COUSAS DE - Revista Nº10

Page 1



SUMARIO

NÚM.

10

A foto de portada escollida para este número corresponde ao espazo inferior da Fonte de Troncoso.

04\ EDITORIAL 06\ OPINIÓN

50\ GALAICAS

Páxina 6 Por Suso Vila

Historia e Patrimonio na Veiga do Louro

08\ RÍAS BAIXAS

Jimena Fernández de la Vega, a nova camelia que o Castelo de Soutomaior incorpora ao seu xardín ‘Con nome de muller’

10\ ENOTURISMO

Terras Gauda presenta a anada 2017 do seu rioxa Heraclio Alfaro

12\ OPINIÓN

Eliseo por Luis Carlos de la Peña

14\ ACTUALIDADE 26\ REPORTAXE

Casa Museo Etnográfico Pazo da Cruz de Covelo

Lolita Díaz Baliño, a realidade soñada

54\ REPORTAXE

Piñeiral Castrexo, o novo atractivo turístico de A Guarda

58\ MEDIO AMBIENTE

Non temos un planeta B

60\ REPORTAXE

Conde de Gondomar, 46 anos de vela de altura no Monte Real

62\ DEPORTE EN FEMININO

Club Balonmán Caselas. A paixón polo balonmán feminino en Salceda, preto de cumprir 40 anos

64\ OCIO

XIII edición do Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de Mera

EN PORTADA 28\ 34\

Cousas do Mosteiro de Santa María de Oia. A Virxe do Mar

40\ 44\

Os secretos da cociña sefardí nas comarcas do Miño

Memoria da Fonte de Troncoso: Unha obra de Antonio Palacios en proceso de recuperación

Ponte Sampaio 1809: a expulsión dos franceses

Edita: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo. cousasde@edicionesbasan.com. Director: Jesús G. Bastida jesusgbastida@cousasde.com Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL Colaboradores: Anxo Rodríguez Lemos, Pablo Fernández Estévez, Carlos Méixome, Suso Vila, Álvaro Peralta, Juan Ramón Tamuxe, Judit Bernárdez, Manu Sobrino, Carmen Salinero, Pilar Vela, Silvia Cernadas, Xosé Ramón Paz Antón, Oscar Rodríguez, Marco Rivero, Rosa Vila, Antón Lois, Fernando J. Costas Goberna e Alberte Reboreda

Periodicidade trimestral.

Departamento Comercial: revistacousasde@cousasde.com Teléfono: 626 993 480 Web e redes sociais: www.cousasde.com

redacción@cousasde.com Depósito Legal: VG 229-2019 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores.

Distribución gratuíta en: A Guarda, Baiona, Redondela, Gondomar, Nigrán, Oia, O Rosal, Salceda de Caselas, Tomiño, Tui, Mos e O Porriño, Soutomaior, Ponteareas, Salvaterra do Miño, Bueu, Cangas, Moaña, Marín, Vilaboa, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Pazos de Borbén, Pontevedra, Poio, Pontecaldelas, A Cañiza, Arbo, Covelo. En Portugal: Valença, Cerveira, Caminha e Monçao

cousas de 3


EDITORIAL

A GROBA NON SE VENDE As enerxías limpas e renovables son un dos grandes retos da humanidade para frear o cambio climático. Con todo, as grandes instalacións eólicas ou fotovoltaicas, que ocupan grandes superficies de territorio, orixinan a miúdo protestas polo seu impacto mediambiental. Este é o caso da marcha organizada o pasado mes de maio pola asociación SOS Serra da Groba e o Instituto de Estudos Miñoráns , que contou co apoio de máis de 60 colectivos e na que centos de persoas participaron en defensa da Groba e contra o Modelo Enerxético plantexado que pretende instalar 54 aeroxeradores repartidos en sete Parques Eólicos por toda a Serra. A Groba da acubillo a unha importante comunidade de especies animais e vexetais e hábitats, moitos deles que figuran no Catálogo Galego de especies ameazadas e na Directiva Hábitat, que a administración ten a obriga de protexer e conservar tal e como xa foi recollido nunha proposta -feita en 2011- de ampliación da Rede Natura, onde se solicitaba a declaración do LIC da Serra da Groba. Estas comunidades de seres vivos e os seus hábitats veranse severamente afectados tanto na fase de execución como nas fases de explotación e desmantelamento dos parques eólicos. Os valores patrimoniais e etnográficos da serra da Groba son innegables. A existencia de numerosísimos xacementos arqueolóxicos, moitos deles catalogados, pero outros moitos aínda sen catalogar, veranse afectados polo desenvolvemento das infraestruturas eólicas necesarias. A instalación dos parques eólicos leva consigo graves e irreparables afeccións á paisaxe, como movementos de terras que alterarán tanto os cursos fluviais en superficie como os subterráneos. A serra da Groba constitúe un espazo natural de vital relevancia no sur da provincia de Pontevedra, onde se desenvolve unha intensa actividade turística que, atraída polas características do seu entorno, triplica a súa poboación no verán. Esta gran presión humana, pon en valor a Groba como espazo que necesariamente debe contribuír á sostibilidade do territorio a través dos servizos ecosistémicos que ofrece. A Groba atrae diariamente a moitísimas persoas que buscan o desfrute dos seus valores medioambientais, patrimoniais e paisaxísticos. Pero, polo que quizá se coñece a Groba é por albergar a que posiblemente é a poboación de cabalos salvaxes máis antiga do mundo. Nesta zona desenvólvese unha importantísima actividade cultural única no mundo cunha fonda tradición e pegada etnográfica, “os curros” que atraen a miles de visitantes para gozar do contacto coa tradición, a natureza e a paisaxe.

4 cousas de


VIVE VAL MIÑOR

cousas de 5


PÁXINA 6 / OPINIÓN

HISTORIA E PATRIMONIO NA VEIGA DO LOURO por Suso Vila, Dr. en Historia da Arte

Os camiños son hoxe vías para explorar, para coñecerse, para atopar a saúde física e mental, para evadirse do espazo urbano, para conectar coa natureza. O paseo, camiñar pola nosa contorna ten hoxe novos bríos. Procuramos deixar o coche aparcado e adentrarnos noutros territorios. Estos gustos non son en realidade novos aínda que se proxecten vías e sendeiros como unha política novidosa para a cidadanía. En Tui proxéctase (novamente) a senda entre a cidade e Caldelas e a construcción dunha ponte sobre o Louro para ter continuidade o camiño e poder refrescarse nun espazo natural protexido como as ribeiras do Miño. O paseo como exercicio e desfrute do tempo libre xa o tiñamos no pasado. En Tui xa no século XVIII recoñecemos ese gusto por pasear polos arredores da cidade e a carón do río Miño, para gozar da natureza e da paisaxe. No século XVIII xa existía un pontillón sobre o Louro para continuar o camiño da Serpe. Esta ponte na foz do río Louro tiña sido construida polo cabido catedralicio de Tui. As cheas do Miño tiñan modificado o Louro a fins do século XVIII polo que o pontillón tiña desaparecido, pero tamén supuxo unha oportunidade, a de aproveitar os terreos que se gañaban. O Louro desembocaba xunto de San Domingos e ao facelo augas arriba incrementábanse as hectáreas de terreo agrícola extraordinariamente fértil. Pero os cambios había que consolidalos e as cheas do Miño poderían deixar todo no seu antigo estado. En 1843 o deputado Antonio Arias Seoane construiría varias pesqueiras tanto no Louro como por baixo da Alameda de San Domingos. Deste xeito gañábanse novos terreos. Curiosamente por baixo da Alameda formaríase unha pequena floresta que sería coñecida no século XIX como “bosque de Seoane” pola intervención deste tudense, catedrático de linguas orientais na Universidade de Santiago, que chegara a presidir a corporación municipal de Tui en 1832. No camiño da Serpe, que se une co sendeiro do Miño, contamos aínda cun patrimonio descoñecido, os vellos muros de Antonio Arias Seoane, a fonte da Serpe soterrada e que fora feita en 1792 xunto co pontillón do cabido. A pesqueira do Louro tamén formaría parte desos elementos do patrimonio que están presentes pero dos que non se lla a importancia que merecen. No futuro proxecto da senda do Miño coidar deste patrimonio é fundamental para ofrecer unha lectura axeitada da nosa paisaxe. Unha paisaxe que foi transformada nos últimos séculos e cuxas testemuñas aínda están presentes na veiga do Louro. C Bosque de Seoane 6 cousas de


cousas de 7


RÍAS BAIXAS

JIMENA FERNÁNDEZ DE LA VEGA, A NOVA CAMELIA QUE O CASTELO DE SOUTOMAIOR INCORPORA AO SEU XARDÍN ‘CON NOME DE MULLER’ A prestixiosa médica Jimena Fernández de la Vega, pioneira da xenética en España e nomeada Científica do ano pola Rea Academia Galega de Ciencias, xa dispón desde este domingo dun cultivar de camelia co seu nome no Xardín “Co Nome de Muller”, que a Deputación de Pontevedra creou en marzo de 2020 para homenaxear e visibilizar a mulleres referentes vinculadas á provincia. O novo exemplar, o primeiro desta orixe que se planta nun xardín público, comparte xa espacio con outras 7 camelias que levan os nomes de “María Vinyals”, “Rosalía Castro”, “Bella Otero”, “Jane Andersen”, “Sofía Novoa”, “Juana de la Vega” e “Emilia Pardo Bazán”, e foi presentado hoxe no marco da visita caracterizada ao Castelo, á que asistiu a presidenta provincial Carmela Silva acompañada de deputadas e deputados do seu goberno. Precisamente tres mulleres, Emilia Pardo Bazán, Emilia Lluria e María Vinyals, cobraron vida o pasado mes de xuño, da man das actrices de ”Aguias”, e guiaron á presidenta e ás persoas visitantes que habían esgotado as prazas ata o Xardín “Con Nome de Muller” onde tivo lugar a presentación da nova camelia Jimena Fernández de la Vega, que xa está rexistrada co seu novo nome por Areeiro no Rexistro da Sociedade Internacional da Camelia. Trátase dunha camelia xapónica cunha flor de tamaño grande de cor rosa nos pétalos das filas externas, ton que vai aclarándose cara ao interior da flor, chegando ás veces incluso ao branco. A súa floración comeza a finais de xaneiro e esténdese ata maio. 8 cousas de


A presidenta da Deputación, Carmela Silva, puxo en valor a figura e traxectoria de Jimena Fernández de la Vega, “que tamén foi pioneira da igualdade nos dereitos das mulleres”. Recordou a presidenta que “Jimena, xunto coa súa irmá xemelga Elisa, foron as primeiras mulleres licenciadas pola USC no 1919, representando un referente excepcional do que foi a incorporación da muller, por fin, aos estudos universitarios. Elas aportaron moitísimo á ciencia”. Carmela Silva, que lembrou que Jimena e Elisa foron as tías da primeira muller vicepresidenta dun goberno en España, Teresa Fernández de la Vega, sinalou que o feito de que Jimena entre con nome propio neste xardín con Nome de Muller, “é de xustiza porque merece ser recordada, porque este é un espazo para honrar, para visibilizar é para que as nenas saiban que poden ser todo aquelo que elas queiran ser”. A presidenta provincial agradeceu tamén a presenza da responsable da EFA Areeiro, Carmen Salinero, no acto, “porque grazas a ela estamos nun xardín de excelencia internacional e temos todas estas variedades de camelia. Ela terá pronto unha camelia co seu nome porque o merece. Haberá moitas outras mulleres neste xardín, temos o deber de traelas á memoria”.

Carmela Silva: “É un acto de xustiza porque Jimena merece ser recordada. Este é un espazo para honrar, visibilizar é para que as nenas saiban que poden ser todo aquelo que elas queiran ser”

Amais da presentación do novo exemplar, tanto a presidenta como as persoas que participaron na visita caracterizada, seguiron o percorrido polo parque botánico que rodea a Fortaleza, coñeceron as vivencias, anécdotas e algún que outro segredo acaecido neses xardíns contados por María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia LLuria, tres mulleres relacionadas coa historia propia do Castelo. As árbores senlleiras, o xardín francés, as sequoias, o sanatorio, a Fonte da Marquesa, ou os viñedos forman parte desta visita polo escenario testemuña de parte da historia de Galicia.

As visitas caracterizadas continúan este mes xullo o 7, 14, 21 e 28 e no mes de agosto os dias 4, 11, 18 e 25. Tanto para estas visitas como para as teatralizadas, as prazas se poden reservar e adquirir a través da web: www.castelodesoutomaior.com

cousas de 9


ENOTURISMO

TERRAS GAUDA

PRESENTA A ANADA 2017 DO SEU CRIANZA RIOXANO

HERACLIO ALFARO

A COMPAÑÍA DE VIÑOS HERACLIO ALFARO PON EN MARCHA UN PROGRAMA DE ENOTURISMO PARA AFONDAR NA HISTORIA VITIVINÍCOLA DA RIOXA Desde O Rosal á Rioxa e viceversa. Terras Gauda deu o salto á denominación de orixe por excelencia de España e un dos seus crianzas rioxanos, Heraclio Alfaro 2017, convídanos a unha viaxe sensorial ao seu lugar de orixe. Sorprendente, evocador e enraizado á terra, a nova anada combina as variedades tradicionais Garnacha, Tempranillo, Graciano e Mazuelo, pero hai unha que se erixe en auténtica protagonista. A froita da Garnacha destaca sobre as demais para brindarnos un viño fino e elegante, moi adecuado para a crianza en barrica e longo envellecemento. O selo de autenticidade percíbese en cada copa dun viño único, estreitamente ligado á tradición vitivinícola rioxana, á herdanza e á cultura desta rexión. Doce meses en barrica de carballo confiren complexidade, unha suave achega de tanino e unha moderada presenza de madeira a Heraclio Alfaro 2017. Intenso coloreo, nariz elegante. Froita ben madura, confeitura de froitas vermellas e especias, a madeira integrada. Equilibrio en boca, denso, suave, fresco e final longo. O abanico de maridaxes é amplo e diverso. Para todos os gustos: carnes, peixes, ao forno, principalmente, guisos tradicionais, tortillas, fungos e mesmo produtos da horta, coa minestra como compañeiro ideal. 10 cousas de


Compañía de Viños Heraclio Alfaro A moderna adega levántase no corazón da Rioxa Oriental sobre un antigo hangar de aviación. Na Finca El Estarijo, de 110 hectáreas, cultívase viñedo de 40 anos de idade. Son chans francos con gran cantidade de canto rodado, profundos e con fertilidade moderada que inducen no viñedo vigor e contido. Aquí cultívase o Tempranillo, o Graciano e o Mazuelo. Dos viñedos ao pé da serra da Hez, a 700 metros de altitude, máis frescos e de maduración tardía, procede a Garnacha, que contribúe a un mellor equilibrio con achega de froita fresca e acidez. Son estas vellas cepas de Garnacha as protagonistas dos auténticos viños da Rioxa Oriental. Enoturismo na Compañía de Viños Heraclio Alfaro Se os viños desta adega do Grupo Vitivinícola Terras Gauda convidan a unha viaxe sensorial á orixe, o programa de enoturismo que acaba de poñerse en marcha brinda experiencias que permiten aos visitantes unha volta ao pasado para penetrarse na tradición vitivinícola desta comunidade, cun legado froito da experiencia e séculos de sabedoría colectiva dos viticultores da zona. O viñedo é o punto de partida para un roteiro que mostra os procesos de elaboración na adega e termina cunha degustación de dous viños e un aperitivo. Como todas as visitas ás adegas do Grupo: Terras Gauda, Pittacum e Quinta Sardonia, os plans para coñecer a Compañía de Viños Heraclio Alfaro han de xestionarse a través da web www.terrasgauda.com/enoturismo Incorporación ao Grupo Rioxa A Compañía de Viños Heraclio Alfaro reforzouse coa súa recente entrada no Grupo Rioxa. Esta asociación empresarial integra ás adegas máis representativas desta denominación de orixe, que comercializan máis do 75% da produción da D.O. Grandes grupos como Faustino, Herdeiros do Marqués de Riscal ou Adegas FrancoEspañolas, empresas vitivinícolas centenarias, e outras máis recentes forman parte do Grupo Rioxa. A súa capacidade e orientación exportadora, así como o prestixio de estar amparados por unha das denominacións de orixe máis recoñecidas dentro e fóra das nosas fronteiras, son características que comparten. Como novo socio desta entidade, a adega afiánzase no seu sector, un dos piares esenciais no tecido socioeconómico da rexión.

