SUMARIO NÚM. 1 OPINIÓN 6
EDITORIAL
Páxina Seis: De Rosendo a Rosendo SEIS PRIMAVERAS ... E ALGÚNS INVERNOS
ACTUALIDADE 8 11 14 16 17 23 24 25 30 32
NOVAS Baiona NOVAS Gondomar NOVAS Nigrán NOVAS Val Miñor NOVAS O Rosal NOVAS Salceda de Caselas NOVAS Oia NOVAS Tomiño NOVAS Tui NOVAS A Guarda
MÁIS COUSAS 4 22 40 42 44 46 48 50
Rías Baixas Con nome propio Enoturismo Galicia Solidaria Cooperación Transfronteiriza OCIO Axenda Quen é quen
EN PORTADA 12
CARLISMO, MILLO E PATACAS Por Carlos Méixome
18
IGREXA DE SANTA MARIÑA, O ROSAL Por Juan Ramón Tamuxe
26
O LEGADO XUDÍO DE TUI NA REDE Por Suso Vila
34
AGUIA PESCADORA: A RAÍÑA DA MARISMA Por Manuel Sobrino Senra
36
CLUB BALONMÁN TUI: UNHA HISTORIA DEPORTIVA A CARÓN DO MIÑO. Por Álvaro Agustín Peralta Techera
Hai seis anos escribiamos con entusiasmo o primeiro editorial de COUSAS DE Val Miñor. O contido era unha declaración de principios da nova publicación: o anhelo de promover e difundir entre os nosos lectores todo o que de bo se fai no social e cultural no territorio no que se edita, dedicando especial atención ás persoas, entidades e asociacións que achegan unha parte moi importante da súa vida a mellorar a dos demais. Co tempo fomos crecendo, hai 3 anos incorporamos unha nova edición para o Baixo Miño, e engadimos novos propósitos, como o de informar sobre todo o que acontece en relación ás iniciativas que se toman nese espazo común que é o Río Miño, contribuíndo na medida do posible á construción e fortalecemento dun futuro común, dando a coñecer todo aquilo que se está a facer na mellora da calidade de vida das persoas na mobilidade, accesibilidade ou na protección do medio ambiente. Nesa liña, tomamos a decisión de seguir editando no sur da provincia de Pontevedra, que é o noso territorio natural, iso si, axuntando toda a información nunha soa revista, con máis páxinas e máis reportaxes. Porque hai moitos asuntos que son de interese compartido entre diferentes concellos e algúns que afectan e suscitan gran interese mesmo entre diferentes comarcas, EURURAL, DESTINO GALICIA, COOPERACIÓN TRANSFRONTERIZA-AECT RÍO MIÑO Cremos que COUSAS DE cumpriu os seus compromisos declarados desde a perspectiva informativa, compartindo en cada número publicado, artigos e reportaxes sobre os temas que nos guían e sentimos a satisfacción do traballo ben feito. Con rigor profesional, con compromiso, reflectindo a pluralidade da sociedade na que vivimos e reafirmando en cada un dos números publicados os principios daquel distante abril de 2013. Quero aquí recoñecer e agradecer sinceramente a entrega e a achega dos distintos profesionais que participaron, ao longo deste intenso espazo de tempo, na construción deste marabilloso proxecto que se chama COUSAS DE. COUSAS DE continuará o seu camiño libre e independente, agradecendo o ánimo inmutable dos nosos lectores e o apoio incondicional dos anunciantes neste difícil pero fermoso camiño que, confío, seguiremos percorrendo xuntos.
Foto portada: Ponte Internacional sobre o Río Miño cousas de 3
RIAS BAIXAS
GRAN ÉXITO DE PÚBLICO NAS VISITAS CON GUÍAS CARACTERIZADAS AO CASTELO DE SOUTOMAIOR A Deputación de Pontevedra desenvolveu con total éxito o ciclo de visitas guiadas baixo o lema “Camelia E Moda” no Castelo de Soutomaior. A particularidade do proxecto foi ter por protagonistas a guías de turismo caracterizadas como María Vinyals y Ferrés, Emilia Pardo Bazán e Coco Chanel. Estas personaxes históricas foron as anfitrioas da fortaleza na acollida e posterior interpretación do patrimonio museístico, as belezas dos seus xardíns así como da mostra “A moda en detalles”. As 150 prazas ofrecidas esgotáronse de inmediato para as visitas que en dobre quenda se fixeron os pasados 23 de febreiro, 3 e 10 de marzo. A iniciativa “Camelia e moda”, está impulsada no marco da campaña “Fame de experiencias” da Deputación de Pontevedra.
Tres mulleres protagonistas do seu tempo e unidas na paixón polas camelias. A guía caracterizada como Emilia Pardo Bazán (A Coruña 1851 – Madrid 1921) foi a encargada de achegar ao público os magníficos exemplares de camelias que se atopan nos xardíns do castelo. Deseguido daba conta da súa estreita vinculación con María Vinyals (Soutomaior 1875 – París 1940), propietaria e nacida no castelo, responsable de convertelo dun espazo para a guerra noutro para as persoas, cheo de cultura e de paz. Así, a guía que interpretaba a Vinyals tomaba o relevo ao recibir ao grupo de visitantes nos exteriores do castelo para dirixilos polo paseo da senda das camelias. Finalmente, era “Coco Chanel” a encargada de pechar a visita no Patio de Armas e invitar ao público ao Salón do Tapiz, para disfrutar da mostra “A moda en detalles”, unha exposición pioneira que presenta fondos do Museo de Pontevedra nunca antes amosados.
4
cousas de
A primeira xornada de visitas ao castelo contou coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva quen tamén exerceu de anfitrioa. Trala benvida ao grupo de visitantes presentou ás tres figuras históricas ás que pediu “para o ano que ven tedes que volver a saír de onde estedes para estar aquí, porque este Castelo é máis voso que de ninguén”. A presidenta provincial salientou a relevancia de Vinyals, Chanel e Pardo Bazán, “tres mulleres que marcaron a historia do mundo”.
Carmela Silva salientou o labor de Vinyals, Bazán e Chanel. Silva lembrou ás moitísimas personalidades que na historia pasaron polo Castelo de Soutomaior “un espazo de cultura onde estiveron todos os grandes nomes do noso país e de toda Europa da man de María Vinyals”. A Pardo Bazán agradeceu que a camelia “a nosa flor de Rías Baixas”, fora enxalzada e protagonista nos seus escritos, e de Coco Chanel subliñou que “foi o paradigma das mulleres que ocuparon os espazos públicos. As mulleres vivían encorsetadas e ela transformou a moda para que puideran vestir de forma libre para facer todo tipo de actividades”.
Na presentación das visitas ao castelo, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, estivo acompañada polo deputado de Turismo, Santos Héctor e mais o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera.
Obxectivos das visitas Esta acción, sinalan dende a Deputación, está enmarcada na campaña “Fame de experiencias”, que ten por obxectivos desetacionalizar o turismo e continuar impulsando o Castelo de Soutomaior como eixo de atracción e espazo para a cidadanía.
PÁXINA SEIS
DE ROSENDO A ROSENDO Por Suso Vila, doutor en Historia da Arte A figura extraordinaria de Rosendo Salvado tivo nova repercusión hai poucas datas por un video editado pola embaixada española en Australia desenvolvendo o que foi unha actividade cultural no ano 2016 co gallo do bicentenario do tudense. A idea extravagante era unir dúas figuras como frei Rosendo e o cantante Rosendo Mercado, conectados polo nome pero tamén pola música. O curioso do caso é que pasara desapercibido no seu momento e que agora se fixera popular, cousa das redes sociais. Na repercusión deste video a figura de Rosendo Salvado fica escurecida polo rockeiro Rosendo o que ilustra unha vez máis o descoñecemento da figura do tudense en España. Catalogado como “evanxelizador” e “responsable” da chegada do eucalipto a Europa a figura do benedictino é directamente infravalorada, caeuse na anécdota, non por demérito do video senón pola ausencia da divulgación da figura de Rosendo Salvado.
Rosendo Salvado Rotea nacería en Tui en 1814, unha personalidade extraordinaria que xa nas súas primeiras etapas en Santiago e logo en Italia demostra o seu inconformismo e a súa capacidade para superar obstáculos. O tudense foi un precursor dos dereitos humanos, defendendo a súa universalidade case cen anos antes de que o fixeran as Nacións Unidas en 1948. A súa relación cos aborixes australianos mostra unha visión antropolóxica adiantada ao seu tempo, adaptándose Rosendo aos costumes, crenzas, ritmos e coñecementos dos australianos e non ao contrario, para así desde esa perspectiva poder achegarse a eles cos coñecementos occidentais para cultivar, aprender a ler ou ensinar os evanxeos, todo desde unha labor pedagóxica de vangarda que lle deparou moitos éxitos. Sería un grande defensor da muller ensinándolles diferentes oficios para a súa independencia como telegrafistas ou institutrices. A defensa que facía Rosendo Salvado dos aborixes tiña como obxectivo evitar o seu exterminio, algo que se xustificou en todo o século XIX desde a óptica do darwinismo social. Grazas a Rosendo os aborixes occidentais desfrutaron dunha situación moi diferente do acontecido no resto do continente. E non temos que pensar que modificar ou transformar os costumes ancestrais do aborixes era un erro, para os nosos ollos actuais, a laboura de Rosendo consistía en poñer nas mans dos aborixes os instrumentos da súa supervivencia nun entorno hostil que consideraban aos nativos australianos persoas sen alma, subhumanos. O traballo de Rosendo Salvado foi contra o colonialismo, a superioridade branca europea que pretendía botar fóra das súas terras aos australianos, un traballo que cumpriu con total brillantez en todo aquilo que afrontou desde a música, a literatura, a fotografía, o urbanismo, a botánica ou a antropoloxía. A súa obra resiste e debe seguir sendo difundida para comprender o seu alcance que aínda hoxe, por desgracia, nos segue a superar.
6
cousas de
NOVAS BAIONA
BAIONA, UN CAMPUS RESIDENCIAL PARA A UNIVERSIDADE DE VIGO A PARTIR DO VINDEIRO CURSO ‘Baiona: Campus Residencial ‘pretende acadar en cinco anos 750 estudantes A Universidade de Vigo “expandirá” as súas fronteiras cara o Val Miñor a partir do vindeiro curso 2019-2020. O que comezou hai máis dun ano como un proxecto impulsado pola Asociación de Comerciantes y Empresarios Baionesa (Aceba) e que conta coa colaboración do concello de Baiona, será unha realidade o próximo curso, no que a vila se converterá nun campus residencial, que ofertará diferentes servizos á comunidade universitaria. “O primeiro, máis inmediato e urxente é o transporte directo desde Baiona ao campus de Vigo en 25 minutos, algo que a día de hoxe non existe. Ademais ofertaranse pisos de alugueiro e hoteis que funcionarán como residencias durante o período escolar”, explica Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, que tamén avanza que os membros da comunidade universitaria terán acceso a outros servizos de Baiona como a biblioteca, instalacións deportivas, ademais da oferta de ocio e gastronómica. Nunha rolda de prensa celebrada en Baiona, o presidente e vicepresidente de Aceba, Marcos Comesaña e Pedro Villamarín; o alcalde de Baiona, Ángel Rodal; o impulsor do proxecto, Carlos Quintás; a vicerreitora Natalia Caparrini; así como representantes da empresa de autobuses ATSA e de Campus Spain, presentaron os detalles do proxecto Baiona: Campus Residencial Universitario, así como a súa páxina web. “Con este proxecto preténdese desestacionalizar a economía local na época de inverno, entre setembro e xuño, convertendo a vila nun lugar para estudantes que cursan estudos superiores en Vigo”, explica Quintás, que avanza que a previsión é poñer en marcha o proxecto en setembro deste ano con 150 mozas e mozos e acadar, en cinco anos, os 750 estudantes. Pedro Villamarin; Carlos Quintas; Angel Rodal; Natalia Caparrini Marcos Comesana
Distintos edificios da Universidade de Vigo
8
cousas de
Unha boa alternativa para o alumnado estranxeiro, docentes e persoal investigador Se os empresarios da asociación ven neste proxecto unha oportunidade para impulsar a economía da vila nos meses de inverno, a Universidade, pola súa banda, considera que esta iniciativa permitirá ampliar a oferta de servizos da institución á comunidade universitaria residente en Baiona “para quen o beneficio principal é o transporte, pero para o alumnado de fóra de Vigo e de Galicia trátase de ofrecer unha alternativa a ter en conta á hora de decidirse a fixar a súa residencia”, sinala Caparrini, que lembra que aproximadamente o 65% do estudantado do campus de Vigo ten a súa residencia familiar nun municipio diferente ao vigués. Neste sentido e máis alo dos beneficios que este proxecto ten para o alumnado galego, a vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria tamén apunta ao estudantado estranxeiro, que superou os 700 este curso 2018-2019, como público obxectivo desta iniciativa, “así como docentes e persoal investigador, que veña facer estancias”, explica Caparrini.
