SUMARIO
04\ EDITORIAL
06\ PÁXINA 6
por Suso Vila A revolución de Santa Clara
08\ RÍAS BAIXAS
10\
NÚM.
Helmo de ferro De Vendel*, Uppland. Suecia. Formaba parte dun enterramento nun barco funerario. Museo de Historia de Estocolmo.
34\ REPORTAXE
A ponte medieval sobre o río Verdugo en Comboa (Soutomaior)
54\ GALAICAS
“APEARSE”, un plan para incentivar o transporte público optimizando a seguridade nas paradas
ACTUALIDADE
26\ REPORTAXE
O histórico cemiterio dos Eidos de Redondela, “o máis bonito de España”
30\ REPORTAXE
Rehabilitación integral da Carabela Pinta de Baiona
EN PORTADA
62\
64\
María Vinyals y Ferrés. A Marquesa Vermella
GALICIA SOLIDARIA
ADICAM e a súa fundadora Fina Acuña
OCIO/LIBROS/MUSEOS
Ruth Matilda Anderson no Museo de Pontevedra
38\ A louza de Sargadelos. Historia dunha Real Fábrica en Galicia
44\ Na Fonte da Gándara. Unha buvette palaciana en gris Mondariz
48\ Mil anos dos ataques viquingos sobre o Miño
56\ Os emigrantes e a educación no Val Miñor (2ª parte)
*O período de Vendel é bastante descoñecido fóra de Escandinavia, máis aló dos habitualmente representados como “cascos viquingos” e de armas achadas nos barcos funerarios. Este arquivo ten a licenza Creative
Edita: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo. cousasde@edicionesbasan.com.
Director: Jesús Mª García Bastida jesusgbastida@cousasde.com
Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL
Colaboradores: Anxo Rodríguez Lemos, Pablo Fernández Estévez, Carlos Méixome, Suso Vila, Álvaro Peralta, Judit Bernárdez, Carmen Salinero, Pilar Vela, Silvia Cernadas, Xosé Ramón Paz Antón, Marco Rivero, Rosa Vila, Alberte Reboreda, Xosé M. Malheiro, Jose Vaamonde, Natalia Fraguas Fernández.
Departamento Comercial: revistacousasde@cousasde.com
Teléfono: 626 993 480 Web e redes sociais: www.cousasde.com
Periodicidade trimestral. redacción@cousasde.com Depósito Legal: VG 229-2019
A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores.
Ediciones Basan non se fai responsable dos comentarios dos seus colaboradores
Distribución gratuíta en: A Cañiza, A Estrada, A Guarda, Arbo, As Neves, Baiona, Bueu, Caldeas de Reis, Cambados, Cangas do Morrazo, Covelo, Cuntis, Gondomar, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, O Grove, O Porriño, O Rosal, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa
En Portugal: Valença, Cerveira, Caminha e Monçao
EDITORIAL
COUSAS DE, UN PROXECTO EDITORIAL EN CONSTANTE EVOLUCIÓN
Moitos dos nosos lectores actuais séguennos case dende o comezo desta aventura, e outros moitos coñécennos desde hai pouco tempo, e sabémolo polas chamadas, correos ou mensaxes que recibimos, tanto para felicitarnos polo noso traballo, como para tentar conseguir algún dos números xa publicados.
Os novos lectores sorprenderanse cando teñan nas súas mans este número 15, vendo as portadas que acompañan esta páxina e despois de ler estas líneas, descubran que Cousas De xa se publicaba anteriormente, pero cunha distribución máis limitada a certas poboacións.
Cousas De concibiuse hai case 13 anos e sempre cun obxetivo, o de achegar ao lector a través das nosas páxinas e dunha maneira moi coidada, toda a riqueza material e inmaterial que temos preto de nós e descrito por aqueles que mellor o coñecen, poñendo especial atención no Patrimonio Natural e Cultural, no Medio Ambiente e nun aspecto importantísimo na nosa sociedade: as asociacións solidarias e aquelas accións organizadas con este fin, onde cada día centos e centos de persoas dedican unha parte moi importante da súa vida para que aquelas persoas que o necesitan, teñan unha vida mellor.
Desde os primeiros números publicados con cabeceiras individuais e por poboacións, a súa posterior transformación en revistas comarcais, ata a definitiva unificación nunha soa edición presentada oficialmente a comezos de 2019 no Parador de Baiona, pasaron moitas cousas.
Ao longo destes anos producíronse moitos cambios en canto a deseño, non soamente no seu interior se non tamén no exterior cunha portada que experimentou a súa propia evolución co curso dos anos, ata ter a día de hoxe unha imaxe máis definida e atractiva, tal e como nos vides manifestando.
En Cousas De temos a intención de continuar con esta evolución de forma que siga resultando atractiva e interesante para os nosos lectores.
Ao longo destes anos, a nosa revista transformouse de forma constante, sen présa, pero sen pausa.
A REVOLUCIÓN DE SANTA CLARA
Suso Vila, Doutor en Historia da Arte
Os mosteiros e conventos pasaron por moitas voltas da historia. Quizáis a máis coñecida sexa a da desamortización de Mendizábal en 1836 que afectaría a moito patrimonio histórico. Pero non todos os conventos e mosteiros serían afectados neses momentos. A revolución de Setembro de 1868, a Gloriosa, que derrocaría a raíña Isabel II, emitiría unha orde que afectaba aos conventos con menos de 12 profesos, con excepción daqueles que fixeran algunha labor social.
O convento de Santa Clara de Pontevedra só contaba con 7 monxas e ficaría afectado co decreto. O destino das clarisas sería outro convento semellante e cercano que no caso de Pontevedra só podía ser o mosteiro da Concepción de Tui.
Este traslado non estaba tan claro para o gobernador civil da provincia, Eduardo Gasset, que expresa ao arcebispo de Compostela, MIguel García Cuesta, as súas dúbidas sobre o idóneo e incluso manifestando que era mellor na outra dirección, que as de Tui fosen trasladadas a Pontevedra que era a capital e que o convento exercía unha labor moi importante ao só existir na cidade dúas parroquias.
Malia os apoios nada evitaría a mudanza e en decembro de 1868 as sete clarisas de Pontevedra cargarían coas cousas imprescindibles para facer o camiño até Tui.
Na cidade foron recibidas con grandes festexos entrando no mosteiro da Concepción, as Encerradas. A pesares de estar no mesmo convento as dúas comunidades manteríanse independentes, só xuntándose para o refectorio ou para o coro.
O novo arcebispo de Compostela, Miguel Payá y Rico, traballaría para que a comunidade de clarisas retornase a Pontevedra. En realidade máis que esforzo do arcebispo sería o cambio político coa Restuaración borbónica a que facilitaría esta volta. O Real Decreto de 9 de xaneiro de 1875 restituía á igrexa aqueles bens que non tiñan uso público. No caso de Santa Clara de Pontevedra pasara unha etapa como hospicio a partires de xullo de 1869, pero o seu estado ruinoso levaría a que o proxecto non se consolidase. As monxas entrarían de novo en Pontevedra en outubro de 1875.
O que sí tiñan perdido as monxas eran as vellas casas do capelán, do sacristán e a demandadeira. O arcebispo Payá y Rico as mercaría para reincorporalas ao convento facendo obras desde 1876 que continuaría o cardenal arcebispo José María Martín de Herrera até 1916. As obras incluirían o pazo arcebispal pola que os arcebispos composteláns chegaban a residir nalgúns periodos na capital, e a escola pública de nenas, que o arcebispo Payá y Rico tiña autorizado ás clarisas.
Aínda que estemos perante conventos de clausura o certo é que a súa historia é moito máis intensa do que en principio aparenta e amosan intensas relacións coa súa contorna urbana.
GALICIA LANZA UN BONO PARA IMPULSAR AS COMPRAS NOS ESTABLECEMENTOS DE PROXIMIDADE
A segunda edición dos Bonos Activa Comercio, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia co obxectivo de dinamizar e reactivar o sector comercial, permitirá mobilizar máis de 17 millóns de euros en compras, fomentando deste xeito o consumo no comercio de proximidade. Mediante este programa promovido pola Administración galega e que se porá en marcha nas próximas semanas, os clientes poderán acceder a un bono desconto por un valor de 30 euros para as compras que realicen nos comercios adheridos.
Os bonos terán formato dixital QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil
O importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros. O período de validez dos bonos estenderase ata o 15 de decembro, salvo esgotamento previo do seu saldo.
5 millóns de euros de orzamento para apoiar a sector comercial
Con esta iniciativa, de cuxa primeira edición se beneficiaron máis de 230.000 clientes, búscase continuar estimulando as vendas, sobre todo no pequeno comercio, e incrementar o fortalecemento e a reactivación económica do comercio retallista, contribuíndo a paliar o impacto da actual situación económica.
Cun orzamento que alcanza os 5 millóns de euros, este programa da Xunta súmase ás distintas liñas de axudas específicas para o comercio galego promovidas pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, centradas en eidos como a transformación dixital e a modernización do sector, así como para a dinamización e incentivación do consumo a través dos centros comerciais abertos e federacións de comerciantes e o impulso das prazas de abastos.
A Deputación de Pontevedra lanza unha nova iniciativa a prol da seguridade viaria na súa rede de estradas.
A presidenta definiu o APEARSE como “un proxecto moi ambicioso e pensado para as persoas” e considerou como “fundamental e máis importante que nunca” “incentivar o transporte público nuns tempos en que vivimos unha emerxencia dos carburantes e dos prezos”.
O plan de Accesibilidade Peonil ao Autobús Segura (APEARSE) foi presentado pola presidenta, Carmela Silva, e o deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, como fórmula para incentivar o transporte público a través da transformación das paradas en espazos seguros e plenamente integrados no modelo de mobilidade integral, amable e accesible, que a Administración provincial está a implementar dende 2015.
A Deputación destinará catro millóns de euros ampliables ao APEARSE, a desenvolver en varias fases e anualidades. Carmela Silva anunciou o envío dunha carta explicativa aos 61 concellos da provincia onde se informa do nacemento do plan e pedíndolles que indiquen as catro primeiras propostas concretas de actuación nos seus termos municipais. Deberán establecer unha orde de prioridade. As propostas serán posteriormente avaliadas pola equipa técnica do departamento provincial de Infraestruturas. A presidenta comprometeu xa unha primeira partida nos Orzamentos provinciais de 2023. Tódalas actuacións levarán aparellada a substitución da marquesiña por un novo modelo máis funcional ou a súa instalación para o caso de que non exista.
A modernización das paradas de autobús aparece xa no Plan Estratéxico Vías Provinciais 2030 que a Deputación presentou hai unhas semanas. Carmela Silva destacou que a Deputación demostra que o seu Plan Estratéxico de estradas “non é un papel, senón unha folla de ruta, pois a mellora da seguridade nas paradas de autobús é unha das 28 liñas estratéxicas recollidas” cos obxectivos de reducir o risco de atropelo a peóns e de colisións con autobuses implicados, pero tamén para mellorar a accesibilidade das paradas.
A DEPUTACIÓN LANZA O PLAN “APEARSE”, DOTADO CON 4 MILLÓNS DE EUROS, PARA INCENTIVAR O TRANSPORTE PÚBLICO OPTIMIZANDO A SEGURIDADE NAS PARADAS
Silva recalca o carácter “participativo” deste Plan “porque os gobernos locais son quen mellor coñece o territorio”. Neste senso recorda o éxito do plan provincial Móvese, para instalación de elementos de redutores de velocidade e calmado de tráfico, que tamén se desenvolveu a partir da cogobernanza local. “A Deputación ten unha análise de espazos onde podemos mellorar a seguridade das paradas, pero esa análise pode e debe ser mellorada coa colaboración municipal; queremos que os concellos sexan copartícipes”.
Carmela Silva tamén subliña que algúns dos espazos necesarios para mellorar as paradas están ao lado da plataforma da estrada, fóra do dominio público, e pode ser necesario que os concellos poñan os terreos a disposición da Administración provincial.
Para o deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, os obxectivos sobre o terreo do APEARSE van moito máis alá da mera substitución de marquesiñas. Así pasan por delimitar adecuadamente os espazos de detención de detención do autobús, pero tamén por acondicionar as zonas peonís de espera a carón da zona de detención dos autocares, así como as conexións peonís coa contorna para que sexan completamente accesibles e estean ben iluminadas. “O obxectivo final é seguir incidindo na seguridade viaria e reducir as incidencias na nosa rede e para iso queremos chegar a tódolos concellos e a tódolos puntos”.
Carmela Silva asinou coa ministra de Transportes do Goberno de España, Raquel Sánchez, o protocolo para o desenvolvemento da Axenda Urbana de Pontevedra Provincia (AUPO 2027) como proxecto piloto de boas prácticas para orientar aos municipios da provincia e a outras deputacións no marco das directrices da Axenda Urbana Española, a Axenda Urbana da Unión Europea e a Axenda 2030 de Nacións Unidas. Un documento que apunta os grandes retos da nosa provincia e as estratexias públicas para afrontalos de aquí ao ano 2027.
Un total de 91 Administracións Públicas sumaranse a esta iniciativa, na que a Deputación de Pontevedra, gracias ao traballo realizado e a experiencia acumulada, será a única de Galicia e unha das 7 de toda España. “Somos a grande referencia”, afirma a presidenta, “en todo o que ten que ver coa modernización, a seguridade viaria e a recuperación do espazo público; un modelo claro en infraestruturas vinculadas ás novas demandas”.
C A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva co deputado de Infraestructuras Gregorio AgísTERRAS GAUDA APOSTA POLA VITICULTURA REGENERATIVA PARA MELLORAR A SÚA SUSTENTABILIDADE
A ECONOMÍA CIRCULAR ESTÁ NA ORIXE DESTE NOVO PROXECTO DA ADEGA, QUE CONTA CUN INNOVADOR VERMIREACTOR PARA VALORIZAR E PROCESAR IN SITU O BAGAZO XERADO NA VINIFICACIÓN CO OBXECTIVO DE TRANSFORMALO EN BIOFERTILIZANTE DE ALTA CALIDADE E APLICALO NO VIÑEDO.
A bodega rosaleira continúa avanzando na súa estratexia de innovación para preservar o seu legado vitivinícola e reducir ao máximo o impacto ambiental. A viticultura regenerativa é a nova aposta da adega cun proxecto de economía circular que ten como fin producir biofertilizante de alta calidade para o viñedo para partir do bagazo, que é sometido a un proceso de vermicopostaje.
Para iso, conta cun innovador vermireactor, deseñado e desenvolvido en exclusiva para a adega, que procesa in situ este subproducto da vinificación transformándoo en vermicompost con propiedades bioestimulantes, biofertilizantes e bioplaguicidas. Ao aplicalo no viñedo proporciona un amplo abanico de efectos beneficiosos ao sistema adoito – planta. Isto é debido ao seu elevado contido en nutrientes, facilmente asimilables polas cepas, a súa alta capacidade de retención de auga e a comunidade microbiana que xera.
“Subimos un chanzo máis no noso empeño por conseguir unha maior sustentabilidade ambiental no viñedo, interactuando coa contorna de forma ética e responsable, abordando a conservación, rexeneración e respecto da biodiversidade”, explica o director enolóxico, Emilio Rodríguez Canas, que traballou co Catedrático de Zooloxía da Universidade de Vigo, Jorge Domínguez Martín, considerado un referente internacional en vermicompostaje e ecoloxía do chan, co que colabora desde 2013.
Desde que hai pouco máis dun ano, Terras Gauda activou o seu propio modelo de vermireactor, valorizou máis de 50 toneladas de bagazo mediante un proceso coñecido como biooxidación, no que as miñocas de terra interactúan de forma intensa cos microorganismos deste subproducto da vinificación, que dá como resultado o biofertilizante de gran calidade.
A adega xa comprobara co proxecto de investigación VITALVER os beneficios da utilización do vermicompost no viñedo, a vide e o viño. Agora incorporouno tanto en forma sólida como líquida e o equipo técnico está a observar unha resposta moi positiva nos viñedos, tanto a nivel da microbiota do chan e da mellora na estrutura e porosidade deste, como na saúde e a produtividade das cepas. Tamén ao aplicalo en vides novas, plantadas recentemente, cuns resultados excelentes.
