EROSKI_MAYO_2020_GALLEGO

Page 1

#56 Maio’20

www.eroski.es

Variedades

O

gourmet

A opción

sen glute

novo

Aquí, si podes elixir

A opción

A opción

máis responsable

A opción

máis saudable

aforro A opción

máis fácil

Revista para socios con Tarxeta Ouro EROSKI club Unha ao mes por Tarxeta Ouro. Suxeito a dispoñibilidade en tenda.


EROSKI 56 SANEX ULTIMA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

06/04/20

13:59


sumario maio’2020

www.eroski.es

16 Carnicería

A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.

10 Aquí, si podes elixir

18 Peixería

24 Pasta 04 Neste número.

28 Aceites.

06 Campaña solidaria.

30 Cervexas.

08 O último nas nosas tendas.

32 Deterxentes.

10 Supermercados EROSKI:

34 Produtos capilares.

Aquí, si podes elixir. 12 Alcachofas e espárragos.

46 Viaxes

30 Cervexas

38 A viaxe dos alimentos da horta á tenda.

16 Carnicería.

46 Viaxes: Gran Canaria.

18 Peixería.

48 As vantaxes de EROSKI club.

22 Conservas de peixe.

51 Vales aforro.

24 Pasta.

54 Premios: Proxecto Diverhortaliza.

3

003 SUMARIO_GAL.indd 3

7/4/20 0:51


neste número

Estamos contigo Itxaso Cuesta Responsable de EROSKI club

D

ende o nacemento da cooperativa, en EROSKI cremos firmemente na capacidade humana e na cooperación para lles dar unha resposta social e colectiva ás necesidades cotiás das persoas. Nas últimas semanas tivemos que adaptar a nosa actividade á conxuntura excepcional xerada polo coronavirus, traballando en estreita colaboración cos nosos provedores. Todo iso, reforzando os servizos das nosas plataformas loxísticas e tendas para poder satisfacer as necesidades dos nosos clientes. Queremos agradecer a túa comprensión nestas circunstancias, nas que o traballo e o esforzo de todos os equipos de EROSKI estiveron orientados a che seguir ofrecendo o mellor servizo posible. E, por suposto, dámosvos as grazas a todos os clientes que participastes na nosa campaña solidaria en

EDITOR EROSKI S. COOP. Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211

colaboración coa Cruz Vermella. Con ela recadamos fondos para a alimentación e hixiene dos nenos, nenas e familias en risco de exclusión social, unha situación agudizada por esta crise. Unha vez superado abril, no que non nos foi posible ofrecerche a revista ao orientarmos todos os nosos recursos ao apoio ás tendas, en maio volve EROSKI Club cunha pequena mostra da amplitude de produtos que atoparás nos nosos máis de 1.600 supermercados. Para que poidas elixir segundo a ocasión, gustos ou conviccións, sabendo que atoparás o mellor e as últimas novidades. Para levar unha alimentación saudable, coidar do contorno, buscar o mellor produto ao mellor prezo, en EROSKI ampliamos a gama de produtos nos nosos supermercados máis pequenos, para que sempre atopes o que buscas. Tamén aproveitamos para che contar como materializamos o noso compromiso por impulsar o tecido produtivo agroalimentario e para che permitir descubrir a través dun dos alimentos máis consumidos en todos os fogares, a pataca, cal é o percorrido dos alimentos dende a horta deica a túa mesa. E, coma sempre, neste número atoparás os mellores produtos de tempada, as últimas novidades e lanzamentos, vales desconto, consellos nutricionais e, por suposto, receitas coas que triunfar na cociña.

Difusión: Controlada por OJD

REALIZACIÓN EDICIÓN

Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com

Valentín Beato, 44. 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104

Imprenta: MCC Graphics. Pol. Ind. Txirrita Maleo, Pab. 11. 20100 Errenteria (Gipuzkoa). Tel. +34 943 344 614

Depósito Legal: BI-222-2015 Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora. A revista EROSKI club non se fai responsable das opinións dos seus colaboradores nin das mensaxes publicitarias de empresas públicas ou privadas.

4

004 editorial_GAL.indd 4

7/4/20 0:49


EROSKI 56 BIMBOI NATURAL.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

03/04/20

12:17


este mes

Grazas! Disque as situacións excepcionais merecen respostas extraordinarias. E velaquí temos, sen dúbida, unha delas. Disque tamén todas as crises sacan o mellor de cada un. E iso é o que fixemos en EROSKI: intentar dar o mellor. Pero non sería posible sen todos e cada un de nós. É o momento de agradecer e de recoñecer a aqueles que contribuíron a facelo real. A todo o noso persoal e aos nosos provedores, por seguiren traballando acotío e esforzándose polo resto. Ás clientas e aos clientes, por respectaren as medidas de seguridade e pola comprensión que amosastes en todo momento. Especialmente, ao persoal sanitario, ás embarazadas e ás persoas maiores, por vos achegardes ás nosas tendas e facerdes uso da nosa atención prioritaria. A todos e a todas, grazas por seguir confiando en EROSKI. Esta crise puxo a proba que o noso lema, EROSKI Contigo, é máis ca unha frase feita. Nestes tempos, é a reivindicación máis viva do importante que é crear comunidade, cooperar e axudarnos entre nós. Agora, máis ca nunca: EROSKI Contigo. 6

006-07 Cruz Roja_GAL.indd 8

7/4/20 0:55


EROSKI COA CRUZ VERMELLA A finais do mes de marzo, en EROSKI sumámonos ao Plan Cruz Vermella RESPONDE e poñíamos en marcha en todos os seus supermercados e hipermercados unha campaña solidaria. O obxectivo era recadar fondos para a alimentación e hixiene dos nenos, nenas e familias en risco de exclusión social, unha situación agudizada pola crise sanitaria. Dende estas páxinas, facemos un recoñecemento especial aos que ao pasardes por caixa realizastes un donativo. Pola súa parte, EROSKl, que igualará a cantidade achegada polos seus clientes, realizou unha achega inicial de 50.000 euros para poder activar a axuda dende o primeiro día.

PLAN RESPONDE Os fondos recadados por EROSKI canalizáronse integramente a través da Cruz Vermella, quen contribuíu a reducir o impacto social da pandemia COVID-19 no eido nacional con accións dirixidas a colectivos en situación de especial vulnerabilidade. O Plan Cruz Vermella RESPONDE, no que se enmarcou a campaña de EROSKI, é unha iniciativa de actuación e resposta que ofrece axudar a case un millón de persoas na atención e acompañamento telefónico. Tamén inclúe a entrega de bens básicos a 25.000 familias, o apoio a 16.000 persoas en materia de emprego e o acceso a un lugar onde durmir para 3.000 persoas sen fogar.

Para que nenos, nenas e familias en situación de vulnerabilidade afectadas polo COVID-19 teñan as súas necesidades básicas cubertas. Grazas

7

006-07 Cruz Roja_GAL.indd 9

7/4/20 16:52


o último

Novos envases máis sostibles Traballamos para mellorar os envases dos nosos produtos garantindo que son 100% reciclables ou compostables. Amais de ofrecermos as mellores hortalizas EROSKI Natur, reducimos os plásticos en produtos como a cebola doce e o tomate en rama, que agora se presentan en cartón procedente de bosques sostibles certificados FSC.

De sabor suave e que case non pica, a súa textura é moi tenra.

Cultivados minimizando o impacto ambiental e sen tratamento poscolleita.

Ideal para usala en ensaladas, como ingrediente de guisos e para comela asada ao forno.

Proceden de labregos certificados por GLOBAL G.A.P, que garante as boas prácticas agrícolas e o respecto ao medio natural.

Teñen un sabor suave e aromático, amais dunha textura moi carnosa.

8

08-09-lo_ultimo_GAL.indd 8

7/4/20 0:57


UN SABOR CURADO LENTAMENTE

Fala Fresón de Palos para EROSKI club

Fresón de Palos e Sony Pictures únense para promover hábitos de vida saudable

F

resón de Palos e Sony Pictures uníronse nunha campaña de hábitos de vida saudable. O líder europeo en amorodos apoiará a película Peter Rabbit: á fuga, activando unha promoción que repartirá premios como viaxes en familia a Londres, televisores, videoconsolas ou milleiros de entradas de cinema.