Pola súa banda, Carlos Quintás pon o acento na vantaxe que para o transporte implica esta iniciativa “xa que tardará 26 minutos por autopista, en lugar dos 45 minutos aproximados que hai desde Vigo. Será un servizo discrecional de ida e volta adaptado aos horarios das clases e ademais a propia tarxeta de transporte servirá para que o alumnado se beneficie dos descontos en comercios, restauración e empresas asociadas a Aceba”. En canto ao aloxamento os responsables da Asociación de Comerciantes y Empresarios Baionesa avanzan que xa contan con pisos de alugueiro residencial, así como hoteis, dispostos a destinar o seu aloxamento ás e aos universitarios a modo de pensión estudantil.
VIVE BAIONA!
cousas de
9
NOVAS - BAIONA
O proxecto Poseidón de Baiona, segundo nos premios que concede a organización internacional Green Destinations
Baiona finaliza a sinalización e mellora do camiño portugués da costa Esta actuación revaloriza e promove o Camiño Portugués da Costa, que non deixa de crecer desde o seu asentamento no ano 2016 tras a aprobación da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia. No 2018 percorrérono case 14.000 peregrinos. Son principalmente portugueses e aqueles que chegan desde outros países ata os aeroportos lusos e siguen este expectacular camiño costeiro ata Santiago. A medida supón unha mellora na señalética, coa colocación de 12 fitos de pedra nos montes e nos puntos quilométricos, 16 cunchas de bronce no centro histórico, 59 cunchas de cerámica para o tramo restante e varios valos metálicos, quedando todo isto adaptado á normativa vixente. Tamén supón unha mellora na protección e conservación deste tramo da ruta xacobea de 9,4 km., así como no impacto visual, sobre todo no centro histórico da vila. Sen dúbida é unha medida que beneficia tanto aos peregrinos, que teñen menos probabilidade de extraviarse como a todos os veciños de Baiona. Dende o Concello lembran que “o noso camiño ten un potencial tremendo e seguimos traballando desde o concello en potencialo e divulgalo.”
10
cousas de
Baiona recibe en Berlín o segundo premio na categoría “ Best of seaside” (“O mellor da zona costeira”) dos prestixiosos premios “The Best of Top 100 Destinations”, que concede a organización internacional Green Destinations. Os finalistas, en cada unha das categorías, foron seleccionados por un comité de expertos de diferentes organizacións internacionais, entre os 100 destinos máis sustentables do 2018 entre os que figura Baiona. O veredicto final coñeceuse o pasado 6 de marzo nun evento, realizado no marco do Salón Internacional de Turismo ITB de Berlín (Alemaña), dedicado a recoñecer a innovación e boas prácticas na xestión turística dos destinos e operadores turísticos que traballan na procura da calidade e a sustentabilidade turística. A iniciativa presentada por Baiona para a súa valoración foi o Proxecto Poseidón consistente na recuperación dunha antiga cetaria e a súa reconversión nun talaso natural ao aire libre. Este é un proxecto de rehabilitación patrimonial e valorización ambiental dun elemento tradicional como son as cetarias. A iniciativa desenvolveuse en dúas fases: a primeira, no ano 2014, consistiu na recuperación da cetaria e a súa reconversión en solárium. En 2018 levou a cabo a segunda fase, consistente na instalación de material para convertela en talaso natural para goce de veciños/ as e visitantes e aproveitamento das propiedades beneficiosas da auga do mar para a saúde, de forma gratuíta.
NOVAS - GONDOMAR 15.000 kilómetros para comprender os efectos do quentamento global. Conexión Antártida-Gondomar Coñecer os efectos do cambio climático directamente desde os polos, e as consecuencias que este fenómeno pode ter directamente sobre a fauna e o ecosistema en xeral é unha das metas expostas polo profesorado de primaria do CEIP plurilingüe de Souto-Donas, en Gondomar. Para iso Marta Mateo, Eva e Tamara Fernández puxeron en práctica unha experiencia piloto no centro e non foi outra que manter una conversa en directo con científicos destinados na Antartida para explicar as súas experiencias de primeira man vía Skype. O encargado de responder as curiosidades do alumnado foi o nigranés e patrón na base española Juan Carlos I, Santiago Baluja, que mediante fotografías e vídeos ilustroulles como é a vida nunha das zonas co clima máis extremo da Terra. "A experiencia resultou todo un éxito, porque ademais de vivir en primeira persoa como é o día a día no polo sur, conciencioulles da importancia do cambio climático", explicou unha das docentes. Proba diso é que en marzo tiveron unha das temperaturas máis altas dos últimos tempos, 15 graos centígrados, que denominan “anomalía térmica” ainda que este tipo de fenómenos poden acontecer de manera puntual. Por contra a mínima máis baixa da historia do planeta rexistrouse aquí hai un ano. Exactamente na meseta Antártida Oriental e foron -98 graos, unha cifra que imposibilita a vida á gran maioría dos seres vivos que habitan o planeta e que obriga a emigrar a prácticamente todas as especies existentes na zona. Baluja explicoulles precisamente o cambio na climatoloxía afecta a multitude de especies, moitas delas en perigo de extinción e destacou a resistencia dos pingüíns que soportan moi ben as temperaturas en negativo, que a miúdo superan os 0 graos. Por sorte a base Juan Carlos I atópase na costa sueste de Baía Sur, na Península Hurd de Illa Livingston e só está habitada durante o verán austral, que corresponde ao período comprendido entre novembro e marzo. Esta depende da Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, e encárgase da realización dos proxectos de investigación científica que coordina o Subprograma de Investigación na Antártida do Programa Nacional de Recursos Naturais. Co fin de interferir na menor medida posible na contorna da zona, non lles está permitido deixar ningún tipo de residuo na zona co que ven na obrigación de reciclar ao máximo. Para iso utilizan incineradoras de dobre cámara, por unha banda queiman o material orgánico e por outro os fumes resultantes da primeira combustión de maneira que o que sae á atmosfera é vapor de auga.
VIVE GONDOMAR!
cousas de
11
REPORTAXE
CARLISMO, MILLO E PATACAS Por Carlos Méixome Os dous alimentos e a “comuñón” abundaban no Miñor do s. XIX. Os tres arrexúntanse no senlleiro espazo do Pazo de Pías ou Casa de Arias, en San Pedro da Ramallosa. Nesta casa parece ser que foi nado o carlista máis sobranceiro destas terras. Seica foi aquí onde se convenceu aos labregos miñoráns de que as patacas, aínda que nadas baixo a terra, eran saudábeis, saborosas e un bo alimento en ausencia das castañas comestas pola peste. Na eira desta casa chanta a súa esvelta e singular figura un hórreo de dúas plantas que podemos imaxinar, sen moito esforzo, acugulado de mazarocas. “Polas costas da Ramallosa, entre mestos piñeirais, a estrada descende ao esteiro do río Miñor. Fica á esquerda unha paisaxe de milleirais, hortas e pazos…” así describía Otero Pedrayo o camiño cara á ponte que une as dúas Ramallosas, na súa célebre Guía de Galicia de 1926. Quizais, mentres redactaba estas liñas, ollaba don Ramón, aínda que fose no maxín, a casa dos Arias Teixeiro, emparentados coa estirpe do seu amigo Losada Diéguez, o ideólogo do agrarismo e do galeguismo dos albores do século pasado. Foi unha Losada a última señora da casa e quen a doou a unha Confraría relixiosa. Millo e pataca prenderon ben nestas húmidas terras atlánticas e trouxeron anos de fartura. A riqueza, mal repartida, estourou nas revoltas e reviravoltas barrocas de casas grandes, igrexas, mosteiros anovados, pazos urbanos… ata rabuñar o ceo dende a cima do Obradoiro. A baixa nobreza, laica ou eclesiástica, tardou en ver os novos tempos de formas liberais e, empurrados por medos egoístas, aferrouse á tradición, non sen certas cativas razóns ante modernidades impostadas. A eclesiástica foi ben rabuda. O abade de Sabarís, en cada “carlistada”, agarraba o trabuco, forraba a porta e penduraba o pavillón da “Comuñón” na cima da torre da Reitoral. Arias Teixeiro era tamén o apelido de Frei Veremundo, bispo de Pamplona e Arcebispo de Valencia, e de Manuel Ramón que portou o solideo en Santander. Ambos, como o de Sabarís, carlistas xeniúdos.
PAZO DE PÍAS ou CASA DE ARIAS (s. XVII) O Pazo de Pías ou Casa de Arias, ou, como é coñecido actualmente, Pazo das Damas Apostólicas, ten as súas orixes nun intre impreciso do s. XVII en relación con Plácido Correa. Na década dos 50 do pasado século sería doada por Ramona Diéguez Cervela á congregación relixiosa das Damas Apostólicas. O pazo sufriu importantes modificacións ao longo dos anos. A máis importante, tras o incendio provocado polas tropas portuguesas, en 1665. En tempos recentes acometeuse unha forte remodelación polo que, a día de hoxe, só conservamos da estrutura orixinal a fachada principal e algúns elementos internos. *Para saber máis sobre o Pazo, remitimos ao artigo incluído no número 11 da nosa revista
12
cousas de
Hórreo de Pías
O noso Arias Teixeiro era laico. De segundo apelido Correa. De nome Xosé. Emparentado cos apelidos máis requintados da fidalguía do Antigo Réxime: Ulloa, Alemparte, Montenegro, Ribadeneira…Como dixemos, seica naceu en San Pedro, pero bautizárono baixo a extraordinaria beleza de Santa María dos Marenates, en Pontevedra, o 6 de febreiro de 1799. Algo máis tarde, o pai, Antonio Arias Teixeiro, sería rexedor da cidade. Criouse na Ramallosa. Estudou en Poio. Licenciouse en Leis en Compostela. A pai e fillo, absolutistas e tradicionalistas por familia, prendéronos nos primeiros meses do breve período constitucional (1820-1823). O pai foi un dos pouco sobreviventes ao naufraxio do barco no que os deportaban a Canarias. O fillo logrou fuxir do castelo coruñés de San Antón e refuxiarse en Portugal. O goberno de Lisboa deulle armas e homes e atacou Tui. Restablecido o absolutismo, tras a invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, regresou a Ramallosa e organizou a Milicia Realista Voluntaria do Val e Partido de Miñor do que foi nomeado Comandante. En 1824 marchou a Madrid onde estudou Arqueoloxía e Ciencias Naturais ao tempo que se enrolaba como voluntario nas milicias realista co grao de capitán. Ocupou diversos cargos no Ministerio de Gracia e Xustiza e foi nomeado “oidor” da Real Audiencia de Galicia. Tras a morte de Fernando VII, regresou á Ramallosa onde residiu ata 1835. Daquela, e tras conseguir compromisos entre as amizades que conservaba no Ministerio de que respectarían a súa familia, púxose ao servizo do pretendente don Carlos. Inmediatamente foi nomeado membro do máximo órgano do carlismo en Galicia, presidido polo arcebispo de Compostela, Frei Rafael de Vélez. Mais o miñorán era home de acción e pasou a loitar na provincias vascas e acompañou o pretendente na campaña de 1837. Ocupou diversos cargos ata chegar a ser unha especie de Ministro Principal de don Carlos. O fracaso da expedición militar iniciou tanto o declive do carlismo como do poder do noso protagonista. Os partidarios de entenderse cos isabelinos, encabezados polo xeneral Maroto e os contrarios a calquera caste de entendemento, dos que formaba parte Arias Teixeiro, enfrontáronse abertamente. Estes perderon e a don Carlos non lle quedou outra que apandar co “abrazo de Vergara” e dar por rematada a primeira “carlistada”.