Referente en innovación vitivinícola, Terras Gauda aposta, con este proxecto, pola recuperación da vida dos chans e pola procura dun novo equilibrio centrado no aumento da biodiversidade e da materia orgánica de forma natural. Ademais, abre unha innovadora vía para a autogestión dos subproductos vitivinícolas, optimizando a xestión dos custos de eliminación, ao tratarse dunha tecnoloxía limpa, que incide no aforro enerxético, e fomentando a economía circular, seguindo a filosofía: o que é da terra debe volver á terra.
Á vangarda en investigación
Terras Gauda aborda outros retos en I+D+i e superou xa o ecuador do proxecto de cooperación internacional FlexiGrobots, que impulsan 16 empresas e 8 grupos científicos para utilizar a robótica, a intelixencia artificial e o big data en mellorar a xestión do viñedo e seguir progresando en sustentabilidade.
Un equipo de investigadores internacionais desprazouse recentemente ao viñedo da adega, seleccionado como campo piloto en España, para realizar novas probas ao completarse dous anos de estudo. Volveron a despregar robots terrestres e aéreos co fin de solicitar datos novos e mapear unha parte do terreo creando unha simulación dixital dos viñedos, que permite a identificación de posibles enfermidades na vide para intervir con inmediatez.
Sempre á vangarda do sector vitivinícola desde que elixiu o camiño do I+D+i como elemento diferenciador e emprendeu o seu primeiro proxecto de selección clonal de uva Albariño en 2001, Adegas Terras Gauda rexistrou tres patentes. En 2008, patentou co CSIC un fermento ecotípica exclusiva, extraída do propio viñedo, que reforzou o carácter varietal e os aromas froiteiros.
O proxecto de recuperación do Caiño Blanco, foi un dos puntais da súa estratexia de innovación, recoñecida co Premio de Investigación da Real Academia Galega das Ciencias en 2009. A 2ª patente, rexistrada en 2010, e relativa a un novo proceso de crianza sobre leas e ao estudo da xeración de manoproteínas, cumpriu o obxectivo de poñer en valor a súa tipicidade e percepción en boca cun carácter sensorial distintivo. A adega licenciou a terceira patente en 2012 desenvolvendo un proxecto internacional en cooperación co CSIC que consistiu en illar un microorganismo propio do Caíño Blanco, que foi certificado xeneticamente mediante test de ADN e garante a elaboración de viños únicos. Precisamente, o proxecto de recuperación desta variedade autóctona, que practicamente desaparecera, foi un dos puntais da súa estratexia de innovación, recoñecida co Premio de Investigación da Real Academia Galega das Ciencias en 2009.
Internacionalización
Esta aposta pioneira pola investigación foi determinante para o seu posicionamento tanto a nivel nacional como nos preto de 70 mercados internacionais nos que está presente o Grupo, con Estados Unidos, Reino Unido, Noruega e China á cabeza en exportacións.
Afianzado en catro das zonas vitivinícolas nacionais de referencia con proxección no exterior, comercializa 2,5 millóns de botellas de viño, co selo da singularidade, o apego ao terruño, a identificación da orixe e a posta en valor das respectivas variedades autóctonas.
Entre os fitos, cabe destacar o seu desembarco na Rioxa coa Compañía de Viños Heraclio Alfaro. Previamente incorporara a Adegas Pittacum (Bierzo) e Quinta Sardonia (Sardón de Douro) ao proxecto empresarial do Grupo, do que tamén forma parte a conserveira vexetal máis antiga de Galicia, A Rosaleira, cuxos produtos, entre os que sobresaen os grelos, baséanse na dieta atlántica e saudable.
De esq. a dta., vicepresidente ejecutivo, Antón Fonseca, director enolóxico da adega, Emilio Rodríguez, Jorge Domínguez, catedrático da Universidade de Vigo, o presidente do Grupo Terras Gauda, José María Fonseca Moretón e o CEO, Enrique Costas
CONSUMIR PRODUTOS GALEGOS DO MAR, UNHA CUESTIÓN DE SAÚDE E RESPONSABILIDADE SOCIAL
O seu sabor e calidade, as súas propiedades nutricionais e a capacidade empregadora do sector, que dá traballo directo a unhas 40.000 persoas, son algúns dos motivos para consumir as máis de 300 especies diferentes de peixes e mariscos que chegan todos os días as lonxas de Galicia.
Que os peixes e mariscos de Galicia son un dos principais embaixadores da comunidade non é ningún segredo. A súa calidade e sabor traspasan fronteiras e son un piar fundamental da nosa gastronomía. Pero, máis alá das súas propiedades culinarias, os produtos do mar teñen múltiples beneficios para a saúde e sosteñen unha parte importante da economía galega; por iso cómpre a súa posta en valor, destacando os seus atributos e contribuíndo a que alcancen as cotizacións que se merecen. Son dous obxectivos nos que a Consellería do Mar da Xunta de Galicia leva anos traballando a través de diferentes accións de promoción e concienciación, que na actualidade se centran en atraer a atención da poboación millennial e da xeración Z (persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos).
Que a poboación máis nova perda o medo a comprar e cociñar peixe é o reto da campaña “Vai de peixe”; unha iniciativa pioneria a nivel nacional, impulsada pola Xunta e que pretende reverter a pirámide de consumo para que, de forma paulatina, sexa a mocidade a que ocupe a cima da mesma. Neste senso, as redes sociais convértense nunha canle perfecta para achegarse aos mozos e mozas e mostrarlles a versatilidade dos produtos do mar con receitas rápidas e sinxelas elaboradas por recoñecidos influencers, que son, na actualidade, aos que escoita a xuventude de maneira directa.
Por que é importante consumir produtos do mar?
Adquirir peixes ou maricos frescos, ou calquera dos produtos transformados ou acuícolas desta proteína marina, non só é importante para fomentar uns mellores hábitos de vida, senón que tamén inflúe no traballo de todas as mulleres e homes que cada día saen a faenar para que este nutritivo alimento non falte en ningunha mesa. Un xesto que apoia a profesionais dun sector que incide no 91% das actividades económicas en Galicia. De feito, as exportacións galegas de produtos do mar superaron o ano pasado os 2.400 millóns de euros, situándose a comunidade como a décima rexión exportadora mundial deste tipo de alimentos.
Pero, máis alá das cifras, os produtos do mar son de gran beneficio para a saúde. Son fonte de Omega-3, vitaminas D e B, ferro, potasio, iodo e calcio. Peixes e mariscos son alimentos con importantes valores nutricionais e cunha pegada de carbono das máis baixas do mercado. Por iso o consumidor actual atopa no sector extractivo e na industria transformadora a confianza que precisa á hora de obter un produto de calidade, respectuoso coa contorna e, a súa vez, xerador dun gran número de empregos. Neste senso, cómpre salientar que, só a cadea mar-industria galega emprega directamente a 40.000 persoas.
Promocionar o produto para acadar os mellores prezos
É por iso que a Administración galega e o sector unen forzas para promocionar a excelencia da proteína mariña e pór en valor todo o traballo que hai detrás de cada exemplar que chega ao mercado para conseguir mellores prezos e difundir os beneficios deste tipo de produto. Grazas ao traballo realizado nos últimos anos o prezo medio das vendas nas lonxas de Galicia marcou en 2021 máximos históricos ao superar os tres euros o quilo. Este rexistro supón un importante fito para a comunidade, que conta con máis de 60 lonxas nas que se comercializan arredor de 300 especies diferentes, desde peixes ata mariscos, pasando por crustáceos, algas ou equinodermos. Produtos aos que se engaden os procedentes da acuicultura, como o mexillón, e que son os que despois chegan aos mercados de toda España e de outros puntos do mundo e que son a materia prima para elaborar as receitas máis innovadoras e sabrosas en restaurantes de gran prestixio.
É a promoción dos produtos do mar, con campañas autonómicas como “Galicia sabe amar”, impulsada pola Xunta fai un ano, a que permitiu mellorar os seus prezos. Non obstante, os distintos actores da cadea mar-industria de Galicia non se conforman cos resultados obtidos e continúan traballando nesa estratexia de valorización para facer fronte aos retos globais, como o encarecemento constante dos prezos da enerxía. Animar á xuventude a comprar e consumir peixes e mariscos é a chave dunha campaña de promoción que a Conselleiría do Mar fai extensiva a toda a poboación por unha cuestión de saúde e responsabilidade social.
O CONCELLO DE NIGRÁN PORÁ EN VALOR 8 DOS SEUS PETROGLIFOS MÁIS REPRESENTATIVOS CUN
INVESTIMENTO DE PRETO DE 10.000 €
Trátase dalgúns dos gravados máis notables e mellor conservados de Camos, Chandebrito, Priegue, Panxón e Parada. O obxectivo é realizar traballos de limpeza, restauración, desbroce, obtención de calcos dixitais 3D e sinalización dos petroglifos
O Concello de Nigrán dará un paso máis na posta en valor do seu patrimonio arqueolóxico divulgando oito dos seus petroglifos máis notables. Con este obxectivo investirá preto de 10.000 € na restauración, desbroce, realización de calco 3D e sinalización dalgúns dos gravados máis notables e mellor conservados do municipio, concretamente son: o de Chan de Rapadouro e Rabete (Chandebrito); Monte Eiró (Parada); Penisas Pequenas e do Duque (Panxón); Currelo, Outeiro Grande ou Requeixadas (Priegue) e Piñeiros (Camos). Todos eles están sen sinalizar (agás o do Monte Eiró, pero o panel se atopa en mol mai estado) e precisan da súa limpeza e restauración.
“Queremos amosar a riqueza arqueolóxica que ten Nigrán ao tempo que preservamos os xacementos. Ademais, os 8 sumaranse as rutas de sendeirismo que establecemos no 2018 ampliando así as posibilidades turísticas do municipio e dándolle un pulo non estacional”, sinala o alcalde, Juan González, sobre estes gravados nos que se aprecian a simple vista cazoletas, círculos concéntricos e muíños naviculares.
Concretamente, o proxecto consistirá na limpeza e acondicionamento destes elementos (a día de hoxe cubertos de vexetación e os soportes con bastantes liques e musgo), rexistro fotogramétrico dos mesmos e calco dixital 3D e, finalmente, sinalización específica que os integre a todos dentro dun mesmo percorrido a través dun código QR de localización, con sinalización adicional de frechas direccionais desde as estradas máis próximas. “Obviamente, nos paneis informativos aproveitaremos para divulgar outros elementos patrimoniais de interese próximos, como podería ser a mámoa das Requeixas en Priegue”, subliña o rexedor. Esta actuación do Concello de Nigrán, que arrancou en setembro, reforzará as tres rutas de sendeirismo divulgativas establecidas no 2018 nas zonas de Panxón-Monteferro, Outeiro Grande (Priegue/Camos) e Chandebrito, xa que os petroglifos pasarán a formar parte activa dos atractivos destes roteiros. “Esas tres rutas naceron precisamente grazas á catalogación arqueolóxica que levamos a cabo no 2017 e na que se descubriron dez importantes achados prehistóricos, todos eles petroglifos que estaban sen documentar”, engade González.
C Penisas Pequenas, Panxón. C Petroglifo das Requeixadas ou Outeiro Grande, Priegue. C Chan do rapadouro, Chandebrito.Patos acolleu o II Campionato de España de Surf Adaptado e a Copa Concello de Nigrán
O pasado sábado 23 de setembro, a praia de Patos, en Nigrán, converteuse nun gran encontro deportivo de surf, competición e inclusión ao albergar por segundo ano consecutivo o Campionato de España de Surf Adaptado
Patos volveu a ser o escenario de competición para 50 surfistas de todo o país con diversas discapacidades e agrupados en diferentes categorías atendendo a súa especificidade (invidente total ou parcial, falta de extremidade/s superior ou inferior, surfistas que collen a ola sentados ou tumbados…)… Entre eles destaca a andaluza Sarah Almagro, subcampiona mundial amputada das extremidades inferiores e superiores e que xa competíu o ano pasado en Nigrán, ou Pablo Cabezas, invidente vigués absoluto que aprendeu a practicar surf da man de Luis Pena (Quenlla Surf Club).
O evento deportivo está promovido desde Quenlla Surf Clube, Federación Galega e Española de Surf, Xunta e Concello de Nigrán como parte do seu programa de accesibilidade universal ‘Un Nigrán para todos’. Igualmente, como parte desta competición, o Concello volveu a contar, entre outros, con Aitor Francesena ‘Gallo’, actual campión nacional e internacional de Surf Adaptado na categoría para invidentes, quen ofreceu unha charla no Pavillón de Panxón Igualmente, como na edición de 2021, a través de Quenlla realizáronse bautismos de surf para persoas con diversidade intelectual pertencentes a entidades como o CEE Juan María, Fundación Melena, Igualarte ou Centro San Francisco.
O areal repitiu este ano como escenario deste evento deportivo que reuniu a 50 surfistas de todo o país con diversas discapacidades e agrupados en diferentes categorías. Entre eles tamén estivo Sarah Almagro, subcampiona de España e coas extremidades amputadas
Catorce surfeiros con diversidade funcional compiten por primeira vez na praia nigranesa da man de Quenlla, o único club galego de surf adaptado
Usuarios de Afaga en Baiona usarán un asistente de conversación intelixente deseñado pola Universidade Vigo
A ciencia e a tecnoloxía poden ser poderosos aliados para mellorar a vida das persoas que sofren enfermidades neurodexenerativas.
Concientes desta alianza, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Servizos Sociais, pon en marcha unha experiencia piloto cunha aplicación que funciona como un asistente de conversación.
O proxecto “En Compañía” – “Acompañamento Terapéutico a Persoas con demencia“ no que participan algunhas personas de Baiona, está financiado por Fundación LaCaixa e desenvolvido polo Grupo de Tecnoloxías da Información GIT do Centro Atlantic da UVigo e AFAGA ALZHEIMER, unha iniciativa á que non dubidou en sumarse o Concello de Baiona.
Foi deseñada para persoas usuarias que viven soas en zonas rurais. Os usuarios e usuarias baioneses seleccionados para este pioneiro proxecto reciben a aplicación nos seus respectivos domicilios. A medida que os usuarios empecen a traballar co asistente, o contido que recibirán irá personalizándose para que a intervención sexa cada vez máis individualizada e axústese ás diferentes necesidades das persoas.
Coincidindo coa celebración do Día do Alzheimer, o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e a concelleira de Servizos Sociais, Conchy Vara, reuníronse, cunha representante da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (Afaga) para coñecer de primeira man este proxecto pioneiro.
O Concello de Baiona e a asociación Afaga Alzhéimer, asinaron por primeira vez o pasado mes de xuño un convenio para desenvolver accións conxuntas en beneficio das persoas con demencia e dos seus familiares.
Entre estas accións destaca a posta en marcha de campañas de formación á poboación da localidade dirixidas ao diagnóstico precoz do alzhéimer e outras demencias, a organización de talleres e conferencias divulgativas, a organización de actividades formativas e de acompañamento para coidadores familiares e a cesión de espazos para o desenvolvemento de proxectos piloto de atención ás persoas con demencia.
“Coa firma deste convenio damos un paso máis na atención ás persoas que teñen unha demencia e ás súas familias, son accións que xa se están realizando grazas á estreita colaboración que o Concello de Baiona mantén con AFAGA, pero desta forma poñemos sobre o papel o compromiso que ambas entidades temos e tamén asumimos o reto de ampliar e impulsar proxectos como o de ,“En Compañía”, para abarcar así un núcleo de poboación cada vez maior -posto que o número de persoas con demencia tamén aumenta cada ano- e para ofrecer unha mellor atención”.
•Manter as capacidades mentais e funcionais o maior tempo posible.
•Evitar a desconexión e fortalecer as relacións sociais.
•Facilitar o descanso aos coidadores e as súas familias.
