COUSAS DE - Revista nº12

Page 1



SUMARIO

NÚM.

12

Maqueta do Plan de Vigo, 1932 Deseño 2D e 3D Carlos Paz de Lorenzo - CIAG. Realización por Javier Fondevila Blanco e alumnos Sabela Fernández e Antonio Presas, fabricación mecánica do IES Politécnico de Vigo.

04\ EDITORIAL 06\ OPINIÓN

Páxina 6 Por Suso Vila

Funcións e usos dun lugar con historia

08\ RÍAS BAIXAS

“Unha provincia de película”, a nova programación cultural da Deputación para 2022

15\ ACTUALIDADE 48\ GALAICAS

Isabel Zendal: Os fitos dunha vida

52\ REPORTAXE

Cangas, 400 anos dunha caza de bruxas en Galicia

58\ GALICIA SOLIDARIA

Aceesca, a asociación do Porriño abandeirada da inclusión das persoas con diversidade intelectual

10\ ENOTURISMO

Unha viaxe por catro zonas vitivinícolas de referencia

12\ ACTUALIDADE 14\ OPINIÓN

Por Carlos de la Peña En Baiona polos 30 anos do IGADI

52\ MEDIO AMBIENTE

O mar do Salnés. As rías e o afloramento

64\ OCIO

Exposición Castelao en Europa. A viaxe de 1921

ESPECIAL ANTONIO PALACIOS 24\ 26/ 30/ 34/ 40/ 44/

A PEGADA DUN ARQUITECTO PORRIÑES CONSAGRADO EN MADRID Antonio Palacios. Novas achegas e reivindicacións pendientes Desentrañando a Palacios. Gabanza de Xosé Ramón Iglesias Veiga Antonio Palacios e as artes plásticas Antonio Palacios e a arquitectura como emblema O Templo Votivo do Mar de Panxón, a homenaxe ás xentes do mar de Palacios

cousas de 3


EDITORIAL

Neste exemplar da revista que o lector ten nas súas mans, dedicamos especial atención a coñecer o noso medio natural, achegándonos desta vez ata a Ría de Arousa. Tamén coñeceremos a labor que fai no Porriño a asociación Aceesca. E nunha gran reportaxe, lembraremos a caza de bruxas que se produciu hai 400 anos, de maneira especial en Cangas. Con frecuencia digo que somos grandes descoñecedores do noso, o que en ocasións lévanos a ignorar figuras e acontecementos de enorme transcendencia, tanto actual como histórica. Precisamente un dos nosos obxectivos fundacionais foi incorporar estes contidos en seccións destacadas da revista, e creo que unha vez máis o logramos, grazas á inestimable participación de grandes colaboradores. Nesta ocasión dedicámolo a dúas figuras que por distintas razóns debemos de preservar na nosa memoria. En primeiro lugar falamos da enfermeira galega Isabel Zendal, que participou nun fito histórico de especial relevancia, a Real Expedición Filantrópica da Vacina, que partiu do porto da Coruña en 1803 para inmunizar contra a varíola nos territorios de ultramar, sendo a encargada de coidar dos nenos que facían de portadores da vacina. E tamén de Antonio Palacios. Unha reportaxe sobre o arquitecto do Porriño, o máis importante arquitecto español da primeira metade do século XX, por amplo que sexa, está condenado a ser incompleto. O noso empeño foi trazar unha aproximación o máis suxestiva posible da man dalgunhas das persoas que seguiron con máis interese a súa traxectoria. Como adianto diremos que a súa inxente obra, está maioritariamente relacionada con Madrid y da súa extensa colaboración coa compañía do Metro, no Porriño, consérvase o orixinal do templete da rede San Luís. Na actualidade o Museo do Mar de Vigo acolle unha interesante mostra sobre a obra de Antonio Palacios que reúne máis de 200 pezas, entre as que figuran unha réplica da maqueta do Gran Vigo, elaborada por alumnado do IES Politécnico da cidade.

Edita: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo. cousasde@edicionesbasan.com.

Periodicidade trimestral.

Director: Jesús Mª García Bastida jesusgbastida@cousasde.com Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL Colaboradores: Anxo Rodríguez Lemos, Pablo Fernández Estévez, Carlos Méixome, Suso Vila, Álvaro Peralta, Judit Bernárdez, Carmen Salinero, Pilar Vela, Silvia Cernadas, Xosé Ramón Paz Antón, Marco Rivero, Rosa Vila, Alberte Reboreda, Jesús Ángel Sanchez, Diego Giráldez, Antonio López Mariño, Mª Teresa Ramos Covelo y Ángeles Tilve

4 cousas de

C Templete orixinal do Metro de Madrid no Porriño

Departamento Comercial: revistacousasde@cousasde.com Teléfono: 626 993 480 Web e redes sociais: www.cousasde.com

redacción@cousasde.com Depósito Legal: VG 229-2019 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores.

Distribución gratuíta en: A Cañiza, A Guarda, Arbo, As Neves, Baiona, Bueu, Caldeas de Reis, Cambados, Cangas do Morrazo, Covelo, Cuntis, Gondomar, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, O Grove, O Porriño, O Rosal, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vigo, Vilaboa En Portugal: Valença, Cerveira, Caminha e Monçao


E LOS R B U DESC RES Y O D A ALINE S ONCIA D O T OR BLES I S I V IN

Ponte en las mejores manos para lucir sonrisa Cuidamos tu salud bucodental e incluimos tratamientos de labio y pómulos como complemento a la rehabilitación. Nuestro servicio de estética dental es integral. Para que puedas disfrutar de una sonrisa plena, ahora puedes complementar tu rehabilitación con ácido hialurónico. Somos especialistas con experiencia en grandes rehabilitaciones, con resultados 100% garantizados.

Registro Sanitario: C-36-001975

• Facilidad de financiación: 36 meses sin intereses.

EXPERTOS EN REHABILITACIONES CON CIRUGÍA AVANZADA, TRATAMOS CASOS COMPLEJOS. ¡DESCÚBRENOS!

CTRA. DE CAMPOSANCOS 152 36213 (VIGO) 986 296 247 - 608 555 324 info@clinicadentalromeo.com www.clinicadentalromeo.com

cousas de 5


PÁXINA 6 / OPINIÓN

FUNCIÓNS E USOS DUN LUGAR CON HISTORIA por Suso Vila, Dr. en Historia da Arte En Tui teñen aberto nova oficina de Turismo. O local é un espazo coñecido na cidade. Ubicado na Corredoira e próximo aos icónicos soportais do paseo a nova oficina engade un novo uso a un lugar que tivo recentemento a función de Xulgado de Tui perante a falta de espazo dos vellos xulgados decimonónicos. O sitio tivo a súa fama como a tenda de Rogelio durante case cincuenta anos. Rogelio, unha gran personalidade de Tui a mediados do século XX tiña construido o local na plataforma de recheo da “panadería vella”, un dos tinglados da antiga Praza do Comestible rematada en C Años 90. Autor, Amador G., (vía Fotografías Antiguas de Tui). 1824. Da panadería sobreviviu no parapeto que chamábamos “a plazoleta” o escudo da cidade mostra da importante intervención pública para a realización dos cubertos do mercado que se extendían a un lado e outro da Porta da Pía e tamén neste rectángulo. A cuberta que protexía todo o solar sería deixada na metade en 1844. Para 1877 pensábase en vender o solar da panadería para a construcción de vivendas acción que sería vetada polo gobernador civil en 1887. O estado da cuberta e o abandono do solar levaría a que o concello desmantelase a estrutura en 1887. No ano seguinte algunhas columnas do cuberto serían reaproveitadas na fonte de San Bartolomeu. Cando se construíu a Praza do Comestible entre os anos 1813 e 1824 crearíase o recheo da panadería polo que anteriormente o terreo estaba na mesma cota que a Corredoira. Podemos advertir na plazoleta unhas pedras na parede da vivenda veciña, as doelas do arco de medio punto do acceso a un edificio. Este arco era a porta da antiga cátedra de Gramática de Tui construida polo bispo Juan de San Millán en 1563 e lugar dos primeiros estudos do médico e filósofo Francisco Sánchez en Tui. Nesta fachada figuraría até o século XIX o escudo do bispo Juan de San Millán, hoxe en día exposto no claustro catedralicio. Os usos comerciais, escolares, xudiciais e agora turístico-culturais se superpoñen nun lugar que participa da historia da cidade e tamén do seu anecdotario como cando Rogelio colgaba os abrigos de pel nas árbores da Corredoira creando unha imaxe típica e aínda lembrada pola xente. A nova oficina de turismo aínda que semelle un local novo conta moita historia de Tui.

C Anuncio do comercio de Rogelio en 1960 (Boletín do CIT).

6 cousas de

C Plano de Tui de 1733 sobre o que se sinala o proxecto da praza do Comestible de 1814.


cousas de 7


RÍAS BAIXAS

“UNHA PROVINCIA DE PELÍCULA!”, A NOVA PROGRAMACIÓN CULTURAL DA DEPUTACIÓN PARA 2022 A presidenta provincial presentou en Culturgal a programación para 2022, centrada no audiovisual, no cumprimento da Axenda 2030 e coa igualdade como eixo transversal

8 cousas de

Cultura para todas e todos, accesibilidade, inclusión, ocupando espazos, coidando o medio ambiente, cumprindo cos 17 ODS da Axenda 2030 e coa igualdade como eixo transversal a todas as accións. Con estas premisas e con novidosas iniciativas, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, deu o pistoletazo de saída na Culturgal a “Unha provincia de película!”, a nova programación da institución para 2022. “Imos volver a impulsar unha fonda acción pola provincia porque temos unha cultura de película”, asegurou a presidenta, que insistiu “no poder transformador da acción cultural, que fai mellores ás sociedades e que hai que espallar por todo o territorio”. “Sen cultura non hai vida, asegurou, non hai sociedade avanzada sen ela e desde as administracións públicas temos a obriga de democratizala para que chegue a todas e a todos”. Carmela Silva sinalou que “si en Galicia temos un grande pulo cultural, a provincia de Pontevedra vive unha revolución, especialmente das mulleres creadoras. Sempre estiveron aí, pero case sempre tamén invisibilidas ou non recoñecidas”. O audiovisual marcará de forma importante a programación do próximo ano. A presentación arrancou cun vídeo sobre os “Rías Baixas Film Fest” con FICBueu, Curtas Armadiñas de Poio, Novos Cinemas de Pontevedra, Cans do Porriño, Play-Doc de Tui, Primavera do Cine de Vigo, AGAIN de Vigo, Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía e o Galicia Freaky Film Festival de Vigo “que cada vez atraen a máis xente”. Carmela Silva confirmou que están pechadas dúas exposicións arredor do cinema e da fotografía como “Cines de Pontevedra. Memorias dunha ilusión”, mostra itinerante sobre a historia dos cines da provincia, e a da artista Rosa Neutro “Pequena enciclopedia de fotografía”. Igualmente, se retomará a iniciativa “Cinema e muller”, para fomentar a construción de discursos narrados por elas, e seguirán “Pontevedra Plató de Cinema”, patrocinio de cinema feito en Galicia que leva xa apoiado ata 9 producións nos últimos dous anos, e os premios “Mulleres no foco”.


O patrimonio como “escenario de realidade e ficción para fomentar a cultura en todas as súas manfiestacións” será tamén outro dos eixos para 2022. Así, lanzarase dúas novas iniciativas para empregar a arte e a cultura a fin de relacionar e emprender no territorio: “Mulleres extra muros”, na que se intervirá con arte no espazo rural. “Iremos a aldeas con mulleres artistas de distintas disciplinas para transformar espazos, e vivirán alí uns días en contacto con mulleres do pobo para contar coas historias da súa memoria”. Tamén lánzase “DepoCrea”, programa de acollida de creadoras e creadores en residencias artísticas. “Será no Grove, confirmou a presidenta, e contaremos con artistas da escrita pero tamén da música e das artes plásticas”. Continuarán os programas emprendidos para dinamizar os espazos patrimoniais da provincia como “Tornar ás táboas”, teatro en auditorios e centros culturais; “Música no Ar”, facendo soar a música clásica, tradicional e contemporánea en espazos patrimoniais; os concertos de música galega en prazas e rúas con “Musigal”; o teatro e historias a carón dos castros de “Historias cavadas”; os percorridos da provincia coas “Rutas de Arquitectura” e os “Roteiros Literarios”; os espectáculos de maxia, circo e diversión nos castelos de Sobroso e Soutomaior de “Tras as ameas”; a moda, música e danza nos espazos con historia de “Costura de Alecrín by Rías Baixas”; e a “Escola de Letras”, pioneira en Galicia e das poucas que existen no estado. A Deputación tamén seguirá celebrando ás históricas mulleres da cultura, como se fixo neste 2021 con Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Xela Arias e María Vinyals, e seguiranse a apoiar e visibilizar ás mulleres da escrita espallando o “Manifesto de Soutomaior”. Nesta misma liña, festexaranse efemérides como o Día de Rosalía, o Día do Teatro, o Día da Poesía, o Día do Libro, o Día da Danza e o Día da Música, e datas históricas vencelladas á cultura como o Día das Artes Galegas que, no 2022, porá o aceno no pintor lalinense Laxeiro, ou festexando o centenario do nacemento de María Casares, “a nosa actriz máis internacional”. Tamén seguirán as exposicións centradas na cultura e a igualdade como “Muller por muller”, ata finais de ano na sede en Vigo, “Espazos roubados”, e igualmente volverán iniciativas vinculadas coa igualdade e centradas na música como o programa “Descúbreas”, que continuará no 2022 para seguir potenciando o talento musical feminino da provincia.

cousas de 9


ENOTURISMO

UNHA VIAXE POR CATRO ZONAS VITIVINÍCOLAS DE REFERENCIA CO GRUPO TERRAS GAUDA CREAR VIÑOS APEGADOS AO SEU TERRUÑO E NOS QUE SE IDENTIFICA A ORIXE GUIOU O PROCESO DE EXPANSIÓN XEOGRÁFICA DO GRUPO ADEGUEIRO DESDE O ROSAL Á RIOXA, BIERZO E SARDÓN DE DOURO

C Terras Gauda

A viaxe do Grupo Terras Gauda por catro das zonas vitivinícolas máis prestixiosas a nivel nacional e internacional comeza no Rosal en 1989. A filosofía empresarial de elaborar viños únicos, a súa aposta polo I+D+i como elemento diferenciador e a preservación do seu legado a través da sustentabilidade permanece inalterable. Son valores que forman parte do seu ADN e son selo identificativo dos seus catro viños: Terras Gauda, o buque insignia, que mestura as variedades autóctonas Albariño, Caíño Blanco e Loureiro; Terras Gauda Etiqueta Negra, co que a adega foi pioneira na crianza dun branco sobre leas en Rías Baixas; A Mar, personalidade sen par do primeiro viño elaborado con Caíño Blanco, variedade recuperada grazas a un proxecto de investigación, que conquista pola súa facilidade para extraer ao máximo as características da súa terroir; e o 100% Albariño Abadía de San Campio.

Este percorrido continúa cara á Rioxa coa Compañía de Viños Heraclio Alfaro. Inspirándose en séculos de sabedoría colectiva, elabora a terceira anada de Heraclio Alfaro 2017. Moi ligado ao chan e ao clima, garda estreita relación co territorio e bebe da tradición, da herdanza e a vocación dunha zona xeográfica que sempre foi referente. A novidade é Finca Estarijo 2016, unha combinación das catro variedades tradicionais, co Graciano como gran protagonista. Marca o seu perfil, achegando unha intensa coloración, nervio e frescura. A Garnacha contribúe a un mellor equilibrio con achega de froita fresca e acidez. Tempranillo e Mazuela completan a mestura deste viño, fino e elegante que permanece 16 meses en barricas de carballo francés e pequenos fudres de 700 litros e tres anos en botella para terminar de afinarse. A Compañía de Viños Heraclio Alfaro tamén elabora o exclusivo Aceite de Oliva Virxe Extra Ecolóxico Heraclio Alfaro. Unha colleita propia procedente das trece hectáreas de oliveiral da variedade Arbequina plantadas en 2004 e cultivadas en agricultura ecolóxica.