En 1840, Arias Teixeiro estableceuse en Francia. Alí viviu 24 anos dedicándose, en especial, á Entomoloxía e gozando de gran prestixio nos medios científicos parisinos, pero sen publicar ningún dos seus moitos traballos que doou, como tamén a súa importante colección de Historia Natural e outra de Numnismática, á Academia de Ciencias de París e á Sociedade Entomolóxica de Francia.En diversos escritos alude ás súas memorias, pero queimounas en 1864, antes de regresar a Ramallosa. Consérvase porén o seu Diario de 1828 a 1831. De novo na casa de San Pedro, dedicou os tres últimos anos da súa vida a difundir o cultivo da pataca entre a veciñanza do Miñor que non se daba convencida de que de debaixo da terra puidese saír algo bo.
Finou o 27 de setembro de 1867. Está soterrado no cemiterio parroquial de San Pedro da Ramallosa.
cousas de
13
NOVAS NIGRÁN
Ruth Matilda Anderson | Unha Mirada de Antano Nigrán acolleu o mes de marzo a exposición, ‘Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson'. A mostra, froito dun convenio de colaboración entre Concello, Abanca, Hispanic Society of América e Afundación, recollía algunhas das imaxes máis señeiras tomadas pola fotógrafa e investigadora estadounidense, nas súas dúas extensas expedicións a Galicia, prestando especial atención á comarca, con fotos de Baiona e Vigo. Os fondos que articulan esta exhibición itinerante, proceden da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America, que atesoura a colección de arte hispana máis importante fora do territorio español. As imaxes seleccionadas pertencen ao traballo que Ruth Matilda Anderson elaborou durante a súa viaxe de investigación en Galicia entre os anos 1924 e 1926 a instancias do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton Huntington.
Raias secando ao sol Estirando unha rede de pesca sobre a area
AS VIAXES •Ruth Matilda Anderson (1893-1983) é quizais una das principais hispanista norteamericanas do século XX. A súa obra investigadora e documentalista lévalle a percorrer Galicia por primeira vez en 1924, e ofrece unha magnífica mirada sobre usos, costumes e a súa realidade social no primeiro terzo do século XX. Cunha especial sensibilidade na súa obra fotográfica retrata os oficios artesáns, nos que destaca a figura da muller nunha labor abnegada e silenciosa. Unha marabillosa obra da fotografía, quizais una das máis destacadas de cantas existen. 14
cousas de
O 7 de agosto de 1924, unha fotógrafa estadounidense de apenas 30 anos desembarcaba no porto de Vigo xunto ao seu pai, Alfred Theodore Anderson, e por un completo equipo fotográfico que provocou o asombro de todos. Pai e filla iniciaron unha expedición de, aproximadamente, un ano para documentar a esencia de Galicia que buscaba Huntington, reflectindo o traballo de campo etnográfico e o académico, de modo que se mostrase unha visión do estudo da cultura hispánica en todas as súas facetas. Ruth Matilda Anderson comezara a traballar uns anos antes como conservadora de fotografía no museo da sociedade. E pouco despois, Huntington encomendoulle a creación dun arquivo fotográfico que enriquecese o patrimonio da institución. A fotógrafa realizou dúas longas estancias en Galicia entre 1924 e 1926, a segunda delas na compaña doutra fotógrafa, Frances Spalding. Percorreu corredoiras, feiras, leiras, portos, montañas, aldeas, cidades e vilas para inmortalizar a esencia dun pobo. Un país asolado pola emigración e a pobreza, pero que tamén defendía con orgullo as súas tradicións centenarias e a súa identidade, reforzada polo pulo cultural que lle imprimiu a xeración Nós.
O traballo da moza Anderson, converteuse na procura e recompilación de evidencias dos costumes do pobo galego, dedicándose ao que resultaba máis difícil: documentar a vida das xentes, en especial das zonas de complicado acceso. Ata entón, nin as actividades da poboación traballadora do campo e do mar nin a cultura material de Galicia foran obxecto de principal atención para a fotografía de modo tan exhaustivo. A España chegaron varios fotógrafos, pero ningún conseguiría tan bos resultados como Ruth Matilda. E en Galicia, a calidade e simbolismo dos seus retratos foi especialmente destacada. De feito, a riqueza do material obtido no noso país foi a máis salientable das viaxes españolas de Anderson.
O Concello inaugurou esta mostra co reto de identificar unha das fotos máis señeiras tomadas por Ruth Matilda Anderson en Galicia e a única coñecida de Nigrán: unha anciá labrega de Camos fotografada o 11 de marzo de 1926 e da que non se dispoñen de máis datos.
VIVE NIGRÁN!
cousas de
15
NOVAS VAL MIÑOR
O MRCY DE BAIONA ESTUDA OS BENEFICIOS DA NÁUTICA PARA TRATAR PROBLEMAS GRAVES DE CONDUTA Na actualidade existen en Galicia, matriculados en distintos centros de toda a comunidade, preto de 8.500 nenos con problemas de conduta ou personalidade, déficit de atención ou hiperactividade ( TDAH). A maioría deles, un 90 por cento, son nenos diagnosticados con TDAH, e o 10 por cento restante, segundo datos recentes da Xunta de Galicia, están afectados por trastornos graves de conduta. Na prevención e tratamento destes trastornos, o deporte considerouse desde sempre como un factor moi relevante, xa que permite reforzar condutas positivas e suprimir malos hábitos. E é neste ámbito, e máis concretamente no do deporte náutico, no que empezou a traballar o Monte Real Club de Yates de Baiona.
O club baionés realizou unha proba piloto de navegación cun grupo de alumnos do Centro de Educación Especial de Panxón (Nigrán) con serios problemas conductuales Tras levar anos traballando man a man con asociacións de persoas con diversidade funcional a través da súa Escola de Vela Adaptada e grazas ao apoio de administracións como a Xunta de Galicia, institucións como Fundación Repsol e empresas como ABANCA, o Monte Real asume agora un novo reto, o de axudar a persoas con trastornos graves de conduta. E o primeiro paso que deu neste camiño foi realizar unha proba piloto dunha saída ao mar cun grupo de alumnos do Centro de Educación Especial de Panxón (Nigrán).
Durante 2 horas los alumnos del CEE de Panxón pudieron disfrutar y aprender en el mar - Foto © Rosana Calvo
Da man de dous adestradores da Escola de Vela do club, oito alumnos de entre 10 e 17 anos do C.E.E de Panxón, acompañados por varios dos seus docentes, subíronse a unha neumática motora para recoñecer a baía de Baiona e participar en varias actividades didácticas en puntos como a baliza de San Xoán, a canle de Pórtaa ou os illotes de Serralleiras. Empregaron cartas náuticas, compases de aliada, rezones de fondeo, escandallos, cabullería e outros elementos náuticos; navegaron pola baía, recoñeceron o Val Miñor desde o mar, visitaron as instalacións do Monte Real e reaccionaron dunha forma moi positiva e proactiva ás dinámicas programadas. Grupo de alumnos del CEE de Panxón que participaron en la prueba piloto del Monte Real - Foto © Rosana Calvo
O Monte Real tratará de conseguir apoios para poder estender a proposta e facer partícipe dela ao maior número posible de centros deste tipo. O que busca o club é que o deporte náutico, e máis concretamente o deporte da vela, sirva de axuda para educar, fortalecer, ofrecer novos recursos e ferramentas a persoas con graves problemas de conduta.
16
cousas de
NOVAS O ROSAL
O TRAIL ADVENTURE MUIÑOS DO FOLÓN “FAI AMIGOS” Tras 21 duros quilómetros, os dous primeiros clasificados masculinos entraron xuntos na liña de meta. Cristina Rodríguez imponse no apartado feminino
Boa temperatura, moito ambiente, ganas de trail... Así se presentaba Os participantes percorreron os esta II Edición do Trail Adventure Muiños do Folón. Por diante 12 qui- diferentes paraxes do concello: lómetro para os 250 participantes da modalidade Adventure, e 21 quipontes, ríos, fervenzas, pero sobre lómetros para os máis de 200 inscritos na Advance. todo, os 67 muiños construídos Precisamente está última era a que antes se poñía en marcha. Os atletas que estiveran na 1ª edición, non se imaxinaban o cambio que entre os séculos XVIII e XIX cun ía experimentar o percorrido deste ano, moitísimo máis técnico e desnivel de 75 metros. duro. No apartado masculino moi pronto se empezaron a colocar os favoritos na cabeza. Daniel Pazó do Club At. Baiona e Marcos Fernández do Club A Gramola. Por detrás Fran Salgueiro do Corredeiras Trail. A eles e a todos esperáballes unha segunda parte de carreira, de subida a San Xiao, tremendamente esixente, ideal para os amantes do bo trail . A sorpresa para todos é que cando se esperaba un man a man final entre Daniel e Marcos, os dous, previa conversación, decidían entrar xuntos da man na liña de meta. O crono daba por vencedor ao Baionés Daniel Pazó, sendo segundo o ourensán de Ponte Liñares, Marcos Fernández, ambos cun rexistro de 1.53.54. O podium completábao Fran Salgueiro con 1.56.28. Dicir que tamén o cuarto clasificado, Luís Carballo era capaz de baixar das dúas horas, 1.56.46, para o de Maceda. Na proba 21 km Advance feminina, Mª Cristina Rodríguez non daba ningunha opción aos seus rivais. O feito de ser unha atleta do Runners Torrexón, de Alcalá de Henares, tiña a súa “pequena trampa”, xa Cristina é nativa do Rosal, fincada en terras madrileñas. A vencedora paraba o crono en 2.30.20. O segundo posto sería para a viguesa Raquel Doiro con 2.33.03, mentres Nuria Romero do Miler Runner Club, de Pontevedra, ocuparía o terceiro posto do caixón con 2.36.44. Tras os Advance a saída dos Adventure 12 k. Cunha parte do percorrido igual á proba longa pero un final moito máis suave e curto, claro. Subida ata a Capela de San Martiño e longa baixada ata o centro do Rosal con tramos menos técnicos. A carreira feminina resolvíase coa vitoria da viguesa do Bikila Nuria Álvarez, con 1.10.21. A máis de dous minutos entraba Ángela Chapela de Vilagarcía, 1.12.38, sendo terceira a guardesa Lucía Dorado, 1.14.06.
VIVE O ROSAL
cousas de
17
REPORTAXE
O ROSAL PRESUME DA SÚA MONUMENTAL IGREXA DE SANTA MARIÑA E DO SEU ARTÍSTICO RETABLO BARROCO Por Juan Ramón Tamuxe Santa Mariña é unha das catro parroquias que conforman na actualidade o municipio de O Rosal, xunto coas de San Xoán de Tabagón, San Miguel de Tabagón e San Bartolomeu das Eiras. Situada na Praza do Calvario, xusto enfronte da Casa do Concello do Rosal (réplica dun palacete brasileiro do 1781) encontramos a súa monumental igrexa, que é un dos elementos patrimoniais máis importantes do Baixo Miño.
Xacemento arqueolóxico A igrexa de Santa Mariña do Rosal emprázase sobre un xacemento arqueolóxico, da época galaicoromana. Nun muro do adro, ao redor de 1950, atopouse unha labra con decoración tipicamente castrexa, cun trenzado coñecido por "cestería". Hoxe, no Museo Histórico Diocesano. Tamén na Praza do Calvario e a poucos metros da igrexa, onde se atopaba a primitiva "Praza de Abastos", nunhas obras de mellora realizadas sobre 1958, recolléronse dous muíños circulares e cantidade de cerámica romana, singularmente tégula.