•Mellorar o seu estado emocional.
https://afaga.com/es/celia-aplicacion-evaluarestimular-persoas-demencia/
Afaga Alzhéirmer vén desarollando en Baiona os talleres do programa de “Estimulación Terapéutica” e o Taller “Cultiva a mente”, unha serie de talleres que teñen como obxectivos específicos:
O proxecto de vela feminina “Queremos facer historia” distinguido cun dos Premios Nacionais de Vela deste ano
O proxecto de vela feminina “Queremos facer historia” foi distinguido este ano cun dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda. A iniciativa impulsada e liderada pola regatista alacantina Núria Sánchez e materializada no equipo Dorsia Covirán Sailing Team, recibiu o galardón nunha gala que se celebrou no Monte Real Club de Yates de Baiona.
O xurado que outorga as distincións quixo recoñecer co premio ao Mellor Proxecto Feminino o traballo de difusión e impulso que o equipo está a dar, a través de múltiples e diferentes accións, á figura da muller no mundo da vela; así como aos valores de igualdade e deportividade.
Do equipo, que se formou en 2019, navega baixo a grímpola da Mariña Burriananova (Castelló) e compite na clase J80, forman parte Nuria Sánchez, a dobre medallista olímpica Natalia Via-Dufresne, a tamén olímpica Susana Romero, María Torcida, Mar Gil e Martina Ruigómez.
Nos últimos anos convertéronse nun claro referente da vela feminina en España, froito de acumular algúns dos máis prestixiosos trofeos, como o subcampeonato do mundo, a Copa do Rey de Vela na categoría feminina, o Campionato de España feminino de J80, a International Women’s Sailing Cup ou a liga Feminina de Vela, entre outros.
Na súa visita a Baiona o pasado 2021, as mozas do Dorsia Covirán alzáronse coa vitoria do Trofeo Príncipe de Asturias, título que non conseguiron revalidar nesta edición.
A regatista alacantina Nuria Sánchez recibiu de mans da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta FernándezTapias o galardón que distingue ao equipo Dorsia Covirán Sailing Team como o Mellor Proxecto Feminino do 2022.
El Dorsia Covirán Sailing Team en acciónAs estradas galegas rexistraron o ano pasado 78 mortes en accidentes de tráfico. É a terceira cifra máis baixa de falecidos da historia, por detrás da de 2017, con 76 decesos, e o anómalo 2020, con 70 mortes, aínda que dificilmente comparable debido ás restricións de mobilidade da pandemia. Malia que os últimos datos indican que descenden os accidentes con vítimas, todos os esforzos son poucos para intentar acadar unha “visión cero”, que é o obxectivo da Xunta de Galicia de cara ao ano 2025. Para logralo, o Goberno galego aprobou este ano o Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2022-2025, unha folla de ruta cun obxectivo final de cero vítimas en accidentes de tráfico. Este Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2022-2025 pretende reducir, a lo menos, un 25% tanto o número de falecidos e feridos graves nas vías interurbanas e nas travesías da comunidade con respecto a 2019, coma os falecidos e feridos graves dos usuarios máis vulnerables das estradas, como son peóns, ciclistas, usuarios de ciclomotor e motociclistas, tamén tomando coma referencia o mesmo ano. “Estes obxectivos son ambiciosos, pero están en liña coa meta fixada polos organismos europeos e internacionais”, asegura a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez. Para logralo, a Xunta propón un enfoque baseado en que os falecidos e feridos graves en accidentes de tráfico non son unha consecuencia inevitable da mobilidade.
Deste xeito, o novo Plan de Seguridade Viaria asume que, aínda que se sigan producindo sinistros, é posible reducir e minimizar as súas consecuencias máis graves implementando o deseño e mantemento das infraestruturas viarias, vehículos con máis e mellor equipamento de seguridade ou actuacións de mellora da seguridade viaria. Así, o plan galego define dez grandes retos para o período 20222025, onde se clasifican as diferentes accións que se van levar a cabo co impulso das distintas consellerías da Xunta de Galicia e a colaboración doutras entidades e axentes sociais.
Estes retos perseguen a “visión cero” a través de accións específicas dirixidas aos usuarios vulnerables (peóns, ciclistas e motoristas); á mellora de actitudes; á eliminación dos treitos de concentración de accidentes; á prevención dos accidentes máis graves; e á mellora da asistencia ás vítimas e aos grupos ou situacións de especial risco ou vulnerabilidade.
O plan, que foi sometido a un proceso de participación cidadá no que diversos axentes sociais achegaron as súas suxestións, traballa en todos os ámbitos que afectan á seguridade viaria porque non só se trata de mellorar as infraestruturas, senón tamén de promover a educación e formación viaria, mellorar o comportamento, garantir o bo estado dos vehículos, priorizar a seguridade viaria no lugar de traballo ou chegar a acordos entre os implicados.
“VISIÓN CERO” PARA REDUCIR AS VÍTIMAS DE ACCIDENTES DE TRÁFICO NAS ESTRADAS GALEGAS
A Xunta pon en marcha o novo Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2022-2025 con medidas para diminuír os falecidos e os feridos graves nas estradas
Un traballo de todos e todas
O Plan de Seguridade Viaria de Galicia segue as directrices do Plan global de seguridade viaria 2021-2030. Neste senso, é importante recordar o compromiso de todas administracións para reducir ao mínimo posible as vítimas en accidentes de tráfico e acadar una mobilidade segura para todos. Para iso, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, chama ao conxunto da sociedade a practicar esta “visión cero” para reducir a mortalidade.
A conselleira tamén destaca a importancia do intercambio de información e a suma de esforzos para reducir a sinistralidade nas estradas, un fin común de todas as administracións, por iso estivo presente na presentación da Estratexia de Seguridade Viaria 2030 deseñada polo Observatorio Nacional de Seguridade Viaria. Neste acto, o propio director do Observatorio aludiu ao Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2022-2025, facendo un recoñecemento público e definíndoo como de “referencia nacional na materia”.
No caso de Galicia, hai que ter en conta que factores como a orografía e a dispersión xeográfica dificultan a activación de medidas, que neste eido adoitan tamén ser máis custosas.
A extensa rede de estradas convencionais, cheas de cruces e trazados complicados, e a dispersión poboacional, eleva o uso do vehículo particular fronte a outras comunidades, incrementando o risco de accidentes. Por iso follas de ruta como o Plan de Seguridade Viaria de Galicia son tan importantes na consecución de rebaixar os falecidos e feridos nas estradas galegas.
O Teatro Municipal de Tui acolleu a presentación pública da Estratexia e Plan de acción 2030 da Eurocidade Tui-Valença. O evento estivo presidido polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e polo presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira.
Con esta presentación conclúe o proceso de elaboración da Estratexia 2030 para a Eurocidade Tui-Valença liderada polo Concello de Tui e a Câmara Municipal de Valença no marco do proxecto europeo Unicidade, aprobado con cargo ao programa de cooperación Interreg VAI España–Portugal 2014-2020 e cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Esta Estratexia supón un fito destacado para a Eurocidade que, tras a súa constitución no 2012, aspira agora a reforzar a cooperación e o crecemento sostible nos próximos anos, profundando nas relacións institucionais que existen desde hai máis dunha década entre ambos municipios. Impúlsase así un modelo de cidade transfronteiriza, integradora, sostible, atractiva e dinámica, cunha estrutura de gobernanza e xestión propia, que optimiza os seus recursos a través do uso compartido de servizos e equipamentos municipais, mellora a calidade de vida da súa poboación, saca proveito dos seus valores patrimoniais e minimiza o efecto fronteira para a consolidación dunha identidade común europea O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salientou a singulariedade deste territorio no que a poboación interactúa diariamente en todos os ámbitos e facetas da vida. O que representa “unha enorme riqueza e unha enorme oportunidade que todos e todas temos o deber de aproveitar”. Nese senso lembrou que a Axenda Urbana de Tui, presentada hai uns días, “xa tivo coma premisa recoller a enorme influencia que Valença ten no noso día a día en Tui”. Afirmou Enrique Cabaleiro que a Eurocidade “foi un primeiro paso para este territorio” e neste momento Valença e Tui, polo que significaron historicamente temos que aspirar a dotarnos de máis órganos que nos permitan traballar de forma independente e seguir consolidando esta extraordinaria relación”.
Pola súa parte o presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira, indicou que “a personalidade xurídica da Eurocidade, o carné do cidadá, e o estatuto de traballador transfronteirizo deben marcar a nosa axenda, así coma a mobilidade” con especial atención ao reforzo do transporte ferroviario.
Xosé Lago, coordiandor POCTEP da Xunta, salientou coma “a Eurocidade Tui-Valença é un exemplo claro de colaboración a nivel institucional e cidadá” engadindo que “a auga que rega esta colaboración son os fondos europeos. Este proxecto Unicidade é o máis emblemático” Tamén afirmou Xosé Lago que a Estratexia da Eurocidade presentada hoxe “encaixa perfectamente na nova convocatoria do Interreg VI publicado o pasado dia 5 no BOE”.
A Estratexia consta dunha análise e diagnóstico territorial da Eurocidade, xunto cun marco estratéxico, de acción e de implementación para a súa materialización no horizonte 2030.
A batería de accións propostas, clasificadas segundo o seu nivel de prioridade, distribúense en 6 áreas temáticas clave: gobernanza transfronteiriza e xestión conxunta de servizos transfronteirizos, desenvolvemento económico e innovación territorial, urbanismo e infraestruturas, medioambiente e enerxía, reto demográfico e benestar social, e dixitalización. Na web oficial pode accederse a material divulgativo sobre a Estratexia, incluíndo un resumo executivo.
O respaldo cidadán á Eurocidade Tui-Valença quedou patente nos resultados da enquisa realizada, onde un 94% dos consultados considera que a cooperación transfronteiriza entre Tui e Valença debe ser reforzada nos próximos anos, ou onde un 80% considera que a cooperación é moi ou bastante relevante para o desenvolvemento socioeconómico do seu municipio.
Nun acto anterior tamén se presentou a plataforma dixital de xestión de servizos compartidos e a páxina web oficial da Eurocidade Tui-Valença -www.eurocidadetuivalenca.euimpulsada pola Câmara Municipal de Valença e o Concello de Tui, como un dos resultados do proxecto Unicidade. Pretende ser unha ferramenta que facilite o acceso dixital a equipamentos deportivos e culturais, a reserva e inscrición en eventos e a dispoñibilidade de información sobre a vida cotiá das dúas cidades.
Á presentación asistiron diversos axentes públicos, privados e do terceiro sector que durante os últimos meses participaron na elaboración da Estratexia a través de entrevistas, grupos de traballo e unha enquisa cidadá que alcanzou a 650 residentes de Tui e Valença.
Tras a súa constitución no 2012, a Eurocidade aspira agora a reforzar a cooperación e o crecemento sostible nos próximos anos, profundando nas relacións institucionais que existen desde hai máis dunha década entre ambos municipiosJosé Manuel Carpinteira e Enrique Cabaleiro
A GUARDA E PÓVOA DE VARZIM RATIFICAN O SEU IRMANAMENTO
O Concello da Guarda iniciou en xuño os trámites para formalizar o Irmanamento entre as vilas mariñeiras da Guarda e de Póvoa de Varzim, coa creación dunha Comisión integrada polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba, un representante de cada un dos grupos municipais e o representante da asociación O Piueiro, Tomás Núñez González.
O Irmanamento fíxose efectivo o 29 de xuño de 2022, cando unha comitiva municipal, encabezada polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba, se desprazou ata a cidade portuguesa, convidados polo Presidente da Camara Municipal de Póvoa de Varzim, Aires Henrique do Couto Pereira, participando en diferentes actos das Festas de S. Pedro e procedendo tamén á sinatura da “Minuta de Acordo de Germinaçao”, o documento polo que as súas vilas quedan deste xeito irmandadas. Con motivo desta celebración o volanteiro Piueiro e a súa tripulación navegaron ata a Povoa, coa idea de estreitar lazos coa lancha do alto “Fe em Deus” e a súa tripulación, participar no irmanamento e simbolizar a unión das comunidades pesqueiras tradicionais da Guarda e da Póvoa de Varzim. Desta volta o 23 de setembro a lancha do alto “Fe em Deus” e a súa tripulación, así coma unha comitiva municipal de Povoa de Varzim trasladouse ata A Guarda para participar na Romaría de Santa Trega. Xa na xornada do sábado 24 de setembro, e despois de estar tamén presentes na Romaría de Santa Trega, as autoridades de Povoa de Varzim e da Guarda, tripulación do lancha do alto “Fe em Deus” e do Piueiro, participaron na celebración dun pleno extraordinario no que se ratificou o irmanamento entre as dúas cidades, un acto moi emotivo que continuou co acto de sinatura do irmanamento que contou coas intervencións do Presidente da Camara Municipal de Póvoa de Varzim, Aires Henrique do Couto Pereira, dun representante da Asociación Piueiro e do alcalde da Guarda, Antonio Lomba.
Un pouco de historia
A súa andadura comenzou no 2020, cunha proposta da asociación O Piueiro de creación dunha comisión organizadora, posteriormente so equipo de goberno da Guarda se puxo en contacto con representantes da Cámara de Póvoa de Varzim para manifestar de maneira explícita a vontade de Irmanamento pero debido á pandemia do Covid houbo que retrasar a súa celebración ata o 2022.
A relevancia deste Irmanamento, entre dous pobos cunha intensa relación ao longo dos tempos, permitirá estreitar estes lazos, incrementar as relacións culturais, fomentar un turismo mutuo entre os cidadáns de ambas entidades e posibilitará un intercambio de experiencias e de coñecementos entre os responsables da xestión municipal coa finalidade de propiciar o intercambio de iniciativas e de mellora en materia dos servizos á cidadanía.
A GUARDA RECUPERA A ROMARÍA DE SANTA TREGA
O Concello da Guarda celebrou a Romaría de Santa Trega, unha festividade que se recupera este ano despois da pandemia da Covid-19, un evento de carácter relixioso e tamén festivo que congrega no Monte de Santa Trega a multitude de fieis e devotos da Virxe de Santa Trega.
Dende primeira hora da mañá a Capela de Santa Trega acolleu varias misas e despóis Solemne Procesión. Tralo remate dos actos relixiosos viñeron as tradicionais poxas de produtos típicos, cunha monumental tarta que sempre agocha algún gran premio no seu interior.
A tradición manda realizar un xantar popular, onde as familias se reúnen para almorzar, cantar e bailar ata a tardiña, onde o son das gaitas, acordeóns, pandeiretas e tamboriles acompañan a sobremesa.
A historia conta que unha seca, no século XIV, prexudicou gravemente as colleitas e fixo que os veciños do lugar subisen ao monte de Santa Tegra para facer xaxún de pan e auga durante tres días como ofrenda á virxe para que cesase a choiva.
A festa celébrase desde o 23 de setembro de 1951, ano no que ten lugar a chegada da santa á ermida.
A tradición de subir ao monte ese día aínda se conserva aínda que por motivos ben diferentes.
A Cañiza inaugura a nova ruta de senderismo de “Fontefría PR_G2016”
incluída no Plan de Reordenación de Sendeiros do municipio
Cunha andaina por un espectacular entorno de zonas chairas con pastoreos, mámoas, turbeiras e rodeados da flora e fauna propias do entorno natural da media montaña, así se inaugurou a nova ruta de senderismo de “Fontefría PR_G2016”.
Cun percorrido de 7,7 km de lonxitude, a ruta discorre polas Parroquias de Achas e Petán, situando o punto de inicio no alto de Fontefría, a 790 m de altitude, do que se parte en dirección Norte. O sendeiro transcurre por unha zona chaira con pasteiros nos que se atopan varios túmulos megalíticos, coñecidos como mámoas. Continúa por camiños entre repoboacións de piñeiro silvestre con lagoas estacionais e o regato de Portapiñeiros. Nestas zonas chairas e húmidas existen varias turbeiras.
Por primeira vez o Concello da Cañiza consigue a homologación de rutas de sendeirismo diante da Federación Galega de Montañismo: a PR-G 206 e a PR-G 207
É unha das 3 rutas que o Concello recuperou dentro do seu Plan de Reordenación de Sendeiros, xunto coa ruta da Cidade Castrexa das Grades e a ruta de Luneda. Unha actuación cun investimento de máis de 30.000€, financiada ao 100% polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que ten por obxectivo poñer en valor o noso potencial paisaxístico, aproveitar ao máximo os nosos recursos naturais e orientalos hacia o turismo rural de forma desestacionalizada, para impulsar a nosa economía.