A afi nidade co eido rural, onde se desenvolve a película, e a presenza de froitas durante o seu transcurso, alíñanse co compromiso da marca Fresón de Palos a prol dunha alimentación saudable e da práctica de exercicio físico. Máis información en: fresonpromocion.com.

A nosa marca EROSKI Maestro ofréceche na carnicería produtos de calidade superior elaborados coa mellor materia prima e con métodos artesanais, como a variedade de curados de Salamanca. Chourizo, salchichón e lombo curado amodiño na adega, como se adoitaba facer nas casas antigamente. Unha curación máis lenta permite que a humidade se perda de xeito natural, transmitíndolle un aroma máis intenso e profundo ao embutido, outorgándolle un mellor sabor e asemade maior suavidade. Esta variedade non contén glute, polo que é apta para celíacos.

AO FORNO DE PEDRA Coas novas masas de pizza EROSKI basic, notarás a diferenza de sabor e o punto crocante que lle confire o forno de pedra. Elaboradas con aceite de oliva, non conteñen graxa de palma, conservantes nin colorantes. Ademais, son de maior diámetro. Podes engadir ingredientes ao teu gusto e gozar da mellor pizza caseira.

9

08-09-lo_ultimo_GAL.indd 9

7/4/20 0:57


este mes

SAIOA ZARRAGA responsable de Alimentación de EROSKI Durango

Aquí, si podes elixir Cando vas á compra queres elixir o que precisas para cada ocasión sabendo que atoparás o mellor e o último. Dispoñer dunha gran variedade é clave e en EROSKI tes máis produtos en máis supermercados.

L

evar unha alimentación saudable, coidar do contorno, atopar o mellor produto ao mellor prezo, deixar a xente abraiada cun xantar especial ou o desexo de probar algo novo fai

JOSUNE LARREA clienta de EROSKI Durango

que cada carro da compra sexa tan único coma a persoa que o enche. Nos nosos máis de 1.600 establecementos atoparás unha ampla oferta de produtos EROSKI e doutras marcas.

10

010-011 surtido OK_GAL.indd 10

7/4/20 0:58


800

PRODUTOS MÁIS NA TÚA TENDA Máis opcións significa máis onde elixir, pero igual de importante é podelo facer preto da casa. Por iso, tamén as nosas tendas mudan para che poder ofrecer máis variedade. En máis de medio cento das nosas tendas máis pequenas incrementamos un 15% a cantidade de produtos que podes atopar e que se traduce na introdución duns 800 máis. Un proxecto que seguirá a medrar e que este ano se espallará a outros 100 supermercados. Un pequeno cambio, mais que supón unha gran resposta a unha demanda dos nosos clientes, como nos explica Saioa Zarraga, responsable de alimentación do supermercado EROSKI de Durango (Biscaia), onde a oferta de produtos se incrementou nunhas 900 referencias. “É unha tenda pequena con moito movemento, onde os clientes nos preguntaban por produtos que non sempre tiñamos. Agora cubrimos todas esas necesidades e os clientes notárono”, explica. “Antes aquí podías mercar o básico; agora hai máis produtos e xa non teño que ir a outro sitio se quero algo diferente”, di Josune Larrea, clienta ‘de toda a vida’ deste supermercado, ao que acode a miúdo, porque “está a carón da casa e, ademais, atopo todo o que preciso”.

11

010-011 surtido OK_GAL.indd 11

7/4/20 0:58


este mes

Tómaos como e cando queiras A alcachofa, coñecida como ‘a flor da h horta’ o tta or a’ a das das pola súa característica forma, é unha verduras máis enxalzadas por cociñeiros e expertos. En EROSKI temos a variedade máis apreciada, Branca de Tudela, fresca durante a súa tempada, e en conserva o resto do ano.

DE TEMPADA EN CONSERVA Alcachofa 6/8 EROSKI (240 g), Alcachofa 20/30 EROSKI (175 g), Alcachofa EROSKI (400 g) As conservas danche a oportunidade de tomar esta hortaliza durante todo o ano e de elixir o tamaño e a cantidade que precises.

Alcachofa de Benicarló e Alcachofa de Tudela Son as variedades máis recoñecidas polos gastrónomos. Durante o outono e o inverno ofrecemos a alcachofa de Benicarló con Denominación de Orixe. En primavera, a alcachofa de Tudela IXP.

OS MÁIS TENROS

SEN SAL Alcachofa sen sal EROSKI (175 g) Recoñecerás as conservas de alcachofa reducidas en sal pola súa etiqueta azul.

Corazóns baby de alcachofa EROSKI SELEQTIA (300 g) Cultivados en Navarra e Murcia, son tenros e substanciosos e non teñen fibras e durezas. Grazas ao proceso de ultraconxelación ao que se someten poderalos tomar en calquera época do ano.

12

12-13 alcachofas2_GAL.indd 12

7/4/20 1:00


De aspecto inconfundible, o espárrago é un produto cun sabor único que agora está en plena tempada. En EROSKI, amais do fresco, dispoñemos de moitas posibilidades para que poidas tomar este manxar en conserva durante o resto do ano.

AFORRO Espárrago EROSKI 9/12 (lata 250 g), Espárrago EROSKI curto groso (110 g), Espárrago EROSKI 9/12 (325 g), Xemas de espárrago EROSKI (110 g) Se buscas aforrar e poder elixir entre distintos tamaños e cantidades, as conservas son a túa elección. Grosos, moi grosos, en lata ou en frasco de cristal, talos, xemas, etc.

GOURMET Espárrago DO EROSKI 9/12 (205 g), Espárrago DO 6/8 EROSKI SELEQTIA (325 g), Espárrago DO EROSKI 6/9 (lata 125 g) Diferentes opcións para tomares o espárrago de Navarra IXP en conserva. Baixo o selo gourmet EROSKI SELEQTIA e coa certificación de Espárrago de Navarra, que acredita a súa orixe.

DE TEMPADA Espárrago de Navarra EROSKI Natur IXP (500 g) Nas nosas froiterías atoparás o espárrago de Navarra con Indicación Xeográfica Protexida (IXP). A variedade máis apreciada pola súa textura suave, pouca fibrosidade e un perfecto equilibrio na suavidade do seu amargor no padal.

12-13 alcachofas2_GAL.indd 13

7/4/20 1:00


este mes

0,84 € POR PORCIÓN

Receitas que nunca fallan

Alcachofas en tempura 400 g de alcachofas 1 ½ l de auga Sal 4 ramas de perexil

cocción das alcachofas varía en función do tamaño. O mellor é picalas cun coitelo aos 20 minutos e, se non están tenras, deixalas 5 ou 10 minutos máis.

Tempura 750 ml de aceite de xirasol 200 g de fariña 450 g de auga fría 1 xema de ovo Mel

Preparar a tempura poñendo nunha cunca a fariña, a auga fría e a xema de ovo e bater ata integrar os ingredientes.

ELABORACIÓN. Poñer a ferver a auga, o sal e a metade do perexil.

Escorrer as alcachofas e rebozalas na masa. Sacudir o exceso e fritir no aceite 1-2 minutos por cada lado.

Propiedades nutricionais. A alcachofa componse na súa maior parte de auga con arredor dun 12% de hidratos de carbono, sobre todo en forma de fibra, e un 3% de proteínas. Recoméndase que a auga estea case xeada, xa que unha masa ben fritida e o

Poñer nunha tixola o aceite a lume medioalto ata que alcance unha temperatura duns 200 ºC.

aceite quente son a clave para acadar unha tempura crocante e lixeira. Apta para vexetarianos.

Preparar unha cunca con auga e o resto do perexil. Pelar as alcachofas, quitándolles as follas externas ata chegarmos ás máis tenras. Cortar as puntas das follas e do talo e pelar o talo ata sacar a parte máis clariña. Así que estean peladas, mergullámolas na mestura de auga e perexil para evitar que se oxiden. Así que as temos todas cortadas, metelas na auga fervendo e colocar un prato (algo máis pequeno ca a pota) por riba para que se manteñan mergulladas e non estean en contacto co aire. Se non, no tempo de cocción oxidaríanse. Pasados uns 20 minutos, retiralas do lume e deixalas arrefriar nesta auga. O tempo de

14

014 RECETA_GAL.indd 15

Racións: 4 Retiralas da tixola botando man dunha escumadeira e deixalas escorrer sobre un papel de cociña.