18
cousas de
Labra galaico-romana atopada no muro da igrexa de Santa Mariña
Virxe María de época románica atopada en 1957 nunha reforma da igrexa
O templo, en orixe de estilo románico, data do século XII Segundo as investigacións do historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe "o día 26 de xuño de 1137 o rei Alfonso VII fíxolle doazón ao mosteiro de Santa María a Real de Oia da igrexa de Santa Mariña do Rosal. E dende entón, foi de presentación daqueles monxes do Císter ata o século XVI. A partir de aquí, esta igrexa pasa a depender do bispado de Tui, con Diego de Torquemada ao fronte, levándose a cabo diferentes reformas, perdendo o mencionado estilo románico e pasando a contar con catro capelas novas, tres das cales pertencían a patronos laicos, da nobreza, con dereito a sepultura". Notables, foron as reformas efectuadas entre os séculos XVII e XIX, coa ampliación da igrexa, quedando constituída por tres naves, unha central e dúas laterais. En 1847 reedificouse a fachada e a torre (tras o famoso e fatídico terremoto de 1755 de Lisboa ou mesmo o raio que impactou en 1821, que acelerou as obras).
Gravado da igrexa do finais do século XIX Vista parcial do adro da igrexa
Nun principio, cóntanos Tamuxe, "o proxecto era para que houbese dúas torres (a das campás e a dos reloxos) non levándose a cabo a dos reloxos por falta de entendemento entre os veciños. Ata hai pouco, a única torre que se construíu tiña un reloxo e catro esferas. Nas últimas obras, Patrimonio aconsellou retiralas por non estar en condicións".
cousas de
19
Esta igrexa de Santa Mariña, testemuña de infinidade de celebracións anuais, como as de Semana Santa, a da súa patroa, a Virxe do Pilar ou mesmo San Isidro, alberga no seu interior un dos retablos más artísticos e monumentais da diócese de Tui-Vigo. Labrado en madeira de castaño, debeu realizarse no primeiro cuarto do século XVIII. Probablemente, dun escultor portugués.
Retablo da Capela Maior: " A xoia da coroa" Aínda que conta con cinco retablos barrocos posteriores, a "xoia da coroa" é o da capela maior. En palabras de Martínez Tamuxe "semella unha colosal fachada artística, lembrando á cuncha dunha grande vieira, quizais influencia artística de Compostela". O retablo está fermosamente decorado, levando por base ornamental flores, follas de viña -como non, do Rosal- e tamén de acanto (símbolos da inmortalidade). Forman parte do mesmo, nenos e simples cabezas aladas (anxos) e tamén aves. Obsérvanse, aparte da patroa, as tallas de Santa Lucía e San Xulián, Santa Bárbara e San Mauro, San Pablo e San Pedro e mesmo as imaxes de San Miguel Arcanxo e San Xoán Bautista. O retablo foi "estofado en ouro do máis subido quilate" polos artistas Ignacio Álvarez de Lara, veciño de Tui, e o guardés Juan Antonio Rolán de Santa Cruz. 20
cousas de
Julio Ramos Rodríguez O abade Julio Ramos Rodríguez e natural de Santa Cruz de Sendelle (Crecente-Pontevedra) e párroco no Rosal dende novembro de 2006. Durante estes máis de 12 anos, D. Julio móstrase como un dos máis ferventes defensores da arte que "inunda" a igrexa parroquial de Santa Mariña, centrándose -como el mesmo recoñece- no citado retablo e, entre outros elementos, nas pinturas existentes no "baixo coro". Segundo o sacerdote, en 1873 o artista guardés Manuel Ángel Álvarez, con tan só 18 anos, foi contratado "por 320 reais" para realizar estes frescos que representan catro esceas da vida e o martirio que sufriu a patroa da parroquia, Santa Mariña, natural de Aguasantas-Ourense, a finais do século II. "En primeiro lugar, a tentación, co dragón ou demonio; en segundo, a oración: fe e fortaleza dos mártires; en terceiro, a decapitación polos soldados romanos e en cuarto e último lugar, os anxos levan a Santa Mariña ao ceo", indica D. Julio Ramos.
Julio Ramos e Xoán Tamuxe ollendo a nosa revista
Destaca o abade que os libros sacramentais do Rosal son dos mellores conservados da contorna, dende -a lo menos1610. Así coméntanos, por curiosidade, que nestes máis de 400 anos e ata o día de hoxe "contabilízanse na parroquia, exactamente, nada máis e nada menos que 32.460 bautizos, 8.689 matrimonios e 21.815 defuncións". Igualmente, asegura que dende que hai datos, 13 freguesas sobrepasaron os case "utópicos" 100 anos de vida. Nas inmediacións do templo pódense admirar na actualidade algunhas das estacións (século XVII) que formaban o Calvario, que dá precisamente orixe ao nome da céntrica Praza da vila rosaleira.
cousas de
21
CON NOME PROPIO
A HOMENAXE DO ROCKEIRO ROSENDO AO SEU HOMÓNIMO DE TUI Por Judith Bernárdez Aínda que a primeira ollada poida parecer que o nome de pila é o único que comparten o coñecido músico madrileño Rosendo Mercado (Madrid, 1954-actualidade) e o bispo tudense Rosendo Salvado (Tui, 1814-Roma, 1900), o certo é que non é así. Precisamente foi o feito de chamarse igual o motivo polo cal Mercado e Salvado teñen a día de hoxe máis cousas en común, e é que ambos son protagonistas dun documental titulado “De Rosendo a Rosendo”, publicado polo 200 aniversario do tudense e que viu a luz recentemente. O que nun principio ía ser a típica exposición de paneis que ninguén le sobre o misioneiro tudense, organizada pola Embaixada de España en Australia, converteuse en algo maior cando a César Espada, cineasta e conselleiro cultural da devandita Embaixada, ocorréuselle incluír no proxecto ao rockeiro madrileño, simplemente porque se chamaba igual que o monxe ao que quería homenaxear. “Expuxéronme unha historia que nunca soñase”, asegura o guitarrista, cantante e compositor español, quen, finalmente, aceptou a proposta de Espada de participar nun documental sobre a figura de Rosendo Salvado que sería gravado en Australia e no que tamén participaría a pianista tudense Andrea González, que rescatou os temas do bispo e interpretou a súa obra na Australian National University.
“O tal Rosendo Salvado eu non sabía que existía”, comenta o seu homónimo na reportaxe audiovisual, onde tamén recoñece que “o primeiro que fixen foi meterme na internet para coñecer a súa historia”. Froito desta procura virtual, Mercado descubriu que o tudense foi un clérigo da orde benedictina, misioneiro, abade e bispo que dedicou a súa vida para fundar Nova Nursia, a única cidade monástica de Australia, e a defender os dereitos dos aborígenes australianos. Ata Nova Nursia, definida en “De Rosendo a Rosendo” como “a Disneyland do surrealismo australiano”, desprazouse en 2016 Rosendo para “coñecer a un homónimo dunha época afastada na que nunca pensase que houbese majaras deste nivel”. Unha viaxe para o que, dous séculos antes, o “bispo dos sen alma” necesitara cinco meses en barco, e que o rockeiro retirado fixo en menos dun día en avión. Alí, onde repousan os restos de Rosendo Salvado, o madrileño descubriu outras facetas do bispo, como a súa paixón pola música. Outra nova cousa en común que une as vidas destes dous homónimos aos que lles separan douscentos anos. Precisamente a través dela, o documental trata de atopar outras coincidencias entre ambos os Rosendos. Para poder descubrilos e coñecer “Quen era realmente Rosendo Salvado e cal era o seu soño?”, a reportaxe audiovisual xa está dispoñible na plataforma online “ Vimeo”.
Casa natal de Frei Rosendo Salvado en Tui 22
cousas de
NOVAS SALCEDA DE CASELAS
Salceda de Caselas converteuse na capital da primavera coa súa XI Mostra-exposición da Camelia O bo tempo e unha mostra expectacular fixeron que as moitísimas persoas amantes da camelia e que se achegaron a Salceda de Caselas o fin de semana do 23 e 24 de marzo, puideran desfrutar das 500 variedades de camelia que as 75 persoas participantes chegadas de Asturias, Portugal e de toda Galicia presentaron ao longo dos máis de 160 metros de exposición. Loli Castiñeira, Concelleira de Turismo e encargada da xestión da mostra, destacou a participación por vez primeira de AFAGA (Asociación de familiares de enfermos/as de alzheimer de Galicia) o papel fundamental das asociacións de mulleres rurais e xubilados/as e pensionistas de Salceda, fundamentais na organización e desenrolo dunha mostra que se ten convertido xa na de maior dimensión de toda Galicia. Pola súa banda, Antonio Rivero, Presidente da Asociación de Xubilados/as e Pensionistas e coorganizador da mostra salientou as máis de 500 variedades de flor que se poideron ver e os produtos derivados da camelia, tales como marmelada, te, madeira ou aceite, presentes grazas á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, "que realiza unha labor fundamental no estudio e difusión das diferentes posibilidades que ofrece esta flor". O domingo celebrouse ademais unha nova edición da feira de agricultura ecolóxica e mercado sostible, da man de Ekohuerta, con produtos reciclados e de segunda man, cosmética natural, oficios tradicionais, etc. Segundo explicou Manuel Nieto, responsable de Ekohuerta, a feira contou con 50 participantes chegados dende toda a xeografía galega, destacando a presenza de artesanía e repostería provinte de Marrocos.
cousas de
23
NOVAS OIA
RESTAURACIÓN DA IGREXA DO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE OIA As intervencións previstas están incluídas no Plan estratéxico para a protección e conservación do patrimonio cultura de Galicia e contan cun prazo de execución de 18 meses. Traballarase na eliminación de humidades interiores así como nos sistemas construtivos que configuran a envolvente do inmoble O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asinou un convenio de colaboración coa Diócese de Tui-Vigo, representada polo seu bispo, Luis Quinteiro, para a restauración da igrexa do mosteiro de Santa María de Oia, catalogado como Ben de Interese Cultural. O obxecto deste acordo é regular as bases de colaboración para aposta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración de dito inmoble eclesiástico. Deste xeito, redactarase o proxecto básico e de execución e concretaranse as obras necesarias, todo elo cunha inversión por parte da Administración autonómica de 776.000 euros e cun prazo de execución de 18 meses. Para garantir a conservación deste senlleiro ben, actuarase nas humidades que presenta no seu interior, preservando así as pinturas murais e o retablo que alberga a igrexa. Ademais, coa finalidade de reparar, conservar, restaurar e poñer en valor o conxunto do templo, atenderase aos sistemas construtivos que configuran a envolvente do inmoble como a cuberta, os paramentos verticais, as bóvedas e os pavimentos e carpinterías, tanto polo exterior como polo interior. Cómpre destacar que tamén se realizarán traballos para o acondicionamento, rehabilitación e mellora das condicións de uso dos espazos compartidos pola igrexa parroquial e o antigo mosteiro, así como os espazos relacionados e necesarios para a realización dos usos e tradicións litúrxicas e cerimoniais e as visitas públicas e turísticas. As intervencións previstas están incluídas no Plan estratéxico para a protección e conservación do patrimonio cultural de Galicia da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e que comprende actuacións en catedrais, mosteiros, conventos, abadías, igrexas e patrimonio eclesiástico galego. Mosteiro e Igrexa de Santa María de Oia Este convento comezou a construírse a mediados do século XII durante o mandato de Alfonso VI. Pouco despois pasou a formar parte da Orde do Císter e ao longo dos séculos experimentou diversas reformas, motivo polo que conserva elementos románicos, góticos e barrocos. A igrexa é románica de transición ao gótico e ten planta de cruz latina. A nave central cóbrese con bóveda de canón apuntado, apoiada sobre arcos faixóns que arrincan de ménsulas graduadas, do mesmo xeito que as laterais. A ampla cabeceira está conformada por cinco capelas rectangulares que corresponden directamente cos brazos do cruceiro Preside o templo un retablo maior manierista de comezos do século XVII con relevos e escenas dos santos do Císter e da vida de María, patroa do mosteiro. A igrexa comunica co claustro a través dunha porta do século XVI, da mesma época da que data a antiga sacristía.
