A campá de San Telmo e Santa Bárbara ao carón da campá de Santa Ana, a máis antiga da cidade de Tui, ano 1511, están situadas no tellado torre da Catedral en senllas estruturas metálicas.
SUMARIO NÚM. 2 OPINIÓN 6
Fotografía: Suso Vila
Páxina Seis: Unha figura filosófica para a Eurocidade: Francisco Sánchez. Por Suso Vila
MÁIS COUSAS 4 8 12 38 44 48 50 52 54
Festivais Rías Baixas 2019 Deporte inclusivo Vía da Prata Enoturismo Galicia Solidaria Agricultura ecolóxica OCIO Axenda Quen é quen
EN PORTADA 14
A VIDA DUN MIÑORANO NA ANTÁRTIDA, FRÍO, NEVE E QUECEMENTO GLOBAL Por Pablo F. Estévez
20
CARPINTARÍA DE RIBEIRA, UN OFICIO TRADICIONAL ETERNAMENTE LIGADO AO MAR Por Anxo Rodríguez Lemos
26
ENTRE TUI E O PORRIÑO: NATUREZA E HISTORIA NO CAMIÑO Por Suso Vila
40
NACE ‘RÍO MIÑO', UNHA MARCA DE IDENTIDADE PARA O TERRITORIO TRANSFRONTEIRIZO
Edita: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo. cousasde@edicionesbasan.com
Departamento Comercial: revistacousasde@cousasde.com Teléfono: 626 993 480
Director: Jesús G. Bastida
Web e redes sociais:
Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL
www.cousasde.com
Colaboradores: Anxo Rodríguez Lemos, Pablo Fernández Estévez, Carlos Méixome, Suso Vila, Manu Sobrino, Álvaro Peralta, Juan Ramón Tamuxe, Rosana Calvo
EDITORIAL O territorio tranfronteirizo do río Miño xa ten marca turística propia #MarcaRíoMinho. Este é un dos diferentes artigos que o noso lector vai atopar na revista que ten nas súas mans. Segundo número dunha nova etapa na que imos seguir apostando por dar cobertura informativa a todas as iniciativas que teñan como obxectivo lograr a máxima cohesión da rexión transfronteiriza do val do Río Miño e a posta en marcha de programas, proxectos e accións comúns entre os territorios galego e portugués, como por exemplo, os problemas de mobilidade transfronteiriza, que están a ser estudados grazas á aprobación dun novo proxecto europeo. Tamén lle prestamos especial atención ás accións que diferentes organizacións levan adiante con fins integradores, como a iniciativa xestada polo centro Juan María de Nigrán de crear una marca de roupa xestionada polos usuarios do Centro, ou o curso de vela adaptada do Monte Real Club de Yates de Baiona, que vai pola 7ª edición. Finalmente hai que dicir que coa chegada do verán a axenda de eventos de interese multiplícase, ainda que o protagonismo promete levalo A Guarda, sede este ano do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Este é un dos tres obxectivos principais da Asociación Piueiro, xunto a recuperar o patrimonio marítimo fluvial do municipio e construír un "volanteiro", barco que ten referencias do século XVII, que viviu o seu momento de maior prosperidade no século XIX e desapareceu a principios do XX.
Periodicidade trimestral. Distribución gratuita. Depósito Legal: VG 229-2019 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores.
Distribuída en: A Guarda, Baiona, Gondomar, Nigrán, Oia, O Rosal, Salceda de Caselas, Tomiño, Tui, Mos e O Porriño
cousas de 3
RIAS BAIXAS
FESTIVAIS RÍAS BAIXAS 2019 CO VERÁN CHEGAN OS FESTIVAIS RÍAS BAIXAS, SETE CITAS IMPRESCINDIBLES
COA MELLOR MÚSICA, LECER, DEPORTE DE ACCIÓN E UNHA
GASTRONOMÍA DE EXCELENCIA. ARTISTAS CONSAGRADOS E BANDAS
EMERXENTES ACTÚAN EN PARAXES EXTRAORDINARIAS, RIDERS E
BIKERS FAN MALABARISMOS ANTE MILES DE PERSOAS,
CHEFS CON ESTRELA MICHELIN COCIÑAN EN VIVO PARA O PÚBLICO…
NON OS PERDAS! Dúas illas máxicas. Unha carballeira na que soa a mellor música e grandes chefs que cociñan para o público. Tres vilas mariñeiras nas que recoñecidas bandas saltan ao escenario nunha atmosfera especial. E unha cidade, a maior de Galicia, que se transforma en capital do deporte extremo e da cultura urbana de Europa. A que soa ben? Son os espléndidos Rías Baixas Fests, un circuíto de festivais con ingredientes inconfundibles: a suma perfecta das e dos mellores artistas, unha gastronomía de excelente calidade co selo da provincia de Pontevedra, deporte e lecer. Todo isto co denominador común de organizarse en contornos privilexiados que conxugan a natureza coa esencia mariñeira deste territorio. En xullo e agosto non hai tregua para a diversión, a acción, a música e os manxares elaborados cos produtos de calidade das Rías Baixas da man das e dos mellores chefs galegos e doutras latitudes.
*Neste 2019 os festivais Rías Baixas promoveranse como #FameDeFestivais no marco da campaña de promoción turística “Fame de experiencias”, escollida pola Deputación para divulgar a provincia de Pontevedra. Para quen non queira esperar ao último momento para organizar as súas vacacións de verán, deixamos a continuación as datas dos festivais de música máis importantes de Pontevedra:
Vive Nigrán
O segundo en montar o escenario será Vive Nigrán, que en 2019 desenvolve a súa terceira edición, aposta por grupos Este festival é a comuñón perfecta novos e recoñecidos e un públientre música e gastronomía nunha co diverso que asiste ao festival carballeira máxica. Gozarás dun carno entorno das fermosas praias telazo con máis de 30 concertos de de Nigrán. Este ano celebrarase o artistas e bandas de primeiro nivel 19 e 20 de xullo Vive Nigrán é un nunha carballeira máxica aos pés do festival subdividido nunha serie de río Umia. Saborearás o seu fantástiactividades unificadas baixo o conco showrocking, no que un nutrido cepto de “Picnic-Pop festival” e grupo de grandes chefs comandaorientadas a lograr unha maior dos por Pepe Solla preparan saboimbricación co territorio e as súas rosas elaboracións en vivo para o xentes; concibido para gozar da natupúblico. O municipio de Caldas de reza propia do emprazamento, a praia, Reis acolle PortAmerica os días o mar, a visita aos lugares de interese 4 a 6 de xullo. cultural e natural no concello.
4
cousas de
Sinsal Son Estrella Galicia Trátase dun dos festivais máis exclusivos que podemos atopar, xa que se celebra na pequena illa de San Simón, Redondela. Un festival de música localizado nunha illa á que se chega só en barco, diurno e con aforo limitado a 800 persoas por día e coa particularidade de que o cartel non se coñece ata que as e os artistas soben ao escenario. En 2019 resérvanse catro días de celebración, desde o 25 ao 28 de xullo.
Atlantic Fest Atlantic Fest lévanos ao norte da provincia, á Illa de Arousa e concretamente os días 26, 27 y 28 de xullo. Pasarás tres días incribles nun paraíso terreal rodeado de auga. O seu cartel é de luxo, os grandes concertos celébranse nunha praia de bandeira azul (O Bao) e a localidade conserva intacta a súa esencia mariñeira. Gozarás da mellor gastronomía co selo Rías Baixas. A paisaxe é expléndida: praias, un parque natural, sendas costeiras... A Illa de Arousa é ideal para osixenarte, illarte do mundanal ruído e, se queres, practicar deporte ao aire libre. Caiac, bici, sendeirismo… Ti elixes.
SonRías Baixas Unha vez finalizado o mes de xullo, SonRías Baixas recíbenos en Bueu os días 1,2 e 3 de agosto despois dunha fantástica edición en 2018. SonRías é unha explosión de enerxía, diversión e música reivindicativa. Ska, punk, rock, metal, electrónica, rumba, latino, fusión, trap… Un festival que combina grupos consagrados e bandas emerxentes e que suma á programación musical o lecer activo e a mellor gastronomía das Rías Baixas. En canto ao turismo, achegarse a este festival é unha excelente ocasión para coñecer a fermosa costa do Morrazo.
O Marisquiño Revenidas Unha semana despois será a quenda de Revenidas en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa). A súa programación está chea de música e actividades para todos os públicos, e agrupa múltiples expresións artísticas: pasarrúas, teatro, circo, acrobacias”.Saltan ao escenario artistas de referencia no panorama musical galego e destacadas bandas do territorio español e internacional. O público baila ao son de estilos musicais que mesturan ritmos doutras culturas. As datas en 2019 para o seu XVI aniversario serán os días 9,10 e 11 de agosto.
O Marisquiño é o festival de cultura urbana e deportes de acción máis importante de Europa. Unha espléndida simbiose entre deporte, arte urbana, música e gastronomía que atrapa multitudes. As súas probas son espectaculares, e entre ellas figuran catro Copas do Mundo, tres disciplinas olímpicas e un vertixinoso descenso en BTT pola parte histórica. As e os mellores riders e bikers internacionais danse cita no festival xunto a novas promesas. O Marisquiño celébrase en Vigo entre o 9 e 11 de agosto.
PÁXINA SEIS
UNHA FIGURA FILOSÓFICA PARA A EUROCIDADE:
FRANCISCO SÁNCHEZ Por Suso Vila, doutor en Historia da Arte O lugar de nacemento do médico e filósofo renacentista Francisco Sánchez “o escéptico” ficou claro desde que se descubrira pola súa propia man e grazas ao labor de H. P. Cazac que nacera en Tui a mediados dos século XVI. Pero logo xurdía tamén unha partida de bautismo en Braga no ano 1551 que poñía en entredito iso ou polo menos facía do nacemento do filósofo en Tui como mera casualidade. O certo é que este debate non se centrou na peculiaridade da familia do filósofo, o médico Antonio Sánchez e a súa muller Filipa de Sousa, de orixe xudeoconverso. Esta condición facía da movilidade familiar unha necesidade e a continuidade de certas prácticas domésticas ligadas ao xudaísmo unha obriga. O nacemento en Tui e despois o seu bautismo en Braga sinalarían a necesidade de manter as redes económicas e de solidariedade dos cristián novos celebrando en comunidade o nacemento dun novo membro.
O contrato de Antonio Sánchez como médico do cabido de Tui en 1558 e o foro dunha horta na cidade aos pais do filósofo en 1564 demostraría que a presenza da familia de Francisco Sánchez en Tui no foi casual nin efímera. Tamén que o feito do temor á Inquisición fixera fuxir á familia dun médico prestixioso e rico de Tui no ano 1570 rebelaría que o filósofo renacentista tiña pasado máis anos da súa vida nas ribeiras do Miño do que se ten afirmado erróneamente. Unha proba deste feito o mostra o propio Francisco Sánchez nunha das súas obras de medicina “Observatione in Praxis”, na que describe de forma clínica a enfermidade do seu tío Antonio López, veciño de Valença, e que daba longos paseos fóra das murallas da vila. Unha descrición só posible para un adulto, non un neno. Unha parte da familia do filósofo vivía en Valença como o seu tío mercader de panos Adam Francisco ou o xa mencionado Antonio López. Na fronteira as familias cristián-novas amosaban unha gran movilidade que favorecía a súa supervivencia e a resistencia dos principais signos de identidade cultural. A figura do médico e filósofo Francisco Sánchez a debemos proxectar máis aló do ámbito local como unha personaxe propia da eurocidade Tui-Valença, como reflexo dunha época que acurtou as fronteiras a prol da resistencia cultural xudeoconversa.