Adega Heraclio Alfaro

cousas de 11


OPINIÓN

ELISEO por Luis Carlos de la Peña

C Bajo Miño y Costa Sur” (1967)

Ninguén escribiú con máis detalle do cuadrante suroeste da provincia de Pontevedra; ninguén escribiú con maior coñecemento e amor das cousas da costa atlántica e do mundo fluvial do Miño maduro. Nesa enciclopedia que é o “Bajo Miño y Costa Sur” (1967), Eliseo Alonso (Goián, 1924-1996), levantou testemuña dunha terra e dunhas xentes sempre a piques de se perder nas néboas dun mundo compartido polo home e un medio natural de perfís esvaídos, acuático, indomeñable, farturento e esquivo. Non axuda, non, o seu carácter fronteirizo, de solapamentos administrativos, de reforzadas presencias simbólicas de Comandancias Navais, policías aduaneiras, pontes internacionais e bandeiras e, en última instancia, chea de valeiros, ocos e correntes por donde flúe a borbotóns a vida das xentes. A miña memoria lonxana de Eliseo Alonso está nos seus artigos de Faro de Vigo dos anos 70 do pasado século, cando unha cultura de tradición milenaria cedía ante a chegada do fenómeno turístico e a puxanza económica de Vigo, coa transformación dos incertos empregos na agricultura e na pesca, pautados polo cambio das estacións, cara a “seguridade” da cadea de montaxe. As descripcións da paisaxe, das xentes e das costumes nacían dunha indisimulable tradición de respecto e agarimo amosados polo petrucial Otero Pedrayo ou o melancólico hedonista que foi Álvaro Cunqueiro, pero a materia abordada por Eliseo é tan singular e poderosa, ten tanta personalidade propia, e é tan grande o coñecemento que amosa de todo elo, que topamos sempre con un obxecto único que precisa da súa taxonomía. A costa salvaxe e imprevisible entre Baiona e A Guarda, tan diferenciada das encalmadas rías, e os insólitos saberes do mundo fluvial do Miño son universos que necesitan tanto da paciencia e sabedoría do meticuloso etnógrafo como da voz sensible do poeta. Si o artista guardés Jorge Barbi saca partido da desolación da costa atlántica co seu aproveitamento dos pecios, das pedras pulimentadas e as composicións fotográficas de escumas e antropomorfismos dos excrementos de aves mariñas, os traballos e a vida arredor do curso fluvial do Miño evocan inevitablemente o Danubio de Claudio Magris. Pero Eliseo Alonso non se limita a levantar acta dos oficios, das artes de pesca, dos usos do argazo, ou das especies que habitan as mesturadas augas doces e salobres. A vida que latexa nas beiras, os dramas da existencia e da abafante aldea están tamén presentes na obra literaria de Alonso. Os Contos do Miño (1992) son unha colección de relatos moi lograda dunha literatura naturalista que completa as claves para entender o entramado humano que acompaña ás meras descripcións dos oficios, da adaptación do home ao medio. Non podo despedir estos apuntes sin nomear, tan siquera, os traballos do noso autor arredor das figuras do pintor goianés Antonio Fernández e o escultor Xoán Piñeiro, afincado tamén nesta parroquia tomiñesa. Cómpre, pois, un renovado achegamento á figura e á obra de Eliseo Alonso, na seguridade de atopar a mesma emoción con que daba conta das vidas neste finis terrae delimitado polo faro de Silleiro, o monte Trega e San Telmo na catedral-fortaleza de Tui.

12 cousas de


VIVE BAIXO MIÑO

cousas de 13


ACTUALIDADE

REHABILITAR O PATRIMONIO INMOBILIARIO GALEGO, A APOSTA MILLONARIA DA XUNTA DE GALICIA

A aposta da Xunta de Galicia pola rehabilitación de inmobles non ten fin e neste 2021 no que a pandemia marca, ademais das nosas axendas, os orzamentos das arcas públicas, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda segue a promover o acceso á vivenda a través dun amplo programa de axudas do Instituto Galego de Vivenda e Solo. En total, o Goberno galego ten liñas abertas cun orzamento de máis de 34 millóns de euros en materia de rehabilitación e recuperación de edificios ruinosos en Conxuntos Históricos, a maioría delas aínda co prazo de presentación de solicitudes aberto. As axudas están dirixidas a particulares, comunidades de veciños e administracións locais, co obxectivo de mellorar o patrimonio inmobiliario de Galicia. Existen tanto subvencións para mellorar a accesibilidade de inmobles, coma préstamos para rehabilitar e axudas para que sexan os propios Concellos quenes adquiran edificios en ruínas para a súa reforma. De entre todas, destaca o importante investimento para reducir o consumo enerxético dos fogares galegos. Con este fin, a Xunta destina 17 millóns de euros á financiación de actuacións de eficiencia enerxética de cara a diminuír as emisións de CO2 e apostar por un futuro máis sostible. A data límite deste programa é o 31 de xullo. Mención a parte merece tamén o Fondo de cooperación para a rehabilitación de inmobles en Concellos de menos de 50.000 habitantes. Trátase dun programa ao que se adican 4,5 millóns de euros para levar a cabo actuacións de rehabilitación ou compra de inmobles para a súa posterior recuperación. A Xunta invita aos Concellos a presentar os seus proxectos e beneficiarse deste crédito, que deberán devolver á administración nun prazo máximo de oito anos sen xuros. 14 cousas de


Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) O outro gran impulso económico é o que recibirán as Áreas de Rehabilitación Integral (ARI), tanto municipais coma supramunicipais. Neste senso cabe salientar que Galicia conta con tres zonas ARI de carácter supramunicipal que xestiona directamente a Xunta. Son a ARI do Camiño de Santiago, que abrangue 126 Concellos; a ARI da Ribeira Sacra, con 25; e a ARI do Parque Nacional Illas Atlánticas, con 4. Neste caso, o prazo de solicitude de axudas está aberto ata o vindeiro 30 de setembro e os solicitantes poderán levar a cabo traballos de mantemento ou demolición de vivendas unifamiliares ou edificios e obras de nova construción; para o que recibirán unha axuda de ata 24.000 euros (a sumar outros 1.000 euros se se adaptan á guía de cores e materiais). Unha convocatoria de gran interese para todo aquel que dispoña dunha propiedade no traxecto xacobeo ou nas illas atlánticas.

A CONVOCATORIA DE AXUDAS ÁS ARI MUNICIPAIS PREVÉ ESTE ANO UN ORZAMENTO DE ATA 10,2 MILLÓNS DE EUROS, AO QUE XA PODEN OPTAR AS CATRO NOVAS DECLARADAS EN VIGO C Bouzas

C Barrio de San Roque

C En Ponteareas tamén se realizará unha importantísima inversión. Nesta localidade recuperaranse 518 vivendas distribuídas en 74 edificios

Por outra banda, tamén se poderán beneficiar con entre 24.000 e 30.000 euros os donos de vivendas no resto das 75 zonas ARI de Galicia, ás que se acaban de incorporar recentemente San Roque, Espiñeiro-Teis, Beiramar e San Pablo, en Vigo; e Ponteareas. Ademais, tamén os Concellos poderán recibir subvencións para actuacións de urbanización e reurbanización de espazos públicos no ámbito da ARI. Vigo, o concello de Pontevedra con máis zonas ARI e 1.400 vivendas recuperadas Coas catro novas Areas de Rehabilitación Integral (ARI) que incorpora Vigo (San Roque, Espiñeiro-Teis, Beiramar e San Pablo), a cidade olívica convértese no Concello da provincia con maior número de ARI cun total de oito (ás que hai que sumar o Conxunto Histórico, Bouzas, Santa Clara e rúas Buau-Moaña). Ademais, tamén é o segundo de Galicia, por detrás de Coruña, que ten dez. Grazas aos fondos que dedica a Xunta ás Áreas de Rehabilitación Integral, ao longo dos últimos anos recuperáronse en Vigo máis de 1.400 vivendas, no que se investiron 8 millóns de euros. Seguindo esta liña, a previsión do goberno galego é seguir recuperando outras 641 vivendas con fondos pendentes de executar xa asinados, por valor de máis de 4 millóns de euros. Ao que hai que engadir máis de 800 inmobles sobre os que actuar nas catro novas zonas ARI declaradas este ano en Vigo. cousas de 15


VAL MIÑOR DOUS MARISCADORES DE BAIONA DOAN Á CASA DA NAVEGACIÓN UNHA ÁNCORA LÍTICA ATOPADA NO MAR DE SILLEIRO José Durán e Iván González cederon á Casa da Navegación de Baiona a áncora lítica que en outubro localizaron no fondo do mar mentres traballaban na campaña do ourizo. Trátase dunha áncora romana ou prerromana, similar a outras catro localizadas con anterioridade nas inmediacións. A peza en cuestión ten dous buracos, polo superior atábase o cabo e os buracos inferiores eran para pasar unhas uñas de madeira, elementos co que se agarraba no fondo. Ao ser de material perecedoiro, estas uñas non se conservaron. Desde o museo sinalan que este tipo de pezas eran utilizadas por navegantes desde a protohistoria, fenicios e púnicos, anteriores aos romanos, en embarcacións de madeira semellantes á representada no petróglifo de Auga dous Cebros, de Oia. Ambos elementos (áncoras líticas e petróglifo de barco) son un exemplo da navegación desde hai máis de 4.000 anos. A áncora ten 65 centímetros de longo e pesa 60 quilos. O alcalde, Carlos Gómez e a concelleira de Cultura, Miriam Costas, agradeceron publicamente a achega destes dous mariscadores, que foi rexistrada xa nos inventarios e catálogos do museo, deixando constancia da súa procedencia para calquera estudo. A áncora lítica atopada no mar por J. Manuel e Iván xa loce na exposición da Casa de Navegación, acompañada do debuxo do barco de Pedornes pois ambos están próximos no tempo.

16 cousas de

A CASA DA NAVEGACIÓN DE BAIONA PREPARA UNHA NOVA ACTIVIDADE A PARTIR DE SETEMBRO: A PEZA DO MES Trátase da presentación ao público dunha peza, que pode formar parte da exposición ou dos fondos non expostos. O obxectivo tamén é o de abrir o museo á poboación local, de forma que a PEZA DO MES non se limite aos fondos propios da Casa, a idea é que no museo poidan ser expostos obxectos da poboación de Baiona que forman parte da memoria e historia da Vila. Estos son criterios a ter en conta: -Que teñan relación có contido da Casa: historia, pesca, a mar, embarcacións, traballos tradicionais, naufraxios, paisaxe de Baiona…, e tamén aberto a diversas manifestacións como pintura, escultura, documentos, fotos, pezas, etc. -Que sexan da súa propiedade. -Que sexan orixinais: non se admiten fotocopias nin copias de ningún tipo. O día da presentación ao público da peza, o/a propietario/a serán convidados a asistir. Rematado o mes correspondente de exposición, será devolta ao seu/súa propietario/a. O obxectivo é confeccionar un calendario anual coas correspondentes PEZAS DO MES e dalo a coñecer ao público. A entrada será de balde. Logo da presentación, divulgaranse a través do Facebook da Casa da Navegación. Máis información: museo.navegacion@baiona.gal / Teléfono: 986356688


O NOVO MULTIUSOS-MERCADO DE SABARÍS ABRE AS SÚAS PORTAS CON UN AMPLO PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS DE ARTE E CONFERENCIAS Este emblemático edificio, de interese arquitectónico e catalogado dentro do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico do Concello de Baiona, formaba xunto con outro inmoble colindante o conxunto do mercado municipal. Grazas ás actuación desenvolvida déuselle un uso complementario ao comercial coa creación de espazos de carácter social como espazos de reunión, salas de actos e restauración. En definitiva, creouse un lugar no que a partir de agora se conxugarán actividades culturais, cidadás, sociais e comerciais. Co gallo do acto inaugural, o novo Multiusos acolleu a apertura da primeira exposición, unha mostra do escultor vigués Jose Morales, que consta de 11 pezas de gran formato realizadas case todas elas en fibra de vidro e unha de bronce, que poderá visitarse ata o 7 de xullo. Nela o público desfrutará, entre outras obras, dunha réplica da escultura do autor “Sempre Benéfica 1989” situada no Porto de Vigo, ou doutra réplica da escultura que Jose Morales realizou ao falecido motorista Dani Rivas que se atopa en Moaña.

UN ESPAZO CHEO DE CULTURA. PROGRAMACIÓN Tras a exposición de Morales o Multiusos-Mercado de Sabarís acollerá o X Mercado de arte, que levará a Baiona pintura, escultura e fotografía os 9, 10 e 11 de xullo. A continuación, entre o 15 e o 31 de xullo, Sandra Yinet Amelines exporá as súas pezas de grafito e acuarela. Esta última técnica tamén é empregada por Irene Corral, quen entre o 1 e o 15 de agosto amosará as súas obras de acuarela e os seus lenzos. Ao finalizar esta mostra, o espazo acollerá “Bicos da Nai”, unha visión poliédrica sobre a maternidade a través de fotografías en branco e negro. A exposición, de Mónica Castuera e Txiki Dacosta, poderá visitarse entre o 16 e o 31 de agosto. Para finalizar o verán, o Multiusos acollerá o Espazo Ñó!, entre o 1 e o 15 de setembro con fotografías, deseños e ilustracións de Cristina Grande, Silvia Álvarez e Olaya Fernández.