24
cousas de
NOVAS TOMIÑO A 16ª MOSTRA DE CULTIVOS ACOLLEU A PRESENTACIÓN DO PRIMEIRO SISTEMA DE CULTIVO HIDROPÓNICO DE KIWI DO MUNDO Tomiño acollerá a primeira planta experimental do método HYDROPTREE, desenvolvido por Vivisa, que permitirá cultivos máis ecolóxicos, un aforro de ata un 70% no uso de auga e produtos de maior calidade Innovar para seguir crecendo e ofrecer produtos de maior calidade. Ese é o obxectivo de Suministros&Instalaciones Río Verde, que amosou na 16ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño un revolucionario método de cultivo para plantas plurianuais de porte leñoso. Ao acubillo da cuarta edición de acuBam Innovación, a empresa presentou ao público o método HYDROP-TREE, unha técnica pioneira desenvolvida por Vivisa na que por primeira vez no mundo se emprega un sistema hidropónico adaptado a plantacións de kiwi. Experiencia piloto O sistema HTDROP-TREE permitirá obter produtos de maior calidade a través de cultivos máis ecolóxicos e menos contaminantes: plantando o kiwi en canles e sobre substratos inertes, os fertilizantes van disoltos na auga coa que se rega o cultivo e non entran nunca en contacto coa terra. Ademais, mediante un sistema de recirculación permanente da auga, que se sanea a través da ozonización e se recalibra para volver regar os cultivos, conséguese un aforro de ata un 70% dun recurso “que nalgunhas zonas é un ben escaso”. Ademais de aumentar a produción dun xeito importante, o método HYDROP-TREE permitirá mellorar o produto final e a conservación do froito ao controlar de forma moi exacta os nutrientes. Esta experiencia piloto porase en marcha por primeira vez en Tomiño e terá unha duración mínima de tres anos “Sabemos que aplicar este método a unha planta que vai durar entre 8 e 10 anos é complicado, pero o futuro da alimentación da planta pasa pola hidroponía”, salienta Vicente Villar, ideólogo do método e coordinador do proxecto.
VIVE TOMIÑO! cousas de
25
REPORTAXE
O LEGADO XUDÍO DE TUI NA REDE Suso Vila, doutor en Historia da Arte Que Tui poida estar nun grupo selecto como a Rede de Xuderías de España non é froito da casualidade, é o resultado dun proceso lento, con dificultades, obstáculos e escepticismos variados. Anos de divulgación dun patrimonio excepcional xunto coa vontade política fixeron posible que a cidade se integre nesa asociación sendo recoñecida non só o valor patrimonial que atesoura senón a vontade dos seus veciños por conservar e divulgar a historia xudía de Tui. Non houbo facilidades para acadar ese recoñecemento como tampouco haberá facilidades para conservalo. O noso deber é rehabilitar o patrimonio que temos para uso e desfrute de todos. A repercusión da inclusión de Tui na Rede de Xuderías non só radica na divulgación ou posicionamento turístico da cidade tamén no compromiso que todos nos temos en manter e incrementar ese legado histórico.] Por qué é importante a presenza de patrimonio xudío na cidade? Porque esta nos fala do dinamismo histórico de Tui, da súa riqueza social que se ve reflectida a nivel urbanístico ou arquitectónico. Este rico pasado de Tui aínda hoxe é visible nas súas rúas e edificios a pesares do esquecemento ao que foi sometido durante séculos.
26
cousas de
A Oliveira foi o barrio máis importante da cidade medieval e non só porque se ubicase nel o pazo e torres do bispo ou a igrexa de Santa María, senón porque o seu nome deriva da presenza xudía coa sinagoga como centro da comunidade. Hoxe en día aínda conservamos vivendas medievais que pertenceron a familias xudías, a casa de Salomón ou a dos Capeláns son as máis significativas polo seu aporte artístico ou arquitectónico. Da mesma sinagoga conservamos elementos da súa estrutura o que nos pode facer pensar que nun futuro atopemos máis vestixios da mesma. A Torre do Xudeu foi unha peza máis da memoria da cidade vencellada a ocupación nos arredores desta torre da muralla de familias xudías ficando o nome como resultado da súa relación histórica. Patio da casa de Salomón
Claustro da Catedral de Tui
Á dereita Cáliz Gótico
Na mesma catedral atopamos signos da presenza xudía e a súa estreita relación económica e social. No claustro, no seu ángulo noreste e fronte a sala capitular románica temos o gravado dunha “menorá” ou candieiro de sete brazos, o símbolo xudío máis recoñecible. Xunto da menorá un nome, I. Arie, o que sinalaría a participación da comunidade xudía na construcción do claustro, a súa contribución a un espazo moi importante para a cidade e colaboración co poder feudal de Tui: o bispo e cabido. Non só ficaríamos aquí, a necesidade de obxetos litúrxicos levaría aos bispos e cóengos tudenses a encargar traballos aos prateiros xudíos no século XV, así o cáliz gótico da catedral sería obra de Abraham e Jacó ou o relicario de coco de Aaron Amín.
Tui é unha cidade cunha carga histórica extraordinaria, por iso cando falamos do patrimonio xudío non só o facemos desde a perspectiva medieval senón que ficamos na obriga de sinalar como nos séculos XVI e XVII a cidade contou cunha dinámica comunidade xudeoconversa que participou na recuperación económica e demográfica do territorio tudense valendo os seus vencellos familiares e de orixe relixiosa tanto en Portugal como noutras áreas de Europa. Este fenómeno faría de portos como o de Baiona un centro comercial importante na economía atlántica e cuxo control pasaba por mans de familias coma a dos Coronel, Enríquez, Dinís, Saravia, Núñez ou Pereira entre outros. As súas raíces xudías non se tiñan perdido e no secreto das súas casas resistían conservando ritos domésticos ou rituais segundo as posibilidades de cada un pero mantendo a identidade sefardí.
Escudo dos Coronel
Sambenitos
A conservación destas prácticas levaría ao choque relixioso e a intervención da Inquisición máis profunda nas dúas primeiras décadas do século XVII. Tui conservou pezas vencelladas aos procesos inquisitoriais, os sambenitos, un dos castigos que se impoñía ao herexe (xudaizante nestes casos) ademais da prisión e a confiscación de bens, isto nos casos máis leves, os de maior gravidade levaba a condena da morte na fogueira. Os sambenitos da catedral de Tui son os únicos conservados na Europa e reflicten a tensión relixiosa dunha época e o medo que os cristiáns vellos tiñan das ricas familias xudeoconversas. O sambenito era un lenzo para levar a xeito de hábito sobre o reo para vergoña pública pero rematado o tempo de penitencia ficaba o lenzo colgado na igrexa, de xeito perpetuo condenando non só ao reo senón tamén a súa familia e descendentes. Os sambenitos de Tui ficaron conectados coa poderosa familia Coronel e non por casualidade. No ano 1600 Francisco Coronel sería nomeado cóengo da catedral de Tui e en anos posteriores dous primos como Francisco Lorenzana Ocampo e Tomé de León Coronel, entre outros cóengos xudeoconversos presentes en Tui nesas datas. Este feito representou a chegada ao poder eclesiástico de familias con orixe xudeu, o que levaría ao cabido de Tui a opoñerse e denunciar non só a orixe sefardí desta familia senón tamén a fuxida de familiares dos Coronel aos barrios xudeus das principais cidades europeas. A importancia dos sambenitos vai máis aló do físico, do farrapo grafado co nome do penitente e a cruz de Santo André, o conecta cun grupo familiar cohesionado que deixou en Tui a súa impronta incluso a nivel urbanístico como o barrio da Saravia, nome ligado a Antonia Saravia (un dos nomes que aparecen nos sambenitos) e que contaba no século XVI con granxas e casas nesta parte do histórico arrabaldo de Tui, xunto dela varios parentes tamén contaban con propiedades neste barrio, o que faría da Saravia un enclave singular do criptoxudaismo.
As cruces riscadas nas fachadas das casas tamén serían un signo da comunidade criptoxudía, da súa supervivencia a través de símbolos visibles do cristianismo para evitar a persecución e a repulsa social. En moitas rúas de Tui atopamos numerosas vivendas coa cruz como remate do arco conopial como na casa do cirurxián Juan da Silva xunto da porta do Arco ou a do pintor Jácome de Brancas, propietario da casa da Vara no século XVI, tamén xunto da porta do Arco. Outras cruces presentan maior vistosidade como na vivenda da rúa San Telmo coa Praza de Frómista ou na vivenda da rúa Cuenca con Sanz.
28
cousas de
Atopamos numerosos elos na cadea sefardí de Tui, pezas e elementos ligados á rica presenza das familias xudeoconversas na cidade. Os escudos de armas de familias como os Alemparte, Azebedo ou Coronel responderon no seu momento ao ennobrecemento destas familias, a súa “fidalguía” e privilexios ficaba visible a través do blasón. A pratería na diocese de Tui tamén ficaría ligada a moitos prateiros conversos e procesados pola Inquisición como Pero Amín, Joam de Sousa, Jácome Rodriguez ou Sebastián de Matos. Incluso podemos ver a relación en edificios como o chamado “cárcere capitular”, a prisión exclusiva para cóengos na rúa Entrefornos e que era a maneira que tiña o cabido de discriminar aos numerosos cóengos xudeoconversos que se estableceron a comezos do século XVII. Cárcere capitular
Non debemos esquecer a importancia dos médicos de orixe xudía na cidade e no bispado de Tui como os Faria, os Saravia ou o exemplo de Antonio Sánchez, establecido este en Tui cara 1550 e pai do médico e filósofo Francisco Sánchez unha figura extraordinaria que fica conectado non só con Tui por nacemento senón tamén con Valença do Minho, por contar con varios dos seus tíos e parentes na veciña vila, un referente histórico sen dúbida da Eurocidade Tui-Valença.
Esta riqueza histórica e patrimonial de Tui reflectiuse nun roteiro editado polo concello que mostra a singularidade do pasado sefardí da cidade e as súas posibilidades culturais e turísticas, unhas posibilidades que proxectan á cidade histórica de Tui nun plano internacional máis aló das súas fronteiras.
NOVAS TUI
Tui será o escenario da VII edición de “No bico un cantar” que reunirá a preto de 500 nenos e nenas de Galicia e Portugal Tui acollerá o venres, 7 de xuño, a sétima edición de “No bico un cantar” que congregará un coro de cincocentos nenos e nenas pertencentes a conservatorios profesionais e escolas de música de Galicia e o norte de Portugal. A presentación deste evento tivo lugar en Santiago a cargo da presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, a conselleira de Educación Universidade e Formación, Carmen Pomar, o director Xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e o director artístico desta actividade, Maximino Zumalave e o compositor Alexis Rozas. O concerto será o venres, 7 de xuño, as 17.30h na praza de San Fernando, previamente pola mañá haberá actividades lúdicas e culturais dirixidas aos 500 nenos que participan no evento. O proxecto “No bico un cantar”, do Consello da Cultura Galega e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, naceu no ano 2013 co obxectivo de dar a coñecer a poetas galegos dende un punto de vista musical. A edición deste ano toma o título de “Nenos e nenas cantan na Raia” facendo referencia a participación tamén de alumnado de dous centros musicais de Portugal Interpretarán un total de cinco pezas, “San Campio, romaría galega”, do poeta tudense Manuel Lago González musicado por Torres Creo, “Veira dó mar” de Pío Lino Cuíñas con música de Reveriano Soutullo e a terceira peza será a canción popular portuguesa “Oh rama oh que rama linda”. En cuarto lugar poderá escoitarse por vez primeira a versión musical do poema de Xosé Maria Álvarez Blázquez, “No Rego do Prado” con música do xove compositor compostelán Alexis Rozas, que realizou expresamente para esta ocasión. O broche de ouro coma en edicións anteriores poñerao o poema de Rosalía de Castro “Maio longo” pertencente a Follas Novas. No evento participarán os alumnos e alumnas dos sete conservatorios profesionais dependentes da Consellería de Educación: o Conservatorio Profesional da Coruña, Xan Viaño (Ferrol), Xoán montes (Lugo), Ourense, Manuel Quiroga (Pontevedra) , Santiago de Compostela e Vigo. Ademáis dos alumnos e alumnas de 13 centros musicais, entre eles a Escola de Música Municipal de Tui, o Conservatorio de Música Elemental da Guarda, a Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal e a Escola de música da Asociación Amigos da Música de Salceda de Caselas. Pola parte portuguesa ademais, convidouse a participar á Academia de Música da Fortaleza de Valença e á Academia de Música José Atalaya de Fafe. Como responsable artístico contan co pianista e membro do Consello da Cultura Galega, Maximino Zumalave, e coa participación do grupo de metais Hércules Brass.