Francisco Sánchez (1550-1623) é un referente da filosofía renacentista europea. predecesor da dúbida metódica de Descartes, rexeitou nos seus escritos o argumento de autoridade para explorar novas certezas desde o plano persoal. A súa obra máis recoñecida sería Quod Nihil Scitur (Que nada se sabe) base do seu pensamento escéptico. Entre a súa obra atópase tamén o seu traballo médico. Filósofos como Leibniz, Ludwig Gerkrath ou Q. Wildeland terían en grande estima a obra do tudense.
6
cousas de
DEPORTE INCLUSIVO
O MONTE REAL CLUB DE YATES DE BAIONA SEGUE CONSOLIDÁNDOSE COMO REFERENTE DA VELA INCLUSIVA EN GALICIA
O CLUB BAIONÉS CLAUSUROU O SEU SÉTIMO CURSO DE VELA ADAPTADA COA ENTREGA DE DIPLOMAS AOS ALUMNOS QUE DURANTE TODO O ANO PUIDERON PRACTICAR VELA EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS
Mantendo a súa liña de crecemento a Escola de Vela Adaptada de Baiona puxo este ano en marcha por primeira vez na súa historia actividades específicas para persoas afectadas de trastornos graves de conduta O Monte Real Club de Yates segue consolidándose como referente da vela inclusiva en Galicia ao cumprir sete anos de actividade na súa Escola de Vela Adaptada, pola que cada ano pasan máis de 100 persoas con diversidade funcional para navegar en igualdade de condicións. O club baionés clausurou o sétimo curso que organiza desde que, en 2012, inaugurou un proxecto destinado a achegar ao mar a persoas con discapacidades físicas, psicosociais, cognitivas e sensoriais. Unha iniciativa que non fixo máis que crecer e que nos últimos meses apuntábase a un novo reto, o de achegar ao mar a persoas afectadas con trastornos graves de conduta. O Centro de Educación Especial de Panxón, en Nigrán, sumábase así á lista de asociacións que, durante o últimos sete anos, pasaron por Baiona para ofrecerlles aos seus usuarios a posibilidade de poder gozar do mar máis aló das súas limitacións. Agrupacións como o CAPD de Redondela, ASEM Galicia ou o Centro Juan María, estiveron tamén presentes no acto de clausura celebrado no Monte Real. No acto estiveron presentes varios representantes da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra ou o concello de Baiona, habituais apoios do Monte Real nas súas diferentes iniciativas. Tamén varios membros de Fundación Repsol, principal patrocinador da Escola de Vela Adaptada.
Cesar Maquieira de ASEM Galicia es uno de los alumnos de vela adaptada del MRCYB - Foto David Fontán 8
cousas de
Los alumnos con discapacidades físicas navegan en los GOS 16 Foto David Fontán
O vicepresidente do club, Alejandro Retolaza, agradeceulles a todos eles o apoio á Escola de Vela adaptada desde os seus inicios, o que lle permitiu -dixo- “ir crecendo ano tras ano ata converterse no referente que é hoxe en Galicia”. Retolaza fixo extensivo o agradecemento do Monte Real aos monitores e acompañantes das distintas asociacións, aos adestradores especializados do club, aos patróns e resto de persoal que traballa na escola. Alumnos con mobilidade reducida, espectro autista, síndrome de down, problemas neurodegenerativos ou neuromusculares son algúns dos beneficiarios e principais destinatarios dos cursos de vela adaptada do Monte Real, que, desde a súa inauguración fai sete anos, inclúe actividades tanto teóricas como prácticas. Ás habituais sesións en aula e saídas a navegar en diferentes tipos de barcos, principalmente Fígaros Beneteau e Gos 16, fóronselle sumando co paso dos anos outro tipo de propostas como seminarios de vela adaptada, navegacións en pneumáticas con vela ou programas de tecnificación para a futura participación en competicións. Numerosas melloras que este club foi introducindo nos últimos sete anos nunha escola de vela que mantén a mesma misión e o mesmo obxectivo co que naceu: o de ofrecerlle a todo aquel que o desexe a posibilidade de navegar e gozar do mar en igualdade de condicións.
Un grupo de alumnos de vela adaptada circunnavegó las Estelas este año por primera vez Foto David Fontán
cousas de
9
BAIONA
DANZAS DÁS ESPADAS Se existe en Baiona un baile representativo e de cariz totalmente mariñeiro, ese é o da Danza dás Espadas (As Danzas por antonomasia para as súas xentes) que cumpre este ano o seu 424 Aniversario. Non quere dicir que esta antiga danza gremial empezásese a bailar no ano de 1595 pero se que este é o momento máis antigo en que a temos documentada historicamente. Como danza propia do Gremio de Mareantes ou do Corpo Santo, institución á que debían pertencer todos os mariñeiros da vila, foi inicialmente a semellanza da de Redondela, danza executada no día de Corpus Christi. No ano de 1595, sendo corrixidor o Licenciado Pedro Obeso de Oriona, as festas do Corpus Christi non desmerecieron o tradicional dito de “tres xoves hai no ano que relocen máis que o sol, Xoves Santo, Corpus Christi e o día da Ascensión”. Os gremios como era tradición dispuxéronse a partir procesionalmente da Colexiata, sendo aberta a comitiva por un home dacabalo que facía as veces da imaxe de San Jorge, mártir que combatese contra un dragón que en Galicia representaríase como tal baixo a figura da Coca, o mitológico dragón das nosas rías contra o que os mariñeiros tiñan que loitar. En Baiona do mesmo xeito que en Redondela, había tamén esta imaxe móbil que asustaba aos nenos. Tras os pendóns procesionais e as imaxes dos respectivos gremios: Santa Catalina dos zapateiros, Virxe do Rosario, patroa dos militares de Monterreal, entre outros, iría a citada Confraría do Corpo Santo seguida de San Telmo e a súa patroa, a Virxe da Anunciada. Ante a Custodia, na procesión, bailarían as famosas Penlas aos ombreiros de dúas panadeiras. Ao longo do percorrido efectuado polas rúas da Zona vella da vila e despois das paradas correspondentes, chegaríase á Praza Vella onde #ante o altar alí instalado os mareantes bailarían a súa danza das espadas, seguíndolles o gremio de xastres, zapateiros, panadeiros e outros coas súas respectivas danzas de arcos, cintas... De aquí, a procesión renovaríase ata a Praza de Monterreal en cuxa praza de armas volvía bailar, todo baixo a música de “catro gaitas do país”. Os danzantes na actualidade, entre 21 e 25, poucos deles xa en relación co mar, visten todos os anos camisa con gravata, pantalóns negros, zapatillas brancas e faixa vermella á cintura no seu lado esquerdo. A indumentaria do guía, ou capitán, e do último, ou rabero, é totalmente branca fóra da faixa vermella e das bandas cruzadas sobre o peito coas cores de España e Galicia. Todas as espadas, de ferro e noutro tempo pintadas de dourada a empuñadura e folla prateada, son iguais menos a do capitán e rabero, esta última de diferente empuñadura e sostida a base dunha cinta. Na súa man dereita, a característica pandeireta con que o “novato do barco” sacode graciosamente aos seus compañeiros de tripulación, todos, menos ao intocable patrón. Así mesmo, as primeiras espadas das catro filas de danzantes, non teñen o esparadrapo empregado nas outras para o seu mellor agarre, debido a que o capitán nunha das figuras, méteas na boca. A súa execución pasou ao longo do último século por diferentes espazos: Praza Vella, Praza dá Fruita (ou de Pedro de Castro), Praza do Pai Fernando, dá Misericordia ata acabar nos últimos anos por bailarse no Campo de Santa Liberata. 10
cousas de
VIVE BAIONA!
cousas de
11
VIA DA PRATA
A VÍA DA PRATA, CHAMADA A SER REFERENTE NO XACOBEO 21 PERCORRE POR GALICIA UN ITINERARIO NATURAL E ETNOGRÁFICO DE EXCEPCIÓN PERMITINDO APROXIMARSE A UN DOS SEIS PARQUES NATURAIS GALEGOS OU A DESTACADOS LUGARES DE ESPECIAL TRADICIÓN NA ACOLLIDA DE PEREGRINOS Camiño de Santiago do Sueste-Lalín
A Vía da Prata celebra o ano con maior promoción, dinamización e investimento da súa historia. O Plan Director do Camiño de Santiago impulsado pola Xunta de Galicia dedícalle 2019 coa intención de facilitar a peregrinación, mellorar a experiencia dos camiñantes e cumprir o seu compromiso de potenciar todos os roteiros de peregrinación a Santiago de Compostela coa vista posta no Xacobeo 2021. O investimento supera os 3 millóns de euros para sinalización, mellora e acondicionamento e están en marcha numerosas accións de dinamización cultural. Un perfecto exemplo é o ciclo musical Camiños Sonoros, que inclúe concertos de novos talentos formados nos conservatorios galegos en diferentes municipios polos que transcorre a Vía da Prata. A iniciativas como estas súmanse outras moitas nos últimos anos que están a permitir que a Vía da Prata estea chamada a ter un papel protagonista durante o próximo Ano Santo. Reforzouse a súa capacidade de acollida. Conta con preto dunha quincena de albergues da Rede Pública de Albergues da Xunta de Galicia tras abrir o ano pasado un novo establecemento no centro histórico da cidade de Ourense e realizáronse melloras nunha decena de establecementos máis. O último deles no concello pontevedrés de Lalín.
Ponte vella de Ourense
Ademais, a Vía da Prata ten un potencial especial para todos aqueles peregrinos que elixen facer o roteiro dacabalo. De feito executouse xa a súa sinalización en colaboración coa Federación Hípica Española, oficializándolo como itinerario ecuestre e trabállase xa en poder acondicionar un albergue do roteiro para acoller a este tipo de camiñantes Existen diversas alternativas desta vía en terras galegas. Entrando pola provincia de Ourense, a peregrinación inclúe paraxes de especial interese natural, con impoñentes paixases a máis de mil metros de altura, como o Alto de Picaños, o que mesmo permite aproximarse a un dos seis parques naturais de Galicia, o de O Invernadeiro. Tras percorrer as terras da Limia –extensa comarca central da provincia de Ourense que integra once municipios– os pasos continúan por Xunqueira de Ambía, importante centro espiritual en tempos medievais que nos dirixen á cidade de Ourense, segunda potencia termal europea. Destaca especialmente a súa catedral, co apóstolo Santiago no seu pórtico do Paraíso, o seu soado Santo Cristo e as reliquias de Santa Eufemia. 12
cousas de
Máis adiante, en Cea, a Vía da Prata permite coñecer lugares de especial tradición xacobea como a hermita da nosa Señora de Covas que segundo a lenda foi fundada polo Apóstolo Santiago, e tamén o mosteiro de Oseira, cun destacado papel histórico na acollida de peregrinos que non dubidaban en desviarse do seu camiño para visitar este centro relixioso. Tamén Cea é un dos referentes gastronómicos da Comunidade con recursos único como o seu pan, que conta con Indicación Xeográfica Protexida. Penetrándonos na provincia de Pontevedra, a tradición xacobea é tamén patente en Lalín, grazas á existencia no século X dun centro monástico vinculado á hospitalidade e do que queda a igrexa románica de San Martiño. Ademais, aquí atópase tamén o santuario da Virxe do Corpiño, en cuxa lenda tamén está presente Santiago.