Dificultade

Elaboración

60’ Servímolas decontado acompañadas dun pouco de mel.

NUTRI-SCORE Truco: se non é tempada ou precisas aforrar tempo, podes facer esta receita con alcachofas en conserva. COMENTARIO DIETÉTICO A tempura é unha fritura rápida e o rebozado é máis fino e lixeiro ca o tradicional, polo que é perfecto para peixes, mariscos e hortalizas que, en poucos minutos, se cociñan al dente. Nesta ocasión, gozamos dunha hortaliza de tempada.

A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL

310 15%

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

SAL

15,67G 2,17G 15,51G 0,37G 22%

11%

17%

6%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

15

7/4/20 1:01


EROSKI 56 NOEL.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

06/04/20

12:33


este mes

Elixir nunca foi tan doado Hai moitas razóns para visitar a nosa carnicería. Ofrecemos calidade, grandes marcas e variedade de produtos, amais dun servizo profesional que che aconsellará sobre os mellores cortes e pezas.

O

s queixos, ibéricos, friames e patés ábrenche a porta a un mundo de aromas, texturas e sabores. Para poder elixir ben é moi importante ter opcións e na nosa carnicería estamos seguros de que atoparás non só o mellor prezo, senón tamén produtos gourmet ou adaptados a necesidades específicas -baixos en sal ou sen lactosa-.

Tamén queremos que ao ires facer a compra, o poidas facer dun xeito doado e cómodo. Amais do mostrador, nas nosas carnicerías dispoñemos dunha sección con cámaras refrixeradas, onde poderás escoller diferentes produtos xa cortados e envasados, sen agardar colas e do tamaño ou porcións que prefiras.

MÁIS SAUDABLE

Xamón curado con 25% menos de sal Navidul (50 g)

Xamón cocido extra BienStar El Pozo baixo en graxa (85 g)

Queixo Havarti reducido en graxa EROSKI (300 g)

GOURMET

Xamón de landra 100% ibérico EROSKI SELEQTIA (80 g)

Xamón asado Argal Bonnatur (125 g)

Caderno de foie gras EROSKI SELEQTIA (100 g)

16

16-17 quesos 2_GAL.indd 16

7/4/20 1:03


AFORRO

Xamรณn curado EROSKI basic (100 g)

Friame para sรกndwich EROSKI basic (300 g)

NOVO

Queixo curado EROSKI (250 g)

Paleta asada ao forno Noel (150 g)

SEN LACTOSA

Queixo semicurado sen lactosa EROSKI (250 g)

Queixo tenro en lascas sen lactosa El Ventero (140 g)

17

16-17 quesos 2_GAL.indd 17

7/4/20 1:03


este mes

O mar, á túa medida A peixería de EROSKI ofréceche moito máis do que cres, con produtos adaptados a todo tipo de receitas. Dende peixes de tempada, como a anchoa ou o bacallau Skrei, a propostas envasadas, que che facilitarán a compra e a preparación.

LOMBOS DE SALMÓN EROSKI NATUR Un dos peixes máis versátiles, que está dispoñible todo o ano para que o poidas tomar en todo tipo de receitas. Conta co selo GGN, que acredita que se criou de xeito seguro e sostible.

COCOCHAS DE BACALLAU Son unha parte moi apreciada do bacallau, pola súa textura e mais o seu exquisito sabor. A súa carne é fi rme e substanciosa.

18

18-19 pescaderia_GAL.indd 18

7/4/20 16:53


BACALLAU DESALGADO ESMIUZADO Curado e desalgado para a túa comodidade. Foi pescado a anzol nas costas de Islandia, Noruega e as Illas Feroe.

ESPETOS DE PEIXE Goza cos nosos espetos das bondades do peixe, sen espiñas e dun xeito divertido e orixinal. Dispoñemos de variedades de salmón con lagostino, salmón con peixe sapo e salmón con pementos.

ANCHOA EROSKI NATUR De plena tempada, a anchoa péscase no Cantábrico, tráese a porto e chega á tenda en menos de 24 horas, mantendo toda a súa frescura. A anchoa EROSKI Natur ten o selo MSC, que garante a súa pesca cun impacto mínimo cara a outras especies e fondos mariños.

LOMBOS DE PESCADA Tenros, de sabor suave e con poucas espiñas, os lombos de pescada do Cantábrico que atoparás nas nosas peixerías son unha das mellores opcións para os nenos. Ofrecen moitas posibilidades na cociña, pero o xeito máis doado é preparalos ao forno ou á prancha.

19

18-19 pescaderia_GAL.indd 19

7/4/20 1:04


este mes

2,42 € POR PORCIÓN

Receitas que nunca fallan

Racións: 4

Dificultade

Elaboración

45’

Anchoas en escabeche NUTRI-SCORE Para fritir as sardiñas 70 ml de aceite de oliva 30 g de fariña Para o escabeche 700 g de anchoas 2 cenorias 1 cebola mediana 1 bulbo de fiúncho 4 dentes de allo 280 ml de aceite de oliva 100 ml de vinagre de mazá 100 ml de viño branco seco Pementa Cravo 2 follas de loureiro Tomiño e romeu Sal

ELABORACIÓN. Limpar as anchoas, pasalas por fariña e fritilas en abundante aceite de oliva. Reservar.

A B C D E

Escabeche: Pelar e cortar as cenorias en toros, a cebola e o fiúncho en tiras e os allos pola metade. Cubrir o fondo da tixola con tres culleradas de aceite de oliva e refogar as hortalizas ata que comecen a tomar cor. Engadir o vinagre, o resto do aceite, o viño e as especias e deixar ferver durante uns sete minutos. Colocar as anchoas nun tarro e cubrir co escabeche. Deixar arrefriar e servir. Nota: este escabeche pódese facer con moitos outros peixes. COMENTARIO DIETÉTICO O escabechado xurdiu como unha técnica de conservación de alimentos e agora usámolo tamén como técnica culinaria.

UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL

516 26%

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

SAL

41,67G 6,90G 4,88G 0,67G 60%

34%

5%

11%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

Propiedades nutricionais. O contido en graxa é importante, pero hai que ter en conta que a maior parte son graxas insaturadas cardiosaudables procedentes do aceite de oliva e das anchoas. Trucos. Podemos facer máis saudable esta receita asando as anchoas no forno, no canto de fritilas. Tamén podemos facer o escabeche tan suave como queiramos reducindo a cantidade de vinagre.

20

020 RECETA_GAL.indd 20

7/4/20 1:05


EROSKI 56 ISABEL NUEVA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

03/04/20

12:13


este mes

Do mar á túa despensa Bonito, atún, mexillóns, xoubas, ventrecha, chocos... Coas conservas de peixe que atoparás en EROSKI poderás gozar do mellor que ofrece o mar dun xeito cómodo e barato. AFORRO Atún en aceite de oliva EROSKI, Atún en aceite de xirasol EROSKI basic, Atún en escabeche EROSKI. Cos formatos grandes poderás aforrar sen renunciar á calidade.

MÁIS SAUDABLE Bonito en aceite de oliva baixo en sal EROSKI Sannia, Xouba baixa en sal EROSKI Sannia. As conservas de peixe ofrecen todas as bondades deste alimento. En EROSKI tamén atoparás opcións baixas en sal e ao natural.

22

22-23 conservas NUEVA_GAL.indd 22

7/4/20 1:11


NOVO Atún claro pescado a cana en aceite de oliva EROSKI, Atún claro ao natural EROSKI.

GOURMET Sardiñas e xoubas en aceite de oliva Cuca. Pescadas na costa galego-portuguesa e envasadas manualmente para garantir a súa frescura. Polbo en aceite de oliva, Xoubas, Chocos na súa tinta, Mexillóns en escabeche, Bonito en aceite de oliva Albo. En Conservas Albo levamos máis de 150 anos poñendo nas nosas latas a nosa alma, saber facer

e as mellores materias primas. Todo para que goces de grandes momentos e poidas conservalos na túa memoria para sempre. Bonito do Norte Garavilla. Descubre o exquisito sabor da nosa gama de bonito en aceite da mellor calidade. Ventrecha e mexillón EROSKI SELEQTIA. Elaboradas coa mellor materia prima para facer dos teus pratos algo especial.

MÁIS RESPONSABLE Bonito do Norte en aceite de oliva EROSKI, Bonito en aceite de oliva EROSKI, Bonito en escabeche EROSKI. Todo o noso bonito en conserva está pescado a cana, a arte de pesca máis respectuosa co mantemento das especies e caladoiros.

23

22-23 conservas NUEVA_GAL.indd 23

7/4/20 1:11


este mes

De todas as formas e cores A pasta é un básico na cociña e permite elaborar receitas doadas e saborosas en pouco tempo. Descubre en EROSKI un mundo de pastas ao teu alcance.

MÁIS RESPONSABLE Penne Rigate quinoa Bio Intermon Oxfam e Espagueti quinoa Bio Intermon Oxfam. Pasta ecolóxica de comercio xusto, que combina trigo duro con quinoa procedente de Bolivia e ofrece unha consistencia moi tenra despois de cociñar.

AFORRO Se buscas o mellor prezo, a pasta EROSKI Basic é a túa mellor elección. Dispoñemos dunha gran variedade: macarróns, fideos, espaguetes... En formatos de 500 g e de 1 quilo.

NOVO Hélices multivexetais Gallo Nature. Pasta multiingrediente 100% natural que che permite gozar dun benestar nutricional máis completo por mor da súa mestura de ingredientes (espirulina, cúrcuma, remolacha, cenoria ou kale) con superalimentos. Pasta con algas mariñas. Dálles unha volta aos teus pratos de pasta con ingredientes tan innovadores como as algas.

GOURMET Tagliatelle Uovo di Aldo, Pasta Radiatori Garofalo, Pasta Elicoidale Garofalo, Espagueti Nero di sepia EROSKI SELEQTIA, Gigli tricolor EROSKI SELEQTIA. Elaboradas cos mellores ingredientes, as pastas de di Aldo e EROSKI SELEQTIA permiten crear pratos de altura. En Garofalo, dende 1789, xeracións de artesáns traballan para facer unha pasta única, que conta coa garantía da IXP Pasta de Gragnano.

24

024-025 pastas_GAL.indd 38

7/4/20 1:13


MÁIS SAUDABLE

ingredientes

É fundamental ter en conta os Non son o mesmo uns espaguetes con chourizo ca unha pasta integral con bonito en conserva.

que acompañan.

Espagueti integral Gallo Nature, Espagueti integral e Fusili integral La Molisana e Plumas integrais EROSKI Sannia. Convidámoste a descubrir as propiedades nutricionais que achega a pasta integral, elaborada co gran completo. Este tipo de pastas conteñen máis nutrientes, como carbohidratos, proteína, fibra, ferro, magnesio e cinc.

PENSANDO NOS PEQUES

MÁIS DOADO

Pasta Kids Zoo Dalla Costa. Aos nenos adóitalles gustar a pasta. Se esta ten formas divertidas e cores, acertar coa receita está asegurado.

Espaguetes e hélices de cocción rápida EROSKI. Se queres aforrar, pero en tempo, esta pasta é máis fina e estará al dente en tres minutos.

25

024-025 pastas_GAL.indd 39

7/4/20 1:13


este mes

Pasta á putanesca 85 ml de aceite de oliva 7 filetes de anchoa 1 dente de allo 750 g de tomate natural triturado 1 culleriña de ourego 2 culleradas de alcaparras (16 g) 15 olivas negras 60 g de queixo parmesano relado 300 g de pasta Gigli Sal

o lume ata levalo a ebulición e, tras un par de segundos, baixalo e cociñar a lume lento durante uns 25 minutos aproximadamente ou ata que os tomates reduzan. Así que reduza a salsa, agregar unha cullerada de aceite de oliva, o ourego, as alcaparras e as olivas negras partidas. Minutos antes de acabar a salsa, cocer a pasta nunha pota grande con abundante auga e sal. Cando a auga rompa a ferver, engadir a pasta e deixala cocer o tempo que indique o fabricante.

amosa unha boa calidade nutricional para este prato. Truco. Escollendo conservas baixas en sal e lavando as conservas en vinagre podemos reducir a cantidade de sal.

Racións:4

Dificultade

Elaboración

50’ ELABORACIÓN. Cortar as anchoas en anacos pequenos e picar o dente de allo. Poñer o aceite (agás unha cullerada) nunha tixola a lume lento e engadir as anchoas. Esmiuzalas coa axuda dunha culler de madeira e cociñar. Agregar o allo picado e cociñalo durante 12 segundos aproximadamente. Cómpre vixialo ben, xa que se o allo se torra de máis amarga e pode estragar o sabor da salsa. Engadir o tomate cun chisco de sal, subir

Pasado este tempo, escoámola e mesturámola coa salsa. Esparexémoslle o queixo parmesano.

NUTRI-SCORE

COMENTARIO DIETÉTICO Un prato de pasta moi característico da cociña mediterránea.

A B C D E

Propiedades nutricionais. Aínda que o semáforo amosa unha cantidade salientable de graxas, a maior parte son insaturadas, procedentes de fontes saudables como o aceite de oliva virxe, as anchoas ou as olivas. Por iso, Nutri-Score

UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL

585 29%

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

SAL

27,94G 5,94G

7,10G

2,48G

8%

41%

GRAXA

40%

30%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

1,06 € POR PORCIÓN

Receitas que nunca fallan

26

026 RECETA_GAL.indd 15

15

7/4/20 1:15


EROSKI 56 ASTURIANA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

06/04/20

12:11


este mes

Ouro líquido O aceite de oliva é un ingrediente indispensable na nosa gastronomía pola súa achega de graxas monoinsaturadas e de vitamina E.

O

seu sabor, aroma e resistencia ás altas temperaturas converten o aceite de oliva na mellor opción para cociñar e mais para acompañar ensaladas, tostas, etc. En EROSKI temos unha ampla oferta: dende virxes extra en formatos aforro a aceites con Denominación de Orixe pensados para gozar de todos os seus matices e sabores.

PARA TODAS AS TÚAS RECEITAS Aceite de oliva virxe extra Urzante (1 l), Aceite de oliva virxe extra Carbonell (750 ml), Aceite de oliva virxe extra EROSKI (750 ml).

AFORRO Aceite de oliva 0,4 Carbonell (3 l), Aceite de oliva virxe Carbonell (1 l), Aceite Olilan (1 l). A gama de aceites coa mellor calidadeprezo e con formatos de maior tamaño.

28

028-029 aceitesB_GAL.indd 28

7/4/20 1:16


GOURMET

MÁIS RESPONSABLE

Aceite de oliva virxe extra Blend Nº5 Hojiblanca. Un aceite froitado no que predominan herbas campestres, como a hortelá, a rama de tomate e notas verdes, como a alcachofa.

Aceite de oliva virxe extra ecolóxico Oro de Génave (750 ml). O virxe extra máis natural, de aroma fresco e sabor afroitado. Procedente de cultivo ecolóxico no que non se utiliza fertilizante nin pesticida químico ningún, co que se respecta o medio natural e se utilizan de maneira óptima os recursos naturais. Pioneiros na agricultura ecolóxica do oliveiral dende o ano 1986.

Aceite de oliva Siurana EROSKI SELEQTIA. Conta coa DOP Siurana, que certifica que é un aceite obtido só de oliva arbequina da rexión do Camp de Tarragona.

Aceite de oliva virxe extra EROSKI SELEQTIA DO Estepa (0,5 l). Está elaborado soamente con olivas da variedade hojiblanca, seguindo os métodos de Produción Integrada, que se basean nun uso racional dos recursos naturais e evitando a erosión do chan.

MÁIS DOADO Spray de aceite de oliva virxe extra Carbonell (200 cl), Aceite de oliva Carbonell prancha, Monodoses de aliño. Poñémoscho ben doado cos aceites en spray para unha mellor dosificación. Se comes fóra da casa, tamén temos paquetes de monodoses de aliño que inclúen aceite de oliva, vinagre e sal.