A festa do Meixón terá dende este ano un selo distintivo Do 5 ao 29 de abril celebrarase en Tui a Festa do Meixón que dende este ano conta cun selo distintivo, creado pola deseñadora tudense Marta Fontán. No mesmo recóllese de xeito esquemático os elementos patrimoniais e naturais da cidade, así como unha referencia ao río Miño, aos pescadores de Meixón o escudo de Tui e de Valença. O selo ilustra tanto os carteis, coma as cazolas e os establecementos participantes na festa. Co mesmo búscase dotar dunha imaxe corporativa a este evento, cunha imaxe atemporal que poderá ser empregada en todas as edicións. Este ano tamén presentouse en Ourense, sendo o primeiro dos concellos que acolla a presentación da festa fóra de Tui, nos próximos anos serán outros concellos galegos ou portugueses o escenario desta presentación. 30
cousas de
VIVE TUI!
cousas de
31
NOVAS A GUARDA
A produción de sal entre a Protohistoria e a Antigüidade na Costa da Guarda A Casa dos Alonsos acolleu un encontro sobre a produción de sal entre a Protohistoria e a Antigüidade na Costa da Guarda e Viana do Castelo Neste encontro falouse dos resultados do proxecto Mar de Sal no estudo das evidencias de aproveitamento do sal durante a Protohistoria e da gran transformación que experimentou a industria salineira a partir da chegada do Imperio Romano coa implantación de grandes salinas mariñas. Participaron por parte do Consello da Cultura Galega, a súa presidenta, Rosario Álvarez e a coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais, Rebeca Blanco-Rotea. Brais X. Currás, arqueólogo, Universidade de Coimbra-CEAACP, falou sobre 'O proxecto Mar de Sal e o estudo das paisaxes do sal da Antigüidade'; a arqueóloga profesional, Mar Cortegoso Comesaña, quen dedicou a sús palestra 'As intervencións nas salinas de Oia e O Seixal' e finalmente os arqueólogos da Câmara de Viana do Castelo, Miguel Costa, Tiago Brochado e Jorge Machado que falaron sobre 'A exploração de sal na Proto-História. O exemplo de Viana do Castelo'. O sal desempeñou un papel de grande importancia na economía da Antigüidade. Con usos domésticos, simbólicos e médicos de todo tipo, foi sobre todo un compoñente fundamental na industria de salgadura, tanto no comercio de peixe salgado como na preparación de prebes. Ao longo das dúas últimas décadas, o avance da investigación arqueolóxica permitiu documentar un importante conxunto de explotación do sal ao longo da costa da antiga Gallaecia. Os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural son unha iniciativa levada a cabo pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega que comezou en novembro de 2015.
A Oficina de Turismo Municipal e as praias de O Muíño e Area Grande recoñecidas un ano máis co distintivo SICTED O pasado martes día 12 de marzo celebrouse en Vigo a terceira edición da Gala Anual de Turismo Rías Baixas, evento no que se realiza un recoñecemento ao turismo da provincia coa entrega dos certificados SICTED, o distintivo que premia a excelencia e a profesionalidade de empresas e servizos turísticos. A este evento acudiron en representación municipal o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Turismo Montserrat Magallanes, onde recolleron os diplomas e carteis do distintivo SICTED para a Oficina de Turismo Municipal da Guarda e as Praias do Muíño e Area Grande. O Concello da Guarda integra ao destino turístico “Provincia de Pontevedra-Rías Baixas” e leva traballando dende o 2009 na implantación do distintivo SICTED. Dende 2010 a Oficina de Turismo Municipal e as praias de Area Grande e O Muíño contan con este recoñecemento que ven acompañado dun plan de mellora continua e novas medidas dirixidas a incrementar a calidade do servizo. 32
cousas de
VIVE A GUARDA!
cousas de
33
REPORTAXE
AGUIA PESCADORA: A RAÍÑA DA MARISMA Por Manuel Sobrino Senra Un agudo e potente reclamo altera a tranquilidade na marisma. Coñezo ese asubío. É un sinal de alarma, un aviso dirixido a todas as aves da zona. Automaticamente levanto a vista ao ceo. De súpeto, unha silueta recortada no horizonte... É ela, o aguia pescadora. E vén cara ao meu. A medida que se achega á miña posición, a súa figura vaise facendo máis e máis grande. Ata que por fin, debeu considerar que era o momento de lanzar o ataque. Tras súbita sacudida das súas ás, executa un vertixinoso picado que acaba en captura. Pero aquí, chega a fase máis crítica de todo o proceso. A rapaz debe colocar á presa, que loitará por liberarse ata o final, de tal maneira que o seu posterior transporte resulte cómodo e sinxelo. Completamente empapada, con medio corpo mergullado baixa a auga, a raíña da marisma trata de suxeitar á súa presa con firmeza. Esta circunstancia permíteme gañar uns segundos vitais para preparar o "disparo". Os nervios apodéranse de min. O meu pulso acelérase. Non podo fallar. Un potente aleteo, e o ave elévase... Agora!
A escena que acabo de describir —un dos espectáculos naturais máis impresionantes— repítese cotidianamente á mesma porta das nosas casas. Non en balde, o estuario do Miño é o lugar máis propicio para a observación desta especie en Galicia. Resulta relativamente fácil vela na illa da Canosa, fronte á Xunqueira, empolicada a un dos seus posaderos habituais. Polo xeral, unha grosa estaca de madeira ou as ramas máis altas das árbores. Utiliza sempre os mesmos puntos de alimentación e descanso, o que facilita en gran medida a súa localización. É a musa dos ornitólogos; a “presa” favorita do cazador fotográfico, sempre ávido de bos trofeos. Pero non teñen nada que temer os robustos patos, as gaivotas, ou as delicadas limícolas que fuxían despavoridas ante o paso da poderosa rapaz, ao principio deste relato. O aguia pescadora é ictiófaga, aliméntase exclusivamente de peces. Sollas e muxos son o seu prato favorito. De forma excepcional púidose documentar a captura de pequenas aves como zampullines comúns e cuellinegros. Algo extremadamente raro. Un peixe ao día é o modesto tributo que se cobra esta bela monarca dos aires. Asumible sacrificio para o pai de todos os ríos... 34
cousas de
A diferenza da maior parte da poboación do norte peninsular, o aguia pescadora no estuario do Miño compórtase como “residente”. Ou o que é o mesmo, queda connosco todo o ano, circunstancia que podería favorecer nun futuro a súa reprodución. Sería motivo de orgullo para a nosa comarca... O aguia pescadora é escasa, vulnerable, sensible ás transformacións da súa contorna. Os humidais son os ecosistemas máis fráxiles e ameazados do planeta. Temos a obrigación de protexelos.
Cooperación transfronteiriza ao servizo da ornitoloxía. O pasado 12 de xaneiro, e por terceiro ano consecutivo en territorio galego, tivo lugar o censo do aguia pescadora invernante, evento integrado no 2º Censo Ibérico organizado por Fundación Migres e Aves de Portugal. Esta iniciativa pretende levar a cabo un seguimento do número de exemplares presente en ambos os países, información que pode arroxar algo de luz sobre estado de conservación desta especie na Península Ibérica. Ciencia cidadá ao servizo da ornitoloxía... Disciplina que practicamos os naturalistas polo mero pracer de saír ao campo; un exercicio de introspección e paciencia que nos levou a descubrir criaturas tan esquivas como a nutria, moi activa ao amencer. Mentres tanto, outros actores reclamaban protagonismo: agachadizas, cercetas, corvos mariños, azulones, archibebes... Marabilloso aperitivo antes do prato forte. Froito do esforzo coordinado dun nutrido grupo de voluntarios a ambos os dous lados do río obtivemos, por fin, unha magnífica recompensa. Dúas aguias pescadoras voando xuntas sobre Salcidos... O estuario do Miño non se iría sen carga. Valían os datos recollidos aquela mañá, pero tamén foron tomadas en conta as citas rexistradas ao longo de todo o mes. Sería inxusto —e pouco rigoroso— xogarllo todo a unha carta... Dezaoito foron as rapaces contabilizadas no conxunto da xeografía galega, 267 a nivel nacional, cifra lixeiramente superior á de anos anteriores. Un resultado pobre en calquera caso. Agora que xa sabemos algo máis sobre a importancia da nosa ilustre veciña, chegou o momento de outorgarlle a atención que merece. De valorala como a xoia que é... Coidémola, é única. cousas de
35
REPORTAXE
CLUB BALONMÁN TUI: UNHA HISTORIA DEPORTIVA A CARÓN DO MIÑO Por Álvaro Agustín Peralta Techera
# Club Balonmán Tui.
MAÑÁ, TARDE E NOITE, OS SETE DÍAS DA SEMANA O PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES TREME CO BOTAR DOS BALÓNS NUN 7 CONTRA 7 CONTINUO. O SISMO ESTÉNDESE POR TODO O MUNICIPIO E AS COMARCAS VECIÑAS. É QUE A FEBRE DO BALONMÁN ATERROU EN TUI NOS ANOS 70 E DENDE ENTÓN NON PARA. MÁIS DUN CENTENAR DE XOGADORES FEDERADOS E OUTRO TANTO DE CATIVOS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS ENCHEN HORAS E HORAS DO MAIOR ESCENARIO PECHADO DA CIDADE. EQUIPOS MASCULINOS, FEMININOS E MIXTOS, SEGUNDO CATEGORÍAS, ACHEGAN CON ESTA LINGUAXE CORPORAL UNHA EXPLOSIÓN DE VITALIDADE Á ANTIGA TUDE. O CLUB BALONMÁN TUI É A CASA COMÚN DE TODAS E TODOS. Entre os patios estudantís e as instalación da Mariña nace o balonmán de Tui Remexendo nunhas notas históricas de Segundo González (expresidente do club), estaría no Instituto de Bacheralato San Pelayo de Tuy, e nomeadamente na persoa de don Luís Montes “Lis”, mestre de Educación Física o berce do balonmán na zona. A paixón do seu alumnado por este xogo espertará o interese doutros coa constitución de máis equipos como o Balonmán Seminario e Balonmán Hermanos Maristas. De xogar nos patios traseiros dos institutos ou nas instalacións de Mariña, chegaron a formar parte das actividades do Pavillón Municipal de Deportes de Tui, actualmente o antigo pavillón. Deses primeiros anos sairán boa parte dos xogadores e adestradores que fundarán o 30 de xuño de 1991, o Club Escola de Balonmán Tui, orixe da actual asociación deportiva, que no ano 2000 tomará o nome definitivo, Club Balonmán Tui. Institución sen ánimo de lucro, hoxe presidida polo tamén adestrador e xogador senior, Miguel Martínez. 36
cousas de
Nas primeiras tempadas, o club constitúese só con categorías cadete e xuvenil femininas. No ano 1993 terá lugar a integración dun equipo senior, sempre na categoría feminina. “O grande impulsor do mesmo sen lugar a dúbidas foi D. Juan de Dios Martínez Leandro. Durante moito tempo el era adestrador, árbitro, presidente, delegado, pai.... Grazas a súa dedicación desinteresada e altruísta o balonmán en Tui vaise asentando definitivamente”, lémbrase nestas memorias históricas do club. Engádese que neses inicios participarán como adestradores Juan Carlos Ferreira Rodríguez, María Trinidad Campos Rodríguez e “Jabucho”. Na recente VII Gala do Deporte Tudense celebrada no Teatro Muicipal de Tui, as históricas xogadoras de balonmán que comezaron nas escolas deportivas en Tui Gemma e Nuria Martínez Fortuny recibiron un recoñecemento especial, ao igual que houbo un recoñecemento honorífico para Manuel Pons Gómez e José Antonio Rodríguez Chamorro como impulsores do balonmán na cidade.
