COUSAS DE - Revista nº14

Page 1



SUMARIO

NÚM.

14

Detalle dunha das fontes do Pazo Pegullal

04\ EDITORIAL 06\ OPINIÓN

28\ REPORTAXE

O dilema da autoría do cruceiro do Hío

por Víctor F. Freixanes Galicia infinda

08\ RÍAS BAIXAS

V edición do foro “Mulleres que opinan son perigosas”

10\ ENOTURISMO

Terras Gauda reforza o seu plan de enoturismo de experiencias para o verán

12\ ACTUALIDADE 24\ REPORTAXE

32\ CULTURA E PATRIMONIO

O novo Museo Ramón Cabanillas na Casa da Calzada de Cambados

50\ GALAICAS

Avelina Valladares Núñez A poeta xornalista de opinión

58\ GALICIA SOLIDARIA

Aldeas Infantís procura familias de acollida para cativos en especial situación de vulnerabilidade

60\ REPORTAXE

O retablo da Anunciación, a nova xoia artística de Baiona

Medio século da histórica Regata do Descubrimento

64\ OCIO/BELAS ARTES

Exposición de Alfredo Alcain no MARCO

EN PORTADA 34\ 38\ 44\ 52\

“Volantas ao mar”. Bitácora de viaxe dunha travesía de 900 millas do Piueiro Os emigrantes e a educación no Val Miñor (1ª parte) O Pazo de Pegullal: Un paraíso botánico en Salceda de Caselas Garranos, burras, bestas. Os cabalos salvaxes da Groba

Edita: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo. cousasde@edicionesbasan.com.

Periodicidade trimestral.

Director: Jesús Mª García Bastida jesusgbastida@cousasde.com Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL Colaboradores: Anxo Rodríguez Lemos, Pablo Fernández Estévez, Carlos Méixome, Suso Vila, Álvaro Peralta, Judit Bernárdez, Carmen Salinero, Pilar Vela, Silvia Cernadas, Xosé Ramón Paz Antón, Marco Rivero, Rosa Vila, Alberte Reboreda, Xosé M. Malheiro, Jose Vaamonde.

Departamento Comercial: revistacousasde@cousasde.com Teléfono: 626 993 480 Web e redes sociais: www.cousasde.com

redacción@cousasde.com Depósito Legal: VG 229-2019 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores. Ediciones Basan non se fai responsable dos comentarios dos seus colaboradores

Distribución gratuíta en: A Cañiza, A Estrada, A Guarda, Arbo, As Neves, Baiona, Bueu, Caldeas de Reis, Cambados, Cangas do Morrazo, Covelo, Cuntis, Gondomar, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, O Grove, O Porriño, O Rosal, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa En Portugal: Valença, Cerveira, Caminha e Monçao

cousas de 3


EDITORIAL

A emigración galega a América, especialmente intensa nas últimas décadas do século XIX e nas primeiras do século XX, está chea de historias de sacrificios, fame, a dor de deixar a terra de orixe e a dificultade para asentarse nun novo país. Pero o proceso deixou tamén unha pegada positiva, tanto a nivel persoal como colectivo. Foi moito o que esta emigración trouxo de volta, destacando as iniciativas modernizadoras realizadas por moitos galegos retornados ou por persoas que seguiron vivindo en América pero que achegaron recursos para o avance das súas localidades de orixe. A saída cara a América de milleiros e milleiros de galegos, moitas veces con carácter definitivo, provocou en numerosos casos un profundo sentimento de compromiso e solidariedade coa súa terra de orixe, non só no plano familiar. O envío de diñeiro desde os lugares da emigración tivo unha grande importancia para a mellora das condicións de vida e para a modernización da economía galega, e tamén propiciou unha maior permeabilidade ás ideas procedentes do exterior. Un dos destinos destas remesas, e que deixou maior pegada no desenvolvemento da sociedade e da cultura galegas, concretouse no que tiña que ver coa educación, tendo como beneficiarios directos os seus veciños, xa que contribuíron a configurar a primeira rede escolar galega. Esta participación no proceso de equipamento de escolas en case toda Galicia debeuse en boa medida a unha situación de graves deficiencias. Moitos emigrantes sentíronse solidarios coa eiva educativa que existía en Galicia. Este foi o xerme do envío de remesas para a creación de escolas instrutivas experimentadas polos propios emigrantes, que con frecuencia padecían un alto grao de analfabetismo. Cando chegaban a América atopábanse nunha situación de clara inferioridade no mercado laboral pola súa escasa cualificación académica e profesional, e víanse obrigados a aceptar os traballos máis ingratos, penosos e peor pagados. A súa experiencia americana levounos a concienciarse de que a educación era fundamental para conseguir mellorar a súa condición no país de acollida. O ensino converteuse así nun vehículo rexenerador e nun resorte de transformación social. Cóntanos Xosé M: Malheiro no seu artigo que “Os miñoráns cóntanse entre os primeiros en fundar unha agrupación con fins educativos e culturais na terra de orixe, Unión Hispanoamericana Pro Valle Miñor, chegando a ser co tempo un referente para outras.” Con este número da revista que o lector ten nas súas mans iniciamos una serie de artigos dedicados á pegada que deixaron moitos dos emigrantes galegos, na creación e modernización de centos de escolas en toda Galicia. Queremos así compartir o que foi esta parte tan relevante da nosa historia, centrándonos principalmente no sur da provincia de Pontevedra. Foto: Escola Infantil C.R.A. Mestre Manuel Garcés - Estás en Tomiño

4 cousas de


Registro Sanitario: C-36-001975

os en t r e p x E n nes co o i c a t i l rehabi anzada v a a í g ciru

Sonrisas de calidad Somos expertos con gran experiencia en casos complejos, grandes rehabilitaciones y estética. ¡Ponte en las mejores manos!

¡DESCÚBRENOS!

Para que puedas disfrutar de una sonrisa plena, te ofrecemos facilidad de financiación: 36 meses sin intereses

CTRA. DE CAMPOSANCOS 152 36213 (VIGO) 986 296 247 - 608 555 324

RESULTADOS 100% GARANTIZADOS

info@clinicadentalromeo.com www.clinicadentalromeo.com cousas de 5


PÁXINA 6 / OPINIÓN

GALICIA INFINDA por Víctor F. Freixanes. Presidente da Real Academia Galega

As Letras Galegas deste ano 2022 van dedicadas á figura e a obra de Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo de Valdeorras, 1903 - Fair Oaks, California, 1987). A súa biografía, como sucedeu con outros autores recentes (Antonio Fraguas, Ricardo Carvalho Calero), percorre practicamente todo o galeguismo do pasado século XX, con experiencias ilusionantes como o Seminario de Estudos Galegos (1923), o rexurdimento literario dos anos 30 e a defensa do Estatuto de Autonomía de 1936, e momentos certamente dramáticos, moi principalmente a guerra civil (19361939) e o exilio. Cando a Real Academia Galega valorou a proposta tivo en conta catro aspectos fundamentais. En primeiro lugar, a orixinalidade da súa produción poética, que comeza coa edición de Bebedeira, en 1934, e que se desenvolve con distintos rexistros ata case o final da súa vida: Galicia infinda (1963), Cantarenas (1981), O soño do guieiro (1986); unha obra que se inspira nos valores da súa terra de Valdeorras, nas paisaxes, nos costumes, nos tipos humanos, mais que non renuncia a outros rexistros, en parte, froito das circunstancias vividas: poesía política, denuncia e crítica social… En segundo lugar, a súa defensa e militancia a prol dos valores democráticos nun tempo ben adverso, valores aos que endexamais renunciou e que mantivo acesos mesmo nas angosturas do desterro. As Letras Galegas detivéronse varias veces na exilio de Buenos Aires, mais é a primeira vez que visitan o exilio de México, onde tantas iniciativas naceron e se mantiveron activas durante anos: publicacións periódicas (Saudade, Vieiros), institucións ao servizo da cultura e a lingua (Padroado da Cultura Galega, Irmandade Galeguista, grupo Saudade, emisións radiofónicas como “A hora de Galicia”, celebración das Letras Galegas dende o 1963), proxectos editoriais como o Cancioneiro da loita galega (1943), traballos a prol dos dereitos e a identidade política de Galicia, nos que recoñecemos figuras como Carlos Velo, Luis Soto, Alexandre Finisterre, Francisco Comesaña, Luisa Viqueira, Caridad Mateos, Elixio Rodríguez, Yolanda López, Arturo Souto, Ramiro Illa Couto, Marcial Fernández, Ramón Cabanillas Álvarez (fillo do poeta Ramón Cabanillas), Xesús Bal y Gay, Carlos Tomé, Roxelio Rodríguez de Bretaña, os irmáns Ánxel e Demetrio Bilbatúa..., empresarios, escritores, xornalistas, cineastas, editores, activistas políticos, músicos… Outro aspecto importante son as terras de Valdeorras, na estrema oriental de Galicia, coa súa cultura, as súas tradicións, o seu patrimonio histórico (material e inmaterial), a súa lingua... O galego destas comarcas exprésase vizosamente nos versos de Florencio Delgado Gurriarán: léxico, fonética, construcións sintácticas e morfolóxicas… A lingua son, fundamentalmente, os falantes, e a lingua das terras de Valdeorras, coa súa alegría e a súa singularidade, enriquécenos a todos. No ano 2002 as Letras Galegas viaxaron a Vilafranca do Bierzo co Padre Sarmiento. Este ano a festa será en Vilamartín de Valdeorras. O cuarto aspecto que cómpre salientar, e non menor, é o entusiasmo, a colaboración, mesmo a demanda explícita que as institucións e as xentes dos concellos e as asociacións de Valdeorras lle transmitiron á Academia para que este ano 2022 fose o Ano Florencio. Foguetes nas parroquias, festa rachada que a institución quere compartir con toda Galicia, coas Galicias todas que son e como tales se recoñecen aquén e alén das fronteiras administrativas, como Florencio Delgado Gurriarán explica no poema “Galicia infinda”: a Galicia de Valdeorras, do Courel, da Terra Chá, do Val Miñor, do Ribeiro, das Mariñas, da Maía, da Ulloa, a Galicia das cidades (Compostela, Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense), a Galicia das rías, a Galicia do mar e da montaña, mais tamén a que como tal se sente en Buenos Aires, Nova York, Caracas, Montevideo, Santiago de Chile, México, A Habana, Berlín, Bruxelas, Xenebra, Zürich, Barcelona, Madrid, París, Rotterdam, Londres, Sidney, São Paulo, Salvador de Baía… “O Gulf Stream é o noso río meirande”, escribe o poeta. Onde hai galegos e galegas conscientes do seu está Galicia. A Galicia infinda…

6 cousas de


cousas de 7


RÍAS BAIXAS C Foto de clausura con tódalas participantes no Foro.

Abaixo participantes da sesión de inauguración

XORNALISTAS DE TODA ESPAÑA DEBATERON NO MARCO DA V EDICIÓN DO FORO “AS MULLERES QUE OPINAN SON PERIGOSAS” Nun país onde menos do 20% dos espazos de opinión nos medios de comunicación son ocupados por mulleres, a provincia de Pontevedra respondeu coa celebración da V edición do encontro “As mulleres que opinan son perigosas”. Nel participaron 18 xornalista de primeiro nivel que co apoio da Deputación de Pontevedra debateron sobre presente e futuro da liberdade de información e opinión dende una perspectiva de xénero. A presidenta Carmela Silva abriu o evento sinalando que lle indigna “ver como mulleres que opinan, cultísimas, que saben do que falan, son tratadas como putas no século XXI”. Lamentou que “avanzamos moi pouco e moi lento porque o poder establecido, o patriarcado tamén na comunicación, sabe que queremos ocupar a metade de todo e iso significa que os que hoxe ocupan o 80% van ter que deixar o 30% e por iso somos perigosas”. Traballar nun plano de igualdade, denunciar todo tipo de acoso e incluír na axenda mediática temas que afectan ás mulleres como a endometrose, o aborto ou a violencia obstétrica foron algúns dos reclamos escoitados durante este encontro que tivo lugar no Museo de Pontevedra o pasado 10 e 11 de xuño. O evento xurdiu en 2018 en resposta a un foro de columnistas do xornalismo de opinión que tivera lugar na cidade de León e que non incluíra a ningunha muller na palestra. O éxito deste espazo de intercambio xa fora plasmado a principios deste ano coa publicación “As mulleres que opinan son perigosas. Catro anos e unha pandemia despois”. O libro, coordinado polas xornalistas Diana López Varela e Susana Pedreira, repasa os trece relatorios e as dúas mesas daquel primeiro congreso, que xurdiu na cidade de Pontevedra e mantén a súa sede alí. 8 cousas de


Opinión e xénero abren os debates. A xornalista de Faro de Vigo Carolina Sertal abriu as conferencias cun faladoiro sobre a perspectiva de xénero no xornalismo local e, para facelo, comparou dúas pezas sobre a escravitude sexual das mulleres, unha escrita por unha muller e outra por un home, que reflicten “como un mesmo tema se pode tratar dun xeito tan diferente. Inma López Silva sinalou que “antes do 2018 opinar sobre feminismo eran aqueles artigos amables que sabía que ían ser acollidos desde o agradecemento”, mentres que agora están a recibir reaccións “desproporcionadas. María Varela subliñou que “hoxe escóitanse cousas que hai catro anos eran impensables e considerabamos debates superados, como a barbaridade de que a violencia de xénero non existe; cando hai 9 nenas menores de idade con protección policial na provincia por ameazas de parellas ou ex parellas. Que queiran ancorarnos en debates superados dá que pensar”. Pola súa banda, Diana López Varela recoñeceu que “é a primeira vez desde o 2012 en que non me atrevo a falar de todos os temas que se están a debater no feminismo”.

C Ponencia da xornalista Mercedes Milá e vista da numeroso público asistente Outras temáticas abordadas Ademais, durante o foro as palestras dirixiron a atención a outras temáticas como a depresión e as enfermidades mentais, que desenvolveu Almudena Sánchez. Paloma del Río presentou unha exposición sobre periodismo deportivo onde afondou sobre o deporte feminino e o olimpismo. Estefanía Molina, achegou a súa visión sobre a temática “Actualidade e análise política: éxitos, frustracións e expectativas”. Joana Bonet desenvolveu o traballo “Arte, moda, feminismo e cultura: unha escritora de revista”, e a xornalista Mamen Mendizábal, presentou “Un encontro moi esperado”, que contou coa presentación de Ángeles Caballero. Pola súa banda, Marta Otero presentou unha palestra sobre “Opinión local e de provincias. Non hai fronteiras”; a periodista Margaryta Yakovenko, dirixiu a charla “Desencaixada: nacer en Ucraína, ser migrante e xornalista en España”; e deseguido a xornalista Ángeles Caballero presentou a un faladoiro baixo título: “Ver, oír e calar”. Marta García Aller, Fernanda Tabarés e Ana Pardo de Vera presentaron o libro “4 anos e unha pandemia”; a xornalista de El País Luz Sánchez Mellado desenvolveu o relatorio “Columnas e entrevistas: opinión con mirada propia”. Pechou o congreso a xornalista Mercedes Milá coa charla “Mila vs. Milá. Sen complexos nin etiquetas desde 1974”.

cousas de 9


ENOTURISMO

TERRAS GAUDA REFORZA O SEU PLAN DE ENOTURISMO DE EXPERIENCIAS PARA O VERÁN O OBXECTIVO É ATRAER A MÁIS PERSOAS E UNHA MAIOR DIVERSIDADE DE PERFÍS: TANTO AOS AMANTES DA CULTURA DO VIÑO COMO AOS QUE VISITAN UNHA ADEGA POR PRIMEIRA VEZ

10 cousas de

Potenciar o seu patrimonio vitivinícola, cooperar na dinamización turística do Rosal e conquistar a un maior número de viaxeiros atraídos por un modelo de enoturismo baseado nas experiencias son os obxectivos de Bodegas Terras Gauda, que reforza o seu programa cara ao verán, unha época idónea para vivir unha conexión total coa contorna. As propostas están deseñadas para conquistar tanto a quen se estrea visitando unha adega como para os que o enoturismo é a súa opción preferente á hora de facer unha escapada. O importante é elixir ben o plan e a compañía para penetrarse no universo vinícola de Terras Gauda, deixarse atrapar polo encanto do seu viñedo, aprender a diferenciar as variedades autóctonas, descubrir os procesos de elaboración, contemplar no interior da adega o mapa de Galicia deseñado por Javier Mariscal e, como colofón, gozar dos matices diferenciadores dos seus viños na cata final. Máis de 6.000 persoas visitaron Terras Gauda en 2021 e as previsións para este ano son optimistas, xa que apuntan cara a un incremento. Para quen decida vivir unha experiencia en familia, o primeiro achegamento dos nenos a unha lendaria tradición, como é a vinícola, será con dous talleres, ideados para diferentes idades. Ata os 10 anos utilizarán elementos do mundo do viño como materia creativa para experimentar. A partir desa idade, terán a oportunidade de recrear o que viron na adega coa técnica de Stop Motion.


Entre amigos O atractivo principal para os grupos de amigos é a ruta polas 160 hectáreas de viñedo en eno-van. Un plan no que o recordo da diversión do momento prolongarase no tempo, porque cada participante recibe como obsequio unha botella de Terras Gauda. Máis íntimo e persoal é o seguinte programa: Terras Gauda para dous. Puro romanticismo para unha visita privada que empeza no viñedo e continúa na adega, que prepara un delicioso aperitivo para degustar con tres dos seus viños, ademais de regalar unha botella do seu buque insignia para novos brindes en parella. Déixate conquistar por Terras Gauda é a mellor opción se se busca unha visita máis breve (1 hora de duración), pero igual de enriquecedora: paseo polo viñedo da contorna máis próxima, percorrido polo interior da adega e degustación de dous viños. De luns a domingo, e en diferentes horarios, é outra posibilidade que gaña adeptos. Todas as visitas son guiadas e pódense solicitar en tres idiomas: castelán, inglés e galego.

Desde O Rosal á Rioxa, Sardón de Duero e O Bierzo A ruta de enoturismo continúa na Compañía de Viños Heraclio Alfaro, a adega do Grupo na DOCA Rioxa, erixida sobre un antigo hangar de aviación, que preparou unha experiencia ao redor dos séculos de historia e tradición vitivinícola rioxana. De martes a domingo, as portas ábrense ás 11.00 horas, para dar a benvida aos visitantes. De Alfaro a Sardón de Douro con parada en Quinta Sardonia para un achegamento á vitivinicultura biodinámica, que busca a harmonía entre o ecosistema, a diversidade biolóxica e a contorna natural. Unha das alternativas é Dominio Douro, un percorrido polo viñedo á vez que segue o río en eno-van para rematar cunha degustación de Sardón e QS. Para a maridaxe, un aperitivo de elaboración propia. A segunda proposta é Descobre Quinta Sardonia. Fin do tour enoturístico do Grupo Terras Gauda no Bierzo. Bodegas Pittacum ofrece experiencias moi vinculadas á variedade Mencía, cuxa autenticidade marca o carácter dos viños. Divino Baco, Pittacum Único e Mencía e Chocolate, son tres plans con intención de cativar aos visitantes que se acheguen á adega situada en Arganza.

Catro adegas e catro programas de enoturismo diferenciados pero co selo do Grupo Terras Gauda. Para unha mellor organización, é necesario realizar unha reserva previa en https://www.terrasgauda.com/enoturismo/ ou a través do mail enoturismo@terrasgauda.com. As visitas á carta son tamén unha posibilidade co obxectivo de personalizar aínda máis estes plans. cousas de 11


PONTEVEDRA PROVINCIA

TERCEIRA EDICIÓN DAS AXUDAS PARA REHABILITAR EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS E INSTALACIÓNS DE PATRIMONIO MARÍTIMO FLUVIAL NA PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases da terceira anualidade da liña de subvencións para poñer en valor o patrimonio marítimo fluvial da provincia. Con estas axudas, que teñen unha partida de 150.000 euros e se poden solicitar ata o vindeiro 2 de maio, a deputada de Patrimonio María Ortega pretende fomentar a recuperacións de bens de interese do patrimonio marítimo fluvial da provincia, que define como “dunha grande riqueza e singularidade”, e que as institucións deben “axudar a conservar, difundir e fomentar”. As subvencións desta liña do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación, explica Ortega, manteñen o orzamento de 150.000 euros das anteriores anualidades. O importe máximo para cada actuación non poderá exceder do 80% do seu custe total e tampouco non superar o importe de dez mil euros, se ben no caso de que os proxectos financiados non esgoten a partida orzamentaria, poderá superarse o límite por proxecto. Entre as actuacións que poderán recibir axuda económica da Deputación están os traballos de rehabilitación en embarcacións tradicionais (tratamento da embarcación, recuperación de determinadas partes deterioradas, reparacións, montaxe de electricidade, traballos de carenado e pintado, entre outros) co fin de recuperar o seu carácter orixinal ou de manter elementos estruturais que permitan a rehabilitación e o mantemento da embarcación. As embarcacións deberán sempre destinarse a actividades de promoción sociocultural ou musealización. Entre as actuacións subvencionadas están as obras de restauración e conservación de artes e aparellos de pesca e marisqueo tradicionais, ferramentas e maquinaria, instrumental de navegación, útiles de comunicación e sinalización, cordoería, artesanía e demais elementos vinculados á cultura marítima e fluvial. Así mesmo, inclúense nas axudas as intervencións realizadas sobre as distintas construcións e instalacións de terra (almacéns, fábricas, estaleiros, lonxas, casetas de pesca, embarcadoiros e pesqueiras, entre outras), mostras da arquitectura industrial e popular marítimo fluvial na provincia, para seren reconvertidas en espazos culturais. As intervencións deberán referirse a unha única construción ou instalación en terra. Todas as actuacións subvencionadas deberán ter sido realizadas ao longo de 2022 e empregar solucións construtivas de deseño tradicional e orixinal, ademais de materiais que lle sexan propios, quedando excluídas da convocatoria os usos para a pesca ou a acuicultura, aceptándose o emprego dos bens recuperados para a navegación tradicional en regatas, encontros ou actividades de formación. En 2020, a liña de axudas para a recuperación e posta en valor do Patrimonio Marítimo Fluvial chegou a 14 colectivos, que se repartiron 101.230 euros para a posta en valora de galeóns, dornas, chalanas e outras embarcacións tradicionais do Salnés, Vigo, Morrazo e Poio. En 2021 chegou a dezaseis asociacións e suman un total de 128.354,46 euros. 12 cousas de


O CASTELO DE SOBROSO REABRE AS SÚAS PORTAS TRALA MUSEALIZACIÓN REALIZADA

A musealización do Castelo de Sobroso aspira a converter a fortaleza nun foco de atracción turística para as comarcas de Condado e Paradanta A imaxe que hoxe en día loce o castelo é similar á que tivo cando foi chamado “a chave forte do Reino de Galicia”, grazas a última intervención realizada pola Deputación de Pontevedra. A institución investiu máis de 260.000 euros na recente musealización de Sobroso, que permitiu dotar ao recinto dun equipamento museográfico actual, baseado nas novas tecnoloxías, para potenciar o seu atractivo acorde coas tendencias da demanda turística. Deste xeito, a musealización representa un novo produto estratéxico para a comarca do Condado-Paradanta, que busca mobilizar o turismo familiar e atraer visitantes cara a outras iniciativas turísticas xa existentes na contorna, como o termalismo ou a enogastronomía.

O castelo estará aberto de luns a domingo entre maio e outubro (no resto do ano pechará os luns) Na web móstranse os horarios de visita e as persoas interesadas poderán elixir entre un total de 14 pases diarios dispoñibles, con visitas guiadas cada media hora. A duración dos percorridos é de 50 minutos e están deseñados para grupos dun máximo de 15 persoas, xa que están pensados para garantir a calidade das visitas dentro das sete salgas musealizadas, así como a súa capacidade de aforo.

Espazos experienciais que axudarán a coñecer o castelo e a súa historia O percorrido polas distintas salas abarca sete temáticas: “Sobroso na paisaxe”, cunha impresión fotográfica dun gran mapa no chan e caixas retroalimentadas con imaxes nas paredes; “A historia do Castelo e os seus habitantes”; cun audiovisual que narra a vida na fortaleza medieval; “O castelo, protagonista na Idade Media”, cunha montaxe con elementos téxtiles e módulos de personaxes como Pega rabilonga I de León, Alfonso VII de León, Dinis de Portugal ou Isabel de Aragón; “O castelo, da destrución á recuperación”, que consiste nun “videomapping” para simular a destrución e reconstrución do castelo sobre as propias pedras, centrándose nos cambios experimentados no século XX e no papel desenvolvido polo xornalista Afasto Carrera; “A construción do Castelo”, con paneis gráficos sobre os traballos para erixir a fortaleza; “Os seres máxicos e a auga”, que inclúe lendas dos bosques de Sobroso nun ambiente iluminado especialmente para a ocasión; e “Os castelos, escenario de trobadores”, onde se recupera a tradición oral en torno ao castelo e a súa contorna. A visita finaliza co acceso á terraza, situando as e os visitantes na comarca e nos recursos da mesma. O bosque que rodea á fortaleza é tamén un museo vivo. Para divulgar os singulares valores da leira creouse unha senda botánica que se percorre a través dun sinxelo paseo circular. Durante o percorrido, varios paneis con QR acompañan ás persoas visitantes no descubrimento das especies crave que logran o equilibrio do bosque, convertendo a visita nunha pequena aventura. Na páxina web inclúese, ademais da información sobre a senda e o bosque, un apartado con fotos da fauna existente. Tras a reforestación levada a cabo pola Deputación, numerosos animais obteñen na leira o alimento e refuxio que lles proporciona este bosque atlántico. cousas de 13


BAIXO MIÑO

UNHA NOVA RUTA PATRIMONIAL PERMITE PERCORRER AS RIBEIRAS DO TAMUXE E AS TERRAS ALTAS DE OIA

A vella Guía de Galicia de Ramón Otero Pedrayo recomendaba hai un século gozar das palpitacións do mar, as mandas de poldros bravos así como dos ásperos montes que dende tempos inmemoriais ofrecen as terras altas da Groba e Oia. Nestes días, o concello de Oia inaugurou un sendeiro circular de 12.5 km que permite desfrutar de xeito saudable e sostible deste legado patrimonial, na parte que ocupan as parroquias de Loureza e Burgueira, principalmente na marxe esquerda do río Tamuxe. C A Poza de Loureza coa súa ponte Riqueza natural e cultural Entre os principais atractivos desta ruta, atópanse as fermosas pozas de Bugalleira e Loureza, a área de lecer de Pozo do Arco, os núcleos de Loureza, Refoxos e Burgueira, as igrexas parroquiais e diversos elementos etnográficos, tales como muíños hidráulicos, pontes e cruceiros que conforman o patrimonio cultural local. A maiores, en distintos puntos do camiño espállanse enclaves que permiten gozar de vistas mariñeiras desta costa pedregosa onde remata o arco litoral das Rías Baixas, como ben sinalaba, no libro citado, Otero Pedrayo. Neste punto, as panorámicas do val do Tamuxe enriquécense coas abraiantes vistas da desembocadura do río Miño ao sur e as praias de Silleiro e Baiona ao norte. C Pozo do Arco 14 cousas de


Doada de facer O trazado do camiño non ofrece maiores dificultades, cunha pendente suave duns centos de metros, ben levadas nun paseo pausado . O itinerario está referenciado con carteis informativos e lendas que facilitan contextualizar a ruta, mesmo posible de percorrer sen GPS, inda que na páxina web do concello de Oia pode descargarse un mapa dixital.

C Sendeiro patrimonial Loureza – Burgueira

C Salto de auga na poza de Burgalleira

Outras alternativas de sendeirismo e paseos por Oia Nesta liña de posta en valor patrimonial, o concello de Oia ten creado nos últimos anos outras rutas sinalizadas. É o caso da Ruta do Mosteiro, desenvolvida en 2019, e as tres da Valga, que percorren o Curro da Valga, os Montes de Loureza e Muíños do Calán, en 2020. Nunha aposta polo desenvolvemento turístico oiense, tamén se realizan ao longo do ano rutas guiadas con interpretación do patrimonio local, como foi, por exemplo, o proxecto “Descubre Oia”, na primavera de 2021. Todos estes camiños turísticos e patrimoniais poden consultarse e descargarse na Oficina de Turismo situada na rúa Párroco Don Claudio Rodal Fandiño ou na páxina web do concello de Oia.

cousas de 15


BAIXO MIÑO

Alonso Montero reivindica o legado literario de Gómez Alfaro na entrega dos premios de Orpagu Marea Amoedo e Nerea Pino, de 11 anos, foron as protagonistas da entrega de premios do certame de relatos “Gómez Alfaro” que, por primeira vez na súa historia, foi compartido. Pero non só elas brillaron no evento organizado pola Organización de Palangreiros Guardeses na súa sede da Guarda. O académico Xesús Alonso Montero, que foi presentado polo concelleiro Celso Fariñas, recibiu un gran aplauso ao reivindicar na súa intervención o legado literario de Xosé Carlos Gómez Alfaro, amigo persoal, á vez que felicitou aos participantes e animoulles a cultivar o don da escritura.

Representantes de Orpagu y del jurado con los niños que participaron en el certamen (diplomas) y las dos ganadoras

O escritor e académico Xesús Alonso Montero participou no multitudinario evento que tamén contou coa presenza dos membros do xurado Claudia Castro e Diego Giráldez Alonso Montero emocionou tamén á viúva e ao fillo de Gómez Alfaro ao explicar o sentido dalgúns dos escritos do gran poeta e articulista que da nome ao concurso impulsado por Orpagu en colaboración coa Editorial Galaxia. O salón de actos da organización pesqueira quedou pequeno para albergar ao preto dun centenar de invitados do acto de entrega de premios -socios armadores, participantes e familiares-, polo que desde a organización xa barallan cambiar o próximo ano a localización do evento. “O soño de Max”, de Marea Amoedo (Redondela), e “O mariñeiro da ponte”, de Nerea Pino (Ponteareas), erixíronse como vencedores este ano do concurso “Homes e Mulleres do Mar. Premio Gómez Alfaro”, ao que concorreron un total de 49 traballos. O primeiro dos relatos conta a historia de Max, un neno de 9 anos que atopa nun soño que transcorre no fondo do mar unha válvula de escape dun fogar conflitivo e dun cambio de colexio. Pola súa banda, o segundo traballo protagonízao un novo matrimonio, mariñeiro el e percebeira ela, e un personaxe misterioso, “ou mariñeiro dá ponte” que da título ao relato e que aparece para saldar unha débeda do pasado. As dúas gañadoras do “Gómez Alfaro” foron galardoadas cunha tablet, un trofeo e un lote de libros da Editorial Galaxia. Premios para incentivar máis se cabe o desexo de ler e de escribir destas dúas nenas que atoparon no mar e a súa xente a inspiración perfecta para plasmar nos seus relatos. Gómez Alfaro, sempre na memoria O premio literario leva o nome do escritor Xosé Carlos Gómez Alfaro, profesor de Ensino Secundario no Colexio Padres Somascos da Guarda, localidade na que viviu ata o seu falecemento. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, Gómez Alfaro foi un recoñecido escritor, poeta e articulista en varios medios de comunicación. Como poeta deuse a coñecer en 1969 cunha obra en castelán, “De rodillas”, publicada na Editorial CLA en Bilbao, pero toda a súa obra posterior foi en galego. 16 cousas de

Alonso Montero recibió un recuerdo de Orpagu de manos del concejal Celso Fariñas


A Eurocidade Tui-Valença podería ser a primeira eurocidade europea unida por un vehículo autónomo e sostible Os mandatarios da Eurocidade, Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e José Carpinteira, presidente da Cámara de Valença, amosaron o seu interese neste novo medio de transporte tras probar o prototipo deseñado polo CTAG e que está a realizar probas na vella Ponte Internacional, a rúa común que comparten ambos municipios.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacaba a importancia de que “o CTAG elixise este espazo para realizar esta proba”, e salientaba que “foi un día importante para este territorio transfronteirizo polo que supón de innovación tecnolóxica en materia de mobilidade”. Salientaba así o rexedor tudense que “vemos neste proxecto unha oportunidade sobre todo en aras de mellorar a mobilidade das persoas entre os núcleos históricos de Valença e de Tui, nun vehículo autónomo e totalmente respectuoso co medio”. Os alcaldes solicitaron onte ao CTAG, que amosou total colaboración, estender este proxecto piloto máis aló da ponte internacional até os conxuntos históricos das dúas cidades, para poder despois candidatar este proxecto á próxima convocatoria dos fondos POCTEP, programa Interreg VA España-Portugal. Enrique Cabaleiro afirmaba que “ese é o reto que temos por diante, e no que imos traballar porque nos parece un proxecto moi bo para este ámbito, e que amais pode aportar moitísima mellora de mobilidade ao reducir o tráfico rodado de vehículos e apostar por un medio de transporte urbano, colectivo e totalmente sostible que pon ao territorio no futuro”. Este Shuttle forma parte dun proxecto europeo no que proban coma a tecnoloxía 5G poden axudar a mellorar a condución autónoma en entornos complexos coma os urbanos e transfronteirizos O CTAG, Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, leva meses probando este novo vehículo na vella Ponte Internacional de Tui. Este Shuttle forma parte dun proxecto europeo no que proban coma a tecnoloxía 5G poden axudar a mellorar a condución autónoma en entornos complexos coma os urbanos e transfronteirizos. En concreto opasado mes de maio realizaron probas de como a infraestrura pode axudar a detectar peóns ou a facer condución remota. Este vehículo eléctrico, aínda que é totalmente autónomo, deberá levar un supervisor xa que así o establece a actual lexislación nesta materia. Concluídas as probas nuns meses a presentación deste proxecto para toda Europa será na vella ponte internacional o que suporá un escaparate moi importante para a Eurocidade. Esta nova iniciativa camiña na liña dun dos dez obxectivos marcados na Axenda Urbana, en concreto no obxectivo 5 enfocado a favorecer a proximidade e a mobilidade sostible. O Concello de Tui é un dos 121 concellos de España que conseguiu fondos europeos para a redacción da súa estratexia de crecemento sostible.

Enquisa Axenda Urbana de Tui O Concello inicia a redacción da súa Axenda Urbana, documento estratéxico que marcará o crecemento do municipio ao longo do próximos dez anos. O de Tui é o único concello de menos de 20.000 habitantes de toda a provincia que ten apoio do Goberno e da UE para a redacción deste documento O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, informa que, como parte do proceso participativo da redacción da Axenda Urbana, xa está dispoñible na páxina web do Concello e na páxina web da Axenda Urbana unha enquisa en liña na que a cidadanía poderá achegar a súa visión sobre a cidade.

cousas de 17


SOUTOMAIOR

HOMENAXE A JUANA DE VEGA NO 150 ANIVERSARIO DO SEU FALECEMENTO CUN ACTO XUNTO Á CAMELIA QUE LEVA O SEU NOME EN SOUTOMAIOR

A música de violín que tanto apreciara como mecenas que foi de Pablo Sarasate estivo presente na homenaxe promovida pola Deputación á Juana de Vega (1805-1872), no día en que se cumpría o 150 aniversario do seu falecemento. Nos Xardíns do Castelo de Soutomaior e ante a camelia que leva o seu nome, a presidenta Carmela Silva, xunto á arquitecta e representante da Fundación Juana de Vega, Teresa Táboas, o alcalde Agustín Reguera e a xefa de Servizo de Areeiro, Carmen Salinero, enxalzou a figura desta activista e escritora e liberal do século XIX, que destacou especialmente polo seu labor en favor das persoas máis desfavorecidas e tamén polo seu papel como mecenas cultural. Na cita actuaron as violinistas Xela Conde e Sara Bonner, ambas integrantes da Orquestra Sondeseu, que interpretaron tres pezas. No Xardín de Camelias con Nome de Muller e “creando redes tamén” coas mulleres presentes, a presidenta provincial indicou que este é o primeiro acto dedicado no 150 aniversario do pasamento de Juana de Vega neste ano “co que celebramos a unha grande”, aínda que se organizarán máis para dala a coñecer “porque hai que ir aos centros educativos e encher os ocos que o poder patriarcal se encargou de baleirar”. Foi a xefa de Servizo de Areeiro e presidenta da Sociedade Española da Camelia, Carmen Salinero, a encargada de facer unha retrospectiva de Juana de Vega, para quen ela propuxo o nome dunha das camelias do xardín, “no que non só queremos falar de igualdade, senón que sexa un vehículo para coñecer a mulleres sen que a sociedade non sería a mesma, puxeron unha pedra enorme para esta sociedade actual”. “Juana de Vega foi muller nun momento difícil –indicou-. Dedicouse ás labores benéficas, e ela dicía que a beneficencia tiña que ser unha cousa natural, e non agradecela. Pola súa banda, Teresa Táboas, vocal do Padroado da Fundación Juana de Vega, que sigue o seu legado, amosou o seu agradecemento por pertencer e representar a esta entidade que “continúa co legado de Juana de Vega e esas mulleres que rachan cos tempos e son capaces de facer tremer os cimentos dunha sociedade aínda atrasada en comparacións con outras máis adiantadas”, como Pardo Bazán ou Concepción Arenal, “mulleres galegas que fixeron época”. Destacou, como muller, a creación do xardín no que se celebrou o acto, “porque que se estea a apostar por darlles nome a estas mulleres a través de cousas tan sensibles como unha planta, unha camelia, para que as lembremos sempre, paréceme un acto de romanticismo no século XXI, algo que transmite sensibilidade”. 18 cousas de

Carmela Silva: “Juana de Vega pertence a esa xeración de mulleres do século XIX e XX “que fixeron unha gran revolución silenciada e ocultada, que foron innovadoras, que se enfrontaron a moitas dificultades e das que somos herdeiras”


REDONDELA

MEIRANDE ESTRENA AS VISITAS VIRTUAIS

O MUSEO REDONDELÁN MELLORA A SÚA WEB CUNHA OPCIÓN QUE PERMITE PERCORRER AS SÚAS INSTALACIÓNS E COÑECER OS DETALLES DA BATALLA DE RANDE POLOS PERSONAXES DA ÉPOCA A Concellería de Turismo do Concello de Redondela, que xestiona María Castro Abad, vén de dar un novo paso na posta en valor do Meirande –Centro de Interpretación da Batalla e Patrimonio Cultural de Rande–, dotando ao seu portal web dunha completa visita virtual que permite que calquera persoa poida percorrer, polo miúdo, o espazo museístico dende a súa propia casa. Ao acceder á web do Meirande –https:// meirande.redondela.gal/– o botón Visita Virtual, permítenos situarnos ná recepción do espazo museístico para, dende aí, poder realizar un detallado percorrido a todos e cada un dos recunchos do museo. Seguindo os puntos marcados no chan e utilizando as frechas do teclado ou o rato, as e os visitantes poden pasear pola instalación, gozar do contido das salas dende distintas perspectivas e dispoñer da posibilidade de achegarse a aqueles detalles que lles interesen especialmente a través dun zoom que se activa coa roda do rato.

A visita virtual, que ‘engancha’ ao visitante dende o primeiro momento, conta amais coa posibilidade de, en determinados puntos, activar vídeos onde as personaxes da época explican detalles sobre a Batalla ou outros datos de interese sobre o espazo de Rande.

4

Un viajero distinguido trae simbólicos... (5 de marzo de 1931). El Eco de Santiago. Santiago de Compostela.

5

Un viajero distinguido trae simbólicos... (5 de marzo de 1931). El Pueblo gallego. Vigo.

cousas de 19


VAL MIÑOR

O XEODESTINO RÍA DE VIGO E BAIXO MIÑO DESPREGA TODO O SEU TERRITORIO EN PORTUGAL Autoridades galegas e lusas mantiveron este mércores un encontro no WOW Porto de Vila Nova de Gaia con influencers e representantes de axencias de viaxe e empresas do sector para presentar o territorio “nunha rexión que levan toda a vida visitándonos e sentíndose como na súa casa, como nós nos sentimos aquí”. “Somos punto de encontro, mestura e intercambio cando as fronteiras eran máis evidentes e hoxe somos un espazo de colaboración, de iniciativas comúns e aprendizaxe mutuo. E as eurocidades son un bo exemplo diso”, salientou Sandra González, presidenta da AD Galicia Suroeste Eurural. O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, resaltou “a importancia de dar a coñecer o atractivo turístico destes 14 concellos do sur de Galicia aínda máis no noso país veciño”. Un país no que as e os lusos síntense como na casa, como sinalou Inácio Ribeiro, vicepresidente de Turismo de Porto e Norte de Portugal, que quixo facer fincapé na intensa relación histórica entre Galicia e Portugal, tamén a nivel turístico. Pola súa banda, Juan A. González, representante institucional do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e alcalde de Nigrán, promoveu a organización de máis encontros como o celebrado no WOW Porto para intercambiar ideas e atopar espazos de colaboración entre autoridades e empresas do sector turístico. “Temos moito en común e moito que ofrecer conxuntamente. Iso representa una oportunidade que xa estamos a aproveitar, pero na que aínda queda moito camiño por percorrer”, asegurou. Durante o encontro presentáronse as campañas do Xeodestino ‘Toda Galicia na túa man’ e ‘Mulleres do Camiño de Santiago’. Precisamente as mulleres protagonistas da último vídeo promocional foron as encargadas de contar a importancia que este elemento ten no turismo do territorio do Xeodestino e o importante vínculo que xera co país veciño, xa que Oporto é “una importante porta de entrada para o noso camiño”, aseguraban Mar Rodríguez de Tee Travel; Vanessa Ferreira, da Fundación Pazo de Mos; Lucía Fragata, técnica de turismo de Baiona; e Rosalía Verde, de Turismo da Guarda. Porque como sinalou Fragata, “para municipios pequenos como os nosos o Camiño marcou un antes e un despois. Axudounos a loitar contra a desestacionalización e abriunos a turistas estranxeiros que doutro xeito non terían chegado ata nós. Xente de Europa, de Canadá, de Estados Unidos… que pasan polos nosos municipios e que logo volven”. Neste encontro tamén participaron responsables das cámaras municipais de Valença, Ponte de Lima, Vila do Conde e Gondomar, así como Carlos López Font, deputado provincial da Deputación de Pontevedra; Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia; Carlos Gómez, rexedor de Baiona; Paco Ferreira, alcalde de Gondomar; Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; Alejandro Lorenzo, rexedor do Porriño; Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal; Agustín Reguera, alcalde de Soutomaior; Rocío Goberna, concelleira de Gondomar; Cristina Dosil, edil de Nigrán; Eloísa Nogueira, tenente de alcalde de Pazos de Borbén; María Castro, concelleira de Redondela; Cristina González, edil de Soutomaior; e Ana Núñez, concelleira de Tui. O acto rematou cun menú degustación elaborado pola Xanela Gastronómica no que todas as persoas presentes puideron desfrutar da enogastronomía do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño cun menú con produto local de calidade tanto nas diferentes tapas como nos doces, nos viños con denominación de orixe ou nos cócteis. 20 cousas de


NIGRÁN BLINDA A SÚA TRADICIÓN MARIÑEIRA COA PRODUCIÓN DO DOCUMENTAL DE TESTEMUÑAS

‘A XENTE DO MAR DE NIGRÁN’ Baixo a dirección do cineasta Xan Leira, consta nesta primeira parte de 17 entrevistas a persoas vinculadas co sector que transmiten os seus recordos como suxeito individual e colectivo O Concello de Nigrán dá un paso máis para protexer e blindar a súa tradición mariñeira a través da produción do documental de testemuñas ‘A xente do mar de Nigrán’, un proxecto que se encadra nas diferentes iniciativas municipais para recuperar a memoria histórica da localidade. Baixo a dirección do cineasta Xan Leira, este xa foi presentado no Auditorio Municipal nun acto aberto á participación de toda a veciñanza. “A pesca é máis que unha tradición para Nigrán, explica a nosa orixe e o noso modo de vida, por iso era fundamental recompilar e protexer eses recordos do Panxón mariñeiro de antano. Esta é a primeira parte, pero seguiremos gravando testemuñas”, resume o alcalde, Juan González, quen incide en que todo o material será pendurado na web do Arquivo Histórico Audiovisual de Nigrán https://arquivoaudiovisualnigran.org/ para que todo o mundo o poida ver. Neste primeiro documental son 17 persoas moi vinculadas ao mar as protagonistas. Falan á vez como suxeito individual e colectivo, transmitindo os seus recordos, impresións e informacións do pasado en entrevistas de entre 7 e 14 minutos que nos definen a través deste importante legado audiovisual. Son: Francisco José Costas Alonso, Javier Costas García, Lucía Costas González, Cristina Dosil, Ladislao Alonso Valverde, Manuel Carbajo Rial, José Antonio Fontela Arjones, Manuel Fontela Arjones, Marina Gómez González, Celeste González Costas, Rosalía González Valverde, Gonzalo Iglesias Fernández, José Iglesias Fernández, José Manuel Lago Chamorro, Mercedes Lema López, Jesús Pérez Soto e José Manuel Varela González. Todos comparten as súas lembranzas, anécdotas e o quefacer cotiá no mar, sobre todo o xeito de traballar de entón fronte hoxe en día. Agora o obxectivo do goberno local é ampliar estas testemuñas coa produción dun segundo documental.

www.nigran.es

Fotos: Arquivo Familiar Jose Manuel Varela

ConcelloDeNigran cousas de 21


VIGO

O PORTO DE VIGO LOGRA ALZARSE, POR SEGUNDA VEZ, CO “ÓSCAR DO MEDIO AMBIENTE” A iniciativa, enmarcada na estratexia de Crecemento Azul da Autoridade Portuaria de Vigo, aposta por unha infraestrutura inclusiva con grandes beneficios estruturais, ambientais e socioeconómicos. O proxecto “Living Ports” do Porto de Vigo gañou o Premio Mundial á Sustentabilidade, organizado pola Asociación Internacional de Portos (IAPH) e coñecido popularmente como os “Óscar do Medio Ambiente”. A Asociación Internacional de Portos (IAPH) seleccionou o proxecto do Porto de Vigo como un dos mellores do mundo na categoría de “Infraestruturas sostibles”, onde competía contra as propostas presentadas polos portos de Róterdan, Hamburgo, Vancouver e a cooperación de portos de Gladstone (Australia). O proxecto presentado pola institución presidida por Jesús Vázquez Almuiña recibiu o beneplácito por parte dun xurado de expertos que avaliou as diferentes propostas, tras o que presentou os tres mellores proxectos, por cada unha das seis categorías, para a súa votación pública. O resultado da avaliación do xurado (70%) e do voto do público (30%) determinaron conxuntamente os gañadores por cada categoría, que se anunciaron esta madrugada no marco da Conferencia Mundial de Portos da IAPH, que tivo lugar en Vancouver. Cabe lembrar que o Porto de Vigo xa obtivo este prestixioso galardón hai dous anos na categoría de “Diálogo coa comunidade e a cidade portuaria” co proxecto “Peiraos do Solpor”.

Un proxecto de toda a área Metropolitana

Os encargados de recoller o galardón foron o xefe do Departamento de Sustentabilidade, Carlos Botana, e o xefe de División de Proxectos e Obras, Gerardo González. Durante o seu discurso, Botana agradeceu tanto á Asociación Internacional de Portos como ao xurado o feito de “volver confiar no Porto de Vigo”, nos que considerou, son “os premios máis prestixiosos en materia de portos”. De igual forma, lembrou que este recoñecemento é froito do “traballo conxunto” de todo o equipo da Autoridade Portuaria e a súa “aposta decidida polas infraestruturas verdes”, así como dos socios do proxecto: ECOncrete, a Universidade de Dinamarca, o estaleiro vigués de Cardama e a Unión Europea, a través dos fondos Fast Track Innovation. Segundo explicou, “este proxecto trata sobre un novo concepto que aposta por construír en verde as infraestruturas portuarias e pola integración dos portos no ecosistema e na cidade”. “Hai anos empezouse a falar de arquitectura verde e sostible e agora é o momento de infraestruturas portuarias ou peiraos verdes e ecolóxicos”, engadiu, á vez que, no caso concreto do proxecto “Living Ports”, a institución que preside Vázquez Almuiña quixo “dar un paso máis” e crear un observatorio submarino para “mostrar o que xa se demostrou cos científicos”. Por último, o responsable de Sustentabilidade do Porto de Vigo destacou que “Living Ports” é “un proxecto de todos os cidadáns da área Metropolitana de Vigo” e, por este motivo “queremos compartir con eles este premio”, xa que “grazas ao seu apoio, volvemos a lograr a máxima distinción en materia Carlos Botana, xefe de Sostenibilidade e Gerardo González, xefe ambiental”. de División de Proxectos e Obras, foron os encargados de recoller o galardón

22 cousas de


O proxecto

“Living Ports” é un proxecto financiado pola Comisión Europea Horizonte 2020 enmarcado na estratexia de Crecemento Azul ( Blue Growth) do Porto de Vigo e en consonancia co Pacto Verde da UE, a Directiva Mariña e a Estratexia de Biodiversidade para 2030. O proxecto está deseñado para catalizar un cambio fundamental nas operacións da industria de infraestrutura costeira e mariña ( CMI), ao afastarse da tradicional construción gris obsoleta e apostar cara a unha infraestrutura inclusiva con grandes beneficios estruturais, ambientais e socioeconómicos. O consorcio que leva a cabo este proxecto está formado por catro socios de tres países: ECOncrete, un provedor de tecnoloxía israelí para solucións ecolóxicas; o Porto de Vigo, un dos portos máis verdes de Europa; o estaleiro vigués de Cardama; e os Institutos de Enxeñería Civil e Recursos Acuáticos da Universidade Técnica de Dinamarca ( DTU).

Un observatorio submarino no centro de Vigo “Living Ports” contempla dúas actuacións no Porto de Vigo: unha na dársena da Laxe, fronte ao edificio de Portocultura, e outra no dique da Terminal Ro- Ro de Bouzas. En canto á primeira actuación, en pleno centro da cidade, antes de que finalice o ano instalarase un observatorio submarino de 310 m2 deseñado polo estaleiro vigués de Cardama, que servirá para observar a flora e fauna mariña existentes no Porto de Vigo e que colonizará as estruturas de formigón ecolóxico de máis de 300 m2 que se instalarán sobre a parede do peirao e que está a deseñar actualmente a firma ECOncrete. Así mesmo, colocaranse 100 pezas intermareales deste material, que proporcionarán unha mellora na estabilización costeira e crearán novos hábitats mariños. Esta actuación completarase con 4 pantaláns flotantes e 2 pasarelas de acceso. Trátase dunha ferramenta de observación e monitorización única con obxectivos recreacionales, divulgativos, educacionales e de concienciación cidadá. Respecto á segunda intervención, a que terá lugar no paseo que rodea a Terminal de coches de Bouzas, o proxecto “Living Ports” contempla a instalación dun centenar de unidades de CoastaLock, a primeira peza de formigón deseñada pola firma israelí con principios ecolóxicos-biolóxicos. O proxecto contempla, ademais, unha monitorización durante 2 anos tanto estrutural como biolóxica das pezas instaladas en ambas as zonas, que será realizada pola Universidade Técnica de Dinamarca ( DTU) e, adicionalmente, levará a cabo unha monitorización do son subacuático nas áreas con e sen pezas ECOncrete, que mostrarán o impacto desta tecnoloxía e da vida mariña no Porto.

cousas de 23


REPORTAXE

O RETABLO DA ANUNCIACIÓN, A NOVA XOIA ARTÍSTICA DE BAIONA QUE RECOBRA O SEU PROTAGONISMO TRAS ANOS BAIXO CAPAS DE REPINTES

E C Pablo Fernández Estévez Na igrexa de Santa María de Baiona atópase unha das maiores xoias da retablística galega que con todo leva décadas pasando desapercibida. O retablo de Antonio do Villar dedicado á Anunciación, patrona de la parroquia, que preside o altar da ex colexiata desde fai tres séculos, foi sometido a tantas alteracións que o seu valor acabou desvirtuándose por completo. A pesar de que non cabe dúbida que leváronse a cabo coa mellor das intencións, as manipulacións acabaron cos relevos e taparon gran parte dos seus detalles, como as paisaxes que agora serven como lenzo da escena central. As policromías aplicadas en anos sucesivos con técnicas pouco fieis á orixinal provocaron o aplanamento do conxunto que culminou coa perda da súa viveza. O elemento de máis de 60 metros cadrados obra do mestre redondelano, considerado polos historiadores como o mellor no seu campo de toda a diocese de Tui da primeira metade do S. XVIII, acaba de ser sometida a un intenso traballo de recuperación realizado ao longo de oito meses e máis de mil horas de minucioso traballo financiados con fondos parroquiais. Agora pode afirmarse con rotundidade que o retablo loce co protagonismo que se merece. Xa con traballo feito, as expertas encargadas da súa recuperación, Celia Casás e Eva Costas, de Restauración e Conservación ARA, consideraron que o conxunto ben merecía unha presentación a sociedade, e así o fixeron. Durante toda unha fin de semana celebraron unha serie de xornadas explicativas abertas ao público para explicar como se desenrolaron os traballos e para divulgar o que supón contar cun pedazo de historia en tan bo estado de conservación coma este na vila. 24 cousas de


Resultados asombrosos Os resultados da restauración saltan á vista ata o punto de que a obra loce do mesmo xeito que en 1726, momento no que foi creada, ao utilizarse técnicas moi pouco agresivas cos materiais de base. Ás policromías dunha calidade excepcional súmanse unhas técnicas de talla que en boca das expertas de Restauración e Conservación ARA, “só o poderían levar a cabo por artistas do calibre de expertos de primeiro nivel”. Todo sen ter en conta o excepcional estado de conservación do seu recubrimento, realizado en pan de ouro de máis de 20 quilates que estaba enterrado baixo numerosas capas de repintes e vernices, ademais dunha considerable cantidade de sucidade que foi quedando atrapada tras as sucesivas actuacións. Tanto Casás como Costas destacan que sería conveniente establecer un plan de conservación que partiría de revisións visuais cada ano ou ano e medio a fin de previr a súa deterioración para conservar no mellor estado posible a nova xoia da retablística galega.

C Celia Casás e Eva Costas, de Restauración e Conservación ARA

C S Lourenzo e S Xosé

cousas de 25


Escena da Anunciación O retablo representa a Anunciación por escenas, é dicir que ilustra os momentos craves do movemento de arriba a abaixo. O Pai Eterno coroa a pasaxe diante do ocaso desde o máis alto, mentres que nos extremos do conxunto San Telmo, patrón da diocese Tui Vigo, San Antonio de Padua, San Lorenzo Mártir, San Xosé, San Xoan Bautista, San Damián, San Xoan Evanxelista e San Cosme velan polo seu desenvolvemento. No centro, o Espírito Santo en forma de pomba dá a sensación de descender cara á escena principal da Anunciación coa Virxe e o arcanxo San Gabriel enmarcados nunha marxe circular e sostida aos ombreiros de dous anxos e entre eles a Fe, cos ollos vendados, que simboliza crenza do que non se ve. Na parte superior músicos e cantores coas diferentes ornamentacións florais típicas e cun detalle asombroso. O relato culmina finalmente na parte máis baixa da composición, coa Virxe xa en estado.

A composición brilla por se mesma. O conxunto brilla por si mesmo no máis estrito sentido da expresión, e os diferentes motivos naturalistas sobresaen da representación e os detalles acentúanse grazas ao dominio da técnica, os xogos de luces, o dinamismo, os volumes e relevos levan ao extremo na de Santa María. As figuras toman aquí vida propia cun movemento cegador, as expresións dos rostros encandean mentres que os tecidos das vestimentas gozan dun dinamismo excepcional dificilmente imitable cos medios actuais. Cabe destacar que as zonas máis elaboradas do retablo parten dunha soa peza de madeira, talladas a base de martelo e cincel profundando decenas de centímetros sobre o material, o que provoca que múltiples elementos que conforman a representación sáianse literalmente do fondo multiplicando así o seu relevo. As expertas en restauracións están convencidas que o retablo da Anunciación non é a única xoia que se atopa na vila, sen ir máis lonxe o que está na capela de Santa Liberata dista deste apenas nunha ducia de anos no tempo. Tendo en conta que é do mesmo autor e que conta con recursos moi similares aos da ex colexiata, non é de estrañar que unha restauración destape un valor que podería ser similar a o que acaba recentemente de saír a luz. 26 cousas de


Gran pegada do mestre Antonio do Villar en Baiona. O mestre retablista redondelano Antonio do Villar deixou un gran legado da súa obra en Baiona con polo menos catro composicións en diferentes templos. Ademais do protagonista desta reportaxe emprazada na ex colexiata, completan o seu catálogo os das capelas da Misericordia e Santa Liberata e o do convento das Dominicas. Tamén Destacan as composicións realizadas na na catedral tudense, dedicada á Expectación; ou o de Santa María de Reboreda en Redondela, que reproduce o sacrificio de Abraham. J

cousas de 27


REPORTAXE

O DILEMA DA AUTORÍA DO CRUCEIRO DO HÍO

E Anxo Coya, veciño do Hío. Premio á Recuperación/Promoción do Patrimonio 2019.

C Turismo de Cangas.

O Cruceiro do Hío, labrado polo excelso Mestre Cerviño, está recoñecido como a obra máis importante en Galicia no eido da arte popular galega. Para algúns investigadores deste asunto, respectable pero non compartida polo autor deste artigo, é obra do mestre canteiro José Cerviño García (1843-1922), natural do lugar da Pena, parroquia de santa María de Aguasantas, no concello de Cotobade, hoxe fusionado co de Cerdedo. A este canteiro coñéceselle polo alcume de Pepe da Pena, por ser este o lugar do seu nacemento. A documentación presentada polos Pepistas (defensores de José Cerviño como autor do mencionado Cruceiro e outras obras), baséase nunha longa tradición oral, na nosa modesta opinión, deformada polo paso do tempo. O historiador cangués, xa finado, Eugenio Eiroa Hermo demostrou dunha forma encomiable que o verdadeiro autor deste fermoso Cruceiro e outras obras non era Pepe da Pena, se non Ignacio Cerviño Quinteiro. Nun dos traballos publicados por Eiroa, asegura que “...Ignacio Cerviño era – como decíamos antes- un picapedrero y nada más. No había tenido estudios, no recibió más preparación, ni le fueron dadas otras dotes que las de su propio ingenio, su natural inspiración de lo artístico...” (“El Crucero de Hío, Verdadera Maravilla: La obra de Cerviño en Cangas”. Faro de Vigo 30/08/1964). Existe desde entón un debate que podemos centrar en dúas opinións diverxentes, dando vida deste xeito a dúas correntes de investigación neste asunto: Pepistas e Ignacistas. Despois de ler a uns e a outros, decidín mergullarme entre documentos da época na procura de información sobre ambos mestres canteiros sempre coa equidistancia que debe ter un investigador, é dicir, sen favoritismos nin suxestións maniáticas. Así fixen, sempre co apoio e axuda de grandes investigadores como o exemplar E. Alfonso Fdz. Sotelo, o incansable Estanislao Fdz. De la Cigoña ou o inefable Calros Solla Varela. O que xa estaba recollido, máis o que conseguín recadar, leváronme á conclusión de que a figura do Mestre Cerviño correspóndese coa persoa de Ignacio Cerviño Quinteiro (Peroselo, Aguasantas 1834-O Porriño 1905). Como podemos ver existe unha diferencia de idade entre ambos canteiros de 9 anos, un dato a ter en conta, pois na data que se ergue o Cruceiro (1872), José Cerviño tería 29 anos e Ignacio contaría con 38, ao que lle debemos asignar maior experiencia e coñecemento laboral. Ignacio, era fillo de Antonio Cerviño Couceiro, mestre de cantería, e de María Antonia Quinteiro Touriño. Seu pai será un home a ter moi en conta para axudar a debullar quen labrou o Cruceiro do Hío. 28 cousas de


Datos de Ignacio Cerviño e do seu pai Antonio En 1850 atopamos a Antonio Cerviño Couceiro nunhas obras na igrexa e adro de san Martiño de Bueu, así xa o documentou o investigador Arturo Sánchez Cidrás. No 1851 remata a obra da bóveda da igrexa parroquial da súa natal Aguasantas, obra na que aparece a súa sinatura labrada na propia pedra. En xullo de 1852, mediante un contrato ante notario, sae á pública poxa a obra da construción da bóveda central e outras obrigas contractuais da Igrexa do Hío, que será adxudicada ao devandito Antonio. Cómpre subliñar que este contrato está asinado polo cura párroco do Hío, Juan Manuel Míguez Alonso, o mesmo crego que manda construír e levantar o Cruceiro do Hío á devoción dos veciños. Ignacio, entón con 18 anos, estivo traballando co seu pai durante os máis de dous anos que durou esta construción da bóveda. Está documentado por Antonio Rodríguez Fráiz que Ignacio fai o Cruceiro do Pego, na parroquia de San Pedro de Parada, en Cerdedo. Esta información está acreditada por dous documentos, pero a aparición dun terceiro faime pensar que este cruceiro non está labrado na súa totalidade polo noso protagonista. Para maior información debemos consultar o traballo desenvolvido polo escritor Calros Solla en “A labra percusora de Ignacio Cerviño” (FdV 7/10/012). Cando contaba 25 anos e casou con Ramona Isidora Beiro Mosquera, o 3 de agosto de 1859 na parroquia de San Xoán de Cerdedo. Aquí, o 3 de novembro de 1860, naceu a súa primeira filla, Vicenta Fernanda. Neste mesmo ano trasladouse a Madrid, baixo a protección do político de Ponteareas Sr. Bugallal, segundo testemuñas que poden considerarse fidedignas. Fíxoo para matricularse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando. Este dato, refírome ao feito de ser matriculado, puiden corroboralo no Arquivo, trasladado á Complutense, onde aparece tan só matriculado no curso de 1860-61. Inscribiuse en Xeometría, e despois dentro da Matrícula General, fíxoo na “Sala Grande de Principios”, materias que se impartían na Escuela Especial de Pintura, Escultura y Grabado. Esta información debemos de valorala á hora de atribuír a que persoa corresponde a figura do Mestre Cerviño. Tiña 26 anos. Pero seguiu vivindo na capital durante algún tempo máis, tempo suficiente para que nacese o seu segundo fillo, Dionisio Casimiro, en 1862, e falecese a súa esposa Ramona o ano seguinte, o 26 de Marzo de 1863. Nese intre vivían na Calle Olivar nº 4, na parroquia de San Sebastián. Este desgraciado suceso debeu rachar co seu proxecto de permanecer en Madrid, e regresou a Galicia, instalándose na parroquia de San Nicolás en A Coruña. E nesta cidade casará na parroquia de San Jorge catro anos despois, o 20 de maio de 1867, con Josefa Costa Linares, muller que nos documentos posteriores aparece como Linares Costa ou Linares Barrera. Delfina será súa primeira filla destas segundas nupcias, quen naceu o 11 de marzo de 1869 en Aguasantas, Cotobade, e faleceu dous meses despois. Polo tanto, a súa permanencia na Coruña será tamén curta.

C Turismo de Cangas.

cousas de 29


SEGUINDO A PEGADA DE IGNACIO CERVIÑO Nese mesmo ano de 1869 aparece domiciliado en San Andrés do Hío, onde o párroco D. Juan Manuel Míguez Alonso, vello coñecido do seu pai polas obras que nesta parroquia realizou, quería erguer un Cruceiro para devoción dos veciños. Non din co documento ou contrato que acredite que Ignacio Cerviño foi o elixido polo párroco para realizar a que sería a súa obra preferida e de gran proxección popular; pero si consta que residiu na parroquia do Hío de 1869 a 1872, anos da labra do Cruceiro, sen que exista noticia algunha da existencia doutro escultor vivindo aquí neses anos. Neste tempo, Ignacio Cerviño aparece actuando como un veciño máis, que merece confianza e prestixio. Era o 27 de Novembro de 1869, cando Ignacio asina como testemuña da entrega dunha cantidade de diñeiro ao mestre albanel Juan Iglesias polos traballos realizados na Casa Reitoral. Igualmente asina outro documento en 1871, tamén como testemuña, pola compra dun terreo por parte dun veciño da parroquia que vivía preto do seu taller. Cerviño debeu trasladar a súa familia a O Hío, é dicir, a súa muller Josefa e a Casimiro, o fillo que tivo coa súa primeira esposa, Ramona, en Madrid, que na chegada a O Hío contaría con 7 anos. Confirman esta situación os datos do nacemento da filla María Carmen Remedios, o 1 de abril de 1872, segundo consta no libro de bautizados desta parroquia e no Rexistro Civil de Bueu, a cuxo Concello pertencía a parroquia de O Hío. É o ano da colocación do Cruceiro, segundo nos acredita O Esmoleiro, obra tamén de Ignacio, e esta coincidencia debe de terse en conta. Dende 1864, D. Juan Manuel Míguez ocupouse de erguer os muros do adro, para cuxo fin aporta 480 reais. En 1868 a información do II Libro de Fábrica é concreta e aporta unha cantidade importante: 3332 reais “por la variación de los muros del atrio para colocar el Sto. Cristo de la Luz”. Por outra parte, o mordomo fabriqueiro Javier Piñeiro, no mesmo ano, entregou 700 reais “para ayuda del Sto Cristo del Atrio”. Pero entón preguntémonos todos: que fixo Ignacio Cerviño vivindo aquí?... A que se dedicou? Desa época non se lle coñece obra algunha. E de súpeto o Cruceiro é unha realidade a partir de 1872, e concluída esta obra, trasládase a vivir a Cangas, onde cumprirá varios contratos. Todo isto non pode certificar que Ignacio Cerviño foi o escultor desta obra, pero non hai dúbida de que neses anos desenvolveuse unha actividade dirixida a instalación de algo que se chamará Cristo da Luz, o noso Cruceiro do Hío, como desde entón (1872) e ata hoxe se lle coñece, e ademais coincide coa súa presenza. 30 cousas de

C Turismo de Cangas.


C Hío, vista da Ría de Aldán

CRUCEIRO HIO Situado no atrio da igrexa románica parroquial de San Andrés (S. XII) e co fondo incomparable da enseada de Aldán, o Cruceiro de Hío está considerado un dos cruceiros máis importantes de Galicia, é unha das creacións máis exquisitas que teñan saído da man do home. A súa data de construción sabémola gracias ao anxiño que está no alto dunha columna ao seu lado. No pergamiño que leva na man pódese ler: “Esmolas para o santísimo Cristo da Luz 1872”. Esta foi a data na que se inaugurou o Cruceiro, para conmemorar a festividade do Cristo. Tras observar ben esta marabilla, tallada na súa maior parte nun único bloque, chegamos ao convencemento de que o mestre Cerviño estaba posuído pola xenialidade: só así entendemos que creara unha obra que transcenderá do temporal, para acadar as máis altas cotas de expresividade artística galega. É preciso contemplar con detemento as súas numerosas tallas, os múltiples rostros que o animan e lle dan vida, para compor a Historia da Salvación da Humanidade. O Cruceiro arrinca do chan cunha escaleira octogonal de tres banzos, á que lle segue un ara sobre a que se asenta a estrutura principal da obra, composta por base, fuste e cruz. Cada unha destas realizada nunha soa peza. •Base: Está formada por catro fornelos orientadas aos puntos cardinais e onde se representan tres pasaxes bíblicas:o Pecado Orixinal, Cristo Resucitado nas pavías dos Xustos e a Virxe do Carmen como intercesora das almas do Purgatorio. •Fuste: Subindo pola columna, atopámonos a Adán e a Eva no momento de seren expulsados do paraíso. É aconsellable ver estas imaxes de perfil, xa que están unidas á columna unicamente polos pés, desta forma decatarémonos do ben que están tallados os corpos de ambas figuras. Enriba do conxunto anterior está a Virxe Inmaculada derrotando á serpe, que encarna o mal. Para rematar, debaixo da ménsula que sostén o conxunto final, atópanse os catro anxos que sosteñen a cidade sacra de Xerusalén.

C Base

• Cruz: No máis alto do cruceiro escenifícase o desencravo de Cristo. Esta é a parte máis importante do conxunto. Hai que destacar como foi baleirada aquela única roca de granito traída da zona de Liméns. Facendo unha descrición da escena, vemos que Xesús está sendo baixado da cruz por Xosé de Arimatea, propietario do sepulcro onde foi depositado o corpo de Cristo, e por Nicodemo. Abaixo San Xoán agárrao dos pés, mentres a Magdalena bótase as mans á cabeza e a Virxe María axeónllase mirando cara ás súas mans, que supomos, aguantaban a coroa de espiñas ou esperaba para recoller o corpo xacente do seu fillo. J

cousas de 31


CULTURA E PATRIMONIO

O NOVO MUSEO RAMÓN CABANILLAS NA CASA DA CALZADA DE CAMBADOS

E Jose Vaamonde. Técnico de Cultura do Concello de Cambados. C Fotos Cultura Cambados O interese de Aurora Vidal Cabanillas (Pitusa), pola memoria do seu avó, posuidora dun importante legado que conservou e coleccionou nunha das habitacións da súa vivenda na Rúa Real, coma se dun santuario se tratase, foi medrando cos anos. A idea de musealización do legado, composto por recortes xornalísticos, folletos, cartas, fotografías, obxectos e distintas edicións dos libros do seu avó, comeza a ter forma. Grazas a Luís Rei (O Grove, 1960Pontevedra, 2015. Bibliotecario e técnico de cultura do Concello de Cambados) e á súa investigación sobre a figura do escritor, danse unha serie de conversas entre a familia Vidal Cabanillas e o Concello e o seu recente nomeado alcalde Luís Aragunde, para que todo este tesouro atopara un lugar para a súa conservación, pero tamén para a súa difusión. No 2015 asínase o primeiro convenio de depósito por dez anos do legado artístico, literario e de efectos persoais entre os herdeiros de D. Ramón Cabanillas Enríquez e o Concello de Cambados, coincidindo co centenario da publicación do segundo poemario de Cabanillas, Vento mareiro.

C Pitusa, Tino Cordal e Jose Vaamonde na Sinatura do convenio2022 no arquivo CAbanillas. Pitusa Cabanillas, Tino Cordal e Jose Vaamonde. Foto Martina Miser

Ese verán Luís Rei deixábanos. Tomaría o seu relevo na labor de inventariado o veciño de Fefiñáns, amigo do bibliotecario, catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e membro numerario da Real Academia Galega, Francisco Fernández Rei. Unha labor realizada nas esporádicas estadías en Cambados na casa onde Cabanillas pasou gran parte da súa vida despois de casado e onde vive actualmente a súa neta, Pitusa. Serán dous concelleiros de cultura os que definitivamente impulsen o soñado proxecto entre o 2015 e o 2021. Primeiro Víctor Caamaño, co que se inicia o proceso de musealización e conservación do legado, e logo, Tino Cordal, co que se concluirá. O lugar elixido: o primeiro andar da Casa da Calzada de Cambados, no Paseo da Calzada, onde outro cambadés excepcional, Francisco Asorey, realizou o Monumento homenaxe ao seu amigo Cabanillas. 32 cousas de


O deseñador Pepe Barro é o encargado de realizar tal empresa. O novo museo, estará articulado sobre doce palabras que definen a vida e a obra do autor de Vento Mareiro, e no centro, unha pequena mesa na que o poeta escribiu moitas das súas obras. Pepe Barro parte de dúas palabras que o mesmo Cabanillas menciona no poema Encomenda (Vento Mareiro, 1915) e que deben servir de epitafio: «Quero na lousa que me de sosego | esta palabra que ten ás: Poeta | e esta palabra que ten luz: Gallego». Logo, Poeta e Galego serán o punto de inicio para o percorrido. A elas uniranse desterro, escena, prelo, fouce, familia, fe, Cambados, ‘irmáns’, canto e sempre. Como díría o propio Pepe Barro: «Palabras que resumiran as súas teimas, as súas querencias, o seu quefacer, os seus soños e as súas angueiras».

C Coroa de loureiro da homenaxe en Padrón, man do escritor no seu leito de morte polo cambadés Francisco Asorey

A parte do material legado pola familia Vidal Cabanillas, o museo compleméntase con outros valiosos depósitos, como o da familia Pillado: unha táboa pintada cun estilo naïf, titulada “Cambados desde Sálvora, 1919” e realizada por Joaquín Sánchez Peña, vello amigo de Ramón Cabanillas; da Casa-Museo de Rosalía: a coroa de loureiros coa que homenaxearon a Cabanillas en Padrón en 1958; ou o do Museo de Pontevedra: a máscara mortuoria e a man en escaiola de Ramón Cabanillas realizadas no seu leito de morte polo seu veciño e amigo, o Escultor da Raza, Francisco Asorey. Tamén distintos audiovisuais, imaxes e cadros, complementan o discurso. O 3 de xuño de 2021, aniversario do nacemento do poeta é a data elixida para a inauguración do Museo Ramón Cabanillas, onde familia, autoridades, amigos, colaboradores e público en xeral asistiron. Nos primeiros días de xaneiro deste 2022, logo do día de Reis, quedei con Paco Fernández Rei naquela habitación-santuario da casa de Pitusa para rematar o inventario e facer o traslado ao arquivo situado no antigo museo, a súa casa natal. E así foi, un ano despois da inauguración do Museo, outra vez, como non podía ser doutra forma, o 3 de xuño de 2022 asinouse o novo convenio do legado con Aurora Vidal Cabanillas e Tino Cordal como protagonistas, quedando rematada esta encomenda, esta débeda á memoria dun dos personaxes históricos e literarios máis importantes para Galicia.

cousas de 33


REPORTAXE

“VOLANTAS AO MAR”: BITÁCORA DE VIAXE DUNHA TRAVESÍA DE 900 MILLAS DO PIUEIRO E Álvaro A. Peralta Techera. C A. Piueiro Entre os anos 1905 e 1906 as embarcacións de madeira destinadas á pesca en mar aberto deixaron de saír do porto da Guarda. Chamadas volantas ou volanteiros, a súa imaxe quedou pendurada en vellas fotografías da mariña guardesa inda visibles nalgúns locais da hostalaría da zona. Os barcos de pesca mudaron en canto a materiais de construción e con eles as formas de navegar, así como a vida das persoas que neles traballan. A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, no seu interese por recuperar o legado cultural dos devanceiros, construíu unha embarcación a imaxe e semellanza daquelas. En 2019 botouna ao mar e o pasado 9 de maio levouna a navegar nunha travesía de máis de 900 millas náuticas. Once tripulantes que sumaban máis de 500 anos de experiencia no mar fixeron esta viaxe que, ademais de constatar a afouteza e vigor destas embarcacións, permitiulles revivir as experiencias das antigas xentes do mar e os seus sufrimentos ante as inclemencias, mais tamén o valor e espírito desas xeracións que consolidaron a cultura mariñeira galega.

34 cousas de


O Piueiro Antolín Verde Alonso, Jesús Alonso Lomba, Tomás Núñez González, Alipio da Costa Evangelista, Lidia González Martínez, José Benito Rodríguez González, Manuel Parada Costa, José Manuel González Lomba, Ramón Castro Peña, Joaquín Cadilla Castro e mais Joaquín Cadilla Rodríguez formaron a tripulación que navegou ida e volta dende A Guarda a Pasaia, un porto vasco ao leste de Donostia. A travesía non estivo exenta de atrancos, existen aventuras sen eles?. Rompeu o motor, deberon enfrontar a Costa da Morte e do Cantábrico a forza de remos e vela, baixo choiva, vento e días e noites con moito mar. Por momentos, o perigo acompañounos moi preto das súas almas. Non obstante, deses malos momentos foi posible o rexurdir da antiga sabedoría dos devanceiros e, coa destreza desta tripulación experta e comprometida, o Piueiro puido continuar navegando e cumprir o seu obxectivo, chegar a tempo ao encontro de embarcacións tradicionais que tiña lugar en Pasaia. O Piueiro, feito con madeiras dos montes do Baixo Miño, partiu a madrugada do luns 9 de maio dende a Guarda. Construído con 12,40 metros de eslora, 4 metros de manga e un calado de 0,50 metros, o volanteiro foi coroado cunha vela de 104 metros cadrados deseñada polo campión español de vela, Javier de la Gándara. O barco pesqueiro saíu con once tripulantes, persoas que ían dos 35 aos 80 anos de idade. Con proa ao norte, a vela coa imaxe de Rosalía de Castro, estampada na branca tea, berraba “eu son libre”, unha sensación que acompañou en todo momento o Piueiro e as súas xentes.

cousas de 35


Bitácora A viaxe foi planificada por etapas. A primeira parada foi en Fisterra e permitiulle á tripulación durmir a resgardo do frío, nunha noite pecha e con marusía. O martes, 10 de maio, os mariñeiros recuperaron forzas para remontar a Costa da Morte. Na bitácora asentaron que, tras deixar terra cedo, puideron gozar dunha paisaxe espectacular da costa galega vista desde o mar. Entre faladoiros e anécdotas de lobos de mar foron deixando atrás Muxía, a Virxe da Barca e Cabo Vilán, coa proa posta en Malpica. Mais esa xornada traería o primeiro atranco, o motor da embarcación deixou de funcionar e Salvamento Marítimo tivo que remolcar o Piueiro até o porto de Malpica. Os mariñeiros, todos ben, mais o motor marchou para un taller de Vigo. O mércores 11 de maio a tripulación ficou en Malpica. Nas redes sociais organizouse unha campaña de solidariedade co Piueiro, e persoas do Baixo Miño, pero tamén doutras partes de Galicia e España, comezaron a achegar cartos para pagar a reparación do motor. A choiva de solidariedade trouxo a primeira experiencia emocional forte para a tripulación: sentiron que non estaban sos nesta aventura. Finalmente, tras dous días de traballo, e para alegría dos tripulantes, o domingo 15 chegou o motor reparado. Nesa xornada Anxo Angueira, da Fundación Rosalía de Castro, visitounos para pór en valor o que estaban a facer os piueiros así como para darlles ánimos aos navegantes. O luns 16, de maio, por primeira vez, a vela coa imaxe de Rosalía despregouse ao paso polo Cabo Prior. E así seguiu aproveitando os ventos favorables en ruta a Pasaia. Mentres o Piueiro avanzaba, dende outras embarcacións e peiraos saudábanos, así foi desde Os Aguillóns até CaboOrtegal. A etapa rematou na vila de Cariño. A bitácora rexistrou un día máis de navegación, “de conversas a bordo, de bailes e mesmo de cancións. A cultura mariñeira é un compendio de artes e todas veñen a bordo con nós”. O martes 17 era por demais especial, os mariñeiros do Piueiro celebraron o Día das Letras Galegas mentres cruzaban xogando cos ventos que sopraban no cruce do Atlántico ao Cantábrico en Estaca de Bares.

C

1. Arranxo de motor en Malpica 2. Letras Galegas, Rosalía de castro na vela do Piueiro 3. Parada no porto de Cariño

36 cousas de


O mércores, 18 de maio, partiron cedo do porto de Luarca e na bitácora do Piueiro rexistrouse: “Hoxe é o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo e festexámolo presentándovos a nosa capitana e tripulante máis nova: Lidia. Defensora de que hai que seguir divulgando a cultura mariñeira, Lidia traballa na baixura, é segunda patroa e mariñeira. Adoptada por todos a bordo do Piueiro, está a desfrutar da paisaxe, da natureza e da navegación e sobre todo das conversas e das anécdotas desta marabillosa tripulación con anos de mar nas costas.” Cun día sen tanto mar como na xornada anterior, o Piueiro superou o Cabo Peñas e puxo proa ao porto de Xixón, nunha etapa curta pero importante para repoñer forzas na cidade máis poboada de Asturias. A ruta de Xixón a Comillas ocupou a xornada do xoves 19. A bitácora di que foi tranquila “con pouco vento e moito tempo para desfrutar da marabillosa costa asturiana, que nos mostraba de lonxe a neve nos Picos de Europa. Deixamos atrás as augas asturianas tras unha fantástica comida preparada por Cochoso”. Atentos á fachada da Universidade de Comillas, “nada dos xesuítas de Pasaxes da Guarda”, entraron ao porto e pecharon o día cunha cea a bordo. Sen maiores novidades, o venres 20 fíxose a etapa Comillas – Castro Urdiales, cun mar calmo, onde a vela de Rosalía viaxou “queda” e permitiu as conversas prolongadas entre a tripulación. O sábado 21 chegaron a Getaria. Gozaron dunha travesía agradable pola costa de Elantxobe, Lemoiz e Gaztelugatxe até que o porto getariar os sorprendeu con fermosas embarcacións moi ben coidadas. A visita a esta vila mariñeira estendeuse ata o día xoves 25. C Entrada en Pasaia

O venres 26 o Piueiro e a súa tripulación chegaron a Donostia. Cunhas salvas de canóns, os donostiarras saudaron o paso da embarcación baixomiñota que, sobre as 6 da tarde, xa entraba a Pasaia, o seu destino final. O día xoves 30 de maio comezou o retorno ao porto da Guarda. O sacrificio da volta foi tan grande como o da ida, mais esta vez sen rotura de motor. A vila da Guarda esperaba impaciente os fillos do Piueiro, que na tarde do domingo 5 de xuño tocaron porto. Dende Santa Trega unha vez máis a voz da tradición berrou: “Volantas ao mar!” J C Benvida no porto de A guarda

cousas de 37


REPORTAXE A EMIGRACIÓN GALEGA A AMÉRICA NO CONTEXTO DAS GRANDES MIGRACIÓNS EUROPEAS

OS EMIGRANTES E A EDUCACIÓN NO VAL MIÑOR

(1ª PARTE)

E Xosé M. Malheiro Gutiérrez, Universidade da Coruña C Arquivo da Emigración Galega - Consello da Cultura Galega

C Barco de emigrantes partindo do porto de embarque Entre o último terzo do século XIX e as primeiras décadas do XX centos de miles de galegos e galegas trasladáronse masivamente a diversas rexións de América, desde New York a Buenos Aires, abandonando a súa terra cara un novo destino. Alén Mar atoparon un mundo novo en proceso de formación, co que se enfrontaron e onde interviñeron con diferentes graos de éxito. Naquel momento, América era un crisol que fundía masas de obreiros europeos e asiáticos, xunto con nativos, mestizos, crioulos e africanos provenientes do anterior comercio escravista, que achegaban diversas linguas, distintas culturas e dispares grados de formación e de cualificación profesional. Este intenso desembarco de operarios industriais ou agrícolas, non sempre adecuadamente absorbidos polos países de acollida, permitiu unhas condicións de traballo precario por saturación da oferta, e a sociedade receptora acabou por fraguar a costa do esforzo e sufrimento de miles de proletarios europeos que cambiaron de país pero non de situación. Dese modo, cando os galegos e galegas desembarcan en América, axiña se decatan de que os principais obstáculos aparecen no contorno laboral. A instrución, ou a súa carencia, determinan a oportunidade de éxito ou de fracaso: mentres os mellores traballos se ofrecen aos obreiros máis competentes, os máis duros e peor remunerados son o destino dos que presentan a formación e a capacitación máis escasa. E isto leva a reflexionar sobre o valor da instrución como medio imprescindible de progreso individual e colectivo, e a comprobar como o abandono e a desidia vivenciada en Galicia contrastaba coa devoción pola escola pública que sentían os próceres en boa parte das emerxentes repúblicas, inspiradas no liberalismo ilustrado, e que tiñan a súa tradución nas políticas educativas. O espírito da intervención educativa estatal nas diferentes rexións de América se condensaba nunha frase, pronunciada polo intelectual venezolano Andrés Bello nos inicios do século XIX: “ha terminado la hora de los guerreros, es la hora de los educadores”. 38 cousas de

C Vista do Pazo de Lourizán


Alfabetización e escolaridade: a organización colectiva a través de sociedades Pero, malia as penosas condicións de partida, a nova situación tamén ofrece ao inmigrante galego elementos positivos. Quizais o máis salientable sexa a oportunidade de abandonar o atraso sociocultural do contorno de partida e poder asimilar os valores liberais e democráticos das sociedades en formación. Así, do illamento xeográfico e cultural padecido no contexto rural de procedencia pasou, sen escalas intermedias, ao contorno metropolitano das grandes urbes, onde puido apreciar un maior progreso e onde se lle abriron novos e esperanzadores horizontes. Foi así como unha parte importante decidiu aproveitar esa experiencia vital nas novas sociedades democráticas para liberarse de hábitos tan apegados como a resignación diante dos males que forzaron o embarque. Formaba parte deste colectivo o sector máis crítico e concienciado que, pola inmersión no novo contexto, acabouse convertendo no que o americanista Adolfo Posada definiu como “descontentos por comparación”: emigrantes receptivos, que asimilaron o modelo democrático, laico e republicano da sociedade de destino e, a comezos do século XX, se afanaron na súa propia alfabetización ao comprender que era o principal instrumento de progreso socioeconómico para eles e os seus fillos, do modo que expresara o político e pedagogo arxentino Domingo Faustino Sarmiento nunha frase de proxección universal: “Hombre, Pueblo, Nación, Estado: todo está en los humildes bancos de la escuela”. E, ao tempo, decidiron ser solidarios coa adversidade dos que permanecían no lugar de partida. As dificultades e sacrificios nos países de acollida, lonxe de converterse en pesimismo, transformouse en estímulo para intervir e implantar na propia terra aqueles elementos positivos froito das súas vivencias. Deste xeito, a experiencia migratoria permitiu concienciar aos seus protagonistas sobre a importancia de saber ler e escribir para lograr unha óptima inserción laboral nos lugares de destino. Unha conclusión á que tamén chegaron aqueles que en Galicia se percibían como potenciais emigrantes. Isto explica que naquelas comarcas onde a emigración a América foi máis intensa neste período, tamén se apreciou maiores índices de alfabetización e escolarización.

A instrución, ou a súa carencia, determinan a oportunidade de éxito ou de fracaso: mentres os mellores traballos se ofrecen aos obreiros máis competentes, os máis duros e peor remunerados son o destino dos que presentan a formación e a capacitación máis escasa.

C Nenos galegos saíndo dunha aula parroquial de primeiras letras. 1879

C Alonso Ríos acompañado de Blanco Amor e outros intelectuais galegos

Pero non foi un sentir unánime: unha parte da diáspora galega que tiña acadado un certo acomodo material, vivía ocupada no que o intelectual galego Eduardo Blanco Amor denominou “la romántica tarea de acumular pesos”. Unha actitude tamén criticada polo mestre e político Antón Alonso Ríos, cara eses emigrantes novoricos, “indolentes y dormilones” congregados en entidades recreativas sen outro afán que o de organizar “rancias veladas folclóricas”, esquecendo as demandas sociais da terra que abandonaran tempo atrás. Nesta dialéctica de sensibilidades diverxentes é onde xorden as primeiras organizacións destinadas a canalizar parte dos recursos gañados en América para seren investidos na mellora material e cultural dos seus lugares de procedencia. Desta toma de conciencia, avivada mediante procesos de organización colectiva de base identitaria, vai nacer un número importante de sociedades con fins sociais e políticos ligados á escolarización primaria, e experimentan un pulo importante durante as tres primeiras décadas do século XX. Entre os seus obxectivos estaba o mutualismo, a alfabetización urxente, o recreo e a protección étnica e cultural. Pero ademais, unha parte importante de estas sociedades, denominadas “de instrucción” recollen algúns trazos innovadores dos modelos pedagóxicos americanos para implantar na escolarización dos seus lugares de procedencia. E así acabaría sendo, co resultado que deu durante as tres primeiras décadas do pasado século, a obra que hoxe coñecemos amplamente, obxecto de numerosas investigacións e monografías. cousas de 39


Seguindo o censo iniciado por Antón Costa e completado por outros autores, creáronse preto de cincocentas sociedades de instrución entre 1904 y 1936 que abarcaban o 70% dos concellos de Galicia. De entre elas, un 35% logrou materializar algún proxecto de intervención escolar, chegando a levantarse arredor de 150 escolas e preto de 500 aulas. A maior parte das sociedades fundouse na illa de Cuba e na Arxentina; no Uruguai, o número foi moi inferior, igual ca no Brasil ou os Estados Unidos. A primeira sociedade de instrución documentada, a “Alianza Aresana de Instrucción”, naceu en La Habana en 1904 para establecer escolas de ensino primario e fomentar o ensino gratuíto entre a infancia sen recursos da vila de Ares (A Coruña). Ese mesmo ano nacía en Buenos Aires “La Concordia”, para agrupar aos veciños da parroquia de Fornelos da Ribeira, en Salvaterra de Miño e proporcionar aos seus fillos e fillas escolaridade gratuíta.

Seguindo o censo elaborado por diferentes autores, creáronse preto de cincocentas sociedades de instrución entre 1904 y 1936 que abarcaban o 70% dos concellos de Galicia.

C Presidentes das sociedades de instrución creadas en Cuba, 1910

C Mapa revista Eco de Galicia, 1923 40 cousas de

A meirande parte das sociedades financiaron a construción, o sostemento e a contratación de profesorado; algunhas outras levantaron o edificio e entregárono ao Estado, que se encargou do seu sostemento e da contratación do profesorado; moitas outras colaboraron coa veciñanza na construción, ou no envío periódico de material escolar e outros recursos necesarios. E aínda que o labor de alfabetización e escolarización foi xeralmente louvado e agradecido tanto en Galicia como en América, tamén houbo críticas cara algunhas sociedades. Nalgúns casos, por colaborar coa ditadura de Primo ao entregarlle os edificios escolares construídos, en vez de formar correntes opositoras que influíran na súa caída e na monarquía borbónica que o sostiña. Porque a escola debía ser, ademais, un instrumento de reivindicación política para as clases populares, aquelas que non tiñan garantida unha escolaridade básica, e víanse forzadas a emigrar abandonando terras, familias e fogares en condicións moi precarias. Noutros casos, foron obxecto dunha “persecución atroz” por parte dos sectores próximos ao réxime, por promover opcións educativas laicistas e maioritariamente vinculadas ao agrarismo: “Los caciques se dan cuenta de que la unión de las sociedades dará al traste con su poderío y por eso no descansan en sembrar cizaña y hacer coacción, cosa que no fructificará”, afirmaba un líder agrario na comarca de Deza. A opción laicista —que nalgúns casos limitouse a unha postura neutral para evitar represalias— provocou unha serie de enfrontamentos entre o poder caciquil, representado por cregos, alcaldes, mestres afectos á ditadura de Primo, e os delegados das sociedades de instrución, ademais de mestres e pais de alumnos en case todos os casos.


Durante o tempo en que as aulas permaneceron abertas, sufriron a intromisión, a extorsión, as presións, as ameazas e toda sorte de campañas difamatorias e de desprestixio por parte de aqueles que vían no seu labor pedagóxico unha ameaza. As inspeccións, os peches por causas arbitrarias, as multas impostas aos pais, aos mestres, aos promotores das denominadas “escolas laicas” foron continuas. O núcleo de oposición máis activa adoitaba provir do clero local, que criticaba o seu apoio á organización agraria non católica e o ideario que seguían estas escolas. Porque moitas delas aplicaban orientacións metodolóxicas de carácter funcional, mais tamén eran centros que promovían unha educación racional dirixida á emancipación do campesiñado, e que a través da acción pedagóxica trataban de contribuír á formación dunha sociedade máis libre, democrática e participativa, “capacitando a las masas productivas para el ejercicio de la ciudadanía dentro del campo político” como rezaba o texto dun manifesto en 1931 a favor da II República. A súa acción rexeneradora trataba de responder a carencias crónicas da escola rural galega, que delataban o desleixo institucional por parte do Estado, dos concellos e das xuntas locais de instrución. Noutros casos, os menos, tamén chegaron críticas pola acción ‘desgaleguizadora’ que aplicaban no seu currículo algunhas outras sociedades pola súa orientación posibilista á hora de preparar o seu alummnado para a emigración Pero, en todos eles, a promoción da alfabetización e a escolaridade primaria no lugar de orixe mediante a organización colectiva por parte das sociedades de instrución, foi un fenómeno xenuíno da emigración galega —tamén, aínda que de xeito testemuñal na asturiana e cántabra— que non se ten observado entre as accións levadas a cabo por outras comunidades europeas migradas a América —irlandeses, alemáns, polacos, italianos ou incluso portugueses— que, con todo, desenvolveron iniciativas educativas particulares para tratar de preservar a lingua e a cultura propias no lugar de destino, ou perpetuar. a memoria dos seus promotores.

C Excursión do alumnado da “Escuela Americana” á Illa de Toralla, 1927 Por outro lado, non se debe esquecer que a alfabetización e a escolaridade primaria promovida desde a diáspora galega formou parte dunha inmensa remesa inmaterial na que debe incluírse o respaldo a numerosas iniciativas culturais, como a edición de obras de contido literario, histórico e socio-político; a promoción de numerosas publicacións periódicas, o intento de fundar una universidade galaicoamericana, a promoción da cultura en lingua galega, especialmente a creación e sostemento da Real Academia Galega, a formación de líderes políticos ligados ao galeguismo e ao agrarismo, ou o acubillo de exiliados tras a guerra civil. Esta dimensión ‘inmaterial’ veu satisfacer, en parte, a demanda de instrución das clases populares de extracción rural e a paliar, en modo considerable, a situación de precariedade e abandono que arrastraba a escola primaria e a sociedade rural galega en xeral. E a mellora dos índices de alfabetización e escolarización que se deu, axudou a promover un cambio social e político nas mentalidades das clases populares, nomeadamente campesiñas e mariñeiras, como punto de partida para a rexeneración democrática da sociedade e para a mellora das súas condicións de vida. Pero todo rematou en 1936. Desde o golpe de estado, e de modo definitivo a partir da imposición do réxime franquista, truncouse o pulo reformista das sociedades de instrución, isto é: republicanismo socialista e galeguista, rexeneracionismo, laicismo militante e confianza na educación como semente de conciencia cívica. Os seus promotores, así como os mestres e mestras e todos os que nalgún momento amosaron as súas simpatías cara as organizacións políticas que se agrupaban na Fronte Popular foron brutalmente perseguidos e castigados. Clausuráronse e incautáronse as escolas e os locais sociais sostidos por emigrantes baixo sospeita republicana pasando, moitos deles, ao servizo do novo réxime. O seu material foi destruído; moitas das bibliotecas, queimadas, ou no mellor dos casos, confiscadas e moito do seu profesorado e dirixentes, perseguidos e castigados. C Corpo de Exploradores das escolas Pro-Valle Miñor, Nigrán, 1921

cousas de 41


Sociedade

Creación

País

Concello

Unión Hispanomericana Pro Valle Miñor Unión de Morgadanes Residentes en el Plata Comité Pro Escuela de Camos Círculo Social del Valle Miñor Hijos de Vincios Unidos

1905 14 agosto 1918 10 xuño 1926 1928 ?

Arxentina Uruguai Uruguai Arxentina Arxentina

Gondomar/Nigrán/Baiona Gondomar Camos-Nigrán Gondomar/Nigrán/Baiona Gondomar

C Escola Americana, clases de agicultura, 1913 Sociedades e escolas no Val Miñor Os miñoráns cóntanse entre os primeiros en fundar unha agrupación con fins educativos e culturais na terra de orixe, Unión Hispanoamericana Pro Valle Miñor, chegando a ser co tempo un referente para outras sociedades de emigrantes implicadas na promoción do ensino primario. En setembro de 1909 inaugurou a primeira escola na Ramallosa, en réxime de ensino graduado cunha matrícula de 180 rapaces, atendida por un equipo de profesores, dirixidos por Eladio Ferreiro Otero. En 1915 a “Escuela Americana” trasladouse a un novo edificio, dotado de modernas instalacións e un extraordinario equipamento, entre o que salientan laboratorio de física e química, gabinete e museo de historia natural, máquinas de proxección, fotografía e mecanografía; obradoiros de imprenta, zapatería, xastrería e electromecánica; campo de experimentación agrícola e unha biblioteca que chegaba aos 5.000 volumes en 1928, froito de innumerables doazóns. Na actualidade acolle o IES “Escolas Proval”. C Eladio Ferreiro, sentado á dereita

na foto, entre outros profesores da “Escuela Americana” do Val Miñor.

C Arriba, A Ramallosa, 1909. Inauguración da “Escuela Americana” na súa primeira ubicación.

Á dereita, vista do edificio que na actualidade forma parte do “IES Escolas Proval”. 42 cousas de


C Biblioteca

das escolas Pro-Valle Miñor, 1916

“Unión Hijos de Morgadanes Residentes en el Plata” levantou un edificio escolar nesa parroquia en 1923, que contaba con varias aulas e vivenda para o profesor, e comezou a funcionar contratándose ao mestre Antonio Vidal Castro. Fíxoo sen interrupción ata o ano 1933, cunha matrícula de 40-50 nenos, que recibían unha educación gratuíta. Prestaba ademais outros servizos comunitarios, como a conservación do cemiterio civil desa localidade e destinaba parte dos seus recursos ao mutualismo, ofrecendo protección a todos os asociados e residentes da parroquia. A escola de Morgadáns seguíu activa despois da guerra. Na actualidade é un centro de educación infantil baixo a denominación “Colexio Rural Agrupado Antía Cal”, bautizado co nome da pedagoga galega, nacida en La Habana, fundadora en 1961 do prestixioso colexio “Rosalía de Castro”, de Vigo. O “Comité pro Escuela de Camos” colaborou na construción do local escolar da parroquia, e “Hijos de Vincios Unidos” e o “Círculo Social del Valle Miñor”, das que apenas temos datos, orientáronse, ao parecer, cara o mutualismo e a protección dos seus asociados no contorno de Buenos Aires. J

C Morgadáns.

Edificio escolar inaugurado en 1923.

C Morgadáns,

1928. Escena de alumnos co seu profesor, D. Antonio Vidal Castro

C Morgadáns. Vista actual do edificio, “CRA Antía Cal”

C Alumnos da escola promovida por “Unión Hijos de Morgadanes Residentes en el Plata”. Gondomar, 1928. cousas de 43


REPORTAXE

O PAZO PEGULLAL:

UN PARAÍSO BOTÁNICO EN SALCEDA DE CASELAS

E Carmen Salinero, Pilar Vela, Ángeles Barros

da Estación Fitopatolóxica Areeiro. Deputación de Pontevedra e Rosario Andrade do Pazo Pegullal C Cousas de

Entrar no xardín do Pazo Pegullal é conectar coa natureza nunha contorna única de paz e tranquilidade, onde a luz e as plantas son as protagonistas. Creado polo “xardineiro” (segundo a súa propia definición) Fernando Caruncho, o seu estilo plásmase en todos os recunchos, baseado “na procura da beleza a través da natureza, a xeometría e a luz”. E así, penetrámonos nun xardín estruturado e equilibrado, con personalidade, onde sinxeleza e beleza están profundamente unidas. A maioría dos xardíns de Fernando Caruncho non están abertos ao público, este feito fai máis interesante a visita a este lugar. A árbore é o elemento máis sobresaliente do xardín, e como tal, a súa importancia nótase en todas as áreas. Destacan os impresionantes e elegantes paseos de cipreses, magnolias ou paulonias, os carballos e, por suposto, as camelias. A auga e a pedra, como en todo xardín galego, maniféstase tamén como unha parte esencial do xardín en estanques, fontes e esculturas, todo perfectamente integrado coa vexetación. As esculturas decoran recunchos e estanques, outorgándolles un especial encanto, cubertas de musgo e enredadeiras, mimetizanse coa vexetación que lles rodea de tal maneira que dá a sensación de que todos os elementos levan séculos convivindo. Cabe destacar tamén a sutil elegancia do xardín xeométrico situado no espazo central do xardín que, cos seus estanques circulares e as súas sinxelas formas, resultan un belo conxunto simétrico, organizado e concibido para ser visto desde a balconada situada nun nivel superior.

44 cousas de


Un pouco de historia Situado no concello de Salceda de Caselas (Pontevedra), como ocorre con gran parte do noso patrimonio, a súa orixe non está ben documentada. Nos seus inicios foi un pequeno convento, o Convento de Santa María de Salceda, formado por un edificio que se corresponde coa parte máis próxima á capela da edificación actual. Existe unha referencia a esta casa no s. XVI, en tempos de Felipe II, cando Pedro de Alemparte Correa comprou a este rei a ‘Freguesía de Santa María de Salceda’ para edificar a casa e a granxa de Pegullal. A vinculación deste pazo á historia de Galicia está acreditada polos seus sucesivos propietarios, pertencentes a familias moi notables desta terra. Así, a construción foise ampliando, co paso dos seus diferentes donos. A finais do século XX, a propiedade pertencía a D. Ildefonso ou Alfonso Correa Sotomayor Pinto e Sousa, en 1869 foi herdada por Antonio Aguilar e Correa, vizconde de Pegullal, marqués de Mos, marqués de la Vega de Armijo, conde de Bobadilla e Grande de España. Tras a súa morte pasou a ser propiedade da súa sobriña e afillada María Vinyals, marquesa viúva de Ayerbe; e despois ao afillado desta, Manuel Lorenzo Rodríguez (alcalde e xuíz de Soutomaior a principios do século XX). Finalmente, a leira foi herdada polos seus fillos e posteriormente vendida. Ref. Blog Recortes da historia de Santa María de Salceda. Este pazo é realmente unha xoia patrimonial, que alberga un magnífico edificio barroco do S. XVII, unha fermosa capela dedicada a San Bieito, un dos carballos máis vellos do país (din que de 500 anos), o canastro de madeira mais longo do país (14 metros), a monumental muralla que rodea toda a leira, o portal de entrada, flanqueado por dúas torres cilíndricas con cruces sobre remates semiesféricos e o escudo de armas das familias Correa, Mendoza, Ozores, Quirós, Sarmiento, Silva, Sousa, Soutomaior e Zuñiga, e a antiga fonte de San Bieito. A finais do século XX foi adquirido polos donos actuais, que son os responsables da reconstrución e rehabilitación das edificacións, e da creación de estanques (píos) e fontes, distribuídas e medio escondidas entre os parterres dos espectaculares xardíns que as rodean, coidados con mimo pola propietaria, onde a auga e a pedra, acompañadas dun magnífico elenco de exemplares vexetais e, por suposto camelias, forman un conxunto que, a pesar da súa recente creación, transmiten a sensación de levar anos e anos escoitando as historias dos seus habitantes. O edificio principal ten estrutura en forma de “U” e unha dobre escaleira de acceso que acaba nunha solaina de balaustradas, reconstruída hoxe en día como a orixinal do século XVIII. C Entrada do edificio princial coa solaina de balaustradas

C Impresionantes vistas aéreas do Pazo de Rebullal en outono. ©Pazo Pegullal

cousas de 45


O escudo colocado no portalón de entrada é parecido aos que hai no pazo de Mos e no castelo de Soutomaior, pertencentes á familia Correa desde o século XVIII, pero máis antigo e máis completo. Nel pódense ver, de esquerda a dereita: na primeira fila superior as armas dos Quirós: dúas chaves con tres roeles a cada lado e tres flores de lis; no centro as armas dos Sarmiento: trece roeles en tres columnas; e á dereita as armas dos Mendoza: unha banda en diagonal. En segunda fila as armas dos Quirós e Sousa: representado por varios escudetes de tres flores de lis superpostos en diagonal; e as armas dos Soutomaior: cinco liñas de xadreces. Na terceira fila, unha antiga variación das armas dos Mendoza: o escudo cuarteado en diagonal con tres bandas opostas en dous cuarteis e nos outros dous baleiros a inscrición Ave María Gratia Plena; e as armas dos Ozores: un león rampante atravesado por unha espada. E na cuarta fila: un león rampante coroado que representa aos Silva; no centro un aguia bicéfala; e á dereita o escudo dos Zuñiga: unha banda cruzada con bordura de cadea de ouro. No centro preside a composición un escudo ovalado de tamaño superior que representa aos Correa: un aguia coas ás despregadas.

A capela de San Bieito, anterior ao século XV, está dobremente blasonada. Na entrada principal atópase un escudo cos emblemas dos Soutomaior, Sarmiento, Quirós, Mendoza e Correa; e no muro exterior da ábsida, un escudo co aguia dos Correa. No ano 1856 foi derrubada por un furacán e posteriormente reconstruída. O interior foi reformado a principios da década de 1990 polos actuais propietarios. Moi preto consérvanse os restos da fonte do santo, á que se chega seguindo un paseo que discorre baixo unha magnífica pérgola de glicineas. Nas romarías a este santo (o Glorioso San Bieito), os devotos ofrecían trigo, centeo, millo e liño, ademais de ovos e diñeiro, que despois se vendían en beneficio da casa Pegullal. Os propietarios actuais continúan realizando a romaría para os veciños da parroquia. O canastro (hórreo) con corpo principal de madeira que aínda se conserva mantendo a súa estrutura orixinal, con case 14 metros de longo e 18 pés de pedra, indica o potencial económico da casa. O cruceiro, de construción recente, está situado no xardín fronte á entrada da capela, e representa á Virxe do Rosario e a San Bieito.

46 cousas de

C Porta principal


As terras de cultivo Segundo datos do Catastro de Enseada, no ano 1753, a quinta Pegullal contaba cunhas 18 hectáreas, das cales 8 ha estaban dedicadas a viña, 4 ha a monte, 3 ha formaban unha Carballeira, e 1 ha a horta. Ademais, tiña dous pombais de figura circular, un con 12 pares de pombas e o outro con 14 pares de pombas (Real de Legos Santa María de Salceda. Catastro de Enseada. Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra) Ref. Blog Recortes da historia de Santa María de Salceda No ano 1782 era a cuarta casa propiedade do Marqués de Mos con renda máis alta, o que supoñía un importante activo económico para a familia Correa. Entre finais do século XVIII e principios do XIX cultiváronse oliveiras nesta quinta, xa que figuran nas contas dos administradores de varios anos. Así, por exemplo, en 1782 recolléronse 4 arrobas de oliva para a casa e o resto para a de Mos, en 1802 figuran un total de 371 ferrados e medio de oliva, e 303 ferrados recolleitos en 1805. Estas olivas eran vendidas e transportadas ao muíño de Atín para ser prensadas, e a Pegullal volvía unha parte do aceite para a súa venda e o consumo da casa Ref. Blog Recortes da historia de Santa María de Salceda. En 1814 recíbese a orde de arrincar as oliveiras, xa que estaban afectados por unha praga, e substituílos por viña. Na primeira metade do século XX, parte dos terreos estaban dedicados ao cultivo de tabaco, cunhas 13.000 plantas, cuxo secadero estaba nun edificio situado no patio próximo ao edificio principal (Durán e Loriga 10-60. Museo de Pontevedra). Ata o ano pasado, nas preto de 30 ha de terras que rodean ao Pazo Pegullal, cultivábanse viñas e kiwis. Actualmente, o kiwi está a ser substituído por viñas de uva Albariño, para a elaboración do seu propio viño.

cousas de 47


O xardín Cando os actuais donos compraron a propiedade, os terreos eran de monte, e tívose que facer un novo proxecto de xardín, no que se respectaron as árbores antigas existentes, na súa maioría carballos, destacando especialmente o de San Bieito, á beira da capela, que estaba en moi malas condicións e foi recuperado en sucesivas e correctas intervencións de poda, limpeza, saneamento do substrato e abonado, que levaron á restauración e renovación da súa copa. O novo xardín que rodea o pazo é obra do prestixioso paisajista-xardineiro español Fernando Caruncho, que fiel ao seu estilo, creou un xardín en 1988 que despois foi ampliado en 2010. Este xardín preséntase como unha das obras mestras de Caruncho: neste precioso xardín, que se estende con cores rosadas e diferentes tons de verde, a intelixencia e estratexia de Caruncho para colocar correctamente todas as plantas é unha das principais atribucións que achegan o toque especial a este espazo verde. No traballo de Caruncho, a luz é o elemento crave no xardín, ademais da xeometría e a relación entre o xardín e a paisaxe. Cando fala sobre a xeometría, Fernando Caruncho sempre insiste en que pode estar oculta ou ser obvia, pero é sen dúbida a maneira de ler ou interpretar o lugar ( F. Caruncho). Como non podía ser doutra maneira, o xardín de Pegullal é un xardín xeométrico cheo de luz que se abre paso entre as ramas e reflíctese na auga das súas fontes e píos, e onde as especies vexetais destacan pola súa disposición e cantidade de exemplares de cada unha delas.

No proxecto de paisaxismo incorpórase a pedra como un dos elementos principais, acompañada sempre da auga e as plantas que a cobren parcialmente e, por entre cuxos ocos e recunchos penetra a luz, dando ao conxunto o aspecto romántico de humidade, maxia e tranquilidade dos xardíns galegos. Esta pedra non só forma parte de balaustradas, escaleiras e píos, senón que con ela realizáronse unha gran cantidade de fontes distribuídas nos diferentes xardíns, escondidas entre os parterres, ou formando parte de paredes, muros e paseos.

C Impresionantes vistas aéreas do seto xeométrico. ©Pazo Pegullal 48 cousas de


Ademais de camelias, non pasan desapercibidos os impresionantes e elegantes paseos de cipreses que discorren entre as plantacións de viñedos, e que aparecen á súa vez combinados con paulonias bordeando e actuando como elementos divisorios entre os distintos espazos do xardín; as frondosas e exuberantes pérgolas de glicinias, que mostran un espectáculo de cor durante a súa época de floración; o labirinto de hiedra e glicinia, no cal un pode mergullarse a través dunha escaleira de caracol; os sebes de buxo, que outorgan ao espazo a orde máis visible coas súas estruturas xeométricas ben definidas, as gardenias, os rododendros, os cítricos, os belos exemplares de magnolias de distintas especies, algún deles de gran tamaño, en especial os que enmarcan a balaustrada do nivel superior do xardín próxima ao pazo, e a extensa plantación de viña, que mostra á súa vez unha parte estética, actuando de marco do espazo no que se atopa o pazo e o xardín.

As camelias As camelias, como non podía ser doutra maneira, esténdense por toda as zonas do xardín. Hoxe en día, crecen 371 exemplares de camelia de 25 especies. Na entrada principal do pazo atópanse as camelias máis antigas formando frondosas sebes, rodeando o estanque que dá acceso ao xardín, e ocupando un espazo privilexiado. De creación máis recente son o xardín de camelias Higo, situado no espazo que se atopa na parte superior da capela, o paseo de especies de camelia, crecendo baixo un longo paseo, que discorre entre as plantacións e que está conformado por paulonias e cipreses, e a zona de camelias de orixe galega. En abril de 2021, o Comité Camelia Galicia, que ten como obxectivo principal ordenar, consolidar e profesionalizar a Ruta dos Xardíns da Camelia, así como o procedemento de incorporación á mesma, aprobou a incorporación do xardín do Pazo de Pegullal a esta Ruta. Este Pazo súmase aos outros 12 que xa formaban parte da Ruta da Camelia. Esta ruta constitúe un recurso de interese turísitico de Galicia, no que a camelia ten unha especial relevancia e intégrase nun espazo natural coidado e harmonioso, cunha beleza capaz de espertar admiración e establecer vínculos sensoriais que convidan á contemplación. Non hai dúbida que o xardín do Pazo Pegullal é o lugar idóneo para isto. J

cousas de 49


GALAICAS

AVELINA VALLADARES NÚÑEZ A POETA XORNALISTA DE OPINIÓN Nace na Estrada, na parroquía de Vilancosta, no seo dunha familia culta, Avelina Valladares foi educada na casa. Seu pai, quen foi o seu primeiro mestre, fíxoa estudar latín e gramática, e a inmensa biblioteca familiar sempre estivo ao seu alcance. Era unha época en que as mulleres non eran formadas en nada alleo ao doméstico, pero Avelina tivo a sorte de nacer nun ambiente no que a súa intelixencia e curiosidade eran estimuladas e celebradas, aínda que non fose máis que no seo familiar. Varios factores fan especial a obra de Avelina Valladares. Por unha banda, o contraste entre o pragmatismo dos seus artigos en prosa e a súa obra poética, contraste que dá lugar a un estilo único, no que os temas máis prosaicos son tratados co maior dos lirismos. Por outra banda, a pesar de amosar no seus artigos uns coñecementos sobre ciencia e botánica moi por riba da media, e un espléndido manexo da métrica e a linguaxe metafórica nos seus poemas, en ambas as facetas a autora mostra unha humildade e falta de pretensións asombrosas. É moi posible que a súa profunda relixiosidade teña moito que ver nisto, pois o pecado da vaidade era algo no que Avelina non quería incorrer. Quizais ese sexa o motivo polo cal nunca deu demasiada importancia á súa escrita, nin se considerou a si mesma unha xornalista de verdade. O Concello da Estrada inaugurou o 27 de abril do 2001, un monólito dedicado a Avelina Valladares, na avenida da Cultura. O autor da escultura, é o artista de Vila de Cruces, Paco Lareo, falecido en 2012.

1825 Nace en Vilancosta, na Estrada, nunha familia fidalga. 1858 Ante a celebración dunha Exposición Agrícola en Santiago dirixe unha carta á Sociedad Económica de Amigos del País na que reflexiona sobre cultivos que considera de utilidade para o agro galego, e que resulta publicada en La Exposición Compostelana sobre cuestións agrícolas. 1864 É recompensada coa Cruz de Beneficencia de segunda clase. 1878 Dirixe unha carta al Eminentísimo Cardenal Sr. García Cuesta, Arzobispo de Compostela, nela fai unhas consideracións sobre cuestións propias da Coresma. 1879 Escribe o poema A Ulla, publicado en El Eco de Galicia, Bos Aires. 1879 Escribe Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un labriego, en El Eco de Galicia, de Bos Aires, e en El Heraldo Gallego. 1885 Publica El ochavo milagroso, sobre supersticións populares en El Eco de Galicia da Habana. 1892 Publica Os que emigran en El Eco de Galicia, Bos Aires. 1902 Publica A pobre orfiña en Follas Novas na Habana. 1902 Morre en Vilancosta, na Estrada. 1905 Publícase Miña joya, un poema póstumo, en El Almanaque Gallego de Bos Aires. C Casa familiar de Vilancosta na Estrada

50 cousas de


Aínda sen formar parte dos círculos intelectuais da época, a súa natural sensibilidade e intelixencia levárona a tratar na súa poesía as temáticas típicas do momento. Nela fala de Galicia, da morriña da terra ou da emigración e o sufrimento que trae esta ás mulleres. Pero Avelina non se limita a composicións melancólicas, senón que tamén celebra nos seus versos a familia, as amizades, a natureza, o amor e a relixión vivida con alegría. Provista dunha gran capacidade de traballo e cristiá devota, entregou a súa vida á súa familia, reservando para a escrita un papel secundario. A maior dificultade, se se lle pode chamar así, que enfrontou Avelina Valladares, foi a súa propia modestia. O afán de servizo cara aos demais provocou que só fixese públicas aquelas obras que cría que podían ser útiles para outras persoas. Así, non tivo reparos en dirixir cartas abertas a xornais, ou escribir artigos de carácter divulgativo, cando ve neles a posibilidade de axudar aos seus semellantes. Non busca recoñecemento, nin fama, nin cartos. Quizais por iso a meirande parte da súa obra poética ficou inédita ata moito despois da súa morte, e seguramente tamén sexa a razón de que a súa produción sexa tanta e tan variada: ao non esperar que moitos dos seus poemas chegasen a ver a luz, sentiuse libre para crear, fóra das ríxidas estruturas e formalismos da academia. O resultado disto foi unha voz chea de frescura, espontaneidade e atrevemento. J

Os seus poemas en galego foron publicados por separado en diferentes medios da época e algún deles en varios; así temos que apareceron en: “ Eco de Galicia”, de Buenos Aires, “ El Heralgo Gallego”, “Almanaque Gallego” de Buenos Aires, “ El Emigrado”, “ El Compostelano” o “La Gran Patria” de Santiago.

Avelina Valladares é unha pioneira na literatura galega, xa que é das primeiras mulleres (se non a primeira) en publicar artigos que hoxe chamariamos de opinión na prensa escrita, así como unha adiantada ao empregar a lingua galega nalgúns dos seus poemas.

Fonte: 1as xornalistas. Secretaría Xeralde Igualdade. Xunta de Galicia. cousas de 51


REPORTAXE

GARRANOS, BURRAS, BESTAS. OS CABALOS SALVAXES DA GROBA C E Xilberte Manso de la Torre. Sección Arqueoloxía e Etnografía do IEM

Os garranos son unha subespecie de équido Equus ferus atlanticus que vive nos nosos montes e serras dende alomenos a última glaciación, 10.000 anos, e que ao longo deste tempo ate agora tivo contacto co home dun xeito directo e indirecto, sendo nunha primeira época parte dos animais cazados para comer, para pouco a pouco ser un animal importante no desenvolvemento da humanidade. Nas covas do paleolítico, pasou a ser un dos animais máis representados (20.000 a 12. 000 anos) Altamira, Ekaín, Tito Bustillo... ata os numerosos gravados rupestres da nosa Serra da Groba no Outeiro dos Lameiros, Sabarís-Baiona; Os Morouzos e Pedra da Lan, Mougás-Oia; O Rosal, Couso... nos periodos da idade do Bronce e do Ferro, 3.000-1.500 a.c. ate 1.200-500 a.c. Os cabalos foron domeados máis ou menos hai 5000 anos, e a partires de aí pasaron, de ser pezas de caza para comer, a ser animais capturados para axudar na evolución das comunidades humanas como tamén no transporte, no traballo e na guerra. As greas de cabalos salvaxes que había no mundo foron sometidas a presión antrópica e pasaron a ser domésticos ou controlados, dun xeito ou outro, para tirarlle proveito. Houbo cruces e mesturas e os últimos cabalos salvaxes extinguíronse no século pasado (tarpán Equus ferux ferux, Rusia 1909 e Equus Przeswalskii, Mongolia 1972). 52 cousas de


As nosas “burras do monte”, garranos, son un dos últimos parentes dos cabalos salvaxes que nalgúns lugares permaneceron ininterrompidamente no mesmo lugar, dadas as condicións do ecosistema que os mantivo aí. A pesares da presión do home e do manexo que deles se leva facendo dende hai 4.000 anos na Serra da Groba, consideramos que os garranos son “salvaxes singulares”, dado que teñen dono e son controlados unha vez ó ano na festa dos curros, o que engade ao valor biolóxico, o valor etnográfico e cultural. Tódalas razas de cabalos existentes son o resultado de múltiples cruzamentos e seleccións xenéticas feitas polos homes para o seu aproveitamento. A variación xenética entre un “poni galego”ou burra do monte e un pura sangue inglés, son mínimas, non así as morfolóxicas que é o que os diferencia e que son o resultado da selección feita ao longo dos anos. Non hai pureza de sangue nos cabalos, pero si caracteres senlleiros que os fan bioloxicamente importantes. As burras da Groba, son segundo o veterinario Pedro Iglesia, (o primeiro que estudou en profundidade os cabalos salvaxes de Galicia) as máis xenuínas e que conservan os caracteres rústicos e máis parecidos aos équidos que aparecen nas pinturas das covas.

As burras do monte da Groba, dado o seu illamento secular e ese control humano, á par conseguiron sobrevivir e formar parte da cultura e a etnografía do Val de Miñor e do Baixo Miño. Temos mostras da súa importancia para os nosos devanceiros nos gravados rupestres e na festa tradicional e ancestral dos Curros. Hoxe, con máis coñecementos e análise dos restos arqueolóxicos, as novas tecnoloxías dixitais e as descubertas de novas pedras gravadas, amósannos na Serra da Groba e arredores un animal preponderante nos gravados rupestres, con escenas de captura en vivo e caza, con escenas de monta e trampas para cazalos, con un importante panel en Outeiro dos Lameiros en Santa Crisitina de Sabarís, en Baiona, onde unha nova lectura empregando a tecnoloxía 3D, nos amosa o que demos en chamar o primeiro curro da historia gravado na nosa área xeográfica. Era, e sigue sendo o garrano, as nosas “burras do monte”, un animal vital no desenrolo das primeiras comunidades humanas do noroeste peninsular, no norte de Portugal e no sur da provincia de Pontevedra, os estudos e investigación que está desenrolando o IEM no chamado Proxecto Equus, amosan aos garranos como os animais máis representados, e coincide que entre tres e catro mil anos despois, nos mesmos territorios seguimos a ver garranos en liberdade, formando parte da paisaxe, en todas as serras da Groba, Galiñeiro, Santa Lucía, Extremo, Arga, Soajo, Peneda, Guerês...

cousas de 53


O CURRO Chegada a primavera no monte medran os toxos e os carrascos, e entre o mato comezan a verse os primeiros poldros do ano. Os garranos seguen o seu ciclo vital e coa abundancia de alimento campan vizosos, mudan o pelo e agrúpanse en greas dominadas por un griñón, os poldros do ano aleitados polas nais iran medrando ata que chega o día do curro, no que entrarán por primeira vez en contacto co home. Serán marcados a ferro e levaran no seu coiro o marco da familia propietaria ou serán vendidos para carne. Outrora era este un mercado que tiña importancia na economía local. Había tratantes, carniceiros, besteiros... que comerciaban coas sedas, as crinas eran rapadas para sanear as bestas e mais para vendelas ó quilo. Os chaláns tiñan feiras nas que o gando equino era protagonista e había oferta e demanda. Aínda os coches, tractores e a maquinaria non viñeran a substituír os carros de bois e de cabalos, aos arados e os trillos que unha besta ou unha mula azorraban nas leiras de calquera aldea. O curro, ou rapa noutras partes , é unha festa etnográfica moi das raigames do Val de Miñor e Baixo Miño, e noutro tempo en toda a antiga Gallaecia na que as bestas e os lobos loitaban por sobrevivir nas serras e nos planaltos. Chegada a primavera no Val de Miñor seguen unha orde de celebración de sur á norte, comezando na Valga o segundo domingo de maio; en Torroña o primeiro domingo de xuño; en Mougás o segundo; en Morgadáns, xa na Serra do Galiñeiro, o terceiro domingo, o cuarto en San Cibrán, na Portavedra e no primeiro domingo de xullo en Vincios, no chamado curro do Galiñeiro. Repetiranse, xa no verán, nos chamados curros da mosca, comezando na mesma orde na Valga o último domingo de xullo. O ancestral rito de acurralar as bestas para capturalas, antigamente vivas ou mortas, segue hoxe a repetirse na Serra da Groba e do Galiñeiro, e mantén unhas características senlleiras que os diferencian das rapas. Pola mañá cedo a xente que participa no curro, vaise estendendo pola área a cercar, formando o chamado cordón, que con berros e urros, bater de latas e asubíos escorrenta as burras para ilas cercando nun primeiro lugar onde se fai a parada. Xa coas bestas xuntas, guíanse ata o recinto maior do curro, onde entran ó redor do medio día. Alí son asinadas as crías coa marca familiar para que non se perdan, á tarde cando entran no curro pequeno, e cada quen distinga as súas, para separalas e levalas para o curro dos poldros ata que lles toque volver coa súa nai ou retiradas para vender ou consumo familiar. Aí polas cinco da tarde, como dicía o poeta, as greas das burras que entraron pola mañá no curro, son introducidas no recinto pequeno onde serán encabestradas, unha a unha, para sacalas para rapar, sanear e marcar cando for preciso. Primeiro as grávidas, para que non se vaian mal parir por un golpe; despois os garañóns que airados loitan, traban e coucean entre eles, e xa despois a eito, cada quen as súas, para con destra mestría suxeitar a vara de encabestrar nunha man, e na outra a corda, ata acadar pórlla tralas orellas para puxar e deixar a burra encabestrada para sacala fóra do curro pequeno para rapala e saneala. 54 cousas de


Mentres, cunha presa de carozos de millo, os marcos ou ferros de marcar, son postos ao lume para que estean incandescentes e poidan deixar a súa pegada no coiro das burras a marcar. Esa marca, posta na anca da burra, será alfanumérica ou simbólica, e moitas delas están gravadas dende tempos ben recuados nos petróglifos e nas pedras de pontes, castelos e igrexas. As marcas dos nosos devanceiros que non coñecían a escrita e que asinaban as súas propiedades ou o seu traballo con símbolos que chegan hoxe ata nós tamén nos marcos das familias que teñen burras no monte. Son tamén esas marcas patrimonio etnográfico, e están a ser substituídas por letras, números e, por lei obrigatoria , microchips e chapas de plástico. Novos tempos para costumes vellos, que se perden e mudan, co perigo de que algunhas mudanzas leven con elas o patrimonio ancestral de ver os garranos ramoneando e remoendo os toxos. Cada ano hai menos xente para facer o cordón e menos propietarios de garranos ou burras, consecuentemente máis perigo para a supervivencia da festa dos curros e dos garranos en liberdade. Este patrimonio senlleiro noso non ten moitas axudas oficiais nin protección. Non hai unha lei específica que regule os curros e as burras do monte. Aplicase unha lei xenérica que trata ás nosas burras como gando e animais domésticos, sen ter en conta as singularidades que os fan vulnerables e en perigo de extinción, a pesares da propaganda turística cando chega o verán .

cousas de 55


Os autores clásicos, como o escritor científico Plinio, que fora oficial da cabalería romana e procurador da Hispania Tarraconense, fala dunha raza de cabalos que habita no norte e que el chama tieldones, que se criaban nas terras dos Gallaeci e dos Astures e que eran chamados Asturcones cando eran máis pequenos. Parece contrastado pola análise de textos latinos e gregos que no século I A.C. os romanos tiñan en moita estima os cabalos procedentes do norte de Hispania e que, polas descricións que deles fan, referencias escritas de varios autores, estábanse a referir aos garranos (Pascual Barea, 2008)

56 cousas de


Os mellores aliados no mantemento dos ecosistemas vitais O máis grande animal “salvaxe” da nosa terra, vese en perigo de desaparición, no seu estado primitivo, pola presión que a sociedade moderna lle está provocando aos seus hábitats e polos intereses dos que ven nos nosos montes só nichos de negocio e terras para explotar, esquecendo os grandes e imprescindibles valores ecosistémicos que nos brinda a fauna e a flora e o chamado medio ambiente. As burras do monte, os garranos, animal senlleiro de Galicia e de Portugal, son uns dos mellores aliados no mantemento de ecosistemas vitais, como as matogueiras e as breixeiras atlánticas, protexidas pola UE nas súas normativas, e nas que no seu desenvolvemento e mantemento o garrano é un animal importantísimo, como veñen de demostrar nun estudo que presentaron ante a Comisión Europea o equipo de científicos da Universidade da Coruña (UDC) a partir dun estudo que levaron a cabo ao amparo da iniciativa europea Life GrazeLIFE, que se desenvolveu desde o ano 2019 e contribuíu a coñecer as achegas dos cabalos salvaxes, Jaime Fagúndez, Laura Lagos, José Antonio Cortés Vázquez e Flávia Canastra: “Ou as Administracións públicas toman medidas urxentes ou a curto prazo chegará o colapso do ecosistema de cabalos en liberdade en Galicia, que aporta biodiversidade, altas taxas de almacenamento de carbono e baixo risco de incendios fronte a modelos baseados na repoboación forestal ou no abandono de terras”. Ao que teríamos que sumar os valores culturais e etnográficos, non sempre ben ponderados polas administracións, que só ven os problemas e non os outros valores que lle dan valor engadido ó noso ancestral animal, gabado xa polos cronistas romanos nas descricións que fixeron da nosa terra cando os coñeceron. Por eso nós defendemos aos garranos, as burras do monte, e tentamos estudar e divulgar o patrimonio biolóxico, etnográfico e cultural no que chamamos Proxecto Eqqus, patrimonio vivo e gravado en pedra nas nosas serras. J

cousas de 57


GALICIA SOLIDARIA

ALDEAS INFANTÍS PROCURA FAMILIAS DE ACOLLIDA PARA CATIVOS EN ESPECIAL SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE E Álvaro A. Peralta Techera. C Aldeas Infantís Os gritos da infancia deben ser os máis difíciles de escoitar. Iso é o que calquera persoa pode chegar a pensar cando o informan de que, dende hai unha década, o 33% dos cativos españois menores de 18 anos atópanse en situación de vulnerabilidade. A maiores, uns 300.000 están en risco de perder a custodia e coidado dos seus pais, por razóns económicas, legais ou sociais. Son cifras de 2021 que deslocen calquera fotografía que intente “vender” éxito ou prosperidade da nosa sociedade. De que orgullo social se pode falar cando a carón de nós hai pequenos inmersos na tristura e o abandono? Víctor Muñoz, director de Aldeas Infantís SOS Galicia, coordina na comunidade autónoma 47 programas de asistencia familiar orientados a superar a devandita vulnerabilidade de cativos e adolescentes galegos en risco de perder o contorno familiar. Os seus equipos de traballo, xunto cos do resto de España, puideron achegar un fío de esperanza a 4215 nenos y a 2469 familias durante o 2021 en todo o Estado. Dende Europa, o Goberno de España e as comunidades autónomas achéganse programas de financiamento, pero, como sempre, a realidade non se cambia só con cartos. Por iso, Aldeas Infantís proxecta un programa destinado a abranguer na protección os casos máis difíciles e complicados da infancia vulnerable. Para iso, necesita atopar familias de acollida dispostas a formarse para dar unha vida digna aos máis desfavorecidos, a saber, grupos de irmáns nos que haxa algún menor de seis anos e a nenos e nenas maiores de seis anos con problemas de saúde, necesidades educativas especiais, dificultades emocionais ou de adaptación.

C Unha educadora de Aldeas con unha nena

AcogES+ O programa terá carácter piloto no Estado e será coñecido nos próximos meses co nome AcogES+. Neste proxecto, as familias acolledoras, as familias de orixe e os propios nenos e adolescentes contarán cun apoio integral por parte de Aldeas Infantís SOS, que garanta a estabilidade e o benestar dos nenos e nenas así como a continuidade do acollemento mentres sexa necesaria a medida de protección. AcogES+ será desenvolvido en Cantabria, Madrid e Castela A Mancha, ademais de Galicia. No mes de setembro terá lugar un primeiro período de información á sociedade na procura de tela informada e sensibilizar familias que desexen asumir este fermoso reto. Aldeas Infantís terá a responsabilidade de estudar os perfís das familias candidatas, que poderán estar constituídas por parellas ou ter carácter monoparental. Tralo estudo, os candidato serán propostos ás autoridades pertinentes da Xunta de Galicia, que será quen as incluirá ou non neste programa.

58 cousas de


Apoio ás familias acolledoras Para soster este traballo, as familias de acollida recibirán formación e acompañamento especializado por parte de Aldeas Infantís e un ingreso económico determinado polo programa para afrontar os gastos que terán para o seu labor como pais de acollida. Neste punto, dende Aldeas Infantís sinalan que: “Malia a alta motivación e compromiso que presentan estas familias, necesitan apoios. Desde Aldeas Infantís SOS encargámonos de que conten coa preparación, a formación e o acompañamento indispensables para o bo curso do acollemento”. A tal fin contarase co financiamento do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, con fondos Next Generation da UE, durante tres anos. O programa procurará abranguer nesta primeira etapa 60 cativos e adolescentes en total. Non será requisito indispensable unha especialización académica por parte dos adultos candidatos a constituírse en familia acolledora, pero si deberán dispoñer dunha capacidade de vinculación e de reparación do dano que poidan sufrir os menores acolleitos.

Seguimento Dende Aldeas sinalan que este proxecto piloto tamén ten por obxectivo “valorar a bondade desta nova modalidade de coidado alternativo para que o neno ou adolescente baixo esta medida de protección viva sentíndose querido e protexido, xunto aos seus irmáns, nunha familia que, con dedicación especial e continua, vele en todo momento polo seu benestar”. Engaden que os especialistas confían en que “nos próximos anos, e do mesmo xeito que ocorre en moitos países da nosa contorna, se converta nunha opción válida para que moitos nenos e adolescentes poidan crecer nun ambiente familiar protector”. Trátase dun proxecto innovador en España pero xa posto en práctica con bos resultados noutros países, como é o caso de Finlandia. Os equipos de Aldeas Infantís poñerán a súa capacitación e experiencia para o bo fin do seu proxecto. Ás familias acolledoras pídeslles todo o seu amor para converter bágoas en sorrisos.

cousas de 59


REPORTAXE

MEDIO SÉCULO DA HISTÓRICA REGATA DO DESCUBRIMENTO E C Por Rosana Calvo, responsable de comunicación do MRCYB O Monte Real Club de Yates organizou en 1972 a regata oceánica máis importante das celebradas ata entón en canto ao número de participantes. 48 barcos de 35 clubs de 11 países cunhas 500 persoas a bordo partiron o 29 de xuño de Bermudas rumbo a Baiona co obxectivo de replicar a navegación que 479 anos antes, en 1493, realizara A Pinta de Pinzón no seu retorno a España para dar noticia dun novo continente, que se chamaría América. Coñecida como a Regata do Descubrimento, Discovery Race ou BB (Bermudas-Baiona), nela participaron algúns dos empresarios estadounidenses máis destacados da época, xente como o magnate da prensa Beaver Brook; e un único español, o vigués Alfredo Lagos, quen coa súa presenza axudou a acalar os comentarios da prensa que tachaba de pouco aventureiros aos regatistas españois por non ser partícipes da travesía. Hoxe, 50 anos despois daquela competición, os arquivos dos organizadores (MRCYB, New York Yacht Club, Royal Bermuda Yacht Club e The Cruising Club of America) apenas conservan uns poucos documentos e fotografías da súa celebración pero todos lembran moi ben o que foi: unha das regatas máis importantes na historia da navegación, co número de participantes máis elevado ata o momento. “Maltrecha la nao por los temporales, pero no los corazones”. Así describen os documentos históricos (e tamén o monólito conmemorativo erixido na vila mariñeira de Baiona) a arribada, o 1 de marzo de 1493, da carabela Pinta de Martín Alonso Pinzón ao porto galego cunha das noticias máis importantes da historia da humanidade: o descubrimento de América. 479 anos despois dese capítulo, o Monte Real Club de Yates, un dos clubs máis destacados de España xa por aquel entón, impulsou na súa honra a regata máis importante da época, unha competición de máis de 3.200 millas na que os participantes replicarían o percorrido da carabela a través do Atlántico. Chamárona, como non podería ser doutra maneira, a Regata do Descubrimento, Discovery Race ou BB (por Bermudas-Baiona), e na súa organización colaboraron man a man co Monte Real, o New York Yacht Club, o Royal Bermuda Yacht Club e The Cruising Club of America. Unha regata cociñada a lume lento durante unha década Foi unha regata que se cociñou a lume lento durante nin máis nin menos que 10 anos, desde o 1962, cando se empezou a falar da súa celebración; ata o 1972 cando finalmente disputouse. Entre medias, o proxecto presentouse formalmente ao por aquel entón Ministro de Información e Turismo español, Manuel Fraga Iribarne, que acabaría aprobando o seu patrocinio; expúxose aos clubs americanos que finalmente se implicarían no evento xunto co Monte Real (o New York Yacht Club e o Royal Bermuda Yacht Club); e en 1969 celebrouse a primeira reunión oficial coa Federación Española de Vela.

C Mapa do percorrido da Regata do Descubrimento

En 1970, dous anos antes da súa celebración, xa existía un folleto propagandístico da regata, para a que, nun principio, propúxose o nome de “The Race of Discovery for A Pinta Trophy TransAtlantic”, que finalmente se simplificaría a “The Discovery Race”. Nel que se explicaban todos os detalles da competición. Sería unha proba dunhas 3.000 millas de percorrido que levaría a cabo coa única condición de que se inscribisen nela un mínimo de 15 barcos. 60 cousas de


A regata máis importante e multitudinaria da época As previsións de participación, non moi elevadas nos seus comezos, acabaron superando todas as expectativas e a Regata do Descubrimento contou finalmente cun total de 57 rexistrados (dos que acabaron partindo 48), converténdose na regata máis importante das celebradas ata a data, co número de participantes máis elevado de todos os tempos. Unha regata marcada pola meteoroloxía A Regata do Descubrimento tiña fixada a súa saída o 28 de xuño de 1972 desde o histórico golfo das Frechas (chamado así polas frechas que lanzaron os membros da tribo dos Ciguayos contra os españois no considerado primeiro incidente contra a invasión europea en América), tal e como fixera a Pinta o 16 de xaneiro 1493, pero por razóns técnicas acabaron partindo un día despois desde o porto de Hamilton. Por diante, os 500 participantes a bordo de 48 barcos de 35 clubs de 11 países, tiñan unha singradura de 3.200 millas náuticas/5.926 quilómetros (segundo o percorrido oficial), aínda que todos esperaban que fosen máis (preto de 4.000/7.408 km) polos ventos e correntes que influirían no seu periplo. E o certo é que a meteoroloxía acabou afectando, e moito, á proba. A Regata do Descubrimento foi a primeira competición internacional que obrigou ás tripulacións para dar a súa situación todos os días, algo que, ademais de xerar seguridade, facilitaba as tarefas do comité de regata para controlar á frota. Pero o que nun principio funcionou sen problemas, pronto se torceu. Os participantes deixaron de cumprir co requisito porque tamén facilitaban información aos seus rivais e a proba desenvolveuse practicamente na súa totalidade, salvo contadas excepcións, sen un seguimento real e continuo dos veleiros. Aos catro días de iniciada a proba, os radiogramas enviados a Nova York, anunciaban ao Buccaneer de Tom Clark (Nova Zelandia) na cabeza. Na illa das Flores (Azores), única marca fixada no percorrido transatlántico da regata (a 850 millas / 1.574 km da meta), o Charisma capitaneado por Jessie Phillips (Dayton, Ohio) ía primeiro, seguido polo Carina de Richard S. Nye e o Jubilee III, da Academia Naval dos Estados Unidos, capitaneado polo comandante Howard Randall.

Alfredo Lagos, o único español a bordo Entre todos os rexistrados só había un español: o recoñecido industrial vigués e experimentado regatista Alfredo Lagos, fillo do fundador e director durante máis de 50 anos de Estaleiros Lagos, unha das empresas con máis prestixio a nivel mundial polos seus traballos na construción e restauración de barcos clásicos de madeira. Coa súa presenza como tripulante a bordo do Doura, Lagos axudou a acalar os comentarios da prensa da época, que tachou de “pouco aventureiros” aos regatistas españois por non querer participar na regata (ou por non atreverse, como mesmo chegaron dicir algúns, por “risco e medo”).

C Alfredo Lagos (esquerda) con Jim Pugh na Regata do Descubrimento 1972 (Foto cedida pola familia Lagos)

C O Buccaneer de Tom E Clark - Foto Arquivo Tony Román

cousas de 61


A mediados de xullo, un hidroavión Canadair CL-215 do Servizo de Busca e Salvamento chegou a Vigo para facer a súa primeira operación de exploración nun radio de acción dunhas 200 millas / 370 km. de Baiona, pero os resultados foron negativos. Nunha segunda saída logrou localizar a un dos participantes, o Solution, a 6 millas / 11 km da Guarda, pero a tripulación había arriado #ver e enfilado rumbo ao porto de Vigo, co que deu a entender que se retirou da competición. Algo máis lonxe, un grupo de pesqueiros avistaron, á altura das illas Berlengas (ao norte de Lisboa), ao grosso das tripulacións. O Blackfin, primeiro. O Carina, gañador. Aínda que estaba previsto que os barcos da Regata do Descubrimento chegasen a Baiona o día 14 de xullo, non foi ata o día 18, ás 12:15 cando o Blackfin (de bandeira norteamericana, vela número 8910, 73 pés de eslora / 22, 25 m. e 16 aventureiros a bordo), liderado por Kenneth W. DeMeuse, cruzou a liña de chegada, unha liña imaxinaria que deixaba a Torre do Príncipe (onde facían garda algúns dos mozos de snipes e cruceiros como os irmáns Fontán, Quico Arbones, Humberto Cervera e outros) a 180º magnéticos. O gañador da Regata do Descubrimento Bermudas-Baiona de 1972 foi o Carina, da clase B, patroneado por Richard “Dick” S. Nye. Seguíronlle na táboa o Prim (Gibbons Neff Jr.), da clase B e o Aura (Wallace Stenhouse), tamén da clase B. O Blackfin, o primeiro en arribar ás augas de Baiona o día 18, quedou finalmente no posto 42 da clasificación xeral. A vitoria Richard “Dick” S. Nye na Regata do Descubrimento tivo gran un eco mundial e na difusión final do evento todos coincidiron en sinalar o gran éxito que supuxera a proba.

C Richard S Nye Patrón do Carina

C Pantaláns do Monte Real

Club de Yates na Regata do Descubrimento Bermudas-Baiona (1972)

62 cousas de

C Bermudas antes da saída (Foto cedida pola familia Lagos)

C O Dora IV de regreso a América trala Regata do Descubrimento -

Foto Arquivo Tony Román


A Regata do Descubrimento, moito máis que unha regata Nun encontro con xornalistas, o presidente do Monte Real Club de Yates e vicepresidente do comité español encargado da organización da chegada, Carlos Zulueta, resaltou os catro aspectos máis significativos da regata: económico, turístico, histórico e deportivo. Alfredo Lagos, único español na competición, queixouse, unha vez acabada, da pouca atención que lle dedicaba a prensa nacional e a televisión. Culpou a “unha forza oculta que trata de minimizar todo o de Galicia, que nos traslada a épocas anteriores á dos Reis Católicos. Vostedes xa saben -dicía Lagos nunha reportaxe especial para a revista Pesca e Náutica- que cando cae unha pinga de auga en Estaca de Bares, aínda que en Baiona teñamos un día ideal, a frase é “Chove en Galicia”. Para moitos Galicia está moi lonxe, as estradas son moi malas, hai moitas vacas e as mulleres levan a carga na cabeza. Os que só pensan isto, é moito mellor que non veñan”. O certo é que todos recibiron ás tripulacións cos brazos abertos e os regatistas puideron gozar durante varios días da cultura, paisaxe e gastronomía de Galicia. En Vigo, nos xardíns do Pazo Quiñones de León, organizóuselles unha cea amenizada por grupos folclóricos. En Baiona, outra cea e un gran baile. Folletos, cuños, pratos conmemorativos, bandeiras… lembran unha das regatas máis importantes da historia da navegación. Unha regata que serviu para que varios clubs aos dous lados do Atlántico estreitasen lazos e impulsasen a que acabou sendo a competición náutica máis multitudinaria organizada ata a data. Medio século despois da súa celebración, no Monte Real Club de Yates de Baiona, xerme da competición, rememórana como algo histórico, como un deses eventos merecedores de pasar á historia da vela mundial xunto a outros fitos do club como o desafío á Copa América de Vela. E do mesmo xeito que “a nobre vila de Baiona, antiga erizana céltica, tivo a honra de ser a primeira en anunciar, para asombro do mundo, o milagre do descubrimento das Américas”, o Monte Real Club de Yates tivo a honra de ser o primeiro en organizar unha regata na súa honra, a máis importante da época e unha desas que sempre permanecerán no recordo. J

C O Dora IV no que navegou Alfredo Lagos na Regata do Descubrimento en 1972 (Foto cedida pola familia Lagos)

C Carimbos, folletos informativos e pratos conmemorativos da Regata do Descubrimento

cousas de 63


OCIO/BELAS ARTES

ALFREDO ALCAIN NO MARCO DE VIGO

UNHA EXPOSICIÓN QUE REÚNE MÁIS DE OITENTA OBRAS DENDE 1965 ATA 2021, ENTRE PINTURAS, DEBUXOS, E ESCULTURAS.

Máis que unha retrospectiva, formúlase como un intento de valorar un artista cun camiño moi persoal, un percorrido incuestionable dentro da historia da arte en España, e un grande recoñecemento por parte da crítica e artistas de diferentes xeracións –mesmo as máis novas–, fronte a unha presenza institucional menor da que debera. A partir dunha selección de obras que van sinalando distintas etapas do seu traballo, dende os anos sesenta ata a actualidade, a montaxe articúlase como un itinerario circular polas salas frontais da primeira planta, sacando partido da estrutura e amplitude dos espazos. Tras un aceno inicial nos arcos de acceso a salas –El chuletón (1978) flanqueado por unha peza de Teresa Moro que reproduce o axexadoiro da porta da casa-estudio do artista, a modo de fío condutor entre as dúas mostras– a visita arranca con tres cadros nos que se queren sinalar algunhas constantes de Alfredo Alcain: o seu persoal sentido do humor –inxenuo, sarcástico, ácido– e a súa recorrencia a unha iconografía popular e a sistemas de composición a xeito de imaxes moi dispares integradas no cadro: unha especie de escaparate (o interior dunha mercería, ou dunha ferraxaría), cunha mostraxe de obxectos que no caso de Alcain teñen unha forte ligazón emocional. Recibe ao público Autorretrato en el curso del tiempo, unha peza con múltiples citas autobiográficas, incluída a placa funeraria da súa morte o día do seu nacemento. A ambos os dous lados, Autorretrato del 44, que presenta en aire pop a imaxe colexial dos estudantes da posguerra e o primeiro franquismo; e Lugar para descansar, no que reproduce a lápida dunha persoa falecida o mesmo día do seu nacemento. Así, xunto á idea do paso do tempo, e á presenza constante do humor –en certo modo próximo ao do seu amigo José Luis Cuerda–, a exposición iníciase con esa declaración de intencións e ese xogo tan contemporáneo do eu e o outro, que el formula xa nos anos sesenta. Alcain, magnífico conversador, e autor de textos practicamente inéditos sobre outros artistas, é tamén un lector voraz e está moi ao tanto da actualidade artística e cinematográfica. Nas grandes salas frontais formúlanse dous espazos diferenciados: por unha parte, as variacións sobre os bodegóns – cezanianos, pop, morandianos, pintados, construídos, en tres dimensións– e o despregamento en pezas dos papeis de Vasar. A intención é mostrar o modo de traballar de Alcain no tempo; o seu modo de ser recorrente en temas, incorporando sempre a sintonía do momento, e o seu empeño en ser “un e colectivo”, integrando pequenas obras de artistas amigos. Na outra sala, os seus cadros dos últimos vinte anos, xunto a esculturas de pequeno formato en bronce e madeira (bodegóns e arquitecturas), poñen de relevo esa faceta case manual da obra de Alcain, que suma e engade pincelada a pincelada, obxecto a obxecto, e o seu afecto por ver crecer a obra. Nos corredores e salas intermedias, outros exemplos da súa pintura e obra en papel –como os debuxos de teléfono, situados xunto ás vitrinas con material documental que acompaña a mostra– dialogan coa linguaxe pop dos anos sesenta, principalmente a serie de modelos icónicos de barrios castizos de Madrid (escaparates e fachadas, lugares e obxectos de uso popular en vías de extinción), establecendo relacións, transmitindo a súa intención e o amor pola pintura, visible nas numerosas citas e referencias. 64 cousas de


OCIO /LIBROS Los Netanyahus Joshua Cohen Editorial De Conatus Premio Pulitzer 2022 Los Netanyahus é unha comedia salvaxe sobre a integración, a identidade e a política. Descúbrelle ao lector a historia cotiá da creación do Estado de Israel, a emigración xudía nos Estados Unidos e as teorías sionistas sobre a expulsión dos xudeus da Península Ibérica.

Boquitas pintadas Manuel Puig Editorial Seix Barral

Diez artistas y el Museo del Prado Edicion a cargo de María de la Peña Fernández–Nespral Editorial La Fábrica Cal é a relación que manteñen os artistas co Prado? Que influencia exerceu sobre a súa obra e vida as horas que dedicaron a contemplar as súas coleccións? Este libro indaga nesa relación de intimidade creativa que dez artistas manteñen co Museo do Prado.

Palabras del Egeo El mar, la lengua griega y los albores de la civilización

Boquitas pintadas segue a historia dun conquistador sen máis oficio que dividir o seu tempo entre tres mulleres. Cando a tuberculose obriga ao protagonista a permanecer interno durante unha longa tempada, comeza unha formidable exposición das relacións humanas.

Pedro Olalla Editorial Acantilado

Gentlemind

A casa grande de Romarigães

Juan Díaz Canales/Teresa Valero /Antonio Lapone Editorial Norma

Aquilino Ribeiro Editorial Kalandraka

Os guionistas Juan Díaz Canales e Teresa Valero, e o debuxante italiano Antonio Lapone asinan un cómic excepcional que segue os pasos a un amplo elenco de personaxes en busca do soño americano nos anos 40.

Palabras del Egeo reúne nas súas páxinas sorprendentes achados da antropoloxía, a arqueoloxía, a historia, a xenética, a mitoloxía, a filoloxía … Un libro sobre as raíces máis profundas da civilización clásica para os verdadeiros amantes de Grecia.

A casa grande de Romarigães é a crónica dunha casa dende a súa construción a mediados do século XVII até a súa decadencia e abandono a finais do século XIX. Un fascinante espello da historia moderna de Portugal.

cousas de 65


AQUÍ SEMPRE NOS ATOPARÁS! PUNTOS DE DISTRIBUCIÓN AUTORIZADOS DA REVISTA A CAÑIZA.- Kiosco do Mercado A GUARDA.- Librería LER, Librería Cervantes, Librería Ideas, Oficina de Turismo

O ROSAL.- Librería Ideas, La Segunda Vuelta

A ESTRADA.- Librería Faro

PAZOS DE BORBÉN .- Kiosko-Tabacos Huno

AS NEVES.- Estanco (Praza Maior)

PONTEAREAS.- Librería Papiros, Librería Mil Follas

BAIONA.-Librería Vernet, Estación de Servicio Monterreal, Oficina de Turismo. Sabarís.- Kiosko Sabarís BUEU.- Librería Abrente, Librería Miranda, Panadería Amador CAMBADOS.- Kiosco A Calzada, Librería Nobel CANGAS.- Kiosko La Ventana, Libraría Wells, Libraría A Esmorga, Oficina de Turismo CALDAS DE REIS.- Librería Luisa Piñeiro CUNTIS.- Librería-Papelería Maresa, Oficina de Turismo GONDOMAR.- Librería Libraida, Asociación de Empresarios A Pasaxe MARÍN.- Librería Maky e Libraría Nobel MEAÑO.- Librería Cousas (Dena) MEIS.- Kiosco Vilariño MOAÑA.- Libraría La Papelería, Librería Nobel MONDARIZ.- Librería Santa Eulalia. MONDARÍZ - BALNEARIO.- Kiosco Las Colonias MORAÑA.- Librería La Ventana Mágica, Libroflor MOS.- Librería Arte e Ciencia NIGRÁN.- Libraría Paraísos de Papel, Estanco. Ramallosa.- Kiosko Ramallosa, Copisteria Duplicolor. Panxón.- Estanco César O GROVE. - Librería Nobel

66 cousas de

O PORRIÑO.- Librería Recondo, Kiosco El Pinar e Librería Papelería Copirey, Kiosco Regaliz

PONTEVEDRA.- Libraría d-lectum, Libraría Nobel (zona Museo), Kiosco Beni (Mercado) PONTE CALDELAS.- Librería El Colegio REDONDELA.- Quiosco Cocó, Quiosco Chelo, Quiosco Xunqueira, Libraría La Imprenta. Chapela de Arriba.- Estanco RIBADUMIA.- Librería Barrantes SALCEDA.- Librería Sernel, Librería Lemos, Librería Dona SALVATERRA.- Kiosko Bolboreta, Estanco SANXENXO.- Librería Nos SOUTOMAIOR.- Arcade Librerías Loli, Kiosco Tulipán TOMIÑO.– Librería Novidades, Quiosco Loterías Gonzalo. Goian (Tomiño )Mercado TUI.- Librería Nobel, Estanco/quiosco rúa Ourense, Librería Iris, Oficina de Turismo VIGO.- Librería Librouro, Librería Solidaria Aida, Librería Nobel (Gran Vía), Libraría Cartabón, Libraría Nobel (Calvario), Kiosco Lembranzas, Kiosco Rúa Venezuela nº18, Quiosco Sequeiros (c/Camelias 103) VILAGARCÍA DE AROUSA.- Librería Nobel


cousas de 67


68 cousas de


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.