10 cousas de


C Pittacum

C Finca Estarijo O roteiro segue cara a Sardón de Douro, onde se acha Quinta Sardonia, cos esixentes principios da biodinámica marcando o paso, tanto no coidado das 22 hectáreas de viñedo con quince terruños diferentes de orixe calcáreo, como no cultivo das sete variedades: Tinto fino, Cabernet Sauvignon, Syrah, Petit verdot, Malbec, Merlot e Cabernet franc. Harmonía e equilibrio coa contorna son a prioridade para a adega, cuxas marcas son QS, QS2 e Sardón, para cuxa elaboración se buscan os chans máis frescos e lixeiros ao longo do val do Douro, onde se atopa a uva máis aromática e unha boa acidez. QS é un viño Premium, que expresa con pureza a riqueza dos chans, de marcada elegancia e moi harmonioso no seu conxunto.

C Quinta Sardonia En terras bercianas finaliza esta viaxe. Na localidade de Arganza está situada Adegas Pittacum, cos seus propios acenos de identidade: crear viños que se distinguen pola súa autenticidade e polo marcado carácter que lle imprime a variedade Mencía, que se cultiva en 220 parcelas repartidas en corenta hectáreas de viñedos vellos, no cinto montañoso do Bierzo. Baixo esta filosofía elabóranse Pittacum Barrica, Petit Pittacum, Pittacum Aurea, con uva procedente da Finca Areixola, un viñedo centenario no que só está marcada a pegada do viticultor, Val de La Osa e La Prohibición, con Garnacha Tintorera procedente de cepas vellas. Con esta variedade, a adega acaba de presentar La Prohibición Dulce Natural 2011, colleita única pola excepcional climatoloxía dun outono seco, frío e asollado. Unha vendima tardía que leva a un alto grao de pasificación natural dos acios. A visión a longo prazo, o respecto á orixe e aos diferentes terruños, a través da sustentabilidade ambiental, poñer en valor a autenticidade de cada unha das adegas, acentuar a diferenciación dos seus viños e potenciar a internacionalización son as apostas de presente e de futuro do Grupo Terras Gauda. De volta no Rosal, a súa empresa de conservas vexetais A Rosaleira acaba de estrear web e tenda en liña, máis dinámica e sinxela, con consellos saudables, información sobre os produtos e a historia empresarial, que se remonta a 1940. cousas de 11


ACTUALIDADE

MÁIS DE 400.000 EUROS PARA IMPULSAR PROXECTOS LIGADOS AO MAR NOS CONCELLOS DE CANGAS, VILABOA, VIGO, BAIONA E A GUARDA A Consellería do Mar aproba o financiamento para os sete proxectos asesorados polo GALP Ría de Vigo - A Guarda A Consellería do Mar vén de resolver a segunda convocatoria de axudas do ano 2021, pola que se aproban as subvencións para sete proxectos asesorados polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo - A Guarda e pertencentes aos municipios de Cangas, Vilaboa, Vigo, Baiona e A Guarda. O GALP Ría de Vigo-A Guarda promove o desenvolvemento de proxectos e actuacións destinados a conseguir un desenvolvemento equilibrado, sostible e integrador da súa zona marítima de influencia para beneficio do conxunto da poboación, fornecendo a presenza do sector pesqueiro en termos económicos e de emprego, respectando e preservando o medio natural e o patrimonio cultural e cunha participación real e efectiva de axentes e poboación do territorio. A contía das axudas supera os 400.000 euros e supoñen entre o 90% e o 100% do financiamento dos proxectos non produtivos e entre 40% e o 50% dos produtivos. Nos proxectos non produtivos sitúanse iniciativas como a do Concello de Vilaboa que busca rehabilitar, acondicionar e poñer en valor o Forno do Cal e a súa contorna en Punta Travesada; ou a da Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas, centrada na revalorización dos produtos que extraen as embarcación que comercializan estas capturas a través da lonxa de Cangas. A Confraría de pescadores San Francisco de Vigo aposta tamén por novos proxectos como este no que traballarán por mellorar a gobernanza dos recursos pesqueiros, marítimos e sociais, mediante o estímulo á participación dos seus membros nos órganos de goberno. Pola súa banda, a Asociación San Xerome Emiliani, na Guarda, centra a súa iniciativa no fomento da empregabilidade e a inclusión sociolaboral de persoas mozas con discapacidade a través da formación e a capacitación en proxectos de economía circular como a reparación de envases plásticos, utilización destes envases para a recollida de residuos, utilización de refugallos para mobiliario portuario ou filamento para impresoras 3D. No tocante aos proxectos produtivos, atopamos o de Gandón, S.A., en Cangas, que busca mellorar as condicións de seguridade e sostibilidade desta empresa armadora co obxectivo de mellorar a produtividade, reducir os desprazamentos e facer unha aposta pola economía circular. Como iniciativa vinculada ao ámbito turístico, está a de Diferent Charter Galicia S.A., en Baiona, que quere instalar un barco charter no porto de Baiona para a realización de rutas turísticas pola ría. E por último, H.Q. Seaweed, en Vigo, continúa a impulsar as súas algas deshidratadas cun proxecto innovador que poña en valor os produtos do mar. 12 cousas de

1.Rehabilitación, posta en valor e acondicionamento do Forno do Cal Recuperación de elementos patrimoniais e posta en valor do entorno que va a permitir a posta en marcha dunha actividade cultural, cuxo impacto territorial vai depender única e directamente do aproveitamento dos recursos endóxenos da zona

2.Alternativas para revalorización de produtos mariños da Confraría de Cangas A lonxa de Cangas, administrada pola Confraría de pescadores, pretende dar un valor engadido aos produtos pesqueiros mediante o incremento de participantes no proceso de compra e outra serie de medidas atractivas e beneficiosas para as empresas.


3.Somos Confraría Trátase dun proxecto da Confraría de Pescadores de Vigo centrado na mellora da gobernanza mediante o estímulo da participación dos seus membros nos órganos de goberno e no funcionamiento xeral da confraría, en particular na organización da comercialización.

4.San Xerome con todo o mar: Accesibilidade á competitividade Co proxecto preténdese conseguir a empregabilidade e a inclusión sociolaboral de mozos e mozas con discapacidade intelectual do Baixo Miño, mediante a reparación de material de plástico

5.Mellora das condicions de seguridade e sostenibilidade de Gandón, S.A. Reforma dunha nave almacén que permitirá mellorar e optimizar a xestión dos aparellos, útiles de pesca, materiais, consumibles, así como a centralización das tarefas dunha empresa armadora dentro

6.Diferent Charter Galicia Instalación dun barco charter no porto de Baiona para facer rutas turísticas pola Ría de Vigo

7.Algas deshidratadas para diferentes usos Introducir procesos innovadores na produción, comercialización e distribución de produtos locais do mar. Ampliación da oferta de produtos, incluíndo algas deshidratadas

cousas de 13


OPINIÓN

EN BAIONA, POLOS 30 ANOS DO IGADI por Luis Carlos de la Peña

Non son quén para trazar o perfil biográfico de Xulio Ríos nin tratar de desentrañar as voltas do proceso de maduración do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, pero non quero deixar pasar a ocasión de sinalar o carácter de proxecto singular e anticipatorio que tivo o IGADI. Singular porque si ben coñecíamos da existencia de observatorios e centros de investigación dos asuntos internacionais, case que todos eles formando parte de institucións de carácter público, Xulio Ríos e o xérmolo inicial do IGADI adoitaron unha posición extramuros dos organigramas administrativos para tentar o arriscado camiño da autonomía na toma de decisións e a independencia nos vieiros a seguir. Xunto a esta singularidade posicional, importa o carácter anticipatorio do obxecto mesmo do Instituto. Fai 30 anos tiña xa caído o muro de Berlín e con él o derrubo definitivo do bloque comunista polarizado pola antiga URSS. O mundo daba por casi pechado o “curto” século XX namentras o liderazgo modernizador de Deng Xiaoping e a crudeza dos sucesos da praza de Tiananmen abrían sucesivos e contradictorios interrogantes na China. Nestas coordenadas o IGADI adoita o compromiso fundacional de investigar e aportar argumentos para a mellor comprensión do mundo. Coñecedores do rigor de Xulio Ríos e seducidos pola idea de dispoñer en Baiona dun centro investigador e promotor das relacións exteriores que poideran, no seu caso, dar pulo e acrecentar a vontade relacional da nosa Vila coa América Latina, aproveitamos unha fiestra de oportunidade política no goberno local para estreitar as relacións entre o IGADI e o propio Concello baionés. De aquela, primeiros anos do presente século XXI, o Instituto era xa unha realidade dinámica donde investigadores, bolseiros e invitados internacionais atopaban en Galicia un país necesitado de proxección exterior e, en Baiona, unha base referencial con importantes raigames históricas ligadas ao mundo da colonización, mais tamén ao da emigración cara a América ou do exilio por razóns políticas. O goberno local baionés non podía permanecer alleo á consolidación do IGADI nin á comprensión e xenerosidade ofrecidas por Xulio Ríos para que Baiona tivera o seu papel como lugar de encontro das distintas perspectivas históricas de Galicia, de España e América. Resultado de todo elo foi a creación do Foro Iberoamericano no 2004, como marco dun posicionamento específico arredor das relacións euroamericanas e, no mesmo ano, a organización no Parador de Baiona do Curso “El renacer económico y político de América Latina”, da Universidade Internacional Menéndez y Pelayo -UIMP-. Con esta perspectiva, dóeme repasar o estado actual de estas relacións e lembrar tamén as tristes datas do traslado do Instituto fóra do noso Concello. Foron xornadas vividas por moitos baioneses como unha auténtica amputación; unha absurda perda de capital intelectual, relacional e simbólico que o tempo, cecáis, será capaz de reparar. Agora, transcurridos 30 anos dende os incertos primeiros pasos do IGADI, é unha boa altura para tomar consciencia do logro que supón este aniversario, un longo camiño de proxectos. Todos eles cumprían e cumpren con varias premisas que estaban no cerne do Instituto: a primeira, a intelixencia intrínseca ós mesmos, o capital argumental ben acaído que aglutinaba as propostas. A segunda, a consideración da “perspectiva do outro”, que ben podería sintetizarse na xenerosidade de Xulio Ríos. E terceira, a indeclinable vontade de servizo a Galicia, ás súas institucións e persoeiros. No meu desempeño anterior como alcalde de Baiona, pero sobre todo como cidadán necesitado de atopar argumentos para entender o que nos pasa, teño ao IGADI e a Xulio Ríos na singular categoría dos pequenos privilexios que a vida ofrécenos sempre en escasa medida. De aí o seu valor senlleiro e, en consecuencia, a dimensión do noso recoñecemento e agradecemento.

14 cousas de


VAL MIÑOR O MONTE REAL CLUB DE YATES E O CONCELLO DE BAIONA POÑEN EN MARCHA O PROGRAMA “BAIONA EN LIMPO” A campaña de limpeza de fondos mariños ten como principal obxectivo retirar todos os residuos que poida haber depositados baixa a auga. Un grupo de entre 15 e 20 mergulladores profesionais do centro de mergullo BaySub, dirixido por David Hidalgo, mergullaranse na dársena do club para executar a primeira actuación dunha campaña que posteriormente se estenderá a outras zonas da baía de Baiona. Ademais de limpar os fondos mariños, o programa “Baiona en limpo” busca chamar a atención sobre a necesidade de protexer o mundo subacuático. Neste sentido e pensando no futuro do planeta, o club tratará de involucrar tamén aos máis pequenos na campaña de recollida de residuos. Así, de forma paralela á actuación dos submarinistas baixo o mar, alumnos de diferentes colexios de Baiona e alumnos da Escola de Vela do Monte Real ocuparanse de recoller o lixo das praias que rodean ao club. Neste proceso poderán colaborar tamén todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non veciños de Baiona. Por mar e por terra, o obxectivo é deixar a zona impecable e chamar a atención sobre a necesidade de ser coidadosos co medioambiente, protexendo o mar e os fondos mariños. Facer un uso responsable dos materiais contaminantes que empregamos, eliminar os desfeitos no seu lugar correspondente, reducir o uso de plásticos, reutilizalos ou reciclalos, ou non deixar lixo nas praias son algunhas das moitas accións que todos podemos adoptar facilmente no noso día a día polo ben do planeta. Ademais, por cada quilo de lixo que se recolla, o club de iates doará un quilo de alimentos á ONG Axuda ao mundo necesitado, que preside e coordina Juani Alonso. INICIATIVAS ANTERIORES Esta non é a primeira vez que o Monte Real Club de Yates pon en marcha unha iniciativa de coidado e protección do medio ambiente. Cada ano, os alumnos da súa Escola de Vela participan en xornadas puntuais de recollida de lixo nas praias. O club organizou tamén un taller de sensibilización ambiental sobre o impacto do plástico no medio mariño no que participaron nenos e nenas de colexios de Baiona; e un grupo de alumnos da Escola de Vela Adaptada para persoas con diversidade funcional plantaron 200 carballos autóctonos nun terreo que quedara calcinado na vaga de incendios de 2017. Ademais, o Monte Real trouxo á dobre campioa olímpica de vela e presidenta da Fundación Ecomar, Theresa Zabell, para dar unha charla sobre prácticas sostibles e de protección do medio ambiente a través do deporte.

VIVE VAL MIÑOR

cousas de 15


VAL MIÑOR

BAIONA ACOLLEU O ‘BLUE ATLANTIC FORUM’ UN ENCONTRO PARA IMPULSAR A ECONOMÍA AZUL E CREAR UN ESPAZO DE REFERENCIA EN EUROPA O Parador Conde de Gondomar de Baiona acolleu o pasado mes de novembro ”Blue Atlantic Forum’, un encontro que busca converterse nun espazo de referencia da economía azul nos Estados Membros Atlánticos da Unión Europea

O Concello de Baiona organizou o ”Blue Atlantic Forum’, un encontro que ten o obxectivo de dar un impulso á economía azul sostible para crear un novo polo económico na localidade, sumando competitividade económica e sustentabilidade ambiental ao sector marítimo e que busca converterse nun espazo de referencia da economía azul nos Estados Membros Atlánticos da Unión Europea. Durante tres xornadas o evento reuniu a representantes dos sectores públicos e privados para analizar as posibilidades do mar, da biotecnoloxía e do turismo, sendo discutidos os principais eixos da economía azul en Galicia: a pesca, a biotecnoloxía, e o turismo costeiro tendo sempre a sustentabilidade como referencia. A primeira xornada estivo enfocada ao sector da pesca e a acuicultura: ”O pacto europeo: cara a unha economía azul sostible”. Continuarase con “Rías galegas circulares” e, tras unha pausa trátase o tema “Do produtor ao consumidor: retos do consumo local de peixe”. Despois abordarase o financiamento para proxectos de economía azul e exemplos de boas prácticas en pesca e acuicultura. O segundo día a xornada estivo dedicada á biotecnoloxía mariña, abordándose o concepto de: Que é a biotecnoloxía mariña?, As rías galegas como fonte de recursos biotecnolóxicos, As algas na gastronomía atlántica, oportunidades no campo da biotecnoloxía de formación na economía azul ou exemplos de boas prácticas en biotecnoloxía. O último día tratouse o tema do turismo na Axenda 2030. 16 cousas de

O Forum xorde por iniciativa do Concello e está financiado por fondos concedidos polo Galp Ría de Vigo – A Guarda e cofinanciado por Deputación de Pontevedra, Abanca Mar entre outras entidades

BAIONA, ESPAZO DE COOPERACIÓN Dende o Concello de Baiona quíxose crear un espazo de cooperación, discusión, formación e difusión sobre a economía azul desde unha perspectiva atlánticoeuropea para tratar diversas temáticas transversais aos tres sectores representados: Turismo marítimo e de Costa, Pesca e Acuicultura e Biotecnoloxía Mariña, como a formación, o financiamento, o emprendemento, o cambio climático ou as oportunidades que ofrecen as rías galegas na economía azul. O alcalde, Carlos Gómez explicanos que “o proxecto en si, á fin e ao cabo, é un compromiso cos veciños e veciñas de Baiona e con Europa. Temos unha responsabilidade á hora de xestionar toda a nosa contorna natural. Empezaremos a sentar as bases da sustentabilidade do Concello. Trátase dun proxecto inédito xa que ata o de agora non houbo preocupación dos anteriores gobernos por este tema”, Gómez remarca que”a economía azul trátase dun concepto creado recentemente pola Comisión Europea dentro da súa estratexia atlántica, que aposta pola economía marítima como un dos principais impulsores do crecemento do futuro de Europa”.