Manuel Pons, Miguel Martínez e mais Martín Peralta na entrevista con Cousas de
Encontro de balonmán da tempada 2018-2019 no Novo Pavillón de Deportes de Tui.
cousas de
37
Plantel senior masculino do Club Balonmán Tui que compite na 2ª Autonómica. 8. Equipo categoría Alevín mixta 201
Escola Deportiva do Club Balonmán Tui en Gondomar.
tes Nais e pais sempre presen
nas actividades do club.
Plantel senior feminino do Club Balonmán Tui que compite na 1ª Autonómica. 38
cousas de
na División Honor ulino que compite Equipo xuvenil masc a de Balonmán. da Federación Galeg
Club Balonmán Tui.
Club Balonmán Tui.
Presente e futuro do club O século XXI terá ao club competindo en todas as categorías masculinas e femininas, ademais de continuar o seu labor didáctico nas escolas deportivas para cativos nos concellos de Tui, Tomiño e Gondomar. Preto de trescentas persoas entre xogadores, adestradores e colaboradores integran esta familia deportiva. “Somos un club modesto pero que sempre procura medrar” non dubidan en afirmar os seus directivos no encontro que celebramos entre trofeos e lembranzas que enxoian a oficina do club, no novo Pavillón Municipal de Tui, actual campo de deportes da institución. Dotar de bos valores a actividade formativa das escolas así como a competencia federada é un dos alicerces do club, sinalan os directivos Miguel Martínez, Manuel Pons e mais o adestrador Martín Peralta, con quen Cousas de sostivo a entrevista. No caso de Manuel, con máis de vinte anos no club, esta tarefa comezou como pai de dous xogadores. Miguel formado na institución dende as categorías cativas e Martín que chegou cunha experiencia similar dende Uruguai, comparten esta liña de traballo da que o club non se afasta. Actualmente coordinan dez escolas deportivas e mais as categorías alevín, infantil, cadete, xuvenil e senior masculino e feminino. Participan anualmente en competicións internacionais como as organizadas na veciña Portugal nas cidades de Maia (Distrito de Porto) no mes de xuño e São João de Madeira (Distrito de Aveiro), en Semana Santa. Coorganizan co Concello de Tui o Torneo Eurocidade con equipos de primeira liña para o fomento do balonmán na cidade e desenvolven diferentes actividades internas cos federados e as escolas deportivas cons fins competitivos, formativos e solidarios. Salientan que toda esta andaina é posible grazas á desinteresada colaboración das familias, empresas, socios (preto de douscentos), a deputación provincial e fundamentalmente o Concello de Tui a través da Concellería de Deportes.
Mucho más que sabor desde hace 37 años
ANTE AS UR
OR AD
REST A
Ponemos en cada plato lo mejor que tenemos: nuestro amor por la buena mesa
Avda. Val Miñor 89 (Ctra. Vigo - Baiona) 36350 Nigrán. Pontevedra. T 986 368 147/ 383 028 F 986 365 567 losabetos@losabetos.com www.losabetos.com
ENOTURISMO
TERRAS GAUDA PON EN VALOR O RICO PATRIMONIO DAS SÚAS ADEGAS CUN EXTENSO PROGRAMA DE ENOTURISMO
O ACORDO SUBSCRITO EN ESTADOS UNIDOS CUN DOS PRINCIPAIS DISTRIBUIDORES MUNDIAIS ABRE NOVAS POSIBILIDADES DE CONCITAR O INTERESE DE VISITANTES ESTRANXEIROS, CATIVADOS POLA SINGULARIDADE DOS VIÑOS E A IDIOSINCRASIA DOS EMPRAZAMENTOS, DO ROSAL A ARGANZA E SARDÓN DE DUERO
40
cousas de
Poucas adegas galegas poden presumir de posuír o rico patrimonio que atesoura o Grupo Terras Gauda. Rías Baixas, Bierzo, Sardón de Duero e Rioja: tres Denominacións de Orixe e unha zona de máxima relevancia vitivinícola, na área de influencia de Ribeira do Duero. Catro emprazamentos nos que toma corpo unha filosofía, unha forma de concibir o viño desde a convicción de ofrecer creacións únicas, singulares, adheridas ao terruño, co selo das obras que buscan cativar, sorprender e transcender. Este rico patrimonio non se garda de portas dentro. Ao contrario, difúndese e comparte a través dun plan de enoturismo, plenamente consolidado, que ano a ano non deixa de gañar adeptos; en consonancia cunha modalidade en plena expansión e que atopou un gran eco nun perfil que busca un turismo de calidade. Un modelo de turismo que achega un extra: sensacións, cultura, coñecemento. E que se plasma especialmente no proxecto “Spain through its wineries”, impulsado polo Foro de Marcas Renombradas, e no que Terras Gauda participa xunto a algúns dos principais grupos adegueiros de España, como expoñentes dunha proposta deseñada especialmente para seducir ao visitante estranxeiro.
Novas oportunidades en EEUU O recente acordo comercial subscrito con Trinchero Family Estates, segunda adega familiar máis importante do mundo, que se encargará de distribuír os viños do Grupo Terras Gauda en Estados Unidos, outorga un impulso renovado á difusión da marca na primeira potencia mundial. En paralelo, xera no mercado norteamericano unha nova canle para concitar o interese de visitantes atraídos pola posibilidade de coñecer a adega e os viñedos onde se elaboran os viños Premium que saborean nos seus fogares e restaurantes. No Rosal, en Terras Gauda, espéralles, como a todo aquel que acode, un abanico de propostas variadas e flexibles, adaptadas a distintos perfís: desde a familia que acode ao completo, con maiores e pequenos gozando por igual da inmersión no mundo do viño; a grupos de amigos e compañeiros de traballo que buscan unha xornada de convivencia divertida e diferente; ou parellas á caza de novas sensacións.
Compartindo unha filosofía Adegas Pittacum e Quinta Sardonia franquean igualmente a entrada ás súas instalacións para mostrar os seus “segredos”. Os pequenos detalles que outorgan aos seus viños un carácter diferencial. Como o profundo coñecemento das viñas vellas, de ata un século de antigüidade, que constitúe a pedra angular do traballo en Adegas Pittacum, herdeira da rica tradición berciana. Ou a fidelidade, no caso de Quinta Sardonia, aos principios da biodinámica, a práctica máis extrema da agricultura ecolóxica, que persegue a perfecta comuñón entre o terroir, a cepa e a contorna natural, ao que se esixe ou consente seguindo os ritmos que marca a natureza, incluíndo os ciclos lunares. Todos estes plans, ao detalle, poden consultarse na web https:// terrasgauda. com/ enoturismo/ , que inclúe así mesmo información sobre restauración e monumentos nas zonas onde se sitúan as adegas, coa que complementar as diversas experiencias.
cousas de
41
GALICIA SOLIDARIA
A FUNDACIÓN ÉRGUETE-INTEGRACIÓN CUMPRE 20 ANOS TRABALLANDO POLA INSERCIÓN DAS PERSOAS EN RISCO OU SITUACIÓN DE EXCLUSIÓN SOCIAL (1999-2019) O 4 de novembro de 1999 constituíuse a Fundación ÉrgueteIntegración. Se fixo da man da súa Presidenta, Carmen Avendaño Otero, quen xa se convertera nunha destacada figura social pola súa activa loita contra os efectos das drogodepencias e a súa labor de portavoz de moitas nais de fillos afectados por esta problemática durante os anos 80. Desde o comezo desta loita, Carmen Avendaño manifestou o seu desexo de axudar ás persoas con diversas dificultades a acceder a segundas oportunidades. Con este fin creou e fundou esta entidade; coa misión de apoiar, axudar e asistir ás persoas máis desfavorecidas no seu camiño á incorporación laboral e social. Durante os 20 anos de historia que cumpre este 2019, a misión da Fundación Érguete-Integración mantívose inalterable mentres que a entidade foi crecendo e evolucionando coa sociedade. Búscase mellorar a situación daquelas persoas que pertencen aos colectivos máis vulnerables a través de accións que fomenten a formación profesional, ocupacional e prelaboral; a reeducación, a incorporación social e laboral e a alfabetización.
Unha entidade convertida en referente social Grazas a estas accións proporciónaselle ás persoas ferramentas e habilidades para poder acceder ao mercado laboral, o que axuda á inserción e, en definitiva, a unha mellora da calidade de vida. As persoas usuarias ás que a entidade destina os seus servizos son moi variadas. Trabállase con xente sen fogar, con cargas familiares non compartidas, paradas/os de longa duración, vítimas de violencia de xénero, persoas en proceso de rehabilitación, etc. En definitiva, persoas que teñen en común a exclusión social. Ademais, a fundación proporciona este servizo desde a súa capacidade de seguir innovando e desenvolvendo programas adaptados para atender as situacións de emerxencia. Con todas estas iniciativas a entidade situouse como un referente para os seus colectivos de atención, pero tamén para a sociedade en xeral, dado o gran abano de actuacións que realiza e da gran cantidade de persoas usuarias que acceden aos seus servizos. Para poder realizar esta labor social conta cun amplo equipo de profesionais nas sedes de Vigo e A Coruña. A través de equipos multidisciplinares colaborase para dar unha cobertura integral ao usuario/a e traballar por unha sociedade onde prime a igualdade de oportunidades e o respecto aos dereitos e a dignidade das persoas. 42
cousas de
8 participantes do programa Itinere fórmanse no obradoiro da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra no C.P. A Lama No mes de febreiro arrancou un novo obradoiro formativo da Escola de Cantería da Deputación dirixido a internas e internos, no Centro Penitenciario de A Lama (Pontevedra). En total son 15 persoas, 13 homes e 2 mulleres, as que accederán a esta oportunidade formativa para ser profesionais dun sector con ampla inserción laboral. Dos 15 participantes do obradoiro, 8 son persoas beneficiarias do programa Itinere da Fundación Érguete-Integración, no que se traballa pola incorporación social e laboral de persoas privadas de liberdade ou en proceso de excarceración e que van poder acceder a unha formación no Centro Penitenciario o que vai contribuír a mellorar aínda máis o seu perfil e empregabilidade, aumentando deste xeito as súas expectativas de éxito na incorporación laboral tras o tempo de privación de liberdade. Ademais, de entre esas 8 persoas do programa Itinere, 6 realizaron a formación en Competencias Clave nivel 2 coa Fundación e 2 máis cursaron coa nosa entidade a formación ocupacional de Auxiliar de Psiquiatría (Proxecto ABEIRO).
cousas de
43
COOPERACIÓN TRANSFROITEIRIZA
O RÍO MIÑO TRANSFRONTEIRIZO CONTARÁ CUN PLAN DE MOBILIDADE SUSTENTABLE CENTRADO NOS DESPRAZAMENTOS ENTRE AS EUROCIDADES O territorio do Río Miño Transfronteirizo contará cun plan de mobilidade sustentable que favoreza os desprazamentos de persoas e vehículos na fronteira galego portuguesa, prestando especial atención aos fluxos entre os polos urbanos das eurocidades, nos que se concentran máis de 100.000 habitantes. Así o anunciou o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director da AECT Río Miño, Uxío Benítez, nun acto no que estivo acompañado polos alcaldes da eurocidade Tui – Valença, Carlos Vázquez Padín e Jorge Salgueiro Mendes, e o presidente da câmara municipal de Vila Nova de Cerveira e vice director da AECT Río Miño, Jõao Fernando Brito Nogueira.
Segundo explicou o director da AECT Río Miño “este plan supón unha necesaria visión global da mobilidade”, coa característica especial de “ser un plan tranfronteirizo, un dos poucos deste tipo que existen no mundo”. Benítez lembrou que xa se están redactando plans de mobilidade a nivel galego, comarcal e nos concellos, pero “parece que do outro lado do río Miño non hai nada, a pesar de que estamos a falar da fronteira ibérica máis transitada”. Neste senso o director da AECT Río Miño destacou que “nós queremos rachar por completo con ese concepto de fronteira, e queremos realizar un diagnóstico que nos dea unha visión máis acertada desta área xeográfica, que é un territorio común.”