Antiguo Hospital de Peregrinos, Monterrei
No municipio de Silleda é imprescindible visitar o mosteiro de Carboeiro. Durante dous séculos foi o único lugar de acollida de peregrinos entre Ourense e Santiago e no século X, tras ser arrasado por Almanzor, San Pedro de Mezonzo iniciou a súa reconstrución con evidentes influencias compostelás. A espectacularidade dos xardíns do Pazo de Oca, tamén coñecido como o Versalles galego, permite continuar o percorrido xacobeo para penetrarse en Vedra onde a súa capela de O Santiaguiño conta con inscricións referentes da traslatio do Apóstolo. De feito, o Pico Sacro está moi preto de alí. É unha das montañas máis míticas e coñecidas de Galicia e fonte inesgotable de lendas e contos populares con grandes vínculos xacobeos. Conta a lenda que na época da Raíña Lupa, personaxe mítico que gobernaba a comarca, ocorreron uns feitos recolleitos no Códice Calixtino e que indican que os discípulos do Apóstolo foron xunto a ela para poder transportar o corpo do Apóstolo ata o Campo das Estrelas Peregrinos a cabalo
Viñedos na Vía da Prata
A Vía da Prata é tamén especial pola maneira na que permite que os peregrinos cheguen á súa meta. E é que entra en Santiago por un dos barrios máis xenuínos da cidade, o de Sar, onde é posible visitar a súa Colexiata, unha das xoias do románico de Galicia. O percorrido cara á Catedral inclúe atravesar a única porta en pé que se conserva da antiga muralla medieval que rodeaba Santiago e que actualmente é o arco da Pórta de Mazarelos.
cousas de
13
REPORTAXE
A VIDA DUN MIÑORANO NA ANTÁRTIDA, FRÍO, NEVE E QUECEMENTO GLOBAL Por Pablo F. Estévez.
# Santiago Baluja
Hórreo de Pías
Santiago Baluja é un miñorano que naceu como outros moitos en Vigo no ano 1977 e ata aquí todo normal, pero se ademais aclaramos que traballa no Polo sur, a 15.000 kms de Nigrán, a cousa empeza a cambiar e moito. E é que este apaixonado do mar leva xa tres campañas Antárticas, dúas a bordo do “Sarmiento de Gamboa” e este ano, tras rematar a tempada co fin do verán austral, como técnico da base Juan Carlos I, situada na illa Livingston na Antártida. Iniciou os seus estudos en Mariña Civil en Coruña, posteriormente Patrón de Altura da Mariña Mercante e Capitán de Pesca na Náutico Pesqueira de Vigo. En 2009 embarcouse no “Emma Bardán”, un buque oceanográfico do MARM. Foi pasando por distintas embarcacións ata que en 2015, xa no B/O "Sarmiento de Gamboa" (CSIC), comeza a súa verdadeira aventura. 7.000 millas a bordo do “Sarmiento de Gamboa” Este miñorano confesou vivir unha experiencia apaixonante xa que cando lle propuxeron o roteiro levaba dous anos a bordo do oceanográfico e non o dubidou. “Saímos de Vigo, cruzamos o Atlántico norte, o Ecuador e o Atlántico Sur entrando polo estreito de Magallanes ata Punta Areas (Chile). Despois o mítico Cabo de Fornos e Paso do Drake ata a Antártida, en total 28 días de viaxe” explicou. Un periplo por medio mundo que se viu recompensado ao chegar ao continente branco, un traxecto de nada máis e nada menos que 7.000 millas náuticas. 14
cousas de
Un día a día marcado por rutinas e un calendario suxeito á climatoloxía O día a día na base está moi marcado por un calendario estrito no que os horarios e hábitos respéctanse a machada. Unhas xornadas que comezan ás 8 horas co almorzo, media hora máis tarde acoden a un briefing cos científicos e meteorólogos, para marcar a folla de roteiro do día e xa ás 9 da mañá saen ao exterior. Ás 13,30 acoden a comer e ás 15,00 volta ao traballo de campo ata que ás 19 horas o día fóra da base dáse por concluído. Media hora máis tarde vólvense a reunir para estudar o parte do día seguinte, así como a planificación en xeral e proxectos a executar. O papel de Santiago aquí é o de acompañar aos investigadores por mar para darlles unha garantía de seguridade, do mesmo xeito que os seus compañeiros fano por terra.
“As campañas realízanse no verán austral, é dicir de decembro a abril. A temperatura oscila entre -3 e +3, pero o problema é o vento, que roza o glaciar e fai baixar a sensación térmica ata -25º C. Cando vén tan frío e húmido, notas coma se centos de agullas cravásense na túa cara”.
VIVE GONDOMAR!
cousas de
15
Lugar estratéxico para entender o quecemento global A pesar de que Baluja non é científico, senón técnico, traballa de xeito conxunto con eles co que as súas conclusións sobre este fenómeno están moi ben fundadas. Cando lle preguntan se o quecemento global existe responde cun rotundo sí pero fuxindo de alarmismos. “Somos demasiadas persoas no planeta facendo consumo de combustibles fósiles. A industria, o transporte, a gandería, etc. Demasiados gases de efecto invernadoiro. Inevitablemente hai síntomas inequívocos de que a temperatura do planeta ascende”, explicou. Este feito provoca que os cambios no clima prodúzanse de maneira máis brusca e sen previo aviso. O técnico explicou que o emprazamento da base é perfecto para este tipo de estudos debido a que no verán austral as temperaturas roldan o 0 graos, con oscilacións de en torno 5 graos centígrados. “É un punto crítico que se atopa ao límite do desxeo e con que haxa un grao de diferenza os cambios aquí nótanse antes que no resto do mundo, precisamente pola ausencia da acción do home, é un ecosistema virxe”, engadiu. Como exemplo práctico Baluja sírvese do Caribe, onde a formación de furacáns créase cando a auga alcanza temperaturas de 27 a 28 graos, “Se aquí sobes un grao, no canto de ter fenómenos puntuais converteríanse en continuados coas consecuencias que conleva no entorno”
16
cousas de
“Cada vez hai máis neve, é algo paradóxico” Outro factor que apunta a un quecemento márcao un feito paradóxico, e o que o técnico asegura que cada vez hai máis neve, un elemento que pode dar a pensar que as cousas marchan ben pero a realidade é que onde agora precipita, antes había auténticos desertos xeados. “Débese a que as masas de aire cada vez son máis cálidas e húmidas. Ao final os glaciares retroceden e isto marca un indicio de que algo está a cambiar”, afirmou.
VIVE NIGRÁN!
cousas de
17
NIGRÁN
NIGRÁN CREA A PRIMEIRA RUTA XEOLÓXICA DO MUNICIPIO NA PENÍNSULA DE MONTEFERRO O Concello de Nigrán ven de deseñar a primeira ruta xeolóxica do municipio na península de Monteferro, un dos puntos máis interesantes de toda a provincia de Pontevedra por concentrar gran cantidade de rochas de diferentes procesos xeolóxicos entre as que destacan conglomerados, lousas, xistos, cuarcitas, granitos e diabasas. O doutor en Xeoloxía Francisco Canosa, responsable de definir o itinerario e a información que contén o tríptico (do que xa se editaron 3.000 exemplares) será quen realice a partires do verán as visitas guiadas que ten previsto o Concello de Nigrán co fin de promovela. O experto deseñou un itinerario de 6,5 km de dificultade baixa, adaptada a todo tipo de público, e que arranca na Praia de Patos (praia fósil de 120.000 anos de antigüidade, orixinada cando o mar se atopaba por enriba do nivel actual) e continúa na segunda parada por Punta da Meda (zona de contacto entre as rochas metamórficas que forman Monteferro e os granitos, como resultado fórmase un mineral chamado andalucita que aparece como moteado na rocha e do que non se pode encontrar maior concentración e tamaño en toda Galicia); terceira o merendeiro (panorámica das Illas Cíes e da costa de Baiona, así coma unha antiga superficie de erosión mariña sobre as Illas Estelas e o Cabo Silleiro); cuarta a costa (onde as diferenzas de dureza entre granitos e rochas metamórficas condicionan de xeito salientable a morfoloxía costeira); e quinta os Seixos Negros (presenza de rochas subvolcánicas escuras, diabasas, por mor do arrefriamento dun magma a través dunha fractura durante a formación do Océano Atlántico).
18
cousas de
Historia xeolóxica de Monteferro A historia xeolóxica de Monteferro comezou no fondo do mar fai máis de 500 millóns de anos, nun período xeolóxico coñecido como Cámbrico, naquel momento o tamaño e distribución dos continentes eran moi diferentes dos actuais. Ata tal punto que Monteferro atopábase próximo ao Polo Sur, despois como consecuencia do movemento dos continentes, prodúcese unha salientable colisión entre dous deles (Laurussia e Gondwana) fai 350 millóns de anos, o que orixina unha cordilleira montañosa de altitude semellante ao actual Himalaia. As rochas de Monteferro vense afectadas por este acontecemento xeolóxico en forma de importantes cambios no seu aspecto e composición. Na época dos dinosauros esas montañas erosiónanse por completo para despois durante a formación dos Alpes, fai só 70 millóns de anos, orixinarse unhas novas que son as que podemos ollar na actualidade. Todos estes procesos e acontecementos xeolóxicos deixaron a súa pegada nos materiais que constitúen Monteferro e a súa contorna, polo que con esta ruta poderá entenderse un pouco mellor a linguaxe das rochas, unha ferramenta básica para interpretar e coñecer a historia do noso planeta. As rochas de Monteferro
Granitos
Conglomerados
Rochas magmáticas que se arrefriaron no interior da Terra, a máis de 15 quilómetros, e polo tanto están formadas de cristais de seixo, feldespato e mica.
Rochas sedimentarias constituídas por fragmentos redondeados de outras rochas e minerais, normalmente de cuarcita e seixo, e cementados por arxilas ou óxidos de ferro. Xistos
Lousas Rochas metamórficas que en orixe eran materiais arxilosos, víronse afectados por un incremento da presión e temperatura o que fixo cambiar de xeito salientable o seu aspecto. Caracterízanse por amosar un tacto brando e suave.
Rochas metamórficas procedentes de antigos sedimentos fangosos, que posteriormente foron sometidos a moita presión e temperatura. Os seus minerais son visibles a simple vista e normalmente teñen moitas micas. Cuarcitas Rochas metamórficas orixinadas a partir de sedimentos areosos que se viron afectados por salientables cambios na presión e temperatura. En xeral son materiais moi ásperos e duros ao tacto.
Diabasas Rochas magmáticas cun arrefriamento lento pero próximo á superficie da Terra, menos de 8 quilómetros, e constituídas por minerais escuros tales como piroxenos ou anfíboles.
cousas de
19
REPORTAXE
CARPINTARÍA DE RIBEIRA, UN OFICIO TRADICIONAL ETERNAMENTE LIGADO AO MAR Por Anxo Rodríguez Lemos. Historiador e doutorando na Universidade de Santiago de Compostela. Durante os séculos XVI e XVII as carpinterías de ribeira atlánticas estiveron en Orio, Pasajes, Bilbao, Deusto, Zorroza, Portugalete, Castro Urdiales, Santoña (Colindres) ou Santander (Guarnizo) sendo de menor entidade as carpintarías asturianas e galegas. A orixe maioritaria dos barcos destinados ás flotas de Indias foi, ao parecer dos estudosos, cantábrico. Fronte a moitos pequenos talleres de carpintería de ribeira nos areais, na súa maioría ao aire libre, atopábanse tamén estaleiros cubertos –limitados para certas naves- que atendían ao nome de atarazanas. Entre estes últimos destacaron os de Barcelona, especialmente para galeras, fundados en 1243 para construír, reparar e custodiar pertrechos. Artesáns e expertos na construción naval, os carpinteiros de ribeira doutros tempos podían carecer de planos pero eran experimentados artesáns capaces de armar naves resistentes para acometer empresas á altura do descubrimento das Indias. A medida do seu arqueo en toneis ou toneladas, xunto ao tipo de buque, capacitaban ao mestre carpinteiro para saber dimensións, cantidade de madeira, número de xornais, etc. O arqueo era o volume interno da bodega,complexo de calcular no momento polo que obrigaba á aproximación a partir de cálculos aritméticos. A Guarda construíu xa nos anos 90 a réplica da carabela Pinta para Baiona. A súa tonelaxe sóubose grazas a unha frase de Hernando Colón no Diario do primeiro viaxe, estando na Gomera a reparar o seu temón: “esperaban a Doña Beatriz de Bobadilla (...) que llevaba un navío de cierto Grajeda de Sevilla de cuarenta toneladas el cual, por ser a propósito para su viaje, podría tomarlo”1 A partir destes datos do interior da bodega, debuxábanse os ósos estruturais: a quilla, roda, codaste, cadernas, baus, esloras, bulárcamas ou barraganetes, completados con forros, cinta e cubertas. As carabelas, para algúns autores de inspiración musulmá, adaptáronse ao Mediterráneo pero tamén ás costas atlánticas para a pesca e a cabotaxe. Aínda tendo unha capacidade de carga inferior, as carabelas eran lixeiras, de maior velocidade e maniobrabilidade cun aparello latino insuperable navegando, incluso, contra o vento. Os portugueses empregáronas nos seus descubrimentos e os casteláns na explotación do Novo Mundo, aínda que perdendo peso fronte ás grandes naos, con maior capacidade nas súas bodegas para a Carreira de Indias.