Que é a economía azul? A economía azul establece que as empresas deben ser eficientes para producir os seus bens e servizos. Para conseguilo, é necesario que aproveiten ao máximo os recursos (e residuos) naturais. Foi Gunter Pauli quen, en 1994, decidiu colaborar no desenvolvemento dun modelo económico que fose amable co medio ambiente. E dese mesmo encontro xurdiu a idea da economía azul. O concepto é similar ao de economía circular, xa que ambos teñen a sustentabilidade como punto en común. Pero é a economía azul a que aposta pola imitación do comportamento dos ecosistemas naturais: pretende sacar todo o partido posible aos residuos e recursos para transformalos e volvelos a incluír no ciclo económico. Segundo The Blue Economy Report 2021, publicado pola Unión Europea, a economía azul inclúe a actividade de calquera sector que estea baseada ou relacionada cos océanos, mares e costas: • Actividades baseadas no mar: son todas aquelas actividades que se realizan no océano, o mar ou as zonas costeiras. • Actividades relacionadas co mar: son todas aquelas actividades que usan produtos ou producen bens e servizos a partir do océano ou outras accións baseadas no mar. Por tanto, o modelo da economía azul gaña relevancia na actualidade en comparación cos modelos anteriores, que non tiñan como centro preservar o benestar do planeta.

Finaliza esta primeira edición e iníciase xa a preparación da segunda edición, que se celebrará os días 19,20 e 21 de outubro de 2022

Economía azul e sustentabilidade A sustentabilidade nace coa alerta de que o medioambiente está a sufrir os efectos negativos da globalización, a produción e o desenvolvemento económico. Pretende atopar solucións aos problemas xerados polo crecemento industrial e da poboación. Ademais, establece a importancia de cumprir coas necesidades actuais sen poñer en risco o benestar das próximas xeracións. Para iso, é fundamental atender ao benestar social e ao coidado ambiental. Neste sentido, o modelo da economía azul contribúe a conseguir todo o que persegue a sustentabilidade. Ademais, o sistema está directamente relacionado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS). Estes foron implantados no ano 2015 e recoñecen que as actividades desenvolvidas nun sector teñen consecuencias noutras áreas. Por tanto, débese poñer ao mesmo nivel a sustentabilidade social, ambiental e económica.

Na clausura do Foro o alcalde de Baiona Carlos Gómez destacou a importancia da primeira edición deste Foro, con relatorios de alto nivel e agradeceu ademais o apoio de institucións e do sector privado.

cousas de 17


BAIXO MIÑO A ARTISTA PLÁSTICA GUARDESA GEMMA MARQUÉS RECIBE O PREMIO LUISA VILLALTA A PROXECTOS CULTURAIS POLA IGUALDADE DA CORUÑA, POLO SEU TRABALLO “ANÓNIMAS” Proxecto levado a cabo grazas ao apoio de Concellos como Tomiño, A Guarda, Tui, Porriño, Pontevedra, e as Deputacións como a de Pontevedra e A Coruña que desde o primeiro momento confiaron na calidade dos seus traballos ofrecendo espazos e recursos públicos para realizar murais, editar un libro, organizar exposicións, cursos, etc. O Premio Luisa Villalta é un premio moi importante a nivel autonómico pero tamén nacional, dotado dun gran recoñecemento e unha gran dotación económica, e destínase a proxectos feministas de gran calado nas comunidades. O xurado destaca a relevancia cultural e o enfoque artístico, a perspectiva de xénero á hora de visibilizar o traballo da muller en zonas rurais, e descentralizar a loita feminista dos espazos cultos e as grandes urbes. Gemma Marqués xestiona desde hai máis de 12 anos o seu propio espazo cultural no paseo marítimo da Guarda, CASA TALLER, w w w. l a c a s a t a l l e r. n e t , desde onde desenvolve proxectos propios, clases presenciais de debuxo e pintura, e colabora con varias institucións, como a UNED/UNED, Universidade española de educación a distancia , onde imparte cursos desde hai varios anos.

O ATLETISMO VOLVE A UNIR VALENÇA E TUI NA V EDICIÓN DA URBAN TRAIL NIGHT EUROCIDADE A V Urban Trail Night Eurocidade sumouse aos actos con motivo do 25 N, día contra a Violencia de Xénero, obsequiando aos participantes cunha camiseta de cor morada co logotipo do 25 de Novembro Mención especial para Kike Durán, que correu co dorsal 1. O pontevedrés está a participar en diversos eventos para darlle visibilidade á “Artrogriposis”, unha enfermidade rara que padece a súa filla Lúa, de tan só 5 anos. Los ganadores de esta edición fueron, Maikel Rodríguez (Vigorienta) por segunda edición consecutiva y la ourensana, Helena Pérez (Burgas Ourense Atletismo). 18 cousas de


A GUARDA NOMEOU FILLO ADOPTIVO E REALIZOU UNHA HOMENAXE A ELISEO ALONSO O pasado sábado día 27 de novembro de 2021 A Guarda realizou unha programación de actividades para homenaxear a Eliseo Alonso, actividades que tiveron comezo cun Pleno Extraordinario no Salón de Plenos, onde se nomeou a Eliseo Alonso coma Fillo Adoptivo do Concello da Guarda. Neste pleno tan especial, emotivo e multitudinario, contouse con familiares, amigos, achegados e personalidades do mundo da cultura que, recibiron unha copia do seu libro “Gamelas e Mariñeiros”, traducido ao galego por Ramón Quiroga e editado e impreso pola Deputación de Pontevedra. Os familiares de Eliseo Alonso: Carmen Rivas, Alicia Alonso Rivas e Enma Alonso, recibiron diferentes agasallos por parte da corporación municipal, coma unha gamela conmemorativa en bronce, un diploma, un enteiro postal filatélico e ramos de flores. De seguido procedeuse á inauguración da Exposición de Filatelia, contando coas intervencións de Marta Verde Rodríguez, Secretaria da Sociedade Numismática e Filatélica Guardesa; Enrique Pérez Martínez, Presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélicas e Antonio Lomba, Alcalde da Guarda. Ricardo Rodríguez foi o encargado de realizar a inauguración e explicacións dunha segunda exposición, titulada “Eliseo Alonso: Camiñando cara ao mar da Guarda”, no XXV cabodeano do seu pasamento, e que recolle, nunha serie de paneis e contidos, ademais dunha reseña biográfica, os eidos nos que Eliseo Alonso proxectou seu labor literario e xornalístico, tanto dende seu Goián natal, ata máis aló da nosa Terra, mar por medio. Queda deste xeito plasmada nesta exposición parte do seu legado como escritor, etnógrafo, fotógrafo, poeta e xornalista, grazas ao traballo realizado pola Comisión da Homenaxe a Eliseo Alonso. Finalizados os actos na Casa dos Alonso, os asistentes desprazáronse ata o Paseo Marítimo do Porto da Guarda onde tivo lugar a descuberta dunha escultura adicada a Eliseo Alonso, unha peza en pedra elaborada por Manuel Coia Piñeiro da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, un acto que contou coa presenza de Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra e que deixa neste simbólico espazo un lugar para a memoria e recordo de Eliseo Alonso. Os asistentes aproveitaron este momento para facer as fotografías xunto coa escultura e os familiares de Eliseo Alonso, pondo un emotivo punto final a esta programación de eventos da Homenaxe.

cousas de 19


O CONDADO A BISBARRA DO CONDADO PARADANTA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO O rural mobilízouse para esixir o fin da violencia machista cunha gran andaina popular que percorreu toda Galicia A andaina foi o acto central de “O rural contra a violencia de xénero”, o plan de actividades de sensibilización coordinado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, nel tamén participaba a Axencia de Turismo de Galicia no marco do acordo da Xunta para implementar as medidas propostas polo Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

A Andaina organizada polo GDR Condado Paradanta tiña a súa saída e chegada desde as pistas deportivas do concello de Mondariz – Balneario, percorrendo un tramo da senda do río Tea. O acto finalizou. coa lectura dun manifesto conxunto.

20 cousas de


SALCEDA ACADA TRES FLORES DE HONRA NO CERTAME VILAS EN FLOR NA SÚA SEGUNDA PARTICIPACIÓN O Concello de Salceda de Caselas ven de recibir o galardón que outorga o certame Vilas en Flor 2021, conseguindo aumentar a distinción ao subir de dúas a tres flores de honra na súa segunda participación, avalando o traballo continuo que ven desenvolvendo o Concello na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá co coidado da contorna. O diploma foi recibido na gala anual, que este ano se celebrou no patio da Fábrica de Curtidos “Familia Nogueiras” de Allariz. No pasado mes de setembro, o xurado visitou o municipio acompañado por Lucía Pereira, concelleira de Turismo; Loli Castiñeira, tenente de Alcaldesa e Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda. O xurado, formado por persoas profesionais de recoñecido prestixio dos sectores do viveirismo, a xardinería, o paisaxismo e o turismo valorou moi positivamente o traballo desenvolto nos últimos anos polo Concello de Salceda, en aspectos como as humanizacións, a creación e mantemento das sendas fluviais e outros espazos verdes, ou a creación de máis de vinte aparcadoiros disuasorios no casco urbano, que permiten unha maior seguridade peonil, ademais de facilitar o estacionamento e a fluidez do tráfico rodado. Outro dos recoñecementos do xurado foi a aposta e instalación de elementos novedosos para a mellora da biodiversidade como o hotel de insectos. Logo da recepción da distinción, o Equipo de Goberno de Salceda quixo recoñecer e agradecer o traballo dos distintos departamentos municipais e empresas de mantemento que fan posible que Salceda sexa xa un referente. Dende o persoal de vías e obras, desbroces, recollida de lixo, limpeza de rúas, etc, así como as tarefas de mantemento de parques e xardíns que realiza ACEESCA nunha proposta de integración laboral de persoas con discapacidade. Ademais fíxose extensible este agradecemento ao persoal técnico de urbanismo, clave para o bo desenvolvemento urbano e rural de Salceda. O certame sigue o modelo existente noutras comunidades autónomas como Cataluña, Aragón, Canarias e Valencia, a semellanza de proxectos implantados xa en países como Reino Unido, Irlanda, Francia, Italia ou Canadá. “Vilas en Flor” é un certame impulsado pola Fundación Juana de Vega e que este ano celebrou a súa cuarta edición, coa participación de trinta concellos galegos. Na súa organización, participan tamén a Asociación de Viveiristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar). Conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, e o patrocinio de diferentes entidades privadas. Este proxecto persigue a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos, así como a dinamización do sector do paisaxismo e a ornamentación, contribuíndo así ao desenvolvemento económico local, xerando máis actividade económica derivada do propio sector da planta ornamental e da xardinería así como dun previsible aumento das visitas turísticas.

cousas de 21


ÁREA DE PONTEVEDRA

PONTE CALDELAS PON EN VALOR AS CASAS INDIANAS Crea unha ruta polas cinco vivendas con especial protección no casco urbán a través dun proxecto financiado pola Deputación de Pontevedra

Nesta primeira fase do proxecto colocáronse dous atriles e tres placas informativas nas que se fai unha descripción arquitectónica sobre as mesmas que pode lerse en tres idiomas a través dun código qr

O Concello de Ponte Caldelas segue traballando en prol da recuperación da historia da vila e nesta ocasión faino coa posta en valor das Casas Indianas a través dun proxecto financiado con cargo á ‘Subvención para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico e cultural do ano 2020’ da Deputación de Pontevedra. Na primeira fase do proxecto, sinalizáronse cinco vivendas con especial protección: a Casa de Clotilde Fernández; a Casa de Dolores Méndez; Casa de Carmen Couto Cal; Casa da Rúa López Boullosa; e a Casa de Manuel Rodríguez. Todas son de estilo arquitectónico indiano e foron sinalizadas cuns paneis de aceiro inoxidable e recubrimento vinílico con deseño exclusivo nas que se fai unha descripción arquitectónica e estilística da vivenda que, a través dun código qr, se pode ler en tres idiomas diferentes. Todos os paneis conteñen unha ilustración de cada unha das vivendas e unha referencia literaria sobre a arquitectura indiana que tan representativa é no concello de Ponte Caldelas. Esta é a primeira fase deste proxecto de sinalización e valorización das casas indianas e está previsto que o vindeiro ano se continúe visibilizando este tipo de arquitectura a través das Casas Indianas, seguindo coas do casco urbán e do rural, sendo Ponte Caldelas un dos concellos máis representativos de Galicia nesta arquitectura tan espectacular. O proxecto foi levado a cabo polo arqueólogo Alberte Reboreda, que destaca a boa conservación destas vivendas singulares e a importancia do concello de Ponte Caldelas en canto a arquitectura indiana se refire. O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, explica que esta é a primeira fase dun proxecto que quere “dar a coñecer a importancia do patrimonio arquitectónico que temos en Ponte Caldelas, onde as Casas Indianas son un símbolo tanto no casco urbán como no rural”. 22 cousas de


REDONDELA A “SOBREIRA” DO MONTE DA PENEDA CONSEGUE A SÚA CATALOGACIÓN ÁRBORE SENLLEIRA A Xunta de Galicia incorporou ao Catálogo galego de árbores senlleiras a sobreira da Peneda pertencente ao concello de Redondela. Con esta nova ampliación, o Catálogo pasa a contar cun total de 181 elementos, dos cales 143 son árbores e 38 conxuntos e formacións pertencentes a 80 especies Así consta na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia pola que se notifica a súa inclusión neste rexistro público, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e xestionado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural, no que figuran todas aquelas árbores e formacións merecentes dunha protección especial en atención ás súas características singulares ou excepcionais. A sobreira do Monte da Peneda, en Redondela, é unha árbore de 20 metros de altura da familia das fagáceas, coa copa irregular, escura, característica da rexión mediterránea e, polo tanto, non moi abundante en Galicia, onde se pode atopar sobre todo nos vales de ríos como o Miño, o Sil, o Umia e o Ulla. Trátase dun exemplar de fermosa arquitectura e grandes dimensións, cun tronco moi groso que comeza a ramificarse a pouca altura. As ramas séguense dividindo ata formar unha copa de grandes dimensións, redondeada e aberta. Os efectos da idade, a exposición aos ventos mariños cargados de salinidade e o chan moi compacto comezan a manifestarse en forma de sequidade foliar. Para a inclusión desta sobreira no Catálogo, en todo caso, tivéronse en conta os seus importantes valores culturais. De feito, a sobreira atópase na fachada posterior da actual Ermida da Peneda, de estilo barroco e onde antes se asentaron, entre outros, un antigo castro e o Castelo de Castrizán, construído en 1477 polo Arcebispo de Santiago Alonso de Fonseca, coa principal función de vixiar a Pedro Madruga, que habitaba no veciño castelo de Soutomaior e non era partidario dos Reis Católicos. Rebaixes, murallas, escaleiras e a planicie da cima onde hoxe se atopa a ermida son testemuñas da construción primitiva, o castelo destruído por Pedro Madruga. Á ermida chégase a través dun túnel de arco de medio punto e bóveda de canón que se encontra nunha muralla reformada no século XIX e que lembra outras entradas de castelos. Do castro orixinal pouco se conserva, pero si se atoparon na zona pezas de cerámica, obxectos de metal e moedas.

TURISM O

4

Un viajero distinguido trae simbólicos... (5 de marzo de 1931). El Eco de Santiago. Santiago de Compostela. 5 Un viajero distinguido trae simbólicos... (5 de marzo de 1931). El Pueblo gallego. Vigo.

cousas de 23


ANTONIO PALACIOS, A PEGADA DUN ARQUITECTO PORRIÑÉS CONSAGRADO EN MADRID Considerado un dos arquitectos máis importantes e influentes en España durante a primeira metade do século XX, Antonio Palacios foi o responsable dalgúns dos edificios máis emblemáticos de Madrid e de Galicia. Este singular arquitecto e urbanista, nacido en Galicia en 1874, asinou edificios e espazos tan singulares que o seu nome é considerado como un dos grandes deseñadores da capital de España. Con materia prima tan abundante, unha reportaxe sobre Antonio Palacios, por amplo que sexa, está condenado a ser incompleto. O noso empeño foi trazar unha aproximación o máis suxestiva posible da man dalgunhas das persoas que seguiron con máis interese a súa traxectoria.

ANTONIO PALACIOS. NOVAS ACHEGAS E REIVINDICACIÓNS PENDENTES Por Jesús Ángel Sánchez DESENTRAÑANDO A PALACIOS. GABANZA DE XOSÉ RAMÓN IGLESIAS VEIGA Por Alberte Reboreda ANTONIO PALACIOS E AS ARTES PLÁSTICAS Por José Ramón Paz Antón ANTONIO PALACIOS E A ARQUITECTURA COMO EMBLEMA Por Diego Giráldez O TEMPLO VOTIVO DO MAR DE PANXÓN, A HOMENAXE ÁS XENTES DO MAR DE PALACIOS Por Pablo Fernández Estévez

24 cousas de


C Plano Concello do Porriño. Colección Carlos Lorenzo

cousas de 25


ANTONIO PALACIOS. NOVAS ACHEGAS E REIVINDICACIÓNS PENDENTES Por Jesús Ángel Sánchez García. Catedrático de Historia da Arte, USC

C Busto de Antonio Palacios

C Palacios en obras Circulo de Bellas Artes 1924

A orixinal e asombrosa obra arquitectónica de Antonio Palacios, sen esquecer a súa magnética personalidade e protagonismo no panorama cultural de Galicia nas primeiras décadas do século XX, constitúen argumentos de peso para seguir a profundar nun legado de renovada vixencia, cumpridos xa 75 anos do seu pasamento. A aparición de materiais inéditos, en especial os debuxos nos cadernos de viaxe editados por Engaiolarte con novidosos estudios de Xosé Ramón Iglesias Veiga -Antonio Palacios. Unha viaxe por Galicia, 2019- e Álvaro Bonet López -Trazar la mirada. Cuaderno de viaje de Antonio Palacios, 2021-, viñeron a coincidir coas últimas fases da longa xestación dunha exposición monográfica que abriu as portas no Museo do Mar de Galicia o pasado 13 de novembro. En realidade, a orixe da exposición Antonio Palacios. Soños de modernidade, compromiso con Galicia remonta ao verán de 2018, cando por encargo da Xunta de Galicia decidiuse acometer unha revisión da obra e figura do xenial arquitecto porriñés que en principio ía comisariar Xosé Ramón Iglesias Veiga, sen dúbida o maior especialista na obra de Palacios en Galicia. Os inicios da fatal enfermidade que o levou de entre nós fixeronlle delegar no que isto escribe un proxecto do que Moncho chegou a coñecer todos os guións e primeira selección de pezas, ademáis de colaborar no paralelo volumen de estudios. Sen aspirar a reproducir o enfoque antolóxico da gran exposición do ano 2000 no Círculo de Bellas Artes de Madrid, que máis tarde itinerou por A Coruña e Vigo, esta nova olllada a Antonio Palacios orientouse a subraiar tres liñas de forza para a revisión e revalorización da súa aportación arquitectónica e cultural: a implicación como arquitecto no progreso e modernización da sociedade, as súas actividades como investigador, divulgador e altofalante da historia, arte e tradicións de Galicia, e a formulación dunha arquitectura que representara a identidade e personalidade estética da súa terra natal como legado persoal e máis duradeiro para o futuro. 26 cousas de


ESPECIAL ANTONIO PALACIOS S

Na concreción deste discurso e programa expositivo foron moitas as novidades, tanto documentos como pezas, que terminaron por encaixar na composición dun retrato artístico e intelectual que integra os múltiples ángulos do protagonista: planos dos principais proxectos, fotografías das obras en construcción e rematadas, proxectos urbanos que non pasaron do papel, reportaxes e entrevistas de prensa, artigos de divulgación e obras pictóricas da súa man, elementos decorativos deseñados conxuntamente coa arquitectura, películas nas que aparecen os seus edificios, ou maquetas, como a realizada específicamente para replicar a que acompañou a presentación do plan de Vigo en 1932, lamentablemente perdida. Todo iso e máis se reúne na exposición que aloxa o Museo do Mar de Galicia. Integrado cronolóxicamente na xeración de arquitectos que foron claves para a transición desde os historicismos e eclecticismos decimonónicos cara a modernidade -Otto Wagner, Hendrik Berlage, Peter Behrens, Eliel Saarinen, Frank Lloyd Wright, Auguste Perret…-, Antonio Palacios racha coas etiquetas máis simplificadoras e reductivas para construir un itinerario creativo no que as referencias á Secession e aos historicismos e clasicismos lle permitiron concebir os edificios de ton máis cosmopolita que precisaba a conversión de Madrid en metrópoli moderna, pero tamén recintos para transportes, fábricas, sanidade e lecer nos que amosa a súa incontestable mestría nas solucións espaciais e expresividade volumétrica exterior. C Expo Museo Mar de Galicia

cousas de 27


C Antonio Palacios inauguracion Expo 1917_ Arquivo Mun Coruna

Ao mesmo tempo que acadaba os maiores éxitos nesa vertente de arquitecturas para a modernidade, chegando incluso a anticipar as xerarquizacións e abstraccións do Déco que triunfaría nos anos vinte, Palacios decidiu voltar a mirada cara a súa terra para asentar os alicerces dunha arquitectura rexionalista que nos materiais, técnicas constructivas e repertorios ornamentais falara da historia, da tradición e da identidade cultural de Galicia. Que foi unha opción consciente e deliberada o proba a súa implicación na organización das primeiras exposicións de arte galega en Madrid e A Coruña -1912 e 1917-, colaborando con amigos artistas como Llorens, Sotomayor, Castelao, Castro Gil, Juan Luis ou Bonome, e nas que chegou a presentar algúns proxectos e mesmo cadros da súa autoría. Nesa liña de arquitectura rexionalista, aberta co programático e inspirado proxecto do Concello do Porriño, Palacios aportaría obras prodixiosas como o templo do Mar de Panxón ou a igrexa da Vera Cruz do Carballiño, ademáis do inacabado conxunto do mosteiro das Salesas e outras sen abordar. A contemplación do conxunto da rica e versátil produción de Palacios, recoñecida por contemporáneos e discípulos, como a figura máis poderosa no panorama da arquitectura española das primeiras décadas do século XX, obriga a rebatir as miopes descalificacións e críticas que aínda hoxe dirixen aqueles que enxuizan a obra dun pioneiro da modernidade contrapoñéndoo coas tendencias dunha vangarda dos anos vinte e trinta allea por completo aos anos de formación e madurez do arquitecto porriñés. Ben consciente das súas capacidades, Palacios escolleu un camiño que potenciara a dimensión expresiva da arquitectura como unha arte total para resolver os necesarios programas funcionáis e, á vez, aportar calidade estética desde os interiores ás contornas urbanas e rurais. A coidada escala e inserción dos edificios deseñados para cualificar os espazos das cidades complementouse coas arquitecturas concebidas para armonizar coas paisaxes xeográficas e históricas do rural, tal como plantexou nos proxectos rexionalistas que beben das fontes vernáculas. C Igrexa Vera Cruz Carballiño

28 cousas de


C Mosteiro das Salesas

cousas de 29

ESPECIAL ANTONIO PALACIOS S

Renegando da tristura dos lisos muros de cemento, Palacios tivo a visión dunha arquitectura que aproveitara os recursos e saberes da terra para adaptarse mellor aos condicionantes do clima, da tradición e da historia dunha Galicia que tivera no románico e no barroco os seus momentos de máis intensa e orixinal expresividade estética. Polo tanto, non foi ningunha incapacidade para ir máis alá senon unha razoada e sensible escolla, concordante coas críticas a arquitectura vangardista e deshumanizada de Castelao e Risco, a que guiou os pasos dunha produción para Galicia na que, non o olvidemos, o dominante peso da población rural e o escaso desenvolvemento industrial, ditaban unhas condicións peculiares para inserir as novas construcións que demandaba a sociedade. Comprender a Antonio Palacios nos seus contextos e reivindicar a relevancia das súas aportacións na arquitectura, na protección do patrimonio e na promoción cultural son os retos aínda pendentes. J


DESENTRAÑANDO A PALACIOS GABANZA DE XOSÉ RAMÓN IGLESIAS VEIGA

Por Alberte Reboreda

C Ayuntamiento de Madrid, obra de Antonio Palacios C Escudo do Palacio de Cibeles

Moitos ignoran que no centro do escudo de España que loce a fachada do Palacio de Cibeles de Madrid, actual sede da Casa Consistorial, está tallado un escudo de Galicia. O deseño, que se sitúa no lugar no que debería aparecer unha flor de lis -símbolo da dinastía borbónicaé a homenaxe secreta que o autor do proxecto, o arquitecto Antonio Palacios, lle rendeu a Galicia nun dos edificios reitores da capital de España. Todo un símbolo da devoción que sentía polo seu país. A idea naceu, ao parecer, de Valentín Paz Andrade, o fundador da empresa Pescanova e amigo persoal do porriñés. En opinión de Xosé Ramón Iglesias Veiga (Mos 1957-Vigo 2020) “é anecdótico, pero pode explicar o achegamento de Antonio Palacios a Galicia durante esa década”, confesoulle a Diego Giráldez en 2010. “Ese escudo sitúase nun momento de aproximación do técnico ao mundo cultural do galeguismo; quixo deixar a súa marca de galego en Madrid”. Iglesias Veiga, ao que todos coñecíamos por Moncho, era diplomado en Educación, Licenciado en Historia da Arte e doutor pola Universidade de Santiago. Dedicou a súa vida á creación artística, ao ensino público e á investigación arquitectónica e urbanística, así como á divulgación e protección do patrimonio arquitectónico de Galicia. Os seus traballos de investigación centráronse en figuras de primeiro nivel da arquitectura viguesa como Manuel Gómez Román, Emilio Salgado Urtiaga, Jenaro de la Fuente Álvarez, Jenaro de la Fuente Domínguez, Antonio Cominges Tapias ou José Franco Montes, pero sobre todo sobre a obra do porriñés Antonio Palacios, un proxectista que levantou en Vigo algunhas das súas obras imperecedoiras: o Teatro García Barbón, a Banca Viñas Aranda, o Plan do Ensanche de 1932 (nunca executado), ou o Mosteiro da Visitación das Salesas Reais de Teis. 30 cousas de


C Antonio Palacios, segundo pola esquerda, xunto co empresario Enrique Peinador, o primeiro pola dereita, no Balneario de Mondariz. Fotografía de Pacheco

Xunto a Jaime Garrido O doutor Iglesias Veiga é autor de máis de cincuenta publicacións, entre artigos e monografías (algúns deles de autoría compartida co tamén finado arquitecto, investigador e amigo persoal Jaime Garrido), sobre a arquitectura e o urbanismo olívico. É o caso do libro “Vigo. Arquitectura Urbana. Catálogo do Patrimonio do Concello de Vigo” (2000) ou do volume monográfico centrado no proxectista porriñés que leva por título “Antonio Palacios. Arquitectura modernista, ecléctica e rexionalista” (2002). Xa que logo a súa figura como docente, investigador e divulgador acredítano como un dos meirandes especialistas na arquitectura galeguista e ecléctica de Galicia, en particular da que se cicelou en pedra en Vigo, a urbe que Palacios definiu como “cidade de primeira orde entre todas as poboacións españolas”, o que o fai merecedor dun recoñecemento social e público que a cidadanía máis cívica e consciente agarda desde hai un ano.

C Xosé Ramón Iglesias Veiga. Cedida por Xoán Carlos Gil - La Voz de Galicia

cousas de 31

ESPECIAL ANTONIO PALACIOS S

Na bisbarra olívica Palacios tamén proxectou obras que foron obxecto de investigación de Iglesias Veiga: o Edificio da Baranda, a Fonte de Troncoso, a Fonte de Gándara e o edificio do Sanatorio do Balneario de Mondariz; a Casa Paramés de Ponteareas; a Casa do Concello do Porriño, a Fonte do Cristo e a Botica Nova no Porriño; o Templo Votivo do Mar de Panxón, ou a Virxe da Rocha de Baiona.


C Fonte do Cristo

Estudoso e divulgador Pero o compromiso investigador e divulgativo de Moncho Iglesias coa obra do arquitecto porriñés non se limitou unicamente á publicación das súas investigacións. No ano 2002, por exemplo, o noso doutor guiou unha serie de visitas guiadas pola arquitectura palaciana construída en Vigo e a súa bisbarra con motivo dunha exposición sobre a obra do autor que acolleu a Estación Marítima. Nese contexto o noso investigador afirmaba: “puiden comprobar como a creación de Palacios seguía tocando con forza a emoción o sentimento das persoas que se acercaban á súa contemplación”. Nove anos antes daquela efeméride, a Deputación de Pontevedra publicara un libro capital para entender a obra galega e madrileña daquel “arquitecto inclasificable”, en palabras de Chueca Goitia (2002). Baixo o título “Antonio Palacios, arquitecto. De O Porriño a Galicia” (1993), Iglesias Veiga aborda a súa biografía, a relación do noso proxectista coa súa vila natal, o ambiente arquitectónico no contexto da súa formación académica ou os matices “rexionalistas” que colorean a obra de quen puxo en valor, coma poucos, as posibilidades simbólicas e emocionais da arquitectura. Precisamente das achegas da arquitectura vernácula ocuparíase de novo en 1994 nun artigo que publicou na prestixiosa revista da UNED Espacio, tiempo y forma baixo o título “Contenidos regionalistas en la arquitectura de Antonio Palacios en Galicia”. Un ano máis tarde, en 1995, Iglesias Veiga publica na editorial Ir Irdo “Antonio Palacios: a pedra, o país a arte, o urbanismo, a renovada tradición: o oficio de arquitecto”, onde destaca o valor da aposta palaciana pola actualización do legado construtivo, a emoción e a historia arquitectónica, contraria á estandarización da ortodoxia racionalista. Baixo o título “Arquitecto Antonio Palacios, 1874-1945” a Xunta de Galicia abriu en 1998 unha exposición que tivo portas en dúas sedes, o Museo de Belas Artes da Coruña e a Casa das Artes do Concello de Vigo. O comisariado e os textos daquela mostra, predecesora da que agora podemos ver no Museo do Mar de Galicia, correron por conta de Adolfo González Amezqueta, José Luís Pereiro Alonso e, de novo, Xosé R. Iglesias Veiga. C Monumento a Antonio Palacios na entrada principal ao Concello do Porriño

32 cousas de


Exposicións, libros e revistas Pero as colaboracións de Moncho non ficaron restrinxidas ás grandes exposicións e efemérides. A súa bonhomía e xenerosidade permitíronlle facer amigos alí onde pisaba, e así o demostran os traballos que publicou sobre Palacios en cabeceiras de ámbito local e comarcal, caso da Ágora do Orcellón, onde viu a luz “A Igrexa da Veracruz do Carballiño: un tardío e singular exemplo do rexionalismo arquitectónico en Galicia” (2000); tamén do traballo titulado “Antonio Palacios en Nigrán: a procura dunha arquitectura de raíces galegas” que sacou do prelo a Revista de Estudos Miñoráns en 2001. Un ano máis tarde, para esa mesma revista, Moncho Iglesias escribe “A Virxe da Rocha: un singular proxecto de Antonio Palacios”, onde subliña a encarnación do Carme como “guía e protectora dos homes do mar”, ao mesmo tempo que simboliza a “electrificación de Baiona e o feito histórico de ser esa localidade a primeira en ter noticia do descubrimento de América coa arribada da Pinta”. Hai agora vinte anos, en 2001, Moncho Iglesias publicou na madrileña Ediciones La Librería “Antonio Palacios, arquitecto metropolitano y arquitecto regionalista”, catálogo da exposición “Antonio Palacios, constructor de Madrid” realizada no Círculo de Bellas Artes, obra tamén do proxectista galego. Alí o noso estudoso enfatiza a pretensión palaciana por transformar o contorno no que se levanta a súa arquitectura, converténdose nun “referente cosmopolita da cidade” que desexa “ver a súa obra convertida en icona urbana”. Un ano despois, en 2002, Iglesias Veiga escribe para Nova Galicia Edicións “Antonio Palacios. 1876-1945” e nese mesmo ano “Faro y Palacios: una prolongada relación”, onde compila as colaboracións que o embaixador do granito galego escribira para o Faro de Vigo. Tamén de 2002 é outro traballo, este publicado na revista Grial, baixo o título “O Plan Comarcal no Proxecto de Extensión e Reforma Interior de Vigo de Antonio Palacios (1932)”, onde aborda o papel que o hinterland olívico debía exercer no contexto do plan urbanístico que ideara para a “Barcelona do Atlántico”. C Xosé Ramón Iglesias Veiga nun acto en Mondariz en 2016. Foto Miki Protector do patrimonio Para finalizar cómpre destacar algunhas das obras e accións que o noso investigador levou a cabo no horizonte de protexer e conservar o patrimonio cultural de Galicia. É o caso do traballo titulado “Os xardíns do balneario histórico de Mondariz a través do tempo”, que viu a luz na Revista Glaucopis en 2014 (Boletín do Instituto de Estudios Vigueses, do que formaba parte), onde aborda a xénese e a historia dos diferentes elementos que conforman o xardín do establecemento fundado polos irmáns Peinador en 1873. Aquela publicación nacera dun encargo da Plataforma SOS Xardíns de Mondariz Balneario, contraria á recualificación urbanística dunha parte dos xardíns daquela vila termal. Dous anos despois, en 2016, Iglesias Veiga saca do prelo “Antonio Palacios no despertar da conciencia de conservación do patrimonio arquitectónico galego”, que viu a luz en Quintana, a revista de estudios do Departamento de Historia da Arte da universidade compostelá. Galicia e, en particular, Vigo e O Porriño, teñen unha débeda con Moncho Iglesias polo seu traballo, o seu compromiso e a súa magnanimidade. En novembro de 2020 finou un home bo e xeneroso que estudou con paixón e rigor científico as claves da obra dun arquitecto que, en palabras de Chueca Goitia (1911-2004), foi “a máis poderosa figura da nosa arquitectura durante o primeiro terzo do século XX”. Lembrar a Moncho é un deber cívico. A gratitude é a memoria dos xustos. J cousas de 33