Punto de partida O Plan de Mobilidade Sustentable do Río Miño Transfronteirizo (PMST) é unha das principais accións do proxecto Smart Minho - enfocado na planificación conxunta e intelixente do espazo transfronteirizo e cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional- . O PMST terá como punto de partida dous documentos previos: a ‘Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030’ e o ‘Plano de Transporte Público do Vale do Rio Miño Transfronteiriço’, un detallado traballo elaborado por UNIMINHO en 2012. “A participación cidadá xogará un papel importante no deseño deste plan” que se levará a cabo mediante a realización de enquisas, tanto a pé de rúa como a través da páxina web de Smart Minho, e a organización de varios obradoiros, en territorio galego e portugués, nos que “o tecido asociativo e económico do territorio poderá achegar tanto ideas como as problemáticas ás que se enfrontan no seu día a día en materia de mobilidade”.
44
cousas de
A AECT RÍO MIÑO DESTACOU QUE ESTA É A FRONTEIRA MÁIS TRANSITADA DA PENÍNSULA IBÉRICA E UN DOS PRIMEIROS PLANS “TRANSFRONTEIRIZOS” DO MUNDO
O ESTUDO ABRANGUERÁ 26 MUNICIPIOS E MÁIS DE 3.300 KM2
Especial énfase nas eurocidades O plan estudará especialmente a mellora dos desprazamentos entre os tres pares de núcleos urbanos que compoñen as eurocidades de Tomiño – Cerveira, Tui – Valença e Salvaterra – Monçao, que aglutinan un tercio do total da poboación do territorio. Nesta liña se manifestaron os representantes das alcaldías e cámaras municipais presentes, agradecendo os esforzos realizados pola Deputación de Pontevedra na área transfronteiriza para fomentar o traballo en común do territorio galego portugués. O estudo abrangue máis de 3.300 km2 de territorio, inclúe a 26 municipios galegos e portugueses, e a unha poboación de ao redor de 376.000 habitantes. Unha vez recompilada e analizada toda a información obtida a través das enquisas e obradoiros, poderanse extraer as primeiras conclusións e establecer unha visión global do conxunto da mobilidade na área do río Miño transfronteirizo, cunha proposta de accións piloto lista para desenvolver no inmediato, segundo informou o deputado.
cousas de
45
OCIO/MÚSICA
A UNIVERSIDADE E A ORQUESTRA VIGO 430 PROPOÑEN 'SESIÓNS DE ESCOITA ACTIVA' PARA PREPARAR AO PÚBLICO ANTES DOS CONCERTOS
A inexistencia durante décadas dunha formación musical básica e seria, fixo que xeracións enteiras teman achegarse a certo tipo de música ou o fagan con certas reservas. Isto, unido á continua presenza nos programas de concerto de obras clásicas e románticas que precisan dunha certa aprendizaxe para poder escoitalas, fai que xurdan iniciativas para “formar” ao público dos concertos das orquestras clásicas. EscoitaANTES é unha destas propostas, xurdidas da colaboración entre a Universidade de Vigo e a Orquestra Vigo 430, e propón un programa de “escoitas activas” previas aos concertos desta formación musical. A finalidade é que as persoas que asistan ás actuacións que a 430 está a ofrecer o fagan cunha certa base. Con tres clases previas aos concertos trátase de “achegar, mellorar e ampliar o criterio de apreciación no que a música se refire, así como para achegar claves para o entendemento e goce de certo tipo de obras que figuran con frecuencia nos programas de concerto”. A asistencia tanto ás sesións previas coma aos ensaios abertos é de balde, non así aos concertos. Estas sesións propoñen unha escoita activa, a través dunha aproximación histórica, analítica e contextual e están orientadas á preparación dos “escoitAntes” na semana anterior dalgúns dos seus concertos e estarán impartidas por Cándido Cabaleiro Paz, profesor superior de piano e mestre de Educación Musical. A primeira cita tivo lugar o 28 de febreiro no Auditorio Municipal do Areal de Vigo, A segunda sesión de EScoitANTES terá lugar o 21 de marzo, o ensaio correspondente o 4 de abril e o concerto celebrarase o 5 de abril. E a última sesión de EscoitANTES terá dous partes, unha coa Sinfonía núm. 6 «Patética» de Chaikovski o 9 de maio e outra co Concerto para violoncelo de Elgar e Hermes de Octavio Vázquez o 23 de maio. Os ensaios abertos terán lugar o xoves 30 de maio e o concerto levará a cabo no Teatro Afundación o 1 de xuño.
OCIO/LIBROS El libro de Gila Antología tragicómica de obra y vida Editorial Blackie Books Por fin nun mesmo libro a obra e a vida dun autor xenial que superou a pobreza, a fame e a guerra durante os peores momentos da España do século XX defendéndose cunha única arma: a risa. 416 páxinas a todo cor con pezas de ficción, fotografías, anécdotas, viñetas debuxadas, páxinas dos seus cadernos, recortes, invitacións aos seus espectáculos, cartelería … Un ensaio inédito acerca do que significaba para el o seu oficio.
Reforma o revolución Rosa Luxemburg Ilustrado por Fernando Vicente Editorial Nórdica & Capitán Swing Este polémico libro da famosa «Rosa Vermella» de Luxemburgo publicado en 1899 é a súa primeira gran obra política, a que lle proporcionaría o recoñecemento político no Partido Social Demócrata Alemán. A obra sitúase nas primeiras polémicas entre dous campos da socialdemocracia europea de principios do século xx: revisionismo versus marxismo.
Serotonina Michel Houellebecq Editorial Anagrama “Florent- Claude Labrouste ten corenta e seis anos, detesta o seu nome e medícase con Captorix, un antidepresivo que libera serotonina e que ten tres efectos adversos: náuseas, desaparición da libido e impotencia”. Michel Houellebecq constrúe un personaxe e narrador desarraigado, obsesivo e autodestructivo, que escruta a súa propia vida e o mundo que lle rodea cun humor áspero e unha virulencia desgarradora. Lluvia fina Luis Landero Editorial Tusquets “Tras moito tempo sen apenas verse nin tratarse, Gabriel, decide chamar ás súas irmás e reunir a toda a familia para celebrar os 80 aniversario da nai e tratar así de reparar os vellos rancores que cada cal garda no seu corazón, e que os distanciaron durante tantos anos”. Luís Landero convídanos a unha historia familiar intensa, próxima e emotiva, a historia de Gabriel e a súa familia. Pero tamén podería ser a historia de calquera de nós e da nosa familia.
Se isto é un home Primo Levi Editorial Xerais Obra desgarradora, brutal, que dá conta da vida cotiá de Primo Levi e os seus compañeiros no campo de concentración de AuschwitzBirkenau durante o nazismo. Publicado en 1947 en Turín, este libro pasou desapercibido ata 1959, cando foi traducido ao inglés. Desde aquela converteuse nun referente ineludible da literatura do século XX.
Vivir a galope Maria Xosé Queizan Editorial Xerais Este é o testemuño literario dunha vida intensa e comprometida, a autobiografía que traza a traxectoria vital dunha das autoras máis relevantes e influentes da literatura galega e, ao tempo, o relato de toda unha época. Desde os primeiros anos da súa infancia viguesa ata a actualidade, a escritora María Xosé Queizán vai debullando a súa vida en primeira persoa.
AXENDA
TUI
48
cousas de
O ROSAL ABRIL Día 13. TEATRO COMEDIA “O FURANCHO” a cargo do grupo de teatro IBUPROFENO. 21.00 h. Auditorio Municipal Día 14. CONCERTO CANTARES DO BRUEIRO. 19.00 h. Auditorio Municipal Día 27. ANDAINA “TRILLO DAS MINAS” Saída ás 16.00 h. desde a Igrexa de Sanxián. Duración: 2-3 horas. Dificultade: media-alta
ABRIL Día 5. PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL DE 'EL TIGRE' PADRÓN SOBRE O R.C.CELTA. Auditorio Municipal. 20:00 horas. Días 13 e 14. LIGA ESPAÑOLA DE RAID DE AVENTURA EN NIGRÁN. Todo o día. Día 19. CAMERATA SANTART. Auditorio Municipal. 20:00 horas Día 20. GALA DO DEPORTE CONCELLO DE NIGRÁN. Auditorio Municipal. 20:00 Día 25. CINECLUB ALICE GUY. Auditorio Municipal. 20:30 Día 27. GALA PREMIOS NIGRÁN. Auditorio Municipal. 20:00
BAIONA
OIA
VISITAS GUIADAS GRATUITAS DURANTE A SEMANA SANTA Serán o xoves 18, venres 19 e sábado 20 de abril. Sairán ás 11:30 horas desde a oficina de turismo e son gratuítas. O percorrido será: Paseo Ribeira, Encontro entre Dous Mundos e percorrido polo centro histórico. Non é necesaria a inscrición previa, simplemente teñen que estar a esa hora na oficina de turismo. A duración será de 1 hora e media (aproximadamente).
cousas de
49
QUEN É QUEN NO RUEIRO
Rúas de... A Guarda Rúa de DÑA. VICENTA RODRÍGUEZ CACHADA Publicado por Páxinas da Guarda Tócanos hoxe un recordo á memoria de Dna. Vicenta R. Cachada. Non nos propoñemos a súa biografía nin datos referentes á fundación que a ela débese, pois non está lonxe o día en que con máis razón que hoxe podamos facelo. Pero ao propoñernos publicar algúns retratos daquelas persoas que dalgunha maneira interesáronse polo progreso moral e material do noso pobo, debemos dar preferente lugar ao desta señora distinguida, que, dándose verdadeira conta do que para o progreso dos pobos significa a educación da muller, dotou á Garda dunha mellora importantísima, como o é o gran Colexio que baixo a advocación de San José e dignamente dirixido polas beneméritas Relixiosas Carmelitas da Caridade, constitúe a máis grande obra de cultura, de que pode, con razón, enorgullecerse o pobo da Guarda. O problema do ensino e a educación da muller era, no noso pobo, de moi difícil solución. Para as clases pobres, dado o crecidísimo número de nenas, resultaban en extremo insuficientes as escolas públicas, a pesar dos esforzos inauditos de profesoras dignísimas con que puidese contarse. Para as clases acomodadas quedaba o recurso de enviar as súas fillas ás grandes poboacións, onde adquirían a ilustración a forza de cuantiosos gastos. Hoxe, grazas a Dna Vicenta Rodríguez Cachada, conta o noso pobo cun centro docente que xa desexarían posuír algunhas grandes capitais. Os centenares de nenas pobres que reciben, gratuitamente, instrución no Colexio de San José; as grandiosas exposicións públicas de labores con que máis dunha vez brindounos ese importante Centro de Ensino e de cuxo mérito parece non haberse feito cargo aínda o pobo da Garda, poderán darnos unha idea de canto vale para a nosa vila a xenerosa fundación de O antigo edificio do colexio estivo en activo ata 1980 dona Vicenta. O noso Concello, con moi bo acordo perpetuou o nome desta ilustre dama, dando o seu nome a unha rúa da nosa vila, á rúa onde se acha situada a casa onde aquela faleceu. Pero isto é pouco. Cremos que andando o tempo, cando as señoras guardesas, as nais de familia, déanse conta da débeda de gratitude que contraeron coa xenerosa doante a quen debe a súa educación e a das súas fillas, nacerá a iniciativa para perpetuar dunha maneira digna, cal se merece, o nome de D.ª Vicenta Rodríguez Cachada. LA VOZ DEL TECLA - N.º 192 – de 19 de Diciembre de 1914.
Revista de información para A Guarda, Baiona, Gondomar, Nigrán, Oia, O Rosal, Salceda de Caselas, Tomiño e Tui. Periodicidade trimestral.
Edita: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo. cousasde@edicionesbasan.com
Departamento Comercial: revistacousasde@cousasde.com Teléfono: 626 993 480
Director: Jesús G. Bastida
Web e redes sociais:
Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL
www.cousasde.com
Colaboradores: Anxo Rodríguez Lemos, Pablo Fernández Estévez, Carlos Méixome, Suso Vila, Manu Sobrino, Álvaro Peralta, Juan Ramón Tamuxe, Judith Bernárdez, Rosana Calvo
50
cousas de
Tirada 10.000 exemplares. Distribución: Cousas de. Depósito Legal: VG 229-2019 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores.