de maior calidade e duns sistemas de cría máis sostibles, que garanten o seu benestar, como certifica o novo selo Welfair. Nas nosas carnicerías atoparás a mellor carne de polo, porco e año, tanto no mostrador como envasada, e poderás escoller distintos cortes e tamaños. Gama non dispoñible en tendas de Galicia nin autoservizos Familia temporalmente
POLO EROSKI NATUR As características únicas de cría do polo EROSKI Natur fan que a súa carne teña maior calidade, amais de garantir que sexa responsable co contorno e co medio rural. Por un lado, selecciónanse razas de polo cunha xenética de crecemento lento. É dicir, o animal críase un mínimo de 56 días. Por outro, a alimentación destes polos
é 100% vexetal e inclúe un 65% de cereais, na súa maior parte millo, o que fai que a carne teña un sabor e cor característicos. Por último, e non menos importante, apóstase por un coidado sistema de cría. Os polos crecen en granxas onde a luz e a ventilación é natural e a densidade de animais non supera os doce
por metro cadrado. A iso hai que engadir os elementos coñecidos como material de enriquecemento das instalacións, entre os que se atopan as pacas de palla, paus e elementos onde se pousar e baños de area ou terra vexetal. Estes elementos de cría teñen o obxectivo de mellorar o día a día e o benestar do animal.
12
012-015 POLLO CERDO Y TERNASCO GAL.indd 12
17/1/20 14:07
CRIADO SEN ANTIBIÓTICOS O uso excesivo de antibióticos está a aumentar a súa resistencia a estes e, polo tanto, o risco a que algunhas infeccións deixen de ter cura. Ante esta situación, en EROSKI traballamos nun plan para a súa redución nos produtos Natur como é o caso do polo Natur, que se cría sen antibióticos. Unha acción que se enmarca nos nosos compromisos pola saúde e sustentabilidade.
Atopa o teu vale aforro na páxina 51
13
012-015 POLLO CERDO Y TERNASCO GAL.indd 13
17/1/20 14:07
este mes
PORCO DUROC EROSKI NATUR A raza de porco Duroc introduciuse no noso país na década dos 60, como unha variedade que ofrece unha carne de maior calidade. A principal razón é a súa infi ltración de graxa, que permite que estes produtos melloren as súas calidades e sabor. Esta é a gran diferenza con respecto ao porco branco, á que se engade que a alimentación do
porco Duroc EROSKI Natur está baseada nunha alta porcentaxe de cereais. Unhas características que se aprecian no prato, xa que a carne do porco Duroc ten un sabor máis intenso, máis tenrura e non solta auga durante o cociñado. Ademais, críase en granxas certifi cadas en Benestar Animal que cumpren cos requisitos do selo Welfair.
14
012-015 POLLO CERDO Y TERNASCO GAL.indd 14
17/1/20 14:07
TERNASCO DE ARAGÓN EROSKI NATUR Cando mercas Ternasco de Aragón EROSKI Natur elixes un año cunha carne de gran sabor e tenrura, producido de xeito máis sostible e cumprindo os requisitos de benestar animal. Tamén coñecido como “o año con gusto”, porque a súa alimentación e crianza tradicional o dotan dun sabor característico, o año EROSKI Natur procede de tres razas autóctonas -rasa aragonesa, ojinegra de Teruel e verde bilbilitana-, especies únicas que forman parte da IXP Ternasco de Aragón. A súa alimentación baséase en leite materno e cereais naturais, o que
proporciona unha carne tenra, de cor rosa pálida, con menos graxa da habitual, unha suave textura e agradable zumosidade. Os animais críanse tanto en pastos de montaña e media montaña coma nas zonas máis áridas do val do Ebro. Un tipo de pastoreo extensivo que ademais é responsable co seu contorno, xa que favorece o desenvolvemento de determinados compoñentes da fl ora e fauna e o mantemento de camiños e sendas, o que axuda a loitar contra os incendios. Esixe ademais cumprir cun ordenado programa sanitario e garantir o benestar animal.
15
012-015 POLLO CERDO Y TERNASCO GAL.indd 15
17/1/20 14:07
este mes
2,55 € POR PORCIÓN
Receitas que nunca fallan
Polo asado na cazola 4 culleradas de aceite de oliva 1 polo enteiro (1,6 quilos) EROSKI Natur 2 culleradas de fariña 200 ml de viño branco 400 ml de caldo de polo 300 g de cenorias EROSKI Natur 2 dentes de allo EROSKI Natur 2 cebolas vermellas 10 ceboliñas francesas Herbas aromáticas (tomiño, romeu, loureiro) 2 culleradas de perexil, sal e pementa
ELABORACIÓN. Prequentar o forno a 170 ºC e salpementar o polo. Pelar as cenorias, as cebolas vermellas e as ceboliñas francesas e cortalas. Esmagar os dentes de allo sen pelalos.
Poñer o aceite nunha cazola a lume medio e dourar o polo por todos os lados. Sacalo e reservalo. Esparexer a fariña na cazola e cociñala uns dous minutos. Engadir o viño, o caldo e as herbas e levar a ebulición. Volver colocar o polo na cazola, tapar e enfornar durante unha hora.
Racións: 4
Dificultade
120’
Engadir as verduras á cazola e encher co zume da cocción. Volver tapar e enfornar durante uns 45 minutos.
NUTRI-SCORE
A B C D E
Retirar a cazola do forno, deixar repousar dez minutos e esparexer o perexil picado. COMENTARIO DIETÉTICO Este prato pode servir como prato único, aínda que se o queremos equilibrar debería aumentar a proporción de hortalizas e diminuír a de polo. Para completar o menú, acompañar cunha sobremesa de froita.
Elaboración
UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL
715 36%
GRAXA
GRAXAS SATURADAS
AZUCRES
SAL
36,84G 8,75G 11,65G 1,79G 53%
44%
13%
30%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
16
016 RECETA POLLO ASADO GAL.indd 16
17/1/20 14:07
este mes
Turnedó de ternasco con mazás especiadas 4 turnedós (150 g/peza) de Ternasco de Aragón EROSKI Natur 2 ceboliñas cortadas á xuliana Reladura de ½ limón 12 puntas de espárragos verdes 1 mazá reineta parda ¼ de culleradiña de canela en po 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra ( AOVE) Sal e pementa Tomiño limoeiro fresco
ELABORACIÓN. Escaldar os espárragos durante un minuto en auga fervendo, poñer nunha cunca con auga fría e, tras un par de minutos, sacalos e secalos.
Nunha tixola, con media cullerada de AOVE, cociñar os turnedós uns catro minutos por cada lado. Para presentar o prato, poñer unha cullerada de ceboliña, colocar por riba o turnedó, salpementar e acompañar coas mazás e cos espárragos. Consellos: Os turnedós poden rematarse cun golpe de forno. Cómpre cociñalos ao punto ou punto menos.
COMENTARIO DIETÉTICO Esta receita achega proteínas de boa calidade, vitaminas do grupo B e tamén ferro. Os vexetais van engadir algo de fibra e máis variedade de vitaminas e minerais; son sempre a gornición ideal. Por seren unha carne graxa, a súa recomendación de consumo é non superar as dúas racións á semana. Sabías que…? O turnedó obtense da pata, a parte menos graxa do año.
4,80 € POR PORCIÓN
Receitas que nunca fallan
Nunha tixola, cunha cullerada de AOVE, rustrir a ceboliña coa reladura de limón e cunha follas de tomiño fresco e sal. Sacar a un prato quente e reservar. Na mesma tixola, saltear durante un minuto as puntas dos espárragos. Estonar, sacarlle o carozo e cortar a mazá en cuñas e esparexerlle a canela. Nunha tixola, con ½ cullerada de AOVE, torrar cada anaco, coma se tratase de patacas frixidas. Facelo amodo para que non se desfagan.
Racións: 4
Dificultade
Elaboración
20’ NUTRI-SCORE
A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL
352 18%
GRAXA
GRAXAS SATURADAS
AZUCRES
SAL
23,67G 11,28G 5,22G 0,63G 34%
56%
6%
10%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
17
017 RECETA TOURNEDO GAL.indd 17
16/1/20 17:34
este mes
1,17 €
POR PORCIÓN
Receitas que nunca fallan
Segredo con salsa de anacardios 500 g de segredo de porco Duroc EROSKI Natur 30 g de cebola 50 g de anacardios 100 ml de nata para cociñar 200 ml de caldo de carne 1 mazá reineta 30 ml de aceite de oliva 10 ml de viño branco 2 g de pementa branca 1 limón Sal
ELABORACIÓN. Picamos a cebola e a mazá e sofrixímolas nunha tixola con aceite. Cando estean rustridas, agregamos unhas pingas de limón, o viño, a nata, os anacardios e o caldo de carne. Deixámolo
ferver a lume medio uns cinco minutos, triturámolo co batedor e pasamos a salsa polo chinés. Poñémolo ao punto de sal. Cando estean rustridas, agregamos unhas pingas de limón, o viño, a nata, os anacardios e o caldo de carne. Deixámolo ferver a lume medio uns cinco minutos, triturámolo co batedor e pasamos a salsa polo chinés. Poñémolo ao punto de sal.
Racións: 4
Dificultade
Elaboración
20’ Acompañamos o segredo coa salsa de anacardios e cuns chips de patacas fritas. COMENTARIO DIETÉTICO A carne de porco está moi presente na nosa dieta. É fonte de proteínas de alto valor biolóxico, aínda que tamén ten graxa saturada. Destaca tamén pola súa achega de vitaminas e minerais. Cocíñase con anacardios, ricos en ácidos graxos insaturados, vitaminas e minerais. Non obstante, nesta ocasión prepáranse en salsa, o que suma calorías e graxa saturada. Por iso, esta receita débese consumir de xeito esporádico.
NUTRI-SCORE
A B CD E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL
GRAXA
GRAXAS SATURADAS
AZUCRES
SAL
393
26G
9G
5,5G
1G
20%
38%
42%
6%
12%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
18
018 RECETA SECRETO GAL.indd 18
16/1/20 17:33
EROSKI 54 COSTA VOLCAN.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
17/01/20
17:00
este mes
Mango: o rei do trópico Carnoso, saboroso e refrescante, o mango é a froita ais. Nos últimos anos por excelencia nos países tropicais. rro da compra e estase gañou tamén un oco no noso carro picais máis consumida. a converter nunha das froitas tropicais ngo, con maior Existen moitas variedades de mango, ou menor dozura e cunha polpa máis ou erísticas que menos substanciosa. Son características mer en cru, cómpre ter en conta se o vas comer en batidos ou como ingrediente dunha nte todo o ensalada. En EROSKI temos durante ano mango de distintas orixes e este mes nicas: ofrecémosche tres variedades únicas: Kent, Tommy Atkins e Palmer.
MANGO KENT ASPECTO. De cor amarela verdosa con manchas avermelladas, é un dos máis ricos e doces. A súa carne é moi substanciosa e ten moi poucas fibras, polo que é perfecto para consumilo ao natural. TEMPADA. Comeza a aparecer en novembro, e a súa tempada esténdese ata marzo. EN EROSKI. Vendemos esta variedade por xunto, en pezas duns 450 gramos. Traémolo directamente de Perú en avión para que poida madurar máis tempo na árbore.
MANGO KENT Orixe Perú
CONSERVACIÓN O mango non atura ben as baixas temperaturas, polo que é mellor conservalo na despensa, non na neveira.
20
020-021 MANGOS GAL.indd 24
16/1/20 17:33
MANGO TOMMY ATKINS ASPECTO. É unha das variedades máis consumidas. De tamaño mediano a grande, forma redondeada e cor avermellada con tons amarelos. O seu sabor é lixeiramente doce e a carne é máis firme, porque ten maior cantidade de fibras no seu interior.
CONSUMO. Ao ter máis fi bras é máis complicado consumilo en cru, pero é perfecto para elaborar zumes e batidos.
MANGOS T. ATKINS E PALMER Orixe Brasil
EN EROSKI. Dispoñible todo o ano, atoparalo en bandexas de dúas unidades duns 380 gramos cada unha.
MANGO PALMER MANG De cor vermella ASPECTO. D verde claro, é de intensa e ve grande e forma máis tamaño gra alongada. Moi similar ao seu sabor destaca Tommy, o se lixeiramente doce, pero por ser lixeir menos fibras na polpa. contén men Esta variedade TEXTURA. E que a converte é suave, o q opción ideal para toda nunha opc a familia. EN EROSKI. Poderás mercar todo o ano mango Palmer por pezas adoitan pesar xunto. As pe gramos e é o mango uns 500 gra económico dos tres. máis econó
COMO CORTAR O MANGO Córtase a froita ao longo, en dous anacos, deixando o óso no centro. Realízanse cortes en zigzag en cada metade da polpa. Por último, prémese a casca cara a fóra.
1
2
3
21
020-021 MANGOS GAL.indd 25
16/1/20 17:33
este mes
Parecidos, pero non tanto Por dentro e por fóra, os plátanos e as bananas gardan parentesco. Ambos os dous proveñen da familia das musáceas, pero son ben distintos, tanto no seu aspecto externo como polo seu sabor, propiedades e usos culinarios. Nas nosas froiterías ofrecémosche durante todo o ano plátano de Canarias, banana e plátano macho para cociñar, cos que gozarás de sabores únicos ao mellor prezo. Axudámoste a coñecer as características de cada un.
PLÁTANO MACHO PARA COCIÑAR DISTINGUIRALO. En EROSKI traémosche o mellor plátano para cociñar. É de maior tamaño (ata 200 gramos de peso), forma alongada e algo curva e a súa pel é grosa e de cor verde. SABOR E TEXTURA. Non é tan doce coma outros plátanos, debido a que apenas ten azucres. A súa textura é fariñeira e é máis seco ca o de Canarias ou a banana. ASPECTO. Na maioría dos plátanos e bananas, unha
pel negra e con moitas manchas signifi ca que están demasiado maduros, pero neste caso marca o punto óptimo para o seu consumo. MOITAS RECEITAS. Cocíñase igual ca as patacas e as hortalizas: cocido, fritido, asado ou ao forno, aínda que tamén pode ser ingrediente nas sopas de plátano verde. Unha vez cociñado, o plátano macho ou plátano para guisar é a base da alimentación de moitas rexións tropicais.
É de cor verdosa e a súa pel é máis grosa. Non é doce, o que diferencia o seu sabor do dos plátanos de Canarias ou as bananas.
22
022-023 PLATANOS GAL.indd 22
16/1/20 17:26
Atopa o teu vale aforro na páxina 51 Adoita ter un tamaño máis grande ca o plátano. Contén calcio e magnesio, aínda que ten menos potasio e fósforo ca un de Canarias.
BANANA ASPECTO. De ton amarelo uniforme, na nosa froitería pódela atopar algo máis verde, para que madure na casa. Adoita ser máis grande e barata ca o plátano de Canarias. PRODUTO SELECCIONADO. As nosas bananas prodúcense
en zonas tropicais con clima temperado, como Costa Rica e Costa de Marfil. A banana Costa Volcán colléitase na Costa de Marfil e as que atoparás nas nosas froiterías están seleccionadas entre as que teñen mellor forma, aspecto e sabor.
PLÁTANO DE CANARIAS ASPECTO. É máis pequeno e máis amarelo ca a banana, aínda que a súa característica máis coñecida son as pintiñas escuras da súa pel. SABOR. É doce e ten un intenso aroma coñecido como ‘impacto plátano’. A súa textura é substanciosa e compacta, pero branda, o que o converte nun alimento ideal para todos os públicos. PRODUCCIÓN. As temperaturas suaves e precipitacións pouco abundantes das illas Canarias, onde se combinan o clima subtropical e os ventos alisios, permiten o cultivo deste produto único. As explotacións son de pequeno tamaño (máis do 80% son inferiores a unha hectárea) e están localizadas en zonas cunha orografía accidentada,
onde as plantas se cultivan cun estrato moi fino de terra que se rega a goteo. CON IXP. Baixo o amparo da IXP Plátano de Canarias, 8.500 agricultores encárganse da produción de forma artesanal.
O plátano de Canarias EROSKI Natur está no seu mellor momento porque madura máis tempo na árbore. Só se seleccionan aqueles con mellor aspecto, tamaño e sabor a través dunha valoración realizada polo noso equipo de calidade. Non ten tratamentos poscolleita e está producido de maneira máis sostible, como o garante a certificación GlobalG.A.P.
As pintiñas que presenta a súa pel son o seu sinal de identidade. Débense á actividade das encimas polifenoloxidasa e peroxidasa, que catalizan reaccións de oxidación relacionadas co pardeamento.
23
022-023 PLATANOS GAL.indd 23
16/1/20 17:26
este mes
Ovos campeiros: notarás a diferenza En EROSKI estamos comprometidos para impulsar unha boa alimentación e un consumo máis responsable. Por iso, ofrecémosche ovos de galiñas campeiras EROSKI Natur, criadas en granxas onde se poden mover ceibas e saír ao exterior. Un método que ofrece ovos de gran calidade e que respecta o benestar das galiñas.
X
a sexa por cuestións éticas ou pola busca de produtos de maior calidade, os consumidores estamos cada vez máis concienciados coa forma de produción dos alimentos que mercamos. Por iso, os ovos campeiros EROSKI Natur proceden de galiñas criadas en granxas onde teñen mobilidade e poden saír ao aire libre. Estas galiñas críanse en liberdade, o que lles permite escaravellar, estirar e coidar as súas ás, darse baños de area e po, durmir en
altura e realizar a posta de ovos en lugares deseñados especialmente para iso. É dicir, respéctase sempre o seu comportamento natural e cóbrense todas as súas necesidades fisiolóxicas. Tamén dispoñen de auga e penso durante todo o día e a súa dieta está composta polo menos dun 50% de cereais como o millo, trigo e cebada. A alimentación fai que a cor da xema destes ovos campeiros sexa máis alaranxada e a súa textura suave e cremosa.
Os ovos campeiros EROSKI Natur recóllense e envásanse o mesmo día da súa posta e comercialízanse segundo a rexión na que se produciron: País Vasco, Navarra, Galicia, Baleares...
Coñece os ovos EROSKI Natur
24
024 HUEVOS CAMPEROS GAL.indd 24
16/1/20 17:26
EROSKI 54 CAMPERAS.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
17/01/20
16:59
este mes
Ao frío de febreiro, hortalizas de tempada Consumir verduras acotío achega innumerables beneficios para a saúde. O inverno é época de protexer o sistema inmunitario e é agora cando están de tempada hortalizas ricas en fibra, potasio, magnesio e fósforo. Ademais, conteñen unha porcentaxe moi elevada de auga e achegan poucas calorías.
N
on só hai que consumir máis hortalizas, senón que é recomendable que estas sexan de tempada e de orixe próxima, xa que así terán todas as propiedades nutricionais e un menor impacto ambiental. Nas nosas tendas sempre chas ofrecemos no seu mellor momento e este mes atoparás cabazas, feixóns verdes, apio e cenorias EROSKI Natur. AGORA NA TENDA. Ofrecémosche diferentes variedades e tamaños de feixóns verdes e de cabazas: feixón verde e feixón verde plano (máis fino e terso), cabaza enteira e media cabaza. Esta última, ademais, pódela atopar cortada e envasada. A cenoria e o apio cultívanse en España e están dispoñibles de novembro a abril. Estas hortalizas son EROSKI Natur, o seu punto de maduración é o óptimo, teñen maior dozura e un sabor máis intenso. GARANTÍA DE CALIDADE. As hortalizas EROSKI Natur non teñen tratamentos poscolleita e están producidas de xeito máis sostible. Os labregos cos que traballamos están certificados por GlobalG.A.P., a norma internacional para a agricultura segura e sostible. VANTAXES. Consumir verduras de tempada axuda o teu peto: custan menos ca noutras épocas e o seu impacto no contorno é menor, porque non hai que transportalas dende outros países e redúcese a pegada de carbono.
26
026 HORTALIZAS GAL.indd 26
16/1/20 17:25
este mes
Receitas que nunca fallan
0,51 € POR PORCIÓN
Puré de cabaza e laranxa 250 g de cabaza 100 g de porros 100 g de cabaciñas 100 g de cenoria 50 g de ceboliña fresca 100 ml de zume de laranxa 2 dentes de allo 100 ml de nata líquida para cociñar 30 ml de aceite de oliva 50 g de carochos de pan fritido Sal
ELABORACIÓN. Cortamos a ceboliña e o porro á xuliana e cociñámolos a lume suave nunha pota cun pouco de aceite quente. Así que amolezan, engadimos a cabaza e a cenoria. Refogámolas e agregamos a cabaciña. Cubrimos a pota de auga, xusto ata superar as verduras. Así que comecen a ferver, engadimos o sal. Tapamos a pota e deixámola ferver a lume suave durante uns 40 minutos.
Así que coza, agregamos o zume e a nata. Preparamos un rustrido de allo. Para iso, pelamos os allos, cortámolos en láminas e dourámolos nunha tixola con aceite de oliva. Sacamos a tixola do lume e inmediatamente vertemos o rustrido na pota das verduras. Tapámola e deixámola repousar cinco minutos. Trituramos as verduras ata acadar unha crema suave e uniforme. Podemos acompañar este puré cuns cachiños de pan frito e cunhas tiras de laranxa salteadas. COMENTARIO DIETÉTICO A base deste puré é a cabaza, unha hortaliza idónea para a época invernal. Entre os seus nutrientes destacan o potasio, ácido fólico e vitamina C. Complétase con máis verduras, que suman variedade de vitaminas e minerais, amais dunha boa achega de fibra. A receita contén cantidades moderadas de graxa pola nata, que lle achega a cremosidade, e que se pode substituír cun pouco de queixo ou de leite evaporado.
Racións: 4
Dificultade
Elaboración
+60’ NUTRI-SCORE
A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL
198 10%
GRAXA
GRAXAS SATURADAS
AZUCRES
SAL
12,43G 4,32G 9,66G 0,54G 18%
22%
11%
9%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
27
027 RECETA PURE CALABAZA GAL.indd 27
17/1/20 14:08
este mes
0,53 € POR PORCIÓN
Ovos en minicocotte / ramekin 3 ovos 6 culleradas de nata 5 g de queixo azul 5 g de queixo rulo 5 g de queixo gruyer 2 noces 2 espárragos 15 g de xamón curado (unha rebanda) 1 culleriña de alcaparras 20 g de salmón (media rebanda) Sal Pementa Manteiga para engraxar os moldes Ceboliño Bastonciños de pan torrado
ELABORACIÓN. Engraxar os ramekins cun pouco de manteiga. Relar o queixo gruyer e engadir o resto de queixos e un ovo. Verter dúas culleradas de nata e esparexerlle as noces por riba.
Cortar os espárragos en anacos e engadilos xunto ao xamón, outro ovo e dúas culleradas de nata.
Receitas que nunca fallan
Engadir o salmón, dúas culleradas de nata, outro ovo, as alcaparras e salpimentar. Colocar os ramekins nunha cazola baixa apta para forno (cocotte), verter auga quente ata cubrir a metade dos moldes e enfornar durante 10 minutos a 175º C. Racións: 3 Á hora de servir, engadir un pouco de ceboliño e acompañar de bastonciños de pan tostados.
Dificultade
Elaboración
40’ Sabías que… Un ramekin é un pequeno recipiente de bordos altos e rectos, feito xeralmente de cerámica ou barro cocido, que se usa para enfornar porcións individuais de varias receitas. Os pratos poden ser doces ou salgados e, dependendo dos ingredientes que incluamos, a preparación será saudable ou non. O cocotte é unha cazola de ferro fundido esmaltado que resiste altas temperaturas e se pode poñer ao lume coma se dunha tixola se tratase e tamén introducir no forno para cociñar directamente nela.
NUTRI-SCORE
A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL
192 10%
GRAXAS SATURADAS
AZUCRES
SAL
14,38G 6,25G
1,41G
0,89G
2%
15%
GRAXA
21%
31%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
28
028 RECETA HUEVOS GAL.indd 28
17/1/20 15:53
este mes
Pan de plátano e noces 350 g de plátanos maduros (3-4 plátanos) 150 g de dátiles sen óso 125 ml de bebida de avea (ou calquera outra) 2 culleradiñas de extracto de vainilla 1 culleradiña de vinagre de mazá 75 ml de puré de mazá (1 mazá reineta grande) 2 ovos M 200 g de fariña integral de avea 1 culleradiña de gasificante 1 culleradiña de bicarbonato sódico 1 culleradiña de canela en po ½ culleradiña de sal 90 g de noces picadas grosas 1 plátano partido pola metade ao longo, para decorar Flocos de avea para decorar
1,10 €
POR PORCIÓN
ELABORACIÓN. Prequentar o forno a 180 ºC, con calor por riba e por baixo, e forrar un molde con papel de forno. Poñer a mazá cortada en cuarteiróns con pel no microondas á potencia máxima durante tres minutos. Estonar, esmagar cun garfo e reservar o puré.
Receitas que nunca fallan
Nunha cunca grande, engadir a fariña, o gasificante, o bicarbonato, o sal e as noces. Mesturar ben e reservar. Triturar os dátiles xunto coa bebida de avea, o extracto de vainilla e o vinagre ata obter unha mestura homoxénea. Engadir o puré de mazá.
Racións: 10
Dificultade
Pelar e esmagar os plátanos ata obter unha crema e mesturar coa crema de dátiles e mazá. Bater os ovos e engadir. Engadir a mestura de ingredientes húmidos á de fariña. Mesturar con movementos envolventes ata obter unha masa homoxénea. Verter a masa no interior do molde. Coroar cun plátano partido pola metade. Enfornar entre 55-60 minutos ou ata que, ao introducir unha agulla, saia seca. Unha vez cociñado, sacar do forno e deixar arrefriar sobre unha reixa.
Elaboración
75’ COMENTARIO DIETÉTICO Unha receita cunha boa calidade nutricional ao substituír o azucre por dátil, canela e vainilla, amais do plátano, e optar por fariña integral. Isto achega propiedades saudables: máis fibra, proteínas, vitaminas e minerais. Os azucres proveñen das froitas e, ao incluílas enteiras, o efecto non é o dos azucres engadidos. O contido moderado en graxas provén das noces e son graxas cardiosaudables. Apta para: ovovexetarianos se se utiliza leite en lugar de bebida vexetal.
NUTRI-SCORE
A
C D E
UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL
263 13%
GRAXA
GRAXAS SATURADAS
AZUCRES
SAL
8,40G 1,25G 20,16G 0,16G 12%
6%
22%
3%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
29
029 RECETA PAN PLATANO GAL.indd 29
16/1/20 17:23
este mes
Pans que che ofrecen moito máis Co cambio de hábitos de consumo e a chegada de novos ingredientes, as nosas panaderías aumentan a súa oferta ofrecendo máis variedades de pans integrais, reducidos en sal e artesáns, elaborados cos mellores ingredientes. Todo un pracer con moito miolo.
PANS EROSKI NATUR Os ingredientes, a calidade e a orixe das fariñas utilizadas nos pans EROSKI Natur marcan a diferenza no seu sabor e textura. A baguette, a barra e a fogaza EROSKI Natur están elaboradas só con fariñas sostibles certificadas, auga, masa nai, fermento e sal, e non conteñen ningún aditivo. O seu método de produción baséase en longas fermentacións, que permiten que o pan se manteña en perfecto estado máis tempo. Para elaborar estes pans utilizamos fariñas de trigo certificadas Label Rouge,
de gran calidade e obtidas de prácticas agrícolas que respectan a rotación de cultivos e reducen o uso de produtos químicos na produción de trigo. Os ingredientes e o modo de elaboración destes pans fan que se distingan polo seu delicado sabor, pola súa fi na e crocante codia e por teren un miolo alveolado e esponxoso que lles dá unha textura única. Ademais, consérvanse mellor e o seu sabor e aroma mantéñense perfectos máis tempo.
Nas nosas panaderías, as fornadas de pan e bolería son continuas para poderche ofrecer produtos frescos con todo o seu sabor
30
030-031 PANES GAL.indd 30
16/1/20 17:23
PANS REDUCIDOS EN SAL
PANS 100% INTEGRAIS Ata a entrada en vigor da nova normativa sobre o pan, podíase denominar integral calquera pan que engadise farelo -a casca de trigo que se separa durante a moenda e fonte de fibra- na súa elaboración, ou unha cantidade de fariña 100% integral, é dicir, a obtida moendo o gran enteiro. Agora só se poden considerar pans 100% integrais aqueles que estean elaborados integramente con gran enteiro, como a nosa baguetina e fogaza 100% integrais, producidos exclusivamente con fariña integral que inclúe as tres partes que compoñen o gran.
A nova normativa sobre pan contempla a redución do contido de sal permitido. Para o 2022, por cada 100 gramos de produto poderase empregar un máximo de 1,31 gramos. En EROSKI temos o compromiso de reducir a presenza de sal nos nosos produtos e xa dispoñemos dunha ampla oferta de pans reducidos en sal que teñen menos dun gramo de sal por cada 100 de produto, diminuíndo máis a cantidade esixida sen perder o sabor. BARRA DE PAN. Un novo pan reducido en sal que destaca pola súa durabilidade e sabor e por estar elaborado con sal de potasio, un substitutivo do sal de sodio, que ten un sabor similar. PAN RÚSTICO. Combina fariñas de trigo, centeo e malteadas
e ten o sabor do pan de sempre cun menor contido en sal ca outras receitas equivalentes. BARRA 30% CENTEO. Pan de centeo cunha receita mellorada que ten un 30% menos de sal. BAGUETTE ENSEMENTADA. Un novo pan de coidada elaboración e unha receita que combina cereais e sementes, que lle achegan un sabor característico. Ten un 25% menos de sal ca outras receitas similares. BARRA CON FARIÑA DE TRIGO INTEGRAL 25% BAIXA EN SAL. Só contén o sal que achega a fariña. É ideal para os que queren controlar o nivel de sodio na súa dieta sen perderen nin un chisco do sabor do pan integral.
31
030-031 PANES GAL.indd 31
16/1/20 17:23
este mes
Coma as da casa En EROSKI ofrecémosche cada vez máis solucións culinarias para consumir decontado con moi pouca preparación. As nosas tortillas frescas de pataca son un prato ideal para gozar desta típica receita en calquera momento. Están elaboradas con pataca, ovo, cebola e aceites de xirasol e oliva virxe. Non te defraudarán.
A
s tortillas frescas de pataca de EROSKI son unha solución doada e rápida para gozar a calquera hora –no xantar, cea ou como petisco- dun dos pratos máis tradicionais da nosa gastronomía. As nosas tortillas frescas están elaboradas con ingredientes de calidade: pataca, cebola, ovo e aceites de oliva virxe e de xirasol e non conteñen ningún tipo de colorantes. As patacas e cebolas que se empregan son frescas, non foron conxeladas previamente, e o ovo é fresco pasteurizado. Á hora de elaborar o prato, tan importante coma os ingredientes é o cociñado. As patacas e as cebolas, peladas e cortadas,
frítense e cállanse co ovo en tixolas, igual ca na casa. O resultado son unhas tortillas saborosas e moi substanciosas, que en poucos minutos podemos quentar, no microondas ou na tixola, aforrando moito tempo na cociña. Dispoñemos de distintos tamaños -un quilo, medio quilo e 200 gramos-,
para elixir en función do número de comensais. E algunhas das nosas variedades veñen xa cun cómodo prato, o que permite quentalas, servilas e consumilas dende o mesmo envase. Atoparalas na sección de refrixerados, a carón doutras solucións culinarias.
32
032 TORTILLAS GAL.indd 32
16/1/20 17:22
EROSKI 54 LA COCINA DE SENEN.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
16/01/20
15:16
este mes
Un mundo de arroces ao teu alcance É un básico da nosa alimentación e está presente nunha morea de receitas. Nos últimos tempos, o consumo deste cereal medrou e con iso as variedades. Presentámosche todos os arroces EROSKI.
C
ando cociñamos arroz, é importante elixir a variedade correcta para cada uso gastronómico. O basmati, por exemplo, é ideal para cocelo con auga e consumilo só ou mesturado con outros ingredientes. Pola contra, en moitos dos pratos tradicionais do Mediterráneo, como na paella
valenciana, as caldeiretas ou os risottos italianos, interesa que o arroz absorba e transmita os sabores do caldo no que coce, polo que convén optar por un arroz de tamaño medio ou redondo como o carnaroli, bomba ou senia. En EROSKI atoparás a variedade de arroz máis axeitada a cada tipo de prato.
Atopa o teu vale aforro na páxina 51
EXTRA E LONGO EROSKI BASIC Idóneos para calquera tipo de receita, os nosos arroces Extra e Longo EROSKI Basic garántenche un gran resultado ao mellor prezo. Prezo por porción (80 g): Extra: 0,06 € / Longo 0,07 €
VAPORIZADO Este arroz sométese a un proceso de vaporización e secado antes de debullar o gran con auga quente. Posteriormente, pasa por unha forte presión de vapor para acabar cun desecamento que lle dá unha cor torrada. Conséguese así que unha parte importante das vitaminas e dos minerais se trasladen da codia ao gran de arroz e que este non se pase ao cociñar, aínda que exista sobrecocción. Prezo por porción (80 g): 0,09 €
INTEGRAL Caracterízase por ter un gran de tamaño medio de tonalidades torradas e por estar provisto dunha cutícula (farelo), que é rica en vitaminas, minerais e fibra. Obtense ao eliminar a cascarilla dura -non comestible- pero mantendo o xermolo e o farelo. Ao ser integral, adoita precisar unha maior proporción de auga e ten un tempo de cocción máis longo ca os arroces brancos, pero pódese utilizar en calquera tipo de receita. Ao conter todas as partes do cereal achega máis fibra e ten un maior efecto saciante. Amais das propiedades nutritivas e saudables que nos proporciona, o arroz integral é máis duro e elástico e dificilmente se pasa, polo que o poderás degustar sempre no seu punto xusto. É adecuado para elaborar paella, arroz ao forno, arroces melosos e arroz con leite. Prezo por porción (80 g): 0,12 €
34
034-036 ARROCES GAL.indd 34
16/1/20 17:22
ECOLÓXICO No seu cultivo non se empregan fertilizantes nin pesticidas, respéctase ao máximo o equilibrio natural da zona do Delta do Ebro, na que medra, e cúmprense todos os requisitos establecidos polo Regulamento Ecolóxico Europeo. Ao ser un arroz medio é ideal para paellas e arroces ao forno. Prezo por porción (80 g): 0,25 €
ESPECIAL RISOTTO Este arroz é da variedade carnaroli e provén dunha das rexións de máis tradición en Italia: Lomellina. Está considerado como un dos arroces de maior calidade. O seu gran é longo, redondeado e esbrancuxado e destaca polo seu alto contido en amidón, o que favorece que absorba moi ben os aromas e sabores do caldo mentres conserva o seu núcleo al dente e unha superficie esponxosa. Esta é a textura perfecta para un risotto, o que os cociñeiros expertos denominan all’onda (con forma de onda), pola cremosidade que presenta ao removelo así que remata a cocción. Poderalo atopar en dúas cómodas bolsas de 500 gramos envasadas ao baleiro para favorecer a súa conservación. Prezo por porción (80 g): 0,16 €
BOMBA Os seus grans son redondos, pequenos e moi resistentes. Aumenta o seu volume ao dobre unha vez cocido e mantense sempre solto. Ao ser máis rico en amilosa, atura mellor a sobrecocción e o repouso sen se pasar, aínda que a súa textura é menos cremosa e require de máis auga e tempo de coccion. A súa resistencia ao cociñado faino moi apreciado e é adecuado para paellas, receitas ao forno ou en cazola de barro e tamén para elaborar sushi. Prezo por porción (80 g): 0,20 €
BASMATI Este arroz, orixinario da India e Paquistán, ten un gran longo e cristalino, máis firme e menos cremoso, e queda solto ao cocerse. É moi aromático e ten un contido en amilosa maior ca o resto de variedades. Por iso, non se pega con facilidade e require de maior tempo e auga para a súa cocción. É perfecto para acompañar ensaladas e preparar moitos pratos da cociña asiática. Prezo por porción (80 g): 0,17 €
35
034-036 ARROCES GAL.indd 35
16/1/20 17:22
este mes
Arroces EROSKI con D.O. Valencia A Denominación de Orixe Arroz de Valencia ampara os cultivos que se atopan situados nos parques naturais da Albufeira e do Marjal de PegoOliva. Este selo de calidade inclúe, entre outras, as variedades de arroz senia, baía, albufeira e bomba, por seren tradicionais nestas zonas de cultivo e por seren as que mellor se adaptan ás receitas tradicionais da cociña mediterránea.
D.O. VALENCIA Absorbe moi ben os sabores, o que o converte nun dos mellores arroces tanto para preparar pratos caldosos e melosos como para os secos. O seu gran é cremoso, o que favorece a absorción dos sabores. Pero a mesma humidade que proporciona maior sabor impide que os grans queden soltos
entre si. Por iso, hai que ter coidado coa sobrecocción e require dunha preparación coidada para que non se pase. Prezo por porción (80 g): 0,10 €
D.O. VALENCIA, VARIEDADE ALBUFEIRA Cultivado de xeito tradicional, este arroz da nosa marca SELEQTIA é o resultado do cruzamento natural das variedades senia e bomba, unha mestura que se converteu nunha das máis apreciadas no mundo gastronómico. Axunta a gran capacidade de absorción de aromas e sabores que ofrecen os grans da variedade senia coa resistencia á cocción da variedade bomba. Unha vez cociñado, gozaremos dun arroz extraordinariamente suave e cremoso, que mantén unha textura consistente e todas as súas propiedades organolépticas. Todo isto faino idóneo para cociñar as mellores receitas de paellas, pratos ao forno, arroces melosos e caldosos, etc. Prezo por porción (80 g): 0,22 €
36
034-036 ARROCES GAL.indd 36
16/1/20 17:22
este mes
1,07 € POR PORCIÓN
Receitas que nunca fallan
Arroz integral con refogado de porros, cabaza e pementos vermellos 250 g de arroz integral EROSKI 1 ceboliña 100 g de cabaza 2 pementos vermellos 1 porro 2 dentes de allo 1 l de caldo de verduras 20 ml de aceite de oliva virxe Sal
ELABORACIÓN. Botamos un pouco de aceite nunha pota e poñemos a rustrir o porro, os dentes de allo, a cabaza, os pementos e a ceboliña picados en tiras grosas.
Cando a verdura estea a medio facer, salgámola e agregamos o arroz, que volvemos refogar. Engadimos o caldo pouco a pouco mentres remexemos. Poñemos ao punto de sal e deixámolo cociñar uns 35 minutos. O arroz integral require máis tempo de cocción ca outros, pero se o poñemos en remollo a noite anterior, como fariamos cun legume, poderémolo cociñar igual ca un arroz branco.
Racións: 4
Dificultade
45’ NUTRI-SCORE
Así que se cociñe o arroz, servímolo quente para evitar que se prense. COMENTARIO DIETÉTICO É recomendable consumir os cereais integrais, o gran enteiro. Ao refinar os cereais, estamos a eliminar a fibra e a maior parte das proteínas e minerais. Os hidratos de carbono dos cereais refinados absórbense rapidamente e a fibra actúa de modulador.
Elaboración
A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL
GRAXA
387
8,30G
19%
12%
GRAXAS SATURADAS
AZUCRES
SAL
1,33G 12,67G 2,15G 7%
14%
36%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
37
037 RECETA ARROZ GAL.indd 37
17/1/20 15:59
este mes
A variedade e calidade do local Mercar produto local significa apostar por alimentos de proximidade, que contribúen ao desenvolvemento social do teu contorno. Ademais, están estreitamente unidos á biodiversidade e características de cada rexión. Bo exemplo diso son as marmeladas e meles locais que atoparás en EROSKI.
MARMELADAS En EROSKI seleccionamos marmeladas locais que se caracterizan por teren unha gran porcentaxe de froitas na súa receita e por estaren elaboradas de xeito artesanal, cocendo a froita e o azucre e engadindo só zume de limón espremido.
ARAGÓN ARA Marmelada extra de pexego e extra de mazá con canela La Vicora Elabórase só con pexegos e mazás cultivados no Val do Xalón e a Serra
PAÍ VASCO PAÍS Marmelada de kiwi e de mazá e arando Jakion Elaboradas a partir de polpa de froita producida no País Vasco por pequenos produtores e cooperativas de produtores.
de Vicor (Zaragoza). Os pequenos agricultores proporcionan a froita no intre xusto de maduración e transfórmase en marmelada en menos de 24 horas.
38
038-041 DESAYUNOS GAL.indd 38
16/1/20 17:16
NAVARRA NA Marmeladas Pedro Luis As diferentes variedades desta marca elabóranse utilizando un 70% de froita e pectina de froitas características de Navarra e colléitanse no
seu momento óptimo de maduración. A pectina é unha fi bra natural que se atopa nas peles das froitas. Ao se mesturar co azucre dá espesado de xeito natural a marmelada.
NAVARRA NA Marmeladas Anko Dende a Ribeira de Navarra chegan estas marmeladas, elaboradas con froitas de producións locais. Todos os produtos de Anko teñen o distintivo de ‘Alimentos artesáns de Navarra’ e a súa elaboración contrólaa e supervísaa un mestre artesán.
BALEARES BAL Marmelada de laranxa M Fet a Sóller Está elaborada con distintas variedades de laranxa de produción ecolóxica recollidas no seu punto óptimo na localidade de Sóller. Segue o método artesanal de produción, no que se utiliza un 67% de froita.
AR ARAGÓN Marmelada de amorodos con chocolate, pemento verde e tomate Mari Golosa O 70% destas marmeladas é froita natural. Están elaboradas a partir de froita fresca de tempada de primeira calidade procedente a máis dela
de pequenos produtores. Para lle dar un toque máis persoal, a froita está pouco triturada, co que se acada unha consistencia axeitada e que se dea identificado o froito que está detrás de cada sabor.
39
038-041 DESAYUNOS GAL.indd 39
16/1/20 17:16
este mes
MELES A orografía e a biodiversidade das diferentes rexións fai que non haxa un mel igual a outro. En EROSKI ofrecémosche meles de diferentes rexións envasados decontado tras a súa recollida na alvariza e producidos en pequenas explotacións.
ARAGÓN ARA Mel de romeu e de tomiño Casa Alberdi Meles frescos, sen pasteurizar, producidos de xeito artesanal por unha pequena empresa familiar na zona do Mosteiro
PAÍ VASCO PAÍS Mel milfl ores de Guipúscoa, milfl ores de primavera de romeu, mel da fraga, mel de xirasol e mel de breixo Giezberri Estes produtos son naturais, de alta pureza e gran frescura. Trátase de meles crus, sen pasteurizar, polo que
preservan todos os seus valores. Prodúcense en pequenas alvarizas da rexión, o que posibilita un coidado continuado e esmerado, e envásanse así que se recollen para garantir a súa calidade e frescura. Identificaralos mediante a etiqueta ‘K’ de Eusko Label.
de Pedra (Zaragoza). A dureza do clima da rexión e a xeografía variada e abrupta ofrecen unha diversidade fl oral única que permite a elaboración de diferentes variedades.
40
038-041 DESAYUNOS GAL.indd 40
16/1/20 17:16
AR RIOXA Mel de romeu-tomiño e fraga Del Pueblo-Igea Esta empresa familiar elabora dende hai 40 anos meles de colleita propia. Teñen 1.500 colmeas, as máis delas na Reserva da biosfera da Rioxa, e xa é a terceira xeración dedicada a este produto.
CA CANTABRIA Mel monofloral de breixo Braña Jana Elaborado pola cooperativa Erica Campoo, unha das principais de Cantabria, procede das breixeiras situadas na Cordilleira Cantábrica, a máis de 1.000 metros de altitude, onde se dá a proporción ideal entre tres especies de breixos: erica cinerea, erica vagans e calluna vulgaris.
41
038-041 DESAYUNOS GAL.indd 41
16/1/20 17:16
beleza
Xeles e xabóns que limpan e coidan a túa pel A limpeza da pel é o primeiro e o máis importante xesto para que luza sa. Ademais, é necesario utilizar produtos que sexan respectuosos coa epiderme, como os xeles e xabóns de belle. Visita a nosa web para coñecer todos os nosos produtos belle
COCO TAHITÍ
A
pel é o órgano que está máis exposto. A súa función é a de facer de barreira fronte aos axentes externos que, amais de lixala, lle poden dar un aspecto avellentado. Por iso, é importante manter unha boa hixiene. Usar produtos agresivos pode carrexar deshidratación e alteracións do pH, dando lugar a unha epiderme máis fráxil e permeable, diminuíndo as defensas naturais ou producindo erosións. Para evitar estes inconvenientes cómpre usar xeles e xabóns cun pH adecuado, como os de belle, que están dermatoloxicamente testados, teñen pH neutro e están libres de parabenos.
Atopa o teu vale aforro na páxina 51
É a última incorporación á familia de xeles belle. Coa seu evocadora fragrancia transportarache a un exótico paraíso tropical e deixará a túa pel nutrida e suave. Grazas á súa fórmula, con extracto de leite de coco, de propiedades acondicionadoras, mantén a túa pel suave, tersa e coidada.
ALOE VERA Limpa delicadamente as peles máis sensibles, xa que é hipoalerxénico e está formulado para minimizar o risco de alerxias. Con extracto de aloe vera e glicerina, de propiedades calmantes, protectoras e hidratantes.
PROTEÍNA DE LEITE Formulado para peles normais, este xel hidratante é ideal para a hixiene e o coidado diario de toda a familia. Delicadamente perfumado, contén proteínas de leite e glicerina, que proporcionan calidades protectoras e nutritivas para a pel.
AVEA Grazas á acción antioxidante da avea, restablece o nivel de nutrición da pel deixándoa limpa e suave. Ten extracto de avea natural e de glicerina, que proporcionan a hidratación, elasticidade e suavidade que a túa pel necesita acotío.
42 4 2
042-045 BELLEZA GAL.indd 42
16/1/20 17:15
FLOR DE LOTO E AÇAI
ARGÁN
A súa delicada e fresca fragrancia converte o momento do baño nun ritual de pracer. Formulado con extracto de flor de loto, de propiedades calmantes, favorece a luminosidade da pel. Contén extracto de açai, rico en vitamina E e coñecido por ser un potente antioxidante e revitalizante da pel.
Goza dun baño exótico e nutritivo con este xel para peles secas formulado con aceite de argán, que axuda a previr a deshidratación e proporciona nutrición. Deixarache a pel sedosa e lixeiramente perfumada grazas á súa exótica fragrancia.
CLASSIQUE
XEL DE DUCHA 2 EN 1
O xel coa fragrancia máis clásica proporcionarache un momento de auténtico benestar grazas á súa evocadora fragrancia que contén aceites esenciais.
Pensado para corpo e cabelo, é perfecto para te coidares despois de facer deporte. Está dermatoloxicamente testado e o seu pH é neutro.
FLOR DE AZAR E AMÉNDOAS Axeitado para peles normais e secas, os seus extractos de fl or de azar e améndoas achegan propiedades nutritivas e protectoras para manter unha epiderme tersa e coidada.
FRESCOR MARIÑO Proporciona unha agradable sensación de hidratación e limpeza diaria. A súa fresca fragrancia converte o momento do baño nunha pausa de pracer e benestar. Con pH neutro, respecta a suavidade natural da túa pel.
XELES PARA NECESIDADES ESPECIAIS PEL ATÓPICA Especialmente indicado para a limpeza das peles máis sensibles, extrasecas e con tendencia atópica. Contén aceite de liño, rico en ácidos graxos omega 6, que prevén a deshidratación contribuíndo a devolverlle á pel a súa elasticidade e tersura. Restaura, coida e hidrata á vez que alivia a comechón e a tensión. Sen colorantes nin alérxenos.
PEL DESHIDRATADA Conta cun 5% en urea pura que, xunto á glicerina, proporciona unha intensa hidratación, axudando a aliviar a sequidade severa e a tensión de xeito que a pel queda reparada, protexida e nutrida.
43
042-045 BELLEZA GAL.indd 43
16/1/20 17:15
beleza
Por que é importante lavar ben as mans? O correcto lavado das mans é un hábito sinxelo que, segundo a Organización Mundial da Saúde, reduce considerablemente o contaxio de enfermidades e doutras infeccións cutáneas. Lavarse con auga e xabón elimina ata nun 80% os microbios causantes de enfermidades e infeccións. Por iso, debe ser un dos hábitos máis importantes no noso día a día. Ao igual que acontece cos xeles, é recomendable elixir xabóns que, ademais, coiden a túa pel.
O
s xabóns de toucador en pastilla de belle son 100% naturais e están elaborados artesanalmente a base de aceite de coco e doutros ingredientes como glicerina, avea, rosa mosqueta e aloe vera, que lle achegan á túa pel o coidado que precisa. Todas as variedades están formuladas sen ingredientes de orixe animal, aceites sintéticos nin sulfatos. Presentámosche a nosa gama. FARELO DE AVEA. Elaborado a base de aceite de coco, coñecido por restablecer o nivel de nutrición e elasticidade da pel. As súas pequenas partículas de farelo de avea proporcionan unha exfoliación suave e natural. ROSA MOSQUETA. Repara e suaviza a pel grazas á súa fórmula elaborada a partir de aceite de coco e rosa mosqueta, coñecida por atrasar os signos do avellentamento prematuro e favorecer a rexeneración da pel. ALOE VERA. Xunto co aceite de coco, o aloe vera axudarache a manter as túas mans suaves, coidadas e protexidas grazas ás súas propiedades calmantes. GLICERINA. Purifi ca e equilibra a túa pel con este xabón elaborado a partir de aceite de coco e glicerina vexetal. Esta fórmula con propiedades hidratantes axudará a manter as túas mans suaves e tamén protexidas.
44 4 4
042-045 BELLEZA GAL.indd 44
16/1/20 17:15
Atopa o teu vale aforro na páxina 51
TODO O COIDADO E COMODIDADE Amais das pastillas de xabón belle, tamén dispoñemos de xabóns líquidos de diferentes variedades, todos formulados sen parabenos e con pH neutro para respectar a túa pel. O xabón líquido floral contén extracto de xasmín, que mima e perfuma a pel. O de karité está formulado con manteiga de karité e antioxidantes. O de glicerina e argán contén glicerina 100% natural e está pensado para nutrir e o de aloe vera coida e protexe as mans grazas ás propiedades desta planta. Aos máis pequenos encantaralles o xabón de mans infantil, con fragrancia a piruleta. Coida e protexe a súa pel, xa que é hipoalerxénico e está formulado para minimizar alerxias.
O RITUAL DA LIMPEZA DE MANS O lavado iníciase cubrindo con xabón as mans húmidas. Hai que fregalas ata producir escuma, incluíndo as palmas, o dorso, o espazo entre os dedos e debaixo das uñas polo menos uns 20 segundos. Logo enxáugase con abundante auga. Hai que axitar as mans ou friccionalas para eliminar o exceso de auga. Despois
secalas, comezando polas palmas, seguindo polo dorso e os espazos interdixitais. Recoméndase pechar a billa co material usado para secar as mans, sen tocalo directamente. En momentos nos que non se dispón de auga, o produto ideal é un limpador que conteña como mínimo un 60% de alcohol, como o xel limpador
de mans sen auga de belle, que limpa sen deixar residuos grazas á súa fórmula de rápida evaporación. Contén aloe vera, que proporciona unha sensación de suavidade e un perfume agradable. O seu pequeno formato é adecuado para levar no bolso, no coche, no neceser... Non ten parabenos e está dermatoloxicamente testado.
4 45
042-045 BELLEZA GAL.indd 45
16/1/20 17:15
masterclass viaxes
Ímonos a Costa Rica C
osta Rica é un país exuberante, onde a natureza se manifesta en todo o seu esplendor por mor da extraordinaria biodiversidade do seu territorio. Un destino no que observar e coñecer de primeira man unha natureza única e espectacular. Os visitantes poden gozar de maxestosos volcáns, praias do Pacífico e do Caribe, selvas tropicais secas e húmidas e mais realizar actividades como enxergar aves ou sendeirismo. Todo iso, sen ter que percorrer longas distancias. BIODIVERSIDADE. Aínda que o país é pequeno e cobre só o 0,03% da superficie do planeta, ten o privilexio de ser o hábitat do 5% da biodiversidade existente no mundo. De feito, con só 51.100 km2, Costa Rica alberga preto dun millón de especies. O 25,5% do seu territorio
está protexido baixo diversas formas de conservación: hai 29 parques naturais, 19 refuxios de vida silvestre, oito reservas biolóxicas e unha serie de áreas protexidas que cativan aos amantes das actividades ecoturísticas. A oferta de excursións é moi variada e inclúe paseos dacabalo, camiñadas por sendeiros montañosos, saídas guiadas para a observación de aves, fragas e paisaxes e mais teleféricos, lagos e ríos inzados de flora e fauna. ECOTURISMO. Costa Rica non só lles ofrece fermosas experiencias naturais aos visitantes, tamén educa sobre a importancia de protexer os recursos naturais e a vida animal que atesoura o país. Costa Rica conta cunha lexislación que declara os animais silvestres patrimonio de todos os costarriqueños e parte
dos seus tesouros naturais, dunha beleza que atrae a milleiros de turistas cada ano. Máis do 64% das persoas que visitan o país faino para realizar actividades relacionadas directamente co ecoturismo. #STOPANIMALSELFIES. Costa Rica converteuse no primeiro país que lanza unha campaña que pretende eliminar a incidencia de selfies crueis ou inadecuados con animais silvestres e mais os seus efectos negativos e os riscos que implican. Para concienciar os visitantes, creouse #stopanimalselfies, un proxecto que busca sensibilizar as persoas que aman a natureza para reducir os efectos negativos destas prácticas na conservación das especies. Como líder mundial na preservación da natureza, Costa Rica tomou o compromiso de
46
046-047 VIAJES GAL.indd 46
16/1/20 17:12
O MELLOR DE COSTA RICA CON MANUEL ANTONIO 24 de xuño 12 días / 10 noites
1.970€ PARQUES NACIONAIS, VOLCÁNS E PRAIA 26 de xullo 12 días / 10 noites
1.960€ PURA VIDA E NATUREZA promover prácticas responsables para procurar a saúde das especies silvestres, que require mudar algunhas condutas daniñas. Stop Animal Selfies conta co apoio do Instituto Costarriqueño de Turismo por ser unha valiosa achega para o modelo de desenvolvemento turístico sostible do país. Unha campaña que vela pola fauna e flora local e mais pola seguridade
e intereses dos turistas nacionais e estranxeiros. Comprometidos coa natureza do país para conservar a biodiversidade e protexer a vida silvestre, o sector ambiental e turístico únense para deteren esta práctica e seren exemplo para evitar o contacto directo e os selfies con animais silvestres, en cativerio ou no seu hábitat natural cando exista manipulación humana para ese fin.
COMPROMISO COA FAUNA. O contacto directo con animais silvestres pode representar un risco para as persoas e xerarlle estrés e sufrimento á fauna. Os animais tamén poden ser portadores de enfermidades ou contaxiarse de patóxenos transmitidos por persoas, polo que cómpre manter unha distancia prudente ao observalos no seu hábitat natural e respectar os seus comportamentos naturais. A campaña ten por obxectivo xerar conciencia sobre o trato axeitado que un destino turístico sostible debe garantirlles aos animais silvestres e a quen se achega a eles como visitante.
16 de agosto 12 días / 10 noites
2.085€
Prezos “desde” por persoa en habitación dobre. Consultar condicións en oficinas físicas EROSKI/viajes. Prazas limitadas. CIE 618. Edición 02/2020.
47
046-047 VIAJES GAL.indd 47
16/1/20 17:12
Máis vantaxes por Durante este mes, máis aforro Con ofertas exclusivas, vales aforro personalizados, un 4% en aforro Ouro. E ademais agora por usares a túa tarxeta de pagamento EROSKI club (1) do 1 ao 15 de febreiro nas túas compras en EROSKI e alcanzar 125 €, enviámosche un vale aforro de 5 € no teu próximo extracto a comezos de marzo do 2020 para que o goces na túa vindeira compra en EROSKI.
5€
e no seu vale aforro
Aínda non tes a tarxeta de crédito EROSKI club? Pódela solicitar comodamente dende a túa casa en calquera momento, en www.eroski.es, ou na túa tenda máis próxima. Xunto á túa nova tarxeta recibirás un vale aforro de 5€. Lembra que é gratis para sempre, sen cota de emisión nin de mantemento. Ademais, cunha única tarxeta poderás pagar e benefi ciarte de todas as vantaxes do club. Todo nun. Descubre as súas vantaxes en: http://www.eroski.es/tarjeta-de-credito-eroski/
(1)
Tarxeta emitida por Santander Consumer Finance, S.A.
48
048-049 VENTAJAS CLUB GAL.indd 48
16/1/20 17:11
seres socio Apúntate gratis e comeza a aforrar en carburante En novembro lanzamos unha nova vantaxe para os nosos socios de EROSKI club coa que poderás gozar de ata un 4% (1) ao pagar o carburante coa tarxeta de crédito EROSKI club nas estacións de Servizo Repsol, Campsa e Petronor. • Se consumes entre 50 e 100 litros de carburante ao mes obterás un 2%. • Se superas os 100 litros de carburante ao mes, aforrarás un 3%. Ademais, poderás conseguir un 1% extra pagando coa túa tarxeta de crédito EROSKI club, aforrando así un 4%.
Aforra ata un
% Para conseguir o aforro, abonda con vincular a túa tarxeta EROSKI club cunha tarxeta Repsol Máis. Se te queres apuntar podes chamar ao teléfono 944 943 444, ou facelo a través da web: www.eroski.es/promocion-carburante/
en Apúntate gratis no 944 943 444 ou en eroski.es/promocion-carburante/
Queres a tarxeta Ouro EROSKI club? Comeza o ano aforrando coa túa tarxeta Ouro EROSKI club. Poderás aforrar un 4% en todas as túas compras en EROSKI (2) pagando unha cota de 4,99€/mes. Imaxina aforrar con cada compra! Cando merques en alimentación, cada vez que repoñas gasolina e, sobre todo agora, momento perfecto para renovar e decorar o teu fogar. É moi doado, só tes que facer e amosar a túa tarxeta Ouro ao pasares por caixa. Automaticamente ingresaráseche o aforro na túa tarxeta EROSKI club e poderás trocar o saldo acumulado cando e como queiras. Podes aproveitar e probala gratis un mes (2). Anímate a facelo sen compromiso ningún!
(1)
Para conseguir o aforro é necesario vincular a túa tarxeta EROSKI club cunha tarxeta Repsol Más e aboar o carburante coa tarxeta de crédito EROSKI club. Vantaxe exclusiva para repostaxes en Estacións de Servizo Repsol, Campsa e Petronor. O ingreso sumarase a comezos do mes seguinte na tarxeta EROSKI club asociada. Consulta todas as condicións en www.eroski.es/promocion-carburante/. (2) Promoción válida para novas altas no programa Ouro realizadas ata o 29/02/2020. Consulta condicións en eroski.es/oro.
49
048-049 VENTAJAS CLUB GAL.indd 49
16/1/20 17:11
EROSKI 39 BOULANGERE.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
24/07/18
14:41
EROSKI 54 FINISH.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
16/01/20
15:10
sustentabilidade
Citruspack: alternativas aos envases de plástico En EROSKI traballamos para sermos máis respectuosos co medio natural en todos os eidos, dende a produción dos alimentos, o seu transporte e venda, ata o uso no fogar. Entre as últimas accións que levamos a cabo está a participación de EROSKI en Citruspack, un innovador proxecto colaborativo para o desenvolvemento de envases alternativos ao plástico.
C
itruspack é un proxecto de investigación fi nanciado pola Unión Europea que, a través da innovación e o desenvolvemento, busca darlles unha nova vida aos residuos cítricos que se xeran durante a produción industrial de zumes. Concretamente, investiga o xeito de converter as tonas dos cítricos en material biobasado co que elaborar botellas para zumes e envases para cosméticos completamente biodegradables. Citruspack pretende demostrar que aplicar prácticas sostibles e efi cientes na xestión de residuos pode ser, amais de benefi cioso para o medio natural, rendible para os sectores agrícolas e industriais que, grazas ao aproveitamento dos residuos, se revalorizan e contribúen a aumentar a produtividade dos agricultores e os produtores. Partindo do que hoxe en día é un refugallo na produción de zume de cítricos, o proxecto recupera as fi bras naturais das tonas para usalas como aditivo natural en botellas e frascos 100% biobasados e biodegradables. Ademais, ao reutilizar os desperdicios da froita elimínase un residuo da cadea de valor e, polo tanto, da sociedade. Deste xeito dáse reducido tamén a dependencia do plástico e dos recursos fósiles que se utilizan na súa produción. EROSKI traballa na parte fi nal do proceso, en contacto co
consumidor, para contrastar a viabilidade de desenvolver este tipo de envases e achegar melloras. Para acadar a validación e aprobación do produto é moi importante a aceptación do consumidor. Por iso, probaremos cos nosos clientes as mostras dos envases. Este proxecto é unha parte máis dentro do noso compromiso pola sustentabilidade e o ecodeseño dos envases dos nosos produtos. O proxecto Citruspack está coordinado polo centro tecnolóxico
Aitiip de Zaragoza. Amais de EROSKI, conta coa colaboración de AMC Innova Juice and Drinks SL (España), división científi ca de AMC Natural Drinks (empresa gañadora do Premio Nacional de Innovación); da empresa especializada en construción e no funcionamento de plantas de biometanización OWS nv (Bélxica); da asociación de empresas para o desenvolvemento de plásticos Plastipolis (Francia) e mais do centro tecnolóxico TECOS (Eslovenia). Citruspack forma parte do programa LIFE, que é o instrumento fi nanceiro da Unión Europea dedicado exclusivamente ao medio ambiente. Ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento sostible e impulsar proxectos destinados a preservar o medio natural e o clima.
54
054 CITRUSPACK GAL.indd 54
16/1/20 17:08
EROSKI 54 BLEVIT.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
16/01/20
15:21
EROSKI 54 COMPO.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
20/01/20
11:25