29

028-029 aceitesB_GAL.indd 29

7/4/20 1:16


este mes

SEN GLUTE San Miguel Especial. A túa San Miguel apta para celíacos.

A OPCIÓN SAUDABLE Heineken 0,0%. Ofréceche unha alternativa prémium sen alcohol, atractiva e de calidade.

Máis ca un trago refrescante Lager, IPA, tostadas... A variedade de cervexas segue a medrar con novas receitas e combinacións de sabores. En EROSKI temos dende as artesás, elaboradas en pequenas cervexerías, ás lager de sempre, que chegan da man de grandes cervexeiros. AFORRO Amstel orixinal, San Miguel especial, Alhambra Tradicional, Aurum Tostada. Un prezo baixo non significa que non poidas gozar da mellor cervexa lager. Amstel, elaborada con 100% malte de cebada, é unha rubia dourada cunha escuma branca intensa e un aroma lixeiro a froita. A orixe da inquedanza cervexeira de San Miguel, a cervexa perfecta para acompañar o tempo que botas co teu grupo de referencia. Canta máis San Miguel Especial haxa, máis amplías o teu mundo. Alhambra Tradicional é menos amarga ca as alemás e ten unha carga de lúpulo máis lixeira. A nosa tostada Aurum é unha cervexa alemá escura.

NOVO Desperados Lima A alianza perfecta entre a cervexa con sabor a tequila e a sorprendente frescura do cacto e da lima. Un toque fresh para calquera momento do día.

30

030-031 cerveza_GAL.indd 38

7/4/20 1:18


GOURMET IPA Lagunitas. Artesá orixinaria de California. Moi boa de beber, grazas á súa combinación de maltes que suavizan o lúpulo americano utilizado na súa elaboración. IPA Cruzcampo. Moi lupulada e con aromas florais. Franziskaner. Unha rubia de trigo alemá para combinar cos teus mellores pratos de carne vermella. Cruzcampo Gran reserva. Combina lúpulos aromáticos e a mellor selección de maltes. De sabor intenso e corpo equilibrado, froito dun pausado repouso na adega. El Águila sen filtrar. Para apreciar a súa intensidade e frescura, antes de servila cómpre xirar a botella para espertar o lévedo que conserva, que, a canda o seu malte acaramelado e a súa mestura de lúpulos, a dota dun gran corpo e sabor que a distingue das outras. Amstel Oro. Lager especial tostada cun aroma intenso e sabor lixeiramente acaramelado por mor da súa mestura de maltes de cebadas torradas en tres tempos, lúpulo e o exclusivo lévedo Amstel. Cruzcampo trigo. Ale de estilo alemán, de baixa amargura e gran presenza de aromas froiteiros. Cruzcampo Andalusian IPA. A cervexa IPA máis doada de beber. Moi refrescante, combina toques cítricos e froitas tropicais.

MÁIS RESPONSABLE Cervexa ecolóxica San Miguel. A primeira eco do mercado, elaborada con ingredientes de agricultura ecolóxica.

31

030-031 cerveza_GAL.indd 39

7/4/20 1:18


este mes

A bogada, sen complicacións Cada vez temos máis tipos de pezas de roupa no armario e un interese maior en reducir o impacto dos produtos utilizados na natureza. En EROSKI ofrecemos unha completa gama de deterxentes pensados para facer a bogada máis doada.

AFORRO Deterxente líquido EROSKI basic (40 doses). Deterxente líquido Corazón de Marsella EROSKI (40 doses) Ideais para a roupa branca e mais para a de cor e eficaces en frío e en quente. Acadarás o mellor resultado ao mellor prezo.

MÁXIMO COIDADO Norit delicado á man (42 doses) O mellor deterxente para coidar as pezas máis delicadas. A súa fórmula neutra e hipoalerxénica coida as túas mans e deixa a roupa suave e agradablemente perfumada sen necesidade de utilizar suavizante. Norit delicado a máquina (37 doses) Ideal para lavar na lavadora a roupa que precisa un coidado especial. Prevén a formación de bóliñas e conserva a elasticidade das fibras evitando a deformación. Ideal para la, seda, punto, canalé, gasa, licra, bordados, etc.

32

032-033 detergentes NUEVO_GAL.indd 32

7/4/20 1:19


MÁIS RESPONSABLE Botanical Origin (35 doses) Contén un 97% de ingredientes de orixe botánica, 0% colorantes e abrillantadores artificiais. Sen renunciar a unha limpeza efectiva.

Brisa L’Arbre Vert (2 l) Hipoalerxénico, ideal tamén para peles sensibles e sen substancias que produzan alerxias cutáneas.

COIDAN DO CONTORNO Envases 100% reciclables e con etiqueta ecolóxica da UE, que garante que o produto cumpre uns estritos criterios, un uso eficaz dos recursos e un elevado nivel de protección do medio natural.

MÁIS DOADO, MÁIS LIMPO Ariel All in 1 Pods Actualiza o teu xeito de lavar a roupa con Ariel All in 1 Pods e verás a diferenza! A súa nova fórmula todo en un elimina as manchas máis difíciles, os cheiros máis complicados e ilumina e protexe a túa roupa nun só lavado. Os Pods simplifican todo o proceso da bogada: botas o Pod no tambor baleiro da lavadora, pos a roupa enriba e listo! Actualízate e márcate un Pod!

LIMPEZA SUPERIOR Colon Hixiene (60 doses) A súa fórmula con activos hixiénicos limpa en profundidade e hixieniza a túa roupa, eliminando os malos cheiros de raíz, mesmo en auga fría. Colon Vanish (40 doses) Deterxente dous en un desenvolvido para as manchas difíciles grazas ao poder quitamanchas de Vanish. Eficaz mesmo en auga fría.

NA SÚA XUSTA MEDIDA Non por utilizar máis xabón a roupa quedará máis limpa. Máis deterxente equivale a un gasto maior e a un peor resultado. Hai que axustar o deterxente ao grao de sucidade e á cantidade de roupa e ter en conta que precisará máis xabón se a auga é máis dura.

33

032-033 detergentes NUEVO_GAL.indd 33

7/4/20 1:19


beleza

Cabelo coidado e protexido Coa chegada do bo tempo, o cabelo comeza a se resentir e cómpre coidalo máis ca nunca de cara á súa preparación para o verán. Unha parte importante do ritual de beleza é a limpeza e o acondicionado para que estea limpo, suave e luza coma nunca.

O

s raios UV destrúen os pigmentos do cabelo, sexa natural ou tinguido, resecan o pelo e fan que este perda brillo, forza e o aspecto san que tiñan antes. Destrúen tamén a queratina do cabelo dándolle un aspecto fráxil, delicado e con tendencia a romper. Para evitar a súa rotura ou caída durante todo o ano é recomendable nutrir e hidratar o cabelo, pero moito máis agora, ao botar máis tempo no exterior. Todos os coidados para preparalo para esa exposición son moi importantes para evitar males maiores. Pero non todos os cabelos son iguais e precisan produtos específicos, dependendo das súas características ou do resultado que se queira acadar. No caso dos nenos, tamén é importante que os produtos sexan máis suaves co cabelo e co coiro cabeludo. Mereces o mellor, por dentro e por fóra, e belle ofréceche unha ampla gama de xampús e acondicionadores para toda a familia ao mellor prezo.

COIDA DE TI E DO CONTORNO Herbal Essences sen sulfatos Desata o poder do aloe puro coa nova colección sen sulfatos de Herbal Essences.

COMO COIDAR O PELO

1 Cepillar o cabelo en seco antes de lavalo para o desenredar.

2 Lavar. Utilizar pouca cantidade de xampú e masaxear devagar o coiro cabeludo comezando pola caluga, seguindo polos laterais e rematando coa parte superior.

3 Acondicionar. Utilizar acondicionador ou máscara e, cando cumpra, realizar un tratamento intensivo de nutrición e reparación.

34

34-37 belleza1_GAL.indd 34

7/4/20 1:21


PARA TODOS Xampús de peonia, pomelo, romeu e camomila belle (400 ml) Un xampú para cada tipo de cabelo. O de peonia é hipoalerxénico para o coiro cabeludo sensible, o de pomelo é hidratante para todo tipo de cabelos, o xampú de camomila é iluminador e o de romeu está especialmente formulado para cabelos con tendencia a engraxar. Todos, sen parabenos e sen siliconas para un acabado máis natural do cabelo.