Con estas tres iniciativas e xunto co Sendeiro do Río Ribadil, pertencente ao Espazo Natural Rede Natura 2000 e a ruta PR-G 165 Sendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva, o Concello da Cañiza completa a súa REDE DE SENDEIROS, axeitada a unha zona cun potencial e valor ecolóxico e natural de alto nivel.
VINTE DESEMPREGADOS DE SALCEDA INICIAN A SÚA FORMACIÓN NUN NOVO OBRADOIRO DUAL
Reformarán a casa do mestre de San Xurxo e a cuberta da aula de Picoña
A alcaldesa e concelleira de emprego e formación Verónica Tourón presentou, no CDL do Torrón, o pasado luns o obradoiro dual de emprego “Rehabilita Salceda”, acompañada de Marta Mariño, Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta en Vigo, e da directora do obradoiro María Isabel Outerelo, que conduciu o acto O obradoiro formará e empregará a 20 persoas que traballarán reformando e rehabilitando a casa do mestre anexa a aula de San Xurxo, o tellado da aula de Picoña, ambas pertencentes ao CRA Raiña Aragonta, e no acondicionamento dun espazo municipal para o almacenamento selectivo de refugallos. O alumnado-traballador seleccionouse a través de oferta presentada no Servizo Público de Emprego de Galicia, e tras superar as probas dun tribunal avaliador segundo as bases aprobadas, e será empregado a través dun contrato de formación e aprendizaxe.
Para levar a cabo o proxecto contratouse persoal directivo, docente e de apoio, que xestionará e executará o proxecto dende o propio CDL O Torrón en Salceda a parte formativa. Esta complementarase coa alternancia de traballo e práctica profesional no concello de Salceda, para así recibir unha formación profesional adecuada á ocupación elixida.
Marta Mariño Xefa Territorial de Emprego e Igualdade de Vigo salientou que dende a Xunta de Galicia sempre se apostará polos obradoiros de emprego como ferramentas para combinar de forma axeitada a formación teórica e a práctica e obter bos resultados para mellorar a capacidade de inserción laboral do alumnado-traballador participante.
Verónica Tourón alcaldesa e concelleira de emprego e formación: “Para o concello de Salceda o obradoiro de emprego non so é importante porque o alumnado traballador que participa no mesmo obterá unha formación teórica e práctica certificada profesionalmente, senón porque o seu traballo redundará, como noutros obradoiros anteriores, no benestar da veciñanza de Salceda, xa que suporá a rehabilitación de instalacións educativas moi importantes para o noso concello”.
O HISTÓRICO CEMITERIO DOS EIDOS DE REDONDELA, “O MÁIS BONITO DE ESPAÑA”
Así o certificou a votación popular no primeiro certame convocado pola revista Adiós Cultural, e que tiña por obxectivo poñer en valor o interese histórico, cultural, social, artístico e patrimonial dos camposantos.
Fotografías: Turismo de Redondela Texto: Redacción /Turismo de Redondela
En pleno corazón de Redondela ocúltase un espazo descoñecido para o visitante. O cemiterio dos Eidos, recentemente rehabilitado, está considerado a día de hoxe cemiterio histórico pola Deputación de Pontevedra e aspira a entrar na lista de cemiterios singulares de Europa.
O que fai dun cemiterio un espazo histórico é unha combinación de factores que tamén se dá nos Eidos: o momento da súa construción -no século XIX revive con forza o estilo neogótico– e o poder adquisitivo de quen encarga a construción das súas mausoleos. Nesta época, Redondela vivía unha idade de ouro polo comercio internacional e a creación de empresas, sobre todo as dedicadas á conserva e ao tratamento do peixe.
Os cemiterios pasan a ser un espazo máis de esparexemento e proxéctanse como parques ou xardíns polos que se pode pasear, debido á fascinación que a morte exerce sobre a sociedade desta época; e non tanto así a morte, como a vida no máis aló. Ao ser aprobada a liberdade de culto en España en 1869, popularízanse os encontros espiritistas e sesións nas que un médium buscaba lograr a comunicación entre vivos e mortos.
Os Eidos, construído ao redor de 1830, alberga no seu interior parte da historia da nosa cidade, oculta tras os nomes das persoas que aquí xacen, algunhas trasladadas do cemiterio que estaba no atrio da igrexa de Santiago e do que xa non quedan restos.
Antigamente, os lugares de enterramento atopábanse na contorna da igrexa, tanto exterior como interior, xa que existía a crenza de que canto máis preto da igrexa (e do altar) enterrásese ao defunto, maior protección tería na vida eterna. De feito, as familias máis destacadas eran enterradas dentro do templo e canto máis importantes ou canto maior fose o donativo entregado á igrexa, máis preto do altar situaban a súa tumba, a non ser que a súa situación permitíselles sufragar a construción da súa propia capela familiar dentro do templo. Aínda que por fóra da igrexa xa non queda rastro do cemiterio, dentro podemos ver aínda baldosas numeradas no pavimento e mesmo observar o sartego de Vasco Machado, coa súa imaxe yacente sobre o escudo familiar, o único que aínda se conserva, aínda que non o único aquí así enterrado.
Isto facíase a pesar de que a propia Igrexa opoñíase a esta práctica desde o século VI, oposición que se viu ratificada en varios concilios. Ademais, #ante o avance da peste no século XIII, a esta postura sumáronse os médicos, pero a tradición mantívose a pesar de todo.
O cemiterio dos Eidos alberga 724 sepulturas repartidas en 147 parcelas, das cales 126 son enterramentos no chan (113 adultos e 13 nenos). A tumba máis antiga é de 1860 e a máis moderna de 1988. É a finais desta década na que se clausura o cemiterio de Redondela pola existencia dun en Mañó, situado na parroquia de Quintela, xa que Os Eidos non dispoñía de espazo nin de posibilidade de ampliación. Os panteóns e mausoleos, feitos con intención de perpetuar a memoria dos defuntos, pronto se distinguiron en Os Eidos por un gusto burgués e libre, o que permite a individualización de cada familia a través de propostas eclécticas que deseñaban os arquitectos que por fin podían dar renda solta á súa creatividade e que tan ben plasmaron posteriormente os canteiros locais que levaron as obras a cabo, obras que a día de hoxe seguen causando fascinación a quen as contempla.
Todo cambia en España ao desatarse unha epidemia en Guipúscoa producida por miasmas na igrexa de Pasaxes de San Juan, o que fixo que o rei Carlos III ditase unha Real Orde en 1784 pola que se prohibe enterrar nas igrexas ou os seus arredores e obriga a que a localización dos cemiterios cumpra unha serie de requisitos para que poida albergar sepulturas, entre eles que estea o suficientemente afastado de zonas habitadas, que non haxa correntes subterráneas de auga ou que estea nunha área ben ventilada.
Esta Real Orde establecía tamén comezar a construción de novos cemiterios “por lugares en que houbese ou haxa epidemias ou estivesen expostos a elas, seguindo polos máis populosos, e pola parroquias de maior freguesía en que sexan máis frecuentes os enterros e continuando despois polos demais”.
No caso de Redondela, o traslado non se levou a cabo xa entrado o século XIX por falta de fondos na parroquia de Santiago. Isto obrigou ao concello para tomar cartas no asunto e sufragar a súa construción, que custou 680 reais.
O lugar escollido para a súa localización estaba na zona dos Eidos (de aí o nome), máis concretamente onde se atopaba o hospital de pobres e peregrinos, preto do Campo dás Redes e extramuros da cidade, un lugar onde viña celebrando o mercado todos os primeiros de mes desde 1752.
Mentres paseamos polas rúas do cemiterio, imos descubrindo nomes coñecidos, como o heroe da batalla de Pontesampaio John Ou´Dogherty, orixinalmente enterrado no atrio da igrexa de Santiago baixo un mausoleo sufragado polo concello. Segundo a información que nos foi chegando a través dos escritos de Casto Sampedro, este mausoleo era unha gran escultura en forma de áncora que, unha vez trasladados os restos de O´Dogherty a Os Eidos, acabou desaparecendo. Alcaldes, profesionais e innovadores do ensino, médicos, avogados ou comerciantes. Nomes familiares para a xente de Redondela, algúns ocuparon o seu lugar na historia non só desta cidade, senón da comunidade autónoma e do país. Definitivamente, un xardín romántico que convida á meditación e ao paseo mentres contemplamos a decoración simbólica mesturada co estilo neogótico. J
2022 ANO DA REHABILITACIÓN INTEGRAL DA CARABELA PINTA DE BAIONA
Construída co gallo do 500 aniversario da primeira viaxe de Colón, a do descubrimento de América, a réplica da Carabela Pinta leva 28 años no pantalán da dársena da Vila, como recordo e homenaxe ao primeiro barco que regresou coa nova de ter atopado terra do outro lado do “mar tenebroso” da época, o noso océano Atlántico. Martín Alonso Pinzón, excelente mariño e capitán da Carabela Pinta, natural de Palos (Huelva) xunto ao piloto Cristóbal García Sarmiento, natural de Baiona de Miñor, arriba ao porto de Baiona o 1 de marzo de 1493. Este feito histórico involucra a Baiona nas grandes navegacións transoceánicas, como corresponde a un porto de referencia na costa atlántica desde a Idade Media, baixo a xurisdición da Coroa e praza forte para a defensa da costa desde o século XVI.
E Rosa Villar Quinteiro, directora do museo Casa da Navegación C ,Cousas dePinzón, como experto mariño, coñecía o porto de Baiona na fachada atlántica. A súa arribada foi unha decisión totalmente consciente. Puido chegar a outros portos (Bouzas en Vigo, Pontevedra, Cangas ou outros máis ao Norte) pero soamente Baiona era Vila de xurisdición real. Fundada por Alfonso IX en 1201 e desde entón, dependente directamente da Coroa, que lle concedera o privilexio de carga e descarga. Só Baiona e A Coruña eran portos reais.
Coa arribada a Baiona, Martín Alonso Pinzón asegúrase que a nova do Novo Mundo vai directamente á Coroa, aos reis. Daquela, o territorio e seus portos estaban baixo a xurisdición dun mosteiro ou catedral (bispo de Tui, bispo de Santiago, mosteiro de Oia, etc…). Deste xeito, non só converteu a Baiona no primeiro porto do Vello Mundo en coñecer a nova da existencia de terras ao outro lado do océano, tamén asegura a pegada da súa participación nunha das maiores xestas da navegación na que invertera todo o seu capital, prestixio, coñecemento e familia.
Esta breve introdución histórica sitúanos ante unha evidencia a ter en conta na rehabilitación: o propio barco é unha peza histórica que ademais ten fortes limitacións para a divulgación, porque tamén é un espazo técnico con necesidades técnicas de traballo de mantemento, limitación do movemento, seguridade dos visitantes e das cousas, etc. A experiencia de acceder a un barco histórico ten que ser evocadora e clara de como era un barco do século XV ao nivel técnico. Este era o primeiro obxectivo do traballo: recuperar a boa saúde do barco e un aspecto acorde á súa imaxe como carabela. Lembremos que tras 5 anos sen reparacións, empezaba a verse seriamente afectada por diversas deterioracións.
MUSEOGRAFÍA DA CARABELA PINTA
Unha vez recuperado o barco, convertido xa en si mesmo en peza museable, o discurso e contido non pode esquecer a mensaxe principal: Baiona foi o primeiro porto coñecedor da nova do descubrimento de novas terras. Outros obxectivos específicos céntranse en amosar o obxecto que fixo realidade semellante feito histórico irrenunciable: a carabela e seu equipamento, temática con poucas posibilidades de cambios tras máis de 20 anos de exposición. Por tanto, neste eido, a cuestión non é tanto decidir o “que se expón” pois o contido dun barco é definido e pechado, senón “como se expón” e será aquí onde entran en xogo os criterios museográficos, incluíndo certas concesións a divulgación que fan posible o tránsito do público por un barco que en orixe, sería imposible, pois estaría cheo de obstáculos. Seguindo o criterio de recuperar o aspecto fiel do barco histórico, repóñense as bandeiras de Isabel e Fernando nos paus e a do porto (Baiona). Recolócase e asegura a bombarda a popa cos bolaños. Instálase o fanal de popa, elemento fundamental na navegación por ser a única luz de visibilidade do barco durante a noite. Un capítulo importante foi a restauración dos muniqués. O seu estado era moi deficiente en relación a: roturas, varias capas de pinturas e cores, golpes con saltados de pintura, etc.
Entre as novas mercadorías de prestixio, as especias e o tesouro de ouro e pedras preciosas. As especias xa chegaban por vía oriental ben a través do comercio co imperio otomán, ben por a vía de circunnavegación de África dos portugueses. Constituían unha mercadoría de valor moeda coa que se podían mercar bens, pois eran esenciais para a conservación dos alimentos, na cociña, pero tamén nas aplicacións terapéuticas. Por elo quixemos introducir este concepto coa inclusión da “caixa dos primeiros auxilios de a bordo” na que as especias e as súas propiedades teñen un texto explicativo.
A presencia do tesouro estivo sempre relacionada coas personaxes de dous nativos taínos que viaxaron na carabela e chegaron a Baiona, a súa presencia aporta un importante bloque temático ao discurso: a poboación e cultura orixinaria das illas contactadas na primeira viaxe (Bahamas coa illa Guanahaní ou San Salvador, Cuba, a Española ou Santo Domingo). Os taínos eran un grupo cultural do Caribe que, a diferenza doutras etnias, eran pacíficos e se amosaron moi amigables cos recen chegados, axudándolles na exploración das illas e proveéndolles de alimentos. A súa colaboración foi tan decisiva que se considera fundamental para o éxito desta exploración.
A rehabilitación non remata aquí. Outro obxectivo deste traballo é crear unha maior relación entre o equipamento da Carabela e a Casa da Navegación, con obxectivos compartidos. Desta forma, pretendemos que ambas visitas sexan complementarias e recomendables, obtendo na Casa a información que non se ofrece na Carabela. A segunda fase deste proxecto de rehabilitación financiado por o proxecto EXPLORATERRA refírese á reforma da planta baixa da Casa da Navegación e estará terminada cando se publique este artigo.
REHABILITACIÓN DA CARABELA PINTA
Este traballo foi acometido por o Concello de Baiona a través das Concellerías de Turismo e Cultura e a Consellería de Turismo da Xunta de Galicia a través do proxecto Exploraterra. A interpretación do patrimonio e a súa divulgación debe seleccionar os principais puntos temáticos e amosalos de forma amena e comprensible para o público xeral, espertando o interese e a curiosidade do público. Por tanto, en primeiro lugar, temos que amosar unha carabela do século XV. Tecnicamente é unha embarcación de vela con 3 paus (mesana, maior, trinquete) e un bauprés, que pode aparellarse con velas cuadras ou latinas (triangular). O temón na popa é recto, de codaste e unha pala de temón atada cun sistema de cabos e poleas que de xeito manual controla o temoneiro ou piloto. Ten castelo a popa e proa e unha adega baixo cuberta. Non ten camarote. Eran moi mariñeiras, pero non estaban dotadas para longas travesías. J
1. O proxecto EXPLORATERRA ten como obxectivo poñer en valor as grandes exploracións marítimas ibéricas que mudaron a historia. Liderado pola Fundación Nao Victoria, participan outras institucións, como a Agencia Andaluza de Instituciones Culturales de la Junta de Andalucía, Associaciâo Portuguesa de Treino de Vela, Entidade Regional de Turismo de Algarve e Axencia de Turismo de Galicia. O proxecto é financiado con Fondos FEDER mediante o Programa INTERREG V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 e a execución estendese até Decembro de 2022.
A PONTE MEDIEVAL SOBRE O RÍO VERDUGO EN COMBOA (SOUTOMAIOR)
Esta ponte medieval permanece sobre o Verdugo como unha testemuña silenciosa do noso pasado. As súas pedras cóntannos máis cousas sobre a súa construción do que pode parecer a simple vista e unha visita aos seus arredores ofrece multitude de opcións –sendeirismo, praia, pesca– para pasarmos unhas horas de ocio.
A construción de pontes vive unha auténtica revolución en época romana. Eles son os primeiros en construílos de maneira xeneralizada para comunicar eficazmente todo o seu territorio facendo uso do arco de medio punto. Os seus prodixios en arquitectura e enxeñaría aínda se poden admirar hoxe en día. Porén, coa caída do Imperio Romano de Occidente, temos que agardar case mil anos para que a arquitectura civil e, con ela, a construción de pontes recupere a súa importancia. A ponte de Comboa é un exemplo máis destas edificacións que se erguen na Baixa Idade Media (séculos XIV-XV), pero, como en tantos outros casos, non conservamos documentación que nos axude a esclarecer as súas orixes ou nos aporte datos sobre a súa evolución histórica.
E C Silvia Cernadas, Historiadora e Guía en Turismo de Historias. C Vista aérea obtida con drone onde se aprecia a actual calzada de xabre da ponte C Embarcación tradicional coa ponte medieval de Comboa ao fondo. Arquivo do Concello de SoutomaiorC Debuxo coas partes máis significativas dun arco e a distribución de forzas que se produce en toda a estrutura.
Aquí está a clave Dicimos que a clave de algo é a súa parte máis importante, aquela da que depende todo o demais. No caso da arquitectura, isto é literal. Os arcos son estruturas moi resistentes conformados por pedras labradas (perpiaños) chamados doelas. A última doela en colocarse, a central, leva o nome de clave porque é a que lle dá a estabilidade ao arco, conseguindo que as forzas verticais se transmitan cara aos laterais e, de aí, ao chan.
C Vista da ponte cun dos tallamares co seu remate piramidal en primeiro plano e, baixo a bóveda, podemos observar dúas filas de barroteiros e unha de ménsulas.
O que a ponte de Comboa nos di A ponte medieval de Comboa, erixida sobre o río Verdugo, mide 64,5 metros de longo por 3 de ancho e ten 13 metros de altura no seu punto máis alto. Estas son as medidas que extraemos a partir do estudo fotogramétrico realizado para a elaboración de dous paneis interpretativos recentemente instalados. Ademais, a ponte consta de tres arcos: dous son de medio punto e o máis grande, cos seus 16,90 metros de luz (diámetro), é lixeiramente apuntado. Os arcos apuntados ou oxivais son, precisamente, unha característica típica das pontes medievais dos séculos XIV e XV. Por outra parte, conta con tallamares por ambos os lados, isto é, unhas estruturas de planta triangular con remates piramidais situadas nos piares da ponte para diminuír a forza da auga.
Baixo as bóvedas de granito da ponte podemos atopar varios elementos relacionados co momento da súa construción e que nos indican, sen lugar a dúbidas, que estamos ante unha edificación medieval. Por un lado, as marcas de canteiro, e, por outro, a existencia de barroteiros e ménsulas. Os barroteiros son os ocos e as ménsulas, os soportes que podemos ver nas primeiras filas das bóvedas. Constitúen a única pegada que nos queda das armazóns de madeira (cimbras) que se colocaban no medievo para construír os arcos. Nas pontes romanas non adoita haber este tipo de buratos porque as cimbras apoiábanse directamente no terreo ou nas cornixas da bóveda.
C Ilustración dunha cimbra romana empregada para construír unha bóveda de medio punto.
Que son as marcas de canteiro?
Son signos lapidarios típicos da Idade Media. Existen varias hipóteses para explicar a súa existencia e, de feito, non todas as marcas teñen a mesma finalidade. Non obstante, a explicación máis aceptada para a meirande parte destes signos segue a ser, como indica o seu nome, que son marcas que o canteiro labraba nas pedras que el mesmo traballaba para poder levar unha contabilidade do que lle tiñan que pagar. A súa presenza nunha ponte adoita ser a maneira máis doada de saber que esta é medieval.
A ponte de Comboa tamén foi reformada en varias ocasións. Hai que ter en conta que, ata os anos oitenta do século XX, cando se ergueu a ponte nova situada a escasos metros, esta era a única pola que podían cruzar o Verdugo as persoas e os vehículos desde Ponte Caldelas ata Ponte Sampaio (Pontevedra).
Esta ponte é romana ou medieval? Moitas veces é complicado diferenciar se unha ponte é de fábrica romana ou medieval, especialmente se foi reformada en épocas posteriores. Aínda así, hai algunhas características básicas que nos dan pistas ao respecto:
PONTE ROMANA
PONTE MEDIEVAL
1. Arcos de medio punto Arcos apuntados/oxivais
2. Plataforma de rasante horizontal Rasante en lombo de asno
3. Anchura superior a 5 metros Anchura inferior a 5 metros
4. Perpiaños moi ben labrados Perpiaños pouco traballados
5. Ausencia de argamasas Uso de morteiro
6. Ausencia de marcas de canteiro Presenza de marcas de cantería
C Marcas de canteiro na ponte de Comboa C Fotografía da ponte romana de Mérida, onde podemos observar os arcos de medio punto, a súa plataforma con rasante horizontal e os perpiaños moi ben traballados. C Imaxe da ponte medieval de Cangas de Onís cos seus arcos apuntados, perfil en lombo de asno e materiais construtivos de peor calidade.O que hai na contorna
A ponte medieval de Comboa é o punto de partida dunha senda que nos leva ata a ponte colgante de Soutomaior e que continúa ata a coñecida como Presa do Inferno, unha central hidroeléctrica de finais do século XIX que estivo en uso durante máis de cen anos e que será demolida durante o ano próximo co obxectivo de recuperar a biodiversidade desta zona. O camiño vai seguindo o río Verdugo augas arriba pola súa marxe dereita. A 1 km da ponte medieval está un dos atractivos turísticos máis coñecidos de Soutomaior, a ponte colgante, e, ao seu carón, unha pequena praia fluvial moi concorrida durante o verán. A continuación, está a Poza das Bestas, o lugar onde se unen as augas dos ríos Verdugo e Oitavén, que é o seu principal afluente pero que conta con moito máis caudal que aquel. A senda ata a ponte colgante é de baixa dificultade e transcorre entre abundante vexetación de ribeira. Durante o ano 2019 levouse a cabo un proxecto de restauración da ponte medieval no que, ademais das labores de limpeza e o cambio da calzada de asfalto por unha de xabre, realizouse unha recuperación da contorna plantando especies autóctonas como carballos e bidueiros e eliminando especies invasoras, coma a mimosa e a acacia. Este tramo do río Verdugo constitúe, así mesmo, un couto de pesca, onde os salmóns e as troitas son as especies máis capturadas. A uns 200 metros da ponte medieval augas abaixo tamén se pode gozar da área recreativa da Veiguiña Longa, que pode ser un bo colofón para a nosa visita. J
Para saber máis:
Saberías dicir cal é a marxe dereita dun río?
E a marxe esquerda? Pois a resposta correcta non é depende. Estes son termos moi usados en xeografía e que fan referencia ás ribeiras fluviais. Para saber cal é a marxe dereita ou esquerda dun río, hai que situarse mirando augas abaixo, é dicir, deixando ás nosas costas o lugar de nacemento do río e ollando cara á desembocadura. Deste xeito, a marxe que teñamos á nosa dereita será a marxe dereita do río e, a outra, a marxe esquerda.
Astor, Rafael e Nardiz, Carlos, A volta a Galicia en 40 pontes e media, Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, 2020. Denison, Edward e Stewart, Ian, Cómo leer puentes: un curso intensivo a lo largo de la historia, Hermann Blume, 2014.
C Ponte colgante de Soutomaior C Mapa da contornaA LOUZA DE SARGADELOS. HISTORIA DUNHA REAL FÁBRICA EN GALICIA
Pinceladas históricas
Foi en 1804 cando en Sargadelos, parroquia do municipio de Cervo, na provincia de Lugo, levantouse a que foi a primeira fábrica de louza moderna creada en España por iniciativa empresarial de carácter particular. Pioneira na introdución no noso país do sistema de fabricación de louza fina, acabaría converténdose nun dos centros cerámicos de referencia no panorama industrial do século XIX en España e o máis importante dos que existisen en Galicia.
Fundada polo fidalgo asturiano Antonio Raymundo Ibañez, respondía os desexos de expansión duns negocios que tiñan a súa orixe máis próxima na xa asentada fábrica de fundición, establecida desde 1791, e que ocupaba o mesmo recinto no que se construíron as instalacións destinadas á produción de pezas cerámicas. Un emprazamento privilexiado no que se atopaba todo o necesario para o inicio dun proxecto empresarial, cuxo obxectivo principal non era outro que o poder competir coas manufacturas do mesmo xénero que por entón se importaban desde o estranxeiro, ofrecendo á público louza fina de calidade a imitación da inglesa, con modelos, formas, deseños e decoracións novas e un acabado final aparente no que á utilidade sumábase a elegancia e un prezo de mercado alcanzable.
C La Ilustración Gallega y Asturiana, nº 33, 30 de novembro de 1879
C Vistas das fábricas de fundición e louza. Factura do ano 1848. (Arquivo documental do Museo de Pontevedra)
C E Por Natalia Fraguas Fernández. Conservadora do Museo de PontevedraO recoñecemento oficial da calidade dos seus produtos por parte da Xunta Suprema do Reino de Galicia chegaría en 1810, o mesmo ano no que comezou con éxito a súa comercialización, estendendo os puntos de venda á capital española onde os membros da clase burguesa, os seus principais clientes, comezaron a adquirir as pezas cerámicas ofrecidas nos correspondentes catálogos de vendas.
O despegamento da factoría chegará, tras uns anos de altibaixos económicos, en 1845, momento no que se inicia a que será a súa etapa de máximo esplendor. A compañía encargada da explotación da fábrica de louza desde 1848, Luís da Riva e Compañía, será a responsable da introdución dunha importante modernización técnica baseada no modo de facer das fábricas inglesas da época. Baixo a dirección do inglés Mr. Edwin Forrester Heath, natural de Staffordshire, e coa incorporación de novos operarios especializados procedentes de distintos centros cerámicos de Europa, Sargadelos introducirá as últimas novidades en técnicas decorativas -decorado mecánico ou estampado- e tamén na elaboración de pastas, dunha calidade moi superior ás que se usaron ata ese momento.
Un período de éxito, cunha produción diaria de 104 fornadas, no que se ofrecerán pezas dunha gran variedade de formas e deseños (vaixelas, xogos de café, té e chocolate, xerras, vasos, pezas de escritorio, aseo e tocador, figuras decorativas e botes de farmacia) ademais dun amplo abanico de motivos decorativos. Unha constante que se manterá ata 1866, data na que se paraliza a produción ata 1873, momento no que se inicia a que sería a cuarta e última etapa da factoría. Un período complicado desde o punto de vista económico, no que non haberá especiais contribucións con respecto á etapa anterior, limitándose a reproducir o que entón se facía ou a vender produtos en stock.
C Floreiro de dedos da serie góndola coa marca de fábrica correspondente á 3ª época (Colección Museo de Pontevedra)
C Catálogo de produtos da Real Fábrica de Sargadelos para o ano 1847 (Arquivo Documental do Museo de Pontevedra)
O peche definitivo da Real Fábrica prodúcese en 1875.
Case cen anos despois, en 1972, as ruínas das antigas fábricas, o pazo de Ibañez, a casa da Administración, a presa e a canle foron declarados Conxunto Histórico-Artístico.
C Vida Gallega, nº 222, 1923
Formas e series decorativas
A historia da Real Fábrica divídese en catro épocas, cada unha das cales se caracteriza por un determinado tipo de louza e motivos decorativos, así como un selo ou marca de fábrica específico.
As primeiras pezas saídas dos fornos de Sargadelos na que sería a súa etapa inicial (1806-1832) eran de tipo inglés, as chamadas “cream ware”, facilmente recoñecibles pola súa cor branca cremoso, a súa lixeireza e un vidriado transparente que se cuarteaba con facilidade. Polos catálogos de vendas sabemos que se realizaron unha gran variedade de obxectos de mesa, aos que se engadían os de aseo (escupideras, orinales, lavamanos…) e outras formas como os porrones. Ademais, e como algo característico deste período están as placas decorativas con bajorrelieves de temas alegóricos, mitológicos e bíblicos; os floreiros e os bustos de filósofos gregos para adornar xardíns e palacios e tamén floreiros con formas de tronco de árbore, xerras figuradas e figuras decorativas antropomorfas e zoomorfas. Nesta mesma liña e como peza estrela da época está a gran placa de louza cun relevo conmemorativo da Defensa do Parque de Monteleón, da cal unicamente se conservan catro exemplares, un deles no Museo de Pontevedra.
C Placa conmemorativa da defensa do Parque de Monteleón o 2 de maio de 1808. Sargadelos de 1ª época (Colección Museo de Pontevedra)
C Xerra da serie branca. 1ª época de Sargadelos (Colección Museo de Pontevedra)
A partir de 1835, coincidindo co inicio da segunda época que chegaría ata 1842, comeza a producirse un novo tipo de pasta máis branca e resistente (“pearl ware”) cunha sutil tonalidade azulada no vidriado. Con ela realizarán os candelabros e os centros de mesa calados de inspiración neogótica. Tamén novas formas como as pilas de auga bendita, caixas de ovos, bacías, tarros de botica, tinteiros, escribanías… en acabado branco ou pintadas a man.
C Floreiro de 2ª época de Sargadelos (Colección Museo de Pontevedra)
C Xerra de lavabo da serie vexetal con flores pintadas de tipo popular. Sargadelos de 3ª época. (Colección Museo de Pontevedra)
Tamén e como unha gran novidade realizaranse por primeira vez vaixelas e obxectos por encargo (serie personalizada) coas iniciais, nomes, emblemas ou escudos dos clientes (especialmente importantes son as dúas vaixelas que en 1848 ofrecéronse como agasallo á raíña Isabel II). Unha ampla produción que se completaba coa elaboración de distintos tipos de figuras tanto de uso decorativo como utilitario (mambrúes, aves do paraíso, benditeras en forma de Virxe das Dores, palilleiros en forma de animais, chifres, etc.)
Estas formas e decoracións manteranse na que será a cuarta e última época, que se inicia en 1873 e termina en 1875 co peche definitivo da que chegara a ser unha industria de referencia na península.
É en 1845, coincidindo co comezo da terceira época, cando se conseguen as louzas de máis alta calidade, introducidas tamén desde Inglaterra. A primeira foi a “louza fina de pedernal”, de cor branca cremoso, moi resistente, lixeira e cun verniz pouco espeso. Ao redor de 1855 a “louza fina feldespática”, tamén coñecida como “semi chinesa” ou “chinesa opaca”, unha variedade de pasta moi branca, fina, resistente e cun vidriado transparente e moi brillante que lembraba á porcelana. Unha importante mellora na calidade á que se sumaba a introdución dun amplo reportorio decorativo. Así á louza branca, fileteada e a pintada a man con sinxelos motivos florais en cores vermello, azul e verde, sumáronse as que imitaban a textura da pedra e o mármore (serie jaspeada e veteada) e as vexetais, algunhas estampadas e iluminadas. Tamén – nas cores negro, castiñeiro, rosa, violeta, azul, verde e o innovador azul cobalto a partir de 1854- as chamadas paisaxes imaxinarias ou vistas fantásticas e as chinerías; as vistas reais (cidades españolas e a illa de Cuba); a serie de temas infantís, a campesiña e a do Quixote, na que empregaron como motivo decorativo principal as mesmas estampas que aparecen nunha edición londiniense da novela publicada por Charles Daly en 1842.
C Ave do paraíso. Figura decorativa de Sargadelos de 3ª época (Colección Museo de Pontevedra)
C Teteira en azul cobalto da serie chinerías. Sargadelos de 3ª época (Museo de Pontevedra) C Prato de Sargadelos con escudo de armas da raíña Isabel II, ca. 1848 (Colección Museo de Pontevedra)O Museo de Pontevedra posúe unha das coleccións públicas máis importantes de louza de Sargadelos, composta por preto de 600 pezas. Unha colección aberta cuxos inicios se remontan aos anos iniciais do Museo e que se foi incrementando co paso do tempo e ata a actualidade, a través de compras e doazóns, algunhas tan importantes como a que en 2001 realizaron os herdeiros dos Condes de Fontao con case 300 pezas.
Un conxunto de gran interese no que están representadas as catro etapas de produción da factoría, coas pezas máis representativas de cada unha delas, que o público pode coñecer e gozar na sala de exposición permanente que no edificio Sarmiento do Museo dedícase ás louzas de Sargadelos.
As coleccións do Museo de Pontevedra e de Adriano Marques de Magallanes C Prato con escena do Quixote iluminada. Última adquisición para a colección de Sargadelos do Museo de PontevedraTamén na provincia de Pontevedra, concretamente no concello de Redondela, atópase na Casa dá Torre a magnífica colección de máis de 146 pezas reunidas ao longo dos anos por un coleccionista particular, o vigués Adriano Marques de Magallanes, exsenador e cónsul xeral da República de Ecuador en Galicia. Un conxunto de gran valor histórico, froito dunha coidada selección, que no ano 2017 decidiu poñer en mans da sociedade galega, elixindo o pobo de Redondela como “gardián desta xoia da cultura galega”. J
C Detalle da sala de exposición dedicada a colección de louza de Sargadelos de Adriano Marques de Magallanes na Casa da Torre de RedondelaNA FONTE DA GÁNDARA UNHA BUVETTE PALACIANA EN GRIS MONDARIZ
EC Por Alberte ReboredaUnha mañá de verán de 2018 espertamos cunha nova enormemente dolorosa, o saqueo dunha parte da varanda histórica da Fonte da Gándara, sita no Balneario de Mondariz, quizais o edificio máis icónico do termalismo galego. Catro anos despois daquel espolio, o dano segue sen ser restaurado. O da Gándara foi o segundo dos mananciais da vila do Tea en ser descuberto, o que tería lugar entre 1872 e 1873 (Castillo Campos, 1992).
O médico e cronista Taboada y Leal (1877) xa menciona o achado de restos de bañeiras de pedra nas escavacións que precederon ás obras de captación do manancial da Gándara, e varios anos máis tarde García de la Riega (1904) reitera a aparición nas inmediacións da mesma fonte, en 1871, de “restos de pilas y cañerías antiguas que revelan la explotación de las maravillosas aguas en tiempos pasados”.
C O proxecto orixinal de Antonio Palacios para a Fonte Gándara nunha postal de 1910
O obxectivo dos proxectistas era o de “construír unha nova estación embotelladora para aumenta-la comercialización das augas minerais (…) integrando na mesma construción un edificio industrial e outro con claro sentido ornamental e simbólico” (Iglesias Veiga, 1993).
A memoria do proxecto (La Temporada, 1908) describía o ambicioso programa arquitectónico a desenvolver como “…un edículo de planta cuadrada y a él adosadas cuatro columnatas de planta semicircular. El edículo central está construido por cuatro pilastras chaflanadas sobre las que descansan grandes arcos, y sobre este conjunto una cúpula de bronce y cristal”. Así, o pavillón elevaríase un total de 28 m e revestiría o seu zócolo en mármore. A mesma publicación engade:
“Las columnatas semicirculares están construidas por fustes pareados de un bellísimo granito pulimentado, piedra que existe en las cercanías del balneario, y que hasta ahora no se había empleado en construcción”. Os capiteis, que coroarían as 24 columnas de gris Mondariz, sería extraído das célebres canteiras do Ulló, en Ponte Sampaio. A altura total de columnas e capiteis alcanzaría os 6,5 m.
En 1910 o británico Walter Wood (1866-1961), autor de “A Corner of Spain”, ofrécenos máis datos sobre o torneado do fuste das columnas:
“Unha das principais características do novo edificio serán as finas columnas de granito. Estas fanse completamente nas instalacións e son producidas desde a empresa. Os enormes bloques de granito extráense nos outeiros próximos; os bois encárganse de baixalos aos terreos do hotel, onde os traballadores os desbastan e os fan xirar no torno, remátanos e púlenos. Outros empregados colocaranos no seu lugar e completarán o edificio, o tempo estimado de construción é de dous anos.”
C Antonio Palacios, segundo pola esquerda, diante do Pavillón da Gándara, en fase de construción, nunha fotografía de Pacheco
C Primeiro pavillón da fonte da Gándara, dotado dunha estrutura de cuberta fundida no obradoiro vigués de Sanjurjo, fotografado no ano 1900
Porén, as obras de cantaría non concluirán ata o ano 1915. En 1922 outro escritor anglosaxón, Aubrey F.G. Bell (1882-1950), que asinou o libro “Spanish Galicia”, apunta que “a Fonte da Gándara, onde a auga flúe constantemente branca e efervescente, coma auga de soda, está xusto en fronte do hotel, nun pórtico redondo de piares de pedra que vai ser teitado cun cristal” (...). A impresión global que lle inspira a escenografía balnearia faille concluír: “O Mondariz de pedra, as súas flores, a paisaxe salvaxe e magnífica non é a menor das xoias da coroa galega”.
Definitivamente o proxecto arquitectónico completo non verá a luz nunca debido á grandiosidade e magnificencia da súa concepción inicial: “Los elementos tallados, como son los capiteles, están sembrados en sus fondos con mosaico de oro. El interior ostentaba una magnífica decoración de mármol, constatando su brillo y blancura con los grandes pechines en bronce, en dónde cerraban los nervios de la cúpula. Estos nervios, desdoblados, forman una crucería estrellada, recordando las estructuras de piedra de la Edad Media, y sus tímpanos, así como los medios puntos y ventanales de las rotondas, lucen vidrieras artísticas de tonalidades claras con brillantes motivos de guirnaldas rosas.”
Co paso do tempo, a pesar de estar inconcluso, o pavillón da Fonte da Gándara acabaría converténdose igualmente no edificio máis fermoso e representativo do balneario.
O pavillón da Fonte da Gándara acabaría converténdose no edificio máis fermoso e representativo do balneario
Inspiración clasicista
A buvette da Gándara inspírase en edificios clasicistas como o templo de Vesta (s. I a. C; Roma) ou San Pietro in Montorio Bramante (1502). Máis próximos no tempo os mananciais barrocos de Szechenyi (Budapest) ou o de Karlovy Vary (República Checa) son exemplos de fontes monumentais que tamén inspiraron o deseño deste manancial da vila termal do Tea.
En palabras de Pérez Sánchez (2005) “a buvette ou pavillón que cubre o manancial ao que acuden os agüistas para tomar as augas é un dos elementos definidores do establecemento termal (...). As visitas á fonte, reguladas polas indicacións do médico do establecemento (...) servían de punto de reunión social”. Por iso “a estrutura clásica e dimensións da fonte da Gándara expresaban certa solemnidade, percibida polas publicacións galegas contemporáneas que se referiron ao novo edificio como templo, catedral e palacio das augas”.
C O xeneral e presidente do goberno Miguel Primo de Rivera, no centro da imaxe, bebendo no interior da bouvette en 1928 C Perspectiva do manancial no contexto do parque do hotel do balnearioPardo Bazán e Ramón Cabanillas
Dona Emilia Pardo Bazán, asidua do balneario desde finais do século XIX, e amiga dos Peinador, retrata o ambiente interclasista que se respiraba na nosa fonte un día calquera do verán de 1899:
”Fórmase, entre diez y doce de la mañana, ante el afortunado manantial de la Gándara, larga cola de agüistas, que esperan turno para recibir de manos de graciosa rapaza el vaso donde las burbujillas del agua danzaban caprichosamente, con cristalinas irisaciones. En esa cola, generalmente ni hay empujones, ni groserías, ni prisas; hay saludos amables, preguntas corteses, sonrisas de inteligencia, ofrecimientos de cesión de sitio a las señoras, apresuramiento en pasar el vaso antes que se disipe el gas de mano de la moza a la del agüista; y en vez de desprenderse de aquella aglomeración de gente el vaho característico de los cuerpos mal aseados, ese tufo repugnante por excelencia, se alzan a veces ráfagas de perfumería fina y delicados rastros de flores prendidas en el pecho. Y la cola, no obstante, es de lo más democrático: no hay allí privilegios; ningún favorecido logra beber antes que otro el agua: los mendigos tienen derecho a incorporarse a la cola: lo que pasa es que los que van mal vestidos huyen instintivamente de la exhibición, y cada año la cola de la Gándara se parece más a los grupos de la salida del teatro Real o del concierto, a cualquier reunión de gente acomodada y escogida”.
O manancial, que tamén deu de beber a un Ramón Cabanillas cando exerceu director das publicacións do balneario entre 1924 e 1929, inspirou en clave poética ao cambadés:
”ágoa do Chan da Gándara algareira, na que bailan, brincando, a muiñeira as raiolas do sol, ¡ si o meu amor te vai bicar sedento dálle a túa virtude, dálle alento ó seu peitiño mol !” J
C Aspecto actual da fonte nunha instantánea do autorMIL ANOS DOS ATAQUES VIQUINGOS SOBRE O MIÑO
E C Suso Vila, doutor en Historia da ArteOs últimos ataques viquingos sobre Galicia produciríanse na primeira metade do século XI. O certo é que non podemos ofrecer unhas datas precisas. As mesmas brétemas que envolverían aos homes do norte nas súas incursións cubren estas primeiras décadas e os efectos sobre as nosas comarcas con moitos mitos e lendas. Probablemente o mesmo incertidume que temos sobre estos ataques e a pobreza de documentación pode ser un reflexo da situación nas costas galegas, ameazadas polas embarcacións viquingas e sen posibilidade de ser socorridas polos grandes condes ou mesmo o rei de León. Tui levaría a peor parte destos ataques que se producirían entre os anos 1015 e 1024. A cidade episcopal representaría a última gran incursión viquinga en Europa e as súas consecuencias serían narradas na documentación dos séculos seguintes reflectindo o impacto que a súa devastación produxo na memoria dos habitantes e gobernantes da rexión. No ano 1022 o bispo de Lugo, Sueiro, asumía as cadeiras episcopais de Ourense e Tui, representando así a situación de crise e inseguridade que se estaba a producir nas comarcas do Miño.
Contamos con documentos nas terras da Maia (mosteiro de San Salvador de Moreira) sobre os ataques e depredación dos viquingos durante varios meses entre xullo de 1015 e abril de 1016 entre os ríos Douro e Ave. Esta incursión quedaría reflectida en rescates como o que ten que facer Amarelo Mestaliz, obrigado a xuntar o diñeiro esixido, 15 sólidos de prata, para liberar ás súas tres fillas. En setembro de 1016 contamos co ataque ao castelo Vermoim (Vila Nova de Famalicão), a sete kilómetros do río Ave, un episodio que se pode colocar como independente do anterior ataque pero que ofrece a idea de ameaza permanente sobre o territorio.
O ataque sobre Tui o coñecemos de forma indirecta, a través do rei Afonso V no ano 1024 cando agrega a sé tudense á de Iria Flavia/Compostela explicando que o motivo era a devastación da cidade e a desaparición do seu bispo Afonso, nome que coñecemos por documentos posteriores.
O devastador ataque sobre Tui e o seu territorio sería antes do ano 1024 que suporíamos de control da comarca por parte do rei de León e tamén antes do ano 1022 cando sabemos que o bispo de Lugo asume temporalmente a administración eclesiástica de Tui.
As dúbidas son moitas. Como sinala o doutor Hélio Pires, estamos perante unha serie de incursións viquingas que finaliza coa destrucción da cidade e o apresamento do bispo? As razias coñecidas de xullo de 1015 a setembro de 1016 xunto cunha reacción “administrativa” en 1022 e posiblemente militar en 1024 por parte de Afonso V, pode supor un longo período no que ou ben a cidade ficou abandonada ou unha presenza viquinga recurrente nas Rías Baixas e o Miño ao longo de varios anos.
Os datos que temos poderían sinalar unha presenza viquinga nas ribeiras do Miño máis extensa do que se establecía até o de agora, probablemente por non ollar como a ausencia de información xunto coa situación política no reino de León poderían ser indicios dun período complexo na costa galega, un verdadeiro fin de milenio apocalíptico para os seus habitantes.
C O bispo Afonso no cadeirado do coro catedralicio de Tui C O Miño entre Tui e Valença.A historiografía desde o século XIX ten asignado ao que sería rei e santo de Noruega, Olafr Haraldsson, como autor do ataque a Tui, aplicando na costa galega o ambiguo itinerario que as sagas nórdicas describen sobre a viaxe de depredación do futuro rei e santo. Hoxe en día póñese en dúbida tal hipótese. Outra personaxe que ten xurdido con forza nos últimos anos como protagonista destes ataques sería o “jarl” danés Ulv Galiciefarer, cuxo alcume o vencellaría con ataques a Galicia na primeira metade do século XI. Como sinala o historiador portugués Hélio Pires a historiografía tradicional ten procurado personalizar os ataques á costa galega do século XI en grandes personaxes históricas como Olafr ou Ulfr cando descoñecemos a procedencia dos ataques (daneses, noruegueses, normandos, irlandeses, etc.), e as datas e a frecuencia dos mesmos nas primeiras décadas do século XI.
C Representación de San Olafr no antigo retábulo da catedral de Nidaros (Trondheim, Noruega).
C Representación da flota normanda do rei Guillermo no tapiz de Bayeaux, s. XI.
C Grupo de barcos da era viquinga no museo de Roskilde (Dinamarca)
As ofensivas viquingas sobre Galicia se teñen documentado desde o século IX. Perante esta inseguridade no reino é lóxico supor que as autoridades locais alzasen torres e puntos de vixianza para advertir da chegada dos piratas nórdicos sobre as costas e vales dos ríos da rexión. O problema xurde ao sinalar que certos castelos ou torres foran construidos coa fin de deter a ameaza viquinga cando a rexión contaba con estruturas defensivas desde moitos séculos antes e logo a súa mesma asimilación como fortificacións fronteirizas a partires do século XII, o que nos leva a pensar máis na reutilización de moitas torres, castros e fortalezas na comarca que se foron adaptando ás diferentes ameazas que se presentaron.
O castelo máis famoso contra as razias viquingas sería as Torres de Oeste sobre o río Ulla, nacido de un posto de vixianza e logo transformado a partires do século XIII. O castelo de Cedofeita (Pontevedra) ou o de A Lanzada (O Grove), tamén se teñen ligado coa historia viquinga. Para o Miño, torres como as de Goián (Tomiño), Silva (Valença) ou Fornelos (Crecente) puideron ter orixe primitivamente na ameaza viquinga e musulmana para logo ter un gran protagonismo feudal. O xeógrafo árabe Al-Idrisi falaba antes do ano 1154 dun castelo no medio do río Miño, Abraca. Este castelo podería ser unha transcripción fonética de “A Guarda / A Garda”, que non deixa de ser un nome xermánico para designar un local de vixianza, non sabemos se na mesma vila de A Guarda ou unha referencia á Ínsua na foz do Miño, que logo prestaría o seu nome á vila e porto baixomedieval. Tampouco podemos esquecer a misión de vixianza de vellas fortalezas nas alturas dos montes comarcais como o antigo castelo de Santa Helena (Nigrán), o de Lousado (Oia), o do Aloia (Tui) ou o de San Martiño de Ladróns (A Cañiza), entre outros que puideron cumprir o dobre papel de vixianza e refuxio e ser orixe de moitas lendas locais.
C A foz do Miño, entre A Guarda e Caminha, ca. 1930. ROISIN, IEFC C Torres de Oeste sobre o río UllaA lenda dos bispos santos
Na Ribeira Sacra e en concreto no mosteiro de San Estebo de Ribas de Sil, gardouse a lenda dos bispos santos: S. Ansurico, S. Vimara, S. Gonzalo, S. Froarengo, S. Servando, S. Viliulfo, S. Paio, S. Alfonso e S. Pedro. As súas reliquias gardabanse en seis furnas no claustro reglar do mosteiro até que en 1463 son postas na parte superior do Alta maior da igrexa monástica. En 1594 serían colocados cada corpo en relicario propio e distribuidos en cada lado do altar maior. Co tempo, as arcas dos bispos serían trasladados aos retábulosrelicario dos laterais, lugar onde se atoparían na súa restauración en 2020 catro aneis episcopais. A lenda de San Estebo de Ribas de Sil sinalaba a existencia de nove aneis milagreiros, polos nove bispos que ficaran no mosteiro fuxindo dos ataques viquingos.