O proxecto foi financiado integramente co Plan Concellos da Deputación con 629.200 de euros, a maior inversión que ata o momento Baiona levou a cabo ao abeiro deste plan provincial.

cousas de 17


VAL MIÑOR NIGRÁN AVANZA CARA A DECLARACIÓN DE UNICEF ‘CIDADE AMIGA DA INFANCIA’ COA CONSTITUCIÓN DO CONSELLO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL E XUVENIL

Este novo órgano está constituído por representantes de todos os centros educativos de Nigrán e será o encargado de achegar propostas ao futuro Consello Municipal da Infancia e Xuventude, que se reunirá dúas veces ao ano. O Concello de Nigrán avanza cara recoñecemento ‘Cidade Amiga da Infancia’ (CAI) que concede o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef) coa constitución esta semana do seu primeiro Consello de Participación Infantil e Xuvenil. Este novo órgano municipal nace para situar na axenda local os verdadeiros intereses e necesidades de cativos e adolescentes, xa que a través del poderán participar na vida política de Nigrán realizando propostas, seguindo as mesmas, pedindo información, etc. O goberno consignará xa para desenvolver todas as actividades do selo ‘CAI’ unha partida orzamentaria de 10.000 de euros. A partir de setembro, os 21 nenos (dous por cada aula de 5º, 6º de Primaria e 1º da ESO de cada unhas das escolas públicas ou concertadas de Nigrán) reuniranse durante o curso escolar unhas decena de veces co obxectivo de trasladar todas as súas peticións ao futuro Consello Local da Infancia e da Adolescencia, órgano sectorial cuxo regulamento será levado a pleno este verán e que estará presidido polo alcalde, constando dun secretario, dous vogalías de adultos con voz pero sen voto (dous representantes de Anpas, un de cada grupo político municipal, un técnico municipal, un concelleiro das áreas máis implicadas, un representante de ‘Un Nigrán para todos’) e, por descontado, todos os integrantes deste Consello de Participación Infantil e Xuvenil. Adicionalmente, desde o Concello se está a traballar no diagnóstico da situación da infancia en Nigrán grazas ao departamento de Asuntos Sociais e Igualdade e a través dunha enquisa para a veciñanza e os menores. Con estes datos poderanse definir os retos, prioridades e obxectivos a medio prazo. A maiores, o goberno local constituíu xa unha mesa de coordinación interna con representantes de todas as concellerías implicadas. UNICEF O programa CAI foi creado por Unicef Comité Español en 2001 co propósito de promover a aplicación da Convención dos Dereitos do Neno (CDN) en pobos e cidades da xeografía nacional, forma parte á súa vez da Iniciativa Cidades Amigas da Infancia, liderada por Unicef Internacional desde o ano 2000 e no que colaboran gobernos nacionais, administracións locais, ONG… En Galicia hai 8 municipios que xa o teñen (en Pontevedra son Redondela, Porriño e Tomiño).

18 cousas de


NIGRÁN SUMA UNHA ‘GALIÑA TRAGAPLÁSTICO’ E DOUS NOVOS ‘PEIXES’ PARA QUE OS BAÑISTAS ARROXEN DENTRO O REFUGALLO QUE ATOPEN DESTE MATERIAL O Concello de Nigrán estreou o verán pasado dous ‘peixes’ con gran aceptación, sumando agora estes novos elementos que se situarán en Praia América-Lourido, Panxón e Patos O Concello de Nigrán suma a súa primeira ‘galiña tragaplásticos’ e dous novos ‘peixes’ aos areais do municipio, todos eles obra do artista René de la Jara, responsable do mercado multicultural que cada ano se ubica en Praia América e quen realizou o ano pasado os dous pintorescos peixes. As esculturas son todas a base de guías metálicas cunha abertura na boca para invitar aos bañistas a depositar dentro calquera refugallo de plástico que se atopen na area; o obxectivo é dobre, por unha banda visibilizar e concienciar da cantidade de lixo que se deixa tirado e que acabaría no mar e, por outro, recolectalo e reciclalo. Estes tres elementos súmanse aos dous existentes e se distribuirán todos entre Praia América-Lourido, Panxón e Patos. O Concello de Nigrán continúa así apelando á responsabilidade da propia cidadanía para manter os areais limpos. Paralelamente, ao longo deste mes instalaranse por terceiro ano consecutivo en Praia América, Patos, A Madorra e Area Fofa, os 15 ‘recolle-cabichas’ artesanais feitos con material de refugallo por nenos e nenas que asistiron aos obradoiros infantís do mercadillo de Praia América e por usuarios-traballadores do CEE Juan María.

cousas de 19


BAIXO MIÑO

A GUARDA OFRECE VISITAS REGULARES GUIADAS AO MONTE SANTA TREGA

Durante a fase de escavación do barrio Mergelina constatouse que o castro foi ocupado antes do que se pensaba, desde o século IV a.C. Tamén sacouse á luz 43 novas estruturas arquitectónicas que compoñen 11 unidades familiares e ata 43.833 pezas, que formarán parte do vindeiro proxecto de musealización. Destaca tamén a recente intervención no concheiro, que se atopa ao lado da porta Sur de entrada ao castro do Monte Trega, e que constituía unha especie de vertedoiro para os seus habitantes. A día de hoxe, é unha fonte de información incalculable pois a través do seu estudo podemos coñecer numerosos aspectos da vida cotiá das persoas que viviron no castro. Ademais A Guarda traballa no proxecto “Trega 2020+5” para desenvolver o potencial patrimonial, social, cultural e científico do castro do Trega a través dunha actuación integral. Así este proxecto desenvólvese en torno a tres eixos, recuperar e consolidar os sectores do castro escavados entre 1910 e 1930, manter de forma sostida no tempo o conxunto das estruturas escavadas no castro e expostas ao público e investigar e profundar no coñecemento arqueolóxico do castro coa finalidade de crear contidos destinados á divulgación e ao incremento da valorización do patrimonio. As visitas terán lugar os xoves, venres, sábados e domingos ata o 12 de setembro 20 cousas de

As visitas guiadas ao Monte Santa Trega contan este ano con tres espazos emblemáticos, como son o entorno da ermida, o Castro de Calvo e o Castro do barrio de Mergelina, onde se teñen realizado importantes tarefas de re-escavación e consolidación para a súa posta en valor. O obxectivo destas visitas é poder realizar unha visita completa das marabillas que contén o Trega, xa que contar cun guía oficial permitirá unha interpretación do xacemento e do patrimonio relixioso. Para participar nas visitas guiadas é preciso unha inscrición previa no teléfono 690017038. A organización das visitas en grupos reducidos permite unha maior comprensión e desfrute por parte dos participantes nas mesmas. O punto de encontro e de saída destas visitas será no aparcamento da antiga Casa Forestal (http://ow.ly/ b5qb50F8iA0).


O CÁRCERE VELLO DE TUI CONVERTERASE NUN CENTRO DE ACOLLIDA DE PEREGRINOS E VISITANTES Tui recibirá 329.859,49 euros do Plan Nacional Turístico Xacobeo 2021-22 para converter o cárcere vello nun centro de acollida e interpretación de peregrinos e visitantes, proxecto que foi financiado integramente polo Concello de Tui. O Plan Nacional Turístico Xacobeo ten por obxectivo impulsar os Camiños de Santiago. O obxectivo é crear no Cárcere Vello un novo espazo cultural de referencia para a cidade no que dinamizar as visitas ao Conxunto Histórico-Artístico de Tui. Contempla o acondicionamento do local e montaxe do Centro Cárcere Vello para a acollida aos visitantes do conxunto histórico de Tui e aos peregrinos do Camiño de Santiago. Estas instalacións serán completamente reformadas para acoller un proxecto museográfico que porá en valor o patrimonio e legado histórico de Tui. Os espazos expositivos contarán coa tecnoloxía máis punteira. Os visitantes poderán realizar experiencias audiovisuais inmersivas a través de holografías e paneis interactivos que percorrerán as orixes prehistóricas de Tui, a vía romana que a atravesaba, as invasións normandas e musulmáns, o mercado medieval e os personaxes da nobreza que protexían a cidade, a relación milenaria con Portugal, a fenomenal comunidade xudía e a simboloxía secreta que utilizaban. Tamén destacarán personaxes ilustres tudenses como o filósofo Francisco Sánchez, precursor de Descartes, ou Frei Rosendo Salvado, evanxelizador de Australia. A exposición permanente contará cunha sala dedicada en exclusiva ao Camiño Portugués a Santiago. O Centro Cárcere Vello será completamente accesible grazas á instalación de elementos de mobilidade e paneis informativos adaptados para persoas con diversidade funcional e cognitiva. Contará ademais cun Programa Didáctico, con varios espazos reservados a tal fin, con actividades e visitas dirixidas á comunidade educativa. O Centro Cárcere Vello de Tui será tamén un lugar de acollida de peregrinos que disporán dunha consigna onde poderán gardar os seus vultos e visitar tranquilamente o centro da cidade. O complexo disporá dunha zona recreativa con espazos verdes, fonte, bancos, aparcadoiro para bicicletas, e servizos de venda de bebidas. O patio do Cárcere Vello estará aberto para conformar unha nova praza pública para o goce de tudenses e visitantes. Recreación 3D do Centro Cárcere Vello - primeiro andar

cousas de 21


BAIXO MIÑO

O ‘PARQUE DA AMIZADE’ CONVERTERASE NO MAIOR PARQUE TRANSFRONTEIRIZO DE EUROPA O lugar onde máis próximas están as beiras do Miño no seu último tramo, onde se miran o Espazo Fortaleza de Goián e o Parque do Casteliño, converterase nun só parque sen fronteiras: o ‘Parque da Amizade Tomiño-Cerveira’. Unha ‘euroárea’ de 25,6 hectáreas unida por unha nova ponte peonil e ciclista que permitirá un espazo común público, urbano e de lecer que se constituirá no único parque transfronteirizo da Eurorrexión e un dos maiores de toda Europa.

Unha liña sobre o miño. Un lugar transparente e aéreo

Os autores explican que a nova ponte Goián-Cerveira propúxose co lema ‘Unha liña sobre o Miño’ como unha construción extremadamente lixeira e aérea, cuxa posición e estrutura preserva as vistas cruzadas das fortalezas situadas a un lado e outro do Miño. “Respecta as delicadas ecoloxías do río e a súa xeometría de doble curvatura fará da súa travesía unha experiencia intensa, profunda e memorable na que a paisaxe sempre variable que se abre cara o Atlántico, ao sur, e ao valioso patrimonio histórico, ao norte, é o máis importante”. A ponte proposta distínguese claramente da estrutura da Ponte da Amizade situada augas arriba a menos de 1.500 metros, e que o seu uso exclusivamente ciclista e peatonal permite empregar unha estrutura “máis audaz”, maiores luces e un planeamento estratéxico no que a experiencia do cruce e a relación coa paisaxe son “determinantes e ineludibles”, polo que é o máis transparente e aéreo posible. Créase un “lugar propio” que desvela unha paisaxe inédita “que alonxándose das edificacións de Vila Nova de Cerveira e das fortalezas, descubre a inmensidade do estuario do río Miño con toda a súa potencia natural fronte ao silencio formal e expresivo da ponte”. O viaduto colgante ten 330 metros de lonxitude e 9,20 metros de gálibo. A estrutura horizontal está composta por unha plataforma de catro metros de largo cun pavimento de madeira e de formigón e lastro portugués nos extremos, completada cunha varanda de malla metálica con pasamán de aceiro. A estrutura vertical está composta por dous apoios de aceiro na ribeira, que enlazan ao sur do Espazo Fortaleza, tamén na zona do auditorio, e ao sur do Parque do Castelinho. Igualmente non terá afección nin á praia nin ao illote.

22 cousas de


A RÉPLICA DO PETRÓGLIFO AUGA DOS CEBROS XA ESTÁ EN OIA A réplica do singular petróglifo de Auga dos Cebros, elaborada pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, está xa en Oia, onde quedará exposta no interior do Centro Sociocultural de Pedornes.

De aproximadamente 300 kg de peso, foi elaborada en escaiola a partir dun molde tomado do propio petróglifo. Posteriormente realizouse o pintado con pigmentos naturais, coa fin de darlle un aspecto de naturalidade. Cunhas dimensións de 2,70 metros de alto e 2,20 metros de ancho, trátase da réplica de maior tamaño dun petróglifo de Galicia. O proxecto naceu no ano 2019 promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pedornes –titular dos terreos nos que se atopa o xacemento arqueolóxico- e máis pola Asociación Costa dos Castros co obxectivo de contar cunha reprodución fiel deste singular e valioso gravado rupestre. O primer paso foi a intervención do orixinal e da contorna, así coma a da creación do molde, e finaliza agora co remate da réplica na Escola e a súa instalación en Pedornes. A finalidade última de contar cunha réplica fiel dos gravados de Auga dos Cebros é a salvagarda deste patrimonio fráxil e en risco, protexendo o xacemento mediante documentación. Neste sentido, cabe lembrar o proceso de deterioro que, debido á acción de distintos axentes, está a rexistrar esta importante mostra da arte rupestre do noroeste peninsular. Réplicas de Auga dos Cebros 1 e 2 Os resultados do proxecto foron presentados no Centro Sociocultural de Pedornes. Un acto que estivo presidido pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, e contou coa participación de Manuel Ángel Pombal (representante da Comunidade Montes e Costa dos Castros), o historiador Fernando Javier Costas Goberna (Costa dos Castros e Acamo), algúns dos profesores participantes no proxecto (Fernando Carrera e Jose Antonio Quinteiro), así coma a directora da Escola, Carmen Lorenzo. Durante a presentación puideron contemplarse as dúas réplicas elaboradas pola Escola: a do petróglifo de Auga dos Cebros 1 –que representa varias figuras de cuadrúpedes e unha espectacular embarcación de tipoloxía mediterráneae a de Auga dos Cebros 2 –un petróglifo de menor tamaño que representa outra embarcación-. Ambas quedarán instaladas no Centro Sociocultural de Pedornes, que será o seu emprazamento definitivo. O singular petróglifo de Auga dos Cebros O petróglifo de Auga dos Cebros sitúase en terreos da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pedornes, no lugar do Viveiro, nun espazo arborado próximo ao río Vilar que rexistra unha elevada densidade de gravados rupestres. Na zona existen petróglifos de diversas tipoloxías, pero entre eles destaca especialmente o da gran embarcación de orixe mediterránea, un dos máis singulares da costa galega e único na fachada atlántica europea. Ademais da gran nave de Auga dos Cebros 1, na zona existen insculturas doutras dúas embarcacións: son as denominadas Auga dos Cebros 2 e Viveiro 6. A representación de naves con formas que coinciden coas dos modelos mediterráneos do II Milenio a.C. mostra a existencia de relacións entre as culturas atlánticas e as do Mediterráneo xa desde épocas prehistóricas, de aí a importancia destas xoias arqueolóxicas. cousas de 23


O MORRAZO BUEU ORGANIZA UN PROGRAMA DE RUTAS PARA ACHEGAR OS RECUNCHOS NATURAIS, CULTURAIS E GASTRONÓMICOS DA VILA O Concello de Bueu porá en marcha este verán un programa de rutas baixo o lema de ‘Sabor e mar’, co que se busca achegar os recunchos naturais, culturais e gastronómicos da vila. Cun custe de 6 euros por persoa, estas camiñadas comezarán todos os venres do verán ás 10.00 h, e constarán dunha ruta guiada e a elaboración dunha tapa mariñeira por parte dunha cociñeira profesional, que se poderá degustar ao remate na Praza de Abastos.