La Pinta
Eslora Manga Puntal Quilla
Plan
Arqueo
Codos de ribera
26,75 14,91
2,75 1,53
40,10T
Metros 20
cousas de
8,25 4,60
4,125 2,30
18,5 10,31
Botadura do veleiro de cabotaxe Carmiña na praia da Ladeira (Baiona) 19 de xaneiro de 1919
H. Colón, Hernando: Historia del Almirante. Historia 16, (2ª Ed.). Madrid. 1984
1
DO MONTE Á RIBEIRA: A MADEIRA. As comunidades de montes da Guarda, Salcidos e Camposancos puxeron a madeira, O Rosal o mastro e a verga de piñeiro estreito e vello, sostén da inmensa vela mística á que Nosa Señora do Carme dará empuxe saíndo da Atalaia. Determinante na existencia de centros de produción, a madeira do levante e sur era ruín para as naves atlánticas, quizais polos seus abundantes nós e aneis. Unha cédula de 1593 avisaba do perigo das naves andaluzas na flota indiana ao padecer, pola madeira de piñeiro mal curada, o desprendemento de cravos, pernos e, por conseguinte, apertura do forro. Coidadosamente elixida dende os astaleiros, incluso indo ao pé da tala a facer a escolla, un 30-40% dos barcos fíxose en madeira de coníferas, sobre todo piñeiro, e un 50-70% de frondosas, destacando o carballo (Quercus robur & Quercus petraea), ambas con elasticidade, pouco peso e durabilidade precisas para a navegación. O volanteiro guardés leva quilla e roda de proa xunto ao codaste de acacia vermella en peza enteira, mentres as cadernas foron de carballo e o forro de piñeiro. Noutros tempos, a madeira era talada moitas veces no inverno, elixindo a lúa chea ou minguante, e aproveitando a forma natural das árbores para o seu fin: •Olmo e freixo empregáronse en cureñas de canóns ou cadernas de embarcacións menores. •A faia para remos e interior das embarcacións. •Pinabete para tablóns O transporte ata a ribeira, cando non existían correntes fluviais polas que facer flotar as toradas ata o mar, facíase en carros tirados por gando bovino, mular ou cabalar. Pese a calidade da súa materia prima, un barco non duraba como promedio máis de 20 anos, só con grandes coidados ou reparacións podían chegar, en casos contados, aos 50.
SABÍAS QUE? Un estudo do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira concluíu que «fronte ás 110 toneladas de dióxido de carbono (CO2) que emite un barco de fibra en todo o seu ciclo de vida (construción, uso, mantemento ou despece), un de madeira emite só dez. A carpintaría de ribeira é, claro queda, moito máis respectuosa co medio ambiente.
Aínda que dende os Reis Católicos a construción naval tivo o apoio da coroa, tamén se beneficiaron de privilexios de conservación os montes e a súa masa boscosa, pouco abundante en Galicia no século XVIII segundo a documentación que describe o monte como pedregoso “en la maior parte” con pouca ou máis vexetación que carrasco, toxo ou xesta. Creáronse por isto as devesas reais de cada unha das nosas parroquias (na toponimia O Pinar do Rei, A Devesa do Rei...) existentes nesta zona sur dende mediados do século XVI cando se documentan as primeiras en Valadares, Oia ou Vigo a xeito de plantíos, labores de poda ou nomeamento de gardas como o encargado de vixiar en Baiona “el monte y fraga de la Grova en los términos de la feligresía de Velesar que son a su arvitrio los vezinos de ella sin que por uno o otro resulte utilidad alguna al común”. A importancia destas devesas radicou na súa localización nas terras mellor emprazadas, máis produtivas, abrigadas e nalgúns casos incluso con regadío, facéndoas contrastar notablemente co resto do monte. A súa proximidade ou posibilidade de transporte cara lugares nos que poder embarcar a madeira producida era outro punto a favor. Nelas os serranchíns encargábanse da preparación da madeira logo da inspección do carpinteiro de ribeira. Oficio de gran sona dende o século XIX entre portugueses, era móbil e facíase necesaria unha parella de serranchíns que, tanto podían dende descascar a árbore, facerlle caras para darlle forma, talar como serrala.
CON TANTA MADEIRA... SABÍAS COMO SE LOGRABA A ESTANQUIDADE SOBOR DAS AUGAS: Lograr unha embarcación estanca era o soño de calquera capitán e mestre. Calafatear é selar o casco do barco pechando as xuntas das madeiras do forro para evitar a entrada de auga ao seu interior. Estopa alquitranada era introducida coa axuda dun gran martelo de madeira e ferros de calafatear, de diversas cabezas, recén saído o barco do carro no astaleiro ou ao cabo dun tempo cando a embarcación ía andada ou facía auga por algún bance. Dun bo calafateado dependía a embarcación e a seguridade dos seus tripulantes. Se as menores era necesario calafatealas con carácter anual, “darlle patente” nos últimos tempos, maior coidado requirían as embarcacións maiores.
cousas de
21
O historiador grego Herodoto (h.484a.C) describiu no século V a.c. como dende había 1500 anos xa en Exipto se construía unha canoa monoxila partindo dende un casco, fixando baos, sen empregar cadernas e calafateando as xuntas empregando papiro. Os buques dos fenicios, pola súa banda, foron presentados na obra de Homero (s.IX-VIII a.C.) como unha das máis avanzadas construcións navais do seu tempo, descritos como naves negras debido ao seu calafateo. Da Idade do Bronce, o Ferriby boat (1300a.C) atopado no estuario do río Humber en Inglaterra evidencia como as xuntas se calafateaban con turba e resina e, mediante a tensión dada ás ligazóns, se lograba a integridade estrutural. Precisaríamos que falase o petróglifo coa embarcación do río Vilar en Pedornes (Oia) para saber da súa boa navegabilidade. Se cadra, era a mesma que unía aos guardeses e poveiros na devoción á mártir Trega, subindo ao monte darlle volta a unha tella da súa ermida e pedir vento de norte que lles permitise volver a súa Póvoa de Varzim (Alonso,1980:257). O calafateado era distinto segundo a clase e grosor da madeira do forro. As madeiras “brandas”, como piñeiro, bastaba con introducir a punta do ferro de abrir entre as táboas, para que cedesen, deixando a apertura precisa na que introducir a estopa axudándose cun segundo cincel para remachalo cun terceiro (de punta máis ancha). Para as madeiras “duras” aínda sendo idéntica tarefa, precisábase dun chaflán no canto das táboas, realizado cun cepillo ou garlopa, que melloraba a introdución da estopa.
Martillo de calafatear
COIDADOS EN TERRA E A BORDO: Xunto ao capitán, mestre, piloto, contramestre, gardián, capelán, cirurxián ou despenseiro, o carpinteiro cumpría a bordo das embarcacións maiores un lugar fundamental. Bo mariñeiro e experimentado, aos carpinteiros correspondíalles “remendar qualquier cosa de la nao en tiempo de nescesidad”.Tendo máis en conta a súa experiencia, en ocasións, que a súa práctica na carpintaría, o carpinteiro debía saber, entre outras cousas, o “galiuo nescesario para hazer si fuere nescessario un batel, una chalupa y otras cosas que se offrescen”. Incluso se lle requiría saber de tornear para a feitura de “roldanas, poleas, morones, bertellos y el racamento y liebres y menas de troça”. Así nos informa a Instrvcion navthica de Diego García de Palacio, publicada en México en 1587. Co paso dos séculos solicitaríase que o carpinteiro tivese traballado en fábricas de navíos, é dicir, en astaleiros. Do seu bo facer dependía a embarcación, tanto en tempo de paz como de guerra pois con ocasión de enfrontamento tocáballe estar baixo cuberta “a tapar los valazos que diere el enemigo”. AS ÚLTIMAS CARPINTERÍAS DE RIBEIRA DE BAIONA: Daniel Esperón Millón. Iniciouse como carpinteiro de ribeira no Areal vigués. Funda en Baiona un estaleiro na Ribeira da vila cara 1935 onde traballa ata 1966 cando as obras do Parador Nacional de Turismo o obrigan a desaloxar. De aquí saíron barcos para a empresa de D. Fernando Molíns, Mejillonera Viguesa, asentada na vila no lugar de Debaixo do Pozo, así como as gabarras empregadas na feitura do espigón baionés, A Doca. Construíu algunha gamela, chalanas, lanchas de 30 a 40 cuartas ou pesqueiros de ata 15,00 metros. Carpintería do Kanikí, capela de Santo Estevo (O Burgo) Manuel Costas Gómez (O Kanikí) naceu en 1932 no lugar de San Antón. Aprendeu o oficio aos 22 anos traballando no taller de Señor Daniel na Ribeira ao rematar o servizo militar e tamén no estaleiro que, baixo a capela de Santa Marta, instalaría o empresario vigués Cándido Correa e que desaparecería cara 1962. O seu mestre foi o Señor Ramón de Guixar, moi amigo, por outra banda, de Daniel Esperón. Das súas mans saíron embarcacións como o María Ruibal cara o 1957, Tu y yo, Nuevo Botones, Monte Boi, Carmiña ou a dorna Uxía C. 22
cousas de
O VOLANTEIRO E O ENCONTRO GALEGO DE EMBARCACIÓNS TRADICIOINAIS Entre O Puntal de Fedorento e A Fonte de Santa Catalina ábrese ao bravo océano a vila da Guarda mentres O Torroso e O Trega asexan, dende o alto, como o Miño bica o mar. Cheira o argazo deitado nos tendais do Carreiro polas argaceiras guardesas mentres en Camposancos tocan a corna por unha nova botadura, a do volanteiro que coa súa estela deixará no mar guardés esculpida a memoria común de todo un pobo. A pesar de ter desaparecido da Ribeira da Guarda a comezos do século XX, a Asociación Piueiro foi quen de reunir, nos astaleiros da Pasaxe, as forzas que o farán navegar de novo: Astilleros Armón, Abanca, Murimar Seguros, Grupo Botas, Cabomar, Copemar S.A., Espaderos del Atlántico, Carbopesca-Pescadores de Carboneras, Asociación de Armadores de Marín-Opromar, MTD (Marine Technology Development), Zodport-Salvamento Marítimo Profesional, Inxenia Desarrollos Tecnolóxicos, Aserport Consignatarios, Cadilla C.B., Torres & Gago Lda. ou Antonio Elías Rodríguez. A tarefa conxunta amosa a implicación da sociedade galega, e mesmo andaluza, na recuperación dun pasado con gran porvir.