ESPECIAL ANTONIO PALACIOS S

C Botica Nova Porriño


ANTONIO PALACIOS E AS ARTES PLÁSTICAS E C Xosé Ramón Paz Antón

C Monumento á Paz 1918

C Moza na praia da Lanzada

O arquitecto nacido no Porriño é unha das figuras indiscutibles da arquitectura española nas primeiras décadas do século vinte. Ademais de ser motivo de múltiples investigacións entre as que destacan as realizadas polo inesquecible profesor Xosé Ramón Iglesias Veiga, a súa obra continúa xerando exposicións, conmemoracións, eventos e noticias como a recente instalación dunha réplica do Templete de acceso ao Metro de Madrid. Tamén traballou como docente universitario transmitindo o seu saber sobre o debuxo a novas xeracións de proxectistas. Pero non é a arquitectura o motivo deste artigo senón as artes plásticas, ás que Palacios dedicou unha parte do seu tempo. Evidentemente, é unha faceta menos coñecida e incomparable co seu labor como construtor pero desvela unha parte máis a engadir á súa obra total. Debuxos, pinturas, deseños de cerámica ou esculturas foron realizados amosando un sentido artístico que estendía a outras facetas, especialmente á promoción e divulgación da arte galega do momento. En idade madura, lembraba nunha entrevista que cando era moi noviño tiña unha afección extraordinaria polo debuxo e foi enchendo follas de libretas nas que retrataba aos obreiros do ferrocarril e as súas ferramentas, as máquinas e os barracóns. Coas súas propias palabras: “Creo que aún conservo un cuadernito de cuando era pequeño, en el que había pintado vagonetas, discos, puentes, túneles…”. Ese era o ambiente do seu pai, quen traballaba de axudante de obras no trazado do ferrocarril portugués. 34 cousas de


ESPECIAL ANTONIO PALACIOS S

C A Alcazabilla de Málaga C Animais no parque do Retiro, 1938

Pensaríamos que, quizais, esa predisposición polo debuxo motivou, a última hora, o cambio de estudios elixindo ser arquitecto en vez de enxeñeiro e modificando o plan familiar ao que parecía estar predestinado. Pero non, esa decisión adoptouna botando a sortes, a cara e cruz. Rematada a súa estancia na Escola de Arquitectura continuou realizando estudos baseados na observación directa, cuestión que se relaciona coa actividade de debuxante. Na aplicación do debuxo no seu labor profesional destaca, ademais da súa destreza técnica, a aplicación de cores de auga na que o impulso artístico semella introducirse no rigor descritivo e milimétrico do proxecto. Isto é moito máis evidente nos apuntes de ideas para construcións feitos con rapidez e expresividade. Podemos contemplar estas propostas como expresións artísticas ou como simples planos, as dúas visións están aí, por exemplo no Proxecto para un monumento á Paz, de 1918, ou a Porta da Alcazabilla de Málaga. cousas de 35


Seguindo co labor profesional, xa citamos a relación co debuxo e a pedagoxía que desenvolveu como profesor de debuxo na Escola Superior de Artes e Industrias e de proxectos de detalles arquitectónicos e decorativos na Escola de Arquitectura, ámbalas dúas de Madrid.

C Romaría de mouros e cristiáns de A Saínza

C O Pazo de Bellas Artes de Madrid

36 cousas de

C Parque de San Roque, Vigo


ESPECIAL ANTONIO PALACIOS S

Unha segunda fonte para entrar no seu universo plástico son os cadernos de campo que Antonio Palacios, sempiterno viaxeiro e excursionista, foi realizando a través dos anos. Construíndo o debuxo coa ferramenta básica -que algún xornalista denominaba o “lápiz mágico de Palacios”- e utilizando ás veces lapiseiros de cores, plasma neste cadernos dous enfoques que son os principais, o documental e o artístico. O debuxo documental trata de fixar elementos arquitectónicos que o viaxeiro contempla: columnas, mosteiros, igrexas, pontes, arqueoloxía, arquitectura tradicional. En certo modo son fichas de estudo sobre o románico e o barroco que o arquitecto reutiliza nunha parte da súa obra ligada ao rexionalismo arquitectónico galego no que militaron Palacios, Gómez Román e outros. Nalgún momento o debuxo documental é invadido por textos, localizacións (Ávila, Samos, Málaga, Riazor, Sevilla, El Escorial), números que detallan medicións e outras anotacións. Tamén hai ideas para proxectos sintetizadas en poucas palabras e cunha visión gráfica simplificada, entre elas a sorprendente e visionaria proposta dunha ponte atravesando o estreito de Rande que, coma no caso da reutilización do Hospital Real da praza do Obradoiro en hotel de luxo, serían realidades moitas décadas despois. Agora ben, non sempre estaba o arquitecto coa súa teima e por momentos parábase en escenas do mundo que o rodeaba, unha moza na praia da Lanzada, a visión dunha romaría de mouros e cristiáns en Ourense, a casa de Rosalía Castro na que proxecta un arranxo do xardín, as series de bañistas na praia, os animais, e moitos temas máis que son abordados por Palacios coma un debuxante máis. E cabe destacar a expresividade dun número extenso de retratos, uns de familiares, outros de xente na rúa, e sobre todo de nenas e nenos. Por tanto, o carácter documental e o artístico conviven neste material gráfico dos cadernos de campo.

C Alcázar de La Alhambra, 1933

C Ponte de Rande (décadas antes da súa construción)

C Riazor, 1929 cousas de 37


REPORTAXE

C Figuras

C Neno en Ávila, 1935

Parece que Palacios debuxou moitos destes cadernos que hoxe son descoñecidos excepto un pequeno grupo que conserva o Concello do Porriño e algún outro que parece existir no seu entorno familiar. Os papeis porriñeses suman arredor de 400 follas que foron publicadas nos libros Antonio Palacios Unha viaxe por Galicia, de 2019, recollendo a parte galega dos documentos, e en Trazar a mirada. Caderno de viaxe de Antonio Palacios, de 2020, que daba a coñecer os materiais referentes ao resto da xeografía peninsular. En palabras de Iglesias Veiga os debuxos dos cadernos de campo “corroboran a preocupación deste arquitecto, titulado en 1900, por coñecer a súa terra en aspectos ligados á historia e á arquitectura do pasado e supoñen unha contribución importante para a comprensión da súa obra, en especial daquela na que tenta establecer un vínculo co vernáculo. O contido destes cadernos amósanos outras facetas de palacios que van máis alá das relacionadas co exercicio da profesión e achegan a visión dunha persoa inqueda, interesada pola plástica, especialmente pola pintura e a súa práctica, pola conservación do patrimonio, pola difusión dos valores da paisaxe galega, polo fomento do turismo e do excursionismo, etc.” Unha terceira vía de achegamento á plástica de Palacios lévanos á pintura ao óleo e outras técnicas que practicou con afección. Esta actividade era máis ben de carácter privado e son mínimas as referencias da súa participación en exposicións públicas: un cadro presentado na primeira mostra de Arte Gallego celebrada en Madrid no que o arquitecto ““mariposea con fortuna alrededor de la pintura, presentando un paisaje jugoso de color y amplio de factura”, como dicía o pintor Manuel Bujados; e a pista difusa dalgunha obra exposta no Palacio del Retiro de Madrid. Contrasta a continencia na exhibición das súas pinturas coa posición decisiva que el mesmo desenvolvía na organización das exposicións de pintores de Galicia, o cal indica unha actitude consciente de non someter os seus cadros á mirada colectiva. Non existe un inventario da súa obra, estamos aínda na fase de descubrir, amosar e estudar novos materiais que se van sumando ao que coñecemos, os cadros depositados no Museo de Pontevedra, no Mosteiro de Poio, nalgunha colección privada e no entorno familiar, ou nun pequeno lote de obras anexo ao fondo dos cadernos que conserva o concello onde naceu Palacios. Aos poucos, vanse desvelando algunhas obras que permanecían descoñecidas. C Óleo pertencente ao Museo de Pontevedra 38 cousas de


ESPECIAL ANTONIO PALACIOS S

C Gitanillo de Málaga, ¿1933?

C Galegos

Cerámica e escultura Existen outros aspectos da plástica que captaron tamén a súa atención e provocaron a súa proximidade á cerámica e á escultura. Seguramente non como executante desas obras senón como deseñador de motivos, cores e formas que logo materializaba algún mestre ceramista como Daniel Zuloaga ou algún escultor como Ángel García. Nalgún caso a propia escultura foi modelada polo arquitecto, ese é o caso da peza situada no arco da fachada do Banco Mercantil madrileño. E, en fin, a monumental Virxe da Rocha de Baiona non deixa de ser unha escultura a pesar do seu tamaño extremo. Cun certo carácter escultórico realizou igualmente variadas propostas de monumentos conmemorativos. A modo de instalación lembremos o escenario composto, en colaboración co pintor Llorens, acudindo ao románico coa reprodución dun pórtico e parte dun claustro elaborados en escaiola. Ese escenario formaba parte do Certame de Traxes Rexionais de 1925. Tampouco estivo alleo aos deseños de vidreiras, de elementos de forxa e doutras expresións anexas á construción dos seus edificios. Resulta moi relevante a actividade despregada por Antonio Palacios como promotor da arte galega, entendida basicamente como arte pictórica, que reunía a unha serie de artistas do momento (Sotomayor, Llorens, Asorey, Seijo Rubio, Carlos Sobrino, Abelenda, Bello Piñeiro, Corredoira e outros) que en exposición colectiva respondían ao nome de Arte Gallego. Estas exposicións desenvolvéronse entre 1912 e 1928 nas cidades de Madrid, A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Montevideo e Bos Aires. A primeira delas, celebrada no Centro Galego da capital foi un labor que realizou practicamente en solitario (“yo, absolutamente sólo, tenía que hacerlo todo; era electricista, colgaba los cuadros, clavaba las telas…”). Esa entrega inicial e a súa constancia nos diversos comités organizadores valéronlle o recoñecemento na difusión da estética rexionalista e, sumando a isto o seu papel na arte da arquitectura, era nomeado membro da Academia de Bellas Artes de San Fernando en 1922. Xa dende tempos anteriores mostraba unha intensa preocupación polo patrimonio galego, o seu mal estado de conservación e as ridículas cantidades que o estado dedicaba aos nosos “monumentos históricos” e, engadimos pola nosa conta, ás artes plásticas e demais expresións do patrimonio. En resume, o arquitecto Antonio Palacios utilizou o debuxo técnico, o debuxo artístico, C Escultura modelada por as acuarelas e a pintura ao óleo, movéndose en expresións que van dende o rigor dos Antonio Palacios planos ata a libre expresión artística. Esta relación coas artes plásticas ofrece unha faceta menos coñecida do personaxe e axuda a explicar algúns aspectos da súa obra e da súa biografía. J cousas de 39


REPORTAXE C O novo Templete do Metro

ANTONIO PALACIOS E A ARQUITECTURA COMO EMBLEMA Por Diego Giráldez Cando o pasado mes de xullo se inauguraba a réplica da entrada ao metro da Gran Vía, Madrid estaba a recuperar un símbolo. O novo “Templete” é xa un novo referente arquitectónico da cidade que, convertido nunha especie de atracción turística, recibe centos de visitantes coa intención de disparar un selfie. Porque as obras de Antonio Palacios definen o espazo para o que foron concibidas e converten ao lugar nun escenario sobre o que saúda unha protagonista antes de caer o pano. O arquitecto volveuno facer, desta volta, sen terse decatado. C Escaleiras Casa Palazuelo As obras do porriñés non cumpren só a misión de albergar, con el esa función da arquitectura queda sobrepasada. Os seus edificios transfórmanse nunha referencia agradable, nun reflexo de nós mesmos, nunha proba de que estás no lugar que querías, nunha postal. Facede a proba: achegádevos a calquera tenda de souvenirs madrileña e buscade na sección de postais. De entre todas, poderedes levar como recordo a do edificio de Correos, a do Círculo de Belas Artes ou a do Banco Español do Río da Prata, hoxe sede do Instituto Cervantes. Non hai mellor síntoma de que eses edificios son símbolos da cidade, dunha capital á que Palacios lle deseñou unha paisaxe de modernidade. Con el, Madrid mutou en verdadeira capital europea. Tamén en Galicia deixou unha pegada definitiva, cargada de indentidade. Ninguén vai a Panxón e deixa de fotografar o Templo Votivo. A Veracruz, no Carballiño, o Pavillón da Fonte, en Mondariz ou a Virxe da Rocha, en Baiona. Calquera pode pasar polo Teatro García Barbón, de Vigo, e descoñecer quen proxectou o edificio, pero ninguén pode imaxinar xa a rúa sen esa obra porque conseguiu que, igual que pasa co resto, formen parte do entramado da memoria de cada lugar. 40 cousas de


ESPECIAL ANTONIO PALACIOS S

C Tres Obras de Palacios no Porriño

Na retina do público Palacios, a través das súas obras, deulle trascendencia aos espazos nos que traballou. Incluso aqueles que, a primeira vista, eran complexos; solares imposibles aos que foi quen de acoplarlle un edificio (un claro exemplo é o Concello do Porriño) e ateigalo de significado. Neses escenarios, o arquitecto, máis que para o encargante, xera a sensación de que proxectaba pensando no público. Se a arquitectura historicamente foi usada como símbolo de poder por emperadores, papas, ditadores e príncipes, os edificios de Palacios transmiten a idea de estar deseñados para caracterizar un entorno de por vida, de estar prantexados para quedar adheridos á retina de quen os ve, de quen os usa e pasea, e obrigarlle a non entender o espazo se esa obra desaparecese. “A obra do arquitecto é a xa realizada e a súa exposición é a rúa ou a praza pública”, chegou a escribir o propio arquitecto. Palacios entendía a arquitectura como un complemento da paisaxe e enfróntabase ao proxecto da obra como cando marcamos cun “x” no mapa o lugar que queremos visitar.

C Instituto Cervantes cousas de 41


Antonio Palacios e os escenarios Por esa carga de significado que as obras de Palacios lle dan ao espazo, incluso á atmosfera da zona, os seus edificios sempre deixan no público a sensación de que están emprazados no lugar perfecto. Deste xeito, formando parte da escenografía urbana, do decorado, quedaron para sempre vinculados a momentos históricos, vitais e incluso cinematográficos que están pegados á nosa memoria. Unha voda no Templo Votivo, unha manifestación que pasa por diante do García Barbón, un enterro pola Fonte do Cristo do Porriño, unha romaría arredor da Virxe da Rocha ou mesmo unha celebración deportiva en Cibeles teñen obras de Palacios como pano de fondo. Transfórmanse en figurantes do cotiá mais tamén en fieis espectadoras do paso do tempo. O espazo xa está remarcado pola súa presenza e a vida funciona aos seus pés. No cine Palacios é un definidor de espazos singulares e engaiolantes. Isto sabíao a directora de cine Pilar Miró cando escolleu o Círculo de Belas Artes, de Madrid, para rodar escenas de Beltenebros. Ou Fernando Fernán Gómez que elixiu uns planos picados da entrada ao Metro da Gran Vía para ilustrar os títulos de crédito de El mundo sigue. O director Alex de la Iglesia escolleu dúas obras de Palacios para rodar interiores do seu filme El día de la bestia: a Casa Comercial Palazuelo, convertida en vivenda do profesor Cavan, e tamén actual sede do Instituto Cervantes; tamén entraron por esa porta franqueada polas Cariátides, Ewan McGregor e Michelle Williams en Deception. Antonio Banderas e Ángela Molina sentan na cafetería do Círculo de Belas Artes en Una mujer bajo la lluvia, de Gerardo Vera, e tamén as estacións de Metro deseñadas por Palacios foron escenario de multitude de filmes en diferentes épocas. Os edificios de Palacios son xa iconas dos lugares nos que descansan. Quedan pegadas ao ambiente urbano igual que á nosa retina. Non somos quen de concibir eses espazos sen elas. Como deixou escrito o profesor e historiador Xosé Ramón Iglesias Veiga, o meirande experto na obra do arquitecto, “as obras de Palacios son emblema e logotipo identificador “ dos lugares para as que foron concibidas. J

42 cousas de

C O Instituto Cervantes na parte superior dereita.