En Tui conservouse a tradición no seu episcopoloxio de varios bispos do século X que se refuxiaron no mosteiro benedictino como Vimara, Baltario e Viliulfo. No século XVI estes bispos serían recuperados no santoral tudense e representados nas pinturas italianas da sancristía catedralicia ou no cadeirado do coro realizado por Castro Canseco en 1699 baixo o patrocinio do bispo frei Anselmo Gómez de la Torre.
C Porto e costa de A Guarda desde o monte Santa Tegra, ca. 1930. ROISIN, IEFC.
C Pintura romana da sancristía da catedral coa representación dos bispos santos tudenses Afonso, Vimara e Baltario, ano 1617.A lenda da fortaleza de Oia Moitas das nosas lendas son relatos que tentan explicar fenómenos ou tradicións xa incomprensibles para os ointes. Nos tumbos do mosteiro de Oia sobreviviu a lenda da súa orixe e a súa asociación a unha fortaleza. O mosteiro de Santa María de Oia emerxe en 1145 a partires dunha vila que puido xustificar no escudo do cenobio a aparición dunha fortaleza e tamén dunha figueira milagreira. A lenda conta como unha serie de enfrontamentos entre os mouros e os cristiáns levarían a ambos exércitos até o Miño. Os mouros asentaríanse no castro de Santa Tegra e os cristiáns en Oia. Decidiron ambos contendentes unha tregua pola chegada do inverno agardando até a maduración dos figos novos para continuar a loita. Os mouros tentaban gañar tempo esperando o reforzo de África (desde o mar?). Pero no foso da “fortaleza” de Oia existía unha figueira que de xeito milagreiro daría figos en pleno mes de febreiro, perante este feito extraordinario que desbarataba a espera de novas tropas, os mouros abandonarían o castro de Santa Tegra. A torre da fortaleza de Oia e a milagreira figueira pasarían a ser o símbolo do futuro mosteiro. Esta lenda puido estar baseada nos ataques dos viquingos no século XI? Sabemos que nas lendas galegas o significado de “mouro” non é tanto musulmán como pagán en referencia a tempos prerromanos e polo tanto antagonista dos cristiáns para a mentalidade popular. Non existe base histórica certa na lenda de Oia aínda que non poderíamos descartar a presenza dunha torre na antiga vila (sobre o edificio románico do muíño) e a lembranza das incursións viquingas, para que esta sobrevivise nos blasóns do mosteiro en forma de castelo e figueira. J
C Real mosteiro de Oia, edificio do muíño, s. XII.
MARÍA VINYALS Y FERRÉS. A MARQUESA VERMELLA
E C Silvia Cernadas, Historiadora e Guía en Turismo de Historias
María Vinyals é unha das doce mulleres seleccionadas no proxecto As Primeiras Xornalistas. Elas escribiron a historia da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo dar a coñecer o papel das pioneiras galegas no mundo da comunicación. Non podía ser doutro xeito, xa que na obra de María Vinyals ocupa un lugar preeminente a súa produción xornalística, dispersa en xornais e revistas nacionais e internacionais desde 1905 ata 1935.
A Marquesa Vermella, alcumada así polas súas ideas progresistas, naceu no Castelo de Soutomaior no seo dunha familia acomodada. Tivo unha moi boa educación, pero acabou por non sentirse cómoda nese ambiente. Comezou a loitar polos dereitos das mulleres e das clases traballadoras e iso tróuxolle como consecuencia o rexeitamento das clases altas coas que tan ben se relacionara. Ata o punto de que morreu na miseria nun lugar e nunha data que aínda descoñecemos.
DATAS:
1875Nace no Castelo de Soutomaior.
1904Publica El Castillo del Marqués de Mos en Sotomayor. Apuntes históricos.
1905Publica a novela Rebelión baixo o pseudónimo Joyzelle.
1906Funda o “Centro Iberoamericano de Cultura Popular Femenina” e entra a formar parte tanto do Ateneo de Madrid como da Real Academia Galega (académica non numeraria).
1908Fica liberada das presións familiares cos falecementos do seu primeiro marido, o Marqués de Ayerbe, e do seu tío, o Marqués de la Vega de Armijo. Aos poucos meses, casa co médico e intelectual cubano Enrique Lluria.
1914Publica o artigo “Feminismo” en Vida Gallega e comeza a colaborar periodicamente con varios xornais.
1916Imparte varios relatorios, entre eles, “El feminismo y la galantería” no Recreo de Artesáns de Pontevedra.
1917O Castelo de Soutomaior sae á poxa pública e María Vinyals nunca retornará ás súas estancias.
1918Publica asiduamente no xornal madrileño El Fígaro, onde firma artigos como “Del crimen pasional” sobre a violencia de xénero.
1925Queda viúva do seu segundo marido co que vivía en Cuba desde 1920 e publica “El voto femenino” en La Correspondencia de Cienfuegos.
1929Ano no que máis publica en El Socialista, o órgano de expresión do PSOE, e no que aparece como redactora das informacións no estranxeiro da revista Estampa.
1935Última publicación en prensa e ausencia total de noticias sobre María Vinyals de aquí en diante. Pénsase que puido morrer en París durante os anos corenta.
C María Vinyals na revista Blanco y Negro do 15 de novembro de 1904, p. 10. Museo de Pontevedra C María Vinyals xunto á súa nai, Agustina Ferrés, no Castelo de Soutomaior antes de 1902, ano en que esta falece. Museo de PontevedraA obra que nos legou abarca a publicación de dous libros –un ensaio histórico e unha novela autobiográfica– e centenares de artigos e contos aparecidos na prensa española e latinoamericana. Nos seus artigos, e tamén nos seus relatorios, tratou temas moi diversos, pero o feminismo foi o eixo transversal. Ao principio interesouse, sobre todo, por mellorar a educación das mulleres nun momento en que o analfabetismo feminino era a norma. A partir de 1914 traballa como xornalista mediante colaboracións periódicas e intensifica o seu activismo social. Nesta segunda etapa, marcada pola súa militancia no partido socialista, opina sobre as cuestións máis candentes do movemento feminista e non dubida en posicionarse a favor do dereito ao voto. María Vinyals tamén falou da infancia, do movemento obreiro e do socialismo, de literatura, arte e cinema ou incluso narrou as súas propias vivencias de cando formaba parte da alta sociedade madrileña. Os seus artigos, como toda a súa obra, transmítennos o seu amor por Galicia e as súas xentes e, moitos deles, xorden a partir de noticias de actualidade. Non obstante, nunca os asinou como María Vinyals, senón que firmou como Marquesa de Ayerbe primeiro, como María (de) Lluria despois e, nalgunhas ocasións, co pseudónimo Joyzelle. J
C Discurso de María Vinyals lido durante a apertura do “Centro Iberoamericano de Cultura Popular Femenina”. Biblioteca Nacional de España
C “Del crimen pasional”. Artigo publicado por María Vinyals en El Fígaro o 23 de outubro de 1918, p. 17.
C As redactoras e colaboradoras da revista Estampa a 1 de xaneiro de 1929, p. 13. Entre elas, sinalada en amarelo, María VinyalsOS EMIGRANTES E A EDUCACIÓN NO VAL MIÑOR (2ª PARTE)
E Carlos MéixomeO de mestre é oficio de serodio recoñecemento. Primeiro porque o obxecto do maxisterio carece do desenvolvemento vital preciso, segundo porque a colleita é tardía. Só o tempo nos alerta e nos permite intuír a sombra esvaecida daquel mestre ou daquela profesora nas nosas decisións, actitudes ou valores. O matinar acudíame cando me falaban de don Eladio persoas que xa reviraran a vida, polo que estaban lonxe de entusiasmos excesivos. Procuraremos seguirlle o rastro ao mestre de Borreiros (Gondomar), que exerceu nesta parroquia ata a súa xubilación en 1946. Ficou unido a esta escola, mais tamén a unha das de fundación de máis farturento percorrido, a promovida pola emigración miñorá dende as beiras do Plata a través da Unión Hispano Americana pro Valle Miñor (UHAP-VM), da que foi director dende o momento auroral, maio de 1909, ata o seu cese fulminante, setembro de 1923.
Breves notas biográficas Nado, en 1885, en Ourense. O relato familiar fálanos de estudos de Farmacia que mudou polos de Maxisterio, dos que se titulou na Normal de Valladolid. Exerceu como interino en Montederramo e en San Cibrao de Viñas. Na altura do seu matrimonio con Mª del Carmen Tizón Aguiar, de abastada familia fidalga, procedente do pazo dos Tizón, ou de Eiras, nesta parroquia do San Amaro, o “ilustrado profesor de instrucción primaria” estaba empregado no goberno civil. Concorreu, en 1907, ás oposicións e exerceu en Salceda de Caselas. En 1909, o ano no que se incorporou á escola miñorá, realizou as probas para escolas dotadas. O matrimonio tivo nove fillos. Ambos faleceron no pazo. Ela, en 1961; el, en 1965. Deixaba don Eladio unha manchea de amizades no Val que facían intuír “una nutrida asistencia” ao funeral en San Bieito de Gondomar.
TRAS O RASTRO DUN MESTRE: ELADIO FERREIRO OTERO C Arquivo da Emigración Galega / Carlos Máixome / Cousas de C Panteón da familia Tizón Aguíar no cemiterio parroquial de Eiras (San Amaro)A carreira profesional Despois dos anos iniciais que sinalamos, seica lle andou a furar o caletre a aventura americana; mesmo tiña a pasaxe adquirida. Coutouno unha oferta de traballo: dirixir a escola da UHAP-VM. Estableceuse no Val, e aquí exerceu 37 dos 44 anos de profesión. Catorce na escola «Pro Valle Miñor»; o resto na de Borreiros, á que se incorporou en febreiro de 1924. Cesado na «Pro Valle», durante a ditadura de Primo desenvolveu unha intensa actividade política e mesmo, transitoriamente, a función de secretario municipal de Gondomar, e os cargos de concelleiro e tenente de alcalde. Polas mañás atendía a escola, polas tardes na casa, na procura de ingresos extra para manter a extensa prole, preparaba a cativada para se examinar en Vigo, nos xesuítas, en Artes e Oficios ou máis tarde, no Santa Irene.
A República non afastou a don Eladio da intervención sociopolítica, agora vinculado ao Partido Radical de Lerroux, dende o que influíu no devir miñorán, en especial de Gondomar, onde Nieto Virostra, do mesmo partido, exerceu a alcaldía.
Os sublevados en 1936 non molestaron a Ferreiro; ben ao contrario, demandaron o seu apoio, pero soubo rexeitar os cargos que lle ofreceron con boas palabras e lóxicas desculpas e mantívose afastado da intervención política.
Unha aproximación ideolóxica
Que saibamos, con anterioridade á ditadura, don Eladio, non participara na vida política. Debeuse formar na lectura de Joaquín Costa, quen participara activamente na Institución Libre de Enseñanza (ILE) e estaba moi unido a Giner de los Ríos. Neste ambiente temos que situar a Eladio Ferreiro, bambeándose entre as propostas renovadoras da ILE, o rexeneracionismo de Costa, o paternalismo de Primo e o republicanismo conservador de Lerroux. En Ferreiro produciuse ademais unha conxunción estelar, en setembro de 1923, mes e ano do golpe de estado e do seu cese como director.
C Pazo de Eiras ou Casa dos Tizón, no San Amaro C Sinatura de Ferreiro como secretarioAs Escolas da UHAVM
Ferreiro foi o artífice da escola que abriu as portas o 4 de maio de 1909 nun edificio alugado situado na estrada Ramallosa-Gondomar. Ao iniciarse o curso de 1910 a matricula tivo que se suspender nos 250 matriculados. Non había sitio para máis. Cumpría un novo edificio.
Tamén desas xestións se encargou Ferreiro, fachendoso dos “altruístas fines de protección a la infancia, de caridad, de progreso y de patriotismo” da UHAP-VM e dos apoios acadados en Madrid polo ex ministro de Facenda Ángel Urzaiz, das achegas de Nigrán e Gondomar e das agardadas de Baiona, a pesar das súas reticencias, enrabiados por non facerse o edificio non en Sabarís. O director imprimiulle á escola unha liña xeneralista e, en especial, de carácter comercial. Tratábase, en concordancia coa directiva americana, de formar a rapazada para chegar a América coas destrezas básicas que lle permitisen integrarse axiña sen sufrir os desamparos dos pioneiros. De imprimirlle esta dirección arrepentiuse toda a vida segundo o relato oral familiar que a nós nos chegou.
C Tranvía facendo a súa parada fronte as Escolas UHA Valle Miñor C Os primeiros alumnos con Eladio Ferreiro no centro C Aula na Escola Proval C Escolantes do Val de Miñor na festa do 12 de 0utubro de 1925.A posta en marcha da escola de nenas en 1919 iniciará unha espiral de enfrontamentos que rematarán co cese de Ferreiro en 1923. Por unha banda, Ferreiro coidaba que había outras prioridades, e pola outra que a directora, Julia Sola, con fortes apoios dentro da Comisión Directiva (CD) alén-mar, se excedera na matricula. Era unha disputa pola dirección das escolas. Ferreiro contaba co apoio do Consello no Val (CV). O enfrontamento, en inicio persoal, tomou dimensión grupal e confrontáronse intereses e desavinzas ideolóxicas. O de América, encabezado por Lemos; e o de aquí encabezado polo abastado gondomarés, valedor do mestre, Manuel Losada Carrera. A dimisión deste último como delegado da CD precipita a confrontación. A chegada de Lemos ao Val en 1920, non minguou as tensións. En febreiro de 1921, a CD pratense envía unha nota ao CV miñorán queixándose do autoritarismo de Ferreiro e do mal efecto que causa enviando as súas fillas á escola pública de Mañufe. Cesárono, cun mes de soldo.
Visto con ollos de hoxe, pode sorprender a aparente contradición entre o Ferreiro renovador pedagóxico e o Ferreiro politicamente conservador, mesmo proto-fascista da Unión Patriótica, ao que lle chiscan o ollo os mozos falanxistas. Mais temos que situar a súa acción e pensamento no Miñor do arrinque do pasado século, nunha sociedade, a galega, que pretendía modernizarse pero tiña enormes limitacións e a escola precisaba de medios que, ausente o Estado, só os emigrantes podían achegar. Neste contexto temos que entender as anovadoras ideas pedagóxicas de Ferreiro influídas decisivamente pola ILE e o pedagogo Ignacio Ares de Parga, inspirador do modelo educativo da UHAP-VM. Esa aparente contradición pode tamén entenderse con chaves da súa propia “ego historia”, de familia fidalga en declive, que ten que adaptarse a novos destinos profesionais, agoniada polas alteracións da orde social nun momento de fortes convulsións como o período interbélico.
C Gobernador civil, alcaldes de Vigo e Gondomar e outras autoridades nos actos do 12 de outubro de 1925.Despois das Escolas da UHAP-VM
Tras o cese ficou nunha situación económica complicada e coa sensación dun trato vexatorio. A iso referirase en varias ocasións; tamén Losada.Terá que agardar ata febreiro de 1924 para reincorporarse ao seu posto escolar.
A conxunción estelar de setembro de 1923 (golpe de estado e cese) afastaron a don Eladio das aulas. O trinta de setembro ás 9 da noite o comandante do posto da garda civil de Gondomar reuniu os 12 concelleiros saíntes, co seu alcalde á fronte, e os 13 entrantes. Destituíu a uns e nomeou os outros. O labor rexenerador ficaba reducido a un golpe de efecto: a detención do secretario e a destitución do oficial primeiro; o funcionario que tería que suplilos, Nieto Virostra, non quixo asumir o posto. O pleno, por unanimidade, acordou nomear, con carácter provisional, a Ferreiro “atendiendo a las excepcionales condiciones de honradez, capacidad y trabajo (...) demostradas durante el largo tiempo que, con general aplauso, estuvo al frente de la dirección de las Escuelas Americanas de este Valle”.
A praza tiña que cubrirse dun xeito definitivo. O pleno anunciou a vacante. Parecía pensada a medida para Ferreiro. Pero non foi así. Coidamos que a vocación polo maxisterio, a pesar da humilde retribución, estivo por riba de todo, pero tamén pensamos, o afastarse do rebumbio municipal, e sen dúbida, o novo “estatuto municipal” de Calvo Sotelo, que lle imposibilitaba acceder ao posto.