Volanteiro no Estaleiro de 'El Pasaje'na Guarda
O Encontro Galego de Embarcacións Tradicionais (11-14 de xullo) vai “vento en popa” na Guarda onde se espera boa seifa, tanto de público como de participantes, grazas aos colectivos involucrados na organización desta peregrinatio naval (Culturmar, Piueiro, Instituto de Estudos Miñoráns e Concello da Guarda). Dende Muros, a frota local e a da Coruña reuniráse con embarcacións norteñas para poñer rumbo sur. Cando a procesión pase por Sálvora, recollerá ás unidades procecentes das rías de Pontevedra e Arousa rumbo ás Illas Cíes, punto de espera para as embarcacións da ría de Vigo. Dende as lendarias Casitérides, realizaráse a última etapa ata a sede do encontro deste ano co apoio do remolcador “Sebastián de Ocampo”. O Volanteiro da Guarda xa ten a quilla armada no chan e rematada cara a proa pola roda e cara popa polo codaste. Puxéronselle cadernas como a súa costelaxe e foi pechado con táboas axustadas entre elas. Pechadas as cubertas, vén a arboradura, velame, jarcias e resto de aparellos. Ao neno do Piueiro presidido por Joaquín Cadilla fáltalle nome porque, padriño, xa ten: Javier de la Gándara.
De la Gándara con membros da Asociación O Piueiro no estaleiro de El Pasaje
cousas de
23
O ROSAL
O ROSAL GALARDOADO COS PREMIOS "GALICIA PARABÉNS" 2019-2020, POR UN PROXECTO DE CREACIÓN DUNHA ZONA DE DESCANSO E UN MIRADOIRO EN PORTECELO. O Concello do Rosal acaba de ser proclamado o gañador dos premios Galicia Parabéns convocados pola Axencia de Turismo de Galicia para distinguir as mellores iniciativas de embelecemento e recuperación do noso territorio. O proxecto “Acondicionamento do Camiño de Santiago e da explanada do horizonte no lugar de Portecelo”, redactado pola rosaleira María Fandiño Iglesias, foi o proxecto mellor valorado polo xurado, acadando un premio de 400.000 euros. Con esta actuación, que se iniciará proximamente, preténdese a revalorización e mellora paisaxística do tramo do Camiño de Santiago Portugués pola Costa, a creación dunha zona de descanso en Portecelo e a creación do Miradoiro do Horizonte, con espazos de ocio para os veciños e visitantes. Recupérase a ladeira natural, modificado polo recheo colocado sobre a pedra natural, restablecendo o perfil orixinal desta zona e mellorando a súa calidade paisaxística, incorporando especies forestais autóctonas para enriquecer o seu valor natural. Este proxecto é unha mostra do compromiso do Concello do Rosal de preservar os elementos paisaxísticos e o patrimonio cultural e natural de Portecelo como elementos clave da súa identidade ademais de ser recursos turísticos de valor incalculable. 24
cousas de
VIVE A GUARDA!
E O ROSAL
cousas de
25
REPORTAXE
ENTRE TUI E O PORRIÑO: NATUREZA E HISTORIA NO CAMIÑO Suso Vila, doutor en Historia da Arte O Miño entre Valença e Tui ten sido para os peregrinos a Santiago unha referencia obrigada no seu obxetivo de chegar á tumba do apóstolo. No imaxinario do camiñante os puntos de referencia son as poboacións nas que se atopan hospitais, albergues, reliquias nos santuarios ou seguridade. Tui como capital do territorio ofrecía desde os primeiros séculos do fenómeno xacobeo estas garantías. A mesma catedral adaptaría como modelo o da catedral compostelana, como igrexa de peregrinación, reflexo da necesidade de acoller aos numerosos peregrinos que desde o século XI estaban a pasar pola cidade. Un destes “peregrinos” era o futuro arcebispo de Santiago, Diego Xelmírez, quen despois de levar “sen permiso” varias reliquias de Braga fuxiría con elas a Compostela. No seu camiño o mosteiro de San Bartolomeu de Tui acollería estas reliquias, a seguinte etapa desta particular peregrinaxe sería o antigo mosteiro de San Pedro de Cela, nas proximidades do Porriño.
26
cousas de
Na actualidade, novecentos anos despois, a primeira etapa do camiño portugués en Galicia é a de Tui - O Porriño, repetindo así aquela viaxe das reliquias bracarenses de San Fructuoso, San Cucufate, Santa Susana e San Silvestre. Esta etapa do camiño tamén amosaba outras características que se farían destacar no século XIII, as pontes e hospitais que os peregrinos atoparían no seu camiñar símbolo de seguridade e protección. As pontes eran o resultado da expansión económica dos séculos XII e XIII pero tamén da acción comprometida de personaxes singulares como o dominico frei Pedro González o popular San Telmo. Na súa actividade predicadora no bispado tudense axuda a construir novas pontes para permitir a comunicación e crecemento económico dos pobos e a seguridade dos viandantes. E non só había que asegurar corpo e bens tamén almas de aí que xunto a moitas pontes aparecesen as capelas ou oratorios para esa protección espiritual. Cando o orzamento no chegaba para levantar a capela o cruceiro servía como punto de referencia espiritual.
cousas de
27
Na saída de Tui os peregrinos atopaban un lugar especial, Santa María de Bongoi, froito das influencias de San Telmo e construído polo arcediago Fernán Eáns antes de 1264. Bongoi contaba con capela e hospital con 12 camas xunto da ponte que salvaba o río Louro. Hoxe é a Virxe do Camiño coa súa capela que segue a recibir aos peregrinos que pasan cara a Compostela. A influencia de San Telmo no camiño non acaba aquí. Na parroquia de Ribadelouro, sobre o regato San Simón, consérvase a “ponte das febres”, testemuña da enfermidade do santo e da necesidade de dar volta a Tui e non proseguir a súa viaxe a Santiago na pascoa de 1246.
A ponte de Orbenlle sobre o Louro marca unha fronteira xa non só municipal senón de paisaxes. O camiño a partires de aquí adentrábase no polígono industrial das Gándaras. A peregrinación transformábase nunha verdadeira penitencia no medio da desoladora paisaxe. Nos últimos anos mudou a dirección do camiño e se procurou que o percorrido continuase polas ribeiras do Louro e aproveitar os espazos naturais que aínda ofrecen as Gándaras de Budiño. As Gándaras é un espazo natural que está nos concellos de Tui, Salceda de Caselas e O Porriño, e boa parte do camiño aproveita este espazo de alto valor ecolóxico. A presión dun dos maiores polos industrais de Galicia fixo que o conxunto de lagoas e florestas ficase reducido e a súa conservación en perigo. A condición pantanosa das Gándaras era un dos motivos principais para que de antigo os peregrinos eludisen esta zona. O camiño así seguía en Santa Comba de Ribadelouro por San Xurxo de Mosende e logo Santiago de Pontellas para chegar a Santa María do Porriño. 28
cousas de
Ponte das Febres
Ponte Romana de Orbenlle
O Porriño non está ligado directamente ao camiño de peregrinación. A súa orixe atoparíase na súa especial ubicación no cruzamento de camiños entre Tui, Santiago, Vigo ou Ponteareas que facía do Porriño un local óptimo para as feiras e o comercio. A dependencia que tiña na Baixa Idade Media do mosteiro cisterciense de Melón a través da súa granxa de San Miguel de Cans faría que O Porriño no se desenvolvese no urbano. Non sería ata o século XVI que o Porriño acade a condición de vila, coa primeira mención en 1569, pero logo dun intercambio entre o mosteiro de Melón e a catedral de Tui, o que permitiría o crecemento do núcleo do Porriño.
A identidade urbana do Porriño reflíctese nos soportais do seu centro histórico, tipoloxía tradicional que evoca o sentido comercial da vila e a súa mesma alineación sobre o camiño os fortes vencellos coa estrutura viaria da comarca. Hoxe xunto dos soportais atopamos o edificio do concello obra do arquitecto Antonio Palacios entre 1919 e 1924 como mostra do orgullo dos pedreiros e das canteiras do Porriño. O peregrino cando remata esta etapa do camiño vai atopar no Porriño o mesmo agasallo que se atopaban os camiñantes séculos atrás, o pan, coa súa tradición intacta, no forno de leña, coa materia prima de calidade e coa responsabilidade de manter un legado de séculos que marcou a personalidade da vila porriñesa.
cousas de
29
TUI
As campás da Catedral, San Telmo, San Francisco e As Clarisas soaron no concerto “As Badaladas de San Telmo” Baixo a coordinación artística do festival Música no claustro, este concerto buscaba a sensibilización da sociedade cara o toque manual de campás, declarado o 23 de abril de 2019 polo Ministerio de Cultura, manifestación representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial. “As Badaladas de San Telmo” estiveron dirixidas por Llorenç Barber e Montserrat Palacios. A soprano e etnomusicóloga Llorenç Barber e Montserrat Palacios xunto con Sandra Pérez e Chus López. mexicana Montserrat Palacios é especialista en cantos de tradición oral e antropoloxía sonora. Llorenç Barber, compositor e artista sonoro valenciano, é un dos nomes de referencia da arte de vangarda española, dende a súa participación no grupo Zaj aos actuais concertos de cidade que realiza con Montserrat Palacios. Entre as súas actuacións destacan a apertura do terceiro milenio en Roma co concerto “O Roma Nobilis” ou a apertura do recente Ano Greco en Toledo. Desta vez Tui sumouse ás máis de 150 cidades de numerosos países europeos e latinoamericanos aos que Barber e Palacios adicaron unha partitura. Baixo a dirección da etnomusicóloga mexicana e o compositor e artista sonoro valenciano, os cales compuxeron a partitura da melodía que se estreou ese día, máis de vinte persoas, con e sen coñecementos musicais tocaron “a músculo” as campás da Catedral de Tui, do Convento das Clarisas, da Igrexa de San Francisco e da Igrexa de San Telmo, templo do que se conmemoran os 250 anos da súa primeira pedra este ano. Os participantes foron Daniel Goberna, Fernando Goberna, Samuel Solla, Teresa Gómez, Mar F. Cendón, María Rodríguez, Paco Táboas, Mª Jesús López, Sandra Pérez, Marilú Campos, Rubén Leboreiro, José Mª Alonso, José Carlos García, Olalla Díaz, Mario López, Aloia Martínez, Rocío Veiga, Pilar Besada, Mari Carmen Rodríguez, Belén Babé, Chema Lamas, Elías Diz y Eduardo Grande.
30
cousas de
VIVE TUI!
cousas de
31
OIA
VISITAS GUIADAS AO ARRABAL PARA DESCUBRIR AS “HISTORIAS NON ESCRITAS” DE OIA
Nova oportunidade para descubrir as “historias non escritas de Oia”. Tras o éxito da visita dramatizada desenvolvida polo obradoiro veciñal de teatro, e dentro da iniciativa “6x6 Punto de Encontro O Arrabal: historias non escritas”, o Concello de Oia desenvolve unha programación de visitas guiadas gratuítas polo barrio histórico nas fins de semana. As visitas polo Arrabal desenvolverase todos os sábados e domingos entre o 15 de xuño e o 14 de xullo co obxectivo de revalorizar o patrimonio do municipio. Así, ademais de percorrer os principais puntos de interese do barrio nado ao abeiro do Mosteiro cisterciense, durante a visita guiada se explicarán costumes, tradicións e historias que forman parte do patrimonio intanxible e a memoria colectiva local.
As visitas guiadas sairán da Oficina de Turismo de Oia e terán unha duración aproximada de unha hora. Os sábados desenvolveranse en horario de tarde, ás 19.30 horas, mentres que os domingos a cita será pola mañá, ás 12.30 horas.
32
cousas de
Éxito da visita dramatizada O pasado 2 de xuño o barrio histórico da parroquia de Santa María de Oia acolleu unha visita dramatizada desenvolvida polo obradoiro de teatro veciñal. A representación foi o cumio dun proceso que combinou formación en materia de artes escénicas cunha análise e reflexión arredor do patrimonio intanxible de Oia. Os contidos patrimoniais traballados no obradoiro serviron para elaborar a diferentes pezas dramáticas que se representaron en rúas e prazas do Arrabal, pero tamén para confeccionar a programación de visitas guiadas que se desenvolverá ao longo das próximas semanas.
cousas de
33
A GUARDA
REMATAN OS TRABALLOS DE ESCAVACIÓN DO CUNCHEIRO DO MONTE TREGA NA GUARDA
O Concello da Guarda promoveu, baixo a dirección de Brais X. Currás da Universidade de Coimbra (CEAACP), un Proxecto de Escavación, Análise e Sinalización do Cuncheiro do Monte Trega. O proxecto de escavación, que contou coa participación dun equipo humano composto por 10 persoas, foi executado polos arqueólogos da empresa Terra Arqueos, mentres que para o estudo do material do cuncheiro contarase co grupo de investigación en zooarqueoloxía da Universidade de León con Carlos Fernández Rodríguez á fronte, e máis co Grupo de Investigación en Arqueobiología do CSIC, con Marta Moreno. Xunto á porta de entrada no castro do Monte Trega desde o sur consérvanse os restos dun antigo cuncheiro, un espazo onde os habitantes do poboado botaban os restos da súa produción. Composto fundamentalmente por cunchas, conserva tamén restos de osos e espiñas de peixe, e tamén outras evidencias como restos cerámicos ou metálicos e calquera outro tipo de refugallo. As condicións artificiais que crea o propio cuncheiro, máis favorables que o chan ácido do substrato granítico, permiten que eventualmente se poidan conservar tamén outro tipo de restos como pode ser, por exemplo, a madeira. Logo de varias semanas de traballo o equipo de investigadores desprazados ata o Trega remata a escavación, uns traballos que permitiron redescubrir as escavacións realizadas nos anos 30 por Mergelina, e que agora, deixan á vista a muralla e a porta sur do castro. Este proxecto naceu co propósito de crear un recurso concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, e como medio cultural e social. Un proxecto que ofrece resultados e beneficios a diferentes niveis. Por unha banda, xerando novos coñecementos científicos a partir da análise do rexistro arqueolóxico, no marco dun programa de investigacións e actuacións arqueolóxicas. En segundo lugar, asumindo a necesidade da transferencia científica como un obxectivo prioritario, os resultados da investigación repercutirán na creación de medios para a posta en valor das evidencias arqueolóxicas. A execución do proxecto permitíu levar a cabo a limpeza da vexetación da porta sur do castro do Monte Trega, a realización dunha sondaxe arqueolóxica, un estudo da arqueofauna, o levantamento fotogramétrico das estruturas escavadas e a instalación de paneis informativos. Agora ábrese unha segunda fase de investigación no laboratorio, onde os arqueólogos van a estudar os restos recollidos no cuncheiro para ver que tipo de animais e marisco consumían. 34
cousas de
RODRIGO BUJÁN RECOLLE O "GÓMEZ ALFARO", O CERTAME CREADO POR ORPAGU PARA ESPERTAR A VOCACIÓN LITERARIA DOS MÁIS PEQUENOS O certame literario que leva o nome de "un dos mellores sonetistas galegos dos últimos 50 anos", en palabras do concelleiro e amigo persoal do escritor Xosé Carlos Gómez Alfaro, repartiu os premios da súa cuarta edición. "O rescate de Xosé", un thriller ecolóxico escrito polo neno tudense Rodrigo Buján Fernández, de 11 anos, foi o gañador este ano do concurso de relatos en galego impulsado pola Organización de Palangreiros Guardeses, en colaboración coa Editorial Galaxia. Os obxectivos do certame -promocionar a literatura galega e o mundo da pesca, e iniciar aos máis pequenos no mundo das letras-, foron destacados pola viúva de Gómez Alfaro, Rosa Berta, que foi a encargada este ano de entregar o premio ao gañador. Nunha emocionante intervención, Rosa Berta lembrou que a literatura sempre foi a paixón do seu marido e que o mar sempre estivo presente na súa obra. De feito, é o mar, e os seus homes e mulleres, o protagonista do concurso de Orpagu ao que nesta edición presentáronse un total de 41 relatos, escritos por nenas e nenos de entre 10 e 12 anos da Guarda, Tomiño, O Rosal, Oia, Tui, Salvaterra e Santiago de Compostela. Todos eles, en palabras do escritor Manrique Fernández, membro do xurado, demostraron "unha imaxinación desbordante e unha riqueza de vocabulario sorprendente". Neste sentido, Fernández animou aos estudantes a seguir traballando e felicitou a Orpagu "porque calquera iniciativa que se faga a favor da literatura galega ten que ser aplaudida por todos". A sorpresa nesta ocasión veu da man do fillo de Gómez Alfaro, Daniel, que leu o poema do seu pai "Se me arrancas mañá da Guarda amada", que foi moi celebrado polos numeroso asistentes ao acto. Goméz Alfaro, sempre na memoria dos guardeses Este ano, o certame ampliou o seu nome para incorporar o do poeta e profesor ourensán Xosé Carlos Gómez Alfaro, falecido en 2008, que desde 1978 exerceu a súa actividade docente na Guarda, no colexio dos Pais Somascos. Varias xeracións de guardeses estudaron con Gómez Alfaro e gardan un recordo indeleble dos seus ensinos, o seu amor pola poesía, o seu coñecemento dos autores galegos e a súa devoción pola Guarda, a súa segunda “matria”, como adoitaba dicir e escribir.
AS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS CELEBRAN NA GUARDA O SEU XIV ENCONTRO A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial Culturmar, a Asociación Piueiro-IEM e mais o Concello da Guarda presentaron no Museo do Pobo Galego o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Esta vila será a encargada de acoller esta cita bienal, primeira que se celebra logo da declaración como Ben de Interese Cultural inmaterial da carpintaría de ribeira. Unha travesía a mar aberto de grande parte das embarcacións participantes aparece como unha das novidades desta xeira. Tres etapas, de Ferrol a Muros, de Muros ás Illas Cíes e destas á Guarda irán sumando novos cascos á esta travesía pioneira. O programa inclúe abondosas actividades tanto lúdicas como formativas. Exposicións sobre as mulleres do mar, as marcas de mariñeiros ou o patrimonio fluvial, concertos de Andrea Pousa, Nadia Vázquez trío, Tino Vaz, Mascarenhas ou Tradisóns, navegacións adaptadas a todos os públicos, visitas a espazos patrimoniais e culturais da contorna ou bautizos de novas embarcacións fan parte dun intenso programa que se desenvolverá entre o 11 e o 14 de xullo vindeiros.
cousas de
35
REPORTAXE
ALFOMBRAS FLORAIS DO CORPUS 2019 A Guarda, Baiona e Gondomar honraron un ano máis ao Corpus Christi con decenas de metros lineais de alfombras florais. Aínda que a exposición ten lugar o domingo, o laborioso traballo comeza semanas antes reunindo o material necesario para tapizar as rúas. Pétalos de todos os tipos de cor e outros elementos florais principalmente para dar luz ás diferentes ilustracións e mosaicos cos que sorprenderán ao visitante. Un dos momentos máis importantes antes da exposición, é a mesma madrugada anterior á exposición. Trátase dun encontro social no que as diferentes confrarías e asociacións toman as rúas para elaborar os diferentes deseños durante toda a noite. A continuación, a festa transfórmase nun traballo en comuñón no que todo o mundo está convidado a participar para a materialización dos tapices.
36
cousas de
cousas de
37
ENOTURISMO
TERRAS GAUDA REFORZA O VÍNCULO DO CRIANZA HERACLIO ALFARO 2016 COA SÚA ORIXE RIOXANA
CUNHA PRODUCIÓN DE 240.000 BOTELLAS, HERACLIO ALFARO LEVA O SELO QUE LLE IMPRIME O GRUPO CON SEDE NO ROSAL A TODOS OS SEUS VIÑOS: MARCADA PERSONALIDADE, DIFERENCIACIÓN E IDENTIFICACIÓN CO TERRUÑO DO QUE PROCEDEN AS DIVERSAS VARIEDADES AUTÓCTONAS
O camiño que iniciou Terras Gauda o ano pasado sendo a primeira adega galega en desembarcar na Rioxa continúa coa chegada ao mercado da segunda anada de Heraclio Alfaro, cunha produción de 240.000 botellas. Un viño cunha imaxe rotunda e clásica, que transmite o seu estreito vínculo coa terra, a longa tradición e o liderado dunha zona vitivinícola pioneira en España en traspasar fronteiras. Como pioneiro foi no seu día Heraclio Alfaro, un aviador con proxección internacional, un personaxe histórico do que se recolle o nome para a marca en simbiose con outra das singularidades da adega: erixida sobre un antigo hangar de aviación. Heraclio Alfaro “bebe” de séculos de sabedoría colectiva e experiencia práctica dunha rexión, A Rioxa, que soubo capitalizar como ningunha o bo facer de todo o sector vitivinícola de España. O resultado: notoriedade e prestixio en mercados de todo o mundo para os seus viños e para as adegas amparadas pola denominación de orixe. O Grupo seguiu tamén na adega de Alfaro o fío condutor da súa traxectoria no seu proceso de diversificación. É a marca da casa: elaborar viños con personalidade, que se caracterizan polos seus matices diferenciadores e claramente identificados coa terra de orixe, o Val do Rosal, en Terras Gauda, o Bierzo en Adegas Pittacum, a privilexiada zona da Ribeira do Douro en Quinta Sardonia; e, por suposto, Rioxa en Heraclio Alfaro.
38
cousas de
Tempranillo, Garnacha e Graciano son as tres variedades que compoñen Heraclio Alfaro 2016, que reforza o seu vínculo coa cultura vitivinícola da rexión tras o éxito da primeira anada. É un viño intimamente ligado ao chan e ao clima, que garda relación co territorio. Un viño feito na viña, no corazón da Rioxa Oriental, en 110 hectáreas de terreo onde se acha a leira O Estarijo, 30 hectáreas de viñedo con corenta anos de antigüidade, onde se cultiva o Tempranillo e o Graciano. Dos chans, destaca a gran cantidade de canto rodado. Son profundos, con fertilidade moderada que inducen no viñedo vigor contido e unha correcta maduración. De viñedos a 750 metros de altitude proceden o Tempranillo e a Garnacha para un maior equilibrio do viño pola súa achega de acidez e froita fresca. Crianza de 12 meses en barrica de carballo, que proporciona complexidade, suave tanino e unha moderada presenza de madeira, para un Heraclio Alfaro 2016 de intensa cor, nariz elegante. Froita negra ben madura, confeitura de froitas vermellas e especias, a madeira integrada. Equilibrio en boca, denso, suave, fresco e final longo. Un viño, en definitiva, capaz de sorprender, transcender e evocar poderosas sensacións que permite un amplo abanico de maridaxes con carnes, peixes e produtos da horta.
HERACLIO ALFARO O nome procede dun aviador e enxeñeiro aeronáutico ilustre, un pioneiro que na primeira metade do século XX non só marcou fitos coa súa pilotaxe, senón que deu o salto a Estados Unidos, onde brillou polo seu enxeño no campo do deseño. O seu espírito emprendedor é honrado por Terras Gauda. A nova adega de Alfaro eríxese sobre uns antigos hangares de aviación, nexo co piloto vitoriano.
cousas de
39
COOPERACIÓN TRANSFROITEIRIZA
NACE ‘RÍO MIÑO', UNHA MARCA DE IDENTIDADE PARA O TERRITORIO TRANSFRONTEIRIZO "UN RÍO, DOUS PAÍSES, GRANDES EXPERIENCIAS" É O CLAIM ELIXIDO PARA ACOMPAÑAR A NOVA IMAXE DA MARCA ‘RIO MINHO' QUE SE PRESENTOU NO PARADOR DE TUI, NUN ACTO QUE CONTOU COA PRESENZA DA PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, CARMELA SILVA; DO VICE DIRECTOR DO AECT RIO MINHO, JOÃO FERNANDO BRITO NOGUEIRA; E DO DIRECTOR DA AECT RIO MINHO E DEPUTADO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, UXÍO BENÍTEZ. Coa creación desta marca, explicou Benítez, "daremos a coñecer e poremos en valor todas as riquezas e patrimonio do territorio do Río Miño Transfronteirizo. Desde Crecente e Melgaço, ata a desembocadura do Miño, temos un territorio cheo de atractivos". Segundo afirmou "A marca ‘Río Miño' é o conxunto de todas estas riquezas, da nosa oferta cultural, de ocio, gastronómica e turística, das que nos temos que sentir moi orgullosos e orgullosas como miñotos e miñotas". A marca responde a unha visión "supramunicipal e transfronteiriza do turismo". Cada un dos concellos e cámaras municipais que comprenden o territorio do Río Miño Trasfronteirizo "son interesantes por si sos e teñen moito que ofrecer, pero cando sumamos, obtemos un destino único, orixinal e diferente que nos coloca na vangarda do turismo actual e nos fai destacar sobre o resto". As veces o Miño pide mais espazo - Monçao
40
cousas de
Moledo, Caminha
"Durante séculos, ser fronteira confinounos a estar na marxe pero hoxe en día, ser fronteira é precisamente un dos nosos maiores incentivos para quen nos visita. Temos unha identidade e unha personalidade propia, aquí somos de Galiza e de Portugal, pero sobre todo somos miñotos e miñotas, e algo que para nós é tan natural, fascina a quen nos visita". Precisamente, segundo explicou Benítez, "este carácter transfronteirizo é o que nos fai especiais e debemos velo así, e aproveitar todo o noso potencial turístico para desenvolver economicamente o territorio". "A marca Río Miño é unha marca de identidade, a marca dun territorio transfronteirizo que ten carácter propio. A nosa gastronomía, os nosos viños, a nosa historia, as pesqueiras, as fortalezas, os festivais de cinema, os de música, os parques... todo iso engloba a marca Rio Miño, porque todo iso somos nós". O evento de presentación estivo conducido pola blogueira de viaxes portuguesa Zara Quiroga e polo actor galego Suso Pando, e contou coa presenza de numerosos representantes institucionais, culturais e turísticos do territorio, así como dos principais organismos públicos galegos e portugueses. A marca ‘Rio Minho', froito dun rigoroso estudo, é un produto contemplado no proxecto Visit Rio Minho para potenciar a visibilidade do territorio transfronteirizo do río Minho como destino ecoturístico de calidade, así como para incentivar a súa preservación e valorización.
VIVE TOMIÑO! cousas de
41
Río Miño desde Vilanova de Cerveira
Unha historia milenaria A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou que co nacemento desta marca estamos "facendo historia" e lembrou o pasado milenario deste territorio que, xunto co mediterráneo, foi un dos focos económicos e sociais máis importantes do mundo. Neste sentido apuntou precisamente á relevancia do río Miño, "o noso río pai" que non debemos ver como fronteira nunca máis senón unión. Temos unha obriga con esta xeración e coas que van a vir: a obriga de manter este patrimonio cultural, lingüístico, histórico, económico, social que recibimos e dalo a coñecer. A presidenta aproveitou a ocasión para reivindicar que os fondos europeos para desenvolvemento transfronteirizo se invistan realmente na fronteira e permitan levar adiante proxectos como este Visit Rio Minho que repercutan positivamente no territorio. Por último, Silva dixo sentirse tamén un pouco miñota, con moito orgullo. Pola súa banda, o vice director do AECT Rio Minho e presidente da Camara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Joao Brito Nogueira, destacou que esta é "unha marca secular, sobradamente coñecida e recoñecida mundialmente, con un potencial económico, cultural, ambiental e turístico inigualable. Aludindo a un perfil de turista cada vez máis esixente, Nogueira asegurou estar diante "un diamante que precisa de ser pulido, e esta acción vén dar corpo, dar sustentabilidade a esta idea, a través dos elementos diferenciadores de cada concello, e contribuír a enriquecer esta marca tan singular." O río Minho ten o que se pode denominar unha simbiose perfecta que merece ser compartida con todo o mundo, e esta marca ven aportar máis competitividade, atractivo e conectividade", concluíu.
42
cousas de
O proxecto Visit Rio Minho O proxecto Visit Rio Minho, confinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. O obxectivo do proxecto é a capitalización da marca Río Minho a través de actividades transfronteirizas de preservación, cualificación e valorización ambiental dos recursos endóxenos asociados á promoción e comunicación do río como destino ecoturístico. Son socios de Visit Rio Minho a Deputación de Pontevedra (socio principal), a AECT Rio Minho, o Centro Tecnolóxico do Mar - CETMAR, a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho - CIM Alto Minho, o Centro de Estudios Euro Rexionais Galicia Norte de Portugal (FCEER), a Universidade de Vigo e os concellos de Vila Nova de Cerveira, Caminha, Melgaço, Monçao, Paredes de Coura e Valença.
cousas de
43
GALICIA SOLIDARIA
“JUANMARÍABYLOLOLA”, A MODA PARA TODOS. ROUPA CÓMODA SEN SER ADAPTADA.
# Centro Juan María
Por Pablo F. Estévez.
Crear roupa cómoda, útil, funcional, de moda e sen chegar a ser adaptada, esta meta foi a que se propuso a nova iniciativa xestada desde o centro Juan María de Nigrán e da man de Lola Rande, unha deseñadora viguesa e que conta cunha dilatada experiencia no sector. “JuanMaríabyLoLoLa” xa é unha realidade e desde principios de xuño conta con tenda física e con outra online, ambas as dúas xestionadas por usuarios do complexo situado en Parada e supervisados polo seu coordinador, Alberto González ademais de Rande. A pesar de que o acto oficial de inauguración levouse a cabo o pasado 4 de xuño, a súa posta de longo tivo lugar o 12 de maio coincidindo co II Concerto Solidario celebrado polo centro de educación especial no Pazo de Cea. Aquí os usuarios xunto a Lola organizaron un desfile de modelos para mostrar as súas creacións aos asistentes á gala. No verán instalarán un posto de venda en Ramallosa e en setembro unha subvención da Xunta permitiralles formar a usuarios do centro e contar cun certificado de profesionalidade.
44
cousas de
David Amor, un padriño de luxo no seu II Concerto Solidario Á cita non lle faltou detalle e o seu éxito de afluencia reflectiuse nas máis de 570 entradas vendidas, estivo conducido polo actor galego e humorista David Amor, contou coas actuacións da Orquestra Clásica de Vigo, do grupo “Eladio e Os Seres Queridos” e todo o recadado destinouse á iniciativa “Dereito a comer con pracer”. A cita tiña como obxectivo reunir fondos para a adquisición dunha máquina trituradora – texturizadora de alimentos cuxo importe inicial superaba os 10.000 euros e vaia se o conseguiron, a Obra Social a Caixa fíxolles entrega dun talón pola totalidade do importe. Ademais en entradas lograron obter a cifra de 10.886 euros o que lles permitirá cubrir os gastos xerados polo seu uso o primeiro ano.
“Estrelas para todos”, colección primavera verán “JuanMaríabyLoLoLa” é unha iniciativa que leva planeándose desde hai un ano tras as primeiras sondaxes levadas a cabo desde o centro especial de emprego, no que un grupo de integrantes do departamento pertencente ao complexo manifestaron o seu desexo de traballar en comercio. “A verdade que a idea xurdiu dun grupo de usuarios aos que non lles gustaba as opcións que lles ofreciamos a través da nosa empresa inclusiva”, explicou González. A partir de aquí a idea de crear unha liña de roupa empezou a coller forma ata que Lola subiuse ao barco e o resultado salta á vista. A colección primavera verán “Estrelas para todos” fusiona comodidade e moda sen chegar a ser adaptada. Está pensada para todos os públicos e abarca desde os catro anos de idade en diante, é unisex e ademais conta con dúas liñas, unha infantil e outra para adultos.
Unha liña de pezas que ofrecen deseño e funcionalidade Rande explicou que nun primeiro momento tiñan en mente redeseñar os modelos existentes no mercado de baberos para adultos xa que “este tipo de pezas están pensadas soamente para cumprir unha función práctica deixando en segundo plano o seu deseño”. Con todo aos poucos foise dando conta que esta formulación pódese aplicar ao resto da oferta co que ao final acabaron creando unha marca que ofrece ademais de complementos, camisetas e sudaderas.
Da primeira toma de contacto á contratación en firme de persoal Polo momento están coa primeira toma de contacto pero cun obxectivo marcado a curto prazo, que non é outro que a creación de sete puntos de venda nas cidades máis importantes da comunidade. De aquí a setembro testarán a iniciativa e para iso comezarán coa instalación dun punto de venda físico en Ramallosa que abrirá todos os mércores, e xa en setembro darán o salto en firme coa contratación de oito empregados, seis deles do centro grazas a unha subvención para a formación dual da Xunta. Ademais de ser remunerado, os integrantes aprenderán o oficio durante tres anos e ao acabar o contrato poderán obter un certificado de profesionalidade que lles permitirá buscar un emprego. Así pois durante este tempo tocarán todos os puntos relativos do sector como labores de almacén, de estocaxe, embalaxe, envíos, venda en punto físico ou distribución, entre outros.
cousas de
45
SALCEDA DE CASELAS
53 alumnas e alumnos da Escola de Música de Salceda participaron o pasado nunha homenaxe á tradición musical da Raia. Fixérono no veciño Concello de Tui e xunto a máis de 500 nenas e nenos de conservatorios e escolas de música de toda Galicia nunha emocionante sétima edición da iniciativa 'No bico un cantar'! O certame musical “No bico un cantar” é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega, da Conselleria de Cultura e Turismo e da Conselleria de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia que se celebra cada primeiro venres de xuño dende o ano 2013 en diferentes concellos de Galicia e ten como obxectivo trasladar a paixón pola música culta e a poesía galega a escolares de toda Galicia. A actividade consiste na interpretación vogal, por parte duns 500 nenos e nenas acompañados dun quinteto de metáis profesional e dirixidos por Maximino Zumalave (famoso director e pianista compostelán que se formou a nivel musical en Santiago, Madrid, Viena e Stuttgart), de cinco poemas musicados que os nosos alumnos xa están a traballar nas clases de Eduación.
Presentación do libro “Historia da Educación en Salceda de Caselas” O IES Pedras Rubias acolleu onte, ante o alumnado de 4º da ESO, a presentación do libro ‘Historia da educación en Salceda de Caselas’, editado por Xosé Ramón Paz Antón. Neste extraordinario traballo, o seu autor lévanos, seguindo a pauta marcada polo título do libro, nun percorrido pola histroria da educación en #Salceda, dende que en 1653 se creara a escola de fundación de Entenza, imos descubrindo o desenvolvemento da educación en Salceda de Caselas coas escolas de ferrado na segunda metade do século XVIII, a expansión da instrucción públia a partir de 1850 e os avances producidos no século vinte ata conseguir nas últimas décadas a maior eficiencia do sistema educativo local.
46
cousas de
AGRICULTURA ECOLÓXICA
AGRICULTURA ECOLÓXICA E SUSTENTABLE NO BAIXO MIÑO NOS ÚLTIMOS ANOS EXISTE UNHA SENSIBILIZACIÓN DOS CONSUMIDORES CARA AOS HÁBITOS SAUDABLES (BOA ALIMENTACIÓN, PRÁCTICA DEPORTIVA, ETC…), O CONSUMIDOR PREOCUPADO POLOS DATOS QUE HOXE COÑECEMOS DE INCIDENCIA DE ENFERMIDADES, TAMÉN OPTA NON SÓ POR UNHA ALIMENTACIÓN SA, SENÓN CADA VEZ ESTÁ MÁIS PREOCUPADO EN CONSUMIR PRODUTOS QUE NON SUFRISEN GRANDES ELABORACIÓNS EVITANDO AQUELES CON ALTAS CANTIDADES DE CONSERVANTES (OS FAMOSOS E- XXX QUE APARECEN NAS ETIQUETAXES) E NOS PRODUTOS PRIMARIOS, PRIMA AQUELES QUE TAMÉN ESTEAN LIBRES DE TRATAMENTOS PESTICIDAS OU ABONADOS EXCESIVOS.
O agricultor é sensible a todos estes cambios de tendencia, viuse obrigado a adaptarse para seguir vendendo a súa produción. Nos últimos anos aumentaron, o número de hortos ecolóxicos, ecotiendas de barrio e apareceron en grandes superficies comerciais en todo o mundo secciones de alimentación orgánica. En xeral estas grandes superficies e cadeas de Ecotiendas ven obrigadas a pasar estritas auditorias que certifican que os produtos que venden sexan producidos e estean acreditados como orgánicos. Os agricultores pioneiros neste tipo de agricultura vían como sufrían unha gran diminución de produción provocada por unha deficitaria ou excesiva nutrición e a que as plantas cos abusos dos produtos fitosanitarios habían perdido a súa capacidade de autodefensa. Con todo nas súas plantacións xurdía de novo a vida, fauna que non existía cando estaban en cultivo tradicional, víanse abellas, lombrigas no chan, etc... Hoxe con todo e grazas ás novas técnicas de manexo de cultivo conséguense producións aceptables e comprobouse como estas novas técnicas de cultivo e achega de nutrición achegan de novo defensas naturais ás plantas. Nos tres últimos anos diversas empresas situadas no Baixo Miño optaron pola súa reconversión ao cultivo ecolóxico e empresas de agricultura tradicional e integrada tamén optan cada vez máis por estas técnicas. Velaquí algúns exemplos:
48
cousas de
Viñedos: Na zona de Galicia, existen problemas no cultivo da vide desde tempos remotos dada a climatoloxía cambiante que existe nesta zona atlántica. Xeralmente temos dous tipos de problemas principais, gran cantidade de enfermidades fúngicas no viñedo e doutra banda un problema continuado ao longo dos anos de callado e aborto de froito. O primeiro dos problemas obrigou a establecer unha estratexia de aplicación de fitosanitarios importante, condicionando en moitos momentos a viabilidade das plantacións. Pola súa banda o segundo deles foi un problema no que inflúe non só a climatoloxía senón en parte o manexo do cultivo polo agricultor. Nas campañas de 2017 e 2018 diversas adegas e agricultores da zona do Baixo Miño estableceron un programa de fertilización destinado a minimizar os riscos que se producen nos viñedos na época da floración e callado de froito. Estableceuse un programa de aplicación de nutrición vía foliar e vía rego que provocou un aumento da produción no viñedo. Esta técnica consiste en aplicar produtos naturais de Residuo 0, nos momentos de Inchado de xema, folla despregada, inflorescencia, flor aberta e callado ata que o froito alcanza o tamaño chícharo. Nesta estratexia exponse a aplicación de abonos elaborados con algas e aminoácidos que provén á planta de nitróxeno para o seu crecemento vexetativo e defensas para fortalecer os seus tecidos fronte a enfermidades. Os resultados que ha provisto esta técnica foron os esperados e reflectíronse nunha maior viabilidade de acios desde tamaño chícharo á maduración. Doutra banda viuse reflectido nun menor número de tratamentos fitosanitarios aplicados e en definitiva unha maior produción. Froiteiras Noutras árbores froiteiras como maceiras, mirabeles ou aguacate. Seguiuse unha estratexia similar á aplicada nos viñedos que se traduciu nunha maior produción e menor sensibilidade a ataques xeralmente de pulgones e mosca branca. Horta: No caso dos cultivos de horta, tanto en invernadoiro como ao aire libre seguiuse unha estratexia un pouco diferente onde se tentou buscar o engrosamiento de tecidos para evitar os ataques de insectos, como a Tuta absoluta no Tomate. Conseguiuse tamén mediante un aumento no número de froitos por planta en colleita. En definitiva os novos produtos a base de aminoácidos e de residuo 0 que existen no mercado, achegan unha solución economicamente viable para os produtores, un produto seguro a uns consumidores cada vez máis preocupados coa súa alimentación e por ultimo unha solución ecoloxicamente respectuosa co medioambiente.
cousas de
49
OCIO/MÚSICA
A MÚSICA E A MODA ÚNENSE NA SÉTIMA EDICIÓN DE IKFEM 2019
O International Keyboard Festival & Masterclass-IKFEM da Eurociudade Tui-Valença celebra este ano a súa sétima edición do 14 ao 21 de xullo, baixo o lema 'Music & Fashion', cunha aposta por resaltar a relación entre a música e a moda en España e Portugal, e baixo a dirección artística da pianista e xestora musical Andrea González. Un total de 16 espazos diferentes serán os escenarios excepcionais de concertos con instrumentos de teclado, talleres, master classes, sesión de cinema, mesas redondas, e como novidade, nesta edición, un desfile de moda coa deseñadora Ágatha Ruiz de la Prada, entre outros creadores, e acompañado de música en directo, que se celebrará no emblemático Puente Internacional de Tui e Valença, o venres 19 de xullo. Así, esta ponte internacional unirá nun desfile, non só dous países, senón tamén a música coa moda, dúas expresións artísticas que se retroalimentan mutuamente para mostrarnos unha simbiose perfecta de identidade histórica, nunha experiencia visual e sonora, que promete ser sorprendente. Podes consultar toda a programación na web www.ikfem.com) CONCERTOS NO RÍO MIÑO IKFEM amplía o seu ámbito de actuación e número de días nesta edición de 2019, baixo o título ‘Concertos no Río Miño’, unha iniciativa da AECT Río Miño dentro do programa de cooperación europea, Smart Minho. Ao longo de tres días, do 14 ao 16 de xullo, ‘IKFEM – Concertos non Río Miño’ presenta catro concertos nas Eurociudades de Tui – Valença e en Tomiño – Cerveira para promover as relacións culturais e a cooperación entre as dúas beiras do río. O primeiro será no Espazo Fortaleza de Tomiño, o domingo 14, ás 21.30 horas, co concerto para público infantil-xuvenil e familias ‘MINI MOZART’. A seguinte cita é nos Xardíns do Aquamuseu do Rio Minho, ás 23.00 horas, cun concerto de Susana Seivane, Abe Rábade e Víctor Prieto. Davide Salvado levará o seu espectáculo ‘Amarelo’ o 15 de xullo ás 21.00 horas ao Pantalán do Club de Remo de Tui. E a última cita destes concertos no Rio Minho será na Fortaleza de Valença, o martes 16, ás 21.00 horas, con Mineus Dúo.
50
cousas de
OCIO/LIBROS La única historia Julian Barnes Editorial Anagrama “Preferirías amar máis e sufrir máis ou amar menos e sufrir menos? Creo que, en definitiva, esa é a única cuestión”, reflexiona ao comezo da novela o seu protagonista. Barnes escribiu outra novela sutil, profunda, demoledora e bellísima sobre os vericuetos do amor e o paso e o pouso do tempo.
Sigo aquí Maggie O’Farrell Editorial Libros del Asteroide Os17 relatos de Sigo aquí son 17 golpes coa morte, como os chama a autora. Un libro que foxe do sentimental anima o lector a preguntarse sobre as cousas que realmente contan, reflexionar sobre a fraxilidade da nosa existencia e celebrar a beleza da vida.
Andy.Una fábula real La vida y la época de Andy Warhol Typex Editorial Reservoir Books. Unha detallada e esixente biografía gráfica de Andy Warhol, da man dun sorprendente e revolucionario autor de cómics: Typex. Andy reúne dez capítulos para descubrir a complexa e emocionante existencia dun dos maiores artistas do noso tempo. E percorrer o extraordinario século XX, dos anos trinta aos oitenta.
Emilia Pardo Bazán Isabel Burdiel Editorial Taurus Emilia Pardo Bazán, foi unha das grandes novelistas e unha gran intelectual do século XIX europeo. O gran logro de Isabel Burdiel é dar conta magistralmente do que escribiu e vivio unha muller repleta de contradicións estéticas, emocionais e políticas que se sentiu á vez cosmopolita, europea e intensamente nacionalista española; reaccionaria e progresista; excéntrica e subversiva.
Herba abraida Poemas de Emily Dickinson Escolma e tradución do inglés a cargo de Marta Dahlgren e Manuel Forcadela Editorial Rinoceronte Esta edición bilingüe inclúe poemas de todas as épocas de Emily Dickinson. Nela aparecen os poemas máis representativos das distintas fases da súa vida, incluíndo os derradeiros anos, cando a súa obra se torna máis depurada e de difícil interpretación.
Dicionario da Comida Galega Do abadexo á zorza Xavier Rodríguez Baixeras Editorial Aira & Engaiolarte Un magnífico traballo de documentación, catalogación e sistematización a cargo de Xavier Rodríguez Baixeras. A gastronomía é piar do noso saber colectivo e grazas a este libro, por primeira vez na historia, podemos aprehendelo dunha maneira ordenada, erudita e brillante.
AXENDA A GUARDA
52
cousas de
O ROSAL
BAIONA
TUI
SALCEDA DE CASELAS
cousas de
53
QUEN É QUEN NO RUEIRO
Rúas de ...Mondariz e O Porriño Enrique Peinador Vela Nado en Pontevedra o 7 de outubro de 1847, Enrique Peinador Vela foi un recoñecido médico e empresario galego. Entre os seus principais fitos atópase o descubrimento de la Fuente de Gándara de Mondariz e ser o principal propulsor do seu Balneario. Enrique Peinador Vela licenciouse en Medicina pola Facultade de Santiago de Compostela en 1869 e especializouse no estudo de hidrología médica, unha disciplina moi pouco desenvolta ata o momento. Investigou as fontes de augas minerais de todo Galicia e en 1871 traballou como director interino e membro do Corpo de Médicos do Baños do Balneario de Caldelas. Foi condecorado coa Cruz das Epidemias polo seu traballo ante o brote de varíola xurdido no Grove en 1873. En 1872 descobre a Fonte de Gándara, a fonte máis representativa de Mondariz na actualidade. En 1873 compra a Fonte de Troncoso e convértese no principal propulsor do turismo termal de Mondariz. O 16 de xuño de 1873, as augas das fontes de Mondariz obtiveron a declaración de Utilidade Pública e aprobouse a apertura do “Establecemento de augas minerais acidulo alcalinas carbónico- ferruginosas de Mondariz”. As augas teñen propiedades medicinais grazas ao seu alto contido de minerais. En 1908, Enrique Peinador Vela encarga ao arquitecto Antonio Palacios o deseño e construción dos pavillóns de la Fuente de Gándara e de la Fuente de Troncoso. Este encargo foi unha achega fundamental para consolidar a oferta termal de Mondariz. Enrique Peinador Vela, xunto co seu irmán e a súa nai, foi fundador da empresa “Sra. Viúva e Hijos de D. Ramón Peinador”, empresa que logo pasou a chamarse “Augas de Mondariz de Hijos de Peinador”. Probablemente a iniciativa máis ambiciosa que propuxeron foi a construción do tranvía eléctrico Mondariz-Vigo, que de levarse a cabo supuxo unha gran repercusión estrutural, xa que uniría o establecemento cunha das cidades máis grandes de Galicia. Tamén tentaron crear un sanatorio para artríticos, igualmente frustrado como o tranvía, e que incluía, ademais, unha escola terapéutica física e o Museo de Historia Natural de Galicia. E dicimos frustrado porque as obras empezaron en 1909, pero nunca chegaron a culminarse. Enrique Peinador Vela, falece en Mondariz o 7 de outubro de 1917, o mesmo día dos seu 70 aniversario.
Foto superior: Tranvia de Vigo a Porriño, estacion de Peinador no periodo de construcción da linea, fotografo descoñecido Abaixo: Enrique peinador Vela
54
cousas de