Manifestación 1ª de Maio en Cibeles

C Fotograma de El dia de la bestia

C Fotograma de El Mundo Sigue de Fernando Fernán Gomez


cousas de 43


O TEMPLO VOTIVO DO MAR DE PANXÓN, A HOMENAXE ÁS XENTES DO MAR DE PALACIOS

C Arco co Templo Votivo ao fondo

Por Pablo Fernández Estévez

O Templo Votivo de Panxón é un dos máximos expoñentes do arquitecto porriñés Antonio Palacios na área de Vigo, e para moitos, o Val Miñor supón un dos grandes escaparates das súas obras de estilo rexionalista. Así, na comarca deixou a súa pegada coa construción da colosal Virxe da Roca de Baiona inaugurada en 1930; unha parella de chalés en Praia América que datan de 1920 e 1932, ademáis do propio templo que á súa vez conta a poucos metros dunha casa reitoral e dun orfanato dedicado ás xentes do mar levantado 12 anos despóis da súa morte, en 1957. De carácter rexionalista, a edificación consagrada á Virxe do Carmen e inaugurada na década dos 30, foi construída grazas ás achegas dos veciños que, coas súas doazóns ou votos, contribuíron á súa construción que culminou en 1937 nun proceso que se alongou durante cinco anos. O tesouro inadvertido da igrexa de San Xoan A igrexa de San Xoan existente a poucos metros desta estaba a quedarse pequena cun tesouro entre as súas pedras que pasou inadvertido para a maioría mentres funcionou como lugar de culto. O arco de ferradura que servía como acceso á capela resultou ser unha das poucas mostras de arte prerrománico na zona aínda que a súa antigüidade difire uns cuantos anos segundo a fonte. Mentres que a súa dataxe máis estendida fixa a construción entre o S.V e VII, un estudo de carbono 14 realizado recentemente atrásaa máis trescentos anos ata o S.X, pasando de visigótica a prerrománica. Precisamente ao ter coñecemento da peza, Palacios quixo coñecela in situ e unha vez alí comprometeuse a realizar os planos de forma completamente gratuíta a cambio de que se garantise a conservación do conxunto, que xa se estaba desmantelando para dar paso a outro de maiores dimensións. 44 cousas de

C Plano de

urbanización de Panxón a través do que Palacios coñeceu a igrexa de San Xoán, 1932 (Arquivo Municipal de Vigo).


cartas que lle enviaba ao párroco José Espinosa.

C Ábsida.Imaxe da Trindade co Cristo en Maxestade (Pantocrátor), santos de

devoción e unha curiosa representación da arribada da carabela Pinta a Baiona

cousas de 45

ESPECIAL ANTONIO PALACIOS S

C Antonio Palacios especificaba os detalles construtivos da obra a través das

Os artífices, o párroco Espinosa e o contratista Mogimes Os principais artífices de que a construción final materializásese foron o párroco do momento, Jesús Espinosa, e José Mogimes, o contratista da obra. Os detalles fóronse perfilando a través de longas conversacións por carta entre Espinosa e Palacios ao residir este en Madrid, e deste xeito foille transmitindo os detalles arquitectónicos que finalmente conformaron o resultado hoxe visible en Panxón. Nelas expresoulle o seu desexo de inspirar a fachada principal precisamente no arco visigótico, que as súas características deberían de responder á arquitectura rexional do SXIII cunha elevación non demasiado pronunciada, que a pedra sería basta e de calquera procedencia ou factores como a economía da edificación. Aos poucos, grazas a Mogimes e os voluntarios que axudaron no seu levantamento, a igrexa foi collendo forma a base de retales que outorgan ao conxunto un atractivo especial e moi característico na última etapa construtiva de Palacios, antes do seu falecemento en 1945. Con chiscadelas románicas, góticas ou barrocas, o Templo Votivo do Mar adopta un aspecto cargado de personalidade, pero xa dentro do monumento os seus mosaicos situados na bóveda principal, cúpula e ábsida directamente atafegan, onde un azul intenso apodérase dun espazo consagrado ao mar e as súas xentes. Representacións como o Descubrimento do novo mundo, a Anunciación, a Coroación e a Virxe do Carmen son algúns dos temas reflectidos nas composicións que se realizaron cunha técnica mediante pequenos fragmentos de azulexos que lembran ao modernismo.


C Interior Templo Votivo Os votos non contribuíron á súa calidade construtiva A técnica do arquitecto porriñés é moi rechamante desde o punto de vista estético, con todo os resultados obtidos case 100 anos despois no plano meramente construtivo non foron os esperados. As súas grandes vidreiras e o rosetón que coroa o acceso principal están maltreitos polo paso do tempo. Os vidros sustentados sobre unha estrutura, feita a base de barras de ferro corrugado recubertas de cemento, sucumbiron ante a corrosión provocada polas humidades e a salitre mariña, como consecuencia diso o armazón metálico inchou rompendo o material superficial. A deterioración pódese ver a primeira ollada e os restos de óxido fan acto de presenza en case todas as cristaleiras. E é que a idade non perdoa ao conxunto ainda que a zona máis castigada son as caras orientadas ao mar. O rosetón atópase en tan mal estado que tivo que ser blindado cunha malla metálica para previr posibles desprendementos mentres que as filtracións identifícanse perfectamente tiñendo a parte interna dun verdín húmedo debido á porosidade da pedra e os problemas nas unións. 46 cousas de


ESPECIAL ANTONIO PALACIOS S

A loita contra vento e marea pola súa restauración O Vigairo Episcopal para o Clero, Deán-Presidente do cabido da catedral de Tui, Delegado Episcopal de Liturxia, Arcipreste de Miñor e párroco de San Xoán de Panxón, don José Diéguez Dieppa, leva anos loitando para lograr que as administracións contribúan á súa restauración porque o custo total resulta inasumible para institución relixiosa. Sacando forzas de fraqueza de onde non as había, a Diócese sufragou os gastos da reparación do cubertas pero o resto é auga doutro costal, cun orzamento total que suma varios centos de miles de euros. Dieppa, trasladou por activa e por pasiva as necesidades do conxunto á Administración logrando espertar o interese de Patrimonio, que lle asegura que se acometerán. Recentemente reuniuse co delegado pero sen lograr un compromiso oficial con prazos concretos de execución. Con todo, o párroco confía en que os labores se contemplen nos próximos orzamentos. Outra das opcións que propuxo é que leve a cabo un plan director e que as reparacións se vaian cometendo por fases. “As intervencións superan con fartura as posibilidades da Diocese e facela por tramos sería unha opción. Outra saída sería a inxección de fondos da Administración central como ocorreu na excolegiata de Baiona”, finaliza. Da problemática arrastrada desde 2009 tamén se fixo eco o Concello. Nunha misiva realizada o pasado mes de agosto reclaman que a Xunta tome medidas respecto diso incluíndo as actuacións no Plan Turístico Xacobeo 2021-2022. J

C Bosquexo do templo, 1945 (Revista Nacional de Arquitectura).

C Ciborio coroado por unha maxestuosa cúpula de nervios de planta octogonal.

cousas de 47


GALAICAS

ISABEL ZENDAL: OS FITOS DUNHA VIDA E Antonio López Mariño De non ter sido a única muller do equipo médico da Real Expedición Filantrópica da Vacina (1803-1812), Isabel Zendal nunca podería ser considerada a primeira enfermeira da Historia en misión transcontinental de saúde pública. Así e todo, a vida e a obra desta muller seguen sendo moi descoñecidas. Para os seus paisanos. Para todos nós. Os integrantes do equipo médico da REFV parten da Coruña en 1803. Tras vacinar da variola en Tenerife, Puerto Rico e Venezuela, os expedicionarios conforman dúas partidas. Josef Salvani, con tres axudantes, vacinará en Colombia, Ecuador, Bolivia -morre en Cochabamba, 1810- e os auxiliares levarán a vacina a Perú e Chile, onde rematan a misión en 1812. A campaña de Francisco de Balmis -con seis axudantes, entre eles Isabel- cubrirá (1804- 1807) Cuba, México e Filipinas. Moi por riba dos centos de miles de vacinados -de balde, dende o norte de México ata o sur de Chile e tamén en Filipinas-, a relevancia histórica da Expedición da Vacina da Variola ven de ter amosado que o método inmunolóxico por excelencia contra enfermidades contaxiosas é a vacinación: infectarense as persoas sans con doses atenuadas do propio mal que se quere combater. Neste contexto dun traballo diario de nove anos de vacinacións polo mundo adiante, é onde encaixa a sentencia -xa de 1975- de Enrique Bustamente, secretario xeral da Organización Panamericana de Saúde: “A Expedición da Vacina permanece inigualada e corresponde aos seus integrantes a primacía na aplicación científica, a escala mundial, dun novo e marabilloso procedemento preventivo”.

C Os roteiros da Expedición da Vacina (Medicina Militar, 2003). Isabel Zendal

fixo a travesía Coruña-Tenerife-Puerto Rico-La Guayra-La Habana-SisalMéxico, capital-Acapulco-Manila-Acapulco.

C A corbeta María Pita, fletada para a expedición, partindo do porto de A Coruña en 1803 (grabado de Francisco Pérez)

Isabel Zendal Nace en 1771, na aldea de Santa Mariña de Parada (Ordes-Coruña); foi a segunda de nove irmáns. As partidas parroquiais de defunción acreditan que, dos 131 adultos falecidos entre 1773 y 1803, 14 veciños eran pobres. A nai (Ignacia Gómez morre en 1788 ) e o pai (Jacobo Zendal morre en 1800) son parte deses 14 fregueses que, por non ter, nin tiñan un metro de terra de seu onde caeren mortos; así, tiveron que ser enterrados en sepulturas propiedade da parroquia. Esta pobreza non é sinónimo de andar a pedir como única vía de supervivencia. Os Zendal Gómez eran caseiros da familia Osorio y España -recibían casa, fincas e animais e entregaban a metade das colleitas e das vendas das crías do gando-. Este ir aos medios froitos non impedirá -propiciará, máis ben- que tres irmás (Isabel, María Antonia e Francisca) acaben emigrando á Coruña, liscando do desamparo que coñecían como fillas de labradores pobres “quasi de solemnidade”. 48 cousas de


Aos 23 anos, Isabel está de criada na casa de Gerónimo Hijosa, un comerciante maragato asentado na Coruña. Xa vivindo pola súa conta, ten un fillo de solteira: Benito, nacido en xullo de 1796. Nunca agachará esta condición de nai solteira, actitude que aquela Galicia asumía con tolerancia: para mulleres que non casaran e que non podían esperar amparo por parte da familia, ter descendencia era a mellor garantía dun refuxio, ao quente, na vellez.

C Vacinación de brazo a brazo (Constant-Joseph Desbordes, 1822 / fr.wikipedia.org)

C Exposición “Vacinas para todos”. Bicentenario da Expedición Balmis-Salvany

A Casa de Expositos O traballo das cinco mulleres que, dende 1793, foran relevándose en levar a coruñesa Casa de Expósitos consistira, basicamente, en recoller criaturas do torno e atendelas durante as 72 horas que -como moito- demoraba a súa entrega a amas de cría da contorna. A entrada de Isabel como reitora -20 de marzo de 1800- coincide co momento en que, despois de seis anos de crianza externa, os expósitos comezaban a regresar á Inclusa para, internos, seguir medrando ata que, con 13-14 anos, saían ao mundo en procura de subsistencia. Andando o tempo, a dirección da Casa foi complementando o seu salario de 50 reais mensuais e unha libra diaria de pan: media libra diaria de pan para Benito, media libra diaria de carne para os dous e un extra mensual de 18 reais por compoñer -remendar e reciclar- a roupa dos expósitos. A chavala valía! As oportunidades laborais non as desaproveitaba! cousas de 49


O CONTO DA INVESTIGACIÓN

—Se, en verdade, quere falar con propiedade sobre nenos expósitos debería comezar por instruír a poboación e contarlle o mellor que estes cativos fixeron pola Humanidade, que foi levar, dende A Coruña ata América, a vacina contra a enfermidade máis letal que coñeceu o mundo. Nunca tal escoitara: que uns rapaces galegos actuaran, 200 anos atrás, como axentes intercontinentais contra a varíola, “o máis terrible dos ministros da Morte”!

C Brazo con pústulas de variola. Wikimedia Commons

A Expedición Para levar a vacina contra a variola dende a Coruña a América, Francisco de Balmis -o director da REFV- contou con 21 expósitos (dos 22 seleccionados inicialmente, un deles cae enfermo nos días anteriores a partida e non chega a embarcar). En terras americanas e asiáticas e para garantir a mellor acollida á campaña de vacinación, precisaba que a cadea de nenos portadores estivese conformada por fillos de familias estruturadas. Isabel -a única man curtida, entre os expedicionarios, no trato con nenos de 2 e 9 anos- era a baza de Balmis para que “cese a repugnancia que se experimenta nalgúns pais en ceder os seus fillos ao coidado de enfermeiros varóns”. De nai a nai, podía garantir ás familias que os seus cativos estaban en boas mans. De reitora, Isabel apañaba 600 reais ao ano; como enfermeira dunha expedición real, o salario van ser 10.000 reais anuais, que -rematada a misión- quedarían nunha pensión de 5.000 reais por ano. Se a esta diferenza salarial sumamos que lle permiten viaxar co fillo -Benito será un dos 21 nenos que leven a vacina ata América-, queda explicada a súa aposta por emigrar da Coruña e asentar en terra mexicana -Puebla de los Ángeles será a cidade escollida-. A pensión dobraba por 8 o salario de reitora e a vida pasada non sería un lastre civil para un estatus socio-económico do que, igual, nunca podería gozar na Coruña. Na avaliación final que Balmis remite á Coroa sobre o traballo do equipo médico, está escrito: “A Reitora distínguese no cumprimento dos seus deberes e no cariño que lles prodiga a todos os nenos, adoptándoos como fillos propios. Co excesivo traballo e co rigor dos diferentes climas, perdeu enteiramente a saúde; infatigable noite e día, derramou todas as tenruras da más sensible Nai sobre os Anxiños dos que coida e a todos ten asistido enteiramente nas súas continuadas enfermidades”. É o retrato dunha nai solteira afeita a queimar a vida no traballo a cambio de poder abandonar para sempre a miseria que coñeceu como filla de labradores pobres “quasi de solemnidade” J.

50 cousas de

EN SANTA MARIÑA DE PARADA A aldea era do señorío de Altamira e, como tal señor, o conde percibía, cando morría o cabo dunha casa, o tributo da luctuosa, consistente en pagarenlle os familiares do defunto o importe equivalente ao mellor animal de catro patas da facenda. Por outra banda, a décima parte das colleitas de trigo, centeo, millo, lino, mel, castañas e dos cordeiros nacidos no ano eran o diezmo do párroco.

ÚNICA PANDEMIA EXTINGUIDA A varíola, cualificada como “a máis grande asasina” e “o máis terrible de todos os ministros da Morte”, deixou de selo en 1980: ese ano, a Organización Mundial da Saúde declarou a Terra “zona cero de varíola”, despois de pasar dous anos sen terse rexistrado no mundo ningún novo caso de contaxio. A día de hoxe, a varíola é a única das pandemias humanas que foi eliminada deste planeta. Nesta longa loita tivo un papel esencial Isabel Zendal Gómez. Por moi inverosímil que poida parecer.


C Monumento en recordo da Real Expedición Filantrópica da vacina da variola, dirixida polo Médico da Armada, Fracisco Javier Balmis, partiu do porto da Coruña o 30 de novembro de 1803.

O AUTOR Antonio López Mariño, como xornalista independente dende 2011, está dedicado á investigación histórica. Froito deste traballo é “Isabel Zendal Gómez, nos Arquivos de Galicia” (Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia, 2018). O libro recolle os facsimiles, coa súa trascripción, dos 34 documentos (1781-1803) que permiten reconstruír a vida e o labor da reitora-enfermeira.

VIVE BAIXO MIÑO

cousas de 51


REPORTAXE

CANGAS, 400 ANOS DUNHA CAZA DE BRUXAS EN GALICIA E C: Suso Vila, Doutor en Historia da Arte AS BRUXAS CAMIÑAN ENTRE LENDAS POPULARES MISTURANDO HISTORIA, CRENZAS E FANTASÍAS. AS BRUXAS NON DESAFIARON TANTO Á RELIXIÓN COMO Á SOCIEDADE, CONVERTÍNDOSE EN CULPABLES DE CALQUERA MAL OU PROBLEMA QUE ACONTECERA NA COMUNIDADE. ESTA COMBINACIÓN SERÍA A RESPONSABLE DAS TRÁXICAS CONSECUENCIAS A MOITAS MULLERES XA QUE NUN CASO OU NOUTRO PODÍAN PASAR POLA MAN E A TORTURA DOS TRIBUNAIS CIVÍS E RELIXIOSOS.

C ”Linda Maestra”, Caprichos de Goya, aguafuerte, 1797-1799.

52 cousas de

Moitos lugares de Europa e América serían famosos polas cazas de bruxas, sobre todo tras libros como o Malleus Maleficarum e teses como a de Jean Bodin, Pierre de Lancre ou Henri Boguet que xustificarían a persecución e queima das bruxas. En España as bases canónicas e teolóxicas partían de presupostos diferentes e iso explicaría a asimetría na represión contra o fenómeno de feiticeiras e bruxas. As instruccións que a Suprema foi dictando aos tribunais inquisitoriais tanto no século XVI como no XVII establecería un achegamento ás manifestacións demoníacas das bruxas desde o excepticismo e próximas a tratalo como un engano ou estafa máis que unha cuestión da fe católica. As feiticeiras eran mulleres de certa idade, viúvas e solteiras, que eran acusadas de bruxaría por parte da sociedade e era a xustiza civil a que actuaba contra elas por entender que danaban cos seus maleficios os bens e persoas da comunidade. As bruxas eran procesadas, torturadas e condenadas incluso á morte se era necesario. Lembremos que a xustiza civil non era unha entidade lonxana, eran os xuíces do concello, formaban parte da mesma comunidade

C “Aquellos Polbos”, Caprichos de Goya, aguafuerte, 1797-1799.


C Ría de Vigo coa vila de Cangas, 1634, Pedro Texeira.

C Cangas a comezos do século XX. ARG, CPOST.01617r0001

En Cangas daríanse as condicións para unha caza de bruxas no primeiro cuarto do século XVII. O ataque dos corsarios turco-berberiscos sobre a vila o 9 de decembro de 1617 deixarían non só a destrucción dos bens e morte de moitos dos seus habitantes, tamén a condena de moitos veciños e veciñas á escravitude en Arxel e a espera de ser redimidos polos seus parentes, feito difícil se atendemos ao súbito empobrecemento causado polo ataque. Boa parte das casas da vila arderían no ataque e as igrexas serían saqueadas e queimadas. No caso da vella Colexiata, a imaxe do Cristo rexistiríase a arder a pesares dos intentos dos corsarios feito que se tería como milagreiro. Na crise social e económica que asolaría Cangas procuraríase culpar a alguén do desastre. A persecución centraríase sobre aquelas mulleres que ficaban no limiar da comunidade, das que se desconfiaba polos seus coñecementos ou pola súa liberdade. Por iso acusar a mulleres solteiras ou viúvas, non suxeitas a un home, ou aquelas que exercían un oficio independente como curandeiras, parteiras ou menciñeiras convertíanse en víctimas do recelo popular. Desde 1618 os xuíces do concello de Cangas procesarían a un grupo de mulleres de bruxaría. Os habitantes da vila tiñan acusado a María Soliña, Teresa Pérez, María R. Colasa, María dos Santos, Catalina Vidal, María Ribeira, Ana Fernández, Dominga Gutiérrez, Catalina de la Iglesia ou a Elvira Martínez, culpables dos males que asolaban o outrora próspero porto de Cangas.

cousas de 53


Dez mulleres procesadas pola xustiza civil e inquisitorial sobre todo entre 1621 e 1627 O baile na praia era considerado como unha manifestación do mal. O baile significaba festa, diversión, liberdade, rendirse á concupiscencia, feito grave se temos en conta o luto polo que atravesaba Cangas. Durante as confesións baixo tormento de Catalina de la Iglesia e Elvira Martínez, falarían que ademais do baile ían nun barco comandado polo demo en forma de cabrón, detalle interesante xa que non se facía mención ao mito de voar como medio para viaxar. A praia de Areas Gordas sería recoñecido como o punto de reunión das bruxas canguesas e lugar onde a suposta relación co demo era consumada. O tema do barco e que fose o seu guía o Maligno non deixaba de establecer ligazóns ao ataque corsario de 1617 e polo tanto unha proba para os veciños da culpabilidade das bruxas no desastre ben directamente guíando aos turco-berberiscos a súa vila ou ben indirectamente polos seus pecados no castigo sobre o Morrazo. A xustiza de Cangas condenaría a morte a varias das bruxas pero as competencias exclusivas do Santo Oficio en herexía reduciría a severidade da pena como a Catalina de la Iglesia e Elvira Martínez en 1626. A incredulidade dos inquisidores no tocante á participación do demo vencía á crenza dos xuíces nos maleficios das bruxas.

C Estampa popular dos famosos corsarios berberiscos os Barbarroxas.

A bruxaría contaría con elementos como o Sabbat ou akelarre (a reunión de bruxas o venres noite), o infanticidio ou incluso a presenza de deformidades físicas que formaron parte do vello argumentario antixudaico reciclado para un novo inimigo imaxinario. María Soliña é a máis famosa das bruxas de Cangas. Algúns relatos vencellarían o seu apelido e os xudíos conversos, así ligábase con parentes en Arxel e á ría de Vigo como obxetivo nun acto de vinganza pola expulsión xudía. Sinalábase tamén a María Soliña como unha persoa acomodada, con certas posesións, aínda que a realidade é que as mesmas deberon esvaecerse co ataque corsario, a morte do seu home Pedro Barba e o seu irmán Antonio Soliño e o incendio da súa casa, probablemente de tipo tradicional con patín e da embarcación de pesca. 54 cousas de

C Barco inglés en acción contra corsarios turco-berberiscos, ca. 1680. Royal Museums Greenwich


C Rúa do casco antigo de Cangas

C Escudo da Inquisicion. Cangas

Algunhas acusadas de bruxaría como María Soliña contaban con dereitos de presentación en algunhas igrexas da área de Cangas, un dereito que lle podía resultar nalgunha pequena renta económica. Tradicionalmente ligouse estes dereitos e a cobiza da fidalguía ou poderes locales como motivación para os procesos contra estas mulleres. A realidade era ben outra, a pobreza como no caso concreto de María Soliña ou Elvira Martínez faría que a sentencia de confiscación de bens non fose aplicada polo Santo Oficio xa que non había pertenzas que confiscar. Os xuíces de Cangas procesarían a María Soliña en 1621 sendo torturada para que revelase o que lle interesaba ao tribunal da vila. O Tribunal da Inquisición de Santiago tomaría o caso alegando a exclusividade de competencias na herexía. As contradiccións de María Soliña no proceso e que boa parte das acusacións non tiñan peso como o infanticidio ou incluso o de renegar da fe en Cristo levarían a unha sentencia en xaneiro de 1622 que reflectiría o parecer dos inquisidores sobre a bruxaría, unha forma de fantasía e superstición. María Soliña sería sentenciada a seis meses de hábito e cárcere e a confiscación dos seus bens que non cumpriría por non ter posesións. O castigo xa o recibira antes en forma de tortura e desprezo social. Na primeira metade do século XVII en Cangas se deron as condicións dunha sociedade psicótica para unha caza de bruxas. As víctimas foron dez mulleres que aínda que non foron executadas na fogueira sí que sufriron os procesos co terror das torturas, o sufrimento polas acusacións ou o rexeite social, todo o suficientemente grave para seguir lembrando hoxe o drama que segue a permanecer na memoria das xentes do Morrazo.

cousas de 55


María Soliña perante o Tribunal da Inquisición

“María de Soliña viuda de Pedro Barba pescador vecino de Cangas. Estubo presa por la justicia secular, donde confeso muchos actos de brujeria. pacto con el demonio y a ver renegado de Dios y infanticidios, fue reclusa en carceles secretas & y en la 1ª Audiencia lo confeso en la misma conformidad menos los infanticidios que afirmo no los avia hecho, como antes lo habia confesado ante el seglar, y nego La intencion en quanto a aver renegado de Dios, y dado adoración a el demonio. Tormento hasta tenderla en el potro y asento en la creencia y pertenencia. Del auto Reconciliado con confiscacion de bienes y carcel por seis meses. Año de 1622. La sentencia se pronuncio sin hacer mención de confiscacion de bienes pero con las penas de relapsia y inhabilidad y en esta conformidad hizo la abjuracion”.

Outras Feiticeiras perante o Santo Oficio Nos procesos do século XVI atopamos casos como o de María Rodríguez prendida en Tui en 1577 e remitida ao Tribunal de Santiago. A súa primeira condena sería de 200 azotes pero en 1579 por relapsia sería condenada á fogueira. Noutros sumarios e relacións as condenas a feiticeiras consistían na reprimenda na sala e o desterro. Nos anos 1651 e 1652 temos un número elevado de feiticeiras condenadas en Galicia: María Álvarez, muller de Domingo Estévez, veciños de San Pedro de Forcadela. Ana Gómez, veciña de Lavadores. Maria Blas, veciña de Burgueira en Oia. Leonor da Fonte, viúva de Bartholomé Infante, mareante, veciña de Pontevedra. Marta López, muller de Francisco González, de San Adrián de Meder. Beatriz Salgado, muller de Juan García, da Rúa de Petín. Feiticeiros o bruxos tamén había, serían entre outros os casos de Alonso Pérez de Tui en 1609 que tiña feito un pacto co demo sendo profeta e adivino, sería condenado a desterro e a confiscación dos seus bens. En Baredo, Baiona, outro caso sería o de Juan Domínguez, tamén reprendido e desterrado en 1652.

C Igrexa de Santiago, ex-colexiata de Cangas, saqueada polos corsarios turco-berberiscos en 1617. No intererior venérase a imaxe do Cristo ligada ao saqueo por resistir os intentos de ser queimada e disparada con arcabuces.

56 cousas de


A Inquisición en Cangas Malia a fama da vila de Cangas polos procesos contra as bruxas a presenza inquisitorial era feble neste porto. En 1641 había dous familiares da Inquisición na vila, Gabriel de Nogueira e Juan de Refojos. Non había comisario do Santo Oficio en Cangas o que reflectía que non era unha localidade importante para o Tribunal de Santiago, centrado noutros portos da ría como Vigo ou Baiona con tráfico internacional. Unha das peculiaridades en Cangas é a conservación de varias casas brasonadas coas armas do Santo Oficio, un xeito de reflectir poder. Rafael Rodríguez Fdez-Broullón na súa obra “Las hidalguías del Morrazo” recolle varias casas no municipio. Así temos a casa da Subida a Síngulis, a casa de Reboredo e a da Inquisición en Coiro, ou o escudo do sepulcro, na Capela do antigo Hospital, que foi empezada no 1711 e terminada no 1715 por Gonzalo Nogueira y Araujo, prior da Colexiata e comisario do Santo Oficio, para que lle servise de última morada. J

C Capela do antigo Hospital de Cangas

C Sepulcro. Capela do antigo Hospital de Cangas

cousas de 57


GALICIA SOLIDARIA

ACEESCA, A ASOCIACIÓN DO PORRIÑO ABANDEIRADA DA INCLUSIÓN DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE INTELECTUAL A ASOCIACIÓN DE APOIO A PERSOAS CON DIVERSIDADE INTELECTUAL DO PORRIÑO COMEZOU COMA UN PEQUENO CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL EN 1983 E 38 ANOS DESPOIS CONVERTEUSE NUNHA ENTIDADE DE REFERENCIA PARA A EDUCACIÓN, BENESTAR E INCLUSIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

E Judit Bernárdez C Aceesca Comezaron sendo catorce familias e catro profesionais e agora, 38 anos despois, Aceesca, a Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual do Porriño, está integrada por 534 socios a quen lles une o mesmo obxectivo fundacional: a loita pola inclusión e o benestar das persoas con discapacidade intelectual. Desde 1983, data na que un grupo de familias uniron forzas por este obxectivo común, Aceesca non deixou de medrar, pero sempre coa inclusión coma bandeira. Naceu coma un pequeno centro educativo e agora, ademais de ese centro de educación especial, xa consolidado coma un referente na comarca, contan con centro ocupacional, centro de día, centro especial de emprego e servizo de atención temperá para os Concellos de Salceda e As Neves. “Non somos un recurso para as persoas usuarios, senón para a comunidade”, destaca María José Santos, directora da Área de Infancia e Xuventude. Internamente, a Asociación organízase en catro áreas, e, ademais de Infancia e Xuventude, están as áreas de Adultos, Emprego e Familias. Esta última conta con menos recursos ao estar financiada pola entidade, pero dende Aceesca fan fincapé na importancia de reforzar este área para que as familias formen cada vez máis parte da Asociación e que “sexamos todos un”. “Sen as familias non podemos alcanzar nin a nosa misión nin os nosos obxectivos; son a nosa palanca”, comenta María José Santos. Por outra banda, as áreas de Infancia, Xuventude e Adultos suman actualmente 99 usuarios. As dúas primeiras contan con centro de educación especial, e a última con centro ocupacional e centro de día.

Na área de Infancia e Xuventude camiñan cara a inclusión, e neste senso, amosan o seu interese por ser centro de apoio para toda a comunidade educativa, para o que lanzan unha mensaxe ao resto de centros ordinarios nos que carecen dos recursos necesarios para fomentar a inclusión: “xa que existimos como centro específico, queremos que se apoien en nós; podemos intercambiar materiais, ofrecer servicios, resolver dúbidas...”, convida a directora de este área. Mención a parte merece a área de Emprego, onde Aceesca convertese en lanzadeira para que as persoas con diversidade intelectual atopen un emprego. “Dende a área de Emprego estamos continuamente dándolles oportunidades de formación para as persoas con discapacidade porque, se queremos que accedan a un traballo, teñen que estar formadas”, explica María José Santos. Ademais dos cursos de formación en tarefas coma limpeza, xardinería, acompañamento a persoas dependentes, preparación de oposición e mesmo clases de apoio para sacar o permiso de conducir que ofertan desde o seu Centro Especial de Emprego, a entidade conta coa súa propia empresa na que empregan a 70 persoas con diversidade intelectual. Baixo o nome de Aceesca Emprego SL., ofrecen servizos de limpeza e xardinería a máis dunha trintena de clientes, a maioría da Louriña, pero tamén de fora da comarca. 58 cousas de


O propio Concello de Porriño, contrata os seus servizos para manter limpas varias instalacións municipais e axeitadas as súas zonas verdes. A Oficina de Emprego de Vigo, o Centro de Día Adiante de Mos, o Campo de Fútbol de Salceda ou varias comunidades de veciños de Baiona e Vigo son parte da súa carteira de clientes para o servizo de limpeza. E tamén se encargan da xardinería en varios hospitais coma o Álvaro Cunqueiro de Vigo; nos Paradores de Turismo de Tui e Baiona; nos Concellos de Salceda e Ponteareas; no IES Pedras Rubias de Salceda; nas escolas infantís de Vigo, Redondela e Pontevedra, ou en empresas coma a CTAG ou Frigolouro.

FICHA DE LA ASOCIACIÓN Ano de fundación: 1983 Presidente da Entidade: Esteban Barcelo Soto Emprazamento: Torneiros (Porriño) Socios: 534 Usuarios: 99 Traballadores: 160 (70 no Centro Especial de Emprego) Servizos: Psicoloxía, fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, traballo social e hidroterapia

En marcha a primeira promoción titulada en Xardinería Con todo, desde Aceesca lamentan “o inconveniente que é para as persoas con discapacidade intelectual acceder a un emprego sen ter nada acreditado. Poden pasarse toda a vida facendo cursos, pero non poden ter unha titulación profesional específica como pode ter calquera persoa”. Para saltar este obstáculo, Aceesca puxo en marcha a finais de 2019 un Plan de Formación Dual en Xardinería. Actualmente cursan esta formación de 3 anos, con parte teórica e parte práctica, 10 alumnos e alumnas con diversidade intelectual que, ao rematar, poderán acreditar competencias profesionais en Xardinería. “Foi un modelo pioneiro que trouxemos da Fundación Amadip Esmente de Mallorca. A nosa directora do Área de Emprego Verónica Conde e a xerente Ángeles Leirós fóronse a Mallorca con outras entidades e leváronse a persoas da Consellería para amosarlles in situ o modelo. A Consellería viuno efectivo e sacaron a súa primeira convocatoria en decembro de 2019”, conta María José Santos, facendo fincapé na necesidade de que as persoas con diversidade intelectual teñan acceso ao emprego para acadar a plena inclusión.

cousas de 59


MEDIO AMBIENTE

O MAR DO SALNÉS AS RÍAS E O AFLORAMENTO E María Teresa Ramos Covelo. Licenciada en Bioloxía Galicia é a comunidade autónoma que máis quilómetros de costa posúe, 1600 quilómetros de vida mariñeira, que confire aos concellos próximos ao mar un carácter e un estilo de vida que repercute na súa cultura e na súa economía. O mar proporciona a estes concellos produtos de elevado valor debido a riqueza das augas das rías: as rías Baixas están consideradas como un dos ecosistemas mariños de maior diversidade biolóxica de todo o planeta, feito que se debe fundamentalmente ao denominado afloramento mariño. Este fenómeno podería compararse cunha corrente oceánica, pero neste caso é unha corrente estacional que está ateigada de nutrientes e se xera cando se combinan dous factores: por unha banda os ventos e por outra a rotación da Terra que xera o denominado efecto de Coriolis. Os ventos do norte que viaxan sobre a superficie do mar ao longo da costa empuxan a auga por fricción, provocando que se movan cara o sur. Logo o efecto de Coriolis actúa sobre esa auga en movemento desviando a súa dirección 90º á dereita da dirección do vento no hemisferio norte. Deste xeito fórmase unha corrente mariña na que as augas máis quentes e superficiais viaxan fóra das rías ata arrefriarse e afundirse. Estas augas serán substituídas por augas provenientes dos fondos mariños, máis frías, que pouco a pouco entrarán polo fondo das rías traendo e depositando os nutrientes que portan. En consecuencia este fenómeno natural xunto coa orografía son os principais factores que fan que as nosas rías teñan unha produtividade tan alta que se traduce nunha enorme importancia ecolóxica e económica. Este fenómeno trae outra consecuencia ben coñecida, a temperatura fría das augas das rías na tempada estival. O afloramento, unido á singular orografía das rías Baixas, supón que estas sexan un enclave idóneo para o desenvolvemento da gran diversidade pesqueira e marisqueira que existe nas rías: a máis vento do norte, máis correntes, máis fitoplancto e máis alimento para os nosos peixes e mariscos.

60 cousas de


TRABALLO REALIZADO POR PROFESIONAIS As poboacións costeiras do Salnés souberon sacar proveito desta riqueza que lle dá o seu mar e as súas xentes, desde tempos pasados viven da súa pesca e marisqueo, coidando do mar e facendo del un oficio que dá para comer ás súas familias e a outras xentes que poden, grazas a eles, degustar produtos moi saudables e de gran calidade. Pero dedicarse a este oficio non é nada doado, a oficina destas xentes é o mar e as praias. Poderiamos pensar que é unha gran sorte e privilexio traballar no mar neses días asollados, cando sopra unha suave brisa mariña que acariña a cara, pero tamén debemos pensar neses días de temporal cando quentes detrás dun cristal vemos como chove con forza e observamos as ondas que azoutan a costa e as praias. É neses momentos cando debemos valorar a dureza do traballo deses heroes e heroínas do mar. Con choiva, vento e frío, hai que saír ao mar para botar as nasas, as redes, mergullarse no fondo mariño para recoller unha a unha as navallas ou meterse na auga para levar á lonxa as prezadas ameixas e berberechos. De noite, de día, con frío ou calor elas e eles nunca descansan, aínda que en ocasións teñan que botar máis horas para gañar o sustento. Dependen das mareas e saben perfectamente cando e a onde deben dirixirse para que ao día seguinte os mercados estean cheos de peixe fresco e dos mellores mariscos tan necesarios na nosa dieta. Mais con estas duras condicións de vida, non é raro que falte substitución xeracional. Aínda así, a cultura mariñeira é algo que se leva no sangue e que se respira nestes concellos. A mocidade na actualidade mira con esperanza cara aos traballos do mar.

O FURTIVISMO Despois de describir como é o duro traballo dos profesionais do mar, non hai que esquecer as ameazas que afectan tanto para estes profesionais como ao medio mariño, entre elas destaca sen dúbida o furtivismo. É unha tristeza pensar que, hai xente que non segue as normas e busca aproveitarse do traballo dos profesionais do mar. Hai anos o sector non estaba regulado, calquera podía ir á praia e coller ameixas para comer ou vendelas. Hoxe en día o sector está profesionalizado e os produtos do mar pertencen aos mariñeiros/as e as mariscadoras que obtiveron, non sen esforzo, todos os permisos necesarios para poder levar a cabo este traballo e cumpren regularmente coas obrigas que conleva. Os furtivos non só esquilman o mar, senón que non o coidan, non respectan as vedas tan necesarias para asegurar os períodos reprodutivos das especies, non respectan as tallas, collendo individuos que aínda non se reproduciron, usan artes de pesca ilegais, non respectan os cupos, etc. A costa galega é moi grande e para poder preservar os mares e os seus recursos, os mariñeiros/ as e as mariscadoras teñen que facer vixilancias, que son apoiadas polo servizo de vixilancia da Xunta de Galicia.

cousas de 61


C Monumento á Familia Mariscadora situado na zona do porto do Grove

62 cousas de

UNHA COMARCA CON ALMA MARIÑEIRA: O SALNÉS. A comarca do Salnés, situada nas rías Baixas, está formada por nove concellos: Cambados, A Illa de Arousa, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. Nas lonxas destes concellos podemos atopar infinidade de productos de gran calidade como polbos, chocos, peixes azuis como o xurelo, a rincha as apreciadas sardiñas, pescadas, raias, ollomois, sargos, linguados ou rodaballos. Para a súa captura os mariñeiros e mariñeiras usan variadas artes de pesca selectivas e sostibles asegurando que os recursos pesqueiros poidan rexenerarse e, deste xeito, que as xeracións futuras teñan a oportunidade de vivir do mar. Entre os mariscos máis apreciados atopamos lagostas, centolas, camaróns, nécoras, volandeiras ou percebes que este nadal asolagarán as nosas mesas lembrándonos o sabor a mar, sen esquecer o esforzo dos profesionais do mar para levalas aos nosos pratos. Merece mención nesta comarca o cultivo do mexillón. Falar da Ría de Arousa e falar de mexillón. Nesta ría atópanse case o 70 % das bateas que flotan nas rías galegas. Na década dos anos 40 colocaronse na ría de Arousa as primeiras bateas de Galicia, aunque non tiñan nada que ver coas de agora. Barriles e barcos vellos flotaban nas augas y deles colgaban cordas nas que crecía o mexillón. Actualmente a ría de Arousa é unha das zonas de producción de mexillón máis importantes do mundo.


C Porto do Grove COÑECER OS TRABALLOS DO MAR DA MAN DOS PROTAGONISTAS Nos últimos tempos as xentes do mar están a emprender un novo camiño, un camiño cara a posta en marcha de actividades de diversificación contempladas na Lei 11/2008 de pesca de Galicia: actividades de turismo mariñeiro e pescaturismo. Deste xeito se están formando para poder desenvolver este tipo de actividades co fin de poder achegar á cidadanía os seus oficios e poñer en valor os produtos do mar, mostrando o que mellor saben facer: pescar e mariscar de forma sostible coidando o mar que tanto lles dá e que tanto queren. Se algo ten de especial esta comarca é que destila cultura mariñeira en cada recuncho. A pesca artesanal, o marisqueo a pé, a poxa de peixe na lonxa e os mercados con xénero fresco e saboroso configuran un destino de incalculable valor gastronómico ao que nos debemos achegar para comprobar cos nosos sentidos, da man destes profesionais, como é o día a día dos traballos no mar nesta fermosa comarca do Salnés. Este artigo pretende ser unha pequena homenaxe ás mulleres e homes do mar, para poñer en valor o seu traballo e que aprendamos a respectalo, coidando así destes mares que tanto nos dan e aos que tanto lles debemos.

cousas de 63


OCIO/MUSEO

EXPOSICIÓN CASTELAO EN EUROPA. A VIAXE DE 1921 E Ángeles Tilve Jar. Conservadora fondos xerais e Comisaria da Mostra En 1921, pensionado pola “Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE)”, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao realizou durante nove meses unha viaxe de formación en Francia, Bélxica e Alemaña. Unha importante experiencia que lle permitiu analizar de forma directa tanto a tradición artística como as vangardas europeas contemporáneas e que propiciaría cambios significativos na súa evolución artística e literaria, na conformación da estética nacionalista e na súa progresiva consolidación como guía e inspirador de iniciativas esenciais para o avance da arte e a cultura galegas. Conmemorando o centenario desta viaxe o Museo de Pontevedra programou a exposición temporal Castelao en Europa. A viaxe de 1921, mostra que se pode contemplar desde o 2 de decembro de 2021 ata o 23 de xaneiro de 2022 nas salas de exposicións temporais do edificio que leva o nome do artista. A MOSTRA A exposición estrutúrase en tres grandes bloques, un por cada unha das etapas do percorrido, seguindo o desenvolvemento do Diario de viaxe do artista, un extraordinario caderno manuscrito ilustrado que se conserva no Museo de Pontevedra no que Castelao anotou detalladamente as súas impresións, comentarios e reflexións persoais sobre a arte e os artistas que viu nos museos europeos e nas numerosas exposicións que visitou, de representacións teatrais, concertos, conferencias e todo tipo de actividades culturais ás que asistiu; tamén as súas vivencias e as súas cavilacións éticas, relixiosas e políticas. Exhíbense nela máis de 250 pezas entre as que, ademais do orixinal do Diario e as reproducións ampliadas da totalidade dos debuxos, fotografías, tarxetas postais, recortes e impresos diversos, máis dun centenar, que o artista intercalou no texto, se atopan tamén os documentos relacionados coa tramitación administrativa da pensión e a súa correspondencia persoal neses meses, numerosos libros e catálogos que adquiriu nas diferentes cidades que visitou e unha selección de fotografías de obras de diversos autores que aparecen amplamente comentadas no Diario. Igualmente móstranse aquí diversos debuxos, apuntamentos e estudos orixinais realizados por Castelao durante este período, algúns deles inéditos, e outras obras moi significativas da súa produción posterior que, conservadas no Museo e noutras institucións e coleccións particulares, revelan o grande impacto desta viaxe na súa evolución persoal e no desenvolvemento da arte galega do século XX.

64 cousas de


OCIO /LIBROS Tongole no sabe bailar Sergio Ramirez Editorial Alfaguara Sergio Ramírez, Premio Cervantes 2021, volve ao xénero negro cunha novela sobre Nicaragua e o fin do soño da revolución. A maxistral prosa do autor vai desvelando aos poucos un armazón turbio, cheo de segredos, traizóns e escuras manobras.

Los optimistas Rebecca Makkai Editorial Sextopiso Rebecca Makkai ofrécenos unha formidable novela que reflexiona sobre a enfermidade e a morte, pero ante todo sobre o poder da vida, o amor e a amizade. Recrea con fidelidade o día a día da comunidade homosexual nos oitenta, os anos duros da sida.

Golpes de luz Ledicia Costas Editoria Xerais Ledicia Costas regresa cunha novela sobre os segredos que marcan a vida de tres xeracións dunha familia. O narcotráfico na Galicia nos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da verdade envolven esta melodrama, salvaxe e tenro, habitado por personaxes inesquecibles.

Nick Carter & André Breton Una pesquisa surrealista David B. Editorial Impedimenta David B., un dos autores máis importantes da banda deseñada francesa, volve sorprendernos coas súas escuras pero divertidas ilustracións, nas que amosa toda a súa arte nunha historia do máis... surrealista. Neste libro rende homenaxe aos pintores e poetas surrealistas.

La guía FilmAffinity: Breve historia del cine Pablo Kurt y Daniel Nicolás Editorial Nórdica A Guía FilmAffinity non é só un resumo dun século e cuarto de cinematografía senón tamén unha análise precisa e rigorosa da evolución desta arte. Un libro que é unha actualizada historia do cinema mundial á vez que amena e didáctica.

Doce césares. La representación del poder desde el mundo antiguo hasta la actualidad Mary Beard Editorial Crítica Un ensaio sobre a influencia dos emperadores romanos e, sobre como as súas imaxes influiron na arte, na cultura e na representación do poder ata a actualidade.

cousas de 65


AQUÍ SEMPRE NOS ATOPARÁS! PUNTOS DE DISTRIBUCIÓN AUTORIZADOS DA REVISTA A CAÑIZA.- Kiosco do Mercado

O ROSAL.- Librería Ideas, La Segunda Vuelta

A GUARDA.- Librería LER, Librería Cervantes, Librería Ideas

PAZOS DE BORBÉN .- Kiosko-Tabacos Huno

AS NEVES.- Estanco

PONTEAREAS.- Librería Papiros, Librería Don Papel, Librería Mil Follas

BAIONA.-Librería Vernet, Estación de Servicio Monterreal. Sabarís.- Kiosko Sabarís

PONTEVEDRA.- Libraría d-lectum, Libraría Nobel (zona Museo), Kiosco Beni (Mercado)

BUEU.- Librería Abrente, Librería Miranda, Panadería Amador

PONTE CALDELAS.- Librería El Colegio

CAMBADOS.- Kiosco A Calzada CANGAS.- Kiosco Goluts, Kiosko La Ventana, Libraría Wells, Libraría A Esmorga CALDAS DE REIS.- Librería Luisa Piñeiro CUNTIS.- Librería-Papelería Maresa GONDOMAR.- Librería Libraida, Asociación de Empresarios A Pasaxe MARÍN.- Librería Maky e Libraría Nobel MEAÑO.- Librería Cousas (Dena) MEIS.- Kiosco Vilariño MOAÑA.- Libraría La Papelería, Librería Nobel MONDARIZ.- Librería Santa Eulalia. MONDARÍZ - BALNEARIO.- Kiosco Las Colonias MORAÑA.- Librería La Ventana Mágica, Libroflor MOS.- Librería Arte e Ciencia

REDONDELA.- Quiosco Cocó, Quiosco Chelo, Quiosco Xunqueira, Libraría La Imprenta. Chapela de Arriba.- Estanco RIBADUMIA.- Librería Barrantes SALCEDA.- Librería Sernel, Librería Lemos, Librería Dona SALVATERRA.- Kiosko Bolboreta, Estanco SANXENXO.- Librería Nos SOUTOMAIOR.- Arcade Librerías Loli, Kiosco Tulipán TOMIÑO.– Librería Novidades, Quiosco Loterías Gonzalo. Goian (Tomiño )Mercado TUI.- Librería Nobel, Estanco/quiosco rúa Ourense, Librería Iris VIGO.- Librería Librouro, Librería Solidaria Aida, Librería Nobel (Gran Vía), Libraría Cartabón, Libraría Nobel (Calvario), Kiosco Lembranzas

NIGRÁN.- Libraría Paraísos de Papel, Estanco. Ramallosa. - Kiosko Ramallosa, Copisteria Duplicolor. Panxón.- Estanco César O GROVE. - Librería Nobel O PORRIÑO.- Librería Recondo, Kiosco El Pinar e Librería Papelería Copirey, Kiosco Regaliz

66 cousas de

Sin tí


PUERTO DE VIGO

Felices fiestas

140 años

mirando al futuro cousas de 67

Sin título-2 1

13/12/2021 9:21:39


68 cousas de


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.