Reincorporado a Borreiros, continuou sendo un referente do upetismo, exerceu como cabo do “somatén”, concelleiro e tenente de alcalde, dende onde atendeu, en especial, os asuntos escolares, ademais de ser orador imprescindíbel nos actos sociais. A desaparición das actas dende setembro de 1925 ata o mesmo mes de 1927, impídenos coñecer detalles. Nesta altura Ferreiro xa non formaba parte da corporación.
Sabemos que tenteou as posibilidades de retornar a unha escola de fundación. O prestixio acadado nas «Pro-Valle» permitiulle colaborar, como inspector técnico, coa tomiñesa «La Aurora del Porvenir» e, por algunhas cartas dirixidas a Alejandro Lustres Carrera, testamenteiro do filántropo corcubionés José Carreras Fábregas, promotor dunha escola de artes e oficios, sabemos que mantiña a ilusión de acceder á dirección desta escola, pois o ensino “es una vocación” dille, e cre “que había de satisfacerles” pola súa “larga experiencia” que “son las que aún sin serme indispensable, me tienen aquí trabajando desde las 8 de la mañana a las once de la noche, y siempre a gusto”.
C Inaugurada en 1931, esta escola foi promovida pola Sociedad Aurora del Porvenir Pro Instrucción, con sedes en Bos Aires e Lisboa, coa colaboración no seu financiamento de Abdón Alonso Alonso, creador da Escola da Fundación Peirópolis na parroquia de Estás.
En outubro de 1926, o diario bonaerense La Prensa convocou un premio para pescudas sobre as achegas dos «indianos» á renovación pedagóxica. Fallouse, ao ano seguinte, por un xurado formado por catedráticos da Universidade de Oviedo. O traballo presentado baixo o lema “Dad lo mejor para la educación de la juventud” resultou o gañador. Era o de don Eladio. O premio substancioso:1.500 pesetas. Na prensa non deixan de sinalar o seu éxito e reclamar a merecida homenaxe de “todos los hijos del Valle”. Eladio acadaba a cima da súa popularidade. Argallouse a entrega do premio para o 1º de maio de 1927 na sala Miramar de Sabarís; dalgún xeito, acochábase un galano polo conflitivo cese. Púxolle o ramo o homenaxeado, amosou gratitude, brindou polo Val e ofertou os cartos do premio para poñer en marcha un periódico miñorán.
A República recibiuse no Val, segundo a prensa, con “enorme alegría”, pero non supuxo a retirada de Ferreiro do espazo público, nin unha remuda absoluta dos cargos nas administracións e, dende logo, nada que tivese que ver coa brutalidade da sublevación de xullo de 1936.
O “lerruxismo” tivo unha determinante presenza na provincia. Tamén no Miñor, onde os «radicais» ostentaban a alcaldía de Gondomar e estaban presentes nos outros concellos. Don Eladio preside o partido en Gondomar e participa do mesmo, pero sen a intensidade do período da ditadura, exercendo a súa «autoritas» sobre os vellos upetistas conservadores que se ían adaptando aos novos tempos.
Sete anos despois da súa xubilación, en 1953, argalláronlle outra homenaxe. Reuníronse case dous centos de persoas. Á fronte da comisión organizadora, en representación dos antigos alumnos, o avogado e conselleiro de Tranvías, José Ramón Fontán. Presidírono os tres alcaldes, pero tamén estaban presentes vellos republicanos represaliados, como Sebastián Pena ou Máximino Misa.
Vives, mentres alguén te recorda. J
C Coa colaboración da Fundación Peirópolis restaurouse material didáctico, bibliográfico, documental e mesmo mobiliario da antiga escola. Esta é a recreación dunha aula da Escola de Estás, levantada polo filántropo indiano Abdón Alonso, en 1935.ADICAM E A SÚA FUNDADORA FINA ACUÑA
Un referente autonómico no apoio á pacientes de cancro de mama, que traballa dende 2001 para que elas e as súas familias reciban unha atención integral
Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez en base a información e fotografías facilitadas por Olga Sotelo (Presidenta) e María Martínez (Traballadora Social) de ADICAM.
ADICAM (Asociación de Personas Diagnosticadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico), é unha realidade grazas ao esforzo e moitas horas de traballo de mulleres, coma o da súa impulsora, Fina Acuña Graña, que nun momento das súas vidas tiveron que facer un parón para deixalo todo e dedicarse a elas e a súa enfermidade. Con Begoña, Tere, Vanesa, Loli, Isabel e Fina, en primeira liña e con 40 persoas asociadas, cantidade que iría crecendo co paso do tempo, ADICAM bota a andar en Cangas do Morrazo o 21 de enero de 2001, cun obxectivo, o de promocionar a prevención e a detección precoz da enfermidade.
A principal intención de Fina coa creación de ADICAM era achegar propostas de mellora aos servizos hospitalarios a nivel provincial, sobre todo, no referente ao trato, á intimidade e a comodidade das persoas afectadas, xa que pola súa experiencia consideraba que a parte emocional das persoas afectadas era un aspecto fundamental que había que coidar.Pero co paso do tempo a súa visión de ADICAM evolucionou e converteuse tamén nunha oportunidade para traballar pola saúde, fomentando actividades de lecer, de formación, de investigación, culturais e asistenciais.
De feito ADICAM conta co seu propio equipo de investigación que dende 2012 dirixe un estudo científico que permitirá saber se se pode diminuír a incidencia de cancro co uso do kalanchoe, unha planta medicinal con propiedades terapéuticas. Máis de 20 anos despois, con sedes en Cangas, Pontevedra, Vigo e Moaña, podemos afirmar rotundamente que ADICAM alcanzou todas esas metas. Dunha asociación que naceu cun obxectivo humilde e sinxelo, foi crecendo ata alcanzar máis dun millar de socias e socios (na actualidade ten ao redor de 1750). Isto fai que o nivel de exixencia para a actual Xunta Directiva, sexa importante. O seu esforzo e implicación facilitan que ADICAM manteña unha actividade frenética durante todo ano, sempre tendo como meta principal mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas de cancro de mama na comarca do Morrazo e das súas familias.
Ademais no 2019 debido a que tamén viñan atendendo mulleres con outro tipo de patoloxías de cáncer xinecolóxico, decidiron incluír esta realidade tamén nos seus estatutos, unha medida que foi aprobada en asemblea xeral de socios/ as.
Por todo este intenso labor ADICAM recibiu ao longo destes anos diversos recoñecementos como o Premio da Asociación Cacarexo (2013), da AAVV de Berducedo e Piñeiro (2015), Bronce Premios Jovell (2015 e 2016), Premio Daravelo, da Asociación de Darbo (2018) ou a Medalla Emilia Pardo Bazán outorgada pola Xunta de Galicia (2019).
Con motivo do Día Internacional do Cancro de Mama que se conmemora o día 19 de outubro, a actividade de ADICAM vólvese máis intensa. Aínda que xa traballan todo o ano pola sensibilización da poboación do Morrazo e das comarcas limítrofes, neste mes buscan que a súa labor se faga aínda máis visible organizando un intenso calendario de eventos e actividades como xornadas científicas, a gran marcha solidaria “Fina Acuña”, ou mesas informativas formadas por voluntarias, moitas delas sobreviventes dun cancro de mama.
Tamén cada ano se realizan de forma regular as seguintes actividades:
-Calendario solidario: Edítase co fin de dar unha imaxe diferente das mulleres mastectomizadas e pódese encontrar en moitas casas e establecementos do Morrazo.
-Certame anual de arte e organización de exposicións para que á poboación poida comprender máis a enfermidade por medio da cultura.
-Convivencia en feminino onde mulleres con diferentes patoloxías poden ter tempo para elas e para compartir a súas inquedanzas.
-Programa “12 pasos cara a saúde” que trata de fomentar os hábitos de vida saudables entre a poboación en xeral.
-Programa “¡Ti queres ti podes!” de estimulación cognitiva e de exercicio físico adaptado a pacientes oncolóxicos.
-Programa “Apálpate”, no que un grupo de voluntarias, levou ao rural información sobre autoexploración mamaría, nunha clara aposta pola prevención.
-Actividades náuticas para persoas diagnosticadas con cáncer de mamá: vela no Clube Náutico Rodeira, remo na S.D Samertolameu e piragüismo co equipo Dragon Boat de Pontevedra.
Respecto ao resto de actividades que se realizan nas súas sedes hai que destacar que a pesar de que os dous últimos anos foron moi duros para ADICAM, incluso nos peores momentos da pandemia continuaron traballando para axudar a todos os habitantes do Morrazo.
Agora que a situación vai evolucionando favorablemente, grazas sobre todo a vacinación, están a recuperar todos os servizos individuais dirixidos ás persoas diagnosticadas de forma presencial: psicoloxía, traballo social, nutricionista, fisioterapia, orientación laboral, asesoramento en peiteados e beleza ...
OCIO/MUSEOS
O Museo alberga ata o 16 de octubro a exposición que representa as vestimentas tradicionais fotografadas pola artista estadounidense nas súas viaxes a Galicia entre os anos 1924 e 1926
A exposición está organizada polo Museo de Pontevedra en colaboración coa Hispanic Society de Nova York, que se encargou de aportar o material fotográfico e comisariada pola pontevedresa Asociación Etnográfica Sete Espadelas.
Con máis de 75 traxes, a mostra reproduce cada unha das vestimentas fotografadas por Ruth Matilda Anderson na súas viaxes a Galicia entre 1924 e 1926 por encargo da Hispanic Society de Nova York. Unha experiencia que nos permitirá coñecer a Galicia dos anos 20 a través da lente da súa cámara e as anotacións do seu “caderno de bitácora”.
A exposición fai un percorrido pola vida, indumentaria e costumes, especialmente das mulleres, da Galicia a comezos do século XX. Grazas á labor dunha moza neoiorquina que tivo que mergullarse no folclore galego para desempeñar unha labor fotográfica e etnográfica, descubrimos unha terra que aínda se atopaba no século XIX e comezaba a cambiar. Capturou todo o que estaba a piques de transformarse coa chegada da modernidade para que perdurase no tempo. A través das súas imaxes coñecemos aqueles oficios que deixaron de existir, as paisaxes que cambiaron, a roupa que vestían, as romarías onde se divertían ou as feiras onde comerciaban entre outras situacións da vida cotiá mediante máis de 150 fotografías de Anderson, algunha delas inédita. Esta mostra é froito de cinco anos de estudo, busca, análise e recuperación na que Sete Espadelas amosa unha compilación de vestimentas que forma parte dos fondos da súa colección para reproducir as fotografías de Ruth Matilda Anderson. Este proxecto supera as 1.000 prendas expostas, unha gran parte delas antigas ou reproducidas a partir de patróns e tecidos antigos acompañadas de ferramentas de traballo orixinais da época e de incalculable valor etnográfico.
O Museo de Pontevedra acolle unha representación da indumentaria tradicional galega fotografiada por Ruth Matilda Anderson
Premio Goncourt 2021
Unha novela de iniciación, un thriller literario, un xogo de cartas chinesas cun libro dentro doutro libro que explora as feridas do colonialismo.
Stoner John Williams Editorial RinoceronteO protagonista nace no seo dunha familia labrega de Missouri. Envíano a estudar agronomía á universidade, pero alí descobre a literatura, da que se namora e á que decide dedicar a súa vida como profesor. Co paso dos anos acumúlanse as decepcións deste antiheroe existencial.
Diez mil elefantes
Pere Ortín/Nzé Esono Ebale Editorial Reservoir BooksUnha novela gráfica que ficciona as expedicións do director de cine Manuel Hernández Sanjuán, enviado polo réxime franquista a Guinea. A partir do testimonio dun dos seus porteadores, trasladámonos á época colonial para desmontar os mitos establecidos polo franquismo sobre a ‘España Negra’.
Personas decentes
Leonardo Padura Editorial Tusquests
Unha nova entrega protagonizada polo mítico detective Mario Conde. O autor leva á máxima expresión a mistura entre ficción criminal e histórica en dúas tramas paralelas, unha na Habana do 1910 e outra na do 2016.
La escuela de canto
Nell Leyshon Editorial Sexto PisoEsta obra narra o camiño que emprende una rapaza analfabeta que descubre gracias ao canto que o mundo é moito máis vasto do que pensaba. Un mundo fermoso e inxusto no que un don pode levarte moi lexos e onde os prexuizos te condenan de por vida.
Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza
María do Cebreiro Rábade Villar Editorial Galaxia Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021
Explorar os novos modelos parentais, e as súas implicacións colectivas, é o principal obxectivo deste ensaio, que entra en diálogo con clásicos da literatura feminista ao tempo que tenta explorar outras dimensións do xénero.
La más recóndita memoria de los hombresAQUÍ SEMPRE NOS ATOPARÁS! PUNTOS DE DISTRIBUCIÓN AUTORIZADOS DA REVISTA
A CAÑIZA - Kiosco do Mercado
A ESTRADA.- Librería Faro
A GUARDA.- Librería LER, Librería Cervantes, Librería Ideas, Oficina de Turismo, Librería Atlántica
AS NEVES.- Estanco (Praza Maior)
BAIONA.-Librería Vernet, Estación de Servicio Monterreal, Oficina de Turismo. Sabarís.Kiosko Sabarís
BUEU.- Librería Abrente, Librería Miranda, Panadería Amador
CAMBADOS.- Kiosco A Calzada, Librería Nobel
CANGAS.- Kiosko La Ventana, Libraría Wells, Libraría A Esmorga, Oficina de Turismo
CALDAS DE REIS.- Librería Luisa Piñeiro
CUNTIS.- Librería-Papelería Maresa, Oficina de Turismo
GONDOMAR.- Librería Libraida, Asociación de Empresarios A Pasaxe
MARÍN.- Librería Maky e Libraría Nobel
MEAÑO.- Librería Cousas (Dena)
MOAÑA.- Libraría La Papelería, Librería Nobel MONDARIZ. Librería Santa Eulalia. MONDARÍZ BALNEARIO.- Kiosco Las Colonias
MORAÑA.- Librería La Ventana Mágica, Libroflor
MOS.- Librería Arte e Ciencia
NIGRÁN.- Libraría Paraísos de Papel, Estanco. Ramallosa.- Kiosko Ramallosa, Copisteria Duplicolor. Panxón.- Estanco César
O GROVE. - Librería Nobel
O PORRIÑO.- Librería Recondo, Kiosco El Pinar e Librería Papelería Copirey, Kiosco Regaliz
O ROSAL.- Librería Ideas, La Segunda Vuelta, Librería Tamuxe
PAZOS DE BORBÉN .- Kiosko-Tabacos Huno
PONTEAREAS.- Librería Papiros, Librería Mil Follas
PONTEVEDRA.- Libraría d-lectum, Libraría Nobel (zona Museo), Kiosco Beni (Mercado)
PONTE CALDELAS.- Librería El Colegio
REDONDELA.- Quiosco Cocó, Quiosco Chelo, Quiosco Xunqueira, Libraría La Imprenta. Chapela de Arriba.- Estanco
RIBADUMIA.- Librería Barrantes
SALCEDA.- Librería Sernel, Librería Lemos, Librería Dona
SALVATERRA.- Kiosko Bolboreta, Estanco, Oficina de Turismo (Fortaleza)
SANXENXO.- Librería Nos
SOUTOMAIOR.- Arcade Librerías Loli, Kiosco Tulipán
TOMIÑO.– Librería Novidades, Quiosco Loterías Gonzalo. Goian (Tomiño )Mercado
TUI.- Librería Nobel, Estanco/quiosco rúa Ourense, Librería Iris, Oficina de Turismo
VIGO.- Librería Librouro, Librería Solidaria Aida, Librería Nobel (Gran Vía), Libraría Cartabón, Libraría Nobel (Calvario), Kiosco Lembranzas, Kiosco Rúa Venezuela nº18, Quiosco Sequeiros (c/Camelias 103), Papelería Maruse (Avd. Florida nº123)
VILAGARCÍA DE AROUSA.- Librería Nobel