A 38 EDICIÓN DA MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS RENDIRÁ HOMENAXE A XOSÉ MANUEL PAZOS VARELA Entre o 1 e o 10 de xullo, Cangas será escenario de máis de 20 espectáculos co obxectivo de que veciños e visitantes poidan gozar do mellor teatro cómico feito dentro e fóra de Galicia.Na 38 Mostra haberá 4 estreas absolutas, tres delas coproducidas pola MITCFC (‘Isolada’, ‘Abradacaver’ e ‘Cantingjo’), unha estrea en España (‘Espécies Lázaro’) e 9 estreas en Galicia (‘La Xirgu’, ‘Secretos de alcoba’, ‘La señorita doña Margarita’, ‘El viento es salvaje’, ‘Al otro lado’, ‘Comando señoras’, ‘Ritos de amor y guerra’, ‘Water falls’ e ‘A Contenda do Río Miño’). Entre os espectáculos que se poderán ver en Cangas atópanse dous que recibiron en 2020 Premios Max: ‘El viento salvaje’, Mellor Espectáculo Revelación, e ‘Al otro lado’, Mellor Espectáculo de Rúa. A directora artística da Mostra, María Armesto, explicou no acto de presentación da programación que tivo lugar no Auditorio de Cangas que máis da metade das obras son de compañías galegas e destacou o feito de que este ano “diriximos máis a ollada cara Portugal”. De feito, pecha a MITCFC unha coprodución do Centro Dramático Galego co Teatro (CDG) coa Compañía de Teatro de Braga, que se estreará no Festival de Teatro de Almagro para, despois, vir representarse a Cangas. Esta edición da MITCF, comezou o día 1 de xullo coa inauguración dunha exposición documental e unha homenaxe a Xosé Manuel Pazos Varela, alcalde de Cangas finado en xaneiro deste ano.Trinta e oito anos despois de que Pazos, xunto a un pequeno grupo de persoas con xiria, idease e crease esta Mostra, “queremos facer un recoñecemento á súa persoa e ao seu labor, a través dunha sinxela homenaxe composta por unha exposición documental e un acto lúdico no que estarán presentes as artes que tanto amou, teatro, danza, poesía, música… e a súa xente”, explica a organización. 24 cousas de

Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, salienta que “é importante que coñezamos os lugares máis importantes da cultura da nosa vila e os produtos que nos trae o mar”. De aí que dende o goberno local se aposte, un ano máis, polo turismo sostible e de natureza, con accións de promoción dos produtos e espazos locais. O obxectivo é, pois, dar a coñecer o patrimonio natural e inmaterial da contorna, tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes. As camiñadas terán lugar todos os venres ata o 17 de setembro, e para todas é necesaria inscrición previa no correo turismo@concellodebueu.gal ou no 986324457


REDONDELA O ÍDOLO MENHIR ATOPADO NO CASTRO DE NEGROS SITÚA A REDONDELA NO MAPA DA HISTORIA DE EUROPA O Multíusos da Xunqueira acollerá ata finais de xullo a exposición temporal dun ídolo menhir atopado no castro de Negros, no que supón, segundo os expertos, “un achado único e escaso” que se remonta, posiblemente, aos séculos V ou IV a.C. Da importancia deste descubrimento fala o feito de que será a primeira peza deste tipo coa que conte o Museo de Pontevedra. O menhir/betilo exposto foi descuberto polo arqueólogo Eduardo Velázquez Turnes no 2020, durante as tarefas de control arqueolóxico realizadas para supervisar os traballos de corta e retirada de madeira que realizaba a Comunidade de Montes de Man Común de San Estevo de Negros. O achado desta peza conecta, directamente, aos antigos habitantes do castro de Negros coa cultura púnica, dominante no mundo mediterráneo e que tivo presenza no litoral galego, tal e como o demostran os descubrimentos, cada vez máis abundantes, de obxectos procedentes desta cultura. A exposición, coordinada polo arqueólogo Xurxo Constenla Doce, busca que a veciñanza poida coñecer esta peza –que introduce a Redondela na historia de Europa– a e, ao mesmo tempo, poñer en valor o enorme interese arqueolóxico que ten esta área do litoral sur da ría de Vigo. O feito de atopar este menhir/betilo no castro de Negros demostra, segundo os expertos, a existencia de “firmes relacións comerciais do mundo púnico con Galicia e non meros contactos illados para intercambio”.

A peza quedará exposta ata finais de xullo para logo quedar depositada, de xeito definitivo, no Museo de Pontevedra

Na inauguración da exposición a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, salientou o traballo realizado por Eduardo Velázquez Turnes e Xurxo Constela Doce, de Citania, Xestión do Patrimonio Cultural “que permite poñer en valor non só este achado, senón tamén a importancia do municipio no contexto histórico e patrimonial”. Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa quixo agradecer ao Museo de Pontevedra, onde está depositada a peza, “as facilidades ofrecidas e a sensibilidade amosada á hora de permitir que este achado puidera ser exposto en Redondela, municipio no que foi atopada, antes do seu traslado definitivo á institución museística provincial ” Digna Rivas, Daniel Boullosa e Xurxo Constenla

TURISM O 4

Un viajero distinguido trae simbólicos... (5 de marzo de 1931). El Eco de Santiago. Santiago de Compostela. 5 Un viajero distinguido trae simbólicos... (5 de marzo de 1931). El Pueblo gallego. Vigo.

cousas de 25


REPORTAXE

CASA MUSEO ETNOGRÁFICO

PAZO DA CRUZ DE COVELO Situada nun casarón moi ben conservado do século XVI, na parroquia dá Ermida (Covelo), esta Casa Museo expón unha das coleccións etnográficas privadas máis importantes de Galicia, con máis de 6.000 obxectos, dispostos nas distintas estancias da casa. Froito do traballo de recompilación do seu impulsor e propietario, o escritor Maximino Fernández Sendín, o seu obxectivo é reunir, conservar, investigar e difundir o patrimonio histórico, etnográfico e natural da zona e de Galicia en xeral, nun concepto museístico diferente, onde se pode cheirar, tocar, sentir..., unha visita obrigada para os amantes da historia e das tradicións dun pobo e dunha cultura.

Tanto o material etnográfico como a casa en si mesma, teñen a opción de ser alugados para rodaxes de películas, anuncios publicitarios, curtametraxes, programas de TV, exposicións, videoclips, etc...

Mantén unha exposición permanente sobre a “Historia do Pan, os muíños, os fornos e os cereais” 26 cousas de


Cando entramos neste espazo, iniciamos unha viaxe no tempo, cunha das coleccións privadas máis importantes de Galicia nun conxunto de Casa Grande galega, que en se mesma é un museo, xa que conserva todos os elementos propios: Portón con cruz e pináculos, patio empedrado, viñas,... hórreo, casa grande, casa dos criados, “eido” forno de pan tradicional de pedra, “lareira”, “parrumeira” (para colocar os potes e aveños da cociña), alacenas e alpendres, Tamén nos atoparemos unha Escola e un salón de peiteado dos anos 50, unha cadeira paridera, máis dun baúl, mobiliario da época, unha cabeza de xíbaro reducida, tellas do século IX, xoguetes tradicionais, exposición de fotos antigas, chaves, fechaduras antigas...material de forxa...roda afiador... e centos de pezas que nos trasladasen ao pasado, nun conxunto de máis de tres séculos de antiguedad.

Un bo número de inscricións nas pedras centenarias, permiten coñecer a súa historia e as nosas tradicións. Signos masónicos, cruces nas tapas dos fornos, hórreo, portas e cuadras, o dintel da porta de entrada, pináculos... “falan” dunha época onde os muros elevados, neste caso no patio e a auga no interior, eran privilexio do clero e a nobreza. A pedra, a madeira e outros materiais nobres pódense admirar por todos os recunchos. Unha constante desta Casa Museo é a incorporacion de novos materiais e documentos, así como obras de rehabilitacion, conservando todo aquilo, que aínda é posible para mostralo ao visitante tal como chegou a nós. J

No horto “eido” pódense ver e tocar 17 plantas medicinais, árbores, froiteiras e un horreo de seis pés “canastro”

cousas de 27


REPORTAXE

COUSAS DO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE OIA.

A VIRXE DO MAR E C: Fernando Javier Costas Goberna. Instituto de Estudios Vigueses Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia

En xuño do ano pasado fixo douscentos cincuenta anos da subida ao camarín do retablo do altar maior da igrexa monacal de Santa María de Oia, da imaxe da Virxe do Mar coñecida entre os veciños como “A Delamar”. Estaban previstos unha serie de actos en torno a este acontecimento pero apareceu o coronavirus e cambiouno todo. O que sí se pudo levar adiante foi unha publicación monográfica sobre o tema, da Asociación Amigos do Mosteiro de Oia, coordinado polo autor de estas páxinas, que foi editado polo Concello de Oia, casi finalizando o ano. A historia da imaxe daría para unha serie detectivesca e comenza así:

“Saíndo unha mañá de 1581, os labradores aos seus ordinarios traballos, e andando algúns deles pola ribeira recollendo argazo para o uso común de estercar e fertilizar as herdades, repararon nun extraordinario resplandor que saíndo do sitio chamado a Orelluda, se esparexía por todos aqueles contornos. Movidos desta estraña novidade encamiñáronse cara a aquela parte, para saber a causa de tan admirable como desacostumada luz. Chegados que foron ao mencionado sitio, acharon unha Soberana Imaxe daquela Soberana Reina que é Nai do verdadeiro Facedor. A súas virxinais e soberanas plantas estaba o lebreiro que parecía recentemente morto. A un colar que lle cinguía o pescozo, tiña atado por un cabo unha cadea de ferro, a que polo outro extremo estaba agarrada con dous grosos cravos á parte inferior da táboa da imaxe”

28 cousas de

C A imaxe da Virxe do Mar engalanada na procesión. Oia, 2019.


Lugar de Punta Orelluda

Este é o resumo da reprodución do monxe historiador da orde cisterciense Frei Yáñez de Neira, da documentación do propio mosteiro e que continua como sigue: “Correu logo a voz do achado do celestial tesouro e chegando a este Mosteiro a nova de tan precioso achado, saíron algúns monxes enviados polo abade a informarse, e encamiñándose ao mencionado sitio da Orelluda, acharon o que buscaba o seu coidadoso afecto. Volveron os monxes admirados e gozosos ao Mosteiro, e xuntándose neste ao desacostumado son das campás e artillaría un numeroso concurso das aldeas próximas, acompañaron ao abade e monxes que en procesión se encamiñaban ao xa mencionado sitio da Orelluda onde atoparon a Sacra Imaxe na forma que se dixo. Despois de explicarse en afectos a admiración e en reverentes cultos a devoción dos circunstantes, entoaron os monxes aquel devoto himno “Ave Maris Stella” tomárona sobre os seus ombreiros, e levárona en solemne procesión á igrexa do Mosteiro, onde a colocaron na capela maior coa reverencia e decencia debida”. C O mosteiro de Santa

María de Oia na parte baixa da fotografía. No extremo superior o lugar de Punta Orelluda ónde chegou no século XVI a imaxe da Virxe do Mar.

É fácil aínda hoxe paseando pola coñecida Estrada Vella, tramo do Camiño de Santiago pola costa, poñernos en situación e imaxinar o traslado en solemne procesión da imaxe desde Punta Orelluda, pasando á altura da Camboa de Axamúndez, o paso sobre o río Vilar, até chegar a visualizar o conxunto monacal, pasar polo porto e a fonte de San Cosme diante da Camboa, e por baixo da praza de armas, subir a Sentinela e dirixirse á igrexa monacal.

Mosteiro de Santa María de Oia

Porta da Oliveira, Salvaterra, co oratorio sobre a entrada á vila. cousas de 29


C Mosteiro de Santa María

de Oia, a obra medieval visible da igrexa monacal medieval; séculos XII-XIII

Se nos situamos na época, temos a primitiva igrexa finalizada no século XIII, aínda coa súa fachada primitiva que sería similar á da excolexiata de Baiona, xa que até o século XVIII non se realiza a que observamos na actualidade, e atopariamos modificacións recentes do século XVI, destacando a obra do coro alto. Non podemos esquecer que nesas datas na igrexa aínda non estaría colocado o retablo que preside a capela maior na actualidade, xa que se considera que é obra do 1600; o que permitiría aínda visibilizar o hoxe oculto interior do testeiro coas súas xanelas, rosetón, e capiteis de época medieval.

30 cousas de


C A imaxe da Virxe do Mar de Oia, tal como aparecería en 1562, atada cunha cadea a un can na costa de Oia

Esta imaxe unha talla gótica inglesa, foi coñecida pola tripla advocación da Nosa Señora do Mar, Nosa Señora do Desterro e a Virxe de Loreto, e contextualizando a circunstancia histórica do achado, podemos concluír que todo comeza en 1533, cando Henrique VIII rei de Inglaterra, en contra da opinión do Papa e sen a súa autorización, divórciase de Catalina de Aragón, e casa con Ana Bolena. Un ano despois consolida a ruptura de Inglaterra co catolicismo, e pon ao soberano inglés no máis alto da xerarquía da igrexa inglesa. En 1539 Tomás Cromwel secretario de estado de Henrique VIII, decreta a disolución das ordes relixiosas e ordena a confiscación dos seus bens. Hai un breve período de restauración do catolicismo en 1554 por María Tudor esposa de Felipe II de España, que finaliza coa súa morte en 1558. A chegada ao trono da súa medio irmá Isabel I, filla de Henrique VIII e Ana Bolena se restablece o protestantismo como relixión oficial, e chega a prohibir a diversidade relixiosa. Esta situación é a que orixinará a persecución dos católicos, e a profanación dos seus símbolos como é o caso da imaxinería.

Non é a Virxe do Mar a única imaxe aparecida na nosa costa, así un ano antes da chegada da imaxe de Oia, aparece en Baredo no lugar de Cela outra imaxe da Virxe hoxe en paradeiro descoñecido. Estas chegadas son facilitadas pola corrente do Golfo de México. Pero a viaxe da imaxe non rematou coa súa chegada a Oia. O Xeral da Orde P. Fr. Marcos Villalba en 1582 vindo visitar o Mosteiro de Oia dispuxo levala ao colexio do Divino Salvador de Salamanca en construción. Pero a imaxe pasou uns anos no convento de monxas de Las Huelgas na cidade de Valladolid até o ano 1589 en que se empezou a habitar o referido colexio. A partir de aquí chegou a confusión promovida polos propios historiadores: Se a imaxe que se venera en Oia é a orixinal que apareceu no mar ou se é unha copia dela, e se fose copia se se fixo aquí ou veu de Salamanca.

cousas de 31


Pero hai un dato que como apunta Agustín Alonso Rodríguez está nos documentos do mosteiro e así no coñecido como O Tombo Grande, L 60, folio 805, sendo abade Frei Crisóstomo Pinilla no ano-1682, se lee literalmente: “trouxo de Salamanca a Sagrada Imaxe de Nosa Señora do Mar e colocouna na súa capela onde ao presente está, con asistencia dos Sres. Marqueses de Villafiel, xeneral da Armada que daquela se achaba no porto de Vigo e do conde de Gondomar e outros moitos xefes e cabaleiros que viñan na Armada”. No mesmo folio hai unha nota marxinal que ocupa a marxe dereita fronte á anterior noticia escrita esta por distinto amanuense que di: “N. Sª do Mar “Nota = como é esta a imaxe que apareceu na Orelluda; por máis que digan que é a que está en Salamanca, por esta ter todos os sinais de ser a verdadeira”. Este feito da lugar a unha celebración coa presenza das autoridades e cabaleiros citados, e produce doazóns de diferentes benfeitores, e a creación dunha confraría. O estandarte que se conserva debe proceder da creación da irmandade. Se sabe que o menú foi a base de carnes de vaca, becerras, perdices, e coellose, e doces variados, con dúas pipas de viño. A todo esto se suma a pólvora en salvas con un custo total de 992 reais da época.

C O escudo do Mosteiro de Santa María do Tumbo de

1789. Parte superior esquerda o báculo abacial, parte inferior esquerda a figueira do milagre, parte inferior dereita o castelo e as nove “A” sen interpretación clara.

32 cousas de


Pero pouco mais dun século despois se produce a decisión de que a imaxe se coloque en sitio preferente. En setembro de 1769 acordouse a adecuación do camarín do retablo da capela maior para a súa ubicación definitiva. Sufraga os gastos un frade chamado Frei Nirvardo. E sendo abade do mosteiro don Bernardo Giráldez. En xuño de 1770 se sobe a imaxe ao lugar que ocupa hoxe en día. Coñecemos o coste da festa de celebración que chegou a 892 reais da época, con menú mais variado que a festa do século anterior: carnes de tenreira, e caza; pescados de mar e de río , doces e chocolates. Ao que hai que sumar fogos e gaiteiro. Os cistercienses difundiron o culto a esta advocación mariana. Así podemos atopar na ermida de Santa Trega (A Guarda), unha tabla pintada coa representación da Virxe, No desaparecido convento cisterciense situado na rúa de San Bernando en Madrid se sabe que había unha copia, e sabemos que o Obispo de Solsona en Lleida, tiña unha representación nun pano de seda. No ano 1835 chegou o final dos mosteiros, e o Obispado de Tui promoveu a creación da parroquia de Santa María de Oia, que conservou como propia a devoción pola Virxe do Mar, considerada unha das suas patronas. J

cousas de 33


REPORTAXE

MEMORIA DA FONTE DE TRONCOSO UNHA OBRA DE ANTONIO PALACIOS EN PROCESO DE RECUPERACIÓN En recordo de Moncho Iglesias, amigo de Mondariz, profesor e estudoso da obra palaciana

E C Alberte Reboreda A surxencia que nos ocupa aparece incluída na obra Descripción de 54 fuentes minerales del Reyno de Galicia que redactou Pedro Gómez de Bedoya en 1772, onde relata que hai unha fonte medicinal “junto al río Tea, en sitio llamado Saidoiro”...“nace en unas piedras en muchos y violentos borbollones, cuya agua es clara, fría, de mal olor, de sabor picante adstrinente, fastidioso, y que deja teñidas las piedras de una mucosidad ferruginosa”(...). Conclúe cunha observación sobre o estado de conservación do manancial que resulta moi actual: “Lástima es que esta fuente esté con el mayor desamparo”. A mediados do século XIX as propiedades salutíferas de Mondariz eran de público coñecemento segundo o Diccionario de Pascual Madoz (1846- 1850). Os mananciais da Gándara e Troncoso, nacentes ambos do futuro Balneario de Mondariz, son descritas así: “Hay en el término 2 fuentes medicinales que producen muy buenos efectos à los dolientes que las beben: la que se halla á orillas del Tea es nitrosa y sirve para curar enfermedades cutáneas (…). Como no se han hecho análisis de las aguas, ni los habitantes de esta feligresía han dado publicidad á las virtudes que encierran, no podemos hablar con mas estensión de ellas”. O descubrimento da fonte atribúese en distintas ocasións en falso, desde o século XIX, ao párroco Domingo Blanco Lage quen, en 1858, instalaría unha bañeira, acondiciona o manancial e, en 1864, manda analizar as augas por vez primeira. Uns anos máis tarde, en 1877, o doutor Isidro Pondal, médico director do Balneario de Mondariz, sinala que era costume tomar baños ao aire libre nesa bañeira, hábito que o galeno considera indecente de acordo coa moralidade da época. 34 cousas de


A fonte das ribeiras do Tea, recomendada para combater as enfermidades do estómago e a diabetes, xunto coa da Gándara, acabaría dando orixe ás famosas Augas de Mondariz, o “Vichy galaico” en palabras de Emilia Pardo Bazán, declaradas de Utilidade Pública no ano 1873. A condesa das Torres de Meirás foi asidua desta fonte durante décadas, onde facía cola pacientemente xunto aos demais doentes para tomar a súa “linfa”: «en el manantial de Troncoso, la muchedumbre se hacía compacta, en larga fila, para llenar el vaso», escribe no xornal La Nación de Buenos Aires en 1912. Nese mesmo ano de 1877, o médico e cronista Nicolás Taboada Leal constata que as condicións da fonte melloraran levemente. Así afirma que as súas augas estaban “encerradas en un estanque de cantería de forma cuadrada, y brotan de abajo arriba en un suelo granítico, y por entre las grietas de las piedras del fondo de pilón”, había ademais unha pía de pedra na que cabía unha soa persoa “aunque no con mucha comodidad, á causa de ser demasiado reducida”. “El manantial de Troncoso, sobre todo, exige reformas de conservación y adorno, que todos los años estamos notando de menos; y sea quien sea el que deba proyectarlas y realizarlas, espero que escuchen sin susceptibilidad y sin prevención la voz del amigo, que es la voz de su propia conveniencia”. Este texto, de rabiosa actualidade despois do completo derrube da cuberta e do piso do pavillón de embotellado que tivo lugar no mes de marzo de 2019, podería ser escrito hoxe, pero foi publicado en Faro de Vigo en 1889. O poeta e xornalista vigués Pío Lino Cuíñas (1851-1927) describe en 1897 na revista Galicia Moderna unha visita a Mondariz: “En la calle tropecé con un general de división, dos sobrinas de un fiscal, un contralmirante, una baronesa viuda, un banquero, un ex-ministro de la Corona, un portugués, luego otro portugués, y otro y otro hasta el número de doscientos. ¡Vamos, que ni en Mozanbique!” (...) “Más tarde, dirijí mis pasos, por un camino bastante descuidado, hacia las orillas del plácido Tea, donde brota burbujante el manantial de Troncoso” continúa.“Buen número de agüistas, vaso oblongo en mano, esperaban vez a semejanza de las criadas de servir en nuestras exhaustas fuentes”.

“en el manantial de Troncoso, la muchedumbre se hacía compacta, en larga fila, para llenar el vaso”. Emilia Pardo Bazán. 1912

C Vista da Fonte de Troncoso no primeiro terzo do século XX

C A Fonte de Troncoso no inverno de 1902

cousas de 35


Intervención palaciana O longo litixio que mantivo a familia Peinador co Concello de Mondariz pola titularidade da Fonte de Troncoso retrasou a intervención arquitectónica neste recinto. Aínda que os propietarios do establecemento balneario e os aguistas fixeron uso dela desde 1873, o manancial apenas sufriu reforma ningunha, e as cheas invernais do río Tea que o anegaban causaban continuas molestias aos usuarios de toda condición social e económica, que acudían a Mondariz na procura de saúde. En 1907, solucionado o preito a favor dos Peinador, a nova propiedade constrúe un muro de contención para evitar as frecuentes inundacións, unha gran escalinata para baixar a tomar as augas, e comezan as obras de “una galería cubierta y unos almacenes para botellas”, un proxecto do que é autor o arquitecto Antonio Palacios, amigo persoal dos propietarios, tal e como informa La Temporada e evidencia o deseño das dúas fontes, en particular das escaleiras en curva e dos grandes ocos cubertos por arcos de medio punto das fachadas principais. No andar superior de Troncoso, o proxecto contemplaba un total de cinco espazos: unha cociña, dous dormitorios, unha sala e un despacho para o administrador. As fachadas norte e sur replican os grandes ocos que articulan os frontis dos edificios da Fonte da Gándara e do edificio da Varanda, o que evidencia a vontade de Palacios de dotar estas tres construcións dun estilo común e recoñecible, de forma que os aguistas identificasen en todos eles unha unidade formal en todo o balneario, tal e como avanzaba a memoria do proxecto, publicada por La Temporada en 1908.

C Engarrafando auga no interior do edificio proxectado polo arquitecto porriñés

As liñas curvas que regulan a circulación interior crean unha sensación de maior amplitude espacial

C Alzado e planta do

edificio proxectado por Antonio Palacios

O conxunto palaciano resultante, coñecido popularmente como As Augas de Abaixo, quedaría composto por dous volumes arquitectónicos claramente diferenciados. Por unha banda, un bloque de planta rectangular duns 100 metros cadrados levantado en pedra conformado por soto e planta baixa. Este edificio, que acolleu no piso inferior o obradoiro de embotellado de auga mineral, contaba cunha cuberta de tella plana fabricada en “La Caeyra” (Poio) polo Marqués de Riestra, cando sufriu un derrube por falta de mantemento e conservación xeral do inmoble que tamén destruíu por completo o piso alto. 36 cousas de


Neste patio barroco consérvanse hoxe en día dúas esculturas en pedra, a de Santiago e a do Espírito Santo. Cada unha delas, representa o recordo das dúas respectivas Confrarías propietarias dos dous Hospitais, o de Sancti Spiritus e a de Santiago. A primeira a de Santiago, realizada nunha soa peza de pedra tosca, representa ao Apóstolo Santiago, cos tributos do peregrino, chapeu coa cuncha, bastón, cabaza e portando un libro en man esquerda transmitindo o evanxeo.Pola súa situación apréciase que o seu actual emprazamento non é o orixinal. Debeu de pertencer ao antigo Hospital de Santiago. A Confraría de Santiago, cedeu en 1796, o edificio e horta que tiña encostada ao Hospital. Outro recordo xacobeo presente no edificio Sancti Spitirus, é unha cruz antefija de Santiago que se conserva na metade do muro da fachada oeste.

En 1909 La Temporada de Mondariz informa que o arquitecto porriñés visitara as obras que “bajo su dirección se están llevando a cabo en Gándara y Troncoso”. Chegara o tempo de que a antiga fonte do Saidoiro, fose obxecto, por fin, dunha renovación integral proxectada polo autor do Palacio de Comunicaciones de Madrid, co obxecto de monumentalizala. Unha marquesiña anexa, tamén de planta rectangular e duns 130 metros cadrados, foi realizada en fundición polas empresas viguesas de Antonio Sanjurjo Badía (responsable da varanda modernista interior) e mais polo Taller Mecánico de Manuel González (autor da cuberta metálica e da reixa perimetral de finais do século XIX que se trasladou a esta localización procedente da Fonte da Gándara). Conformado por un soto, que alberga o manancial da fonte propiamente dito, a planta que coincide coa rasante do paseo permite gozar de excelentes vistas sobre o río a través dun balcón cuberto e voado. O acceso a este bloque da edificación realízase a través de dúas portas de dobre folla situadas na fachada sur; ambas dan acceso, ademais de á balconada, a unha dupla escalinata curva que permitía ás persoas auguistas descender ata un patio cuberto no que agardaren a que unha operaria do establecemento, situada ao pé da fonte, lle servise a auga do manancial sobre un mostrador de perfil sinuoso. En palabras da doutora Pérez Sánchez (2005) ”las líneas curvas que dominan la planta provocan un efecto semejante al de la Fuente de Gándara, creando una sensación de movimiento que sugiere una mayor amplitud espacial. Palacios utiliza esta solución en varios de sus edificios para compensar el reducido tamaño de alguna de sus partes”. Con todo, o proxecto do arquitecto porriñés, que na altura traballaba arreo en Madrid en múltiples proxectos, nunca chegou a ser executado na súa totalidade. Detalles como as esferas graníticas que debían rematar en altura as pilastras, para as que o proxectista ideara un triple acanalado nunca executado, son un exemplo do que dicimos.

C Exterior da fonte na década de 1920. Fotografía cortesía de Pedro Fangio

O deseño da fonte harmoniza co edificio da Varanda e coa Fonte da Gándara, dando unha idea de unidade formal do balneario

cousas de 37


Propiedade municipal Situado na ribeira do río Tea, incluído hoxe na Rede Natura 2000 da Unión Europea, esta fonte monumental figura no Catálogo de Bens Culturais do Concello de Mondariz Balneario cun grao de protección integral e tamén no Plan Básico Autonómico aprobado pola Xunta de Galicia, o que, sobre o papel, a dota dun nivel de protección legal suficiente para asegurar a súa conservación. Con todo, foi necesario que a veciñanza puxese en marcha na primavera de 2019 a plataforma SOS Fonte de Troncoso para coidar e denunciar o estado de conservación deste manancial. Eles conseguiron informes favorables á súa recuperación do Colexio de Arquitectos de Galicia, da Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia ou do Consello da Cultura Galega. Ademais de dar a coñecer publicamente o seu estado de abandono ante as administracións competentes, o Concello e a Xunta de Galicia, os veciños dirixíronse tamén á Valedora do Pobo, que abriu unha investigación sobre a titularidade do edificio, que resultou ser da empresa en liquidación Fuentes Capital S.A. Finalmente, o xulgado mercantil nº 5 de Madrid, do que é titular Teodoro Ladrón Roda, autorizou a cesión do inmoble ao Concello de Mondariz Balneario o 20 de novembro de 2020, que aceptou a titularidade do inmoble.

38 cousas de


Na actualidade a Consellería de Cultura encargou a redacción dun proxecto de rehabilitación integral ao arquitecto César Portela, o que permitirá –así o desexamos– que esta obra de Antonio Palacios deixe de ser a única obra galega deste proxectista en estado de abandono e desamparo. J

C Estado actual do edificio

C A veciñanza coidou e limpou a fonte ante a inhibición da propiedade e das administracións

cousas de 39


REPORTAXE

OS SECRETOS DA COCIÑA SEFARDÍ NAS COMARCAS DO MIÑO E C Suso Vila, Dr. en Historia da Arte OS XUDEOS CONTABAN CUNHAS ESTRICTAS NORMAS DIETÉTICAS RECOLLIDAS NOS SEUS TEXTOS SAGRADOS COMO O LEVÍTICO (CAP. XI) OU NO DEUTERONOMIO (CAP. XIV), ENTRE OUTROS. ESTE FEITO LEVOU A DESENVOLVER USOS E RECEITAS PROPIAS PERO TAMÉN A ESCOLLA DUNHA ALIMENTACIÓN DIFERENCIADA CON RESPECTO AOS CRISTIÁNS. A proibición de comer carne de porco aínda que era a máis coñecida non era a única restricción cárnica entre os xudeos, tamén estaban outros animais como o coello ou a lebre por poñer exemplos de consumo entre cristiáns. Nos peixes tamén había vedas, só os que tiñan aletas e escamas podían ser consumidos polo que as lampreas e as anguías do río Miño non formarían parte da dieta xudía do mesmo xeito que os mariscos da costa. Ademáis da abstinencia de comer determinados alimentos existiría un calendario relixioso que condicionaría a dieta dunha familia xudía. Festas como o Purim, Pesaj ou Yom Kippur estaban marcados ou ben con alimentos especiais ou co xexún. A proibición de traballar no shabbat xeneraba que a véspera, a noite do venres, a cea tivese un carácter especial co peixe como protagonista e cunha clara faceta mesiánica. Mentres, ficaba a cocer no pote a carne de cordeiro, verduras, legumes e especias, que feito co calor residual de brasas e tizóns sería o almorzo morno ou frío do día seguinte. Este era o chamado “hamin” o “adafina” e que prestou de base a moitos dos nosos guisos e cocidos máis coñecidos no que se misturan os ingredientes que se tiñan a man nunha lenta cocción. 40 cousas de

C Cortesía da Red de Juderías


Non poder cociñar os sábados obrigaba a dispoñer doutras comidas alternativas ou complementarias á adafina para se servir frías sendo os pescados en escabeche un dos pratos máis senlleiros entre os entrantes de shabbat, pero sen nos esquecer tamén a variante de escabechar aves como o polo ou a perdiz que teñen tamén esta orixe xudía. No río Miño temos exemplos desta tradición sefardí de pratos fríos coas sabelas en escabeche aínda que caberían aquí outros peixes segundo a época do ano como as sardiñas ou os chicharros. Tampouco debemos esquecer que pratos populares como os boqueróns en vinagre serían froito da cociña sefardí. A necesidade de se ocultar das olladas dos inquisidores obrigaría aos xudeoconversos a elaborar unha cociña no que os peixes e os vexetais tiñan un gran protagonismo. Se para cumprir en algunhas celebracións ou tradicións como o loito non se podía comer carne, as familias xudeoconversas desenvolverían pratos onde o bacallao ou a pescada serían o centro das súas comidas e ceas. Esta importancia do peixe como elemento central da cociña vese reflectida nos procesos inquisitoriais como argumento de acusación de herexía. Este feito influiría probablemente na variedade de receitas que temos nas nosas comarcas de bacallao, incluso que a sinxela “pescada á galega” co seu aceite, pimentón, loureiro e allos teña unha clara inspiración sefardí. Os vexetais constituían a parte máis importante da alimentación sefardí porque por unha banda as carnes non abundaban e por outra existía o pensamento no que a alma ficaba condicionada polo que se comía. Nos pratos sefardíes incorpóranse numerosos vexetais propios do mediterráneo pero que en Galicia non eran fáciles de cultivar polo clima. Tanto os xudíos na Idade Media como os xudeoconversos nos séculos XVI e XVII engadirían outros vexetais para enriquecer os guisos e sopas. Cebolas, nabos, cenouras, porros, grelos ou a cabaza, esta última aportando receitas salgadas ou doces coas coñecidas e sabrosas “chulas” moi típicas na nosa comarca. Moi interesante é falar do coriandro, esta herba vai ser un condimento moi habitual dos pratos sefardíes. No Baixo Miño chegou a popularizarse o “licor de coriandro” polo que temos un peculiar reencontro coa tradición xudía na nosa terra.

cousas de 41


Os xudíos contaban cunha ampla variedade de postres para os días de festa que ficaban moi vencellados a productos mediterráneos como a améndoa pero tamén a cousas sinxelas como o requeixo e o mel productos que celebran cada ano no concello de As Neves. É doado descubrir lazos entre diversos postres que hoxe aínda realizamos coa tradición sefardí. Un dos máis interesantes é a asociación entre as “orellas de entroido” con as “orellas de Hamán” non só pola semellanza do producto en sí ou do seu nome senón tamén polo momento do ano no que son elaborados, durante a festa do entroido ou na festa de Purim, que cae no mes de marzo. Aquí é posible que os xudeoconversos adaptasen a súa festa máis alegre ao entroido para evitar ser descubertos pasando a conmemorar Purim ou festa da raíña Ester con varios días de xexún o que permitía maior discreción.

O pan doce do shabbat, o Jalá, o pan trenzado, o descubrimos en diferentes variantes. En Baiona temos os boleardos como en Tui aínda que xunto ao Miño contaba cunha forma triangular e que serían moi populares até a década de 1930. As roscas trenzadas con xema da Guarda ou as trenzas de rosca de Gondomar tamén estarían ligados a esta orixe sefardí. É moi interesante como as roscas tiveron fortes vencellos coas festas nas parroquias baixomiñotas no que se exhibían colgadas nas pás do panadeiros. Froito da presenza xudía e xudeoconversa nas nosas comarcas aínda percebemos pegadas da súa existencia a traverso de diferentes receitas que enriqueceron as nosas mesas reflectindo que non só existiu a represión a aqueles que profesaban a lei de Moisés senón tamén que a convivencia se manifestou por medio dunha rica cultura de intercambio gastronómico.

42 cousas de


O sefardismo na cociña dun convento O convento das Clarisas garda aínda moitos secretos. Un deles é a receita dos seus peixes de améndoa, un legado sefardí extraordinario non só polo postre en sí senón pola forma que nos levaría a diferentes lecturas. O peixe como signo de abundancia entre os xudeos pero tamén o seu carácter mesiánico confundiríase entón coa mesma tradición cristián para non chamar a atención. Ao longo do século XVI e comezos do século XVII entrarían no convento freiras de orixe xudío. As súas familias aportarían cuantiosas dotes que permitirían por exemplo que entre os anos 1605 e 1615 o convento fose ampliado para acoller ás novas profesas. A presenza destas monxas de orixe xudeoconverso proporcionarían ao convento receitas como a dos peixes de améndoa e probablemente outras que se foron perdendo, por exemplo coñecemos por Labrada Romero en 1804 que as clarisas elaboraban un doce de pera, 4.000 arrobas ao ano (máis de 40.000 kilos), doce que tamén formaba parte da tradición sefardí.

O forno da Sarabia, tradición da leña No vello barrio da Sarabia consérvase un forno de pan de leña. José Fernández Giráldez o abriría en 1895 despois de abrir outro forno en Riomuíños en 1887. A panadería da Sarabia non só mantén un pan tradicional senón que segue a facer pan e bolos doces con formas curiosas, trenzados que nos lembran a tradición dos Jalot, o pan doce que se poñía na mesa do Shabbat. Grazas a Geli Pereira a forno segue a conservar esta sabrosa tradición. J

A rede de xuderías de España, Caminos de Sefarad, publicou no ano 2020 un extraordinario libro sobre a gastronomía xudeoespañola a cargo de Javier Zafra que está á venda nas librerías de Tui. O pasado 26 de outubro era realizado un obradoiro de cociña sefardí en Tui dando a coñecer así o libro na cidade que forma parte da rede de xuderías.

cousas de 43


REPORTAXE

E C Silvia Cernadas, Historiadora e Guía en Turismo de Historias Os antecedentes As tropas francesas entran en España en 1808 para instalar no trono a Xosé I, irmán de Napoleón, logo de que Carlos IV renunciase á Coroa. Comeza a Guerra da Independencia Española, onde tamén loitan tropas inglesas en apoio do exército español. A conquista de Galicia non foi unha prioridade para os franceses. Baixo o mando dos mariscais Ney e Soult, chegan aquí en xaneiro de 1809 perseguindo ao exército inglés de John Moore, que cae derrotado na batalla de Elviña. Unha vez en Galicia e ante a ausencia dunha oposición militar, conquístana en menos dun mes. Perante os abusos dos invasores, a resistencia popular non tardará en organizarse en alarmas. Provistos de armas e, sobre todo, de apeiros de labranza, primeiro realizan ataques puntuais e logo chegan a recuperar algunhas cidades, como o caso de Vigo o 28 de marzo de 1809. Os cregos e os fidalgos alimentaron o espírito patriótico, pero a Guerra da Independencia en Galicia gañárona os labregos cando decidiron converterse en guerrilleiros. Así pois, antes da Batalla de Ponte Sampaio, o exército francés xa estaba contra as cordas en Galicia e en Portugal. 44 cousas de

C O mariscal Ney retratado por François Gérard arredor de 1805


PONTE SAMPAIO 1809:

A EXPULSIÓN DOS FRANCESES O PASADO 7 DE XUÑO CUMPRÍRONSE 212 ANOS DA BATALLA DE PONTE SAMPAIO, UNHA CONTENDA QUE SUPUXO A RETIRADA DEFINITIVA DAS TROPAS NAPOLEÓNICAS DE GALICIA. AS FORZAS POPULARES PLANTARON CARA AO PODEROSO EXÉRCITO FRANCÉS NA PONTE MEDIEVAL DESTA PARROQUIA PONTEVEDRESA E AQUELA VITORIA SEGUE A RESOAR NA NOSA MEMORIA.

C A ponte da Batalla de Ponte Sampaio vista desde a marxe de Arcade Algúns persoeiros da Batalla Michel Ney (1787-1815). Duque de Elchingen. Mariscal que manda as tropas francesas en Ponte Sampaio. Os seus biógrafos din que era vaidoso, sanguinario e de intelixencia limitada. Pablo Morillo (1775-1837). Marqués de La Puerta. Militar e mariño español. Tivo un papel destacado na Guerra da Independencia. Logo foi enviado a pacificar as colonias americanas e instaurou un auténtico réxime de terror. Gaspar María de Nava (1760-1815). Conde de Noroña. Xeneral ao mando do exército e da División Miño en Ponte Sampaio, pero tamén diplomático, dramaturgo e poeta. C Pablo Morillo retratado por Horace Vernet entre 1820 e 1822.

John O’Dogherty (1777-1847). Mariño irlandés coñecido como Juan o do Juerto. Dise que foi un dos heroes de Ponte Sampaio, pero non sabemos se participou na Batalla, só que defendeu esta posición noutros episodios da guerra e que logo quedou a vivir en Redondela. cousas de 45


A Batalla de Ponte Sampaio (7-8 xuño 1809) O mariscal Ney sae de Santiago co obxectivo de recuperar as prazas perdidas no sur de Galicia e o xefe do exército nesta zona, o conde de Noroña, decide frear o seu avance na ponte sobre o río Verdugo que hai en Ponte Sampaio. Espérao a coñecida como División do Miño, formada a partir das alarmas populares en parte militarizadas. A defensa organízase baixo a premisa de non retroceder e o seu éxito debeuse á boa planificación e coordinación entre a artillaría terrestre e a naval. A Armada, coa fragata Efigenia, e os ingleses, na fragata Lively, aportaron armas e víveres. Este apoio naval impediu o avance francés por mar e axudou no traslado de tropas e armas dun lado ao outro do río. Morillo derrubara meses antes a ponte en dous tramos, faltaban tres ou catro arcos, polo que estaba inutilizada. Os guerrilleiros preparáronse no lado sur para defender, con canóns e fusilaría, todos os vaos que tiña o Verdugo entre Ponte Sampaio e Ponte Caldelas, as dúas únicas pontes sobre o río naquel entón. Incluso contaron con lanchas canoneiras que actuaron protexidas polas illas Alvedosas e a illa do Castelo, próximas á ponte medieval de Ponte Sampaio. O exército francés fracasou intentando cruzar a ponte con estruturas de madeira e tamén pretendendo vadear o río por Ponte Sampaio e por Ponte Caldelas. O día 7 foi un día de moito canoneo cruzado pero, a partir da tarde do día seguinte, as cuantiosas baixas e os estragos feitos na súa artillaría acaban por afectar á moral dos franceses. Ney estaba á espera de que Soult chegase cos reforzos, pero iso non sucedeu. Á primeira hora do 9 de xuño xa estaban de retirada, deixando tras de si uns 600 falecidos fronte ao centenar que se produciu nas filas galegas. 46 cousas de

CANTOS ERAN? O VI Corpo do exército galo estaba formado por 8.000 soldados, 1.200 xinetes e traen 13 pezas de artillaría. Do lado galego participaron milicias populares e regulares. Entre as primeiras, o rexemento La Unión de Pablo Morillo, o de Lobeira, o batallón “De la muerte o la victoria”, o do Morrazo, o de Monforte e o de Mourentán. E, en canto aos militares, o batallón de infantería lixeira de Cataluña, o de Benavente e o do conde de Noroña. En total, uns 10.000 homes coa axuda dos veciños da zona, ademais dun centenar de cabalos e unha decena de canóns –algún deles podería ser incluso un dos famosos canóns de pau–. Unha terceira parte deste exército, iso si, estaría desarmado ou provisto de chuzos, fouciños, paus e sachos. C Reprodución dun debuxo de V. Díaz González de 1908 que representa a un guerrilleiro galego da Guerra da Independencia. Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia.

C Puente de San Payo (1810). Rafael Martinenzo. Mapa manuscrito e coloreado con

Ponte Sampaio (Pontevedra) ao norte e Arcade (Soutomaior) ao sur. Arquivo Cartográfico e de Estudos Xeográficos do Centro Xeográfico do Exército.

C Vista da ponte de Ponte Sampaio en agosto de 1948. Fotografía de Juan Miguel Pando Barrero. Arquivo Pando, Instituto do Patrimonio Cultural de España.


C Panorámica da desembocadura do río Verdugo, Arcade e o fondo da ría de Vigo, escenarios da Batalla de Ponte Sampaio.

C Ponte de Ponte Sampaio entre 1929 e 1936. Fotografía de Otto Wunderlich. Arquivo Wunderlich, Instituto do Patrimonio Cultural de España.

As consecuencias A Batalla de Ponte Sampaio impediu que os franceses proseguisen para reconquistar Vigo e Tui e asestoulles o golpe moral definitivo. Supuxo a fin da ocupación, xa que Ney e Soult decatáronse de que precisaban moitos máis recursos para dominar Galicia e decidiron repregarse sementando o seu camiño de asasinatos e incendios. Galicia queda libre do exército máis temido do momento en tan só seis meses grazas á mobilización de todo un pobo. O prezo, como en todas as guerras, foi alto: numerosas vítimas mortais, fundamentalmente campesiños e mariñeiros, os campos arrasados e o pobo na miseria. Os labregos galegos volveron ás súas ocupacións, aínda que seguían en alerta e sufragando os gastos da guerra no resto de España. Tiñan claro que non era cousa deles seguir loitando fóra de Galicia. A guerra continuou ata 1814, un ano antes de que Napoleón fose vencido en Waterloo. Cos franceses tamén abandonaron Galicia algúns afrancesados. Así foron chamados aqueles que viron na ocupación a oportunidade de traer as ideas da Revolución Francesa ao noso país. Ese espírito estivo representado nas Cortes de Cádiz, pero o absolutismo volve a España co rei Fernando VII. J

cousas de 47


O primeiro centenario En 1909, primeiro centenario da Batalla, o Centro Galego de Madrid impulsa unha serie de homenaxes que inclúen a colocación dunha lápida en Ponte Sampaio, a construción dunha escultura para Pontevedra e a creación dunha medalla conmemorativa. Tanto o Monumento aos Heroes de Ponte Sampaio coma a medalla resaltan o papel do militar Pablo Morillo. X. R. Barreiro sostén que o feito de que nas homenaxes se escolla a Batalla de Ponte Sampaio para simbolizar a Guerra da Independencia en Galicia ten que ver con que é a primeira vitoria na que o papel do exército é relevante xa que, polo demais, xogou un papel moi discreto.

C Medalla conmemorativa de

prata do primeiro centenario da Batalla de Ponte Sampaio. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

C Monumento aos Heroes de Ponte Sampaio de Julio González Pola. “A los héroes de Puente Sampayo acaudillados por Morillo” reza a inscrición desta escultura situada na Alameda de Pontevedra que representa a un grupo de labradores, estudantes e soldados liderados por Morillo sobre un dos arcos derruídos da ponte.

48 cousas de


A memoria actual da Batalla Nos últimos anos son de destacar as actividades da Asociación Heroes de Ponte Sampaio. Entre 2006 e 2015 organizaron recreacións da Batalla con recreadores profesionais, aínda que xa non as fan pola falta de apoios. A memoria da batalla na zona mantense dos xeitos máis curiosos. Aínda se poden atopar cans chamados Ney ou Soult e é posible que o barrio do Conde, en Arcade, reciba o seu nome porque alí estiveron as tropas do conde de Noroña.

C Recreación da histórica

Batalla de Ponte Sampaio no ano do bicentenario (2009). Fotografía cedida por Ramón Agulla, presidente da Asociación Heroes de Ponte Sampaio.

PARA SABER MÁIS: Barreiro Fernández, X. R., Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia, Vigo, Xerais, 2009. Navas Ramírez-Cruzado, J. F., Victorias de Galicia. Guerra de la Independencia. Cuando el pueblo gallego derrotó a Napoleón, A Coruña, Hércules de Ediciones, 2013. Osuna Rey, J. M., Los franceses en Galicia. Historia Militar de la Guerra de la Independencia en Galicia (1809), A Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 2006.

cousas de 49


GALAICAS

LOLITA DÍAZ BALIÑO, A REALIDADE SOÑADA E Cousasde C Fundación Luis Seone

C Retrato de Lolita Díaz Baliño, s.d

Descoñecida polo público e esquecida pola historia da arte, a figura de Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963) é representativa das dificultades ás que se tiñan que enfrontar as mulleres, aínda a comezos do século XX, á hora de desenvolver calquer tipo de actividade creativa. A calidade do seu traballo como ilustradora, debuxante e acuarelista obtería, sobre todo durante a etapa previa ao estalido da Guerra Civil, un recoñecemento que se traduciría nas súas numerosas colaboracións en diversas publicacións da época, e que a convertiría nunha das primeiras mulleres en ingresar nunha academia de Belas Artes. A influencia do seu traballo transmitiríase ademais a outras artistas de xeracións posteriores, grazas ao seu labor docente que desenvolvería ata o seu falecemento en 1963. 50 cousas de

C Camino de Compostela. Revista Céltiga, 1928

Lolita Díaz Baliño nace na Coruña en 1905 no seo dunha familia de creadores: dous dos seus irmáns, Indalecio e Ramiro, destacaron como escultor e ilustrador respectivamente, e o maior deles, Camilo, pai do artista, empresario e intelectual Isaac Díaz Pardo, foi un dos pintores máis importantes da sua xeración, cuxa traxectoria se vería truncada ao ser asasinado polos fascistas ao comezo da Guerra Civil. O ambente familiar, que estimula a creatividade de todos os seus membros, fai que Lolita non sexa quen de lembrar en que momento comeza a realizar os seus primeiros debuxos. Unha das súas maiores influencias e principal apoio será o seu irmán Camilo. O estilo modernista da súa obra, na que están presentes correntes como o simbolismo e o Art Déco, xunto co acceso na casa dos seus pais ao traballo de ilustradores como o devandito Aubrey Beardsley, o norteamericano Will Bradley ou o lucense Manuel Bujados, entre outros, marcarán a estética inicial dos debuxos da ilustradora, que a mediados da década dos vinte comezan a publicarse en revistas como Mariñana ou Céltiga.


Nestas primeiras obras fanse xa evidentes as características que definirán o seu estilo: as figuras son estilizadas e elegantes, de trazos sintéticos e alongados, e nalgúns casos, amosan unha inclinación cara o orientalismo moi en presente na ilustración da época. Ao longo das décadas dos vinte e trinta do século pasado, as ilustracións de Lolita Díaz Baliño multiplicaranse en revistas como Galicia, Galicia Gráfica e en xornais como La Voz de Galicia, e protagonizarán carteis publicitarios de diversa índole: festas populares, anuncios de sociedades recreativas, celebracións oficiais, etc. En 1926 participa por vez primeira nunha exposición colectiva, na que tamén estará presente obra de artistas como Sotomayor, Castelao ou Corredoyra, entre outros. Nesta época realiza a súa primeira ilustración para a tapa dun libro, Cantigas e verbas ao ar do escritor e xornalista Xulio Sigüenza, publicado pola editorial Nós de Ánxel Casal.

C Revista Galicia Gráfica nº 115

C Revista Galicia nº 68. 7/12/1925

C Isaac Díaz Pardo: Retrato de

Lolita Díaz Baliño, 1931

cousas de 51


C Lolita Díaz Baliño: Hadas, s.d. Acuarela sobre pergamino. Colección particular

En 1929, a Deputación da Coruña concédelle unha bolsa para que realice estudos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, pero vese obrigada a rexeitala por motivos familiares. Xa na década dos trinta, a súa obra inclúese en numerosas exposicións colectivas, e o seu traballo como cartelista multiplícase. En 1934, impulsa a creación da Asociación de Artistas da Coruña, e participa xunto a outras compañeiras como Carmen Corredoyra ou Elena Santiso na exposición inaugural da agrupación, protagonizada en exclusiva por mulleres. O 13 de febreiro de 1938 ingresará como académica na Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario, converténdose xunto á pintora Carmen Corredoyra nas primeiras mulleres en acceder á institución. Tras o final da guerra, Lolita Díaz Baliño centrarase ata o seu falecemento na súa actividade docente, exercendo como profesora na Escola de Artes e Oficios da Coruña, e impartindo clases de pintura e debuxo no seu estudo, situado na Porta de Aires, en plena Cidade Vella, un espazo no que acollería a numerosas alumnas que destacarían posteriormente como artistas, como María Antonia Dans, Gloria de Llano ou Elena Gago, entre outras, e que anos despois recoñecerán a impronta da ilustradora nas súas respectivas traxectorias. J

C Lolita Díaz Baliño. Danzarina, ca.1925-30. Augada sobre papel

52 cousas de


Primeira mostra antolóxica dedicada á obra da ilustradora coruñesa DATAS: Do 25 de marzo ao 19 de setembro de 2021 LUGAR: Fundación Luis Seoane, A Coruña Co obxectivo de reivindicar a obra da artista e ofrecer unha perspectiva o máis ampla posible do seu traballo, a exposición “Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada”, amosará un apartado que inclue catálogos de man, recortes de prensa, folletos, revistas, cartas, fotografías e dous retratos a lápis da artista realizados polo seu sobriño Isaac Díaz Pardo. Preto dun centenar de obras procedentes de institucións, pero sobre todo de coleccións particulares, que conforman na Fundación Luis Seoane a primeira mostra antolóxica dedicada á obra da ilustradora coruñesa, un proxecto comisariado pola crítica de arte e xestora cultural Rosario Sarmiento que posúe un forte carácter divulgativo, incidindo nos tres aspectos nos que se dividiu a súa traxectoria: artística, académica e docente. A mostra pon ademais de manifesto a evolución estética da artista ao longo dos anos, desde unha primeira etapa, acorde cos postulados da ilustración do seu tempo, ata unha certa volta cara o clasicismo, na que retrata a coñecidos e a varias das súas alumnas, realiza paisaxes, etc. A exposición inclúe tamén varios exemplos de debuxos de temática fantástica, das fadas de Lolita, un motivo anómalo na arte española pero frecuente noutras tradicións como na anglosaxona, utilizado por ilustradores como Aubrey Beardsley, unha das súas primeiras influencias.

cousas de 53


REPORTAXE

PIÑEIRAL CASTREXO O NOVO ATRACTIVO TURÍSTICO DE A GUARDA O MONTE DO PUNTAL, NA GUARDA, LOCE UN NOVO ATRACTIVO QUE MOTIVA AÍNDA MÁIS Á VISITA A ESTA ZONA QUE DISCORRE POLA COSTA DE CAMPOSANCOS.

E C Judit Bernárdez

54 cousas de


A carón da desembocadura do Miño atópase o “Piñeiral Castrexo”, unha iniciativa do escultor Xosé Cabaleiro que simula o bosque pintado de Agustín Ibarrola. Neste coñecido pintor inspirouse Cabaleiro para dar forma aos petróglifos que demostran a presenza humana no Monte Santa Trega fai 2.000 anos. Para poder contemplalos hai que buscar a posición exacta na que as formas xeométricas, pintadas nos troncos das árbores, cobran sentido. A idea de trasladar os petróglifos do Trega ao monte do Puntal xurdiu fai anos mentres Cabaleiro paseaba pola zona: “aquí quedarían ben os petróglifos”, pensou; pero non foi ata o verán de 2019 cando, grazas á intervención da Entidade Local Menor de Camposancos, se obtiveron todos os permisos administrativos para trasladar ás imaxes aos troncos das árbores. Comezou así o traballo máis artístico, no que participou tamén a artista Gemma Marqués, da Casa Taller da Guarda, Dani Alonso e Ánxeles Hernán.

Labirinto

Axedrezado

Ningunha das figuras se pintou por azar, de maneira que se empregou un proxector para encaixar cada petróglifo no seu lugar. En total, pintáronse medio centenar de piñeiros, que mostran no seu conxunto os oito petróglifos gravados nas pedras do Monte Santa Trega polos antepasados guardeses: dous trisqueis, un labirinto, un xadrez, unha esvástica, un nó de Salomón, un disco solar e unha espiral. “A primeira vista as pinturas non din nada, só cando nos poñemos en certa posición podemos ver o debuxo formado”, explícanos o ideólogo deste “Piñeiral Castrexo”, onde tamén se mostran, nas árbores do fondo, “outras figuras atopadas no Trega consideradas parte dun plano da citania do Monte Santa Trega”. A pandemia irrompeu durante a metade dos traballos, que remataron no verán de 2020. Logo instaláronse paneis informativos e recentemente imprimíronse uns trípticos. “É a maneira de que a xente saiba que corresponden aos gravados rupestres do Trega”, indica Cabaleiro, facendo fincapé en que “temos que promocionar o noso patrimonio natural, cultural e etnográfico”. cousas de 55


CÓMO CHEGAR: A carón da Praia do Muíño e en pleno Camiño Portugués pola Costa. O “Piñeiral Castrexo” atópase no monte do Puntal, un piñeiral a carón da Praia do Muíño, en Camposancos. A zona está perfectamente sinalizada e mesmo está no traxecto do Camiño Portugués da Costa. Unha opción é estacionar nas inmediacións da Praia do Muíño, para o que existen indicacións nada máis chegar a A Guarda. Unha vez no Muíño, o paseo que dá entrada ao piñeiral tamén está sinalizado. Outra alternativa interesante é pórse na pel do peregrino e comezar a andaina na estación do ferry que une A Guarda con Caminha, porta de entrada do Camiño Portugués pola Costa en Galicia. Dende aí, seguindo as sinais do Camiño, chegamos a un paseo que percorre a beira do Miño ata chegar ao Muíño. Ese paseo continúa de contado polo “Piñeiral Castrexo”.

Con todo, está é unha exposición con data de caducidade: o tempo que tarde a pintura en desaparecer. Tendo en conta obras similares, Cabaleiro calcula que poderían pasar 10 años, aínda que dependerá moito do clima costeiro deste punto de A Guarda. Precisamente para evitar a súa desaparición, xa se solicitou á Xunta a declaración deste monte pintado como punto de interese cultural, á fin de que sexa repintado co paso dos anos. Pintura, por certo, “100% ecolóxica”, aclara o seu ideólogo. “A acollida está sendo espectacular”, congratúlase Cabaleiro. “Xa nos chamaron desde País Vasco e Cataluña; veñen excursións e os poucos peregrinos que pasan agora quedan abraiados. Non se miran cousas así por aí”, asegura a cabeza pensante do “Piñeiral Castrexo” .

56 cousas de


XOGAR COAS PERSPECTIVAS A perspectiva e a súa profundidade e unha das singularidades desta obra. Cada motivo foi fraccionado e gravado estratexicamente en distintos troncos e só desde un determinado ángulo e lugar podemos ver cada debuxo perfectamente formado, de xeito que a contemplación da obra convértese nun xogo para o espectador, que debe procurar o lugar preciso no que xorde a ilusión óptica que lle permitirá observar cada motivo completo. J

Espiral Medio cento de piñeiros locen oito motivos celtas: esvástica, No de Salomón, disco solar, espiral, trisquel D, axedrezado, labirinto, trisquel E

cousas de 57


MEDIO AMBIENTE

NON TEMOS UN PLANETA B por Antón Lois, Amigos da Terra

Non é fácil entender porqué tardamos tanto tempo en ser conscientes de que tiñamos un problema coa cantidade de lixo que estabamos a xerar. Unha explicación podería ser que realmente nunca vimos o problema, e en boa medida seguimos sen velo. A nosa relación co lixo limítase ao breve espazo e tempo que tardamos en pechar a bolsa e depositala no contedor, aí empeza e termina nosa parte, ou iso gustaríanos crer. Sabemos que un camión pasa pola rúa, recolle o depositado no contedor e vaise. A mañá seguinte o contedor está baleiro, e así día tras día ano tras ano. Onde estaba o problema? En realidade non moi lonxe. Durante décadas cada Concello ou grupo deles buscaron un lugar no monte (non moi lonxe, para aforrar transporte, que non vivise moita xente preto, para evitar protestas) e alí directamente tiraban todo, un método sinxelo e barato ata que un día por simple falta de espazo físico non cabía nin unha soa bolsa de lixo máis. Ese día por fin descubrimos que tiñamos un grave problema pero non co lixo que produciamos; o problema que percibimos foi que os vertediros incontrolados estaban cheos. A seguinte solución foi queimar a lixo, pero non para resolver o problema dos residuos que xerabamos, senón (matiz importante) resolver o problema da saturación dos vertedeiros. Sabiamos que por lei física unha parte deses residuos pasaban a atmósfera, tanto como dicir que o lixo non nos entraba pola porta senón pola xanela, pero esquecemos o detalle das cinzas, contaminadas tras queimar simultaneamente algo tan heteroxéneo. Esas cinzas precisaban un vertedoiro para o seu almacenamento, e desta forma regresamos ao momento de partida: máis residuos, máis vertedeiros, que se enchen e precisan máis e así sucesivamente. Ocorréusenos entón que poderiamos complementar a vertedura e a incineración coa reciclaxe. A idea parecía sensata: separar os residuos, facer unha recollida selectiva e con esa materia prima fabricar novos materiais de consumo. Para isto necesitábamos educación en dúas fases. A primeira era sinxela: que a xente diferenciase un papel dunha lata e unha lata dunha botella etc. A seguinte fase era poñerlle cores: papel ao contedor azul, envases ao amarelo etc. e animar á participación cidadá e para iso, e só para iso, investimos en campañas divulgativas en todos os soportes imaxinables. Qué podía saír mal? Pois que seguiamos xerando máis e máis lixo (3.000 toneladas diarias en Galicia) e ningunha solución ao final da tubaxe funcionaba e apenas reciclamos realmente un 25% sendo optimistas, nin a metade do que Europa nos exixía o pasado ano. 58 cousas de

Imaxe: Freepik.com


Reducir a cantidade de lixo, a primeira das tres R (reutilizar e reciclar van despois) ten que ser a prioridade.

Seguramente o podemos comprender aplicando o “principio da bañeira”. Consiste no seguinte: a bañeira da casa atáscase, a auga sae por fora e inúndase todo. Inmediatamente buscas un caldeiro e recolles a auga da bañeira para tirala polo retrete. A casa séguese asolagando, buscas outra opción… unha bomba de auga. Pos o tubo de recollida na bañeira, o de saída no retrete, e empezas a darlle á manivela para bombear. Funciona, pero non te podes mover de aí. Entón descobres a bomba de auga eléctrica. O mesmo que o manual pero sinxelamente dáslle a un botón, e asunto solucionado, problema resolto. O desgusto aparece cando te chega a factura da electricidade. Por fin, alguén cun pouco de sensatez, propón o seguinte: pechar a billa. Tardamos moito tempo en descubrir a solución máis simple, a primeira opción. Calquera solución a un problema centrada en tentar mitigar os efectos, sen cambiar as causas non resolverá devandito problema. Reducir a cantidade de lixo, a primeira das tres R (reutilizar e reciclar van despois) ten que ser a prioridade. Soamente Vigo xera cada día 390.000 quilos de lixo, o equivalente a 1´3 quilos por persoa e día que estamos a piques de superar, porque esa é unha parte do problema: cada vez xeramos máis residuos e máis complexos. Algún exemplo que pode axudarnos a entender a magnitude do que preferimos non ver. As bolsas de plástico utilizadas en Vigo durante un ano, postas en fila, equivalerían á distancia de ida e volta entre Vigo e Nova York, dúas veces. Para separar eses carrís imaxinarios poderiamos poñer como medianeiras as latas de refrescos que se utilizan no mesmo tempo. Soamente os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos refugados diariamente na cidade son dúas toneladas dos grandes electrodomésticos e unha tonelada dos pequenos aparellos. 140 toneladas diarias de biorresiduos enviadas diariamente por Vigo para ser incineradas cando con esa materia orgánica (42% do total) poderíamos facer compost para por exemplo rexenerar os montes queimados. O noso planeta chega ao seu límite biofísico: non podemos seguir consumindo recursos naturais e producindo lixo a este ritmo, simplemente o noso planeta xá non o pode soportar. Reducir a cantidade de residuos, reutilizar e reciclar, por esta orde o que non poidamos reducir é a única opción e non temos alternativa. Trátase dunha responsabilidade colectiva a todos os niveis, empezando polas normativas legais e as decisións de gobernos a todas as escalas, pero tamén unha imprescindible responsabilidade individual. Non temos un planeta B. J cousas de 59


REPORTAXE

CONDE DE GONDOMAR, 46 ANOS DE VELA DE ALTURA NO MONTE REAL E Rosana Calvo, responsable de comunicación do MRCYB

CREADO EN 1976 POLO MONTE REAL CLUB DE YATES E DISPUTADO SEN INTERRUPCIÓN DESDE ENTÓN, O CONDE DE GONDOMAR CONSOLIDOUSE CO PASO DOS ANOS COMO UNHA DAS REGATAS MÁIS CARISMÁTICAS DO PANORAMA NÁUTICO ESPAÑOL, CUNHA HISTORIA REPLETA DE GRANDES NOMES DA VELA EN GALICIA QUE NON CONVÉN ESQUECER, E UNHA DAS PROBAS MÁIS EMOCIONANTES DA VELA ATLÁNTICA: O BAIONACARRUMEIRO CHICO-BAIONA, DE CASE 100 MILLAS. EN 2020 NIN O COVID19 PUIDO PARALO E NESTE 2021 CELEBRARÁ EN BAIONA O SEU CUADRAXÉSIMO SEXTA EDICIÓN BAIXO O NOME DE GRAN PREMIO ZELNOVA ZELTIA SABADELL. SERÁ OS DÍAS 23, 24 E 25 DE XULLO.

60 cousas de

C Os diferentes Pairos de José Luis Freire (un deles no primeiro plano) son os que máis veces gañaron oTrofeo Conde de Gondomar - Foto Jacobo Bastos

Aínda que a historia do Trofeo Conde de Gondomar empeza a escribirse en 1976, co nacemento da competición, debemos remontarnos varios séculos atrás para descubrir a verdadeira orixe do seu nome, que xorde dunha pretendida homenaxe á figura de Diego Sarmiento de Acuña, primeiro Conde de Gondomar. Fillo do gobernador de Galicia, ao mando militar da fronteira portuguesa e a costa galega, Sarmiento foi figúra clave no exército de 5.000 homes que, a pesar de ser recrutados a fume de carozo, lograron conter o ataque que o pirata máis famoso da historia, Francis Drake, ía perpetrar contra Baiona. O Conde de Gondomar quedou así ligado para sempre á península do Monte Real, onde hoxe en día sitúase o Parador Nacional, que tamén leva o seu nome; e o Monte Real Club de Yates, que en 1976 decidía bautizar como Trofeo Conde de Gondomar a unha proba que, co paso dos anos, converteríase na regata de altura por excelencia en Galicia.


C Na última edición do Conde de Gondomar (celebrada en 2020 no marco da pandemia do COVID19) participaron arredor de 40 barcos - Foto José Ramón Louro

C O Cantiño era un dos barcos que o Monte Real utilizou durante anos para as súas regatas - Arquivo MRCYB

Disputado sen interrupción desde 1976, a competición do Monte Real Club de Yates consolidouse como unha das regatas máis carismáticas de España e neste 2021 cumprirá o seu cuadraxésimo sexta edición baixo a presidencia de José Luis Álvarez. Celebrarase en Baiona os días 23, 24 e 25 de xullo baixo o nome de Gran Premio Zelnova Zeltia Sabadell. Incluirá, como vén sendo tradición, a histórica proba do Carrumeiro Chico, dunhas 100 millas de distancia, cuxo récord (11 horas, 56 minutos e 57 segundos) ostenta, desde o 2011, o Cenor & De Dietrich.

Nacía así una das competicións máis importantes do panorama náutico español, baixo o mandato de Rafael Olmedo Limeses como presidente do club; e co almirante Rafael Lorenzo (comodoro), Humberto Cervera “Piruchi” (delegado de vela) e Alfonso Paz Andrade, como figuras claves na súa creación; xunto con Jesús Valverde, José Ramón Fontán, José da Gándara e Rui Moreira. O 19 de agosto daquel ano, 29 barcos aceptaron o desafío e puxeron rumbo á zona de Cabo Silleiro, onde estaba previsto celebrar un triángulo olímpico que finalmente non chegou a disputarse por mor da néboa. A segunda das tres probas previstas en programa, un percorrido entre Baiona e Muros, tamén se suspendeu, esta vez por falta de vento; e a estrea do Trofeo Conde de Gondomar quedou reducido a unha única proba que gañou o “Ardora” ( Contention 33) de Alfonso Paz Andrade e Julio Babé, patroneado por Gonzalo Romero. En toda a historia do Conde de Gondomar, José Luis Freire é o que maior número de vitorias logrou na competición. Suma un total de 6. Seguindo o seu ronsel atopámonos ao “Aceites Abril” de Luís e Jorge Pérez Canal; que suman 4 vitorias, as mesmas que lograron no seu día o “ Ardora” de Paz Andrade, o “Castrosúa” liderado por Willy Alonso e o “Alaxe” de Julio Martínez Gil. J C Un dos barcos do Trofeo

Conde de Gondomar virando o Carrumeiro Chico en 2008 Foto H.Blein

cousas de 61


DEPORTE EN FEMININO

CLUB BALONMÁN CASELAS A PAIXÓN POLO BALONMÁN FEMININO EN SALCEDA, PRETO DE CUMPRIR 40 ANOS E Judit Bernárdez

C Imaxe máis recente do equipo

En Salceda de Caselas hai tradición polo balonmán, sobre todo polo balonmán feminino, pero non sempre foi así. Foi en 1982 cando este deporte aterrou no val do Caselas e, tras anos de aprendizaxe, crecemento, éxitos e tamén momentos difíciles, nos que o club chegou mesmo a desaparecer, a día de hoxe o Balonmán Caselas pode presumir de estar ás portas do seu 40 aniversario cun consolidado equipo Senior Feminino e cunha forte aposta pola promoción das bases. Todo comezou na parroquia de Parderrubias, no ano 1982, cando se xogaba unha liga organizada polo centro de formación profesional EDA de As Neves, na que participaban equipos de diferentes parroquias dos municipios do Condado-Paradanta, e tamén de Salceda. O equipo de Parderrubias estaba formado por rapazas de entre 13 e 14 anos, que cun adestrador afeccionado a este deporte, comezaron a xogar no torreiro das festas. A paixón pola pelota comezou a aflorar entre a rapazada, e do asfalto do chan do torreiro de Parderrubias, trasladáronse a unha pista polideportiva descuberta, a carón do Matadoiro de Salceda. O grupo empezou a crecer coa chegada de rapazas de outras zonas do municipio, constituíndose o Club Balonmán Salceda. O entusiasmo polo balonmán xa era imparable e co paso dos anos foi medrando e albergando máis categorías, dende o equipo base ata o Senior. Anos despois, as Escolas Deportivas Municipais fixéronse cargo das categorías base, quedando o Club cos equipos Xuvenil e Senior. Estes, na súa maioría femininos, xogaron en diferentes torneos a nivel nacional en Valladolid, Salamanca ou Fuerteventura ao longo da súa historia. Co paso do tempo e pola dificultade das xogadoras de compaxinar o balonmán coas diferentes responsabilidades da vida adulta, o Club quedou sen equipos durante varias tempadas, ata que en 2010 resurxiu da man das xogadoras da última categoría Senior Feminina, que se fixeron cargo da directiva do Club Balonmán Caselas e formaron un novo equipo. “Era algo que sempre falabamos entre nós, que tiñamos que volver, e por fin se materializou”, recorda Yolanda Rodríguez Vaqueiro, a actual presidenta do club. 62 cousas de


Esta nova andaina supuxo un antes e un despois. O Club medrou e ao ano seguinte conseguiu formar equipo Senior Masculino, aínda que este solo estivo en activo durante tres tempadas; Nese época tamén naceu un equipo Xuvenil Feminino, que máis tarde se integraría no Senior. Pola súa banda, o Senior Feminino despunta e chega mesmo a xogar a fase de Ascenso á División de Honra en Forteventura na tempada 2015-2016, gañándose un oco na Primeira División Autonómica. C Os inicios . Anos 90. Pista do Matadoiro.

Actualmente, o Club subsiste grazas ao esforzo de xogadoras e directiva, así como de pequenas empresas que fan posible seguir adiante con este proxecto. Unha das últimas iniciativas foi a realización do carné de socio colaborador.

Na actualidade, doce xogadoras de entre 17 e 40 anos integran o equipo Senior Feminino; mentres que a directiva está integrada por xogadores, pais dos nenos e nenas da base e ex xogadoras; unha delas é precisamente a presidenta do Club, Yolanda Rodríguez, que fai moito fincapé na constante colaboración co balonmán base das Escolas Deportivas C Imaxe dos primeiros anos Municipais, que, aínda que non pertence ao Club, “é o futuro do balonmán en Salceda”. “Non todo é fútbol”, destaca a presidenta do Caselas, Club que na próxima tempada celebrará o seu 40 aniversario coa volta do equipo Xuvenil Feminino.J

cousas de 63


OCIO/MÚSICA

XIII EDICIÓN DO CICLO DE MÚSICA DE SAN MARTIÑO DE BARCIA DE MERA O pasado 24 de abril deu comezo o XIII Ciclo de Música de San Martíño de Barcia de Mera, que acolle cada verán esta parroquia situada no oeste do municipio pontevedrés de Covelo. Este ano iníciouse coa estrea absoluta da obra encargada polo ciclo de música “Vesperas na honra de San Martiño” a cargo da agrupación Voz Stellae Ensemble. Este ano os organizadores programaron 7 concertos. Nos meses de maio e xuño puidemos gozar das actuacións de Ensemble Musicantes e de Galicia en Oito Cordas, Xa en xullo (día 10) será a quenda de ‘María Estuarda’ de Schiller e Donizetti. En agosto, Duo Tau (día 15). Vox Organalis interpretará en agosto obras de Juan Ponce, Pedro Escobar… (día 28). A programación pecharase o 25 de setembro co Sexteto Concert Art. Todos os concertos realizaranse no marco incomparable que forman o conxunto eclesiástico de San Martín de Barcia de Mera, que conta cunha estupenda acústica, ademais de estar situada nun espazo idílico, que lle confire un ambiente máxico aos concertos. Voz Stellae Ensemble

O aforo está limitado e con todos os protocolos de seguridade esixibles, polo que é imprescindible facer unha reserva previa. Todos os concertos serán na igrexa de Barcia de Mera, ás 20.00 horas.

64 cousas de


OCIO /LIBROS Lo pasado no es un sueño Theodor Kallifatides Editorial Galaxia Gutemberg Coa súa característica sinxeleza e humanidade, Kallifatides nárranos a súa vida desde que abandona o seu pobo natal ata que retorna a el para recibir a homenaxe dos seus veciños convertido xa nun escritor consagrado. Así descubrimos a sua infancia e adolescencia en Grecia ata o seu exilio en Suecia.

Celtas, castrexos e romanos. Á procura dun pasado na historia de Galicia Francisco González García, Editorial Xerais Esta obra sintetiza os principais procesos históricos da Antigüidade galaica: a aparición dos castros e as súas transformacións, o papel da guerra na vida social e cultural das poboacións do noroeste peninsular ou as mudanzas que estas experimentaron tras a conquista romana.

Los últimos pianos de Siberia

Los misterios de Selva

Sophy Roberts Editorial Seix Barral

Emilía Pardo Bazán Editotial Ezaro

Unha obra entre a literatura de viaxes, o ensaio narrativo e a historia da música, Los últimos pianos de Siberia segue os pasos de moitos destes pianos, así como as historias persoais de quen fixo posible a proeza de que estes pianos lograsen viaxar miles de quilómetros por unha terra remota e hostil.

Tal como revela La gota de sangre , aquí incluída, e a novela inédita Selva, Emilia Pardo Bazán é a primeira escritora de novela criminal. Experimentou todos os estilos narrativos e temáticas pero poucos lectores coñecen a súa sorprendente incursión na novela policíaca.

Amazonia

Los Grandes Espacios

Sebastião Salgado Editorial Taschen

Catherine Meurisse, Editorial Impedimenta

Sebastião Salgado viaxou pola Amazonía brasileira e fotografou a incomparable beleza desta extraordinaria rexión durante seis anos: os bosques, os ríos, as montañas, a xente que vive alí, un tesouro insustituíble da humanidade.

Un cómic cheo de humor e tenrura onde Catherine Meurisse narra como foi o asombroso paraíso da súa nenez, no que nos convida a perdernos a través da natureza, a arte e a literatura, onde todo é liberdade.

cousas de 65


PUNTOS DE DISTRIBUCIÓN DA NOSA REVISTA Ante a situación xerada polo estado de alarma, en COUSAS DE, tomamos a decisión de poñer en marcha unha serie de medidas extraordinarias, para asegurar a chegada de exemplares da nosa revista, de maneira segura, en todas e cada unha das localidades obxecto habitual de cobertura informativa da nosa cabeceira. Unha destas medidas é o acordo con establecimentos especializados na venda de libros, revistas e prensa en xeral, como novos puntos de distribución da revista. Queremos mostrar o noso agradecemento a todos e cada un deles polo entusiasmo mostrado ante esta nova proposta. A CAÑIZA.- Kiosco do Mercado A GUARDA.- Librería LER, librería Cervantes e Librería Ideas AS NEVES.- Estanco BAIONA.-Librería Vernet e Estación de Servicio Monterreal. Sabarís.- Kiosko Sabarís BUEU.- Librería Abrente, Librería Miranda e Panadería Amador CANGAS.- Kiosco Goluts, Kiosko La Ventana e Libraría Wells e Libraría A Esmorga GONDOMAR.- Librería Libraida e Asociación de Empresarios A Pasaxe MARÍN.- Librería Maky e Libraría Nobel MOAÑA.- Librería Nobel e Libraría La Papelería MONDARIZ.- Librería Santa Eulalia MOS.- Librería Arte e Ciencia NIGRÁN.- Libraría Paraísos de Papel e Estanco. Ramallosa. - Kiosko Ramallosa e Copisteria Duplicolor. Panxón.- Estanco César O PORRIÑO.- Librería Recondo, Kiosco El Pinar e Librería Papelería Copirey e Kiosco Regaliz O ROSAL.- Librería Ideas e La Segunda Vuelta PONTEAREAS.- Librería Papiros, Librería Don Papel e Librería Mil Follas PONTEVEDRA.- Libraría d-lectum, Libraría Nobel (zona Museo) e Kiosco Beni (Mercado) PAZOS DE BORBÉN .- Kiosko - Tabacos Huno REDONDELA.- Quiosco Cocó, Quiosco Chelo, Quiosco Xunqueira e Libraría La Imprenta. Chapela de Arriba.- Estanco SALCEDA.- Librería Sernel, Librería Lemos e Librería Dona SALVATERRA.- Kiosko Bolboreta e Estanco SOUTOMAIOR.- Arcade Librerías Loli e Kiosco Tulipán TOMIÑO.– Librería Novidades e Quisco Loterías Gonzalo. Goian (Tomiño )Mercado TUI.- Librería Nobel, Estanco/quiosco rúa Ourense e Librería Iris VIGO.- Librería Librouro, Librería Solidaria Aida, Librería Nobel (Gran Vía)e Libraría Cartabón, Libraría Nobel (Calvario)

66 cousas de


cousas de 67


68 cousas de


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.