OPCIÓNS ESPECÍFICAS Xampú coidado Clásico, Liso & Luminoso, Rizos & Ondas EROSKI Con queratina para cabelos rizados, con mel e pantenol para un coidado clásico e con queratina e proteínas de seda para dar luminosidade. Sen parabenos.

MÁIS RESPECTUOSO Xampú sen sulfatos belle (400 ml) A miúdo, o cabelo sométese a produtos e tratamentos que poden agredilo. Este xampú está formulado con axentes limpadores ultrasuaves, biodegradables e procedentes de fontes sostibles. Non contén siliconas, parabenos ou colorantes. Respecta a fibra capilar e nutre intensamente o cabelo deixándoo revitalizado, suave e sedoso.

4 Eliminar a humidade suavemente cunha toalla (sen fregar).

5 Peitear. Empezar a desenguedellar o cabelo de medios a puntas para non rompelo e logo desenguedellar dende a parte superior. É importante utilizar un peite ou cepillo axeitado.

6 Secar con aire quente. Comezar polos laterais e rematar pola parte superior, con movementos circulares do secador.

35

34-37 belleza1_GAL.indd 35

7/4/20 1:21


beleza

BRILLO E NUTRICIÓN

REPARACIÓN

Xampú e máscara Ouro máxico belle (300 ml) Nutren e proporciónanlles brillo aos cabelos secos e apagados por mor da combinación de tres ingredientes activos para o coidado do cabelo: aceite de argán, que rexenera e axuda á reestruturación do cabelo; aceite de xoxoba, para hidratar e fortalecer, e queratina, con propiedades acondicionadoras, suavizantes e reparadoras.

Xampú e máscara reparación intensiva belle (300 ml) Se precisas reparar o cabelo, esta gama reestrutúrao da raíz ás puntas. A súa fórmula contén Symrepair, que ten propiedades reparadoras grazas á súa composición con ceramidas similares ás do cabelo. Tamén contén aceite de argán, con ácidos graxos esenciais, que rexeneran, reestruturan e hidratan.

PELO CANO Xampú para cabelos brancos & platinos belle (300 ml) Especialmente formulado para cabelos brancos, con canas ou reflexos platinos, xa que os protexe eliminando os tons amarelentos. O cabelo quedará brillante e luminoso grazas á súa fórmula con extracto de lirio branco, coñecido polas súas propiedades antioxidantes. Tamén contén kerarice, activo que protexe a cor fronte á radiación solar e que repara a fibra capilar dende a súa estrutura interna.

VOLUME E BRILLO Pantene Hair Biology Como a pel, o pelo muda co tempo. Pantene Hair Biology, para toda unha vida de pelo abraiante.

36

34-37 belleza1_GAL.indd 36

7/4/20 1:21


DESENGUEDELLADO FÁCIL Xampú e acondicionador infantil (400 ml) Deixan o cabelo suave e doado de peitear, grazas á súa fórmula con extractos de caléndula e xerme de trigo, de propiedades hidratantes e reparadoras. Ningún contén parabenos e o xampú tampouco ten silicona. Son hipoalerxénicos e están testados baixo control dermatolóxico, oftalmolóxico e pediátrico.

SEN COMECHÓN DE OLLOS Xampú para nenos 2 en 1 A súa fórmula non produce comechón nos ollos e facilita o desenguedellado. O cabelo quedará suave e perfumado cunha doce fragrancia de amorodo. Tamén é apto para a limpeza suave do corpo. Sen parabenos e sen siliconas, está testado baixo control dermatolóxico e oftalmolóxico.

Xampús e acondicionadores infantís O cabelo dos máis pequenos tamén precisa unha atención especial. Convén escoller xampús con fórmulas respectuosas para coidalo e protexelo.

SEN TIRÓNS

UNHA GAMA COMPLETA MPLETA Xampús Johnson’s Gold, Camomila, Gotas de Brillo, Non Máis Tiróns, Gotas de Forza (500 ml) Johnson’s dispón dunha completa gama de xampús para toda a familia.

Desenredador de mazá para nenos (250 ml) Este spray extrasuave facilita o desenredado sen tiróns e deixa o cabelo suave e agradablemente perfumado grazas ao seu doce arrecendo a pera.

37

34-37 belleza1_GAL.indd 37

7/4/20 1:21


da horta á mesa

A viaxe dos alimentos da horta á tenda Que acontece desde que un alimento se recolle no campo ata que chega ao supermercado? Canto custa levalo a cada tenda e quen participa nese proceso? Que fai que un mesmo produto teña distintos prezos?

N

o marco da nosa aposta polos frescos como base dunha alimentación saudable, contámosche como adaptamos os nosos compromisos en saúde e sustentabilidade á nosa xestión comercial co sector

1

agroalimentario. Un exercicio de transparencia ligado á nosa vocación social como cooperativa de consumo e ao noso compromiso coa información ao consumidor, para que poidas decidir a opción de compra que máis che conveña.

Descubre a través dun dos alimentos máis consumidos, a pataca, cal é o percorrido desde a horta ata a túa mesa e como contribúe ao desenvolvemento económico e social dos distintos actores implicados nesta viaxe.

O TRABALLO DO LABREGO O cultivo da pataca require terreos fértiles e ben abonados.

para o labrego, amais de incidir nunha maior produción e calidade do terreo.

Tras a sementeira, a planta precisa coidados e é habitual que haxa que aplicar tratamentos funxicidas para libralas das súas principais pragas: o fungo mildiu e o escaravello. Na rega é moi importante achegar a auga necesaria en cada fase do cultivo. Un sistema de rega eficiente pode supoñer un aforro relevante

A colleita da pataca comeza en Cartaxena e Sevilla (abril-maio), espállase a Castela-A Mancha e Castela e León (verán), e a Áraba, Galicia e Cataluña (outono). Unha vez recollidas, véndense á central hortofrutícola Udapa, que previamente realizaría controis de calidade da planta no campo.

SEMENTEIRA

ANÁLISE DE CAMPO

COLLEITA

38

038-41 huerta_GAL.indd 38

7/4/20 1:25


TRANSPORTE DO CAMPO Á CENTRAL HORTOFRUTÍCOLA

2

UDAPA encárgase do transporte da pataca desde o campo ata a súa central en Vitoria (Áraba). Comeza así o proceso que permitirá levar ata a tenda o produto tal e como o atopamos no lineal.

RECEPCIÓN

Cando as patacas chegan a Udapa, pésanse e pasan o primeiro control de calidade. É aquí onde se clasifican segundo o seu uso (consumo, hostalería ou industria).

CLASIFICACIÓN

Cepíllanse para eliminar a terra, sepáranse por tamaños e calidades e almacénanse en cámaras para a súa conservación.

IDENTIFICACIÓN

NA CENTRAL HORTOFRUTÍCOLA

3

Xa clasificadas, as patacas identifícanse para poder ter a trazabilidade do produto en todo o proceso e facer así seguimento en caso de problemas sanitarios.

ALMACENAXE

Cando facemos o pedido, as patacas sácanse do almacén, vólvense inspeccionar, embólsanse e póñense en caixas para envialas ás plataformas de EROSKI.

39

038-41 huerta_GAL.indd 39

7/4/20 1:25


da horta á mesa

4

DISTRIBUCIÓN DA CENTRAL HORTOFRUTÍCOLA Á PLATAFORMA M50 DE EROSKI Ao entrar na nosa plataforma facemos unha inspección visual do produto. Se cumpren cos requisitos, as patacas distribúense ás plataformas rexionais en Andalucía, Baleares, Zaragoza, Barcelona e Galicia, en camións que portan froitas e hortalizas varias coas que servir as tendas de cada zona.

TRANSPORTE

5

DA PLATAFORMA Á TENDA Nas nosas plataformas rexionais preparamos os pedidos caixa a caixa, adaptados ás necesidades de cada tenda, que se entregarán en camións de menor tamaño. Con esta rede de plataformas coordinamos as entregas, reducindo o número de camións e aumentando a efi cienci

FROITERÍA

6

NO SUPERMERCADO Tras a recepción do camión, sitúase o produto na sección de froitería. Hai un traballo continuo de reposición e de control de calidade e seguridade do alimento. Unha vez vendidos os produtos, xestiónanse as caixas, envases e outros residuos que se puideron xerar.

7

MOITAS RECEITAS A viaxe da pataca remata no prato. Bo proveito!

40

038-41 huerta_GAL.indd 40

7/4/20 1:25


Así se reparte o prezo dunha pataca

Queres visitar Udapa? Coñece como chegan as patacas á túa mesa Inscríbete en www.eroski.es/eventos

0,86 €/KILO

0,21* €/kg PRODUTOR

0,40 €/kg CENTRAL HORTOFRUTÍCOLA (UDAPA)

Sementes, auga e sistema de rega, tratamentos (herbicidas…), maquinaria e persoal para cultivo e colleita.

Camións, instalacións e maquinaria (pesada, clasifi cación, cepillado, embolsado), diminucións (perdas de valor do produto), almacenaxe frigorífi ca, material para acondicionamento (caixas, palets), auditorías de calidade, persoal para cada fase.

0,22 €/kg PLATAFORMA E TENDA EROSKI Maquinaria, instalacións, control de calidade e caducidade, loxística para o reparto a outras plataformas e tendas, persoal para cada fase do proceso, minguas de produto e asistencia na venda.

0,03 €/kg IVE

*Importe medio, que pode variar entre 0,18 € e 0,24 € en función da colleita e da calidade da produción.

41

038-41 huerta_GAL.indd 41

7/4/20 1:25


da horta á mesa Adolfo Nájera Lapedriza Presidente de SAT Froitas e verduras Valle del Rincón

“EROSKI deunos estabilidade e prezos para vivir dignamente” SAT Froitas e Verduras Valle del Rincón é unha asociación de labregos da Rioxa formada por 200 familias que seguen os valores tradicionais que lles transmitiron os seus maiores, e que tratan os seus campos e os seus froitos co máximo respecto.

A

ntes de traballar connosco, cal era a situación? En 1998 había variedades de froitas e hortalizas que non se daban vendido porque o mercado estaba copado e cumpría producir outras. Vendiamos a través de intermediarios e estabamos en mans da especulación, sen ningún tipo de planificación ou seguridade. Daquela xurdiu o encontro con EROSKI. Que cambiou ao comezar a relación connosco? Nós buscamos chegar o máis lonxe posible na cadea de comercialización e vós buscabades traballar directamente co produtor. Non só coincidían as dúas estratexias, tamén tiñamos un obxectivo común: levar os mellores produtos a todos os fogares, coidando do contorno e retribuíndo dignamente o traballo do labrego. Despois de 22 anos, que é o que máis valorades á hora de traballar a canda nós? Os labregos buscamos estabilidade e uns prezos medios que nos permitan vivir dignamente e é o que acadamos con EROSKI. Unha relación económica na que o centro son as persoas, os produtores e mais os comercializadores

e consumidores. É unha relación baseada nunha oferta de produtos saudables e de calidade. Que podemos facer todos os actores da cadea de produción ante a situación no campo? Para lle facer fronte a este momento tan difícil para os produtores, onde os custos de produción son cada vez máis altos e hai dificultades para elevar o prezo de venda pola gran competencia, propoñemos un plan de sensibilización ao consumidor, onde produción, distribución e Administración informemos con total transparencia sobre a cadea de valor dos prezos do produto, dende o campo ata a tenda. Un gran paso para a vosa cooperativa foi a introdución de EROSKI Natur. Ao principio, ninguén pensou que funcionaría a idea que defende EROSKI Natur: sustentabilidade e alimentación equilibrada, respectando o sabor e a orixe, pero foi un éxito. Permitiunos mellorar os cultivos, os produtos, o coñecemento dos labregos e axudounos a que a xente coñecese o noso produto.

42

42-43 huerta_GAL.indd 32

7/4/20 1:26


Alejandro Carrasco Director de Cultivos Hispalus

“Os prezos con EROSKI axústanse á realidade da produción” Cultivos Hispalus é unha pequena empresa almeriense que traballa 70 hectáreas propias e 25 doutros pequenos labregos para prover a EROSKI dos tomates que atopas nas nosas froiterías.

D

ende cando traballades connosco? Coñecémosvos despois de varios traballos de desenvolvemento e innovación realizados xunto ao sector agrícola. Como a experiencia foi boa, dende o 2007 provémosvos dos nosos tomates. Como se mantivo a relación tanto tempo? En EROSKI estabades dispostos a diversificar e a fomentar distintas variedades de tomate, unha visión aliñada coa nosa propia estratexia. Como é a relación connosco? Os obxectivos márcanse conxuntamente e hai unha relación respectuosa e profesional. Cando tivemos situacións críticas estivestes alí, como aconteceu coa crise do E.coli do 2011. EROSKI axudou aumentando as compras e puxo un prezo de venda moi atractivo. Cubrimos todos os gastos de explotación e ese ano, que podería ser ruinoso, salvouse. Pensades que nós valoramos os vosos produtos e o traballo que supón producilos? O xeito de determinar os prezos con EROSKI é semanal e axústase á realidade da produción. Se estimamos que para un produto hai que facturar un euro o metro cadrado, poñemos o prezo en función dos quilos de que dispoñemos para que sexa rendible. Así axustámonos ao que é a verdadeira oferta e demanda.

Como beneficia aos labregos o compromiso de EROSKI? Coido que é o modo de traballo de futuro. En EROSKI non buscades provedores máis baratos en terceiros países, senón que mantedes a relación e iso dános estabilidade. Ademais, isto permite que lles ofrezades aos vosos clientes un produto diferencial e garantido. Que supón a estabilidade dun contrato de longa duración? Permítenos planificar, investigar e producir novas variedades de tomate, xa que podemos investir un 10% dos beneficios en investigación. Tamén, mellorar os terreos e o persoal ten soldos fixos e complementos variables que están un 30% mellor cotizados ca a competencia. Algúns dos vosos produtos teñen o selo EROSKI Natur. Que significou sumarvos a este proxecto? Existe unha dificultade para adaptar os terreos ás esixencias de EROSKI Natur, pero ao traballar cunha marca de calidade coma esta, o consumidor percibe que é un produto mellor e ese valor engadido transmítese a toda a cadea de produción.

43

42-43 huerta_GAL.indd 33

7/4/20 1:26


Da horta á mesa

O noso compromiso co campo En EROSKI impulsamos o tecido produtivo agroalimentario, pois é clave para a sustentabilidade do sector e pola súa contribución á economía, á cultura e á paisaxe. • Mantemos relacións de longo prazo. Os 30 primeiros provedores cos que realizamos o 80% das nosas compras levan traballando connosco desde hai máis de oito anos. • A negociación de prezos baséase na oferta e a demanda. O prezo que se lles paga aos produtores sobe cando hai menos quilos no mercado e baixa

cando as colleitas son máis abundantes. En EROSKI garantimos a rendibilidade do produtor. Se hai máis quilos, baixa o prezo que pagamos. Se é a produción a que baixa, aumenta o prezo pagado. • Todas as transaccións comerciais teñen un prezo pactado previo á entrega do produto e validado polo provedor.

• Non acudimos a poxas nin facemos compras a liquidación, unha práctica na que os quilos mercados se pagan así que se vende o produto e en función da cantidade que se dá vendido. • Promovemos a venda de produto nacional e só acudimos a outras orixes cando non hai produto ou está fóra de tempada.

Impulsamos o desenvolvemento de produtos de calidade e cun valor engadido. O mellor exemplo diso é a nosa marca de produtos frescos EROSKI Natur.

58%

de crecemento en vendas nos últimos 3 anos de froitas e hortalizas EROSKI Natur

Máis de

90

As vendas de EROSKI Natur en 2019 superan as

6.000

toneladas

froitas e hortalizas das que atoparás nos nosos supermercados teñen o selo EROSKI Natur

44

044-45 huerta_GAL.indd 44

7/4/20 1:27


EROSKI Natur é exemplo da nosa aposta por un produto de valor, que repercute positivamente en toda a cadea: desde o consumidor ao labrego. Que che ofrece EROSKI Natur?

En que lle inflúe ao labrego?

As froitas e hortalizas EROSKI Natur colléitanse no seu punto óptimo de maduración e frescura, esixindo valores mínimos de dozura, calibres adecuados e orixes ou variedades prestixiosas, o que garante o seu excelente sabor. Todas contan cunha certificación de sustentabilidade: GlobalG.A.P ou Produción Integrada. Ademais, sempre que é posible, tratamos de que o produto Natur conte con Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas e que representan un extra en canto a garantía de calidade, orixe e unha aposta polo desenvolvemento do medio rural.

As características requiridas para que un alimento leve o selo Natur supoñen para o labrego maiores esixencias no cultivo e no respecto ao medio natural, o que implica unhas custas maiores para el. Pero isto reflíctese nun produto de maior calidade polo que lle pagamos entre dúas e tres veces máis. Ademais, as esixencias de EROSKI Natur permítenlle ao labrego trasladar ao resto dos seus cultivos as melloras aprendidas e así dá revalorizado no mercado todos os seus produtos e contribúe á mellora do medio natural a través dunha produción máis natural e sostible.

45

044-45 huerta_GAL.indd 45

7/4/20 1:27


viaxes

Gran Canaria, gran destino

A

s illas non son só para o verán. Gran Canaria é un destino perfecto para gozar en calquera época do ano de infinitas praias de area branca e dourada, de paisaxes sorprendentes e dunha temperatura sen igual. RESERVA DA BIOSFERA. Case a metade da superfi cie da illa foi declarada Reserva da Biosfera pola Unesco no 2005 como recoñecemento á incalculable riqueza das súas especies e a un estado de conservación que reduciu a acción do home á mínima expresión. Esa pegada é apenas perceptible nos espazos

naturais protexidos que emerxen ante os ollos do visitante. No litoral ou na montaña, cada anaco de terra agocha unha xenuína pincelada de beleza. AMANTES DA NATUREZA. A fauna endémica que poboa Gran Canaria é inofensiva. Amais de lagartos, salamántigas ou paxaros icónicos como o pimpín azul, a illa acolle case cincuenta tipos de aves nidifi cantes. O mar, sempre cheo de sorpresas, contén unha ampla variedade de peixes e oculta golfi ños e baleas que, dende unha distancia prudencial, ollan para a costa.

Visita ao acuario Unha das mellores propostas que nos ofrece a cidade das Palmas de Gran Canaria é o acuario Poema do Mar, un gran espazo recreativo con tres zonas diferenciadas no que caben ata 350 especies de animais.

46

046-047 VIAJES_GAL.indd 46

7/4/20 16:55


preséntase como unha alfombra perfecta para liberar enerxía. Así e todo, se o que se prefire é un descanso íntimo, a oferta extrahoteleira da illa converte a Maspalomas, Praia do Inglés ou a costa de Mogán en balcóns onde tamén é posible contemplar a maxestosidade do océano.

“Gran Canaria, creación de Deus” (Stephen Curry, xogador dos Golden State Warriors, NBA).

Toda a biodiversidade que atesoura pódese albiscar dende a súa rede de miradoiros: 31 refrescantes balcóns que aseguran as mellores vistas. A súa orografía chea de cantís conférelle a esta illa un especial atractivo para aqueles a quen lles guste a práctica do sendeirismo, a escalada ou o ciclismo, grazas a un bo número de rutas de diferente complexidade técnica. PATRIMONIO DA HUMANIDADE. As pedras e a paisaxe de Tejeda latexan e respiran. O concello atesoura unha riqueza arqueolóxica ligada aos antigos poboadores da illa na etapa

prehispánica que se concentra principalmente nos depósitos da Serra do Bentayga. De feito, a achega de Tejeda é crucial no eido da paisaxe cultural do Risco Caído e dos Espazos Sagrados de Montaña de Gran Canaria, declarados Patrimonio Mundial da Humanidade en xullo do 2019.

UN ANACO DO AFASTADO OESTE. O parque temático Sioux City (Maspalomas, Las Palmas) é unha réplica a pequena escala dun poboado do Oeste no que foraxidos e xusticeiros dirimen as súas diferenzas nun espectáculo do máis efectista. Unha das atraccións máis admiradas pola poboación infantil é Palmitos Park, un universo ambiental no que conviven aves, réptiles, mamíferos e unha exquisita variedade de especies vexetais. Pero hai máis puntos de interese repartidos pola xeografía de Gran Canaria: o xardín botánico Viera y Clavijo ou o Cocodrilo Park son algúns deles. A educación e o lecer confl úen no Museo Elder da Ciencia e da Tecnoloxía. Alí, as estrelas parecen estar máis preto do chan. Tamén gozan dunha gran popularidade o parque acuático Aqualand e o Angry Birds Activity Park Puerto Rico, lugar de xogos e actividades para toda a familia.

PROHIBIDO ABURRIRSE. O clima é boísimo durante todo o ano, así que os cativos teñen prohibido aburrirse nas súas praias, maioritariamente seguras para o baño e dotadas de modernas infraestruturas e servizos. A area branca que decora o litoral

47

046-047 VIAJES_GAL.indd 47

7/4/20 1:32


Máis vantaxes por seres socio

Este mes, máis aforro Propoñémosche diferentes opcións para aforrar máis con EROSKI club este mes. Dende propostas para renovar o teu armario ata alternativas de lecer. Dámosche motivos para aproveitar todas as vantaxes de ser socio EROSKI club.

Preparados para o bo tempo?

ata

ata

8%

ata

10% En EROSKI club ofrecémosche obter un aforro extra en ata 80 tendas das túas marcas favoritas para che poñer moito mais doado facer o cambio de armario agora que chega o bo tempo.

6%

7%

-4% ao mes

-10%

ata

Tamén che propoñemos alternativas de lecer: dende novas lecturas coa Casa do Libro ata comidas especiais con Just Eat coas que gozar de bos momentos na mellor compaña.

Só por seres socio EROSKI club, tes un espazo exclusivo en Máis Promocións con moitos máis aforros a través da nosa aplicación EROSKI e da web eroski.es.

48

048 VENTAJAS CLUB_GAL.indd 48

7/4/20 1:33


EROSKI 56 COLGATE.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

06/04/20

12:32


EROSKI 56 BIMBO SILUETA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

06/04/20

12:03


EROSKI 56 XLS MEDICAL.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

06/04/20

12:25


premios

Traballamos con

2.493 pequenos produtores locais

‘Diverhortaliza: o proxecto máis innovador O Observatorio de Innovación en Gran Consumo en España presentou os retos da cadea de gran consumo e os vinte proxectos máis innovadores do sector, entre os que destacou ‘Diverhortaliza’, unha iniciativa de EROSKI.

M

ellorar a rendibilidade das explotacións hortícolas a través da diversificación e do manexo sostible de novos cultivos é o principal obxectivo de Diverhortaliza, un proxecto posto en marcha por EROSKI en colaboración con produtores do País Vasco. É unha iniciativa cofinanciada polo Goberno Vasco e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), na que tamén participan o centro tecnolóxico NEIKER Tecnalia e cooperativas de produtores locais.

Cada participante achegou o seu coñecemento do produto. En EROSKI, amais de liderar o proxecto, identificamos os cultivos de maior interese comercial no País Vasco e somos responsables da posterior difusión da metodoloxía para a súa implantación noutros grupos de produción. NEIKER responsabilizouse de seleccionar as sementes e variedades máis adecuadas para as condicións destes cultivos, deseñando as probas piloto e a metodoloxía que lles permita aos

agricultores sistematizar as probas. As cooperativas, para rematar, seleccionaron os terreos e están realizando as diferentes probas, validando algúns produtos e variedades e descartando outros. A iniciativa rematará este ano, cando se identifiquen as mellores variedades e modalidades de cultivo para producir porro, ceboliña, brócoli, berenxena e escarola, segundo apuntan os responsables do proxecto baseándose nos resultados dos estudos efectuados durante o 2019.

54

054 premio_GAL.indd 54

7/4/20 17:03


EROSKI 56 BOTANICAL.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

06/04/20

11:53


EROSKI 56 FOX NUEVA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

03/04/20

12:15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.